O raposo
MonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Raposos na cidade. Non é nova actual, que xa ven de vello,
mais chamoulle a atención a Roque e quere coñecelos.
Xa sabe, polo lido, da súa habilidade para o engano,
do seu louvar aos fortes e aproveitarse dos brandos,
do seu acerto nos xuízos, da súa prevención e dos seus casos.
Do seu protagonismo en cen historias, fábulas e relatos.
E para aprender máis, e coñecelos,
Os raposos son membros da tribu dos vulpinos (Vulpini), mamíferos
carnívoros da familia dos cánidos, na que se incluen os xéneros Vulpes,
Fennecus, Otocyon e Urocyon, representados por unhas 27 especies,
que se atopan en todos os continentes, a non ser na Antártida.
vai ir dar unha volta para velos.
raposo
zorro
azeri
guineu
raposa
fox
renard
fuchs
volpe
O raposo (Vulpes vulpes).
É un cánido, da tribu dos Vulpini, que
se atopa por case todo o hemisferio
norte e foi introducido en Australia.
É o más grande do xénero Vulpes.
Mide de 46 a 90 cm, cun rabo duns
55 cm, e pode pesar entre 4 e 8 kg;
os do norte, que son máis grandes,
poden chegar aos 14 kg. Os machos
tamén adoitan ser ata un 15 % máis
grandes que as femias.
Ten costumes crepusculares
e pódese atopar en case
calquera ecosistema,
incluídas moitas áreas
urbanas.
Pasa as horas do día descansando
nun lugar tranquilo e sae á tardiña
e ao mencer a satisfacer as súas
necesidades
É omnívoro e oportunista. Aliméntase de
calquera cousa. Captura presas de todas clases:
invertebrados (insectos, miñocas, cangrexos e
moluscos), mamíferos (ratos, cortas, coellos,
toupeiras...), aves e ovos, anfibios e réptiles.
Aproveita restos e consume ademais froitos
variados para conseguir entre 0,5 e 1 kg de
alimento que precisa cada día.
Os raposos son
animais
solitarios que so
se xuntan, por
parellas, durante
a época de
reprodución.
Cría desde comezos do ano, entre
xaneiro e abril, máis cedo no sur.
Despois de case dous meses de
xestación a femia ten de 4 a 6 crías
que nacen cobertas dun pelo
esponxado e escuro, abren os ollos
entre os 10 e os 14 días, e ás 4 - 5
semanas xa saen do tobo.
Raposo duns cinco días Raposo nas primeiras saídas do tobo
Ás 8 - 10 semanas
deixan a tobeira
e aos 6 meses
independízanse.
Fanse adultos
aos 9 - 10
meses e xa se
reproducen ao
ano seguinte.
Raposo duns seis meses
Viven unha media de 5
anos -son vítimas da caza,
do tráfico, das trampas e
dos velenos-,
pero en catividade
pasan amplamente
dos 10 anos.
Recoñécense máis de 30 subespecies de Vulpes vulpes
V. v. vulpes, de Eurasia
V. v. alpherakyi, do Turquestán
V. v.anatolica, de Asia Menor
V. v. arabica, da Península Arábiga
V. v. atlantica, da Cordilleira do Atlas
V. v. barbara, do noroeste de África
V. v. beringiana, das illas do Estreito de Bering (Rusia)
V. v. caucasica, do norte do Cáucaso
V. v. crucigera, de Alemania
V. v. daurica, de Siberia
V. v. dolichocrania, de Siberia
V. v. dorsalis,
V. v. flavescens, do norte de Irán
V. v. griffithi, de Afganistán
V. v. hoole, do sur da China
V. v. ichnusae, da Sardeña
V. v. indutus, de Chipre
V. v. jakutensis, de Yakutia (Rusia)
V. v. aponica, do Xapón
V. v. karagan, de Kirguistán
V. v. kurdistanica, do Kurdistán
V. v. montana, do Himalaia
V. v. niloticus, de Exipto
V. v. ochroxantha, do Turquestán
V. v. palaestina, de Palestina
V. v. peculiosa, de Corea
V. v. pusilla, do Punjab (a India)
V. v. schrenckii, da illa Sajalín (Siberia)
V. v. silacea, da Península Ibérica.
V. v. splendidissima, das Illas Kuriles (Siberia)
V. v. stepensis, de Rusia.
V. v. tobolica, do oeste de Siberia
V. v. tschiliensis, do nordeste da China
As outras especies do xénero Vulpes
Raposo de Bengala ou raposo da
India (Vulpes bengalensis).
Atópase en terreos de pouca altitude do
Himalaia, en Nepal, a India, Paquistán e
Bangladés.
Mide entre 50 e 60 cm, máis un rabo de
arredor de 30 cm, e pesa entre 2 e 4 kg.
Os exemplares en catividade adoitan vivir
entre 6 e 8 anos.
Aliméntase de pequenos animais, mamíferos,
aves, réptiles, cangrexos, insectos e algúns
froitos.
A época de cría comeza no outono. Forman
parellas e teñen as crías, entre 2 e 4, despois
dunha xestación de arredor de 60 días.
Raposo afgano ou raposo estepario
(Vulpes cana). Vive en zonas semiáridas, estepas
e montañas de Afganistán, Exipto (Sinaí),
Turquestán, norleste do Irán, suroeste de
Paquistán, Israel, Arabia, Omán, Iemen e
Xordania.
Mide arredor de 30 cm de altura; 42 cm de longo,
máis 30 cm de rabo, e pesa entre 1,5 e 3 kg.
Omnívoro, consume máis froitos ca outros
raposos e, ademais, come insectos e outros
pequenos animais.
Forma parellas entre decembro e xaneiro. As
crías, entre 1 e 3, nacen despois duns 50 a 60 días
e maman uns 2 meses. Son adultos entre os 10 e
12 meses despois de nacer.
Viven entre 4 e 5 anos, aínda que poden chegar
aos 10 anos.
Raposo do Cabo (Vulpes chama).
Atópase en espazos chans abertos, con
mato disperso, de Zimbabue, Botsuana e
Sudáfrica. É un animal solitario de hábitos
maiormente nocturnos.
Mide entre 45 e 61 cm de longo, máis un
rabo de entre 30 e 40 cm; e arredor de 30
cm de alto na cruz. Pode pesar entre 3,5 e
5 kg.
Aliméntase principalmente de pequenos
mamíferos, pero tamén captura aves,
réptiles e invertebrados.
As parellas xúntanse entre outubro e
xaneiro. E despois dun período de
xestación duns 50 días nacen de 2 a 6 crías
que viven nos tobos ata os 4 meses,
dispérsanse cando teñen uns 6 meses e
son adultos aos 9 meses.
Vive uns 6 anos, pero pode chegar aos 10.
Raposo corsac (Vulpes corsac).
Vive nas estepas e zonas semidesérticas do
nordeste de Asia, desde Mongolia, o sur de Rusia
e o norte de Manchuria ata Afganistán e Irán.
Mide entre 50 e 60 cm, máis outros de 22 a 35
cm de rabo.
