Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Cantigas sta maria

1,376 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Cantigas sta maria

  1. 1. CANTIGAS DE SANTA MARÍAFOTOS DA WIKIPEDIA
  2. 2. INTRODUCIÓNConxunto de 427 cantigas en honor á Virxe María conservados en catro códicesda corte de Afonso X.Único conxunto de cantigas medievais que conforma un libro, con miniaturas emúsica.Nacen como obra de propaganda do rei Sabio e como afán de reafirmarse no seuprestixio fronte á igrexa de Compostela.O emprego do galego débese a que esta era a lingua propia da lírica.O rei comezou a compilalas en 1257 e realizáronse os códices entre 1270 e 1283.A súa concepción débese á moda europea de coleccionar milagres marianos, enauxe dende o XI.
  3. 3. TRANSMISIÓN Estas cantigas chegaron a nós a través de catro códices todos da corte de Afonso X, o Sabio. Códice TO ou de Toledo Códice E ou dos Músicos Códice T ou Códice Rico Códice F ou de Florencia
  4. 4. FONTES Os milagres que se relatan nas cantigas proceden de diferentes fontes: Lendarios da Idade Media escritos en latín pero de procedencia francesa ou alemá. Coleccións de milagres escritos no século XIII noutras linguas romances Milagres sucedidos en santuarios marianos do estranxeiro e peninsulares, transmitidos oralmente. Recordos do rei Afonso sou dos seus colaboradores Relatos orais
  5. 5. AUTORÍA Aínda que se atribúe a autoría das cantigas marianas a Afonso X, con seguridade estas composicións son obra dun grande equipo de traballo. “El Rey faze un libro, non porque él escriba con sus manos, mas porque compone las razones del, e las emienda […] e muestra la manera de cómo se deben fazer, desí escribilas qui él manda, pero dezimos por esta razón que el Reyfaze el libro.” General Estoria.  Na obra interviñeron como máximo 6 trobadores.  Só hai 10 cantigas escritas de puño e letra do rei, porque nela narra acontecementos biográficos en 1ª persoa con frases como “eu fiz, eu fige”, etc. e noutros casos di “ordenei que se escrebera”.  O artífice da maior parte dos textos foi o clérigo e trobador compostelán Airas Nunes.
  6. 6. ESTRUTURAA estrutura xeral déixanos ver un valor simbólico dos números: cada 10 cantigas, 9 sonde milagres e a décima é unha cantiga lírica.Poema introdutorio: o rei indica a intención da obra e preséntase con todo o poderreal e como servo da Virxe.Prólogo: fala da actividade trobadoresca que se aclimata para cantar á VirxeCantigas líricas: a número 1, 10, 20, etc.Cantigas narrativas, que relatan os miladres, todas as demais.As cantigas 401 e 402 son unha especie de epílogos polo seu contido. Na primeiradelas explícasenos a historia compositiva das cantigas.Unha estrutura baseada no número 5 déixanos ver que as cantigas número 5, 15, 25…son máis amplas cás demais e leban dobre páxina de miniaturas.
  7. 7. CLASIFICACIÓNA.- Segundo a súa forma: Cantigas líricas ou de loor Oracións de gabanza á Virxe en que Afonso X se presenta como o seu trobador. Cantigas narrativas Narran un milagre realizado pola Virxe B.- Segundo o seu contido: Tradicionais Contan un milagre popular. Históricas Centradas en acontecementos concretos da historia. Fantásticas Cantigas imaxinativas. Íntimas Relación do protagonista coa Virxe. Familiares Narran milagre próximo ao rei.

×