SlideShare a Scribd company logo
1 of 51
cabalo 
(Equus caballus) 
caballo 
horse 
cheval 
cavalo
O cabalo é un mamífero grande de corpo esbelto, ben proporcionado, 
cuberto de pelo xeralmente curto, fino e brillante, de cor variable. 
Pode acadar 1,80 m de altura e 1.000 kg. 
Os cabalos máis grandes son os de tiro e os máis pequenos os ponis. 
Os cabalos poden vivir ata 40 anos, aínda que a media de idade está nos 30.
Crinas: pelos longos e 
duros que lle saen na 
parte alta do pescozo. 
PESCOZO: forte e flexible. 
CABEZA: 
longa e 
estreita. 
PATAS: longas e finas cunha 
musculatura forte. Rematan nun só 
dedo moi desenvolvido protexido no 
extremo por unha unlla forte (casco). 
Cana: parte fina da pata 
que se corresponde co 
metacarpo. 
Rabo curto 
con pelos moi 
longos. 
Fuciño coas as aberturas 
nasais, grandes, e a boca 
cos labios moi móbiles. 
TRONCO: forte e musculoso, de 
espiñazo recto, case horizontal 
no que sobresaen, diante as 
paletas e detrás, máis 
lixeiramente, as ancas. 
Tórax (peito) amplo. 
Lombo 
Orellas ovais, 
pequenas, 
dereitas e 
móbiles. 
Ollos 
grandes e 
situados 
lateralmente.
Tamaño comparativo entre o Shire, o cabalo máis alto, e o Falabella, o cabalo máis pequeno.
Segundo a capa (cor do pelo) os cabalos reciben distintos nomes: 
Negro: cando ten 
negra a capa, as 
crinas e o rabo. 
Manchado: capa 
dunha cor con 
pequenas pintas de 
outras. 
Alazán: cor castaña 
uniforme, aínda que 
pode ter tonos 
diferentes. 
Branco: cando todo 
o seu pelo é branco. 
Roán: mestura de 
cores branca, 
castaña e negra. 
Pío: con manchas 
de cores 
diferentes. 
Baio: o alazán con 
crinas, rabo, fuciño e 
patas escuras.. 
Tordo: pelo gris 
sobre fondo negro.
trapecio 
dorsais glúteo 
caudais 
xemelgo 
abdominais 
mastigadores 
triceps 
MÚSCULOS 
bíceps 
femoral 
deltoide 
extensor 
flexores extensor 
pectoral
vértebras 
cránio 
maxilar 
omóplato 
húmero 
cúbito 
radio 
carpo 
metacarpo 
falanxes 
costelas 
esternón 
pelve 
fémur 
tibia 
peroné 
tarso 
falanxes 
ESQUELETO 
sacro 
metatarso
cerebro 
tráquea 
esófago 
pulmón 
corazón 
cavidade 
nasal 
ÓRGANOS INTERNOS 
médula espiñal 
intestino delgado 
fígado 
intestino groso 
vexiga 
testículo 
ano 
ril 
estómago
vexiga 
pene 
ovario 
útero 
APARATO REPRODUTOR 
vaxina 
ubre 
testículo 
músculo 
retractor 
vexiga 
MACHO FEMIA
MOVEMENTOS: 
Os cabalos andan apoiándose sobre 
catro patas rematadas nun só dedo e 
poden desprazarse moi rapidamente. 
Tamén son bos saltadores. 
Desprazamentos: 
Ao paso, co que avanza unha 
media de 7 km/h. Mantén tres 
patas apoiadas no chan. 
Ao trote: avanza uns 15 km/h, 
levanta as patas de dúas en 
dúas en diagonal. 
Ao galope: pode acadar ata 60 
km/h. Move as patas 
alternamente e entre pasos ten 
as catro patas no aire.
SENTIDOS: 
Ten moi boa vista e un amplo campo de visión. Os ollos, situados na parte 
superior do cráneo e colocados bastante laterais, danlle unha visión case 
todo arredor. 
O olfato está ben desenvolvido e úsano para recoñecer os alimentos e para 
comunicarse cos semellantes.
Ten un oído moi fino. As orellas son pequenas e móbiles polo que pode 
orientalas para captar mellor os sons. 
A pel é moi sensible. Treme ao máis mínimo contacto.
COMUNICACIÓN: 
O cabalo rincha. Emite un 
son agudo que se escoita 
bastante lonxe e pódeo 
modular segundo a grao de 
excitacion. 
Tamén ten un amplo código 
xestual no que emprega 
sobre todo as orellas e a 
expresión da cara. 
Cando está nervoso resopla, 
move o rabo, a cabeza 
lateralmente e coucea o chan. 
Cando bota as orellas cara atrás 
amosa furia ou medo. 
Cando as bota cara adiante 
amosa interese polo que lle rodea 
Cando bota unha cara adiante e 
outra cara atrás amosa 
incertidume.
Cando viven en grupos as mandas ou greas están formadas xeralmente por 
un macho, varias femias e as crías. O liderado da grea establécese por medio 
de loitas, rituais e reais, nas que non faltan as dentadas e as couces. 
Cando pelexan érguense enriba das patas de atrás para ameazar e para 
atacar dan couces coas patas traseiras ou morden. 
Para defendérense fuxen galopando e dan couces. 
Os cabalos durmen moi pouco tempo e déitanse para facelo, aínda que 
poden “durmir” de pé. Os poldros pasan moito tempo deitados, aínda que 
segundo van medrando déitanse menos tempo
Os cabalos manteñen limpa a pel 
embórcandose na terra seca (“gañan a 
cebada”) e espantan as moscas 
golpeándoas coas patas, coa cabeza, 
cos pelos do rabo e coas crinas do 
pescozo.
ALIMENTACIÓN: 
Os cabalos que viven en libertade 
pastan herba dos campos e gromos de 
toxos e outras plantas. Nas casas 
aliméntanse con gran, palla e pensos. 
