INTRODUCIÓN AO ESTUDODA HISTORIA QUE É? a Historia é a ciencia que estuda o pasado , os seus feitos máis importantes é como vivían as sociedades (conxunto de persoas) noutras épocas. EN QUE CONSISTE? nos seguintes aspectos respondendo a cuestións importantes :
3.
O TEMPO HISTÓRICOA HISTORIA a elaboran os historiadores. Os historiadores deben datar no tempo os aspectos que estudian. Se é posible, determínase o ano exacto. En moitas ocasións non hai datos de abondo que permitan establecer unha data exacta, polo que se utilizan periodos máis amplos: a) década (10 anos). b) século (100 anos). d) milenio (1000) anos. e) era ou idade. - O sistema de medida de tempo na maior parte do mundo é a era cristiá (ano 1 = nacemento de Cristo) ou calendario gregoriano .
4.
Excepcións a estesistema: o Islam (mundo musulmán) : o ano 1 = ano da Héxira (fuxida de Mahoma da Meca) e usa ano lunar (non solar coma nós). Hoxe en día están no 1431. Calendario hebreo : ano 1 = creación do mundo según os xudeus (ano 3760 a. C.), polo tanto hoxe en día os hebreos están no 5770 (3760 + 2010). Datación científica : BP (Before present = antes do presente. A referencia sería 1950): utilízase polos científico para datar algo na Prehistoria
5.
- Oséculo I comeza no ano 1 d.C. e finaliza no 100 d.C. A partir de aí os demais séculos son consecutivos: Século II: do ano 101 ao 200. Século III: do 201 ao 300. Século XX: do 1901 ao 2000 Século XXI: do 2001 ao 2100. Truco para pasar de anos a séculos: Ano 405 A cifra das centenas é 4 Súmase 1 (4+1) Século V Total = 5 Moito ollo!!!! - Ano 0 non existe. - Os anos sempre con números árabes. - Os séculos sempre con números romanos
6.
ETAPAS DA HISTORIAPara estudiala mellor, os historiadores dividiron a Historia en períodos , primeiro en 2 grandes: ❉ Prehistoria: vida do ser humano antes de coñecer a escritura. ✏ Historia: vida do ser humano despois da escritura . Á súa vez a Historia divídese en 4 grandes períodos (por agora), marcado os seus inicios por algún acontecemento que cambiou a forma de vida.
7.
Prehistoria Dendea aparición do home (2 millóns a. C.) ata a aparición da escritura (4.000 a. C.)
8.
A PREHISTORIA Prehistoria,trazos: ♧ 1ª etapa da historia da humanidade. ♧ Etapa máis longa: - desde os 5 millóns anos BP (aparición homínidos) - ata 5000 BP (invención escritura) ♧ Se caracteriza pola ausencia de textos escritos . Comparación do pasado da humanidade cun día.
9.
A Prehistoria divídeseá súa vez en tres grandes períodos: a) Paleolítico (entre 5 millóns BP a 11000 BP): Etapa máis longa . Os homínidos e finalmente os seres humanos (Homo Sapiens) viven exclusivamente da caza e da recolección (non producen os seus alimentos) e usan utensilios de pedra .
10.
b) Neolítico (entre 11000 BP a 7000 BP): os seres humanos continúan a usar útiles de pedra e inventan a agricultura e gandería (primero en Oriente Próximo e despois en moitos outros lugares). c) Idade dos Metais (desde os 7000 BP ata a aparición da escritura) comezou en datas diferentes en cada lugar . Os seres humanos comenzaron a usar metais (cobre, bronce, ferro).
11.
A Hominización éa evolución do ser humano dende o mono ata o home, pasando por especies intermedias (os nosos devanceiros): I) Austrolopitecos (c. 5 millóns BP): - só en África - similares aos chimpancés. - cranio pequeno - comenzaban a andar con dúas pernas (bipedismo). - tiñan as mans libres para transportar obxectos e fabricar ferramentas A HOMINIZACIÓN
12.
Área de apariciónde restos de australopitecos Reconstrución de craneo e aspecto dun australopitecos
13.
