SlideShare a Scribd company logo
1 of 68
Psitaciformes
AS LIDEIRAS DE ROQUEMonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Iba o outro día Roque facendo unha camiñada
cando escoitou un paxaro a falar con voz humana.
Que prodixio! -pensou Roque- Como é que tal pode ser?
Andaba un pouco desocupado e xa atopou que facer.
Todos sabedes como é. “Cousa nova”… a investigar!.
Quería saber que era aquelo e como, e por qué, podía falar.
“Psitaciformes” vaia nome foi topar
…e iso só para empezar
As psitaciformes (Psittaciformes),
un orde que inclúe uns 86
xéneros con máis de 350 especies,
son aves que viven principalmente
nas zonas tropicais e subtropicais
aínda que hai algunhas especies
que viven en zonas temperadas
de América do Sur, de Nova
Zelandia e do sur de Asia.
Actualmente, exemplares fuxidos da
cautividade, crían, e teñen poboacións
numerosas, en moitas localidades dos
Estados Unidos e en varios países de
Europa como o Reino Unido, Bélxica,
Holanda, España…
Son aves de cores chamativas,
predominantemente verdes e/ou
de moitas cores, unhas producidas
por pigmentos e outras polo
reflexo da luz nas estructuras das
plumas.
O tamaño das especies oscila
entre os 8 cm e 10 g do
microloro pusio, e o metro de
lonxitude do guacamaio azul
e os catro kg do kákapu.
Microloro pusio
Guacamaio azul
Kakapu
Teñen a cabeza grande co peteiro
forte, curvado cara abaixo, unha
lingua musculosa con gran
mobilidade e os ollos en posición
lateral que lle proporcionan un
amplo campo visual.
Adoitan pousar co corpo
erguido e teñen as patas
prensís, zigodáctilas (con
dous dedos cara adiante e os
outros dous cara atrás), que
lle dan unha gran capacidade
de agarre e facilidade para o
manexo de materiais.
Voan, unhas rápido
e en liña recta e
outras lentamente,
aínda que case
todas pasan moito
tempo pousadas
…ou gabeando polas árbores, ás veces axudándose co peteiro.
No chan, ao teren as patas curtas,
teñen un andar bamboleante.
A maioría das psitaciformes teñen pouco ou ningún dimorfismo
sexual, aínda que nalgunhas especies o macho é un algo máis
robusto que a femia. O dimorfismo máis extremo dase nas parellas
de loro eclecto.
Parella de xandaia amarela
Parella de loro eclecto o macho, verde, diante e a
femia, vermella, detrás.
Aliméntanse
principalmente
de sementes,
froitos, brotes
e outras
materias
vexetais, pero
tamén as hai
carroñeiras e
cazadoras.
As máis
pequeniñas
comen néctar,
pole e froita
branda.
Adoitan ser
monógamas. Casi
todas aniñan en ocos
de árbores ou tobos
en cantís e poñen
ovos de cor branca
dos que nacen polos
pouco desenvolvidos.
Moitas psitaciformes adoitan comezar a chocar os ovos case
desde o comezo da posta, e como consecuencia desto os polos
nacen con días de diferencia entre eles polo que é normal ver
unha rolada con polos en diferentes estados de desenvolvemento.
O nacemento escalonado permite que, no caso de que escasee o
alimento, sobrevivan algunhas crías, sempre as máis desenvolvidas.
Adoitan moverse en grupos máis ou menos numerosos chegando
nalgúns casos a formar grandes bandos.
Bando de pericos silvestres en Australia
Algunhas das
especies de gran
tamaño (loros,
cacatúas grandes,
guacamaios e
amazonas) poden
vivir ata 80 años,
coñécense casos de
exemplares que
acadaron os cen
anos, mentras que
as máis pequenas
(periquitos,
inseparables,…)
viven de 15 a 20
anos.
Loro de idade avanzada
As psitaciformes, polo chamativo das
súas cores, as súas habilidades e pola
capacidade que teñen algunhas
especies de imitar a voz humana, son
mascotas populares. Ao longo da
historia as súas plumas coreadas foron,
e seguen a ser usadas como elementos
decorativos e/ou de ceremonial.
Touca dun ceremonial de iniciación dunha
tribu da amazonía.
Loro mascota
Das 372 especies de psitaciformes vivas, 130 están clasificadas por la UICN como
ameazadas ou case ameazadas, e delas, 16, considéranse en perigo crítico de
extinción.
