Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Xeografía física de Galicia

11,433 views

Published on

Presentación básica sobre a xeografía física de Galicia (xeomorfoloxía, climatoloxía, bioxeografía, solos, protección do medio ambiente e riscos naturais).

Published in: Education

Xeografía física de Galicia

  1. 1. XEOGRAFÍA FÍSICA DE GALICIA
  2. 2. Chairas setentrionais Contraste topográfico entre as terras baixas costeiras e as máis elevadas do interior Serras e depresións de orixe tectónica no sector meridional ASPECTOS DO RELEVO
  3. 4. Espazo occidental no que hai maior presenza de rochas plutónicas Espazo oriental no que dominan lousas e xistos O ROCHEDO
  4. 5. Zócolo paleozoico Substrato xeolóxico Oroxenia alpina (Terciario) Fracturación do zócolo: numerosas fallas Finais do Terciario Subsidencia no bordo continental que dá orixe a boa parte das rías. Configuración actual da rede fluvial Cuaternario Periglaciarismo HISTORIA XEOLÓXICA DE GALICIA
  5. 6. As estruturas hercínicas préganse en arcos concéntricos cunha convexidade cara ao oeste Os sistemas de fracturas tardo-hercínicas NO-SE e NE-SO marcan o camiño aos movementos de bloques posteriores (canles de auga, serras ou rías)
  6. 7. “ No centro-oeste de Galicia predominan alineacións N-S; ao bloque externo litoral, onde se entalan as rías , sucede, tras un estreito suco de fosa , o remonte ata os 400-500 m no chanzo de Santiago . Desde esta grade, que coroa un anaco de penechaira cortado pola diseción, outro escarpe eleva o nivel ata 800-1.100 m no horst granítico da Dorsal Galega , da que o trazo de cumes fixa a divisoria entre o Miño e a rede centrífuga das rías, amosando a súa subordinación á tectónica. Ao este da Dorsal esténdese unha sucesión de cubetas con fondo cara aos 500 m e anchura da orde de 50 km desde o norte de Lugo ata o de Ourense, formando no esencial a conca do Miño, pola Terra Cha e a chaira de Monforte , que cara ao sur de Ourense, e tras un leve limiar, dá paso á fosa da Limia . (…) No este de Galicia, o oeste astur-leonés e noroeste de Zamora, o paso ao relevo neto de montaña non implica un simple ascenso en escada de bloques, senón un cruce e puzzle de moles e fallas. as de trazo N-S, paleozoicas reactivadas, ou as armoricanas NO-SE, córtanse coas O-E da tectónica alpina. (…)” Ricardo Méndez e Fernando Molinero (coords.): Geografía de España . Ed. Ariel.
  7. 10. LITORAL PRELITORAL SERRAS SETENTRIONAIS E DORSAL MERIDIANA CHAIRA LUCENSE SERRAS E DEPRESIÓNS ORIENTAIS E SUDORIENTAIS LITORAL
  8. 12. Modelado granítico no Pindo Pregas cuarcíticas en Burela Cuarcitas e xistos en Ribadeo Lagoa glaciar no Courel Sinclinal colgado na Serra do Eixe Fotografías procedentes de: http://xhgalicia.blogspot.com ALGÚNS MODELADOS DO RELEVO
  9. 14. RÍAS ALTAS, dende Ribadeo ata Muros RÍAS BAIXAS, dende Muros ata a foz do Miño AS RÍAS GALEGAS
  10. 15. TIPOS DE RÍAS
  11. 16. O CLIMA DE GALICIA
  12. 18. “ O clima de Galicia vese moi influído pola súa localización xeográfica. Así, a s ituación á beira do océano e a latitude na que se atopa marcan os caracteres climáticos. A orografía é outro factor definitorio do clima, que favorece a subdivisión interna nunha serie de variedades. A posición do país fai que existan uns contrastes estacionais moi marcados , alternando a influencia da corrente polar no inverno e das altas presións subtropicais (Anticiclón de Azores) no verán. Esta variedade de condicións atmosféricas explican a diversidade notoria de tipos de tempo que se dan en Galicia. O clima da nosa comunidade presenta trazos comúns con todos os climas oceánicos de Europa Occidental , pero tamén características diferenciais. Os elementos comúns son as continuas chegadas de masas húmidas do O que favorecen unhas intensas precipitacións e unhas características térmicas de suavidade . Malia estes caracteres comúns, Galicia individualízase pola seca estival acentuada e a maior duración do verán .” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra
  13. 19. Datos procedentes de www.pedrocolmenero.es e www.ucm.es CLIMOGRAMAS DE GALICIA
