SlideShare a Scribd company logo
1 of 126
O pardal,
os seus
parentes
e outros achegados, ou non,
cos que comparte nome
Estaba medio a durmir cando o espertou unha berra.
Chios, turros, ais, carreiras... que barullo! que pelexas!
E descubreu aos pardais armando unha boa lea
que logo non foi a máis... Cousas da primavera!
Pensando logo no que vira púxose a cavilar
no pouco que coñecía ao seu veciño o pardal.
Víao andar todos días por alí a revoar
e case só sabía o seu nome e pouquiña cousa máis.
E sendo el como é, botouse a investigar.
Todo o que veu e aprendeu, aquí está para ensinar.
pardal
gorrión
txolarre
pardal, teuladí
pardal
sparrow
moineau
haussperling, spatz
passero
Pardal (Passer domesticus). É orixinario de
Eurasia e do norte de África, pero actualmente
atópase nas zonas urbanas temperadas de
case todo o mundo porque foi introducido en
todos os continentes. É un paxaro robusto,
coas patas curtas e o peteiro cónico groso e
forte; sedentario, gregario, curioso e ousado.
Mapa de distribución do pardal (en cor máis crara as áreas nas que foi introducido)
Mide de 14 a 16
cm (o macho
adoita ser máis
grande e máis
coreado que a
femia) e pesa uns
30 g.
Parella de pardais:
á esquerda o macho
e á dereita a femia.
Vive sempre
preto da xente
ata o punto de
que se se
abandona un
lugar os pardais
que viven alí
desaparecen. Os
das áreas
urbanas chegan a
ser tan ousados
como para
colleren o
alimento
directamente da
man de quen
llelo ofrece.
Son gregarios
e
oportunistas.
Aliméntase principalmente de sementes, aínda que aproveitan
canto comestible atopan na súa contorna.
E fan uso de todos os recursos de que dispoñen
Na época de cría capturan insectos para
alimentaren ás roladas.
Fóra da época de cría forma bandos de alimentación e
percorre os campos de cereais
É bastante agresivo se ten que
defender o lugar de aniñada
ou a comida
E non se arredan aínda que o
opoñente sexa máis grande
Para mantérense limpos e
conservaren as plumas en
bo estado toman baños na
auga ou refréganse na
terra.
Na primavera,
antes de
comezar a
estación de
reproducción,
mudan a
pluma para
presentaren o
seu mellor
aspecto
Adoitan ser bastante
silenciosos a non ser
na época de cría na
que os machos chían
a miudo para marcar
o territorio e para
chamar a atención
das femias
Para formar as
parellas, grupos de
machos perseguen e
acosan a unha femia
armando un gran
balbordo con
persecucións, voos e
chíos.
Forman parellas
estables e, se
poden, unhas
aniñan preto de
outras en
pequenos
grupos.
Constrúen o niño, con
pallas, plumas e outros
materiais; en furados de
paredes e de árbores.
A femia pon de catro a cinco
ovos. Que chocan,
alternativamente, os dous
membros da parella entre 13
e 17 días.
Poden facer ata catro postas
por tempada de cría.
As crías nacen espidas e cegas
e deixan o niño dúas semanas
despois de naceren.
As crías, mentras non voan,
son alimentadas polo pai e
pola nai cunha dieta que
inclúe un gran número de
invertebrados
Os pais seguen a alimentar ás
crías uns 10 días despois de
que abandonan o niño, ata
que aprenden a recoñecer os
alimentos por si mesmas.
Poden chegar a vivir ata
trece años en cautividade,
aínda que na natureza
viven moito menos
tempo.
as outras especies
Pardal orelleiro (Passer montanus).
Atópase na meirande parte da Eurasia
temperada e no surleste de Asia, e foi
introducido noutros países. Os machos e as
femias son iguais. As subespecies asiáticas son
máis urbanas e as europeas son máis de espazos
abertos. Está e diminuír en Europa occidental
mentres que en Asia oriental e no oeste de
Australia é considerado unha praga.
Recoñécense sete subespecies e varios híbridos:
P. m. montanus, habita en toda Europa (menos no suroeste da
Península Ibérica, o sur de Grecia e os Balcáns), no leste de Asia ata o
río Lena en parte de Turquía, o Cáucaso, Kazaxistán, Mongolia e Corea.
P. m. transcaucasicus, habita desde o sur do Cáucaso oriental ata o
norte de Irán. É máis escuro e gris que a subespecie nominal.
P. m. dilutus, vive no nordeste de Irán, o norte de Pakistán e o
noroeste da India, e desde Uzbekistán e o Taxikistán ata o leste da
China. Ten a plumaxe máis crara.
P. m. tibetanus, atópase nos Himalaias septentrionais, no Tíbet desde
o leste do Nepal ata o noroeste de China. É a subespecie de maior
tamaño.
P. m. saturatus, Vive na illa de Saxalín, nas Kuriles, Xapón, Taiwán e
Corea do Sur. É máis escuro ca ssp. nominal e ten o peteiro máis longo.
P. m. malaccensis, Atópase desde o sur dos Himalaias occidentais ata
o leste de Hainan (na China) e Indonesia. Ten as cores máis escuras.
P. m. hepaticus, atópase desde o nordeste de Assam ata o noroeste de
Birmania.
Pardal mouro (Passer hispaniolensis).
Atópase na Península Ibérica, o Magreb,
Córcega, Sicilia, Sardeña e Grecia. Seméllase ao
pardal común pero ten o peito e os lados do
corpo máis escuros. En Galiza só ten presenza
ocasional.
Recoñécense dúas subespecies:
P. h. Hispaniolensis, das illas de Cabo Verde, as illas Canarias,
Madeira, o sur de Europa e o norte de África.
P. h. Transcaspicus, que se atopa desde Irán e o Caspio ata o leste
de Kazakstán e Afganistán.
Pardal do saxaul (Passer ammodendri).
Atópase en zonas dispersas de Asia
central (China, Irán, Kazaxistán,
Kirguistán, Mongolia, Taxikistán,
Turkmenistán e Uzbekistán). Mide de 14
a 16 cm de longo e pesa de 25 a 27 g.
Recoñécense 3 subespecies: P. a. Ammodendri, P. a.
Nigricans e P. a. Stoliczkae.
Pardal do Sind
(Passer pyrrhonotus).
Habita nas selvas desde o
surleste de Irán ata Pakistán e
o noroeste da India, sempre
preto de sitios con auga.
Pardal somalí (Passer castanopterus).
Vive no norte de Somalia, Yibouti, Etiopía
e Kenia.
Recoñécense 2 subespecies:
P.c. castanopterus de Yibouti, Somalia e o leste de Etiopía;
e P.c. fulgens do sur de Etiopía e o norte de Kenia.
Pardal brillante, pardal vermello ou
pardal canela (Passer rutilans).
China, O Xapón e os Himalaias.
Mide uns 14 cm.
pardal liso​ ou pardal de
Pegu (Passer flaveolus).
Atopase na Indochina
(Camboia, Laos, Malasia
peninsular, Mianmar,
Tailandia e Vietnam). Mide
uns 14 cm.
Pardal do mar Morto (Passer moabiticus).
Vive arredor do río Xordán, o mar Morto, Irak, Irán e o
leste de Afganistán preto de lugares con auga. Mide de
12 a 13 cm. Aniña nas árbores.
Recoñécense 3 subespecies: P. m. moabiticus, P. m. mesopotamicus e P. m. iatii.
Pardal grande ou pardal vermello
(Passer motitensis).
Vive nas sabanas, bosques e poboados
do sur de África. Mide de 15 a 16 cm de
lonxitude.
Pardal de Cabo Verde
(Passer iagoensis).
É endémico do arquipélago de
Cabo Verde, aínda que non está
presente en todas as illas. Mide de
12 a 13 cm de lonxitude.
Pardal de Socotora
(Passer insularis).
É endémico das
illas Socotora,
Samhah e Darsah,
do Iemen. Mide de
13 a 14 cm.
Pardal do Cabo
(Passer melanurus).
Vive nas sabanas,
cultivos e cidades
do sur de África.
Mide de 14 a 16 cm.
Pardal de cabeza gris
(Passer griseus)
Vive en África tropical.
Femia alimentando una cría grande
Pardal de Swainson (Passer swainsonii).
Atópase nas terras altas de Etiopía e Somalia, e en zonas
de Sudán, Sudán do Sur, Eritrea, Yibuti e Kenia. Pode
medir ata 16 cm de lonxitude. Non ten dimorfismo
sexual.
Pardal swahili​
(Passer suahelicus).
Vive nas sabanas do sur
de Kenia e Tanzania.
Pode medir ata 16 cm e
pesar uns 20 gramos.
Pardal sudafricano
(Passer diffusus).
Vive nas sabanas e nos bosques
de Angola, Zambia, Malaui, nas
zonas costeiras de Tanzania, en
Zimbabue, Namibia, Lesotho,
Suazilandia, Sudáfrica e nas illas
de Pemba, Zanzíbar, Mafia e
Mozambique.
Recoñécense catro subespecies:
P. d. Diffusus, de Angola e Namibia ata o oeste
de Zimbabue e o norte de Sudáfrica;
P. d. Luangwae, do leste de Zambia;
P. d. Mosambicus, do surleste de Zambia, o
norte de Mozambique e o surleste de Tanzania;
P. d. Stygiceps, desde o norte de Zimbabue e o
sur de Malaui ata o sur de Mozambiquee o
leste de Sudáfrica.
Pardal sahariano
ou pardal do
deserto (Passer
simplex).
Vive no Sahara.
Recoñécense dúas
subespecies:
P. s. Saharae, desde
Marrocos ao centro de
Libia;
P. s. Simplex, desde
Mauritania e Mali ao
suroeste de Exipto, e o
Sudán e Chad polo sur.
Pardal de Abd al-Kuri
(Passer hemileucus).
É endémico da illa de
Abd al Kuri, do
arquipélago de
Socotora (Iemen), no
Océano Índico.
Recoñecido como
especie no 2009 ten
unha poboación de
menos de 1.000
individuos.
Pardal de bico de loro
(Passer gongonensis).
Vive nas zonas áridas do leste de África.
Con 18 cm de lonxitude e 42 gramos de
peso, é o pardal de maior tamaño.
Pardal dourado de Sudán
(Passer luteus).
Vive na sabana seca, matos áridos e
cultivos de cereais, ao Sur do Sahara:
desde Senegal ao leste de Sudán e
Etiopía. Mide entre 12 e 13 cm de
lonxitude. Críase como animal de gaiola.
Pardal árabe
(Passer euchlorus).
Atópase no suroeste de
Arabia, e nas costas de
Somalia e Yibuti. Mide uns
13 centímetros.
Pardal castaño ou pardal vermello (Passer eminibey).
Atópase en sabanas secas, pantanos de papiros e preto dos
asentamentos humanos do leste de África, desde Sudán a
Tanzania. Cuns 11 cm de lonxitude é o pardal máis
pequeno.
Pardal italiano (Passer italiae).
Atópase polo norte e o centro
de Italia, Córcega, algunhas
localidades de Francia, Suiza,
Austria e Eslovenia.
Pardal keniata ou pardal de Kenia
(Passer rufocinctus).
Habita en sabanas boscosas secas e
zonas agrícolas de Kenia e Tanzania.
Pardal de Kordofan
(Passer cordofanicus).
Habita sabanas, terras de
cultivo e poboacións do
noroeste do Sudán e do
leste do Chad.
Pardal de Shelley ou
pardal vermello do
Nilo blanco
(Passer shelleyi).
Vive en Sudán do Sur,
Etiopía, Uganda e
Kenia.
Pardal de Zarudny
(Passer zarudnyi).
Vive nos desertos
do sur de Asia
Central
(Uzbequistán e
Turkmenistán).
Outros Passeridae,
paxaros da familia dos
pardais
Xénero Hypocryptadius
Pardal de cor canela
(Hypocryptadius cinnamomeus).
É endémico do bosque tropical de
montaña e dos bosques húmidos por
enriba dos 1.000 m de Mindanao, nas
Filipinas.
Pardal tecedor de
lombo castaño
(Plocepasser
rufoscapulatus).
Atópase en África
Central. Mide 18 cm
e pesa entre 39 e
49 g.
Xénero Plocepasser. Coñecidos como pardais tecedores.
Pardal tecedor de
Donaldson
(Plocepasser donaldsoni).
Da familia Passeridae
endémica de África Oriental
(Kenia, e o sur de Etiopía e
de Somalia).
Pardal tecedor de coroa
castaña (Plocepasser
superciliosus)
Da familia Passeridae.
Atópase en África
tropical ao sur do
Sáhara.
Recoñécense 2 subespecies:
P. s. brunnescens
P. s. superciliosus.
Pardal tecedor de cellas brancas
(Plocepasser mahali).
Da familia Passeridae. Vive en prados arborados do
sur e do leste de África, en grupos formados por
unha parella reprodutora e exemplares non
reprodutores. Mide uns 18 cm de largo. Fai niños