Un cabalo, dependendo do seu tamaño e da 
actividade que realice, pode comer cada día entre 
3 e 8 quilos de gran (cebada, millo...) ou pensos, 
e varios máis de herba seca e palla. 
O desgaste a a posición dos dentes serve para 
determinar a idade dun cabalo. 
Teñen unha dentadura especialmente 
adaptada para cortar a herba (incisivos 
planos) e para moela (molares grandes e 
planos). Os machos conservan uns 
pequenos dentes cairos que non teñen as 
femias.
REPRODUCIÓN: 
Os cabalos maduran sexualmente entre o segundo e o sexto ano de vida, 
segundo as razas. 
As parellas xúntanse na primavera. 
As égoas paren ás crías despois de 330 a 350 días de xestación, xeralmente 
todas na mesma época. Case sempre teñen un só poldro e raramente dous.
Unha hora despois de nacer o poldro xa se pon de pé e a partir 
dese instante segue á súa nai, da que mama durante 6 a 9 meses, 
aínda que empeza a comer herba a partir das dúas semanas.
OS CABALOS E AS PERSOAS. UTILIDADE 
-Montura 
-Traballo: tiro para transportar mercadorías e persoas, para arrastar cargas 
ou tirar dos aparellos de labranza. 
-Deporte e lecer 
-Carne 
-As crins para facer cepillos, cordas, arcos de instrumentos musicais... 
-A pel cúrtese para empregala logo na elaboración de diferentes aparellos.
OS NOMES 
As persoas estableceron sempre unha 
relación moi especial cos seus cabalos 
aos que lle dan nomes propios. Ao longo 
da historia e na literatura algúns chegaron 
a ser moi coñecidos coma Bucéfalo de 
Alexandre Magno (emperador Grego do 
século IV a.C.), Babieca, o cabalo do Cid 
(séculoXI), Rocinante de Don Quixote 
(século XVII) ou Marengo de Napoleón 
(século XIX). 
Bucéfalo 
Marengo 
NOMES: 
Para o macho: cabalo, garañón, griñón. 
Para a femia: égoa, égua ou besta. 
Para as crías: poldros ou poldras.
COIDADOS: 
Os cabalos que viven en réxime de 
estabulación precisan facer 
exercicio e seren cepillados 
regularmente para manterlles a pel 
e o pelo limpos e coidarlles os 
cascos. 
Para evitarlles danos ou un 
desgaste excesivo nos cascos 
protéxenselle con ferraduras, 
pezas de ferro de forma 
axeitada que o ferrador axusta e 
suxeita á unlla con cravos. 
Esta práctica é común desde o 
século XI. Anteriormente os 
romanos protexían os cascos 
dos cabalos cunha especie de 
sandalias feitas de bimbias ou 
metal que suxeitaban con tiras 
de coiro.
Os primeiros cabalos domésticáronse hai 
6.000 anos na Ucraína. Existen referencias 
de cabalos domesticados en Mesopotamia e 
na China de hai 5.000 anos. 
O cabalo tivo un valor fundamental nas 
conquistas e na colonización de novas 
terras porque permitía a rapidez nos 
desprazamentos e podía ser usado para o 
transporte e o traballo.
Desde o ano 1.000 antes de Cristo, ata 
mediados do século XIX (durante case 3.000 
anos) o cabalo foi o medio máis usual de 
viaxe e transporte. 
Asociado á guerra, ao traballo ou ao 
deporte, aparece amplamente representado 
nas moedas, nos recipientes, nos relevos e 
nos frescos dos templos e as tumbas, nos 
cadros e nas esculturas.
A importancia do cabalo foi tan 
grande que ao apareceren as 
máquinas a unidade coa que se 
mide a súa potencia recibiu o 
nome de “cabalo de vapor” 
porque se comparou o 
rendemento do traballo das 
máquinas co dos cabalos aos 
que viñeron a substituír. 
A mecanización restoulle 
importancia aos cabalos que xa 
só se utilizan como animais de 
labor e transporte en zonas 
pouco desenvolvidas ou de 
difícil acceso. 
Na actualidade existen no mundo 
uns 75 millóns de cabalos, a 
maioría usados como animais de 
montura.
RAZAS 
Coñécense ata duascentas 
razas distintas de cabalos que 
se diferencian no tamaño, 
aspecto ou utlidade. 
Hai tres tipos básicos: 
-Sangue quente: cabalos áxiles, 
nervosos, activos, de formas finas 
(os típicos cabalos de montura e 
de carreiras). 
-Sangue frío: pesados, tanquilos e 
de formas máis amplas; son os 
cabalos de tiro. 
-Medio sangue: resultado da 
mestura dos dous anteriores, a 
este grupo pertenecen a maioría 
dos cabalos de deportes agás os 
de carreiras.
PURO SANGUE INGLÉS 
Foi criado en Inglaterra a partir de cabalos árabes. É 
o cabalo máis rápido do mundo. Forte, elegante e de 
patas longas. Mide entre 1,50 e 1,70 metros de 
alzada. Ten a pel fina co pelo moi brillante e pode 
ser de calquera cor entre o negro e o alazán. 
Creese que todos os cabalos de carreiras do mundo 
descenden de tres sementais árabes que foron 
levados a Inglaterra a finais do século XVII. 
En Galiza críanse cabalos de puro sangue en 
varias localidades. 
Royal Gait, cabalo puro sangue Ingles da egoada Pereira 
de Chantada. Gañou a copa de ouro de Ascot, unha das 
