A narrativa medieval

2,428 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,428
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1,361
Actions
Shares
0
Downloads
22
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A narrativa medieval

  1. 1. Aprosamedieval
  2. 2. Fronte á poesía, a prosa medieval galega tivomenor cultivo e relevancia debido adeterminados condicionamentos históricos.Os documentos que dela nos restan chegan anós alterados ou corrompidos por escribas doséculos XIV e XV, mais posuímos exemplos deenorme interese do que puido ter dado de sia prosa galega, no suposto de seguir undesenvolvemento parello ao das súas irmásrománicas.
  3. 3. A existencia desta prosa medieval galega,desde principios do século XIII, é a mellorevidencia de que o idioma xa acadara naquelaaltura un grao de madureza que o habilitabapara constituírse no vehículo de expresióndunha literatura que aspiraba a ser lida (nonsó recitada, representada ou cantada) e a serconsiderada como un obxecto culto e deprestixio.
  4. 4. A prosa medieval procedeesencialmentedo século XIII e a primeira metade do século XIV.
  5. 5. Os primeiros deses textos son a Noticia de Torto eo Testamento do rei Afonso II, ambos datados caraao ano 1214, só dezaseis e dezaoito anos despoisda datación dos primeiros textos conservados dasnosas cantigas. É dicir, en plena etapa de esplendorda nosa lírica medieval.A falta de normalidade no desenvolvemento daprosa medieval galega radica nos mesmoscondicionantes históricos que levaron a poesíatrovadoresca á súa decadencia e ao Reino de Galizaao seu sometemento a Castela.
  6. 6. A partir de mediados do século XIV e boa parte do século XV a lingua galegavaise afastando da lingua portuguesa.
  7. 7. O latín seguía a ser a lingua de prestixo para aprosa. No caso de Galicia, a súa substitución porlinguas vernáculas non recaeu sobre o galego,senón sobre o castelán. A carencia dunha cortepropia (a diferenza de Portugal) a partir doséculo XIII e a dependencia da monarquíacastelá impediu o mecenado para que copistas,tradutores e cronistas realizasen o seu labor engalego.
  8. 8. A partir do sometemento dos derradeiros nobresgalegos rebeldes (Pardo de Cela, decapitado enMondoñedo en 1483), os documentos, atéentón redactados en galego, comezan a seelaborar en castelán porque os funcionariosgalegos foron desprazados polos de fóra ou bendeberon examinarse en Valladolid para acadar acondición de funcionarios reais. Así a imposicióndo castelán a partir do século XV puxo fin aoemprego do galego na prosa.
  9. 9. Os primeiros textosconservados non teñen carácterliterario. Son cartas, leis locais…
  10. 10. Ciclos temáticos• Materia de Bretaña ou Ciclo bretón. O tema é a “materia de Bretaña”, as lendas sobre o rei Arturo e os cabaleiros da táboa redonda:.- Libro de Xosé de Arimatea.- Libro de Merlín.- Demanda do Santo Graal: Nárranse as aventuras doscabaleiros na procura da copa utilizada na última cea.• Materia de Troia:.- Crónica Troiana.- Historia Troiana
  11. 11. Ciclos temáticos• A partir do século XV, fronte ao desenvolvemento da prosa portuguesa, a prosa galega é cada vez máis escasa• Temática troiana: Crónica Troiana e Historia Troiana.• Temática relixiosa: Milagres de Santiago, versión galega do Codex Calixtinus, na que se narran, entre outros, os milagres do Apóstolo.
  12. 12. As lendas do rei Arturo son tratadas en librostraducidos do latín ou do castelán, como aDemanda do Santo Graal, o Xosé de Arimatea ou o Libro de Tristán, onde se refire a historia de amor entre este e mais Isolda.
  13. 13. TAMÉN A GUERRA DE TROIA APARECE REFLECTIDA NA CRÓNICA TROIANA OU NA HISTORIA TROIANA.
  14. 14. Os miragres deSantiago narran os milagres realizados polo Apóstolo na peregrinaxe através do Camiño de Compostela.
  15. 15. DURANTE ESTES SÉCULOS O PODERCASTELÁN FOISE INSTALANDO NA GALIZA(A NOBREZA GALEGA FORA SUBSTITUÍDA POLA CASTELÁ) …
  16. 16. … POLO QUE A FINAIS DO PERÍODOMEDIEVAL A LITERATURA GALEGA ESCRITA CAE EN DESUSO CASE TOTAL POR CARECER DECOMPOSITORES E PROMOTORES, OQUE SE MANTERÁ AO LONGO DOS TRES SÉCULOS SEGUINTES: OS “SÉCULOS ESCUROS”.

×