SlideShare a Scribd company logo
1 of 71
FORMAS
DA COSTA
A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral
cara ao interior dos continentes e remata nos
lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a
paisaxe e os ecosistemas.
A costa galega
prolóngase debaixo
da superficie do mar
nunha estreita
plataforma continental
que acada o seu maior
desenvolvemento
fronte á Coruña con
só 15 millas.
Nas áreas costeiras é onde se fai máis perceptible
a interacción entre o aire, o mar e a terra.
A estrutura da costa depende da interacción de varios factores:
-A acción das ondas
-Procesos xeolóxicos e tectónicos
-Natureza das rochas
-Procesos climáticos
-Acción dos seres vivos
-Actividade humana
A liña de costa é un lugar de cambio permanente, onde se aprecia máis de
preto a interacción dos elementos: auga (mar), aire (vento) e terra (rochas).
A nivel xeolóxico atópanse dúas grandes zonas na costa galega, a
Asturoccidental-leonesa, con xistos precámbricos e enriba deles
materiais discordantes do Paleozoico, e a Centroibérica, formada
por materiais paleozoicos con diferentes graos de metamorfismo.
Ambas zonas están separadas pola falla de Viveiro.
Xistos en Ribadeo
Granitos en Cabo Vilán
As rochas máis resistentes como o granito, migmatitas e
granodioritas forman os cabos ou puntas e as menos resistentes
dan lugar á formación de esteiros e inflúen na disposición
dalgunhas rías.
O nivel do mar foi variando ao longo do tempo debido a causas
climáticas (glaciacións) ou tectónicas (elevacións e afundimentos
continentais) e deixou as súas pegadas no litoral.
Praia fósil en Maior (Sanxenxo).
Cantís con pregues en Bascuas (Sanxenxo).
As ondas que xera o vento proporcionan a maior
parte da enerxía que modela a liña de costa.
FORMAS DA COSTA
lagoa litoral
istmo
frecha
dunas
praia
illa
enseada
tómbolo
l
esteiro
cantil
península
cabo
rasa
arcobarra aguillón
COSTA ROCHOSA
Formada por rochas de distintos aspectos e tamaños.
Pode ser exposta ou protexida, baixa ou alta (cantís).
Costa das Illas Cíes, exposta cara ao océano
e protexida cara ao interior da Ría.
CANTÍS
Lugares, de pendente acusada,
nos que o material rochoso
continental se atopa bruscamente
co mar.
Nos cantís a enerxía das ondas
acaba rompendo a parte máis
baixa, que se derruba.
Os fragmentos rochosos
arrincados e arrastrados polas
ondas aumentan o poder erosivo
do mar golpeando e rompendo a
base das rochas.
A enerxía das ondas vai destruíndo de maneira desigual o cantil, erosiona a
maior velocidade as rochas máis brandas ou as que están máis fracturadas,
mentres que algunhas rochas manifestan unha grande resistencia ao desgaste.
Así fórmanse covas ou furnas e arcos rochosos. Cando un arco se derruba,
deixa restos rochosos illados que forman os aguillóns ou chemineas. Co paso
do tempo tamén estes residuos do cantil acabarán por desaparecer baixo o
efecto destrutor das ondas, pasando a formar parte da plataforma litoral.
Furna en Reinante.
Aguillóns na Punta do Picón (Espasante).
Pena dos Tres Pés. Illa de Arousa.
Rochas en Santa Mariña (Costa da Morte).
Zona de confluencia de granitos e gneis, na Lanzada.
Plataforma litoral formada
por rochas estratificadas.
Plataforma litoral formada
por rochas graníticas.
PLATAFORMA
LITORAL OU DE
ABRASIÓN
Zona achairada na
base do cantil formada
polos materiais
desgastados. Varía
segundo o tipo de
rochas.