carreiras máis importantes do mundo.
ÁRABE 
É un cabalo vivo e áxil, incansable, facilmente 
recoñecible pola súa cabeza pequena de perfil 
afundido. Ten arredor de 1,50 m de alzada e 
xeralmente é tordo. É un dos cabalos de 
montura máis apreciados. 
HANNOVERIANO 
Cabalo de medio sangue, grande, de 
montura e tiro lixeiro. Apto para 
todo tipo de deportes hípicos, 
especialmente para os saltos.
SHIRE 
Cabalo de sangue frío de orixe 
inglesa. É o máis grande do mundo. 
Pode superar 1,80 de alzada e pesar 1 
tonelada. O máis característico son as 
súas patas con pelos longos. 
ANDALUZ, CARTUXO ou ESPAÑOL 
Criado desde o século XV no Sur de 
España polos monxes cartuxos. 
Posiblemente sexa o que deu orixe á 
maioría das razas de cabalos 
americanos. Na actualidade está 
distribuído por toda España. É un 
cabalo de boa estampa, moi apreciado 
como animal de montura e exibición.
PONIS 
Cabalos que teñen menos de 1,47 
metros de alzada e unha estructura 
característica (corpo amplo e 
compacto, moi fortes en relación 
coa súa altura, crinas moi longas, 
moita resistencia e capacidade 
para soportar condicións difíciles). 
PONI DE SHETLAND 
Pode ter ata 1 metro de alzada. É un 
animal sobrio e resistente. Usouse 
para arrastar as carretas dentro das 
minas de carbón en Inglaterra. 
FALABELLA 
De orixe arxentina. A pesar de ser 
o cabalo máis pequeno do mundo 
non se considera un poni porque 
a súa estrutura e as súas 
características son as dos 
cabalos. Orixinouse a partir de 
cruces de ponis con cabalos de 
puro sangue. Mide entre 38 e 78 
cm de alto e pesa entre 18 e 36 
kg.
CABALO DE PRZEWALSKI (Equus ferus przewalskii) 
É unha subespecie de cabalo silvestre. Case desapareceu a mediados do 
século XX e conseguise recuperar un pouco o seu número grazas á 
proteción. Vive no Parque Nacional Hustai (Mongolia). Ten o morro convexo, 
de pelo curto e forte. De tamaño medio, pode acadar os 350 kg.
MUSTANG 
Son cabalos cimarróns que se asilvestraron en norteamérica a partir de 
cabalos domésticos libres. Son descendentes dos cabalos españois. 
Son fortes, resistentes e rápidos. Na actualidade están protexidos.
O cabalo en Galiza 
As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galiza 
atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído 
polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. 
Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo 
novas razas adaptadas a distintas funcións (carne, traballo agrícola, 
transporte...), pero unha parte permaneceu en estado de libertade 
nos nosos montes ata actualidade. 
Petróglifos en 
Campo Lameiro 
En 2.001 establecéronse 
os caracteres e creouse 
o libro xenealóxico da 
raza galega. 
Tamén se crían cabalos 
de puro sangue en 
varias localidades.
En xeral os cabalos galegos son de tipo primitivo; cabeza grande, 
alzada curta e ventre amplo. Son sobrios e resistentes, póden ser 
domados como animais de montura ou traballo, pero a maioría 
úsanse para producir carne que se vende para o exterior.
Cabalo galego 
Ten entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a 
capa negra ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo 
negros, con cerdas longas e abundantes. Ten orellas pequenas e 
pelo abundante, ás veces con barbela e mostachos. As patas son 
curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e duro.
Garrano, besta do monte ou cabalo do monte 
Chamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un 
animal moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e 
norte de Galiza, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou 
semisalvaxes, posiblemente unha das poucas que existen no mundo. 
Teñen unhas características que os diferencian dos cabalos domésticos 
pola súa adaptación á vida no monte en condicións duras: escasa alzada, 
corpo relativamente longo, extremidades fortes, cascos moi duros, orellas 
pequenas e fortes mostachos para protexerse dos toxos entre os que 
viven e dos que se alimentan. Teñen unha gran capacidade reprodutiva.
A marca é un sinal que se grava cun ferro 
quente na pel do cabalo para recoñecelo 
logo. Cada criador ten a súa marca diferente 
das demáis. Nalgúns lugares, ademaís, ou en 
vez da marca ao lume, faiselle un ou varios 
cortes nas orellas. 
O marcado de cabalos faise desde hai máis 
de 2.000 anos. 
En Galiza celébranse moitas festas nas que o cabalo é o 
protagonista onde as carreiras e outras exibicións 
forman parte do programa; e outras nas que intervén 
como elemento destacado.
En Galiza, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición 
convertida nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. 
Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as 
égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para 
recortarlles as crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se 
venden, se son novos para criar como animais de traballo ou para carne, e 
se son vellos só para carne.
Sabucedo
O BURRO (Equus assinus) 
É un animal que aínda vive silvestre en África 
oriental. Foi domesticado no leste de África hai 
uns 6.000 anos . 
A talla varía entre os 80 cm e 1,60 m. Pode 
acadar os 450 kg de peso. 
Segundo as razas tamén varía o longo do pelo e 
a cor que pode ser desde gris crara a negra, 
pero sempre case branca arredor dos ollos e o 
fuciño. 
As femias maduran sexualmente aos 2 anos e 
os machos aos 2 anos e medio. A preñez dura 
de 370 a 380 días. Teñen unha sola cría. Medran 
ata os catro anos e poden vivir 25. 
É un animal sobrio e resistente, 
Utilízase como animal de carga e de traballo. 
Da pel dos burros facíase o máis fino e suave 
pergamino (material sobre o que se escribía 
antes de que se coñecese o papel).
Burro fariñeiro galego 
É un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg. 
Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos 
pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta. 
O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e 
o ventre brancos.
Os MULOS, tamén chamados machos, son o resultado do cruce entre un burro e unha égoa. 
Son animais sólidos e resistentes. Teñen un aspecto intermedio entre os dous animais, o tamaño e 
a forza dos cabalos e a sobriedade e a resistencia dos burros. Utilízanse para a carga en terreos 
escarpados e soportan ben o clima riguroso e as dificultades do terreo accidentado. 
Os mulos son estériles e non poden ter descendencia. 
Desde que deixaron de ter importancia como animais de traballo o seu número descendeu 
moitísimo. Hoxe son raros.
Os CENTAUROS, de orixe grega, eran seres 
co torso de home e corpo de cabalo. Eran 
case todos seres maléficos e brutais. 
Os CABALOS MARIÑOS, coa 
parte dianteira de cabalo e a 
parte traseira de peixe, 
arrastaban o carro de Neptuno, 
deus do mar. 
O CABALO NA MITOLOXÍA 
PEGASO, cabalo alado da 
mitoloxía grega que naceu 
do sangue da Medusa e 
estaba ao servicio de Zeus.
LENDA DO MONTE SEIXO 
A Besta Branca é un unicornio que vive no 
Monte do Seixo (Cerdedo). Guía aos cabalos 
polos pasadizos dos castros para ir beber ás 
pozas do río (Pozo Sangoento). Co toque do 
seu corno máxico purifica as augas. 
O UNICORNIO, animal con 
corpo de cabalo cun corno na 
fronte. Creíase que era 
orixinario da India. 
Monte Seixo
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS: 
-Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella. 
-Por un cravo pérdese unha besta. 
-O ollo do amo engorda ao cabalo. 
-Ao home e ao cabalo non hai que apuralo. 
-Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán. 
-Besta mular, ou comer ou andar. 
-Besta que xeme á carga non teme. 
-O que ten besta e vai a pé, máis besta el é. 
-Besta parada non fai xornada. 
-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. 
-Líbrate de traseira de mula e de dianteira de burra. 
-Nin “arre” que fuxa nin “xo” que se deite. 
Fonte das Platerías 
(Santiago de Compostela)
DITOS: 
-Hai moitas burras do mesmo pelo. 
-Morto o burro cebada ao rabo. 
-O burro ao sol fai sombra. 
-Carne de burro non é transparente. 
-Ao pé do banco férrase a besta. 
-Ao cabalo regalado non se lle mira o dente 
-Patadas de burro non chegan ao ceo. 
CRENZAS: 
-Cando se deita o cabalo é que vai facer vento. 
-As ferraduras traen boa sorte. Para que fagan 
efecto cólganse coa abertura cara arriba para 
que a sorte non escape.
OS ALBARDEIROS 
Manufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para 
fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de 
aditamentos para as cabalerías.
OS FERRADORES 
Son ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos 
ferreiros ou mércanas, aínda alguns fannas eles mesmos. Empregan 
unha pequena zafra ou bigornia e unha ferramenta sinxela para 
ferrar as cabalerías e poñer canelos ao vacún. 
APARELLOS DOS 
FERRADORES 
DEBUXO DE 
XAQUÍN 
LOURENZO: 
1-puxavante 
2-cravo 
3-martelo 
4-derrematador 
5-escofina 
6-tanaza do casco 
5-tanaza dos cravos 
8-bigornia 
9-coitela 
10-ferradura 
11-canelo para as 
Vitrina no Museo do pobo Galego vacas e bois
Antigo 
carro tirado 
por un 
cabalo 
As rastras ou corzas eran 
aparellos de arrastre de estrutura 
variable tirados por animais. 
Debuxo de Xaquín Lourenzo.
MONTAXE: Adela Leiro 
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, 
Internet, arquivo Corel. 
DEBUXOS: Mon Daporta 
Novembro 2014

