SlideShare a Scribd company logo
1 of 33
ovella 
(Ovis aries) 
oveja 
sheep 
mouton 
ovelha
A ovella é un animal mamífero artiodáctilo de tamaño mediano, cunha 
altura media de 70 cm, (as máis grandes poden acadar 1,10 m) e un peso 
medio de 45 kg (nas grandes poden superar os 100). Os machos son máis 
grandes e pesados que as femias. 
Está cuberta dun pelo espeso, a la, formada por pelos longos e duros e 
outros curtos e finos (borra). A la cubre todo o corpo agás as patas e a 
cabeza que están cubertas de pelo curto para evitar enlearse nas plantas. 
Pode vivir ata 20 anos.
Ollos, coa 
pupila 
horizontal. 
Orellas ovaladas, situadas 
lateralmente e, segundo as 
razas máis ou menos 
longas e caídas. 
CABEZA: oval, 
de perfil curvo. 
Rabo longo, 
cilíndrico, caído e 
ben cuberto de 
pelo. 
TRONCO cilíndrico 
Pescozo 
curto e forte. 
Pesuños fortes que 
se adaptan 
perfectamente a 
todos os terreos. 
Pés con catro dedos, 
os dous centrais, que 
se apoian no chan, 
máis grandes. 
PATAS 
proporcionadas, 
finas e lixeiras.
Os cornos estan formados por prolongacións do oso frontal cubertas de queratina. 
Son de base triangular e enrólanse en espiral aos lados da cabeza. 
Son unha característica dos machos (carneiros). As femias case nunca teñen cornos. 
Tampouco teñen cornos os machos dalgunhas razas seleccionadas.
ESQUELETO 
vértebras 
cránio 
maxilar 
omóplato 
húmero 
cúbito 
radio 
carpo 
pelve 
costelas 
esternón 
fémur 
tibia 
peroné 
tarso 
metacarpo falanxes 
falanxes 
sacro 
metatarso
esófago 
tráquea 
ÓRGANOS INTERNOS 
pulmón 
corazón 
cavidade 
nasal 
fígado 
intestino groso 
ano 
vexiga 
intestino 
delgado 
ril 
estómago
ril ril 
pene 
útero 
APARATO REPRODUTOR 
ovario 
vaxina 
MACHO FEMIA 
ubre 
testículo 
músculo 
retractor 
vexiga 
vexiga
macho 
femia
COMO SE RELACIONAN 
AS OVELLAS 
MOVEMENTOS 
Para andar apóiase sobre 
as puntas dos dedos e 
camiña normalmente ao 
paso. So corre cando se 
asusta. 
SENTIDOS 
Ve e oe ben e ten o olfato 
ben desenvolvido. Se 
teñen contacto co seu 
dono poden recoñecelo.
A la é un bo illante. Os pelos longos escoan cara o chan a auga da choiva e 
os curtos forman debaixo deles un espazo que impide o intercambio de calor 
entre o corpo e o exterior mantendo a temperatura do animal case constante. 
Impiden a perda de calor no inverno e a entrada de calor no verán.
COSTUMES 
É de temperamento pacífico e asustadizo. 
Sempre anda en grupos formados por machos, femias e crías, 
xeralmente conducidos por unha ovella ou carneiro vellos. 
Mentres son novos os años xogan e saltan e moven o rabo 
constantemente pero ao medrar deixan de facelo.
ALIMENTACIÓN 
Herbívora. Come case calquera vexetal. 
Xeralmente aliméntase de herba que pasta, 
pero tamén existen pensos especialmente 
preparados para as ovellas que se lle 
suministran cando están estabuladas. 
A dentadura é a típica dos 
herbívoros con incisivos so na 
mandíbula inferior e moas planas 
para triturar a herba. 
É un animal ruminante. Ten un gran estómago especial 
dividido en catro partes. Na primeira (bandullo) 
almacena a herba que traga case enteira cando pasta e 
logo, no seu lugar de descanso, vólvea a boca e remóea 
ata convertela nunha masa que logo pasa ás outras 
partes do estómago para continuar a dixestión.
Año recén nacido 
REPRODUCIÓN 
Entran en celo e emparéllanse no 
outono e teñen as crias na 
primavera despois dunha 
xestación de 150 días (5 meses). 
Teñen unha ou dúas crías (años) 
que maman ata os catro meses. 
