Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Relevo 04 unid

2,405 views

Published on

Presentación sobre as unidades do relevo español (peninsular, insular, litoral)

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Relevo 04 unid

  1. 1. O relevo As unidades do relevo
  2. 2. O RELEVO PENINSULAR
  3. 3. TRAZOS XERAIS ● Unha forma compacta e maciza: o seu contorno litoral a penas presenta entrantes e saíntes. ● A disposición periférica do relevo arredor dunha gran unidade central, a Meseta, que configura unha barreira montañosa que ailla o interior peninsular. ● Unha elevada altitude media (c 660 m.) debida tanto á existencia de elevadas cordilleiras como, sobre todo, á altitude media desa gran unidade central.
  4. 4. Prefiles topográficos da Península Ibérica: N-S, O-E (realizados coa axuda de: http://www.heywhatsthat.com/profiler.html)
  5. 5. A MESETA ● Constitúe a unidade fundamental do relevo peninsular. ● Trátase dunha chaira elevada, resto do antigo Macizo Hespérico xurdido da oroxenia herciniana, arrasado pola erosión e convertido en zócolo. Durante a Era terciaria foi deformada e fracturada pola oroxenia alpina (relevo xermánico) ó tempo que se inclinaba cara o Atlántico. Deste xeito poden diferenciarse nela: ➢ O antigo zócolo paleozoico, situado ao W peninsular. ➢ As concas sedimentarias interiores. ➢ As serras interiores. ● O Sistema Central divide a Meseta en dúas partes, a Submeseta Norte, máis elevada (c. 750 m.), e a Submeseta Sur, de menor altitude medio (c. 650 m.). ● Está confinada por unha serie de rebordos montañosos: Macizo Galaico-Leonés, Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico, Sierra Morena
  6. 6. A MESETA O antigo zócolo paleozoico ● Agroma no W peninsular, onde a erosión varreu a coberteira de sedimentos terciarios deixando ao descuberto os materiais primairos: granito, lousa e cuarcita. ● O relevo esta formado por penechairas lixeiramente onduladas (en Salamanca e Zamora na Submeseta Norte, ao W da Mancha e ao S e W de Extremadura na Submeseta Sur). Sobre elas destacan ás veces relevos residuais ou montes-illa. Os ríos que as atravesan, ao encaixarse sobre os duros materiais do zócolo formaron profundas gargantas, arribes ou tajos.
  7. 7. A MESETA. As serras interiores ● Trátase de dous sistemas montañosos paralelos que recorren a Meseta: o Sistema Central e os Montes de Toledo. ● Configuráronse na Era Terciaria coa oroxenia alpina. ● En xeral a súa litoloxía e silícea, ben granítica ou ben metamórfica (lousas, gneis, cuarcitas).
  8. 8. A MESETA As serras interiores: o Sistema Central ● Recorre a Meseta cun disposición SW-NE dende a Serra da Estrela (Portugal) ata o Sistema Ibérico. ● Fórmana varios conxuntos: ● Occidental (Serra da Estrela, Gata, Peña de Francia e Béjar), con altitudes inferiores a 1800 m. ● Central (Serras de Gredos, Malagón e Guadarrama), onde mesmo supera os 2.500 m. (Pico Almanzor). ● Oriental (Serras de Somosierra, Ayllón e La Pela) con altitudes máximas arredor dos 2.000 m. ● As pendentes son máis suaves cara o N (conca do Douro) que cara o S (conca do Texo). ● Constitúen un bo exemplo de relevo xermánico: a raíz da oroxenía alpina, o zócolo paleozoico fracturouse xerando bloques levantados (horst), que forman as serras, e bloques afundidos (graben), que constitúen os corredores tectónicos de dirección N-S polos que discorren os ríos. ● Os cumios son suaves e aplanados agás nos puntos máis elevados (Gredos) onde aparecen formas máis escarpadas (cristas ou galayos) e deixou a súa pegada o glaciarismo cuaternario (circos glaciares, vales en U...)
  9. 9. A MESETA As serras interiores: os Montes de Toledo ● Situados no centro da Submeseta Sur, separan as concas do Texo e do Guadiana. Esténdense de O a E entre a Serra de Guadalupe (Monte Villuercas, 1.601 m.) e a Serra da Calderina. ● Constitúen un claro exemplo de relevo apalachense modelado sobre cuarcitas e lousas rexuvenecido pola oroxenia alpina e sometido logo a unha intensa erosión.
