Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Cantigas de escarnio[1]

3,729 views

Published on

Published in: Education
• Be the first to comment

• Be the first to like this

Cantigas de escarnio[1]

1. 1. A CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR 1. INTRODUCIÓN 2. ORIXES TRADICIÓN AUTÓCTONA SIRVENTÉS PROVENZAL 3. DEFINICIÓN 4. CAMPOS SÉMICOS 5. CLASIFICACIÓN TEMÁTICA SÁTIRA POLÍTICA SÁTIRA LITERARIA SÁTIRA SOCIAL, DE TIPOS E COSTUMES SÁTIRA OBSCENA 6. RECURSOS O EQUÍVOCO A IRONÍA
2. 2. As composicións satíricas teñen un valor sociolóxico, histórico e lingüístico innegable. A través delas podemos comprender e interpretar os hábitos da sociedade da Idade Media. Podemos observar nos textos o carácter, os costumes, a psicoloxía e as crenzas que preocupaban á xente do Medievo.
3. 3.

Poesía autóctona de tradición oral relacionada coa festa do Entroido, nas que se reflite o espírito carnavalesco que herdamos da civilización latina, e que expresan como o mundo se pon ao revés nesta festa pagá.

O sirventés provenzal era unha composición na cal os trobadores censuraban persoas, criticaban malos costumes, a política, etc. A súa finalidade era moral e social, fronte á sátira galega que o que quería era divertir.

4. 4. Segundo a Arte de Trovar do CBN, as cantigas de escarnio son aquelas que se basean na equivocación, na utilización de palabras con dobre sentido. As cantigas de maldicir , en cambio, empregan palabras directas. CANTIGAS SATÍRICAS CANTIGAS DE MALDICIR Sátira encuberta, indirecta Sátira clara e directa
5. 5.

Algúns son común aos da cantiga de amigo ou amor, aínda que para alteralos de forma irónica e negativa. Pero temos campos propios:

A aldraxe : series léxicas como a afronta, o litixio e a rifa, o castigo, a irrisión…

O alimento : ridiculízase a miseria e a avaricia dalgúns tipos sociais como os infanzóns.

A polémica social é un dos campos máis complexos e implica todos os sectores e grupos sociais.

O obsceno, con léxico que fai referencia aos órganos sexuais e ás prácticas eróticas.

6. 6. SÁTIRA POLÍTICA : trata os problemas políticos e militares que preocupan aos monarcas do século XIII. Ademais das sátiras persoais, podemos falar destes dous ciclos: a) A crítica aos cabaleiros que entregan os seus castelos a Afonso III o Boloñés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas de vasalaxe que os unía a Sancho II. b) A crítica de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada (1264), censurando a súa covardía e deslealdade.
7. 7. SÁTIRA LITERARIA : burlas dirixidas a autores e á propia literatura. Os enfrontamentos eran unha especia de xogo de enxeño para demostrar as habilidades literarias e dar saída ás rivalidades. Hai tres ciclos: a) Enfrontamentos entre xograres e trobadores : burlas da falta de calidade artística ou o cambio de rol dos xograres. b) Parodia do código do amor cortés e ridiculización dos seus motivos temáticos ou da linguaxe. c) Ciclo das “amas e tecedeiras”, nutrido por composicións que xurdiron logo de que o portugués Joán Soárez Coelho dedicara unha cantiga de amor a unha ama de cría.
8. 8. SÁTIRA SOCIAL, DE TIPOS E COSTUMES. Destacan as críticas á avaricia , ás crenzas na astroloxía e á adiviñación , desde cortesáns a mercaderes: a) Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas pretensións nobiliarias e a miseria en que viven. b) Os cregos, frades e monxas aos que se censura polos seus vicios pouco cristiáns , en especial a gula e a luxuria.
9. 9. SÁTIRA OBSCENA : pola tendencia ao riso fácil, son comúns as referencias ao sexual e ao escatolóxico. Destacan neste ciclo as numerosas cantigas dedicadas ás soldadeiras.