Aliméntase de mamíferos pequenos, aves,
réptiles, insectos e plantas.
As parellas xúntanse en xaneiro e as crías, entre
2 e 6, nacen despois de 8 semanas de xestación.
Viven de 3 a 12 anos.
Recoñécense 3 subespecies:
V. c. corsac, do sur de Siberia e do norte de
Kazaxistán
V. c. kalmykorum, do Cáucaso e do norte de
Uzbequistán
V. c. turkmenicus, do sur de Uzbequistán,
Turkmenistán, China e Mongolia.
Raposo tibetano
(Vulpes ferrilata). É endémico
da meseta Tibetana do Nepal,
China e a India, ata altitudes de
5.300 m. Cazador solitario e
diurno.
Mide de 60 a 70 cm, máis outros
entre 30 e 40 cm de rabo, e pesa
entre 4 a 5,5 kg.
Aliméntase de pequenos
mamíferos, aves, lagartos, e
cadáveres de animais.
As parellas viven e cazan xuntas.
Cada ano teñen de 2 a 4 crías,
que nacen despois dunha
xestación dunhas 8 semanas, e
fanse independentes entre os 8 e
os 10 meses.​
Raposo vermello americano
(Vulpes fulva). Atópase por todo Estados Unidos ao
leste das Montañas Rochosas, agás no sur das
Grandes Chairas e no sur de Texas, en áreas de
vexetación mixta cun alto nivel de diversidade ou
unha combinación de bosques e terras agrícolas.
Aliméntase de pequenos mamíferos, aves e calquera
outra cousa comestible de orixe animal.
Subespecies:
V. f. abietorum, do Interior da Columbia Británica (Canadá).
V. f. alascensis, do norte de Alaska.
V. f. bangsi, do Quebec e o Labrador (Canadá)
V. f. cascadensis, da serra das Cascadas de Washington (Estados
Unidos).
V. f. deletrix, de Terranova (Canadá)
V. f. fulva, do leste de Canadá e do leste dos Estados Unidos.
V. f. harrimani, da illa Kodiak, Alaska.
V. f. kenaiensis, da panínsula de Kenai, Alaska.
V. f. macroura, das Montañas Rochosas entre Colorado (Estados
Unidos ) e Alberta (Canadá).
V. f. necator, da Serra Nevada de California.
V. f. patwin, do Val de Sacramento, California.
V. f. regalis, das chairas do norte en Minnesota, Estados Unidos.
V. f. rubricosa, de Nova Escocia, Canadá.
Raposo do deserto (Vulpes macrotis).
Vive nas zonas áridas das praderías do suroeste dos
Estados Unidos, e no deserto de Chihuahua e na Baixa
California en México
Mide entre 40 e 52 cm, máis un rabo de entre 26 e 32
cm, e pesa entre 1,5 e 2,8 kg.
É un animal solitario de hábitos nocturnos.
Aliméntase de mamíferos pequenos.
Forma parellas entre decembro e xaneiro. Da xestación,
de 8 semanas, nacen ata 4 crías que pasan ata os seis
meses cos pais.
Recoñécense 2 subespecies:
Vulpes macrotis mutica, do Val de San Xoaquín,
California.
Vulpes macrotis arsipus, do deserto de Mojave.
Raposo pálido (Vulpes pallida).
Habita os desertos rochosos e os
semidesertos do Sahel africano.
Mide de 40 a 45 cm, máis entre 27 e 30 cm de
rabo, e pesa entre 1,5 e 3,5 kg.
Adoita formar grupos de tres, unha femia e
dous machos, e ten costumes nocturnos.
Aliméntase de pequenos animais,
maiormente roedores e insectos, e de froitos.
Cría unha vez ao ano. Despois dunhas oito
semanas de xestación nacen de 3 a 6
cachorros, que maman entre 6 e 8 semanas.
Poden vivir uns 10 anos.
Recoñécense cinco subespecies:
V. p. pallida
V. p. cyrenaica, de Sudán e de Somalia
V. p. edwardsi, do Mali e do Senegal
V. p. harterti, do norte de Nixeria e do Níxer
V. p. oertzeni, de Nixeria, norte do Camerún,
Chad, Libia e Sudán.
Raposo de Rüppell ou raposo da area
(Vulpes rueppellii). Vive no norte de África e no oeste
de Asia, desde Marrocos e o Sahel ata as montañas de
Afganistán.
Mide entre 40 e 52 cm de longo, máis entre 27 e 30 cm de
rabo, e pode pesar de 1,5 a 3 kg.
Aliméntase case de calquera cousa, principalmente
insectos, pero tamén captura, mamíferos, aves e ovos,
réptiles e outros invertebrados, ademais de froitos.
Forma parellas durante a época de reprodución. Despois
duns 50 días de xestación, as femias teñen entre 2 e 3
cachorros que maman entre 6 e 8 semanas.
Vive ata uns 7 anos na natureza, pero acadan moita máis
idade en cativerio.
Recoñécense seis subespecies:
V. r. rueppelli, de Exipto e Sudán
V. r. caesia, do noroeste de África
V. r. cyrenaica, do suroeste de Exipto, Libia e o nordeste
do Sudán
V. r. sabaea, da península Arábica
V. r. zarudneyi, de Afganistán e Paquistán
V. r. somaliae, de Eritrea, Somalia e Etiopía
Raposo veloz (Vulpes velox).
Vive principalmente en praderías de herba
curta e en desertos dos Estados Unidos e do
Canadá.
Mide ata 30 cm de alto e uns 80 cm de
lonxitude total. Pesa entre 2 e 3 kg. Os
machos son un algo máis grandes que as
femias.
É maiormente nocturno. Aliméntase de
animais pequenos de toda clase e inclúe na
dieta herbas, froitos e restos.
Crían unha vez ao ano e os pequenos, entre
3 e 5, nacen na primavera, despois duns 50
días de xestación, e seguen cos pais ata o
outono.
En liberdade pode vivir de 3 a 6 anos pero en
catividade pode chegar aos 14 anos.
e os outros xéneros da tribu dos Vulpini
O fénec, feneco ou raposo do deserto
(Vulpes zerda ou Fennecus zerda). Atópase no
deserto do Sáhara e na penínsua do Sinaí. É o máis
pequeno dos cánidos. Acada so uns 21 cm de
altura na cruz, entre 35 e 40 cm de longo, máis
outros 18 a 30 cm de rabo, e pesa entre 1 e 1,5 kg.
​É un animal nocturno. Pasa o día en tobos fondos
a onde non chega a calor do exterior.
Aliméntase de insectos, réptiles, roedores, aves e
ovos; tamén come froitos.
Emparéllanse entre xaneiro e febreiro e as crías,
de dúas a cinco, nacen despois duns 50 a 54 días,
abren os ollos entre os 8 e 10 días de naceren, son
destetadas aos 2 meses e son adultos aos 9 meses,
aínda que seguen en compaña da nai ata que nace
unha nova camada.
