SlideShare a Scribd company logo
1 of 67
Download to read offline
A PERPETUACIÓN DA VIDA:
REPRODUCIÓN
Profesor: Adán Gonçalves. Algunhas diapositivas extraídas da presentación CITOLOXÍA: Fisioloxía celular
Función de reprodución e relación elaborada polas profesoras do Departamento de Bioloxía do IES Otero
Pedrayo, Carmen Cid Manzano e Mª José Camba Seara.
CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO
Ciclo vital ou biolóxico: son as diferentes etapas ó longo da
vida dun organismo.
A complexidade do ciclo vital varía segundo a especie.
No ciclo biolóxico podemos diferenciar varias fases:
1. Fase inicial: é o comezo do ciclo. Pode ser unha soa célula
(célula ovo ou cigoto) ou un peque no grupo de células
desprendidas do proxenitor.
CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO
2. Desenvolvemento: é a fase de cambios no tamaño e na forma
que conleva a diferenciación das estruturas internas. Nalgúns
organismos pluricelulares, como os anfibios e insectos, este
desenvolvemento é moi complexo e posúe distintas etapas nas
que o aspecto do individuo pode ser moi diferente do adulto
(Metamorfose).
CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO
3. Reprodución: nesta fase os adultos producen “unidades
reprodutoras” que orixinarán novos individuos coas
características dos proxenitores (descendencia).
A unidade reprodutora pode ser unha célula (células
xerminais) ou un conxunto delas.
EXEMPLOS DE CICLOS BIOLÓXICOS
©recursos.cnice.mec.es
©infovisual ©biottecfortaleny.blogspot.com
CICLO CELULAR
Ciclo celular: conxunto de procesos que posúen tanto
procariotas como eucariotas cuxa finalidade principal é duplicar
o ADN xenómico e pasar copias idénticas desta información as
células fillas.
O ciclo celular divídese en dúas fases: interfase e fase de
división, fase M ou mitótica.
CICLO CELULAR
Interfase :
- Período comprendido entre dúas divisións consecutivas.
- Constitúe o 90% do ciclo.
- Hai unha intensa actividade metabólica na que a célula leva a
cabo as súas funcións habituais (transcrición, tradución...) e
tamén inclúe os procesos preparativos para a división como a
duplicación do ADN.
- Soe dividirse en tres fases sucesivas: G1
, S e G2
.
CICLO CELULAR
Fase G1
:
- Duración variable (2-3h a días-anos).
- Intensa actividade metabólica: transcrición, tradución...
Fase S :
- Duración: 7 h. en mamíferos.
- Fase de síntese de ADN= Replicación do ADN.
- Síntese tamén das histonas e outras proteínas
cromosómicas.
CICLO CELULAR
Fase G2
:
- Non hai síntese de ADN.
- Pode producirse reparación do ADN .
- Síntese de macromoléculas: ARN, proteínas, microtúbulos do
fuso acromático... , sobre todo de estruturas necesarias para a
inminente división celular.
- Comézase a condensar a cromatina para formar os
cromosomas.
CICLO CELULAR
Fase de división, Fase M ou Mitótica:
- Prodúcese a división celular a través dun proceso denominado
mitose que orixina dúas células fillas.
- Supón o 10% do ciclo.
Tras a fase M, as células volven a entran en interfase e
repiten o ciclo.
As células que xa non se volven a dividir deteñen o ciclo antes
de chegar a fase S (Fase G0
).
CICLO CELULAR
©BENITOBIOS
REPRODUCIÓN
• Reprodución: Conxunto de procesos mediante os
cales as células e os organismos producen
descendentes semellantes a eles mesmos,
perpetuando a vida e asegurando a supervivencia da
especie.
• Tipos de reprodución: hai unha grande variedade
de mecanismos reprodutivos nos seres vivos que, en
xeral, agrupamos en dous tipos: reprodución asexual
ou agamia e reprodución sexual ou gámica.
REPRODUCIÓN
Nalgúns organismos danse os dous tipos de reprodución
o longo do seu ciclo biolóxico e fálase nese caso de
reprodución alternante.
Reprodución asexual ou agamia
É aquela que non necesita de células especializadas,
senón que un único organismo xera copias idénticas de
si mesmo. Aparece en todo tipo de organismos, aínda
que adoita ir acompañada da sexual para asegurar a
variabilidade.
• Vantaxes:
1) É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles.
2) Pódese levar a cabo cun só individuo.
3) Pode dar lugar a grande cantidade de individuos.
Reprodución asexual ou agamia
• Inconvintes:
1) Non aumenta a variabilidade xenética.
Hai moitos tipos diferentes de reprodución
asexual. En animais: amitose, bipartición,
escisión múltiple, xemación... En plantas:
bipartición, fragmentación, propágulos,
esporulación...
Reprodución sexual ou gamia
É aquela na que células especializadas (gametos ou
células sexuais) se fusionan para formar un cigoto a
partir de o cal desenvolverase o novo individuo.
• Vantaxes:
1) Permite unha maior variabilidade xenética
(recombinación xenética) sobre a que pode actuar a
selección natural e polo tanto, favorece a
supervivencia da especie.
Reprodución sexual ou gamia
• Desvantaxes:
1) Ten que haber dous proxenitores.
2) Os gametos deben atoparse (grandes cantidades
e móbiles) e ademais necesitan un medio acuático
(dificultade en organismos terrestres).
REPRODUCIÓN
Todos os organismos, mesmo os pluricelulares, se
orixinan a partir dun cigoto por sucesivas divisións
mitóticas. Só os gametos sofren unha división
reduccional (meiose).
REPRODUCIÓN
• Liña somática e liña xerminal :
Nos organismos unicelulares, a única célula é a súa vez
a célula reprodutora.
Nos organismos pluricelulares, as células non
especializadas (células somáticas) constitúen a liña
somática ou soma. Polo contrario, as células
especializadas na reprodución (células xerminais)
constitúen a liña xerminal ou xerme.
REPRODUCIÓN
Existen dous tipos de células xerminais:
• Esporas: desenvólvense directamente para orixinar
un novo individuo sen fusión.
• Gametos: na maioría dos casos, precisan unirse a
outro gameto para formar o cigoto que por
multiplicacións orixinará o novo individuo.
REPRODUCIÓN
Fixádevos no
ciclo dos
fentos a
diferenza
entre o que é
unha espora e
un gameto.
MULTIPLICACIÓN CELULAR
Todas as células proceden doutras células por división.
(Virchow, 1858 : “omnis cellula e cellula)
A multiplicación celular é un proceso que se verifica en
todos os organismos sexan uni ou pluricelulares.