  14. 20. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  15. 21. Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica de verán. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  16. 22. Situación sinóptica de precipitacións intensas de poñente. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  17. 23. Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica invernal. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  18. 26. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  19. 27. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit. EVIDENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO A temperatura anual aumentou 0,18 ºC por década no período 1961-2006. O incremento non foi homoxéneo ao longo do período, destacando o aumento abrupto desde 1972, chegando a taxa a duplicarse: 0,36 ºC por década. O aumento foi maior en primavera e verán. No inverno aumentou a temperatura máxima e descendeu o número de días fríos. Canto ás precipitacións, aumentan os episodios de choiva intensa no outono e diminúen na primavera. Hai unha diminución de situacións do norte e do nordés en primavera e verán. A partir do estudo “ Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia ” (http://www.siam.medioambiente.xunta.es/cligal/documentos/1.pdf)
  20. 28. A rede fluvial ven definida pola interrelación entre a disposición do relevo e a pluviosidade. Os dous favorecen a existencia de numerosísimos cursos fluviais, a meirande parte deles de curto percorrido. Case a totalidade dos ríos galegos amosan un réxime de tipo pluvial oceánico , caracterizado pola abundancia e regularidade dos Caudais, con enchentas invernais e estiaxes moderadas no verán. Os ríos que desembocan na vertente cantábrica (Navia, Eo, Masma, Landro, Sor, Mera, etc.) son os que teñen maior regularidade neste réxime. Pola contra, os que desaugan nas Rías Baixas presentan descensos moi importantes no seu caudal durante o verán (Tambre, Ulla, Deza, Umia, Lérez, Verdugo,etc.). Mentres que os ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra manteñen uns caracteres intermedios (Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Anllóns, Grande, Castro e Xallas). A partir de J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra
  21. 29. “ O Miño e o seu principal afluente o Sil merecen unha mención aparte, xa que tanto por constituírse nunha Longa arteria fluvial (cruza de N a S a maior parte da provincia de Lugo e boa parte das de Ourense e Pontevedra), como pola amplitude da súa cunca e a diversidade de áreas climáticas que atravesan, teñen Unha variabilidade no seu comportamento hídrico que os individualizan respecto aos demais de Galicia.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra
  22. 30. Maiores enchentas de inverno (reximes pluviais oceánicos) Segundo pico do Limia en maio, que delata alimentación pluvio-nival Maior duración e pronunciación da aridez estival no Limia Maior regularidade no caudal dos ríos setentrionais HIDROGRAMAS
  23. 31. HIDROGRAMAS O Miño mantén, en Ourense, un caudal pouco variable, a consecuencia da súa regulación O Xares, afluinte do Bibei, mantén caudal regular con alimentación pluvio-nival nunha cunca pequena
  24. 32. “ A nivel xeral os solos galegos son ácidos, ricos en materia orgánica e pouco evolucionados. Os máis abondosos son os de tipo ránker ou proto-ránker moi pouco desenvolvidos e moi ácidos, que na actualidade ocupan grandes áreas de alta e media montaña onde dominan os breixos. Pola contra, os solos máis evolucionados e edaficamente climácicos son as terras pardas ou cambisoles ; nestes solos asentan os derradeiros vestixios da vexetación climácica e potencial propia da Galicia atlántica de carballeiras acidófilas. A acción do home ao longo dos séculos fixo que a gran maioría destes solos profundos perdesen as masas arbóreas que lles son propias. Outros tipos de solos con presenza significativa son: os podzoles , como degradación dos anteriores propios de áreas con abondosas precipitacións, baixas temperaturas e rochas moi ácidas como as cuarcitas; os fluvisoles , propios da infinidade de veigas que sucan Galicia ao longo dos cursos fluviais; e os hidromorfos , con horizontes glei (ou cun manto permanente de auga), tan característicos das penechairas e zonas húmidas interiores como brañas e gándaras.” Ángel Miramontes: A xeografía física de Galicia . Ed. Lóstrego
  25. 34. Galicia pertence ao Reino Holártico, cuxo territorio se englobaba en dúas rexións ata hai pouco: a rexión Eurosiberiana e a rexión Mediterránea. Na actualidade Prefírese incluír toda a comunidade na rexión Eurosiberiana.
