Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

49 pd v xaneiro 2012

566 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

49 pd v xaneiro 2012

  1. 1. Palabra de Vida Xaneiro 2012
  2. 2. Como en anos pasados, do 18 ao 25 xaneiro celébrase en moitos lugares do mundo a “Semana de oración pola unidade dos cristiáns”, que noutros sitios ten lugar en Pentecoste. O lema para a “Semana de oración” de 2012, tomado da carta de San Paulo aos Corintios, é: “Todos seremos transformados pola vitoria do noso Señor Xesucristo” (cf. 1Cor 15, 51-58). Propoñemos como Palabra de vida deste mes un texto de Chiara que comenta Colosenses 3,1, que ao noso parecer garda relación co lema elixido. P R E M I S A
  3. 3. « Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus» ( Col 3, 1).
  4. 4. Estas palabras que san Paulo dirixe á comunidade dos colosenses, dinnos que existe un mundo no que reina o amor verdadeiro, a comuñón plena, a xustiza, a paz, a santidade, a alegría; un mundo onde o pecado e a corrupción xa non poden entrar; un mundo onde a vontade do Pai se cumpre perfectamente.
  5. 5. É o mundo ao que pertence Xesús. É o mundo que El, pasando a través da dura proba da paixón, nos abriu de par en par coa súa resurrección.
  6. 6. « Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
  7. 7. Nós non é que esteamos chamados a este mundo de Cristo -di san Paulo-, senón que xa pertencemos a el.
  8. 8. A fe dinos que mediante o bautismo nos incorporamos a Cristo e, por conseguinte, participamos na súa vida, nos seus dons, na súa herdanza, na súa vitoria sobre o pecado e sobre as forzas do mal, pois temos resucitado con El.
  9. 9. Pero, a diferenza das almas santas que xa alcanzaron a meta, a nosa pertenza a este mundo de Cristo non é plena nin está completamente desvelada; sobre todo, non é estable nin definitiva.
  10. 10. Mentres esteamos nesta terra estamos expostos a mil perigos, dificultades e tentacións, que poden facernos vacilar, poden frearnos no camiño e incluso desviarnos cara a falsas metas.
  11. 11. «Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
  12. 12. Compréndese, pois, a exhortación do apóstolo: “Orientade, pois, a vosa vida cara ao ceo».
  13. 13. Tratade de saír deste mundo non xa materialmente, senón espiritualmente; abandonade as regras e as paixóns do mundo para deixarvos guiar en todas as situacións polos pensamentos e sentimentos de Xesús.
  14. 14. Pois “a vida do ceo” remítenos ás leis do ceo, a lei do Reino dos Ceos, que Xesús trouxo á terra e quere que apliquemos xa desde agora.
  15. 15. «Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus»
  16. 16. Como vivir, pois, esta Palabra de vida?
  17. 17. Esta estimúlanos a non contentarnos cunha vida mediocre, a base de medias tintas e de compoñendas, senón a adecuala, coa graza de Deus, á lei de Cristo.
  18. 18. Impúlsanos a vivir e a comprometernos no noso contorno a dar testemuño dos valores que Xesús trouxo á terra, como poden ser o espírito de concordia e de paz, de servizo aos irmáns, de comprensión e perdón, honestidade, xustiza, integridade no noso traballo, fidelidade, pureza, respecto á vida, etc.
  19. 19. Como veremos, trátase dun proxecto tan amplo como a vida. Pero, para non quedarnos en vaguidades, poñamos en práctica este mes esa lei de Xesús que en certo modo resume todas as demais: poñámonos ao servizo de cada irmán vendo nel a Cristo.
  20. 20. Por outra parte, non é isto o que se nos pedirá ao final da nosa existencia?
  21. 21. «Resucitastes con Cristo! Buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus» ( Col 3, 1). “ Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, publicado en xuño de 1988. Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 lenguas e idiomas, incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet.
  22. 22. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é “ A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”: “ Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “ A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicarnos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: [email_address] ). FELIZ ANO 2012
  23. 23. Na Coruña: o día 25, mércores, ás 20.00 horas na igrexa parroquial dos Santos Anxos, Praza Luis Seoane (Novos Ministerios) En Pontevedra: o día 23, luns, ás 20.30, na igrexa parroquial de Sta. María. En Santiago: o día 24, martes, ás 20.15 na igrexa de San Paio-MM.Benedictinas. “ Celebracións ecuménicas na nosa diocese dentro do Octavario da unidade” (18 ao 25 de xaneiro 2012)

×