As psitaciformes son o grupo de aves silvestres máis explotado: o tráfico ilegal de
especies, a destrucción dos seus hábitats e a caza son os principais riscos aos que
teñen que enfrontarse as súas poboacións.
Pero… Por qué son quen de falar?
A maneira de sabelo foi seguir a investigar.
Os loros son animais cunha
gran capacidade de
imitación e teñen ademais
cualidades e hábitos
favorables para o
desenvolvemento da
intelixencia: son animais
sociables e lonxevos. A
vida en sociedade permite,
e require, para o
funcionamento do grupo, o
recoñecemento e a
comunicación para que
sexa posible a
interactuacíon entre os
membros do mesmo; e a
lonxevidade implica a
oportunidade de vivir un
grande número de
experiencias e a
posibilidade de transmitir
os coñecementos
adquiridos con elas.
Si temos en conta que tamén dispón
dun órgano emisor de sons (a sirinxe,
propia das aves) e unha lingua grosa e
cunha gran capacidade de movemento
que lle permite modular os sons que
emite. E se a todo o anterior lle
engadimos longas sesións de
adestramento, xa nos atopamos moi
preto de chegar á conclusión de por
que son quen de emitr sons que
remedan aos da voz humana.
Ata hai pouco pensábase que
a emisión de sons por parte
dos loros era só cousa de
imitación (repetición de forma
mecánica de sons do seu
entorno) e as respostas
acaídas resultado da
asociación estímulo-resposta
(comunicación por asociación
pero comunicación sen
comprensión), pero dende hai
xa un tempo os estudos
demostran que a especial
constitución do seu cerebro
(con áreas relacionadas coa
aprendizaxe) fai posible que
algúns loros dispoñan dun
nivel intelectual da altura dun
neno pequeno.
E posto xa a buscar quixo saber algo máis,
e ver parecidos, diferencias… e como son os que hai.
O orden Psitaciformes (Loros, cacatúas, afíns e semellantes)
subdivídese en tres superfamilias: Psittacoidea (loros típicos ou
papagaios), Cacatuoidea (cacatúas) e Strigopoidea (loros de Nova
Zelandia).
Psitacoidea
Cacatuoidea
Strigopoidea
Superfamilia Strigopoidea.
(Loros de Nova Zelandia) Un grupo con
características diferenciadas que evolucionou
illado en Nova Zelandia.
Familia Nestoridae:
2 xéneros, dúas especies : kea e kaka.
(na imaxe un kea)
Familia Strigopidae:
kakapo ou kákapu (Strigops
habroptilus). É o único loro non voador
e ten hábitos nocturnos. Atópase en
perigo de extinción.
Superfamilia Cacatuoidea. (Cacatúas)
Son facilmente reconocibles pola “crista” de
plumas que erguen a vontade para expresar o
seu estado de ánimo.
familia Cacatuidae. Formada por 21 especies distribuidas por Australasia: desde Filipinas e
as illas de Indonesia Oriental ata Nova Guiné, Australia e as illas Salomón.
Subfamilia
Nymphicinae:
1 especie a
cacatúa ninfa.
Subfamilia
Calyptorhynchinae:
cacatúas negras.
Subfamilia Cacatuinae:
as demais cacatúas.
Psittacoidea.
psitacoideos ou loros típicos. O grupo divídese en tres familias e contén máis
de 330 especies
Psittacidae (loros de
América e África)
Psittrichasiidae (loro
aguileño e afíns)
Psittaculidae (loros de Asia e
Oceanía e especies
pequenas de África)
E buscando, buscando tamén atopou outras cousas:
unhas interesantes, outras chamativas, e fotos curiosas
A especie de loro coa que máis se experimentou: o loro iaco ou loro gris africano
Os lorículos, uns pequenos loros asiáticos, son as únicas aves que se poñen cabeza
abaixo para durmir.
Os loros e as cacatúas, adestrados, son quen de adquirir curiosas habilidades,
ter curiosas amistades
e adoptar curiosas actitudes.
Pero a cousa foise enleando, e detrás de unha veu outra,
ata armar estes traballiños no que xuntou a “xenea” toda..
As especies
Strigopoidea.
(Loros de Nova Zelandia) Unha familia con características
diferenciadas que evolucionou illada en Nova Zelandia.
kea (Nestor notabilis).
É endémico dos bosques,
pasteiros e matos da zona
alpina da Illa Sur de Nova
Zelandia. Mide arredor de 46
cm. O macho é un algo máis
grande cá femia, pesa arredor
de 1.000 g (a femia 800 g), e