Viven entre 10 e 12 anos na natureza e en
catividade chegan aos 14.
xénero Fennecus: unha especie
Raposo ártico ou raposo polar
(Alopex lagopus ou Vulpes lagopus). Vive nas tundras de
Eurasia e de América, incluídas moitas illas.
Mide entre 35 e 55 cm de longo. O macho é máis grande e pesa
entre 3 e 7 kg e a femia de 2,5 a 6 kg.
Aliméntase de pequenos mamíferos, aves e ovos, e restos
animais. Tamén pode comer froitos e algas.
Forma parellas estables durante a época de cría. Emparéllanse
en marzo e as crías, ata 12 ou máis, nacen en maio.
Muda o pelo cada ano, que cambia de cor para adaptarse ao
medio, ten capa branca, espesa e longa, no inverno e parda,
mais curta e lixeira, no verán.
Viven entre 3 e 6 anos.
Recoñécense, a maiores da especie nominal A. l. lagopus, catro
subespecies:
A. l. beringensis, das Illas Bering,
A. l. fuliginosus, de Islandia,
A. l. pribilofensis, das Illas Pribilof,
A. l. foragorapusis, de Groenlandia,
xénero Alopex: unha especie
Raposo ártico con pelo de inverno (arriba) e con pelo de verán (abaixo)
Raposo orelludo ou otoción (Otocyon megalotis).
Atópase nas pradeiras africanas, coñécense dúas poboacións:
unha no leste, desde Somalia ata o Val do Rift e Tanzania; e outra
no sur, desde o sur de Angola ata o Cabo da Boa Esperanza. A
subespecie do norte e de hábitos maiormente nocturnos
mentres que a do sur ten hábitos nocturnos no verán e diúrnos
no inverno.
Mide entre 47 e 66 cm de longo, de 23 a 34 cm de alto e pode
pesar entre 3 e 5,5 kg.
Aliméntase de invertebrados, maiormente insectos e
habitualmente termitas.
Crían unha vez ao ano, na primavera. As crías, de 2 a 6, nacen aos
dous meses de xestación, son destetadas entre os 2 e os 3 meses,
independízanse aos 6 meses e son adultos aos 9 meses
aproximadamente.
Cada poboación está formada por unha subespecie:
O.m. megalotis, a do sur
o. m. virgatus, a do norte
xénero Otocyon: unha especie
Raposo gris (Urocyon cinereoargenteus). Atópase desde o sur de Canadá a Venezuela.
Mide de 76 a 112 cm de lonxitude total, cun rabo de entre 27 e 44cm, e pesa entre 3 e 7 kg. As femias son máis
pequenas que os machos.
Ocupa distintos ecosistemas, pero prefire os bosques mestos pouco alterados. Adoita subir ás arbores.
Aliméntase de animais pequenos: mamíferos e aves, e completan a dieta con restos animais e froitos.
Forma parellas a comezos da primavera. As crías, entre 2 e 7, nacen entre os 53 e os 60 días de xestación, dispérsanse
no outono e son adultos aos 10 meses de naceren. Vive uns 8 anos.
Recoñécense 16 subespecies:
U. c. borealis, de Nova Inglaterra
U. c. californicus, do sur de California
U. c. cinereoargenteus, do leste dos Estados Unidos
U. c. costaricensis, de Costa Rica
U. c. floridanus, das áreas costeiras do Golfo de México
U. c. fraterculus, do Iucatán
U. c. furvus, de Panamá
U. c. guatemalae, do sur de México ao sur de Nicaragua
U. c. madrensis, do sur de Sonora ao noroeste de Durango
U. c. nigrirostris, do suroeste de México
U. c. ocythous, da Gran Chaira Central dos Estados Unidos
U. c. orinomus, do istmo de Tehuantepec (sur de México)
U. c. peninsularis, da Baixa California
U. c. scottii, do suroeste dos Estados Unidos e do norte de México
U. c. townsendi, do norte de California e de Oregón
U. c. venezuelae, de Colombia e Venezuela
xénero Urocyon: dúas especies
raposo gris das illas (Urocyon littoralis).
So se atopa no arquipélago de Santa Bárbara situado
fronte ás costas de California, onde ocupa
principalmente os matos mestos. Está en perigo de
extinción.
Mide arredor de 50 cm de lonxitude máis entre 20 e
30 cm de rabo e pode pesar entre 1,5 e 3 kg. Os
machos son máis grandes que as femias.
Aliméntase de pequenos animais: mamíferos, aves e
ovos, réptiles e restos; tamén come froitos.
Forman parellas entre xaneiro e marzo. As crías, de 2
a 5, nacen despois duns 50 días de xestación, maman
entre 7 e 9 semanas e fanse adultos aos 10 meses de
nacer.
Viven uns 6 anos, en liberdade, e 8 en catividade.
Recoñécense seis subespecies, unha en cada illa:
U. l. santarosae, da illa de Santa Rosa
U. l. santacruzae, da illa de Santa Cruz
U. l. dickeyi, da illa de San Nicolás
U. l. catalinae, da illa de Santa Catalina
U. l. clementae, da illa de San Clemente
U. l. littoralis, da illa de San Miguel
Non leva o nome, mais para algúns autores ten unha
importante relación filoxenética cos raposos
Can mapache ou tanuki
(Nyctereutes procyonoides). Orixinario do leste de Asia
(leste da China, Corea e o Xapón), e invasor en Europa, Vive en
áreas pantanosas e fluviais con vexetación.
Mide entre 45 e 71 cm, máis un rabo de 12 a 18 cm, e pode
pesar entre 3 e 7 kg.
Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, anfibios, réptiles,
peixes, moluscos, invertebrados, restos e vexetais.
E de actividade crepuscular e nocturna.
Forman parellas entre marzo e abril e, despois dunha xestación
de 60 a 70 días, teñen de 6 a 8 crías que abren os ollos aos 8 ou
10 días, maman entre 2,5 e 3 meses e son independentes a
partir dos 6 meses. Son adultos aos 8 ou 10 meses.
Viven 6 ou 7 anos na natureza e ata 11 en catividade.
Recoñécense cinco subespecies:​
N. p. procyonoides, do leste da China
N. p. koreensis, da península de Corea
N. p. orestes, do sureste da China e o norte do Vietnam
N. p. ussuriensis, de Rusia (surleste de Siberia), do nordeste da
China, Corea e Europa
N. p. viverrinus, do Xapón
Outros xéneros de cánidos coñecidos co nome de
raposos
Raposo de orella curta, atelocino, can de orellas
curtas, can de monte ou can selvático
(Atelocynus microtis). Atópase nas áreas boscosas, lonxe
das poboacións, da selva tropical, preto de ríos e áreas
pantanosas, da cunca do Amazonas en Bolivia, Brasil,
Perú, Ecuador e Colombia.
Mide de 70 a 100 cm de longo, máis uns 30 cm de rabo, e
uns 35 cm de altura. Pode pesar ata 9 kg.
É de costumes nocturnos e solitario. Aliméntase de
mamíferos, réptiles, peixe, insectos e froitos.
