Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

VOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍA
IES ELVIÑA
Apartado 1. Introdución. Organización territorial
OS TERMOS MARCADOS EN VERMELLO ENTRAN NAS PAU
Xeografía: Nun senso amplo pódese dicir que é a ciencia que estuda a superficie terrestre
considerada como morada do home.
Xeografía física: parte da xeografía xeral que analiza os feitos que configuran as paisaxes
terrestres nos seus aspectos inorgánicos e orgánicos marxinando os debidos á acción humana,
salvo como alteradores dos primeiros. Tradicionalmente estudia o sistema Terra a traverso dos
subsistemas atmósfera (tempo e clima); litosfera (formas do relevo); hidrosfera (augas, ríos lagos e
mares); edafosfera (composición do chan) e biosfera (vexetais e animais). Os feitos estudiados
nelas están na base das realizacións humanas, en canto as condicionan en maior ou menor medida
do mesmo xeito que o home o fai sobre eles.
Esta concepción analítica e sistemática de facer o estudo xeográfico, vese superado polo novo
enfoque ecoxeográfico onde o plantexamento inicial é formular a interacción dos elementos físicos
coa relación do ser humano. O profesor Tricart é o máximo expoñente desta tendencia. En Galicia,
pódense considerar como exemplo deste modelo ós profesores Augusto Pérez Alberti e Xosé
Manuel Souto.
Xeografía humana: parte da xeografía que estudia a diferenciación da paisaxe cultural (modificada
pola acción do home) así como as relacións do home e o medio. En realidade, a xeografía humana
seguíu a mesma evolución da xeografía e no momento presente é un concepto demasiado amplo
que engloba campos tan variados e que constitúen ramas moi variadas como a xeografía cultural,
económica, social, da poboación, urbana... A concepción ecoxeográfica ven de superar esta
división da disciplina nestas dúas áreas descriptivas, integrándoas e interrelacionándoas como
sinalamos na definición anterior.
Rexión: división espacial básica na xeografía que vén definida por uns trazos físicos, humanos ou
económicos que lle dan cohesión interna a un territorio. O concepto de rexión é moi amplo e
indefinido, e pode ter distintas concepcións segundo os criterios utilizados. Por exemplo, pódese
falar de rexión natural (onde hai uniformidade do medio físico), rexión económica (área
particularizada por unhas relacións económicas coherentes), rexión histórica (onde a unidade vén
dada por un pasado que configura unha personalidade propia), rexión administrativa (definida por
límites xurídico-administrativos), rexión industrial... A indeterminación prodúcese tamén no referente
á escala. Pódese falar de rexión dun nivel nacional ata un nivel mesmo supranacional (por exemplo,
a rexión atlántica). Na xeografía tradicional posibilista da escola francesa de Vidal de la Blanche, a
rexión, concebida dun xeito integral, era o obxecto de estudo –aparecen as grandes monografías
rexionais-, sendo un dos problemas principais establecer os límites da rexión que se pretende
analizar.
Estatuto de autonomía: norma básica (lei orgánica) das distintas comunidades autónomas do
Estado Español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos
recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos
autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.
Parroquia: división administrativa menor a un concello, integradas por varias aldeas (propias de
Galicia e algúns concellos de Asturias. O estatuto de autonomía galego concédelle personalidade
xurídica.
Provincia: é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó
territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división
administrativa antedita.
Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo
tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.
A actual división provincial española data de 1833, e divide ao Estado en 50 provincias.
Segundo a Constitución española a provincia é unha entidade local con personalidade xurídica
propia, definida pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das
actividades do Estado.
Comunidade autónoma: unidade territorial que conta cun certo grao de autogoberno, inscrita
Vocabulario de xeografía de España 3
nunha unidade territorial ámbito maior e soberana que é o Estado. Forma parte do modelo de
descentralización política e administrativa que adoptan algúns estados e que se aplica en España a
partir da entrada en vigor da Constitución no ano 1978. Dita lei recoñece o dereito á autonomía das
nacionalidades históricas e rexións que integran o Estado español. As comunidades autónomas
réxense por un estatuto aprobado polo Parlamento españo e ratificado en referendo. Nel recóllense
as competencias asumidas por cada CC.AA. e a organización administrativa do seu territorio,
ficando nas mans do Estado certas competencias, sendo o resto traspasadas ás comunidades a
través dun proceso de transferencias, durante o cal poden xurdir certos conflictos. Galicia,
nacionalidade histórica, é unha das 17 comunidades autónomas que conforman o España,
contando cun Parlamento que a súa vez escolle ó presidente do Consello de Goberno, chamado
neste caso Presidente da Xunta de Galicia (poder executivo). Dende o punto de vista xudicial ás
comunidades autónomas teñen os denominados Tribunais Superiores de Xustiza de cada
comunidade autónoma, aínda que, Andalucía ten dous.
Concello: estrutura básica de administración local. En España existen máis de 8.000 concellos dos
cales máis de 300 sitúanse en Galicia.
Unidade 2. O Relevo da Península Ibérica
Atmosfera: capa gasosa que envolve a Terra, constituída por nitróxeno (77%), osíxeno (21%), vapor
de auga (0 a 4%), dióxido de carbono, partículas sólidas en suspensión e gases nobles (argón, enón,
criptón, xenón, metano, helio, hidróxeno...) o conxunto denomínase aire. A atmosfera está formada
por varias capas: troposfera, mesosfera, estratosfera. A primeira delas, a troposfera, é a máis
cercana á Terra e é onde se desenvolven practicamente a totalidade dos fenómenos meteorolóxicos.
Biosfera: área da Terra e da súa capa gasosa envolvente onde se desenvolve a vida dos seres que
habitan nela. Está configurada por tres capas: a litosfera (na súa parte superficial), a hidrosfera
(augas) e a atmosfera (capa gasosa envolvente).
Hidrosfera: parte da Terra configurada pola auga nos seus diversos estados (líquido, sólido e
gasoso). É o conxunto de augas que forman os mares e océanos, os lagos, os casquetes polares, os
glaciares, as augas subterráneas e o vapor de auga que hai na atmosfera.
Litosfera: capa ríxida constituínte do globo terráqueo, sitúada por riba da astenosfera, viscosa, que
abrangue algunhas decenas de quilómetros de espesor ata a superficie (nela inclúese a codia
terrestre e a parte máis externa do manto).
Albufeira: lagoa litoral de auga salgada ou lixeiramente salobre, separada do mar por unha lingua ou
cordón de areas pero en comunicación co mar por un ou máis puntos. A súa formación adoita
deberse á colmatación dunha antiga baía por sedimentos mariños ou fluviais.
Alí onde as mareas non son moi acusadas e a area deposítase nunha longa lingua próxima á costa
fórmanse albufeiras longas e lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por
unha barra de area.
Alóctono: chámase así o solo formado por un material procedente dun lugar diferente de onde está.
Aluvión: particula sedimentaria transportada por un curso fluvial ata formar un deposito sedimentario.
Os cantos rodados son un exemplo de materiais de aluvión.
Anticlinal: pliegue con concavidade orientada cara o interior do globo, e orixinado pola actuación de
forzas tectónicas compresivas.
Bad land: paisaxe en zonas áridas, formado or numerosos barrancos de paredes verticais.
Campiña: chaira baixa onde se alternan capas de arxila, arenitas e outras rochas sedimentarias, e
que se caracterizan pola suavidade do seu modelado, con alternancia de lomas e vaguadas e por
estar formada por varios niveis de terrazas fluviais escalonadas que soportan un intensivo
aproveitamento agrícola.
Na Meseta Central española atópanse claros exemplos (cobertera formada por materiais
sediemtarios) sobre zócolo primario.
Vocabulario de xeografía de España 4
Cantil: zona da costa escarpada e rocosa, de paredes verticais, a causa da erosión do mar.
Cerro testigo: colina illada, testemuña da evolución e retroceso dun relevo de plataforma ou en
costa. A pervivencia deste se produce pola existencia dunha rocha sólida no seu cumio.
Cordilleira: serie de montañas formadas por movementos oroxénicos, que pregaron ou fracturaron
os materiais que a compoñen e onde o conxunto presenta caracteres xeolóxicos e estructurais
comúns.
Costa: espacio lindante entre o mar e a terra en constante transformación debido á abrasión do mar.
Circo: cubeta de erosión glaciaria en zonas montañosas, limitada por escarpas rocosas.
Deriva continental: teoría fundamentada por Wegener a comenzos deste século que afirma que as
placas continentais, que flotan sobre a sima, de maior densidade, deprazándose (ver os apuntos
para saber máis*)
Delta: (véxase hidrografía)
Dolina: depresión pechada, máis ou menos circular, de profundidade e diámetro variables (dende
uns poucos metros ata un centenar), propia das rexións calcáreas e asociada a procesos de
disolución. No seu fondo acumúlanse materiais coluviales, especialmente terra rossa, arxilas
avermelladas de descalcificación.
Normalmente orixínase a partir dun sumidoiro, punto no que unha corrente superficial fíltrase cara ao
interior da terra nun terreo calizo. Cando varias dolinas únense dan lugar ás chamadas uvalas, que
presentan unhas maiores dimensións e un contorno sinuoso. En España algúns autores fan
sinónimos os termos dolina e torca, aínda que outros prefiren reservar este segundo para aludir a
dolinas de afundimento, algunhas ocupadas por charcas permanentes ou temporais no seu fondo.
Constitúen formas típicas do relevo cárstico (véxase Modelado calizo).
Na península Ibérica pódense atopar numerosos exemplos de torcas escavadas sobre material
calizo, como no Parque natural Cidade Encantada, nas Torcas (ambos os situados na provincia de
Cuenca, en Castela-A Mancha) ou na Paraxe natural do Torcal de Antequera (na provincia de
Málaga, Andalucía).
Diaclasa: fractura que non supón o desplazamento dos bloques afectados.
Edafoxénese: proceso que intervén na evolución progresiva dun substrato rochoso ata a
configuración dun determinado tipo de chan. É un fenómeno complexo mediante o cal se xeran toda
unha serie de procesos fisicoquímicos e biolóxicos que favorecen a alteración e disgregación das
rocas superficiais ( roca nai) e na formación dun solo.
Erosión: acción e efectos producidos basicamente por tres axentes: o vento, a auga e o xelo. (a
calor tamén), que van actuando lentamente sobre os elementos que resaltan do relevo, ata que co
tempo chegan a modificar a súa forma. No ciclo erosivo participan tres proceso: erosión
(propiamente dito), transporte e sedimentación. Á erosión de vertentes se lle denomina erosión
areolar, á erosión dos ríos se lle denomina: erosión lineal.
Erosión diferencial: erosión producida en áreas onde a topografía é inicialmente similar (unha
chaira) pero os materiais da base (que están distribuídos estratigraficamente) son diferentes (por
exemplo cuarciña e pizarra). A erosión fará surcos nos estratos pizarrosos, mentres nos estratos
onde hai cuarzo, formaranse crestóns. Este tipo de relevo xenerado tamén se denomina relevo
Apalachense.
Estrato sedimentario: cada unha das capas de características uniformes e diferenciadas doutras
capas que son parte integrante dunha rocha sedimentaria. Os rasgos distintivos poden ser:
composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. Entre dous estratos contiguos hai
unha solución de continuidade ben definida que se coñece como plano de estratificación.
Estrutura alpina: estructura tectónica de plegamento que presenta plegues convexos (anticlinais) e
outros cóncavos (sinclinais). É propio de montañas xoves creadas durante a denominada oroxenia
Vocabulario de xeografía de España 5
alpina na era terciaria. O Sistema Bético e parte da cordilleira dos Perineos e modelo desta
estructura.
Estrutura saxónica: estructura onde se alterna a tectónica de plegamento coa de fallas. A este tipo
de montañas tamén se lle denomina como intermedias. O Sistema Ibérico é un exemplo desta
tectónica dentro da Península Ibérica.
Estrutura xermánica: estructura tectónica de fracturas que presenta bloques levantados (horst) e
bloques afundidos (fosa tectónica ou graven). É propia de macizos antigos. É propio da oroxenia
herciniana ou doutras anteriores (huroniana ou caledoniana). O macizo hespérico (situado na
franxa occidental peninsual onde se integra o Macizo Galaico) sirve de modelo.
Falla: ruptura dunha superficie en dous ou máis bloques, dislocados por movementos diferenciais de
desplazamento máis ou menos vertical.
Fractura: cando os materiais que reciben presións de movementos de placas tectónicas laterais, son
antigos, emerxidos en paroxismos anteriores, máis duros e menos flexibles, estes materiais xa non
se pliegan, rachanse, fractúranse deixando bloques fundidos ou fosas tectónicas e zonas en resalte
ou horst. O Sistema Central ou o Macizo Galaico son un exemplo.
Fosa tectónica: ou graven é unha longa depresión limitada en ambos os lados por fallas paralelas
levantadas (horst) entre as cales o terreo se afundiu por efecto de forzas internas.
Foz: cavidade vertical, paso estreito entre montañas escavado por un río.
Glaciar: masa de xeo acumulada por riba do límite de neves perpetuas, dende onde se despraza val
abaixo en forma de lingua ata que a ablación a vai consumindo. O modelado glaciar produce
linguas e circos glaciares.
Graven: véxase fosa tectónica.
Horst: tamén coñecido como pilar tectónico. Bloque levantado, delimitado por un ou varios lados
por fallas e relativamente saínte con respecto ó contorno.
Isohipsa: en cartografía, liña que une puntos de igual altitude. Véxase curva de nivel.
Lapiás: superficies rochosas con numerosas canalizacións e sucos.
Litoloxía: parte da Xeoloxía que estuda as rochas.
Macizo: relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos.
Conxunto de relevos montañosos.
Magma, magmatismo: proceso magmático. O magma é a masa de roca fundida baixo a superficie
da Terra, a moi elevadas temperaturas e a enormes presións. Cando se solidifica baixo a codia
terrestre dá lugar a rochas intrusivas ou plutónicas, e se alcanza a superficie convírtese en lava que,
por solidificación da lugar a rochas extrusivas, eruptivas ou volcánicas.
Manto de corremento: conxunto de pliegues que sufriron unha presión orogénica tan intensa que
foron desprazados do lugar no que se sedimentaron. Véxase alóctono.
Meseta: superficie cha de importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculda, elevada con
respecto ó nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia tan só colinas ou
cerros testigos.
Metamorfismo: transformación que sufren as rochas no interior da codia terrestre a consecuencia de
cambios de temperatura e presión, coa introducción de gases e disolucións. As novas rochas
orixinadas (rochas metamórficas) sufren na transformación (química-mecánica) un cambio de
estructura, de textura ou de composición mineral.
Vocabulario de xeografía de España 6
Modelado kárstico: nome derivado da rexión de Karst que indica o modelado sobre rochas calizas
producido pola disolución da mesma ante augas con alto contido en CO2, e por tanto disolvendo a
cal en bicarbonatos cálcicos e creando formas peculiares como dolinas, uvalas, lapiaces ou poljes.
Morrena: forma de acumulación glaciaria caracterizada porque os seus depósitos ó revés do que
sucede nos solos, non están estratrificados (mestúranse gravas, limos e arxilas), non teñen tamaños
homoxénos e presentan formas angulosas. Distinguimos, segundo o lugar que ocupan, morrenas
laterais, constituídas por materiais arrincados ás paredes do val ou que caeron sobre o glaciar;
morrena central, cando conflúen as morrenas laterais; morrena interna, a transportada no interior do
glaciar; de fondo...
Oroxénese: proceso de dobramento e formación de oróxenos ou cordilleiras.
Oroxenia: período xeolóxico durante o cal se forman as cordilleiras. As oroxenias máis importantes
foron a herciniana na era primaria hai uns 300 millóns de anos e a alpina (era terciaria) hai 60 millóns
de anos.
Oroxenia herciniana: creación de montañas na era primaria ou paleozoica dentro do período
devónico ó carbonífero hai 300 millóns de anos. Como os materiais son moi antigos e ríxidos,
posteriores oroxenias fixeron que respondesen fracturándose. As elevacións do sector occidental da
Península Ibérica pertenencen a esta oroxenia.
Oroxenia alpina: creación de montañas na era terciaria ou cenozoica dentro do período do
paleóxeno hai 60 millóns de anos. Como os materiais son moi recentes e maioritariamente
sedimentarios, responderon á tectónica de plegamento. Os relevos máis vigorosos da península
pertenencen a esta oroxenia como son os Pirineos e o Sistema Bético.
Panxea: nome asignado por Alfred Wegener para definir ó supercontinente formado pola unión de
tódoos continentes actuais. Os xeólogos distinguen dúas Panxeas: Panxea I: dende o inicio da Terra
ata que empezou a fragmentarse ó inicio da era primaria para logo volverse a unir durante o período
Carbonífero: Panxea II.
Páramo: superficie de erosión ben constituída que pode estar fosilizada por potentes estratos
sedimentarios. Caracterízase por unha, máis ou menos, elevada altitude cunha clara tendencia á
planitude por amosar solos pouco desenvolvidos, rochosos ou pedregosos, e por unha escasa
vexetación. Terreo ermo, raso e desabrigado.
Paroxismo: período de máxima intesidade nun movemento oroxénico.
Penechaira: chairas case uniformes producidas pola erosión continua durante millóns de anos.
Relevo pouco diferenciado, semellante a unha chaira suavemente ondulada con amplos vals en
forma de artesa (“U”) resultado dun ciclo normal de erosión característico de longos períodos de
calmas tectónicas como o que transcurre entre os movementos hercinianos e alpinos, ou dende este
último ata a actualidade. A parte occidental da Meseta Central está configurada desta maneira.
Penedos (berrocais): zona de pedras graníticas de formas máis ou menos redondeadas. Tamén
reciben o nome de paisaxe de bolas ou bloques. En Galicia e no Sistema Central afloran moito este
tipo de modelado nas rochas graníticas por erosión da codia diaclasada.
Perfil topográfico: liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas
levantadas a partir dun mapa onde están representadas as isohipsas ou curvas de nivel.
Periglaciar: sistema de erosión caracterizado pola actividade da auga alternada coa do xeo e o
desxeo, responsable das formas de modelado que atopamos no dominio do seu mesmo nome, que
se localiza nas marxes do dominio glaciario. Nas Serras dos Ancares, Meira, Queixa... existen moitos
exemplos deste modelado.
Placa Tectónica: dícese dos casquetes esféricos, ríxidos, nos que se subdivide a codia terrestre* e
parte do manto*. As placas mobilízanse unhas respecto ás outras. O conxunto de materiais que
forman as placas denomínase litosfera.
Vocabulario de xeografía de España 7
Pregamento: flexión de materiais plásticos durante unha oroxenia.
Polxé: depresión de tipo cárstico delimitada por barrancos abruptos.
Regresión mariña: retroceso do mar nos períodos de glaciacións ó descender o nivel deste.
Relevo apalachense: véxase erosión diferencial.
Rocha arxilosa: rocha sedimentaria de orixe detrítico.
Rocha caliza: rocha sedimentaria de orixe químico.
Rocha ígnea: rochas de orixe interno por consolidación do magma no interior da Terra. Poden ser
intrusivas ou plutónicas se cristaliza o seu magma no interior da codia terrestre como por exemplo
o granito, peridotita, gabros... ou extrusivas ou volcáncias: se o seu magma é explusado ó exterior
e non cristalizan no interior da Terra como por exemplo o basalto.
Rocha metamórfica: rochas afectadas polo metamorfismo* como por exemplo o mármore, pizarra,
xisto, cuarciña, gneis...
Rocha sedimentaria: rochas creadas polo proceso de erosión doutros materiais: poden ser
clásticas ou detríticas se a alteración e mecánica: conglomerados, areica, areas, arxilas... Se
alteración é química: caliza, xeso, sales... Se a alteración é orgánica (descomposición de seres
vivos animais ou vexetais): carbóns, petróleo...
Rocha silícea: rochas con ph ácido onde predominan o mineral sílice e o aluminio por exemplo o
granito.
Sedimentación: proceso de acumulación de detritos ocasionados pola erosión.
Serra: liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de cristas dentadas orixinadas
por un pregamento.
Sinclinal: parte da prega que se fonde e que en xeral presenta unha forma de cunca. Concavidade
cara o exterior da terra.
Somontano: o termo signfica ao pé do monte. Trátase dunha zona de transición entre unha
montaña e a área máis baixa dunha depresión. O exemplo máis destacado (que tamén dá nome a
unha comarca aragonesa) sería o espazo de transición entre o Prepireneo e a depresión do Ebro. Os
solos desta área contén rochas sedimentarias (areísca e arxila) así como rocha calcárea e material
aluvial. Presenta escasa fertilidade e boa drenaxe. A altitude oscila entre os 350 e 650 metros.
Subducción: dícese dunha placa tectónica que se introduce por debaixo doutra.
Tectónica de placas: é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis
fría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o
manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, as súas
direccións e interaccións.
Transgresión mariña: inundación da auga do mar nos momentos dos desxeos das grandes
glaciacións na era cuaternaria. A inundación dos fiordos e das rías débese a este tipo de episodio.
Xeoloxía: ciencia que estudia a orixe, formación, estructura e historia da Terra.
Xeosinclinal: surco ou depresión da codia terrestre onde se van acumulando grande cantidade de
sedimentos, que posteriormente son levantados e plegados. Os xeosinclinais habitualmente forman
parte das grandes cubetas sedimentarias mariñas que, conforme van acumulando sedimentos,
siguen procesos de subsidencia ou afundamento ata que as placas tectónicas inician un proceso de
empuxe que permite aflorar os sedimentos en formas plegadas.
Vocabulario de xeografía de España 8
Zócolo: masa de materiais antigos consolidados, que sirven de superficie de soporte dos materiais
sedimentarios e cando afloran dícese del que é unha superficie de erosión.
Apartado 2. O clima
Anemómetro: Instrumento que mide a velocidade ou a forza do vento, cando é capaz de rexistralo
chamáselle anemógrafo.
Anticiclón ou alta presión: campo atmosférico que supera os 1013 mb. Este individuo isobárico
aparece cartografíado nos mapas sinópticos de situación en superficie con series isobáricas
concéntricas de formas case circulares e espaciadas onde vai diminuíndo a presión do interior ó
exterior. A circulación atmosférica, que ten orixe nestes centros, desprázase no hemisferio Norte no
sentido das agullas do reloxo (dende o interior cara o exterior) namentres que, no hemisferio Sur o fai
en sentido contrario (Leis Buys-Ballot). A presencia destes centros é sinal, polo xeral, de tempo
estable seco e cálido nos meses de verán e frío e seco en inverno. A súa orixe pode ser dinámica ou
térmica.
Anticiclón dinámico: dícese daquelas altas presións que teñen a súa orixe nos centros de acción
da circulación xeral atmosférica (o Anticiclón das Azores é un exemplo con respecto a Europa e a
Península Ibérica en xeral) (de desenvolvemento zonal)
Anticiclón térmico: xenerado no interior dos continentes, a ras de solo, cando a situación térmica e
moi fría creando unha alta presión onde o aire ascende verticalmente (Anticiclón siberiano en
inverno) (de desenvolvemento vertical)
Aridez: insuficiencia de auga no solo e na atmosfera. Depende da relación que hai entre a
precipitación e a temperatura. Así, é maior canto menor é o volume de precipitación e canto máis alta
é a temperatura. Para calcular a aridez, existen diversos índices como o de Gaussen ou De
Martonne por exemplo.