ten o peteiro máis longo.
Aliméntase principalmente de
vexetais (bagas e brotes), pero
tamén come insectos e
carroña.
Fan o niño en buratos do chan
ou entre pedras e poñen catro
ovos que choca a femia entre
22 e 24 días (durante este
tempo o macho traille comida).
Os polos independízanse ao
teren de 90 a 100 días de vida
e fanse adultos aos tres anos.
kaka (Nestor meridionalis). Nativo
das terras baixas e de altitude media dos
bosques de Nova Zelandia. Mide uns 45 cm
de longo e pesa de 390 a 560 g . É un loro
son principalmente arbóreo e móvese en
grupos. Aliméntase de froitas, sementes,
flores, brotes, néctar, savia, e invertebrados.
Fai os niños en ocos de árbores e pon de 2 a
4 ovos.
Coñécense dúas subespecies, o kaka da Illa
Norte (Nestor meridionalis septentrionalis) e
o kaka da Illa Sur (Nestor meridionalis
meridionalis).
kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). Endémico
de Nova Zelandia, é o único loro non voador e ten
hábitos nocturnos.
Os machos poden medir ata 60 cm e pesar entre 3 e
4 kg, (as femias son algo máis pequenas e menos
robustas ca os machos) e poden acumular graxa
corporal para illarse do frío. Aliméntanse dunha
gran variedade de plantas, sementes e froitas. Non
voan pero empregan as ás para planear desde o
alto das árbores, ás que gabean coa axuda do
peteiro, e teñen as patas fortes que lle permiten
correr bastante rápido.
Para atraer ás femias os machos reúnense e
pelexan entre eles. Logo a femia fai un niño no chan
no que pon un ou dous ovos, dos que se ocupa ela
soa: chócaos uns 30 días e alimenta aos pitos entre
70 e 90 días máis, aínda que seguen preto dela ata
os seis meses. Fanse adultos a partir dos cinco ou
seis anos e non crían todos os anos. Poden vivir
entre 90 e 120 anos.
Atópanse en perigo crítico de extinción. Despois de
varias campañas de recuperación só se coñecen uns
150 exemplares vivos.
Cacatuoidea
(Cacatúas) Cacatuidae. Familia formada por 21 especies distribuida
principalmente por Australasia: desde Filipinas e as illas de Indonesia
Oriental ata Nova Guiné, Australia e as illas Salomón. Son facilmente
reconocibles pola “crista” de plumas que erguen a vontade para
expresar o seu estado de ánimo.
cacatúa ninfa, cocotilla ou carolina (Nymphicus
hollandicus). É endémica de Australia onde vive en
espazos abertos preto da auga. Mide entre 25 e 33
cm dos que case a metade son de rabo, caso único
entre as cacatúas. Aniña en furados das árbores
onde pon de 4 a 7 ovos que chocan, macho e femia,
entre 17 e 22 días e logo alimentan ás crías uns dous
meses. Son adultos ao ano de vida e poden durar de
20 a 25 anos. É unha ave común como mascota, e
como resultado desta cría e selección en cautividade
coñécense numerosas variacións de cor.
Arriba exemplares silvestres, e variables de cor
producto da cría en cautividade, abaixo
cacatúa fúnebre de
peteiro longo
(Calyptorhynchus
baudinii). É
endémica dos
bosques densos do
suroeste de
Australia. Mide uns
56 cm de longo.
cacatúa fúnebre de peteiro curto (Calyptorhynchus latirostris). É endémica do
suroeste de Australia.
cacatúa fúnebre de rabo
amarelo (Calyptorhynchus
funereus). Nativa do
surleste de Australia. Pode
medir de 55 a 65 cm de
longo.
cacatúa de rabo
vermello
(Calyptorhynchus
banksii). Vive nas partes
máis secas de Australia.
É abundante e está moi
extendida. No norte do
país está considerada
unha plaga para a
agricultura.
Miden arredor de
60 centímetros de
longo. Recoñécense
cinco subespecies que
se diferencian polo
tamaño do peteiro.
Parella, macho á dereita
cacatúa lustrosa (Calyptorhynchus
lathami). Habita nos bosques do
leste de Australia.
Existen tres subespecies distintas
Parella, macho á dereita
cacatúa das palmas, cacatúa
goliat ou gran cacatúa negra
(Probosciger aterrimus).
Habita nas selvas de Nova
Guiné e no norte de
Queensland, en Australia.
Mide entre 49 e 68 cm, é
unha das especies máis
grandes, e pesa de 500 a
