Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Evanxeo marcos 1

533 views

Published on

• Be the first to comment

• Be the first to like this

Evanxeo marcos 1

1. 1. Texto: Antonio Rodríguez Carmona Presentación: Antonio García Polo EVANXEO DE SAN MARCOS 1. Presentación xeral Ciclo Litúrxico /B
2. 2. EVANXEO DE MARCOS  QUEN É XESÚS?  CRISTOLOXÍA CORRECTIVA
3. 3. HISTORIA DE INVESTIGACIÓN  Escrito cara o ano 70.  Recibido sen dificultades pola Igrexa.  Pero co tempo minusvalorouse, porque creuse que era un resumo de Mateu.  Nos séculos XVII e XVIII, estudando a orixe dos evanxeos, moitos chegaron á conclusión que era o evanxeo máis antigo de todos e o que ofrecía unha imaxe máis achegada de Xesús.  E Mc empezou a ser o evanxeo máis estudado.
4. 4. POR QUE SE ESCRIBIU?  Marcos é unha catequese que quere responder aos problemas dos seus lectores con palabras e feitos de Xesús.  Que problemas?
5. 5.  Cara ao ano 70, unhas comunidades cristiás dunha zona moi influenciada pola cultura romana, posiblemente Roma,  teñen problemas sobre a fe en Xesús como Señor.
6. 6. PROBLEMAS DA IGREXA ROMANA  Por unha parte recoñecen o señorío de Xesús: Xesucristo é Señor!  Pero se é Señor, en que se nota? Por que as dificultades que sofre a súa comunidade?  Por que as persecucións?  Non contradi esta fe á experiencia, que di que o que ten o poder e salva é o emperador e a violencia?  Quen é Alegre Noticia , Xesús ou o Emperador?
7. 7. CRISTOLOXÍA CORRECTIVA  Marcos escribe para axudar os seus lectores cristiáns a coñecer o auténtico Xesús:  Non é un “tapaburacos”, que soluciona os problemas deste mundo.  Non é un político revolucionario.  Non é un militar triunfador.  Non é un mestre de sabedoría.
8. 8. QUEN É XESÚS?  É o MESÍAS (Unxido para salvar).  É o FILLO DE DEUS , que salva na debilidade.  E como tal, é o cumprimento da promesa evanxeo que Deus fixera por medio de Isaías.
9. 9. QUE É EVANXEO?  Evanxeo é unha mensaxe que ten carácter de alegre noticia.  En tempos de Marcos era corrente chamar evanxeo todo o relacionado co emperador romano, pois o seu goberno era a alegre noticia que traía paz, prosperidade e felicidade ao pobo.  Para moitos, evanxeo era o emperador e o seu imperio, que exercían a súa acción coa forza.
10. 10. Outra idea de evanxeo  O pobo xudeo coñecía outro concepto de evanxeo.  Isaías II (Is 40-55) anunciara que Deus ía reinar (40,9; 41,27; 52,7), liberando o seu pobo do desterro, e que o faría dunha maneira especial: non coa forza senón na debilidade, como Deus oculto , que se serve da súa palabra e de persoas que actúan no seu nome (45,15).  A este anuncio o chama evanxelizar, anunciar unha alegre noticia.
11. 11.

 Marcos presenta na súa catequese a Xesús como o cumprimento desta promesa feita por Isaías.

A alegre noticia non é o emperador co seu poder, senón Xesús de Nazaré que comeza o reinado de Deus, non de forma violenta, senón na debilidade da súa palabra e da súa morte.

O reino que anuncia non é a restauración do reino de David.