Atmosfera: capa gaseosa que envolve a Terra, constituída por nitróxeno 77%, osíxeno 21%, vapor
de auga (0 a 4%), dióxido de carbono, partículas sólidas en suspensión e gases nobles (argón, enón,
criptón, xenón, metano, helio, hidróxeno...) o conxúnto denomínase aire. A atmósfera está formada
por varias capas: troposfera, mesosfera, estratosfera. A primeira é a máis cercana á terra e é onde
se desenvolven tódolos fenómenos meteorolóxicos.
Barlovento: fachada xeográfica que mira cara onde sopla o vento (de procedencia
fundamentalmente marítima). A fachada oposta á dirección do vento se di que está a sotavento.
Barógrafo: Instrumento que rexistra ou inscribe as variacións da presión atmosférica.
Barómetro: instrumento medidor da presión atmosférica. O barómetro de mercurio ou de Torricelli
a sinala mediante o contraste entre o peso do ar e o dunha columna de mercurio, o facer variar aque
a altura deste. O barómetro aneroide ou de Vidie, indica a presión a través da contracción ou
expansión dunha cámara metálica ó bacía. As súas variacións son transmitidas por múelle e unha
agulla sobre unha escala graduada.
Borrasca: área de baixa presión (no mapa de superficie inferior a 1013 mb ou 760 mm de mercurio).
Na súa representación cartográfica as isóbaras debuxan formas elípticas concéntricas a partir dun
punto interior no que se rexistra a presión máis baixa (centro da borrasca) crecendo ésta cara a
periferia.
Constitúen áreas de inestabilidade e de atracción de ventos, que xiran no hemisferio norte no sentido
contrario ás agullas do reloxo. Producen un tempo inestable, ventoso e chuvioso.
Carácter zonal: perturbacións atlanticas ligadas á ondulación do frente polar, orientanse de oeste a
este dende as costas de América do Norte cara o occidente europeo.
Cicloxénese: zona de xénese ou nacemento de perturbacións ou borrascas.
Circulación xeral atmosférica: desprazamento do aire na atmosfera (con caracter global) dende os
centros de alta cara as baixas presións.
Existen dous tipos de cirulacións: en superficie, é decir, na atmosfera situada a poucos metros da
superficie terrestre e que esta ordenada polos cinturóns de altas e baixas presións que se sitúan en
Vocabulario de xeografía de España 9
distintas áreas latitudinais. E en altura (entre os 5.000 e 11.000 metros) xenerada pola corrente en
chorro.
Convección: transmisión de calor por contacto. Do chan á capa de aire que están sobre el.
Choivas convectivas: precipitacións provocadas por un forte caldeamento da capa baixa da
troposfera. O ascenso subseguinte provoca o arrefriamento, a condensación e, finalmente a
precipitación.
As tormentas estivais soen ser consecuencia deste mecanismo.
Clima: conxunto de tempos atmosféricos que se dan nunha área xeográfica determinada e que se
repiten de maneira cíclica (períodos de máis de 30 anos)
Corrente en chorro (jeat stream): Fluxo de aire que se despraza a unha velocidade comprendida
entre 150 a 250 km/h nunha altitude entre os 5.000 e 11.000 m. Circula entre os 40 e 60º de latitude
en dirección oeste-este unindo as altas presións tropicais coas depresións subpolares.
Efecto föehn ou choivas oroxéncias: precipitación producida nas ladeiras das montañosa sitúada
a barlovento cando unha masa de aire cálido e húmido é forzada a ascender para salvar ese
obstáculo. Isto fai que o vapor de auga se enfríe e sufra un proceso de condensación ou sublimación
onde se forman nubes e choivas. Mentres que, na ladeira situáda a sotavento, o aire xa seco e cálido
descende rapidamente quentándose a medida que descende e cun humidade sumamente escasa. O
efecto Föehn é o proceso descrito nas ladeiras de sotavento e resulta ser un vento "secante" e moi
quente.
Elemento climático: cada un dos actores que participan nas condicións atmosféricas ou climáticas:
precipitación, temperatura, presión atmosférica...
Factor climático: ver apuntes. Factores astronómicos: relativos ós movementos da Terra respecto
ó Sol, e ás consecuencias que deles se derivan respecto ó reparto enerxético segundo a latitude que
se ocupe no planeta. Mostran a importancia da inclinación dos raios solares sobre un lugar, así como
a duración dos días e das noites. Factores dinámicos: relativos á circulación atmosférica, en
especial a que nos afecta: masas de aire, borrascas e anticiclóns (centros de acción), frentes.
Factores xeográficos: posición xeográfica dos grandes dominios próximos, para centrarnos
seguidamente na configuración, o relevo, o sustrato litolóxico e a acción antrópica.
Fronte. Fronte cálido. Fronte frío. Fronte ocluído: área de contacto de dúas masas de aire de
características diferentes. A fronte pode ser fría cando a masa de ar fría alcanza unha quente.
Debúxase cunha liña con cuñas. Quente, cando unha masa quente alcanza a unha fría. Debúxase
cunha liña con semicírculos. Ocluída cando converxen as dúas frontes anteriores. Debúxase
alternando unha cuña e un semicírculo.
Gota fría: situación orixinada nunha corrente en chorro polar ou jet stream cando ten unha
traxectoria moi ondulada que pode producir o estrangulamento dunha valgada quedando así aillada
unha masa de aire frío de orixe polar no medio de aire de orixe tropical.
A pinga fría, que conserva o seu xiro ciclónico, convértese nunha baixa presión en altura, o que
produce inestabilidade e favorece a convección. A gota fría será máis importante canto maior sexa a
temperatura en contacto coa superficie terrestre e provoca unha forte inestabilidade con nubes de
máis de 10 km de altura.
Esta situación prodúcese fundamentalmente, nas estacións equinociais, principalmente nos primeiros
días de outono provocando fortes precipitacións nas áreas afectadas.
Inversión térmica: situación atmosférica anómala na que a temperatura do aire é máis frío no solo
ca en altura. É típica de inverno, en situación anticiclónica (irradiación nocturna invernal), en lugares
cuxa topografía favorece o estancamento do aire durante varios días, como os fondos dos vales e as
concas intramontañosas. Nestes lugares o arrefriamento nocturno do solo transmíteselle ao aire que
está inmediatamente enriba, que se volve máis frío que o das capas altas. Adoita provocar néboas
baixas e orballo ou rosada ao amencer. A inversión tamén pode ser de fronte ao introducirse unha
masa de aire fría por debaixo dunha cálida.
Vocabulario de xeografía de España 10
Isóbara: liña que une puntos de igual presión atmosférica.
Isohieta: liña que une puntos de igual precipitación.
Isoterma: liña que une puntos de igual temperatura.
Jet stream ou corrente en chorro: fluxo de aire que se despraza a unha velocidade comprendida
entre 150 a 250 Km/h nunha altitude entre os 5.000 e 11.000 m. Circula entre os 40 e 60º de latitude
en dirección oeste-este unindo as altas presións tropicais coas depresións subpolares.
Microclima: clima local de características distintas ás da zona en que se atopa. O microclima é un
conxunto de situacións atmosféricas que caracterizan unha contorna ou ámbito reducido.
Os factores que o compoñen son a topografía, temperatura, humidade, altitude-latitude, luz e a
cobertura vexetal.
Presión atmosférica: peso exercido polo aire atmosférico sobre a superficie da Terra. Mídese
mediante un barómetro ou barógrafo, en milibares (mb) que son unidade de peso por unidade de
superficie. Se cartografía mediante as isóbaras ou isolabaras. Tradicionalmente a presión se media
en (mm) de mercurio (torr) , ou mm de altura a que o peso do aire equlibra unha columna de
mercurio de 1 cm2 de sección, hoxe en día este sistema foi abandonado practicamente, por canto o
torr en definitiva non deixa de ser unha unidade de lonxitude e non de peso por superficie. A presión
media normal ó nivel do mar e a 15ºC de temperatura é de 1013,3 mb ou 760 mm de mercurio, que
equivalen a un peso de 1033,2 gramos por cm2.
Posto que a maior parte do aire atmoférico atópase nas capas baixas e vai enrarecéndose
rapidamente coa altura, a presión vai disminuído cada vez máis lentamente para iguais tramos. Así
os 850 mb atópanse ós 1380 m de altitude; os 700 mb ós 2910 m. 500 mb a 5500 m de altitude. 300
mb ós 9100 m; os 200 mb, cara os 11900 m; 100 mb ós 16300 m.
Solaina: denominase xeralmente ás ladeiras ou vertentes dunha cordilleira ou zona montañosa en
xeral que reciben maior cantidade de radiación solar, en comparación coas vertentes ou ladeiras de
umbría.
Sotavento: (véxase barlovento)
Tempo: Estado da atmosfera nun momento e lugar concreto, ou durante un breve período de tempo
cronolóxico (días, semanas, meses, anos) referido ós diversos elementos climáticos. É un estado
variable máis cambiante que o clima.
Umbría: denominase xeralmente ás ladeiras ou vertentes dunha cordilleira ou zona montañosa en
xeral que reciben menor cantidade de radiación solar, en comparación coas vertentes ou ladeiras de
solaina. Como consecuencia a súa vexetación será moito máis pobre e diferente que a doutra
vertente.
Apartado 3. Hidrografía.
Acuífero: rico en auga. Calquera área do planeta que ten reservas deste elemento básico para a
vida.
Aforo: medida de volumes. Aplícase á avaliación ou medida da auga dos ríos.
Albufeira: Lagoa litoral formada por auga salgada e separada do mar por un cordón ou restinga no
que se abren bocas que a comunican con el.
Arrastre: materia sólida que leva un curso de auga.
Augas soterráneas ou freáticas: augas que circulan por debaixo da capa superficial da terra que
nunca sobrepasan os 30 m. de profundidade. Son aproveitadas polo home, que as extrae por medio
de pozos.
Vocabulario de xeografía de España 11
Avenida: aportación rápida e máis ou menos violenta e catastrófica da auga nun cauce ou val fluvial,
por encima dos volumes habituais. Tamén enchente.
Bacía fluvial ou conca fluvial: Todo espacio que drena as augas que van parar a un determinado
río. Tamén todo o espacio onde os ríos verten a un mesmo mar ou océano.
Canón: val profundo de vertentes abruptas, excavado nunha rexión calcárea por un curso de auga.
Cauce: espacio de circulación da auga dun río.
Caudal absoluto: cantidade de auga, expresada en hm
3
, que un curso de auga evacúa ó longo dun
ano ou outra unidade de tempo, aínda que é o ano a que normalmente se utiliza. Caudal medio:
m
3
/seg.
Caudal relativo: poñendo en relación o caudal medio anual expresado en litros/segundo, cos km
2
da
conca vertente e serve para comparar ríos. Para calcular o caudal relativo dun río, hai que pasar de
m
3
/seg a l/seg multiplicándoos por mil e dividir esta cifra entre a superficie da conca. En xeral, un
módulo considérase escaso se é inferior a 5; medio se está entre 5 e 15 e elevado, se é superior a
15.
Conca, cunca ou bacía fluvial ou hidrográfica: territorio drenado por un único sistema de drenaxe
natural, é dicir, que drena as súas augas ao mar a través dun único río, ou que verte as súas augas a
un único lago endorreico. Unha conca hidrográfica é delimitada pola liña dos cumes, tamén chamada
divisoria de augas. O uso dos recursos naturais regúlase administrativamente separando o territorio
por concas hidrográficas, e con miras ao futuro as concas hidrográficas perfílanse como as unidades
de división funcionais con máis coherencia, permitindo unha verdadeira integración social e territorial
por medio da auga.
Corga: leito que está seco gran parte do ano, incluso varios anos, pero ante unha precipitación
copiosa pode levar un elevada caudal de auga. Tamén rambla.
Delta: forma de acumulación aluvial localizada na desembocadura dun río. Véxase o delta do Ebro.
Divisoria de augas: liña que separa dúas concas hidrográficas.
Enchente: tamén chamada avenida, é o rápido aumento do nivel de auga que descende por un
curso fluvial.
Endorreico: espacio onde o drenaxe non flúe ó mar.
Esteiro: extensión mariña próxima á desembocadura dun río, na que as interaccións do mar e do río
son notables; as daquel mediante o mecanismo das mareas, as de éste polo importante aporte de
auga doce. Isto, por unha banda, senta as bases dun ecosistema moi peculiar. Ofrece modalidades
de erosión/deposición moi peculiares tamén xa que as mareas arrastran mar adentro sedimentos que
o río deixa no propio esteiro. Por iso o esteiro é un fenómeno xeomorfolóxico oposto ó delta.
Estiaxe: Caudal mínimo dun curso de auga. Nivel máis baixo das augas dun río estacionalmente,
pode coincidir ou diferir, en maior ou menor medida, co mínimo anual de precipitacións.
Exorreico: espacio onde a drenaxe chega ó mar.
Hidrosfera: Parte da terra cuberta de auga ou xeo. Entre a hidrosfera e a atmosfera establécese o
ciclo biolóxico.
Infiltración: movemento descendente da auga no solo ou nas rochas.
Inundación: proceso extraordinario polo que as augas de chuvia dun río ou incluso do mar, alcanzan
lugares non habituais e con diferentes caracteres catastróficos.
Vocabulario de xeografía de España 12
Marea: oscilación vertical, periódica e alternativa de grandes masas de auga de mar, orixinada polas
forzas de atracción da lúa e do sol, en combinación co movemento de rotación da terra. Os seus
niveis máximos e mínimos reciben o nome de preamar ou chea, e baixamar ou baixa.
Marisma: terreo lixeiramente deprimido con respecto ó nivel do mar que resulta asolagado polas
augas mariñas cando sobe a marea. As marismas tamén poden estar situadas nunha zona de esteiro
e verse afectadas por aportes fluviais.
Leito: ver cauce.
Nivel freático: superficie superior da zona de saturación nas rochas permeables. Este nivel varía
estacionalmente. Cando corta a superficie terrestre pode dar orixe a fontes, filtracións, pantanos ou
lagos.
Rambla: leito natural por onde as augas corren só cando as choivas son o bastante copiosas. Son
os cauces típicos dos países áridos, que só chove circunstancialmente, como moitos dos noso litoral
Mediterráneo. Tamén corga.
Rede fluvial: conxunto formado por un río principal e os seus afluentes e os cursos de auga
tributarios destes últimos. O deseño en planta da rede hidrográfica traduce algúns condicionantes
lito-técnicos, á vez que sirve de criterio de clasificación: rede dentrítica ou arbórea: caracterizada
porque os afluentes desembocan no río principal formando un ángulo agudo; é propia de rochas
masivas e de rochas incoherentes que non impoñen un trazado estrutural da rede. Rede radial, na
que os ríos afluentes se dispoñen radialmente, diverxendo ou converxendo. (Exemplo cráter
volcánico). Rede anular e rede rectangular.
Réxime fluvial: ritmo da variación ou oscilación cíclica da caudalosidade dun río durante un ano. Os
aportes dun río poden ser de orixe pluvial ou nival; ou tamén estes dous convinados. Existen gráficas
para analizar este tipo de alimentación e esta periodización.
Ría: val fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade polas augas do mar. Ver apuntes do relevo
para ver a clasificación da orixe das rías galegas.
Terraza fluvial: forma de acumulación dun río orixinada pola súa actividade sedimentaria.
localizada nun val. Correspóndese cos antigos leitos fluviais abandonados e postos en resalte sobre
o cauce actual por erosión lineal.
Tómbolo: barra litoral de escasa lonxitude e superficie reducida que comunica unha illa cercana á
costa co continente. Fórmase pola acumulación de cantos, gravas e areas, que producen as ondas
refractadas ó chocaren coa illa.
Torrente: curso de auga impetuoso e violento vinculado ás choivas torrenciais. As súas partes están
constituídas por: conca de recepción, canle de desague e cono de dexección.
Vertente: pendente superficie inclinada dun relevo.
Apartado 4. Vexetación
Antrópico: relacionado cos seres humanos.
Avaliación do impacto ambiental: procedemento técnico-administrativo que serve para identificar,
previr e interpretar os impactos ambientais que producirá un proxecto na súa contorna en caso de ser
executado, todo iso co fin de que a administración competente poida aceptalo, rexeitalo ou
modificalo. Este procedemento xurídico administrativo iníciase coa presentación da memoria resume
por parte do promotor, segue coa realización de consultas previas a persoas e institucións por parte
do órgano ambiental, continúa coa realización do EsIA (Estudo de Impacto Ambiental) a cargo do
promotor e a súa presentación ao órgano substantivo. Prolóngase nun proceso de participación
pública e conclúese coa emisión da DIA (Declaración de Impacto Ambiental) por parte do Órgano
Ambiental.
Vocabulario de xeografía de España 13
Avesedo: vertente dunha montaña orientada ó norte que recibe menor cantidade de radiación solar;
polo xeral, é máis fresca e húmida.
Bioclimático: límites producidos polos factores e elementos climáticos que inciden na variación da
vexetación e da fauna dunha área concreta.
Biomasa: materia orgánica dos seres vivos que existen nun determinado ecosistema. A biomasa
vexetal, tamén denominada fitomasa, soése medir en peso de materia seca por unidade de
superficie.
Bosque caducifolio: bosque formado por arbres ou especies arbustivas predominantemente de folla
caduca.
Bosque perennifolio: bosque formado por arbres ou especies arbustivas que teñen folla que
permanece durante todo o ano.
Braña ou braño: área higrotubosa desenvolvida sobre terreos topograficamente deprimidos.
Cliserie: é un termo xeográfico que fai referencia sucesión altitudinal da vexetación nunha cordilleira.
Trátase dnha distribución graduada de tipos de vexetación diferentes, os cales están determinados
polas variacións climáticas conforme se vai ascendendo por unha vertente montañosa..
Criófila: especie vexetal adaptada ós climas fríos, á que prexudica un aumento de temperaturas.
Conífera: árbore ximnospérmica que posúen froitos en piñas e que, case sempre, levan acículas ou
follas en forma de escamas. Ordinariamente son resinosas.
Deforestación: proceso de desaparición de masas forestais (bosques), fundamentalmente causada
pola actividade humana.
A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza,
principalmente debido ás talas, tanto as realizadas pola industria madeireira, como aquelas que
pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas.
Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que
comprometen a supervivencia dos bosques, situación que se pretende controlar mediante a
esixencia de requisitos de calidade para os combustibles, como a limitación do contido de xofre.
Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos
países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os
bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento.
Desertización: enténdese o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas
dos desertos, remata adquirindo as características destes. Isto sucede como resultado da destrución
da súa cuberta vexetal e da erosión del solo. O proceso de desertización está ligado directamente á
contaminación atmosférica e a fenómenos como o requentamento da Terra.
Devesa: voz que en orixe significou terreo de pasto acotado e defendido, defesa; hoxe emprégase
con referencia a terreos principalmente pecuarios adicados a pasto, con arbolado aclarado, cercado
e máis ou menos compartimentados para ordenar o pasto, de centos a miles de hectáreas de
extensión e propios dos espacios de escasa ou nula vocación agrícola da España seca. A dehesa
máis frecuente é a de aciñeiras, aínda que tamén pode estar constituídas por sobreiras (alcornoques
en castellano), quexegos, freixos e incluso carballos. Este tipo de explotación é respetuosa co medio
ambiente, xa que supón un equilibrio entre explotación e conservación, e acabar coa competencia
dos regadíos que a amenazan en grandes áreas de Extremadura. Unha dehesa famosa que se
converteu en Parque Nacional é Cabañeros en Ciudad Real.
Ecosistema: base teórica nos estudios ecolóxicos. Trátase do conxunto de seres interdependentes
que habitan nun lugar ou territorio definido dunha fauna e unha flora particulares. Funciona como un
sistema con relacións interiores establecidas pola interacción dos seres entre sí e co medio, e con
relacións exteriores como a enerxía, auga,...
Vocabulario de xeografía de España 14
Edafoxénese:
Endemismo: limitación dunha especie animal ou vexetal a unha área concreta que non se dá noutra.
Especie criófila: especie vexetal adaptada ós climas fríos, á que prexudica un aumento de
temperaturas.
Especie halófila: organismos capaces de soportar un contido elevado de sales (especialmente
cloruro de sodio) no solo ou na auga.
Especie heliófila: especies que precisan o sol para o seu desenvolvemento e crecemento.
Especie higrófila: ser vivo acomodado a vivir nun medio húmido e ó que lle perxudica a sequidade
no seu crecemento.
Especie mesófila: vexetación que precisa un medio cunhas precipitacións e temperaturas de tipo
moderado ou medio, como ocurre con case tódalas árbores.
Especie termófila: ser vivo adaptado a vivir en áreas xeográficas moi cálidas polo que non aguanta
as áreas frías.
Especie umbrófila: ser vivo que necesita as áreas sombrías para desenvolverse.
Especie xerófila: vexetación que se desenvolve en ambientes áridos, estacional ou permanente,
onde as plantas acomódanse ó déficit hídrico e a elevada insolación. Así existen tipos moi diversos
de plantas de follas pequenas, coriáceas, de codia dura, moitas veces reducidas a espiñas, de gran
desenvolvemento da raizame...
Estepa: tamén denominada pradaría de herba baixa. Trátase dunha formación vexetal de herba
baixa e descontinua, ás veces picada de arbustos e árbores de pouco porte. Abarca tódalas
gradacións posibles ata as formacións de semideserto e de bosque claro. A súa distribución no
mundo vai dende o ecuador ata os 55º N e 45º S onde predomina un réxime climático de invernos
fríos e secos e veráns calorosos que facilitan procesos pedoxénicos de calcificación. Esta formación
é típica de solos marróns con baixo contido en humus.
Formación arbórea: especies vexetais que teñen unha altitude vexetal superior ós dous metros e
teñen un tronco como soporte.
Formación arbustiva: especies vexetais que teñen unha altiude vexetal entre un e dous metros.
Igual que as especies arbóreas teñen un soporte leñoso ou tronco.
Formación herbácea: especies vexetais inferiores a un metro.
Frondosa: árbores con froitos moi variados e follas anchas. Emprégase este termo en
contraposición ó de coníferas.
Gándara: terreo practicamente chan, incluto, que presenta un alongamento importante como
consecuencia da súa posición topograficamente deprimida con respecto ós arredores, o que fai que
se comporte como unha conca endorreica ou case endorreica, e como consecuencia tamén da
impermeabilidade que adquire o seu solo debido á sedimentación de materiais fundamentalmente
arxilosos. Deste xeito fórmase unha lagoa que, con noves aportes de materiais e a vexetación que
nela se desenvolve, se vai convertendo nun espacio pantanoso que é o que xeralmente se coñece co
nome de gándara. Este proceso de sedimentación e perda progresiva da situación de alagamento
conduce á formación de brañas.
Garriga: asociación vextal propia das áreas máis secas do clima mediterráneo, constituída
basicamente por matorreira (carrasca, romeu, trovisco) e arbustos ou plantas espiñosas, matas
aromáticas... que se desenvolve nos terreos calcáreo desas áreas. É un mato perennifolio, xerófilio,
pouco denso. Tamén lle foi aplicado ós lugares incultos de solo calcário onde medra este mato.
Gramíneas: plantas case sempre herbáceas, de tallos cilíndricos, fistulosos e con nudos,
usualmente denominados cañas ou cañuelas; as súas flores reúnense en espigas, que a súa vez
poden agruparse en panículas. A esta familia pertencen os cereais, innumerables pratenses de todas
as latitudes, a caña de azúcar e o bambú.