O nivel do mar adoita variar co transcorrer do tempo. Estas variacións poden producirse
por motivos climáticos, como as glaciacións, ou por causas tectónicas que produzan a
elevación ou o descenso dos continentes con respecto ao nivel do mar.
Cantil fósil na Praia de Foxos (A Lanzada). Na metade da imaxe pódese apreciar a base
erosionada do antigo cantil situado hoxe a case dous metros por enriba do nivel máximo da marea.
Rasa costeira de Ribadeo. As plataformas de abrasión poden quedar por riba do nivel do mar
formando unha rasa costeira. Isto pode producirse polo ascenso tectónico do continente ou
ben pola diminución da cantidade de auga oceánica, que se produce cando hai unha glaciación e
como consecuencia unha grande parte da auga da Terra está en forma de xeo continental.
COÍDOS OU BOLEIRAS
Acumulacións de rochas redondeadas desprendidas dos cantís
que se despositan na parte máis alta da plataforma litoral
Coído da Punta do Boi no Cabo do Trece.
COSTA AREOSA
Formada por depósitos de partículas finas (limo, area, grava...).
As partículas arrincadas do cantil polo poder erosivo das ondas e, sobre todo,
os materiais sedimentarios transportados polos ríos ata o mar, son arrastrados
polas correntes e empurrados polas ondas que os depositan cando perden
enerxía dando lugar a unha grande diversidade de estruturas areosas.
Praia de Carnota, a máis longa de
Galiza, con 7 km de lonxitude.
PRAIAS
Depósitos de sedimentos finos na liña de costa.
Son as formacións sedimentarias máis comúns das costas areosas.
En Galiza hai moitas, en xeral de pequeno tamaño e limitadas por
saíntes rochosos.
Galiza ten máis de 300 km de areais compostos sobre todo por partículas de
cuarzo, feldespato e mica procedentes da descomposición dos granitos.
Nalgunhas pódense atopar pequenas cantidades de ouro (Laxe, Corme, Esteiro
Miño...), circón (A Lanzada, Fisterra...) ou granates (Carnota). En moitas hai tamén
restos de caparazóns de animais.
As ondas que van rompendo lixeiramente inclinadas contra a praia orixinan a corrente
litoral e a deriva litoral que producen o desprazamento da area ao longo da praia.
A area das praias presenta unha grande mobilidade. As ondas, as correntes e o
vento son os causantes de que a area dunha praia estea en constante
movemento. A praia pódese considerar como un elemento vivo e activo, no que
o material que a forma simplemente está de paso.
Praia exposta, en mar aberto
O perfil dunha praia varía ao longo do ano debido a que no inverno, as violentas
ondas dos temporais provocan unha grande resaca que arrastra a area da praia
cara ao mar. As suaves ondas do verán acumulan sedimento continuamente na
praia, facendo que esta adquira un perfil máis elevado.
Formas deixadas na area polo movementos das ondas
Praia protexida no interior dunha enseada
DUNAS
Moreas de area que se depositan detrás das praias pola
acción dos ventos constantes, procedentes do mar.
Duna móbil de
Corrubedo.
Formación dunha duna
Moitas praias galegas están protexidas
entre costas rochosas altas, polo que as
areas transportadas polo vento
ascenden pendente arriba e vanse
depositando e formando as chamadas
placas eólicas ou dunas remontantes.
Duna remontante do Monte
Branco, na praia do Trece.
Dunas móbiles e fixas
Dunas fixas. Moi poucos vexetais conseguen
adaptarse á vida sobre as dunas, polo que o
conxunto de plantas que coloniza este medio ten
un gran interese botánico e ecolóxico. Ademais