As crías nacen totalmente 
desenvolvidas. Ao pouco tempo 
de nacer levántanse e acompañan 
á nai. 
Os machos maduran ao ano e 
medio. As femias un pouco 
despois e son fértiles durante 
uns dez anos. 
Año de dous días Año de 1 semana
Año de 2 semanas Años de catro meses
HISTORIA 
A ovella foi, xunto coa cabra, un 
dos primeiros animais 
domesticados polo ser humano, 
hai máis de 10.000 anos. 
Seguramente foron o seu tamaño 
(que facía que fose facil 
dominalos), a sua maneira de vivir 
(en rabaños) e a posibilidade de 
obter delas un aproveitamento 
múltiple os que fixeron da ovella 
un animal asociado ao 
desenvolvemento da civilización. 
A súa importancia foi tan grande 
que se chegou a medir a riqueza 
das persoas polo número de 
ovellas que tiñan. 
A ovella estivo tamén desde sempre 
asociada á relixión e aos deuses. Os 
exipcios representaban ao deus Ra con 
cabeza de carneiro. Os xudeos sacrificaban 
carneiros a Deus e os cristiáns asociaron a 
súa figura á de Xesucristo. 
Carneiro. 
Sumeria, ano 
2000 a de C. 
Relevo romano. Século I
A ovella é o animal doméstico máis numeroso do mundo (uns dez mil millóns). 
As concentracións máis grandes de ovellas son as de Australia (11 ovellas por cada 
persoa) e Nova Celanda (máis de 20 ovellas por cada persoa).
En Galiza a gandería de ovellas cubriu escasamente as necesidades 
propias de la e coiros, e na actualidade so se ven rabaños de certa 
importancia nas zonas montañosas do sur de Lugo e Ourense. Nas 
demais zonas de montaña onde as había antigamente a repoboación 
forestal fíxoas desaparecer porque eliminou as zonas de pastoreo. 
Actualmente existen algo máis de 300.000 exemplares. 
En outras moitas zonas, nas casas labregas téñense unha ou dúas 
ovellas como gando menor ou gando dos rapaces. 
O común en Galiza é que os rabaños sexan mixtos, mestura de ovellas e 
cabras.
AS OVELLAS E AS PERSOAS. COIDADOS 
É un animal delicado que soporta ben o frío, pero non a humidade. 
Existen controis para garantir a calidade da raza e controis 
sanitarios para vixiar a boa saúde. 
Para garantir un bo 
estado de saúde 
márcanse cunha chapa 
ou crotal que se lle pon 
na orella.
A cría e o coidado das ovellas e cabras deu lugar a un tipo de vida e a unha 
profesión, a dos pastores. 
Os pastores conducen e coidan as ovellas. Lévanas ás zonas de pasto, 
vixíanas para que non se extravíen ou non danen os cultivos e evitan que 
sofran danos ou sexan atacadas polos depredadores. Neste labor o pastor 
está case sempre acompañado por cans.
O pastoreo deu lugar ao desenvolvemento de razas de cans con 
características especiais para conducir e gardar ovellas, os cans pastores 
como: os cans ovelleiros, o gos d’atura, o pastor belga, o pastor escocés, o 
pastor inglés…, e cans de defensa como os mastíns, o cào da serra …
Cada ano, cando chega o bo tempo, 
xeralmente a comezos do verán, 
rápanse as ovellas, córtaselle a la, 
que volve a medrar de novo.
UTILIDADE 
As ovellas críanse pola la, polo 
leite, a pel e a carne. 
O leite é máis nutritivo que o da 
vaca. Úsase case todo para facer 
queixos, só ou mesturado con 
leite de vaca ou de cabra 
Festa do carneiro ao espeto, que se 
celebra en Moraña desde o ano 1969. 
O queixo de ovella é seco e ten 
un olor típico moi intenso. 
Os máis coñecidos son os 
manchegos, que se elaboran en 
Castela-A Mancha e o Roquefort 
francés.
A CARNE das ovellas recibe 
distintos nomes segundo o 
lugar do corpo 
falda 
pata 
pescozo 
costelar 
paleta 
peito 
espiñazo 
ou agulla lombo