en grupos.
Coñécense 4 subespecies:
P. m. melanorhynchus, do leste de África.
P. m. ansorgei, do sur de Angola e do norte de Namibia.
P. m. mahali, do sur de Namibia, Zimbabue e Sudáfrica.
P. m. pectoralis, de Botswana a Tanzania e o oeste de
Mozambique.
Xénero Pseudonigrita. tecedores sociais
Tecedor social de Arnaud
(Pseudonigrita arnaudi).
Atópase no leste de África desde o
suroeste de Sudán ao sur de Etiopía,
Kenia, Uganda e Tanzania.
Recoñécense 2 subespecies:
P. a. arnaudi e P. a. dorsalis.
Tecedor social de Cabanis
(Pseudonigrita cabanisi).
Atópase en matos espiñentos do leste de
África desde Etiopía ao suroeste de
Somalia, Kenia e o nordeste de Tanzania.
Xénero Philetairus
Tecedor republicán​ (Philetairus socius).
Atópase en Botsuana, Namibia e Sudáfrica (deserto do
Kalahari). Mide uns 14 cm e pesa de 26 a 30 g. Aliméntase
de grans e insectos. Constrúe niños coloniais.
Recoñécense 3 subespecies:
P. s. socius, vive do sur do Kalahari ao norte da rexión do Cabo e o sur de
Namibia.
P. s. geminus, do parque nacional de Etosha e do norte de Namibia.
P. s. xericus, que non se atopa máis que en escarpas rochosas de Namibia.
Xénero Carpospiza
Pardal pálido
(Carpospiza brachydactyla).
Atópase nas pradeiras e nos matos
áridos tropicais e subtropicais do
Oriente Medio e Asia Central
(Afganistán, Armenia, Azerbaixán,
Chipre, Yibuti, Exipto, Eritrea,
Etiopía, Xeorxia, Irán, Irak, Israel,
Xordania, Kuwait, Líbano, Omán,
Paquistán, Catar, Arabia Saudita,
Sudán, Siria, Turquía,
Turkmenistán, os Emiratos Árabes
Unidos, e o Iemen).
Pardal chiador
(Petronia petronia)​.
Da familia Passeridae. É unha
especie migratoria, que se atopa
en Europa, Asia y África su. En
Galiza está presente, no verán,
no Sur de Ourense, canón do Sil
e metade norte das Rías Baixas.
Xénero Petronia
Xénero Gymnoris
Pardal apincarado
(Gymnoris pyrgita).
Atópase nas​ sabanas secas, as
pradeiras subtropicais e nas terras
secas tropicais de todo o Sahel e
do corno de África.
Recoñécense 2 subespecies:
G. p. pallida, de Mauritania, o Senegal, Mali,
Nixer, Chad e Sudán.
G. p. pyrgita, de Eritrea, etiopía, Somalia,
Sudán do Sur, Uganda, Kenia e Tanzania.
Pardal de gorxa amarela
(Gymnoris xanthocollis).
Vive en selvas e espazos
abertos do sur de Asia.
Recoñécense 2
subespecies:
G. x. transfuga, de Turquía, o sur
de Irak, o sur de Irán, o sur do
Paquistán e o noroeste da India.
G. x. xanthocollis, de Afganistán
ata o norte do Paquistán.
Pardal celludo (Gymnoris superciliaris).
Vive nos bosques tropicais, subtropicais,
sabanas tropicais e áreas de mato seco
subtropicais ou tropicais africanos ao
sur do Ecuador. Mide de 15 a 16 cm e
pesa entre 22 e 30 g. Aliméntase de
sementes e de insectos. Recoñécense 4
subespecies:
G. s. bororensis, de Tanzania, Malawi,
Mozambique, Natal e Swazilandia.
G. s. flavigula, de Zambia, Zimbabwe,
Mozambique, Botswana e Áfrice do Sur.
G. S. rufitergum, da República Democrática do
Congo, Tanzania, Malawi, Zambia, Angola e
Botswana.
G. s. superciliaris, de Sudáfrica.
Pardal pequeno
(Gymnoris dentata).
Vive nas sabanas secas e áreas
arbustivas do sur do Sáhara.
Recoñécense 2 subespecies:
G. d. Buchanani e G. d. dentata.
Pardal de ás brancas ou pardal alpino
(Montifringilla nivalis).
Vive en montañas, por enriba dos 1.500 m de
altitude, desde a Península Ibérica e todo o
sur de Europa, por Asia central, ata China
occidental. Mide de 16,5 a 19 centímetros.
Aliméntase principalmente de sementes e
algúns insectos. Aparece ocasionalmente nas
montañas de Galiza.
Coñécense varias subespecies:
M. n. nivalis, do sur de Europa;
M. n. leucura, do sur e do leste de Turquía;
M. n. alpicola, do Caucaso e do norte de Irán ata o
Afganistán;
M. n. gaddi, dos montes Zagros (suroeste de Irán);
M. n. tianshanica, dos montes Tián, leste do Kazakstan e
norte de Tadxikistan;
M. n. groumgrzimaili, do noroeste da China (Xinjiang) ata
o centro de Mongolia;
M. n. kwenlunensis, do norte do Tibet e do centro-oeste
da China.
Xénero Montifringilla pardais alpinos
Pardal de Henri
(Montifringilla henrici).
É endémico do mato das montañas
do leste da meseta tibetana.
Pardal de Adams (Montifringilla adamsi).
Atópase en áreas de arbustos secos tropicais da
China, a India, Nepal e Pakistán.
Recoñécense 2 subespecies:
M. a. adamsi, do norte de Cachemira, á meseta do Tibet e o
surleste do Himalaia;
M. a. xerophila, da meseta do Tibet ao centro da China.
Xénero Onychostruthus
Pardal de Taczanowski
(Onychostruthus taczanowskii).
É endémico da meseta tibetana (China, India
e Nepal) onde se atopa en matos secos
tropicais e subtropicais e campos de
gramíneas de clima temperado.
Xénero Pyrgilauda pardais alpinos asiáticos:
Pardal de David
(Pyrgilauda davidiana).
Vive en estepas e herbeiros do
leste de Asia (China, Mongolia
e o sur de Siberia).
Pardal de pescozo vermello
(Pyrgilauda ruficollis).
Atópase no oeste da China. Recoñécense
2 subespecies:
P. r. ruficollis, do oeste do Tibet, norte da India e
oeste da China,
P. r. isabellina, do oeste da China que pasa o inverno
na India.
Pardal de Blanford
(Pyrgilauda blanfordi).
É ​ endémico dos prados de altura
e desertos da meseta do Tibet
(China, Nepal e o norte da India).
Recoñécense 3 subespecies:
P. b. Blanfordi, das montañas do Tibet o
norte da India e o oeste da China, que pasa
o inverno na India.
P. b. ventorum, das montañas do oeste da
China Central.
P. b. Barbata, das montañas do oeste da
China.
Pardal afgano (Pyrgilauda theresae).
É endémico deo Hindu Kush, en Afganistán.
Mide de 13 a 15 cm e pode pesar entre 23 e
35 g. Aliméntase de sementes e insectos. Fai
o niño en furados do chan e tobos de
pequenos animais.
Os pardais americanos (Passerellidae)
Máis de 140 especies agrupadas en 27 xéneros, das que moitas
son coñecidas como pardais e outras por nomes diversos como
chingolos, toquíes, cerqueiros,…
Xénero Aimophila.
Formado por 3 especies coñecidas como chingolos. Viven en en matos e
pasteiros de zonas áridas e semiáridas de América do Norte e de
América Central. Miden entre 13 e 20 cm. Aliméntanse de sementes.
Aimophila ruficeps (chingolo de coroa roxa), do sur dos Estados Unidos e gran parte de
México.
Aimophila notosticta (chingolo ou pardal oaxaqueño) endémica do interior de Oaxaca,
México.
Aimophila rufescens (pardal bigotudo), de México e de América Central ata Costa Rica
Chingolo de coroa roxa
(Aimophila ruficeps)
Pardal oaxaqueño
(Aimophila notosticta )
Pardal bigotudo
(Aimophila rufescens )
Xénero Ammodramus.
Formado por 9 especies coñecidas como pardais ou
chingolos. Viven en pasteiros ou pantanos desde o sur do
Canadá ata o centro de Arxentina.
Son aves pequenas, co peteiro grande, cabeza plana e
rabo curto.
Ammodramus maritimus (chingolo costeiro), da costa do oeste e do Golfo
dos Estados Unidos, con varias subespecies.
Ammodramus nelsoni (chingolo de Nelson), dos pantanos da costa
atlántica dos Estados Unidos.
Ammodramus caudacutus (chingolo de rabo fino,) das zonas húmidas da
costa leste do Canadá e dos Estados Unidos.
Ammodramus leconteii (chingolo de Le Conte), de Canadá e dos Estados
Unidos.
Ammodramus henslowii (chingolo de Henslow), do sur do Canadá e do
norte dos Estados Unidos.
Ammodramus bairdii (chingolo de Baird,) das pradeiras de América do
Norte.
Ammodramus savannarum (chingolo saltamontes,) de América Central e
das Antillas.
Ammodramus humeralis (chingolo do mato), de América do Sur.
Ammodramus aurifrons (chingolo de cella amarela), da metade norte de
América do Sur.
Pardal de cella amarela (Ammodramus aurifrons)
Chingolo de Henslow
(Ammodramus henslowii)
Xénero Amphispiza.
Formado por 2 especies coñecidas como chingolos. Son
orixinarios de América do Norte. Viven en áreas secas do
oeste dos Estados Unidos e do norte de México.
Amphispiza bilineata (chingolo de gorxa negra) dos desertos de
Norteamérica.
Amphispiza belli (pardal troglodita ou chingolo de Bell), das zonas áridas
do oeste de América do Norte.
chingolo de gorxa negra
(Amphispiza bilineata)
pardal troglodita ou chingolo de Bell
(Amphispiza belli )
Xénero Arremon.
Formado por 20 especies coñecidas como cerqueiros, pimpíns, pardais ou saltóns
sudamericanos, tico-ticos no Brasil. Viven en matos e bosques do trópico de
Sudamérica, Centroamérica e México.
Arremon taciturnus (cerqueiro pectoral), dos bosques húmidos tropicais de América do Sur
Arremon semitorquatus (tico tico de medio colar), do Brasil
Arremon franciscanus (tico tico do sao Francisco ou cerqueiro franciscano) do Brasil.
Arremon flavirostris (tico tico de bico amarelo), do centro-leste do Brasil
Arremon aurantiirostris (cerqueiro de peteiro laranxa), dos bosques e selvas desde México ao norte do
Perú.
Arremon schlegeli (cerqueiro de ás douradas), de Colombia e o norte de Venezuela, con varias subespecies.
Arremon abeillei (cerqueiro de coroa negra) bosques da costa de Ecuador e do norte do Perú.
Arremon brunneinucha (cerqueiro de coroa castaña), dos bosques húmidos de montaña, de México ao
Perú.
Arremon virenticeps (cerqueiro de raias verdes), dos bosques de montaña de México.
Arremon atricapillus (cerqueiro de cabeza negra), dos Andes colombianos e de Panamá.
Arremon costaricensis (cerqueiro de Costa Rica), endémico de Costa Rica e do oeste de Panamá.
Arremon torquatus (cerqueiro de cabeza listada) dos Andes de Perú, Bolivia e noroeste da Arxentina.
Arremon basilicus (pardal de monte ou cerqueiro de Bangs), endémico das serras Nevada e de Santa Marta
en Colombia.
Arremon perijanus (cerqueiro de Perijá), endémico dos bosques húmidos do Perijá entre Colombia e
Venezuela.;
Arremon assimilis (cerqueiro picofino) dos Andes de Venezuela, Colombia, Ecuador e Perú.
Arremon phaeopleurus (cerqueiro de Sclater), endémico da cordilleira da costa occidental de Venezuela.
Arremon phygas (cerqueiro de Berlepsch), endémico da cordilleira da costa oriental de Venezuela.
Arremon crassirostris (cerqueiro de cara suxa), dos bosques de Colombia, Panamá e Costa Rica.
Arremon castaneiceps (cerqueiro de cabeza roxa), dos Andes de Colombia, Ecuador e o Perú.
pardal de peteiro laranxa
(Arremon aurantiirostris).
cerqueiro de cabeza roxa ou pimpín oliváceo
(Arremon castaneiceps )
Xénero Arremonops.
Formado por 4 especies coñecidas como pimpíns ou cerqueiros. Viven no
sur de Texas, México, América Central e no norte de Sudamérica.
Arremonops chloronotus (cerqueiro de lombo verde ou rascador de lombo verde). Atópase
desde o sur de México a Honduras.
Arremonops conirostris (cerqueiro de listas negras) Atópase desde o norte de Honduras ao
norte do Brasil;
Arremonops rufivirgatus (cerqueiro oliváceo ou rascador oliváceo). Atópase desde o sur de
Texas ata Costa Rica.
Arremonops tocuyensis (cerqueiro de Tocuio). Só se atopa na área costeira da fronteira entre
Colombia e Venezuela