II) HomoHabilis (c. 2 millóns B.P.): - só en África - máis esvelto. - cranio máis grande. - capaz de elaborar ferramentas complexas (“habilis”).
14.
15.
16.
V) Homo Neandertal(c. 150.000 BP ata o 30.000 BP): únicamente en Europa. parecíase bastante a nós, tiña menor estatura pero era moito máis robusto e forte para aguantar as condicións climáticas das glaciacións. Mon tiña pensamento simbólico. A súa intelixencia era diferente. usou un linguaxe falado. foi o primeiro en enterrar aos seus mortos ( conciencia da morte ). Máxima extensión do Neandertal
VI. HomoSapiens (Nós) (c. 130.000 BP). apareceu en África. menos forte que o neandertal. máis capacidade craneana, maior intelixencia. pensamento simbólico e capacidade de abstracción. uso dun linguaxe moderno (cordas vocais). inventou moitas ferramentas diferentes e complexas. inventou a arte.
Paleolítico =período máis longo da prehistoria, dende a aparición ser humano (5 millóns BP) ata a invención da agricultura e gandería (11.000 BP). Trazos do Paleolítico: ☯ as persoas organízanse en tribos. ☯ só caza e recolección. ☯ eran nómades (non vivían un sitio fixo). ☯ fabricaban utensilios de pedra tallada (sobre todo), madeira, oso, asta…. Para fabricalos golpeaban a pedra ata darlle a forma desexada. Destacan puntas de frecha, arpóns, agullas, coitelos, bifaces (machadas que cortaban polas dúas caras). O PALEOLÍTICO
21.
SOCIEDADE. No Paleolíticoos seres humanos organizábanse en clans e tribos = grupos integrados por unhas poucas familias. Os membros da tribo axudábanse uns aos outros. As principais actividades eran: Cazar. Facer ferramentas (pedra tallada) Recolectar alimentos Fabricar roupa . Facer lume (para quentarse, protexerse e cociñar). A VIDA NO PALEOLÍTICO
22.
B) OCUPACIÓN. NoPaleolítico os grupos humanos eran nómades = desprázabanse dun sitio a outro na procura de alimento. Normalmente establecíanse cerca dunha fonte de auga (ríos ou lagos). 3 tipos de vivendas: Aire libre. Covas ou abrigos rochosos: nas zonas máis frías. Chozas: Só os grupos más evolucionados .
C) MODOSDE VIDA E TÉCNICAS. No Paleolítico os seres humanos vivían da caza, pesca e recolección. ☞ Recolección: froitos, verduras, tubérculos. ☞ Caza: Usaban lanzas de madeira con punta de pedra, arcos e frechas. ☞ Pesca: usaban trampas, arpóns e posteriormente inventan o anzuelo. Comían marisco, xa que en moitos xacementos costeiros apareceron acumulacións de cunchas (cuncheiros).
25.
26.
D) RELIXIÓN. Oshomes do Paleolítico crían na existencia de numerosos espíritos que os axudaban ou perxudicaban en todas as facetas da vida (caza, saúde e enfermidade,…). Por iso levaban a cabo ritos para conseguir o seu favor. Enterraban aos seus mortos , moitas veces con obxectos de valor ( enxoval ): armas, colares, comida…
27.
F) ARTE. Ossapiens do Paleolítico realizaron as primeiras obras de arte . Principais tipos: Pinturas rupestres Esculturas. Covas de Altamira (Cantabria)
28.
Pinturas rupestres. Pintura sobre muros e teitos das covas . Características: ♘ Polícromas (= diferentes cores). ♘ Realistas , incluso aproveitaban as rugosidades das rochas para dar volume. ♘ Representan, sobre todo , figuras de animais (cervos, cabalos, bisontes…). ♘ Significado relixioso : representan animais, para que os espíritos lle facilitasen a caza. ♘ Mellores exemplos : norte de España (Covas de Altamira) e sur de Francia.
Esculturas. - Destacan as venus paleolíticas = figuras de muller con órganos sexuais moi desenvolvidos. - O significado seguramente é relixioso, para que os espíritos aseguren a fertilidade das mulleres. Venus de Willendorf
31.