More Related Content

What's hot

Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primariamonadela
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou ocaMonContos
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasiesasorey
 

What's hot (14)

O burro
O burroO burro
O burro
 
Galiña primaria
Galiña primariaGaliña primaria
Galiña primaria
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
O can
O canO can
O can
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
O reno
O renoO reno
O reno
 

Viewers also liked (8)

Evolucion del caballo lupis
Evolucion del caballo lupisEvolucion del caballo lupis
Evolucion del caballo lupis
 
Caballos
CaballosCaballos
Caballos
 
Caballos
CaballosCaballos
Caballos
 
El caballo
El caballoEl caballo
El caballo
 
Capas de Caballos
Capas de CaballosCapas de Caballos
Capas de Caballos
 
El caballo
El caballoEl caballo
El caballo
 
El Caballo
El CaballoEl Caballo
El Caballo
 
Caballos
CaballosCaballos
Caballos
 

Similar to Cabalo

O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
Can mastín español
Can mastín españolCan mastín español
Can mastín españoliesasorey
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)candeadosalnes
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
Elefante asiático
Elefante asiáticoElefante asiático
Elefante asiáticoMonContos
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)candeadosalnes
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezCarmela Garcia
 

Similar to Cabalo (17)

Coello
CoelloCoello
Coello
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Gato
GatoGato
Gato
 
Can mastín español
Can mastín españolCan mastín español
Can mastín español
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
Elefante asiático
Elefante asiáticoElefante asiático
Elefante asiático
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
O camelo
O cameloO camelo
O camelo
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 

