Anuncio de desfile de moda no IES de Melide. Creacións da alumnas de 2º de BAC cons materiais reciclados. Moda grega e romana a cargo dos alumnos de cultura clásica.
2. As Erinias ou Furias
Erinias perseguendo
a Orestes
Bouguereau
• Nacidas do sangue de Urano, cando foi castrado por Cronos
• Son as primitivas deusas da vinganza que non recoñecen a
autoridade dos deuses e perseguen aos criminais.
• Soen ser tres irnás, representadas con ás e serpes na cabeleira
3. As Horas
• Fillas de Zeus e Temis, a Xustiza e a Lei .
• As Horas son as deusas das estacións
e personifican as horas do día.
4. As Moiras ou Parcas
Strudwick
goya
• Fillas de Zeus e Temis, a Xustiza e a Lei.
• As tres Moiras ou Parcas, son as encargadas do destino
dos homes e represéntanse como tres fiandeiras que “tecen”
o destino dos humanos.
5. As Musas
poussin
• Fillas de Zeus e Mnemosine, a Memoria, as Nove
Musas son protectoras das artes e compañeiras
de Apolo no mote Parnaso.
6. As Tres Gracias
FRESCO DE POMPEIA RUBENS
• As tres Gracias (ou Cárites) son Fillas de Zeus e
Eurínome, filla de OcéanoDesta unión nacen as
Tres Gracias, divindades da beleza
7. Hestia
• Aínda que é Filla de Cronos
e Rea, aparece como deusa • Emblema: lume, fogar
secundaria • Nome Romano: Vesta
• Deusa do Fogar, onde se
venera
8. Eros
cÁNOVA
CARAVAGGIO
• Deus do amor
• Segundo Hesíodo xurde de caos, pero
outras versións fanno fillo de
Afrodita e Ares • Namorouse da fermosa
• Nome romano: Cupido (“Desexo”) Psiqué (a mente) e
• Emblemas: as (para voar duns a uniuse a ela coa
outros), arco e frechas coas que condición de que non
“fire” a homes e deuses tentase velo na
escuridade da noite.
• Soe representarse coma un neno
espido (é inocente)
9. Pan
• Fillo de Hermes e Dríope • Emblemas: a siringa ou
• Deus agreste, deus dos frauta de Pan
pastores e rebaños • Represéntaselle con
• É metade home, metade sátiros (ou faunos) e
cabra e soe producir un ninfas (divindades da
gran medo (Pánico) natureza)
10. Sátiros
• Son Xenios da natureza
que soen representarse
coma un ser
híbrido, metade home,
metade cabra. Ás veces
pode levar cola de
cabalo e pene erecto.
• Na mitoloxía romana
denomínase fauno.
• Soen formar parte do
séquito de Dioniso ou de
Pan.
• Son criaturas ledas e
pícaras, amantes do
viño e das mulleres.
11. Ninfas
Rubens
• Espíritos femininos ou divindades da natureza, consideradas
fillas de Zeus.
• As veces forman parte do séquito dun deus ou deusa, como por
exemplo de Artemisa.
• Os seus amantes soen ser Pan, os sátiros, Príapo e grandes deuses
como Zeus, Apolo, Hermes, Dioniso...
• Hai varios tipos de ninfas: Neridas (do mar), Náiades (dos ríos),
Dríades (dos bosques), Hamadríades (das árbores), Oceánides (do
Océano)....
12. CENTAUROS
• Seres híbridos con
cabeza e tronco
humano e corpo
de cabalo.
• Vivían nas
montañas de
Tesalia e eran
fillos Ixión e
Nefele.
• Polo xeral son
seres salvaxes que
viven sen leis, a
• As metopas do Partenón, excepción de Folo
obra de Fidias, describen a e Quirón, que
loita cos lapitas
(habitantes de Tesalia) cos teñen unha
centauros. natureza amable
e son sabios.
13. CENTAUROS
• Quirón, o máis sabio dos
centauros, educou a heroes
como Aquiles, Xasón ,
Asclepio ou incluso ao
mesmo deus Apolo
14. Sereas
• Na mitoloxía grega son seres híbridos, metade muller,
metade ave.
• Son tres, fillas de musa Melpómene e dos deus río Aqueloo.
• Atraen aos mariñeiros co seu canto e fan que as súas naves
batan contra as rochas.
• Odiseo (Ulises) conseguiu escoitar o seu marabilloso canto
sen destrozar a súa nave.
15. Tritón
Bernini
• Deus mariño, fillo de Poseidón e Anfitrite.
• Soe representarse con corpo humano e cola de
peixe.
• Leva un tridente e unha caracola
• Denomínanse Tritóns a un conxunto de seres que
formaban parte do séquito de Poseidón
16. Harpías
• Xenios femininos con forma de ave, cabeza de
muller e garras afiadas.
• Famosas por roubar e emporcar a comida de
Fineo, rei de Tracia. Os Argonautas na súa viaxe á
Colquide, axudáronlle a librarse delas
• Tamén eran raptoras de nenos e almas.
17. Quimera
• Monstro con corpo de cabra, cabeza de león e parte
traseira de serpe ou dragón
• Botaba lume pola boca e engulía o gando,
aterrorizando aos homes.
• O heroe Belerofonte, ás ordes do rei de Licia Ióbates,
matouna coa axuda do cabalo alado Pegaso.
18. Pegaso
• Cabalo branco alado,
fillo de Medusa e
Poseidón. Naceu do
pescozo de Medusa, ao
cortarlle Perseo a
cabeza.
• Estaba ao servizo de
Zeus e axudou a
Belerofonte a matar a
Quimera.
• Belerofonte quixo subir
ata o olimpo montado
sobre Pegaso, pero Zeus
fixo que caese ao
baleiro.
• Pegaso foi convertido
en constelación.
19. Medusa
• Monstro mariño feminino con cabelos de serpe e cairos
de xabarín que petrificaba coa súa mirada.
• Ela era mortal, mentres que as súas dúas irmáns eran
inmortais. As tres denominábanse Gorgonas.
• Foi morta polo heroe Perseo, coa axuda do escudo de
Atenea.
• A Gorgona decoraba os escudo de atenea e dos
Atenienses
20. Medusa
Rubens Bernini
• Segundo o poeta Ovidio, era unha fermosa
muller, violada por Poseidón nun templo de
Atenea. A deusa, molesta polo acto impío,
converteu en serpes os seus cabelos.
21. Minotauro
Durrenmat
• Ser con corpo de home e cabeza de Touro, fillo de
Pasifae, esposa do rei de Creta Minos, como producto
da súa unión cun touro.
• Foi encerrado por Minos no labirinto e alimentábase
de víctimas humanas.
• Foi morto por Teseo, fillo do rei Exeo de Atenas.
22. Esfinxe
• Monstro feminino
con peito de león,
cabeza de muller e
alas de paxaro.
• Foi enviada á cidade
de Tebas como
castigo polo
asasinato do seu rei
Laio.
• Plantexaba un
enigma aos viaxeiros
que se achegaban a
Tebas e devorábaos se
non o acertaban.
• Foi destruída por
Edipo, ao resolver
este o enigma.
Moreau