NEOLÍTICO (11.000 –7.000 BP). A REVOLUCIÓN NEOLÍTICA Fai uns 13.000 anos rematou a última glaciación . Aumentou a temperatura. Esto provocou un cambio na fauna . Moitas especies emigraron ou se extinguiron. Ante a escaseza de animais , fai uns 10.000 anos no Crecente Fértil (Oriente Próximo) os homes comezaron a reter en cercados a animais para obter carne e leite. Así naceu a gandaría (cabras, ovellas, bois, vacas, cabalos, cans...).
32.
NEOLÍTICO IDADE DOSMETAIS PALEOLÍTICO HISTORIA Invención da escritura Invención da roda, a vela e o arado Desenvolvemento da metalurxia Aparición da cidade Desenvolvemento da agricultura e a gandaría Fin do período glaciar 13000 a.C. 11000 a.C. 9000 a.C. 7000 a.C. 5000 a.C. 1000 a.C. 3000 a.C.
33.
A partir darecolección, naceu a agricultura: t rigo (Oriente Medio e Europa), arroz (Asia), millo (América). O nacemento da agricultura fixo necesario que os seres humanos viviran xunto ás terras que cultivaban. Por tanto deixaron de ser nómades e convertéronse en sedentarios . Así apareceron as primeiras aldeas.
B) A VIDANO NEOLÍTICO. - As aldeas estaban situadas cerca de fontes de auga (ríos, lagos) para regar, abastecer ao gando e a poboación. - As aldeas estaban moitas veces rodeadas por unha cerca para defensa e impedir que o gando escapara. - Na aldea había diferentes tipos de construcións : Vivendas. Cortes. Almacéns (para gardar o gran).
36.
- Tresgrandes cambios técnicos: Uso da pedra puída , para fabricar ferramentas: aixadas para sachar, fouciños para segar, muíños para moer gran. Tecidos: fabricados con teares a partir de la animal. Cerámica: feita a man para fabricar vasillas e cuncas para almacenar, comer e cociñar.
37.
Nas aldeas produciuseunha especialización do traballo . Así algunhas persoas adicáronse a cultivar, outras ao gando, outras eran artesás,…
38.
FINAL DE AÚLTIMA GLACIACIÓN NEOLÍTICO APARICIÓN DA AGRICULTURA APARICIÓN DA GANDARÍA INNOVACIÓNS TÉCNICAS ESPECIALIZACIÓN DO TRABALLO SEDENTARIZACIÓN Aparición de DIFERENTES OFICIOS: Agricultores Gandeiros Artesáns Aparición de ALDEAS equipadas con variados elementos: Cercas Vivendas Cortes Almacéns Final da última glaciación Utilización da PEDRA PULIDA para fabricar: Aixadas Fouces Muíños
39.
IDADE DOS METAIS(7.000 – 5000 BP) a) A IDADE DOS METAIS. Inicio de fabricación de metais en Oriente Medio e península de Anatolia fai 7000 anos. Usábanse para elaborar todo tipo de utensilios (ferramentas, armas, xoias…).
40.
Tres períodos na Idade dos metais (que coinciden cos metais dominantes): Cobre: non era moi resistente. Bronce: aliaxe de cobre e estaño. Máis resistente. Ferro: o máis duro e resistente.
41.
42.
Na Idade dosMetais tamén houbo outros inventos: Roda: permitía transportar grandes cantidades de mercadorías en carros. Arado: permite labrar máis terreo e máis rápido, grazas aos animais de tiro (bois, cabalos…).
43.
B) A VIDANA IDADE DOS METAIS. - O uso dos metais produxo unha serie de cambios importantes: ☺ Desenvolvemento do comercio : pola demanda de metais para facer ferramentas. ☺ Nacemento das primeiras cidades : debido ao aumento de riqueza das aldeas polo comercio. ☺ Aparición de novas ocupacións : comerciante (compra e vende produtos), artesán (fabrica produtos), sacerdote (dirixe o rito relixioso), guerreiros…
44.
☹ Aparición de clases sociais: $ Privilexiados: minoría rica e poderosa que controla ao resto da poboación: xefes, sacerdotes, guerreiros… ☭ Non privilexiados: maioría humilde que traballa para os privilexiados (pobo, escravos…).