esta vexetación axuda a capturar a area
transportada polo vento que será unha reserva de
sedimento para a praia.
Frecha na desembocadura do río
Anllóns na ría de Corme e Laxe.
FRECHA
Depósito de area que se vai proxectando desde un extremo da badía ata o
contrario polo choque de dúas correntes (a corrente e a deriva litorais contra
unha corrente fluvial). Fórmanse en praias próximas a unha badía ou
entrante costeiro, onde desembocan ríos ou regatos.
Frecha de Lires
BARRAS
Fórmanse a partir de frechas que pechan a saída dun río.
Istmo da Lanzada. Os istmos ou tómbolos son
barras de area que unen unha illa coa costa.
Barra na lagoa de Doniños
Lagoa de Carregal, con comunicación
co mar por medio dunha canle.
Lagoa de Traba, sen comunicación directa co mar.
LAGOA
LITORAL
Fórmanse cando
unha barra de area
pecha a saída dun
pequeno río ao mar.
Poden ter
comunicación con el
ou estar illadas, pero
sempre hai filtracións
a través da area.
As lagoas litorais son medios que experimentan unha rápida evolución que as leva á
desaparición nun período de tempo relativamente curto. A continua achega de
sedimentos vainas colmatando e transformándoas en ecosistemas terrestres.
Lagoa colmatada de Pantín
Lagoa de Louro
ESTEIROS E MARISMAS
As desembocaduras dos ríos rompen a continuidade do litoral e
presentan unhas características diferenciais con respecto ás costas
rochosas ou areosas. Caracterízanse pola confluencia das augas
dóces, procedentes do río, e das augas salgadas, de orixe mariño, e
pola grande acumulación de material sedimentario.
Esteiro do Miño
Os esteiros están influenciados pola dinámica das mareas e a do propio río.
As descargas fluviais achegan de forma continuada materiais areosos e
lamacentos que van cubrindo os fondos do esteiro e durante a baixamar
quedan ao descuberto, desaugando o río por unha rede de canles que
atravesan os depósitos de area e lama.
Esteiro do Umia con marea baixa e alta.
ESTEIRO
Desembocadura dun río influída pola marea.
Esteiro do Anllóns
Formación dun esteiro
Sedimentos do interior dun esteiro
No interior das rías, onde a enerxía do
mar é menor, os depósitos areosos
dalgúns esteiros poden adquirir unha
forma semellante aos característicos
deltas dos ríos mediterráneos, aínda que
na preamar permanecen mergullados.
Delta-mareal do Río Umia.
(Imaxe cedida polo SITGA).
MARISMAS
Fórmanse nas zonas internas e protexidas do esteiro como consecuencia
do depósito de lamas sobre as que medran xuncos e outra vexetación de
auga salobre, que diminúen aínda máis a enerxía da auga provocando a
deposición de máis material sedimentario.
Ría de Pontevedra
AS RÍAS
Vales fluviais anegados polo mar. Xeralmente teñen forma triangular,
cunha boca moi ampla, no seu contacto co océano, que se vai estreitando
cara ao interior (cabeceira da ría) onde se atopa a desembocadura do río
(esteiro) que alimenta de augas dóces e sedimentos a ría e onde se forman
amplas marismas.
Son un dos elementos da paisaxe que mellor definen a costa galega.
Esquema da formación
das rías.
No Terciario, durante a
Oroxenia Alpina, o terreo
galego elevouse e logo
rompeu en varios bloques.
Os bloques litorais bascularon
cara ao mar e a auga anegou
os vales dos ríos.
Outros factores como a
presenza de fallas, as formas
do relevo, a orientacións dos
materiais, a diferente
resistencia das rochas á
erosión… fan que as rías
galegas presenten unha
morfoloxía moi diversa, e cada