Recoñécense dúas subespecies:
A. m. microtis
A. m. sclateri
Atelocynus: cunha soa especie
Raposo cangrexeiro (Cerdocyon thous). Habita en
selvas, bosques e matos de Sudamérica, desde
Panamá ata o centro da Arxentina.
Aliméntase de mamíferos pequenos, aves, réptiles,
anfibios, invertebrados e froitos.
É un animal solitario e activo pola noite
Mide uns 65 cm de longo e 40 cm de altura. Pesa
entre 5 e 8 kg.
Cría normalmente unha vez ao ano. Despois dunha
xestación de 8 semanas ten de 3 a 6 cachorros que
son alimentados ata o terceiro mes. Independízanse
aos 6 meses e fanse adultos aos 9 meses.
Recoñécense 5 subespecies:
C. t. thous, de Venezuela, Güiana, Surinam, Guaiana
Francesa e norte do Brasil.
C. t. azarae, do norte do Brasil.
C. t. entrerianus, do Brasil, Bolivia, Uruguai, Paraguai
e Arxentina.
C. t. aquilus, do norte de Venezuela, e de Colombia.
C. t. germanus, da rexión de Bogotá (Colombia)
Cerdocyon: unha soa especie
Lycalopex: formado por cinco espécies.
Raposo culpeo ou raposo colorado (Lycalopex culpaeus).
Atópase en praderías, desertos, e bosques de montaña ao
longo da Cordilleira dos Andes, desde o sur de Colombia
ata a Terra de Fogo.
Aliméntase de mamíferos pequenos, aves e réptiles, restos
de animais e algunhas plantas.
Os espécimes da zona continental pesan entre 7 e 9 kg,
pero a subespecie de Terra do Fogo pode chegar aos 14 kg.
Recoñécense seis subespecies:
L. c. andinus (raposo colorado altiplánico), de Perú, Bolivia,
o norte de Chile e o noreste da Arxentina
L. c. culpaeus (raposo colorado común), dos Andes do
centro da Arxentina e de Chile.
L. c. lycoides (raposo colorado fueguino), da Terra do Fogo
L. c. magellanicus (raposo colorado patagónico), da
Patagonia Arxentina e Chile
L. c. reissii (raposo colorado ecuatoriano), de Ecuador e o
sur de Colombia
L. c. smithersi (raposo colorado achaleño), so das serras de
Córdoba e San Luís (Arxentina)
Raposo chilote ou raposo de Darwin
(Lycalopex fulvipes). So se atopa en
bosques temperados do sur de Chile, en
dúas poboacións separadas: unha no
oeste da illa Grande de Chiloé, e outra,
con moi poucos exemplares, no
continente, na cordilleira de Nahuelbuta.​
Está considerado o cánido en maior risco
de extinción do mundo.
É de costumes nocturnos. Aliméntase de
pequenos animais, mamíferos, aves,
anfibios, réptiles, insectos e algúns
froitos.
Mide entre 50 e 70 cm de lonxitude total
e 25 cm de altura. Pesa entre 2 e 4 kg.​
Cría unha vez ao ano e ten entre 2 e 3
cachorros.​
Na natureza pode vivir entre 3 e 4 anos.
Raposo gris patagónico ou chilla
(Lycalopex griseus). Atópase en áreas
de pouca altitude da Arxentina e de
Chile.
Mide de 40 a 60 cm de longo, máis
outros 30 cm de rabo, e pesa entre 2,5
e 4,5 kg.
Aliméntase de mamíferos, aves,
réptiles, artrópodos, restos animais e
froitos.
Cría unha vez ao ano. Despois dunha
xestación de 8 semanas ten de 3 a 6
cachorros que se fan independentes
aos 6 ou 7 meses e son adultos cando
teñen arredor de 1 ano.
Aguarachay ou raposo das Pampas
(Lycalopex gymnocercus). Vive nas Pampas do
centro e do norte da Arxentina, en Uruguai,
Paraguai, o leste de Bolivia e o centro e o sur do
Brasil.
Mide de 62 a 65 cm e pesa de 4 a 5,5 kg.
É un animal solitario e nocturno.
Aliméntase de pequenos animais e algunhas
plantas.
Ten entre 2 e 6 crías en cada camada.
Raposo do deserto peruano, raposo da
costa, Raposo de Sechura ou lobo da
costa (Lycalopex sechurae).
É o raposo máis pequeno de América do
Sur. Atópase en desertos e bosques secos
e áridos das terras baixas costeiras, desde
o sur do Ecuador ata o centro do Perú.
Mide entre 50 e 70 cm de longo, máis
arredor de 30 cm de rabo, e pesa entre 2,5
e 4 kg.
Ten costumes nocturnos.
Aliméntase de pequenos mamíferos, aves,
insectos, froitos e sementes.
Raposo do campo, raposo de dentes
pequenos, raposa brasileira ou
jaguapitanga (Lycalopex vetulus).
Atópase en bosques abertos, matos,
mesetas e sabanas que son chas e con
árbores dispersas.
Mide entre 58 e 64 cm, máis outros 30 de
rabo, e pesa de 2,5 a 4 kg.
Aliméntase de pequenos animais,
maiormente de insectos (termitas), outros
artrópodos e vertebrados.
Crían unha vez ao ano. As femias, despois
dunha xestación de 8 semanas, teñen de 2
a 4 crías.
Outros animais que, sen teren relación familiar cos
raposos, tamén reciben ese nome
Os mefítidos (Mephitidae)
son unha familia de
mamíferos carnívoros,
formada por 12 especies e
numerosas subespecies, das
que 10 especies viven en
América e dúas no sueste de
Asia.
Son animais de pequenos a
medianos, de cores
contrastadas, fondo escuro
con raias ou manchas claras,
coas que advirten da súa
capacidade para proxectar
sustancias fedorentas e
irritantes a distancia.
Algunhas especies dos
mefítidos son coñecidas nas
súas áreas de distribución
como raposos, raposinhas,
raposos cheirentos ou
mofetas.
Os didelfimorfos
(Didelphimorphia).
Son un orde de mamíferos
marsupiais con 92 especies
vivas, todas da familia
Didelphidae. Son animais de
pequenos a medianos,
omnívoros, terrestres e
arborícolas que viven en
América son coñecidas como
zarigüeyas, tlacuaches,
marmosas, gambás, raposas ou
raposas mochileiras
Os tiburóns do xénero
Alopias son coñecidos
como raposos do mar e
tiburóns raposo.
Chámanse así pola
lonxitude do seu rabo, que
mide case tanto como o
resto do corpo. Coñécense
3 especies:
Alopias pelagicus,
Alopias superciliosus,
e Alopias vulpinus.
Tamén levan o nome de raposos uns parentes de Roque.
Os pteropódidos (Pteropodidae) unha familia de morcegos
grandes, comedores de froita, das áreas tropicais de África,
Asia e Oceanía son coñecidos como raposos voadores.
