SlideShare a Scribd company logo
1 of 166
A IDADE MODERNA
• No século XV producíronse unha serie de feitos
que transformaron a vida europea e que
configuran unha nova era, a Idade Moderna, esta
se estende desde 1492 ano en que se descubre
América, ou 1453 cando os turcos otománs
toman Constantinopla ata 1789 ano en que ten
lugar a revolución francesa.
• Un novo período histórico, froito dunha serie de
transformacións sociais, políticas, relixiosas
culturais e económicas.
• Diversos factores explican a irrupción da modernidade:
• Os progresos científicos e técnicos van transformar as
sociedades europeas. Innovacións técnicas(compás,
astrolabio,carabela..) van permitir o descubrimento de
América por Colón. A invención da imprenta, permitiu
unha ampla difusión dos libros, achegando a cultura a un
amplo sector social.
• Ten lugar unha gran transformación cultural e a aparición
de novas correntes de pensamento, o Humanismo e
artísticas : o Renacemento .
• .
• Reformas relixiosas aparece o
protestantismo (luteranismo, calvinismo e
anglicanismo)
• Cambios na economía coa aparición o
capitalismo comercial, réxime económico
fundamentado no dominio do capital como
creador de riqueza, que se acumulará en mans
da burguesía e que se iniciara coas
exploracións marítimas de Portugal e Castela.
• No ámbito político. Aparece o Estado Moderno
encarnado nas monarquías autoritarias en
varios Estados europeos como Francia,Inglaterra
e España, que impoñen a autoridade real sobre
os nobres.
• Ámbito social. cada vez é maior o peso dun
grupo social, a burguesía, que se enriquecera co
comercio e cuxas reivindicacións desembocarán,
tres séculos máis tarde, no inicio da Idade
Contemporánea.
CULTURA E ARTE:HUMANISMO E
RENACEMENTO
• Durante os séculos XV e XVI aparece un novo
xeito de comprender o mundo. Sen negar a
existencia de Deus, que ocupara un papel
central na Idade Media, comezouse a buscar
explicacións racionais aos fenómenos da
natureza e a organizar todos os aspectos da
vida social desde unha perspectiva que tivese
máis en conta ao ser humano.
• O HUMANISMO
• Xorde no século XV en Italia un movemento intelectual
denominado humanismo, que supuxo un cambio de
mentalidade respecto á época medieval. Ten como
características principais:
• Toma como modelo a antigüidade clásica. Estúdan
obras literarias, filosóficas, científicas
grecolatinas.Colocan ao ser humano no centro do
universo (antropocentrismo), en contraposición áo
mundo medieval que puña a Deus no centro de
todo(teocentrismo
• O pensamento humanista difundiuse por toda
Europa grazas á imprenta (Johannes
Gutenberg 1455) que multiplicou a publicación
de libros e abaratou o seu custe.
• As universidades contribuíron ao espallamento
das novas ideas.
• Os pensadores humanistas e artistas
renacentistas foron apoiados polos mecenas
(nobres e burgueses protectores da arte e a
cultura, como os Médicci en Florencia).
• Entre os pensadores do movemento humanista destacan:
• Erasmo de Róterdam, quen en Eloxio da loucura realizou
unha crít ica dos males da
• sociedade do seu tempo.Tomás Moro, pensador inglés,
quen na súa obra Utopía criticaba os monarcas
despóticos,o materialismo e os privilexios. Nicolás
Maquiavelo, que na súa obra, O Príncipe, defendeu que
para poder exercer opoder é lexítimo empregar a astucia
ou o temor (o fin xustifica os medios).
• En España destacaron Antonio de Nebrija, autor da
primeira gramática castelá, Juan Luis Vives, promotor
dunha reforma da educación a través do emprego do
método experimenta
OS CAMBIOS RELIXIOSOS
• No século XV rompeuse a unidade da
igrexa católica, as causas que a motivaron
foron:
• O desprestixio do clero. Os papas
ocupábanse máis das ambicións terrenais
que de ser cabeza da cristiandade; os
bispos vivían con luxo e non se ocupaban
das súas dioceses; o baixo clero carecía de
preparación e vivían dun xeito pouco
acorde coa moral cristiá.
• Os vicios da igrexa. O alto clero ofrecía os
cargos eclesiásticos aos seus familiares
(nepotismo); os cregos
amancebábanse(nicolaísmo); vendíanse os
cargos eclesiásticos e o perdón dos
pecados mediante as
indulxencias(simonía).
• Algúns humanistas criticaron a relaxación
dos costumes e da moral do clero e a
xeneralización de prácticas abusivas na
Igrexa.
• A ruptura entre cristiáns produciuse polas
predicacións de Martiño Lutero (Alemaña 1483-
1546),ao negar o valor das indulxencias e o
poder da Igrexa.
• Predicou unha nova doutrina relixiosa, coñecida
como reforma luterana, que negaba a
autoridade do Papa e se baseaba en tres
principios: xustificación pola fe, sacerdocio
universal (invalidando os sacramentos) e
autoridade da Biblia (única fonte de inspiración
para cada individuo).
• Ao mesmo tempo xorden outras doutrinas reformistas:
• O calvinismo (Suíza )
de Xoán Calvino (1509-1561).
• Defendía a predestinación;
dicir, que o home ten
determinado o seu destino
desde o nacemento.
Os principios que defende son:
observar a Biblia,
levar unha vida humilde e austera
e gozar a graza divina.
• O anglicanismo (Inglaterra)
de Henrique VIII (1491-1547).
Separouse de Roma ao se
negar o Papa Clemente VII
a concederlle o divorcio de
Catalina de Aragón,
Autoproclamándose
xefe supremo
da igrexa anglicana.
• Na súa loita contra a expansión do
protestantismo a Igrexa católica iniciou un
movemento de reforma
coñecido como
Contrarreforma.
• Para levala a cabo
tivo lugar a
convocatoria do
Concilio de Trento(1545-1563).
• Nel proclamouse que a fe e as boas obras era
importantes para a salvación; reafirmou a validez
dos sete sacramentos e o culto á Virxe e os
santos;e declarou a Vulgata como única
interpretación válida da Biblia. Creanse os
seminarios para a formación dos sacerdotes e
prohibironse as malas prácticas para acabar cos
vicios da igrexa.
• Importante apoio á contrarreforma foi a
Compañía de Xesús, cuxos membros facían un
voto de obediencia ao Papa e tiñan unha sólida
formación.
O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO.
AS MONARQUIA AUTORITARIAS
• En Europa occidental(Castela, Aragón, Francia ou
Inglaterra), tras un período de crise, inestabilidade e
guerras civís os reis reforzaron o seu poder frente á
nobreza, as monarquías feudais transformáronse en
monarquías autoritarias, este novo modelo de
organización política recibe o nome de Estado
Moderno.
• Como referentes neste proceso de imposición do
poder real atopamos a Isabel e Fernando os Reis
Católicos.
A MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS.A
IMPLANTACIÓN DO ESTADO
MODERNO
• A Península a finais da Idade media, no S.XIV sofre
tamén un momento de grande inestabilidade debido á
fame, continuas guerras e epidemias,a peste negra
que causou milleiros de mortos. A causa disto houbo
numerosos conflitos sociais: Guerras irmandiños,
Payenses de remensa, persecución de mudéxares e
xudeus.
• Os mesmos nobres enfrontáronse entre sí e tamén cos
reis. Así nos principais reinos cristiáns da Península
Ibérica, Castela e Aragón houbo guerras civís.
• En Aragón Xoan II ,o pai de Fernando, tívose que enfrontar
á nobreza catalá aliada cos burgueses ricos nunha guerra
civil.
• En Castela á morte de Henrique IV en 1474 desatouse unha
guerra civil entre os partidarios da súa filla Xoana e a
nobreza que defendía á súa irmán Isabel.A vitoria dos
partidarios de Isabel supuxo a unión das monarquías de
Castela e Aragón nas persoas dos seus reis Isabel e
Fernando en 1479.
• Así a Idade Moderna comeza na Península Ibérica co
reinado dos Reis Católicos, unha serie de cambios permitirá
a hexemonía de España durante o século XVI en Europa.
• A unión das coroas de Castela e Aragón foi unha
unión dinástica, non formaron un só reino, xa que
ambos reinos mantiveron as súas propias institucións,
leis, moedas e fronteiras. Esta unión establecíase nun
plano de igualdade, pero inclinouse claramente en
favor de Castela pola súa superioridade demográfica,
territorial e económica.
• Pero ambos estados reuniron as súas forzas para
afrontar calquera tipo de empresa militar. Ademais, nas
súas relacións cos outros Estados actuaban sempre
conxuntamente en nome dos dous reinos.
A MONARQUÍA AUTORITARIA DOS REIS
CATÓLICOS
Cando Fernando e Isabel
fixéronse co poder en Castela
e Aragón, a nobreza aínda
exercía moita presión sobre
os reis, e lles impoñían
decisións políticas. O rei
debatíase entre os distintos
bandos de nobres, que tanto
o apoiaban como ameazaban
con arrebatarlle a coroahttps://www.youtube.com/watch
?v=rDttu7MqHr8
• Fernando e Isabel propuxéronse dende o
primeiro momento impoñer nos seus Estados
a autoridade do rei por riba de calquera
outro poder.
• Por iso o reinado dos reis católicos
considérase como a orixe do Estado
Moderno e o inicio da monarquía autoritaria
en España, un novo modelo de organización
do poder, moderno e centralizador.
• POLÍTICA INTERIOR.
• Os reis católicos tentaron fortalecer os
órganos de goberno ao servizo da
monarquía:
• Centralizaron a administración de xustiza,
creando a Real Audiencia.
• Creouse un sistema de Consellos con
atribucións específicas en diferentes ámbitos:
Navarra, Aragón, Indias.O máis importante
era o Consello real de Castela.S
• as Cortes permanecen so con carácter
consultivo, cada vez se reunían menos.
• os vicerreis, representantes do rei nos
diversos territorios.
• Os corrixidores, funcionarios da Coroa
que controlan os municipios.
• Crease a Contaduría Real de Facenda
para recadar impostos.
• Ante a situación de anarquía e desorden tras
a guerra civil, crearon a Santa Irmandade,
especie de “policía rural” encargada de
perseguir e xulgar os malfeitores.
• O exército permanente e modernizado
único, ao servizo dos monarcas.
• Sometemento da nobreza e reforzo do
poder real. restrinxíanselles dereitos e
atribucións
https://www.youtube.com/watch?v=XzbCmR--
hHc Medidas política interior
 A uniformidade relixiosa ,empéñanse en difundir o
catolicismo e combater os que tiñan outras crenzas .
Os reis Católicos reforzaron Tribunal do Santo
Oficio da Inquisición.
• Instouse ós xudeus a converterse ó cristianismo, os
que non o fixeron foron expulsados en 1492. Aos
musulmáns de Granada en principio se lles permitiu
manter a súa relixión e os seus costumes, pero logo
impulsáronse os bautismos obrigatorios, pasando
estes a ser mouriscos.
https://www.youtube.com/w
atch?v=VMHT49qTuy8
 A unión dos territorios peninsulares se conseguiu
mediante:
• Incorporación do Reino Nazarí de Granada,. O
exército dos reis católicos ao mando de Gonzalo
Fernandez de Córdoba ,o Gran Capitan, foi
conquistando cidades do reino musulman ,finalmente
Granada é conquistada e pasa a formar parte da Coroa
de Castela en 1492.
• Incorporación de Navarra a Castela en 1515
aproveitando que os exércitos casteláns estaban en
guerra con Francia, xa que os navarros eran aliados de
Francia .
• POLÍTICA EXTERIOR COMÚN.
• Os reis católicos pretendían presentarse ó
exterior como un so Estado hexemónico.
• Tras unificar todos os territorios peninsulares
pasaron logo a constituírse nunha gran
potencia política e militar en Europa e o
Mediterráneo.
• Para conseguilo recorrerán tanto á guerra
como á diplomacia, cunha política de
alianzas matrimoniais moi activa, tratando de
entroncar coas monarquías reinantes.
• Ocupación do reino de Nápoles en 1505
• Ocupación dalgúns dos portos da costa
norteafricana para acabar coa piratería
barberisca que ameazando a circulación das
naves catalanas e valencianas.
• No ano 1497 os casteláns conquistaron Melilla
e a partir de 1505 Orán e Buxía en 1509.
• Conquistaron as illas Canarias.
• Apoiaron a viaxe do navegante Cristobal
Colón
GALICIA NO REINADO DOS REIS
CATÓLICOS
• Para reforzar o seu poder, os Reis Católicos
someteron á nobreza galega, e Galicia
perdeu o peso político que tiña na Idade Media.
A nobreza galega resistiuse, entre eles destaca
o mariscal Pardo de Cela que foi axustizado
en Mondoñedo.
• Creáronse novas institucións de goberno como: A
Real Audiencia con competencias xudiciais e
administrativas. O capitán Xeral, presidia a Real
Audiencia e tiña amplos poderes. As Xuntas do
Reino, representaban ao Reino de Galicia, pero
non posuía funcións de goberno, so consultivas e
de repartición de tributos.
• A presenza na administración de persoal
implantou o uso do castelán, e relegou o uso da
lingua galega.
• Economía
• Cos reis Católicos continúase a situación económica e