Podemos dividir esta multiplicación en división do nucleo ou
mitose e na división do citoplasma ou citocinese.
DIVISIÓN DO NÚCLEO: MITOSE
Os procesos preparativos para a mitose comezan xa a finais
do período G2
, como xa comentamos.
A mitose é o conxunto de procesos polos que se produce a
división do núcleo na maioría das células.
A súa finalidade é garantir que as células fillas reciban unha
copia do ADN materno (da célula nai) e, polo tanto posúan o
mesmo nº de cromosomas entre elas e respecto a célula nai.
Soese diferenciar catro fases na mitose: profase,
metafase, anafase e telofase.
División do
núcleo
(mitose)
División do
Citoplasma
(citocinese)
Profase Metafase Anafase Telofase
Comprende
Dividida en
MITOSE
PROFASE :
Comeza a degradación da envoltura nuclear, de xeito co
final desta fase desaparece.
A cromatina empeza a condensarse máis e o final da
profase empézanse a apreciar os cromosomas.
Nas células animais, os centriolos comezan a separarse e
diríxense cada un a un polo da célula. Así mesmo, cada
centriolo orixina un centriolo fillo para completar o
diplosoma.
MITOSE
PROFASE :
Entre os centriolos comézase a formase un feixe de
microtúbulos que orixinará o fuso acromático.
Nas células vexetais tamén hai fuso acromático que se
orixina a partir de material denso de natureza proteica.
Comeza a
desaparecer a
membrana nuclear
Empezan a
visualizarse os
cromosomas
Os centriolos
duplicados van
ós polos opostos
da célula
Empézase a
constituir o
fuso mitótico
MITOSE
METAFASE :
Os cromosomas alcanzan o seu máximo grao de condensación
sendo perfectamente visibles.
Obsérvanse tamén claramente as dúas cromátidas que
conforman cada cromosoma que se orixinaron como resultado
da duplicación do ADN (fase S da interfase), pero que non eran
claramente visibles ata este momento.
As cromátidas de cada cromosoma están unidas polo
centrómero (visible dende o final da profase).
MITOSE
METAFASE :
Os microtúbulos do fuso acromático están unidos os
cromosomas (únense o final da profase nun punto cercano o
centrómero; cinetocoros) e van desprazándoos ata dispoñelos
no ecuador da célula orientándoos de xeito que os seus eixes
lonxitudinais formen un ángulo recto respecto o eixe do fuso.
Esta disposición ecuatorial dos cromosomas denomínase placa
metafásica.
Os cromosomas
colócanse no
ecuador da célula
MITOSE
ANAFASE :
Os microtúbulos do fuso mitótico acúrtanse e arrastran as
cromátidas de cada cromosoma (cromátidas fillas ou irmáns) en
sentido contrario separándoas.
Cada cromátida migra cara un polo da célula, neste
desprazamento adoitan a forma de “V” característica, co
vértice dirixido aos polos.
As cromátidas
irmáns de cada
cromosoma
sepáranse, cada
unha
vai a un polo
A célula comenza
a estrangularse
MITOSE
TELOFASE :
As cromátidas fillas sitúanse xa nos polos opostos da célula e
son consideradas neste intre cromosomas fillos.
Os cromosomas fillos rodéanse dunha nova envoltura nuclear e
comezan a descondensarse.
Desaparece o fuso acromático.
Quedan constituidos os dous núcleos fillos.
Empeza a formarse
a membrana nuclear
As cromátidas
descondénsanse
MITOSE E NÚMERO DE CROMOSOMAS
 O nº de cromosomas é constante e característico nas células
somáticas de cada especie.
 Nas especies diploidesdiploides cada cromosoma ten o seu homólogohomólogo, e
dicir, a dotación cromosómica está constituída por parellas de
cromosomas. Dise que hai dúas series de n cromosomas = 2n
cromosomas.
 Nas especies haploideshaploides a dotación cromosómica débese a unha
única serie de cromosomas e fálase de n cromosomas.
MITOSE E NÚMERO DE CROMOSOMAS
 Mediante a mitose, como dixemos, cada célula filla recibe
unha cromátida irmán de cada cromosoma. Estas
cromátidas irmáns proceden da copia que fixera a célula
nai do seu cromosoma orixinal (período S, da interfase).
Polo tanto, as células fillas reciben o mesmo número de
cromosomas que tiña a célula nai mantendo a dotación
cromosómica da especie xeración tras xeración.
DIVISIÓN DO CITOPLASMA: CITOCINESE
 A finais da anafase (anafase tardía) comeza o proceso de
citocinese ou división do citoplasma.
 O proceso ocorre de xeito moi diferente atendendo a se se
trata dunha célula animal ou dunha vexetal.
 Nas células animais á altura do plano ecuatorial do fuso
acromático e baixo a membrana plasmática fórmase un anel
de filamentos contráctiles que se irán estreitando orixinando
un surco de segmentación e provocando, en último termo, a
separación das dúas células fillas.
DIVISIÓN DO CITOPLASMA: CITOCINESE
Nas células vexetais fórmase un tabique de separación entre as
células fillas.
Este tabique é orixinado pola deposición de substancias, procedentes
de vesículas de secrección do Aparello de Golgi, nun sistema de
microtúbulos proteicos denominados fragmoplastofragmoplasto.
Nun principio fórmase a lámina medialámina media a partir destas substancias
secretadas por vesículas.
As células fillas fabrican a partir desta lámina a súa propia parede
vexetal de celulosa.
RENOVACIÓN CELULAR
 A división celular cumpre dous obxectivos fundamentais:
1) O crecemento do organismo.
2) A substitución das células que morren ou foron
destruídas.
 O ritmo de división varía entre os distintos organismos; e
dentro de cada organismo depende da idade e do tipo
celular.
A REPRODUCIÓN ASEXUAL
 Un só individuo orixina a descendencia a partir dunha
unidade reprodutora (unha célula ou un grupo de células).
 Os descendentes son xenéticamente idénticos os
proxenitores.
 As únicas variacións débense a erros de copia
(MutaciónsMutacións).
A REPRODUCIÓN ASEXUAL
Tipos de reprodución asexual : existen distintas
modalidades de reprodución asexual, pero en todas elas
prodúcese división do núcleo por mitose (excepción da
amitose), previa á citocinese para garantir o reparto
equitativo do material xenético.
A REPRODUCIÓN ASEXUAL
 Bipartición : En Moneras e Protoctistas. A unidade reprodutora
é toda a célula que se divide en dúas células fillas.
 Xemación : tanto en uni como en pluricelulares. Consiste na
formación dunha protuberancia chamada xemaxema que pode crecer
e formar un individuo adulto.
- Unicelulares: como os fermentos. Esta xemación pode ser