1.000 gr, os machos son os
máis grandes e pesados.
Aliméntase de froitos,
sementes e outras partes
dos vexetais. Pon un só ovo
nun furado dunha árbore
que incuban o macho e a
femia. Os polos nacen uns 30
días despois. Pode vivir máis
de 80 anos. Coñécense varias
subespecies.
Parella, macho detrás
cacatúa gang-gang(Callocephalon
fimbriatum). Vive nos bosques do
extremo suroriental de Australia. Mide
de 33 a 35 cm e pesa entre 250 e 330
gr. Pode vivir máis de 60 anos.
Parella, macho á dereita
cacatúa Galah (Eolophus
roseicapilla). É a cacatúa
máis extendida por
Australia. Está considerada
unha plaga para a
agricultura.
Poden vivir uns 40 anos.
As novas pasan os
primeiros dous ou tres
anos en grandes bandadas.
Coñécense 3 subespecies
Cacatúa rosa (Lophocroa leadbeateri). É
unha cacatúa de tamaño médio que vive en
áreas áridas e semiáridas do interior da
Austrália. Aliméntase basicamente de
vexetais.
cacatúa branca
(Cacatua alba). Nativa
das illas Molucas. É
unha ave branca con
ollos castaños ou
negros e o peteiro gris
cinza. Pode vivir ata
80 anos.
A femia mide uns
48 cm e pesa cerca de
400 gr; o macho ten a
cabeza máis longa, o
peteiro máis grande, e
pode pesar ata 800 gr.
cacatúa das molucas ou
cacatúa de crista cor salmón
(Cacatua moluccensis). Vive
nas costas, montañas e selvas
das illas Molucas. É a cacatúa
branca de maior tamaño. Mide
entre 46 e 52 cm e pode pesar
ata 900 gr. A femia adoita ser
máis grande ca o macho.
Aliméntase de sementes,
froitas e posiblemente insectos
e larvas. Pon 2 ovos que incuba
uns 30 días. Pode vivir 50 anos
e está ameazada de extinción
Cacatúa de ollos azuis
(Cacatua ophthalmica).
É endémica dos
bosques das terras
baixas dun arquipélago
de Papua Nova Guiné.
Mide ata 50 cm de
longo. Recoñécese polo
peteiro negro e a cor
azul clara da pel de
arredor dos ollos.
cacatúa sulfúrea ou
cacatúa de crista amarela
(Cacatua sulphurea).
Nativa do sur de Indonesia
e illas próximas. Mide de
32n a 35 cm de longo e
pesa arredor dos 350 gr.
Pon 2 ou 3 ovos que choca
durante 25 a 27 días. Os
polos saen aos dous
meses. Coñécense catro
subespecies. Atópase en
perigo de extinción.
cacatúa de moño
amarillo ou cacatúa
galerita(Cacatua
galerita). Vive nos
bosques tropicais e
subtropicais de
Australia, Papúa
Nova Guiné e
Indonesia. Mide uns
50 cm e pode pesar
ata 900 g. pon de 1
a 3 ovos que chocan
uns 30 días.
cacatúa
sanguínea
(Cacatua ou
Licmetis
sanguinea). Vive
en zonas de
sabana, mato e
pasteiros de
Australia e Nova
Guiné. Mide de
35 a 40 cm e pesa
unha media de
500 gr.
cacatúa cavadora (Cacatua
ou Licmetis pastinator).
Endémica do suroeste de
Australia Occidental. Mide
entre 40 e 45 cm de longo.
Pon de 3 a 5 ovos que choca
entre 23 e 24 días. Os polos
deixan o niño ás 8 semanas.
cacatúa de peteiro
delgado (Cacatua ou
Licmetis tenuirostris). É
orixinaria de Australia.
Mide de 38 a 41 cm de
lonxitude e pesa uns 550
gr, de promedio.pon de 2
a 3 ovos que chocan os
dous membros da parella
uns 24 días e os polos
saen ás 8 semanas.
cacatúa das illas Salomon
(Cacatua ou Licmetis
ducorpsii). É endémica
das selvas, bosques
secundarios, zonas
abertas e xardíns das Illas
Salomón. Mide uns 30
cm. pon dous ovos que
chocan uns 25 días e os
polos saen do niño aos
dous meses.
cacatúa de Tanimbar
(Cacatua ou Licmetis
goffiniana). Só se
atopan nas Illas
Tanimbar e
probablemente
noutras próximas.
Mide uns 30 cm de
lonxitude. Está
considerada a máis
pequena das cacatúas.
cacatúa filipina (Cacatua ou
Licmetis heamaturopygia). É
endémica das zonas baixas
húmedas, como manglares o
arrozais, de illas do sur das
Filipinas. Mide de 30 a 32 cm e
pesa arredor duns 300 gr. Pon
2 ou 3 ovos que chocan
durante uns 28 días. Atópase
en perigo de extinción.
Calcúlase que só quedan entre
1.000 e 4.000 exemplares.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso
que fixen delas.
Mon Daporta
E para non facer a cousa moi grande
Rematamos aquí esta primeira parte