unha delas teña
características propias.
Circulación da auga nas rías.
A pesar de semellar sistemas case pechados,
nas rías prodúcese un contínuo trasvase e
renovación das augas.
A auga dóce achegada polos ríos, menos
densa, circula maiormente pola superficie cara
ao mar exterior mesturada coa auga salgada.
Esta corrente compénsase coa entrada, polo
fondo, de auga mariña procedente do exterior,
fría e cargada de minerais.
Os ríos van achegando materiais ás rías que se distribuirán segundo o seu tamaño e a
enerxía do medio. Os de maior tamaño, gravas e areas, sitúanse cara á boca da ría,
mentres que o material máis fino, limos e arxilas, deposítase na cabeceira.
Ría de Arousa. É a máis extensa, rica e variada das Rías Baixas. A illa de
Sálvora divide a súa boca en dúas, a do norte inzada de illotes e cons, e a do
sur máis profunda que se prolonga ata sobrepasar a Illa de Arousa.
Numerosos ríos desembocan nela destacando o Ulla e o Umia.
Vista panorámica da Ría de Muros e Noia, entre a serra do Barbanza
(ao sur) e os montes do Tremuzo (ao norte).
O emprazamento que ocupan as rías, coincide con fallas ou fracturas do
terreo galego que se produciron hai moitos millóns de anos. Os ríos de
cabeceira aproveitaron esas gretas do terreo para formar a súa canle en
dirección ao mar. As illas son as elevacións do terreo que sobresaen do mar.
Ría de Corme e Laxe desde o Monte Branco.
A ría de Ortigueira, con 12 Km de lonxitude, é a maior das rias altas.
A súa forma é moi sinuosa e nela desembocan seis ríos, dos que os
máis importantes son o Mera e o Baleo.
A Ría do Eo ou de Ribadeo é alongada e
estreita, con orientación norte-sur.
Polas combinación de características físicas, oceanográficas e
biolóxicas as rías son espazos naturais únicos no mundo, de grande
productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica.
Illas Cíes, na boca da ría de Vigo.
AS ILLAS
Na costa galega hai numerosas illas, illotes e cons como
consecuencia da diversidade xeolóxica, da actividade mariña e dos
movementos tectónicos.
Podemos atopar dous tipos de illas, as de mar aberto con abruptos
cantís pola parte exposta, e as interiores, de perfil case chan.
Illa de Arousa, a máis grande de Galiza, con 6 km de lonxitude e 8
km2 de superficie, situada no interior da Ría de Arousa.
Illas Estelas e Cíes, na boca da Ría de Vigo. Considéranse como a parte emerxente
do que sería a última serra da provincia de Pontevedra mergullada no Atlántico.
A Illa de Ons é a máis grande das illas exteriores. Está formada por unha
mole de granito de superficie amesetada con cantís abruptos na parte
oriental e costa baixa con praias na parte occidental.
O arquipélago das Sisargas está constituído por tres illas (Malante,
Sisarga Chica e Sisarga Grande) e varios illotes próximos ao Cabo de
San Adrián na costa de Malpica. As Illas, de natureza xeolóxica diversa,
unhas formadas por granitos e outras por unha rocha metamórfica
chamada gneis glandular, presentan un perfil amesetado que remata en
abruptos cantís no seu encontro co mar.
As Illas de San Simón e San Antonio forman un conxunto unido
por unha pequena ponte. Están no interior da Ría de Vigo.
Con de Nor. Illote granítico situado na boca da ría de Arousa.
MONTAXE: Adela Leiro
TEXTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,
Victor Caamaño, Isaac Pontanilla.
FOTOS: Adela Leiro, Lucía Leiro.
DEBUXOS: Mon Daporta
Maio 2010

