SlideShare a Scribd company logo
1 of 62
gato
(Felis silvestris catus )
gato
cat
chat
gato
O gato é un animal mamífero de tamaño pequeno
(25 a 35 cm de altura media) co corpo cuberto de
pelo de cor e tamaño variable segundo a raza.
CABEZA:
de forma
esférica co
fuciño
pouco
saínte.

ORELLAS:
triangulares e erguidas.

OLLOS
grandes, en posición frontal

TRONCO:
cilíndrico, alongado

RABO:
longo e fino
BIGOTES:
pelos sensoriais
que ten no fuciño
e enriba dos ollos

PELO:
curto, liso e
suave de
cor variable.
PATAS DIANTEIRAS:
rematadas en cinco dedos

PATAS TRASEIRAS:
rematadas en catro
dedos.
MÚSCULOS

trapecio

dorsais

mastigadores

glúteo

caudais

recto

deltoide

xemelgo

biceps
triceps
abdominais
flexores

OS MÚSCULOS do gato son semellantes aos das persoas.
Os máis importantes son os que usa para dar saltos.
ESQUELETO
cránio
omóplato

vértebras

pelve
sacro

maxilar
fémur

húmero

cúbito
radio
carpo
metacarpo
falanxes

peroné

costelas
esternón

tarso
tibia

metatarso
falanxes

O ESQUELETO está formado polos mismos osos que o noso.
ÓRGANOS INTERNOS

esófago

fígado

ril

intestino
delgado

intestino
groso

ano

cavidade
bucal

testículo
pene
vexiga

tráquea
pulmón

estómago
corazón
APARATO REPRODUTOR
vexiga
recto

ril

ovario
ril

recto

testículo
pene

vaxina

útero
vexiga

ubre

MACHO

FEMIA
MACHO

FEMIA
Os gatos desprázanse a catro
patas apoiando os dedos
sobre uns saíntes carnosos
que fan que non se escoite e
coas unllas escondidas nuns
repregues da pel.
Os movementos do gato son áxiles e flexibles. Poden correr a gran
velocidade, aínda que durante un tempo curto, xa que cansan axiña.
Despois de descansar estira toda a súa musculatura
Ten unha gran potencia de salto grazas á posición das patas
traseiras a xeito de panca (apoia todo o pé facendo unha Z) e á
potente musculatura. Equilíbrase co rabo.
Cando cae dun sitio alto da voltas no aire e consegue equilibrarse
ata quedar de pé.
Pode gabear coa axuda das unllas que
son afíadas e ganchudas e permítenlle
suxeitarse a moitas superficies.
Os gatos teñen un oído
excelente. Oen sons con
frecuencias máis altas que
as persoas e perciben a
moita distancia os
pequenos ruídos das súas
presas (como os sons dos
ratos). Pode mover as
orellas e orientalas para
escoitar mellor.
Os ollos son moi sensibles á luz. A pupila dilátase para aproveitar a
mínima cantidade de luz e péchanse con luminosidade alta.
Os bigotes permítenlle orientarse no espazo e detectar
pequenas vibracións e cambios de temperatura no aire.
O gusto dos gatos é moi fino, proban a comida e gústalles a variedade.
Os gatos son moi expresivos e utilizan
moitos recursos para comunicarse.
Os olores sérvenlle para atopar a comida, saber
onde están as presas e emitir e recibir sinais.
Marcan o seu territorio con
sinais olfativas fregando o
corpo contra obxectos, as
pernas da xente... para indicar
que nesa zona non queren
intrusos. Para eso teñen
unhas glándulas especiais
situadas no rabo, enriba das
sens e arredor do fuciño.
A LINGUAXE DO GATO

