SlideShare a Scribd company logo
1 of 64
I. Introdución.

II. Creo en Deus Pai
I. INTRODUCIÓN

Deus falounos polo seu Fillo Xesucristo




                       Moitas veces e de moitos
                       modos falou Deus no pasado
                       aos nosos Pais por medio
                       dos Profetas; nestes últimos
                       tempos falounos por medio
                       do Fillo (Heb 1, 1)
Xesús mandou os seus apóstolos dar a coñecer
por todo o mundo a súa obra e a súa mensaxe.




                      "Ide, pois, e facede discípulos a
                      todas as xentes bautizándoas no
                      nome do Pai e do Fillo e do
                      Espírito Santo, e ensinándoos a
                      gardar todo o que eu vos mandei.
                      E sabede que eu estou convosco
                      todos os días ata a fin do mundo"
                      (Mt 28,19-20).
A Igrexa resumiu en fórmulas chamadas
“credos” as ensinanzas de Xesús.
Cada credo resume o tesouro recibido dos
apóstolos e facilita a confesión de fe.
OS CREDOS
      Quen di "eu creo", di "eu adhírome ao que nós
   cremos". A comuñón na fe necesita unha linguaxe
 común da fe, normativa para todos e que nos una na
mesma confesión de fe (Catecismo da Igrexa Católica
                              número 185 = CIC 185)
  Esta síntese da fe non foi feita segundo as opinións
humanas, senón que de toda a Escritura foi recollido o
    que hai nela de máis importante, para dar na súa
        integridade a única ensinanza da fe (CIC 186)
A estas sínteses da fe chámaselles "profesións de fe"
porque resumen a fe que profesan os cristiáns.
Chámaselles "Credo" por razón de que nelas a primera
palabra é normalmente: "Creo". (CIC 187).
Denomínanse, igualmente, "símbolos da fe".
A palabra grega "symbolon" significaba a mitade dun obxecto
   partido (por exemplo, un selo) que se presentaba como un
 sinal para darse a coñecer. As partes rotas poñíanse xuntas
                     para verificar a identidade do portador.
     O "símbolo da fe" é, pois, un signo de identificación e de
                        comuñón entre os crentes. (CIC 188)
O Símbolo divídese en tres partes :

 “Primeiro fala da primeira Persoa divina e da obra
admirable da creación; a continuación, da segunda
      Persoa divina e do Misterio da Redención dos
homes; finalmente, da terceira Persoa divina, fonte
    e principio da nosa santificación". Son " os tres
 capítulos de noso selo (bautismal)". [Santo Ireneo
                                 de Lyón] (CIC 189)
Entre todos os símbolos da fe, dous ocupan un lugar moi
   particular na vida da Igrexa: 1) O Símbolo dos apóstolos ,
chamado así porque é considerado con xustiza como o resumo
fiel da fe dos apóstolos. É o antigo símbolo bautismal da Igrexa
                                             de Roma. (CIC 194).




                                     2) O Símbolo chamado de
                                Nicea-Constantinopla debe
                               a súa grande autoridad ao feito
                                      de que é froito dos dous
                                           primeiros Concilios
                               ecuménicos (325 e 381). Segue
                                   sendo aínda hoxe o símbolo
                                    común a todas as grandes
                               Igrexas de Oriente e Occidente
                                                     (CIC 195).
Dado que os credos resumen a Sagrada Escritura, esta
presentación en power point pretende axudar a descubrir o
seu rico contido, ofrecendo algúns dos textos bíblicos que
resumen as palabras do credo.
O CREDO NICENO-
CONSTANTINOPOLITANO
CREO
        Etimoloxicamente en hebreo
              crer (he’emin) significa
         facerse forte sobre. Por iso
          fálase de Deus como rocha
            que dá fortaleza: Señor, a
        miña rocha, o meu alcázar, o
           meu libertador. Meu Deus,
       penedo onde me acollo, o meu
         escudo, o meu castelo. (Sal
                                18, 3).
        A fe é o fundamento do pobo
        de Deus: Se non credes, non
                subsistiredes (Is 7, 9)
Implica
Recoñecer a propia debilidade para facerse forte en
Deus, aceptando as verdades manifestadas por Deus,
vivindo de acordo con elas e esperando o seu
cumprimento: a fe é garantía do que se espera; a
proba das realidades que non se ven (Heb 11, 1).
A fe é unha graza de Deus que El, de
        diversas formas, ofrece a todos.




  Todo o que o Pai me dá, virá a min, e ao que vén a
  min, non o boto fóra (Xn 6, 37). Ninguén pode vir a
              min se non o atrae meu Pai (Xn 6, 44)
Fostes salvados pola graza mediante a fe; e isto non
    vén de vós, senón que é un don de Deus (Ef 2, 8)
II. CREO EN DEUS PAI




Creo nun só Deus, Pai todopoderoso,
  creador do ceo e mais da terra,
   de todo o visible e o invisible.
1) DEUS DÁSE A COÑECER A TODOS OS
 HOMES POR MEDIO DA CREACION

"A santa Igrexa, nosa nai, mantén e ensinanza que Deus,
principio e fin de todas as cousas, pode ser coñecido con
 certeza mediante a luz natural da razón humana a partir
 das cousas creadas". Sen esta capacidade, o home non
   podería acoller a revelación de Deus. O home ten esta
capacidade porque foi creado "a imaxe de Deus". Con
    todo, nas condicións históricas en que se encontra, o
    home experimenta moitas dificultades para coñecer a
                Deus coa soa luz da súa razón (CIC 35-37).
Si, son váns por natureza todos os homes nos que había
ignorancia de Deus e non foron capaces de coñecer polas
cousas boas que se ven a Aquel que é, nin, atendendo ás
obras, recoñeceron ao Artífice; senón que ao lume, ao vento,
ao aire lixeiro, á bóveda estrelada, á auga impetuosa ou ás
lumieiras do ceo consideráronos como deuses, señores do
mundo. Que se, cativados pola súa beleza, os tomaron por
deuses, saiban canto lles avantaxa o Señor destes, pois foi o
Autor mesmo da beleza quen os creou. E se foi o seu poder e
eficiencia o que os deixou sobrecollidos, deduzan de aí canto
máis poderoso é Aquel que os fixo; pois da grandeza e
fermosura das criaturas se chega, por analoxía, a contemplar
o seu Autor (Sab 13, 1-8).
A cólera de Deus revélase desde o ceo contra toda
  impiedade e inxustiza dos homes que apreixan a
  verdade na inxustiza; pois o que de Deus se pode
  coñecer, está neles manifesto: Deus manifestóullelo.

Porque o invisible de Deus, desde a
creación do mundo, se deixa ver á
intelixencia a través das súas
obras: o seu poder eterno e a súa
divindade,   de    forma   que   son
inexcusables;        porque,   tendo
coñecido a Deus, non o glorificaron
como a Deus nin lle deron grazas,
antes ben ofuscáronse nos seus
razoamentos e o seu insensato
corazón encheuse de tebras:
xactándose de sabios volvéronse
estúpidos, e cambiaron a gloria do
Deus     incorruptible   por    unha
representación en forma de home
2) CREO NUN SÓ DEUS




                 Escoita, Israel: Iavé, o noso
                 Deus, é o único Deus (Dt
                 6, 4).
                 Para nós non hai máis que
                 un só Deus, o Pai, do cal
                 proceden todas as cousas e
                 para o cal somos (2ª Cor 8,
                 6).
3) CREO EN DEUS PAI


 Deus ama
 entrañablemente a todos
 os homes e coida deles
 como criaturas súas.


