Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

XEO2-Rochedo

752 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

XEO2-Rochedo

  1. 1. ÁREA SILÍCEA  Rochas antigas (Precámbrico/Era Primaria) GRANITO Localización (Visualizar mapa)  Profundas alteracións xeradas pola acción da auga  Descomposición de cristais. Áreas pardoamarelas en vales e zonas de pouca pendente.  Alteracións a partires das diáclases. a) Zonas de alta montaña (1)Formación de cristas agudas (2) Formación de pedregais ao pé das montañas b) Zonas menos elevadas. - DIÁCLASES PARALELAS  Paisaxe ondulada e suave (domos) - DIÁCLASES PERPENDICULARES  Fomación de bolas ou barrocais, rochas cabaleiras ou caos graníticos.
  2. 2. ÁREA CALCARIA  Rochas da Era Secundaria pregadas na terciaria. ROCHA CALCARIA (ríxida, constituída fundamentalmente por carbonato cálcico, disólvese facilmente con auga)  Localización (ver mapa do Rochedo en España) COMPLEXO RELEVO CÁRSTICO. Formas características: lapiás, gargantas, poljés, Dolinas, covas e simas.
  3. 3. ÁREA ARXILOSA  Rochas sedimentarias. Era terciaria e cuaternaria. ARXILA ( Rocha predominante de escasa resistencia e rápida erosión). Localización (ver mapa) RELEVO HORIZONTAL (non houbo pregamentos dos sedimentos posteriores). 2 tipos de relevo: A. Os ríos abren vales que separan estructuras horizontais e coa erosión Orixinan chairas suaves e onduladas. B. En zonas onde non existe protección vexetal (do SE peninsular e zona Central do val do Ebro) hai unha forte acción erosiva (choivas torrenciais )  Fomación De CÁRCAVAS. Topografía abrupta que pòde xerar unha paisaxe de BADLANDS.
  4. 4. ESQUEMA DO RELEVO CAUSADO POLA EROSIÓN DIFERENCIAL  RELEVO HORIZONTAL  Os estratos horizontais alternando duros e brandos. A rede fluvial separa plataformas (mesas ou páramos). Páramos, cerros testemuña, antecerros. Concas sedimentarias das mesetas e depresións do Ebro e do Guadalquivir.
  5. 5. RELEVO EN COSTA  Os estratos están levemente inclinados e alternan materiais duros e brandos. O dorso ou reverso está formado polo estrato máis duro, cunha fronte de forte pendente. A capa branda é a parte inferior cóncava, onde a erosión é máis rápida. Tamén poden formarse cerros e antecerros
  6. 6.  Se os estratos están pregados:  RELEVO APALACHE A erosión actúa de forma diferencial XERA UN RELEVO DE CRISTAS E VALES Localización: Parte occidental da Cordilleiraq Cantábrica, Montes de Toledo e Serra Morena.
  7. 7. RELEVO XURÁSICO  Alternancia de doblas convexas e cóncavas. Nos ANTICLINAIS créanse vales perpendiculares ao cumio (CLUSES) e vales paralelos ao cumio (COMBES). O relevo pode invertirse nun sinclinal colgado. Coa erosión do val anticlinal quedará en resalte o anticlinal do estrato inferior continuando o ciclo (Anticlinal exhumado).
  8. 8. ÁREA VOLCÁNICA  As illas Canarias son de orixe volcánica  Oroxénese alpina rompe o fondo mariño e ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. Que formas de relevo atopamos?  CONOS VOLCÁNICOS: Orixinados polo amoreamento de materiais volcánicos (pequenas pedras, cinza e lapillis) carón da boca de emisión . En Tenerife, La Palma e Lanzarote son activos. CALDEIRAS: Cráteres circulares produto da explosión ou afundimento dun volcán. MALPAÍSES: Terreos abruptos formados coa solidificación rápida das coladas de lava en ondas ou bloques. DIQUES (fisura horizontal) e ROQUES (cheminea vertical: condutos de emisión de magma que se encheron de lava solidificada e quedan ao descuberto pola acción erosiva diferencial. BARRANCOS : vales estreitos creados polo encaixamento dos torrentes no terreo volcánico. Debido a diferentes erupcións volcánicas as costas das illas reformáronse en varias ocasións. Predominan os acantilados (Los Gigantes, Tenerife) sobre as praias (de cantos nas illas occidentais e de area nas illas orientais).
  9. 9. 3718 m
  10. 10. PAAU 2012
  11. 11. PAAU 2011

×