  26. 35. “ As condicións térmicas e pluviométricas son óptimas para o desenvolvemento do manto vexetal. A maior parte de Galicia (...) inclúese na rexión florística Eurosiberiana, na superprovincia Atlántica. Só o extremo suroriental da provincia de Lugo e boa parte da de Ourense pertencen á rexión florística mediterránea. Na primeira destas rexións a vexetación climácica son bosques mixtos caducifolios, con dominio de carballos (Quercus robur) , agás nos Ancares e no Courel, onde dominan os cerquiños (Quercus pyrenaica) , acompañados de sobreiras na Galicia occidental (Quercus suber) , e do carballo peciolado (Quercus petrae) no N e NL, que á súa vez se ven acompañados en xeral de abeleiras (Corylus avellana) , ameneiros (Alnus glutinosa) , olmos (Ulmus glabra) , freixos (Fraxinus excelsior e augustifolia) , arces (Acer pseudoplatanus) , bidueiros (Betula alba) e faias (Fagus sylvatica) .” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra.
  27. 38. “ Na rexión mediterránea as comunidades climácicas son tamén bosques, neste caso de cerquiños,agás na cunca do Sil, onde son substituídos por aciñeiras (Quercus ilex subsp. Ballota ). Os bosques de cultivo tamén adquiriron notable importancia dende épocas remotas, é o caso dos soutos de castiñeiros (Castanea sativa ), introducidos hai máis de 2.000 anos.Os piñeirais son de implantación máis recente, especialmente o Pinus pinaster (piñeiro marítimo ou galego) chegado dende Portugal no século XVII. Máis recentemente Introducíuse o eucalipto (Eucaliptus globulus ), orixinario de Australia e que comezou a cultivarse a partir de mediados do século XIX, malia os problemas medioambientais que xera.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra.
  28. 39. “ A paisaxe vexetal actual é resultado da acción antrópica, pois a vexetación climácica de Frondosas caducifolias está moi deteriorada e en franco retroceso, predominando na Actualidade as especies arbóreas foráneas, o mesmo o mato de substitución do bosque Orixinario, fundamentalmente os toxos (Ullici europaei) , piornos (Cytisus lusitanicus) e Breixos (Ericetum cinerae) .” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra.
  29. 40. (Documento PDF aloxado en www.cfeaguisamo.org) No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte penetración dos eucaliptais na Mariña lucense e costa norte coruñesa, ao tempo que incrementan a súa proporción en todo o litoral occidental, onde as masas de frondosas ceden tamén ante a presión das coníferas . A mestura de coníferas e frondosas está moi estendida polas provincias de poñente e no cadrante noroccidental de Ourense, mentres a principal cantidade de frondosas e carballeiras se refuxia na provincia de Lugo -principalmente- e, en menor medida, nas montañas ourensás. De todos xeitos, o espazo non arborado ocupa unha proporción moi notable nas altas serras orientais e, sobre todo, sudorientais, en depresións como a Limia e nos altos cumes da Dorsal Galega e outras serras máis occidentais. O espazo non arborado ocupaba en 2003 o 52% do total .