More Related Content

What's hot (13)

O raposo
O raposoO raposo
O raposo
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscos
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOSCRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
 
O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)O raposo (Morcego Roque)
O raposo (Morcego Roque)
 
Vertebrados agrupamento
Vertebrados agrupamentoVertebrados agrupamento
Vertebrados agrupamento
 
As formigas
As formigas As formigas
As formigas
 
O pavo
O pavoO pavo
O pavo
 
A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)
 
Os Invertebrados. Agrupamento
Os Invertebrados. Agrupamento Os Invertebrados. Agrupamento
Os Invertebrados. Agrupamento
 
A tortuga galapago
A tortuga galapagoA tortuga galapago
A tortuga galapago
 
Animais vertebrados
Animais vertebradosAnimais vertebrados
Animais vertebrados
 

Similar to Psitaciformes i

A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesMonContos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes iiMonContos
 
Os mamíferos
Os mamíferosOs mamíferos
Os mamíferoscerredo
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezCarmela Garcia
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentesMonContos
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javierPlecoptero
 
Esquio presentacion
Esquio presentacionEsquio presentacion
Esquio presentacionmttq
 

Similar to Psitaciformes i (20)

A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
Psitaciformes ii
Psitaciformes iiPsitaciformes ii
Psitaciformes ii
 
Os mamíferos
Os mamíferosOs mamíferos
Os mamíferos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
Coello
CoelloCoello
Coello
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
Pelícanos
PelícanosPelícanos
Pelícanos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
O xabaril
O xabarilO xabaril
O xabaril
 
Investigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdezInvestigación oso pardo de ana fdez
Investigación oso pardo de ana fdez
 
O gato
O gatoO gato
O gato
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier6.tricópteros noelia y javier
6.tricópteros noelia y javier
 
Esquio presentacion
Esquio presentacionEsquio presentacion
Esquio presentacion
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Psitaciformes i

