Vocabulario
XEOMORFOLOXÍA
Albufeira
● Lagoa de auga salgada
separada do mar por un cordón
litoral aínda que adoita manter
temporal ou continuadamente a
comunicación co mar por un ou
máis puntos. A súa formación
adoita deberse á colmatación
dunha baía por sedimentos
mariños e/ou fluviais.
● A Albufera de Valencia e o Mar
Menor son os mellores exemplos
desta formación litoral no
Mediterráneo español.
Aluvión
● Depósito de materiais
sedimentarios (cantos rodados,
areas, limos...) deixados polas
correntes de auga. Prodúcense
cando o caudal e/ou a
velocidade das augas diminúe
e, conseguintemente, se reduce
a súa capacidade de transporte.
As terras aluviais, ricas en
materia orgánica, adoitan ser
moi fértiles.
● Sobre este tipo de materiais
asentáronse as ricas hortas
murciana, valenciana ou do val
do Ebro.
Esteiro
● Desembocadura dun río
caudaloso no mar
caracterizada por unha
forma de funil invertido e
pola influencia das
mareas na confluencia
das augas fluviais coas
mariñas..
● Os esteiros do Miño,
Douro e Texo son ben
representativos deste tipo
de formacións costeiras
Foz
● Val estreito e profundo
de flancos verticais
escavado por un río
característico das áreas
de litoloxía calcaria.
● Son frecuentes na parte
oriental da Cordilleira
Cantábrica, en áreas
dos Pireneos, no
Sistema Ibérico, etc.
Litosfera
● A litosfera é a capa superficial sólida do planeta Terra. Esta
consituída pola codia e e polo manto residual (a parte
exterior sólida do manto). O seu expesor varía entre os máis
120 Km. que pode acadar a litosfera continental e os 7 km. aos
que se reduce a litosfera oceánica nalgúns puntos baixo as
grandes dorsais.
● A litosfera divídese en grandes fragmentos, as placas
tectónicas, que se moven flotando sobre a astenosfera, capa
semifluída do manto, e interactuando entre si.
Meseta
● En xeral, defínese como meseta
a unha planicie extensa situada
a unha determinada altitude
sobre o nivel do mar (>500 m.).
A súa xénese pode ser o
resultado da acción de forzas
tectónicas ou da erosión
provocada polos axentes
externos.
● A Meseta central constitúe a
unidade de relevo fundamental
da Península Ibérica. Ocupa o
60% da súa superficie e arredor
dela estrutúrase todo o relevo
peninsular. Trátase dunha
chaira elevada, resto do antigo
macizo hespérico xurdido da
oroxenia herciniana e deformado
e fracturado na Era Terciaria.
Oroxenia
● A oroxenia ou oroxénese é o
conxunto de proceso
xeolóxicos que se producen
nos bordes das placas
tectónicas e que dan lugar a
formación ou
rexuvenecemento de cadeas
montañosas..
● A Península Ibérica veuse
afectada fundamentalmente
por dous grandes procesos
oroxénicos: a oroxenia
herciniana no Paleozoico e a
oroxenia alpina na Era
Terciaria.
Video sobre a oroxenía alpina en VIMEO
Penechaira
● Ampla chaira con lixeiras
ondulacións e sen relevos
sobranceiros resultante dun
prolongado proceso erosivo,
protagonizado, sobre todo, polos
cursos de auga.
● Na Península Ibérica, destacan no
W da Meseta as Penechairas
Zamorano-Salmantina e Extremeña.
Nelas, a erosión arrasou os
materiais sedimentarios terciarios
depositados sobre o zócolo e deixou
ao descuberto as rochas
paleozoicas orixinarias (granito,
lousa, cuarcita). Sobre elas só
destacan algúns montes-illa. Os ríos
chegan a escavar fondos canóns
(os Arribes do Douro) ao encaixarse
nestes duros materiais.
Somonte
● Area lixeiramente inclinada situada
ao pé dunha cadea montañosa e
formada por materiais procedentes
da erosión desta. Sinala a
transición entre a cadea montañosa
e as chairas ou depresións
próximas. Recibe tamén o nome de
somontano ou pedemonte.
● Nos bordes da Depresión do Ebro,
os somontes sinalan a transicion
entre as montañas exteriores da
Cordilleira Pirenaica (ao N) e o
Sistema Ibérico (ao S.). Neles a
erosión deu lugar á formación de
mallos (torreóns rochosos
individualizados pola erosión) e
hoyas (depresións erosivas
escavadas nos materiais máis
brandos).
Tectónica de placas
● A teoría da tectónica de placas
sostén que a litosfera está
composta por unha serie de
placas ríxidas que se moven
constantemente. Estas placas
flotan sobre a astenosfera, capa
semifluída do manto. Nela, os
materiais adquiren unha posición
diferente en función da súa
temperatura xerando unhas
constantes correntes convectivas.
● Partindo destes presupostos, a
interacción entre as placas
(diverxencia, converxencia,
deslizamento-transformación)
explicaría as oroxenias, o
vulcanismo ou os fenómenos
sísmicos.