cerqueiro oliváceo (Arremonops rufivirgatus )
cerqueiro de Tocuio
(Arremonops tocuyensis)
cerqueiro de listas negras (Arremonops conirostris)
cerqueiro de lombo verde
(Arremonops chloronotus )
Xénero Artemisiospiza.
Formado por 2 especies coñecidas como pardais de salvia
ou chingolos. Son orixinarios de América do Norte.
Artemisiospiza belli (chingolo de Bell), desde Canadá ata o norte de México
Artemisiospiza nevadensis (chingolo de Nevada), do oeste dos Estados
Unidos e do norte de México.
chingolo de Bell (Artemisiospiza belli )
chingolo de Nevada (Artemisiospiza nevadensis )
Xénero Atlapetes.
formado por 31 especies coñecidas como atlapetes, saltóns e pardais de monte.
Habitan en México, América Central e Sudamérica.
Atlapetes pileatus (atlapetes coronirrufo),dos bosques dos altiplanos de México.
Atlapetes albofrenatus (atlapetes ou pardal montés bigotudo), de Colombia e Venezuela.
Atlapetes semirufus (atlapetes semirrufo ou pardal de monte ocráceo), do nordeste de Colombia e do
norte de Venezuela.
Atlapetes personatus (atlapetes ou saltón de tepui), dos tepuis do Brasil, Guaiana e Venezuela.
Atlapetes albinucha (atlapetes nuquibranco; saltón de nuca branca, saltón ou pardal montés de gorxa
amarela), dos bosques de montaña do surleste de México, América Central e do oeste de Colombia.
Atlapetes melanocephalus (atlapetes de Santa Marta, pardal montés de Santa Marta ou saltón de Santa
Marta), endémico de Colombia.
Atlapetes pallidinucha (atlapetes nuquipálido ou pardal montés de cabeza branca), dos bosques tropicais
de montaña de Colombia, Ecuador, Venezuela e o noroeste do Perú.
Atlapetes flaviceps (atlapetes cabecigualdo; pardal montés de anteollos), endémico de Colombia
Atlapetes fuscoolivaceus (atlapetes sombrío, pardal montés oliváceo ou saltón de cabeza escura),
endémico de Colombia.
Atlapetes crassus (atlapetes do Chocó), dos Andes de Colombia e do Ecuador.
Atlapetes tricolor (atlapetes tricolor), dos Andes do Perú.
Atlapetes leucopis (atlapetes embridado, matorraleiro de anteollos ou pardal montés pardo), só se atopa
nos Andes do Ecuador e Colombia.
Atlapetes latinuchus (atlapetes de peito amarelo), desde o norte do Perú ao oeste de Venezuela.
Atlapetes blancae (atlapetes antioqueño ou pardal montés paisa), na contorna de Antioquía (Colombia)
Atlapetes tricolor
Saltón do tepui (Atlapetes personatus)
Atlapetes rufigenis (atlapetes de orellas roxas), endémico dos Andes peruanos
Atlapetes forbesi (atlapetes ou matorraleiro de Apurímac), endémico dos Andes do centro sur do Perú.
Atlapetes melanopsis (atlapetes de anteollos); só se atopa nos Andes peruanos arredor do río
Mantaro.
Atlapetes schistaceus (atlapetes pizarroso ou pardal montés pizarra), dos bosques húmidos andinos
desde o oeste de Venezuela ata o Perú.
Atlapetes leucopterus (atlapetes aliblanco ou saltón de ás brancas), dos bosques tropicais do Ecuador e
do noroeste do Perú.
Atlapetes albiceps (atlapetes cabeciblanco), dos bosques tropicais de Ecuador e o noroeste do Perú.
Atlapetes pallidiceps (atlapetes cabecipálido), das zonas áridas de mato do centro-sur do Ecuador.
Atlapetes seebohmi (atlapetes de Seebohm), dos bosques húmidos tropicais do Ecuador e do Perú.
Atlapetes nationi (atlapetes ventrirrufo), endémico dos Andes do suroeste do Perú.
Atlapetes canigenis (atlapetes de Cuzco), dos bosques húmidos dos Andes na contorna de Cuzco, no
surleste do Perú.
Atlapetes terborghi (atlapetes de Vilcabamba), endémico dos bosques húmidos da Cordilleira de
Vilcabamba, do sur do Perú.
Atlapetes melanolaemus (atlapetes de cara negra), dos bosques húmidos de montaña entre Cuzco
(Perú) e Sucre (Bolivia)
Atlapetes rufinucha (atlapetes nuquirrufo), endémico de Bolivia.
Atlapetes fulviceps (atlapetes cabecirrufo), dos bosques húmidos de montaña entre Arxentina e Bolivia.
Atlapetes citrinellus (atlapetes ou cerqueiro amarelo), dos bosques húmidos de Arxentina e Paraguai.
Atlapetes nigrifrons (pardal montés do Perijá ou atlapetes do Perijá), endémico das áreas montañosas
da serranía do Perijá do nordeste de Colombia e do oeste de Venezuela.
Atlapetes meridae (atlapetes de Mérida), endémico das áreas montañosas dos Andes, de Mérida e do
leste de Táchira, no oeste de Venezuela.
pardal montés pizarra (Atlapetes schistaceus )
pardal montés do Perijá
(Atlapetes nigrifrons)
Xénero Calamospiza.
Formado por unha soa especie Calamospiza melanocorys
(chingolo albinegro​ ou llanero alipálido). Habita en áreas
abertas e chans do oeste de América do Norte. Aniña en
Canadá e nos Estados Unidos, e inverna no sur dos Estados
Unidos e en México. Mide entre 15 e 19 cm. Aliméntase de
sementes e de insectos. No verán amosan un marcado
dimorfismo sexual.
Xénero Chlorospingus.
Formado por 9 especies e coñecidas como clorospingos, tangaras...
Atópanse en áreas de mato de América Central e América do Sur.
Chlorospingus flavopectus (tangara orelluda), dos bosques húmidos desde México a Arxentina.
Chlorospingus tacarcunae (tangara de bosque), só se atopa en Panamá e zonas próximas de
Colombia
Chlorospingus inornatus (clorospingo de Pirre), endémico de Panamá.
Chlorospingus semifuscus (clorospingo escuro), de Colombia e Ecuador.
Chlorospingus pileatus (froiteiro copetón), endémico de Costa Rica e Panamá.
Chlorospingus parvirostris (tangara montesa de peteiro curto), de Bolivia, Colombia, Ecuador e
Perú.
Chlorospingus flavigularis (monteiro de gorxa amarela), de Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e
Panamá.
Chlorospingus flavovirens (clorospingo verdeamarelo), de Colombia e Ecuador.
Chlorospingus canigularis (tangara de gorxa gris), de Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela,
Ecuador e Perú.
froiteiro copetón (Chlorospingus pileatus )
tangara montesa de peteiro curto
(Chlorospingus parvirostris )
tangara orelluda
(Chlorospingus flavopectus )
Xénero Chondestes.
Formado por unha especie o (Chondestes
grammacus) pardal arlequín, chingolo
arlequín ou pardal alondra.​ Vive en zonas
secas desde o sur do Canadá, polo oeste dos
Estados Unidos e o norte de México, os do
norte migran ao sur no inverno. Mide entre
14 e 17 cm. Aliméntase de sementes e
insectos.
Xénero Junco.
Está formado por catro especies que habitan bosques de
coníferas, bosques mixtos ou zonas de mato das áreas de clima
temperado do norte do continente ou áreas de elevada
altitude. Miden entre 12 e 15 cm de lonxitude. Aliméntanse de
sementes e insectos. Amosan un lixeiro dimorfismo sexual. As
poboacións do norte son migradoras.
Junco vulcani (xunco dos volcáns), dos cumes volcánicos de Costa Rica e Panamá;
Junco hyemalii (xunco de ollo escuro), de Norteamérica ata o Círculo Polar.
Junco insularis (xunco de Guadalupe), endémico da illa Guadalupe; e
Junco phaeonotus (xunco de ollo dourado), de México, Guatemala e o sur dos
Estados Unidos.
xunco dos volcáns (Junco vulcani)
xunco de Guadalupe (Junco insularis )
xunco de ollo escuro (Junco hyemalii ) xunco de ollo dourado (Junco phaeonotus )
Xénero Melospiza.
Formado por tres especies coñecidas como chingolos ou
pardais cantores. Viven en áreas de mato e marismas de
Norteamérica e Centroamérica. As de máis ao norte migran ao
sur no inverno
Melospiza melodia (Pardal melódico), de Alaska, Canadá, os Estados Unidos e o
norte de México.
Melospiza lincolnii (pardal de Lincoln), de Alaska, Canadá e os Estados Unidos.
Melospiza georgiana (pardal de coroa roxa dos pantanos) desde o centro de
Canadá ata Terranova e no leste dos Estados Unidos.
​ pardal de coroa roxa
dos pantanos
(Melospiza georgiana)pardal de Lincoln (Melospiza lincolnii)
Pardal melódico
(Melospiza melodia )
Xénero Melozone.
Formado por 8 especies coñecidas como toquís ou pardais de terra.
Viven en América Central e en América do Norte. Viven en zonas de
mato onde se alimentan de sementes.
Melozone albicollis (rascador oaxaqueño ou toquí oaxaqueño), endémico das zonas áridas e
montañosas do sur de México.
Melozone fusca (rascador pardo ou toquí pardo), do sur dos Estados Unidos e de México.
Melozone crissalis (rascador californiano ou toquí californiano), da costa oeste dos Estados
Unidos.
Melozone aberti (rascador do deserto ou toquí de Albert), endémico da cunca do río
Colorado (Estados Unidos e México)
Melozone kieneri (rascador ou toquí de coroa castaña), do oeste e do sur de México.
Melozone biarcuata (rascador patilludo​ ou toquí de catro ollos),desde o sur de México ata
Honduras.
Melozone cabanisi (toquí costarricense ou pimpín dos cafetais), endémico do centro de
Costa Rica.
Melozone leucotis (rascador,​ toquí ou pimpín de orellas brancas), das áreas do Pacífico de
América Central.
pimpín de orellas brancas (Melozone leucotis )
rascador patilludo​ ou
toquí de catro ollos
(Melozone biarcuata)
rascador oaxaqueño ou
toquí oaxaqueño
(Melozone albicollis)
Xénero Oreothraupis.
Unha especie
Oreothraupis arremonops
(pardal tangarino, pimpín curtidor,
cerqueiro tangarino... ), Atópase nos
bosques de néboa da costa do
Pacífico ​de Colombia e do Ecuador. Mide
20 cm de lonxitude.
Xénero Oriturus.
Unha especie
Oriturus superciliosus (pardal raiado, chingolo raiado
ou zacatonero serrano). É endémico de México. Vive
en pasteiros e bosques de coníferas con mato das
terras altas. Mide uns 17 cm.
Recoñécense 2 subespecies:
O. s. palliatus, do noroeste e o oeste de México.
O. s. superciliosus, do centro e do sur de México.
Xénero Passerculus.
Unha soa especie Passerculus sandwichensis
(pardal sabaneiro ou chingolo sabaneiro). Atópase desde
Alaska ata Guatemala e o Caribe. As poboacións do sur son
sedentarias e as do norte migran ao sur no inverno.
Recoñécense unhas 20 subespecies
Xénero Passerella.
Unha especie Passerella iliaca (pardal raposo, chingolo zorruno​ ou pardal
rañador​).​ Habita principalmente o mato dos bosques de coníferas, matos e
marismas da maior parte de Alaska, da metade sur de Canadá e do oeste
dos Estados Unidos. Pode medir ata 18 cm. Aliméntase de sementes e
insectos. No inverno migra ao suroeste de Estados Unidos.
Distínguense 4 subespecies, que algúns autores consideran especies
diferentes:
P. i. iliaca (subespecie vermella). Coa plumaxe máis brillante; atópase desde Alaska ata Terranova
e o Labrador, en Canadá.
P. i. unalaschcensis (subespecie escura). De cor parda opaca coas partes ventrais claras. Habita a
costa oeste, desde as illas Aleutianas, sur de Alaska, Canadá ata o noroeste de Washington
(Estados Unidos).
P. i. schistacea (subespecie cincenta). De peteiro pequeno e amarelo con cabeza e lombo gris, ás
pardas, peito branco con raias pardas e rabo vermello. Vive nas Montañas Rochosas.
P. i. megarhyncha (subespecie de peteiro grande). Plumaxe case idéntico ao da subespecie
cincenta, pero con máis gris azulado na cabeza e o rabo menos vermello. Peteiro longo e azulado.