Vocabulario de xeografía de España 15
Landa: formación vexetal de baixo porte na que predomina a familia das ericáceas (cos xéneros
Erica e Calluna) e das leguminosas (con xéneros diversos coma o Ulex, Genista, Sarothamnus) que
se localiza sobre solos incultos e ácidos e con clima húmido. Débese á degradación das formacións
arbóresas debido á acción antrópica. Ocupa en Galicia perto de ¼ da superficie xeográfica, case
todo o litoral costeiro está configurado por esta formación vexetal. Se vos dades un paseo dende
Camelle ó Vilano podedes ver unha fermosa paisaxe de landas ou de Camelle a Laxe idem.
Laurisilva: tipo de bosque nuboso subtropical ou selva alta, propio de lugares húmidos, cálidos, e
con leves xiadas ou sen elas, con grandes árbores, sotobosque e lianas cuxas follas se parecen ás
do loureiro, do que toma o nome. A laurisilva dáse en rexións de clima temperado húmido e cálido
como nas zonas montañosas subtropicais canarias.
Lixivación: disolución e lavado dos elementos solúbeis do horizonte superior dun solo pola acción
da auga. Como consecuencia empobrécese o horizonte A dos solos.
Macaronésico: propio das illas Canarias. Provén do grego makaros “feliz” e nesos “illas”. Illas
afortunadas.
Maquis: formación arbustiva mediterránea degradada pola acción antrópica. Caracterízase por ser
rica en especies de máis de dous metros de altura, moi densa e impenetrable. As súas especies
principais son a xara, o breixo, o lentisco e a xesta. É máis rica que outra formación mediterránea
denominada garriga. Este tipo de matorral medra sobre solos silíceos, mentres que a garriga, máis
pobre, atópase en solos calcáreos. O maquis é o resultado da degradación por tala abusiva de
antigos aciñais.
Paisaxe: o termo utilizase xeralmente en xeografía para sinalar calquera área da superficie terrestre
produto da interacción dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no
espazo. A paisaxe xeográfica é por tanto o aspecto que adquire o espazo xeográfico. Defínese polas
súas formas: naturais ou antrópicas. Todo paisaxe está composto por elementos que se articulan
entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: abióticos (elementos non vivos), bióticos
(resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana). Determinar
estes elementos é o que constitúe o primeiro nivel da análise
Pradaría: nome que ten como acepción vulgar sinónima prado. Xeobotanicamente e con carácter
rexional, a pradaría é a formación herbácea, fundamentalmente de gramíneas que se extende entre
os bosques temperados e temperadofríos do centro de EEUU e Canadá e as Rochosas. En senso
amplo área extensa cuberta de prados e pastos.
Prado: espacio cuberto por vexetación herbácea apta para o aproveitamento gandeiro. Existe unha
grande variedade de tipos segundo a súa duración, orixe, as especies que o compoñen ou a súa
forma de explotación. Os prados ocupan unha parte importante da superficie agraria galega ó iren
ligados ó desenvolvemento da gandeiría.
Prados naturais ou pastos: espacios non cultivados e cubertos por unha formación herbácea
espontánea que pode servir como pasto para a gandeiría.
Pradarías polifíticas: prado de duración plurianual sementado polo agricultor-gandeiro con especies
variadas segundo as necesidades e aptitudes do medio natural. Este tipo de prados experimentaron
en Galicia un grande desenvolvemento gracias ós seus bos rendementos, prestanto diversas
combinacións de especies entre as que destacan o ray-grass italiano e o trevo.
Rupícola: planta que vive sobre as rochas.
Solaina: vertente dunha montaña orientada ó sur e que recibe maior cantidade de radiación solar;
polo xeral é máis cálida e seca.
Sotobosque: estrato vexetal desenvolto baixo a copa das árbores do bosque (vexetación arbustiva e
herbácea).
Vocabulario de xeografía de España 16
Sucesión: secuencia de fases ou etapas na evolución dun ecosistema ó longo do tempo. Esta
sucesión desenvólvese ata que o ecosistema alcanza a súa etapa culimante no clímax.
Vexetación antrópica: especies vexetais modificadas pola acción humana. Por exemplo a
repoboación de especies madereiras (pino, eucalipto) ou a vexetación de ribeira.
Vexetación clímax: fase final de máximo desenvolvemento dunha comunidade vexetal na que esta
adquire unha estrutura complexa, atopándose en equilibrio dinámico con respecto ó seu contorno
ambiental.
Apartado 5. Poboación
Censo de poboación: recompilación de datos relativos ó número de individuos que compoñen unha
determinada poboación e as súas principais características. Trátase de datos de carácter variado
(demográficos, socioeconómicos, socioculturais...) recollidos, de xeito individual, entre tódolos
individuos que compoñen unha poboación referidos a un momento dado (momento censal). Os
censo no seu senso moderno, non comenzan ata ó inicio da revolución industrial nas sociedades
occidentais. En España o primeiro censo moderno data de 1857. Existe unha grande diferencia en
canto ós censos que se realizan nos distintos países sobre todo entre os desenvolvidos e os non
desenvolvidos, tanto no referido ós contidos, como ós sistemas de recollidada de información, a
periodiciadade (en España elabóranse cada dez anos. Actualmente nos anos rematados en 1 como
o 2001), os criterios aplicados na recollida e publicación da información... A ONU, na procura dunha
maior hoxeneidade dos censos, realizan unha serie de recomendacións entre as que figuran aquelas
referidas á información que deben conter; efectivos demográficos distribuídos por idade, sexo, lugar
de nacemento, estado civil, lingua falada e nivel de instrucción, acompañando de datos económicos,
datos sobre a vivenda e fecundidade da muller.
As diferencias co padrón municipal son: mentres o padrón é aberto (renóvase día a día) o censo e
pechado (só cada dez anos), o censo é un documento de carácter secreto (só facilítanos datos de
conxunto de habitantes) o padrón é público (podemos pedir un certificado persoal e del se sacan os
datos para confecciónar o censo electoral) o responsable da elaboración do censo é o INE (Instituto
Nacional de Estatística) mentres que do padrón é o Concello.
Crecemento migratorio: saldo ou diferencia que hai entre inmigrante e emigrantes durante un ano.
Crecemento natural ou vexetativo: saldo ou diferencia que hai entre nacidos e mortos durante un
ano.
Crecemento real de poboación: suma dos dous saldos anteriores. Tódolos saldos poden dar unha
situación positiva, negativa ou de crecemento cero.
Densidade de poboación: número de habitantes que hai por km2.
Emigración: movemento de persoas dende un territorio dado cara fóra del. A emigración pode ser
interna, se non se sae do país; e externa ou internacional se se cambia do país.
Esperanza de vida: cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento
de nacer ou cando acada unha determinada idade sempre que os niveis de mortalidade permanezan
constantes. Representa a experiencia potencial dun grupo hipotético de persoas. Obtense a partir
das táboas de mortalidade.
Estrutura demográfica: composición dunha poboación en función dunha serie de variables: sexo,
idade, actividade profesional, estado civil, nivel de instrucción... Fanse con moita frecuencia análises
de conxunto interrelacionado estas e outras variables.
Éxodo rural: emigración de persoas do campo á cidade, isto supón un cambio de residencia e
tamén un cambio na actividade. O éxodo rural non debe identificarse coa emigración campesiña.
Inclúe tamén á poboación que sen desempeñar un oficio agrario abandona o campo (artesáns,
comerciantes...). As cidades exerceron unha forte atracción sobre todo cando se produce a
revolución industrial. Ver etapas deste proceso nos apuntes en España.
Vocabulario de xeografía de España 17
Índice de envellecemento: porcentaxe existente da poboación maior de 65 anos con respecto á
poboación total. Unha sociedade que ten (como a española actual) un índice de envellecemento
superior ó 14% podemos considerala como elevada.
Inmigración: movemento de persoas cara un territorio determinado, procedentes de fóra do mesmo.
A inmigración pode ser interna ou externa.
Movemento pendular: desplazamento diario que se fai dende a zona de residencia ó traballo. Nas
áreas metropolitanas urbanas estes fluxos teñen unha enorme importancia.
Nomenclator: relación de entidades de poboación que conforman un determinado territorio. O
nomenclátor español inclúe datos de poboación, vivendas, distancias quilométricas, altitude, etc, dos
distintos municipios. Un dato curioso que podemos deducir deste documento é a distribución da
poboación no territorio ou poboamento, así podemos ver que en España hai máis de 8000 concellos
e 50.000 entidades de poboación das cales en Galicia hai máis da metade (ó redor de 26.000
entidades de poboación cando só hai 315 concellos).
Padrón municipal: relación de habitantes dun concello onde figura como información básica o
nome, apelidos e domicilio destes. Vai acompañada dunha serie de datos particulares de cada
habitante: sexo, data e lugar de nacemento, nivel de instrución, estado civil, profesión, parentesco ou
relación co cabeza de familia, e o tempo de residencia non concello. É un documento público que
está sometido a unha permanente actualización e que en España se labora (con carácter xeral) cada
5 anos (nos anos rematados en 1 como o 2001 e nos rematados en 6 como 1996). O responsable da
súa xestión e mantemento son os concellos.
Pirámide de poboación: histograma de frecuencias (ou gráfico de barras) doble que sirve para
representar a estructura por idades e sexos dunha poboación. Dun lado e outro dun eixo vertical
sobre o que se indican as idades (normalmente representadas en grupos de cinco en cinco anos).
Poboación activa: poboación maior de 16 anos que está traballando e recibe un salario pola
actividade que fai ou sen traballar está demandando un emprego (parada).
Poboación de dereito: fai referencia nun censo á poboación presente máis os ausentes que a
efectos administrativos están censados nesa localidade, por exemplo a poboación emigrante no
exterior.
Poboación de feito: fai referencia nun censo á poboación presente e ós residentes que se atopan
temporalmente nesa localidade e que son contados dentro do momento censal.
Poboación inactiva: toda a poboación que está nalgún dos seguintes estados: menor de 16 anos e
polo tanto está obrigatoriamente escolarizada, xente que esta estudiando, poboación xubilada ou
pensionista que non realiza outra tarefa ou actividade remunerada, actividades domésticas que non
teñen contrato de actividade. Aclarar que os parados non son poboación inactiva xa que están
reclamando un emprego.
Poboación ocupada: segmento da poboación activa que está traballando e recibe un salario polo
que fai.
Poboación parada: segmento da poboación activa que está demandando un emprego.
Poboamento: distribución da poboación no espacio xeográfico. Non é o mesmo que densidade de
poboación, aínda que son termos moi cercanos. Cando falamos que dentro dunha área hai moita
concentración de habitantes e noutra están moi disperso estamos falando de poboamento. Saber
canto número de habitantes hai nun país ou nun territorio xeográfico e como están distribuídos éstes
polo seu territorio (poboamento) son dous elementos clave na xeografía.
Réxime demográfico: tendencia demográfica que ten unha sociedade con respecto ó crecemento
natural que pode ser elevada, moderada ou nula. O esquema de transición demográfica sirve para
analizar o réxime que ten unha sociedade.
Vocabulario de xeografía de España 18
Saldo migratorio: diferencia existente de restar ós inmigrantes os emigrantes. Este saldo pode ser
positivo, negativo ou cero.
Sector primario: actividade económica que se adica á extracción de materias primas. Agricultura,
gandeiría, pesca e forestal son actividades predominantemente primarias.
Sector secundario: actividade económica que se adica á transformación de materias primas en
productos elaborados. A actividade industrial forma parte deste sector.
Sector terciario: variedade de actividades que se caracterizan por non adicarse á actividade
extractiva nen de transformación. A actividade comercial, administrativa, transportes e servicios
públicos forman parte deste sector.
Taxa de actividade: porcentaxe de poboación activa que hai nunha sociedade polo número total de
habitantes que ten.
Taxa de fecundidade: número de nenos nacidos nun ano e multiplicados por mil divididos entre o
número de mulleres en idade fecunda (15 a 49 anos) que ten ese espacio xeográfico.
Taxa de natalidade: número de nacementos producidos nun ano e multiplicados por mil divididos
pola poboación total que existe nese núcleo (concello, provincia, cc_aa ou país).
Taxa de masculinidade: relación de poboación masculina que hai con respecto ás mulleres.
Calcúlase divindo a poboación masculina pola femenina.
Taxa de mortalidade: número de falecementos producidos nun ano e multiplicados por mil divididos
pola poboación totla que existe nese núcleo.
Taxa de mortalidade infantil: número de nenos mortos sen chegar a cumplir o ano de vida
multiplicado por mil e dividido polo número total de nacementos que houbo ese ano.
Taxa de paro: porcentaxe da poboación activa que está desempregada.
Transición demográfica: modelo que define o proceso mediante o cal unha poboación pasa de ter
altos índices natalidade e mortalidade a presentar valores moi baixos de ambas taxas. Sobre este
esquelete fundamental realizáronse numerosas versións do modelo que diferencian varias fases ou
subfases no seu desenvolvemento. Na súa versión inicial tres foron as etapas consideradas:
preindustrial ou antiga, de transición e evolucionada ou moderna. A etapa preindustrial corresponde á
época anterior á revolución demográfica e se caracteriza por ter altos niveis de natalidade e
mortalidade. En consecuencia o crecemento natural ou vexetativo é moi baixo e incluso negativo
cando a poboación está afectada por episodios de mortalidade catastrófica (epidemias, fame e
guerras).
Na transición propiamente dita distínguense tres períodos. Ó inicio a taxa de natalidade permanece
alta e a mortalidade comenza a descender, no segundo período descenden as dúas (motivado pola
incorporación á vida laboral da muller e outros factores nos cales non imos analizar) e na última
etapa, ó envellecerse a poboación, pode darse o caso (sendo os niveis das taxas moi baixos) que a
mortalidade supere á natalidade como sucede nas sociedades occidentais máis avanzadas (Suecia
ou Alemaña por exemplo).
Terciarización: proceso polo que as sociedades occidentais avanzan cara a este tipo de actividade
en detrimento das outras dúas.
Apartado 6. A cidade
Área de influencia: territorio organizado nalgún aspecto por unha cidade denominado área central
ou núcleo rector. No ámbito urbana a área de influencia comprende un espacio territorial moito máis
amplo que o núcleo urbano.
Área metropolitana ou metrópole: termo que apareceu por primeira vez en EEUU para referirse ó
territorio no que aparece unha cidade de máis de 200.000 habitantes e que inclúe os núcleos da súa
Vocabulario de xeografía de España 19
área de influencia situados nun radio de 16 km ó redor desta. A metrópole está caracterizada por
unha cidade central que ordena e administra un territorio máis amplo a ésta, tódolos núcleos satélites
(normalmente residenciais). No Estado español cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia...
teñen importantes áreas metropolitanas.
Área periurbana: espacio limítrofe a un núcleo urbano con predominio de caracteres rurais
alternando con zonas residenciais urbanas.
Área suburbana: territorio próximo á cidade central que polas súas características constitúe unha
zona de transición entre a cidade propiamente dita e o espazo rural adxacente.
Arrabaldo: barrio situado extramuros dunha poboación na idade Media. Na actualidade podemos
consideralo como un barrio periférico ou un núcleo de poboación anexo a outro de maior tamaño.
Conurbación: unión ou fusión de dous núcleos urbanos do mesmo tamaño por crecemento
simétrico de ambos.
CBD (central bussines district) ou City: área urbana especializada en funcións financeiras e de
xestión. Estas características está moi marcadas na City londinense e por extensión a outras. Ausencia
de poboación residencial e forte fluxo diario de traballadores (movemento ou migranción pendular diario).
Normalmente sitúase na zona Centro das cidades españolas. O Paseo da Castellana en Madrid ou a
Diagonal en Barcelona, son claros exemplos desta área.
Cidade dormitorio: área urbana que carece de comercio e servizos. Localízase na área periférica das
cidades centrais ou metrópoles e normalmente realízanse grandes movementos pendulares diarios
dende esta área de residencia ó traballo.
Cidade xardín: área ou barrio urbano residencial de baixa densidade, con vivendas unifamiliares e
abundante zona verde de uso privado. O modelo naceu en Gran Bretaña a finais do século XIX e o seu
artífice foi o urbanista Howard. Planeouse como modelo de desconxestión das áreas residenciais
obreiras, das áreas industriais. Tratando de integrar aspectos da vida agraria dentro do ámbito urbano.
Na actualidade este modelo de cidade sitúase na área metropolitana formando parte da chamada cidade
difusa.
Cidade lineal: desenvolvemento dunha área urbana ó longo dunha vía de comunicación ou dunha liña
de transporte que pode unir dous centros nos extremos da mesma, ou xerar un anel concéntrico ó redor
dunha cidade para desconxestionala. É un antecedente da chamada cidade difusa do urbanismo
posindustrial.
O modelo nace en España, concretamente en Madrid. Deseñado e realizado, a principios do século XX,
polo urbanista Arturo Soria. Pretendíase crear un anel concéntrico ó redor de Madrid para
desconxestionala.
A cidade lineal sería, polo tanto, unha cidade xardín que estaría vertebrada por un eixo dotado
infraestruturas de transporte (tranvía e ferrocarril que actúan como elemento de comunicación). Cércano
ás estacións situaríanse os centros comunitarios comercios, servizos públicos. No perímetro da vía,
vivendas unifamiliares con horta e xardín. A vía tería 50 m. de ancho e uniría, nun primeiro momento o
núcleo de Vicálvaro co de Chamartín para, nun futuro, circunvalar Madrid (50 kms. de lonxitude). Aínda
que o modelo fracasou para a capital española, tivo enorme repercusión en Europa e, como dixemos
anteriormente, é un antecedente da actual cidade difusa do urbanismo posindustrial.
Cidade satélite: cidades de pequeno tamaño dentro do ámbito metropolitano. (función residencial,
industrial ou mixta).
Cualificación do solo: cualificación establecida polo plan de ordenación urbana dun concello sobre
os usos do solo. O seu principal cometido é o de clasificar o solo distinguindo entre solo urbano, solo
urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable; definir os
elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio, como poden ser fixar os espacios libres, os
de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación,...; establecer unha programación
de desenvolvemento e execución do plan así como o período de vixencia e as súas circunstancias de
revisión; fixar medidas de protección do medio ambiente...
Vocabulario de xeografía de España 20
Solo urbano: en España esta clase de chan ven definido polo Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana,
considerando éste ós terreos comprendidos en áreas consolidadas de edificación, acceso rodado, abastecemento
de auga e enerxía eléctrica, evacuación de augas pluviais.
Solo urbanizable: terreo definido no PXOM como rústico pero que se pode urbanizar mediante actuacións
urbanísticas.
Solo non urbanizable: terreo reservado a usos agrícolas ou espacios verdes protexidos que non se
poden urbanizar segundo o PXOM.
Ensanche: terreo urbano dedicado a novas edificacións nos arredores dunha poboación,
normalmente mediante urbanismo planificado. Tamén define a ampliación da cidade. Adoitaban
desenvolverse mediante un plano en cuadrícula ou plano ortogonal. O seu maior desenvolvemento
prodúcese en España dende mediados do século XIX coa aplicación da norma que leva este nome.
Cando o crecemento demográfico e as novas actividades con requisitos intensivos de chan, como o
ferrocarril, obrigou a un crecemento extramuros das cidades e ao derribo das antigas murallas que
perderan todo o seu valor militar e tiñan unicamente xa a función fiscal de aduana. En moitos casos
este crecemento mallado, proxectado e concibido para conseguir unha cidade saudable por e para a
burguesía, desvirtuouse co paso do tempo pola especulación e a medida que a cidade seguiu
crecendo, colmatouse toda a armazón urbana de novas edificacións e desaparecendo
progresivamente os espazos verdes.
Emprazamento: espacio concreto e material sobre o que se asenta a cidade: a topografía, o soporte
físico que dende o momento da fundación e ó longo da súa evolución, vai condicionar en parte a
paisaxe urbana e o seu desenvolvemento espacial. A elección do emplazamento depende da función
dominante da cidade no momento da súa fundación: defensiva, comercial, relixiosa, política; e das
características do medio físico: relevo, disponibilidade de auga, combustible...
Función urbana: tipo predominante de actividade que ten un núcleo de poboación. Na cidade é
propio o protagonismo das funcións vinculadas ós sectores secundario e, sobre todo, ó terciario
(administrativa, ensinanza, finanzas, cultura, sanidade...). A maior importancia dunha cidade é
preferible unha maior heteroxeneidade dentro das súas funcións terciairias.
Hábitat concentrado: neste tipo de hábitat as casas e as súas dependencias están unidas.
Hábitat disperso: neste tipo de hábitat as casas e as súas dependencias están separadas por terras
cultivas, prados ou montes.
Hábitat rural: conxunto de vivendas e edificacións anexas e por extensión todo o referente ás
condicións de vida e da vivenda no medio rural. Os tipos de hábitat poden clasificarse atendendo á
duración: permanente ou temporal; disposición espacial; disperso ou concentrado; pola función
económica: agrícola, gandeiro, mixto...
Hábitat urbano: calquera entidade de poboación (fundamentalmente concentrada) que supere o
umbral dos 10.000 habitantes. Ratio que se considera en España para considerar unha entidade
como núcleo urbano. Normalmente o hábitat urbano desenvolve a súa extensión non só ancheado a
súa urbanización senon desenvolvéndose en altura.
Metrópole: ver área metropolitana.
Plano: mapa a moi grande escala na que se representa unha superficie de extensión suficientemente
reducida para que se poda prescindir da curvatura da terra sen que por iso se produzan graves
incorreccións. A disposición e combinación das superficies non edificadas: ruas, parques, xardíns,
prazas, espacios abertos e das superficies edificadas. A clasificación dos planos da cidade realízase
segundo criterios, así podemos distinguir un plano regular (cuadrícula ou radiocéntrico) ou irregular: en
cuadrícula ou damero, plano ortogonal, onde as rúas cortanse en ángulo recto. Plano
radioconcentrico: rúas que parten dun centro en forma de radios de circunferencia. E outras de trama
circular que rodean ó centro e cortan perperndicularmente a eses radios. Plano irregular: cidade
medieval e acidade musulmana. Partindo dun núcleo central amurallado (medina). En torno o sector
central configúranse os barrios de rúas tortuosas, moitas sen saídas (adarves).
Vocabulario de xeografía de España 21
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): denominación que se lle dá en Galicia (dado que a
partir de 1997 teñen potestade en materia de ordenación urbanística as distintas CC.AA.) aos antigos
Plans Xerais de Ordenación Urbana. Trátase do plan de ordenación urbana dun concello. O seu
principal cometido é o de clasificar o solo distinguindo entre solo urbano, solo urbanizable
programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable; definir os elementos
fundamentais da estrutura xeral do territorio, como poden ser fixar os espacios libres, os de
equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación,...; establecer unha programación de
desenvolvemento e execución do plan así como o período de vixencia e as súas circunstancias de
revisión; fixar medidas de protección do medio ambiente...
Rede urbana: conxunto xerarquizado de centros urbanos ligados entre si a través de eixos de
comunicación para asegurar unha serie de servizos (administrativos, culturais asistenciais,
comerciais...). A rede urbana está dominada por unha metrópole rexional que ten servizos de
primeiro rango. As cidades forman redes urbanas segundo as funcións que desempeñan na
economía nacional ou internacional, habendo cidades de distinta categoría segundo a función que
desempeñen, tendo que acudir as de categoría inferior ós servizos das de categoría superior.
Situación: o contorno xeográfico no que a cidade encádrase e con relación ó que se organiza. A
situación refírese ás grandes vías de comunicación. Ós grandes espacios económicos.
Unidade Veciñal de Absorción (UVA): propostas do Instituto Nacional da Vivenda na década dos anos
sesenta do século pasado para combatir o chabolismo, nas principais áreas metropolitanas de España e
principalmente na que entón era a periferia de Madrid. Planficáronse como construccións prefabricadas,
de carácter provisional –aínda que logo prolongáronse no tempo máis alá dos cinco anos de vida
previstos na súa orixe- e levantadas en lugares estratéxicos, particularmente emblemáticos do
chabolismo que configuraba boa parte da paisaxe periurbana madrileña: Fuencarral, Hortaleza, Vallecas,
Villaverde...
