Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela Elvixeo
División administrativa en España. Entidades locais: concellos e provincias. Comunidades Autonómicas e outras entidades administrativas. España e a política rexional da UE
Traballo elaborado polos alumnos/as de 6º B do Ceip Rosalía de Castro de Lugo, dentro dos proxectos de Historia Antigua que elaboramos neste trimestre na asignatura de Coñecemento do Medio.
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela Elvixeo
División administrativa en España. Entidades locais: concellos e provincias. Comunidades Autonómicas e outras entidades administrativas. España e a política rexional da UE
Traballo elaborado polos alumnos/as de 6º B do Ceip Rosalía de Castro de Lugo, dentro dos proxectos de Historia Antigua que elaboramos neste trimestre na asignatura de Coñecemento do Medio.
Presentación sobre o Renacemento, movemento artístico e cultural europeo dos ss. XV e XVI, que impuxo un modo de vida e pensamento que fluíu desde Italia cara a todo o continente.
O paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
Tema teórico que analiza a revolución agraria e demográfica, as características das revolucións industriais, a aparición do capitalismo e da sociedade de clases e o nacemento do movemento obreiro
Titorial que explica paso a paso como calquera lugar da superficie terrestre pode ser referenciado pola intersección dun paralelo e un meridiano, é dicir, polo sistema de coordenadas xeográficas, un método que referencia calquera punto da superficie terrestre e que utiliza para iso dúas coordenadas angulares, latitude (norte ou sur) e lonxitude (leste ou oeste)
2. INTRODUCIÓN
● No século III a.C., a zona oriental da Península Ibérica foi ocupada polos
cartaxineses e converteuse nun territorio clave do enfrontamento entre Roma e
Carthago. Para opoñerse á expansión cartaxinesa, os romanos decidiron ocupar
o territorio peninsular ao que lle chamaron Hispania.
● A presenza romana en Hispania iniciouse a finais do século III a.C., co
desembarco das lexións en Ampurias (218 a.C.), e durou ata principios do século
V.
● Durante este período, Hispania dividiuse en provincias e o territorio galego formou
parte, primeiro, da Tarraconensis, e a partir do século III, da Gallaecia.
● Os romanos conquistaron o territorio galego no século I a.C.
● Coma no resto de Hispania, puxeron en explotación extensos dominios agrícolas,
melloraron as técnicas agrarias e extraeron grandes cantidades de minerais. Así
mesmo, construíronse novas cidades, trazouse unha extensa rede de calzadas,
xeneralizouse o uso da moeda e impúxose o latín.
4. AS GUERRAS ENTRE ROMA E CARTHAGO
● As guerras entre Roma e Carthago polo dominio
do Mediterráneo Occidental (Guerras Púnicas)
foron a orixe da ocupación romana da Península
Ibérica.
● Os cartaxineses, que xa posuían algunhas
colonias na costa peninsular, decidiron ocupar
militarmente a zona oriental da Península.
● Amílcar Barca, conseguiu dominar en poucos
anos a poboación do Sueste peninsular e fundar
Carthago Nova.
● No ano 220 a.C., o fillo de Amílcar, Aníbal,
planeou a conquista de Roma desde a
Península Ibérica.
● No ano 218 a.C., dous exércitos romanos ao
mando dos irmáns Escipión desembarcaron nas
costas de Emporion (Xirona), dispostos a
enfrontárense aos cartaxineses. Foi o inicio da
conquista romana da Península Ibérica.
6. A CONQUISTA DA PENÍNSULA IBÉRICA
● A conquista da Península, á que os romanos denominaron Hispania,
desenvolveuse en catro fases (218-19 a.C.):
– Primeira fase (218-201 a.C.): guerras contra os cartaxineses e os seus aliados
indíxenas (iberos), polo dominio da costa mediterránea.
– Segunda fase (201-154 a.C.): conquista do Sistema Ibérico, onde atoparon
unha escasa oposición por parte dos iberos e da Meseta oriental.
– Terceira fase (154-133 a.C.): guerras contra os pobos da zona occidental da
Península: os lusitanos, os arevacos e os vacceos.No ano 139 a.C., asasinato
Viriato, o principal caudillo lusitano e a toma de Numancia (133 a.C.)
– Cuarta fase (29-19 a.C.): guerras contra os galaicos (22 a.C, batalla do Mons
Medullius) cántabros e ástures que remataron co sometemento destes pobos,
finalizando a conquista da Península Ibérica.
9. AS PROVINCIAS
● Para administrar os territorios conquistados, os romanos dividiron Hispania en
provincias, a fronte das cales se achaba un gobernador.
● Augusto estableceu tres provincias: Tarraconensis, Baetica (Bética) e Lusitania.
● En época de Diocleciano, a Tarraconensis dividiuse en tres provincias:
Tarraconensis, Gallaecia e Carthaginensis. A finais do século IV creouse a provincia
Balearica.