More Related Content

What's hot (20)

As catedrais c
As catedrais cAs catedrais c
As catedrais c
 
Costa mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡neaCosta mediterrã¡nea
Costa mediterrã¡nea
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Hidrosfera
HidrosferaHidrosfera
Hidrosfera
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
formas do relevo
formas do relevoformas do relevo
formas do relevo
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 natureza
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Vocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevoVocabulario ilustrado do relevo
Vocabulario ilustrado do relevo
 
Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
Litoloxía
LitoloxíaLitoloxía
Litoloxía
 
O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)
 
O relevo e o home a paisaxe (5)
O relevo e o home  a paisaxe (5)O relevo e o home  a paisaxe (5)
O relevo e o home a paisaxe (5)
 
Relevo Peninsular
Relevo PeninsularRelevo Peninsular
Relevo Peninsular
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 

Similar to Formas da costa

Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)naturaxiz
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega monadela
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabularioquiquehs
 
Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015iesasorey
 
As rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asoreyAs rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asoreyiesasorey
 
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdfUNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdffatimacastro
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousaraquel
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.XeneralidadesLOPEZMOURENZA
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoprofesor historia
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)candeadosalnes
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costamonadela
 
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaCamiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaMaría Rei Vilas
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosdavidcasadobravo
 
Tema 4. ríos e mares 1
Tema 4. ríos e mares 1Tema 4. ríos e mares 1
Tema 4. ríos e mares 1Dudas-Historia
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costamonadela
 

Similar to Formas da costa (20)

Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015Fervenzas galegas.2015
Fervenzas galegas.2015
 
As rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asoreyAs rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asorey
 
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdfUNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
UNIDADE 2_ O RELEVO E A HIDROGRAFÍA.pdf
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
un rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidadesun rio.Xeneralidades
un rio.Xeneralidades
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
Esquema
EsquemaEsquema
Esquema
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Burela, a costa
Burela, a costaBurela, a costa
Burela, a costa
 
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta NarigaCamiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
Camiñando pola Costa da Morte de Caión a Punta Nariga
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Tema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e MaresTema 4. Ríos e Mares
Tema 4. Ríos e Mares
 
Tema 4. ríos e mares 1
Tema 4. ríos e mares 1Tema 4. ríos e mares 1
Tema 4. ríos e mares 1
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Formas da costa