  • 1. Psitaciformes AS LIDEIRAS DE ROQUEMonDaporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  • 2. Iba o outro día Roque facendo unha camiñada cando escoitou un paxaro a falar con voz humana.
  • 3. Que prodixio! -pensou Roque- Como é que tal pode ser? Andaba un pouco desocupado e xa atopou que facer.
  • 4. Todos sabedes como é. “Cousa nova”… a investigar!. Quería saber que era aquelo e como, e por qué, podía falar.
  • 5. “Psitaciformes” vaia nome foi topar …e iso só para empezar
  • 6. As psitaciformes (Psittaciformes), un orde que inclúe uns 86 xéneros con máis de 350 especies, son aves que viven principalmente nas zonas tropicais e subtropicais aínda que hai algunhas especies que viven en zonas temperadas de América do Sur, de Nova Zelandia e do sur de Asia. Actualmente, exemplares fuxidos da cautividade, crían, e teñen poboacións numerosas, en moitas localidades dos Estados Unidos e en varios países de Europa como o Reino Unido, Bélxica, Holanda, España…
  • 7. Son aves de cores chamativas, predominantemente verdes e/ou de moitas cores, unhas producidas por pigmentos e outras polo reflexo da luz nas estructuras das plumas.
  • 8. O tamaño das especies oscila entre os 8 cm e 10 g do microloro pusio, e o metro de lonxitude do guacamaio azul e os catro kg do kákapu. Microloro pusio Guacamaio azul Kakapu
  • 9. Teñen a cabeza grande co peteiro forte, curvado cara abaixo, unha lingua musculosa con gran mobilidade e os ollos en posición lateral que lle proporcionan un amplo campo visual.
  • 10. Adoitan pousar co corpo erguido e teñen as patas prensís, zigodáctilas (con dous dedos cara adiante e os outros dous cara atrás), que lle dan unha gran capacidade de agarre e facilidade para o manexo de materiais.
  • 11. Voan, unhas rápido e en liña recta e outras lentamente, aínda que case todas pasan moito tempo pousadas
  • 12. …ou gabeando polas árbores, ás veces axudándose co peteiro.
  • 13. No chan, ao teren as patas curtas, teñen un andar bamboleante.
  • 14. A maioría das psitaciformes teñen pouco ou ningún dimorfismo sexual, aínda que nalgunhas especies o macho é un algo máis robusto que a femia. O dimorfismo máis extremo dase nas parellas de loro eclecto. Parella de xandaia amarela Parella de loro eclecto o macho, verde, diante e a femia, vermella, detrás.
  • 15. Aliméntanse principalmente de sementes, froitos, brotes e outras materias vexetais, pero tamén as hai carroñeiras e cazadoras. As máis pequeniñas comen néctar, pole e froita branda.
  • 16. Adoitan ser monógamas. Casi todas aniñan en ocos de árbores ou tobos en cantís e poñen ovos de cor branca dos que nacen polos pouco desenvolvidos.
  • 17. Moitas psitaciformes adoitan comezar a chocar os ovos case desde o comezo da posta, e como consecuencia desto os polos nacen con días de diferencia entre eles polo que é normal ver unha rolada con polos en diferentes estados de desenvolvemento.
  • 18. O nacemento escalonado permite que, no caso de que escasee o alimento, sobrevivan algunhas crías, sempre as máis desenvolvidas.
  • 19. Adoitan moverse en grupos máis ou menos numerosos chegando nalgúns casos a formar grandes bandos. Bando de pericos silvestres en Australia
  • 20. Algunhas das especies de gran tamaño (loros, cacatúas grandes, guacamaios e amazonas) poden vivir ata 80 años, coñécense casos de exemplares que acadaron os cen anos, mentras que as máis pequenas (periquitos, inseparables,…) viven de 15 a 20 anos. Loro de idade avanzada
  • 21. As psitaciformes, polo chamativo das súas cores, as súas habilidades e pola capacidade que teñen algunhas especies de imitar a voz humana, son mascotas populares. Ao longo da historia as súas plumas coreadas foron, e seguen a ser usadas como elementos decorativos e/ou de ceremonial. Touca dun ceremonial de iniciación dunha tribu da amazonía. Loro mascota
  • 22. Das 372 especies de psitaciformes vivas, 130 están clasificadas por la UICN como ameazadas ou case ameazadas, e delas, 16, considéranse en perigo crítico de extinción. As psitaciformes son o grupo de aves silvestres máis explotado: o tráfico ilegal de especies, a destrucción dos seus hábitats e a caza son os principais riscos aos que teñen que enfrontarse as súas poboacións.
  • 23. Pero… Por qué son quen de falar? A maneira de sabelo foi seguir a investigar.
  • 24. Os loros son animais cunha gran capacidade de imitación e teñen ademais cualidades e hábitos favorables para o desenvolvemento da intelixencia: son animais sociables e lonxevos. A vida en sociedade permite, e require, para o funcionamento do grupo, o recoñecemento e a comunicación para que sexa posible a interactuacíon entre os membros do mesmo; e a lonxevidade implica a oportunidade de vivir un grande número de experiencias e a posibilidade de transmitir os coñecementos adquiridos con elas.
  • 25. Si temos en conta que tamén dispón dun órgano emisor de sons (a sirinxe, propia das aves) e unha lingua grosa e cunha gran capacidade de movemento que lle permite modular os sons que emite. E se a todo o anterior lle engadimos longas sesións de adestramento, xa nos atopamos moi preto de chegar á conclusión de por que son quen de emitr sons que remedan aos da voz humana.