O máis grande é o Acerodon jubatus, das selvas de
Filipinas, cunha envergadura media de 1,5 m e un peso de
máis de 1 kg. Os machos son máis grandes e máis pesados
que as femias.
As imaxes foron collidas da “rede”.
Agradezo aos autores a dispoñibilidade e agardo saiban desculpar o uso que lles din. Mon Daporta 2020
... e entre que fun e volvín
isto foi o que vin... e aprendín

O raposo (Morcego Roque)

  • 1.
  • 2.
    Raposos na cidade.Non é nova actual, que xa ven de vello, mais chamoulle a atención a Roque e quere coñecelos.
  • 3.
    Xa sabe, pololido, da súa habilidade para o engano, do seu louvar aos fortes e aproveitarse dos brandos, do seu acerto nos xuízos, da súa prevención e dos seus casos. Do seu protagonismo en cen historias, fábulas e relatos.
  • 4.
    E para aprendermáis, e coñecelos, Os raposos son membros da tribu dos vulpinos (Vulpini), mamíferos carnívoros da familia dos cánidos, na que se incluen os xéneros Vulpes, Fennecus, Otocyon e Urocyon, representados por unhas 27 especies, que se atopan en todos os continentes, a non ser na Antártida.
  • 5.
    vai ir darunha volta para velos.
  • 6.
  • 7.
    O raposo (Vulpesvulpes). É un cánido, da tribu dos Vulpini, que se atopa por case todo o hemisferio norte e foi introducido en Australia. É o más grande do xénero Vulpes. Mide de 46 a 90 cm, cun rabo duns 55 cm, e pode pesar entre 4 e 8 kg; os do norte, que son máis grandes, poden chegar aos 14 kg. Os machos tamén adoitan ser ata un 15 % máis grandes que as femias.
  • 8.
    Ten costumes crepusculares epódese atopar en case calquera ecosistema, incluídas moitas áreas urbanas.
  • 9.
    Pasa as horasdo día descansando nun lugar tranquilo e sae á tardiña e ao mencer a satisfacer as súas necesidades
  • 10.
    É omnívoro eoportunista. Aliméntase de calquera cousa. Captura presas de todas clases: invertebrados (insectos, miñocas, cangrexos e moluscos), mamíferos (ratos, cortas, coellos, toupeiras...), aves e ovos, anfibios e réptiles. Aproveita restos e consume ademais froitos variados para conseguir entre 0,5 e 1 kg de alimento que precisa cada día.
  • 11.
    Os raposos son animais solitariosque so se xuntan, por parellas, durante a época de reprodución.
  • 12.
    Cría desde comezosdo ano, entre xaneiro e abril, máis cedo no sur. Despois de case dous meses de xestación a femia ten de 4 a 6 crías que nacen cobertas dun pelo esponxado e escuro, abren os ollos entre os 10 e os 14 días, e ás 4 - 5 semanas xa saen do tobo. Raposo duns cinco días Raposo nas primeiras saídas do tobo
  • 13.
    Ás 8 -10 semanas deixan a tobeira
  • 14.
    e aos 6meses independízanse. Fanse adultos aos 9 - 10 meses e xa se reproducen ao ano seguinte. Raposo duns seis meses
  • 15.
    Viven unha mediade 5 anos -son vítimas da caza, do tráfico, das trampas e dos velenos-,
  • 16.
    pero en catividade pasanamplamente dos 10 anos.
  • 17.
    Recoñécense máis de30 subespecies de Vulpes vulpes V. v. vulpes, de Eurasia V. v. alpherakyi, do Turquestán V. v.anatolica, de Asia Menor V. v. arabica, da Península Arábiga V. v. atlantica, da Cordilleira do Atlas V. v. barbara, do noroeste de África V. v. beringiana, das illas do Estreito de Bering (Rusia) V. v. caucasica, do norte do Cáucaso V. v. crucigera, de Alemania V. v. daurica, de Siberia V. v. dolichocrania, de Siberia V. v. dorsalis, V. v. flavescens, do norte de Irán V. v. griffithi, de Afganistán V. v. hoole, do sur da China V. v. ichnusae, da Sardeña V. v. indutus, de Chipre V. v. jakutensis, de Yakutia (Rusia) V. v. aponica, do Xapón V. v. karagan, de Kirguistán V. v. kurdistanica, do Kurdistán V. v. montana, do Himalaia V. v. niloticus, de Exipto V. v. ochroxantha, do Turquestán V. v. palaestina, de Palestina V. v. peculiosa, de Corea V. v. pusilla, do Punjab (a India) V. v. schrenckii, da illa Sajalín (Siberia) V. v. silacea, da Península Ibérica. V. v. splendidissima, das Illas Kuriles (Siberia) V. v. stepensis, de Rusia. V. v. tobolica, do oeste de Siberia V. v. tschiliensis, do nordeste da China
  • 19.
    As outras especiesdo xénero Vulpes
  • 20.
    Raposo de Bengalaou raposo da India (Vulpes bengalensis). Atópase en terreos de pouca altitude do Himalaia, en Nepal, a India, Paquistán e Bangladés. Mide entre 50 e 60 cm, máis un rabo de arredor de 30 cm, e pesa entre 2 e 4 kg. Os exemplares en catividade adoitan vivir entre 6 e 8 anos. Aliméntase de pequenos animais, mamíferos, aves, réptiles, cangrexos, insectos e algúns froitos. A época de cría comeza no outono. Forman parellas e teñen as crías, entre 2 e 4, despois dunha xestación de arredor de 60 días.
  • 21.
    Raposo afgano ouraposo estepario (Vulpes cana). Vive en zonas semiáridas, estepas e montañas de Afganistán, Exipto (Sinaí), Turquestán, norleste do Irán, suroeste de Paquistán, Israel, Arabia, Omán, Iemen e Xordania. Mide arredor de 30 cm de altura; 42 cm de longo, máis 30 cm de rabo, e pesa entre 1,5 e 3 kg. Omnívoro, consume máis froitos ca outros raposos e, ademais, come insectos e outros pequenos animais. Forma parellas entre decembro e xaneiro. As crías, entre 1 e 3, nacen despois duns 50 a 60 días e maman uns 2 meses. Son adultos entre os 10 e 12 meses despois de nacer. Viven entre 4 e 5 anos, aínda que poden chegar aos 10 anos.
  • 22.
    Raposo do Cabo(Vulpes chama). Atópase en espazos chans abertos, con mato disperso, de Zimbabue, Botsuana e Sudáfrica. É un animal solitario de hábitos maiormente nocturnos. Mide entre 45 e 61 cm de longo, máis un rabo de entre 30 e 40 cm; e arredor de 30 cm de alto na cruz. Pode pesar entre 3,5 e 5 kg. Aliméntase principalmente de pequenos mamíferos, pero tamén captura aves, réptiles e invertebrados. As parellas xúntanse entre outubro e xaneiro. E despois dun período de xestación duns 50 días nacen de 2 a 6 crías que viven nos tobos ata os 4 meses, dispérsanse cando teñen uns 6 meses e son adultos aos 9 meses. Vive uns 6 anos, pero pode chegar aos 10.