considerada como unha “especie de bipartición” na que o reparto
de citoplasma entre as células fillas non é equitativo. A xema
será a protuberancia que orixina a célula de menor tamaño.
A REPRODUCIÓN ASEXUAL
 Xemación :
- Pluricelulares: moitos vexetais e algúns animais sinxelos
(esponxas, celentéreos...).
Sepárase un grupo de células do proxenitor, a xema, que
orixinará un novo individuo. A xema despréndese do proxenitor
é establécese de xeito independente ou permanece adherida a
él constituíndo un novo membro da colonia.
Nas plantas calquera órgano provisto de xemas pode orixinar un
novo individuo (bulbos, tubérculos, rizomas...).
Bipartición
Xemación en fermentos
Xemación en plantas
Xemación en animais
A REPRODUCIÓN ASEXUAL
 Escisión ou Fragmentación : pode suceder en algas filamentosas
e en invertebrados sinxelos como anémonas de mar
(celentéreos), vermes mariños (anélidos) e platelmintos.
Rotura espontánea do proxenitor en dous ou máis fragmentos
cada un dos cales orixinará un novo individuo.
 Rexeneración : en píntegas, lagartas (cola), estrelamares
(brazo),...; tipo especial de fragmentación pero que non é
espontánea, senón por unha lesión, e non ten porque implicar
orixinar un novo individuo. Moi empregado para a multiplicación
artificial nos vexetais (enxertos, escallos...)
©veganimal.wikispaces
A REPRODUCIÓN ASEXUAL
 Esporulación : típica dalgúns unicelulares (algas), nos fungos e
nos vexetais que a empregan nalgún momento do seu ciclo vital.
Consiste en sucesivas divisións do núcleo da célula nai.
Posteriormente, cada núcleo fillo rodéase dunha pequena porción
de citoplasma e íllase mediante unha membrana no interior da
célula nai. Estas células fillas, xa como esporasesporas, son liberadas o
romperse a membrana da célula nai. Cada espora, por sí mesma, e
en condicións axeitadas está capacitada para orixinar un novo
individuo.
ESPORULACIÓN
©kalipedia ©Proyecto Biosfera
©kalipedia
A REPRODUCIÓN SEXUAL
 A maioría dos pluricelulares reprodúcense sexualmente, aínda
que neles o máis habitual é que haxa alternancia entre a
sexual e a asexual. Esto é o que sucede nos vexetais, nos
fungos e nalgúns animais.
 O obxectivo primordial da reprodución sexual é formar
descendentes con caracteres distintos. Para elo é necesario:
1. Formar gametos.
2. Constutuír o zigoto.
3. Desenvolver ese zigoto para orixinar un individuo.
A REPRODUCIÓN SEXUAL
 Formación dos gametos (Gametoxénese) : son o conxunto de
procesos que conlevan a formación das células sexuais que
constitúen o vehículo de transporte da información xenética de
cada proxenitor.
Os gametos son células haploideshaploides. A reducción a metade do nº
de cromosomas nesta células débese a un tipo especial de
división nuclear chamada MeioseMeiose.
A meiose é, polo tanto, necesaria no ciclo vital dos organismos
con reprodución sexual e sucede antes da formación dos
gametos.
©elrincondelvago
 Formación da célula ovo ou zigoto : un gameto de cada
proxenitor debe encontrarse co gameto doutro proxenitor e
unirse (fecundaciónfecundación) e fusionar os seus núcleos (cariogamiacariogamia) para
orixinar unha única célua denominada célula ovo ou zigotocélula ovo ou zigoto que
restablece o nº de cromosomas típico da especie.
 Desenvolvemento do zigoto : o zigoto divídese por sucesivas
mitoses orixinando un novo individuo coas características de
ambolos dous proxenitores.
©nodulo.org
©ferato.com
©definicionabc.com
Reprodución sexual: Isogamia e Anisogamia
Segundo a morfoloxía dos gametos diferenciamos:
 Reprodución isogámica ou isogamia : sucede en protoctistas e
pluricelulares sinxelos. Caracterízase porque os dous gametos
son morfolóxicamente iguais, aínda que varía o seu
comportamento (gametos + e -).
 Reprodución anisogámica ou anisogamia : ocorre na maioría dos
organismos e produce gametos diferentes morfolóxicamente.
Un gameto é feminino e adoita ser inmóbil e de maior tamaño;
chámaselle óvuloóvulo en animais e oosferaoosfera en vexetais.
O outro tipo de gameto é considerado masculino, é móbil e
máis pequeño e denomínase espermatozoideespermatozoide en animais e
anterozoideanterozoide nos vexetais.
 Nos organismos pluricelulares os gametos fórmanse en
órganos especializados chamados gónadasgónadas nos animais e
gametanxiosgametanxios nos vexetais.
Unisexualidade e Hermafroditismo
Nas especies unisexuais ou dioicasunisexuais ou dioicas existen dous tipos de
individuos segundo posúan gónadasgónadas masculinas (ou gametanxiosgametanxios
masculinos) ou femininas. Polo tanto, os sexos están separados
en individuos distintos e é habitual o dimorfismo sexualdimorfismo sexual
(diferenza morfolóxiva entre individuos de distinto sexo).
Nas especies hermafroditas ou monoicashermafroditas ou monoicas os individuos son
portadores dos dous tipos de gónadas e producen dous tipos de
gametos. É así, na maioría dos vexetais e nalgúns animais
(anélidos, moluscos, gasterópodos...).
Unisexualidade e Hermafroditismo
O hermafroditismo é habitual en organismos fixos ou pouco
móbiles.
Nalgúns casos, como por exemplo en parásitos, pode darse
autofecundaciónautofecundación, aínda que xeralmente óptase pola fecundaciónfecundación
cruzadacruzada (entre dous individuos).
Cuestión:
Por que pensas que está favorecida a fecundación cruzada fronte a
autofecundación?
PARTENOXÉNESE
Excepcionalmente, nas especies poden desenvolverse óvulos sen
fecundar que dan lugar a adultos normais. Este proceso
reprodutivo denomínase partenoxénesepartenoxénese.
É habitual nalgúns animais como insectos (abellas, formigas,
pulgóns...) e crustáceos.
Constitúe unha estratexia reprodutiva que sacrifica a
variabiliade da reprodución sexual a cambio dunha maior
facilidade para orixinar novos individuos en determinados
momentos.
PARTENOXÉNESE
Podemos falar de dous tipos de partenoxénese atendendo a
dotación cromosómica: partenoxénese meiótica epartenoxénese meiótica e
partenoxénese ameióticapartenoxénese ameiótica en relación a se se produce ou non
meiose no óvulo.
Nalgúns organismos prodúcense ambolos dous tipos de xeito
alternante o longo do ciclo vital p.e. en pulgóns.
Perpetuación vida. Parte I.