  • 2. A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
  • 3. A costa galega prolóngase debaixo da superficie do mar nunha estreita plataforma continental que acada o seu maior desenvolvemento fronte á Coruña con só 15 millas.
  • 4. Nas áreas costeiras é onde se fai máis perceptible a interacción entre o aire, o mar e a terra.
  • 5. A estrutura da costa depende da interacción de varios factores: -A acción das ondas -Procesos xeolóxicos e tectónicos -Natureza das rochas -Procesos climáticos -Acción dos seres vivos -Actividade humana
  • 6. A liña de costa é un lugar de cambio permanente, onde se aprecia máis de preto a interacción dos elementos: auga (mar), aire (vento) e terra (rochas).
  • 7. A nivel xeolóxico atópanse dúas grandes zonas na costa galega, a Asturoccidental-leonesa, con xistos precámbricos e enriba deles materiais discordantes do Paleozoico, e a Centroibérica, formada por materiais paleozoicos con diferentes graos de metamorfismo. Ambas zonas están separadas pola falla de Viveiro. Xistos en Ribadeo Granitos en Cabo Vilán
  • 8. As rochas máis resistentes como o granito, migmatitas e granodioritas forman os cabos ou puntas e as menos resistentes dan lugar á formación de esteiros e inflúen na disposición dalgunhas rías.
  • 9. O nivel do mar foi variando ao longo do tempo debido a causas climáticas (glaciacións) ou tectónicas (elevacións e afundimentos continentais) e deixou as súas pegadas no litoral. Praia fósil en Maior (Sanxenxo).
  • 10. Cantís con pregues en Bascuas (Sanxenxo).
  • 11. As ondas que xera o vento proporcionan a maior parte da enerxía que modela a liña de costa.
  • 12. FORMAS DA COSTA lagoa litoral istmo frecha dunas praia illa enseada tómbolo l esteiro cantil península cabo rasa arcobarra aguillón
  • 13. COSTA ROCHOSA Formada por rochas de distintos aspectos e tamaños. Pode ser exposta ou protexida, baixa ou alta (cantís).
  • 14. Costa das Illas Cíes, exposta cara ao océano e protexida cara ao interior da Ría.
  • 15. CANTÍS Lugares, de pendente acusada, nos que o material rochoso continental se atopa bruscamente co mar. Nos cantís a enerxía das ondas acaba rompendo a parte máis baixa, que se derruba. Os fragmentos rochosos arrincados e arrastrados polas ondas aumentan o poder erosivo do mar golpeando e rompendo a base das rochas.
  • 16. A enerxía das ondas vai destruíndo de maneira desigual o cantil, erosiona a maior velocidade as rochas máis brandas ou as que están máis fracturadas, mentres que algunhas rochas manifestan unha grande resistencia ao desgaste. Así fórmanse covas ou furnas e arcos rochosos. Cando un arco se derruba, deixa restos rochosos illados que forman os aguillóns ou chemineas. Co paso do tempo tamén estes residuos do cantil acabarán por desaparecer baixo o efecto destrutor das ondas, pasando a formar parte da plataforma litoral.
  • 17.
  • 19. Aguillóns na Punta do Picón (Espasante).
  • 20. Pena dos Tres Pés. Illa de Arousa.
  • 21. Rochas en Santa Mariña (Costa da Morte).
  • 22. Zona de confluencia de granitos e gneis, na Lanzada.
  • 23. Plataforma litoral formada por rochas estratificadas. Plataforma litoral formada por rochas graníticas. PLATAFORMA LITORAL OU DE ABRASIÓN Zona achairada na base do cantil formada polos materiais desgastados. Varía segundo o tipo de rochas.
  • 24. O nivel do mar adoita variar co transcorrer do tempo. Estas variacións poden producirse por motivos climáticos, como as glaciacións, ou por causas tectónicas que produzan a elevación ou o descenso dos continentes con respecto ao nivel do mar.
  • 25. Cantil fósil na Praia de Foxos (A Lanzada). Na metade da imaxe pódese apreciar a base erosionada do antigo cantil situado hoxe a case dous metros por enriba do nivel máximo da marea.
  • 26. Rasa costeira de Ribadeo. As plataformas de abrasión poden quedar por riba do nivel do mar formando unha rasa costeira. Isto pode producirse polo ascenso tectónico do continente ou ben pola diminución da cantidade de auga oceánica, que se produce cando hai unha glaciación e como consecuencia unha grande parte da auga da Terra está en forma de xeo continental.
  • 27. COÍDOS OU BOLEIRAS Acumulacións de rochas redondeadas desprendidas dos cantís que se despositan na parte máis alta da plataforma litoral Coído da Punta do Boi no Cabo do Trece.
  • 28. COSTA AREOSA Formada por depósitos de partículas finas (limo, area, grava...). As partículas arrincadas do cantil polo poder erosivo das ondas e, sobre todo, os materiais sedimentarios transportados polos ríos ata o mar, son arrastrados polas correntes e empurrados polas ondas que os depositan cando perden enerxía dando lugar a unha grande diversidade de estruturas areosas.