  • 23.
    Raposo corsac (Vulpescorsac). Vive nas estepas e zonas semidesérticas do nordeste de Asia, desde Mongolia, o sur de Rusia e o norte de Manchuria ata Afganistán e Irán. Mide entre 50 e 60 cm, máis outros de 22 a 35 cm de rabo. Aliméntase de mamíferos pequenos, aves, réptiles, insectos e plantas. As parellas xúntanse en xaneiro e as crías, entre 2 e 6, nacen despois de 8 semanas de xestación. Viven de 3 a 12 anos. Recoñécense 3 subespecies: V. c. corsac, do sur de Siberia e do norte de Kazaxistán V. c. kalmykorum, do Cáucaso e do norte de Uzbequistán V. c. turkmenicus, do sur de Uzbequistán, Turkmenistán, China e Mongolia.
  • 24.
    Raposo tibetano (Vulpes ferrilata).É endémico da meseta Tibetana do Nepal, China e a India, ata altitudes de 5.300 m. Cazador solitario e diurno. Mide de 60 a 70 cm, máis outros entre 30 e 40 cm de rabo, e pesa entre 4 a 5,5 kg. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, lagartos, e cadáveres de animais. As parellas viven e cazan xuntas. Cada ano teñen de 2 a 4 crías, que nacen despois dunha xestación dunhas 8 semanas, e fanse independentes entre os 8 e os 10 meses.​
  • 25.
    Raposo vermello americano (Vulpesfulva). Atópase por todo Estados Unidos ao leste das Montañas Rochosas, agás no sur das Grandes Chairas e no sur de Texas, en áreas de vexetación mixta cun alto nivel de diversidade ou unha combinación de bosques e terras agrícolas. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves e calquera outra cousa comestible de orixe animal. Subespecies: V. f. abietorum, do Interior da Columbia Británica (Canadá). V. f. alascensis, do norte de Alaska. V. f. bangsi, do Quebec e o Labrador (Canadá) V. f. cascadensis, da serra das Cascadas de Washington (Estados Unidos). V. f. deletrix, de Terranova (Canadá) V. f. fulva, do leste de Canadá e do leste dos Estados Unidos. V. f. harrimani, da illa Kodiak, Alaska. V. f. kenaiensis, da panínsula de Kenai, Alaska. V. f. macroura, das Montañas Rochosas entre Colorado (Estados Unidos ) e Alberta (Canadá). V. f. necator, da Serra Nevada de California. V. f. patwin, do Val de Sacramento, California. V. f. regalis, das chairas do norte en Minnesota, Estados Unidos. V. f. rubricosa, de Nova Escocia, Canadá.
  • 26.
    Raposo do deserto(Vulpes macrotis). Vive nas zonas áridas das praderías do suroeste dos Estados Unidos, e no deserto de Chihuahua e na Baixa California en México Mide entre 40 e 52 cm, máis un rabo de entre 26 e 32 cm, e pesa entre 1,5 e 2,8 kg. É un animal solitario de hábitos nocturnos. Aliméntase de mamíferos pequenos. Forma parellas entre decembro e xaneiro. Da xestación, de 8 semanas, nacen ata 4 crías que pasan ata os seis meses cos pais. Recoñécense 2 subespecies: Vulpes macrotis mutica, do Val de San Xoaquín, California. Vulpes macrotis arsipus, do deserto de Mojave.
  • 27.
    Raposo pálido (Vulpespallida). Habita os desertos rochosos e os semidesertos do Sahel africano. Mide de 40 a 45 cm, máis entre 27 e 30 cm de rabo, e pesa entre 1,5 e 3,5 kg. Adoita formar grupos de tres, unha femia e dous machos, e ten costumes nocturnos. Aliméntase de pequenos animais, maiormente roedores e insectos, e de froitos. Cría unha vez ao ano. Despois dunhas oito semanas de xestación nacen de 3 a 6 cachorros, que maman entre 6 e 8 semanas. Poden vivir uns 10 anos. Recoñécense cinco subespecies: V. p. pallida V. p. cyrenaica, de Sudán e de Somalia V. p. edwardsi, do Mali e do Senegal V. p. harterti, do norte de Nixeria e do Níxer V. p. oertzeni, de Nixeria, norte do Camerún, Chad, Libia e Sudán.
  • 28.
    Raposo de Rüppellou raposo da area (Vulpes rueppellii). Vive no norte de África e no oeste de Asia, desde Marrocos e o Sahel ata as montañas de Afganistán. Mide entre 40 e 52 cm de longo, máis entre 27 e 30 cm de rabo, e pode pesar de 1,5 a 3 kg. Aliméntase case de calquera cousa, principalmente insectos, pero tamén captura, mamíferos, aves e ovos, réptiles e outros invertebrados, ademais de froitos. Forma parellas durante a época de reprodución. Despois duns 50 días de xestación, as femias teñen entre 2 e 3 cachorros que maman entre 6 e 8 semanas. Vive ata uns 7 anos na natureza, pero acadan moita máis idade en cativerio. Recoñécense seis subespecies: V. r. rueppelli, de Exipto e Sudán V. r. caesia, do noroeste de África V. r. cyrenaica, do suroeste de Exipto, Libia e o nordeste do Sudán V. r. sabaea, da península Arábica V. r. zarudneyi, de Afganistán e Paquistán V. r. somaliae, de Eritrea, Somalia e Etiopía
  • 29.
    Raposo veloz (Vulpesvelox). Vive principalmente en praderías de herba curta e en desertos dos Estados Unidos e do Canadá. Mide ata 30 cm de alto e uns 80 cm de lonxitude total. Pesa entre 2 e 3 kg. Os machos son un algo máis grandes que as femias. É maiormente nocturno. Aliméntase de animais pequenos de toda clase e inclúe na dieta herbas, froitos e restos. Crían unha vez ao ano e os pequenos, entre 3 e 5, nacen na primavera, despois duns 50 días de xestación, e seguen cos pais ata o outono. En liberdade pode vivir de 3 a 6 anos pero en catividade pode chegar aos 14 anos.
  • 30.
    e os outrosxéneros da tribu dos Vulpini
  • 31.
    O fénec, fenecoou raposo do deserto (Vulpes zerda ou Fennecus zerda). Atópase no deserto do Sáhara e na penínsua do Sinaí. É o máis pequeno dos cánidos. Acada so uns 21 cm de altura na cruz, entre 35 e 40 cm de longo, máis outros 18 a 30 cm de rabo, e pesa entre 1 e 1,5 kg. ​É un animal nocturno. Pasa o día en tobos fondos a onde non chega a calor do exterior. Aliméntase de insectos, réptiles, roedores, aves e ovos; tamén come froitos. Emparéllanse entre xaneiro e febreiro e as crías, de dúas a cinco, nacen despois duns 50 a 54 días, abren os ollos entre os 8 e 10 días de naceren, son destetadas aos 2 meses e son adultos aos 9 meses, aínda que seguen en compaña da nai ata que nace unha nova camada. Viven entre 10 e 12 anos na natureza e en catividade chegan aos 14. xénero Fennecus: unha especie
  • 32.