A la, unha vez lavada e fiada, úsase para facer 
tecidos. Ata hai pouco tempo usábase a la sen 
fíar para encher colchóns. 
A la clasifícase segundo o tamaño e o grosor 
dos pelos. Antes de utilizala, lávase e 
desengráxase. Logo fíase para tecer. 
A graxa que solta a la, a lanolina, úsase en 
cosmética para cremas e outros produtos. 
A pel das ovellas curtida usouse como 
recipiente para transportar líquidos, e sen curtir 
para facer pergamino, sobre o que se escribía. 
A pel curtida coa la úsase para facer prendas de 
abrigo ou alfombras.
NOMES 
Macho: carneiro 
Macho sen capar: marón 
Femia: ovella 
Cría: neixente (recén nacida), año ou aña 
Un carneiro ou ovella ruín chámase ovello.
RAZAS 
Existen aproximadamente unhas 450 razas de ovellas que se 
diferencian polo aspecto, pola cor e a calidade da la ou polo 
aproveitamento (de carne, leiteiras ou de la). 
OVELLA GALEGA 
Ten un tamaño bastante variable. 
As das zonas baixas son máis 
grandes e as da montaña son 
máis pequenas. O seu peso varía 
entre 25 e 40 kg. É de cor branca, 
ben proporcionada, ten a cabeza 
pequena co perfil recto, as patas 
finas e os pesuños duros. Os 
machos teñen cornos. A súa la é 
de calidade media (entrefina) e 
cada ovella produce, segundo o 
seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano. 
É un animal moi fértil e prolífico. 
É corrente que teña dúas crías e 
ás veces tres ou catro.
MEIRIÑA 
É a que produce a la de mellor calidade. 
Extendeuse por todo o mundo a partir de 
España, onde se cree que foi introducida 
polos árabes e mellorada a 
continuación. É a base dos rabaños 
australianos e da Pampa Arxentina. 
Todas as mellores ovellas produtoras de 
la teñen sangue meiriña. 
MANCHEGAS 
Son boas 
produtoras de 
leite do que se 
obteñen os 
queixos 
manchegos. 
CHURRA, LACHA e VASCA: teñen a la 
longa, pero menos fina que a da meiriña, 
viven na zona Norte da Península Ibérica.
KARAKUL 
É unha ovella de cor escura, de tamaño 
medio-grande orixinaria de Asia. As crías 
nacen co pelo moi fino, sedoso e rizado. 
Mátanse recén nacidas e a súa pel coñécese 
co nome de Astrakan. 
OVELLAS DOS BALCÁNS. 
Pequenas e de cor escura.
ESPECIES SEMELLANTES 
MUFLÓN (Ovis musimon) 
Mide entre 70 e 90 cm de altura e pode acadar 
os 50 quilos de peso. O macho ten cornos 
grandes e a femia tenos moi pequenos ou 
non os ten. É un dos antepasados das ovellas 
domésticas. Deste animal so existen 
poboacións silvestres en Córcega e na 
Cerdeña. Foi introducido en moitos países de 
Europa como especie de caza. 
CARNEIRO DE ALASKA 
MUFLON DE DALL (Ovis dalli) 
Vive nas montañas de Norteamérica. 
É de cor branca e nas zonas do sur 
marrón crara. Mide entre 1 m e 1,60 
de longo e os machos poden acadar 
os 90 quilos de peso.
TRADICIÓN ORAL 
REFRÁNS 
-A ovella por Pascua Florida está parida e lucida. 
-En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas. 
-A abella e a ovella en abril deixan a pelexa. 
-Por San Xoán o carneiro rapa a lan. 
-Se che dan a ovella colle a corda e marcha con ela. 
-Xuntanza de lobos, ovella morta.
DITOS 
-Ovella que berra bocado que perde. 
-Pouca la e polas silveiras 
ADIVIÑAS 
-Enleado sempre no seu cobertor, 
faga frío ou faga calor 
(O CARNEIRO) 
CANTARES 
San Antonio garda o gando 
San Xoán garda as ovellas, 
Santa Lucía as costureiras 
que andan polas casas alleas.
Montaxe: Adela Leiro 
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, 
Carmela García, Internet, arquivo Corel. 
DEBUXOS: Mon Daporta 
Novembro 2014