social de finais do medievo. A principal actividade
económica de Castela era a gandería trashumante
fundamentalmente ovina, orientada á obtención de lá
para a exportación, a través dos portos do cantábrico
cara a Flandres e Inglaterra.
• A monarquía apoiaba esta actividade a traves da
poderosa Mesta, en detrimento da agricultura.
• Houbo ademáis unha queima abusiva de bosques para
favorecer os pastos
• Reavívase a artesanía e o comercio internacional,
ademáis de lá expotábase mercurio ferro, estaño,
azafrán, peles,tecidos catalans. Importábanse entre
outros, ouro sedas, especias, produtos exóticos e
obxectos de luxo.
• Aragón despois da crise non conseguiu recuperar o
esplendor medieval. O impulso do comercio
atlántico, a raíz dos descubrimentos, deulle a
Castela a supremacía económica ó longo de toda a
Idade Moderna.
• Sociedade
• Os privilexiados, nobreza e o clero eran os grupos
propietarias da maior parte das terras e ocupaban
cargos políticos, da administración e do exército.
• Non privilexiados A maioría da poboación estaba
formada por campesiños. Case nunca eran donos das
terras que traballaban, e tíñanlle que pagar rendas aos
seus propietarios(pecheiros).
• A burguesía nas cidades, adicábase a actividades
comerciais e artesanais, este grupo foi máis numeroso
na Coroa de Aragón.
• Os xudeus vivían nas cidades,
dominaban as finanzas e ocupaban
importantes cargos públicos. Os que se
convertían ó cristianismo chamáronse
conversos.
• Os mudéxares, españois de relixión
musulmana, dedicábanse maioritariamente
á agricultura. Posteriormente obrigaronnos
a bautizarse pasando a ser mouriscos
A HEXEMONÍA HISPÁNICA BAIXO OS
AUSTRIAS
• Á morte de Fernando o Católico, e ante a incapacidade de
gobernar da súa filla Xoana, accede ao trono Carlos, fillo
desta e de Felipe o Fermoso, que nacera e se criara nos
Países baixos. Con el introduciuse en España a dinastía
dos Austrias ou Habsburgo.
• No século XVI, durante os reinados de Carlos I (1516-
1556) e Felipe II(1556-1598) España foi un gran Imperio
que impuxo a súa hexemonía en Europa.
• Carlos I herdou un
gran imperio, tanto
por parte materna
( Territorios
peninsulares,Novos
territorios
americanos,Italia..) como
paterna (Imperio alemán,
Países Baixos, Franco
condado..)
• Felipe II, o seu fillo,
non herdou as
posesións europeas
do seu pai(quedaron
para o irmán de
Carlos, Fernando),
pero sumou aos
seus territorios as
illas Filipinas e
Portugal.
PROBLEMAS INTERNOS
• Carlos I desatou unha forte oposición ao chegar a España
xa que: non falaba castelá, pedía numerosas sumas de
diñeiro para coroarse emperador, puxo nos altos cargos da
administración a extranxeiros. Esta situación deu lugar a
dúas revoltas: a das Comunidades, en Castela; e a das
Xermanías en Valencia e Mallorca.
• Felipe II enfrontouse a dúas sublevacións: A dos
mouriscos das Alpujarras ao obrigarlles a deixar a súa
relixión e costumes; e a de Aragón, ao querer Felipe II ir
en contra dos seus foros e dereitos.
PROBLEMAS EXTERNOS
• Enfrontamento de Carlos I con Francia polos territorios
italianos. Este se resolveu coa victoria de Felipe II na batalla
de San Quintín (1557).
• Enfrontamento cos turcos, resolto coa derrota turca en
Lepanto (1571)pola alianza de FelipeII con Venecia e o
Papa.
• Os príncipes alemáns convertidos ao luteranismo
enfrontaronse a Carlos. O conflito rematou coa Paz de
Augsburgo(1555), onde se recoñeceu a liberdade relixiosa
en Alemaña.
• Os Paises Baixos, desexosos de autonomía
e liberdade relixiosa enfrontáronse a Felipe II
en 1556. En 1579 o norte, convertido nas
Provincias Unidas independizouse.
• Enfrontamento con Inglaterra que axudaba
aos sublevados dos Países Baixos, e polos
ataques dos corsarios ingleses aos barcos
españois. Felipe II enviou a Armada
Invencible(1568) que acabou destruída.
OS GRANDES DESCUBRIMENTOS
XEOGRÁFICOS
• CAUSAS
• Para manteren as relacións comerciais con Asia, as potencias da
Europa occidental víronse obrigadas a procurar rutas alternativas ao
Mediterráneo, bloqueado polos turcos desde a toma de
Constantinopla.
• As necesidades comerciais,
• descubertas científicas e técnicas(o astrolabio, o compás, o temón,
os portolanos, as carabelas, etc.)
• mentalidade renacentista(afán de explorar novos territorios),
facilitaron o desenvolvemento da navegación marítima e a chegada
(descubrimento) a novas terras.
• Na procura de rutas alternativas ao Mediterráneo, Portugal potenciou
dous camiños: a ruta de Guinea, pola costa Africana e o camiño á
India.
O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
• Os Reis Católicos comezaron a política de
conquistas no norte de África e apoiaron o
proxecto de Colón, que defendía a
posibilidade de chegar ás Indias navegando
cara ao Oeste, a través do Atlántico. Asinaron
con Colón as Capitulacións de Santa Fe.
• En 1492 Colón chegaba ao novo
continente, malia que el morreu pensando
que chegara a Asia.
• Para evitar conflitos con Portugal, asináron o
Tratado de Tordesillas (1494), que trazaba
un meridiano de reparto de territorios a 370
leguas ao oeste das illas de Cabo Verde.Os
territorios ao Oeste serían para Castela, e os
situados ao Leste para Portugal. Así Portugal
conseguía Brasil.
• Colon foi descubrindo novos territorios en sucesivas
viaxes, e outros mariños fixeron o mesmo: Nuñez de
Balboa descubre o pacífico atravesando do Istmo de
Panamá(1513), Americo Vespucio decátase que é un
novo continente; Magalhaẽs e Elcano deron a
primeira volta ao mundo(1519).
• A conquista do territorio se fixo en varias fases: Nunha
primeira Hernán Cortes conquistou o Imperio azteca,
Francisco Pizarro o imperio Inca. Logo fornse
conquistando territorios en América Central e do Sur.
ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO
• Para organizar os novos territorios, os españois
crearon institucións de Goberno:
• Vicerreinatos, forma de organizar os territorios cun
vicerrei ao cargo ,representante directo do rei,ao
principio foron dous, o Vicerreinato de Perú e de Nova
España.
• Consello de Indias. Encargábase dos asuntos dos
novos territorios.
• A casa de Contratación organizaba o comercio e
controlaba as viaxes a América.
EXPLOTACIÓN ECONÓMICA
• Pronto explotáronse os recursos dos novos
territorios, obrigando a traballar aos
indíxenas nas minas, mediante o sistema de
mita e na agricultura e gandería nas
facendas en sistema de encomendas
(traballo forzoso a cambio de cristianización).
CONSECUENCIAS DA CONQUISTA
• Para os pobos americanos a conquista supuxo a
desaparición da súa civilización,cultura e relixión, a
imposición da organización castelá e un enorme
descenso demográfico, debido ao traballo forzoso e á
transmisión de enfermidades descoñecidas en
América.
• Para Castela a conquista supuxo unha chegada masiva de
ingresos que financiou a hexemonía en Europa, emigración
de poboación e un enorme desenvolvemento comercial
Xa no momento se levantaron voces para defender aos
indí xenas, como Frai bartoloméde las Casas
• Ademais houbo unha importante introdución
de novos produtos en cada territorio:
• A América se levaron o trigo, vide, oliveira,
cabalos,vacas, aves de curral..
• na península se introduciron: o millo, a
pataca, o tomate, o cacao e o tabaco
OS POBOS PRECOLOMBIANOS
• Cando os europeos chegaron a América, o
novo continente xa estaba poboado por
prósperas civilizacións, entre as que
destacan as culturas azteca, inca ou maia.
• Os aztecas.
• Chegaron a México cara ao século XII e
formaron un extenso imperio con capital en
Tenochtitlán.
• Os maias.
• Cultura formada cara ao século IV. No seu
momento de apoxeo configurábanse en cidades-
estado,pacíficas, gobernadas por un réxime
teocrático e dedicados á agricultura.
• Os incas.
• Habitantes dos Andes, (Machu Pichu)capital en
Cuzco, estenderon o seu dominio sobre os pobos
do Pacífico suramericano durante o século XV, ata
crear un imperio de máis de 3.000 Km.
TRANSFORMACIONS ECONÓMICAS E
SOCIAIS
• As actividades urbanas alcanzaran xa desde o
século XIII un aumento considerable co renacer
urbano. A partir do século XV a artesanía
aumenta grazas ao aumento demográfico e á
apertura de novos mercados.
• O comercio alcanzou un gran auxe, debido ao
aumento da demanda e a apertura de novas rutas
comerciais como a atlántica. Grazas a iso
estendeuse a circulación da moeda, a banca, o
crédito e as empresas ou sociedades comerciais.
• Todo isto favoreceu a aparición do capitalismo
comercial, a formación de grandes capitais
procedentes do comercio.
• O comercio mediterráneo centrábase nas
cidades italianas que intercambiaban produtos
con Oriente.
• O comercio atlántico centrouse nos portos do
mar do norte, Lisboa e Sevilla. Experimentou un
gran desenvolvemento coa aparición dos
imperios coloniais de Castela e Portugal.
• A sociedade seguiu sendo estamental, ainda
que experimentou cambios. A nobreza e o clero
perderon poderante os reis, pero seguiron
sendo privilexiados.
• O campesiñado emancipouse da servidume na
Europa Occidental, traballando as súas propias
terras ou cobrando un salario.
• A burguesía converteuse no grupo social
emerxente, debido ao seu enriquecemento
grazas ao comercio,a banca e os negocios,
impoñéndose ao resto dos grupos
urbanos(medianos comerciantes e artesáns,
asalariados..)
O RENACEMENTO, UN NOVO ESTILO ARTÍSTICO.
• Vinculado ao Humanismo, este movemento
artístico iniciouse en Italia no s. XV, onde os
gobernos das diferentes cidades-estado viron
no mecenado artístico o xeito para engrandecer
o prestixio das súas vilas, de grande expansión
económica grazas á actividade comercial.
• As principais características deste estilo son as
seguintes:
• A inspiración na arte da Antigüidade clásica, o que se
observa na utilización de temas mitolóxicos ou na
utilización de elementos da arquitectura grecorromana
• A exaltación do ser humano (antropocentrismo)o que
se reflicte na realización de retratos e na volta a
representación do nu, inexistente no período medieval.
• A procura da beleza ideal tomando como modelo a
natureza, a realidade pero idealizada e buscando a
proporción, o equilibrio e a simetría.Utilizan a
perspectiva
• A consideración social do artista mellorou,
asinaban as súa obras e tiñan fama e riqueza.
• Destacaron artistas como Brunelleschi en
arquitectura, Donatello e Miguel Anxo en
escultura Boticelli, Leonardo da Vinci e Rafael
en pintura, ainda que moitos artistas nesta
época foron polifacéticos.
• En España destaca a figura do Greco
Iglesia de San Lorenzo de Florencia.
Brunelleschi
Donattello.
David
David. Miguel Angel
Botticelli.
La primavera
La escuela de Atenas. Rafael
O ANTIGO RÉXIME.
• Na Europa do século XVII o panorama internacional
cambiou, ao substituírse a hexemonía española pola
francesa ; a monarquía autoritaria da paso á monarquía
absoluta, e en contraposición noutros países como
Inglaterra se adoptan sistemas parlamentarios, impúxose
o mercantilismo económico e o crecemento da
burguesía comezou a socavar as bases da sociedade
estamental; naceu a ciencia moderna e un novo estilo
artístico: O barroco.
PERDA DA HEXEMONÍA HISPÁNICA
• O reinado de Felipe III (1598-1621), fillo de Felipe II,
inaugura unha nova etapa política de declive para
España. Tanto el coma os seus sucesores poñen o
goberno en mans duns ministros omnipotentes
chamados validos.
• Felipe III entregoulle o goberno ao Duque de Lerma,
este propiciou a sinatura de Tregua dos Doce
Anos(1609) na guerra dos Países Baixos.
• No interior de España o feito máis salientable foi a
expulsión dos mouriscos (1609) o que causou
perdas na agricultura,
xa que a maioría traballaban
no campo.
• Felipe IV(1621-1665) entregou o poder a outro valido, o
Conde-Duque de Olivares.
O seu goberno coincidiu co estalido
da Guerra dos Trinta Anos,
onde se mestura un conflicto relixioso
coa pugna pola hexemonía europea.
Esta guerra enfrontou aos
príncipes alemáns protestantes
co emperador do
Sacro Imperio Romano Xermánico, católico
• España apoiou ao Imperio e as potencias
europeas(Suecia, Dinamarca, Inglaterra e Francia)
aos protestantes.
• A sinatura da Paz de Westfalia (1648) poñía fin á
guerra e recoñecía a Independencia do norte dos
Países Baixos.
Pero a guerra pola hexemonía europea entre Francia
e España continuou.
•
• En 1659 asínouse
a Paz dos Pireneos,
que supuxo a perda da
hexemonia española
en Europa en favor
de Francia.