Atópase na Serra Nevada (Estados Unidos).
P. i. megarhyncha
P. i. schistacea
P. i. unalaschcensis
Xénero Peucaea.
Formado por 8 especies coñecidas como chingolos, pardais…, son
orixinarios do sur de América do Norte e de América Central.
Peucaea mystacalis (chingolo embridado), do sur de México.
Peucaea humeralis (chingolo de peito negro), endémico da cunca do río Balsas, en México.
Peucaea ruficauda (chingolo ou pardal de cabeza listada), da costa do Pacífico, desde México
a Costa Rica.
Peucaea sumichrasti (chingolo de rabo canela), do sur do istmo de Tehuantepec, en México.
Peucaea aestivalis (chingolo de Bachman), do surleste dos Estados Unidos.
Peucaea botterii (chingolo ou pardal de Botteri), desde o sur dos Estados Unidos ata o norte
de Costa Rica.
Peucaea cassinii (chingolo ou pardal de Cassin), das zonas áridas dos Estados Unidos e de
México.
Peucaea carpalis (chingolo de ás roxas), do suroeste dos Estados Unidos e do noroeste de
México.
chingolo ou pardal de Cassin
(Peucaea cassinii)pardal de Botteri
(Peucaea botterii)chingolo de ás roxas (Peucaea carpalis)
Xénero Pezopetes.
Acolle unha soa especie o
Pezopetes capitalis (pimpín de
patas grandes, cerqueiro
patigrande, sabaneiro patón
ou saltón patigrande).
Endémico das terras altas de
Costa Rica e do oeste de
Panamá. Mide uns 20 cm e
pesa ata 56 g. Aliméntase de
insectos, arañas, sementes e
algúns froitos.
Xénero Pipilo,
Formado por 4 especies coñecidas como toquís. Viven en
América do Norte e no norte de América Central.
Pipilo chlorurus (toquí de rabo verde), dos Estados Unidos e de México.
Pipilo erythrophthalmus (rascador pinto escuro, toquí de costados vermellos),
desde Canadá ata Guatemala.
Pipilo maculatus (toquí apincarado), desde Canadá ata Guatemala
Pipilo ocai (toquí acolarado), endémico do centro e do sur de México
toquí de rabo verde
(Pipilo chlorurus)
toquí apincarado (Pipilo maculatus)
toquí de costados vermellos
(Pipilo erythrophthalmus)
toquí acolarado
(Pipilo ocai )
Género Pooecetes.
cunha única especie
Pooecetes gramineus
(c​hingolo coliblanco ou pardal zacateiro
de rabo branco). Vive en espazos abertos.
Cría en Canadá e nos Estados Unidos e
inverna no norte de México.
Mide entre 12 e 16 cm.
Xénero Pselliophorus
Contén dúas especies nativas de América Central coñecidas como cerqueiros.
Pselliophorus tibialis (Cerqueiro de coxas amarelas). Endémico das montañas de Costa Rica e do oeste de Panamá. Mide
uns 18 cm e pesa arredor de 30 g. Aliméntase de insectos e froitos.
Pselliophorus luteoviridis (Cerqueiro verdeamarelo). Endémico dos bosques húmidos tropicais das montañas de Panamá.
Cerqueiro de coxas amarelas (Pselliophorus tibialis) Cerqueiro verdeamarelo (Pselliophorus luteoviridis )
Xénero Spizella.
Formado por 6 especies coñecidas como chingolos, ​orixinarias de
América do Norte e América Central.
Son aves pequenas, entre 12 e 15 cm. Sexos similares. Todas as
especies son migratorias ou parcialmente migratorias.
Spizella atrogularis (pardal de barba negra), dos Estados Unidos e México. Varias
subespecies.
Spizella breweri (chingolo ou pardal de Brewer), de Canadá, Estados Unidos e México.
Spizella pallida (chimbito ou pardal pálido), de Canadá, Estados Unidos e México.
Spizella passerina (chimbito ou pardal de coroa vermella), de América do Norte e Central.
Spizella pusilla (chingolo campestre), do leste de Canadá e os Estados Unidos.
Spizella wortheni (chingolo ou pardal de Worten), endémico do altoplano de México.
pardal pálido
(Spizella pallida)
pardal de coroa vermella (Spizella passerina)
pardal de barba negra
(Spizella atrogularis )
Xénero Spizelloides.
Unha única especie Spizelloides arborea
(pardal americano, chingolo arbóreo ou
chimbito arbóreo).​ Cría na tundra ou nos
límites do norte do bosque boreal de
Alaska, Canadá e San Pedro e Miquelón.
Migra ao sur de Canadá e a Estados
Unidos durante o inverno. Aliméntase de
sementes, insectos e algunhas bagas.
Recoñécense 2 subespecies:
S. a. arborea, do nordeste de Norteamérica,
S. a. ochracea, do noroeste de Norteamérica
Xénero Torreornis.
Unha única especie.
Torreornis inexpectata (cabrerito ou
chingolo de ciénaga e pardal de
Zapata) endémico de Cuba.
Recoñécense 3 subespecies:
T. inexpectata inexpectata, Ciénaga de Zapata,
Matanzas. Vive en pasteiros de corte.
T. inexpectata sigmani, Baitiquirí, Guantánamo.
Vive en matos secos espiñentos.
T. inexpectata varonai, de Caio Coco, Cego de
Ávila. Vive en matos, e no bosque seco ou
semiseco costeiro.
Xénero Xenospiza.
Unha soa especie Xenospiza baileyi
(chingolo serrano ou pardal serrano).
É endémico de México. Habita áreas de
pasteiros de altura de clima temperado
da Serra Madre Occidental e do eixo
volcánico, do oeste e do centro de
México. Mide arredor de 12 cm.
Atópase en perigo de extinción.
Xénero Zonotrichia
agrupa a 5 especies. Coñecidos como chingolos. Que viven en
América do Norte
Zonotrichia albicollis (chingolo ou pardal de gorxa branca), cría en Canadá e
inverna nos Estados Unidos.
Zonotrichia atricapilla (chingolo ou pardal de coroa dourada), cría no norte de
Alaska e Canadá e inverna nos Estados Unidos.
Zonotrichia capensis (chingolo común, pardal chingolo), atópase en toda
América do Sur e en parte de América Central e das Antillas.
Zonotrichia leucophrys (chingolo ou pardal de coroa branca), cría en Canadá e
Alaska e inverna nos Estados Unidos e México.
Zonotrichia querula (chingolo de Harris, sabaneiro de Harris), cría no centro
norte de Canadá e inverna no sur dos Estados Unidos.
pardal de coroa branca
(Zonotrichia leucoprhys)
pardal chingolo (Zonotrichia capensis )
chingolo ou pardal de Harris
(Zonotrichia querula)
Outros.
paxaros de outras familias que tamén se coñecen co nome de pardais
Pardal de Xava ou capuchino arroceiro de Xava
(Lonchura oryzivora). É orixinario de Xava, Bali e
Bawean en Indonesia. Mide uns 17 cm. Machos e
femias teñen a mesma apariencia. É moi gregario.
Aliméntase de grans e sementes. Só quedan entre
2.500 e 10.000 exemplares en estado silvestre.
É moi criado como ave de gaiola, o que deu lugar á
aparición de exemplares de diferentes cores.
O xénero Lonchura, da familia Estrildidae, acolle 35 especies
coñecidas como capuchinos e algunhas como pardais.
Pardal do Xapón, capuchino do
Xapón ou manón
(Lonchura striata domestica).
Non existe en estado silvestre
porque se obtivo por cruzamento
e selección entre Lonchura striata
(unha ave antigamente moi
común en algúns países do leste
de Asia: China, India, Xapón,
Tailandia e illas de Indonesia) e
outras especies afíns. Mide
arredor de 11 cm. A cor da
prumaxe vai do branco ao negro,
con todas as tonalidades marróns
intermedias, e pode ser toda
dunha soa cor ou coas cores
misturadas. Non existe
dimorfismo sexual. Aliméntase de
grans e follas.
Capuchino punteado, pimpín ou
pardal canela (Lonchura punctulata).
Nativo do subcontinente indio e do
surleste asiático foi introducido no
Caribe, Australia oriental e algunas
illas da Polinesia.
O xénero Spiza, da familia Cardinalidae, acolle unha
soa especie (Spiza americana) o pardal de peito
amarelo arroceiro americano ou sabaneiro.
Vive en espazos abertos e terreos de cultivo. Cría no
sur do Canadá e no centro dos Estados Unidos, e pasa
o inverno en México, en América Central e en
Sudamérica. Mide uns 15 cm.
O xénero Passerina, de la familia Cardinalidae,
está formado por 7 especies das que unha recibe,
entre outros, o nome de pardal.
Azulejo, azulito norteño,
escribenta índigo ou pardal azul
(Passerina cyanea).
Cría nos bosques pouco densos
dos Estados Unidos e do sur do
Canadá e inverna en América
Central e nas illas do Caribe. Mide
uns 13 cm. Polas cores do macho e
polo canto críase como ave de
gaiola.
A imaxe da esquerda é dunha femia, a
da dereita dun macho en época de cría.
Pardal de peito vermello, pardal de monte ou pardal
mexicano (Haemorhous mexicanus ou Carpodacus
mexicanus). Atópase en habitats diversos de case todos
os Estados Unidos e no norte e o centro de México.
Mide arredor de 12 cm. Aliméntase de sementes,
pequenos froitos e insectos.
O xénero Haemorhous da familia Frinxillidae está
formado por 3 especies. Unha delas é o pardal de monte
mexicano..
Xílgaro ianqui ou pardal americano (Carduelis tristis ou
Spinus tristis). Nativo de Norteamérica. Mide de 12 a 13 cm.
Teñen marcado dimorfismo. Os machos teñen una cor
semellante á das femias no inverno e mudan a marelo
durante a tempada de cría.
Recoñécense 4 subespecies:
C. t. tristis. Atópase desde o sur de Canadá ata Colorado. Pasa o inverno no sur
chegando a Florida e México.​
C. t. pallidus, de cores máis pálidas e un algo máis grande. Do sur e o oeste do
Canadá e noroeste dos Estados Unidos. Pasa o invernos en California e México.​
C. t. jewetti, máis pequeno e escuro. Do suroeste de Canadá e do oeste dos
Estados Unidos. ​
C. t. salicamans, de cor máis castaña no inverno. Do suroeste dos Estados
Unidos. Inverna nos desertos de Mojave e Colorado.
o xénero Carduelis, da familia Frinxillidae,
acolle ao pardal americano
Parella nun comedeiro
Pardal negro ou semilleiro de peito negro
(Tiaris bicolor). Atópase en matos baixos de case
todas as Antillas e nas zonas costeiras de Venezuela
e Colombia.. Mide uns 11 cm de largo. Aliméntase
no chan, de froitos e sementes.
O xénero Tiaris da familia Thraupidae
acolle unha especie co nome de pardal
Pardal de barba amarela
(Tiaris olivaceus).
Vive en espazos abertos de
América Central e nas
Antillas máis grandes onde
se alimenta maiormente de
sementes e algún
invertebrados.
​No xénero Sicalis da familia Thraupidae
(Sicalis flaveola) pardal azafrán, xílgaro dourado, canario…
É común tanto en áreas abertas como nos matos das terras
baixas de América do Sur, a non ser na área do Amazonas,
no sur da Arxentina e en Chile.
Chingolo, ou cachilo, de coroa
castaña ou pardal raiado
(Rhynchospiza strigiceps).
Vive nos bosques e nos matos secos
subtropicais de Arxentina, Paraguai e
do sur de Bolivia.
O xénero Rhynchospiza, da familia Emberizidae, acolle
especies que teñen o nome de pardais.
Pardal de Tumbes ou chingolo de Tumbes
(Rhynchospiza stolzmanni).
É un paxaro pouco común, duns 14 cm de lonxitude,
que se atopa nas terras baixas e ladeiras do
noroeste do Perú e áreas próximas do Ecuador.
O xénero Eremopterix da familia Alaudidae acolle 8 especies
das que unha, a Eremopterix leucopareia, leva o nome de Pardal-
cotovía de Fischer. Vive nos herbeiros das chairas tropicais do
leste de África, desde o centro de Kenia ao noroeste de
Mozambique.
As imaxes son collidas da “rede”.
Agradézolle aos autores poder dispoñer delas e agardo saiban desculpar o uso que lles din.
Mon Daporta, 2019
Algún quedaría por aí,
pero isto é o que deu de si.