Para intimidar aos adversarios tenta parecer máis grande, ponse de pé, arqueando
o lombo e poñéndose de perfil eriza o pelo do rabo e do lombo, as orellas cara
atrás, as pupilas dilatadas e a boca aberta roñando, asubiando e resoplando.
Cando vai a atacar: apóiase sobre as patas traseiras e prepárase para saltar.
Aplana o pelo, ensina os dentes, enruga o nariz, resopla e da bufidos.
Cando o agresor é máis forte que el sométese.
BIGOTES:
Extendidos cara aos lados: sinal de tranquilidade e indiferencia
Cara atrás: timidez e retraemento.
Abertos en abano: máxima atención, tensión, disposición para actuar.
Bostezo: sinal de tranquilidade
Cabeza ladeada: achegamento
Patas estiradas: seguridade en sí mesmo ou tensión.
Doblar as patas traseiras: seguridade.
Doblar as patas traseiras e dianteiras: inseguridade, defensa.
RABO:
Movemento rápido dunha banda á outra: excitación.
Ríxido, cara arriba: saúdo amistoso.
Levantalo de súpeto e axitalo: ameaza de ataque.
Pelo alporizado en todo o corpo: sinal de medo.
Pelo alporizado na liña central do lombo e no rabo: ataque.
VOCES, SONS:
Gorgorexo (especie de ronquido xordo que fai coa gorxa):
indica que está a gusto.
Resoplido: ameaza, defensa.
Cuspir: ameaza, aviso
Roñido, berridos, bufidos: ameaza moi ofensiva.
Maiar ou miañar: de tono, intensidade e modulación
variable segundo o que intente expresar: chamada,
descontento, falta de algo...
Arrolamento: saúdo amistoso.
Lambe a pel constantemente para asearse.
Orina para deixar as súas
“marcas” territoriais.
Afila as garras contra calquera
obxecto: árbores, mobles...
Xoga con todo tipo de
obxectos que se poidan
facer rolar, estirar...
os gatos pasan moitas horas xogando
Góstalle estar ao sol e en sitios tranquilos durmindo moitas horas.
Se se crían xuntos poden
chegar a levarse ben con
outros animais como cans
e paxaros.
ALIMENTACIÓN:
Os gatos son por naturaleza animais de presa.
Son carnívoros e teñen unha dentadura
especializada: cairos moi desenvolvidos e fortes
e molares afiados para romper os osos.
Nas casas comen todo tipo de alimentos que lles proporcionan as persoas,
pero, especialmente carne e peixe, ou alimentos preparados en lata, pensos...
Ocasionalmente mordisquean herba para axudarse na dixestión.
Cando quere pedir comida aos amos pode ser moi insistente, frégase contra
as pernas e miaña repetidamente.
Polo xeral non se adapta a horarios e góstalle comer varias veces ao día.
O seu organismo e xeito de vida están adaptados á vida en
libertade. Cando ten ocasión caza ratos e outros pequenos
mamíferos, lagartiñas, paxaros, peixes... que come con pel e todo.
Cando caza unha presa segue unha secuencia de movementos:
axexo e aproximación silenciosa, salto e captura. Logo xoga un
tempo antes de comela axitándoa e titrándoa ao aire.
REPRODUCCIÓN:
Os gatos son mamíferos vivíparos: as súas crías desenvólvense no
interior da nai e nacen vivas.
As femias teñen o primeiro celo entre os 6 meses e 1 ano. Cando ovulan o
seu corpo cambia e andan inquedas (chámase “andar ó macho” ou “ás
xaneiras”). Durante uns días están preparadas para aparellarse e atraen
aos machos polo cheiro especial que desprenden ou polo xeito de
comportarse e miañar. É frecuente que se xunten varios gatos e
organicen pelexas ata que un consegue copular cunha femia.
No caso de ser fecundada
queda preñada durante
dous meses (63 días) e
pare unha camada de
número variable nun lugar
protexido e quente que ela
mesmo escolle pola casa
ou nos arredores.
Os gatiños nacen cegos
e xordos, con pelo e
coas patas febles.
Aos 8-12 días comenzan
a abrir os ollos.
Entre os 21 e 25 días dan
os primeirios pasos.
A partir da 3ª semana
comen os primeiros
alimentos sólidos.
Durante a etapa de lactancia a nai
transporta aos gatiños na boca e ensínalles
a comer, cazar e comportarse.
Entre a 4ª e 5ª semana empezan
a xogar, saltar e pelexar.
Aos dous meses
aproximadamente é o destete.
A nai xa non lles deixa mamar e
comen pola súa conta.
COIDADOS:
Os gatos non precisan coidados
especiais e se están sans poden
chegar a vivir ata 20 anos.
Deben ter un lugar para dormir e
para facer as súas necesidades (no
exterior ou unha caixa con area).
Os gatos que viven na casa e en
contacto coas persoas,
especialmente nenos, deben estar
limpos e libres de parásitos e
enfermidades contaxiosas.
Os gatos gozan na compaña
das persoas e buscan sitios
quentes e limpos.
O gato san é desperto, curioso e xoguetón e
límpase el mesmo regularmente lambendo o pelo
para eliminar a suciedade e os pelos mortos.
Debemos vacinalos nos períodos establecidos contra as enfermidades
máis contaxiosas como a rabia e a leucemia felina.
Débense desparasitar internamente polo menos dúas veces no ano para
eliminar parásitos intestinais (vermes), e externamente para protexelos
das pulgas, carrachos e outros inquilinos.
Tamén é interesante observalo para advertir calquera modificación na
súa conduta habitual porque pode ser síntoma de problemas.
OS GATOS E AS PERSOAS
O gato é un animal que vive coas
persoas dende hai
aproximadamente 8.000 anos.
Os primeiros gatos domésticos,
descendentes dos gatos salvaxes
africanos, viviron en Exipto e
foron protexidos polas persoas
por resultar moi útiles para cazar
os ratos que invadían os
almacéns de trigo e arroz que eran
as reservas máis importantes de
alimento para a poboación.