• Olivares intentou recadar impostos ao resto
dos territorios hispánicos, para sufragar os
gastos da guerra, isto provocou o
levantamento de Cataluña e Portugal en
1640.
• O levantamento
de Cataluña foi sufocado,
pero o de Portugal
rematou coa
separación definitiva
en 1665.
• O reinado de Carlos II (1665-1700) foi o
derradeiro dos Austrias. Uníronse no seu reinado
a propia incapacidade do rei, a corrupción dos
seus validos, a grave crise económica e a perda
de peso político da monarquía hispánica no
panorama internacional.
• Carlos II morreu sen descendencia, o que deu
paso a un conflito sucesorio,
Guerra de Sucesión,
entre os partidarios do
candidato francés,
Felipe de Borbón
e os do austríaco,
Carlos de Austria.
A CRISE DO SÉCULO XVII
• En Europa viviuse unha crise económica e
demográfica, que afectou máis a uns países que a
outros. xa que se viu afectada polas guerras, crises
de subsistencia e epidemias.
• crise económica e demográfica, que afectou máis a
uns países que a outros.
• En España foi de especial gravidade, xa que
perdeu poboación debido á expulsión dos
mouriscos e á emigración cara a América, os
países do norte de Europa no entanto mesmo
dobraron a súa poboación.
• Crise económica, a expulsión dos mouriscos
agravou os problemas agrícolas. Fame , guerra e
epidemias provocaron que moitos campesiños
marcharan áscidade, onde vivian da mendicidade.
Aparece a figura do pícaro.
• Decreceu a industria e o comercio, pola caida da
demanda e a competencia extranxeira. Ademais
reduciuse drasticamente a chegada de ouro e
prata de América polo esgotamento das minas.
• As finanzas públicas caeron en bancarrota
• Crise social. Consolidouse un modelo social
rendista que aspiraba vivir de rendas e
enriquecerse nas colonias americanas, incapaz de
impulsar unha economía produtiva e facer rendible
a riqueza.
• Crise política. Os últimos reis da dinastía dos
Austrias, febles, ceden o poder a validos, perden
territorios e hexemonía en Europa
NOVOS SISTEMAS POLÍTICOS
• A MONARQUÍA ABSOLUTA
• No século XVII a maioría dos monarcas europeos
tentaron de reforzar o seu poder e camiñar cara á
monarquía absoluta. Este sistema denomínase
así por que concentra todos os poderes(lexislativo,
executivo e xudicial) en mans do rei, é unha
monarquía de orixe divina .
• O máis claro representante deste sistema foi Luis
XIVde Francia (O rei sol)1643-1715, o seu poder
non se sometía a ningún control.
• non compartía a soberanía con ninguén “O Estado
son eu” .
• Deixou de convocar os Estados Xerais e buscou a
unidade relixiosa, obrigando os protestantes a se
converter ao catolicismo ou a se exiliar .
• Baseou o seu poder no nunha administración
centralizada co nomeamento de intendentes de
xustiza, de policía e de finanzas nas provincias que
só respondían ante o rei;
• fortalecemento da burocracia, do exército e da
diplomacia; así como no control da economía a
través dos seus ministros (Colbert).Baixo o seu
mandato, Francia impuxo a súa hexemonía en
Europa.
• A teoría absolutista foi teorizada por Jean
Bodin e Jacques Bossuet, quen
defendía que o poder debía estar en mans
do monarca,quen non debía responder
ante ningún parlamento.
O PARLAMENTARISMO
• Mentres na meirande parte de Europa
triunfaba o absolutismo, en Inglaterra e
nas Provincias Unidas (Países Baixos)
impúxose o parlamentarismo, sistema no
cal a monarquía cedía parte do seu poder
ao Parlamento, onde estaban
representados os distintos estamentos
sociais(nobres, igrexa, burgueses...)..
• En Inglaterra Carlos I e Xacobe II fracasaron na
implantación do absolutismo.O parlamento elixiu
un novo monarca Guillerme de Orange, quen tivo
que aceptar a Declaración de Dereitos
promulgada en 1689.
• O parlamentarismo foi teorizado polo inglés John
Locke, que sostiña que o rei debía compartir o
seu poder co Parlamento, quen elaboraba as leis
e controlaba o goberno
ECONOMÍA E SOCIEDADE
• A sociedade estamental, herdada do período
medieval, mantense vixente en boa parte do
continente,
• Os privilexiados, cunha nobreza que domina a
vida cotiá e pretende perpetuar os seus privilexios.
Con gran poder económico e político. Un clero que
posuía grandes bens patrimoniais. Tiñan o poder
ideolóxico e controlaban a educación.
• Os non privilexiados , sen dereitos e que soportan
todas as cargas fiscais, pero onde comeza a destacar
un grupo , a burguesía, minoría que foi gañando
poder económico e prestixio social
A economía
• A agricultura sufriu un estancamento por
mor das guerras e as malas colleitas,
motivadas por un arrefriamento climático,
provocaron a fame entre os menos
favorecidos producindo un crecemento
demográfico moi escaso. No entanto en
Holanda e Inglaterra iniciouse unha
importante renovación e o aumento da
produción, grazas á aplicación de novas
técnicas.
• A produción artesanal era escasa e vinculada só aos
gremios. Nesta época apareceu a
• industria domiciliaria,que escapaba ao control dos gremios
realizada polo campesiñado como actividade complementaria
no propio domicilio.
• Un exemplo desta industria foi a elaboración de tecidos de
liño nos fogares campesiños galegos.
• Por outra banda, xurdiron as manufacturas,obradoiros onde
os traballos eran realizados a man con sinxelas máquinas e
reunían a traballadores nun mesmo local e percibían un salario.
• comercio, tivo unha grande importancia .
Consolidáronse as rutas marítimas abertas
por españois e portugueses na creación dos
seus imperios de Ultramar: a ruta dos
metais preciosos e a ruta das especias.
Europa, África e América comunicáronse co
chamado comercio triangular, centrado na
compra de persoas escravas en África para
seren levados a terras americanas como man
de obra nas grandes plantacións de café,
azucre, cacao, tabaco, etc.
• No caso de España, estes produtos eran
transportados pola flota das Indias (galeóns) ata
Sevilla, desde onde partían a todos os mercados
europeos.
• O comercio colonial deixou de ser no s. XVII
monopolio español e portugués ao participar
• tamén holandeses, ingleses e franceses, que se
espallaron polo Atlántico e o Indico.
• Para fomentar este comercio creáronse as
compañías comerciais , privadas pero con apoio
do Estado como A Compañía Holandesa das
Indias Orientais ou a Compañía Británica das
Indias Orientais. A través destas iniciarase o
dominio dos territorios.
• Toda esta actividade económica implicou a
proliferación de banqueiros e prestamistas
para financiar as novas empresas.Todo isto
deu orixe ao capitalismo comercial e
impúxose a teoría económica do
mercantilismo, que defendía que a riqueza
dun país se sustentaba na cantidade de
metal precioso que posuía, e que o
comercio era o mellor xeito de acadalo
CULTURA E ARTE
• En ciencia e filosofía prima o antropocentrismo,
afastándose das crenzas relixiosas.no século XVI
Nicolás Copérnico formulou a teoría do
heliocentrismo, que sitúa ao sol no centro do
universo, opoñendose ao xeocentrismo
,transformando así o concepto que ata aquel
momento se tiña do universo.
• No século XVII póñense as bases da ciencia
moderna
Arte Barroca
• A Arte do século XVII e produto do espíritu e da
sociedade e a política do seu tempo.
• O Absolutismo monárquico do occidente católico
fará construir palacios de enormes dimensions
para reflexar o su poder.
• Nos países protestantes onde triunfa o
Parlamentarismo, a crecente burguesía será
una nova clientela para a arte que impondrá os
seus gustos.
• A Igrexa Católica tras a
Contrarreforma,procurará fomentar a devoción
intensificando o luxo dos templos
.
O Barroco presenta características diferenciadas
ao Renacemento:
-Desequilibrio, asimetría.
-Composicións abertas, en diagonal, aspa.
-Predominio da liña curva, helicoidal.
-Búsqueda do movemento.
-Predominio da luz sobre a forma violentos
contrastes de luz e sombra
-Realismo representación de seres populares
e vulgares.
Arquitectura
• Elementos arquitectónicos.
• Columnas salomónicas e estípites.
• Plantas irregulares, elípticas.
• Fachadas se ondulan,con entrantes e
saíntes.
• Vans con frontóns partidos e molduras.
• Arcos elípticos, ovais, mixtilíneos
• Elementos decorativos abundantes que
enmascaran a arquitectura: volutas, formas
exóticas e caprichosas.
Arquitectos destacados
• En Italia Bernini, Borromini.
• En España Alonso Cano e
Os Churriguera.
• En Francia Hardouin-Mansart e Le Brun.
Igrexa Il Gesú Vignola
Baldaquino de S. Pedro.
• En España continúa a herdanza
herreriana con arquitecturas máis sobrias,
ainda que alguns edificios enriquécense
con decoración escultórica e outros siguen
a liña italiana.
A catedral de Granada de Alonso Cano
Plaza Maior de Salamanca Alberto Churriguera
En Galicia o granito proporciona unhas
superficies dun gran valor plástico, o
denominado “Estilo de placas”.
Neste estilo no século XVII construíronse as
prazas da Quintana e o Obradoiro; a torre do
reloxo por Domingo Antonio de Andrade e a
fachada do Obradoiro por Fernando Casas e
Novoa; así como a Casa do Cabildo, de
Fernando Sarela.
Torre do reloxo. Domingo Antonio de Andrade 1680
Fachada do Obradoiro. Fernando Casas y Novoa, 1738-1749)
Casa del Cabildo, de Fernando Sarela
Escultura
• Composicións abertas con liñas en
diagonal e aspa.
• Representación do movemento, captación
do instante.
• Realismo e dramatismo, teatralidade.
• Temas relixiosos e mitolóxicos.
• Materiais: mármore e bronce, madeira
policromada en España
Escultores destacados
• En Italia Bernini.
• En España Gregorio Fernandez, Martinez
montañés e Alonso Cano
http://joseangelhistoriadelarte.blogspot.com.es/2010/07/el-arte-barroco.html
Pintura
• Composicións abertas, asimétricas con liñas
curvas, en diagonal, en aspa.
• Tenta representar o movemento, a captación
do instante.
• Dominio da perspectiva (aérea).
• A luz, elemento esencial definidor do espacio, o
claroscuro moi contrastado leva ao
tenebrismo.
• Predominio da cor sobre o dibuxo.
• Realismo, con modelos tomados da realidade.
• Expresividade e dramatismo.
•Representación de novos motivos como
bodegons ou paisaxes.
•Pintores destacados
•En Italia Caravaggio.
•En España: Velázquez, Zurbarán ,Ribera.
•Nos Países Baixos Rembrandt, Rubens Veermer
de Delft.
Rembrandt. Toro en canal.
Vieja friendo huevos. Velázquez
• En España la gran figura será
Diego da Silva Velázquez.
A GALICIA DO ANTIGO RÉXIME. CARACTERÍSTICAS
SOCIAIS, POLÍTICAS E ECONÓMICAS.
• Galicia comezou o S XVII coa mesma situación
que no resto de España e Europa: malas
colleitas, fame, peste, guerras ( ataque francés
á Coruña e inglés a Vigo,p.ex. ). Pero a partir de
1630 ocorreu un feito que sacaría a Galicia da
crise e a levaría a unha época de prosperidade:
a introdución do cultivo do millo
O millo tiña unhas vantaxes fundamentais para o
campesiñado:elimina o barbeito e ten ata 10 veces máis
rendemento que o centeo,polo que a produción
aumenta.
• Grazas a este novo cultivo e outro, a pataca, que se
xeralizará no S XVIII, a poboación galega se duplica:
desde un 650.000 habitantes en 1600 ata 1.300.000 a
mediados do S XVIII.
• Outra característica da Galicia do S XVII é a
existencia dun grupo social ( os fidalgos) que
• se beneficia das rendas agrarias que os campesiños
pagan polos foros.
• A fidalguía consegue que nobres e igrexa lle
cedan grandes cantidades de terras
arrendadas aos campesiños desde a Idade
Media ( foros ).
Convértense así en intermediarios: arrendan ( aforan )
esas terras e quédanse cunha boa parte das rendas
que os campesiños pagan. Por riba introdución do
millo fixo subir a produción e polo tanto os ingresos.
• Calcúlase que preto dunha terceira parte da riqueza
que producía o campo galego ía parar a mans dos
fidalgos, que invertían na construción de pazos.
https://www.youtube.com/watch?v=zI7B2e
vxv08
• “Coñecida cousa sexa a todos como eu, frei Gonzalo, abade de
Melón, conxuntamente co prior e mosteiro dese
• lugar, damos e outorgamos a ti, Pedro Rodríguez, crego de
Sadornín, e a toda a túa voz, aquela nosa viña que
• se chama do Penedo (...) coa condición que a labredes ben, que
non desmereza por falta de atención e nos deades
• (...) cada ano a metade [da colleita]. (...) Non a podedes vender nin
empeñar nin dala a ninguén, senón a
• nós por xusto prezo; e se a nós non interesase, debedes vendela
ou dala a un labrego manso que merque o
• noso foro en paz. Non a deades nin a fidalgo nin a outra orde”.
• contrato de foro