More Related Content

What's hot

Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula ppilarfzx
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos IIIMonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) MonContos
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes iiMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 

What's hot (20)

Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula p
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
Os sapoconchos III
Os sapoconchos IIIOs sapoconchos III
Os sapoconchos III
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
A pomba
A pombaA pomba
A pomba
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3) Curuxas, mouchos e bufos (3)
Curuxas, mouchos e bufos (3)
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 

Similar to O pardal.pps

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
Os seres vivos moises
Os seres vivos moisesOs seres vivos moises
Os seres vivos moisessacaideas
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okPaulaReySilva
 
Fauna de galicia. aida pérez s
Fauna de galicia. aida pérez sFauna de galicia. aida pérez s
Fauna de galicia. aida pérez spilarfzx
 
Fauna de Galicia. Aida Pérez S.
Fauna de Galicia. Aida Pérez S.Fauna de Galicia. Aida Pérez S.
Fauna de Galicia. Aida Pérez S.pilarfzx
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes iMonContos
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafosgalefas
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 

Similar to O pardal.pps (20)

voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
O xabarín
O xabarínO xabarín
O xabarín
 
O merlo
O merloO merlo
O merlo
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
A píntega
A píntegaA píntega
A píntega
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Canguros
CangurosCanguros
Canguros
 
O xabaril
O xabarilO xabaril
O xabaril
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 
Paxaros
PaxarosPaxaros
Paxaros
 
Os seres vivos moises
Os seres vivos moisesOs seres vivos moises
Os seres vivos moises
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
 
Leopardo
LeopardoLeopardo
Leopardo
 
Fauna de galicia. aida pérez s
Fauna de galicia. aida pérez sFauna de galicia. aida pérez s
Fauna de galicia. aida pérez s
 
Fauna de Galicia. Aida Pérez S.
Fauna de Galicia. Aida Pérez S.Fauna de Galicia. Aida Pérez S.
Fauna de Galicia. Aida Pérez S.
 
Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 
Rata Luísa, avións de papel
Rata Luísa,  avións de papelRata Luísa,  avións de papel
Rata Luísa, avións de papel
 

O pardal.pps

  • 1. O pardal, os seus parentes e outros achegados, ou non, cos que comparte nome
  • 2. Estaba medio a durmir cando o espertou unha berra. Chios, turros, ais, carreiras... que barullo! que pelexas!
  • 3. E descubreu aos pardais armando unha boa lea
  • 4. que logo non foi a máis... Cousas da primavera!
  • 5. Pensando logo no que vira púxose a cavilar no pouco que coñecía ao seu veciño o pardal. Víao andar todos días por alí a revoar e case só sabía o seu nome e pouquiña cousa máis.
  • 6. E sendo el como é, botouse a investigar.
  • 7. Todo o que veu e aprendeu, aquí está para ensinar.
  • 9. Pardal (Passer domesticus). É orixinario de Eurasia e do norte de África, pero actualmente atópase nas zonas urbanas temperadas de case todo o mundo porque foi introducido en todos os continentes. É un paxaro robusto, coas patas curtas e o peteiro cónico groso e forte; sedentario, gregario, curioso e ousado. Mapa de distribución do pardal (en cor máis crara as áreas nas que foi introducido)
  • 10. Mide de 14 a 16 cm (o macho adoita ser máis grande e máis coreado que a femia) e pesa uns 30 g. Parella de pardais: á esquerda o macho e á dereita a femia.
  • 11. Vive sempre preto da xente ata o punto de que se se abandona un lugar os pardais que viven alí desaparecen. Os das áreas urbanas chegan a ser tan ousados como para colleren o alimento directamente da man de quen llelo ofrece.
  • 12.
  • 14. Aliméntase principalmente de sementes, aínda que aproveitan canto comestible atopan na súa contorna.
  • 15. E fan uso de todos os recursos de que dispoñen
  • 16. Na época de cría capturan insectos para alimentaren ás roladas.
  • 17. Fóra da época de cría forma bandos de alimentación e percorre os campos de cereais
  • 18. É bastante agresivo se ten que defender o lugar de aniñada ou a comida
  • 19. E non se arredan aínda que o opoñente sexa máis grande
  • 20. Para mantérense limpos e conservaren as plumas en bo estado toman baños na auga ou refréganse na terra.
  • 21. Na primavera, antes de comezar a estación de reproducción, mudan a pluma para presentaren o seu mellor aspecto
  • 22. Adoitan ser bastante silenciosos a non ser na época de cría na que os machos chían a miudo para marcar o territorio e para chamar a atención das femias
  • 23. Para formar as parellas, grupos de machos perseguen e acosan a unha femia armando un gran balbordo con persecucións, voos e chíos.
  • 24. Forman parellas estables e, se poden, unhas aniñan preto de outras en pequenos grupos.
  • 25. Constrúen o niño, con pallas, plumas e outros materiais; en furados de paredes e de árbores.
  • 26. A femia pon de catro a cinco ovos. Que chocan, alternativamente, os dous membros da parella entre 13 e 17 días. Poden facer ata catro postas por tempada de cría.
  • 27. As crías nacen espidas e cegas e deixan o niño dúas semanas despois de naceren.
  • 28. As crías, mentras non voan, son alimentadas polo pai e pola nai cunha dieta que inclúe un gran número de invertebrados
  • 29. Os pais seguen a alimentar ás crías uns 10 días despois de que abandonan o niño, ata que aprenden a recoñecer os alimentos por si mesmas.
  • 30. Poden chegar a vivir ata trece años en cautividade, aínda que na natureza viven moito menos tempo.
  • 31.
  • 33. Pardal orelleiro (Passer montanus). Atópase na meirande parte da Eurasia temperada e no surleste de Asia, e foi introducido noutros países. Os machos e as femias son iguais. As subespecies asiáticas son máis urbanas e as europeas son máis de espazos abertos. Está e diminuír en Europa occidental mentres que en Asia oriental e no oeste de Australia é considerado unha praga. Recoñécense sete subespecies e varios híbridos: P. m. montanus, habita en toda Europa (menos no suroeste da Península Ibérica, o sur de Grecia e os Balcáns), no leste de Asia ata o río Lena en parte de Turquía, o Cáucaso, Kazaxistán, Mongolia e Corea. P. m. transcaucasicus, habita desde o sur do Cáucaso oriental ata o norte de Irán. É máis escuro e gris que a subespecie nominal. P. m. dilutus, vive no nordeste de Irán, o norte de Pakistán e o noroeste da India, e desde Uzbekistán e o Taxikistán ata o leste da China. Ten a plumaxe máis crara. P. m. tibetanus, atópase nos Himalaias septentrionais, no Tíbet desde o leste do Nepal ata o noroeste de China. É a subespecie de maior tamaño. P. m. saturatus, Vive na illa de Saxalín, nas Kuriles, Xapón, Taiwán e Corea do Sur. É máis escuro ca ssp. nominal e ten o peteiro máis longo. P. m. malaccensis, Atópase desde o sur dos Himalaias occidentais ata o leste de Hainan (na China) e Indonesia. Ten as cores máis escuras. P. m. hepaticus, atópase desde o nordeste de Assam ata o noroeste de Birmania.
  • 34. Pardal mouro (Passer hispaniolensis). Atópase na Península Ibérica, o Magreb, Córcega, Sicilia, Sardeña e Grecia. Seméllase ao pardal común pero ten o peito e os lados do corpo máis escuros. En Galiza só ten presenza ocasional. Recoñécense dúas subespecies: P. h. Hispaniolensis, das illas de Cabo Verde, as illas Canarias, Madeira, o sur de Europa e o norte de África. P. h. Transcaspicus, que se atopa desde Irán e o Caspio ata o leste de Kazakstán e Afganistán.
  • 35. Pardal do saxaul (Passer ammodendri). Atópase en zonas dispersas de Asia central (China, Irán, Kazaxistán, Kirguistán, Mongolia, Taxikistán, Turkmenistán e Uzbekistán). Mide de 14 a 16 cm de longo e pesa de 25 a 27 g. Recoñécense 3 subespecies: P. a. Ammodendri, P. a. Nigricans e P. a. Stoliczkae.
  • 36. Pardal do Sind (Passer pyrrhonotus). Habita nas selvas desde o surleste de Irán ata Pakistán e o noroeste da India, sempre preto de sitios con auga.
  • 37. Pardal somalí (Passer castanopterus). Vive no norte de Somalia, Yibouti, Etiopía e Kenia. Recoñécense 2 subespecies: P.c. castanopterus de Yibouti, Somalia e o leste de Etiopía; e P.c. fulgens do sur de Etiopía e o norte de Kenia.
  • 38. Pardal brillante, pardal vermello ou pardal canela (Passer rutilans). China, O Xapón e os Himalaias. Mide uns 14 cm.
  • 39. pardal liso​ ou pardal de Pegu (Passer flaveolus). Atopase na Indochina (Camboia, Laos, Malasia peninsular, Mianmar, Tailandia e Vietnam). Mide uns 14 cm.
  • 40. Pardal do mar Morto (Passer moabiticus). Vive arredor do río Xordán, o mar Morto, Irak, Irán e o leste de Afganistán preto de lugares con auga. Mide de 12 a 13 cm. Aniña nas árbores. Recoñécense 3 subespecies: P. m. moabiticus, P. m. mesopotamicus e P. m. iatii.
  • 41. Pardal grande ou pardal vermello (Passer motitensis). Vive nas sabanas, bosques e poboados do sur de África. Mide de 15 a 16 cm de lonxitude.
  • 42. Pardal de Cabo Verde (Passer iagoensis). É endémico do arquipélago de Cabo Verde, aínda que non está presente en todas as illas. Mide de 12 a 13 cm de lonxitude.
  • 43. Pardal de Socotora (Passer insularis). É endémico das illas Socotora, Samhah e Darsah, do Iemen. Mide de 13 a 14 cm.
  • 44. Pardal do Cabo (Passer melanurus). Vive nas sabanas, cultivos e cidades do sur de África. Mide de 14 a 16 cm.
  • 45. Pardal de cabeza gris (Passer griseus) Vive en África tropical. Femia alimentando una cría grande
  • 46. Pardal de Swainson (Passer swainsonii). Atópase nas terras altas de Etiopía e Somalia, e en zonas de Sudán, Sudán do Sur, Eritrea, Yibuti e Kenia. Pode medir ata 16 cm de lonxitude. Non ten dimorfismo sexual.
  • 47. Pardal swahili​ (Passer suahelicus). Vive nas sabanas do sur de Kenia e Tanzania. Pode medir ata 16 cm e pesar uns 20 gramos.
  • 48. Pardal sudafricano (Passer diffusus). Vive nas sabanas e nos bosques de Angola, Zambia, Malaui, nas zonas costeiras de Tanzania, en Zimbabue, Namibia, Lesotho, Suazilandia, Sudáfrica e nas illas de Pemba, Zanzíbar, Mafia e Mozambique. Recoñécense catro subespecies: P. d. Diffusus, de Angola e Namibia ata o oeste de Zimbabue e o norte de Sudáfrica; P. d. Luangwae, do leste de Zambia; P. d. Mosambicus, do surleste de Zambia, o norte de Mozambique e o surleste de Tanzania; P. d. Stygiceps, desde o norte de Zimbabue e o sur de Malaui ata o sur de Mozambiquee o leste de Sudáfrica.
  • 49. Pardal sahariano ou pardal do deserto (Passer simplex). Vive no Sahara. Recoñécense dúas subespecies: P. s. Saharae, desde Marrocos ao centro de Libia; P. s. Simplex, desde Mauritania e Mali ao suroeste de Exipto, e o Sudán e Chad polo sur.
  • 50. Pardal de Abd al-Kuri (Passer hemileucus). É endémico da illa de Abd al Kuri, do arquipélago de Socotora (Iemen), no Océano Índico. Recoñecido como especie no 2009 ten unha poboación de menos de 1.000 individuos.
  • 51. Pardal de bico de loro (Passer gongonensis). Vive nas zonas áridas do leste de África. Con 18 cm de lonxitude e 42 gramos de peso, é o pardal de maior tamaño.
  • 52. Pardal dourado de Sudán (Passer luteus). Vive na sabana seca, matos áridos e cultivos de cereais, ao Sur do Sahara: desde Senegal ao leste de Sudán e Etiopía. Mide entre 12 e 13 cm de lonxitude. Críase como animal de gaiola.
  • 53. Pardal árabe (Passer euchlorus). Atópase no suroeste de Arabia, e nas costas de Somalia e Yibuti. Mide uns 13 centímetros.
  • 54. Pardal castaño ou pardal vermello (Passer eminibey). Atópase en sabanas secas, pantanos de papiros e preto dos asentamentos humanos do leste de África, desde Sudán a Tanzania. Cuns 11 cm de lonxitude é o pardal máis pequeno.
  • 55. Pardal italiano (Passer italiae). Atópase polo norte e o centro de Italia, Córcega, algunhas localidades de Francia, Suiza, Austria e Eslovenia.
  • 56. Pardal keniata ou pardal de Kenia (Passer rufocinctus). Habita en sabanas boscosas secas e zonas agrícolas de Kenia e Tanzania.
  • 57. Pardal de Kordofan (Passer cordofanicus). Habita sabanas, terras de cultivo e poboacións do noroeste do Sudán e do leste do Chad.
  • 58. Pardal de Shelley ou pardal vermello do Nilo blanco (Passer shelleyi). Vive en Sudán do Sur, Etiopía, Uganda e Kenia.
  • 59. Pardal de Zarudny (Passer zarudnyi). Vive nos desertos do sur de Asia Central (Uzbequistán e Turkmenistán).
  • 60. Outros Passeridae, paxaros da familia dos pardais
  • 61. Xénero Hypocryptadius Pardal de cor canela (Hypocryptadius cinnamomeus). É endémico do bosque tropical de montaña e dos bosques húmidos por enriba dos 1.000 m de Mindanao, nas Filipinas.
  • 62. Pardal tecedor de lombo castaño (Plocepasser rufoscapulatus). Atópase en África Central. Mide 18 cm e pesa entre 39 e 49 g. Xénero Plocepasser. Coñecidos como pardais tecedores.
  • 63. Pardal tecedor de Donaldson (Plocepasser donaldsoni). Da familia Passeridae endémica de África Oriental (Kenia, e o sur de Etiopía e de Somalia).
  • 64. Pardal tecedor de coroa castaña (Plocepasser superciliosus) Da familia Passeridae. Atópase en África tropical ao sur do Sáhara. Recoñécense 2 subespecies: P. s. brunnescens P. s. superciliosus.
  • 65. Pardal tecedor de cellas brancas (Plocepasser mahali). Da familia Passeridae. Vive en prados arborados do sur e do leste de África, en grupos formados por unha parella reprodutora e exemplares non reprodutores. Mide uns 18 cm de largo. Fai niños en grupos. Coñécense 4 subespecies: P. m. melanorhynchus, do leste de África. P. m. ansorgei, do sur de Angola e do norte de Namibia. P. m. mahali, do sur de Namibia, Zimbabue e Sudáfrica. P. m. pectoralis, de Botswana a Tanzania e o oeste de Mozambique.
  • 66. Xénero Pseudonigrita. tecedores sociais Tecedor social de Arnaud (Pseudonigrita arnaudi). Atópase no leste de África desde o suroeste de Sudán ao sur de Etiopía, Kenia, Uganda e Tanzania. Recoñécense 2 subespecies: P. a. arnaudi e P. a. dorsalis.
  • 67. Tecedor social de Cabanis (Pseudonigrita cabanisi). Atópase en matos espiñentos do leste de África desde Etiopía ao suroeste de Somalia, Kenia e o nordeste de Tanzania.
  • 68. Xénero Philetairus Tecedor republicán​ (Philetairus socius). Atópase en Botsuana, Namibia e Sudáfrica (deserto do Kalahari). Mide uns 14 cm e pesa de 26 a 30 g. Aliméntase de grans e insectos. Constrúe niños coloniais. Recoñécense 3 subespecies: P. s. socius, vive do sur do Kalahari ao norte da rexión do Cabo e o sur de Namibia. P. s. geminus, do parque nacional de Etosha e do norte de Namibia. P. s. xericus, que non se atopa máis que en escarpas rochosas de Namibia.
  • 69. Xénero Carpospiza Pardal pálido (Carpospiza brachydactyla). Atópase nas pradeiras e nos matos áridos tropicais e subtropicais do Oriente Medio e Asia Central (Afganistán, Armenia, Azerbaixán, Chipre, Yibuti, Exipto, Eritrea, Etiopía, Xeorxia, Irán, Irak, Israel, Xordania, Kuwait, Líbano, Omán, Paquistán, Catar, Arabia Saudita, Sudán, Siria, Turquía, Turkmenistán, os Emiratos Árabes Unidos, e o Iemen).
  • 70. Pardal chiador (Petronia petronia)​. Da familia Passeridae. É unha especie migratoria, que se atopa en Europa, Asia y África su. En Galiza está presente, no verán, no Sur de Ourense, canón do Sil e metade norte das Rías Baixas. Xénero Petronia
  • 71. Xénero Gymnoris Pardal apincarado (Gymnoris pyrgita). Atópase nas​ sabanas secas, as pradeiras subtropicais e nas terras secas tropicais de todo o Sahel e do corno de África. Recoñécense 2 subespecies: G. p. pallida, de Mauritania, o Senegal, Mali, Nixer, Chad e Sudán. G. p. pyrgita, de Eritrea, etiopía, Somalia, Sudán do Sur, Uganda, Kenia e Tanzania.
  • 72. Pardal de gorxa amarela (Gymnoris xanthocollis). Vive en selvas e espazos abertos do sur de Asia. Recoñécense 2 subespecies: G. x. transfuga, de Turquía, o sur de Irak, o sur de Irán, o sur do Paquistán e o noroeste da India. G. x. xanthocollis, de Afganistán ata o norte do Paquistán.
  • 73. Pardal celludo (Gymnoris superciliaris). Vive nos bosques tropicais, subtropicais, sabanas tropicais e áreas de mato seco subtropicais ou tropicais africanos ao sur do Ecuador. Mide de 15 a 16 cm e pesa entre 22 e 30 g. Aliméntase de sementes e de insectos. Recoñécense 4 subespecies: G. s. bororensis, de Tanzania, Malawi, Mozambique, Natal e Swazilandia. G. s. flavigula, de Zambia, Zimbabwe, Mozambique, Botswana e Áfrice do Sur. G. S. rufitergum, da República Democrática do Congo, Tanzania, Malawi, Zambia, Angola e Botswana. G. s. superciliaris, de Sudáfrica.
  • 74. Pardal pequeno (Gymnoris dentata). Vive nas sabanas secas e áreas arbustivas do sur do Sáhara. Recoñécense 2 subespecies: G. d. Buchanani e G. d. dentata.