  10. 10. A Meseta, 6 As concas sedimentarias interiores ● Na Submeseta Norte correspóndese coa conca do Douro. Mentres, os Montes de Toledo dividen a Submeseta Sur en dúas concas menores, do Texo e o Guadiana. ● Formáronse a raíz da oroxenia alpina, que provocou fallas e o afundimento dalgúns sectores do zócolo paleozoico. Sobre estes fóronse acumulando sedimentos dende finais do Terciario. Durante o Cuaternario, a alternancia de periodos glaciares e interglaciares favoreceu o formación de terrazas fluviais que acadaron un especial desenvolvemento no val do Douro. ● Dende o punto de vista litolóxico, forman parte da España arxilosa cos característicos relevos de páramos (Peñaranda, Alcarria, Mesa de Ocaña, A Mancha) , campiñas (Terra de Campos, La Sagra), outeiros, relevos en costa.
  11. 11. OS REBORDES MONTAÑOSOS DA MESETA ● A Meseta está rodeada por sistemas montañosos que se dispoñen como unha barreira que illa o interior. ● Trátase de unidades formadas no Terciario ó fracturarse o zócolo herciniano e elevarse estes bloques por mor da oroxenia alpina.
  12. 12. OS REBORDES MONTAÑOSOS DA MESETA: o Macizo Galaico-Leonés ● Dende o punto de vista morfoestrutural é un macizo antigo, orixinado no Paleozoico como parte do Macizo Hespérico. A oroxenia alpina provocou nel un gran abombamento e fracturouno nunha serie de bloques individualizados por fallas de dirección N-S. ● Dende o punto de vista litolóxico forma parte do dominio silíceo (granito máis lousa e cuarcita). Os cumios presentan, polo xeral, formas suaves e redondeadas. Durante o Cuaternario, as serras máis elevadas víronse afectadas polo glaciarismo. ● Podemos diferenciar nel tres unidades: ➢ Os Montes de León, a parte máis oriental e elevada (Serra Segundera: Pico Teleno, 2.188 m.). ➢ A area central, onde alternan fosas tectónicas (Lugo, Bierzo, Tui), con bloques elevados (Serras dos Ancares e Caurel, dorsal galega). ➢ A zona litoral, moi recortada, onde os antigos vales fluviais inundados polo mar formaron as rías.
  13. 13. OS REBORDES MONTAÑOSOS DA MESETA: a Cordilleira Cantábrica Podemos diferenciar nela tres sectores:  O Macizo Asturiano, ao O, formado por materiais materiais paleozoicos que formaban parte do zócolo rexuvenecidos pola oroxenia alpina. ➢ Na súa parte occidental, a diferente dureza dos materiais (lousas e cuarcitas) deu orixe a algúns relevos apalachenses. ➢ No extremo oriental, un gran afloramento de calcarias pirmarias configura os Picos de Europa, onde atopamos as maiores alturas da cordilleira, que superan os 2.500 m. (Torre de Cerredo, 2648 m.; Naranjo de Bulnes, 2.519). Son moi visibles nel os efectos do glaciarismo.  No centro, a Montaña Cantábrica, constituida por materiais mesozoicos (calcarias, margas) de orixe mariña que se plegaron durante a oroxenia alpinaa, acada altitudes máis modestas e formas máis suaves  Ao E, os Montes Vascos, constituidos por materiais mesozoicos moi pregados e sobre os que incidiu fortemente a erosión.