More Related Content

What's hot

Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austriasrubempaul
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVIIrubempaul
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino nieveslopez
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)masinisa
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaSanti Pazos
 
Idade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosIdade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosmasinisa
 
Bizancio e i. carolinxio
Bizancio e i. carolinxioBizancio e i. carolinxio
Bizancio e i. carolinxiomasinisa
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicoslolaen
 
Renacemento e humanismo
Renacemento e humanismoRenacemento e humanismo
Renacemento e humanismogonzalonovo
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaAgrela Elvixeo
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
HISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade Moderna
HISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade ModernaHISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade Moderna
HISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade ModernaNoodlesDandosociales
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austriarubempaul
 
Absolutismo
AbsolutismoAbsolutismo
Absolutismomasinisa
 

What's hot (20)

Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVII
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Mitad tema 2
Mitad tema 2Mitad tema 2
Mitad tema 2
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
UNIDADE 3 - 3º E.S.O.
UNIDADE 3 - 3º E.S.O.UNIDADE 3 - 3º E.S.O.
UNIDADE 3 - 3º E.S.O.
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
 
Idade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosIdade antiga. os estados
Idade antiga. os estados
 
Bizancio e i. carolinxio
Bizancio e i. carolinxioBizancio e i. carolinxio
Bizancio e i. carolinxio
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
Renacemento e humanismo
Renacemento e humanismoRenacemento e humanismo
Renacemento e humanismo
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
HISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade Moderna
HISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade ModernaHISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade Moderna
HISTORIA DE ESPAÑA UD3 O Inicio da Idade Moderna
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austria
 