  • 26. Ata hai pouco pensábase que a emisión de sons por parte dos loros era só cousa de imitación (repetición de forma mecánica de sons do seu entorno) e as respostas acaídas resultado da asociación estímulo-resposta (comunicación por asociación pero comunicación sen comprensión), pero dende hai xa un tempo os estudos demostran que a especial constitución do seu cerebro (con áreas relacionadas coa aprendizaxe) fai posible que algúns loros dispoñan dun nivel intelectual da altura dun neno pequeno.
  • 27. E posto xa a buscar quixo saber algo máis, e ver parecidos, diferencias… e como son os que hai.
  • 28. O orden Psitaciformes (Loros, cacatúas, afíns e semellantes) subdivídese en tres superfamilias: Psittacoidea (loros típicos ou papagaios), Cacatuoidea (cacatúas) e Strigopoidea (loros de Nova Zelandia). Psitacoidea Cacatuoidea Strigopoidea
  • 29. Superfamilia Strigopoidea. (Loros de Nova Zelandia) Un grupo con características diferenciadas que evolucionou illado en Nova Zelandia. Familia Nestoridae: 2 xéneros, dúas especies : kea e kaka. (na imaxe un kea) Familia Strigopidae: kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). É o único loro non voador e ten hábitos nocturnos. Atópase en perigo de extinción.
  • 30. Superfamilia Cacatuoidea. (Cacatúas) Son facilmente reconocibles pola “crista” de plumas que erguen a vontade para expresar o seu estado de ánimo. familia Cacatuidae. Formada por 21 especies distribuidas por Australasia: desde Filipinas e as illas de Indonesia Oriental ata Nova Guiné, Australia e as illas Salomón. Subfamilia Nymphicinae: 1 especie a cacatúa ninfa. Subfamilia Calyptorhynchinae: cacatúas negras. Subfamilia Cacatuinae: as demais cacatúas.
  • 31. Psittacoidea. psitacoideos ou loros típicos. O grupo divídese en tres familias e contén máis de 330 especies Psittacidae (loros de América e África) Psittrichasiidae (loro aguileño e afíns) Psittaculidae (loros de Asia e Oceanía e especies pequenas de África)
  • 32. E buscando, buscando tamén atopou outras cousas: unhas interesantes, outras chamativas, e fotos curiosas
  • 33. A especie de loro coa que máis se experimentou: o loro iaco ou loro gris africano
  • 34. Os lorículos, uns pequenos loros asiáticos, son as únicas aves que se poñen cabeza abaixo para durmir.
  • 35. Os loros e as cacatúas, adestrados, son quen de adquirir curiosas habilidades,
  • 36.
  • 38. e adoptar curiosas actitudes.
  • 39.
  • 40. Pero a cousa foise enleando, e detrás de unha veu outra, ata armar estes traballiños no que xuntou a “xenea” toda..
  • 42. Strigopoidea. (Loros de Nova Zelandia) Unha familia con características diferenciadas que evolucionou illada en Nova Zelandia.
  • 43. kea (Nestor notabilis). É endémico dos bosques, pasteiros e matos da zona alpina da Illa Sur de Nova Zelandia. Mide arredor de 46 cm. O macho é un algo máis grande cá femia, pesa arredor de 1.000 g (a femia 800 g), e ten o peteiro máis longo. Aliméntase principalmente de vexetais (bagas e brotes), pero tamén come insectos e carroña. Fan o niño en buratos do chan ou entre pedras e poñen catro ovos que choca a femia entre 22 e 24 días (durante este tempo o macho traille comida). Os polos independízanse ao teren de 90 a 100 días de vida e fanse adultos aos tres anos.
  • 44. kaka (Nestor meridionalis). Nativo das terras baixas e de altitude media dos bosques de Nova Zelandia. Mide uns 45 cm de longo e pesa de 390 a 560 g . É un loro son principalmente arbóreo e móvese en grupos. Aliméntase de froitas, sementes, flores, brotes, néctar, savia, e invertebrados. Fai os niños en ocos de árbores e pon de 2 a 4 ovos. Coñécense dúas subespecies, o kaka da Illa Norte (Nestor meridionalis septentrionalis) e o kaka da Illa Sur (Nestor meridionalis meridionalis).
  • 45. kakapo ou kákapu (Strigops habroptilus). Endémico de Nova Zelandia, é o único loro non voador e ten hábitos nocturnos. Os machos poden medir ata 60 cm e pesar entre 3 e 4 kg, (as femias son algo máis pequenas e menos robustas ca os machos) e poden acumular graxa corporal para illarse do frío. Aliméntanse dunha gran variedade de plantas, sementes e froitas. Non voan pero empregan as ás para planear desde o alto das árbores, ás que gabean coa axuda do peteiro, e teñen as patas fortes que lle permiten correr bastante rápido. Para atraer ás femias os machos reúnense e pelexan entre eles. Logo a femia fai un niño no chan no que pon un ou dous ovos, dos que se ocupa ela soa: chócaos uns 30 días e alimenta aos pitos entre 70 e 90 días máis, aínda que seguen preto dela ata os seis meses. Fanse adultos a partir dos cinco ou seis anos e non crían todos os anos. Poden vivir entre 90 e 120 anos. Atópanse en perigo crítico de extinción. Despois de varias campañas de recuperación só se coñecen uns 150 exemplares vivos.
  • 46. Cacatuoidea (Cacatúas) Cacatuidae. Familia formada por 21 especies distribuida principalmente por Australasia: desde Filipinas e as illas de Indonesia Oriental ata Nova Guiné, Australia e as illas Salomón. Son facilmente reconocibles pola “crista” de plumas que erguen a vontade para expresar o seu estado de ánimo.
  • 47. cacatúa ninfa, cocotilla ou carolina (Nymphicus hollandicus). É endémica de Australia onde vive en espazos abertos preto da auga. Mide entre 25 e 33 cm dos que case a metade son de rabo, caso único entre as cacatúas. Aniña en furados das árbores onde pon de 4 a 7 ovos que chocan, macho e femia, entre 17 e 22 días e logo alimentan ás crías uns dous meses. Son adultos ao ano de vida e poden durar de 20 a 25 anos. É unha ave común como mascota, e como resultado desta cría e selección en cautividade coñécense numerosas variacións de cor. Arriba exemplares silvestres, e variables de cor producto da cría en cautividade, abaixo
