SlideShare a Scribd company logo
1 of 37
o pavo
O pavo doméstico é o resultado
dunha selección que comezou
hai uns 2.000 anos. A
domesticación empezou arredor
do ano 1000, levárona a cabo os
pobos indíxenas do centro de
México partindo do guajolote ou
pavo silvestre mexicano
(Meleagris gallopavo mexicana),
unha subespecie do pavo
silvestre común (Meleagris
gallopavo). Do que aproveitaban
a carne e os ovos como
alimento e as plumas con fins
ornamentais.
Figura de barro representando a
un pavo. Ecuador 1.500 a 3.000
Ac.
No ano 1498 os españois
trouxérono a Europa, galiñas
de Indias, e aquí
desenvolvéronse distintas
variedades de carne
apetecible, rápido crecemento
e gran tamaño corporal.
A Inglaterra chegaron en 1521
desde Turquía e cos ingleses
volveu a América donde se
seguiron a crear novas razas.
Escultura deGiovanni de Bologna. Bronce
de 1567. Unha das primeiras
representacións europeas de pavo.
Pavo, o macho, e pava,
a femia. Nalgúns países
de América Central
ségueselle a chamar
polo seu nome primitivo
guajolote (Meleagris
gallopavo) É unha ave
grande, forte resistente
ao frío e a humidade. O
macho pode medir máis
de 1 m, cunha
envergadura alar de 2
m, e pode pesar entre 8
e 10 kg. mentras as
femias raramente
chegan aos 5 kg. Medra
ben nas áreas de clima
temperado de todo o
mundo, polo que se
converteu nunha ave de
corral popular porque
produce moita carne.
Ten un forte
dimorfismo sexual
que se aprecia non
só no tamaño, os
machos son moito
máis grandes que as
femias, teñen máis
grandes e máis
fortemente coreadas
as excrecencias
carnosas do pescozo
e da cabeza e moito
máis desenvolvido o
moco que pode
chegar a medir máis
de 10 cm.
Cando non se
está exhibindo o
macho e a femia
teñen a mesma
actitude corporal,
pero o macho
distínguese polo
tamaño, o brillo
das plumas e a
cor máis viva das
carúnculas.
Os machos tamén teñen
a capacidade de erguer
as plumas do rabo para
facer a roda cando
cortexan ás femias ou
retan aos rivais.
Os pavos son omnívoros.
Aliméntanse de grans, herbas e
invertebrados.
Os pavos das
granxas aliméntanse
con distintos tipos de
pensos compostos.
Como a maioría
das aves teñen
boa vista e bo
oído e menos
desenvolvidos o
olfacto e o gusto.
A posición lateral
dos ollos
permítelles
abranguer un
amplo campo
visual.
Os pavos domésticos
ao aumentaren de
peso perderon a
facultade de voar, pero
as femias, e os polos
cando son novos, fan
voos curtos para
subírense aos sitios
altos. Desplázanse
camiñando e, á
carreira, as patas
longas, fortes e ben
musculadas
permítenlle acadar
voas velocidades.
Os machos emiten un gorgoleo, cando se retan entre eles e cando
defenden o territorio, as femias e os polos pían.
Son aves
gregarias. Os
silvestres
viven en
pequenos
grupos
formados por
machos ou
femias, e os
domésticos,
agrupados e
mesturados,
sempre que
dispoñan de
espazo
suficiente.
Os silvestres
pelexan entre
eles polas
femias e polo
territorio. Os
domésticos
tamén pelexan:
exhiben á roda,
gorxean,
empúxanse
polos costados
e petéiranse.
Pelexa de pavos silvestres
A reprodución
empeza coas
exhibicións de
cortexo que fan
os machos
diante das
femias, erguendo
as plumas,
abrindo o rabo,
arrastrando as
ás e emitindo a
voz, ao tempo
que lles pechan
o paso.
Despois da
fecundación o
macho conclúe a
súa intervención
na función
reproductora.
Ovos de pava. Poden ter a casca blanca ou
apincarada. A cor e o tamaño dependen da
