Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Lite.medieval 3ºeso

1,935 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

Lite.medieval 3ºeso

  1. 1. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO ESQUEMA CRONOLÓXICO DA LITERATURA GALEGA (anterior ao S. XX) FINAIS S. XIII S. XIV S.XV S.XVI S.XVII S.XVIII S.XIX S. XII LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA SÉCULOS ESCUROS ILUS- REXUR- MEDIEVAL: DA LITERATURA TRA- DIMEN- GALEGA CIÓN TO CANTIGAS DE AMIGO CANTIGAS DE AMOR RENACEMENTO E NEO- ROMAN- CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR BARROCO CLASI- TISMO E CANCIONEIRO RELIXIOSO PORTUGUÉS CISMO REALIS- PROSA MEDIEVAL POR- MO TUGUÉS PORTU- GUÉS I. O NACEMENTO DA LITERATURA GALEGA. Entre os anos 1196 e 1350 transcorren 154 anos de lírica galego-portuguesa da que coñecemos ostextos basicamente a través dos manuscritos medievais hoxe conservados: os CANCIONEIROS.Non se coñecen textos escritos na nosa lingua anteriores ao século XII, pero cando o noso lirismo seespalla e triunfa, xa estamos diante dunha literatura adulta. Esta literatura adulta non puido nacer danada, o que nos leva a pensar na existencia dunha lírica anterior , hoxe totalmente descoñecida, querecibe o nome de LÍRICA PRIMITIVA. Todas as sociedades , mesmo as máis primitivas, crean cancións con finalidade diversa. Soncancións para celebrar a chegada da primavera ou da estación das chuvias, cancións que exaltan afecundidade ou a caza... Estas cancións teñen a súa orixe nos tempos prehistóricos, transmítense dexeito oral ao longo dos séculos e poden pasar á escrita se se dan unhas circunstancias socioculturaispropicias. Hai numerosos indicios que proban a existencia en Galicia dunha tradición oral populardeste tipo de cancións desde tempos moi antigos. O motivo determinante de que naza a literatura galega escrita a FINAIS S. XII é a chegada doLIRISMO OCCITANO, así como o abandono do latín nos usos literarios. Ata o século XII a lingua oficial e literaria era o LATÍN, pero nos séculos XII, XIII, XIV, XV... ogalego convértese na lingua escrita da antigua Gallaecia romana. O galego medieval era a linguafalada por toda a poboación, estaba plenamente normalizada, desempregaba todas as funciónspropias dunha lingua, salvo a internacional pois para a comunicación con outros pobos todos osreinos se servían do latín. Desde os clásicos latinos hai referencias aos cantos e danzas dos gallaeci . Consérvase unfragmento dun himno. Himno de Arxirio, que presenta unha estrutura similar á das cantigas deamigo. Textos latinos de escritores medievais aluden ao costume do pobo galego de entoar cantosprofanos por diversas celebracións: maios, vodas, enterros...Nun destes textos fálase do XOGRARPALLA, de orixe compostelá, que xa aactuaba na corte de Afonso VII na primeira metade do s. XII.Todo isto indica a existencia en Galicia dunha tradición lírica anterior á época trobadoresca. En canto ao primeiro texto escrito en galego que se conserva houbo certa polémica, hoxe osestudosos conclúen que son os tres seguintes: 1. "Ora faz ost´o Senhor de Navarra": sátira política , cantiga de maldicir, composta no ano 1196 por JOAM SOAREZ DE PAIVA. 2. Cantiga da Guarvaia : unha rara cantiga de amor de PAI SOÁREZ DE TAVEIRÓS, dirixida á Ribeirinha, amante de D. Sancho I de Portugal. 3. Cantiga da Guarda: "Ai eu coitada como vivo en gran coidado": A máis antiga cantiga de amigo que se conserva escrita, atribuida ao rei SANCHO I.