More Related Content

What's hot

Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasiesasorey
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touroasun488
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galizamonadela
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaceipbarro
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou ocaMonContos
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A ganderíamonadela
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 

What's hot (20)

Razas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegasRazas autóctonas galegas
Razas autóctonas galegas
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Vacas_touro
Vacas_touroVacas_touro
Vacas_touro
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
A gandería en Galiza
A gandería en GalizaA gandería en Galiza
A gandería en Galiza
 
Razas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galiciaRazas autóctonas de animais de galicia
Razas autóctonas de animais de galicia
 
O cabalo
O cabaloO cabalo
O cabalo
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
A alpaca
A alpacaA alpaca
A alpaca
 

Similar to A ovella

O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezCarmela Garcia
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polaresiesasorey
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 

Similar to A ovella (12)

O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Os osos pardo
Os osos pardoOs osos pardo
Os osos pardo
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
O lobo
O loboO lobo
O lobo
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
O xabaril
O xabarilO xabaril
O xabaril
 
Os osos polares
Os osos polaresOs osos polares
Os osos polares
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

A ovella

  • 1. ovella (Ovis aries) oveja sheep mouton ovelha
  • 2. A ovella é un animal mamífero artiodáctilo de tamaño mediano, cunha altura media de 70 cm, (as máis grandes poden acadar 1,10 m) e un peso medio de 45 kg (nas grandes poden superar os 100). Os machos son máis grandes e pesados que as femias. Está cuberta dun pelo espeso, a la, formada por pelos longos e duros e outros curtos e finos (borra). A la cubre todo o corpo agás as patas e a cabeza que están cubertas de pelo curto para evitar enlearse nas plantas. Pode vivir ata 20 anos.
  • 3. Ollos, coa pupila horizontal. Orellas ovaladas, situadas lateralmente e, segundo as razas máis ou menos longas e caídas. CABEZA: oval, de perfil curvo. Rabo longo, cilíndrico, caído e ben cuberto de pelo. TRONCO cilíndrico Pescozo curto e forte. Pesuños fortes que se adaptan perfectamente a todos os terreos. Pés con catro dedos, os dous centrais, que se apoian no chan, máis grandes. PATAS proporcionadas, finas e lixeiras.
  • 4. Os cornos estan formados por prolongacións do oso frontal cubertas de queratina. Son de base triangular e enrólanse en espiral aos lados da cabeza. Son unha característica dos machos (carneiros). As femias case nunca teñen cornos. Tampouco teñen cornos os machos dalgunhas razas seleccionadas.
  • 5. ESQUELETO vértebras cránio maxilar omóplato húmero cúbito radio carpo pelve costelas esternón fémur tibia peroné tarso metacarpo falanxes falanxes sacro metatarso
  • 6. esófago tráquea ÓRGANOS INTERNOS pulmón corazón cavidade nasal fígado intestino groso ano vexiga intestino delgado ril estómago
  • 7. ril ril pene útero APARATO REPRODUTOR ovario vaxina MACHO FEMIA ubre testículo músculo retractor vexiga vexiga
  • 9. COMO SE RELACIONAN AS OVELLAS MOVEMENTOS Para andar apóiase sobre as puntas dos dedos e camiña normalmente ao paso. So corre cando se asusta. SENTIDOS Ve e oe ben e ten o olfato ben desenvolvido. Se teñen contacto co seu dono poden recoñecelo.
  • 10. A la é un bo illante. Os pelos longos escoan cara o chan a auga da choiva e os curtos forman debaixo deles un espazo que impide o intercambio de calor entre o corpo e o exterior mantendo a temperatura do animal case constante. Impiden a perda de calor no inverno e a entrada de calor no verán.
