Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Séculos escuros

2,361 views

Published on

Published in: Education
  • ACCESS that WEBSITE Over for All Ebooks (Unlimited) ......................................................................................................................... DOWNLOAD FULL PDF EBOOK here { http://bit.ly/2m77EgH } ......................................................................................................................... DOWNLOAD FULL EPUB Ebook here { http://bit.ly/2m77EgH } ......................................................................................................................... Download Full PDF EBOOK here { http://bit.ly/2m77EgH } ......................................................................................................................... Download EPUB Ebook here { http://bit.ly/2m77EgH }
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

Séculos escuros

  1. 1. SÉCULOS ESCUROSI. ÁMBITO CRONOLÓXICO. Reciben este nome os séculos XVI e XVII.II. CARACTERIZACIÓN XERAL.  Ausencia case total de literatura escrita: só fican algunhas mostras literarias.  Pervivencia da literatura tradicional popular e oral: panxoliñas, romances, cantigas de traballo, de berce, de cego, contos, refráns, adiviñas e formas dramáticas como os entroidos.  Non incorporación do Humanismo, Renacemento e Barroco á nosa tradición literaria, como consecuencia lóxica da carencia de literatura escrita culta.  Perda do léxico referido á vida administrativa-burocrática , relixiosa, literaria e científica.  Proceso de castelanización, dialectalización e ruralización do idioma, que fica reducido a lingua oral e popular.III. CAUSAS DA DECADENCIA DESTES SÉCULOS. 1. Existencia dunha etapa anterior de decadencia literaria (Escola Galego- castelá, a partir de 1354). 2. As consecuencias da guerra entre Pedro I (apoiado por grande parta da nobreza galega, resultando ser o perdedor) e Henrique de Trastámara, no s. XIV:  Morte ou desterro para os nobres galegos que se enganaron de bando, e substitución desa nobreza por nobres casteláns.  Introdución de autoridades eclesiásticas foráneas.  Irrupción na Galiza dun idioma alleo, o castelán, asociado ao poder, iniciándose así o proceso desgaleguizador. 3. Desorganización do campesiñado e da pequena nobreza e burguesía autóctonas, vencidos nas Guerras Irmandiñas de fins do XIV e principios do XV. 4. As consecuencias da guerra entre Xoana a Beltranexa (a quen apoiou a nobreza galega) fronte a Isabel, no s. XV. A vitoria desta última levou ao poder aos Reis Católicos e as consecuencias para Galiza resultaron catastróficas:  A formación da nación-imperio española que leva consigo a uniformización lingüística e polo tanto a castelanización da sociedade galega.  A eliminación da resistencia dos señores feudais á política centralista do goberno: morte de Pedro Madruga (quen liderara o bando que defendera a sucesión ao trono de Castela de Xoana a Beltranexa) e execución de Pedro Pardo de Cela (a quen Isabel a Católica mandou decapitar no ano 1483).  Designación de xentes non galegas para desempregar os principais cargos .  Progresiva desaparición do galego nos documentos públicos (desde 1480 os escribáns están obrigados a coñecer o castelán e a examinarse en Castela).  Castelanización da Igrexa co beneplácito papal, eliminando a autonomía dos mosteiros e enviando a Galiza abades e bispos casteláns. 5. Desprezo en xeral na Península polos galegos. Asociado a este decaemento social, político e económico, Galiza e todo o que sone a galego será motivo de escarnio e burla na sociedade española do momento. Moi de vagar vaise identificando o galego cunha maneira "natural" de falar, sen relación ningunha coa cultura, e vaise abrindo paso a crenza de que é unha forma corrupta do castelán. Os máis grandes autores dos chamados séculos de ouro da Literatura Española (Lope de Vega, Tirso de Molina, Quevedo, Calderón, Góngora...) axudan a xeneralizar os escarnios contra os galegos. 6. Agudización do proceso centralizador na etapa dos Austrias e dos Borbóns. O proceso centralizador iniciado polos Reis Católicos, perfecciónase co reinado dos Austrias (s. XVI-XVII) e aínda máis cos Borbóns (s.XVIII). Deste xeito, o galego , desprezado polos ámbitos sociais elevados, afastado do mundo da cultura e da Universidade, dos usos escritos, da administración e da igrexa, será a lingua das camadas populares da sociedade e o seu uso restrinxirase ao nivel oral. Mentres a variante portuguesa vive
  2. 2. SÉCULOS ESCUROSmomentos de difusión mundial como consecuencia da expansión colonial portuguesa, o galegoconvértese, coa valoración social pexorativa, nun "dialecto". IV. MOSTRAS LITERARIAS. Ao longo dos chamados Séculos Escuros non se pode considerar que haxa realmenteliteratura, debemos falar de "mostras literarias" que aparecen ao longo deste período de silenciode maneira circunstancial. 1. Poesía popular e tradicional. -Tema do Mariscal Pardo de Cela: Pranto da Frouseira (fins do s. XV). -Poesía de circunstancias: Saqueo de Cangas polos turcos (1626). -Poesía anónima tradicional: cantigas que se manteñen na órbita das escolas trobadorescas ou que aparecen como letras de cancións. 2. Poesía culta e erudita.  Dous sonetos renacentistas:  Soneto de Monterrei.  Soneto da Condesa de Altamira.  Poemas barrocos:  Exequias á Raiña Margarida (Dous sonetos elexíacos de Xoán Gómez Tonel e Pero Vázquez de Neira, do ano 1612).  Décimas ao apóstolo Santiago (Martín Torrado,1617).  Composicións das festas Minervais ( consérvanse 9 poemas). 3. O Vilancico de Nadal. Tivo unha enorme difusión por toda a Península Ibérica. O ambiente rural do portal, a pobreza do nacemento de Xesús, os nomes de María e Xosé... caracterizaban moi ben a sociedade galega da época. Mestura entre galego e castelán. Autores: Carlos Patiño, Frei Francisco de Santiago e M. Bravo de Velasco. 4. O teatro galego nestes séculos. Ademais da existencia dun teatro popular en galego, de transmisión oral, ou formasparateatrais que aínda hoxe perviven como as celebracións do Entroido, existen noticias daexistencia de representacións bíblicas sobre a vida de Cristo ou de María. Á marxe disto, a primeira peza dramática escrita en galego data de 1671, Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, que trata da disputa entre galegos e portugueses pola pesca con redes no río Miño. Este argumento posúe un baseamento real: Tras a recuperación da independencia por parte de Portugal no ano 1699, decrétanse unhas leis sobre a pesca no Miño, pero un fidalgo portugués incumpre as normas e os galegos responden violentamente. Finalmente, galegos e portugueses, reconciliaranse e celebrarán a súa renacida amizade.

×