197 a.C. Séc. I a.C. Finais séc. III
10. A ACTIVIDADE ECONÓMICA
● A produción agrícola medrou. As
terras eran traballadas por indíxenas
e colonos. Tamén se crearon
latifundios, explotados por grandes
propietarios que empregaban man de
obra escrava e onde se producía
trigo, aceite e viño.
● Actividade artesanal: Fabricábanse
armas en Tarraco e Toletum, e
tecidos, cerámica e salgaduras na
costa mediterránea.
● Os romanos explotaron a riqueza
mineira de Hispania e obtiñan
metais preciosos (prata e ouro),
cobre, ferro e mercurio (Almadén).
● A produción destinábase ao
consumo local, e tamén se
exportaba ao resto do Imperio
mediante unha rede de calzadas e o
transporte marítimo.
11. AS CALZADAS ROMANAS
● As cidades de Hispania estaban unidas, entre si e co resto do Imperio, por unha extensa
rede de calzadas.
● Entre as calzadas máis importantes atopábanse a Vía Augusta, que partía de Gades (Cádiz),
percorría todo o levante peninsular e atravesaba os Pireneos para chegar a Roma, e a Vía da
Prata, que unía Emerita Augusta (Mérida) con Asturica Augusta (Astorga).
13. A ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO
● Os romanos chamáronlle
Gallaecia ao territorio ocupado
polos galaicos. Nel instalaron
campamentos permanentes:
ex.: Aquis Querquennis
● A partir de campamentos
militares, naceron cidades
como Lucus Augusti (Lugo),
Bracara Augusta (Braga,
Portugal) e Asturica Augusta
(Astorga).
● Para administrar mellor o
territorio, Roma dividiu a
provincia Gallaecia en tres
conventus. A meirande parte
do territorio da Galicia actual
quedou englobado no
Conventus Lucensis.
14. A EXPLOTACIÓN DAS RIQUEZAS
● Logo da conquista, Roma impuxo taxas que os
galaicos pagaban en especies (peles, cabalos...) e
estaban obrigados a contribuír con soldados ao
exército romano.
● Os romanos explotaban os recursos mineiros:
estaño, prata e ouro nos leitos do Miño e mais do
Sil (Montefurado), ou nas montañas auríferas.
● Fundaron enclaves portuarios como o porto
romano de Brigantium (A Coruña), de onde saían Torre de Hércules
as mercadorías minerais con destino ao resto do
Imperio.
● Aínda que os antigos castros non
desapareceron, a influencia romana deixouse
notar nas vivendas rectangulares e mais na
urbanización.
● Para comunicar as principais cidades do territorio
construíuse unha rede de calzadas e realizáronse
obras públicas como pontes.
Montefurado
15. A ORIXE DE LUCUS AUGUSTI
● Os romanos mantiveron gornicións nos
campamentos para poderen vixiar os territorios
conquistados.
● No ano 12 a.C., Paulo Fabio Máximo fundou a
cidade de Lucus Augusti por mandato do
emperador Augusto. Escolleu para o
asentamento da nova cidade o soar onde
estaba emprazado un campamento
lexionario estable, na confluencia do río Rato
co Miño.
● Lucus Augusti converteuse no centro político,
administrativo e económico do Noroeste de
Hispania.
● A cidade seguía o trazado urbanístico
romano e contaba con diversos monumentos
públicos: un foro, un templo, unhas termas,
varias necrópoles e un anfiteatro ao exterior da
súa magnífica muralla romana do século III.
17. A ROMANIZACIÓN
● A integración de Hispania no mundo romano supuxo a adopción de elementos
culturais (dereito, relixión, lingua, arte...) propios desa civilización. Este proceso
coñécese co nome de romanización.
● A adopción do dereito romano unificou xuridicamente a todos os habitantes do
Imperio. Os hispanos adquiriron a cidadanía romana no ano 212 d.C.
● A relixión romana e o culto ao emperador foise impoñendo aos cultos anteriores
indíxenas.
● O latín converteuse na lingua habitual dos hispanos. Destacaron autores como
Marcial, Quintiliano, Lucano ou Séneca
● Houbo varios emperadores hispanos: Traxano, Adriano e Teodosio.
18. O PATRIMONIO ARTÍSTICO EN HISPANIA
● En España consérvanse magníficos exemplos das construcións romanas: teatros
(Itálica, Mérida e Sagunto), anfiteatros (Itálica, Mérida e Tarragona), circos (Mérida
e Tarragona), termas (Lugo, Barcelona e Mérida), murallas (Lugo), pontes
(Córdoba, Alcántara e Mérida) e acuedutos (Segovia, Tarragona e Mérida).
● Ademais, construíronse outras obras de carácter conmemorativo, como os arcos
de triunfo (Tarragona e Medinaceli), templos (Baelo Claudia, Barcelona e Mérida) e
monumentos funerarios (Zaragoza e Tarragona).
● En escultura consérvanse retratos de emperadores, estatuas de divindades,
relevos, sartegos, etc.
● Os mosaicos e mais os restos de pinturas conservados adornaban as vivendas e
as vilas rurais, e achegan información sobre a vida cotiá dos romanos.