Recently uploaded (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

Cabalo

  • 1.
  • 2. cabalo (Equus caballus) caballo horse cheval cavalo
  • 3. O cabalo é un mamífero grande de corpo esbelto, ben proporcionado, cuberto de pelo xeralmente curto, fino e brillante, de cor variable. Pode acadar 1,80 m de altura e 1.000 kg. Os cabalos máis grandes son os de tiro e os máis pequenos os ponis. Os cabalos poden vivir ata 40 anos, aínda que a media de idade está nos 30.
  • 4. Crinas: pelos longos e duros que lle saen na parte alta do pescozo. PESCOZO: forte e flexible. CABEZA: longa e estreita. PATAS: longas e finas cunha musculatura forte. Rematan nun só dedo moi desenvolvido protexido no extremo por unha unlla forte (casco). Cana: parte fina da pata que se corresponde co metacarpo. Rabo curto con pelos moi longos. Fuciño coas as aberturas nasais, grandes, e a boca cos labios moi móbiles. TRONCO: forte e musculoso, de espiñazo recto, case horizontal no que sobresaen, diante as paletas e detrás, máis lixeiramente, as ancas. Tórax (peito) amplo. Lombo Orellas ovais, pequenas, dereitas e móbiles. Ollos grandes e situados lateralmente.
  • 5. Tamaño comparativo entre o Shire, o cabalo máis alto, e o Falabella, o cabalo máis pequeno.
  • 6. Segundo a capa (cor do pelo) os cabalos reciben distintos nomes: Negro: cando ten negra a capa, as crinas e o rabo. Manchado: capa dunha cor con pequenas pintas de outras. Alazán: cor castaña uniforme, aínda que pode ter tonos diferentes. Branco: cando todo o seu pelo é branco. Roán: mestura de cores branca, castaña e negra. Pío: con manchas de cores diferentes. Baio: o alazán con crinas, rabo, fuciño e patas escuras.. Tordo: pelo gris sobre fondo negro.
  • 7. trapecio dorsais glúteo caudais xemelgo abdominais mastigadores triceps MÚSCULOS bíceps femoral deltoide extensor flexores extensor pectoral
  • 8. vértebras cránio maxilar omóplato húmero cúbito radio carpo metacarpo falanxes costelas esternón pelve fémur tibia peroné tarso falanxes ESQUELETO sacro metatarso
  • 9. cerebro tráquea esófago pulmón corazón cavidade nasal ÓRGANOS INTERNOS médula espiñal intestino delgado fígado intestino groso vexiga testículo ano ril estómago
  • 10. vexiga pene ovario útero APARATO REPRODUTOR vaxina ubre testículo músculo retractor vexiga MACHO FEMIA
  • 11. MOVEMENTOS: Os cabalos andan apoiándose sobre catro patas rematadas nun só dedo e poden desprazarse moi rapidamente. Tamén son bos saltadores. Desprazamentos: Ao paso, co que avanza unha media de 7 km/h. Mantén tres patas apoiadas no chan. Ao trote: avanza uns 15 km/h, levanta as patas de dúas en dúas en diagonal. Ao galope: pode acadar ata 60 km/h. Move as patas alternamente e entre pasos ten as catro patas no aire.
  • 12. SENTIDOS: Ten moi boa vista e un amplo campo de visión. Os ollos, situados na parte superior do cráneo e colocados bastante laterais, danlle unha visión case todo arredor. O olfato está ben desenvolvido e úsano para recoñecer os alimentos e para comunicarse cos semellantes.
  • 13. Ten un oído moi fino. As orellas son pequenas e móbiles polo que pode orientalas para captar mellor os sons. A pel é moi sensible. Treme ao máis mínimo contacto.
  • 14. COMUNICACIÓN: O cabalo rincha. Emite un son agudo que se escoita bastante lonxe e pódeo modular segundo a grao de excitacion. Tamén ten un amplo código xestual no que emprega sobre todo as orellas e a expresión da cara. Cando está nervoso resopla, move o rabo, a cabeza lateralmente e coucea o chan. Cando bota as orellas cara atrás amosa furia ou medo. Cando as bota cara adiante amosa interese polo que lle rodea Cando bota unha cara adiante e outra cara atrás amosa incertidume.
  • 15. Cando viven en grupos as mandas ou greas están formadas xeralmente por un macho, varias femias e as crías. O liderado da grea establécese por medio de loitas, rituais e reais, nas que non faltan as dentadas e as couces. Cando pelexan érguense enriba das patas de atrás para ameazar e para atacar dan couces coas patas traseiras ou morden. Para defendérense fuxen galopando e dan couces. Os cabalos durmen moi pouco tempo e déitanse para facelo, aínda que poden “durmir” de pé. Os poldros pasan moito tempo deitados, aínda que segundo van medrando déitanse menos tempo
  • 16. Os cabalos manteñen limpa a pel embórcandose na terra seca (“gañan a cebada”) e espantan as moscas golpeándoas coas patas, coa cabeza, cos pelos do rabo e coas crinas do pescozo.
  • 17. ALIMENTACIÓN: Os cabalos que viven en libertade pastan herba dos campos e gromos de toxos e outras plantas. Nas casas aliméntanse con gran, palla e pensos. Un cabalo, dependendo do seu tamaño e da actividade que realice, pode comer cada día entre 3 e 8 quilos de gran (cebada, millo...) ou pensos, e varios máis de herba seca e palla. O desgaste a a posición dos dentes serve para determinar a idade dun cabalo. Teñen unha dentadura especialmente adaptada para cortar a herba (incisivos planos) e para moela (molares grandes e planos). Os machos conservan uns pequenos dentes cairos que non teñen as femias.
  • 18. REPRODUCIÓN: Os cabalos maduran sexualmente entre o segundo e o sexto ano de vida, segundo as razas. As parellas xúntanse na primavera. As égoas paren ás crías despois de 330 a 350 días de xestación, xeralmente todas na mesma época. Case sempre teñen un só poldro e raramente dous.
  • 19. Unha hora despois de nacer o poldro xa se pon de pé e a partir dese instante segue á súa nai, da que mama durante 6 a 9 meses, aínda que empeza a comer herba a partir das dúas semanas.
  • 20. OS CABALOS E AS PERSOAS. UTILIDADE -Montura -Traballo: tiro para transportar mercadorías e persoas, para arrastar cargas ou tirar dos aparellos de labranza. -Deporte e lecer -Carne -As crins para facer cepillos, cordas, arcos de instrumentos musicais... -A pel cúrtese para empregala logo na elaboración de diferentes aparellos.