Momias de gatos

Mosaico romano

Estatua exípcia da deusa Bastet.
Os exipcios valoraban tanto aos gatos
que chegaron a representar a algúns
deuses con aspecto de gato e facíanlles
enterros.
Debuxo do gato
con botas
(Gustavo Doré)

O gato “Félix”
Na actualidade os gatos son
habituais nas casas de
campo para mantelas libres
de ratos e nas demais como
animais de compaña.
ALGUNHAS RAZAS DE GATOS:
Desde o século XIX comezaron a establecerse diferentes tipos de razas a base
de cruzar e seleccionar gatos con características representativas.
Existen numerosas razas de gatos que se diferencian na estrutura do corpo,
no tipo de pelo (tamaño, cor, densidade), no rabo, nas orellas…

Sen rabo: gato de Manx

Gato sen pelo:
Esfinxe

Gato de rabo curto:
Xaponés Bobtail
Coas orellas caídas:
Scottish Fold
Gatos de pelo curto
Gatos de pelo longo
ANIMAIS SEMELLANTES:
Existen máis de 30 tipos de gatos
silvestres de tamaños variables.

Gato montés europeo (Felis silvestris)
Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato
doméstico. 4 a 8 kg
Localización: distintos puntos de Europa.

Manul (Felix manul)
Tamaño: coma o gato doméstico
2,5 a 3,5 kg.
Localización: toda Asia Central

Gato xaspeado (Pardofelis marmorata)
Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 4 kg
Localización: Indochina
Gato de patas negras (Felis nigripes)
Tamaño: lixeiramente máis pequeno que o
gato doméstico. 1 a 2 kg
Localización: desertos do Sur de África

Gato de Bengala (Prionailurus bengalensis)
Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 7 kg
Localización: Sur e Leste de Asia

Gato africano (Felis libica)
Tamaño: lixeiramente máis grande que o
gato doméstico. 5 kg
Localización: África
Gato de Goffroy (Leopardo geoffroyi)
Tamaño: lixeiramente máis grande que o
gato doméstico. 4 a 8 kg
Localización: Sudamérica.

Maracaiá (Leopardus wiedi)
Tamaño: coma o gato doméstico. 2 a 3,5 kg
Localización: América do centro e sur.

Gato da pampa (Lynchailurus pajeros)

Gato do deserto (Felis margarita)

Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 5 kg
Localización: Andes e Pampa Sudamericana

Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 4 kg
Localización: Sahara e desertos e Asia
TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS
-Gato con luvas non pilla ratos.
-O gato escaldado fuxe da auga fría.
-Sabe máis un gato dun mes ca un de tres.
-Ollos de gato, valen por catro.
-Moito sabe o rato, pero máis o gato.

CRENZAS:
-Trae mala sorte cruzarse cun gato negro.
-Trae boa sorte criar un gato negro que che deron.
DITOS
-De noite todos os gatos son pardos.
-Aquí hai gato encerrado.
-Buscarlle tres pés ao gato.
-Sentirse como un gato panza arriba.
-Ter sete vidas coma os gatos.
-Ter máis vidas que un gato.
-Que non che dean gato por lebre.