  • 29. Praia de Carnota, a máis longa de Galiza, con 7 km de lonxitude. PRAIAS Depósitos de sedimentos finos na liña de costa. Son as formacións sedimentarias máis comúns das costas areosas. En Galiza hai moitas, en xeral de pequeno tamaño e limitadas por saíntes rochosos.
  • 30. Galiza ten máis de 300 km de areais compostos sobre todo por partículas de cuarzo, feldespato e mica procedentes da descomposición dos granitos. Nalgunhas pódense atopar pequenas cantidades de ouro (Laxe, Corme, Esteiro Miño...), circón (A Lanzada, Fisterra...) ou granates (Carnota). En moitas hai tamén restos de caparazóns de animais.
  • 31. As ondas que van rompendo lixeiramente inclinadas contra a praia orixinan a corrente litoral e a deriva litoral que producen o desprazamento da area ao longo da praia.
  • 32. A area das praias presenta unha grande mobilidade. As ondas, as correntes e o vento son os causantes de que a area dunha praia estea en constante movemento. A praia pódese considerar como un elemento vivo e activo, no que o material que a forma simplemente está de paso. Praia exposta, en mar aberto
  • 33. O perfil dunha praia varía ao longo do ano debido a que no inverno, as violentas ondas dos temporais provocan unha grande resaca que arrastra a area da praia cara ao mar. As suaves ondas do verán acumulan sedimento continuamente na praia, facendo que esta adquira un perfil máis elevado.
  • 34.
  • 35. Formas deixadas na area polo movementos das ondas
  • 36. Praia protexida no interior dunha enseada
  • 37. DUNAS Moreas de area que se depositan detrás das praias pola acción dos ventos constantes, procedentes do mar.
  • 39. Moitas praias galegas están protexidas entre costas rochosas altas, polo que as areas transportadas polo vento ascenden pendente arriba e vanse depositando e formando as chamadas placas eólicas ou dunas remontantes. Duna remontante do Monte Branco, na praia do Trece.
  • 41. Dunas fixas. Moi poucos vexetais conseguen adaptarse á vida sobre as dunas, polo que o conxunto de plantas que coloniza este medio ten un gran interese botánico e ecolóxico. Ademais esta vexetación axuda a capturar a area transportada polo vento que será unha reserva de sedimento para a praia.
  • 42. Frecha na desembocadura do río Anllóns na ría de Corme e Laxe. FRECHA Depósito de area que se vai proxectando desde un extremo da badía ata o contrario polo choque de dúas correntes (a corrente e a deriva litorais contra unha corrente fluvial). Fórmanse en praias próximas a unha badía ou entrante costeiro, onde desembocan ríos ou regatos.
  • 44. BARRAS Fórmanse a partir de frechas que pechan a saída dun río. Istmo da Lanzada. Os istmos ou tómbolos son barras de area que unen unha illa coa costa.
  • 45. Barra na lagoa de Doniños
  • 46. Lagoa de Carregal, con comunicación co mar por medio dunha canle. Lagoa de Traba, sen comunicación directa co mar. LAGOA LITORAL Fórmanse cando unha barra de area pecha a saída dun pequeno río ao mar. Poden ter comunicación con el ou estar illadas, pero sempre hai filtracións a través da area.
  • 47. As lagoas litorais son medios que experimentan unha rápida evolución que as leva á desaparición nun período de tempo relativamente curto. A continua achega de sedimentos vainas colmatando e transformándoas en ecosistemas terrestres.
  • 48. Lagoa colmatada de Pantín Lagoa de Louro
  • 49. ESTEIROS E MARISMAS As desembocaduras dos ríos rompen a continuidade do litoral e presentan unhas características diferenciais con respecto ás costas rochosas ou areosas. Caracterízanse pola confluencia das augas dóces, procedentes do río, e das augas salgadas, de orixe mariño, e pola grande acumulación de material sedimentario. Esteiro do Miño
  • 50. Os esteiros están influenciados pola dinámica das mareas e a do propio río. As descargas fluviais achegan de forma continuada materiais areosos e lamacentos que van cubrindo os fondos do esteiro e durante a baixamar quedan ao descuberto, desaugando o río por unha rede de canles que atravesan os depósitos de area e lama. Esteiro do Umia con marea baixa e alta. ESTEIRO Desembocadura dun río influída pola marea.
  • 52. Sedimentos do interior dun esteiro
  • 53. No interior das rías, onde a enerxía do mar é menor, os depósitos areosos dalgúns esteiros poden adquirir unha forma semellante aos característicos deltas dos ríos mediterráneos, aínda que na preamar permanecen mergullados. Delta-mareal do Río Umia. (Imaxe cedida polo SITGA).