  14. 14. OS REBORDES MONTAÑOSOS DA MESETA: o Sistema Ibérico Cordilleira formada na súa meirande parte por materiais mesozoicos sedimentados polo mar no bordo oriental do zócolo herciniano que se pregaron na oroxenia alpina. Nalgúns sectores esta cobertura era pouco fonda e neles agromou o zócolo rexuvenecido pola devandita oroxenia. Pódense distinguir dous sectores:  A metade septentrional ten unha dirección NO-SE e inclúe as maiores alturas da cordilleira (Sierra da Demanda, Picos de Urbión, Sierra Cebollera, Serra do Moncayo: P. Moncayo 2.313 m.). Presenta algunhas formas de modelado glaciar  A metade meridional, a partir do SE da provincia de Soria, bifúrcase entre: ➢ Unha póla castelá ou interior: Serra de Albarracín (paleozoica), Serranía de Cuenca (calcaria: Ciudad Encantada) ➢ Unha póla exterior ou aragonesa: Serras de Javalambre, Gúdar e Maestrazgo (calcarias). ➢ Sepáraas unha fosa tectónica, a depresión Calatayud-Teruel (materiais terciarios, relevo tabular)
  15. 15. OS REBORDOS MONTAÑOSOS DA MESETA: Sierra Morena Trátase dun chanzo brusco entre a Meseta e a Depresión do Guadalquivir máis que dunha auténtica cordilleira orixinado a raíz da oroxenia alpina O seu rochedo é paleozoico (cuarcitas, granitos, lousas) de tons escuros o que, unido ás cores da vexetación dominante (jara), lle dá nome. Acada as súas máximas altitudes na Sierra Madrona (Bañuela, 1.323 m.)
  16. 16. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA ● Non forman parte da Meseta. ● Ubícanse no S e no NE peninsular. ● Son unidades relativamente recentes xa que se formaron a raíz da oroxenia alpina. ● Atendendo a criterios morfoestruturais podemos distinguir dous conxuntos: ➢ As depresións ou concas prealpinas. ➢ As cordilleiras alpinas.
  17. 17. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA: As depresións. Trazos xerais: ● Orixe semellante: son cuncas ou fosas prealpinas formadas entre as novas cordilleiras e os rebordos da Meseta. ● Forma triangular. ● Litoloxia arxilosa. ● Modelado no que dominan estensas chairas de escasa altitude. ● Marco de desenvolvemento de dúas grandes concas fluviais: a do Ebro e a do Guadalquivir.
  18. 18. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA: A depresión do Ebro, 1  Localización: situada no NE, rodeada de cadeas montañosas (Sistema Ibérico, Pireneos e Sistema Costeiro-Catalán) e ocupada pola conca do Ebro.  Evolución xeolóxica: a depresión foi afundíndose a medida que se erguían os Pirineos. Ocupada primeiro polo mar, transformouse nun gran lago cando se levantou o Sistema Costeiro-Catalán e logo serviu de canle ao río Ebro ata que este se se abriu camiño cara o Mediterráneo.  Litoloxía: contén depósitos mariños e continentais, grosos nas marxes (conglomerados) e máis finos no centro (areniscas, margas, xesos, calcarias...)
  19. 19. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA: A depresión do Ebro, 2 ● Formas de relevo condicionadas polas diferentes caracterísitcas dos materiais e un clima árido: ➢ Nos bordes, os somontanos ou piedemontes pirenaicos e ibéricos, áreas lixeiramente inclinadas situadas entre as montañas exteriores e o centro da depresión. A erosión deu lugar á formación de mallos (torreóns rochosos individualizados pola erosión) sobre os materiais máis duros e a hoyas (depresións erosivas) excavadas nos materiais máis brandos como as de Huesca e Barbastro. ➢ No centro da depresión, cando a disposición dos estratos é horizonal e alternan as calcarias duras con materiais máis brandos (margas, xesos, arxilas) aparecen relevos tabulares (muelas ou planas). Onde predominan materiais brandos e un medio arido, fórmanse cárcavas e badlands (os Monegros)
  20. 20. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA. A Depresión do Guadalquivir. ● Localización: situada no S peninsular entre Sierra Morena e os Sistemas Béticos servindo de marco á conca do Gualdalquivir ● Evolución xeolóxica: primeiro foi un brazo de mar entre o Atlántico e o Mediterráneo que co levantamento dos Sistemas Béticos convertiuse nun fondo golfo aberto cara o O. Foise colmatando con sedimentos mariños no Terciario e no Cuaternario. ● Litoloxía: predominan as rochas brandas de orixe mariña (margas, areas, calcarias, arxilas) onde a erosión fluvial actuou profundamente e orixinou varios niveis de terrazss. ● Modelado: predomina unha estensa campiña cha que, a medida que nos achegamos ao Atlántico, deixa paso a unha paisaxe de marismas.