  30. 41. “ En Galicia hai poucos pés de especies arbóreas que acaden tallas próximas ás súas respectivas alturas máximas rexistradas no contexto europeo. Isto pode ser interpretado como resultado da ancestral presión antrópica efectuada sobre os nosos bosques para obter unha ampla gama de produtos e beneficios (madeira, leñas, carboneo, pastoreo, construción naval, travesas para o ferrocarril, etc.), o que ten producido un rexuvenecemento xeral nas nosas masas arboradas .” A partir de Manuel A. Rodríguez Guitián: Bosques monumentais de Galicia... op. cit.
  31. 42. “ Os bosques naturais da actualidade foron orixinados de dous xeitos diferentes: uns poucos son bosques primarios , fragmentos residuais herdeiros directos do antigo bosque primixenio anterior á destrución antrópica, mentres que outros chamados bosques secundarios consisten en rexeneracións que tiveron lugar en sitios que nalgún momento da historia foron deforestados. Os bosques primarios caracterízanse pola mínima perturbación dos seus solos e alta biodiversidade vexetal, e por conseguinte animal que atesouran. Nos bosques secundarios pódense aínda distinguir dúas categorías máis atendendo á súa idade: os secundarios antigos e os secundarios recentes . Os primeiros son moi similares aos bosques primarios xa que tiveron tempo abondo para seren recolonizados e adquirir especies e comunidades estables, axudoulles a isto formarse cando os bosques antigos aínda eran abondosos e o illamento ecolóxico era baixo, ámbolos dous tipos poden ser agrupados na categoría de bosques antigos . Son estes moi escasos en Galicia, as dubidosas estimacións de superficies existentes (…) achegarían en torno ás 25.000 hectáreas (...), en calquera caso para atopalos é preciso acudir ás máis esgrevias fragas, devesas e abesedos das serras dos Ancares, O Courel, a cunca do Eume e pouco máis. ” Antón Bouzas: “ Destrución, conservación e restauración da paisaxe ”
  32. 43. ESPAZOS PROTEXIDOS
  33. 44. ESPAZOS PROTEXIDOS
  34. 45. ESPAZOS PROTEXIDOS “ A rica e abundante diversidade biolóxica de Galicia, en particular en forma de hábitats naturais débese, por unha banda, á gran heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática e, por outra, á influencia do home desde a Antigüidade. Moitos destes hábitats posúen un especial valor e interese se aplicamos valores de naturalidade, endemicidade, rareza ou estado de conservación. Este é o caso de dunas, acantilados, lagoas e mariñas, turbeiras, montes, matogueiras da rexión mediterránea, xunto coas reducidas manifestacións de laurisilva e de teixos. (…) [En Galicia hai] máis de 2.000 especies vexetais silvestres, entre as cales se atopan 44 endemismos.” Ángel Miramontes: “ A xeografía física de Galicia ”. Ed. Lóstrego.