  2. 2. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO ETAPAS DA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA1. ETAPA PRIMITIVA. Chegaría ata os inicios do s. XIII. Correspóndese coas composicións máis antigas dasconservadas, xa sinaladas anteriormente.2. IDADE DE OURO (ETAPA TROBADORESCA). Acostúmase a subdividila en dous períodos: A) Período AFONSINO (s. XIII). Coincide cos reinados de Afonso X en Castela e Afonso III enPortugal. B) Período DIONISÍACO (s. XIV). Corresponde ao reinado de Don Dinís de Portugal , fillo deAfonso III, e remata coa morte do seu fillo, don Pedro, conde de Barcelos, en 1354, considerado oderradeiro trobador galego-portugués.3. DECADENCIA. Desde finais do s. XIV ao s. XV. Comprende dúas escolas: A) Escola galego-castelá: forman parte dela os derradeiros trobadores que empregan o galego.Todos eles son poetas bilingües que teñen composicións en galego e en castelán , incluídas encancioneiros feitos en Castela como o Cancioneiro de Baena (1445). B) Escola castelá-portuguesa: Comprende os poetas portugueses de fins do s.XV e comezos dos.XVI que alternaban o portugués e o castelán na súa composición poética recollida no CancioneiroGeral de Garcia de Resende (1516). II. O MUNDO MEDIEVAL GALEGO. A comezos do s. IX (813) , segundo a tradición lexendaria, foi descuberto no que hoxe é Santiagode Compostela o enterramento do Apóstolo Santiago. Desde ese momento a capital galega vaisetransformar nun centro de vital importancia para o conxunto da Europa cristiá. Xunto con Roma eXerusalén convértese nun dos grandes lugares de peregrinación. A Rota Xacobea conducía desde Europa a milleiros de peregrinos que traían con eles as súaspropias culturas e costumes e serán os responsables do esplendor polo que atravesou o noso paísna Baixa Idade Media. No s. XI inícianse as obras da catedral de Compostela que rematarían un século despois sendoarcebispo Diego Xelmírez, quen convertiu Santiago nunha auténtica cidade. Tamén é nese períodocando se esculpe o Pórtico da Gloria,(cume da escultura románica peninsular) e se espalla a arterománica . Tamén desta época é o Códice Calixtino, cabeza do movemento musical do seu tempo. Grazas ao Camiño de Santiago, á arte románica e á Literatura Galega Medieval, SANTIAGODE COMPOSTELA convértese nunha das prncipais urbes da Europa do s. XII. É precisamente neste momento que se produce o enfrontamento entre os descendentes do reiAfonso VI, os seus netos: Afonso Raimundez, rei de Galicia, e Afonso Henriquez, conde dePortucale. Este enfrontamento permitirá a independencia do Condado Portucalense (1139,recoñecido polo papa no 1174) xermolo do futuro Estado Portugués. Esta división do territorio daGallaecia romana será só política, polo menos ata o s. XV, pois a cultura e a lingua seguen a ser asmesmas ás dúas bandas do río Miño. No s.XIII, Galicia recibe o inicio do dominio castelán a través de Fernando III, o primeiro rei deCastela en esixir aos nobres galegos o uso do castelán na súa correspondencia coa corte. O seu filloAfonso X foi o primeiro en elaborar algo parecido a unhas normas para o castelán, defendeu estalingua a todos os niveis inclusive por riba do latín, aínda así escribiu os seus mellores versos engalego. A pesar de todo, o noso país viviu durante o reinado de ambos un dos séculos de ouro dasúa literatura. No s. XIV prodúcese a loita pola sucesión ao trono de Castela co enfrontamento entre Pedro I eHenrique de Trastamara. Os altos nobres galegos apoian ao primeiro que sairá derrotado. Ogañador substituirá a eses altos nobres pola pequena nobreza que o apoiara, iniciándose así oproceso de substitución da nobreza galega ( e da súa cultura, dos seus costumes e da súa lingua)por unha nobreza foránea ( que traerá consigo o castelán). No s. XV intensifícase a opresión dos señores sobre os seus vasalos, o que propiciou unhareacción da burguesía e do pobo que cualminará nas REVOLTAS IRMANDIÑAS, que constitirán