  21. 21. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA. As cordilleiras alpinas. Trazos xerais ● Formáronse durante a oroxenia alpina (Cenozoico) ao pregárense os materiais sedimentados nas fosas oceánicas bética e pirenaica. ● Trátase de montañas relativamente novas de elevada altitude e relevos vigorosos. ● Presentan unha gran complexidade litolóxica ao incluír áreas con potentes capas sedimentarias e zonas onde aflora o zócolo. ● Aprécianse os efectos do glaciarismo cuaternario tanto nos cumios como nas vertentes.
  22. 22. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA. Cordilleiras alpinas. Os Pireneos. ● Localización: constitúen o itsmo que une a Península Ibérica co resto do continente europeo, estendéndose de W a E ao longo de 440 km e chegando a acadar os 100 km. de largura no seu sector central. ● Gran complexidade xeolóxica e morfoestrutural: ➢ Pirineo axial: no eixo da cordilleira agroman os restos dun antigo macizo hercininano rexuvenecido pola oroxenia alpina formado por materiais precámbricos e paleozoicos. Nel sitúanse as máximas altitudes e os relevos máis abruptos, que superan os 3.000 m. no sector central (Aneto, Monte Perdido), e son visibles os efectos do glaciarismo cuaternario (circos e vales glaciares, lagoas ou ibones) e mesmo, por riba dos 3.000 m., consérvanse pequenos glaciares ou neveiros. ➢ Prepirineo. Esta formado por materiais mesozoicos calcarios pregados e levantados pola oroxenia alpina, presenta relevos menos altos e formás máis suaves que se estruturan en dúas aliñacións paralelas á zona axial: as serras interiores (Cadí, Cotiella) e as serras exteriores (Guara, Montsec), separados pola depresión media (conca de Pamplona, Canal de Berdún, conca de Tremp...)
  23. 23. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA. Cordilleiras alpinas. O Sistema Costeiro-Catalán ● Localización: sistema montañoso moi fragmentada de disposición NE-SO, paralela á costa mediterránea catalana entre os Pireneos e o Sistema Ibérico. Constitúe unha continuación da zona oriental dos Pireneos, separada desta pola serie de fallas que deron orixe á área volcánica da comarca de Olot. ● Dende o puntod e vista litolóxico e morfoestrutural podemos diferenciar dous sectores: o septentrional, formado por materiais paleozoicos, restos dun antigo macizo deformado e fracturado pola oroxenia alpina; e o meridional, formado por materiais calcarios secundarios pregados. ● O Sistema está dividido en dúas aliñacións: a cordilleira litoral (Tibidabo, Montnegre, Altos do Garraf), de escasa altitude (500-700 m.); e a cordilleira prelitoral (Montseny, Montserrat), máis ampla e con altitudes maiores (máximo: 1.712 m. no Montseny); saparadas pola depresión intermedia (Selva, Vallés, Penedés) rechea de materiais secundarios e terciarios.
  24. 24. UNIDADES EXTERIORES Á MESETA. Cordilleiras alpinas. Os Sistemas Béticos. ● Esténdense dende o Golfo de Cádiz ata o Cabo da Nao continuando baixo o Mediterráneo ata as Baleares. ● Orixinouse como consecuencia da oroxenia alpina ao pregárense os sedimentos mesozoicos (calcarias e margas) acumulados na fosa bética. ● Podemos diferenciar dous grandes conxuntos: ➢ A Cordilleira Penibética (Serranía de Ronda, Serra dos Filabres, Serra Nevada, Campo de Tabernas) bordea a costa. Predominan as calizas mesozoicas agás en Sierra Nevada, onde agroman os restos do antigo macizo paleozoico bético-rifeño, acádanse as maiores alturas da Península (Mulhacén, 3.479 m., Veleta) e atopamos as únicas manifestacións do glaciarismo. ➢ A Cordilleira Subbética (Serras de Grazalema, Ubrique, Cazorla, Segura) sigúase no interior, limitando coa Depresión do Guadalquivir. Predominan os materiais sedimentarios mesozoicos (calcarias, margas) con sobranceiras manifestacións de modelado cárstico (Torcal de Antequera). ➢ Entre elas, dísponse a fragmentada depresión intrabética (hoyas de Ronda, Antequera, Guadix-Baza) rechea con materiais terciarios (arxilas) sobre as que a erosión e un medio árido deron lugar a un paisaxe de cárcavas e badlands.