More Related Content

What's hot (18)

Tema 2. A DivisióN Celular
Tema 2. A DivisióN CelularTema 2. A DivisióN Celular
Tema 2. A DivisióN Celular
 
Meiose
MeioseMeiose
Meiose
 
O descubrimento da célula
O descubrimento da célulaO descubrimento da célula
O descubrimento da célula
 
División celular
División celularDivisión celular
División celular
 
Mitose new
Mitose newMitose new
Mitose new
 
Tema 2 division celular
Tema 2 division celularTema 2 division celular
Tema 2 division celular
 
Herdanza. xenética mendeliana
Herdanza. xenética mendelianaHerdanza. xenética mendeliana
Herdanza. xenética mendeliana
 
Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares
 
Meiose 2010 2011 new
Meiose 2010 2011 newMeiose 2010 2011 new
Meiose 2010 2011 new
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
A división celular
A división celularA división celular
A división celular
 
Núcleo en división
Núcleo en divisiónNúcleo en división
Núcleo en división
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
Teoría endosimbiótica.doc
Teoría endosimbiótica.docTeoría endosimbiótica.doc
Teoría endosimbiótica.doc
 
Mitose2
Mitose2Mitose2
Mitose2
 
CICLO CELULAR
CICLO CELULARCICLO CELULAR
CICLO CELULAR
 
Reproducion e relacion celular
Reproducion e relacion celularReproducion e relacion celular
Reproducion e relacion celular
 
A célula
A célula A célula
A célula
 

Viewers also liked

LOS VIRUS
LOS VIRUSLOS VIRUS
LOS VIRUSniioe
 
Seguridad informática: virus y otros daños para nuestro PC
Seguridad informática: virus y otros daños para nuestro PCSeguridad informática: virus y otros daños para nuestro PC
Seguridad informática: virus y otros daños para nuestro PCyireni
 
Paginas de matematicas
Paginas de matematicasPaginas de matematicas
Paginas de matematicasespanol
 

Viewers also liked (8)

Reprodución animal
Reprodución animalReprodución animal
Reprodución animal
 
Clasificacion de los virus
Clasificacion de los virusClasificacion de los virus
Clasificacion de los virus
 
El pensamiento humano
El pensamiento humanoEl pensamiento humano
El pensamiento humano
 