Absolutismo
AbsolutismoAbsolutismo
Absolutismo
 

Similar to A idade moderna

UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxalbatrigo
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaDudas-Historia
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo modernoroberto
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicosrubempaul
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
renacementoereforma 110111160421-phpapp01
renacementoereforma 110111160421-phpapp01renacementoereforma 110111160421-phpapp01
renacementoereforma 110111160421-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaSanti Pazos
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma09c renacemento e reforma
09c renacemento e reformaroberto
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino nieveslopez
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoAgrela Elvixeo
 

Similar to A idade moderna (20)

UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Humanismo e reforma
Humanismo e reformaHumanismo e reforma
Humanismo e reforma
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
 
A Idade Moderna
A Idade ModernaA Idade Moderna
A Idade Moderna
 
08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno08c a orixe do mundo moderno
08c a orixe do mundo moderno
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
 
renacementoereforma 110111160421-phpapp01
renacementoereforma 110111160421-phpapp01renacementoereforma 110111160421-phpapp01
renacementoereforma 110111160421-phpapp01
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e Reforma
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
Prisciliano, fitos e mitos
Prisciliano, fitos e mitosPrisciliano, fitos e mitos
Prisciliano, fitos e mitos
 
Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos
Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitosPrisciliano de Gallaecia, fitos e mitos
Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos
 
09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónico
 

More from velazquezturnesnieves

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenavelazquezturnesnieves
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónvelazquezturnesnieves
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalvelazquezturnesnieves
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreirovelazquezturnesnieves
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberalvelazquezturnesnieves
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnieves
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españavelazquezturnesnieves
 

More from velazquezturnesnieves (20)

INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdfINTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plena
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberal
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españa
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Xeografía
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
Descolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundoDescolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundo
 
