Situado na desembocadura dos ríos Miñor e da Groba, entre as puntas Lourido e Santa Marta. Inclúe as marismas da parte final do esteiro e a frecha da praia de Ladeira ou Sabarís.
Este pequeno espazo, ben abrigado e de augas tranquilas e mornas, está condicionado pola dinámica das mareas que o anegan e o deixan ao descuberto periodicamente.
CONCELLOS: Baiona e Nigrán
O espazo protexido inclúe unha faixa litoral desde a praia da Mourisca (na ría de Pontevedra) ata a punta Niño do Corvo, na enseada de Aldán, o espazo mariño que a limita e a península do Cabo Udra.
Destaca pola xeoloxía, as súas paisaxes e a flora e fauna mariñas.
CONCELLOS: Bueu e Cangas (Pontevedra)
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
CONCELLOS: Ribeira (A Coruña)
Formado por un areal de 4 km de lonxitude limitado por cantís rochosos nos seus extremos; a marisma do Carregal, a lagoa de Vixán e un amplo sistema de dunas móbiles e fixas. Un espazo dun grande interese paisaxístico, ecolóxico e histórico-etnográfico.

O concello de Nigrán está situado no extremo sur da ría de Vigo. O litoral é un espazo formado por dous amplos seos, que acollen no seu fondo extensos areais, os promontorios que os limitan, e a beira norte do esteiro do río Miñor; en conxunto unha zona case chan a non ser nos perímetros de Monteferro, onde hai cantís de máis de 50 m, do monte Lourido e as beiras rochosas das illas Estelas.
As principais actividades son a industria, os servizos, o marisqueo e pesca.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
O concello de Baiona está situado no banda sur da Ría de Vigo. O litoral ten dúas partes contrapostas o fondo do seo e o esteiro do Miñor onde a costa é protexida, baixa e areosa, e a outra, a partir do monte do Boi ata o cabo Silleiro, rochosa e exposta.
As principais actividades son o turismo, os servizos, a pesca e o marisqueo. Baiona acolle un importante patrimonio natural e cultural.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
A ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
O concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
A costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantís e 300 km son de praias
A costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
A Costa galega: características e formas máis representativas.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
O concello de Carnota está situado fronte á costa de Fisterra, entre o remate das rías Baixas e o comezo da Costa da Morte. O litoral esténdese desde a desembocadura do río Xallas ata a praia de Lariño. É unha costa exposta que alterna áreas rochosas de pouca altura con enseadas e areais na que podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais, marismas e illotes...). Ten un enorme interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”

Abrangue as illas Estelas (dúas pequenas illas, Estela Grande ou de Dentro e Estela Pequena ou de Fora), algún pequeno illote (Serralleiras), o litoral da punta de Meda ou Monteferro, e a zona mariña que os rodea.
A maior parte do espazo protexido é mariño.
CONCELLOS: Nigrán
Un espazo de montaña que remata a serra do Galiñeiro polo sur.
Ten un grande interese paisaxístico, xeolóxico, botánico e histórico-etnográfico.
Concellos: Tui
Inclúe os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe (O Valadouro) ata a desembocadura na ría de Fazouro. Os ecosistemas máis interesantes deste espazo son os bosques de ribeira ao longo de todo o curso do río, as marismas e os areais da desembocadura.
Power point interesante sobre distintos ecosistemas galegos tanto naturais como antrópicoscon magníficas fotografías e debuxos feito por Adela Leiro e Mon Daporta
A lagoa de Sobrado (concello de Sobrado) é unha masa de auga de orixe artificial de pouca fondura (1,5 m de media) froito da construción dun dique para a contención, almacenamento e aproveitamento de augas de varios regatos (Rodelo, Fontevirtú…) que forman parte das fontes do río Tambre. Ten poucas variacións estacionais.
Despois de cinco séculos aparece perfectamente naturalizada e forma un ecosistema acuático de grande importancia a nivel botánico e faunístico. Constitúe o arranque do corredor ecolóxico que forma o río Tambre e serve de conexión coa bacía do río Mandeo, que nace a pouca distancia.
A ría de Arousa. Formación das rías. Afloramento. Recursos do mar. Zonas protexidas. Biodiversidade: valores e riscos.
Alumnos/as de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO do IES A Basella, Vilanova de Arousa, profesora: Raquel Baños.
A illa da Gomera acolle importantes valores naturais, en especial no Parque Nacional de Garajonay:
-Bosques maduros de laurisilva, reliquias da Era Terciaria, que desapareceron nos demais lugares a causa dos cambios climáticos do cuaternario. Garajonay concentra a metade da extensión de laurisilva madura das illas Canarias.
-Diversidade de tipos de formacións vexetais.
-Bo estado de conservación dos bosques con abundantes árboles vellos de gran tamaño
-Elevadísimo número de especies endémicas de flora e de fauna.