Levaduras
LevadurasLevaduras
Levaduras
 
LOS VIRUS
LOS VIRUSLOS VIRUS
LOS VIRUS
 
Seguridad informática: virus y otros daños para nuestro PC
Seguridad informática: virus y otros daños para nuestro PCSeguridad informática: virus y otros daños para nuestro PC
Seguridad informática: virus y otros daños para nuestro PC
 
Paginas de matematicas
Paginas de matematicasPaginas de matematicas
Paginas de matematicas
 
Build Features, Not Apps
Build Features, Not AppsBuild Features, Not Apps
Build Features, Not Apps
 

Similar to Perpetuación vida. Parte I. (20)

Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Tema 2 4eso as funcions da celula bioloxía
Tema 2 4eso as funcions da celula bioloxíaTema 2 4eso as funcions da celula bioloxía
Tema 2 4eso as funcions da celula bioloxía
 
Ciclo celular
Ciclo celularCiclo celular
Ciclo celular
 
30 reproduccion celular
30 reproduccion celular30 reproduccion celular
30 reproduccion celular
 
30 reproduccion celular
30 reproduccion celular30 reproduccion celular
30 reproduccion celular
 
Reprodución animais vexetais
Reprodución animais vexetaisReprodución animais vexetais
Reprodución animais vexetais
 
Noa bioloxia
Noa bioloxiaNoa bioloxia
Noa bioloxia
 
5 division celular_4_eso
5 division celular_4_eso5 division celular_4_eso
5 division celular_4_eso
 
Resume da Mitose
Resume da MitoseResume da Mitose
Resume da Mitose
 
As celulas nai marco antonio
As celulas nai marco antonioAs celulas nai marco antonio
As celulas nai marco antonio
 
Tema 1 a celula
Tema 1 a celulaTema 1 a celula
Tema 1 a celula
 
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
 
CéLulas Nai Ou Troncais
CéLulas Nai Ou TroncaisCéLulas Nai Ou Troncais
CéLulas Nai Ou Troncais
 
Os procariotas
Os procariotasOs procariotas
Os procariotas
 
A Célula
A CélulaA Célula
A Célula
 
Como son as nosas laura
Como son as nosas lauraComo son as nosas laura
Como son as nosas laura
 
Tema 1 a célula
Tema 1  a célulaTema 1  a célula
Tema 1 a célula
 
As CéLulas Nai
As CéLulas NaiAs CéLulas Nai
As CéLulas Nai
 
Celulas nai andrea
Celulas nai andreaCelulas nai andrea
Celulas nai andrea
 
Ud 8 pdf
Ud 8 pdfUd 8 pdf
Ud 8 pdf
 

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

More from Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 

Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Perpetuación vida. Parte I.