  • 75. Pardal de ás brancas ou pardal alpino (Montifringilla nivalis). Vive en montañas, por enriba dos 1.500 m de altitude, desde a Península Ibérica e todo o sur de Europa, por Asia central, ata China occidental. Mide de 16,5 a 19 centímetros. Aliméntase principalmente de sementes e algúns insectos. Aparece ocasionalmente nas montañas de Galiza. Coñécense varias subespecies: M. n. nivalis, do sur de Europa; M. n. leucura, do sur e do leste de Turquía; M. n. alpicola, do Caucaso e do norte de Irán ata o Afganistán; M. n. gaddi, dos montes Zagros (suroeste de Irán); M. n. tianshanica, dos montes Tián, leste do Kazakstan e norte de Tadxikistan; M. n. groumgrzimaili, do noroeste da China (Xinjiang) ata o centro de Mongolia; M. n. kwenlunensis, do norte do Tibet e do centro-oeste da China. Xénero Montifringilla pardais alpinos
  • 76. Pardal de Henri (Montifringilla henrici). É endémico do mato das montañas do leste da meseta tibetana.
  • 77. Pardal de Adams (Montifringilla adamsi). Atópase en áreas de arbustos secos tropicais da China, a India, Nepal e Pakistán. Recoñécense 2 subespecies: M. a. adamsi, do norte de Cachemira, á meseta do Tibet e o surleste do Himalaia; M. a. xerophila, da meseta do Tibet ao centro da China.
  • 78. Xénero Onychostruthus Pardal de Taczanowski (Onychostruthus taczanowskii). É endémico da meseta tibetana (China, India e Nepal) onde se atopa en matos secos tropicais e subtropicais e campos de gramíneas de clima temperado.
  • 79. Xénero Pyrgilauda pardais alpinos asiáticos: Pardal de David (Pyrgilauda davidiana). Vive en estepas e herbeiros do leste de Asia (China, Mongolia e o sur de Siberia).
  • 80. Pardal de pescozo vermello (Pyrgilauda ruficollis). Atópase no oeste da China. Recoñécense 2 subespecies: P. r. ruficollis, do oeste do Tibet, norte da India e oeste da China, P. r. isabellina, do oeste da China que pasa o inverno na India.
  • 81. Pardal de Blanford (Pyrgilauda blanfordi). É ​ endémico dos prados de altura e desertos da meseta do Tibet (China, Nepal e o norte da India). Recoñécense 3 subespecies: P. b. Blanfordi, das montañas do Tibet o norte da India e o oeste da China, que pasa o inverno na India. P. b. ventorum, das montañas do oeste da China Central. P. b. Barbata, das montañas do oeste da China.
  • 82. Pardal afgano (Pyrgilauda theresae). É endémico deo Hindu Kush, en Afganistán. Mide de 13 a 15 cm e pode pesar entre 23 e 35 g. Aliméntase de sementes e insectos. Fai o niño en furados do chan e tobos de pequenos animais.
  • 83. Os pardais americanos (Passerellidae) Máis de 140 especies agrupadas en 27 xéneros, das que moitas son coñecidas como pardais e outras por nomes diversos como chingolos, toquíes, cerqueiros,…
  • 84. Xénero Aimophila. Formado por 3 especies coñecidas como chingolos. Viven en en matos e pasteiros de zonas áridas e semiáridas de América do Norte e de América Central. Miden entre 13 e 20 cm. Aliméntanse de sementes. Aimophila ruficeps (chingolo de coroa roxa), do sur dos Estados Unidos e gran parte de México. Aimophila notosticta (chingolo ou pardal oaxaqueño) endémica do interior de Oaxaca, México. Aimophila rufescens (pardal bigotudo), de México e de América Central ata Costa Rica Chingolo de coroa roxa (Aimophila ruficeps) Pardal oaxaqueño (Aimophila notosticta ) Pardal bigotudo (Aimophila rufescens )
  • 85. Xénero Ammodramus. Formado por 9 especies coñecidas como pardais ou chingolos. Viven en pasteiros ou pantanos desde o sur do Canadá ata o centro de Arxentina. Son aves pequenas, co peteiro grande, cabeza plana e rabo curto. Ammodramus maritimus (chingolo costeiro), da costa do oeste e do Golfo dos Estados Unidos, con varias subespecies. Ammodramus nelsoni (chingolo de Nelson), dos pantanos da costa atlántica dos Estados Unidos. Ammodramus caudacutus (chingolo de rabo fino,) das zonas húmidas da costa leste do Canadá e dos Estados Unidos. Ammodramus leconteii (chingolo de Le Conte), de Canadá e dos Estados Unidos. Ammodramus henslowii (chingolo de Henslow), do sur do Canadá e do norte dos Estados Unidos. Ammodramus bairdii (chingolo de Baird,) das pradeiras de América do Norte. Ammodramus savannarum (chingolo saltamontes,) de América Central e das Antillas. Ammodramus humeralis (chingolo do mato), de América do Sur. Ammodramus aurifrons (chingolo de cella amarela), da metade norte de América do Sur. Pardal de cella amarela (Ammodramus aurifrons) Chingolo de Henslow (Ammodramus henslowii)
  • 86. Xénero Amphispiza. Formado por 2 especies coñecidas como chingolos. Son orixinarios de América do Norte. Viven en áreas secas do oeste dos Estados Unidos e do norte de México. Amphispiza bilineata (chingolo de gorxa negra) dos desertos de Norteamérica. Amphispiza belli (pardal troglodita ou chingolo de Bell), das zonas áridas do oeste de América do Norte. chingolo de gorxa negra (Amphispiza bilineata) pardal troglodita ou chingolo de Bell (Amphispiza belli )
  • 87. Xénero Arremon. Formado por 20 especies coñecidas como cerqueiros, pimpíns, pardais ou saltóns sudamericanos, tico-ticos no Brasil. Viven en matos e bosques do trópico de Sudamérica, Centroamérica e México. Arremon taciturnus (cerqueiro pectoral), dos bosques húmidos tropicais de América do Sur Arremon semitorquatus (tico tico de medio colar), do Brasil Arremon franciscanus (tico tico do sao Francisco ou cerqueiro franciscano) do Brasil. Arremon flavirostris (tico tico de bico amarelo), do centro-leste do Brasil Arremon aurantiirostris (cerqueiro de peteiro laranxa), dos bosques e selvas desde México ao norte do Perú. Arremon schlegeli (cerqueiro de ás douradas), de Colombia e o norte de Venezuela, con varias subespecies. Arremon abeillei (cerqueiro de coroa negra) bosques da costa de Ecuador e do norte do Perú. Arremon brunneinucha (cerqueiro de coroa castaña), dos bosques húmidos de montaña, de México ao Perú. Arremon virenticeps (cerqueiro de raias verdes), dos bosques de montaña de México. Arremon atricapillus (cerqueiro de cabeza negra), dos Andes colombianos e de Panamá. Arremon costaricensis (cerqueiro de Costa Rica), endémico de Costa Rica e do oeste de Panamá. Arremon torquatus (cerqueiro de cabeza listada) dos Andes de Perú, Bolivia e noroeste da Arxentina. Arremon basilicus (pardal de monte ou cerqueiro de Bangs), endémico das serras Nevada e de Santa Marta en Colombia. Arremon perijanus (cerqueiro de Perijá), endémico dos bosques húmidos do Perijá entre Colombia e Venezuela.; Arremon assimilis (cerqueiro picofino) dos Andes de Venezuela, Colombia, Ecuador e Perú. Arremon phaeopleurus (cerqueiro de Sclater), endémico da cordilleira da costa occidental de Venezuela. Arremon phygas (cerqueiro de Berlepsch), endémico da cordilleira da costa oriental de Venezuela. Arremon crassirostris (cerqueiro de cara suxa), dos bosques de Colombia, Panamá e Costa Rica. Arremon castaneiceps (cerqueiro de cabeza roxa), dos Andes de Colombia, Ecuador e o Perú. pardal de peteiro laranxa (Arremon aurantiirostris). cerqueiro de cabeza roxa ou pimpín oliváceo (Arremon castaneiceps )
  • 88. Xénero Arremonops. Formado por 4 especies coñecidas como pimpíns ou cerqueiros. Viven no sur de Texas, México, América Central e no norte de Sudamérica. Arremonops chloronotus (cerqueiro de lombo verde ou rascador de lombo verde). Atópase desde o sur de México a Honduras. Arremonops conirostris (cerqueiro de listas negras) Atópase desde o norte de Honduras ao norte do Brasil; Arremonops rufivirgatus (cerqueiro oliváceo ou rascador oliváceo). Atópase desde o sur de Texas ata Costa Rica. Arremonops tocuyensis (cerqueiro de Tocuio). Só se atopa na área costeira da fronteira entre Colombia e Venezuela cerqueiro oliváceo (Arremonops rufivirgatus ) cerqueiro de Tocuio (Arremonops tocuyensis) cerqueiro de listas negras (Arremonops conirostris) cerqueiro de lombo verde (Arremonops chloronotus )
  • 89. Xénero Artemisiospiza. Formado por 2 especies coñecidas como pardais de salvia ou chingolos. Son orixinarios de América do Norte. Artemisiospiza belli (chingolo de Bell), desde Canadá ata o norte de México Artemisiospiza nevadensis (chingolo de Nevada), do oeste dos Estados Unidos e do norte de México. chingolo de Bell (Artemisiospiza belli ) chingolo de Nevada (Artemisiospiza nevadensis )
  • 90. Xénero Atlapetes. formado por 31 especies coñecidas como atlapetes, saltóns e pardais de monte. Habitan en México, América Central e Sudamérica. Atlapetes pileatus (atlapetes coronirrufo),dos bosques dos altiplanos de México. Atlapetes albofrenatus (atlapetes ou pardal montés bigotudo), de Colombia e Venezuela. Atlapetes semirufus (atlapetes semirrufo ou pardal de monte ocráceo), do nordeste de Colombia e do norte de Venezuela. Atlapetes personatus (atlapetes ou saltón de tepui), dos tepuis do Brasil, Guaiana e Venezuela. Atlapetes albinucha (atlapetes nuquibranco; saltón de nuca branca, saltón ou pardal montés de gorxa amarela), dos bosques de montaña do surleste de México, América Central e do oeste de Colombia. Atlapetes melanocephalus (atlapetes de Santa Marta, pardal montés de Santa Marta ou saltón de Santa Marta), endémico de Colombia. Atlapetes pallidinucha (atlapetes nuquipálido ou pardal montés de cabeza branca), dos bosques tropicais de montaña de Colombia, Ecuador, Venezuela e o noroeste do Perú. Atlapetes flaviceps (atlapetes cabecigualdo; pardal montés de anteollos), endémico de Colombia Atlapetes fuscoolivaceus (atlapetes sombrío, pardal montés oliváceo ou saltón de cabeza escura), endémico de Colombia. Atlapetes crassus (atlapetes do Chocó), dos Andes de Colombia e do Ecuador. Atlapetes tricolor (atlapetes tricolor), dos Andes do Perú. Atlapetes leucopis (atlapetes embridado, matorraleiro de anteollos ou pardal montés pardo), só se atopa nos Andes do Ecuador e Colombia. Atlapetes latinuchus (atlapetes de peito amarelo), desde o norte do Perú ao oeste de Venezuela. Atlapetes blancae (atlapetes antioqueño ou pardal montés paisa), na contorna de Antioquía (Colombia) Atlapetes tricolor Saltón do tepui (Atlapetes personatus)
  • 91. Atlapetes rufigenis (atlapetes de orellas roxas), endémico dos Andes peruanos Atlapetes forbesi (atlapetes ou matorraleiro de Apurímac), endémico dos Andes do centro sur do Perú. Atlapetes melanopsis (atlapetes de anteollos); só se atopa nos Andes peruanos arredor do río Mantaro. Atlapetes schistaceus (atlapetes pizarroso ou pardal montés pizarra), dos bosques húmidos andinos desde o oeste de Venezuela ata o Perú. Atlapetes leucopterus (atlapetes aliblanco ou saltón de ás brancas), dos bosques tropicais do Ecuador e do noroeste do Perú. Atlapetes albiceps (atlapetes cabeciblanco), dos bosques tropicais de Ecuador e o noroeste do Perú. Atlapetes pallidiceps (atlapetes cabecipálido), das zonas áridas de mato do centro-sur do Ecuador. Atlapetes seebohmi (atlapetes de Seebohm), dos bosques húmidos tropicais do Ecuador e do Perú. Atlapetes nationi (atlapetes ventrirrufo), endémico dos Andes do suroeste do Perú. Atlapetes canigenis (atlapetes de Cuzco), dos bosques húmidos dos Andes na contorna de Cuzco, no surleste do Perú. Atlapetes terborghi (atlapetes de Vilcabamba), endémico dos bosques húmidos da Cordilleira de Vilcabamba, do sur do Perú. Atlapetes melanolaemus (atlapetes de cara negra), dos bosques húmidos de montaña entre Cuzco (Perú) e Sucre (Bolivia) Atlapetes rufinucha (atlapetes nuquirrufo), endémico de Bolivia. Atlapetes fulviceps (atlapetes cabecirrufo), dos bosques húmidos de montaña entre Arxentina e Bolivia. Atlapetes citrinellus (atlapetes ou cerqueiro amarelo), dos bosques húmidos de Arxentina e Paraguai. Atlapetes nigrifrons (pardal montés do Perijá ou atlapetes do Perijá), endémico das áreas montañosas da serranía do Perijá do nordeste de Colombia e do oeste de Venezuela. Atlapetes meridae (atlapetes de Mérida), endémico das áreas montañosas dos Andes, de Mérida e do leste de Táchira, no oeste de Venezuela. pardal montés pizarra (Atlapetes schistaceus ) pardal montés do Perijá (Atlapetes nigrifrons)
  • 92. Xénero Calamospiza. Formado por unha soa especie Calamospiza melanocorys (chingolo albinegro​ ou llanero alipálido). Habita en áreas abertas e chans do oeste de América do Norte. Aniña en Canadá e nos Estados Unidos, e inverna no sur dos Estados Unidos e en México. Mide entre 15 e 19 cm. Aliméntase de sementes e de insectos. No verán amosan un marcado dimorfismo sexual.
  • 93. Xénero Chlorospingus. Formado por 9 especies e coñecidas como clorospingos, tangaras... Atópanse en áreas de mato de América Central e América do Sur. Chlorospingus flavopectus (tangara orelluda), dos bosques húmidos desde México a Arxentina. Chlorospingus tacarcunae (tangara de bosque), só se atopa en Panamá e zonas próximas de Colombia Chlorospingus inornatus (clorospingo de Pirre), endémico de Panamá. Chlorospingus semifuscus (clorospingo escuro), de Colombia e Ecuador. Chlorospingus pileatus (froiteiro copetón), endémico de Costa Rica e Panamá. Chlorospingus parvirostris (tangara montesa de peteiro curto), de Bolivia, Colombia, Ecuador e Perú. Chlorospingus flavigularis (monteiro de gorxa amarela), de Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e Panamá. Chlorospingus flavovirens (clorospingo verdeamarelo), de Colombia e Ecuador. Chlorospingus canigularis (tangara de gorxa gris), de Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela, Ecuador e Perú. froiteiro copetón (Chlorospingus pileatus ) tangara montesa de peteiro curto (Chlorospingus parvirostris ) tangara orelluda (Chlorospingus flavopectus )
  • 94. Xénero Chondestes. Formado por unha especie o (Chondestes grammacus) pardal arlequín, chingolo arlequín ou pardal alondra.​ Vive en zonas secas desde o sur do Canadá, polo oeste dos Estados Unidos e o norte de México, os do norte migran ao sur no inverno. Mide entre 14 e 17 cm. Aliméntase de sementes e insectos.
  • 95. Xénero Junco. Está formado por catro especies que habitan bosques de coníferas, bosques mixtos ou zonas de mato das áreas de clima temperado do norte do continente ou áreas de elevada altitude. Miden entre 12 e 15 cm de lonxitude. Aliméntanse de sementes e insectos. Amosan un lixeiro dimorfismo sexual. As poboacións do norte son migradoras. Junco vulcani (xunco dos volcáns), dos cumes volcánicos de Costa Rica e Panamá; Junco hyemalii (xunco de ollo escuro), de Norteamérica ata o Círculo Polar. Junco insularis (xunco de Guadalupe), endémico da illa Guadalupe; e Junco phaeonotus (xunco de ollo dourado), de México, Guatemala e o sur dos Estados Unidos. xunco dos volcáns (Junco vulcani) xunco de Guadalupe (Junco insularis ) xunco de ollo escuro (Junco hyemalii ) xunco de ollo dourado (Junco phaeonotus )