  25. 25. O RELEVO INSULAR
  26. 26. O ARQUIPIÉLAGO BALEAR  O arquipiélago balear esta formado por illas (Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera y Cabrera) e númerosos illotes.  As Baleares xurdiron durante a oroxenia alpina co pregamento dos materiais sedimentados no mar de Tethis e constitúen unha prolongación dos Sistemas Béticos a través dunha aliñación montañosa submariña que os continúa dende o cabo da Nao. Non obstante, a illa de Menorca presenta certas peculiaridades xeolóxicas que a emparentan co Sistema Costeiro Catalán.  Dende o punto de vista litolóxico predomina os materiais calcarios. En Menorca aparecen materiais paleozoicos, restos dun antigo macizo catalano-balear. Os sedimentos terciarios e cuaternarios (arxilas) predominan no Pla mallorquín.  En Mallorca, a maior da illas podemos distinguir tres unidades de relevo fundamentais: a Serra da Tramuntana (Puig Major, 1.445 m.) na costa NO, a Serra de Levant ao leste e o Pla, a chaira central comprendida entre as badías de Palma e Alcúdia.
  27. 27. O ARQUIPIÉLAGO CANARIO  O arquipélago canario está formado polas sete illas maiores (Lanzarote, Fuerteventura, Tenerife, Gran Canaria, La Gomera, La Palma e El Hierro).  As Canarias formáronse a finais do Terciario por mor das fracturas provocadas na litosfera do fondo do Atlántico durante a oroxenia alpina. Os materiais volcánicos emerxeron en diferentes etapas dende hai uns 20 millóns de anos ata a actualidade.  Dende o punto de vista litolóxico predominan os basaltos. Neles, o modelado xerou domos, conos, caldeira, malpaíses, roques, barrancos...  As illas máis antigas (Lanzarote e Fuerteventura) presentan un relevo erosionado e moi aplanado, mentres que as máis recentes presentan un relevo máis abrupto e con maiores altitudes. En Tenerife, o Teide acada os 3.719 m.
  28. 28. O RELEVO LITORAL
  29. 29. O LITORAL CANTÁBRICO ● Presenta un perfil rectilíneo, paralelo á Cordilleira Cantábrica. ● Presenta acantilados de altura moderada modelados sobre a rasa, pequenas rías formadas polos vales fluviais e unhas praias escasamente desenvolvidas.
  30. 30. O LITORAL ATLÁNTICO galego ● Trátase dun litoral moi articulado debido á presenza das rías, antigos vales fluviais ocupados total ou parcialmente polo mar como consecuencia dos movementos de subsidencia da codia terrestre. ● As rías agrúpanse en dous conxuntos separados polo cabo Fisterra. Ao norte están as Rías Altas, de menor superficie e complexidade (A Coruña, Betanzos-Ares, Ferrol, Cedeira, O Barqueiro...). Ao súr, as Rías Baixas, máis amplas (Muros-Noia, Arousa, Pontevedra, Vigo) ● Na fronteira con Portugal, o río Miño desemboca nun amplo esteiro.
  31. 31. O LITORAL ATLÁNTICO andaluz ● Costa baixa que se corresponde coa fin da depresión do Guadalquivir. ● As praias areosas adquiren un notable desenvolvemento e caracterízanse pola presenza de cordóns de dunas. ● As áreas máis baixas están ocupadas por marismas recorridas por multitude de canles.
  32. 32. O LITORAL ATLÁNTICO canario ● Determinado pola erosión mariña e o influxo dos procesos volcánicos. ● A liña de costa, abrupta, esta formada por acantilados de diverso desenvolvemento (ata 500 m. de altura) entre os que poden aparecer praias de area negar e formacións dunares nacidas da erosión mariña (Maspalomas)
  33. 33. O LITORAL MEDITERRÁNEO andaluz ● Entre o Peñón de Gibraltar e o cabo de Gata, o perfil e rectilíneo e paralelo aos Sistemas Béticos alternando pequenas praias con chairas nacidas do levantamento da costa.