  • 48. cacatúa fúnebre de peteiro longo (Calyptorhynchus baudinii). É endémica dos bosques densos do suroeste de Australia. Mide uns 56 cm de longo.
  • 49. cacatúa fúnebre de peteiro curto (Calyptorhynchus latirostris). É endémica do suroeste de Australia.
  • 50. cacatúa fúnebre de rabo amarelo (Calyptorhynchus funereus). Nativa do surleste de Australia. Pode medir de 55 a 65 cm de longo.
  • 51. cacatúa de rabo vermello (Calyptorhynchus banksii). Vive nas partes máis secas de Australia. É abundante e está moi extendida. No norte do país está considerada unha plaga para a agricultura. Miden arredor de 60 centímetros de longo. Recoñécense cinco subespecies que se diferencian polo tamaño do peteiro. Parella, macho á dereita
  • 52. cacatúa lustrosa (Calyptorhynchus lathami). Habita nos bosques do leste de Australia. Existen tres subespecies distintas Parella, macho á dereita
  • 53. cacatúa das palmas, cacatúa goliat ou gran cacatúa negra (Probosciger aterrimus). Habita nas selvas de Nova Guiné e no norte de Queensland, en Australia. Mide entre 49 e 68 cm, é unha das especies máis grandes, e pesa de 500 a 1.000 gr, os machos son os máis grandes e pesados. Aliméntase de froitos, sementes e outras partes dos vexetais. Pon un só ovo nun furado dunha árbore que incuban o macho e a femia. Os polos nacen uns 30 días despois. Pode vivir máis de 80 anos. Coñécense varias subespecies. Parella, macho detrás
  • 54. cacatúa gang-gang(Callocephalon fimbriatum). Vive nos bosques do extremo suroriental de Australia. Mide de 33 a 35 cm e pesa entre 250 e 330 gr. Pode vivir máis de 60 anos. Parella, macho á dereita
  • 55. cacatúa Galah (Eolophus roseicapilla). É a cacatúa máis extendida por Australia. Está considerada unha plaga para a agricultura. Poden vivir uns 40 anos. As novas pasan os primeiros dous ou tres anos en grandes bandadas. Coñécense 3 subespecies
  • 56. Cacatúa rosa (Lophocroa leadbeateri). É unha cacatúa de tamaño médio que vive en áreas áridas e semiáridas do interior da Austrália. Aliméntase basicamente de vexetais.
  • 57. cacatúa branca (Cacatua alba). Nativa das illas Molucas. É unha ave branca con ollos castaños ou negros e o peteiro gris cinza. Pode vivir ata 80 anos. A femia mide uns 48 cm e pesa cerca de 400 gr; o macho ten a cabeza máis longa, o peteiro máis grande, e pode pesar ata 800 gr.
  • 58. cacatúa das molucas ou cacatúa de crista cor salmón (Cacatua moluccensis). Vive nas costas, montañas e selvas das illas Molucas. É a cacatúa branca de maior tamaño. Mide entre 46 e 52 cm e pode pesar ata 900 gr. A femia adoita ser máis grande ca o macho. Aliméntase de sementes, froitas e posiblemente insectos e larvas. Pon 2 ovos que incuba uns 30 días. Pode vivir 50 anos e está ameazada de extinción
  • 59. Cacatúa de ollos azuis (Cacatua ophthalmica). É endémica dos bosques das terras baixas dun arquipélago de Papua Nova Guiné. Mide ata 50 cm de longo. Recoñécese polo peteiro negro e a cor azul clara da pel de arredor dos ollos.
  • 60. cacatúa sulfúrea ou cacatúa de crista amarela (Cacatua sulphurea). Nativa do sur de Indonesia e illas próximas. Mide de 32n a 35 cm de longo e pesa arredor dos 350 gr. Pon 2 ou 3 ovos que choca durante 25 a 27 días. Os polos saen aos dous meses. Coñécense catro subespecies. Atópase en perigo de extinción.
  • 61. cacatúa de moño amarillo ou cacatúa galerita(Cacatua galerita). Vive nos bosques tropicais e subtropicais de Australia, Papúa Nova Guiné e Indonesia. Mide uns 50 cm e pode pesar ata 900 g. pon de 1 a 3 ovos que chocan uns 30 días.
  • 62. cacatúa sanguínea (Cacatua ou Licmetis sanguinea). Vive en zonas de sabana, mato e pasteiros de Australia e Nova Guiné. Mide de 35 a 40 cm e pesa unha media de 500 gr.
  • 63. cacatúa cavadora (Cacatua ou Licmetis pastinator). Endémica do suroeste de Australia Occidental. Mide entre 40 e 45 cm de longo. Pon de 3 a 5 ovos que choca entre 23 e 24 días. Os polos deixan o niño ás 8 semanas.
  • 64. cacatúa de peteiro delgado (Cacatua ou Licmetis tenuirostris). É orixinaria de Australia. Mide de 38 a 41 cm de lonxitude e pesa uns 550 gr, de promedio.pon de 2 a 3 ovos que chocan os dous membros da parella uns 24 días e os polos saen ás 8 semanas.
  • 65. cacatúa das illas Salomon (Cacatua ou Licmetis ducorpsii). É endémica das selvas, bosques secundarios, zonas abertas e xardíns das Illas Salomón. Mide uns 30 cm. pon dous ovos que chocan uns 25 días e os polos saen do niño aos dous meses.
  • 66. cacatúa de Tanimbar (Cacatua ou Licmetis goffiniana). Só se atopan nas Illas Tanimbar e probablemente noutras próximas. Mide uns 30 cm de lonxitude. Está considerada a máis pequena das cacatúas.
  • 67. cacatúa filipina (Cacatua ou Licmetis heamaturopygia). É endémica das zonas baixas húmedas, como manglares o arrozais, de illas do sur das Filipinas. Mide de 30 a 32 cm e pesa arredor duns 300 gr. Pon 2 ou 3 ovos que chocan durante uns 28 días. Atópase en perigo de extinción. Calcúlase que só quedan entre 1.000 e 4.000 exemplares.
  • 68. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E para non facer a cousa moi grande Rematamos aquí esta primeira parte