A guerra fria
A guerra friaA guerra fria
A guerra fria
 

A idade moderna

  • 2. • No século XV producíronse unha serie de feitos que transformaron a vida europea e que configuran unha nova era, a Idade Moderna, esta se estende desde 1492 ano en que se descubre América, ou 1453 cando os turcos otománs toman Constantinopla ata 1789 ano en que ten lugar a revolución francesa. • Un novo período histórico, froito dunha serie de transformacións sociais, políticas, relixiosas culturais e económicas.
  • 3. • Diversos factores explican a irrupción da modernidade: • Os progresos científicos e técnicos van transformar as sociedades europeas. Innovacións técnicas(compás, astrolabio,carabela..) van permitir o descubrimento de América por Colón. A invención da imprenta, permitiu unha ampla difusión dos libros, achegando a cultura a un amplo sector social. • Ten lugar unha gran transformación cultural e a aparición de novas correntes de pensamento, o Humanismo e artísticas : o Renacemento . • .
  • 4.
  • 5. • Reformas relixiosas aparece o protestantismo (luteranismo, calvinismo e anglicanismo) • Cambios na economía coa aparición o capitalismo comercial, réxime económico fundamentado no dominio do capital como creador de riqueza, que se acumulará en mans da burguesía e que se iniciara coas exploracións marítimas de Portugal e Castela.
  • 6. • No ámbito político. Aparece o Estado Moderno encarnado nas monarquías autoritarias en varios Estados europeos como Francia,Inglaterra e España, que impoñen a autoridade real sobre os nobres. • Ámbito social. cada vez é maior o peso dun grupo social, a burguesía, que se enriquecera co comercio e cuxas reivindicacións desembocarán, tres séculos máis tarde, no inicio da Idade Contemporánea.
  • 7. CULTURA E ARTE:HUMANISMO E RENACEMENTO • Durante os séculos XV e XVI aparece un novo xeito de comprender o mundo. Sen negar a existencia de Deus, que ocupara un papel central na Idade Media, comezouse a buscar explicacións racionais aos fenómenos da natureza e a organizar todos os aspectos da vida social desde unha perspectiva que tivese máis en conta ao ser humano.
  • 8. • O HUMANISMO • Xorde no século XV en Italia un movemento intelectual denominado humanismo, que supuxo un cambio de mentalidade respecto á época medieval. Ten como características principais: • Toma como modelo a antigüidade clásica. Estúdan obras literarias, filosóficas, científicas grecolatinas.Colocan ao ser humano no centro do universo (antropocentrismo), en contraposición áo mundo medieval que puña a Deus no centro de todo(teocentrismo
  • 9. • O pensamento humanista difundiuse por toda Europa grazas á imprenta (Johannes Gutenberg 1455) que multiplicou a publicación de libros e abaratou o seu custe.
  • 10. • As universidades contribuíron ao espallamento das novas ideas. • Os pensadores humanistas e artistas renacentistas foron apoiados polos mecenas (nobres e burgueses protectores da arte e a cultura, como os Médicci en Florencia).
  • 11. • Entre os pensadores do movemento humanista destacan: • Erasmo de Róterdam, quen en Eloxio da loucura realizou unha crít ica dos males da • sociedade do seu tempo.Tomás Moro, pensador inglés, quen na súa obra Utopía criticaba os monarcas despóticos,o materialismo e os privilexios. Nicolás Maquiavelo, que na súa obra, O Príncipe, defendeu que para poder exercer opoder é lexítimo empregar a astucia ou o temor (o fin xustifica os medios). • En España destacaron Antonio de Nebrija, autor da primeira gramática castelá, Juan Luis Vives, promotor dunha reforma da educación a través do emprego do método experimenta
  • 12. OS CAMBIOS RELIXIOSOS • No século XV rompeuse a unidade da igrexa católica, as causas que a motivaron foron: • O desprestixio do clero. Os papas ocupábanse máis das ambicións terrenais que de ser cabeza da cristiandade; os bispos vivían con luxo e non se ocupaban das súas dioceses; o baixo clero carecía de preparación e vivían dun xeito pouco acorde coa moral cristiá.
  • 13. • Os vicios da igrexa. O alto clero ofrecía os cargos eclesiásticos aos seus familiares (nepotismo); os cregos amancebábanse(nicolaísmo); vendíanse os cargos eclesiásticos e o perdón dos pecados mediante as indulxencias(simonía). • Algúns humanistas criticaron a relaxación dos costumes e da moral do clero e a xeneralización de prácticas abusivas na Igrexa.
  • 14. • A ruptura entre cristiáns produciuse polas predicacións de Martiño Lutero (Alemaña 1483- 1546),ao negar o valor das indulxencias e o poder da Igrexa. • Predicou unha nova doutrina relixiosa, coñecida como reforma luterana, que negaba a autoridade do Papa e se baseaba en tres principios: xustificación pola fe, sacerdocio universal (invalidando os sacramentos) e autoridade da Biblia (única fonte de inspiración para cada individuo).
  • 15.
  • 16. • Ao mesmo tempo xorden outras doutrinas reformistas: • O calvinismo (Suíza ) de Xoán Calvino (1509-1561). • Defendía a predestinación; dicir, que o home ten determinado o seu destino desde o nacemento. Os principios que defende son: observar a Biblia, levar unha vida humilde e austera e gozar a graza divina.
  • 17. • O anglicanismo (Inglaterra) de Henrique VIII (1491-1547). Separouse de Roma ao se negar o Papa Clemente VII a concederlle o divorcio de Catalina de Aragón, Autoproclamándose xefe supremo da igrexa anglicana.
  • 18. • Na súa loita contra a expansión do protestantismo a Igrexa católica iniciou un movemento de reforma coñecido como Contrarreforma. • Para levala a cabo tivo lugar a convocatoria do Concilio de Trento(1545-1563).
  • 19. • Nel proclamouse que a fe e as boas obras era importantes para a salvación; reafirmou a validez dos sete sacramentos e o culto á Virxe e os santos;e declarou a Vulgata como única interpretación válida da Biblia. Creanse os seminarios para a formación dos sacerdotes e prohibironse as malas prácticas para acabar cos vicios da igrexa. • Importante apoio á contrarreforma foi a Compañía de Xesús, cuxos membros facían un voto de obediencia ao Papa e tiñan unha sólida formación.
  • 20. O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO. AS MONARQUIA AUTORITARIAS • En Europa occidental(Castela, Aragón, Francia ou Inglaterra), tras un período de crise, inestabilidade e guerras civís os reis reforzaron o seu poder frente á nobreza, as monarquías feudais transformáronse en monarquías autoritarias, este novo modelo de organización política recibe o nome de Estado Moderno. • Como referentes neste proceso de imposición do poder real atopamos a Isabel e Fernando os Reis Católicos.
  • 21. A MONARQUÍA DOS REIS CATÓLICOS.A IMPLANTACIÓN DO ESTADO MODERNO
  • 22. • A Península a finais da Idade media, no S.XIV sofre tamén un momento de grande inestabilidade debido á fame, continuas guerras e epidemias,a peste negra que causou milleiros de mortos. A causa disto houbo numerosos conflitos sociais: Guerras irmandiños, Payenses de remensa, persecución de mudéxares e xudeus. • Os mesmos nobres enfrontáronse entre sí e tamén cos reis. Así nos principais reinos cristiáns da Península Ibérica, Castela e Aragón houbo guerras civís.
  • 23. • En Aragón Xoan II ,o pai de Fernando, tívose que enfrontar á nobreza catalá aliada cos burgueses ricos nunha guerra civil. • En Castela á morte de Henrique IV en 1474 desatouse unha guerra civil entre os partidarios da súa filla Xoana e a nobreza que defendía á súa irmán Isabel.A vitoria dos partidarios de Isabel supuxo a unión das monarquías de Castela e Aragón nas persoas dos seus reis Isabel e Fernando en 1479. • Así a Idade Moderna comeza na Península Ibérica co reinado dos Reis Católicos, unha serie de cambios permitirá a hexemonía de España durante o século XVI en Europa.
  • 24. • A unión das coroas de Castela e Aragón foi unha unión dinástica, non formaron un só reino, xa que ambos reinos mantiveron as súas propias institucións, leis, moedas e fronteiras. Esta unión establecíase nun plano de igualdade, pero inclinouse claramente en favor de Castela pola súa superioridade demográfica, territorial e económica. • Pero ambos estados reuniron as súas forzas para afrontar calquera tipo de empresa militar. Ademais, nas súas relacións cos outros Estados actuaban sempre conxuntamente en nome dos dous reinos.
  • 25. A MONARQUÍA AUTORITARIA DOS REIS CATÓLICOS Cando Fernando e Isabel fixéronse co poder en Castela e Aragón, a nobreza aínda exercía moita presión sobre os reis, e lles impoñían decisións políticas. O rei debatíase entre os distintos bandos de nobres, que tanto o apoiaban como ameazaban con arrebatarlle a coroahttps://www.youtube.com/watch ?v=rDttu7MqHr8
  • 26. • Fernando e Isabel propuxéronse dende o primeiro momento impoñer nos seus Estados a autoridade do rei por riba de calquera outro poder. • Por iso o reinado dos reis católicos considérase como a orixe do Estado Moderno e o inicio da monarquía autoritaria en España, un novo modelo de organización do poder, moderno e centralizador.
  • 27. • POLÍTICA INTERIOR. • Os reis católicos tentaron fortalecer os órganos de goberno ao servizo da monarquía: • Centralizaron a administración de xustiza, creando a Real Audiencia. • Creouse un sistema de Consellos con atribucións específicas en diferentes ámbitos: Navarra, Aragón, Indias.O máis importante era o Consello real de Castela.S
  • 28. • as Cortes permanecen so con carácter consultivo, cada vez se reunían menos. • os vicerreis, representantes do rei nos diversos territorios. • Os corrixidores, funcionarios da Coroa que controlan os municipios. • Crease a Contaduría Real de Facenda para recadar impostos.
  • 29. • Ante a situación de anarquía e desorden tras a guerra civil, crearon a Santa Irmandade, especie de “policía rural” encargada de perseguir e xulgar os malfeitores. • O exército permanente e modernizado único, ao servizo dos monarcas. • Sometemento da nobreza e reforzo do poder real. restrinxíanselles dereitos e atribucións https://www.youtube.com/watch?v=XzbCmR-- hHc Medidas política interior
  • 30.  A uniformidade relixiosa ,empéñanse en difundir o catolicismo e combater os que tiñan outras crenzas . Os reis Católicos reforzaron Tribunal do Santo Oficio da Inquisición. • Instouse ós xudeus a converterse ó cristianismo, os que non o fixeron foron expulsados en 1492. Aos musulmáns de Granada en principio se lles permitiu manter a súa relixión e os seus costumes, pero logo impulsáronse os bautismos obrigatorios, pasando estes a ser mouriscos. https://www.youtube.com/w atch?v=VMHT49qTuy8
  • 31.  A unión dos territorios peninsulares se conseguiu mediante: • Incorporación do Reino Nazarí de Granada,. O exército dos reis católicos ao mando de Gonzalo Fernandez de Córdoba ,o Gran Capitan, foi conquistando cidades do reino musulman ,finalmente Granada é conquistada e pasa a formar parte da Coroa de Castela en 1492. • Incorporación de Navarra a Castela en 1515 aproveitando que os exércitos casteláns estaban en guerra con Francia, xa que os navarros eran aliados de Francia .
  • 32. • POLÍTICA EXTERIOR COMÚN. • Os reis católicos pretendían presentarse ó exterior como un so Estado hexemónico. • Tras unificar todos os territorios peninsulares pasaron logo a constituírse nunha gran potencia política e militar en Europa e o Mediterráneo. • Para conseguilo recorrerán tanto á guerra como á diplomacia, cunha política de alianzas matrimoniais moi activa, tratando de entroncar coas monarquías reinantes.
  • 33. • Ocupación do reino de Nápoles en 1505 • Ocupación dalgúns dos portos da costa norteafricana para acabar coa piratería barberisca que ameazando a circulación das naves catalanas e valencianas. • No ano 1497 os casteláns conquistaron Melilla e a partir de 1505 Orán e Buxía en 1509. • Conquistaron as illas Canarias. • Apoiaron a viaxe do navegante Cristobal Colón
  • 34.
  • 35. GALICIA NO REINADO DOS REIS CATÓLICOS • Para reforzar o seu poder, os Reis Católicos someteron á nobreza galega, e Galicia perdeu o peso político que tiña na Idade Media. A nobreza galega resistiuse, entre eles destaca o mariscal Pardo de Cela que foi axustizado en Mondoñedo.
  • 36. • Creáronse novas institucións de goberno como: A Real Audiencia con competencias xudiciais e administrativas. O capitán Xeral, presidia a Real Audiencia e tiña amplos poderes. As Xuntas do Reino, representaban ao Reino de Galicia, pero non posuía funcións de goberno, so consultivas e de repartición de tributos. • A presenza na administración de persoal implantou o uso do castelán, e relegou o uso da lingua galega.