  • 54. MARISMAS Fórmanse nas zonas internas e protexidas do esteiro como consecuencia do depósito de lamas sobre as que medran xuncos e outra vexetación de auga salobre, que diminúen aínda máis a enerxía da auga provocando a deposición de máis material sedimentario.
  • 55. Ría de Pontevedra AS RÍAS Vales fluviais anegados polo mar. Xeralmente teñen forma triangular, cunha boca moi ampla, no seu contacto co océano, que se vai estreitando cara ao interior (cabeceira da ría) onde se atopa a desembocadura do río (esteiro) que alimenta de augas dóces e sedimentos a ría e onde se forman amplas marismas. Son un dos elementos da paisaxe que mellor definen a costa galega.
  • 56. Esquema da formación das rías. No Terciario, durante a Oroxenia Alpina, o terreo galego elevouse e logo rompeu en varios bloques. Os bloques litorais bascularon cara ao mar e a auga anegou os vales dos ríos. Outros factores como a presenza de fallas, as formas do relevo, a orientacións dos materiais, a diferente resistencia das rochas á erosión… fan que as rías galegas presenten unha morfoloxía moi diversa, e cada unha delas teña características propias.
  • 57. Circulación da auga nas rías. A pesar de semellar sistemas case pechados, nas rías prodúcese un contínuo trasvase e renovación das augas. A auga dóce achegada polos ríos, menos densa, circula maiormente pola superficie cara ao mar exterior mesturada coa auga salgada. Esta corrente compénsase coa entrada, polo fondo, de auga mariña procedente do exterior, fría e cargada de minerais.
  • 58. Os ríos van achegando materiais ás rías que se distribuirán segundo o seu tamaño e a enerxía do medio. Os de maior tamaño, gravas e areas, sitúanse cara á boca da ría, mentres que o material máis fino, limos e arxilas, deposítase na cabeceira. Ría de Arousa. É a máis extensa, rica e variada das Rías Baixas. A illa de Sálvora divide a súa boca en dúas, a do norte inzada de illotes e cons, e a do sur máis profunda que se prolonga ata sobrepasar a Illa de Arousa. Numerosos ríos desembocan nela destacando o Ulla e o Umia.
  • 59. Vista panorámica da Ría de Muros e Noia, entre a serra do Barbanza (ao sur) e os montes do Tremuzo (ao norte). O emprazamento que ocupan as rías, coincide con fallas ou fracturas do terreo galego que se produciron hai moitos millóns de anos. Os ríos de cabeceira aproveitaron esas gretas do terreo para formar a súa canle en dirección ao mar. As illas son as elevacións do terreo que sobresaen do mar.
  • 60. Ría de Corme e Laxe desde o Monte Branco.
  • 61. A ría de Ortigueira, con 12 Km de lonxitude, é a maior das rias altas. A súa forma é moi sinuosa e nela desembocan seis ríos, dos que os máis importantes son o Mera e o Baleo.
  • 62. A Ría do Eo ou de Ribadeo é alongada e estreita, con orientación norte-sur.
  • 63. Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas as rías son espazos naturais únicos no mundo, de grande productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica.
  • 64. Illas Cíes, na boca da ría de Vigo. AS ILLAS Na costa galega hai numerosas illas, illotes e cons como consecuencia da diversidade xeolóxica, da actividade mariña e dos movementos tectónicos. Podemos atopar dous tipos de illas, as de mar aberto con abruptos cantís pola parte exposta, e as interiores, de perfil case chan.
  • 65. Illa de Arousa, a máis grande de Galiza, con 6 km de lonxitude e 8 km2 de superficie, situada no interior da Ría de Arousa.
  • 66. Illas Estelas e Cíes, na boca da Ría de Vigo. Considéranse como a parte emerxente do que sería a última serra da provincia de Pontevedra mergullada no Atlántico.
  • 67. A Illa de Ons é a máis grande das illas exteriores. Está formada por unha mole de granito de superficie amesetada con cantís abruptos na parte oriental e costa baixa con praias na parte occidental.
  • 68. O arquipélago das Sisargas está constituído por tres illas (Malante, Sisarga Chica e Sisarga Grande) e varios illotes próximos ao Cabo de San Adrián na costa de Malpica. As Illas, de natureza xeolóxica diversa, unhas formadas por granitos e outras por unha rocha metamórfica chamada gneis glandular, presentan un perfil amesetado que remata en abruptos cantís no seu encontro co mar.
  • 69. As Illas de San Simón e San Antonio forman un conxunto unido por unha pequena ponte. Están no interior da Ría de Vigo.
  • 70. Con de Nor. Illote granítico situado na boca da ría de Arousa.
  • 71. MONTAXE: Adela Leiro TEXTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Victor Caamaño, Isaac Pontanilla. FOTOS: Adela Leiro, Lucía Leiro. DEBUXOS: Mon Daporta Maio 2010