  • 11. COSTUMES É de temperamento pacífico e asustadizo. Sempre anda en grupos formados por machos, femias e crías, xeralmente conducidos por unha ovella ou carneiro vellos. Mentres son novos os años xogan e saltan e moven o rabo constantemente pero ao medrar deixan de facelo.
  • 12. ALIMENTACIÓN Herbívora. Come case calquera vexetal. Xeralmente aliméntase de herba que pasta, pero tamén existen pensos especialmente preparados para as ovellas que se lle suministran cando están estabuladas. A dentadura é a típica dos herbívoros con incisivos so na mandíbula inferior e moas planas para triturar a herba. É un animal ruminante. Ten un gran estómago especial dividido en catro partes. Na primeira (bandullo) almacena a herba que traga case enteira cando pasta e logo, no seu lugar de descanso, vólvea a boca e remóea ata convertela nunha masa que logo pasa ás outras partes do estómago para continuar a dixestión.
  • 13. Año recén nacido REPRODUCIÓN Entran en celo e emparéllanse no outono e teñen as crias na primavera despois dunha xestación de 150 días (5 meses). Teñen unha ou dúas crías (años) que maman ata os catro meses. As crías nacen totalmente desenvolvidas. Ao pouco tempo de nacer levántanse e acompañan á nai. Os machos maduran ao ano e medio. As femias un pouco despois e son fértiles durante uns dez anos. Año de dous días Año de 1 semana
  • 14.
  • 15. Año de 2 semanas Años de catro meses
  • 16. HISTORIA A ovella foi, xunto coa cabra, un dos primeiros animais domesticados polo ser humano, hai máis de 10.000 anos. Seguramente foron o seu tamaño (que facía que fose facil dominalos), a sua maneira de vivir (en rabaños) e a posibilidade de obter delas un aproveitamento múltiple os que fixeron da ovella un animal asociado ao desenvolvemento da civilización. A súa importancia foi tan grande que se chegou a medir a riqueza das persoas polo número de ovellas que tiñan. A ovella estivo tamén desde sempre asociada á relixión e aos deuses. Os exipcios representaban ao deus Ra con cabeza de carneiro. Os xudeos sacrificaban carneiros a Deus e os cristiáns asociaron a súa figura á de Xesucristo. Carneiro. Sumeria, ano 2000 a de C. Relevo romano. Século I
  • 17. A ovella é o animal doméstico máis numeroso do mundo (uns dez mil millóns). As concentracións máis grandes de ovellas son as de Australia (11 ovellas por cada persoa) e Nova Celanda (máis de 20 ovellas por cada persoa).
  • 18. En Galiza a gandería de ovellas cubriu escasamente as necesidades propias de la e coiros, e na actualidade so se ven rabaños de certa importancia nas zonas montañosas do sur de Lugo e Ourense. Nas demais zonas de montaña onde as había antigamente a repoboación forestal fíxoas desaparecer porque eliminou as zonas de pastoreo. Actualmente existen algo máis de 300.000 exemplares. En outras moitas zonas, nas casas labregas téñense unha ou dúas ovellas como gando menor ou gando dos rapaces. O común en Galiza é que os rabaños sexan mixtos, mestura de ovellas e cabras.
  • 19. AS OVELLAS E AS PERSOAS. COIDADOS É un animal delicado que soporta ben o frío, pero non a humidade. Existen controis para garantir a calidade da raza e controis sanitarios para vixiar a boa saúde. Para garantir un bo estado de saúde márcanse cunha chapa ou crotal que se lle pon na orella.
  • 20. A cría e o coidado das ovellas e cabras deu lugar a un tipo de vida e a unha profesión, a dos pastores. Os pastores conducen e coidan as ovellas. Lévanas ás zonas de pasto, vixíanas para que non se extravíen ou non danen os cultivos e evitan que sofran danos ou sexan atacadas polos depredadores. Neste labor o pastor está case sempre acompañado por cans.
  • 21. O pastoreo deu lugar ao desenvolvemento de razas de cans con características especiais para conducir e gardar ovellas, os cans pastores como: os cans ovelleiros, o gos d’atura, o pastor belga, o pastor escocés, o pastor inglés…, e cans de defensa como os mastíns, o cào da serra …
  • 22. Cada ano, cando chega o bo tempo, xeralmente a comezos do verán, rápanse as ovellas, córtaselle a la, que volve a medrar de novo.