Urbanismo: proceso de planificación ou de creación física dunha cidade (trama urbana, zonificación das
áreas...).
Urbanización: proceso de crecemento demográfico e de actividade económica dunha cidade.
Xentrificación: concepto urbanístico de orixe anglosaxón referido a un proceso de transformación
física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou
de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta.
Xerarquía urbana: cando as cidades dunha rexión ou dun país están organizadas segundo o seu
tamaño e as súas funcións, relacionándose no espacio, falamos de xerarquía urbana. Nesta xerarquía
sitúase á cabeza a cidade de maior categoría. O estudio da xerarquización urbana faise normlamente
mediante un método chamado de rango-tamaño: relación (regla de) existente entre o orde e o tamaño
da poboación dos asentamentos urbanos nalgunhas rexións terrestres. Dun xeito xeral a poboación da
segunda cidade en tamaño, ten a metade da poboación da primeira; a terceira un tercio e así
sucesivamente. Esta relación inversa entre a poboación e o rango que ocupa a cidade nunha rexión ou
país coñécese co nome da regla rango-tamaño. Esta relación pode expresarse así Pn = P1 R-1, sendo
Pn a poboación da cidade de orden n P1 a poboación da cidade de maior número de habitantes do
sistema e Rn o rango ou orde que ocupa a cidade n dentro do sistema urbano. Ó representar nun gráfico
de escala aritmética un país onde o sistema urbano axústase a regla de rango-tamaño, resulta unha
curva en en forma de J invertida que se convirte en recta ó levala a un gráfico de doble escala
logarítmica.
Apartado 7 Agricultura
Agricultura a tempo parcial: consideración da actividade agraria como unha segunda ou terceira
actividade, despois dunha ocupación ou traballo principal a xornada completa. Na maioría dos casos
aténdese ó legado rural gamiliar nos días de ocio (fins de semana e vacacións), encargando moitas das
tarefas agrarias a terceiros que tenden a atender varias explotacións, e reducindo moitas das tarefas a
un simple control da evolución dos cultivos. A agricultura a tempo parcial está favorecida pola cercanía
do lugar do traballo ou residencia á explotación agraria, por exemplo: traballo no capital da provincia e
atención en fins de semana dos terreos herdados da familia en calquer pobo da mesma.
Vocabulario de xeografía de España 22
Agricultura ecolóxica: tamén chamada orgánica ou biolóxica, é unha forma de agricultura na cal
non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes
químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos
modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica respecta o medio ambiente e o ser
humano, e intenta lograr un desenvolvemento sustentable.
En España hai un Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica para cada comunidade autónoma, e o
da Galiza chámase CRAEGA.
Agricultura de subsistencia-autoabastecemento: tipo de agricultura dos países e rexións menos
desenvolvidas, que tamén predominou en España ata a revolución industrial. A dependencia do medio
físico, especialmente do clima é total. Todo o que se produce se destina ó autoconsumo ou o
abastecemento propio; non se xeneran excedentes que poidan ser levados ó mercado. É unha
agricultura autárquica, pechada.
Barbeito: sistema que consiste en deixar a terra, temporalmente en repouso, sen nengún cultivo.
Segundo a súa periodicidade pode ser bienal ou trienal (unha vez cada dous anos ou tres
respectivamente).
Campo aberto: área de campos sen cercar como se da fundamentalmente na paisaxe agraria da
Meseta asociada fundamentalmente a un tipo de actividade meramente agrario.
Campos pechados: campos cercados. Extensión agraria, propia das paisaxes atlánticas, cosistente do
peche das fincas agrarias ou explotacións. O tipo de campo pechado está asociado a un tipo de
actividade agropecuaria dentro dunha zona.
Catastro (Vocabulario básico): rexistro administrativo para controlar a propiedade do solo, sobre todo
a efectos fiscais. Pode ser de rústica –no medio rural- ou de urbana –nas cidades-. Xeralmente
contén información sobre o propietario/a de cada parcela, os lindes e os veciños/as de dita parcela, a
súa extensión e o uso do solo. Os planos catastrais elabóranse fundamentalmente en escala 1:2000.
O Ministerio de Agricultura ten deseñado un programa: sigpac para observar estas por internet.
Chaptalización: proceso industrial apoiado na incorporación de numerosos elementos artificiais
(químicos) e azúcar que dan como resultado un sucedáneo de viño.
Concentración parcelaria: proceso polo que se intenta o excesivo parcelamento, onde o principal
inconvinte é o tempo empregado en ir dunha parcela a outra da explotación para realizar as faenas
agrícolas así como a perda de superficie útil ocasionada polas delimitación deste excesivo
parcelamento. Hai que destacar que o minifundismo dificulta o uso de maquinaria moderna e como
consecuencia incrementar a productividade. Este diseño parcelario era particularmente grave no
norte de España en concreto: Galicia, Asturias e Castela León.
As primeiras concentracións parcelarias empezanse a elaborar a final da década dos 50 a
finalidade desta era asignarlle a cada propietario un couto redondo ou nun reducido número de
parcelas unha superficie equivalente en clase de terra e cultivo que anteriormente poseía e dar
acceso a vías de comunicación. A concentración parcelaria lévase a cabo polo IRYDA (dependente
do Ministerio de Agricultura) (hoxe en día este organismo en Galicia foi traspasado á Consellería de
Agricultura), e levase a cabo nos términos municipais onde o soliciten o 60% dos propietarios ou
igual proporción de superficie de terras (en Galicia é por parroquias). Fíxase unha unidade mínima
de cultivo por debaixo da cal non se poden crear nengunha parcela; asimesmo establécese a
unidade tipo que se considera como a máis axeitada para a explotación da terra con medios
modernos. Os propietarios que ó iniciarse a concentración contan cunha superficie total menor que a
unidade mínima poden obter créditos necesarios para adquirir a terra que precisen. As parcelas
resultantes da concentración consideranse indivisibles cando da sua división orixinaranse un ou
varios fragmentos menores que a unidade mínima ou que a unidade tipo segundo o caso.
Cuota láctea: Límite imposto á producción leiteira dun país, neste caso España, por un organismo
supranacional, a Unión Europea, para adaptarse ás directrices xerais da PAC. Cantidade máxima de
leite expresada en Kg, que cada explotación pode vender, sen incurrir en sanción, durante un
período leiteiro. A cuota láctea tiene dous compoñentes: a venda a industria e a venda directa ou
elaboración de productos lácteos artesás (queixos…). A cuota láctea aplícase dende o ingreso de
Vocabulario de xeografía de España 23
España na UE, dado o excedente deste produto en Europa e para regular o precio de intervención ás
explotacións gandeíras.
Cultivo forraxeiro: cultivo adicodo á alimentación do gando.
Denominación de orixe: é un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou
alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio
xeográfico no que se produce, transforma e elabora.
A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade
máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha
protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se
utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o prezo final destes.
Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso de
produtores a mercados nacionais e internacionais.
Na actualidade existen 27 produtos galegos clasificados como denominación de orixe protexida.
Desagrarización: perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o
consecuente enfraquecemento das institucións sociais ligadas a esta actividade que organizan
diferentes aspectos da vida social (por exemplo, a explotación familiar agraria, a propiedade da terra
como base da estratificación social, os sistemas de xestión comunal dos recursos agrícolas,
etcétera).
Desamortización: proceso xurídico e administrativo que forma parte do programa do liberalismo
económico do século XIX, que pretende cambiar o réxime xurídico da propiedade, posibilitanto que
cirucule e se explote máis racionalmente. Serán os bens da Igrexa e moitas das posesións de
propios e comúns (propiedades dos concellos) os que cambien de mans, aínda que os obxectivos
iniciais non se alcancen.
Estabulación ou gandeiría estabulada: explotación da gandeiría nos espacios pechados,
alimentando de forma non natural (pastos) para que o seu rendemento sexa maior. Atópase en
granxas.
Excedente: exceso de producción que pode desestabilizar as relacións de oferta-demanda do
mercado. En ocasións pode xerar gastos moi elevados de almacenamento. A PAC intenta axeitar a
producción á demanda do mercado.
Explotación agraria: unidade de producción agraria. Extensión de terreo dividio nunha ou máis
parcelas, aínda que éstas non sexan contiguas, pero que no seu conxunto fomen parte da mesma
unidade técnico-económica. Desta unidade de producción obtense produccións agrícolas, gandeiras
e forestais ou mixtas, baixo a dirección dun empresario. Hai explotacións con terras – (parcelas,
hortas, etc) e explotacións sen terras –unha granxa avícola, por exemplo-.
Explotación extensiva: tipo de explotación que se dá en zonas de pouca poboación e abundacia de
terras. A man de obra é escasa e o rexime de actividade é monoproductivo.
Explotación intensiva: tipo de explotación que se dá en zonas de moita poboación e escasez de
terras. A man de obra é abundante e a actividade suele ser de policultivo. Caracterízase por pouco
espazo, moi capitalizado e alto rendemento.
Latifundio ou fincas rústicas de grande extensión: o fenómeno contrario ó minifundio,.
Considéranse latifundio a aquelas explotacións que superan as 250 ha., namentres que no resto dos
países comunitarios o umbral rebáixase ás 100 ha. Ademais da extensión tamén se considera como
propio do latifundio uns medios de producción deficientes; pouco grao de tecnificación, explotación
extensiva, etc., así como o alto grao de conflictividade social que se deriva da existencia nas rexións
onde se dá, dunha grande masa de campesiños sen terra que ven como os latifundios están
infraexplotados sen que o propietario se preocupe de mellorar o seu rendemento. No estado Español
o latifundio concéntrase en Andalucía (sobre todo nas provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz), en
Castilla-La Mancha, Extremadura e na provincia de Salamanca.
Vocabulario de xeografía de España 24
Minifundio: explotación de pequeño tamaño e pouco mecanizada. En Galicia sobre todo, pero
tamén, toda a cornisa Cantábrica son áreas onde predomina o minifundio e veñen acompañadas
dunha excesiva fragmentación parcelaria que a concentración parcelaria trata de resolver. Estas
propiedades pequenas están case todas en réxime de explotación directa por parte dos seus
propietarios e as súas familias. A pequena dimensión, agravada polo excesivo parcelmaneto
dificultan a súa mecanización.
Monocultivo: consiste no cultivo dun único producto nunha explotación ou nunha área agraria.
PAC: Política Agrícola Común. É un dos elementos esenciais do sistema institucional da Unión
Europea (UE). Dende a constitución da CEE co Tratado de Roma en 1957 xa se estableceu esta
política que tiña como obxectivos: incrementar a produtividade, garantir un nivel de vida equitativo a
poboación agraria, estabilizar os mercados e garantir o abastecemento ao consumidor a prezos
razoables. Ao longo da historia da UE a PAC sufriu diferentes reformas como a que se aplicará a
partir do ano 2014. A UE converteuse no primeiro importador e o segundo exportador de produtos
agrícolas a nivel mundial.
Parcela: cada unha das partes na que está dividida a explotación agraria. Estas parcelas poden
estar unidas ou separadas.
Policultivo: consiste no cultivo de varios productos agrícolas nunha explotación ou nunha área
agraria. As zonas de horta tenden a ter este tipo de plantación.
Propiedade comunal: propiedade común de tódolos membros dun concello ou parroquia. Tende a
regularse e administrarse polos veciños ou por un concello, repercutindo en tódolos veciños os
beneficios da súa explotación; ou ben é aproveitada por todos os veciños (uso de pastos, recollida de
leña, ocio...).
Reforma agraria: este concepto supón que se produzan cambios moi profundos nas estructuras
agrarias, principalmente na propiedade da terra: repartos de terras para facer realidade a idea de a
terra para quen a traballa. Os intentos máis serios en España leváronse a cabo durante a II
República (1931-1939).
Regadío: técnica agrícola baseada no rego artificial dos campos de cultivo. Practícase na maior
parte das zonas onde as choivas son escasas ou moi irregulares, como por exemplo a área
mediterránea española. As áreas de regadío ocupan o 15% de toda extensión agrícola de España.
Rexímenes de tenza da terra: entendemos por réxime de tenza á forma xurídica baixo a cal un
empresario agrícola actúa sobre unha explotación agraria. O réxime de tenza pode ser en:
propiedade ou "de seu", cando o empresario e a súa familia dispoñen dun título de propiedade, ou
na súa ausencia, por ter sido explotadas as terras durante máis de 30 anos ininterrompidos sen o
pago dunha renda; en réxime de arrendamento, cando o titular disfruta dos aproveitamentos da
mesma mediante o pago dun canon ou renda (monetario ou en especie), independente dos
resultados da explotación.; réxime de aparcería, cando o titular efectua un pago dunha porcentaxe
sobre o producto obtido ou o seu equivalente en efectivo, sistema moi pouco xeneralizado na
actualidade xa que non incita ó empresario a capitaliza-la súa explotación. Outros rexímenes de
tenza son a propiedade comunal, aforamentos ou caseiros, censos...
Rotación de cultivos: técnica agrícola baseada na alternancia ordeada de distintos cultivos nun
mesmo terreo, a fin de obter un máximo rendemento da terra e evitar o barbeito e o esgotamento do
solo. Normalmente o tipo de rotación é trienal (tres tipos de cultivo) ou cuatrienal (catro) a
combinación é dun cereal cunha leguminosa (asenta no terreo o nitróxeno que necesitan os cereais)
e de forraxe (herba ou trevo para a alimentación do gando).
Rural (Medio Rural): Áreas dominadas polos espacios abertos, baixa densidade de edificación,
usos extensivos da terra (predominio de actividades primarias como a agricultura ou ganadeiría) e
baixas densidades de poboación.
Secaño: terreo agrícola que só recibe o auga cando chove. O 85% da extensión agraria de España
está dentro desta modalidade.
Vocabulario de xeografía de España 25
Silvicultura: é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo. Forman
parte do seu campo a arte de crear ou conservar un bosque, e a teoría e a práctica de regular o
establecemento dunha masa arbórea, a súa composición e desenvolvemento; para iso apóiase na
xeografía, ecoloxía, edafoloxía e climatoloxía entre outras.
Superficie agraria útil (SAU): denomínase a aquela parte da explotación agraria o gandeira labrada
(descontando a superficie natural non traballada)
Tranxénicos: tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética, son aqueles que
conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Dito
doutro xeito, é un alimento elaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro,
para lograr en el a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas,
como o millo e a soia.
Trashumancia: Proceso mediante o que o gando é transportado, guiado por pastores, dende as
terras baixas ás terras altas para poder atopar alimento. É unha práctica realizada en países
mediterráneos, nos que a ausencia de choivas en verán deixa sen pasto moitas áreas. Xeralmente
en verán, cando a escasa altitude é difícil atopar pasto natural, os rabaños dirixense a zonas máis
elevadas (por encima dos 1.000 metros de altitude en latitudes mediterráneas), onde a maior
humidade sí permite encontrar alimento: son os agostadeiros. En inverno, en cambio, iniciase a viaxe
de volta cara as zonas baixas, xa que a esas altitudes a neve e o xelo provoca a ausencia de pasto.
Nas zonas baixas ou de invernada, os rabaños comen restos de colleitas.
Apartado 8 pesca
Acuicultura: granxas mariñas. É a cría controlada e limita a espacios concretos de especies mariñas
e fluviais. É un aproveitamento moi antigo que só recentemente está tendo un maior
desenvolvemento. As dificultades que a pesca tradicional está tendo en moitos caladoiros fan que a
acuicultura plantéxese como unha clara alternativa de futuro.
Artes pesqueiras, arrastre: tamén coñecido como retropesca. Consiste no emprego dunha rede
lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que atopa o seu paso. Trátase dunha arte
activa, no senso de que non espera os movementos do peixe para a súa captura.
A pesca de arrastre, xunto coa pesca con redes de deriva, é das menos selectivas que existe, é moi
daniña para os fondos oceánicos; de feito, na maioría dos países está regulada, pero en moi poucos
está prohibida. O modo de arrastre de fondo é un dos métodos máis invasivos de pesca, pois está en
contacto co fondo mariño e destrúe algas e outros organismos indiscriminadamente. Por esta razón
cuestionase o seu uso e esixese unha maior regulación.
Arte pesqueira, enmalle: arte pesqueira consistente en calar verticalmente unha rede formando
unha parede que obstaculiza o paso das especies mariñas, quedando estas embolsadas ou
atrapadas nas mallas ó intentar atravaselas. Estas artes poden ser fixas (ó fondo con chumbos) ou
de deriva (só fixas na embarcación).
Artes pesqueiras, cerco: grande paño de rede de forma rectangular, cuxas dimensións varían entre
250 e 1000 metros de lonxitude e ó redor de 40 de profundidade. Na parte superior da rede dispose
dun número axeitado de flotadores que a manteñen en posición vertical, cando se utiliza. Na parte
inferior leva una serie de chumbos que axudan ó mantemento vertical, contando ademais cun
conxunto de aneis polos que pasa un cabo resistente chamado "xareta", que se encarga de pechar a
rede e por isto se lle coñece co nome de "rede de cerco de xareta". Arte que se utiliza para a captura
de peixes cuxo costume é nadar formando densos cardumes ou bancos, xa sexa na superficie ou a
media auga, é dicir, peláxicas, como as anchoas, as sardiñas, os túnidos, , a caballa e o xurel. Nun
principio, estas especies (nalgúns lugares aínda) foron capturadas mediante artes de enmalle,
sardinais e trasmallos; nembargantes, as artes verdadeiramente eficaces para esta clase de pesca
son as redes de cerco, polas que se foron sustituíndo.
Artes pesqueiras, palangre: arte pesqueira consistente no uso de anzois. Consiste nunha liña
principal (cabo) ó que se enganden moitos ramais dotados de anzol cebado no extremo libre.
Dependendo da situación pode ser de fondo, intermedio ou de superficie. Trátase dun tipo de pesca
selectiva (para unha especie) dado que é determinante o tipo de anzol e de cebo. Leva utilizánse
dende o século XIX e España é precursora deste tipo de arte no mundo.
Vocabulario de xeografía de España 26
Augas xurisdicionais: augas sobre as que un estado ribeireño exerce certas competencias para
fins específicos. Ditas competencias foron reguladas pola Convención de Nacións Unidas sobre o
Dereito do Mar aprobadas no ano 1982. Este documento establece as seguintes áreas: mar
territorial (12 millas contadas a partir da liña de base), zona contigua (24 millas da liña de base) e a
creación das zonas económicas exclusivas (200 millas contadas a partir da liña base) onde a
explotación dos recursos mariños e da plataforma continental son específicos do país ribeireño.
Caladoiro: lugar do mar onde os pesquieros calan e tenden os seus aparellos pesqueiros. A
existencia de plancto, plataforma continental e correntes mariñas son claves determinantes para a
súa existencia.
Marisqueo: actividade recolectora de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en
toda a beiramar. Pode realizarse a pé ou dende embarcación, á man ou con axuda dun aparello. A
actividade marisqueira en Galicia é moi importante sobre todo no interior das rías.
Pesca de altura: pesca realizada en mar aberto, máis aló das 50 ou 60 millas de distancia do litoral.
Está regulada por acordos internacionais e a flota que se dedica a esta pesca está formada por
barcos de mediana e gran tonelaxe. En Galicia a pesca de altura realízase entre o ecuador e os 60º
de latitude N e entre os 10º E e os 20º W, estando concentrada nos principais portos pesqueiros a
maior parte da súa flota.
Pesca de baixura: a que se realiza entre o litoral e as 50 e 60 millas, dentro das augas
xurisdiccionais. As embarcacións empregadas caracterízanse pola súa pequena tonelaxe. Tamén se
pode chamar pesca litoral.
Pesca de grande altura: a que se realiza en lugares moi afastados. A flota galega practica esta
pesca a partir do desenvolvemento das técnicas de conxelación dos produtos pesqueiros ocorrido
nos anos 60. Emprega embarcacións de gran tonelaxe que se concentran en poucos portos (Vigo,A
Coruña, Ribeira, Vilagarcía…) e que desenvolven actividades en lugares moi afastados como o SW
de África, Terra Nova…, onde se capturan especies de gran valor no mercado como a pescada,
bacallao…
Política pesqueira comunitaria: ou política pesqueira común da UE. Establece cotas para limitar a
cantidade de peixe de cada especie que os estados membros poden capturar, e fomenta a industria
pesqueira mediante varias intervencións no mercado.
Rexións pesqueiras: división de 10 das 17 comunidades autónomas (ou 23 das 50 provincias)
españolas que teñen costa. Esta división realízase por razóns de clima e polas características das
auguas marítimas. Distinguense oitos rexións pesqueiras:
1. Cantábrica. Corresponde a País Vasco, Cantabria y Asturias. Segunda rexión pesqueira por volume de
pesca e terceira polo valor económico.
2. Noroeste. Corresponde a Galicia a rexión pesqueira máis importante de España.
3. Suratlántica. Corresponde con el litoral atlántico andaluz e costa mediterránea da provincia de Cádiz.
4. Surmediterránea. Dende a costa de Málaga ó cabo de Gata.
5. Levantina. Dende o cabo de Gata ó cabo da Nao.
6. Tramontana. Dende o cabo da Nao a Cabo de Creus.
7. Balear.
8. Canaria.
Apartado 9. Materias primas, fontes de enerxía, Industria
Cártel: acordo entre empresas do mesmo sector, xuridicamente independentes, para eliminar a
competencia, fixar os prezos ou distribuírse as áreas de mercado. Véxase tamén oligopolio: poder
dunha minoría de empresas.
Concentración empresarial: fusión ou absorción de empresas. Concentración horizontal: fusión
ou absorción de empresas que realizan a mesma actividade. Concentración vertical: fusión ou
absorción de empresas de diferentes actividades pero que están relacionadas entre si dentro do
proceso produtivo.