  3. 3. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESOunha ameaza contra o poder señorial, polo que a nobreza pedirá apoio aos reis de Castela e dePortugal para derrotar ás Irmandades e recuperar o seu poder. Produciuse unha nova substituciónde nobres galegos por nobres e clérigos casteláns, esta vez levouna a cabo Isabel a Católica pornon ter recibido o apoio da nobreza galega na súa loita polo trono coa súa irmá Xoana a Beltranexa,nova perdedora á quen apoiaran os grandes señores galegos. III. O INFLUXO DO LIRISMO PROVENZAL. En todos estes séculos de cambios continuados (independencia de Portugal, s.XII; sometementoa Castela con Fernando III, s. XIII; imposición da cultura e lingua castelás progresivamente; apoioequivocado a Pedro I, s. XIV; revoltas Irmandiñas, s. XV e, finalmente, a colonización dirixida porIsabel a Católica, s. XV) a LITERATURA vive os seus SÉCULOS DE OURO, inexplicables sen oinluxo inicial do Lirismo Occitano. O motivo determinante de que despois de séculos de tradiciónoral, no s. XII naza a literatura galega escrita foi a chegada do lirismo provenzal, pois os primeirostrobadores galegos comezan imitando a moda literaria que ven de Provenza (da Aquitania), que semesturará coa tradición autóctona. Podemos así distinguir na Lírica Medieval dous camiños que sexuntan: o constituído polas CANTIGAS AUTÓCTONAS que reflexan a tradición oral anterior, e oiniciado polas Cantigas que responden á adaptación da lírica provenzal. Con todo isto observamos que Compostela era, por aquel entón, un fervedeiro cultural e o GalegoMedieval a lingua lírica da maior parte da Península durante dous séculos. Así o recoñece oMarqués de Santillana cando no s. XV afirma: " ...Non ha mucho tiempo qualesquier deçidorese trovadores destas partes, agora fuessen castellanos, andaluces e de la Extremadura, todassus obras componían en lengua gallega o portuguesa". IV. OS AUTORES, OS POETAS. As diversións da aristocracia na I. M. centrábanse na caza (montería e cetrería), nos torneos enos chamados xogos de mesa como: cartas, dados e xadrez. Tamén como actividade lúdica cortesádestaca a unión da literatura lírica e a música. O lugar onde se fabrica a nosa Lírica Medieval é opazo e a súa forma primeira de transmisión é oral. Segundo o estamento social podemos distinguir diversos tipos de poetas , comunmente agrupadosbaixo o nome de trobadores, mais como veremos non todos eran tales.TROBADORES: autores das composicións; nobres que se adicaban á literatura.SEGREIS: infanzóns ou segundóns dunha familia nobre que se adican á literatura de maneiraprofesional , é dicir, era o seu traballo e polo tanto cobraban polas súas composicións.XOGRARES: salvo excepcións interpretan o que outros compoñen. Son xente humilde que actúa enpalacio e tamén nas vilas. Son eles os responsables de que as cantigas cheguen ao pobo. Moitasveces non só recitan senón que fan o acompañamento musical , e outras moitas actúan como se depaiasos de circo ou bufóns se tratara.MENESTREL: era o encargado de executar o acompañamento musical das cantigas.SOLDADEIRAS: mulleres que acompañaban as representacións danzando ou facendo acrobacias.Algunha delas, como María Balteira, fíxose moi famosa e converteuse na protagonista dunha seriede cantigas bastante obscenas como algunha das compostas polo rei Afonso X. V. OS CANCIONEIROS. As cantigas medievais consérvanse hoxe en 4 coleccións que reciben o nome de Cancioneiros:  Cancioneiro da Ajuda  Cancioneiro da Vaticana  Cancioneiro Colocci-Brancuti ou da Biblioteca Nacional de Lisboa, que contén a Arte de Trovar.Ademais destes Cancioneiros conservamos outros textos menores: Os Pergamiños:  Pergamiño Vindel. Contén sete cantigas do xograr vigués Martín Codax.  Pergamiño Sharrer: Atopado en xullo de 1990 polo profesor Sharrer en Lisboa, servindo de capa a un volume notarial renacentista. Contén sete cantigas de amor de Don Dinís.