Non foi Deus quen fixo a morte nin se recrea na destrución dos viventes;
El todo o creou para que subsistira, as criaturas do mundo son
saudables, no hai nelas veleno de morte nin imperio do Hades sobre a
terra (Sab 1, 13-14).
Porque Deus creou o home para a incorruptibilidade, fíxoo imaxe da súa
mesma natureza; pero por envexa do diaño entrou a morte no mundo, e
experiméntana os que lle pertencen (Sab 2, 23s)
Un só Deus e Pai de todos, o cal é sobre todos e por todos e en todos (Ef
4, 6)
A Biblia chama a Deus Pai do pobo
    xudeu en canto que é o seu creador:


Así pagades a Iavé, pobo
insensato e necio? Non é El
teu Pai, o que te creou, o
que te fixo e te fundou? (Dt
32, 6).
 Porque ti es o noso Pai, que
Abraham non nos recoñece,
nin Israel nos recorda. Ti,
Iavé, es o noso Pai, o teu
nome é «o que nos rescata»
desde sempre (Is 63, 16).
Xesús diríxese a Deus como seu Pai
dunha manera especial :



                     Naquel tempo, tomando
                     Xesús a palabra, dixo: «Eu
                     bendígote, Pai, Señor do
                     ceo e mais da terra (Mt 11,
                     25).
                     E dicía: "Abba, Pai!, todas
                     as cousas son posibles para
                     ti. Aparta de min esta copa;
                     pero non se faga o que eu
                     quero, senón o que queres
                     ti" (Mc 14, 36).
Son moitísimos os textos que con diversas
fórmulas afirman que Deus é Pai de Xesús
dunha manera única e especial, como
veremos máis adiante.
Deus é Pai dos cristiáns dunha maneira
especial, porque comparten a filiación de Xesús
pola fe e o bautismo.
Neste caso Xesús distingue entre el e os seus
discípulos:



                                 “Vai onda os meus
                                 irmáns e dilles:
                                 Subo a meu Pai e
                                 voso Pai, a meu
                                 Deus e voso Deus
                                 (Xn 20, 17).
No bautismo o Espírito Santo incorpóranos
a Xesús e Xesús fainos partícipes da súa
filiación:



                         Ide, pois, e facede
                         discípulos a todas
                         as            xentes
                         bautizándoas      no
                         nome do Pai e do
                         Fillo e do Espírito
                         Santo (Mt 28, 19)
Cando Xesús fala aos seus discípulos de Deus
refírese a el como “voso Pai”.

                       Pois eu dígovos: Amade
                       aos vosos inimigos e
                       rogade polos que vos
                       persiguen,       para que
                       seades Fillos do voso Pai
                       celestial, que fai saír o seu
                       sol sobre malos e bos, e
                       chover sobre xustos e
                       inxustos (Mt 5, 44-45).
                       (Ver ademais Mt 5, 48; 6,
                       1.8.14.15; 7,11.26.32; 10,
                       20.29; 18, 14; Lc 6, 36; 12,
                       32)
Cando se dirixe a un discípulo, di “teu Pai”.




                          Ti, en troques, cando
                          deas esmola, que non
                          saiba a túa man
                          esquerda o que fai a
                          túa dereita; así a túa
                          esmola quedará en
                          segredo; e teu Pai, que
                          ve     no     segredo,
                          recompensarate (Mt 6,
                          3-4).
                          (Véxanse ademais Mt 6,
                          6.18).
Igualmente, no resto de escritos do Nuevo
Testamento afírmase que Deus é:


Noso Pai : Mt 6, 9; 1ª Tes 1, 3; 3, 13; 2ª
Tes 1, 1.2; 2, 16; Flp 1, 2; 4, 20; 1ª Cor 1,
3; 2ª Cor 1, 2; Flm 3; Rm 1, 7; Col 1, 2; Ef
1, 2; 1ª Tim 1, 2.
Deus Pai : 1ª Tes 1, 1; 1ª Cor 15, 24; Gal
1, 3; Flp 2, 11; Col 3, 17; Ef 5, 20; 6, 21; 2ª
Tim 1, 2; Tit 1, 4; Sant 1, 27; Xds 1, 1; 1ª
Pe 1, 2; 2ª Pe 1, 17; 2 Xn 1, 3.
Pai de todos : Ef 4, 6.
O Pai : Feit 1, 7; Mc 13, 32; Col 1, 12; 1ª
Xn 1, 3; 2, 15.16; 24; 2ª Xn 1, 4.
por iso somos Fillos de Deus : 1º Xn 3,
1.
4) CREO EN DEUS PAI TODOPODEROSO

             Os     catro Viventes ... repiten sen
                  descanso día e noite: «Santo, Santo,
                  Santo, Señor, Deus Todopoderoso,
                  "Aquel que era, que é e que vai vir"» .
                  (Ap 4, 8)
             «Grandes e marabillosas son as túas
               obras, Señor, Deus Todopoderoso;
               xustos e verdadeiros os teus
               camiños, oh Rei das nacions! (Ap 15,
               3)
             Iavé, Deus Sebaot, quen coma ti?, es
                poderoso, Iavé, a túa lealdade
                circúndate (Sal 90,9)
             Véxanse ademais Ap 11, 17; 16, 7; 19, 6;
               21, 22; Sab 18, 15; Eclo 43, 26-32; 2º
               Mac 1, 25; 3, 22; 6, 24; 8, 18.
5) DEUS CREADOR DO CEO E MAIS DA TERRA


Nun principio creou Deus os
ceos e mais a terra (Xén 1, 1).
Pola fe, sabemos que o
universo foi formado pola
palabra de Deus, de maneira
que o que se ve resultase do
que non aparece. (Heb 11, 3)
«Es digno, Señor e nos Deus,
de recibir a gloria, o honor e o
poder, porque ti creaches o
universo; pola túa vontade, no
existía e foi creado » (Ap 4, 11).
O sopro de Deus fíxome, animoume o alento do
Todopoderoso (Xob 33, 4).
Eu fixen a terra e crei o home nela. Eu estendín os ceos
coas miñas máns e dou ordes a todo o seu exército.. .
Eu, Iavé, fíxeno todo, eu, só, estendín os ceos, eu
asentei a terra, sen axuda ningunha (Is 45, 12.24).
 Esqueces a Iavé, o teu facedor, o que estendeu os
ceos e asentou a terra (Is 51, 13).
6) CREADOR DE TODO O VISIBLE E INVISIBLE

Señor, Señor Deus, creador de todo, temible e forte, xusto e
misericordioso, ti, rei único e bo, ti, só xeneroso, só xusto,
todopoderoso e eterno, que salvas a Israel de todo mal, que
elixistes os nosos Pais e os santificaches... ( Mac 1, 24-25)


Deus Pai creou todo por medio do seu Fillo:

                          El é Imaxe de Deus invisible,
                          Primoxénito de toda a creación,
                          porque nel foron creadas todas as
                          cousas, nos ceos e na terra, as
                          visibles e as invisibles, os Tronos, as
                          Dominacións, os Principados, as
                          Potestades: todo foi creado por el e
                          para el, el existe con anterioridade a
                          todo, e todo ten nel a súa consistencia
                          (Col 1, 15-17).
7) QUE IMPLICA CRER NUN SÓ DEUS CREADOR

  1. Recoñecer que somos criaturas limitadas



                       Toda carne é herba e todo o
                       seu esplendor como flor do
                       campo... a herba seca, a flor
                       murcha, pero a palabra do noso
                       Deus permanece por sempre (Is
                       40, 6-8).
                       O home, nado de muller, curto
                       de días e farto de tormentos.
                       Como a flor, agroma e murcha,
                       e foxe como a sombra sen
                       pararse (Xob 14, 1-2).
O rico... pasará como flor de herba: sae o sol con forza e
seca a herba e a súa flor cae e perde a súa fermosa
aparencia; así tamén o rico murchará nos seus camiños
(Sant 1, 10-11).
Que te sirvan todas as túas criaturas, pois falaches ti e
foron feitas, enviaches o teu Espírito e fíxoas, e ninguén
pode resistir a túa voz (Xdt 16, 14).
2. Deus creou todos os seres humanos á súa imaxe e
semellanza. Por iso todos son iguais



                               E dixo Deus: «Fagamos
                               E dixo Deus: «Fagamos
                               o ser humano á nosa
                               o ser humano á nosa
                               imaxe, como semellanza
                               imaxe, como semellanza
                               nosa,
                               nosa, e e mande
                                           mande nos
                                                   nos
                               peixes do mar e nas
                               peixes do mar e nas
                               aves dos ceos, e nas
                               aves dos ceos, e nas
                               bestias e en todas as
                               bestias e en todas as
                               alimañas terrestres, e
                               alimañas terrestres, e
                               en todas as serpes que
                               en todas as serpes que
                               serpean
                               serpean    pola
                                          pola   terra.
                                                 terra.
                               Creou, pois, Deus o ser
                               Creou, pois, Deus o ser
                               humano a imaxe súa, a
                               humano a imaxe súa, a
                               imaxe de Deus o creou,
                               imaxe de Deus o creou,
                               creouno varón e femia.
                               creouno varón e femia.
                               (Xén 1, 26-27).
                               (Xén 1, 26-27).
3. Deus creou a diferenza de xéneros. Home e muller
teñen a mesma dignidade de imaxe e semellanza de Deus
e son iguais, aínda que con tarefas diversas e
complementarias

Creou, pois, Deus o ser humano á imaxe súa, á
Creou, pois, Deus o ser humano á imaxe súa, á
imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia
imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia
(Xén 1, 27).
(Xén 1, 27).
5. A fecundidade humana e a vida provén dunha
bendición de Deus e hai que respectala.

 Creou, pois, Deus o ser humano a imaxe súa, a
imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia.
E bendíxoos Deus, e díxolles: «Sede fecundos e
multiplicádevos e enchede a terra e sometédea;
mandade nos peixes do mar e nas aves dos ceos
e en todo animal que serpea sobre a terra». (Xén
1, 27-28)
5. Non endeusar as criaturas

 Escultores de ídolos! Todos eles son
 vacuidade; de nada serven as súas
 obras máis estimadas; as súas
 testemuñas nada ven e nada saben, e
 por iso quedarán abochornados...
 todos os seus devotos quedarán
 abochornados e os seus artífices, que
 no son máis que homes; reuniranse
 todos    e comparecerán; e todos
 tremerán avergoñados. (Is 44, 9-11)

Por iso Deus entregounos ás apetencias do seu corazón ata unha
impureza tal que deshonraron entre si os seus corpos; a eles que
cambiaron a verdade de Deus pola mentira, e adoraron e sirviron
a criatura en vez do Creador, que é bendito polos séculos. Amén
(Rm 1, 24-25).
«Non amoreedes tesouros na terra, onde hai couza e
   ferruxe que corroen, e ladróns que socavan e rouban.
   Amorade máis ben tesouros no ceo, onde non hai couza
   nin ferruxe que corroan, nin ladróns que socaven e
   rouben. Porque onde estea o teu tesouro, alí estará tamén
   o teu corazón. (Mt 6, 19-21)

Ninguén pode servir a dous
señores; porque aborrecerá a un e
amará o outro; ou ben entregarase
a un e desprezará o outro. Non
podedes servir a Deus e ao Diñeiro
(Mt 6, 24)
Por iso dígovos: Non andedes
inquedos pola vosa vida, que
comeredes, nin polo voso corpo,
con que vos vestiredes. Non vale
máis a vida que o alimento, e o
corpo máis que o vestido?... (Mt 6,
25)
E díxolles: «Gardádevos de toda cobiza, porque, aínda na
abundancia, a vida de un non está asegurada polos seus
bens». Díxolles unha parábola: «Os campos de certo home
rico déronlle moito froito; e pensaba entre si, dicindo: "Que
farei, pois non teño onde reunir a miña colleita?“ e dixo: "Vou
facer isto: Vou derrubar os meus celeiros, e edificarei outros
máis grandes e reunirei alí todo o meu trigo e os meus bens,
e direi á miña alma: Alma, tes moitos bens en reserva para
moitos anos. Descansa, come, bebe, banquetea”. Pero Deus
díxolle: “Parvo! Esta mesma noite reclamaranche a alma; as
cousas que preparaches, para quen serán?" Así é o que
atesoura riquezas para si, e non se enriquece en orde a
Deus». (Lc 12, 15-21)
6. Os bens foron creados como medios de vida para todos :

   Creou, pois, Deus o ser humano a imaxe
   súa, a imaxe de Deus o creou, creounos
   varón e femia. E bendíxoos Deus, e
   díxolles:     «Sede      fecundos      e
   multiplicádevos e enchede a terra e
   sometédea; mandade nos peixes do mar
   e nas aves dos ceos e en todo animal
   que serpea sobre a terra». Díxolles
   Deus: «Vede que vos dei toda herba de
   semente a que existe sobre a face de
   toda a terra, así como toda árbore que
   leva froito de semente; para vós será de
   alimento. E a todo animal terrestre, e a
   toda ave dos ceos e a toda serpe de
   sobre a terra, animada de vida, toda a
   herba verde douvos para a vosa
   mantenza» (Xén 1, 27-30).
7. Usalos con acción de grazas


...   Estes    prohíben    o
matrimonio e o uso de
alimentos que Deus creou
para que fosen comidos con
acción de grazas polos
crentes e polos que
coñeceron      a    verdade.
Porque todo o que Deus
creou é bo e non se ha de
rexeitar ningún alimento que
se coma con acción de
grazas;      pois     queda
santificado pola Palabra de
Deus e pola oración (1ª Tim
4, 3-5).
El díxolles: «Con que tamén vós
estades sen inteligencia? Non
comprendedes que todo o que de
fóra entra no home non pode
contaminalo, pois non entra no seu
corazón, senón no ventre e vai
parar ao escusado? » - Así
declaraba puros todos os alimentos
-. E dicía: «O que sae do home, iso é
o que contamina o home. Porque de
dentro, do corazón dos homes, saen
as intencións malas: fornicacións,
roubos,      asasinatos,   adulterios,
avaricias,      maldades,     fraude,
libertinaxe,      envexa,     inxuria,
insolencia, insensatez. Todas estas
perversidades saen de dentro e
contaminan o home» (Mc 7, 18-23).
8. Por iso é inmoral
 roubar e privar a unha
 persona de medios para
 vivir:
Non roubarás (Éx 20,15).
Agora ben, vós, ricos, chorade e berrade polas desgrazas que
están para caer sobre vós. A vosa riqueza está podre e os vosos
vestidos están cheos de couza; o voso ouro e a vosa prata están
tomados de ferruxe e a súa ferruxe será testemuño contra vós e
devorará as vosas carnes como lume. Acugulastes riquezas
nestes días que son os últimos. Mirade; o salario que non tendes
pagado aos obreiros que segaron os vosos campos está
gritando; e os gritos dos segadores chegaron aos oídos do Señor
dos exércitos. Vivistes sobre a terra regaladamente e
entregástesvos aos praceres; fartastes os vosos corazóns para o
día da matanza (Sant 5,1-5).
9. Coidar a creación para que non estea ao
     servizo do pecado. Sentido ecolóxico :

A ansiosa espera da creación desexa vivamente a revelación dos Fillos
de Deus. A creación, en efecto, foi sometida á vaidade, non
espontaneamente, senón por aquel que a someteu, na esperanza de ser
liberada da servidume da corrupción para participar na gloriosa liberde
dos Fillos de Deus. Pois sabemos que a creación enteira xeme ata o
presente e sofre dores de parto (Rm 8, 19 -22).
«Deus dos Pais, Señor da misericordia, que fixeches o universo coa túa
palabra, e coa túa Sabedoría formaches o home para que dominase
sobre os seres por ti creados, administrase o mundo con santidade e
xustiza e xulgase con rectitude de Espírito... (Sab 9, 1-3)
8) QUE IMPLICA CRER EN DEUS PAI TODOPODEROSO


 1. Loalo
 Quen non temerá, Señor, e non glorificará o teu nome? Porque
 só ti es santo, e todas as nacións virán e postraranse ante ti,
 porque quedaron de manifesto os teus xustos designios ». (Ap
 15, 4)

                          Mirade ao alto cos ollos e vede: quen
                          fixo isto? O que fai saír por orde o
                          exército celeste, e a cada estrela
                          chama polo seu nome. Grazas ao seu
                          esforzo e ao vigor da súa enerxía, non
                          falta nin unha... Que Deus desde
                          sempre é Iavé, creador dos confíns da
                          terra, que non cansa nin se fatiga, e
                          cuxa intelixencia é inescrutable.(40,
                          26).
«Deus éo todo». Onde achar forza para glorificalo?
Que el é o Grande sobre todas as súas obras!
Temible    é   o  Señor,  inmensamente    grande,
marabilloso o seu poderío. Coa vosa loanza
enxalzade o Señor, canto poidades, que sempre
estará máis alto; e ao enxalzalo redobrade a vosa
forza, non vos cansedes, que nunca acabaredes.
(Eclo 43, 27-30).
2. Orade e invocádeo como Pai

                     Ti, en troques, cando vaias orar, entra
                     no teu cuarto e, despois de pechar a
                     porta, ora a teu Pai, que está alí, no
                     segredo; e teu Pai, que ve no segredo,
                     hate recompensar.

E ao orar, non sexades lareteiros, como os xentís, que se
figuran que pola súa palabrería van ser escoitados. Non
sexades coma eles, porque o voso Pai sabe o que
necesitades antes de pedirllo. Vós, pois, orade así: Noso Pai
que estás nos ceos, santificado sexa o teu Nome; veña o teu
Reino; fágase a túa Vontade aquí na terra coma no ceo.
Dános hoxe o noso pan de cada día; e perdoa as nosas
ofensas como tamén perdoamos nós quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal (Mt
6, 6-13).
Non recibistes o Espírito de escravitude
para estar outra vez en temor, senón que
recibistes o Espírito de adopción, polo cal
clamamos: "Abba, Pai!" (Rm 8, 15) .


                        E     por     canto
                        sodes        Fillos,
                        Deus enviou aos
                        vosos corazóns o
                        Espírito do seu
                        Fillo, o cal clama:
                        "Abba, Pai!" (Gál
                        4, 6).
Se, pois, vós, sendo malos, sabedes dar
cousas boas aos vosos Fillos, canto máis
o voso Pai que está nos ceos dará cousas
boas aos que llas pidan! (Mt 7, 11).
3. Darlle grazas
Dando sempre grazas por todo ao Deus
e Pai, no nome do noso Señor
Xesucristo (Ef 5, 20).
4. Imitalo
Amade os vosos inimigos e rogade polos que vos
persigan,    para que sexades Fillos do voso Pai
celestial, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e
chover sobre xustos e inxustos... Sede perfectos
como o voso Pai celestial é perfecto (Mt 5, 44-45.48)
Sede, pois, misericordiosos, como tamén o voso Pai é
misericordioso (Lc 6, 36)
5. Buscar a súa gloria
Brille así a vosa luz diante dos homes,
para que vexan as vosas boas obras e
glorifiquen o voso Pai que está nos
ceos (Mt 5,16).
6. Confiar na súa Providencia
No andedes inquedos pola vosa vida,
que comeredes, nin polo voso corpo,
con que vos vestiredes. Non vale máis a
vida que o alimento, e o corpo máis que
o vestido? Mirade as aves do ceo: non
sementan, nin colleitan, nin recollen
nos celeiros; e o voso Pai celestial
aliméntaas. Non valedes vós máis ca
elas? ... Non andedes, pois, inquedos
dicindo: Que imos comer?, que imos
beber?, con que imos vestirnos? Que
por todas esas cousas se afanan os
xentís; pois xa sabe o voso Pai celestial
que tedes necesidade de todo iso.
Buscade primeiro o seu Reino e a súa
xustiza, e todas esas cousas hánsevos
dar por engadido (Mt 6,
25-33).
7. Non temer


Non temas, pequeno
rabaño, porque o teu Pai
compraceuse darche o
Reino (Lc 12, 32)

 E non temades aos que matan o corpo, pero non
 poden matar a alma; temede máis ben a Aquel que
 pode levar á perdición alma e corpo no inferno. Non
 se venden dous pardais por catro patacos? Pois ben,
 ni un deles caerá na terra sen o consentimento do
 voso Pai. En canto a vós, ata os cabelos da vosa
 cabeza están todos contados. Non temades, pois; vós
 valedes máis que todos os pardais xuntos (Mt 10, 28-
 31).
8. Facer a vontade do Pai

 Non todo o que me di: "Señor, Señor!",
 entrará no Reino dos ceos, senón o que
 fai a vontade de meu Pai que está nos
 ceos (Mt 7, 21).
9. Traballar por un mundo máis fraternal,
 compartindo e axudando o necesitado

Benaventurados os pobres de Espírito, porque deles é o
Reino dos ceos (Mt 5, 3).

Vendede os vosos bens e dade
esmola. Facédevos bolsas que non se
estraguen, un tesouro inesgotable nos
ceos, onde non chega o ladrón, nin a
couza; porque onde estea o voso
tesouro, alí estará tamén o voso
corazón (Lc 12, 33-34). A multitude
dos crentes non tiña senón un só
corazón e unha soa alma. Ninguén
chamaba seus aos seus bens, senón
que todo era en común entre eles (Feit
4, 32).
Mirade: o que sementa con mesquindade, colleitará tamén
con mesquindade; o que sementa en abundancia, colleitará
tamén en abundancia (2ª Cor 9, 6).
A relixión pura e sen mancha diante de Deus o Pai é esta:
visitar os orfos e as viúvas nas súas tribulacións e gardarse
sen mancha do mundo (Sant 1, 27).
Xesús identifícase cos necesitados e puxo nas nosas máns o
    seu coidado:

Daquela dirá o Rei aos da súa dereita: "Vinde, benditos de
meu Pai, recibide a herdanza do Reino preparado para
vós... porque tiven fame, e déstesme de comer; tiven sede,
e déstesme de beber; era forasteiro, e acolléstesme;
estaba espido, e vestístesme; enfermo, e visitástesme; na
cadea, e viñéstesme ver.
“Entón          os         xustos
preguntaranlle: "Señor, cando
te vimos famento… ou sedento...
Cando te vimos forasteiro, e te
acollemos; ou espido, e te
vestimos?    Cando     te   vimos
enfermo ou na cadea, e fomos
visitarte?" E o Rei diralles: "En
verdad vos digo que canto
fixestes   cuns    destes   meus
irmáns máis pequenos, fixestelo
10. Traballar pola paz

  Benaventurados os que traballan pola
  paz, porque eles serán chamados
  Fillos de Deus (Mt 5, 9).
11. Deixarse educar por Deus Pai :


 Se soportades a disciplina, Deus
 trátavos como a Fillos; porque, que Fillo
 é aquel a quen o Pai non disciplina?
 (Heb 12, 7)
Credo 1

More Related Content

What's hot (17)

Pablo 5
Pablo 5Pablo 5
Pablo 5
 
7º ascensión do señor c 2013
7º ascensión do señor  c 20137º ascensión do señor  c 2013
7º ascensión do señor c 2013
 
Pv febreiro 2014
Pv febreiro 2014Pv febreiro 2014
Pv febreiro 2014
 
A inmaculada 3
A inmaculada 3A inmaculada 3
A inmaculada 3
 
1º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 20171º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 2017
 
Ascension
AscensionAscension
Ascension
 
Evanxeo marcos 1
Evanxeo marcos 1Evanxeo marcos 1
Evanxeo marcos 1
 
9 trindade 2015 b bene pagola
9 trindade 2015 b   bene pagola9 trindade 2015 b   bene pagola
9 trindade 2015 b bene pagola
 
4º domingo advento 2014 b
4º domingo  advento  2014   b4º domingo  advento  2014   b
4º domingo advento 2014 b
 
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
7º santísima trindade  c 2016 bene pagola7º santísima trindade  c 2016 bene pagola
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
 
4º advento c 2012
4º advento c 20124º advento c 2012
4º advento c 2012
 
21º domingo toa 2014
21º domingo  toa 201421º domingo  toa 2014
21º domingo toa 2014
 
6 nadal bautismo do señor b 2015
6 nadal bautismo do señor b 20156 nadal bautismo do señor b 2015
6 nadal bautismo do señor b 2015
 
Bautismo do senor
Bautismo do senorBautismo do senor
Bautismo do senor
 
Pascua05
Pascua05Pascua05
Pascua05
 
San xosé festa 19 marzo
San xosé festa 19 marzoSan xosé festa 19 marzo
San xosé festa 19 marzo
 
Pasapalabra
PasapalabraPasapalabra
Pasapalabra
 

Viewers also liked (19)

Douche grazas, maría
Douche grazas, maríaDouche grazas, maría
Douche grazas, maría
 
3º advento 2012 bene pagola
3º advento 2012 bene pagola3º advento 2012 bene pagola
3º advento 2012 bene pagola
 
A biblia a escritura
A biblia  a escrituraA biblia  a escritura
A biblia a escritura
 
12º domingo toc 2013 bene pagola
12º domingo toc 2013 bene pagola12º domingo toc 2013 bene pagola
12º domingo toc 2013 bene pagola
 
Despedida gabo
Despedida gaboDespedida gabo
Despedida gabo
 
25º domingo tob 2012
25º domingo tob 201225º domingo tob 2012
25º domingo tob 2012
 
As sandalias de maría
As sandalias de maríaAs sandalias de maría
As sandalias de maría
 
Domingo 20 ord ciclo b
Domingo 20 ord ciclo bDomingo 20 ord ciclo b
Domingo 20 ord ciclo b
 
4º domingo toc bene pagola 2013
4º domingo toc  bene pagola 20134º domingo toc  bene pagola 2013
4º domingo toc bene pagola 2013
 
3 epifania.2013 c
3 epifania.2013 c3 epifania.2013 c
3 epifania.2013 c
 
Figuras e profetas do advento
Figuras e profetas do adventoFiguras e profetas do advento
Figuras e profetas do advento
 
33º domingo tob bene pagola 2012
33º domingo tob bene pagola 201233º domingo tob bene pagola 2012
33º domingo tob bene pagola 2012
 
Inmaculada c 2012 bene dioni
Inmaculada c 2012 bene dioniInmaculada c 2012 bene dioni
Inmaculada c 2012 bene dioni
 
Pv agosto 2012
Pv agosto 2012Pv agosto 2012
Pv agosto 2012
 
Os cántaros de maría
Os cántaros de maríaOs cántaros de maría
Os cántaros de maría
 
22º domingo tob 2012 asun gutiérrez
22º domingo tob 2012 asun gutiérrez22º domingo tob 2012 asun gutiérrez
22º domingo tob 2012 asun gutiérrez
 
Francisco de asís 04 de octubre 2012
Francisco de asís  04 de octubre 2012Francisco de asís  04 de octubre 2012
Francisco de asís 04 de octubre 2012
 
Feliz nadal 1
Feliz nadal 1Feliz nadal 1
Feliz nadal 1
 
4º advento c bene pagola 2012
4º advento c bene pagola 20124º advento c bene pagola 2012
4º advento c bene pagola 2012
 

Similar to Credo 1 (20)

Credo, o esencial do
Credo, o esencial doCredo, o esencial do
Credo, o esencial do
 
Pv decembro 2012
Pv decembro 2012Pv decembro 2012
Pv decembro 2012
 
17º domingo toa 2017 bene pagola
17º domingo toa 2017 bene pagola17º domingo toa 2017 bene pagola
17º domingo toa 2017 bene pagola
 
Trinidad
TrinidadTrinidad
Trinidad
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
11º santísima trinidad a .pps
11º santísima trinidad  a .pps11º santísima trinidad  a .pps
11º santísima trinidad a .pps
 
Pascua04
Pascua04Pascua04
Pascua04
 
1 bautismo do señor c 2013
1 bautismo do señor c 2013 1 bautismo do señor c 2013
1 bautismo do señor c 2013
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
8º domingo toa 2014
8º domingo toa  20148º domingo toa  2014
8º domingo toa 2014
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
 
24º exaltación sta cruz 2014 toa
24º exaltación sta cruz 2014  toa24º exaltación sta cruz 2014  toa
24º exaltación sta cruz 2014 toa
 
17º domingo tob 2012
17º domingo tob  201217º domingo tob  2012
17º domingo tob 2012
 
6 nadal bautismo de xesús 2016 c
6 nadal bautismo de xesús 2016  c6 nadal bautismo de xesús 2016  c
6 nadal bautismo de xesús 2016 c
 
49 pd v xaneiro 2012
49  pd v xaneiro 201249  pd v xaneiro 2012
49 pd v xaneiro 2012
 
Domino III b lecturas
Domino III b lecturasDomino III b lecturas
Domino III b lecturas
 
9º domingo trindade b 2012
9º  domingo trindade  b  20129º  domingo trindade  b  2012
9º domingo trindade b 2012
 
1º nadal b 2011 natividade do señor
1º nadal  b 2011 natividade do señor1º nadal  b 2011 natividade do señor
1º nadal b 2011 natividade do señor
 
3º coresma b 2012
3º coresma  b  20123º coresma  b  2012
3º coresma b 2012
 
4º advento b 2011
4º  advento  b  20114º  advento  b  2011
4º advento b 2011
 

More from Nuria M Núñez Elissetche

More from Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 
1 nadal b 2011 natividade do señor
1 nadal  b 2011 natividade do señor1 nadal  b 2011 natividade do señor
1 nadal b 2011 natividade do señor
 
2º advento 2017 b
2º advento 2017 b2º advento 2017 b
2º advento 2017 b
 

Credo 1

  • 1.
  • 2.
  • 4. I. INTRODUCIÓN Deus falounos polo seu Fillo Xesucristo Moitas veces e de moitos modos falou Deus no pasado aos nosos Pais por medio dos Profetas; nestes últimos tempos falounos por medio do Fillo (Heb 1, 1)
  • 5. Xesús mandou os seus apóstolos dar a coñecer por todo o mundo a súa obra e a súa mensaxe. "Ide, pois, e facede discípulos a todas as xentes bautizándoas no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo, e ensinándoos a gardar todo o que eu vos mandei. E sabede que eu estou convosco todos os días ata a fin do mundo" (Mt 28,19-20).
  • 6. A Igrexa resumiu en fórmulas chamadas “credos” as ensinanzas de Xesús. Cada credo resume o tesouro recibido dos apóstolos e facilita a confesión de fe.
  • 7. OS CREDOS Quen di "eu creo", di "eu adhírome ao que nós cremos". A comuñón na fe necesita unha linguaxe común da fe, normativa para todos e que nos una na mesma confesión de fe (Catecismo da Igrexa Católica número 185 = CIC 185) Esta síntese da fe non foi feita segundo as opinións humanas, senón que de toda a Escritura foi recollido o que hai nela de máis importante, para dar na súa integridade a única ensinanza da fe (CIC 186)
  • 8. A estas sínteses da fe chámaselles "profesións de fe" porque resumen a fe que profesan os cristiáns. Chámaselles "Credo" por razón de que nelas a primera palabra é normalmente: "Creo". (CIC 187).
  • 9. Denomínanse, igualmente, "símbolos da fe". A palabra grega "symbolon" significaba a mitade dun obxecto partido (por exemplo, un selo) que se presentaba como un sinal para darse a coñecer. As partes rotas poñíanse xuntas para verificar a identidade do portador. O "símbolo da fe" é, pois, un signo de identificación e de comuñón entre os crentes. (CIC 188)
  • 10. O Símbolo divídese en tres partes : “Primeiro fala da primeira Persoa divina e da obra admirable da creación; a continuación, da segunda Persoa divina e do Misterio da Redención dos homes; finalmente, da terceira Persoa divina, fonte e principio da nosa santificación". Son " os tres capítulos de noso selo (bautismal)". [Santo Ireneo de Lyón] (CIC 189)
  • 11. Entre todos os símbolos da fe, dous ocupan un lugar moi particular na vida da Igrexa: 1) O Símbolo dos apóstolos , chamado así porque é considerado con xustiza como o resumo fiel da fe dos apóstolos. É o antigo símbolo bautismal da Igrexa de Roma. (CIC 194). 2) O Símbolo chamado de Nicea-Constantinopla debe a súa grande autoridad ao feito de que é froito dos dous primeiros Concilios ecuménicos (325 e 381). Segue sendo aínda hoxe o símbolo común a todas as grandes Igrexas de Oriente e Occidente (CIC 195).
  • 12. Dado que os credos resumen a Sagrada Escritura, esta presentación en power point pretende axudar a descubrir o seu rico contido, ofrecendo algúns dos textos bíblicos que resumen as palabras do credo.
  • 14. CREO Etimoloxicamente en hebreo crer (he’emin) significa facerse forte sobre. Por iso fálase de Deus como rocha que dá fortaleza: Señor, a miña rocha, o meu alcázar, o meu libertador. Meu Deus, penedo onde me acollo, o meu escudo, o meu castelo. (Sal 18, 3). A fe é o fundamento do pobo de Deus: Se non credes, non subsistiredes (Is 7, 9)
  • 15. Implica Recoñecer a propia debilidade para facerse forte en Deus, aceptando as verdades manifestadas por Deus, vivindo de acordo con elas e esperando o seu cumprimento: a fe é garantía do que se espera; a proba das realidades que non se ven (Heb 11, 1).
  • 16. A fe é unha graza de Deus que El, de diversas formas, ofrece a todos. Todo o que o Pai me dá, virá a min, e ao que vén a min, non o boto fóra (Xn 6, 37). Ninguén pode vir a min se non o atrae meu Pai (Xn 6, 44) Fostes salvados pola graza mediante a fe; e isto non vén de vós, senón que é un don de Deus (Ef 2, 8)
  • 17. II. CREO EN DEUS PAI Creo nun só Deus, Pai todopoderoso, creador do ceo e mais da terra, de todo o visible e o invisible.
  • 18. 1) DEUS DÁSE A COÑECER A TODOS OS HOMES POR MEDIO DA CREACION "A santa Igrexa, nosa nai, mantén e ensinanza que Deus, principio e fin de todas as cousas, pode ser coñecido con certeza mediante a luz natural da razón humana a partir das cousas creadas". Sen esta capacidade, o home non podería acoller a revelación de Deus. O home ten esta capacidade porque foi creado "a imaxe de Deus". Con todo, nas condicións históricas en que se encontra, o home experimenta moitas dificultades para coñecer a Deus coa soa luz da súa razón (CIC 35-37).
  • 19. Si, son váns por natureza todos os homes nos que había ignorancia de Deus e non foron capaces de coñecer polas cousas boas que se ven a Aquel que é, nin, atendendo ás obras, recoñeceron ao Artífice; senón que ao lume, ao vento, ao aire lixeiro, á bóveda estrelada, á auga impetuosa ou ás lumieiras do ceo consideráronos como deuses, señores do mundo. Que se, cativados pola súa beleza, os tomaron por deuses, saiban canto lles avantaxa o Señor destes, pois foi o Autor mesmo da beleza quen os creou. E se foi o seu poder e eficiencia o que os deixou sobrecollidos, deduzan de aí canto máis poderoso é Aquel que os fixo; pois da grandeza e fermosura das criaturas se chega, por analoxía, a contemplar o seu Autor (Sab 13, 1-8).
  • 20. A cólera de Deus revélase desde o ceo contra toda impiedade e inxustiza dos homes que apreixan a verdade na inxustiza; pois o que de Deus se pode coñecer, está neles manifesto: Deus manifestóullelo. Porque o invisible de Deus, desde a creación do mundo, se deixa ver á intelixencia a través das súas obras: o seu poder eterno e a súa divindade, de forma que son inexcusables; porque, tendo coñecido a Deus, non o glorificaron como a Deus nin lle deron grazas, antes ben ofuscáronse nos seus razoamentos e o seu insensato corazón encheuse de tebras: xactándose de sabios volvéronse estúpidos, e cambiaron a gloria do Deus incorruptible por unha representación en forma de home
  • 21. 2) CREO NUN SÓ DEUS Escoita, Israel: Iavé, o noso Deus, é o único Deus (Dt 6, 4). Para nós non hai máis que un só Deus, o Pai, do cal proceden todas as cousas e para o cal somos (2ª Cor 8, 6).
  • 22. 3) CREO EN DEUS PAI Deus ama entrañablemente a todos os homes e coida deles como criaturas súas. Non foi Deus quen fixo a morte nin se recrea na destrución dos viventes; El todo o creou para que subsistira, as criaturas do mundo son saudables, no hai nelas veleno de morte nin imperio do Hades sobre a terra (Sab 1, 13-14). Porque Deus creou o home para a incorruptibilidade, fíxoo imaxe da súa mesma natureza; pero por envexa do diaño entrou a morte no mundo, e experiméntana os que lle pertencen (Sab 2, 23s) Un só Deus e Pai de todos, o cal é sobre todos e por todos e en todos (Ef 4, 6)
  • 23. A Biblia chama a Deus Pai do pobo xudeu en canto que é o seu creador: Así pagades a Iavé, pobo insensato e necio? Non é El teu Pai, o que te creou, o que te fixo e te fundou? (Dt 32, 6). Porque ti es o noso Pai, que Abraham non nos recoñece, nin Israel nos recorda. Ti, Iavé, es o noso Pai, o teu nome é «o que nos rescata» desde sempre (Is 63, 16).
  • 24. Xesús diríxese a Deus como seu Pai dunha manera especial : Naquel tempo, tomando Xesús a palabra, dixo: «Eu bendígote, Pai, Señor do ceo e mais da terra (Mt 11, 25). E dicía: "Abba, Pai!, todas as cousas son posibles para ti. Aparta de min esta copa; pero non se faga o que eu quero, senón o que queres ti" (Mc 14, 36).
  • 25. Son moitísimos os textos que con diversas fórmulas afirman que Deus é Pai de Xesús dunha manera única e especial, como veremos máis adiante.
  • 26. Deus é Pai dos cristiáns dunha maneira especial, porque comparten a filiación de Xesús pola fe e o bautismo. Neste caso Xesús distingue entre el e os seus discípulos: “Vai onda os meus irmáns e dilles: Subo a meu Pai e voso Pai, a meu Deus e voso Deus (Xn 20, 17).
  • 27. No bautismo o Espírito Santo incorpóranos a Xesús e Xesús fainos partícipes da súa filiación: Ide, pois, e facede discípulos a todas as xentes bautizándoas no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo (Mt 28, 19)
  • 28. Cando Xesús fala aos seus discípulos de Deus refírese a el como “voso Pai”. Pois eu dígovos: Amade aos vosos inimigos e rogade polos que vos persiguen, para que seades Fillos do voso Pai celestial, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos (Mt 5, 44-45). (Ver ademais Mt 5, 48; 6, 1.8.14.15; 7,11.26.32; 10, 20.29; 18, 14; Lc 6, 36; 12, 32)
  • 29. Cando se dirixe a un discípulo, di “teu Pai”. Ti, en troques, cando deas esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a túa dereita; así a túa esmola quedará en segredo; e teu Pai, que ve no segredo, recompensarate (Mt 6, 3-4). (Véxanse ademais Mt 6, 6.18).
  • 30. Igualmente, no resto de escritos do Nuevo Testamento afírmase que Deus é: Noso Pai : Mt 6, 9; 1ª Tes 1, 3; 3, 13; 2ª Tes 1, 1.2; 2, 16; Flp 1, 2; 4, 20; 1ª Cor 1, 3; 2ª Cor 1, 2; Flm 3; Rm 1, 7; Col 1, 2; Ef 1, 2; 1ª Tim 1, 2. Deus Pai : 1ª Tes 1, 1; 1ª Cor 15, 24; Gal 1, 3; Flp 2, 11; Col 3, 17; Ef 5, 20; 6, 21; 2ª Tim 1, 2; Tit 1, 4; Sant 1, 27; Xds 1, 1; 1ª Pe 1, 2; 2ª Pe 1, 17; 2 Xn 1, 3. Pai de todos : Ef 4, 6. O Pai : Feit 1, 7; Mc 13, 32; Col 1, 12; 1ª Xn 1, 3; 2, 15.16; 24; 2ª Xn 1, 4. por iso somos Fillos de Deus : 1º Xn 3, 1.
  • 31. 4) CREO EN DEUS PAI TODOPODEROSO Os catro Viventes ... repiten sen descanso día e noite: «Santo, Santo, Santo, Señor, Deus Todopoderoso, "Aquel que era, que é e que vai vir"» . (Ap 4, 8) «Grandes e marabillosas son as túas obras, Señor, Deus Todopoderoso; xustos e verdadeiros os teus camiños, oh Rei das nacions! (Ap 15, 3) Iavé, Deus Sebaot, quen coma ti?, es poderoso, Iavé, a túa lealdade circúndate (Sal 90,9) Véxanse ademais Ap 11, 17; 16, 7; 19, 6; 21, 22; Sab 18, 15; Eclo 43, 26-32; 2º Mac 1, 25; 3, 22; 6, 24; 8, 18.
  • 32. 5) DEUS CREADOR DO CEO E MAIS DA TERRA Nun principio creou Deus os ceos e mais a terra (Xén 1, 1). Pola fe, sabemos que o universo foi formado pola palabra de Deus, de maneira que o que se ve resultase do que non aparece. (Heb 11, 3) «Es digno, Señor e nos Deus, de recibir a gloria, o honor e o poder, porque ti creaches o universo; pola túa vontade, no existía e foi creado » (Ap 4, 11).
  • 33. O sopro de Deus fíxome, animoume o alento do Todopoderoso (Xob 33, 4). Eu fixen a terra e crei o home nela. Eu estendín os ceos coas miñas máns e dou ordes a todo o seu exército.. . Eu, Iavé, fíxeno todo, eu, só, estendín os ceos, eu asentei a terra, sen axuda ningunha (Is 45, 12.24). Esqueces a Iavé, o teu facedor, o que estendeu os ceos e asentou a terra (Is 51, 13).
  • 34. 6) CREADOR DE TODO O VISIBLE E INVISIBLE Señor, Señor Deus, creador de todo, temible e forte, xusto e misericordioso, ti, rei único e bo, ti, só xeneroso, só xusto, todopoderoso e eterno, que salvas a Israel de todo mal, que elixistes os nosos Pais e os santificaches... ( Mac 1, 24-25) Deus Pai creou todo por medio do seu Fillo: El é Imaxe de Deus invisible, Primoxénito de toda a creación, porque nel foron creadas todas as cousas, nos ceos e na terra, as visibles e as invisibles, os Tronos, as Dominacións, os Principados, as Potestades: todo foi creado por el e para el, el existe con anterioridade a todo, e todo ten nel a súa consistencia (Col 1, 15-17).
  • 35. 7) QUE IMPLICA CRER NUN SÓ DEUS CREADOR 1. Recoñecer que somos criaturas limitadas Toda carne é herba e todo o seu esplendor como flor do campo... a herba seca, a flor murcha, pero a palabra do noso Deus permanece por sempre (Is 40, 6-8). O home, nado de muller, curto de días e farto de tormentos. Como a flor, agroma e murcha, e foxe como a sombra sen pararse (Xob 14, 1-2).
  • 36. O rico... pasará como flor de herba: sae o sol con forza e seca a herba e a súa flor cae e perde a súa fermosa aparencia; así tamén o rico murchará nos seus camiños (Sant 1, 10-11). Que te sirvan todas as túas criaturas, pois falaches ti e foron feitas, enviaches o teu Espírito e fíxoas, e ninguén pode resistir a túa voz (Xdt 16, 14).
  • 37. 2. Deus creou todos os seres humanos á súa imaxe e semellanza. Por iso todos son iguais E dixo Deus: «Fagamos E dixo Deus: «Fagamos o ser humano á nosa o ser humano á nosa imaxe, como semellanza imaxe, como semellanza nosa, nosa, e e mande mande nos nos peixes do mar e nas peixes do mar e nas aves dos ceos, e nas aves dos ceos, e nas bestias e en todas as bestias e en todas as alimañas terrestres, e alimañas terrestres, e en todas as serpes que en todas as serpes que serpean serpean pola pola terra. terra. Creou, pois, Deus o ser Creou, pois, Deus o ser humano a imaxe súa, a humano a imaxe súa, a imaxe de Deus o creou, imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia. creouno varón e femia. (Xén 1, 26-27). (Xén 1, 26-27).
  • 38. 3. Deus creou a diferenza de xéneros. Home e muller teñen a mesma dignidade de imaxe e semellanza de Deus e son iguais, aínda que con tarefas diversas e complementarias Creou, pois, Deus o ser humano á imaxe súa, á Creou, pois, Deus o ser humano á imaxe súa, á imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia (Xén 1, 27). (Xén 1, 27).
  • 39. 5. A fecundidade humana e a vida provén dunha bendición de Deus e hai que respectala. Creou, pois, Deus o ser humano a imaxe súa, a imaxe de Deus o creou, creouno varón e femia. E bendíxoos Deus, e díxolles: «Sede fecundos e multiplicádevos e enchede a terra e sometédea; mandade nos peixes do mar e nas aves dos ceos e en todo animal que serpea sobre a terra». (Xén 1, 27-28)
  • 40. 5. Non endeusar as criaturas Escultores de ídolos! Todos eles son vacuidade; de nada serven as súas obras máis estimadas; as súas testemuñas nada ven e nada saben, e por iso quedarán abochornados... todos os seus devotos quedarán abochornados e os seus artífices, que no son máis que homes; reuniranse todos e comparecerán; e todos tremerán avergoñados. (Is 44, 9-11) Por iso Deus entregounos ás apetencias do seu corazón ata unha impureza tal que deshonraron entre si os seus corpos; a eles que cambiaron a verdade de Deus pola mentira, e adoraron e sirviron a criatura en vez do Creador, que é bendito polos séculos. Amén (Rm 1, 24-25).
  • 41. «Non amoreedes tesouros na terra, onde hai couza e ferruxe que corroen, e ladróns que socavan e rouban. Amorade máis ben tesouros no ceo, onde non hai couza nin ferruxe que corroan, nin ladróns que socaven e rouben. Porque onde estea o teu tesouro, alí estará tamén o teu corazón. (Mt 6, 19-21) Ninguén pode servir a dous señores; porque aborrecerá a un e amará o outro; ou ben entregarase a un e desprezará o outro. Non podedes servir a Deus e ao Diñeiro (Mt 6, 24) Por iso dígovos: Non andedes inquedos pola vosa vida, que comeredes, nin polo voso corpo, con que vos vestiredes. Non vale máis a vida que o alimento, e o corpo máis que o vestido?... (Mt 6, 25)
  • 42. E díxolles: «Gardádevos de toda cobiza, porque, aínda na abundancia, a vida de un non está asegurada polos seus bens». Díxolles unha parábola: «Os campos de certo home rico déronlle moito froito; e pensaba entre si, dicindo: "Que farei, pois non teño onde reunir a miña colleita?“ e dixo: "Vou facer isto: Vou derrubar os meus celeiros, e edificarei outros máis grandes e reunirei alí todo o meu trigo e os meus bens, e direi á miña alma: Alma, tes moitos bens en reserva para moitos anos. Descansa, come, bebe, banquetea”. Pero Deus díxolle: “Parvo! Esta mesma noite reclamaranche a alma; as cousas que preparaches, para quen serán?" Así é o que atesoura riquezas para si, e non se enriquece en orde a Deus». (Lc 12, 15-21)
  • 43. 6. Os bens foron creados como medios de vida para todos : Creou, pois, Deus o ser humano a imaxe súa, a imaxe de Deus o creou, creounos varón e femia. E bendíxoos Deus, e díxolles: «Sede fecundos e multiplicádevos e enchede a terra e sometédea; mandade nos peixes do mar e nas aves dos ceos e en todo animal que serpea sobre a terra». Díxolles Deus: «Vede que vos dei toda herba de semente a que existe sobre a face de toda a terra, así como toda árbore que leva froito de semente; para vós será de alimento. E a todo animal terrestre, e a toda ave dos ceos e a toda serpe de sobre a terra, animada de vida, toda a herba verde douvos para a vosa mantenza» (Xén 1, 27-30).