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato
1 of 32

More Related Content

What's hot

Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evolquiquehs
1.7K views15 slides
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litolquiquehs
1.5K views29 slides
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unidquiquehs
1.5K views45 slides
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabularioquiquehs
960 views11 slides

What's hot(20)

Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
quiquehs1.7K views
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litol
quiquehs1.5K views
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
quiquehs1.5K views
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
quiquehs960 views
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
profesor historia417 views
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
camposseijo576 views
Unidade 1 relevoUnidade 1 relevo
Unidade 1 relevo
camposseijo1.1K views
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoría
quiquehs661 views
Xeografía física de GaliciaXeografía física de Galicia
Xeografía física de Galicia
xosea 10.9K views
Comentario mapa litolóxicoComentario mapa litolóxico
Comentario mapa litolóxico
lorenaamarelle328 views
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
martamosquera97 views
Tema 11Tema 11
Tema 11
besteiroalonso296 views
Dinámica externaDinámica externa
Dinámica externa
Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.758 views
O relevo e a súa modelaxe O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe
irenetraba2.7K views
Dinámica internaDinámica interna
Dinámica interna
Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.646 views
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ies Faro das lúas199 views
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
marieta307118 views
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
ferradanes164 views

Viewers also liked(20)

Vocabulario ilustrado climaVocabulario ilustrado clima
Vocabulario ilustrado clima
Agrela Elvixeo2.7K views
Río MonelosRío Monelos
Río Monelos
Agrela Elvixeo3.2K views
A pesca en España e GaliciaA pesca en España e Galicia
A pesca en España e Galicia
Agrela Elvixeo2.7K views
Tempo e clima en EspañaTempo e clima en España
Tempo e clima en España
Agrela Elvixeo2.8K views
A auga. Hidrografía en EspañaA auga. Hidrografía en España
A auga. Hidrografía en España
Agrela Elvixeo2.4K views
Poboación estranxeira en España 2016Poboación estranxeira en España 2016
Poboación estranxeira en España 2016
Agrela Elvixeo1.5K views
O espazo urbano en EspañaO espazo urbano en España
O espazo urbano en España
Agrela Elvixeo3K views
Poboación España 2016Poboación España 2016
Poboación España 2016
Agrela Elvixeo2.3K views
Parques nacionais de EspañaParques nacionais de España
Parques nacionais de España
Agrela Elvixeo1.6K views
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
Agrela Elvixeo1.6K views
IES ELVIÑA E OS BARRIOSIES ELVIÑA E OS BARRIOS
IES ELVIÑA E OS BARRIOS
Agrela Elvixeo4.8K views
Industria en España Industria en España
Industria en España
Agrela Elvixeo1.5K views
Sector terciario en EspañaSector terciario en España
Sector terciario en España
Agrela Elvixeo2.1K views
Campos de concentraciónCampos de concentración
Campos de concentración
magdalenagarcia314 views
FascismosFascismos
Fascismos
magdalenagarcia417 views

Similar to Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato(20)

U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
Agrela Elvixeo5.3K views
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
candeadosalnes427 views
02c o relevo terresstre video02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video
roberto 1.1K views
As paisaxesAs paisaxes
As paisaxes
loli martinez896 views
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinez
encarnavilla250 views
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
ccssdidactica ddoval8.7K views
A xeografía e o traballo do xeógrafoA xeografía e o traballo do xeógrafo
A xeografía e o traballo do xeógrafo
Luisa Márquez Rodríguez352 views
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas Proba
faro das luas162 views
Tema 11. a ecosferaTema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosfera
SALVADOR FOLGAR COUSELO1.3K views
Teoria idades da terraTeoria idades da terra
Teoria idades da terra
montx189293 views
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
velazquezturnesnieves487 views
Tema 1 xeografïa 2º bachTema 1 xeografïa 2º bach
Tema 1 xeografïa 2º bach
velazquezturnesnieves275 views
part 2part 2
part 2
montx189229 views
XeosferaXeosfera
Xeosfera
opapaventos673 views

More from Agrela Elvixeo(20)

JOSÉ CORNIDE SAAVEDRAJOSÉ CORNIDE SAAVEDRA
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA
Agrela Elvixeo945 views
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXIOS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
Agrela Elvixeo1.2K views
UNIÓN EUROPEAUNIÓN EUROPEA
UNIÓN EUROPEA
Agrela Elvixeo1.2K views
ARTEMISIA GENTILESCHIARTEMISIA GENTILESCHI
ARTEMISIA GENTILESCHI
Agrela Elvixeo2K views
CAMILLE CLAUDELCAMILLE CLAUDEL
CAMILLE CLAUDEL
Agrela Elvixeo2K views
CLARA CAMPOAMORCLARA CAMPOAMOR
CLARA CAMPOAMOR
Agrela Elvixeo1.3K views
María Barbeito e Ernestina OteroMaría Barbeito e Ernestina Otero
María Barbeito e Ernestina Otero
Agrela Elvixeo1.3K views
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptxAS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx
Agrela Elvixeo2.9K views
Francisco Fernández del RiegoFrancisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego
Agrela Elvixeo2.2K views
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptxCURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx
Agrela Elvixeo2.5K views
Urbano Lugrís Urbano Lugrís
Urbano Lugrís
Agrela Elvixeo2.4K views
Concurso a muller galega na cienciaConcurso a muller galega na ciencia
Concurso a muller galega na ciencia
Agrela Elvixeo3K views
MANUEL MURGUÍA.pptxMANUEL MURGUÍA.pptx
MANUEL MURGUÍA.pptx
Agrela Elvixeo1.6K views
Batalla de ElviñaBatalla de Elviña
Batalla de Elviña
Agrela Elvixeo2.3K views

Vocabulario de Xeografía 2º de bacharelato

  • 1. VOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍAVOCABULARIO DE XEOGRAFÍA IES ELVIÑA
  • 2. Apartado 1. Introdución. Organización territorial OS TERMOS MARCADOS EN VERMELLO ENTRAN NAS PAU Xeografía: Nun senso amplo pódese dicir que é a ciencia que estuda a superficie terrestre considerada como morada do home. Xeografía física: parte da xeografía xeral que analiza os feitos que configuran as paisaxes terrestres nos seus aspectos inorgánicos e orgánicos marxinando os debidos á acción humana, salvo como alteradores dos primeiros. Tradicionalmente estudia o sistema Terra a traverso dos subsistemas atmósfera (tempo e clima); litosfera (formas do relevo); hidrosfera (augas, ríos lagos e mares); edafosfera (composición do chan) e biosfera (vexetais e animais). Os feitos estudiados nelas están na base das realizacións humanas, en canto as condicionan en maior ou menor medida do mesmo xeito que o home o fai sobre eles. Esta concepción analítica e sistemática de facer o estudo xeográfico, vese superado polo novo enfoque ecoxeográfico onde o plantexamento inicial é formular a interacción dos elementos físicos coa relación do ser humano. O profesor Tricart é o máximo expoñente desta tendencia. En Galicia, pódense considerar como exemplo deste modelo ós profesores Augusto Pérez Alberti e Xosé Manuel Souto. Xeografía humana: parte da xeografía que estudia a diferenciación da paisaxe cultural (modificada pola acción do home) así como as relacións do home e o medio. En realidade, a xeografía humana seguíu a mesma evolución da xeografía e no momento presente é un concepto demasiado amplo que engloba campos tan variados e que constitúen ramas moi variadas como a xeografía cultural, económica, social, da poboación, urbana... A concepción ecoxeográfica ven de superar esta división da disciplina nestas dúas áreas descriptivas, integrándoas e interrelacionándoas como sinalamos na definición anterior. Rexión: división espacial básica na xeografía que vén definida por uns trazos físicos, humanos ou económicos que lle dan cohesión interna a un territorio. O concepto de rexión é moi amplo e indefinido, e pode ter distintas concepcións segundo os criterios utilizados. Por exemplo, pódese falar de rexión natural (onde hai uniformidade do medio físico), rexión económica (área particularizada por unhas relacións económicas coherentes), rexión histórica (onde a unidade vén dada por un pasado que configura unha personalidade propia), rexión administrativa (definida por límites xurídico-administrativos), rexión industrial... A indeterminación prodúcese tamén no referente á escala. Pódese falar de rexión dun nivel nacional ata un nivel mesmo supranacional (por exemplo, a rexión atlántica). Na xeografía tradicional posibilista da escola francesa de Vidal de la Blanche, a rexión, concebida dun xeito integral, era o obxecto de estudo –aparecen as grandes monografías rexionais-, sendo un dos problemas principais establecer os límites da rexión que se pretende analizar. Estatuto de autonomía: norma básica (lei orgánica) das distintas comunidades autónomas do Estado Español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio. Parroquia: división administrativa menor a un concello, integradas por varias aldeas (propias de Galicia e algúns concellos de Asturias. O estatuto de autonomía galego concédelle personalidade xurídica. Provincia: é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita. Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas. A actual división provincial española data de 1833, e divide ao Estado en 50 provincias. Segundo a Constitución española a provincia é unha entidade local con personalidade xurídica propia, definida pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado. Comunidade autónoma: unidade territorial que conta cun certo grao de autogoberno, inscrita
  • 3. Vocabulario de xeografía de España 3 nunha unidade territorial ámbito maior e soberana que é o Estado. Forma parte do modelo de descentralización política e administrativa que adoptan algúns estados e que se aplica en España a partir da entrada en vigor da Constitución no ano 1978. Dita lei recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades históricas e rexións que integran o Estado español. As comunidades autónomas réxense por un estatuto aprobado polo Parlamento españo e ratificado en referendo. Nel recóllense as competencias asumidas por cada CC.AA. e a organización administrativa do seu territorio, ficando nas mans do Estado certas competencias, sendo o resto traspasadas ás comunidades a través dun proceso de transferencias, durante o cal poden xurdir certos conflictos. Galicia, nacionalidade histórica, é unha das 17 comunidades autónomas que conforman o España, contando cun Parlamento que a súa vez escolle ó presidente do Consello de Goberno, chamado neste caso Presidente da Xunta de Galicia (poder executivo). Dende o punto de vista xudicial ás comunidades autónomas teñen os denominados Tribunais Superiores de Xustiza de cada comunidade autónoma, aínda que, Andalucía ten dous. Concello: estrutura básica de administración local. En España existen máis de 8.000 concellos dos cales máis de 300 sitúanse en Galicia. Unidade 2. O Relevo da Península Ibérica Atmosfera: capa gasosa que envolve a Terra, constituída por nitróxeno (77%), osíxeno (21%), vapor de auga (0 a 4%), dióxido de carbono, partículas sólidas en suspensión e gases nobles (argón, enón, criptón, xenón, metano, helio, hidróxeno...) o conxunto denomínase aire. A atmosfera está formada por varias capas: troposfera, mesosfera, estratosfera. A primeira delas, a troposfera, é a máis cercana á Terra e é onde se desenvolven practicamente a totalidade dos fenómenos meteorolóxicos. Biosfera: área da Terra e da súa capa gasosa envolvente onde se desenvolve a vida dos seres que habitan nela. Está configurada por tres capas: a litosfera (na súa parte superficial), a hidrosfera (augas) e a atmosfera (capa gasosa envolvente). Hidrosfera: parte da Terra configurada pola auga nos seus diversos estados (líquido, sólido e gasoso). É o conxunto de augas que forman os mares e océanos, os lagos, os casquetes polares, os glaciares, as augas subterráneas e o vapor de auga que hai na atmosfera. Litosfera: capa ríxida constituínte do globo terráqueo, sitúada por riba da astenosfera, viscosa, que abrangue algunhas decenas de quilómetros de espesor ata a superficie (nela inclúese a codia terrestre e a parte máis externa do manto). Albufeira: lagoa litoral de auga salgada ou lixeiramente salobre, separada do mar por unha lingua ou cordón de areas pero en comunicación co mar por un ou máis puntos. A súa formación adoita deberse á colmatación dunha antiga baía por sedimentos mariños ou fluviais. Alí onde as mareas non son moi acusadas e a area deposítase nunha longa lingua próxima á costa fórmanse albufeiras longas e lagoa de auga salgada situada xunto á costa e separada do mar por unha barra de area. Alóctono: chámase así o solo formado por un material procedente dun lugar diferente de onde está. Aluvión: particula sedimentaria transportada por un curso fluvial ata formar un deposito sedimentario. Os cantos rodados son un exemplo de materiais de aluvión. Anticlinal: pliegue con concavidade orientada cara o interior do globo, e orixinado pola actuación de forzas tectónicas compresivas. Bad land: paisaxe en zonas áridas, formado or numerosos barrancos de paredes verticais. Campiña: chaira baixa onde se alternan capas de arxila, arenitas e outras rochas sedimentarias, e que se caracterizan pola suavidade do seu modelado, con alternancia de lomas e vaguadas e por estar formada por varios niveis de terrazas fluviais escalonadas que soportan un intensivo aproveitamento agrícola. Na Meseta Central española atópanse claros exemplos (cobertera formada por materiais sediemtarios) sobre zócolo primario.
  • 4. Vocabulario de xeografía de España 4 Cantil: zona da costa escarpada e rocosa, de paredes verticais, a causa da erosión do mar. Cerro testigo: colina illada, testemuña da evolución e retroceso dun relevo de plataforma ou en costa. A pervivencia deste se produce pola existencia dunha rocha sólida no seu cumio. Cordilleira: serie de montañas formadas por movementos oroxénicos, que pregaron ou fracturaron os materiais que a compoñen e onde o conxunto presenta caracteres xeolóxicos e estructurais comúns. Costa: espacio lindante entre o mar e a terra en constante transformación debido á abrasión do mar. Circo: cubeta de erosión glaciaria en zonas montañosas, limitada por escarpas rocosas. Deriva continental: teoría fundamentada por Wegener a comenzos deste século que afirma que as placas continentais, que flotan sobre a sima, de maior densidade, deprazándose (ver os apuntos para saber máis*) Delta: (véxase hidrografía) Dolina: depresión pechada, máis ou menos circular, de profundidade e diámetro variables (dende uns poucos metros ata un centenar), propia das rexións calcáreas e asociada a procesos de disolución. No seu fondo acumúlanse materiais coluviales, especialmente terra rossa, arxilas avermelladas de descalcificación. Normalmente orixínase a partir dun sumidoiro, punto no que unha corrente superficial fíltrase cara ao interior da terra nun terreo calizo. Cando varias dolinas únense dan lugar ás chamadas uvalas, que presentan unhas maiores dimensións e un contorno sinuoso. En España algúns autores fan sinónimos os termos dolina e torca, aínda que outros prefiren reservar este segundo para aludir a dolinas de afundimento, algunhas ocupadas por charcas permanentes ou temporais no seu fondo. Constitúen formas típicas do relevo cárstico (véxase Modelado calizo). Na península Ibérica pódense atopar numerosos exemplos de torcas escavadas sobre material calizo, como no Parque natural Cidade Encantada, nas Torcas (ambos os situados na provincia de Cuenca, en Castela-A Mancha) ou na Paraxe natural do Torcal de Antequera (na provincia de Málaga, Andalucía). Diaclasa: fractura que non supón o desplazamento dos bloques afectados. Edafoxénese: proceso que intervén na evolución progresiva dun substrato rochoso ata a configuración dun determinado tipo de chan. É un fenómeno complexo mediante o cal se xeran toda unha serie de procesos fisicoquímicos e biolóxicos que favorecen a alteración e disgregación das rocas superficiais ( roca nai) e na formación dun solo. Erosión: acción e efectos producidos basicamente por tres axentes: o vento, a auga e o xelo. (a calor tamén), que van actuando lentamente sobre os elementos que resaltan do relevo, ata que co tempo chegan a modificar a súa forma. No ciclo erosivo participan tres proceso: erosión (propiamente dito), transporte e sedimentación. Á erosión de vertentes se lle denomina erosión areolar, á erosión dos ríos se lle denomina: erosión lineal. Erosión diferencial: erosión producida en áreas onde a topografía é inicialmente similar (unha chaira) pero os materiais da base (que están distribuídos estratigraficamente) son diferentes (por exemplo cuarciña e pizarra). A erosión fará surcos nos estratos pizarrosos, mentres nos estratos onde hai cuarzo, formaranse crestóns. Este tipo de relevo xenerado tamén se denomina relevo Apalachense. Estrato sedimentario: cada unha das capas de características uniformes e diferenciadas doutras capas que son parte integrante dunha rocha sedimentaria. Os rasgos distintivos poden ser: composición, disposición, espesor, cor e textura dos materiais. Entre dous estratos contiguos hai unha solución de continuidade ben definida que se coñece como plano de estratificación. Estrutura alpina: estructura tectónica de plegamento que presenta plegues convexos (anticlinais) e outros cóncavos (sinclinais). É propio de montañas xoves creadas durante a denominada oroxenia
  • 5. Vocabulario de xeografía de España 5 alpina na era terciaria. O Sistema Bético e parte da cordilleira dos Perineos e modelo desta estructura. Estrutura saxónica: estructura onde se alterna a tectónica de plegamento coa de fallas. A este tipo de montañas tamén se lle denomina como intermedias. O Sistema Ibérico é un exemplo desta tectónica dentro da Península Ibérica. Estrutura xermánica: estructura tectónica de fracturas que presenta bloques levantados (horst) e bloques afundidos (fosa tectónica ou graven). É propia de macizos antigos. É propio da oroxenia herciniana ou doutras anteriores (huroniana ou caledoniana). O macizo hespérico (situado na franxa occidental peninsual onde se integra o Macizo Galaico) sirve de modelo. Falla: ruptura dunha superficie en dous ou máis bloques, dislocados por movementos diferenciais de desplazamento máis ou menos vertical. Fractura: cando os materiais que reciben presións de movementos de placas tectónicas laterais, son antigos, emerxidos en paroxismos anteriores, máis duros e menos flexibles, estes materiais xa non se pliegan, rachanse, fractúranse deixando bloques fundidos ou fosas tectónicas e zonas en resalte ou horst. O Sistema Central ou o Macizo Galaico son un exemplo. Fosa tectónica: ou graven é unha longa depresión limitada en ambos os lados por fallas paralelas levantadas (horst) entre as cales o terreo se afundiu por efecto de forzas internas. Foz: cavidade vertical, paso estreito entre montañas escavado por un río. Glaciar: masa de xeo acumulada por riba do límite de neves perpetuas, dende onde se despraza val abaixo en forma de lingua ata que a ablación a vai consumindo. O modelado glaciar produce linguas e circos glaciares. Graven: véxase fosa tectónica. Horst: tamén coñecido como pilar tectónico. Bloque levantado, delimitado por un ou varios lados por fallas e relativamente saínte con respecto ó contorno. Isohipsa: en cartografía, liña que une puntos de igual altitude. Véxase curva de nivel. Lapiás: superficies rochosas con numerosas canalizacións e sucos. Litoloxía: parte da Xeoloxía que estuda as rochas. Macizo: relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos. Conxunto de relevos montañosos. Magma, magmatismo: proceso magmático. O magma é a masa de roca fundida baixo a superficie da Terra, a moi elevadas temperaturas e a enormes presións. Cando se solidifica baixo a codia terrestre dá lugar a rochas intrusivas ou plutónicas, e se alcanza a superficie convírtese en lava que, por solidificación da lugar a rochas extrusivas, eruptivas ou volcánicas. Manto de corremento: conxunto de pliegues que sufriron unha presión orogénica tan intensa que foron desprazados do lugar no que se sedimentaron. Véxase alóctono. Meseta: superficie cha de importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculda, elevada con respecto ó nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia tan só colinas ou cerros testigos. Metamorfismo: transformación que sufren as rochas no interior da codia terrestre a consecuencia de cambios de temperatura e presión, coa introducción de gases e disolucións. As novas rochas orixinadas (rochas metamórficas) sufren na transformación (química-mecánica) un cambio de estructura, de textura ou de composición mineral.
  • 6. Vocabulario de xeografía de España 6 Modelado kárstico: nome derivado da rexión de Karst que indica o modelado sobre rochas calizas producido pola disolución da mesma ante augas con alto contido en CO2, e por tanto disolvendo a cal en bicarbonatos cálcicos e creando formas peculiares como dolinas, uvalas, lapiaces ou poljes. Morrena: forma de acumulación glaciaria caracterizada porque os seus depósitos ó revés do que sucede nos solos, non están estratrificados (mestúranse gravas, limos e arxilas), non teñen tamaños homoxénos e presentan formas angulosas. Distinguimos, segundo o lugar que ocupan, morrenas laterais, constituídas por materiais arrincados ás paredes do val ou que caeron sobre o glaciar; morrena central, cando conflúen as morrenas laterais; morrena interna, a transportada no interior do glaciar; de fondo... Oroxénese: proceso de dobramento e formación de oróxenos ou cordilleiras. Oroxenia: período xeolóxico durante o cal se forman as cordilleiras. As oroxenias máis importantes foron a herciniana na era primaria hai uns 300 millóns de anos e a alpina (era terciaria) hai 60 millóns de anos. Oroxenia herciniana: creación de montañas na era primaria ou paleozoica dentro do período devónico ó carbonífero hai 300 millóns de anos. Como os materiais son moi antigos e ríxidos, posteriores oroxenias fixeron que respondesen fracturándose. As elevacións do sector occidental da Península Ibérica pertenencen a esta oroxenia. Oroxenia alpina: creación de montañas na era terciaria ou cenozoica dentro do período do paleóxeno hai 60 millóns de anos. Como os materiais son moi recentes e maioritariamente sedimentarios, responderon á tectónica de plegamento. Os relevos máis vigorosos da península pertenencen a esta oroxenia como son os Pirineos e o Sistema Bético. Panxea: nome asignado por Alfred Wegener para definir ó supercontinente formado pola unión de tódoos continentes actuais. Os xeólogos distinguen dúas Panxeas: Panxea I: dende o inicio da Terra ata que empezou a fragmentarse ó inicio da era primaria para logo volverse a unir durante o período Carbonífero: Panxea II. Páramo: superficie de erosión ben constituída que pode estar fosilizada por potentes estratos sedimentarios. Caracterízase por unha, máis ou menos, elevada altitude cunha clara tendencia á planitude por amosar solos pouco desenvolvidos, rochosos ou pedregosos, e por unha escasa vexetación. Terreo ermo, raso e desabrigado. Paroxismo: período de máxima intesidade nun movemento oroxénico. Penechaira: chairas case uniformes producidas pola erosión continua durante millóns de anos. Relevo pouco diferenciado, semellante a unha chaira suavemente ondulada con amplos vals en forma de artesa (“U”) resultado dun ciclo normal de erosión característico de longos períodos de calmas tectónicas como o que transcurre entre os movementos hercinianos e alpinos, ou dende este último ata a actualidade. A parte occidental da Meseta Central está configurada desta maneira. Penedos (berrocais): zona de pedras graníticas de formas máis ou menos redondeadas. Tamén reciben o nome de paisaxe de bolas ou bloques. En Galicia e no Sistema Central afloran moito este tipo de modelado nas rochas graníticas por erosión da codia diaclasada. Perfil topográfico: liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas levantadas a partir dun mapa onde están representadas as isohipsas ou curvas de nivel. Periglaciar: sistema de erosión caracterizado pola actividade da auga alternada coa do xeo e o desxeo, responsable das formas de modelado que atopamos no dominio do seu mesmo nome, que se localiza nas marxes do dominio glaciario. Nas Serras dos Ancares, Meira, Queixa... existen moitos exemplos deste modelado. Placa Tectónica: dícese dos casquetes esféricos, ríxidos, nos que se subdivide a codia terrestre* e parte do manto*. As placas mobilízanse unhas respecto ás outras. O conxunto de materiais que forman as placas denomínase litosfera.