  • 21. OS NOMES As persoas estableceron sempre unha relación moi especial cos seus cabalos aos que lle dan nomes propios. Ao longo da historia e na literatura algúns chegaron a ser moi coñecidos coma Bucéfalo de Alexandre Magno (emperador Grego do século IV a.C.), Babieca, o cabalo do Cid (séculoXI), Rocinante de Don Quixote (século XVII) ou Marengo de Napoleón (século XIX). Bucéfalo Marengo NOMES: Para o macho: cabalo, garañón, griñón. Para a femia: égoa, égua ou besta. Para as crías: poldros ou poldras.
  • 22. COIDADOS: Os cabalos que viven en réxime de estabulación precisan facer exercicio e seren cepillados regularmente para manterlles a pel e o pelo limpos e coidarlles os cascos. Para evitarlles danos ou un desgaste excesivo nos cascos protéxenselle con ferraduras, pezas de ferro de forma axeitada que o ferrador axusta e suxeita á unlla con cravos. Esta práctica é común desde o século XI. Anteriormente os romanos protexían os cascos dos cabalos cunha especie de sandalias feitas de bimbias ou metal que suxeitaban con tiras de coiro.
  • 23. Os primeiros cabalos domésticáronse hai 6.000 anos na Ucraína. Existen referencias de cabalos domesticados en Mesopotamia e na China de hai 5.000 anos. O cabalo tivo un valor fundamental nas conquistas e na colonización de novas terras porque permitía a rapidez nos desprazamentos e podía ser usado para o transporte e o traballo.
  • 24. Desde o ano 1.000 antes de Cristo, ata mediados do século XIX (durante case 3.000 anos) o cabalo foi o medio máis usual de viaxe e transporte. Asociado á guerra, ao traballo ou ao deporte, aparece amplamente representado nas moedas, nos recipientes, nos relevos e nos frescos dos templos e as tumbas, nos cadros e nas esculturas.
  • 25. A importancia do cabalo foi tan grande que ao apareceren as máquinas a unidade coa que se mide a súa potencia recibiu o nome de “cabalo de vapor” porque se comparou o rendemento do traballo das máquinas co dos cabalos aos que viñeron a substituír. A mecanización restoulle importancia aos cabalos que xa só se utilizan como animais de labor e transporte en zonas pouco desenvolvidas ou de difícil acceso. Na actualidade existen no mundo uns 75 millóns de cabalos, a maioría usados como animais de montura.
  • 26. RAZAS Coñécense ata duascentas razas distintas de cabalos que se diferencian no tamaño, aspecto ou utlidade. Hai tres tipos básicos: -Sangue quente: cabalos áxiles, nervosos, activos, de formas finas (os típicos cabalos de montura e de carreiras). -Sangue frío: pesados, tanquilos e de formas máis amplas; son os cabalos de tiro. -Medio sangue: resultado da mestura dos dous anteriores, a este grupo pertenecen a maioría dos cabalos de deportes agás os de carreiras.
  • 27. PURO SANGUE INGLÉS Foi criado en Inglaterra a partir de cabalos árabes. É o cabalo máis rápido do mundo. Forte, elegante e de patas longas. Mide entre 1,50 e 1,70 metros de alzada. Ten a pel fina co pelo moi brillante e pode ser de calquera cor entre o negro e o alazán. Creese que todos os cabalos de carreiras do mundo descenden de tres sementais árabes que foron levados a Inglaterra a finais do século XVII. En Galiza críanse cabalos de puro sangue en varias localidades. Royal Gait, cabalo puro sangue Ingles da egoada Pereira de Chantada. Gañou a copa de ouro de Ascot, unha das carreiras máis importantes do mundo.
  • 28. ÁRABE É un cabalo vivo e áxil, incansable, facilmente recoñecible pola súa cabeza pequena de perfil afundido. Ten arredor de 1,50 m de alzada e xeralmente é tordo. É un dos cabalos de montura máis apreciados. HANNOVERIANO Cabalo de medio sangue, grande, de montura e tiro lixeiro. Apto para todo tipo de deportes hípicos, especialmente para os saltos.
  • 29. SHIRE Cabalo de sangue frío de orixe inglesa. É o máis grande do mundo. Pode superar 1,80 de alzada e pesar 1 tonelada. O máis característico son as súas patas con pelos longos. ANDALUZ, CARTUXO ou ESPAÑOL Criado desde o século XV no Sur de España polos monxes cartuxos. Posiblemente sexa o que deu orixe á maioría das razas de cabalos americanos. Na actualidade está distribuído por toda España. É un cabalo de boa estampa, moi apreciado como animal de montura e exibición.
  • 30. PONIS Cabalos que teñen menos de 1,47 metros de alzada e unha estructura característica (corpo amplo e compacto, moi fortes en relación coa súa altura, crinas moi longas, moita resistencia e capacidade para soportar condicións difíciles). PONI DE SHETLAND Pode ter ata 1 metro de alzada. É un animal sobrio e resistente. Usouse para arrastar as carretas dentro das minas de carbón en Inglaterra. FALABELLA De orixe arxentina. A pesar de ser o cabalo máis pequeno do mundo non se considera un poni porque a súa estrutura e as súas características son as dos cabalos. Orixinouse a partir de cruces de ponis con cabalos de puro sangue. Mide entre 38 e 78 cm de alto e pesa entre 18 e 36 kg.
  • 31. CABALO DE PRZEWALSKI (Equus ferus przewalskii) É unha subespecie de cabalo silvestre. Case desapareceu a mediados do século XX e conseguise recuperar un pouco o seu número grazas á proteción. Vive no Parque Nacional Hustai (Mongolia). Ten o morro convexo, de pelo curto e forte. De tamaño medio, pode acadar os 350 kg.
  • 32. MUSTANG Son cabalos cimarróns que se asilvestraron en norteamérica a partir de cabalos domésticos libres. Son descendentes dos cabalos españois. Son fortes, resistentes e rápidos. Na actualidade están protexidos.
  • 33. O cabalo en Galiza As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galiza atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo novas razas adaptadas a distintas funcións (carne, traballo agrícola, transporte...), pero unha parte permaneceu en estado de libertade nos nosos montes ata actualidade. Petróglifos en Campo Lameiro En 2.001 establecéronse os caracteres e creouse o libro xenealóxico da raza galega. Tamén se crían cabalos de puro sangue en varias localidades.
  • 34. En xeral os cabalos galegos son de tipo primitivo; cabeza grande, alzada curta e ventre amplo. Son sobrios e resistentes, póden ser domados como animais de montura ou traballo, pero a maioría úsanse para producir carne que se vende para o exterior.