    Raposo ártico ouraposo polar (Alopex lagopus ou Vulpes lagopus). Vive nas tundras de Eurasia e de América, incluídas moitas illas. Mide entre 35 e 55 cm de longo. O macho é máis grande e pesa entre 3 e 7 kg e a femia de 2,5 a 6 kg. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves e ovos, e restos animais. Tamén pode comer froitos e algas. Forma parellas estables durante a época de cría. Emparéllanse en marzo e as crías, ata 12 ou máis, nacen en maio. Muda o pelo cada ano, que cambia de cor para adaptarse ao medio, ten capa branca, espesa e longa, no inverno e parda, mais curta e lixeira, no verán. Viven entre 3 e 6 anos. Recoñécense, a maiores da especie nominal A. l. lagopus, catro subespecies: A. l. beringensis, das Illas Bering, A. l. fuliginosus, de Islandia, A. l. pribilofensis, das Illas Pribilof, A. l. foragorapusis, de Groenlandia, xénero Alopex: unha especie Raposo ártico con pelo de inverno (arriba) e con pelo de verán (abaixo)
  • 33.
    Raposo orelludo ouotoción (Otocyon megalotis). Atópase nas pradeiras africanas, coñécense dúas poboacións: unha no leste, desde Somalia ata o Val do Rift e Tanzania; e outra no sur, desde o sur de Angola ata o Cabo da Boa Esperanza. A subespecie do norte e de hábitos maiormente nocturnos mentres que a do sur ten hábitos nocturnos no verán e diúrnos no inverno. Mide entre 47 e 66 cm de longo, de 23 a 34 cm de alto e pode pesar entre 3 e 5,5 kg. Aliméntase de invertebrados, maiormente insectos e habitualmente termitas. Crían unha vez ao ano, na primavera. As crías, de 2 a 6, nacen aos dous meses de xestación, son destetadas entre os 2 e os 3 meses, independízanse aos 6 meses e son adultos aos 9 meses aproximadamente. Cada poboación está formada por unha subespecie: O.m. megalotis, a do sur o. m. virgatus, a do norte xénero Otocyon: unha especie
  • 34.
    Raposo gris (Urocyoncinereoargenteus). Atópase desde o sur de Canadá a Venezuela. Mide de 76 a 112 cm de lonxitude total, cun rabo de entre 27 e 44cm, e pesa entre 3 e 7 kg. As femias son máis pequenas que os machos. Ocupa distintos ecosistemas, pero prefire os bosques mestos pouco alterados. Adoita subir ás arbores. Aliméntase de animais pequenos: mamíferos e aves, e completan a dieta con restos animais e froitos. Forma parellas a comezos da primavera. As crías, entre 2 e 7, nacen entre os 53 e os 60 días de xestación, dispérsanse no outono e son adultos aos 10 meses de naceren. Vive uns 8 anos. Recoñécense 16 subespecies: U. c. borealis, de Nova Inglaterra U. c. californicus, do sur de California U. c. cinereoargenteus, do leste dos Estados Unidos U. c. costaricensis, de Costa Rica U. c. floridanus, das áreas costeiras do Golfo de México U. c. fraterculus, do Iucatán U. c. furvus, de Panamá U. c. guatemalae, do sur de México ao sur de Nicaragua U. c. madrensis, do sur de Sonora ao noroeste de Durango U. c. nigrirostris, do suroeste de México U. c. ocythous, da Gran Chaira Central dos Estados Unidos U. c. orinomus, do istmo de Tehuantepec (sur de México) U. c. peninsularis, da Baixa California U. c. scottii, do suroeste dos Estados Unidos e do norte de México U. c. townsendi, do norte de California e de Oregón U. c. venezuelae, de Colombia e Venezuela xénero Urocyon: dúas especies
  • 35.
    raposo gris dasillas (Urocyon littoralis). So se atopa no arquipélago de Santa Bárbara situado fronte ás costas de California, onde ocupa principalmente os matos mestos. Está en perigo de extinción. Mide arredor de 50 cm de lonxitude máis entre 20 e 30 cm de rabo e pode pesar entre 1,5 e 3 kg. Os machos son máis grandes que as femias. Aliméntase de pequenos animais: mamíferos, aves e ovos, réptiles e restos; tamén come froitos. Forman parellas entre xaneiro e marzo. As crías, de 2 a 5, nacen despois duns 50 días de xestación, maman entre 7 e 9 semanas e fanse adultos aos 10 meses de nacer. Viven uns 6 anos, en liberdade, e 8 en catividade. Recoñécense seis subespecies, unha en cada illa: U. l. santarosae, da illa de Santa Rosa U. l. santacruzae, da illa de Santa Cruz U. l. dickeyi, da illa de San Nicolás U. l. catalinae, da illa de Santa Catalina U. l. clementae, da illa de San Clemente U. l. littoralis, da illa de San Miguel
  • 36.
    Non leva onome, mais para algúns autores ten unha importante relación filoxenética cos raposos
  • 37.
    Can mapache outanuki (Nyctereutes procyonoides). Orixinario do leste de Asia (leste da China, Corea e o Xapón), e invasor en Europa, Vive en áreas pantanosas e fluviais con vexetación. Mide entre 45 e 71 cm, máis un rabo de 12 a 18 cm, e pode pesar entre 3 e 7 kg. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, anfibios, réptiles, peixes, moluscos, invertebrados, restos e vexetais. E de actividade crepuscular e nocturna. Forman parellas entre marzo e abril e, despois dunha xestación de 60 a 70 días, teñen de 6 a 8 crías que abren os ollos aos 8 ou 10 días, maman entre 2,5 e 3 meses e son independentes a partir dos 6 meses. Son adultos aos 8 ou 10 meses. Viven 6 ou 7 anos na natureza e ata 11 en catividade. Recoñécense cinco subespecies:​ N. p. procyonoides, do leste da China N. p. koreensis, da península de Corea N. p. orestes, do sureste da China e o norte do Vietnam N. p. ussuriensis, de Rusia (surleste de Siberia), do nordeste da China, Corea e Europa N. p. viverrinus, do Xapón
  • 38.
    Outros xéneros decánidos coñecidos co nome de raposos
  • 39.
    Raposo de orellacurta, atelocino, can de orellas curtas, can de monte ou can selvático (Atelocynus microtis). Atópase nas áreas boscosas, lonxe das poboacións, da selva tropical, preto de ríos e áreas pantanosas, da cunca do Amazonas en Bolivia, Brasil, Perú, Ecuador e Colombia. Mide de 70 a 100 cm de longo, máis uns 30 cm de rabo, e uns 35 cm de altura. Pode pesar ata 9 kg. É de costumes nocturnos e solitario. Aliméntase de mamíferos, réptiles, peixe, insectos e froitos. Recoñécense dúas subespecies: A. m. microtis A. m. sclateri Atelocynus: cunha soa especie
  • 40.
