1. “… Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata
a fin do mundo. Mt.28, 18-20
2. “Meu Deus, Trindade
a quen adoro!,
a Igrexa nos mergulla
no teu misterio;
confesámoste
e bendicímoste,
Señor, noso Deus”.
3. A fe faise confesión
e loanza do misterio
trinitario,
que distingue
a relixión cristiá
dos outros monoteísmos.
4. “ Oh Palabra do Pai ,
escoitámoste;
oh Pai,
mira o rostro do teu Verbo;
oh Espíritu de amor,
ven a nós;
Señor, noso Deus”.
5. Adoramos a un Deus
que vive e xera,
vive e se comunica,
vive e ama.
Porque a Trindade de Deus
é a vida. A vida de Deus.
E a nosa propia vida, insertada xa para sempre
na súa comunidade de comuñón.
7. Unha vocación profética
para anunciar unha palabra que salva.
Unha función litúrxica na que se celebra
a nova vida.
Unha tarefa de diario pastoreo que
recolle, alimenta e guía
a comunidade dos cristiáns.
8. No seu nome fomos
bautizados.
Na súa presenza
recorremos o camiño.
Na súa intimidade
habitamos, existimos
e actuamos.
9. Está o Señor connosco?
Bieito XVI repetía en
Auschwitz :
Onde estaba Deus
naqueles días
de morte e xenocidio?
“Estaba precisamente nos que eran axustizados”
O Señor está connosco, porque se identificou
coa nosa propia sorte. E coa nosa morte.
10. Con toda a Igrexa
atrevémonos a proclamar
a loanza da nosa
fe trinitaria:
“Gloria ao Pai,
ao Fillo e
ao Espírito Santo.
Amén”.
11. Texto: José Román Flecha Andrés
PALABRA DO SEÑOR –Salamanca
Presentación: Antonia Castro Panero
Música: Ego sum. Palestrina