  • 35. Cabalo galego Ten entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a capa negra ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo negros, con cerdas longas e abundantes. Ten orellas pequenas e pelo abundante, ás veces con barbela e mostachos. As patas son curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e duro.
  • 36. Garrano, besta do monte ou cabalo do monte Chamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un animal moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e norte de Galiza, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes, posiblemente unha das poucas que existen no mundo. Teñen unhas características que os diferencian dos cabalos domésticos pola súa adaptación á vida no monte en condicións duras: escasa alzada, corpo relativamente longo, extremidades fortes, cascos moi duros, orellas pequenas e fortes mostachos para protexerse dos toxos entre os que viven e dos que se alimentan. Teñen unha gran capacidade reprodutiva.
  • 37. A marca é un sinal que se grava cun ferro quente na pel do cabalo para recoñecelo logo. Cada criador ten a súa marca diferente das demáis. Nalgúns lugares, ademaís, ou en vez da marca ao lume, faiselle un ou varios cortes nas orellas. O marcado de cabalos faise desde hai máis de 2.000 anos. En Galiza celébranse moitas festas nas que o cabalo é o protagonista onde as carreiras e outras exibicións forman parte do programa; e outras nas que intervén como elemento destacado.
  • 38. En Galiza, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición convertida nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para recortarlles as crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se venden, se son novos para criar como animais de traballo ou para carne, e se son vellos só para carne.
  • 40. O BURRO (Equus assinus) É un animal que aínda vive silvestre en África oriental. Foi domesticado no leste de África hai uns 6.000 anos . A talla varía entre os 80 cm e 1,60 m. Pode acadar os 450 kg de peso. Segundo as razas tamén varía o longo do pelo e a cor que pode ser desde gris crara a negra, pero sempre case branca arredor dos ollos e o fuciño. As femias maduran sexualmente aos 2 anos e os machos aos 2 anos e medio. A preñez dura de 370 a 380 días. Teñen unha sola cría. Medran ata os catro anos e poden vivir 25. É un animal sobrio e resistente, Utilízase como animal de carga e de traballo. Da pel dos burros facíase o máis fino e suave pergamino (material sobre o que se escribía antes de que se coñecese o papel).
  • 41. Burro fariñeiro galego É un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg. Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta. O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e o ventre brancos.
  • 42. Os MULOS, tamén chamados machos, son o resultado do cruce entre un burro e unha égoa. Son animais sólidos e resistentes. Teñen un aspecto intermedio entre os dous animais, o tamaño e a forza dos cabalos e a sobriedade e a resistencia dos burros. Utilízanse para a carga en terreos escarpados e soportan ben o clima riguroso e as dificultades do terreo accidentado. Os mulos son estériles e non poden ter descendencia. Desde que deixaron de ter importancia como animais de traballo o seu número descendeu moitísimo. Hoxe son raros.
  • 43. Os CENTAUROS, de orixe grega, eran seres co torso de home e corpo de cabalo. Eran case todos seres maléficos e brutais. Os CABALOS MARIÑOS, coa parte dianteira de cabalo e a parte traseira de peixe, arrastaban o carro de Neptuno, deus do mar. O CABALO NA MITOLOXÍA PEGASO, cabalo alado da mitoloxía grega que naceu do sangue da Medusa e estaba ao servicio de Zeus.
  • 44. LENDA DO MONTE SEIXO A Besta Branca é un unicornio que vive no Monte do Seixo (Cerdedo). Guía aos cabalos polos pasadizos dos castros para ir beber ás pozas do río (Pozo Sangoento). Co toque do seu corno máxico purifica as augas. O UNICORNIO, animal con corpo de cabalo cun corno na fronte. Creíase que era orixinario da India. Monte Seixo
  • 45. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS: -Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella. -Por un cravo pérdese unha besta. -O ollo do amo engorda ao cabalo. -Ao home e ao cabalo non hai que apuralo. -Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán. -Besta mular, ou comer ou andar. -Besta que xeme á carga non teme. -O que ten besta e vai a pé, máis besta el é. -Besta parada non fai xornada. -Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo. -Líbrate de traseira de mula e de dianteira de burra. -Nin “arre” que fuxa nin “xo” que se deite. Fonte das Platerías (Santiago de Compostela)
  • 46. DITOS: -Hai moitas burras do mesmo pelo. -Morto o burro cebada ao rabo. -O burro ao sol fai sombra. -Carne de burro non é transparente. -Ao pé do banco férrase a besta. -Ao cabalo regalado non se lle mira o dente -Patadas de burro non chegan ao ceo. CRENZAS: -Cando se deita o cabalo é que vai facer vento. -As ferraduras traen boa sorte. Para que fagan efecto cólganse coa abertura cara arriba para que a sorte non escape.
  • 47. OS ALBARDEIROS Manufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as cabalerías.
  • 48. OS FERRADORES Son ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos ferreiros ou mércanas, aínda alguns fannas eles mesmos. Empregan unha pequena zafra ou bigornia e unha ferramenta sinxela para ferrar as cabalerías e poñer canelos ao vacún. APARELLOS DOS FERRADORES DEBUXO DE XAQUÍN LOURENZO: 1-puxavante 2-cravo 3-martelo 4-derrematador 5-escofina 6-tanaza do casco 5-tanaza dos cravos 8-bigornia 9-coitela 10-ferradura 11-canelo para as Vitrina no Museo do pobo Galego vacas e bois
  • 49. Antigo carro tirado por un cabalo As rastras ou corzas eran aparellos de arrastre de estrutura variable tirados por animais. Debuxo de Xaquín Lourenzo.
  • 50.
  • 51. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2014