1. 23 de decembro de 2012
4º Advento (C)
Lucas 1, 39-45
Música:Maranatha;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
2. Despois de recibir a
chamada de Deus,
anunciándolle que será
nai do Mesías, María
ponse en camiño soa.
Empeza para ela unha
vida nova, ao servizo do
seu Fillo Xesús.
3. Marcha “á
présa",
con decisión.
Sente
necesidade
de compartir
a súa ledicia
coa súa
curmá Sabela
e de poñerse
canto antes
ao seu servizo
nos últimos
meses de
embarazo.
4. O encontro das dúas nais é unha escena insólita.
Non están presentes os varóns.
Só dúas mulleres sinxelas, sen ningún título nin
relevancia na relixión xudía.
María, que leva consigo a todas partes a Xesús, e Sabela
que, chea do espírito profético, se atreve a bendicir a
súa curmá sen ser sacerdote.
5. María entra na
casa de Zacarías,
pero non se dirixe
a el.
Vai directamente a
saudar a Sabela.
Nada sabemos do
contido
do seu saúdo.
Só que aquel
saúdo enche a
casa dunha alegría
desbordante.
É a ledicia que vive María
desde que escoitou o saúdo
do Anxo:
"Alégrate, chea de graza".
6. Sabela non pode conter
a súa sorpresa e a súa ledicia.
En canto oe o saúdo de María,
sente os movementos da criatura
que leva no seu seo e interprétaos
maternalmente como
"saltos de alegría".
7. Decontado, bendí
a María
"a voz en grito”
dicindo:
“Bendita ti entre
as mulleres e
bendito
o froito do teu
seo".
8. En ningún momento
chama a María
polo seu nombre.
Contémplaa totalmente
identificada coa súa
misión:
É a nai do seu Señor.
Vea como unha muller
crente na que se irán
cumprindo os designios
de Deus:
“Ditosa porque criches”.
9. O que máis lle
sorprende é
a actuación de María.
Non veu amosar a
súa dignidade
de nai do Mesías.
Non está alí para ser
servida senón para
servir.
Sabela non sae do
seu asombro.
"Quen son eu para
que me visite a nai do
meu Señor?".
10. Son bastantes as mulleres que non viven con paz
no interior da Igrexa.
Nalgunhas crece o desafecto e o malestar.
Sofren ao ver que, a pesar de ser as primeiras colaboradoras en
moitos campos, apenas se conta con elas para pensar, decidir
e impulsar a marcha da Igrexa.
Esta situación estanos a facer dano a todos.
11. O peso dunha historia
multisecular, controlada e
dominada polo varón,
impídenos tomar conciencia do
empobrecemento que significa
para a Igrexa prescindir dunha
presenza máis eficaz da muller.
12. Nós non as escoitamos,
pero Deus pode suscitar
mulleres crentes, cheas de
espírito profético, que nos
contaxien alegría e dean á
Igrexa un rostro máis
humano.
13. Serán unha
bendición.
Ensinarannos
a seguir a Xesús
con máis paixón
e fidelidade.
14. MULLERES CRENTES
Despois de recibir a chamada de Deus, anunciándolle que será nai do Mesías, María ponse en camiño
soa. Empeza para ela unha vida nova, ao servizo do seu Fillo Xesús. Marcha “á présa", con decisión. Sente
necesidade de compartir a súa ledicia coa súa curmá Sabela e de poñerse canto antes ao seu servizo n os últimos
meses de embarazo.
O encontro das dúas nais é unha escena insólita. Non están presentes os varóns. Só dúas mulleres
sinxelas, sen ningún título nin relevancia na relixión xudía. María, que leva consigo a todas partes a Xesús, e
Sabela que, chea do espírito profético, se atreve a bendicir a súa curmá sen ser sacerdote.
María entra na casa de Zacarías, pero non se dirixe a el. Vai directamente a saudar a Sabela. Nada
sabemos do contido do seu saúdo. Só que aquel saúdo enche a casa dunha alegría desbordante. É a alegría que
vive María desde que escoitou o saúdo do Anxo: "Alégrate, chea de graza".
Sabela non pode conter a súa sorpresa e a súa ledicia. En canto oe o saludo de María, sente os
movementos da criatura que leva no seu seo e interprétaos maternalmente como "saltos de alegría". Decontado,
bendí a María "a voz en grito” dicindo: "Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu seo".
En ningún momento chama a María polo seu nome. Contémplaa totalmente identificada coa súa
misión: É a nai do seu Señor. Vea como unha muller crente na que se irán cumprindo os designios de Deus:
"Ditosa porque criches".
O que máis a sorprende é a actuación de María. Non veu amosar a súa dignidade de nai do Mesías.
Non está alí para ser servida senón para servir. Sabela non sae do seu asombro. "Quen son eo para que me visite
a nai do meu Señor?".
Son bastantes as mulleres que non viven con paz no interior da Igrexa. Nalgunhas crece o desafecto
e o malestar. Sofren ao ver que, a pesar de ser as primeiras colaboradoras en moitos campos, apenas se conta
con elas para pensar, decidir e impulsar a marcha da Igrexa. Esta situación estanos a facer dano a todos.
O peso dunha historia multisecular, controlada e dominada polo varón, impídenos tomar conciencia
do empobrecemento que significa para a Igrexa prescindir dunha presenza máis eficaz da muller. Nós non as
escoitamos, pero Deus pode suscitar mulleres crentes, cheas de espírito profético, que nos contaxien alegría e
dean á Igrexa un rostro máis humano. Serán unha bendición. Ensinarannos a seguir a Xesús con máis paixón e
fidelidade.
José Antonio Pagola