raza da pava e o peso oscila entre 66 e 110
gr.
A pava fai unha única posta
ao ano, na primavera,
construe o niño, pon nel os
ovos, entre 8 e 15, e
chócaos durante 28 días.
As pavas de razas
poñedoras selectas poden
pasar dos 100 ovos ao ano,
son algo máis pequenos, e
van destinados á
incubación para a cría
industrial.
Os paviños nacen
ben desenvolvidos e
seguen á nai que os
conduce e defende.
Aliméntanse por si
mesmos, os primeiros
días de insectos e
logo de follas e grans.
Polas noites
acóllense debaixo
das ás da nai ata os
dous meses.
Os paviños nacen cubertos
de plumón e moi pronto
botan as plumas das ás e
do rabo. Independízanse
das nais cando teñen case
completa a plumaxe.
Paviños de
poucos días
Paviños a media cría
Pavos xa emplumados
un pavo domestico
vive unha media de
10 a 15 anos.
Os pavos criáronse tradicionalmente
en grupos máis ou menos numerosos
que dependían do espazo de que se
dispoñía para tal fin e dos recursos
alimenticios cos que se contaba. Na
actualidade críanse en grandes
superficies pechadas ou ao aire libre
baixo estrictos controis nutricionaias
e sanitarios, en función do
rendemento que se agarda ter.
Granxa de pavos
Curral de pavos
Para abastecer ás grandes granxas os ovos chócanse artificialmente
en instalacións específicas.
Inspección das bandexas de paviños recén nacidos.
Os pavos críanse como
produtores de carne. A
produción de ovos é moi
baixa e resulta máis rendible
adicalos á incubación. A
carne de pavo consúmese
fresca ou conxelada. O pavo
ofrécese no mercado
enteiro ou despezado e en
diversos productos
elaborados: o roule, feito do
zanco, o blanquet, feito coa
peituga…
moegas xamóns osobuco peituga
friames de pavo:
xamón de pavo,
común ou
afumado, e outros
derivados como
salchichas e
hamburguesas.
Xamón de pavo. Prepárase con
carne de pavo salgada e
sazonada, apretada e cocida.
Salchichas. Carne de pavo sazonada, embutida e cocida
Hamburguesa. Carne de pavo
picada e sazonada.
As plumas
do pavo
úsanse
como
obxectos de
decoración,
en traxes e
tocados e
para facer
moscas de
pesca.
os pavos silvestres
Pavo silvestre,
guajolote, gallipavo,
pisca, chompipe,
guanajo, cocono, ou
pavo, (Meleagris
gallopavo). Atópase en
gran parte dos EE.UU. e
en México. Vive en áreas
de bosque aberto. Pasa o
día alimentándose no
chan e pola noite sube ás
árbores para descansar e
fuxir dos predadores.
Coñécense varias
subespecies de diferente
tamaño e peso.
Pavo de monte,
pavo ocelado
ou guajolote
ocelado
(Meleagris
ocellata). Vive
en México e
unha ave
grande que
pesa entre 3 e 4
kg.
algunhas razas de
pavos
Palma chocolate.
Os machos poden
pesar 15 kg e as
femias ata 8 kg.
Foi desenvolvido
no sur dos
EE.UU.
Pavo Royal
Palm. Os
machos
chegan aos
10 kg e as
femias aos
5,5.
Pavo
vermello de
Bourbon ou
vermello de
Kentucky. Os
machos
poden pesar
ata 15 kg e as
femias 10 kg.
Pavo branco
xigante. Os machos
adultos superan os
20 kg de peso.
Os pavos híbridos
de plumaxe branca,
«pavos de doble
peituga», antes dos
3 meses xa pesan
en vivo, 8,5 kgs.
Medran
rapidamente, con 2
kg de alimento
incrementan o seu
peso en 1 kg. Un kg
de peso vivo de
pavo representa
600 g de carne.
“Tyson”. Foi o
pavo máis grande
coñecido. Pesou
máis de 39 kg.
Pava cun pretendente
Pava con dous pretendentes
Pava moi solicitada
Pava abrumada
fin
As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar
o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA

More Related Content

What's hot (20)

A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Cabra
CabraCabra
Cabra
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Guía animais (aves)
Guía animais (aves)Guía animais (aves)
Guía animais (aves)
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
Sen título 1
Sen título 1Sen título 1
Sen título 1
 
As abellas
As abellasAs abellas
As abellas
 
A gandería
A ganderíaA gandería
A gandería
 
Aves
AvesAves
Aves
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
O mundo animal
O mundo animalO mundo animal
O mundo animal
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferos
 
Apicultura
ApiculturaApicultura
Apicultura
 
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
Trabajo de cn sobre un animal extraño ( ornitorrinco)
 

Similar to O pavo

O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
vanesalidia
 

Similar to O pavo (20)

O porco
O porcoO porco
O porco
 
Esquema
EsquemaEsquema
Esquema
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
Animais ciclo 1_ep
Animais ciclo 1_epAnimais ciclo 1_ep
Animais ciclo 1_ep
 
O burro
O burroO burro
O burro
 
A cabra
A cabraA cabra
A cabra
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
Os animais
Os animaisOs animais
Os animais
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
As aves
As avesAs aves
As aves
 
Tipos de seres vivos 1
Tipos de seres vivos 1Tipos de seres vivos 1
Tipos de seres vivos 1
 
Mamíferos e aves unidade 3
Mamíferos e aves unidade 3Mamíferos e aves unidade 3
Mamíferos e aves unidade 3
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

