2. INTRODUCIÓN
A prosa literaria galego-portuguesa é máis escasa, serodia e menos
orixinal que a lírica. Os primeiros textos datan do XIII e foron versión de
textos bíblicos con afán divulgativo ou escritos de tipo notarial.
A prosa literaria aparecerá máis tarde, cara finais do XIII, e claramente
vinculada ás cortes reais, que exerceron de mecenas para copiar, traducir
ou versionar textos inspirados na cabalería feudal ou cristiá.
Falaremsos de catro tipos de prosa: LITERARIA, HISTÓRICA,
HAXIOGRÁFICA e TABELIONÍCA.
3. PROSA LITERARIA
CICLO DA MATERIA DE BRETAÑA
As lendas bretonas xiran arredor da figura do mítico rei Artur e os Cabaleiros da Táboa
Redonda. Conservamos fragmentos de:
Libro de Xosé de Arimatea: historia do xudeu que recolle o sangue de Cristo nunha
cunca, o Santo Grial, caliz empregado na última cea.
Libro de Merlín: Fragmento que conta as profecías do mago anunciando os tempos do
cabaleiro predestinado ao rescate do Grial.
A Demanda do Santo Grial: narra as aventuras dos cabaleiros do rei Arturo, Perceval,
Galaaz e Boor, que saen na busca do Grial.
Libro de Tristán e Isolda: fragmento que narra os amores tráxicos dos amantes.
segue
4. PROSA LITERARIA
MATERIA DE TROIA
A guerra de Trioa tivo tamén grande éxito na Europa do século XII como materia narrativa
a través das falsas traducións. Nelas inspirouse Benoît de Sainte-Maure cara 1165 par a
compoñer Le Roman de Troie, que dará lugar as versións medievais europeas.
As traducións realizáronse en Betanzos o Pontedeume por mandato do conde Fernán
Pérez de Andrade.
Crónica troiana: Tradución do castelán rematada en 1373.
Historia Troiana: Tradución do castelán de final do XIV.
5. PROSA HISTÓRICA
Na historiografía galega consérvanse textos que tiñan carácter propagandístico.
Crónica Xeral Galega: Tradución da castelán Cronica General de Castilla.
General Estoria: É unha versión galega da castelá de Afonso X, na que se narra a
historia dende a aparición do home ata a era do monarca.
Crónica do Mouro Rasís
Crónica Galega de 1404: Escrita orixinalmente en galego.
Crónica de Santa María de Iria: Obra do XV, feita por Rui Vasques.
6. PROSA HAXIOGRÁFICA
Son textos que tratan do culto, vida e milagres dos santos, de gran tradición desde os
comezos do cristianismo. Conservamos algúns na prosa galego-portuguesa:
Os Milagres de Santiago: Tradución incompleta do Códice Calixtino, manuscrito
latino do XII, redactada a finais do XIV ou comezos do XV por tres escribas difetentes.
Vida de Barlaan e Josafat: Atribuído a Hilario Lurinhã; é do séc. XIV. Adaptación
cristiá da vida de Buda.
7. PROSA TABELIÓNICA
Agrupamos aquí escritos variados pero con finalidade sempre utilitaria:
1. TEXTOS XURÍDICOS: O galego foi empregado con normalidade na documentación
pública e privada nos séculos XIV e XV. Conservamos:
a) Livro da Teença do Orreo (1438)
b) Regra da Confraría de Santa Tegra da Guarda (comezos XVI)
c) Livro dos Cambeadores de Santiago e Ordenanzas dos Acibecheiros de
Santiago
d) As Sete Partidas de Afonso X, fragmentos de tradución galega e portuguesa
2. TEXTOS DIDÁCTICOS:
Tratado de Albeitaría, tratado sobre a cura de cabalos.
3. OUTROS TEXTOS: Fragmentos da Arte de Trobar, traducións da Biblia, entre outros.