  • 7. Vocabulario de xeografía de España 7 Pregamento: flexión de materiais plásticos durante unha oroxenia. Polxé: depresión de tipo cárstico delimitada por barrancos abruptos. Regresión mariña: retroceso do mar nos períodos de glaciacións ó descender o nivel deste. Relevo apalachense: véxase erosión diferencial. Rocha arxilosa: rocha sedimentaria de orixe detrítico. Rocha caliza: rocha sedimentaria de orixe químico. Rocha ígnea: rochas de orixe interno por consolidación do magma no interior da Terra. Poden ser intrusivas ou plutónicas se cristaliza o seu magma no interior da codia terrestre como por exemplo o granito, peridotita, gabros... ou extrusivas ou volcáncias: se o seu magma é explusado ó exterior e non cristalizan no interior da Terra como por exemplo o basalto. Rocha metamórfica: rochas afectadas polo metamorfismo* como por exemplo o mármore, pizarra, xisto, cuarciña, gneis... Rocha sedimentaria: rochas creadas polo proceso de erosión doutros materiais: poden ser clásticas ou detríticas se a alteración e mecánica: conglomerados, areica, areas, arxilas... Se alteración é química: caliza, xeso, sales... Se a alteración é orgánica (descomposición de seres vivos animais ou vexetais): carbóns, petróleo... Rocha silícea: rochas con ph ácido onde predominan o mineral sílice e o aluminio por exemplo o granito. Sedimentación: proceso de acumulación de detritos ocasionados pola erosión. Serra: liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de cristas dentadas orixinadas por un pregamento. Sinclinal: parte da prega que se fonde e que en xeral presenta unha forma de cunca. Concavidade cara o exterior da terra. Somontano: o termo signfica ao pé do monte. Trátase dunha zona de transición entre unha montaña e a área máis baixa dunha depresión. O exemplo máis destacado (que tamén dá nome a unha comarca aragonesa) sería o espazo de transición entre o Prepireneo e a depresión do Ebro. Os solos desta área contén rochas sedimentarias (areísca e arxila) así como rocha calcárea e material aluvial. Presenta escasa fertilidade e boa drenaxe. A altitude oscila entre os 350 e 650 metros. Subducción: dícese dunha placa tectónica que se introduce por debaixo doutra. Tectónica de placas: é unha teoría científica que establece que a litosfera (a porción superior máis fría e ríxida da Terra) está fragmentada nunha serie de placas ou baldosas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera). Esta teoría tamén describe o movemento das placas, as súas direccións e interaccións. Transgresión mariña: inundación da auga do mar nos momentos dos desxeos das grandes glaciacións na era cuaternaria. A inundación dos fiordos e das rías débese a este tipo de episodio. Xeoloxía: ciencia que estudia a orixe, formación, estructura e historia da Terra. Xeosinclinal: surco ou depresión da codia terrestre onde se van acumulando grande cantidade de sedimentos, que posteriormente son levantados e plegados. Os xeosinclinais habitualmente forman parte das grandes cubetas sedimentarias mariñas que, conforme van acumulando sedimentos, siguen procesos de subsidencia ou afundamento ata que as placas tectónicas inician un proceso de empuxe que permite aflorar os sedimentos en formas plegadas.
  • 8. Vocabulario de xeografía de España 8 Zócolo: masa de materiais antigos consolidados, que sirven de superficie de soporte dos materiais sedimentarios e cando afloran dícese del que é unha superficie de erosión. Apartado 2. O clima Anemómetro: Instrumento que mide a velocidade ou a forza do vento, cando é capaz de rexistralo chamáselle anemógrafo. Anticiclón ou alta presión: campo atmosférico que supera os 1013 mb. Este individuo isobárico aparece cartografíado nos mapas sinópticos de situación en superficie con series isobáricas concéntricas de formas case circulares e espaciadas onde vai diminuíndo a presión do interior ó exterior. A circulación atmosférica, que ten orixe nestes centros, desprázase no hemisferio Norte no sentido das agullas do reloxo (dende o interior cara o exterior) namentres que, no hemisferio Sur o fai en sentido contrario (Leis Buys-Ballot). A presencia destes centros é sinal, polo xeral, de tempo estable seco e cálido nos meses de verán e frío e seco en inverno. A súa orixe pode ser dinámica ou térmica. Anticiclón dinámico: dícese daquelas altas presións que teñen a súa orixe nos centros de acción da circulación xeral atmosférica (o Anticiclón das Azores é un exemplo con respecto a Europa e a Península Ibérica en xeral) (de desenvolvemento zonal) Anticiclón térmico: xenerado no interior dos continentes, a ras de solo, cando a situación térmica e moi fría creando unha alta presión onde o aire ascende verticalmente (Anticiclón siberiano en inverno) (de desenvolvemento vertical) Aridez: insuficiencia de auga no solo e na atmosfera. Depende da relación que hai entre a precipitación e a temperatura. Así, é maior canto menor é o volume de precipitación e canto máis alta é a temperatura. Para calcular a aridez, existen diversos índices como o de Gaussen ou De Martonne por exemplo. Atmosfera: capa gaseosa que envolve a Terra, constituída por nitróxeno 77%, osíxeno 21%, vapor de auga (0 a 4%), dióxido de carbono, partículas sólidas en suspensión e gases nobles (argón, enón, criptón, xenón, metano, helio, hidróxeno...) o conxúnto denomínase aire. A atmósfera está formada por varias capas: troposfera, mesosfera, estratosfera. A primeira é a máis cercana á terra e é onde se desenvolven tódolos fenómenos meteorolóxicos. Barlovento: fachada xeográfica que mira cara onde sopla o vento (de procedencia fundamentalmente marítima). A fachada oposta á dirección do vento se di que está a sotavento. Barógrafo: Instrumento que rexistra ou inscribe as variacións da presión atmosférica. Barómetro: instrumento medidor da presión atmosférica. O barómetro de mercurio ou de Torricelli a sinala mediante o contraste entre o peso do ar e o dunha columna de mercurio, o facer variar aque a altura deste. O barómetro aneroide ou de Vidie, indica a presión a través da contracción ou expansión dunha cámara metálica ó bacía. As súas variacións son transmitidas por múelle e unha agulla sobre unha escala graduada. Borrasca: área de baixa presión (no mapa de superficie inferior a 1013 mb ou 760 mm de mercurio). Na súa representación cartográfica as isóbaras debuxan formas elípticas concéntricas a partir dun punto interior no que se rexistra a presión máis baixa (centro da borrasca) crecendo ésta cara a periferia. Constitúen áreas de inestabilidade e de atracción de ventos, que xiran no hemisferio norte no sentido contrario ás agullas do reloxo. Producen un tempo inestable, ventoso e chuvioso. Carácter zonal: perturbacións atlanticas ligadas á ondulación do frente polar, orientanse de oeste a este dende as costas de América do Norte cara o occidente europeo. Cicloxénese: zona de xénese ou nacemento de perturbacións ou borrascas. Circulación xeral atmosférica: desprazamento do aire na atmosfera (con caracter global) dende os centros de alta cara as baixas presións. Existen dous tipos de cirulacións: en superficie, é decir, na atmosfera situada a poucos metros da superficie terrestre e que esta ordenada polos cinturóns de altas e baixas presións que se sitúan en
  • 9. Vocabulario de xeografía de España 9 distintas áreas latitudinais. E en altura (entre os 5.000 e 11.000 metros) xenerada pola corrente en chorro. Convección: transmisión de calor por contacto. Do chan á capa de aire que están sobre el. Choivas convectivas: precipitacións provocadas por un forte caldeamento da capa baixa da troposfera. O ascenso subseguinte provoca o arrefriamento, a condensación e, finalmente a precipitación. As tormentas estivais soen ser consecuencia deste mecanismo. Clima: conxunto de tempos atmosféricos que se dan nunha área xeográfica determinada e que se repiten de maneira cíclica (períodos de máis de 30 anos) Corrente en chorro (jeat stream): Fluxo de aire que se despraza a unha velocidade comprendida entre 150 a 250 km/h nunha altitude entre os 5.000 e 11.000 m. Circula entre os 40 e 60º de latitude en dirección oeste-este unindo as altas presións tropicais coas depresións subpolares. Efecto föehn ou choivas oroxéncias: precipitación producida nas ladeiras das montañosa sitúada a barlovento cando unha masa de aire cálido e húmido é forzada a ascender para salvar ese obstáculo. Isto fai que o vapor de auga se enfríe e sufra un proceso de condensación ou sublimación onde se forman nubes e choivas. Mentres que, na ladeira situáda a sotavento, o aire xa seco e cálido descende rapidamente quentándose a medida que descende e cun humidade sumamente escasa. O efecto Föehn é o proceso descrito nas ladeiras de sotavento e resulta ser un vento "secante" e moi quente. Elemento climático: cada un dos actores que participan nas condicións atmosféricas ou climáticas: precipitación, temperatura, presión atmosférica... Factor climático: ver apuntes. Factores astronómicos: relativos ós movementos da Terra respecto ó Sol, e ás consecuencias que deles se derivan respecto ó reparto enerxético segundo a latitude que se ocupe no planeta. Mostran a importancia da inclinación dos raios solares sobre un lugar, así como a duración dos días e das noites. Factores dinámicos: relativos á circulación atmosférica, en especial a que nos afecta: masas de aire, borrascas e anticiclóns (centros de acción), frentes. Factores xeográficos: posición xeográfica dos grandes dominios próximos, para centrarnos seguidamente na configuración, o relevo, o sustrato litolóxico e a acción antrópica. Fronte. Fronte cálido. Fronte frío. Fronte ocluído: área de contacto de dúas masas de aire de características diferentes. A fronte pode ser fría cando a masa de ar fría alcanza unha quente. Debúxase cunha liña con cuñas. Quente, cando unha masa quente alcanza a unha fría. Debúxase cunha liña con semicírculos. Ocluída cando converxen as dúas frontes anteriores. Debúxase alternando unha cuña e un semicírculo. Gota fría: situación orixinada nunha corrente en chorro polar ou jet stream cando ten unha traxectoria moi ondulada que pode producir o estrangulamento dunha valgada quedando así aillada unha masa de aire frío de orixe polar no medio de aire de orixe tropical. A pinga fría, que conserva o seu xiro ciclónico, convértese nunha baixa presión en altura, o que produce inestabilidade e favorece a convección. A gota fría será máis importante canto maior sexa a temperatura en contacto coa superficie terrestre e provoca unha forte inestabilidade con nubes de máis de 10 km de altura. Esta situación prodúcese fundamentalmente, nas estacións equinociais, principalmente nos primeiros días de outono provocando fortes precipitacións nas áreas afectadas. Inversión térmica: situación atmosférica anómala na que a temperatura do aire é máis frío no solo ca en altura. É típica de inverno, en situación anticiclónica (irradiación nocturna invernal), en lugares cuxa topografía favorece o estancamento do aire durante varios días, como os fondos dos vales e as concas intramontañosas. Nestes lugares o arrefriamento nocturno do solo transmíteselle ao aire que está inmediatamente enriba, que se volve máis frío que o das capas altas. Adoita provocar néboas baixas e orballo ou rosada ao amencer. A inversión tamén pode ser de fronte ao introducirse unha masa de aire fría por debaixo dunha cálida.
  • 10. Vocabulario de xeografía de España 10 Isóbara: liña que une puntos de igual presión atmosférica. Isohieta: liña que une puntos de igual precipitación. Isoterma: liña que une puntos de igual temperatura. Jet stream ou corrente en chorro: fluxo de aire que se despraza a unha velocidade comprendida entre 150 a 250 Km/h nunha altitude entre os 5.000 e 11.000 m. Circula entre os 40 e 60º de latitude en dirección oeste-este unindo as altas presións tropicais coas depresións subpolares. Microclima: clima local de características distintas ás da zona en que se atopa. O microclima é un conxunto de situacións atmosféricas que caracterizan unha contorna ou ámbito reducido. Os factores que o compoñen son a topografía, temperatura, humidade, altitude-latitude, luz e a cobertura vexetal. Presión atmosférica: peso exercido polo aire atmosférico sobre a superficie da Terra. Mídese mediante un barómetro ou barógrafo, en milibares (mb) que son unidade de peso por unidade de superficie. Se cartografía mediante as isóbaras ou isolabaras. Tradicionalmente a presión se media en (mm) de mercurio (torr) , ou mm de altura a que o peso do aire equlibra unha columna de mercurio de 1 cm2 de sección, hoxe en día este sistema foi abandonado practicamente, por canto o torr en definitiva non deixa de ser unha unidade de lonxitude e non de peso por superficie. A presión media normal ó nivel do mar e a 15ºC de temperatura é de 1013,3 mb ou 760 mm de mercurio, que equivalen a un peso de 1033,2 gramos por cm2. Posto que a maior parte do aire atmoférico atópase nas capas baixas e vai enrarecéndose rapidamente coa altura, a presión vai disminuído cada vez máis lentamente para iguais tramos. Así os 850 mb atópanse ós 1380 m de altitude; os 700 mb ós 2910 m. 500 mb a 5500 m de altitude. 300 mb ós 9100 m; os 200 mb, cara os 11900 m; 100 mb ós 16300 m. Solaina: denominase xeralmente ás ladeiras ou vertentes dunha cordilleira ou zona montañosa en xeral que reciben maior cantidade de radiación solar, en comparación coas vertentes ou ladeiras de umbría. Sotavento: (véxase barlovento) Tempo: Estado da atmosfera nun momento e lugar concreto, ou durante un breve período de tempo cronolóxico (días, semanas, meses, anos) referido ós diversos elementos climáticos. É un estado variable máis cambiante que o clima. Umbría: denominase xeralmente ás ladeiras ou vertentes dunha cordilleira ou zona montañosa en xeral que reciben menor cantidade de radiación solar, en comparación coas vertentes ou ladeiras de solaina. Como consecuencia a súa vexetación será moito máis pobre e diferente que a doutra vertente. Apartado 3. Hidrografía. Acuífero: rico en auga. Calquera área do planeta que ten reservas deste elemento básico para a vida. Aforo: medida de volumes. Aplícase á avaliación ou medida da auga dos ríos. Albufeira: Lagoa litoral formada por auga salgada e separada do mar por un cordón ou restinga no que se abren bocas que a comunican con el. Arrastre: materia sólida que leva un curso de auga. Augas soterráneas ou freáticas: augas que circulan por debaixo da capa superficial da terra que nunca sobrepasan os 30 m. de profundidade. Son aproveitadas polo home, que as extrae por medio de pozos.
  • 11. Vocabulario de xeografía de España 11 Avenida: aportación rápida e máis ou menos violenta e catastrófica da auga nun cauce ou val fluvial, por encima dos volumes habituais. Tamén enchente. Bacía fluvial ou conca fluvial: Todo espacio que drena as augas que van parar a un determinado río. Tamén todo o espacio onde os ríos verten a un mesmo mar ou océano. Canón: val profundo de vertentes abruptas, excavado nunha rexión calcárea por un curso de auga. Cauce: espacio de circulación da auga dun río. Caudal absoluto: cantidade de auga, expresada en hm 3 , que un curso de auga evacúa ó longo dun ano ou outra unidade de tempo, aínda que é o ano a que normalmente se utiliza. Caudal medio: m 3 /seg. Caudal relativo: poñendo en relación o caudal medio anual expresado en litros/segundo, cos km 2 da conca vertente e serve para comparar ríos. Para calcular o caudal relativo dun río, hai que pasar de m 3 /seg a l/seg multiplicándoos por mil e dividir esta cifra entre a superficie da conca. En xeral, un módulo considérase escaso se é inferior a 5; medio se está entre 5 e 15 e elevado, se é superior a 15. Conca, cunca ou bacía fluvial ou hidrográfica: territorio drenado por un único sistema de drenaxe natural, é dicir, que drena as súas augas ao mar a través dun único río, ou que verte as súas augas a un único lago endorreico. Unha conca hidrográfica é delimitada pola liña dos cumes, tamén chamada divisoria de augas. O uso dos recursos naturais regúlase administrativamente separando o territorio por concas hidrográficas, e con miras ao futuro as concas hidrográficas perfílanse como as unidades de división funcionais con máis coherencia, permitindo unha verdadeira integración social e territorial por medio da auga. Corga: leito que está seco gran parte do ano, incluso varios anos, pero ante unha precipitación copiosa pode levar un elevada caudal de auga. Tamén rambla. Delta: forma de acumulación aluvial localizada na desembocadura dun río. Véxase o delta do Ebro. Divisoria de augas: liña que separa dúas concas hidrográficas. Enchente: tamén chamada avenida, é o rápido aumento do nivel de auga que descende por un curso fluvial. Endorreico: espacio onde o drenaxe non flúe ó mar. Esteiro: extensión mariña próxima á desembocadura dun río, na que as interaccións do mar e do río son notables; as daquel mediante o mecanismo das mareas, as de éste polo importante aporte de auga doce. Isto, por unha banda, senta as bases dun ecosistema moi peculiar. Ofrece modalidades de erosión/deposición moi peculiares tamén xa que as mareas arrastran mar adentro sedimentos que o río deixa no propio esteiro. Por iso o esteiro é un fenómeno xeomorfolóxico oposto ó delta. Estiaxe: Caudal mínimo dun curso de auga. Nivel máis baixo das augas dun río estacionalmente, pode coincidir ou diferir, en maior ou menor medida, co mínimo anual de precipitacións. Exorreico: espacio onde a drenaxe chega ó mar. Hidrosfera: Parte da terra cuberta de auga ou xeo. Entre a hidrosfera e a atmosfera establécese o ciclo biolóxico. Infiltración: movemento descendente da auga no solo ou nas rochas. Inundación: proceso extraordinario polo que as augas de chuvia dun río ou incluso do mar, alcanzan lugares non habituais e con diferentes caracteres catastróficos.
  • 12. Vocabulario de xeografía de España 12 Marea: oscilación vertical, periódica e alternativa de grandes masas de auga de mar, orixinada polas forzas de atracción da lúa e do sol, en combinación co movemento de rotación da terra. Os seus niveis máximos e mínimos reciben o nome de preamar ou chea, e baixamar ou baixa. Marisma: terreo lixeiramente deprimido con respecto ó nivel do mar que resulta asolagado polas augas mariñas cando sobe a marea. As marismas tamén poden estar situadas nunha zona de esteiro e verse afectadas por aportes fluviais. Leito: ver cauce. Nivel freático: superficie superior da zona de saturación nas rochas permeables. Este nivel varía estacionalmente. Cando corta a superficie terrestre pode dar orixe a fontes, filtracións, pantanos ou lagos. Rambla: leito natural por onde as augas corren só cando as choivas son o bastante copiosas. Son os cauces típicos dos países áridos, que só chove circunstancialmente, como moitos dos noso litoral Mediterráneo. Tamén corga. Rede fluvial: conxunto formado por un río principal e os seus afluentes e os cursos de auga tributarios destes últimos. O deseño en planta da rede hidrográfica traduce algúns condicionantes lito-técnicos, á vez que sirve de criterio de clasificación: rede dentrítica ou arbórea: caracterizada porque os afluentes desembocan no río principal formando un ángulo agudo; é propia de rochas masivas e de rochas incoherentes que non impoñen un trazado estrutural da rede. Rede radial, na que os ríos afluentes se dispoñen radialmente, diverxendo ou converxendo. (Exemplo cráter volcánico). Rede anular e rede rectangular. Réxime fluvial: ritmo da variación ou oscilación cíclica da caudalosidade dun río durante un ano. Os aportes dun río poden ser de orixe pluvial ou nival; ou tamén estes dous convinados. Existen gráficas para analizar este tipo de alimentación e esta periodización. Ría: val fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade polas augas do mar. Ver apuntes do relevo para ver a clasificación da orixe das rías galegas. Terraza fluvial: forma de acumulación dun río orixinada pola súa actividade sedimentaria. localizada nun val. Correspóndese cos antigos leitos fluviais abandonados e postos en resalte sobre o cauce actual por erosión lineal. Tómbolo: barra litoral de escasa lonxitude e superficie reducida que comunica unha illa cercana á costa co continente. Fórmase pola acumulación de cantos, gravas e areas, que producen as ondas refractadas ó chocaren coa illa. Torrente: curso de auga impetuoso e violento vinculado ás choivas torrenciais. As súas partes están constituídas por: conca de recepción, canle de desague e cono de dexección. Vertente: pendente superficie inclinada dun relevo. Apartado 4. Vexetación Antrópico: relacionado cos seres humanos. Avaliación do impacto ambiental: procedemento técnico-administrativo que serve para identificar, previr e interpretar os impactos ambientais que producirá un proxecto na súa contorna en caso de ser executado, todo iso co fin de que a administración competente poida aceptalo, rexeitalo ou modificalo. Este procedemento xurídico administrativo iníciase coa presentación da memoria resume por parte do promotor, segue coa realización de consultas previas a persoas e institucións por parte do órgano ambiental, continúa coa realización do EsIA (Estudo de Impacto Ambiental) a cargo do promotor e a súa presentación ao órgano substantivo. Prolóngase nun proceso de participación pública e conclúese coa emisión da DIA (Declaración de Impacto Ambiental) por parte do Órgano Ambiental.
  • 13. Vocabulario de xeografía de España 13 Avesedo: vertente dunha montaña orientada ó norte que recibe menor cantidade de radiación solar; polo xeral, é máis fresca e húmida. Bioclimático: límites producidos polos factores e elementos climáticos que inciden na variación da vexetación e da fauna dunha área concreta. Biomasa: materia orgánica dos seres vivos que existen nun determinado ecosistema. A biomasa vexetal, tamén denominada fitomasa, soése medir en peso de materia seca por unidade de superficie. Bosque caducifolio: bosque formado por arbres ou especies arbustivas predominantemente de folla caduca. Bosque perennifolio: bosque formado por arbres ou especies arbustivas que teñen folla que permanece durante todo o ano. Braña ou braño: área higrotubosa desenvolvida sobre terreos topograficamente deprimidos. Cliserie: é un termo xeográfico que fai referencia sucesión altitudinal da vexetación nunha cordilleira. Trátase dnha distribución graduada de tipos de vexetación diferentes, os cales están determinados polas variacións climáticas conforme se vai ascendendo por unha vertente montañosa.. Criófila: especie vexetal adaptada ós climas fríos, á que prexudica un aumento de temperaturas. Conífera: árbore ximnospérmica que posúen froitos en piñas e que, case sempre, levan acículas ou follas en forma de escamas. Ordinariamente son resinosas. Deforestación: proceso de desaparición de masas forestais (bosques), fundamentalmente causada pola actividade humana. A deforestación está directamente causada pola acción do ser humano sobre a natureza, principalmente debido ás talas, tanto as realizadas pola industria madeireira, como aquelas que pretenden a obtención de solo para cultivos agrícolas. Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que comprometen a supervivencia dos bosques, situación que se pretende controlar mediante a esixencia de requisitos de calidade para os combustibles, como a limitación do contido de xofre. Nos países menos desenvolvidos, as masas boscosas redúcense ano tras ano, mentres que nos países industrializados estanse recuperando debido ás presións sociais, reconverténdose os bosques en atractivos turísticos e lugares de esparexemento. Desertización: enténdese o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas dos desertos, remata adquirindo as características destes. Isto sucede como resultado da destrución da súa cuberta vexetal e da erosión del solo. O proceso de desertización está ligado directamente á contaminación atmosférica e a fenómenos como o requentamento da Terra. Devesa: voz que en orixe significou terreo de pasto acotado e defendido, defesa; hoxe emprégase con referencia a terreos principalmente pecuarios adicados a pasto, con arbolado aclarado, cercado e máis ou menos compartimentados para ordenar o pasto, de centos a miles de hectáreas de extensión e propios dos espacios de escasa ou nula vocación agrícola da España seca. A dehesa máis frecuente é a de aciñeiras, aínda que tamén pode estar constituídas por sobreiras (alcornoques en castellano), quexegos, freixos e incluso carballos. Este tipo de explotación é respetuosa co medio ambiente, xa que supón un equilibrio entre explotación e conservación, e acabar coa competencia dos regadíos que a amenazan en grandes áreas de Extremadura. Unha dehesa famosa que se converteu en Parque Nacional é Cabañeros en Ciudad Real. Ecosistema: base teórica nos estudios ecolóxicos. Trátase do conxunto de seres interdependentes que habitan nun lugar ou territorio definido dunha fauna e unha flora particulares. Funciona como un sistema con relacións interiores establecidas pola interacción dos seres entre sí e co medio, e con relacións exteriores como a enerxía, auga,...
