O Castrove é unha pequena
serra con orientación NE-SO,
situada entre as rías de
Arousa e Pontevedra.
Esténdese por terreos dos
concellos de Barro e Poio,
polo Leste; e Meis,
Ribadumia, Meaño e
Sanxenxo, polo oeste.
Cae na ría de Pontevedra, en
Raxó, no Costado dos Bois
( 77 m).
PRINCIPAIS ALTURAS DE NORTE A SUR:
As Pozas: 459
Castrove: 613 m (o cume máis elevado)
Outeiro dos Corvos: 608 m
Outeiro do Peón: 517 m
Chan do Couto: 317

Vista desde a Ría de Arousa
Mencer sobre o
Castrove. Visto
desde a Arousa
Cara oeste do Castrove

No cume do Castrove converxen os concellos
de Barro, Pontevedra, Poio e Meis.
Cara leste do Castrove
Cara suroeste do Castrove
Vista desde A Pastora (Cambados)
XEOLOXÍA:

As rochas dominantes son os granitos. Tamén hai pegmatitas,
gneis glandular e xistos micáceos.

Península do Grove
Curiosa formación en pedra na parte baixa do Castrove.
REDE FLUVIAL:

No Castrove nacen varios
afluentes do río Umia (Cañón,
Rego da Armenteira, Rego da
Fonte Espiña ou Silván),
subafluentes do río Lérez
(Regos do Castrado, do Bispo e
Cons; afluentes do Rons ou
Gándara) e varios regatos que
verten ás rías de Arousa (Río da
Chanca) e de Pontevedra
(Regos da Cancela, do Mouro,
de Piñeiro, Esperón, Covelo,
Muíños, Cruxeiro, Dorrón,
Bordóns e Carabuxeira).
Rego da Armenteira (Umia)
Río Cañón (Umia)

Rego dos Muíños (Samieira-Poio)
Rego dos Mouros (Poio)

Rego do Pereiro (Poio)
Ocasionalmentes neva nos cumes do Castrove
Vistas cara á ría de Pontevedra
Bueu, cabo Udra, punta de Couso e as illas Cies
Poio, Pontevedra, a illa de Tambo e Marín
Poio, Pontevedra e Marín
A illa de Tambo e Marín
Poio e Pontevedra, no fondo as serras da dorsal galega.
Vistas cara á ría de Arousa
Vista xeral da ría, co val do Salnés no primeiro plano
O Salnés e, ao fondo, a serra do Barbanza
O Salnés
O Salnés, a illa de Arousa, Ribeira e a Curota.
O Salnés interior
O monte Lobeira e detrás Carril, Cortegada e Rianxo,
A desembocadura do Umia
O esteiro do Umia e, ao fondo, Aguiño.
A península do Grove e a illa de Sálvora.
O Grove e, diante, a illa da Toxa.
O Salnés, O Grove e a illa da Toxa.
Vistas cara ao interior do Val do Salnés

Á esquerda o monte Lobeira, no centro o Xiabre e á dereita o monte Xesteiras,
Interior do Salnés e o monte Xiabre.
O Salnés (Meis, Portas) e O Xiabre
FLORA

Podemos distinguir a cobertura arbórea, maiormente plantacións de
piñeiros e eucaliptos e pequenos núcleos de outras especies, nas
proximidades das áreas de lecer, e exemplares illados de especies
autóctonas (carballos, estripos, castiñeiros, pereiras bravas…) e as
matogueiras de toxos e breixos, entre os que aparecen xestas, fentos,
carrascas, abrodias…
Erica cinerea

Daboecia cantabrica
Toxo (Ulex europaeus)

Toxo (Ulex gallii)
Abrodia
(Asphodelus albus)
Xesta (Cytisus striatus)

Xesta (Cytisus scoparius)
FAUNA

Ademais de gando en semilibertade, cabalos e algunhas vacas,
no Castrove atopamos a fauna típica das matogueiras e das
plantacións de piñeiros e eucaliptos: coellos, raposos, ratos,
cortas e toupeiras entre os mamíferos; miñatos, corvos, pegas,
petos, merlos, chascos, papuxas, picas, lavercas, paporrubios e
ferreiriños entre as aves; lagartos arnales, lagartiños e cóbregas;
sapos, común e corriqueiro,e salamántigas; numerosos insectos:
grilos, saltóns, bolboretas,moscas e tabáns, escarabellos da
madeira, cárabidos,… lesmas e caracolas.
Miñato común (Buteo buteo)

Laverca (Alauda arvensis)
Chasco
(Saxicola
torquata)

Sapo corriqueiro
(Bufo calamita)
Grilo (Acheta domesticus))

Escaravello da madeira (Dorcus
parallelopipedus)

Mosca escorpión (Panorpa communis)

Lesma (Arion ater)
Vanessa atalanta

Papilio machaon

Lycaena phlaeas

Hipparchia
USOS:

Gandeiría, caza, antenas de telecomunicación, deportes, lecer …
Hai varias áreas recreativas e miradoiros.
Vista aérea da cara sur dos cumes do Castrove.
No primeiro plano un campo de golf.
COMO CHEGAR: o acceso pódese facer desde Sanxenxo, Meaño,
Ribadumia, Meis ou Poio. Séguese a estrada asfaltada ata a Escusa e
a partir de alí vaise por pistas de terra.
Hai varias rutas indicadas para camiñar ou para facer en bicicleta de
montaña.
PROBLEMAS:

Incendios forestais recurrentes, erosión, desaparición da
vexetación autóctona…
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Cambados, novembro 2013

Monte Castrove