    Raposo cangrexeiro (Cerdocyonthous). Habita en selvas, bosques e matos de Sudamérica, desde Panamá ata o centro da Arxentina. Aliméntase de mamíferos pequenos, aves, réptiles, anfibios, invertebrados e froitos. É un animal solitario e activo pola noite Mide uns 65 cm de longo e 40 cm de altura. Pesa entre 5 e 8 kg. Cría normalmente unha vez ao ano. Despois dunha xestación de 8 semanas ten de 3 a 6 cachorros que son alimentados ata o terceiro mes. Independízanse aos 6 meses e fanse adultos aos 9 meses. Recoñécense 5 subespecies: C. t. thous, de Venezuela, Güiana, Surinam, Guaiana Francesa e norte do Brasil. C. t. azarae, do norte do Brasil. C. t. entrerianus, do Brasil, Bolivia, Uruguai, Paraguai e Arxentina. C. t. aquilus, do norte de Venezuela, e de Colombia. C. t. germanus, da rexión de Bogotá (Colombia) Cerdocyon: unha soa especie
  • 41.
    Lycalopex: formado porcinco espécies. Raposo culpeo ou raposo colorado (Lycalopex culpaeus). Atópase en praderías, desertos, e bosques de montaña ao longo da Cordilleira dos Andes, desde o sur de Colombia ata a Terra de Fogo. Aliméntase de mamíferos pequenos, aves e réptiles, restos de animais e algunhas plantas. Os espécimes da zona continental pesan entre 7 e 9 kg, pero a subespecie de Terra do Fogo pode chegar aos 14 kg. Recoñécense seis subespecies: L. c. andinus (raposo colorado altiplánico), de Perú, Bolivia, o norte de Chile e o noreste da Arxentina L. c. culpaeus (raposo colorado común), dos Andes do centro da Arxentina e de Chile. L. c. lycoides (raposo colorado fueguino), da Terra do Fogo L. c. magellanicus (raposo colorado patagónico), da Patagonia Arxentina e Chile L. c. reissii (raposo colorado ecuatoriano), de Ecuador e o sur de Colombia L. c. smithersi (raposo colorado achaleño), so das serras de Córdoba e San Luís (Arxentina)
  • 42.
    Raposo chilote ouraposo de Darwin (Lycalopex fulvipes). So se atopa en bosques temperados do sur de Chile, en dúas poboacións separadas: unha no oeste da illa Grande de Chiloé, e outra, con moi poucos exemplares, no continente, na cordilleira de Nahuelbuta.​ Está considerado o cánido en maior risco de extinción do mundo. É de costumes nocturnos. Aliméntase de pequenos animais, mamíferos, aves, anfibios, réptiles, insectos e algúns froitos. Mide entre 50 e 70 cm de lonxitude total e 25 cm de altura. Pesa entre 2 e 4 kg.​ Cría unha vez ao ano e ten entre 2 e 3 cachorros.​ Na natureza pode vivir entre 3 e 4 anos.
  • 43.
    Raposo gris patagónicoou chilla (Lycalopex griseus). Atópase en áreas de pouca altitude da Arxentina e de Chile. Mide de 40 a 60 cm de longo, máis outros 30 cm de rabo, e pesa entre 2,5 e 4,5 kg. Aliméntase de mamíferos, aves, réptiles, artrópodos, restos animais e froitos. Cría unha vez ao ano. Despois dunha xestación de 8 semanas ten de 3 a 6 cachorros que se fan independentes aos 6 ou 7 meses e son adultos cando teñen arredor de 1 ano.
  • 44.
    Aguarachay ou raposodas Pampas (Lycalopex gymnocercus). Vive nas Pampas do centro e do norte da Arxentina, en Uruguai, Paraguai, o leste de Bolivia e o centro e o sur do Brasil. Mide de 62 a 65 cm e pesa de 4 a 5,5 kg. É un animal solitario e nocturno. Aliméntase de pequenos animais e algunhas plantas. Ten entre 2 e 6 crías en cada camada.
  • 45.
    Raposo do desertoperuano, raposo da costa, Raposo de Sechura ou lobo da costa (Lycalopex sechurae). É o raposo máis pequeno de América do Sur. Atópase en desertos e bosques secos e áridos das terras baixas costeiras, desde o sur do Ecuador ata o centro do Perú. Mide entre 50 e 70 cm de longo, máis arredor de 30 cm de rabo, e pesa entre 2,5 e 4 kg. Ten costumes nocturnos. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, insectos, froitos e sementes.
  • 46.
    Raposo do campo,raposo de dentes pequenos, raposa brasileira ou jaguapitanga (Lycalopex vetulus). Atópase en bosques abertos, matos, mesetas e sabanas que son chas e con árbores dispersas. Mide entre 58 e 64 cm, máis outros 30 de rabo, e pesa de 2,5 a 4 kg. Aliméntase de pequenos animais, maiormente de insectos (termitas), outros artrópodos e vertebrados. Crían unha vez ao ano. As femias, despois dunha xestación de 8 semanas, teñen de 2 a 4 crías.
  • 47.
    Outros animais que,sen teren relación familiar cos raposos, tamén reciben ese nome
  • 48.
    Os mefítidos (Mephitidae) sonunha familia de mamíferos carnívoros, formada por 12 especies e numerosas subespecies, das que 10 especies viven en América e dúas no sueste de Asia. Son animais de pequenos a medianos, de cores contrastadas, fondo escuro con raias ou manchas claras, coas que advirten da súa capacidade para proxectar sustancias fedorentas e irritantes a distancia. Algunhas especies dos mefítidos son coñecidas nas súas áreas de distribución como raposos, raposinhas, raposos cheirentos ou mofetas.
  • 49.
    Os didelfimorfos (Didelphimorphia). Son unorde de mamíferos marsupiais con 92 especies vivas, todas da familia Didelphidae. Son animais de pequenos a medianos, omnívoros, terrestres e arborícolas que viven en América son coñecidas como zarigüeyas, tlacuaches, marmosas, gambás, raposas ou raposas mochileiras
  • 50.
    Os tiburóns doxénero Alopias son coñecidos como raposos do mar e tiburóns raposo. Chámanse así pola lonxitude do seu rabo, que mide case tanto como o resto do corpo. Coñécense 3 especies: Alopias pelagicus, Alopias superciliosus, e Alopias vulpinus.
  • 51.
    Tamén levan onome de raposos uns parentes de Roque. Os pteropódidos (Pteropodidae) unha familia de morcegos grandes, comedores de froita, das áreas tropicais de África, Asia e Oceanía son coñecidos como raposos voadores. O máis grande é o Acerodon jubatus, das selvas de Filipinas, cunha envergadura media de 1,5 m e un peso de máis de 1 kg. Os machos son máis grandes e máis pesados que as femias.
  • 52.
    As imaxes foroncollidas da “rede”. Agradezo aos autores a dispoñibilidade e agardo saiban desculpar o uso que lles din. Mon Daporta 2020 ... e entre que fun e volvín isto foi o que vin... e aprendín