-Espectaculares monumentos xeolóxicos, como os Roques.
O espazo protexido abrangre os últimos 20 km de percorrido do río, desde a ponte romana de San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) á ponte do ferrocarril de Lérez (Pontevedra).
Outras partes do curso do Lérez están protexidas formando parte dos espazos Serra do Cando e Serra do Candán.
As augas do Lérez teñen unha gran riqueza biolóxica e as súas ribeiras conservan unha vexetación de gran interese.
CONCELLOS: Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra.
Despois de coñecer e visitar a Enseada de San Simón, coñecendo o noso mar de adentro, atrevémonos a plasmar neste documento todo o investigado e aprendido. Compartillalo con todas e todos vós é para nós un pracer e desexamos que poida servir de guía de aprendizaxe e de mellora para coidar a nosa ría como realmente se merece.
Grazas a todas e a todos os que nos vedes e valorades o noso traballo. Alumnado de 5º e 6º do CEIP Manuel Padín Truiteiro- Arcade- Soutomaior.
2. Contidos Introdución páx. 4
Os segredos agochados da matogueira páx. 6
A dureza do cantil páx. 10
Os descoñecidos tesouros do mar páx. 12
Caprichos da xeoloxía páx. 14
Observatorio natural páx. 16
Testemuñas da nosa historia páx. 18
Sendeiro páx. 20
3. Introdución Na parroquia de Beluso, no concello de
Bueu, localízase o espazo protexido Cabo
Udra clasificado como Lugar de Interese
Comunitario da Rede Natura 2000. Esta Rede
foi creada baixo o amparo da Directiva 92/43/
CEE do Consello Europeo para protexer un
conxunto de espazos naturais con hábitats,
flora e fauna singulares no contexto de
Europa.
A superficie protexida que comprende Cabo
Udra son 8 qm. de costa, dende a Praia de
Mourisca (Bueu) ata a de Menduiña (Cangas),
intercalando pequenas praias formadas entre
cantís rochosos. Ocupa 623 hectáreas, das 5
cales máis do 70% están baixo auga e a parte
terrestre está cuberta por unha impenetrable
matogueira litoral da que emerxen penedos
de gran valor xeolóxico e paisaxístico.
4. Os segredos agochados da matogueira
Nas Rías Baixas conflúen o Clima Atlántico e
o Mediterráneo, xa que hai unha seca estival
típicamente mediterránea. Atopámonos
nunha zona de transición onde se produce
unha mistura de especies propias de ámbolos
climas.
barbas do demo
O toxo (Ulex europaeus lactebracteatus) e
6 a carrasca (Erica spp) do clima Atlántico e o 7
trovisco (Daphne gnidium), a carpaza moura
(Cistus salvifolius) e a xesta mansa (Osyris
alba) como especies termófilas.
carrasca
trovisco toxo
5. Sometida a fortes ventos e intensamente
soleada, a matogueira adopta forma de
almofadas de escasa altura para evitar a
perda da auga.
papuxa cabecinegra
Este mato protexe e alimenta a numerosas
aves como a papuxa cabecinegra (Sylvia
melanocephala), a papuxa das amoras
(Sylvia atricapilla), a papuxa do mato (Sylvia
8 9
undata), a carriza (Troglodytes troglodytes),
escribenta común (Emberiza cirlus), o
papuxa do mato liñaceiro (Carduelis cannabina), o xílgaro
(C. carduelis) e o chasco (Saxicola torquata).
6. A dureza do cantil
Nos cantís, nas zonas máis baixas salpicadas Tamén a herba de namorar (Armeria pubigera) O paxaro que frecuenta as penedías e
polo mar, ocupando as fendas instálanse o forma pequenas matas arredondeadas para cantís é o rabirrubio (Phoenicurus ochruros)
prixel de mar (Chritmum maritimum) coas protexerse do vento e se cubre de pelo para fácil de observar polo hábito de pousarse ó
follas carnosas onde almacena auga e sales evitar o exceso de sol. descuberto no alto de penedos e arbustos.
para poder absorver auga da terra.
10
10 11
11
prixel de mar
herba de namorar
7. Os descoñecidos tesouros do mar
Os afloramentos de augas profundas que En Cabo Udra o mar acolle verdadeiros
veñen cargadas de nutrintes e a oscilación tesouros naturais: nun so metro cadrado
da marea son os responsables da riqueza de bosque de golfos (algas Laminaria spp)
biolóxica destes fondos. pódense atopar centos de especies de
organismos mariños.
As algas e os animais mariños organízanse
no cantil verticalmente en función do tempo Estes fondos mariños tan pedregosos retaron
que sexan capaces de soportar en seco ós navegantes, afundindo numerosos barcos,
pola influencia das mareas. Pero tamén se dos cales permanecen restos submariños e
distribúen en función do tipo de substrato: se áncoras líticas constituíndo un museo para
é area ou rocha, se están nunha zona batida os mergulladores.
polas ondas ou en calma...