  • 14. Vocabulario de xeografía de España 14 Edafoxénese: Endemismo: limitación dunha especie animal ou vexetal a unha área concreta que non se dá noutra. Especie criófila: especie vexetal adaptada ós climas fríos, á que prexudica un aumento de temperaturas. Especie halófila: organismos capaces de soportar un contido elevado de sales (especialmente cloruro de sodio) no solo ou na auga. Especie heliófila: especies que precisan o sol para o seu desenvolvemento e crecemento. Especie higrófila: ser vivo acomodado a vivir nun medio húmido e ó que lle perxudica a sequidade no seu crecemento. Especie mesófila: vexetación que precisa un medio cunhas precipitacións e temperaturas de tipo moderado ou medio, como ocurre con case tódalas árbores. Especie termófila: ser vivo adaptado a vivir en áreas xeográficas moi cálidas polo que non aguanta as áreas frías. Especie umbrófila: ser vivo que necesita as áreas sombrías para desenvolverse. Especie xerófila: vexetación que se desenvolve en ambientes áridos, estacional ou permanente, onde as plantas acomódanse ó déficit hídrico e a elevada insolación. Así existen tipos moi diversos de plantas de follas pequenas, coriáceas, de codia dura, moitas veces reducidas a espiñas, de gran desenvolvemento da raizame... Estepa: tamén denominada pradaría de herba baixa. Trátase dunha formación vexetal de herba baixa e descontinua, ás veces picada de arbustos e árbores de pouco porte. Abarca tódalas gradacións posibles ata as formacións de semideserto e de bosque claro. A súa distribución no mundo vai dende o ecuador ata os 55º N e 45º S onde predomina un réxime climático de invernos fríos e secos e veráns calorosos que facilitan procesos pedoxénicos de calcificación. Esta formación é típica de solos marróns con baixo contido en humus. Formación arbórea: especies vexetais que teñen unha altitude vexetal superior ós dous metros e teñen un tronco como soporte. Formación arbustiva: especies vexetais que teñen unha altiude vexetal entre un e dous metros. Igual que as especies arbóreas teñen un soporte leñoso ou tronco. Formación herbácea: especies vexetais inferiores a un metro. Frondosa: árbores con froitos moi variados e follas anchas. Emprégase este termo en contraposición ó de coníferas. Gándara: terreo practicamente chan, incluto, que presenta un alongamento importante como consecuencia da súa posición topograficamente deprimida con respecto ós arredores, o que fai que se comporte como unha conca endorreica ou case endorreica, e como consecuencia tamén da impermeabilidade que adquire o seu solo debido á sedimentación de materiais fundamentalmente arxilosos. Deste xeito fórmase unha lagoa que, con noves aportes de materiais e a vexetación que nela se desenvolve, se vai convertendo nun espacio pantanoso que é o que xeralmente se coñece co nome de gándara. Este proceso de sedimentación e perda progresiva da situación de alagamento conduce á formación de brañas. Garriga: asociación vextal propia das áreas máis secas do clima mediterráneo, constituída basicamente por matorreira (carrasca, romeu, trovisco) e arbustos ou plantas espiñosas, matas aromáticas... que se desenvolve nos terreos calcáreo desas áreas. É un mato perennifolio, xerófilio, pouco denso. Tamén lle foi aplicado ós lugares incultos de solo calcário onde medra este mato. Gramíneas: plantas case sempre herbáceas, de tallos cilíndricos, fistulosos e con nudos, usualmente denominados cañas ou cañuelas; as súas flores reúnense en espigas, que a súa vez poden agruparse en panículas. A esta familia pertencen os cereais, innumerables pratenses de todas as latitudes, a caña de azúcar e o bambú.
  • 15. Vocabulario de xeografía de España 15 Landa: formación vexetal de baixo porte na que predomina a familia das ericáceas (cos xéneros Erica e Calluna) e das leguminosas (con xéneros diversos coma o Ulex, Genista, Sarothamnus) que se localiza sobre solos incultos e ácidos e con clima húmido. Débese á degradación das formacións arbóresas debido á acción antrópica. Ocupa en Galicia perto de ¼ da superficie xeográfica, case todo o litoral costeiro está configurado por esta formación vexetal. Se vos dades un paseo dende Camelle ó Vilano podedes ver unha fermosa paisaxe de landas ou de Camelle a Laxe idem. Laurisilva: tipo de bosque nuboso subtropical ou selva alta, propio de lugares húmidos, cálidos, e con leves xiadas ou sen elas, con grandes árbores, sotobosque e lianas cuxas follas se parecen ás do loureiro, do que toma o nome. A laurisilva dáse en rexións de clima temperado húmido e cálido como nas zonas montañosas subtropicais canarias. Lixivación: disolución e lavado dos elementos solúbeis do horizonte superior dun solo pola acción da auga. Como consecuencia empobrécese o horizonte A dos solos. Macaronésico: propio das illas Canarias. Provén do grego makaros “feliz” e nesos “illas”. Illas afortunadas. Maquis: formación arbustiva mediterránea degradada pola acción antrópica. Caracterízase por ser rica en especies de máis de dous metros de altura, moi densa e impenetrable. As súas especies principais son a xara, o breixo, o lentisco e a xesta. É máis rica que outra formación mediterránea denominada garriga. Este tipo de matorral medra sobre solos silíceos, mentres que a garriga, máis pobre, atópase en solos calcáreos. O maquis é o resultado da degradación por tala abusiva de antigos aciñais. Paisaxe: o termo utilizase xeralmente en xeografía para sinalar calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no espazo. A paisaxe xeográfica é por tanto o aspecto que adquire o espazo xeográfico. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Todo paisaxe está composto por elementos que se articulan entre si. Estes elementos son basicamente de tres tipos: abióticos (elementos non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana). Determinar estes elementos é o que constitúe o primeiro nivel da análise Pradaría: nome que ten como acepción vulgar sinónima prado. Xeobotanicamente e con carácter rexional, a pradaría é a formación herbácea, fundamentalmente de gramíneas que se extende entre os bosques temperados e temperadofríos do centro de EEUU e Canadá e as Rochosas. En senso amplo área extensa cuberta de prados e pastos. Prado: espacio cuberto por vexetación herbácea apta para o aproveitamento gandeiro. Existe unha grande variedade de tipos segundo a súa duración, orixe, as especies que o compoñen ou a súa forma de explotación. Os prados ocupan unha parte importante da superficie agraria galega ó iren ligados ó desenvolvemento da gandeiría. Prados naturais ou pastos: espacios non cultivados e cubertos por unha formación herbácea espontánea que pode servir como pasto para a gandeiría. Pradarías polifíticas: prado de duración plurianual sementado polo agricultor-gandeiro con especies variadas segundo as necesidades e aptitudes do medio natural. Este tipo de prados experimentaron en Galicia un grande desenvolvemento gracias ós seus bos rendementos, prestanto diversas combinacións de especies entre as que destacan o ray-grass italiano e o trevo. Rupícola: planta que vive sobre as rochas. Solaina: vertente dunha montaña orientada ó sur e que recibe maior cantidade de radiación solar; polo xeral é máis cálida e seca. Sotobosque: estrato vexetal desenvolto baixo a copa das árbores do bosque (vexetación arbustiva e herbácea).
  • 16. Vocabulario de xeografía de España 16 Sucesión: secuencia de fases ou etapas na evolución dun ecosistema ó longo do tempo. Esta sucesión desenvólvese ata que o ecosistema alcanza a súa etapa culimante no clímax. Vexetación antrópica: especies vexetais modificadas pola acción humana. Por exemplo a repoboación de especies madereiras (pino, eucalipto) ou a vexetación de ribeira. Vexetación clímax: fase final de máximo desenvolvemento dunha comunidade vexetal na que esta adquire unha estrutura complexa, atopándose en equilibrio dinámico con respecto ó seu contorno ambiental. Apartado 5. Poboación Censo de poboación: recompilación de datos relativos ó número de individuos que compoñen unha determinada poboación e as súas principais características. Trátase de datos de carácter variado (demográficos, socioeconómicos, socioculturais...) recollidos, de xeito individual, entre tódolos individuos que compoñen unha poboación referidos a un momento dado (momento censal). Os censo no seu senso moderno, non comenzan ata ó inicio da revolución industrial nas sociedades occidentais. En España o primeiro censo moderno data de 1857. Existe unha grande diferencia en canto ós censos que se realizan nos distintos países sobre todo entre os desenvolvidos e os non desenvolvidos, tanto no referido ós contidos, como ós sistemas de recollidada de información, a periodiciadade (en España elabóranse cada dez anos. Actualmente nos anos rematados en 1 como o 2001), os criterios aplicados na recollida e publicación da información... A ONU, na procura dunha maior hoxeneidade dos censos, realizan unha serie de recomendacións entre as que figuran aquelas referidas á información que deben conter; efectivos demográficos distribuídos por idade, sexo, lugar de nacemento, estado civil, lingua falada e nivel de instrucción, acompañando de datos económicos, datos sobre a vivenda e fecundidade da muller. As diferencias co padrón municipal son: mentres o padrón é aberto (renóvase día a día) o censo e pechado (só cada dez anos), o censo é un documento de carácter secreto (só facilítanos datos de conxunto de habitantes) o padrón é público (podemos pedir un certificado persoal e del se sacan os datos para confecciónar o censo electoral) o responsable da elaboración do censo é o INE (Instituto Nacional de Estatística) mentres que do padrón é o Concello. Crecemento migratorio: saldo ou diferencia que hai entre inmigrante e emigrantes durante un ano. Crecemento natural ou vexetativo: saldo ou diferencia que hai entre nacidos e mortos durante un ano. Crecemento real de poboación: suma dos dous saldos anteriores. Tódolos saldos poden dar unha situación positiva, negativa ou de crecemento cero. Densidade de poboación: número de habitantes que hai por km2. Emigración: movemento de persoas dende un territorio dado cara fóra del. A emigración pode ser interna, se non se sae do país; e externa ou internacional se se cambia do país. Esperanza de vida: cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Representa a experiencia potencial dun grupo hipotético de persoas. Obtense a partir das táboas de mortalidade. Estrutura demográfica: composición dunha poboación en función dunha serie de variables: sexo, idade, actividade profesional, estado civil, nivel de instrucción... Fanse con moita frecuencia análises de conxunto interrelacionado estas e outras variables. Éxodo rural: emigración de persoas do campo á cidade, isto supón un cambio de residencia e tamén un cambio na actividade. O éxodo rural non debe identificarse coa emigración campesiña. Inclúe tamén á poboación que sen desempeñar un oficio agrario abandona o campo (artesáns, comerciantes...). As cidades exerceron unha forte atracción sobre todo cando se produce a revolución industrial. Ver etapas deste proceso nos apuntes en España.
  • 17. Vocabulario de xeografía de España 17 Índice de envellecemento: porcentaxe existente da poboación maior de 65 anos con respecto á poboación total. Unha sociedade que ten (como a española actual) un índice de envellecemento superior ó 14% podemos considerala como elevada. Inmigración: movemento de persoas cara un territorio determinado, procedentes de fóra do mesmo. A inmigración pode ser interna ou externa. Movemento pendular: desplazamento diario que se fai dende a zona de residencia ó traballo. Nas áreas metropolitanas urbanas estes fluxos teñen unha enorme importancia. Nomenclator: relación de entidades de poboación que conforman un determinado territorio. O nomenclátor español inclúe datos de poboación, vivendas, distancias quilométricas, altitude, etc, dos distintos municipios. Un dato curioso que podemos deducir deste documento é a distribución da poboación no territorio ou poboamento, así podemos ver que en España hai máis de 8000 concellos e 50.000 entidades de poboación das cales en Galicia hai máis da metade (ó redor de 26.000 entidades de poboación cando só hai 315 concellos). Padrón municipal: relación de habitantes dun concello onde figura como información básica o nome, apelidos e domicilio destes. Vai acompañada dunha serie de datos particulares de cada habitante: sexo, data e lugar de nacemento, nivel de instrución, estado civil, profesión, parentesco ou relación co cabeza de familia, e o tempo de residencia non concello. É un documento público que está sometido a unha permanente actualización e que en España se labora (con carácter xeral) cada 5 anos (nos anos rematados en 1 como o 2001 e nos rematados en 6 como 1996). O responsable da súa xestión e mantemento son os concellos. Pirámide de poboación: histograma de frecuencias (ou gráfico de barras) doble que sirve para representar a estructura por idades e sexos dunha poboación. Dun lado e outro dun eixo vertical sobre o que se indican as idades (normalmente representadas en grupos de cinco en cinco anos). Poboación activa: poboación maior de 16 anos que está traballando e recibe un salario pola actividade que fai ou sen traballar está demandando un emprego (parada). Poboación de dereito: fai referencia nun censo á poboación presente máis os ausentes que a efectos administrativos están censados nesa localidade, por exemplo a poboación emigrante no exterior. Poboación de feito: fai referencia nun censo á poboación presente e ós residentes que se atopan temporalmente nesa localidade e que son contados dentro do momento censal. Poboación inactiva: toda a poboación que está nalgún dos seguintes estados: menor de 16 anos e polo tanto está obrigatoriamente escolarizada, xente que esta estudiando, poboación xubilada ou pensionista que non realiza outra tarefa ou actividade remunerada, actividades domésticas que non teñen contrato de actividade. Aclarar que os parados non son poboación inactiva xa que están reclamando un emprego. Poboación ocupada: segmento da poboación activa que está traballando e recibe un salario polo que fai. Poboación parada: segmento da poboación activa que está demandando un emprego. Poboamento: distribución da poboación no espacio xeográfico. Non é o mesmo que densidade de poboación, aínda que son termos moi cercanos. Cando falamos que dentro dunha área hai moita concentración de habitantes e noutra están moi disperso estamos falando de poboamento. Saber canto número de habitantes hai nun país ou nun territorio xeográfico e como están distribuídos éstes polo seu territorio (poboamento) son dous elementos clave na xeografía. Réxime demográfico: tendencia demográfica que ten unha sociedade con respecto ó crecemento natural que pode ser elevada, moderada ou nula. O esquema de transición demográfica sirve para analizar o réxime que ten unha sociedade.
  • 18. Vocabulario de xeografía de España 18 Saldo migratorio: diferencia existente de restar ós inmigrantes os emigrantes. Este saldo pode ser positivo, negativo ou cero. Sector primario: actividade económica que se adica á extracción de materias primas. Agricultura, gandeiría, pesca e forestal son actividades predominantemente primarias. Sector secundario: actividade económica que se adica á transformación de materias primas en productos elaborados. A actividade industrial forma parte deste sector. Sector terciario: variedade de actividades que se caracterizan por non adicarse á actividade extractiva nen de transformación. A actividade comercial, administrativa, transportes e servicios públicos forman parte deste sector. Taxa de actividade: porcentaxe de poboación activa que hai nunha sociedade polo número total de habitantes que ten. Taxa de fecundidade: número de nenos nacidos nun ano e multiplicados por mil divididos entre o número de mulleres en idade fecunda (15 a 49 anos) que ten ese espacio xeográfico. Taxa de natalidade: número de nacementos producidos nun ano e multiplicados por mil divididos pola poboación total que existe nese núcleo (concello, provincia, cc_aa ou país). Taxa de masculinidade: relación de poboación masculina que hai con respecto ás mulleres. Calcúlase divindo a poboación masculina pola femenina. Taxa de mortalidade: número de falecementos producidos nun ano e multiplicados por mil divididos pola poboación totla que existe nese núcleo. Taxa de mortalidade infantil: número de nenos mortos sen chegar a cumplir o ano de vida multiplicado por mil e dividido polo número total de nacementos que houbo ese ano. Taxa de paro: porcentaxe da poboación activa que está desempregada. Transición demográfica: modelo que define o proceso mediante o cal unha poboación pasa de ter altos índices natalidade e mortalidade a presentar valores moi baixos de ambas taxas. Sobre este esquelete fundamental realizáronse numerosas versións do modelo que diferencian varias fases ou subfases no seu desenvolvemento. Na súa versión inicial tres foron as etapas consideradas: preindustrial ou antiga, de transición e evolucionada ou moderna. A etapa preindustrial corresponde á época anterior á revolución demográfica e se caracteriza por ter altos niveis de natalidade e mortalidade. En consecuencia o crecemento natural ou vexetativo é moi baixo e incluso negativo cando a poboación está afectada por episodios de mortalidade catastrófica (epidemias, fame e guerras). Na transición propiamente dita distínguense tres períodos. Ó inicio a taxa de natalidade permanece alta e a mortalidade comenza a descender, no segundo período descenden as dúas (motivado pola incorporación á vida laboral da muller e outros factores nos cales non imos analizar) e na última etapa, ó envellecerse a poboación, pode darse o caso (sendo os niveis das taxas moi baixos) que a mortalidade supere á natalidade como sucede nas sociedades occidentais máis avanzadas (Suecia ou Alemaña por exemplo). Terciarización: proceso polo que as sociedades occidentais avanzan cara a este tipo de actividade en detrimento das outras dúas. Apartado 6. A cidade Área de influencia: territorio organizado nalgún aspecto por unha cidade denominado área central ou núcleo rector. No ámbito urbana a área de influencia comprende un espacio territorial moito máis amplo que o núcleo urbano. Área metropolitana ou metrópole: termo que apareceu por primeira vez en EEUU para referirse ó territorio no que aparece unha cidade de máis de 200.000 habitantes e que inclúe os núcleos da súa
  • 19. Vocabulario de xeografía de España 19 área de influencia situados nun radio de 16 km ó redor desta. A metrópole está caracterizada por unha cidade central que ordena e administra un territorio máis amplo a ésta, tódolos núcleos satélites (normalmente residenciais). No Estado español cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia... teñen importantes áreas metropolitanas. Área periurbana: espacio limítrofe a un núcleo urbano con predominio de caracteres rurais alternando con zonas residenciais urbanas. Área suburbana: territorio próximo á cidade central que polas súas características constitúe unha zona de transición entre a cidade propiamente dita e o espazo rural adxacente. Arrabaldo: barrio situado extramuros dunha poboación na idade Media. Na actualidade podemos consideralo como un barrio periférico ou un núcleo de poboación anexo a outro de maior tamaño. Conurbación: unión ou fusión de dous núcleos urbanos do mesmo tamaño por crecemento simétrico de ambos. CBD (central bussines district) ou City: área urbana especializada en funcións financeiras e de xestión. Estas características está moi marcadas na City londinense e por extensión a outras. Ausencia de poboación residencial e forte fluxo diario de traballadores (movemento ou migranción pendular diario). Normalmente sitúase na zona Centro das cidades españolas. O Paseo da Castellana en Madrid ou a Diagonal en Barcelona, son claros exemplos desta área. Cidade dormitorio: área urbana que carece de comercio e servizos. Localízase na área periférica das cidades centrais ou metrópoles e normalmente realízanse grandes movementos pendulares diarios dende esta área de residencia ó traballo. Cidade xardín: área ou barrio urbano residencial de baixa densidade, con vivendas unifamiliares e abundante zona verde de uso privado. O modelo naceu en Gran Bretaña a finais do século XIX e o seu artífice foi o urbanista Howard. Planeouse como modelo de desconxestión das áreas residenciais obreiras, das áreas industriais. Tratando de integrar aspectos da vida agraria dentro do ámbito urbano. Na actualidade este modelo de cidade sitúase na área metropolitana formando parte da chamada cidade difusa. Cidade lineal: desenvolvemento dunha área urbana ó longo dunha vía de comunicación ou dunha liña de transporte que pode unir dous centros nos extremos da mesma, ou xerar un anel concéntrico ó redor dunha cidade para desconxestionala. É un antecedente da chamada cidade difusa do urbanismo posindustrial. O modelo nace en España, concretamente en Madrid. Deseñado e realizado, a principios do século XX, polo urbanista Arturo Soria. Pretendíase crear un anel concéntrico ó redor de Madrid para desconxestionala. A cidade lineal sería, polo tanto, unha cidade xardín que estaría vertebrada por un eixo dotado infraestruturas de transporte (tranvía e ferrocarril que actúan como elemento de comunicación). Cércano ás estacións situaríanse os centros comunitarios comercios, servizos públicos. No perímetro da vía, vivendas unifamiliares con horta e xardín. A vía tería 50 m. de ancho e uniría, nun primeiro momento o núcleo de Vicálvaro co de Chamartín para, nun futuro, circunvalar Madrid (50 kms. de lonxitude). Aínda que o modelo fracasou para a capital española, tivo enorme repercusión en Europa e, como dixemos anteriormente, é un antecedente da actual cidade difusa do urbanismo posindustrial. Cidade satélite: cidades de pequeno tamaño dentro do ámbito metropolitano. (función residencial, industrial ou mixta). Cualificación do solo: cualificación establecida polo plan de ordenación urbana dun concello sobre os usos do solo. O seu principal cometido é o de clasificar o solo distinguindo entre solo urbano, solo urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable; definir os elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio, como poden ser fixar os espacios libres, os de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación,...; establecer unha programación de desenvolvemento e execución do plan así como o período de vixencia e as súas circunstancias de revisión; fixar medidas de protección do medio ambiente...
  • 20. Vocabulario de xeografía de España 20 Solo urbano: en España esta clase de chan ven definido polo Plan Xeral Municipal de Ordenación Urbana, considerando éste ós terreos comprendidos en áreas consolidadas de edificación, acceso rodado, abastecemento de auga e enerxía eléctrica, evacuación de augas pluviais. Solo urbanizable: terreo definido no PXOM como rústico pero que se pode urbanizar mediante actuacións urbanísticas. Solo non urbanizable: terreo reservado a usos agrícolas ou espacios verdes protexidos que non se poden urbanizar segundo o PXOM. Ensanche: terreo urbano dedicado a novas edificacións nos arredores dunha poboación, normalmente mediante urbanismo planificado. Tamén define a ampliación da cidade. Adoitaban desenvolverse mediante un plano en cuadrícula ou plano ortogonal. O seu maior desenvolvemento prodúcese en España dende mediados do século XIX coa aplicación da norma que leva este nome. Cando o crecemento demográfico e as novas actividades con requisitos intensivos de chan, como o ferrocarril, obrigou a un crecemento extramuros das cidades e ao derribo das antigas murallas que perderan todo o seu valor militar e tiñan unicamente xa a función fiscal de aduana. En moitos casos este crecemento mallado, proxectado e concibido para conseguir unha cidade saudable por e para a burguesía, desvirtuouse co paso do tempo pola especulación e a medida que a cidade seguiu crecendo, colmatouse toda a armazón urbana de novas edificacións e desaparecendo progresivamente os espazos verdes. Emprazamento: espacio concreto e material sobre o que se asenta a cidade: a topografía, o soporte físico que dende o momento da fundación e ó longo da súa evolución, vai condicionar en parte a paisaxe urbana e o seu desenvolvemento espacial. A elección do emplazamento depende da función dominante da cidade no momento da súa fundación: defensiva, comercial, relixiosa, política; e das características do medio físico: relevo, disponibilidade de auga, combustible... Función urbana: tipo predominante de actividade que ten un núcleo de poboación. Na cidade é propio o protagonismo das funcións vinculadas ós sectores secundario e, sobre todo, ó terciario (administrativa, ensinanza, finanzas, cultura, sanidade...). A maior importancia dunha cidade é preferible unha maior heteroxeneidade dentro das súas funcións terciairias. Hábitat concentrado: neste tipo de hábitat as casas e as súas dependencias están unidas. Hábitat disperso: neste tipo de hábitat as casas e as súas dependencias están separadas por terras cultivas, prados ou montes. Hábitat rural: conxunto de vivendas e edificacións anexas e por extensión todo o referente ás condicións de vida e da vivenda no medio rural. Os tipos de hábitat poden clasificarse atendendo á duración: permanente ou temporal; disposición espacial; disperso ou concentrado; pola función económica: agrícola, gandeiro, mixto... Hábitat urbano: calquera entidade de poboación (fundamentalmente concentrada) que supere o umbral dos 10.000 habitantes. Ratio que se considera en España para considerar unha entidade como núcleo urbano. Normalmente o hábitat urbano desenvolve a súa extensión non só ancheado a súa urbanización senon desenvolvéndose en altura. Metrópole: ver área metropolitana. Plano: mapa a moi grande escala na que se representa unha superficie de extensión suficientemente reducida para que se poda prescindir da curvatura da terra sen que por iso se produzan graves incorreccións. A disposición e combinación das superficies non edificadas: ruas, parques, xardíns, prazas, espacios abertos e das superficies edificadas. A clasificación dos planos da cidade realízase segundo criterios, así podemos distinguir un plano regular (cuadrícula ou radiocéntrico) ou irregular: en cuadrícula ou damero, plano ortogonal, onde as rúas cortanse en ángulo recto. Plano radioconcentrico: rúas que parten dun centro en forma de radios de circunferencia. E outras de trama circular que rodean ó centro e cortan perperndicularmente a eses radios. Plano irregular: cidade medieval e acidade musulmana. Partindo dun núcleo central amurallado (medina). En torno o sector central configúranse os barrios de rúas tortuosas, moitas sen saídas (adarves).
