1. Mitose
A mitose é un proceso de reprodución celular común a todo tipo de células eucariotas,
mediante o que se asegura que as células fillas reciban os mesmos cromosomas que a célula nai e,
por tanto, a mesma información xenética.
Nos unicelulares, cando unha célula se divide reprodúcese tamén o número de individuos. Pero
nos pluricelulares a reprodución por mitose ten como finalidade soamente o crecemento do individuo.
De igual xeito, servepara repor os tecidos que estean danados ou vellos e, así, as novas células son
idénticas ás que se substitúen.
O proceso de división das células implica que primeiro se divida o núcleo e antes da división do
núcleo, debe duplicarse o seu ADN.
Consiste, de forma esquemática, no seguinte:
1. O ADN do núcleo cópiase e cando finaliza o proceso, obtemos dúas copias exactamente iguais de
todo o ADN.
2. As cadeas de ADN empezan a empaquetarse e a facerse visibles constituíndo os cromosomas.
Cada dúas copias do mesmo cromosoma permanecen unidas.
3. Os cromosomas dispóñense no centro da célula e a partir de ahí as dúas copias de cada un
sepáranse para cada un dos lados da célula. Este movemento prodúcese grazas ás fibras proteicas do
centrosoma.
4. Cando cada unha das copias dos cromosomas chega aos extremos da célula, esta comeza a dividir
o seu citoplasma e cando finaliza esta división xa están formadas as dúas células fillas exactamente
iguais, cada unha cunha copia de tódolos cromosomas. Finalmente, o ADN desempaquétase e os
cromosomas deixan de ser visibles.
5. Logo de finalizada a división do núcleo por mitose, o citoplasma divídese (citoquinese) englobando
cada un dos núcleos, e complétase así a división celular. O resto dos orgánulos celulares repártese
máis ou menos por igual entre as dúas células fillas.