  • 1. A PERPETUACIÓN DA VIDA: REPRODUCIÓN Profesor: Adán Gonçalves. Algunhas diapositivas extraídas da presentación CITOLOXÍA: Fisioloxía celular Función de reprodución e relación elaborada polas profesoras do Departamento de Bioloxía do IES Otero Pedrayo, Carmen Cid Manzano e Mª José Camba Seara.
  • 2. CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO Ciclo vital ou biolóxico: son as diferentes etapas ó longo da vida dun organismo. A complexidade do ciclo vital varía segundo a especie. No ciclo biolóxico podemos diferenciar varias fases: 1. Fase inicial: é o comezo do ciclo. Pode ser unha soa célula (célula ovo ou cigoto) ou un peque no grupo de células desprendidas do proxenitor.
  • 3. CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO 2. Desenvolvemento: é a fase de cambios no tamaño e na forma que conleva a diferenciación das estruturas internas. Nalgúns organismos pluricelulares, como os anfibios e insectos, este desenvolvemento é moi complexo e posúe distintas etapas nas que o aspecto do individuo pode ser moi diferente do adulto (Metamorfose).
  • 4. CONCEPTO DE CICLO BIOLÓXICO 3. Reprodución: nesta fase os adultos producen “unidades reprodutoras” que orixinarán novos individuos coas características dos proxenitores (descendencia). A unidade reprodutora pode ser unha célula (células xerminais) ou un conxunto delas.
  • 5. EXEMPLOS DE CICLOS BIOLÓXICOS ©recursos.cnice.mec.es ©infovisual ©biottecfortaleny.blogspot.com
  • 6. CICLO CELULAR Ciclo celular: conxunto de procesos que posúen tanto procariotas como eucariotas cuxa finalidade principal é duplicar o ADN xenómico e pasar copias idénticas desta información as células fillas. O ciclo celular divídese en dúas fases: interfase e fase de división, fase M ou mitótica.
  • 7. CICLO CELULAR Interfase : - Período comprendido entre dúas divisións consecutivas. - Constitúe o 90% do ciclo. - Hai unha intensa actividade metabólica na que a célula leva a cabo as súas funcións habituais (transcrición, tradución...) e tamén inclúe os procesos preparativos para a división como a duplicación do ADN. - Soe dividirse en tres fases sucesivas: G1 , S e G2 .
  • 8. CICLO CELULAR Fase G1 : - Duración variable (2-3h a días-anos). - Intensa actividade metabólica: transcrición, tradución... Fase S : - Duración: 7 h. en mamíferos. - Fase de síntese de ADN= Replicación do ADN. - Síntese tamén das histonas e outras proteínas cromosómicas.
  • 9. CICLO CELULAR Fase G2 : - Non hai síntese de ADN. - Pode producirse reparación do ADN . - Síntese de macromoléculas: ARN, proteínas, microtúbulos do fuso acromático... , sobre todo de estruturas necesarias para a inminente división celular. - Comézase a condensar a cromatina para formar os cromosomas.
  • 10. CICLO CELULAR Fase de división, Fase M ou Mitótica: - Prodúcese a división celular a través dun proceso denominado mitose que orixina dúas células fillas. - Supón o 10% do ciclo. Tras a fase M, as células volven a entran en interfase e repiten o ciclo. As células que xa non se volven a dividir deteñen o ciclo antes de chegar a fase S (Fase G0 ).
  • 12. REPRODUCIÓN • Reprodución: Conxunto de procesos mediante os cales as células e os organismos producen descendentes semellantes a eles mesmos, perpetuando a vida e asegurando a supervivencia da especie. • Tipos de reprodución: hai unha grande variedade de mecanismos reprodutivos nos seres vivos que, en xeral, agrupamos en dous tipos: reprodución asexual ou agamia e reprodución sexual ou gámica.
  • 13. REPRODUCIÓN Nalgúns organismos danse os dous tipos de reprodución o longo do seu ciclo biolóxico e fálase nese caso de reprodución alternante.
  • 14. Reprodución asexual ou agamia É aquela que non necesita de células especializadas, senón que un único organismo xera copias idénticas de si mesmo. Aparece en todo tipo de organismos, aínda que adoita ir acompañada da sexual para asegurar a variabilidade. • Vantaxes: 1) É moi útil para organismos sésiles ou pouco móbiles. 2) Pódese levar a cabo cun só individuo. 3) Pode dar lugar a grande cantidade de individuos.
  • 15. Reprodución asexual ou agamia • Inconvintes: 1) Non aumenta a variabilidade xenética. Hai moitos tipos diferentes de reprodución asexual. En animais: amitose, bipartición, escisión múltiple, xemación... En plantas: bipartición, fragmentación, propágulos, esporulación...
  • 16. Reprodución sexual ou gamia É aquela na que células especializadas (gametos ou células sexuais) se fusionan para formar un cigoto a partir de o cal desenvolverase o novo individuo. • Vantaxes: 1) Permite unha maior variabilidade xenética (recombinación xenética) sobre a que pode actuar a selección natural e polo tanto, favorece a supervivencia da especie.
  • 17. Reprodución sexual ou gamia • Desvantaxes: 1) Ten que haber dous proxenitores. 2) Os gametos deben atoparse (grandes cantidades e móbiles) e ademais necesitan un medio acuático (dificultade en organismos terrestres).
  • 18. REPRODUCIÓN Todos os organismos, mesmo os pluricelulares, se orixinan a partir dun cigoto por sucesivas divisións mitóticas. Só os gametos sofren unha división reduccional (meiose).
  • 19. REPRODUCIÓN • Liña somática e liña xerminal : Nos organismos unicelulares, a única célula é a súa vez a célula reprodutora. Nos organismos pluricelulares, as células non especializadas (células somáticas) constitúen a liña somática ou soma. Polo contrario, as células especializadas na reprodución (células xerminais) constitúen a liña xerminal ou xerme.
  • 20. REPRODUCIÓN Existen dous tipos de células xerminais: • Esporas: desenvólvense directamente para orixinar un novo individuo sen fusión. • Gametos: na maioría dos casos, precisan unirse a outro gameto para formar o cigoto que por multiplicacións orixinará o novo individuo.
  • 21. REPRODUCIÓN Fixádevos no ciclo dos fentos a diferenza entre o que é unha espora e un gameto.
  • 22. MULTIPLICACIÓN CELULAR Todas as células proceden doutras células por división. (Virchow, 1858 : “omnis cellula e cellula) A multiplicación celular é un proceso que se verifica en todos os organismos sexan uni ou pluricelulares. Podemos dividir esta multiplicación en división do nucleo ou mitose e na división do citoplasma ou citocinese.