  • 21. Vocabulario de xeografía de España 21 Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): denominación que se lle dá en Galicia (dado que a partir de 1997 teñen potestade en materia de ordenación urbanística as distintas CC.AA.) aos antigos Plans Xerais de Ordenación Urbana. Trátase do plan de ordenación urbana dun concello. O seu principal cometido é o de clasificar o solo distinguindo entre solo urbano, solo urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable; definir os elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio, como poden ser fixar os espacios libres, os de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación,...; establecer unha programación de desenvolvemento e execución do plan así como o período de vixencia e as súas circunstancias de revisión; fixar medidas de protección do medio ambiente... Rede urbana: conxunto xerarquizado de centros urbanos ligados entre si a través de eixos de comunicación para asegurar unha serie de servizos (administrativos, culturais asistenciais, comerciais...). A rede urbana está dominada por unha metrópole rexional que ten servizos de primeiro rango. As cidades forman redes urbanas segundo as funcións que desempeñan na economía nacional ou internacional, habendo cidades de distinta categoría segundo a función que desempeñen, tendo que acudir as de categoría inferior ós servizos das de categoría superior. Situación: o contorno xeográfico no que a cidade encádrase e con relación ó que se organiza. A situación refírese ás grandes vías de comunicación. Ós grandes espacios económicos. Unidade Veciñal de Absorción (UVA): propostas do Instituto Nacional da Vivenda na década dos anos sesenta do século pasado para combatir o chabolismo, nas principais áreas metropolitanas de España e principalmente na que entón era a periferia de Madrid. Planficáronse como construccións prefabricadas, de carácter provisional –aínda que logo prolongáronse no tempo máis alá dos cinco anos de vida previstos na súa orixe- e levantadas en lugares estratéxicos, particularmente emblemáticos do chabolismo que configuraba boa parte da paisaxe periurbana madrileña: Fuencarral, Hortaleza, Vallecas, Villaverde... Urbanismo: proceso de planificación ou de creación física dunha cidade (trama urbana, zonificación das áreas...). Urbanización: proceso de crecemento demográfico e de actividade económica dunha cidade. Xentrificación: concepto urbanístico de orixe anglosaxón referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta. Xerarquía urbana: cando as cidades dunha rexión ou dun país están organizadas segundo o seu tamaño e as súas funcións, relacionándose no espacio, falamos de xerarquía urbana. Nesta xerarquía sitúase á cabeza a cidade de maior categoría. O estudio da xerarquización urbana faise normlamente mediante un método chamado de rango-tamaño: relación (regla de) existente entre o orde e o tamaño da poboación dos asentamentos urbanos nalgunhas rexións terrestres. Dun xeito xeral a poboación da segunda cidade en tamaño, ten a metade da poboación da primeira; a terceira un tercio e así sucesivamente. Esta relación inversa entre a poboación e o rango que ocupa a cidade nunha rexión ou país coñécese co nome da regla rango-tamaño. Esta relación pode expresarse así Pn = P1 R-1, sendo Pn a poboación da cidade de orden n P1 a poboación da cidade de maior número de habitantes do sistema e Rn o rango ou orde que ocupa a cidade n dentro do sistema urbano. Ó representar nun gráfico de escala aritmética un país onde o sistema urbano axústase a regla de rango-tamaño, resulta unha curva en en forma de J invertida que se convirte en recta ó levala a un gráfico de doble escala logarítmica. Apartado 7 Agricultura Agricultura a tempo parcial: consideración da actividade agraria como unha segunda ou terceira actividade, despois dunha ocupación ou traballo principal a xornada completa. Na maioría dos casos aténdese ó legado rural gamiliar nos días de ocio (fins de semana e vacacións), encargando moitas das tarefas agrarias a terceiros que tenden a atender varias explotacións, e reducindo moitas das tarefas a un simple control da evolución dos cultivos. A agricultura a tempo parcial está favorecida pola cercanía do lugar do traballo ou residencia á explotación agraria, por exemplo: traballo no capital da provincia e atención en fins de semana dos terreos herdados da familia en calquer pobo da mesma.
  • 22. Vocabulario de xeografía de España 22 Agricultura ecolóxica: tamén chamada orgánica ou biolóxica, é unha forma de agricultura na cal non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica respecta o medio ambiente e o ser humano, e intenta lograr un desenvolvemento sustentable. En España hai un Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica para cada comunidade autónoma, e o da Galiza chámase CRAEGA. Agricultura de subsistencia-autoabastecemento: tipo de agricultura dos países e rexións menos desenvolvidas, que tamén predominou en España ata a revolución industrial. A dependencia do medio físico, especialmente do clima é total. Todo o que se produce se destina ó autoconsumo ou o abastecemento propio; non se xeneran excedentes que poidan ser levados ó mercado. É unha agricultura autárquica, pechada. Barbeito: sistema que consiste en deixar a terra, temporalmente en repouso, sen nengún cultivo. Segundo a súa periodicidade pode ser bienal ou trienal (unha vez cada dous anos ou tres respectivamente). Campo aberto: área de campos sen cercar como se da fundamentalmente na paisaxe agraria da Meseta asociada fundamentalmente a un tipo de actividade meramente agrario. Campos pechados: campos cercados. Extensión agraria, propia das paisaxes atlánticas, cosistente do peche das fincas agrarias ou explotacións. O tipo de campo pechado está asociado a un tipo de actividade agropecuaria dentro dunha zona. Catastro (Vocabulario básico): rexistro administrativo para controlar a propiedade do solo, sobre todo a efectos fiscais. Pode ser de rústica –no medio rural- ou de urbana –nas cidades-. Xeralmente contén información sobre o propietario/a de cada parcela, os lindes e os veciños/as de dita parcela, a súa extensión e o uso do solo. Os planos catastrais elabóranse fundamentalmente en escala 1:2000. O Ministerio de Agricultura ten deseñado un programa: sigpac para observar estas por internet. Chaptalización: proceso industrial apoiado na incorporación de numerosos elementos artificiais (químicos) e azúcar que dan como resultado un sucedáneo de viño. Concentración parcelaria: proceso polo que se intenta o excesivo parcelamento, onde o principal inconvinte é o tempo empregado en ir dunha parcela a outra da explotación para realizar as faenas agrícolas así como a perda de superficie útil ocasionada polas delimitación deste excesivo parcelamento. Hai que destacar que o minifundismo dificulta o uso de maquinaria moderna e como consecuencia incrementar a productividade. Este diseño parcelario era particularmente grave no norte de España en concreto: Galicia, Asturias e Castela León. As primeiras concentracións parcelarias empezanse a elaborar a final da década dos 50 a finalidade desta era asignarlle a cada propietario un couto redondo ou nun reducido número de parcelas unha superficie equivalente en clase de terra e cultivo que anteriormente poseía e dar acceso a vías de comunicación. A concentración parcelaria lévase a cabo polo IRYDA (dependente do Ministerio de Agricultura) (hoxe en día este organismo en Galicia foi traspasado á Consellería de Agricultura), e levase a cabo nos términos municipais onde o soliciten o 60% dos propietarios ou igual proporción de superficie de terras (en Galicia é por parroquias). Fíxase unha unidade mínima de cultivo por debaixo da cal non se poden crear nengunha parcela; asimesmo establécese a unidade tipo que se considera como a máis axeitada para a explotación da terra con medios modernos. Os propietarios que ó iniciarse a concentración contan cunha superficie total menor que a unidade mínima poden obter créditos necesarios para adquirir a terra que precisen. As parcelas resultantes da concentración consideranse indivisibles cando da sua división orixinaranse un ou varios fragmentos menores que a unidade mínima ou que a unidade tipo segundo o caso. Cuota láctea: Límite imposto á producción leiteira dun país, neste caso España, por un organismo supranacional, a Unión Europea, para adaptarse ás directrices xerais da PAC. Cantidade máxima de leite expresada en Kg, que cada explotación pode vender, sen incurrir en sanción, durante un período leiteiro. A cuota láctea tiene dous compoñentes: a venda a industria e a venda directa ou elaboración de productos lácteos artesás (queixos…). A cuota láctea aplícase dende o ingreso de
  • 23. Vocabulario de xeografía de España 23 España na UE, dado o excedente deste produto en Europa e para regular o precio de intervención ás explotacións gandeíras. Cultivo forraxeiro: cultivo adicodo á alimentación do gando. Denominación de orixe: é un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora. A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o prezo final destes. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais. Na actualidade existen 27 produtos galegos clasificados como denominación de orixe protexida. Desagrarización: perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o consecuente enfraquecemento das institucións sociais ligadas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social (por exemplo, a explotación familiar agraria, a propiedade da terra como base da estratificación social, os sistemas de xestión comunal dos recursos agrícolas, etcétera). Desamortización: proceso xurídico e administrativo que forma parte do programa do liberalismo económico do século XIX, que pretende cambiar o réxime xurídico da propiedade, posibilitanto que cirucule e se explote máis racionalmente. Serán os bens da Igrexa e moitas das posesións de propios e comúns (propiedades dos concellos) os que cambien de mans, aínda que os obxectivos iniciais non se alcancen. Estabulación ou gandeiría estabulada: explotación da gandeiría nos espacios pechados, alimentando de forma non natural (pastos) para que o seu rendemento sexa maior. Atópase en granxas. Excedente: exceso de producción que pode desestabilizar as relacións de oferta-demanda do mercado. En ocasións pode xerar gastos moi elevados de almacenamento. A PAC intenta axeitar a producción á demanda do mercado. Explotación agraria: unidade de producción agraria. Extensión de terreo dividio nunha ou máis parcelas, aínda que éstas non sexan contiguas, pero que no seu conxunto fomen parte da mesma unidade técnico-económica. Desta unidade de producción obtense produccións agrícolas, gandeiras e forestais ou mixtas, baixo a dirección dun empresario. Hai explotacións con terras – (parcelas, hortas, etc) e explotacións sen terras –unha granxa avícola, por exemplo-. Explotación extensiva: tipo de explotación que se dá en zonas de pouca poboación e abundacia de terras. A man de obra é escasa e o rexime de actividade é monoproductivo. Explotación intensiva: tipo de explotación que se dá en zonas de moita poboación e escasez de terras. A man de obra é abundante e a actividade suele ser de policultivo. Caracterízase por pouco espazo, moi capitalizado e alto rendemento. Latifundio ou fincas rústicas de grande extensión: o fenómeno contrario ó minifundio,. Considéranse latifundio a aquelas explotacións que superan as 250 ha., namentres que no resto dos países comunitarios o umbral rebáixase ás 100 ha. Ademais da extensión tamén se considera como propio do latifundio uns medios de producción deficientes; pouco grao de tecnificación, explotación extensiva, etc., así como o alto grao de conflictividade social que se deriva da existencia nas rexións onde se dá, dunha grande masa de campesiños sen terra que ven como os latifundios están infraexplotados sen que o propietario se preocupe de mellorar o seu rendemento. No estado Español o latifundio concéntrase en Andalucía (sobre todo nas provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz), en Castilla-La Mancha, Extremadura e na provincia de Salamanca.
  • 24. Vocabulario de xeografía de España 24 Minifundio: explotación de pequeño tamaño e pouco mecanizada. En Galicia sobre todo, pero tamén, toda a cornisa Cantábrica son áreas onde predomina o minifundio e veñen acompañadas dunha excesiva fragmentación parcelaria que a concentración parcelaria trata de resolver. Estas propiedades pequenas están case todas en réxime de explotación directa por parte dos seus propietarios e as súas familias. A pequena dimensión, agravada polo excesivo parcelmaneto dificultan a súa mecanización. Monocultivo: consiste no cultivo dun único producto nunha explotación ou nunha área agraria. PAC: Política Agrícola Común. É un dos elementos esenciais do sistema institucional da Unión Europea (UE). Dende a constitución da CEE co Tratado de Roma en 1957 xa se estableceu esta política que tiña como obxectivos: incrementar a produtividade, garantir un nivel de vida equitativo a poboación agraria, estabilizar os mercados e garantir o abastecemento ao consumidor a prezos razoables. Ao longo da historia da UE a PAC sufriu diferentes reformas como a que se aplicará a partir do ano 2014. A UE converteuse no primeiro importador e o segundo exportador de produtos agrícolas a nivel mundial. Parcela: cada unha das partes na que está dividida a explotación agraria. Estas parcelas poden estar unidas ou separadas. Policultivo: consiste no cultivo de varios productos agrícolas nunha explotación ou nunha área agraria. As zonas de horta tenden a ter este tipo de plantación. Propiedade comunal: propiedade común de tódolos membros dun concello ou parroquia. Tende a regularse e administrarse polos veciños ou por un concello, repercutindo en tódolos veciños os beneficios da súa explotación; ou ben é aproveitada por todos os veciños (uso de pastos, recollida de leña, ocio...). Reforma agraria: este concepto supón que se produzan cambios moi profundos nas estructuras agrarias, principalmente na propiedade da terra: repartos de terras para facer realidade a idea de a terra para quen a traballa. Os intentos máis serios en España leváronse a cabo durante a II República (1931-1939). Regadío: técnica agrícola baseada no rego artificial dos campos de cultivo. Practícase na maior parte das zonas onde as choivas son escasas ou moi irregulares, como por exemplo a área mediterránea española. As áreas de regadío ocupan o 15% de toda extensión agrícola de España. Rexímenes de tenza da terra: entendemos por réxime de tenza á forma xurídica baixo a cal un empresario agrícola actúa sobre unha explotación agraria. O réxime de tenza pode ser en: propiedade ou "de seu", cando o empresario e a súa familia dispoñen dun título de propiedade, ou na súa ausencia, por ter sido explotadas as terras durante máis de 30 anos ininterrompidos sen o pago dunha renda; en réxime de arrendamento, cando o titular disfruta dos aproveitamentos da mesma mediante o pago dun canon ou renda (monetario ou en especie), independente dos resultados da explotación.; réxime de aparcería, cando o titular efectua un pago dunha porcentaxe sobre o producto obtido ou o seu equivalente en efectivo, sistema moi pouco xeneralizado na actualidade xa que non incita ó empresario a capitaliza-la súa explotación. Outros rexímenes de tenza son a propiedade comunal, aforamentos ou caseiros, censos... Rotación de cultivos: técnica agrícola baseada na alternancia ordeada de distintos cultivos nun mesmo terreo, a fin de obter un máximo rendemento da terra e evitar o barbeito e o esgotamento do solo. Normalmente o tipo de rotación é trienal (tres tipos de cultivo) ou cuatrienal (catro) a combinación é dun cereal cunha leguminosa (asenta no terreo o nitróxeno que necesitan os cereais) e de forraxe (herba ou trevo para a alimentación do gando). Rural (Medio Rural): Áreas dominadas polos espacios abertos, baixa densidade de edificación, usos extensivos da terra (predominio de actividades primarias como a agricultura ou ganadeiría) e baixas densidades de poboación. Secaño: terreo agrícola que só recibe o auga cando chove. O 85% da extensión agraria de España está dentro desta modalidade.
  • 25. Vocabulario de xeografía de España 25 Silvicultura: é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo. Forman parte do seu campo a arte de crear ou conservar un bosque, e a teoría e a práctica de regular o establecemento dunha masa arbórea, a súa composición e desenvolvemento; para iso apóiase na xeografía, ecoloxía, edafoloxía e climatoloxía entre outras. Superficie agraria útil (SAU): denomínase a aquela parte da explotación agraria o gandeira labrada (descontando a superficie natural non traballada) Tranxénicos: tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética, son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Dito doutro xeito, é un alimento elaborado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr en el a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas, como o millo e a soia. Trashumancia: Proceso mediante o que o gando é transportado, guiado por pastores, dende as terras baixas ás terras altas para poder atopar alimento. É unha práctica realizada en países mediterráneos, nos que a ausencia de choivas en verán deixa sen pasto moitas áreas. Xeralmente en verán, cando a escasa altitude é difícil atopar pasto natural, os rabaños dirixense a zonas máis elevadas (por encima dos 1.000 metros de altitude en latitudes mediterráneas), onde a maior humidade sí permite encontrar alimento: son os agostadeiros. En inverno, en cambio, iniciase a viaxe de volta cara as zonas baixas, xa que a esas altitudes a neve e o xelo provoca a ausencia de pasto. Nas zonas baixas ou de invernada, os rabaños comen restos de colleitas. Apartado 8 pesca Acuicultura: granxas mariñas. É a cría controlada e limita a espacios concretos de especies mariñas e fluviais. É un aproveitamento moi antigo que só recentemente está tendo un maior desenvolvemento. As dificultades que a pesca tradicional está tendo en moitos caladoiros fan que a acuicultura plantéxese como unha clara alternativa de futuro. Artes pesqueiras, arrastre: tamén coñecido como retropesca. Consiste no emprego dunha rede lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que atopa o seu paso. Trátase dunha arte activa, no senso de que non espera os movementos do peixe para a súa captura. A pesca de arrastre, xunto coa pesca con redes de deriva, é das menos selectivas que existe, é moi daniña para os fondos oceánicos; de feito, na maioría dos países está regulada, pero en moi poucos está prohibida. O modo de arrastre de fondo é un dos métodos máis invasivos de pesca, pois está en contacto co fondo mariño e destrúe algas e outros organismos indiscriminadamente. Por esta razón cuestionase o seu uso e esixese unha maior regulación. Arte pesqueira, enmalle: arte pesqueira consistente en calar verticalmente unha rede formando unha parede que obstaculiza o paso das especies mariñas, quedando estas embolsadas ou atrapadas nas mallas ó intentar atravaselas. Estas artes poden ser fixas (ó fondo con chumbos) ou de deriva (só fixas na embarcación). Artes pesqueiras, cerco: grande paño de rede de forma rectangular, cuxas dimensións varían entre 250 e 1000 metros de lonxitude e ó redor de 40 de profundidade. Na parte superior da rede dispose dun número axeitado de flotadores que a manteñen en posición vertical, cando se utiliza. Na parte inferior leva una serie de chumbos que axudan ó mantemento vertical, contando ademais cun conxunto de aneis polos que pasa un cabo resistente chamado "xareta", que se encarga de pechar a rede e por isto se lle coñece co nome de "rede de cerco de xareta". Arte que se utiliza para a captura de peixes cuxo costume é nadar formando densos cardumes ou bancos, xa sexa na superficie ou a media auga, é dicir, peláxicas, como as anchoas, as sardiñas, os túnidos, , a caballa e o xurel. Nun principio, estas especies (nalgúns lugares aínda) foron capturadas mediante artes de enmalle, sardinais e trasmallos; nembargantes, as artes verdadeiramente eficaces para esta clase de pesca son as redes de cerco, polas que se foron sustituíndo. Artes pesqueiras, palangre: arte pesqueira consistente no uso de anzois. Consiste nunha liña principal (cabo) ó que se enganden moitos ramais dotados de anzol cebado no extremo libre. Dependendo da situación pode ser de fondo, intermedio ou de superficie. Trátase dun tipo de pesca selectiva (para unha especie) dado que é determinante o tipo de anzol e de cebo. Leva utilizánse dende o século XIX e España é precursora deste tipo de arte no mundo.
  • 26. Vocabulario de xeografía de España 26 Augas xurisdicionais: augas sobre as que un estado ribeireño exerce certas competencias para fins específicos. Ditas competencias foron reguladas pola Convención de Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar aprobadas no ano 1982. Este documento establece as seguintes áreas: mar territorial (12 millas contadas a partir da liña de base), zona contigua (24 millas da liña de base) e a creación das zonas económicas exclusivas (200 millas contadas a partir da liña base) onde a explotación dos recursos mariños e da plataforma continental son específicos do país ribeireño. Caladoiro: lugar do mar onde os pesquieros calan e tenden os seus aparellos pesqueiros. A existencia de plancto, plataforma continental e correntes mariñas son claves determinantes para a súa existencia. Marisqueo: actividade recolectora de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar. Pode realizarse a pé ou dende embarcación, á man ou con axuda dun aparello. A actividade marisqueira en Galicia é moi importante sobre todo no interior das rías. Pesca de altura: pesca realizada en mar aberto, máis aló das 50 ou 60 millas de distancia do litoral. Está regulada por acordos internacionais e a flota que se dedica a esta pesca está formada por barcos de mediana e gran tonelaxe. En Galicia a pesca de altura realízase entre o ecuador e os 60º de latitude N e entre os 10º E e os 20º W, estando concentrada nos principais portos pesqueiros a maior parte da súa flota. Pesca de baixura: a que se realiza entre o litoral e as 50 e 60 millas, dentro das augas xurisdiccionais. As embarcacións empregadas caracterízanse pola súa pequena tonelaxe. Tamén se pode chamar pesca litoral. Pesca de grande altura: a que se realiza en lugares moi afastados. A flota galega practica esta pesca a partir do desenvolvemento das técnicas de conxelación dos produtos pesqueiros ocorrido nos anos 60. Emprega embarcacións de gran tonelaxe que se concentran en poucos portos (Vigo,A Coruña, Ribeira, Vilagarcía…) e que desenvolven actividades en lugares moi afastados como o SW de África, Terra Nova…, onde se capturan especies de gran valor no mercado como a pescada, bacallao… Política pesqueira comunitaria: ou política pesqueira común da UE. Establece cotas para limitar a cantidade de peixe de cada especie que os estados membros poden capturar, e fomenta a industria pesqueira mediante varias intervencións no mercado. Rexións pesqueiras: división de 10 das 17 comunidades autónomas (ou 23 das 50 provincias) españolas que teñen costa. Esta división realízase por razóns de clima e polas características das auguas marítimas. Distinguense oitos rexións pesqueiras: 1. Cantábrica. Corresponde a País Vasco, Cantabria y Asturias. Segunda rexión pesqueira por volume de pesca e terceira polo valor económico. 2. Noroeste. Corresponde a Galicia a rexión pesqueira máis importante de España. 3. Suratlántica. Corresponde con el litoral atlántico andaluz e costa mediterránea da provincia de Cádiz. 4. Surmediterránea. Dende a costa de Málaga ó cabo de Gata. 5. Levantina. Dende o cabo de Gata ó cabo da Nao. 6. Tramontana. Dende o cabo da Nao a Cabo de Creus. 7. Balear. 8. Canaria. Apartado 9. Materias primas, fontes de enerxía, Industria Cártel: acordo entre empresas do mesmo sector, xuridicamente independentes, para eliminar a competencia, fixar os prezos ou distribuírse as áreas de mercado. Véxase tamén oligopolio: poder dunha minoría de empresas. Concentración empresarial: fusión ou absorción de empresas. Concentración horizontal: fusión ou absorción de empresas que realizan a mesma actividade. Concentración vertical: fusión ou absorción de empresas de diferentes actividades pero que están relacionadas entre si dentro do proceso produtivo.