ADIVIÑA
Catro patas enriba de catro patas
agarda a catro patas,
catro patas non veu,
catro patas marchou
e catro patas quedou
(O gato, a silla e o rato)
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,
Internet, arquivo Corel.
DEBUXOS: Mon Daporta

More Related Content

Similar to Gato

Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 
Sen título 1
Sen título 1Sen título 1
Sen título 1mttq
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointrocioporto
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou ocaMonContos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasMonContos
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes iMonContos
 
Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)danibrito10051998
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles vanesalidia
 

Similar to Gato (20)

Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
O can
O canO can
O can
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
Cabalo
CabaloCabalo
Cabalo
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Sen título 1
Sen título 1Sen título 1
Sen título 1
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
A ovella
A ovellaA ovella
A ovella
 
A vaca
A vacaA vaca
A vaca
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
O ganso ou oca
O ganso ou ocaO ganso ou oca
O ganso ou oca
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
O cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de IndiasO cobaio ou coello de Indias
O cobaio ou coello de Indias
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 
O porco
O porcoO porco
O porco
 
Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)Ejercicio 12 word articulo (1)
Ejercicio 12 word articulo (1)
 
Ejercicio 12 word articulo
Ejercicio 12 word articuloEjercicio 12 word articulo
Ejercicio 12 word articulo
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Gato