  • 23. DIVISIÓN DO NÚCLEO: MITOSE Os procesos preparativos para a mitose comezan xa a finais do período G2 , como xa comentamos. A mitose é o conxunto de procesos polos que se produce a división do núcleo na maioría das células. A súa finalidade é garantir que as células fillas reciban unha copia do ADN materno (da célula nai) e, polo tanto posúan o mesmo nº de cromosomas entre elas e respecto a célula nai. Soese diferenciar catro fases na mitose: profase, metafase, anafase e telofase.
  • 24. División do núcleo (mitose) División do Citoplasma (citocinese) Profase Metafase Anafase Telofase Comprende Dividida en
  • 25. MITOSE PROFASE : Comeza a degradación da envoltura nuclear, de xeito co final desta fase desaparece. A cromatina empeza a condensarse máis e o final da profase empézanse a apreciar os cromosomas. Nas células animais, os centriolos comezan a separarse e diríxense cada un a un polo da célula. Así mesmo, cada centriolo orixina un centriolo fillo para completar o diplosoma.
  • 26. MITOSE PROFASE : Entre os centriolos comézase a formase un feixe de microtúbulos que orixinará o fuso acromático. Nas células vexetais tamén hai fuso acromático que se orixina a partir de material denso de natureza proteica.
  • 27. Comeza a desaparecer a membrana nuclear Empezan a visualizarse os cromosomas Os centriolos duplicados van ós polos opostos da célula Empézase a constituir o fuso mitótico
  • 28.
  • 29. MITOSE METAFASE : Os cromosomas alcanzan o seu máximo grao de condensación sendo perfectamente visibles. Obsérvanse tamén claramente as dúas cromátidas que conforman cada cromosoma que se orixinaron como resultado da duplicación do ADN (fase S da interfase), pero que non eran claramente visibles ata este momento. As cromátidas de cada cromosoma están unidas polo centrómero (visible dende o final da profase).
  • 30. MITOSE METAFASE : Os microtúbulos do fuso acromático están unidos os cromosomas (únense o final da profase nun punto cercano o centrómero; cinetocoros) e van desprazándoos ata dispoñelos no ecuador da célula orientándoos de xeito que os seus eixes lonxitudinais formen un ángulo recto respecto o eixe do fuso. Esta disposición ecuatorial dos cromosomas denomínase placa metafásica.
  • 32. MITOSE ANAFASE : Os microtúbulos do fuso mitótico acúrtanse e arrastran as cromátidas de cada cromosoma (cromátidas fillas ou irmáns) en sentido contrario separándoas. Cada cromátida migra cara un polo da célula, neste desprazamento adoitan a forma de “V” característica, co vértice dirixido aos polos.
  • 33. As cromátidas irmáns de cada cromosoma sepáranse, cada unha vai a un polo A célula comenza a estrangularse
  • 34.
  • 35. MITOSE TELOFASE : As cromátidas fillas sitúanse xa nos polos opostos da célula e son consideradas neste intre cromosomas fillos. Os cromosomas fillos rodéanse dunha nova envoltura nuclear e comezan a descondensarse. Desaparece o fuso acromático. Quedan constituidos os dous núcleos fillos.
  • 36. Empeza a formarse a membrana nuclear As cromátidas descondénsanse
  • 37.
  • 38. MITOSE E NÚMERO DE CROMOSOMAS  O nº de cromosomas é constante e característico nas células somáticas de cada especie.  Nas especies diploidesdiploides cada cromosoma ten o seu homólogohomólogo, e dicir, a dotación cromosómica está constituída por parellas de cromosomas. Dise que hai dúas series de n cromosomas = 2n cromosomas.  Nas especies haploideshaploides a dotación cromosómica débese a unha única serie de cromosomas e fálase de n cromosomas.
  • 39. MITOSE E NÚMERO DE CROMOSOMAS  Mediante a mitose, como dixemos, cada célula filla recibe unha cromátida irmán de cada cromosoma. Estas cromátidas irmáns proceden da copia que fixera a célula nai do seu cromosoma orixinal (período S, da interfase). Polo tanto, as células fillas reciben o mesmo número de cromosomas que tiña a célula nai mantendo a dotación cromosómica da especie xeración tras xeración.
  • 40. DIVISIÓN DO CITOPLASMA: CITOCINESE  A finais da anafase (anafase tardía) comeza o proceso de citocinese ou división do citoplasma.  O proceso ocorre de xeito moi diferente atendendo a se se trata dunha célula animal ou dunha vexetal.  Nas células animais á altura do plano ecuatorial do fuso acromático e baixo a membrana plasmática fórmase un anel de filamentos contráctiles que se irán estreitando orixinando un surco de segmentación e provocando, en último termo, a separación das dúas células fillas.
  • 41.
  • 42. DIVISIÓN DO CITOPLASMA: CITOCINESE Nas células vexetais fórmase un tabique de separación entre as células fillas. Este tabique é orixinado pola deposición de substancias, procedentes de vesículas de secrección do Aparello de Golgi, nun sistema de microtúbulos proteicos denominados fragmoplastofragmoplasto. Nun principio fórmase a lámina medialámina media a partir destas substancias secretadas por vesículas. As células fillas fabrican a partir desta lámina a súa propia parede vexetal de celulosa.
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46. RENOVACIÓN CELULAR  A división celular cumpre dous obxectivos fundamentais: 1) O crecemento do organismo. 2) A substitución das células que morren ou foron destruídas.  O ritmo de división varía entre os distintos organismos; e dentro de cada organismo depende da idade e do tipo celular.
  • 47. A REPRODUCIÓN ASEXUAL  Un só individuo orixina a descendencia a partir dunha unidade reprodutora (unha célula ou un grupo de células).  Os descendentes son xenéticamente idénticos os proxenitores.  As únicas variacións débense a erros de copia (MutaciónsMutacións).
  • 48. A REPRODUCIÓN ASEXUAL Tipos de reprodución asexual : existen distintas modalidades de reprodución asexual, pero en todas elas prodúcese división do núcleo por mitose (excepción da amitose), previa á citocinese para garantir o reparto equitativo do material xenético.
  • 49. A REPRODUCIÓN ASEXUAL  Bipartición : En Moneras e Protoctistas. A unidade reprodutora é toda a célula que se divide en dúas células fillas.  Xemación : tanto en uni como en pluricelulares. Consiste na formación dunha protuberancia chamada xemaxema que pode crecer e formar un individuo adulto. - Unicelulares: como os fermentos. Esta xemación pode ser considerada como unha “especie de bipartición” na que o reparto de citoplasma entre as células fillas non é equitativo. A xema será a protuberancia que orixina a célula de menor tamaño.
  • 50. A REPRODUCIÓN ASEXUAL  Xemación : - Pluricelulares: moitos vexetais e algúns animais sinxelos (esponxas, celentéreos...). Sepárase un grupo de células do proxenitor, a xema, que orixinará un novo individuo. A xema despréndese do proxenitor é establécese de xeito independente ou permanece adherida a él constituíndo un novo membro da colonia. Nas plantas calquera órgano provisto de xemas pode orixinar un novo individuo (bulbos, tubérculos, rizomas...).
  • 51. Bipartición Xemación en fermentos Xemación en plantas Xemación en animais
  • 52. A REPRODUCIÓN ASEXUAL  Escisión ou Fragmentación : pode suceder en algas filamentosas e en invertebrados sinxelos como anémonas de mar (celentéreos), vermes mariños (anélidos) e platelmintos. Rotura espontánea do proxenitor en dous ou máis fragmentos cada un dos cales orixinará un novo individuo.  Rexeneración : en píntegas, lagartas (cola), estrelamares (brazo),...; tipo especial de fragmentación pero que non é espontánea, senón por unha lesión, e non ten porque implicar orixinar un novo individuo. Moi empregado para a multiplicación artificial nos vexetais (enxertos, escallos...)
  • 54. A REPRODUCIÓN ASEXUAL  Esporulación : típica dalgúns unicelulares (algas), nos fungos e nos vexetais que a empregan nalgún momento do seu ciclo vital. Consiste en sucesivas divisións do núcleo da célula nai. Posteriormente, cada núcleo fillo rodéase dunha pequena porción de citoplasma e íllase mediante unha membrana no interior da célula nai. Estas células fillas, xa como esporasesporas, son liberadas o romperse a membrana da célula nai. Cada espora, por sí mesma, e en condicións axeitadas está capacitada para orixinar un novo individuo.
  • 56. A REPRODUCIÓN SEXUAL  A maioría dos pluricelulares reprodúcense sexualmente, aínda que neles o máis habitual é que haxa alternancia entre a sexual e a asexual. Esto é o que sucede nos vexetais, nos fungos e nalgúns animais.  O obxectivo primordial da reprodución sexual é formar descendentes con caracteres distintos. Para elo é necesario: 1. Formar gametos. 2. Constutuír o zigoto. 3. Desenvolver ese zigoto para orixinar un individuo.
  • 57. A REPRODUCIÓN SEXUAL  Formación dos gametos (Gametoxénese) : son o conxunto de procesos que conlevan a formación das células sexuais que constitúen o vehículo de transporte da información xenética de cada proxenitor. Os gametos son células haploideshaploides. A reducción a metade do nº de cromosomas nesta células débese a un tipo especial de división nuclear chamada MeioseMeiose. A meiose é, polo tanto, necesaria no ciclo vital dos organismos con reprodución sexual e sucede antes da formación dos gametos.
  • 59.  Formación da célula ovo ou zigoto : un gameto de cada proxenitor debe encontrarse co gameto doutro proxenitor e unirse (fecundaciónfecundación) e fusionar os seus núcleos (cariogamiacariogamia) para orixinar unha única célua denominada célula ovo ou zigotocélula ovo ou zigoto que restablece o nº de cromosomas típico da especie.  Desenvolvemento do zigoto : o zigoto divídese por sucesivas mitoses orixinando un novo individuo coas características de ambolos dous proxenitores.
  • 61. Reprodución sexual: Isogamia e Anisogamia Segundo a morfoloxía dos gametos diferenciamos:  Reprodución isogámica ou isogamia : sucede en protoctistas e pluricelulares sinxelos. Caracterízase porque os dous gametos son morfolóxicamente iguais, aínda que varía o seu comportamento (gametos + e -).  Reprodución anisogámica ou anisogamia : ocorre na maioría dos organismos e produce gametos diferentes morfolóxicamente. Un gameto é feminino e adoita ser inmóbil e de maior tamaño; chámaselle óvuloóvulo en animais e oosferaoosfera en vexetais.
  • 62. O outro tipo de gameto é considerado masculino, é móbil e máis pequeño e denomínase espermatozoideespermatozoide en animais e anterozoideanterozoide nos vexetais.  Nos organismos pluricelulares os gametos fórmanse en órganos especializados chamados gónadasgónadas nos animais e gametanxiosgametanxios nos vexetais.
  • 63. Unisexualidade e Hermafroditismo Nas especies unisexuais ou dioicasunisexuais ou dioicas existen dous tipos de individuos segundo posúan gónadasgónadas masculinas (ou gametanxiosgametanxios masculinos) ou femininas. Polo tanto, os sexos están separados en individuos distintos e é habitual o dimorfismo sexualdimorfismo sexual (diferenza morfolóxiva entre individuos de distinto sexo). Nas especies hermafroditas ou monoicashermafroditas ou monoicas os individuos son portadores dos dous tipos de gónadas e producen dous tipos de gametos. É así, na maioría dos vexetais e nalgúns animais (anélidos, moluscos, gasterópodos...).
  • 64. Unisexualidade e Hermafroditismo O hermafroditismo é habitual en organismos fixos ou pouco móbiles. Nalgúns casos, como por exemplo en parásitos, pode darse autofecundaciónautofecundación, aínda que xeralmente óptase pola fecundaciónfecundación cruzadacruzada (entre dous individuos). Cuestión: Por que pensas que está favorecida a fecundación cruzada fronte a autofecundación?
  • 65. PARTENOXÉNESE Excepcionalmente, nas especies poden desenvolverse óvulos sen fecundar que dan lugar a adultos normais. Este proceso reprodutivo denomínase partenoxénesepartenoxénese. É habitual nalgúns animais como insectos (abellas, formigas, pulgóns...) e crustáceos. Constitúe unha estratexia reprodutiva que sacrifica a variabiliade da reprodución sexual a cambio dunha maior facilidade para orixinar novos individuos en determinados momentos.
  • 66. PARTENOXÉNESE Podemos falar de dous tipos de partenoxénese atendendo a dotación cromosómica: partenoxénese meiótica epartenoxénese meiótica e partenoxénese ameióticapartenoxénese ameiótica en relación a se se produce ou non meiose no óvulo. Nalgúns organismos prodúcense ambolos dous tipos de xeito alternante o longo do ciclo vital p.e. en pulgóns.