  34. 34. O LITORAL MEDITERRÁNEO do sureste peninsular ● Entre o cabo de Gata e o da Nao, a costa debuxa dous grandes golfos (Mazarrón, Alicante) separados polo cabo de Palos. ● Caracterízase por amplas praias, albufeiras, caso da do Mar Menor separada do mar polo cordón litoral da Manga.
  35. 35. O LITORAL MEDITERRÁNEO valenciano ● Entre o cabo da Nao e o delta do Ebro, esténdese o golfo de Valencia. ● Trátase dunha costa baixa con grandes praias, albufeiras (Valencia) e tómbolos (Peñón de Ifach, Peñón de Peñíscola)
  36. 36. O LITORAL MEDITERRÁNEO catalán ● Os deltas (Ebro, Llobregat): chairas aluviais de forma triangular que poden abranguer lagoas, albufeiras e marismas. ● A Costa Brava caracterízase pola alternancia entre acantilados e pequenas praia ou calas de area ou cantos rodados aportados polos ríos e torrentes.
  37. 37. O LITORAL MEDITERRÁNEO balear ● O litoral balear é moi variado. Alternan acantilados e calas rochosas ou de area (costa da Tramuntana e Levante en Mallorca, Menorca) e amplas badías (Palma e Alcudia en Mallorca) con estensas praias
  38. 38. O RELEVO GALEGO
  39. 39. O RELEVO GALEGO: Trazos xerais ● Notable diversidade morfolóxica. ● Tendencia xeral á diminución da altitude de E a W.Notable ariabilidade altitudinal cunha tendencia xeral de diminuciu ● Substrato litolóxico moi antigo no que dominan os granitos e as rochas metafórficas (cuarzita, xisto, lousa...). ● Forte pegada dos procesos erosivos asociados aos cursos fluviais e ao glaciarismo.
  40. 40. O RELEVO GALEGO: As serras ● Serras orientais e sudorientais (Ancares, Courel, Manzaneda, Eixo, Trevinca): conxunto de grandes bloques erguidos fragmentados polo encaixamento de númerosos cursos fluviais. Os seus cumios sitúanse entre 1.500 e 2.000 m.). ● Dorsal galega (Serra da Loba, A Cova da Serpe, O Faro, O Suído...): liña de áreas monañosas de mediana altitude (800-1.100 m.) que se estenden de N a S entre a Galicia interior e a occidental. ● Serras setentrionais (Xistral, Gañidoira...), separan a costa cantábrica das chairas luguesas. ● Serras litorais (Capelada, Pindo, Barbanza, Castrove, Morrazo, Groba...), de cativas altitudes.
  41. 41. O RELEVO GALEGO: As chairas ● Superficies de aplanamento situadas entre as serras. ● Amplas, como a Terra Chá, entre 400 e 600 m. De altitude, enmarcada polos os Ancares, a Dorsal galega e as serras setentrionais. ● Reducidas, de menor altitude e moi fragmentadas pola rede fluvial na Galicia occidental (Bergantiños, Soneira, Terra de Melide, Ordes, Xallas, Deza)
  42. 42. O RELEVO GALEGO: As depresións ● Depresións tectónicas de orientación N-S, asentadas sobre bloques afundidos durante os movementos oroxénicos do Terciario finais do Terciario e cubertas de capas sedimentarias moi desenvolvidas desenvolvidas (As Pontes, Sarria, Monforte, A Limia...) ● A fosa meridiana Carballo-Tui, de amplitude e altitude diversa, destaca na Galicia occidental.
  43. 43. O RELEVO GALEGO: O litoral ● O litoral galego caracterízase por ser un litoral articulado de formas moi recortadas definidas polas rías. ● As rías son antigos tramos de vales fluviais inundados como consecuencia dos movementos verticais (afundimento/levantamento) e da elevación dos océanos á fin das glaciacións. ● Distinguimos dous conxuntos separados polo cabo Fisterra: as Rías Altas (Viveiro, Cedeira, Corme, Corcubión...), de reducido tamaño e formas redondeadas, e as Rías Baixas (Muros-Noia, Arousa, Pontevedra, Vigo), máis amplas. ● O litoral presenta un perfil rectilíneo na Mariña luguesa e no SW (Baiona a Guarda), onde se desenvolve a rasa (chaira litoral de amplitude variable).

×