  • 23. UTILIDADE As ovellas críanse pola la, polo leite, a pel e a carne. O leite é máis nutritivo que o da vaca. Úsase case todo para facer queixos, só ou mesturado con leite de vaca ou de cabra Festa do carneiro ao espeto, que se celebra en Moraña desde o ano 1969. O queixo de ovella é seco e ten un olor típico moi intenso. Os máis coñecidos son os manchegos, que se elaboran en Castela-A Mancha e o Roquefort francés.
  • 24. A CARNE das ovellas recibe distintos nomes segundo o lugar do corpo falda pata pescozo costelar paleta peito espiñazo ou agulla lombo
  • 25. A la, unha vez lavada e fiada, úsase para facer tecidos. Ata hai pouco tempo usábase a la sen fíar para encher colchóns. A la clasifícase segundo o tamaño e o grosor dos pelos. Antes de utilizala, lávase e desengráxase. Logo fíase para tecer. A graxa que solta a la, a lanolina, úsase en cosmética para cremas e outros produtos. A pel das ovellas curtida usouse como recipiente para transportar líquidos, e sen curtir para facer pergamino, sobre o que se escribía. A pel curtida coa la úsase para facer prendas de abrigo ou alfombras.
  • 26. NOMES Macho: carneiro Macho sen capar: marón Femia: ovella Cría: neixente (recén nacida), año ou aña Un carneiro ou ovella ruín chámase ovello.
  • 27. RAZAS Existen aproximadamente unhas 450 razas de ovellas que se diferencian polo aspecto, pola cor e a calidade da la ou polo aproveitamento (de carne, leiteiras ou de la). OVELLA GALEGA Ten un tamaño bastante variable. As das zonas baixas son máis grandes e as da montaña son máis pequenas. O seu peso varía entre 25 e 40 kg. É de cor branca, ben proporcionada, ten a cabeza pequena co perfil recto, as patas finas e os pesuños duros. Os machos teñen cornos. A súa la é de calidade media (entrefina) e cada ovella produce, segundo o seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano. É un animal moi fértil e prolífico. É corrente que teña dúas crías e ás veces tres ou catro.
  • 28. MEIRIÑA É a que produce a la de mellor calidade. Extendeuse por todo o mundo a partir de España, onde se cree que foi introducida polos árabes e mellorada a continuación. É a base dos rabaños australianos e da Pampa Arxentina. Todas as mellores ovellas produtoras de la teñen sangue meiriña. MANCHEGAS Son boas produtoras de leite do que se obteñen os queixos manchegos. CHURRA, LACHA e VASCA: teñen a la longa, pero menos fina que a da meiriña, viven na zona Norte da Península Ibérica.
  • 29. KARAKUL É unha ovella de cor escura, de tamaño medio-grande orixinaria de Asia. As crías nacen co pelo moi fino, sedoso e rizado. Mátanse recén nacidas e a súa pel coñécese co nome de Astrakan. OVELLAS DOS BALCÁNS. Pequenas e de cor escura.
  • 30. ESPECIES SEMELLANTES MUFLÓN (Ovis musimon) Mide entre 70 e 90 cm de altura e pode acadar os 50 quilos de peso. O macho ten cornos grandes e a femia tenos moi pequenos ou non os ten. É un dos antepasados das ovellas domésticas. Deste animal so existen poboacións silvestres en Córcega e na Cerdeña. Foi introducido en moitos países de Europa como especie de caza. CARNEIRO DE ALASKA MUFLON DE DALL (Ovis dalli) Vive nas montañas de Norteamérica. É de cor branca e nas zonas do sur marrón crara. Mide entre 1 m e 1,60 de longo e os machos poden acadar os 90 quilos de peso.
  • 31. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS -A ovella por Pascua Florida está parida e lucida. -En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas. -A abella e a ovella en abril deixan a pelexa. -Por San Xoán o carneiro rapa a lan. -Se che dan a ovella colle a corda e marcha con ela. -Xuntanza de lobos, ovella morta.
  • 32. DITOS -Ovella que berra bocado que perde. -Pouca la e polas silveiras ADIVIÑAS -Enleado sempre no seu cobertor, faga frío ou faga calor (O CARNEIRO) CANTARES San Antonio garda o gando San Xoán garda as ovellas, Santa Lucía as costureiras que andan polas casas alleas.
  • 33. Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Carmela García, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2014