  • 37. • Economía • Cos reis Católicos continúase a situación económica e social de finais do medievo. A principal actividade económica de Castela era a gandería trashumante fundamentalmente ovina, orientada á obtención de lá para a exportación, a través dos portos do cantábrico cara a Flandres e Inglaterra. • A monarquía apoiaba esta actividade a traves da poderosa Mesta, en detrimento da agricultura. • Houbo ademáis unha queima abusiva de bosques para favorecer os pastos
  • 38. • Reavívase a artesanía e o comercio internacional, ademáis de lá expotábase mercurio ferro, estaño, azafrán, peles,tecidos catalans. Importábanse entre outros, ouro sedas, especias, produtos exóticos e obxectos de luxo. • Aragón despois da crise non conseguiu recuperar o esplendor medieval. O impulso do comercio atlántico, a raíz dos descubrimentos, deulle a Castela a supremacía económica ó longo de toda a Idade Moderna.
  • 39. • Sociedade • Os privilexiados, nobreza e o clero eran os grupos propietarias da maior parte das terras e ocupaban cargos políticos, da administración e do exército. • Non privilexiados A maioría da poboación estaba formada por campesiños. Case nunca eran donos das terras que traballaban, e tíñanlle que pagar rendas aos seus propietarios(pecheiros). • A burguesía nas cidades, adicábase a actividades comerciais e artesanais, este grupo foi máis numeroso na Coroa de Aragón.
  • 40. • Os xudeus vivían nas cidades, dominaban as finanzas e ocupaban importantes cargos públicos. Os que se convertían ó cristianismo chamáronse conversos. • Os mudéxares, españois de relixión musulmana, dedicábanse maioritariamente á agricultura. Posteriormente obrigaronnos a bautizarse pasando a ser mouriscos
  • 41. A HEXEMONÍA HISPÁNICA BAIXO OS AUSTRIAS • Á morte de Fernando o Católico, e ante a incapacidade de gobernar da súa filla Xoana, accede ao trono Carlos, fillo desta e de Felipe o Fermoso, que nacera e se criara nos Países baixos. Con el introduciuse en España a dinastía dos Austrias ou Habsburgo. • No século XVI, durante os reinados de Carlos I (1516- 1556) e Felipe II(1556-1598) España foi un gran Imperio que impuxo a súa hexemonía en Europa.
  • 42. • Carlos I herdou un gran imperio, tanto por parte materna ( Territorios peninsulares,Novos territorios americanos,Italia..) como paterna (Imperio alemán, Países Baixos, Franco condado..)
  • 43.
  • 44.
  • 45. • Felipe II, o seu fillo, non herdou as posesións europeas do seu pai(quedaron para o irmán de Carlos, Fernando), pero sumou aos seus territorios as illas Filipinas e Portugal.
  • 46.
  • 47. PROBLEMAS INTERNOS • Carlos I desatou unha forte oposición ao chegar a España xa que: non falaba castelá, pedía numerosas sumas de diñeiro para coroarse emperador, puxo nos altos cargos da administración a extranxeiros. Esta situación deu lugar a dúas revoltas: a das Comunidades, en Castela; e a das Xermanías en Valencia e Mallorca. • Felipe II enfrontouse a dúas sublevacións: A dos mouriscos das Alpujarras ao obrigarlles a deixar a súa relixión e costumes; e a de Aragón, ao querer Felipe II ir en contra dos seus foros e dereitos.
  • 48. PROBLEMAS EXTERNOS • Enfrontamento de Carlos I con Francia polos territorios italianos. Este se resolveu coa victoria de Felipe II na batalla de San Quintín (1557). • Enfrontamento cos turcos, resolto coa derrota turca en Lepanto (1571)pola alianza de FelipeII con Venecia e o Papa. • Os príncipes alemáns convertidos ao luteranismo enfrontaronse a Carlos. O conflito rematou coa Paz de Augsburgo(1555), onde se recoñeceu a liberdade relixiosa en Alemaña.
  • 49. • Os Paises Baixos, desexosos de autonomía e liberdade relixiosa enfrontáronse a Felipe II en 1556. En 1579 o norte, convertido nas Provincias Unidas independizouse. • Enfrontamento con Inglaterra que axudaba aos sublevados dos Países Baixos, e polos ataques dos corsarios ingleses aos barcos españois. Felipe II enviou a Armada Invencible(1568) que acabou destruída.
  • 51.
  • 52. • CAUSAS • Para manteren as relacións comerciais con Asia, as potencias da Europa occidental víronse obrigadas a procurar rutas alternativas ao Mediterráneo, bloqueado polos turcos desde a toma de Constantinopla. • As necesidades comerciais, • descubertas científicas e técnicas(o astrolabio, o compás, o temón, os portolanos, as carabelas, etc.) • mentalidade renacentista(afán de explorar novos territorios), facilitaron o desenvolvemento da navegación marítima e a chegada (descubrimento) a novas terras. • Na procura de rutas alternativas ao Mediterráneo, Portugal potenciou dous camiños: a ruta de Guinea, pola costa Africana e o camiño á India.
  • 53.
  • 54.
  • 55.
  • 56. O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA
  • 57. • Os Reis Católicos comezaron a política de conquistas no norte de África e apoiaron o proxecto de Colón, que defendía a posibilidade de chegar ás Indias navegando cara ao Oeste, a través do Atlántico. Asinaron con Colón as Capitulacións de Santa Fe. • En 1492 Colón chegaba ao novo continente, malia que el morreu pensando que chegara a Asia.
  • 58. • Para evitar conflitos con Portugal, asináron o Tratado de Tordesillas (1494), que trazaba un meridiano de reparto de territorios a 370 leguas ao oeste das illas de Cabo Verde.Os territorios ao Oeste serían para Castela, e os situados ao Leste para Portugal. Así Portugal conseguía Brasil.
  • 59.
  • 60. • Colon foi descubrindo novos territorios en sucesivas viaxes, e outros mariños fixeron o mesmo: Nuñez de Balboa descubre o pacífico atravesando do Istmo de Panamá(1513), Americo Vespucio decátase que é un novo continente; Magalhaẽs e Elcano deron a primeira volta ao mundo(1519). • A conquista do territorio se fixo en varias fases: Nunha primeira Hernán Cortes conquistou o Imperio azteca, Francisco Pizarro o imperio Inca. Logo fornse conquistando territorios en América Central e do Sur.
  • 61. ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO • Para organizar os novos territorios, os españois crearon institucións de Goberno: • Vicerreinatos, forma de organizar os territorios cun vicerrei ao cargo ,representante directo do rei,ao principio foron dous, o Vicerreinato de Perú e de Nova España. • Consello de Indias. Encargábase dos asuntos dos novos territorios. • A casa de Contratación organizaba o comercio e controlaba as viaxes a América.
  • 62. EXPLOTACIÓN ECONÓMICA • Pronto explotáronse os recursos dos novos territorios, obrigando a traballar aos indíxenas nas minas, mediante o sistema de mita e na agricultura e gandería nas facendas en sistema de encomendas (traballo forzoso a cambio de cristianización).
  • 63. CONSECUENCIAS DA CONQUISTA • Para os pobos americanos a conquista supuxo a desaparición da súa civilización,cultura e relixión, a imposición da organización castelá e un enorme descenso demográfico, debido ao traballo forzoso e á transmisión de enfermidades descoñecidas en América. • Para Castela a conquista supuxo unha chegada masiva de ingresos que financiou a hexemonía en Europa, emigración de poboación e un enorme desenvolvemento comercial
  • 64. Xa no momento se levantaron voces para defender aos indí xenas, como Frai bartoloméde las Casas
  • 65.
  • 66. • Ademais houbo unha importante introdución de novos produtos en cada territorio: • A América se levaron o trigo, vide, oliveira, cabalos,vacas, aves de curral.. • na península se introduciron: o millo, a pataca, o tomate, o cacao e o tabaco
  • 67. OS POBOS PRECOLOMBIANOS • Cando os europeos chegaron a América, o novo continente xa estaba poboado por prósperas civilizacións, entre as que destacan as culturas azteca, inca ou maia. • Os aztecas. • Chegaron a México cara ao século XII e formaron un extenso imperio con capital en Tenochtitlán.
  • 68. • Os maias. • Cultura formada cara ao século IV. No seu momento de apoxeo configurábanse en cidades- estado,pacíficas, gobernadas por un réxime teocrático e dedicados á agricultura. • Os incas. • Habitantes dos Andes, (Machu Pichu)capital en Cuzco, estenderon o seu dominio sobre os pobos do Pacífico suramericano durante o século XV, ata crear un imperio de máis de 3.000 Km.
  • 69. TRANSFORMACIONS ECONÓMICAS E SOCIAIS • As actividades urbanas alcanzaran xa desde o século XIII un aumento considerable co renacer urbano. A partir do século XV a artesanía aumenta grazas ao aumento demográfico e á apertura de novos mercados. • O comercio alcanzou un gran auxe, debido ao aumento da demanda e a apertura de novas rutas comerciais como a atlántica. Grazas a iso estendeuse a circulación da moeda, a banca, o crédito e as empresas ou sociedades comerciais.
  • 70. • Todo isto favoreceu a aparición do capitalismo comercial, a formación de grandes capitais procedentes do comercio. • O comercio mediterráneo centrábase nas cidades italianas que intercambiaban produtos con Oriente. • O comercio atlántico centrouse nos portos do mar do norte, Lisboa e Sevilla. Experimentou un gran desenvolvemento coa aparición dos imperios coloniais de Castela e Portugal.
  • 71. • A sociedade seguiu sendo estamental, ainda que experimentou cambios. A nobreza e o clero perderon poderante os reis, pero seguiron sendo privilexiados. • O campesiñado emancipouse da servidume na Europa Occidental, traballando as súas propias terras ou cobrando un salario. • A burguesía converteuse no grupo social emerxente, debido ao seu enriquecemento grazas ao comercio,a banca e os negocios, impoñéndose ao resto dos grupos urbanos(medianos comerciantes e artesáns, asalariados..)
  • 72. O RENACEMENTO, UN NOVO ESTILO ARTÍSTICO.
  • 73. • Vinculado ao Humanismo, este movemento artístico iniciouse en Italia no s. XV, onde os gobernos das diferentes cidades-estado viron no mecenado artístico o xeito para engrandecer o prestixio das súas vilas, de grande expansión económica grazas á actividade comercial.
  • 74. • As principais características deste estilo son as seguintes: • A inspiración na arte da Antigüidade clásica, o que se observa na utilización de temas mitolóxicos ou na utilización de elementos da arquitectura grecorromana • A exaltación do ser humano (antropocentrismo)o que se reflicte na realización de retratos e na volta a representación do nu, inexistente no período medieval. • A procura da beleza ideal tomando como modelo a natureza, a realidade pero idealizada e buscando a proporción, o equilibrio e a simetría.Utilizan a perspectiva
  • 75. • A consideración social do artista mellorou, asinaban as súa obras e tiñan fama e riqueza. • Destacaron artistas como Brunelleschi en arquitectura, Donatello e Miguel Anxo en escultura Boticelli, Leonardo da Vinci e Rafael en pintura, ainda que moitos artistas nesta época foron polifacéticos. • En España destaca a figura do Greco
  • 76. Iglesia de San Lorenzo de Florencia. Brunelleschi
  • 80.
  • 81. La escuela de Atenas. Rafael
  • 82.
  • 83. O ANTIGO RÉXIME. • Na Europa do século XVII o panorama internacional cambiou, ao substituírse a hexemonía española pola francesa ; a monarquía autoritaria da paso á monarquía absoluta, e en contraposición noutros países como Inglaterra se adoptan sistemas parlamentarios, impúxose o mercantilismo económico e o crecemento da burguesía comezou a socavar as bases da sociedade estamental; naceu a ciencia moderna e un novo estilo artístico: O barroco.
  • 84. PERDA DA HEXEMONÍA HISPÁNICA • O reinado de Felipe III (1598-1621), fillo de Felipe II, inaugura unha nova etapa política de declive para España. Tanto el coma os seus sucesores poñen o goberno en mans duns ministros omnipotentes chamados validos. • Felipe III entregoulle o goberno ao Duque de Lerma, este propiciou a sinatura de Tregua dos Doce Anos(1609) na guerra dos Países Baixos.
  • 85. • No interior de España o feito máis salientable foi a expulsión dos mouriscos (1609) o que causou perdas na agricultura, xa que a maioría traballaban no campo.
  • 86. • Felipe IV(1621-1665) entregou o poder a outro valido, o Conde-Duque de Olivares. O seu goberno coincidiu co estalido da Guerra dos Trinta Anos, onde se mestura un conflicto relixioso coa pugna pola hexemonía europea. Esta guerra enfrontou aos príncipes alemáns protestantes co emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, católico
  • 87.
  • 88. • España apoiou ao Imperio e as potencias europeas(Suecia, Dinamarca, Inglaterra e Francia) aos protestantes. • A sinatura da Paz de Westfalia (1648) poñía fin á guerra e recoñecía a Independencia do norte dos Países Baixos. Pero a guerra pola hexemonía europea entre Francia e España continuou. •
  • 89.
  • 90. • En 1659 asínouse a Paz dos Pireneos, que supuxo a perda da hexemonia española en Europa en favor de Francia.