  • 96. Xénero Melospiza. Formado por tres especies coñecidas como chingolos ou pardais cantores. Viven en áreas de mato e marismas de Norteamérica e Centroamérica. As de máis ao norte migran ao sur no inverno Melospiza melodia (Pardal melódico), de Alaska, Canadá, os Estados Unidos e o norte de México. Melospiza lincolnii (pardal de Lincoln), de Alaska, Canadá e os Estados Unidos. Melospiza georgiana (pardal de coroa roxa dos pantanos) desde o centro de Canadá ata Terranova e no leste dos Estados Unidos. ​ pardal de coroa roxa dos pantanos (Melospiza georgiana)pardal de Lincoln (Melospiza lincolnii) Pardal melódico (Melospiza melodia )
  • 97. Xénero Melozone. Formado por 8 especies coñecidas como toquís ou pardais de terra. Viven en América Central e en América do Norte. Viven en zonas de mato onde se alimentan de sementes. Melozone albicollis (rascador oaxaqueño ou toquí oaxaqueño), endémico das zonas áridas e montañosas do sur de México. Melozone fusca (rascador pardo ou toquí pardo), do sur dos Estados Unidos e de México. Melozone crissalis (rascador californiano ou toquí californiano), da costa oeste dos Estados Unidos. Melozone aberti (rascador do deserto ou toquí de Albert), endémico da cunca do río Colorado (Estados Unidos e México) Melozone kieneri (rascador ou toquí de coroa castaña), do oeste e do sur de México. Melozone biarcuata (rascador patilludo​ ou toquí de catro ollos),desde o sur de México ata Honduras. Melozone cabanisi (toquí costarricense ou pimpín dos cafetais), endémico do centro de Costa Rica. Melozone leucotis (rascador,​ toquí ou pimpín de orellas brancas), das áreas do Pacífico de América Central. pimpín de orellas brancas (Melozone leucotis ) rascador patilludo​ ou toquí de catro ollos (Melozone biarcuata) rascador oaxaqueño ou toquí oaxaqueño (Melozone albicollis)
  • 98. Xénero Oreothraupis. Unha especie Oreothraupis arremonops (pardal tangarino, pimpín curtidor, cerqueiro tangarino... ), Atópase nos bosques de néboa da costa do Pacífico ​de Colombia e do Ecuador. Mide 20 cm de lonxitude.
  • 99. Xénero Oriturus. Unha especie Oriturus superciliosus (pardal raiado, chingolo raiado ou zacatonero serrano). É endémico de México. Vive en pasteiros e bosques de coníferas con mato das terras altas. Mide uns 17 cm. Recoñécense 2 subespecies: O. s. palliatus, do noroeste e o oeste de México. O. s. superciliosus, do centro e do sur de México.
  • 100. Xénero Passerculus. Unha soa especie Passerculus sandwichensis (pardal sabaneiro ou chingolo sabaneiro). Atópase desde Alaska ata Guatemala e o Caribe. As poboacións do sur son sedentarias e as do norte migran ao sur no inverno. Recoñécense unhas 20 subespecies
  • 101. Xénero Passerella. Unha especie Passerella iliaca (pardal raposo, chingolo zorruno​ ou pardal rañador​).​ Habita principalmente o mato dos bosques de coníferas, matos e marismas da maior parte de Alaska, da metade sur de Canadá e do oeste dos Estados Unidos. Pode medir ata 18 cm. Aliméntase de sementes e insectos. No inverno migra ao suroeste de Estados Unidos. Distínguense 4 subespecies, que algúns autores consideran especies diferentes: P. i. iliaca (subespecie vermella). Coa plumaxe máis brillante; atópase desde Alaska ata Terranova e o Labrador, en Canadá. P. i. unalaschcensis (subespecie escura). De cor parda opaca coas partes ventrais claras. Habita a costa oeste, desde as illas Aleutianas, sur de Alaska, Canadá ata o noroeste de Washington (Estados Unidos). P. i. schistacea (subespecie cincenta). De peteiro pequeno e amarelo con cabeza e lombo gris, ás pardas, peito branco con raias pardas e rabo vermello. Vive nas Montañas Rochosas. P. i. megarhyncha (subespecie de peteiro grande). Plumaxe case idéntico ao da subespecie cincenta, pero con máis gris azulado na cabeza e o rabo menos vermello. Peteiro longo e azulado. Atópase na Serra Nevada (Estados Unidos). P. i. megarhyncha P. i. schistacea P. i. unalaschcensis
  • 102. Xénero Peucaea. Formado por 8 especies coñecidas como chingolos, pardais…, son orixinarios do sur de América do Norte e de América Central. Peucaea mystacalis (chingolo embridado), do sur de México. Peucaea humeralis (chingolo de peito negro), endémico da cunca do río Balsas, en México. Peucaea ruficauda (chingolo ou pardal de cabeza listada), da costa do Pacífico, desde México a Costa Rica. Peucaea sumichrasti (chingolo de rabo canela), do sur do istmo de Tehuantepec, en México. Peucaea aestivalis (chingolo de Bachman), do surleste dos Estados Unidos. Peucaea botterii (chingolo ou pardal de Botteri), desde o sur dos Estados Unidos ata o norte de Costa Rica. Peucaea cassinii (chingolo ou pardal de Cassin), das zonas áridas dos Estados Unidos e de México. Peucaea carpalis (chingolo de ás roxas), do suroeste dos Estados Unidos e do noroeste de México. chingolo ou pardal de Cassin (Peucaea cassinii)pardal de Botteri (Peucaea botterii)chingolo de ás roxas (Peucaea carpalis)
  • 103. Xénero Pezopetes. Acolle unha soa especie o Pezopetes capitalis (pimpín de patas grandes, cerqueiro patigrande, sabaneiro patón ou saltón patigrande). Endémico das terras altas de Costa Rica e do oeste de Panamá. Mide uns 20 cm e pesa ata 56 g. Aliméntase de insectos, arañas, sementes e algúns froitos.
  • 104. Xénero Pipilo, Formado por 4 especies coñecidas como toquís. Viven en América do Norte e no norte de América Central. Pipilo chlorurus (toquí de rabo verde), dos Estados Unidos e de México. Pipilo erythrophthalmus (rascador pinto escuro, toquí de costados vermellos), desde Canadá ata Guatemala. Pipilo maculatus (toquí apincarado), desde Canadá ata Guatemala Pipilo ocai (toquí acolarado), endémico do centro e do sur de México toquí de rabo verde (Pipilo chlorurus) toquí apincarado (Pipilo maculatus) toquí de costados vermellos (Pipilo erythrophthalmus) toquí acolarado (Pipilo ocai )
  • 105. Género Pooecetes. cunha única especie Pooecetes gramineus (c​hingolo coliblanco ou pardal zacateiro de rabo branco). Vive en espazos abertos. Cría en Canadá e nos Estados Unidos e inverna no norte de México. Mide entre 12 e 16 cm.
  • 106. Xénero Pselliophorus Contén dúas especies nativas de América Central coñecidas como cerqueiros. Pselliophorus tibialis (Cerqueiro de coxas amarelas). Endémico das montañas de Costa Rica e do oeste de Panamá. Mide uns 18 cm e pesa arredor de 30 g. Aliméntase de insectos e froitos. Pselliophorus luteoviridis (Cerqueiro verdeamarelo). Endémico dos bosques húmidos tropicais das montañas de Panamá. Cerqueiro de coxas amarelas (Pselliophorus tibialis) Cerqueiro verdeamarelo (Pselliophorus luteoviridis )
  • 107. Xénero Spizella. Formado por 6 especies coñecidas como chingolos, ​orixinarias de América do Norte e América Central. Son aves pequenas, entre 12 e 15 cm. Sexos similares. Todas as especies son migratorias ou parcialmente migratorias. Spizella atrogularis (pardal de barba negra), dos Estados Unidos e México. Varias subespecies. Spizella breweri (chingolo ou pardal de Brewer), de Canadá, Estados Unidos e México. Spizella pallida (chimbito ou pardal pálido), de Canadá, Estados Unidos e México. Spizella passerina (chimbito ou pardal de coroa vermella), de América do Norte e Central. Spizella pusilla (chingolo campestre), do leste de Canadá e os Estados Unidos. Spizella wortheni (chingolo ou pardal de Worten), endémico do altoplano de México. pardal pálido (Spizella pallida) pardal de coroa vermella (Spizella passerina) pardal de barba negra (Spizella atrogularis )
  • 108. Xénero Spizelloides. Unha única especie Spizelloides arborea (pardal americano, chingolo arbóreo ou chimbito arbóreo).​ Cría na tundra ou nos límites do norte do bosque boreal de Alaska, Canadá e San Pedro e Miquelón. Migra ao sur de Canadá e a Estados Unidos durante o inverno. Aliméntase de sementes, insectos e algunhas bagas. Recoñécense 2 subespecies: S. a. arborea, do nordeste de Norteamérica, S. a. ochracea, do noroeste de Norteamérica
  • 109. Xénero Torreornis. Unha única especie. Torreornis inexpectata (cabrerito ou chingolo de ciénaga e pardal de Zapata) endémico de Cuba. Recoñécense 3 subespecies: T. inexpectata inexpectata, Ciénaga de Zapata, Matanzas. Vive en pasteiros de corte. T. inexpectata sigmani, Baitiquirí, Guantánamo. Vive en matos secos espiñentos. T. inexpectata varonai, de Caio Coco, Cego de Ávila. Vive en matos, e no bosque seco ou semiseco costeiro.
  • 110. Xénero Xenospiza. Unha soa especie Xenospiza baileyi (chingolo serrano ou pardal serrano). É endémico de México. Habita áreas de pasteiros de altura de clima temperado da Serra Madre Occidental e do eixo volcánico, do oeste e do centro de México. Mide arredor de 12 cm. Atópase en perigo de extinción.
  • 111. Xénero Zonotrichia agrupa a 5 especies. Coñecidos como chingolos. Que viven en América do Norte Zonotrichia albicollis (chingolo ou pardal de gorxa branca), cría en Canadá e inverna nos Estados Unidos. Zonotrichia atricapilla (chingolo ou pardal de coroa dourada), cría no norte de Alaska e Canadá e inverna nos Estados Unidos. Zonotrichia capensis (chingolo común, pardal chingolo), atópase en toda América do Sur e en parte de América Central e das Antillas. Zonotrichia leucophrys (chingolo ou pardal de coroa branca), cría en Canadá e Alaska e inverna nos Estados Unidos e México. Zonotrichia querula (chingolo de Harris, sabaneiro de Harris), cría no centro norte de Canadá e inverna no sur dos Estados Unidos. pardal de coroa branca (Zonotrichia leucoprhys) pardal chingolo (Zonotrichia capensis ) chingolo ou pardal de Harris (Zonotrichia querula)
  • 112. Outros. paxaros de outras familias que tamén se coñecen co nome de pardais
  • 113. Pardal de Xava ou capuchino arroceiro de Xava (Lonchura oryzivora). É orixinario de Xava, Bali e Bawean en Indonesia. Mide uns 17 cm. Machos e femias teñen a mesma apariencia. É moi gregario. Aliméntase de grans e sementes. Só quedan entre 2.500 e 10.000 exemplares en estado silvestre. É moi criado como ave de gaiola, o que deu lugar á aparición de exemplares de diferentes cores. O xénero Lonchura, da familia Estrildidae, acolle 35 especies coñecidas como capuchinos e algunhas como pardais.
  • 114. Pardal do Xapón, capuchino do Xapón ou manón (Lonchura striata domestica). Non existe en estado silvestre porque se obtivo por cruzamento e selección entre Lonchura striata (unha ave antigamente moi común en algúns países do leste de Asia: China, India, Xapón, Tailandia e illas de Indonesia) e outras especies afíns. Mide arredor de 11 cm. A cor da prumaxe vai do branco ao negro, con todas as tonalidades marróns intermedias, e pode ser toda dunha soa cor ou coas cores misturadas. Non existe dimorfismo sexual. Aliméntase de grans e follas.
  • 115. Capuchino punteado, pimpín ou pardal canela (Lonchura punctulata). Nativo do subcontinente indio e do surleste asiático foi introducido no Caribe, Australia oriental e algunas illas da Polinesia.
  • 116. O xénero Spiza, da familia Cardinalidae, acolle unha soa especie (Spiza americana) o pardal de peito amarelo arroceiro americano ou sabaneiro. Vive en espazos abertos e terreos de cultivo. Cría no sur do Canadá e no centro dos Estados Unidos, e pasa o inverno en México, en América Central e en Sudamérica. Mide uns 15 cm.
  • 117. O xénero Passerina, de la familia Cardinalidae, está formado por 7 especies das que unha recibe, entre outros, o nome de pardal. Azulejo, azulito norteño, escribenta índigo ou pardal azul (Passerina cyanea). Cría nos bosques pouco densos dos Estados Unidos e do sur do Canadá e inverna en América Central e nas illas do Caribe. Mide uns 13 cm. Polas cores do macho e polo canto críase como ave de gaiola. A imaxe da esquerda é dunha femia, a da dereita dun macho en época de cría.
  • 118. Pardal de peito vermello, pardal de monte ou pardal mexicano (Haemorhous mexicanus ou Carpodacus mexicanus). Atópase en habitats diversos de case todos os Estados Unidos e no norte e o centro de México. Mide arredor de 12 cm. Aliméntase de sementes, pequenos froitos e insectos. O xénero Haemorhous da familia Frinxillidae está formado por 3 especies. Unha delas é o pardal de monte mexicano..
  • 119. Xílgaro ianqui ou pardal americano (Carduelis tristis ou Spinus tristis). Nativo de Norteamérica. Mide de 12 a 13 cm. Teñen marcado dimorfismo. Os machos teñen una cor semellante á das femias no inverno e mudan a marelo durante a tempada de cría. Recoñécense 4 subespecies: C. t. tristis. Atópase desde o sur de Canadá ata Colorado. Pasa o inverno no sur chegando a Florida e México.​ C. t. pallidus, de cores máis pálidas e un algo máis grande. Do sur e o oeste do Canadá e noroeste dos Estados Unidos. Pasa o invernos en California e México.​ C. t. jewetti, máis pequeno e escuro. Do suroeste de Canadá e do oeste dos Estados Unidos. ​ C. t. salicamans, de cor máis castaña no inverno. Do suroeste dos Estados Unidos. Inverna nos desertos de Mojave e Colorado. o xénero Carduelis, da familia Frinxillidae, acolle ao pardal americano Parella nun comedeiro
  • 120. Pardal negro ou semilleiro de peito negro (Tiaris bicolor). Atópase en matos baixos de case todas as Antillas e nas zonas costeiras de Venezuela e Colombia.. Mide uns 11 cm de largo. Aliméntase no chan, de froitos e sementes. O xénero Tiaris da familia Thraupidae acolle unha especie co nome de pardal
  • 121. Pardal de barba amarela (Tiaris olivaceus). Vive en espazos abertos de América Central e nas Antillas máis grandes onde se alimenta maiormente de sementes e algún invertebrados.
  • 122. ​No xénero Sicalis da familia Thraupidae (Sicalis flaveola) pardal azafrán, xílgaro dourado, canario… É común tanto en áreas abertas como nos matos das terras baixas de América do Sur, a non ser na área do Amazonas, no sur da Arxentina e en Chile.
  • 123. Chingolo, ou cachilo, de coroa castaña ou pardal raiado (Rhynchospiza strigiceps). Vive nos bosques e nos matos secos subtropicais de Arxentina, Paraguai e do sur de Bolivia. O xénero Rhynchospiza, da familia Emberizidae, acolle especies que teñen o nome de pardais.
  • 124. Pardal de Tumbes ou chingolo de Tumbes (Rhynchospiza stolzmanni). É un paxaro pouco común, duns 14 cm de lonxitude, que se atopa nas terras baixas e ladeiras do noroeste do Perú e áreas próximas do Ecuador.
  • 125. O xénero Eremopterix da familia Alaudidae acolle 8 especies das que unha, a Eremopterix leucopareia, leva o nome de Pardal- cotovía de Fischer. Vive nos herbeiros das chairas tropicais do leste de África, desde o centro de Kenia ao noroeste de Mozambique.
  • 126. As imaxes son collidas da “rede”. Agradézolle aos autores poder dispoñer delas e agardo saiban desculpar o uso que lles din. Mon Daporta, 2019 Algún quedaría por aí, pero isto é o que deu de si.