12 13
8. Caprichos da xeoloxía
A matogueira vese sobresaltada polos bolos Aquí poden atoparse formacións típicas froito
de ganodiorita. Estes granitos formáronse a da erosión como os bolos en equilibrio, as
gran profundidade e a erosión achegounas á pías, as acanaladuras e as cacholas.
superficie. O vento, a chuvia cargada de sales Sobre estes penedos é fácil ver ó lagarto
mariñas, os liques e as plantas que viven nas arnau (Lacerta lepida) vixiando o seu territorio.
fendas foron moldeándoas ata converter a
Cabo Udra nunha paisaxe enigmática.
lagarto arnau
14
14 15
pías
cacholas e acanaladuras
bolos en equilibrio
9. Observatorio natural
Coa óptica axeitada pódense ver limícolos,
parrulos pentumeiros (Melanitta nigra),
carolos (Alca torda), araos (Uria aalge), araos
papagaio (Fratercula arctica), mascatos
(Morus bassanus), carráns, pardelas...
A gaivota patiamarela (Larus michahellis)
e o corvo mariño cristado (Phalacrocorax
aristotelis) achéganse dende o Parque
Nacional das Illas Atlánticas a diario.
Tamén dende aquí, obsérvanse fácilmente
16 O Cabo Udra ao adentrarse no mar, constitúe se dirixen ás súas colonias de cría no Norte arroaces rodeando o cabo. 17
un privilexiado observatorio de fauna. Cada e, no outono, cando retornan aos lugares de
ano 100.000 aves mariñas visitan esta costa invernada.
nos pasos migratorios de primavera cando
corvo mariño cristado
10. Testemuñas da nosa historia
Dende a época castrexa, da que atopamos
restos no monte do Castro, o home xa
foi deixando as súas pegadas. Na praia
de Mourisca permanece un dos mellores Xa no século XIX, os pastores aproveitaron
exemplos conservados de fábrica de salga, o os grandes bolos graníticos para facer os
que da conta da intensa actividade pesqueira seus Chouzos en Chan de Esqueiros, onde
presente dende séculos atrás. Tamén alí, se refuxiaban da intemperie cando traían o
pódense ver casas de arquitectura típica gando dende outras parroquias do Morrazo.
mariñeira e embarcacións tradicionais como Aínda se conservan 14 destes chouzos,
dornas e gamelas. exemplos arquitectónicos integrados na
paixase e únicos en Galicia.
chouzo
Na actualidade, no espazo ocupado en tempos por baterías militares, érguese a innovadora Aula
da Natureza de Cabo Udra cunha mostra dos valores do lugar. Trátase dun dos escasos centros
18 19
de interpretación distinguidos en Galicia coa Bandeira Azul, avalando a súa labor na Educación
Ambiental.
praia de Mourisca
11. Sendeiro
Existe unha rede de sendeiros versátiles
que invitan ao camiñante a seguir a sinuosa
liña de costa, entre cantís e praias, dende o
centro de Bueu, rodeando a punta do Cabo
ata a praia de Lagos. Alí poderá tomar un
desvío fóra da área protexida, ata o alto do
Carafixo cunhas vistas insólitas das rías, ou
20 ata a igrexa Sta. María de Beluso de regreso 21
ao punto de partida. Son 8 qm. de percorrido
de dificultade media - baixa, que se fan en
aproximadamente 3 horas.
12. Axúdanos a preservar este espazo natural
Leva contigo o lixo ou deposítao no Se traes a túa mascota ao
contedor axeitado. espazo, evita que faga dano ás
aves que aniñan no chan e á
fauna autóctona.
Se arrincas as flores e froitos
deixarás sen alimento ós animais;
Goza de Cabo Udra dándote
evita arrincar plantas.
un agradable paseo a pé; os Consultar horarios e visitas no telf.: 669 996 658
vehículos poden abrir máis auladanatureza@concellodebueu.org
pistas e fragmentar o hábitat ata www.concellodebueu.org
Procura manter a tranquilidade do convertilo nun lugar inhóspito.
lugar sen facer ruídos que molesten
á fauna.
Camiña sempre polas sendas
Non prendas lume fóra dos marcadas, non deixes aquí a túa
asadeiros nin en épocas de risco pegada.
de incendios. Proxecto: Obradoiro de emprego Bueu II
Textos: Silvia Guimarey Vila
Fotografías: Ana Rial, Carolina Santiago, Jesús Bernués, Manuel Cerviño
Ilustracións: Carolina Santiago, Iván Pedrosa, Lidia Nokonoko, Lía Otero
Infografía: Juan Barcia, Lucinda Martínez
Deseño e maquetación: Irene Fariña, Lorena Estévez, Patricia Moares