  • 44. 7. Usalos con acción de grazas ... Estes prohíben o matrimonio e o uso de alimentos que Deus creou para que fosen comidos con acción de grazas polos crentes e polos que coñeceron a verdade. Porque todo o que Deus creou é bo e non se ha de rexeitar ningún alimento que se coma con acción de grazas; pois queda santificado pola Palabra de Deus e pola oración (1ª Tim 4, 3-5).
  • 45. El díxolles: «Con que tamén vós estades sen inteligencia? Non comprendedes que todo o que de fóra entra no home non pode contaminalo, pois non entra no seu corazón, senón no ventre e vai parar ao escusado? » - Así declaraba puros todos os alimentos -. E dicía: «O que sae do home, iso é o que contamina o home. Porque de dentro, do corazón dos homes, saen as intencións malas: fornicacións, roubos, asasinatos, adulterios, avaricias, maldades, fraude, libertinaxe, envexa, inxuria, insolencia, insensatez. Todas estas perversidades saen de dentro e contaminan o home» (Mc 7, 18-23).
  • 46. 8. Por iso é inmoral roubar e privar a unha persona de medios para vivir: Non roubarás (Éx 20,15). Agora ben, vós, ricos, chorade e berrade polas desgrazas que están para caer sobre vós. A vosa riqueza está podre e os vosos vestidos están cheos de couza; o voso ouro e a vosa prata están tomados de ferruxe e a súa ferruxe será testemuño contra vós e devorará as vosas carnes como lume. Acugulastes riquezas nestes días que son os últimos. Mirade; o salario que non tendes pagado aos obreiros que segaron os vosos campos está gritando; e os gritos dos segadores chegaron aos oídos do Señor dos exércitos. Vivistes sobre a terra regaladamente e entregástesvos aos praceres; fartastes os vosos corazóns para o día da matanza (Sant 5,1-5).
  • 47. 9. Coidar a creación para que non estea ao servizo do pecado. Sentido ecolóxico : A ansiosa espera da creación desexa vivamente a revelación dos Fillos de Deus. A creación, en efecto, foi sometida á vaidade, non espontaneamente, senón por aquel que a someteu, na esperanza de ser liberada da servidume da corrupción para participar na gloriosa liberde dos Fillos de Deus. Pois sabemos que a creación enteira xeme ata o presente e sofre dores de parto (Rm 8, 19 -22). «Deus dos Pais, Señor da misericordia, que fixeches o universo coa túa palabra, e coa túa Sabedoría formaches o home para que dominase sobre os seres por ti creados, administrase o mundo con santidade e xustiza e xulgase con rectitude de Espírito... (Sab 9, 1-3)
  • 48. 8) QUE IMPLICA CRER EN DEUS PAI TODOPODEROSO 1. Loalo Quen non temerá, Señor, e non glorificará o teu nome? Porque só ti es santo, e todas as nacións virán e postraranse ante ti, porque quedaron de manifesto os teus xustos designios ». (Ap 15, 4) Mirade ao alto cos ollos e vede: quen fixo isto? O que fai saír por orde o exército celeste, e a cada estrela chama polo seu nome. Grazas ao seu esforzo e ao vigor da súa enerxía, non falta nin unha... Que Deus desde sempre é Iavé, creador dos confíns da terra, que non cansa nin se fatiga, e cuxa intelixencia é inescrutable.(40, 26).
  • 49. «Deus éo todo». Onde achar forza para glorificalo? Que el é o Grande sobre todas as súas obras! Temible é o Señor, inmensamente grande, marabilloso o seu poderío. Coa vosa loanza enxalzade o Señor, canto poidades, que sempre estará máis alto; e ao enxalzalo redobrade a vosa forza, non vos cansedes, que nunca acabaredes. (Eclo 43, 27-30).
  • 50. 2. Orade e invocádeo como Pai Ti, en troques, cando vaias orar, entra no teu cuarto e, despois de pechar a porta, ora a teu Pai, que está alí, no segredo; e teu Pai, que ve no segredo, hate recompensar. E ao orar, non sexades lareteiros, como os xentís, que se figuran que pola súa palabrería van ser escoitados. Non sexades coma eles, porque o voso Pai sabe o que necesitades antes de pedirllo. Vós, pois, orade así: Noso Pai que estás nos ceos, santificado sexa o teu Nome; veña o teu Reino; fágase a túa Vontade aquí na terra coma no ceo. Dános hoxe o noso pan de cada día; e perdoa as nosas ofensas como tamén perdoamos nós quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal (Mt 6, 6-13).
  • 51. Non recibistes o Espírito de escravitude para estar outra vez en temor, senón que recibistes o Espírito de adopción, polo cal clamamos: "Abba, Pai!" (Rm 8, 15) . E por canto sodes Fillos, Deus enviou aos vosos corazóns o Espírito do seu Fillo, o cal clama: "Abba, Pai!" (Gál 4, 6).
  • 52. Se, pois, vós, sendo malos, sabedes dar cousas boas aos vosos Fillos, canto máis o voso Pai que está nos ceos dará cousas boas aos que llas pidan! (Mt 7, 11).
  • 53. 3. Darlle grazas Dando sempre grazas por todo ao Deus e Pai, no nome do noso Señor Xesucristo (Ef 5, 20).
  • 54. 4. Imitalo Amade os vosos inimigos e rogade polos que vos persigan, para que sexades Fillos do voso Pai celestial, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos... Sede perfectos como o voso Pai celestial é perfecto (Mt 5, 44-45.48) Sede, pois, misericordiosos, como tamén o voso Pai é misericordioso (Lc 6, 36)
  • 55. 5. Buscar a súa gloria Brille así a vosa luz diante dos homes, para que vexan as vosas boas obras e glorifiquen o voso Pai que está nos ceos (Mt 5,16).
  • 56. 6. Confiar na súa Providencia No andedes inquedos pola vosa vida, que comeredes, nin polo voso corpo, con que vos vestiredes. Non vale máis a vida que o alimento, e o corpo máis que o vestido? Mirade as aves do ceo: non sementan, nin colleitan, nin recollen nos celeiros; e o voso Pai celestial aliméntaas. Non valedes vós máis ca elas? ... Non andedes, pois, inquedos dicindo: Que imos comer?, que imos beber?, con que imos vestirnos? Que por todas esas cousas se afanan os xentís; pois xa sabe o voso Pai celestial que tedes necesidade de todo iso. Buscade primeiro o seu Reino e a súa xustiza, e todas esas cousas hánsevos dar por engadido (Mt 6, 25-33).
  • 57. 7. Non temer Non temas, pequeno rabaño, porque o teu Pai compraceuse darche o Reino (Lc 12, 32) E non temades aos que matan o corpo, pero non poden matar a alma; temede máis ben a Aquel que pode levar á perdición alma e corpo no inferno. Non se venden dous pardais por catro patacos? Pois ben, ni un deles caerá na terra sen o consentimento do voso Pai. En canto a vós, ata os cabelos da vosa cabeza están todos contados. Non temades, pois; vós valedes máis que todos os pardais xuntos (Mt 10, 28- 31).
  • 58. 8. Facer a vontade do Pai Non todo o que me di: "Señor, Señor!", entrará no Reino dos ceos, senón o que fai a vontade de meu Pai que está nos ceos (Mt 7, 21).
  • 59. 9. Traballar por un mundo máis fraternal, compartindo e axudando o necesitado Benaventurados os pobres de Espírito, porque deles é o Reino dos ceos (Mt 5, 3). Vendede os vosos bens e dade esmola. Facédevos bolsas que non se estraguen, un tesouro inesgotable nos ceos, onde non chega o ladrón, nin a couza; porque onde estea o voso tesouro, alí estará tamén o voso corazón (Lc 12, 33-34). A multitude dos crentes non tiña senón un só corazón e unha soa alma. Ninguén chamaba seus aos seus bens, senón que todo era en común entre eles (Feit 4, 32).
  • 60. Mirade: o que sementa con mesquindade, colleitará tamén con mesquindade; o que sementa en abundancia, colleitará tamén en abundancia (2ª Cor 9, 6). A relixión pura e sen mancha diante de Deus o Pai é esta: visitar os orfos e as viúvas nas súas tribulacións e gardarse sen mancha do mundo (Sant 1, 27).
  • 61. Xesús identifícase cos necesitados e puxo nas nosas máns o seu coidado: Daquela dirá o Rei aos da súa dereita: "Vinde, benditos de meu Pai, recibide a herdanza do Reino preparado para vós... porque tiven fame, e déstesme de comer; tiven sede, e déstesme de beber; era forasteiro, e acolléstesme; estaba espido, e vestístesme; enfermo, e visitástesme; na cadea, e viñéstesme ver. “Entón os xustos preguntaranlle: "Señor, cando te vimos famento… ou sedento... Cando te vimos forasteiro, e te acollemos; ou espido, e te vestimos? Cando te vimos enfermo ou na cadea, e fomos visitarte?" E o Rei diralles: "En verdad vos digo que canto fixestes cuns destes meus irmáns máis pequenos, fixestelo
  • 62. 10. Traballar pola paz Benaventurados os que traballan pola paz, porque eles serán chamados Fillos de Deus (Mt 5, 9).
  • 63. 11. Deixarse educar por Deus Pai : Se soportades a disciplina, Deus trátavos como a Fillos; porque, que Fillo é aquel a quen o Pai non disciplina? (Heb 12, 7)