  4. 4. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO VI. OS XÉNEROS. 1. Cantiga de amigo Son breves cancións postas en boca dunha muller ma,orada. Presentan características temáticase formais que as diferencian do resto da nosa lírica medieval. Proceden dunha tradición autóctona donoso pobo anterior ao trobadorismo. Nelas a natureza adquire un valor simbólico no que abundanconnotacións eróticas. Reciben o nome de amigo por repetirse nelas a voz con que se designa ao amado e por estarenpostas en boca dunha muller que polo xeral se dirixe ás amigas, ás irmás, á nai ou a seresinanimados para expresar os seu sentimentos amorosos.. Formalmente o aspecto máis tradicional e autóctono constitúeno o emprego constante doparalelismo, do leixaprén e do refrán. No tratamento da temática destaca como algo propio dolirismo galego medieval o tratamento da paisaxe baixo un aspecto simbólico, describindo unmundo bucólico, conservador e tradicional con continuas referencias á xeografía galega. Poetas especialistas da cantiga de amigo: MARTIN CODAX, xograr de Vigo; MENDIÑO,xograr da ría de Vigo; XOAN ZORRO, xograr; e PERO MEOGO. 2. Cantiga de amor Constitúe unha imitación consciente da cançó provenzal, aínda que presenta características queas diferencian. A cançó era unha composición destinada ao canto na que o trobador se dirixía á súa damapara lle expresar o seu amor. Nestas composicións reflictese unha singular concepción do amor e daarte amorosa, coñecida co nome de finamors ou doutrina do amor cortés. O trobador, en paralelocos esquemas das relacións feudais, aparece como un fiel servidor da dama da que está namorado,ata o punto de estar sempre disposto a cumprir cegamente a vontade ou as ordes da súa amada.Talservidume amorosa fai que o amor apareza concibido como un servizo que os vaslos rendían ao seuseñor. O tema central da cantiga xirará polo tanto entorno á exaltación do amor, descrición da dama edescrición da cuita amorosa. Se na cantiga de amigo atopabamos a palabra amigo desde o inicio, nestas a palabra fundamentalserá senhor (mia senhor). Frecuentemente aparece o tópico de morrer de amor, pero tamén aparecen cantigas queridiculizan este convencionalismo. Pola súa forma a Cantiga de amor diferénciase en dous grupos:-Cantigas de refrán: máis autóctona, con procedimentos moi semellantes aos da Cantiga de amigocomo o paralelismo.-Cantigas de mestría: máis influenciadas polo lirismo provenzal: máis retórica, con numerososrecursos literarios. 3. Cantigas de escarnio e maldicir. A CANCIÓN SATÍRICA constitúe o xénero das Cantigas de Escarnio e Maldicir. Soncantigas burlescas, a través das cales os trobadores, xograres e segreis realizaron unha dura crítica,mesmo cruel, dos homes e dos costumes do seu tempo. Este terceiro grande xénero da líricaprofana medieval non se veu difundido ata hai pouco máis de vinte anos debido aos prexuícios dosestudiosos, que as vían excesivamente escabrosas e obscenas. Con todo, entre todas as cantigasmedievais son as que maior valor histórico, sociolóxico e lingüístico posúen, porque aportan datoshistóricos que as Crónicas medievais omiten, aparecen nelas descritos con realismo personaxes detodos os estamentos sociais, e a súa linguaxe reflicte mellor que ningunha outra composiciónmedieval a fala viva do pobo. Empregan de recursos literarios fundamentais: a IRONÍA e o XOGODE PALABRAS. Estas cantigas son o resultado da mestura dunha Cantiga satírica autóctona, de tradición oral,co SIRVENTÉS provenzal. No CONTIDO atopamos as grandes diferencias entre este grupo de cantigas e as vista ata agora.Os motivos esencias destas composicións son: a sátira moral, a persoal, a política e a literaria. Apesar de que Cantigas de Escarnio e Cantigas de maldicir constitúen un único xénero, en realidade