  • 91. • Olivares intentou recadar impostos ao resto dos territorios hispánicos, para sufragar os gastos da guerra, isto provocou o levantamento de Cataluña e Portugal en 1640. • O levantamento de Cataluña foi sufocado, pero o de Portugal rematou coa separación definitiva en 1665.
  • 92. • O reinado de Carlos II (1665-1700) foi o derradeiro dos Austrias. Uníronse no seu reinado a propia incapacidade do rei, a corrupción dos seus validos, a grave crise económica e a perda de peso político da monarquía hispánica no panorama internacional.
  • 93. • Carlos II morreu sen descendencia, o que deu paso a un conflito sucesorio, Guerra de Sucesión, entre os partidarios do candidato francés, Felipe de Borbón e os do austríaco, Carlos de Austria.
  • 94. A CRISE DO SÉCULO XVII • En Europa viviuse unha crise económica e demográfica, que afectou máis a uns países que a outros. xa que se viu afectada polas guerras, crises de subsistencia e epidemias. • crise económica e demográfica, que afectou máis a uns países que a outros. • En España foi de especial gravidade, xa que perdeu poboación debido á expulsión dos mouriscos e á emigración cara a América, os países do norte de Europa no entanto mesmo dobraron a súa poboación.
  • 95. • Crise económica, a expulsión dos mouriscos agravou os problemas agrícolas. Fame , guerra e epidemias provocaron que moitos campesiños marcharan áscidade, onde vivian da mendicidade. Aparece a figura do pícaro. • Decreceu a industria e o comercio, pola caida da demanda e a competencia extranxeira. Ademais reduciuse drasticamente a chegada de ouro e prata de América polo esgotamento das minas. • As finanzas públicas caeron en bancarrota
  • 96. • Crise social. Consolidouse un modelo social rendista que aspiraba vivir de rendas e enriquecerse nas colonias americanas, incapaz de impulsar unha economía produtiva e facer rendible a riqueza. • Crise política. Os últimos reis da dinastía dos Austrias, febles, ceden o poder a validos, perden territorios e hexemonía en Europa
  • 97. NOVOS SISTEMAS POLÍTICOS • A MONARQUÍA ABSOLUTA • No século XVII a maioría dos monarcas europeos tentaron de reforzar o seu poder e camiñar cara á monarquía absoluta. Este sistema denomínase así por que concentra todos os poderes(lexislativo, executivo e xudicial) en mans do rei, é unha monarquía de orixe divina . • O máis claro representante deste sistema foi Luis XIVde Francia (O rei sol)1643-1715, o seu poder non se sometía a ningún control. • non compartía a soberanía con ninguén “O Estado son eu” .
  • 98.
  • 99. • Deixou de convocar os Estados Xerais e buscou a unidade relixiosa, obrigando os protestantes a se converter ao catolicismo ou a se exiliar . • Baseou o seu poder no nunha administración centralizada co nomeamento de intendentes de xustiza, de policía e de finanzas nas provincias que só respondían ante o rei; • fortalecemento da burocracia, do exército e da diplomacia; así como no control da economía a través dos seus ministros (Colbert).Baixo o seu mandato, Francia impuxo a súa hexemonía en Europa.
  • 100.
  • 101.
  • 102. • A teoría absolutista foi teorizada por Jean Bodin e Jacques Bossuet, quen defendía que o poder debía estar en mans do monarca,quen non debía responder ante ningún parlamento.
  • 103. O PARLAMENTARISMO • Mentres na meirande parte de Europa triunfaba o absolutismo, en Inglaterra e nas Provincias Unidas (Países Baixos) impúxose o parlamentarismo, sistema no cal a monarquía cedía parte do seu poder ao Parlamento, onde estaban representados os distintos estamentos sociais(nobres, igrexa, burgueses...)..
  • 104. • En Inglaterra Carlos I e Xacobe II fracasaron na implantación do absolutismo.O parlamento elixiu un novo monarca Guillerme de Orange, quen tivo que aceptar a Declaración de Dereitos promulgada en 1689. • O parlamentarismo foi teorizado polo inglés John Locke, que sostiña que o rei debía compartir o seu poder co Parlamento, quen elaboraba as leis e controlaba o goberno
  • 105. ECONOMÍA E SOCIEDADE • A sociedade estamental, herdada do período medieval, mantense vixente en boa parte do continente, • Os privilexiados, cunha nobreza que domina a vida cotiá e pretende perpetuar os seus privilexios. Con gran poder económico e político. Un clero que posuía grandes bens patrimoniais. Tiñan o poder ideolóxico e controlaban a educación. • Os non privilexiados , sen dereitos e que soportan todas as cargas fiscais, pero onde comeza a destacar un grupo , a burguesía, minoría que foi gañando poder económico e prestixio social
  • 106. A economía • A agricultura sufriu un estancamento por mor das guerras e as malas colleitas, motivadas por un arrefriamento climático, provocaron a fame entre os menos favorecidos producindo un crecemento demográfico moi escaso. No entanto en Holanda e Inglaterra iniciouse unha importante renovación e o aumento da produción, grazas á aplicación de novas técnicas.
  • 107. • A produción artesanal era escasa e vinculada só aos gremios. Nesta época apareceu a • industria domiciliaria,que escapaba ao control dos gremios realizada polo campesiñado como actividade complementaria no propio domicilio. • Un exemplo desta industria foi a elaboración de tecidos de liño nos fogares campesiños galegos. • Por outra banda, xurdiron as manufacturas,obradoiros onde os traballos eran realizados a man con sinxelas máquinas e reunían a traballadores nun mesmo local e percibían un salario.
  • 108. • comercio, tivo unha grande importancia . Consolidáronse as rutas marítimas abertas por españois e portugueses na creación dos seus imperios de Ultramar: a ruta dos metais preciosos e a ruta das especias. Europa, África e América comunicáronse co chamado comercio triangular, centrado na compra de persoas escravas en África para seren levados a terras americanas como man de obra nas grandes plantacións de café, azucre, cacao, tabaco, etc.
  • 109.
  • 110.
  • 111. • No caso de España, estes produtos eran transportados pola flota das Indias (galeóns) ata Sevilla, desde onde partían a todos os mercados europeos.
  • 112. • O comercio colonial deixou de ser no s. XVII monopolio español e portugués ao participar • tamén holandeses, ingleses e franceses, que se espallaron polo Atlántico e o Indico. • Para fomentar este comercio creáronse as compañías comerciais , privadas pero con apoio do Estado como A Compañía Holandesa das Indias Orientais ou a Compañía Británica das Indias Orientais. A través destas iniciarase o dominio dos territorios.
  • 113. • Toda esta actividade económica implicou a proliferación de banqueiros e prestamistas para financiar as novas empresas.Todo isto deu orixe ao capitalismo comercial e impúxose a teoría económica do mercantilismo, que defendía que a riqueza dun país se sustentaba na cantidade de metal precioso que posuía, e que o comercio era o mellor xeito de acadalo
  • 114. CULTURA E ARTE • En ciencia e filosofía prima o antropocentrismo, afastándose das crenzas relixiosas.no século XVI Nicolás Copérnico formulou a teoría do heliocentrismo, que sitúa ao sol no centro do universo, opoñendose ao xeocentrismo ,transformando así o concepto que ata aquel momento se tiña do universo. • No século XVII póñense as bases da ciencia moderna
  • 115. Arte Barroca • A Arte do século XVII e produto do espíritu e da sociedade e a política do seu tempo. • O Absolutismo monárquico do occidente católico fará construir palacios de enormes dimensions para reflexar o su poder. • Nos países protestantes onde triunfa o Parlamentarismo, a crecente burguesía será una nova clientela para a arte que impondrá os seus gustos. • A Igrexa Católica tras a Contrarreforma,procurará fomentar a devoción intensificando o luxo dos templos
  • 116. . O Barroco presenta características diferenciadas ao Renacemento: -Desequilibrio, asimetría. -Composicións abertas, en diagonal, aspa. -Predominio da liña curva, helicoidal. -Búsqueda do movemento. -Predominio da luz sobre a forma violentos contrastes de luz e sombra -Realismo representación de seres populares e vulgares.
  • 117. Arquitectura • Elementos arquitectónicos. • Columnas salomónicas e estípites. • Plantas irregulares, elípticas. • Fachadas se ondulan,con entrantes e saíntes. • Vans con frontóns partidos e molduras. • Arcos elípticos, ovais, mixtilíneos • Elementos decorativos abundantes que enmascaran a arquitectura: volutas, formas exóticas e caprichosas.
  • 118. Arquitectos destacados • En Italia Bernini, Borromini. • En España Alonso Cano e Os Churriguera. • En Francia Hardouin-Mansart e Le Brun.
  • 119. Igrexa Il Gesú Vignola
  • 120.
  • 121.
  • 122. Baldaquino de S. Pedro.
  • 123.
  • 124.
  • 125.
  • 126. • En España continúa a herdanza herreriana con arquitecturas máis sobrias, ainda que alguns edificios enriquécense con decoración escultórica e outros siguen a liña italiana.
  • 127.
  • 128. A catedral de Granada de Alonso Cano
  • 129. Plaza Maior de Salamanca Alberto Churriguera
  • 130.
  • 131. En Galicia o granito proporciona unhas superficies dun gran valor plástico, o denominado “Estilo de placas”. Neste estilo no século XVII construíronse as prazas da Quintana e o Obradoiro; a torre do reloxo por Domingo Antonio de Andrade e a fachada do Obradoiro por Fernando Casas e Novoa; así como a Casa do Cabildo, de Fernando Sarela.
  • 132. Torre do reloxo. Domingo Antonio de Andrade 1680
  • 133. Fachada do Obradoiro. Fernando Casas y Novoa, 1738-1749)
  • 134. Casa del Cabildo, de Fernando Sarela
  • 135.
  • 136. Escultura • Composicións abertas con liñas en diagonal e aspa. • Representación do movemento, captación do instante. • Realismo e dramatismo, teatralidade. • Temas relixiosos e mitolóxicos. • Materiais: mármore e bronce, madeira policromada en España
  • 137. Escultores destacados • En Italia Bernini. • En España Gregorio Fernandez, Martinez montañés e Alonso Cano
  • 139.
  • 140.
  • 141.
  • 142.
  • 143. Pintura • Composicións abertas, asimétricas con liñas curvas, en diagonal, en aspa. • Tenta representar o movemento, a captación do instante. • Dominio da perspectiva (aérea). • A luz, elemento esencial definidor do espacio, o claroscuro moi contrastado leva ao tenebrismo. • Predominio da cor sobre o dibuxo. • Realismo, con modelos tomados da realidade. • Expresividade e dramatismo.
  • 144. •Representación de novos motivos como bodegons ou paisaxes. •Pintores destacados •En Italia Caravaggio. •En España: Velázquez, Zurbarán ,Ribera. •Nos Países Baixos Rembrandt, Rubens Veermer de Delft.
  • 145.
  • 146.
  • 147.
  • 148.
  • 149.
  • 150.
  • 151.
  • 152.
  • 153.
  • 154.
  • 155.
  • 157.
  • 158. Vieja friendo huevos. Velázquez • En España la gran figura será Diego da Silva Velázquez.
  • 159.
  • 160. A GALICIA DO ANTIGO RÉXIME. CARACTERÍSTICAS SOCIAIS, POLÍTICAS E ECONÓMICAS. • Galicia comezou o S XVII coa mesma situación que no resto de España e Europa: malas colleitas, fame, peste, guerras ( ataque francés á Coruña e inglés a Vigo,p.ex. ). Pero a partir de 1630 ocorreu un feito que sacaría a Galicia da crise e a levaría a unha época de prosperidade: a introdución do cultivo do millo
  • 161. O millo tiña unhas vantaxes fundamentais para o campesiñado:elimina o barbeito e ten ata 10 veces máis rendemento que o centeo,polo que a produción aumenta. • Grazas a este novo cultivo e outro, a pataca, que se xeralizará no S XVIII, a poboación galega se duplica: desde un 650.000 habitantes en 1600 ata 1.300.000 a mediados do S XVIII.
  • 162. • Outra característica da Galicia do S XVII é a existencia dun grupo social ( os fidalgos) que • se beneficia das rendas agrarias que os campesiños pagan polos foros. • A fidalguía consegue que nobres e igrexa lle cedan grandes cantidades de terras arrendadas aos campesiños desde a Idade Media ( foros ).
  • 163. Convértense así en intermediarios: arrendan ( aforan ) esas terras e quédanse cunha boa parte das rendas que os campesiños pagan. Por riba introdución do millo fixo subir a produción e polo tanto os ingresos. • Calcúlase que preto dunha terceira parte da riqueza que producía o campo galego ía parar a mans dos fidalgos, que invertían na construción de pazos.
  • 164.
  • 166. • “Coñecida cousa sexa a todos como eu, frei Gonzalo, abade de Melón, conxuntamente co prior e mosteiro dese • lugar, damos e outorgamos a ti, Pedro Rodríguez, crego de Sadornín, e a toda a túa voz, aquela nosa viña que • se chama do Penedo (...) coa condición que a labredes ben, que non desmereza por falta de atención e nos deades • (...) cada ano a metade [da colleita]. (...) Non a podedes vender nin empeñar nin dala a ninguén, senón a • nós por xusto prezo; e se a nós non interesase, debedes vendela ou dala a un labrego manso que merque o • noso foro en paz. Non a deades nin a fidalgo nin a outra orde”. • contrato de foro