  • 1. gato (Felis silvestris catus ) gato cat chat gato
  • 2. O gato é un animal mamífero de tamaño pequeno (25 a 35 cm de altura media) co corpo cuberto de pelo de cor e tamaño variable segundo a raza.
  • 3. CABEZA: de forma esférica co fuciño pouco saínte. ORELLAS: triangulares e erguidas. OLLOS grandes, en posición frontal TRONCO: cilíndrico, alongado RABO: longo e fino BIGOTES: pelos sensoriais que ten no fuciño e enriba dos ollos PELO: curto, liso e suave de cor variable. PATAS DIANTEIRAS: rematadas en cinco dedos PATAS TRASEIRAS: rematadas en catro dedos.
  • 4. MÚSCULOS trapecio dorsais mastigadores glúteo caudais recto deltoide xemelgo biceps triceps abdominais flexores OS MÚSCULOS do gato son semellantes aos das persoas. Os máis importantes son os que usa para dar saltos.
  • 9. Os gatos desprázanse a catro patas apoiando os dedos sobre uns saíntes carnosos que fan que non se escoite e coas unllas escondidas nuns repregues da pel.
  • 10. Os movementos do gato son áxiles e flexibles. Poden correr a gran velocidade, aínda que durante un tempo curto, xa que cansan axiña. Despois de descansar estira toda a súa musculatura Ten unha gran potencia de salto grazas á posición das patas traseiras a xeito de panca (apoia todo o pé facendo unha Z) e á potente musculatura. Equilíbrase co rabo. Cando cae dun sitio alto da voltas no aire e consegue equilibrarse ata quedar de pé.
  • 11. Pode gabear coa axuda das unllas que son afíadas e ganchudas e permítenlle suxeitarse a moitas superficies.
  • 12. Os gatos teñen un oído excelente. Oen sons con frecuencias máis altas que as persoas e perciben a moita distancia os pequenos ruídos das súas presas (como os sons dos ratos). Pode mover as orellas e orientalas para escoitar mellor.
  • 13. Os ollos son moi sensibles á luz. A pupila dilátase para aproveitar a mínima cantidade de luz e péchanse con luminosidade alta.
  • 14. Os bigotes permítenlle orientarse no espazo e detectar pequenas vibracións e cambios de temperatura no aire.
  • 15. O gusto dos gatos é moi fino, proban a comida e gústalles a variedade.
  • 16. Os gatos son moi expresivos e utilizan moitos recursos para comunicarse.
  • 17. Os olores sérvenlle para atopar a comida, saber onde están as presas e emitir e recibir sinais.
  • 18. Marcan o seu territorio con sinais olfativas fregando o corpo contra obxectos, as pernas da xente... para indicar que nesa zona non queren intrusos. Para eso teñen unhas glándulas especiais situadas no rabo, enriba das sens e arredor do fuciño.
  • 19. A LINGUAXE DO GATO Para intimidar aos adversarios tenta parecer máis grande, ponse de pé, arqueando o lombo e poñéndose de perfil eriza o pelo do rabo e do lombo, as orellas cara atrás, as pupilas dilatadas e a boca aberta roñando, asubiando e resoplando. Cando vai a atacar: apóiase sobre as patas traseiras e prepárase para saltar. Aplana o pelo, ensina os dentes, enruga o nariz, resopla e da bufidos. Cando o agresor é máis forte que el sométese.
  • 20. BIGOTES: Extendidos cara aos lados: sinal de tranquilidade e indiferencia Cara atrás: timidez e retraemento. Abertos en abano: máxima atención, tensión, disposición para actuar.
  • 21. Bostezo: sinal de tranquilidade Cabeza ladeada: achegamento Patas estiradas: seguridade en sí mesmo ou tensión. Doblar as patas traseiras: seguridade. Doblar as patas traseiras e dianteiras: inseguridade, defensa.
  • 22. RABO: Movemento rápido dunha banda á outra: excitación. Ríxido, cara arriba: saúdo amistoso. Levantalo de súpeto e axitalo: ameaza de ataque.
  • 23. Pelo alporizado en todo o corpo: sinal de medo. Pelo alporizado na liña central do lombo e no rabo: ataque.
  • 24. VOCES, SONS: Gorgorexo (especie de ronquido xordo que fai coa gorxa): indica que está a gusto. Resoplido: ameaza, defensa. Cuspir: ameaza, aviso Roñido, berridos, bufidos: ameaza moi ofensiva. Maiar ou miañar: de tono, intensidade e modulación variable segundo o que intente expresar: chamada, descontento, falta de algo... Arrolamento: saúdo amistoso.
  • 25. Lambe a pel constantemente para asearse.
  • 26. Orina para deixar as súas “marcas” territoriais. Afila as garras contra calquera obxecto: árbores, mobles...
  • 27. Xoga con todo tipo de obxectos que se poidan facer rolar, estirar...
  • 28. os gatos pasan moitas horas xogando
  • 29. Góstalle estar ao sol e en sitios tranquilos durmindo moitas horas.
  • 30. Se se crían xuntos poden chegar a levarse ben con outros animais como cans e paxaros.
  • 31. ALIMENTACIÓN: Os gatos son por naturaleza animais de presa. Son carnívoros e teñen unha dentadura especializada: cairos moi desenvolvidos e fortes e molares afiados para romper os osos.
  • 32. Nas casas comen todo tipo de alimentos que lles proporcionan as persoas, pero, especialmente carne e peixe, ou alimentos preparados en lata, pensos... Ocasionalmente mordisquean herba para axudarse na dixestión. Cando quere pedir comida aos amos pode ser moi insistente, frégase contra as pernas e miaña repetidamente. Polo xeral non se adapta a horarios e góstalle comer varias veces ao día.
  • 33. O seu organismo e xeito de vida están adaptados á vida en libertade. Cando ten ocasión caza ratos e outros pequenos mamíferos, lagartiñas, paxaros, peixes... que come con pel e todo.
  • 34. Cando caza unha presa segue unha secuencia de movementos: axexo e aproximación silenciosa, salto e captura. Logo xoga un tempo antes de comela axitándoa e titrándoa ao aire.
  • 35.