  5. 5. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESOdebemos diferenciar, pola forma en que se realiza a sátira, dous tipos de cantigas:-Cantigas de Escarnio: utilizan palabras encubertas ou de dobre interpretación (dobres sentidos,eufemismos...)-Cantigas de Maldicir: utilizan palabras directas, chamando ás cousas polo seu nome. Estas son asmáis frecuentes nos nosos Cancioneiros. 4. Os chamados xéneros menores: Pastorela, Tenzón e Pranto. Co nome de Xéneros menores ou Híbridos clasifícanse normalmente un número de cantigas quenon é posible situar nalgún dos tres grandes grupos (amigo, amor, satíricas). A Pastorela: Na lírica provenzal existía un tipo de cantigas que comezaba co encontro duncabaleiro cunha pastora, seguía co diálogo que sostiñan ambos, no que o cabaleiro solicitaba osfavores da moza, e remataba coa aceptación ou o rexeitamento por parte dela. A Lírica MedievalGalega adaptou este tipo de composicións provenzais que se coñecen co nome de Pastorelas, e ,posteriormente, estas pasaron da Lírica Galega á Lírica Castelá co nome de "serranillas". A Tenzón: Cantiga de carácter dialogado onde un dos interlocutores fala nunha estrofa e o outrona seguinte. Normalmente o seu tema é satírico, de aí que acostumen ser incluídas como subxénerodas Cantigas de Escarnio e Maldicir, poi encerraban unha disputa entre dous trobadores ou xograres. O pranto: É unha composición na que o poeta canta as virtudes dun personaxe morto. 5. As Cantigas de Santa María (Cancioneiro relixioso) A partir do S. XI medra grandemente o culto á Virxe, polo que en toda Europa Occidentalesténdese unha tradición mariana. A esta tradición pertence o Cancioneiro Relixioso da LiteraturaGalega Medieval, que posúe 427 cantigas en honor da Virxe María. As cantigas fóronse elaborando ao longo da vida de Afonso X, autor de moitos dos cantares dodevandito Cancioneiro así como das súas músicas. El foi o promotor da compilación. Podemos diferenciar no conxunto dous tipos de cantigas:-Líricas: cantigas de louvanza á Virxe, que imitan o modelo das Cantigas de Amor profanas., pois aVirxe é a "dona" a quen ama o poeta.-Narrativas: son cantigas que narran os milagres da Virxe. Presentan un personaxe devoto da Virxeque peca e pide a súa axuda. A Virxe obra o milagre e, finalmente, prodúcese o agradecemento e alouvanza á Virxe. 6. A prosa medieval A inicial ausencia de prosa en calquera lingua románica, non só no galego, débese inicialmente aoemprego do latín, considerado como único vehículo da cultura . O peculiar do caso galego é que olatin fose substituído polo castelán e non pola lingua propia do país no momento en que os restantesromances substituirán ao latín (fins da Idade Media). A maior parte dos textos narrativos medievais son traducións ao galego de textos procedentesdoutras culturas, algo moi común nas literaturas europeas da época. Podemos dividir a nosa prosa medieval en dous grandes grupos:-Historiaografía: Son textos de carácter histórico con fins propagandísticos ao servicio dasmonarquías. Introducen elementos lendarios que os asemellan á prosa de ficción.  Crónica Galega de 1404  Crónica de Santa María de Iria (segunda metade s.XV).  Crónica Xeral Galega-Prosa de ficción:  MATERIA DE BRETAÑA ou CICLO ARTÚRICO está centrada na tradición de relatos cabaleirescos de enorme difusión na Idade Media arredor da figura do rei Artur, os cabaleiros da táboa redonda, a busca do Santo Graal. A obra galega medieval que recolle esta temática é a Demanda do Santo Graal.  MATERIA DE TROIA narra a Guerra de Troia, cantada no grego clásico por Homero. A prosa medieval galega posúe dúas obras en torno a esta temática: Crónica Troiana e Historia Troiana. -Haxiografía:  Miragres de Santiago (s. XV).

×