  35. 46. “ As características singulares de Galicia convértena nun lugar onde certos riscos naturais son relevantes. O de inundacións é o que se manifesta como máis importante. O anegamento de áreas máis ou menos amplas aparece con relativa frecuencia, o que supón situacións de grave perigo colectivo ou catástrofe, motivadas esencialmente por un urbanismo desordeado que se traduce na habitual construción en chairas de inundación dos ríos. Para tratar de evitar as negativas consecuencias destas inundacións no Plan Especial de Protección Civil establecéronse as áreas de risco (142 municipios), que é particularmente extremo nas ribeiras do río Sar, especialmente na comarca de Santiago e A Mahía; nas do Ulla, sobre todo na súa desembocadura en Padrón e Pontecesures; as comarcas luguesas de A Terra Chá, Vilalba e Begonte; e nas ribeiras do Umia, fundamentalmente ao seu paso por Caldas de Reis.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: “ Breve xeografía de Galicia ”. Ed. A Nosa Terra RISCOS NATURAIS
  36. 47. O documento co ESTUDO DAS ZONAS DE RISCO DE INUNDACIÓN DA BACÍA GALICIA - COSTA (publicado en setembro de 2011) recolle 39 áreas con risco potencial significativo inundación en masas de auga costeiras e de transición (rías e esteiros). O resultado foi a determinación de que un total de 543 quilómetros de río presentan un risco significativo de enchente, o que supón un 3,7 % da lonxitude fluvial de Galicia Costa, e que se agruparon en 167 áreas con risco potencial significativo de inundación.
  37. 48. Outro fenómeno que produce graves trastornos é o dos temporais, frecuentes durante o inverno e que afectan sobre todo ás áreas costeiras.
  38. 49. O ciclón extratropical “Klaus” (xaneiro 2009) veu acompañado de ventos cunha velocidade máxima de 198 km/h en Estaca de Bares.
  39. 50. MOVEMENTOS SÍSMICOS
  40. 51. O 22 de maio de 1997, o triángulo das localidades lucenses de Sarria, Becerreá e Triacastela converteuse no epicentro do terremoto de maior magnitude do século XX en Galicia. O sismo, cunha magnitude de 5,3 na escala Richter, foi o máis importante na comunidade desde 1969, cando se viu afectada polo terremoto de Cabo de San Vicente (magnitude de 7,3),con epicentro no Océano Atlántico. Previamente, en novembro-decembro de 1995 producíranse outros terremotos con magnitude 4,5 na escala Richter. Máis recentemente, sismos de 3,2 e 3,3 de magnitude producíronse en 2002 en Ponte Caldelas e A Rúa, e outro con epicentro no mar, a 61 km de A Coruña, de magnitude 5 (abril de 2006), así como un de magnitude 3,5 en marzo de 2011. Un recente estudo levado a cabo pola Universidade de Oviedo e publicado en 2004 ( http://www.geol.uniovi.es/~clopez/PDFs/TG24-04.pdf ) permite comprobar que a sismicidade máis importante producida na rexión galega e na súa marxe atlántica está asociada ás fallas NE-SO, das que a de Becerreá e a de Sarria son ben significativas.
  41. 52. “ (…) Os incendios teñen a súa orixe na man do home (...). En Galicia a intencionalidade na xeración de lumes é manifesta.” Tomás Fdez. Couto INCENDIOS FORESTAIS
  42. 54. Bibliografía básica : - ALDREY, J.A. e LOIS, RUBÉN C. (2010): Breve xeografía de Galicia . Ed. A Nosa Terra. - MIRAMONTES CARBALLADA, Á. (2007): A xeografía física de Galicia. Ed. Lóstrego. - PÉREZ ALBERTI, A. (1986): A Xeografía. Ed. Galaxia. - TORRES LUNA, Mª P.; PAZO LABRADOR, A.J.; SANTOS SOLLA, J.M. (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Ed. Universidade de Santiago. - VV.AA. (1996-1998): Xeografía. Tomos XVII a XXII do Proxecto Galicia. Ed. Hércules. - VV.AA. (1999): Atlas climático de Galicia (dispoñible en rede: http://www.meteogalicia.com/datosred/infoweb/meteo/docs/publicacions/libros/AtlasClimaticoGalicia.pdf ) - VV.AA. (1986-2008): Atlas Nacional de España (dispoñible en rede: http://www2.ign.es/ane/ane1986-2008/ ) - VV.AA. (2011): Atlas climático ibérico (dispoñible en rede: http://www.aemet.es/es/divulgacion/publicaciones/detalles/Atlas-climatologico )

×