12. 12.  Para iso escribe unha catequese cun prólogo e dúas partes:  No prólogo (1,1-13) ofrece as premisas necesarias para coñecer quen é Xesús.  A primeira parte (1,14-8,30) presenta a Xesús como o Mesías que comeza o reino de Deus.  A segunda (8,31-16,8) explica como Xesús é Mesías: é mesías na debilidade , como convén ao que é Fillo de Deus.
13. 13. O título (1,1)  Todo isto queda resumido no título que pon á súa obra: Evanxeo.  É Xesús en cuanto que é o Mesías que anuncia e trae o reino de Deus.  E faino como compete ao Fillo de Deus, na debilidade. = Evanxeo de Xesús Mesías, Fillo de Deus.
14. 14. Dúas confesións  Cada unha das partes remata cunha confesión:  A primeira coa confesión de Pedro, que recoñece a Xesús como Mesías (8,29)  A segunda coa confesión do centurión, que ao ver como morría Xesús, confesou: verdaderamente este home era Fillo de Deus (15,39)
15. 15. Evanxeo É Ambiente = César - Imperio - Fuerza Isaías II = Iahvé - Reino - Deus oculto Marcos = Xesús - Mesías - Fillo de Deus 8,29 15,39 2ª parte 1ª parte
16. 16. Os interlocutores de Xesús  Xesús diríxese aos seus discípulos, ao pobo e aos dirixentes (relixiosos e políticos).  Entre eles destaca as reaccións dos discípulos, pois representan a situación dos cristiáns aos que se dirixe.  E describe a súa postura ante Xesús, invitando así ao lector moderno a preguntarse: Quen é Xesús?
17. 17. Quen é Xesús?  Hai tres momentos:  No primeiro, os discípulos recoñecen a Xesús como Mesías (8,29). De acordo, así pensan os seus discípulos, pero, como é Mesías? Como xerce a súa salvación, de forma triunfal e violenta, como esperaba o pobo do Fillo de David, ou de forma oculta e na debilidade?  N o segundo momento, cando Xesús revela como é Mesías, morrendo na cruz, non están presentes pois fuxiran.  Pero ofréceselles aos discípulos unha terceira posibilidad de recoñecelo como Fillo de Deus indo a Galilea (16,1-8).
18. 18. ESTRUTURA  Prólogo teolóxico (1,1-13)  1ª parte: Quen é Xesús? MESÍAS (1,14-8,30)  2ª parte: Como é Mesías? Morrendo na cruz, como compete ao Fillo de Deus (8,31-16,8)  Apéndice (16,9-20)
19. 19. Breve recorrido polo contido  Nos distintos libros bíblicos non só ten interese a lectura illada de cada relato,  senón tamén a lectura do relato no seu contexto, que axuda a descubrir o argumento da obra no seu conxunto.  Vexamos o que nos quere dicir Marcos na súa catequese, escrita para axudarnos a descubrir Quen é Xesús e como actúa Xesús Mesías.
20. 20. PRÓLOGO TEOLÓXICO: 1,1-13  Comeza con tres relatos que chama Comezo , arje en grego.  Comezo ( arje ) pode significar inicio cronolóxico de algo e tamén fundamento, base, premisa.  Aquí ten ambos sentidos = A premisa para coñecer quen é Xesús é coñecer a Xoán Bautista, o bautismo de Xesús, e que Xesús vence a tentación.
21. 21.  Xoán Bautista proclama a todos os homes que para coñecer a Xesús é necesaria unha actitude de esperanza e conversión  Bautismo: para coñecer a Xesús hai que escoitar o Pai que unxe a Xesús como Mesías-Fillo-Servo  Xesús vence a tentación e abre o paraíso
22. 22. 1ª PARTE: Quen é Xesús? 1,14-8,30: o Mesías  1ª sección: Xesús anuncia o Reino de Deus e revélase como Mesías e os fariseos non o recoñecen polo seu dogmatismo, puritanismo e legalismo (1,14-3,6)  2ª sección: Xesús anuncia o Reino de Deus e revélase como Mesías e o pobo na súa maior parte non o recoñece (6,7-6,6a)  3ª sección: Xesús anuncia o Reino de Deus e revélase como Mesías e os Doce recoñéceno como Mesías (6,6b-8,30)
23. 23. 1ª PARTE: QUEN É XESÚS?  MESÍAS CAL É A SÚA MENSAXE?  REINO DE DEUS 3ª sección: Xesús e discípulos: = SI, MESÍAS 2ª sección: Xesús e pobo: = NON 1ª sección: Xesús e fariseos = NON Quen?
24. 24. 2ª PARTE: Como é Mesías? Morrendo, como compete ao Fillo de Deus 1ª sección : catequese sobre a necesidade de aceptar a paixón e morte para coñecer o verdadeiro Xesús. 2ª sección: Prólogo da paixón. Xesús proclama o Reino en Xerusalén e é rexeitado. 3ª sección : Proclamación da morte e resurrección, que revela a Xesús como FILLO DE DEUS. Mensaxe aos Doce para que vaian a Galilea para recoñecelo como Fillo de Deus.
25. 25. 1ª sección: Catequese sobre coñecer a Xesús 2ª sección: Por que o matan? Como? 2ª PARTE COMO É MESÍAS? COMO COMPETE AO FILLO DE DEUS

3ª sección:

Xesús revélase Fillo de Deus morrendo

26. 26. IR A “GALILEA”

 Que quere dicir “Ir a Galilea”?

 Na Derradeira Cea Xesús predixo a Pedro e aos Doce que o negarían e fuxirían, pero que despois de resucitar “Irei diante de vós a Galilea” (14,28)

O anuncio cumpriuse. Abandonaron a Xesús e perderon a gran lección da súa morte na que se revelou como Fillo de Deus (15,39).

O anxo que anuncia a resurrección dilles ás mulleres: “ Dicide aos discípulos e a Pedro que irá diante de vós a Galilea. Alí o verán” (16,7)

27. 27.  O relato remata aquí de forma brusca: foron a Galilea?  Polo que sabemos da vida posterior dos discípulos, testestemuñas da resurrección, tiveron que ir.  Que é “ir a Galilea”? Galilea foi o lugar histórico onde se revelou Xesús de forma eficaz, pero na debilidade.  “ Galilea” en sentido figurado é o modo en que Xesús se segue revelando eficazmente actualmente na debilidade da súa Igrexa e da súa palabra. Galilea é o lugar onde se ve a Xesús
28. 28. Final do relato  Non se sabe exactamente por que o relato remata bruscamente en 16, 8.  Hai quen di que porque se perdeu o texto primitivo.  Hai quen di que Marcos non puido rematar a súa obra.  Posiblemente Marcos reamtou así deliberadamente, deixando o texto aberto para que o responda o lector, a quen se invita a “ir a Galilea” e experimentar a presenza de Xesús resucitado, que segue actuando agora como actuou noutro tempo en Galilea.
29. 29. O Apéndice (16,9-20)  A parte final do evanxeo de Mc non foi escrita por el e considérase un apéndice.  Foi engadida axiña e a Igrexa considéraa texto canónico, é dicir, texto inspirado que contén a palabra de Deus.  Posiblemente resume as diversas aparicións que narran os outros evanxeos.
30. 30. TEMAS TEOLÓXICOS  Xesús é o cumprimento da promesa evanxeo.  Xesús é o MESÍAS que proclama e trae o REINO DE DEUS.  Xesús é FILLO DE Deus que actúa na debilidade como SERVO, vivindo unha auténtica EXISTENCIA HUMANA.  A primeira tarefa do DISCÍPULO é coñecer a Xesús.
31. 31. Bibliografía Para profundizar nesta presentación, véxase Antonio Rodríguez Carmona Evangelio de MARCOS (Comentarios a la Nueva Biblia de Jerusalén IB) Desclée de Brouwer)
32. 32. Volveremos co capítulo 2º © AGPolo