Animación explicativa en EDUCASTUR

01 e relevo vocabulario

  • 1.
  • 2.
    Albufeira ● Lagoa deauga salgada separada do mar por un cordón litoral aínda que adoita manter temporal ou continuadamente a comunicación co mar por un ou máis puntos. A súa formación adoita deberse á colmatación dunha baía por sedimentos mariños e/ou fluviais. ● A Albufera de Valencia e o Mar Menor son os mellores exemplos desta formación litoral no Mediterráneo español.
  • 3.
    Aluvión ● Depósito demateriais sedimentarios (cantos rodados, areas, limos...) deixados polas correntes de auga. Prodúcense cando o caudal e/ou a velocidade das augas diminúe e, conseguintemente, se reduce a súa capacidade de transporte. As terras aluviais, ricas en materia orgánica, adoitan ser moi fértiles. ● Sobre este tipo de materiais asentáronse as ricas hortas murciana, valenciana ou do val do Ebro.
  • 4.
    Esteiro ● Desembocadura dunrío caudaloso no mar caracterizada por unha forma de funil invertido e pola influencia das mareas na confluencia das augas fluviais coas mariñas.. ● Os esteiros do Miño, Douro e Texo son ben representativos deste tipo de formacións costeiras
  • 5.
    Foz ● Val estreitoe profundo de flancos verticais escavado por un río característico das áreas de litoloxía calcaria. ● Son frecuentes na parte oriental da Cordilleira Cantábrica, en áreas dos Pireneos, no Sistema Ibérico, etc.
  • 6.
    Litosfera ● A litosferaé a capa superficial sólida do planeta Terra. Esta consituída pola codia e e polo manto residual (a parte exterior sólida do manto). O seu expesor varía entre os máis 120 Km. que pode acadar a litosfera continental e os 7 km. aos que se reduce a litosfera oceánica nalgúns puntos baixo as grandes dorsais. ● A litosfera divídese en grandes fragmentos, as placas tectónicas, que se moven flotando sobre a astenosfera, capa semifluída do manto, e interactuando entre si.
  • 7.
    Meseta ● En xeral,defínese como meseta a unha planicie extensa situada a unha determinada altitude sobre o nivel do mar (>500 m.). A súa xénese pode ser o resultado da acción de forzas tectónicas ou da erosión provocada polos axentes externos. ● A Meseta central constitúe a unidade de relevo fundamental da Península Ibérica. Ocupa o 60% da súa superficie e arredor dela estrutúrase todo o relevo peninsular. Trátase dunha chaira elevada, resto do antigo macizo hespérico xurdido da oroxenia herciniana e deformado e fracturado na Era Terciaria.
  • 8.
    Oroxenia ● A oroxeniaou oroxénese é o conxunto de proceso xeolóxicos que se producen nos bordes das placas tectónicas e que dan lugar a formación ou rexuvenecemento de cadeas montañosas.. ● A Península Ibérica veuse afectada fundamentalmente por dous grandes procesos oroxénicos: a oroxenia herciniana no Paleozoico e a oroxenia alpina na Era Terciaria. Video sobre a oroxenía alpina en VIMEO
  • 9.
    Penechaira ● Ampla chairacon lixeiras ondulacións e sen relevos sobranceiros resultante dun prolongado proceso erosivo, protagonizado, sobre todo, polos cursos de auga. ● Na Península Ibérica, destacan no W da Meseta as Penechairas Zamorano-Salmantina e Extremeña. Nelas, a erosión arrasou os materiais sedimentarios terciarios depositados sobre o zócolo e deixou ao descuberto as rochas paleozoicas orixinarias (granito, lousa, cuarcita). Sobre elas só destacan algúns montes-illa. Os ríos chegan a escavar fondos canóns (os Arribes do Douro) ao encaixarse nestes duros materiais.
  • 10.
    Somonte ● Area lixeiramenteinclinada situada ao pé dunha cadea montañosa e formada por materiais procedentes da erosión desta. Sinala a transición entre a cadea montañosa e as chairas ou depresións próximas. Recibe tamén o nome de somontano ou pedemonte. ● Nos bordes da Depresión do Ebro, os somontes sinalan a transicion entre as montañas exteriores da Cordilleira Pirenaica (ao N) e o Sistema Ibérico (ao S.). Neles a erosión deu lugar á formación de mallos (torreóns rochosos individualizados pola erosión) e hoyas (depresións erosivas escavadas nos materiais máis brandos).
  • 11.
    Tectónica de placas ●A teoría da tectónica de placas sostén que a litosfera está composta por unha serie de placas ríxidas que se moven constantemente. Estas placas flotan sobre a astenosfera, capa semifluída do manto. Nela, os materiais adquiren unha posición diferente en función da súa temperatura xerando unhas constantes correntes convectivas. ● Partindo destes presupostos, a interacción entre as placas (diverxencia, converxencia, deslizamento-transformación) explicaría as oroxenias, o vulcanismo ou os fenómenos sísmicos. Animación explicativa en EDUCASTUR