  • 36. REPRODUCCIÓN: Os gatos son mamíferos vivíparos: as súas crías desenvólvense no interior da nai e nacen vivas. As femias teñen o primeiro celo entre os 6 meses e 1 ano. Cando ovulan o seu corpo cambia e andan inquedas (chámase “andar ó macho” ou “ás xaneiras”). Durante uns días están preparadas para aparellarse e atraen aos machos polo cheiro especial que desprenden ou polo xeito de comportarse e miañar. É frecuente que se xunten varios gatos e organicen pelexas ata que un consegue copular cunha femia.
  • 37. No caso de ser fecundada queda preñada durante dous meses (63 días) e pare unha camada de número variable nun lugar protexido e quente que ela mesmo escolle pola casa ou nos arredores.
  • 38. Os gatiños nacen cegos e xordos, con pelo e coas patas febles. Aos 8-12 días comenzan a abrir os ollos.
  • 39.
  • 40. Entre os 21 e 25 días dan os primeirios pasos.
  • 41. A partir da 3ª semana comen os primeiros alimentos sólidos.
  • 42. Durante a etapa de lactancia a nai transporta aos gatiños na boca e ensínalles a comer, cazar e comportarse.
  • 43. Entre a 4ª e 5ª semana empezan a xogar, saltar e pelexar.
  • 44. Aos dous meses aproximadamente é o destete. A nai xa non lles deixa mamar e comen pola súa conta.
  • 45. COIDADOS: Os gatos non precisan coidados especiais e se están sans poden chegar a vivir ata 20 anos. Deben ter un lugar para dormir e para facer as súas necesidades (no exterior ou unha caixa con area).
  • 46.
  • 47. Os gatos que viven na casa e en contacto coas persoas, especialmente nenos, deben estar limpos e libres de parásitos e enfermidades contaxiosas.
  • 48. Os gatos gozan na compaña das persoas e buscan sitios quentes e limpos.
  • 49. O gato san é desperto, curioso e xoguetón e límpase el mesmo regularmente lambendo o pelo para eliminar a suciedade e os pelos mortos.
  • 50. Debemos vacinalos nos períodos establecidos contra as enfermidades máis contaxiosas como a rabia e a leucemia felina. Débense desparasitar internamente polo menos dúas veces no ano para eliminar parásitos intestinais (vermes), e externamente para protexelos das pulgas, carrachos e outros inquilinos. Tamén é interesante observalo para advertir calquera modificación na súa conduta habitual porque pode ser síntoma de problemas.
  • 51. OS GATOS E AS PERSOAS O gato é un animal que vive coas persoas dende hai aproximadamente 8.000 anos. Os primeiros gatos domésticos, descendentes dos gatos salvaxes africanos, viviron en Exipto e foron protexidos polas persoas por resultar moi útiles para cazar os ratos que invadían os almacéns de trigo e arroz que eran as reservas máis importantes de alimento para a poboación. Momias de gatos Mosaico romano Estatua exípcia da deusa Bastet. Os exipcios valoraban tanto aos gatos que chegaron a representar a algúns deuses con aspecto de gato e facíanlles enterros.
  • 52. Debuxo do gato con botas (Gustavo Doré) O gato “Félix”
  • 53. Na actualidade os gatos son habituais nas casas de campo para mantelas libres de ratos e nas demais como animais de compaña.
  • 54. ALGUNHAS RAZAS DE GATOS: Desde o século XIX comezaron a establecerse diferentes tipos de razas a base de cruzar e seleccionar gatos con características representativas. Existen numerosas razas de gatos que se diferencian na estrutura do corpo, no tipo de pelo (tamaño, cor, densidade), no rabo, nas orellas… Sen rabo: gato de Manx Gato sen pelo: Esfinxe Gato de rabo curto: Xaponés Bobtail Coas orellas caídas: Scottish Fold
  • 55. Gatos de pelo curto
  • 56. Gatos de pelo longo
  • 57. ANIMAIS SEMELLANTES: Existen máis de 30 tipos de gatos silvestres de tamaños variables. Gato montés europeo (Felis silvestris) Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato doméstico. 4 a 8 kg Localización: distintos puntos de Europa. Manul (Felix manul) Tamaño: coma o gato doméstico 2,5 a 3,5 kg. Localización: toda Asia Central Gato xaspeado (Pardofelis marmorata) Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 4 kg Localización: Indochina
  • 58. Gato de patas negras (Felis nigripes) Tamaño: lixeiramente máis pequeno que o gato doméstico. 1 a 2 kg Localización: desertos do Sur de África Gato de Bengala (Prionailurus bengalensis) Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 7 kg Localización: Sur e Leste de Asia Gato africano (Felis libica) Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato doméstico. 5 kg Localización: África
  • 59. Gato de Goffroy (Leopardo geoffroyi) Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato doméstico. 4 a 8 kg Localización: Sudamérica. Maracaiá (Leopardus wiedi) Tamaño: coma o gato doméstico. 2 a 3,5 kg Localización: América do centro e sur. Gato da pampa (Lynchailurus pajeros) Gato do deserto (Felis margarita) Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 5 kg Localización: Andes e Pampa Sudamericana Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 4 kg Localización: Sahara e desertos e Asia
  • 60. TRADICIÓN ORAL REFRÁNS -Gato con luvas non pilla ratos. -O gato escaldado fuxe da auga fría. -Sabe máis un gato dun mes ca un de tres. -Ollos de gato, valen por catro. -Moito sabe o rato, pero máis o gato. CRENZAS: -Trae mala sorte cruzarse cun gato negro. -Trae boa sorte criar un gato negro que che deron.
  • 61. DITOS -De noite todos os gatos son pardos. -Aquí hai gato encerrado. -Buscarlle tres pés ao gato. -Sentirse como un gato panza arriba. -Ter sete vidas coma os gatos. -Ter máis vidas que un gato. -Que non che dean gato por lebre. ADIVIÑA Catro patas enriba de catro patas agarda a catro patas, catro patas non veu, catro patas marchou e catro patas quedou (O gato, a silla e o rato)
  • 62. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel. DEBUXOS: Mon Daporta