O pavo

  • 2. O pavo doméstico é o resultado dunha selección que comezou hai uns 2.000 anos. A domesticación empezou arredor do ano 1000, levárona a cabo os pobos indíxenas do centro de México partindo do guajolote ou pavo silvestre mexicano (Meleagris gallopavo mexicana), unha subespecie do pavo silvestre común (Meleagris gallopavo). Do que aproveitaban a carne e os ovos como alimento e as plumas con fins ornamentais. Figura de barro representando a un pavo. Ecuador 1.500 a 3.000 Ac.
  • 3. No ano 1498 os españois trouxérono a Europa, galiñas de Indias, e aquí desenvolvéronse distintas variedades de carne apetecible, rápido crecemento e gran tamaño corporal. A Inglaterra chegaron en 1521 desde Turquía e cos ingleses volveu a América donde se seguiron a crear novas razas. Escultura deGiovanni de Bologna. Bronce de 1567. Unha das primeiras representacións europeas de pavo.
  • 4. Pavo, o macho, e pava, a femia. Nalgúns países de América Central ségueselle a chamar polo seu nome primitivo guajolote (Meleagris gallopavo) É unha ave grande, forte resistente ao frío e a humidade. O macho pode medir máis de 1 m, cunha envergadura alar de 2 m, e pode pesar entre 8 e 10 kg. mentras as femias raramente chegan aos 5 kg. Medra ben nas áreas de clima temperado de todo o mundo, polo que se converteu nunha ave de corral popular porque produce moita carne.
  • 5. Ten un forte dimorfismo sexual que se aprecia non só no tamaño, os machos son moito máis grandes que as femias, teñen máis grandes e máis fortemente coreadas as excrecencias carnosas do pescozo e da cabeza e moito máis desenvolvido o moco que pode chegar a medir máis de 10 cm.
  • 6. Cando non se está exhibindo o macho e a femia teñen a mesma actitude corporal, pero o macho distínguese polo tamaño, o brillo das plumas e a cor máis viva das carúnculas.
  • 7. Os machos tamén teñen a capacidade de erguer as plumas do rabo para facer a roda cando cortexan ás femias ou retan aos rivais.
  • 8. Os pavos son omnívoros. Aliméntanse de grans, herbas e invertebrados. Os pavos das granxas aliméntanse con distintos tipos de pensos compostos.
  • 9. Como a maioría das aves teñen boa vista e bo oído e menos desenvolvidos o olfacto e o gusto. A posición lateral dos ollos permítelles abranguer un amplo campo visual.
  • 10. Os pavos domésticos ao aumentaren de peso perderon a facultade de voar, pero as femias, e os polos cando son novos, fan voos curtos para subírense aos sitios altos. Desplázanse camiñando e, á carreira, as patas longas, fortes e ben musculadas permítenlle acadar voas velocidades.
  • 11. Os machos emiten un gorgoleo, cando se retan entre eles e cando defenden o territorio, as femias e os polos pían.
  • 12. Son aves gregarias. Os silvestres viven en pequenos grupos formados por machos ou femias, e os domésticos, agrupados e mesturados, sempre que dispoñan de espazo suficiente.
  • 13. Os silvestres pelexan entre eles polas femias e polo territorio. Os domésticos tamén pelexan: exhiben á roda, gorxean, empúxanse polos costados e petéiranse. Pelexa de pavos silvestres
  • 14. A reprodución empeza coas exhibicións de cortexo que fan os machos diante das femias, erguendo as plumas, abrindo o rabo, arrastrando as ás e emitindo a voz, ao tempo que lles pechan o paso. Despois da fecundación o macho conclúe a súa intervención na función reproductora.
  • 15. Ovos de pava. Poden ter a casca blanca ou apincarada. A cor e o tamaño dependen da raza da pava e o peso oscila entre 66 e 110 gr. A pava fai unha única posta ao ano, na primavera, construe o niño, pon nel os ovos, entre 8 e 15, e chócaos durante 28 días. As pavas de razas poñedoras selectas poden pasar dos 100 ovos ao ano, son algo máis pequenos, e van destinados á incubación para a cría industrial.
  • 16. Os paviños nacen ben desenvolvidos e seguen á nai que os conduce e defende. Aliméntanse por si mesmos, os primeiros días de insectos e logo de follas e grans. Polas noites acóllense debaixo das ás da nai ata os dous meses.
  • 17. Os paviños nacen cubertos de plumón e moi pronto botan as plumas das ás e do rabo. Independízanse das nais cando teñen case completa a plumaxe. Paviños de poucos días Paviños a media cría Pavos xa emplumados
  • 18. un pavo domestico vive unha media de 10 a 15 anos.
  • 19. Os pavos criáronse tradicionalmente en grupos máis ou menos numerosos que dependían do espazo de que se dispoñía para tal fin e dos recursos alimenticios cos que se contaba. Na actualidade críanse en grandes superficies pechadas ou ao aire libre baixo estrictos controis nutricionaias e sanitarios, en función do rendemento que se agarda ter. Granxa de pavos Curral de pavos
  • 20. Para abastecer ás grandes granxas os ovos chócanse artificialmente en instalacións específicas. Inspección das bandexas de paviños recén nacidos.
  • 21. Os pavos críanse como produtores de carne. A produción de ovos é moi baixa e resulta máis rendible adicalos á incubación. A carne de pavo consúmese fresca ou conxelada. O pavo ofrécese no mercado enteiro ou despezado e en diversos productos elaborados: o roule, feito do zanco, o blanquet, feito coa peituga… moegas xamóns osobuco peituga
  • 22. friames de pavo: xamón de pavo, común ou afumado, e outros derivados como salchichas e hamburguesas. Xamón de pavo. Prepárase con carne de pavo salgada e sazonada, apretada e cocida. Salchichas. Carne de pavo sazonada, embutida e cocida Hamburguesa. Carne de pavo picada e sazonada.
  • 23. As plumas do pavo úsanse como obxectos de decoración, en traxes e tocados e para facer moscas de pesca.
  • 24. os pavos silvestres Pavo silvestre, guajolote, gallipavo, pisca, chompipe, guanajo, cocono, ou pavo, (Meleagris gallopavo). Atópase en gran parte dos EE.UU. e en México. Vive en áreas de bosque aberto. Pasa o día alimentándose no chan e pola noite sube ás árbores para descansar e fuxir dos predadores. Coñécense varias subespecies de diferente tamaño e peso.
  • 25. Pavo de monte, pavo ocelado ou guajolote ocelado (Meleagris ocellata). Vive en México e unha ave grande que pesa entre 3 e 4 kg.
  • 27. Palma chocolate. Os machos poden pesar 15 kg e as femias ata 8 kg. Foi desenvolvido no sur dos EE.UU.
  • 28. Pavo Royal Palm. Os machos chegan aos 10 kg e as femias aos 5,5.
  • 29. Pavo vermello de Bourbon ou vermello de Kentucky. Os machos poden pesar ata 15 kg e as femias 10 kg.
  • 30. Pavo branco xigante. Os machos adultos superan os 20 kg de peso. Os pavos híbridos de plumaxe branca, «pavos de doble peituga», antes dos 3 meses xa pesan en vivo, 8,5 kgs. Medran rapidamente, con 2 kg de alimento incrementan o seu peso en 1 kg. Un kg de peso vivo de pavo representa 600 g de carne.
  • 31. “Tyson”. Foi o pavo máis grande coñecido. Pesou máis de 39 kg.
  • 33. Pava con dous pretendentes
  • 36.
  • 37. fin As imaxes foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA