SlideShare a Scribd company logo
1 of 61
TEMA 2
AS REVOLUCIÓNS
   BURGUESAS
O LIBERALISMO


    INTRODUCIÓN
●   Liberalismo: é unha ideoloxía e unha práctica política e
    económica que defende a liberdade como principio básico
    de todas as actividades humanas.
●   Xurdiu a finais do século XVIII.
●   As revolucións burguesas trataron de eliminar o Antigo
    Réxime.
●   Europa e América víronse afectadas por estes procesos
    revolucionarios entre finais do século XVIII e inicios do XIX.
O LIBERALISMO
    PRINCIPIOS BÁSICOS
●   Individuo: o interese individual está por riba de calquera grupo ou clase.
●   Dereitos e liberdades individuais inalienables como o dereito á vida, opinión, reunión,
    relixión...que toda sociedade debe protexer.
●   Liberdade de mercado: a actividade económica debe organizarse entre compradores e
    vendedores sen que interveña o Estado.
●   Propiedade individual protexida e garantida pola lei.
●   Igualdade xurídica de todas as persoas ante a lei, eliminando os privilexios legais.
●   Participación política de todos os cidadáns elexindo aos seus representantes (dereito de
    voto ou sufraxio).
●   Soberanía nacional: o poder reside na nación, formada polos cidadáns dun país. O exercicio
    da soberanía corresponde ás autoridades e institucións elixidas polos cidadáns.
●   Separación de poderes: executivo (Goberno), lexislativo (Parlamento), Xudicial (Tribunais).
●   Constitución: lei suprema na que se recollen dereitos, liberdades e bases do réxime político
    existente nun país.
●   Estado de dereito: sometemento de todas as institucións ás leis e responsabilidade xurídica
    das autoridades ante os tribunais.
O LIBERALISMO

    TENDENCIAS:
●   Liberalismo doutrinario ou
    conservador: só tiñan dereito á
    participación     política     os
    cidadáns que posuían un certo
    nivel de riqueza ou cultura
    (sufraxio censatario/restrinxido)
●   Liberalismo democrático ou
    progresista:      participación
    política de todos os cidadáns
    maiores de idade (sufraxio
    universal masculino), base da
    democracia.
●   Os liberais, da tendencia que
    fose, excluían ás mulleres do
    dereito ao voto.
INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU
    CAUSAS
●   Desde comezos do séc. XVII a costa leste de América do Norte foi
    ocupada por colonos ingleses (13 colonias): comerciantes e
    perseguidos por razóns políticas ou relixiosas.
●   Tiñan certo autogoberno, limitado polas leis que lles obrigaban a
    comerciar obrigatoriamente coa metrópole (Inglaterra).
●   O Parlamento inglés aumentou a partir de 1763 os impostos ás
    colonias para recuperarse dos gastos que tivera na Guerra dos Sete
    Anos contra Francia e España.
●   Os colonos opuxéronse á suba e a metrópole castigou aos rebeldes.
●   Durante o XVIII acadaran unha gran prosperidade económica pero
    carecían de representantes políticos no Parlamento de Londres.
●   As ideas ilustradas de igualdade e liberadade fóronse extendendo.
      A IDEA DE INDEPENDENCIA DA METRÓPOLE FOI GAÑANDO PARTIDARIOS
INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU
     GUERRA DE INDEPENDENCIA
●    Precedente: Motín do té de Boston
     (1773).
●    1775:    Primeiros    enfrontamentos
     entre a metrópole e as colonias.
●    Cada colonia converteuse nun
     Estado     con    goberno, leis e
     constitución propia.
●    Virxinia                       (1776):
      Primeira declaración de dereitos
     (contiña principios liberais)
●    Declaración de Independencia
     (Filadelfia) (4 de xullo de 1776)
     redactada por Thomas Jefferson:
     Nacen os EE.UU.
●    Guerra longa onde España e Francia
     apoiaron aos rebeldes.
●    1783: Inglaterra asina a paz (Paz de
     Versalles) e recoñece aos EE.UU.
     Nace un novo país.
INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU
    NOVO MODELO POLÍTICO
●   Cada colonia converteuse nun Estado.
●   Seguían os principios liberais (soberanía popular, separación de
    poderes) e dereitos (liberade de expresión, reunión, igualdade
    ante a lei, xuízo por xurado).
●   Diferenzas entre eles: nos estados do sur o dereito ao voto era
    moi restrinxido.
●   1787: Creación dunha REPÚBLICA FEDERAL na que cada
    Estado conservaba parte da súa soberanía, pero cedía
    competencias ao goberno federal dirixido por un presidente.
●   1787: Constitución dos Estados Unidos.
●   1789: Emendas á constitución relacionadas coa protección dos
    dereitos e liberdades fundamentais que teñen o carácter de
    Declaración de dereitos.
●   1789: George Washington é elixido o primeiro presidente dos
    Estados Unidos de América.
●   EE.UU foron as primeiras colonias que se independizaron da súa
    metrópole e o primeiro país onde se estableceu un réxime
    político baseado nos principios liberais.
●   Como modelo a imitar, abriron a era das revolucións que lle
    afectaron a Europa e á América española.
INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN
             EE.UU


                                     Primeria bandeira dos EE.UU



  George Washington




Declaración de Independencia   Constitución EE.UU 1787
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
                      1789-1815

    REVOLUCIÓN FRANCESA

    CAUSAS:
●   Creba financeira da monarquía francesa: grandes débedas e gastos do Estado.
●   Tensión social: todos os estamentos esixían cambios, especialmente a burguesía.
●   Crise económica: anos de malas colleitas e suba de produtos básicos.
●   O Goberno de Luis XVI era incapaz de soluciónar os problemas.
●   Difusión das ideas ilustradas e impacto da revolución en EE.UU



        Monarquía         República
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
                        1789-1815
    INICIO DA REVOLUCIÓN: 1789
    REVOLTA DOS PRIVILEXIADOS
●   Os privilexiados néganse a pagar impostos.
●   Luis XVI convoca os Estados Xerais: Asemblea de
    representantes dos tres estamentos.

    REUNIÓN DOS ESTADOS XERAIS
●   Redacción dos Cadernos de queixas.
●   Representantes do Terceiro Estado (maioría
    burgueses) esixen reunións conxuntas e voto por
    individuo non por estamento.                            Reunión Estados Xerais

    FORMACIÓN DA ASEMBLEA NACIONAL
●   Negativa dos privilexiados ás reunións conxuntas.
●   O Terceiro estado apoiado por representantes do
    baixo clero e baixa nobreza forman unha
    ASEMBLEA NACIONAL.
●   Asume a soberanía nacional e o poder lexislativo.
●   Obxectivos: transformar o réxime político e elaborar
    unha constitución con principios liberais (decisións
    revolucionarias).
                                                           Xuramento do Xogo da Pelota
●   Oposición do rei e dos privilexiados.
Cadernos de queixas

1. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha
excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas.
2. Que haxa unha única lei para todo o Reino
3. Supresión total das taxas e impostos
4. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición das
peaxes
5. Supresión de toda clase de décimo en especie
8. Que os dereitos das propiedades sexan sagrados e inviolables
9. Que se aplique a xustiza máis rapidamente e con menos parcialidade
10. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan
17. Que todos os curas estean obrigados a realizar todas as funcións do
seu ministerio sen esixir ningunha retribución. "

Campesiños de Guyancourt (preto de Versalles, aldea duns 600
habitantes en 1789).
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
1789-1815



                           INICIO DA REVOLUCIÓN: 1789
                           Movilización popular
                       ●   Protesta urbana
                           - Carestía do pan e alimentos básicos
                           - París: Asalto á Bastilla (14 de xullo),
                           símbolo da arbitrariedade do rei
                       ●   Revoltas antiseñoriais no campo
                           - Pretenden acabar co réxime señorial
                           - Medo a unha reacción nobiliar que paralice
                           as reformas
                           - Asalto a terras, pazos e castelos da
                           nobreza (Gran Peur)
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
                      1789-1815
MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792)
Desparece o poder absoluto do rei e a
Asemblea Nacional comeza a gobernar e a
lexislar. Medidas:
1ª- Abolición do réxime feudal (1789):
      –   eliminando impostos
      –   Suprimindo   os    dereitos     dos
            señores.




                                                            Inversión social que reclaman os revolucionarios




                   Sociedade francesa antes da Revolución
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
                       1789-1815

       A abolición do réxime feudal. Decreto do 4 de agosto de 1789

Artigo 1. A Asemblea Nacional suprime enteiramente o réxime feudal e decreta que os
dereitos e deberes, tanto feudais como censuais, os que se refiren á man morta real ou
persoal e á servidume persoal e os que representan, son abolidos sen indemnización, e todos
os demais declarados redimibles, e que o prezo e o modo da redención serán fixados pola
Asemblea Nacional (...).

Artigo 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización; pero, sen,
embargo, os oficiais destas xustizas continuarán as súas funcións ata que sexa provisto pola
Asemblea Nacional o establecemento dunha nova orde xudicial.

Artigo 5. Os décimos de calquera tipo e os censos a que desen lugar baixo calquera
denominación con que sexan coñecidos e percibido, mesmo por aboamento, posuídos polos
corpos regulares e seculares, como os seus beneficios, os edificios e todo tipo de mans mortas,
mesmo da orde de Malta e outras ordes relixiosas e militares..., serán abolidos (...).

Artigo 11. Todos os cidadáns, sen distinción de nacemento, poderán ser admitidos a todos os
empregos e dignidades eclesiásticas, civís e militares, e ningunha profesión útil reportará
deshonra.
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
                      1789-1815
    MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792)

    2ª- Declaración dos Dereitos
    do Home e do Cidadán
    (1789):
●   Recollía os dereitos que se
    debían garantir:
          –     liberdade,
          –     igualdade ante a lei
          –     propiedade individual.
●   Principio      da        soberanía
    nacional.
●   Dereito á participación dos
    cidadáns mediante a elección
    dos representantes.
●   Separación de poderes.
●   Resumindo: principios liberais.
A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
                      1789-1815
    MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792)

3ª- Primeira constitución francesa (1791)
“Artigo Primeiro. - A Soberanía é unha, indivisible, inalienable e impresciptible. Pertence á Nación; ningunha
sección do pobo nin ningún individuo pode atribuírse o seu exercicio.

2. A Nación, da que emanan todos os Poderes, non pode exercelos máis que por delegación. - A
Constitución francesa é representativa: os representantes son o Corpo lexislativo e o Rei.

3. O Poder lexislativo delégase nunha Asemblea Nacional composta por representantes temporais,
libremente elixidos polo pobo, para ser exercido por ela, coa sanción do Rei, do xeito que despois se
determinará.

4. O goberno é monárquico: o Poder executivo delégase no Rei, para ser exercido baixo a súa autoridade
polos ministros e outros axentes responsables, do xeito que despois se determinará.

5. O Poder judicical delégase nos xuíces elixidos de tempo en tempo polo pobo .”

Recolle os principios básicos do liberalismo:

●   Forma de Goberno: Monarquía constitucional.
●   Soberanía nacional
●   Recoñecemento de liberdades civís e políticas.
●   Separación de poderes
●   Sufraxio censatario.
PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA (1792)

     MOTIVOS



●   Oposición do rei e da nobreza ás reformas.
●   Conspiración do rei con Austria e Prusia (monarquías
    absolutas)
●   Guerra contrarrevolucionaria: Prusia e Austria invaden
    Francia (1792)
●   A Asemblea Nacional elexida por sufraxio universal
    proclama a República (abólese a monarquía).
1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA

    CONVENCIÓN (1792-1794)
●   Formación de diferentes grupos
    políticos entre os revolucionarios
    que      loitaban     polo    poder:
    Xirondinos, Xacobinos, “Llanura”.
●   Guerras cos países veciños.
●   Convención: sistema no que a
    Asemblea asumía todos os
    poderes do Estado e exercíaos a
    través de Comités.
●   Execución do rei Luís XVI e Maria
    Antonieta (1793).
●   Nova constitución 1793.
●   Ditadura de Robespierre (Terror):
           – Eliminar                aos
                  contrarrevolucionarios
           – Derrota das potencias
                  que invadiron Francia
1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA



    DIRECTORIO (1795-1799)
●   O poder executivo (Goberno)
    formado por cinco membros
    (directores)   escollidos pola
    cámaras          parlamentarias
    (lexislativo).
●   Fase moderada da revolución.
●   Nova Constitución 1795.
●   Guerras contra reinos veciños:
         –   Triunfos de Napoleón
               Bonaparte
         –   Extensión dos principios
               revolucionarios
1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA



    CONSULADO (1799-1804)
●   Golpe de Estado de Napoleón
    (1799) contando co apoio da
    burguesía moderada e do exército.
●   Goberna co título de cónsul.
●   Pacificou internamente Francia.
●   Centralización do Estado.
●   Reforma a educación e a xustiza.
●   Triunfos militares contra outros
    países.
1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO
      ●   1804: Napoleón proclamouse EMPERADOR.
      ●   Francia dominará unha gran parte de Europa.

    RASGOS DO IMPERIO:
●   Continuación da expansión militar e
    anexión de novos territorios (guerras
    napoleónicas).
           –   Vitorias sobre Austria, Rusia e
                  Prusia.
           –   Reorganización    do   mapa
                 europeo:      coloca    a
                 familiares á fronte dos
                 novos reinos.
           –   Difusión por Europa das ideas
                  revolucionarias.
           –   Pobos ocupados: estimulou
                 os            sentimentos
                 nacionalistas dos pobos
                 que se resistían aos
                 proxectos de Napoleón.
1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO

●   Enfrontamento con Inglaterra:
         –   Foi derrotado en Trafalgar (1805)
         –   Fracasou no bloqueo continental: intentaba colapsar a
               economía inglesa.
1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO
●   Fracaso nas invasións de España e Rusia.
          –   1808: Napoleón tentou conquistar Portugal (aliado de Inglaterra) atravesando
                 España.
          –   Crise na monarquía de Carlos IV.
          –   Napoleón destituíu aos Borbóns e nomeou rei de España ao seu irmán Xose I
                “Pepe Botella”.
          –   Iniciouse unha guerra de guerillas para expulsar aos franceses: Guerra da
                  Independencia (1808-1814)
          –   1812: Invasión de Rusia por parte de Napoleón.
          –   Ten que retirarse pola falta de abastecementos e o frío.
1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO
●   Fin do Imperio
         –   Formación dunha coalición antifrancesa: Inglaterra, Rusia, Suecia, Prusia e
               Austria.
         –   1814: Francia é invadida e Napoleón abdica.
         –   Exíliase na Illa de Elba.
         –   Restauración do Antigo Réxime en toda Europa.
         –   1815: Imperio dos Cen Días: Napoleón recupera o goberno.
         –   Batalla e derrota en Waterloo.
         –   Desterrado á illa de Santa Helena.
         –   1821 : falece.
GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA
    CARLOS IV E A CRISE DA
    MONARQUÍA ESPAÑOLA
●   Carlos IV (1788-1808)
●   Temor ao contaxio revolucionario de Francia.
●   Ambición de poder por parte de Manuel Godoy,
    home de confianza do rei → receos de Fernando,
    herdeiro da Coroa.
●   Relacións con Francia:
           –   Ata 1796: enfrontamento coa Francia
                  revolucionaria.
           –   Despois: alianza hispano-francesa contra
                 Inglaterra.
●   Abdicación de Carlos IV: 1808.
           –   Godoy permitélle a Napoleón atravesar
                 España.
           –   Motín de Aranjuez: contra Godoy por
                 parte dos partidarios do príncipe
                 Fernando. Carlos IV abdica no seu
                 fillo Fernando VII.
GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA
    GUERRA CONTRA NAPOLEÓN
●   Napoleón media no conflito
    familiar entre Carlos IV e
    Fernado VII
●   Abdicacións    de   Baiona
    (Francia): Cesión da Coroa
    de España a Napoleón e
    este nomea rei a seu irmán
    Xosé I.
●   A maioría da poboación
    española oponse á presenza
    francesa.
         –   Levantamento   do
               Dous de Maio de
               1808 en Madrid.
         –   Inicio da Guerra de
                Independencia.
GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA
●   Guerra de Independencia:
           –   Superioridade militar francesa e dominio
                 inicial.
           –   Guerra de guerrillas: grupos reducidos de
                 paisanos que sorprendían ao inimigo
                 (emboscadas), apoiados pola
                 poboación.
           –   O Empecinado ou Agustina de Aragón
                  foron algúns dos líderes.
           –   Os españois, axudados polos ingleses.
                  Expulsaron aos franceses en 1814.
●   Guerra en Galicia:
           –   Galicia foi ocupada en xaneiro de 1809:
                 expulsión dos ingleses: Batalla de
                 Elviña.
           –   Forte resistencia popular e guerrilleira:
                  Cachamuíña.
           –   Reconquista de Vigo e batalla de Ponte
                 Sampaio (xuño, 1809): os franceses
                 abandonan Galicia.
GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA
    CORTES DE CÁDIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812
●    Xosé I non foi aceptado como rei.
●    Nas cidades e vilas formáronse XUNTAS: institucións que asumiron a
     soberanía e exerceron o goberno no seu territorio.
●    Xunta Suprema Central: coordinaba as Xuntas de toda España.
●    Convocatoria de Cortes extraordinarias:
      –   Reuníronse en Cádiz en 1810.
      –   Redacción da Constitución de Cádiz (1812): Primeira constitución
          da Hª de España.
      –   Recollía principios liberais:
           ●   Soberanía nacional.
           ●   División de poderes.
           ●   Dereitos e liberdades individuais.
           ●   Sufraxio universal masculino indirecto.
           ●   Forma de goberno: monarquía.
           ●   Relixión oficial: catolicismo.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
Conxunto de cambios e innovacións técnicas e económicas que tiveron lugar dende
mediados do XVIII e que transformaron o mundo agrario e a produción de
manufacturas. Iniciáronse en Inglaterra e esténdéronse no XIX ao resto do mundo.

      REVOLUCIÓN AGRARIA: CARACTERÍSTICAS

 ●   Novo sistema de cultivo: Sistema
     Norfolk
       –   Introdución da rotación de cultivos:
           tubérculos, plantas forraxeiras e
           cereal.
       –   Elimininación do barbeito
       –   Incremento da produción para a
           alimentación humana e animal.
       –   Aumento da produtividade das
           terras: fertilizante de esterco.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL

    REVOLUCIÓN AGRARIA
●   Renovación técnica:
      –   Mellora da ferramenta (ferro).
      –   Novos arados.
      –   Novos aparellos mecánicos
          para sementar, mallar e segar.
      –   Introdución da máquina de
          vapor no XIX que substitúe o
          esforzo humano e animal.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    REVOLUCIÓN AGRARIA
●   Especialización agraria e incremento dos rendementos.
        –   Antes: agricultura destinada ao autoconsumo.
        –   Revolución agraria: especializada e destinada á venda.
        –   Aumento dos rendementos e, polo tanto, da produción: emprego de
            máquinas, novos sistemas de cultivo, fertilizantes, selección de
            sementes, extensión do regadío.
        –   A poboación aumenta porque contaba con maiores recursos alimenticios
            e diminúen a mortalidade catastrófica (Revolución demográfica).
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    REVOLUCIÓN AGRARIA
●   Cambios no réxime de propiedade
    da terra:
     –   As terras comunais (de orixe medieval)
         convertéronse en propiedade privada
         individual.
     –   Eliminación das trabas e cargas fiscais
         de orixe feudal.
     –   INGLATERRA: Enclosures Acts (leis
         de cercamentos)
          ●   Terra comunais e baldías pasaron
              a ser de propiedade individual e
              explotadas para obter un beneficio
              económico.
          ●   Os campesiños non propietarios
              (beneficiábanse delas) tiveron que
              emigrar ás cidades ou convertirse
              en xornaleiros.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
      REVOLUCIÓN AGRARIA
 ●    Cambio na mentalidade dos propietarios agrícolas (nobres):
              –   Antigo Réxime: mentalidade rendista (vivir das rendas pagadas polo
                     campesiñado arrendatario das terras): non inversión nin melloras no campo.
              –   Revolución agraria: A terra é vista como unha fonte de beneficios (visión
                    capitalista) que podían ser investidos na mesma, na industria ou no
                    comercio.


     Antes
                                                                                              Despois
TERRATENENTES
INGLESES:

- Landlords
- Gentry.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
●   Concepto: Revolución Industrial: Conxunto de transformacións
    técnicas, económicas e sociais que tiveron lugar no sistema de
    produción de mercadorías a partir de mediados do século XVIII.
●   RASGOS XERAIS:
         –   A máquina substitúe ó traballo manual
         –   A fábrica despraza o taller.
         –   O artesán transfórmase en obreiro asalariado.
         –   A cidade, onde se sitúan as industrias, domina o campo.


    INICIO DUNHA NOVA ÉPOCA: MUNDO ACTUAL
    TRANSFORMACIÓNS REVOLUCIONARIAS
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


    ORIXE
●   Aparición: Inglaterra. Mediados do XVIII
●   Cronoloxía: 1750 -1860/70.
●   Expansión ao resto do mundo: século XIX.
    CARACTERÍSTICAS
●   Invención de máquinas especializadas:
    mecanizacióndas tarefas produtivas.

●   Emprego da enerxía do vapor como forza

    motriz → Invención da máquina de vapor

    por James Watt (1769).

●   Carbón: fonte de enerxía calorífica para a

    máquina de vapor.
EXPANSIÓN DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
●   Instalación de fábricas: unidades
    de produción nas que se
    concentran       máquinas        e
    traballadores    asalariados   →
    Sistema fabril (factory system).
     –   Substitúe á manufactura.
     –   Substitúe    ao    domestic
         system: sistema de produción
         a domicilio.


●   Sectores punteiros → os que
    primeiro se mecanizaron:
     –   Industria téxtil.
     –   Industria siderometalúrxica.
     –   Ferrocarril.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
●   Industria téxtil do algodón:
     –   No Antigo Réxime: lá e liño.
     –   No XVIII aumentou en Europa a
         demanda de tecidos de algodón
         de procedencia oriental
     –   Talleres en Inglaterra comezaron
         a fiar e tecer algodón que
         procedía das colonias.
     –   Introdución     de   innovacións
         técnicas     (máquinas)    neses
         talleres no proceso de fiado e do
         tecido.
     –   Aumento dos beneficios.
     –   O algodón despraza á lá.
     –   Os talleres son substituídos por
         fábricas: maquínas/asalariados.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
●   Industria siderometalúrxica.
    –   No Antigo Réxime produción
        escasa de ferro → fundición
        empregando madeira.
                                        Fundición
    –   No XVIII: incremento da
        demanda de ferro para
        ferramentas e máquinas.
    –   Carbón: fonte calorífica para
        fundir o ferro.
    –   Fundición nos altos fornos.
    –   Transformación nos talleres
        mecánicos.




        Máquinas nunha fábrica téxtil
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
    A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
●   Ferrocarril:
    –   Novo medio de transporte.
    –   Stephenson aplícalle á
        locomotora a máquina de
        vapor (1825).
    –   1830: Primeira liña de
        pasaxeiros entre Liverpool e
        Manchester.
    –   Estimula o comercio, a
        industria siderúrxica, o
        transporte,...e reduce o tempo
        nas comunicacións.
    –   Ferrocarril= símbolo de
        progreso.
A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
FERROCARRIL: REVOLUCIÓN NOS TRANSPORTES
FERROCARRIL: REDUCIÓN DO TEMPO DAS VIAXES
O CAPITALISMO E A SOCIEDADE DE CLASES

                     TRANSFORMACIÓNS
                  (FINAIS S.XVIII-PRINC. XIX)




     ECONÓMICAS            SOCIAIS               POLÍTICAS




                         ORIXINARON



 NOVO SISTEMA ECONÓMICO:                   NOVO MODELO SOCIAL:
       CAPITALISMO                         SOCIEDADE DE CLASES
O CAPITALISMO
●   Sistema económico xurdido en Europa occidental a finais do século XVIII
●   Teóricos: Adam Smith, Thomas R. Malthus e David Ricardo.
●   Con modificacións, perdura ata a actualidade.

    TRAZOS BÁSICOS:
●   O capital (terras, fábricas, diñeiro,...) é o factor básico para investir, aumentar a
    produción e obter beneficios.
●   A liberdade económica debe ser total, sen intervención do Estado (liberdade
    de prezo, salarios,...). O mercado debe regularse pola lei de oferta e demanda.
●   Propiedade privada dos medios de produción e dos bens producidos protexida
    pola lei.
●   Man de obra formada por traballadores asalariados: O traballo considérase
    unha mercadoría máis. Os obreiros venden a súa forza de traballo a cambio dun
    salario.
●   A división do traballo permite aumentar a produción xa que os obreiros se
    especializan nunha determinada función.
O CAPITALISMO
●   Búsqueda do máximo beneficio. Factor de estímulo.
●   Riqueza individual como criterio de organización social (non o nacemento
    como pasaba no A.R): Os individuos ocupan un lugar na sociedade en función
    da súa riqueza. Posibilidade de movilidade social en función do esforzo persoal
    ou o éxito nos negocios.
●   Desigualdade, dependencia e explotación dos que non posúen bens ou
    medios de producción: ex: explotación dos obreiros por parte dos propietarios
    das fábricas.
●   Actividades económicas suxeitas a flutuacións e crises cíclicas:
          –   Recesión: períodos de crecemento lento da economía.
          –   Depresión: crecemento negativo
          –   Expansión: crecemento económico rápido.
          –   Crises graves: peche de empresas, desemprego, caída dos
                 beneficios.
SOCIEDADE DE CLASES
●   A revolución liberal eliminou os criterios de organización social característicos do Antigo Réxime
    baseados no:
           –   Privilexio herdado por razón de nacemento: nobreza.
           –   Privilexio adquirido: clero.
           –   Sociedade estamental (estamentos): movilidade social moi ríxida.
●   Nova sociedade organizada en clases sociais: grupos diferenciados pola súa riqueza.
    CARACTERÍSTICAS:
    CARACTERÍSTICAS
●   Igualdade xurídica dos seus membros: Todos os cidadáns son iguais ante a lei, non privilexios.
●   Riqueza: criterio de diferenciación social.
●   Desigualdade económica: minoría que acumula grandes riquezas e maioría que vive dun salario.
●   Dinamismo social: posibilidades de ascenso e descenso na escala social.
●   Protagonismo da burguesía e do proletariado. Nobreza e clero perden a influencia e o poder.
NUNHA SOCIEDADE DE CLASES NON SÓ HAI DOUS GRUPOS, É ALGO MÁIS
COMPLEXO...
A BURGUESÍA, CLASE DOMINANTE
●   Principal impulsora dos cambios políticos e económicos→Revolucións
●   Gran beneficiada dos cambios→converteuse no grupo social dominante:
          –   Dominio económico:
                    ●   Acumulaba capitais procedentes da agricultura, industria,
                          comercio, finanzas.
                    ●   Investía capitais para obter maiores beneficios.
                    ●   Controlaba o mercado
                    ●   Establece prezos de mercado.
                    ●   Fixa os salarios.
          –   Dominio político-ideolóxico:
                    ●   A lexislación establecida polo novo réxime liberal favorecía os
                          seus intereses: control do Estado, dereito exclusivo de voto
                          (sufraxio censatario), protección da propiedade privada,
                          liberdade de mercado.
                    ●   Impuxo a súa mentalidade e gustos burgueses: novos costumes,
                          modas, diversións...
●   Diferenzas:
          –   Alta burguesía: grandes industriais, comerciantes e banqueiros.
          –   Baixa ou pequena burguesía: pequenos comerciantes e profesionais
                liberais
O NACEMENTO DO PROLETARIADO
●   Xurde a consecuencia da industrialización e das reformas agrarias.
●   Composto polos traballadores das fábricas e os xornaleiros do campo.
●   Venden a súa forza de traballo a cambio dun salario.
●   Orixe nas masas campesiñas que emigran ás cidades para traballar nas industrias debido a:
           –   Mecanización do campo.
           –   Cambios na propiedade da terra.
           –   Crecemento demográfico.
●   Duras condicións laborais:
           –   Non existía lexislación laboral.
           –   Man de obra abundante.
           –   Longas xornada de traballo: 12-15 horas.
           –   Salarios moi baixos: toda a familia traballaba, tamén mulleres e nenos
           –   Condicións de traballo: mínimas condicións hixiénicas e de seguridade → enfermidades.
           –   Códigos de disciplina ríxidos e severos: multas por falar ou asubiar, malos tratos.
●   Paulatina toma de conciencia de clase polas condicións de vida e de traballo → movemento de
    reivindicación de melloras e cambios.
ARTE
  RENACEMENTO: XV-XVI


   BARROCO: XVII-XVIII


NEOCLASICISMO
   FINS XVIII
NEOCLASICISMO
●   Artistas imitan a arte grega e
    romana.
●   Descubrimento      das     ruínas   de
    Pompeia.
●   París: centro artístico.
●   ARQUITECTURA:                             Museo del Prado
                                                Villanueva
     –   Arcos de medio punto.
     –   Frontóns.
     –   Grandes cúpulas.
     –   Ordes clásicas.
     –   Artistas/arquitectos:   Soufflot
         (Francia), Villanueva (España),
         Schinkel        e     Langhans
         (Alemaña).

                                             Porta de Brandeburgo
                                                   Langhans
NEOCLASICISMO
     ESCULTURA
●    Esculturas   que    se
     inspiran nas formas e
     no     canon    greco-
     romano.
●    Temas mitolóxicos.
●    Escultores: Canova e
     Thorwaldsen



                              Teseo e o Minotauro   Amor e Psyche
                                   Cánova             Cánova




                               Paulina Bonaparte
                                    Cánova



    Xáson co vélaro de ouro
        Thorwaldsen
NEOCLASICISMO
    PINTURA
●   Predominio dos
    temas históricos
●   Dominio do
    debuxo sobre a
    cor
●   Composicións
                           A morte de Marat          O xuramento dos Horacios
    equilibradas
                                David                         David
●   Luces planas
●   Pintores: Ingres,
    David, Madrazo,
    Mengs



                                   A gran odalisca
                                       Ingres
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)

●   Un dos grandes xenios da pintura universal.
●   Non se pode encadrar nun estilo determinado.
●   Innovador e renovador da pintura.
●   Serviu de referente a varios movementos pictóricos posteriores.
●   A súa obra é extensa e variada:
                                                                            Autorretrato, 1815
          –   Cartóns para tapices: esceas costumbristas, estética neoclásica.
          –   Retratos: foi pintor de cámara de Carlos IV.
          –   Cadros de tema histórico: invasión napoleónica.
          –   Pinturas negras: cambio de estética provocada por unha enfermidade
                 que o deixou xordo. Cores escuras, fondos neutros, expresionismo
                 na luz, temas macabros.
          –   Precursor do impresionismo: exilio en Francia polas súas ideas
                liberais.
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
CARTÓNS PARA TAPICES




                            A pita cega
       O parasol




     A vendima                     A nevada
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
RETRATOS




  Jovellanos                A familia de Carlos IV




  A maja vestida     A maja espida
                                                     Duquesa de Alba
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
CADROS DE TEMA HISTÓRICO




    A carga dos mamelucos   Os fusilamentos do 3 de maio
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
DESASTRES DA GUERRA
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
PINTURAS NEGRAS




  Dous vellos comendo sopas
                                Saturno devorando a un fillo




         Aquelarre

                              Loita a garrotazos
FRANCISCO DE GOYA (1746-1828)
EXILIO EN FRANCIA




                    A leiteira de Burdeos
FIN

More Related Content

What's hot

LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)
LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)
LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)
onamenorca
 
Tema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo Régimen
Tema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo RégimenTema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo Régimen
Tema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo Régimen
Atham
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
rubempaul
 
Revolución francesa (4ºESO)
Revolución francesa (4ºESO)Revolución francesa (4ºESO)
Revolución francesa (4ºESO)
Geohistoria23
 
El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)
artesonado
 

What's hot (20)

LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)
LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)
LA CONFIGURACIÓ DE L'ESTAT LIBERAL (1833-1874)
 
Revolución francesa
Revolución francesaRevolución francesa
Revolución francesa
 
Brasil: Período Regencial (1831 - 1840)
Brasil: Período Regencial (1831 - 1840)Brasil: Período Regencial (1831 - 1840)
Brasil: Período Regencial (1831 - 1840)
 
Tema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo Régimen
Tema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo RégimenTema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo Régimen
Tema 1 El s. XVIII: La crisis del Antiguo Régimen
 
Siglo xix españa
Siglo xix españaSiglo xix españa
Siglo xix españa
 
El reinado de Alfonso XIII
El reinado de Alfonso XIIIEl reinado de Alfonso XIII
El reinado de Alfonso XIII
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
El reinado de Isabel II (1833-1868)
El reinado de Isabel II (1833-1868)El reinado de Isabel II (1833-1868)
El reinado de Isabel II (1833-1868)
 
Revolución francesa (4ºESO)
Revolución francesa (4ºESO)Revolución francesa (4ºESO)
Revolución francesa (4ºESO)
 
La revolucion rusa
La revolucion rusaLa revolucion rusa
La revolucion rusa
 
La dictadura de primo de rivera resumen (1)
La dictadura de primo de rivera resumen (1)La dictadura de primo de rivera resumen (1)
La dictadura de primo de rivera resumen (1)
 
Auge del Imperio del siglo XVI
Auge del Imperio del siglo XVIAuge del Imperio del siglo XVI
Auge del Imperio del siglo XVI
 
01 5 crisi antic regim 1788 1833 ferran vii absolutisme
01 5 crisi antic regim 1788 1833 ferran vii absolutisme01 5 crisi antic regim 1788 1833 ferran vii absolutisme
01 5 crisi antic regim 1788 1833 ferran vii absolutisme
 
Vocabulario de Historia de España. Siglo XVIII y Siglo XIX. Curso 2017 2018
Vocabulario de Historia de España. Siglo XVIII y Siglo XIX. Curso 2017 2018Vocabulario de Historia de España. Siglo XVIII y Siglo XIX. Curso 2017 2018
Vocabulario de Historia de España. Siglo XVIII y Siglo XIX. Curso 2017 2018
 
España en el siglo XIX
España en el siglo XIXEspaña en el siglo XIX
España en el siglo XIX
 
3. ideologier
3. ideologier3. ideologier
3. ideologier
 
Unit 1. the 18th century. the ancien regime in crisis
Unit 1. the 18th century. the ancien regime in crisisUnit 1. the 18th century. the ancien regime in crisis
Unit 1. the 18th century. the ancien regime in crisis
 
Second republic and Spanish civil war (1931-1939)
Second republic and Spanish civil war (1931-1939)Second republic and Spanish civil war (1931-1939)
Second republic and Spanish civil war (1931-1939)
 
Antiguo regimen
Antiguo regimenAntiguo regimen
Antiguo regimen
 
El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)El reinado de Alfonso XIII (I)
El reinado de Alfonso XIII (I)
 

Viewers also liked

Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solarTema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
rubempaul
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
rubempaul
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
rubempaul
 
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
rubempaul
 

Viewers also liked (16)

Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solarTema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
 
Buscar información no Padrón do INE
Buscar información no Padrón do INEBuscar información no Padrón do INE
Buscar información no Padrón do INE
 
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVII
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
Tema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de EspañaTema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de España
 
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de SantiagoCultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
Cultura e arte na Europa feudal. O camiño de Santiago
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus O islam e Al-andalus
O islam e Al-andalus
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de AméricaOs grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
Os grandes descubrimentos xeográficos: Conquista e colonización de América
 
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barroco
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 

Similar to Tema 2 As revolucións burguesas

Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
Humberto Martínez
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
aialo1
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
David
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
juan garcia coto
 

Similar to Tema 2 As revolucións burguesas (20)

Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 

More from rubempaul

2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

Tema 2 As revolucións burguesas

  • 2. O LIBERALISMO INTRODUCIÓN ● Liberalismo: é unha ideoloxía e unha práctica política e económica que defende a liberdade como principio básico de todas as actividades humanas. ● Xurdiu a finais do século XVIII. ● As revolucións burguesas trataron de eliminar o Antigo Réxime. ● Europa e América víronse afectadas por estes procesos revolucionarios entre finais do século XVIII e inicios do XIX.
  • 3. O LIBERALISMO PRINCIPIOS BÁSICOS ● Individuo: o interese individual está por riba de calquera grupo ou clase. ● Dereitos e liberdades individuais inalienables como o dereito á vida, opinión, reunión, relixión...que toda sociedade debe protexer. ● Liberdade de mercado: a actividade económica debe organizarse entre compradores e vendedores sen que interveña o Estado. ● Propiedade individual protexida e garantida pola lei. ● Igualdade xurídica de todas as persoas ante a lei, eliminando os privilexios legais. ● Participación política de todos os cidadáns elexindo aos seus representantes (dereito de voto ou sufraxio). ● Soberanía nacional: o poder reside na nación, formada polos cidadáns dun país. O exercicio da soberanía corresponde ás autoridades e institucións elixidas polos cidadáns. ● Separación de poderes: executivo (Goberno), lexislativo (Parlamento), Xudicial (Tribunais). ● Constitución: lei suprema na que se recollen dereitos, liberdades e bases do réxime político existente nun país. ● Estado de dereito: sometemento de todas as institucións ás leis e responsabilidade xurídica das autoridades ante os tribunais.
  • 4. O LIBERALISMO TENDENCIAS: ● Liberalismo doutrinario ou conservador: só tiñan dereito á participación política os cidadáns que posuían un certo nivel de riqueza ou cultura (sufraxio censatario/restrinxido) ● Liberalismo democrático ou progresista: participación política de todos os cidadáns maiores de idade (sufraxio universal masculino), base da democracia. ● Os liberais, da tendencia que fose, excluían ás mulleres do dereito ao voto.
  • 5. INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU CAUSAS ● Desde comezos do séc. XVII a costa leste de América do Norte foi ocupada por colonos ingleses (13 colonias): comerciantes e perseguidos por razóns políticas ou relixiosas. ● Tiñan certo autogoberno, limitado polas leis que lles obrigaban a comerciar obrigatoriamente coa metrópole (Inglaterra). ● O Parlamento inglés aumentou a partir de 1763 os impostos ás colonias para recuperarse dos gastos que tivera na Guerra dos Sete Anos contra Francia e España. ● Os colonos opuxéronse á suba e a metrópole castigou aos rebeldes. ● Durante o XVIII acadaran unha gran prosperidade económica pero carecían de representantes políticos no Parlamento de Londres. ● As ideas ilustradas de igualdade e liberadade fóronse extendendo. A IDEA DE INDEPENDENCIA DA METRÓPOLE FOI GAÑANDO PARTIDARIOS
  • 6. INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU GUERRA DE INDEPENDENCIA ● Precedente: Motín do té de Boston (1773). ● 1775: Primeiros enfrontamentos entre a metrópole e as colonias. ● Cada colonia converteuse nun Estado con goberno, leis e constitución propia. ● Virxinia (1776): Primeira declaración de dereitos (contiña principios liberais) ● Declaración de Independencia (Filadelfia) (4 de xullo de 1776) redactada por Thomas Jefferson: Nacen os EE.UU. ● Guerra longa onde España e Francia apoiaron aos rebeldes. ● 1783: Inglaterra asina a paz (Paz de Versalles) e recoñece aos EE.UU. Nace un novo país.
  • 7. INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU NOVO MODELO POLÍTICO ● Cada colonia converteuse nun Estado. ● Seguían os principios liberais (soberanía popular, separación de poderes) e dereitos (liberade de expresión, reunión, igualdade ante a lei, xuízo por xurado). ● Diferenzas entre eles: nos estados do sur o dereito ao voto era moi restrinxido. ● 1787: Creación dunha REPÚBLICA FEDERAL na que cada Estado conservaba parte da súa soberanía, pero cedía competencias ao goberno federal dirixido por un presidente. ● 1787: Constitución dos Estados Unidos. ● 1789: Emendas á constitución relacionadas coa protección dos dereitos e liberdades fundamentais que teñen o carácter de Declaración de dereitos. ● 1789: George Washington é elixido o primeiro presidente dos Estados Unidos de América. ● EE.UU foron as primeiras colonias que se independizaron da súa metrópole e o primeiro país onde se estableceu un réxime político baseado nos principios liberais. ● Como modelo a imitar, abriron a era das revolucións que lle afectaron a Europa e á América española.
  • 8. INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU Primeria bandeira dos EE.UU George Washington Declaración de Independencia Constitución EE.UU 1787
  • 9. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 REVOLUCIÓN FRANCESA CAUSAS: ● Creba financeira da monarquía francesa: grandes débedas e gastos do Estado. ● Tensión social: todos os estamentos esixían cambios, especialmente a burguesía. ● Crise económica: anos de malas colleitas e suba de produtos básicos. ● O Goberno de Luis XVI era incapaz de soluciónar os problemas. ● Difusión das ideas ilustradas e impacto da revolución en EE.UU Monarquía República
  • 10. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 INICIO DA REVOLUCIÓN: 1789 REVOLTA DOS PRIVILEXIADOS ● Os privilexiados néganse a pagar impostos. ● Luis XVI convoca os Estados Xerais: Asemblea de representantes dos tres estamentos. REUNIÓN DOS ESTADOS XERAIS ● Redacción dos Cadernos de queixas. ● Representantes do Terceiro Estado (maioría burgueses) esixen reunións conxuntas e voto por individuo non por estamento. Reunión Estados Xerais FORMACIÓN DA ASEMBLEA NACIONAL ● Negativa dos privilexiados ás reunións conxuntas. ● O Terceiro estado apoiado por representantes do baixo clero e baixa nobreza forman unha ASEMBLEA NACIONAL. ● Asume a soberanía nacional e o poder lexislativo. ● Obxectivos: transformar o réxime político e elaborar unha constitución con principios liberais (decisións revolucionarias). Xuramento do Xogo da Pelota ● Oposición do rei e dos privilexiados.
  • 11. Cadernos de queixas 1. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas. 2. Que haxa unha única lei para todo o Reino 3. Supresión total das taxas e impostos 4. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición das peaxes 5. Supresión de toda clase de décimo en especie 8. Que os dereitos das propiedades sexan sagrados e inviolables 9. Que se aplique a xustiza máis rapidamente e con menos parcialidade 10. Abolición total das corveas, sexan da clase que sexan 17. Que todos os curas estean obrigados a realizar todas as funcións do seu ministerio sen esixir ningunha retribución. " Campesiños de Guyancourt (preto de Versalles, aldea duns 600 habitantes en 1789).
  • 12. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 INICIO DA REVOLUCIÓN: 1789 Movilización popular ● Protesta urbana - Carestía do pan e alimentos básicos - París: Asalto á Bastilla (14 de xullo), símbolo da arbitrariedade do rei ● Revoltas antiseñoriais no campo - Pretenden acabar co réxime señorial - Medo a unha reacción nobiliar que paralice as reformas - Asalto a terras, pazos e castelos da nobreza (Gran Peur)
  • 13. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792) Desparece o poder absoluto do rei e a Asemblea Nacional comeza a gobernar e a lexislar. Medidas: 1ª- Abolición do réxime feudal (1789): – eliminando impostos – Suprimindo os dereitos dos señores. Inversión social que reclaman os revolucionarios Sociedade francesa antes da Revolución
  • 14. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 A abolición do réxime feudal. Decreto do 4 de agosto de 1789 Artigo 1. A Asemblea Nacional suprime enteiramente o réxime feudal e decreta que os dereitos e deberes, tanto feudais como censuais, os que se refiren á man morta real ou persoal e á servidume persoal e os que representan, son abolidos sen indemnización, e todos os demais declarados redimibles, e que o prezo e o modo da redención serán fixados pola Asemblea Nacional (...). Artigo 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización; pero, sen, embargo, os oficiais destas xustizas continuarán as súas funcións ata que sexa provisto pola Asemblea Nacional o establecemento dunha nova orde xudicial. Artigo 5. Os décimos de calquera tipo e os censos a que desen lugar baixo calquera denominación con que sexan coñecidos e percibido, mesmo por aboamento, posuídos polos corpos regulares e seculares, como os seus beneficios, os edificios e todo tipo de mans mortas, mesmo da orde de Malta e outras ordes relixiosas e militares..., serán abolidos (...). Artigo 11. Todos os cidadáns, sen distinción de nacemento, poderán ser admitidos a todos os empregos e dignidades eclesiásticas, civís e militares, e ningunha profesión útil reportará deshonra.
  • 15. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792) 2ª- Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789): ● Recollía os dereitos que se debían garantir: – liberdade, – igualdade ante a lei – propiedade individual. ● Principio da soberanía nacional. ● Dereito á participación dos cidadáns mediante a elección dos representantes. ● Separación de poderes. ● Resumindo: principios liberais.
  • 16. A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO 1789-1815 MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1789-1792) 3ª- Primeira constitución francesa (1791) “Artigo Primeiro. - A Soberanía é unha, indivisible, inalienable e impresciptible. Pertence á Nación; ningunha sección do pobo nin ningún individuo pode atribuírse o seu exercicio. 2. A Nación, da que emanan todos os Poderes, non pode exercelos máis que por delegación. - A Constitución francesa é representativa: os representantes son o Corpo lexislativo e o Rei. 3. O Poder lexislativo delégase nunha Asemblea Nacional composta por representantes temporais, libremente elixidos polo pobo, para ser exercido por ela, coa sanción do Rei, do xeito que despois se determinará. 4. O goberno é monárquico: o Poder executivo delégase no Rei, para ser exercido baixo a súa autoridade polos ministros e outros axentes responsables, do xeito que despois se determinará. 5. O Poder judicical delégase nos xuíces elixidos de tempo en tempo polo pobo .” Recolle os principios básicos do liberalismo: ● Forma de Goberno: Monarquía constitucional. ● Soberanía nacional ● Recoñecemento de liberdades civís e políticas. ● Separación de poderes ● Sufraxio censatario.
  • 17. PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA (1792) MOTIVOS ● Oposición do rei e da nobreza ás reformas. ● Conspiración do rei con Austria e Prusia (monarquías absolutas) ● Guerra contrarrevolucionaria: Prusia e Austria invaden Francia (1792) ● A Asemblea Nacional elexida por sufraxio universal proclama a República (abólese a monarquía).
  • 18. 1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA CONVENCIÓN (1792-1794) ● Formación de diferentes grupos políticos entre os revolucionarios que loitaban polo poder: Xirondinos, Xacobinos, “Llanura”. ● Guerras cos países veciños. ● Convención: sistema no que a Asemblea asumía todos os poderes do Estado e exercíaos a través de Comités. ● Execución do rei Luís XVI e Maria Antonieta (1793). ● Nova constitución 1793. ● Ditadura de Robespierre (Terror): – Eliminar aos contrarrevolucionarios – Derrota das potencias que invadiron Francia
  • 19. 1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA DIRECTORIO (1795-1799) ● O poder executivo (Goberno) formado por cinco membros (directores) escollidos pola cámaras parlamentarias (lexislativo). ● Fase moderada da revolución. ● Nova Constitución 1795. ● Guerras contra reinos veciños: – Triunfos de Napoleón Bonaparte – Extensión dos principios revolucionarios
  • 20. 1792-1804: PRIMEIRA REPÚBLICA FRANCESA CONSULADO (1799-1804) ● Golpe de Estado de Napoleón (1799) contando co apoio da burguesía moderada e do exército. ● Goberna co título de cónsul. ● Pacificou internamente Francia. ● Centralización do Estado. ● Reforma a educación e a xustiza. ● Triunfos militares contra outros países.
  • 21. 1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO ● 1804: Napoleón proclamouse EMPERADOR. ● Francia dominará unha gran parte de Europa. RASGOS DO IMPERIO: ● Continuación da expansión militar e anexión de novos territorios (guerras napoleónicas). – Vitorias sobre Austria, Rusia e Prusia. – Reorganización do mapa europeo: coloca a familiares á fronte dos novos reinos. – Difusión por Europa das ideas revolucionarias. – Pobos ocupados: estimulou os sentimentos nacionalistas dos pobos que se resistían aos proxectos de Napoleón.
  • 22. 1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO ● Enfrontamento con Inglaterra: – Foi derrotado en Trafalgar (1805) – Fracasou no bloqueo continental: intentaba colapsar a economía inglesa.
  • 23. 1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO ● Fracaso nas invasións de España e Rusia. – 1808: Napoleón tentou conquistar Portugal (aliado de Inglaterra) atravesando España. – Crise na monarquía de Carlos IV. – Napoleón destituíu aos Borbóns e nomeou rei de España ao seu irmán Xose I “Pepe Botella”. – Iniciouse unha guerra de guerillas para expulsar aos franceses: Guerra da Independencia (1808-1814) – 1812: Invasión de Rusia por parte de Napoleón. – Ten que retirarse pola falta de abastecementos e o frío.
  • 24. 1804-1815: IMPERIO NAPOLEÓNICO ● Fin do Imperio – Formación dunha coalición antifrancesa: Inglaterra, Rusia, Suecia, Prusia e Austria. – 1814: Francia é invadida e Napoleón abdica. – Exíliase na Illa de Elba. – Restauración do Antigo Réxime en toda Europa. – 1815: Imperio dos Cen Días: Napoleón recupera o goberno. – Batalla e derrota en Waterloo. – Desterrado á illa de Santa Helena. – 1821 : falece.
  • 25. GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA CARLOS IV E A CRISE DA MONARQUÍA ESPAÑOLA ● Carlos IV (1788-1808) ● Temor ao contaxio revolucionario de Francia. ● Ambición de poder por parte de Manuel Godoy, home de confianza do rei → receos de Fernando, herdeiro da Coroa. ● Relacións con Francia: – Ata 1796: enfrontamento coa Francia revolucionaria. – Despois: alianza hispano-francesa contra Inglaterra. ● Abdicación de Carlos IV: 1808. – Godoy permitélle a Napoleón atravesar España. – Motín de Aranjuez: contra Godoy por parte dos partidarios do príncipe Fernando. Carlos IV abdica no seu fillo Fernando VII.
  • 26. GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA GUERRA CONTRA NAPOLEÓN ● Napoleón media no conflito familiar entre Carlos IV e Fernado VII ● Abdicacións de Baiona (Francia): Cesión da Coroa de España a Napoleón e este nomea rei a seu irmán Xosé I. ● A maioría da poboación española oponse á presenza francesa. – Levantamento do Dous de Maio de 1808 en Madrid. – Inicio da Guerra de Independencia.
  • 27. GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA ● Guerra de Independencia: – Superioridade militar francesa e dominio inicial. – Guerra de guerrillas: grupos reducidos de paisanos que sorprendían ao inimigo (emboscadas), apoiados pola poboación. – O Empecinado ou Agustina de Aragón foron algúns dos líderes. – Os españois, axudados polos ingleses. Expulsaron aos franceses en 1814. ● Guerra en Galicia: – Galicia foi ocupada en xaneiro de 1809: expulsión dos ingleses: Batalla de Elviña. – Forte resistencia popular e guerrilleira: Cachamuíña. – Reconquista de Vigo e batalla de Ponte Sampaio (xuño, 1809): os franceses abandonan Galicia.
  • 28. GUERRA E REVOLUCIÓN LIBERAL EN ESPAÑA CORTES DE CÁDIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812 ● Xosé I non foi aceptado como rei. ● Nas cidades e vilas formáronse XUNTAS: institucións que asumiron a soberanía e exerceron o goberno no seu territorio. ● Xunta Suprema Central: coordinaba as Xuntas de toda España. ● Convocatoria de Cortes extraordinarias: – Reuníronse en Cádiz en 1810. – Redacción da Constitución de Cádiz (1812): Primeira constitución da Hª de España. – Recollía principios liberais: ● Soberanía nacional. ● División de poderes. ● Dereitos e liberdades individuais. ● Sufraxio universal masculino indirecto. ● Forma de goberno: monarquía. ● Relixión oficial: catolicismo.
  • 29. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL Conxunto de cambios e innovacións técnicas e económicas que tiveron lugar dende mediados do XVIII e que transformaron o mundo agrario e a produción de manufacturas. Iniciáronse en Inglaterra e esténdéronse no XIX ao resto do mundo. REVOLUCIÓN AGRARIA: CARACTERÍSTICAS ● Novo sistema de cultivo: Sistema Norfolk – Introdución da rotación de cultivos: tubérculos, plantas forraxeiras e cereal. – Elimininación do barbeito – Incremento da produción para a alimentación humana e animal. – Aumento da produtividade das terras: fertilizante de esterco.
  • 30. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL REVOLUCIÓN AGRARIA ● Renovación técnica: – Mellora da ferramenta (ferro). – Novos arados. – Novos aparellos mecánicos para sementar, mallar e segar. – Introdución da máquina de vapor no XIX que substitúe o esforzo humano e animal.
  • 31. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL REVOLUCIÓN AGRARIA ● Especialización agraria e incremento dos rendementos. – Antes: agricultura destinada ao autoconsumo. – Revolución agraria: especializada e destinada á venda. – Aumento dos rendementos e, polo tanto, da produción: emprego de máquinas, novos sistemas de cultivo, fertilizantes, selección de sementes, extensión do regadío. – A poboación aumenta porque contaba con maiores recursos alimenticios e diminúen a mortalidade catastrófica (Revolución demográfica).
  • 32. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL REVOLUCIÓN AGRARIA ● Cambios no réxime de propiedade da terra: – As terras comunais (de orixe medieval) convertéronse en propiedade privada individual. – Eliminación das trabas e cargas fiscais de orixe feudal. – INGLATERRA: Enclosures Acts (leis de cercamentos) ● Terra comunais e baldías pasaron a ser de propiedade individual e explotadas para obter un beneficio económico. ● Os campesiños non propietarios (beneficiábanse delas) tiveron que emigrar ás cidades ou convertirse en xornaleiros.
  • 33. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL REVOLUCIÓN AGRARIA ● Cambio na mentalidade dos propietarios agrícolas (nobres): – Antigo Réxime: mentalidade rendista (vivir das rendas pagadas polo campesiñado arrendatario das terras): non inversión nin melloras no campo. – Revolución agraria: A terra é vista como unha fonte de beneficios (visión capitalista) que podían ser investidos na mesma, na industria ou no comercio. Antes Despois TERRATENENTES INGLESES: - Landlords - Gentry.
  • 34. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ● Concepto: Revolución Industrial: Conxunto de transformacións técnicas, económicas e sociais que tiveron lugar no sistema de produción de mercadorías a partir de mediados do século XVIII. ● RASGOS XERAIS: – A máquina substitúe ó traballo manual – A fábrica despraza o taller. – O artesán transfórmase en obreiro asalariado. – A cidade, onde se sitúan as industrias, domina o campo. INICIO DUNHA NOVA ÉPOCA: MUNDO ACTUAL TRANSFORMACIÓNS REVOLUCIONARIAS
  • 35. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ORIXE ● Aparición: Inglaterra. Mediados do XVIII ● Cronoloxía: 1750 -1860/70. ● Expansión ao resto do mundo: século XIX. CARACTERÍSTICAS ● Invención de máquinas especializadas: mecanizacióndas tarefas produtivas. ● Emprego da enerxía do vapor como forza motriz → Invención da máquina de vapor por James Watt (1769). ● Carbón: fonte de enerxía calorífica para a máquina de vapor.
  • 37. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ● Instalación de fábricas: unidades de produción nas que se concentran máquinas e traballadores asalariados → Sistema fabril (factory system). – Substitúe á manufactura. – Substitúe ao domestic system: sistema de produción a domicilio. ● Sectores punteiros → os que primeiro se mecanizaron: – Industria téxtil. – Industria siderometalúrxica. – Ferrocarril.
  • 38. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ● Industria téxtil do algodón: – No Antigo Réxime: lá e liño. – No XVIII aumentou en Europa a demanda de tecidos de algodón de procedencia oriental – Talleres en Inglaterra comezaron a fiar e tecer algodón que procedía das colonias. – Introdución de innovacións técnicas (máquinas) neses talleres no proceso de fiado e do tecido. – Aumento dos beneficios. – O algodón despraza á lá. – Os talleres son substituídos por fábricas: maquínas/asalariados.
  • 39. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ● Industria siderometalúrxica. – No Antigo Réxime produción escasa de ferro → fundición empregando madeira. Fundición – No XVIII: incremento da demanda de ferro para ferramentas e máquinas. – Carbón: fonte calorífica para fundir o ferro. – Fundición nos altos fornos. – Transformación nos talleres mecánicos. Máquinas nunha fábrica téxtil
  • 40. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL ● Ferrocarril: – Novo medio de transporte. – Stephenson aplícalle á locomotora a máquina de vapor (1825). – 1830: Primeira liña de pasaxeiros entre Liverpool e Manchester. – Estimula o comercio, a industria siderúrxica, o transporte,...e reduce o tempo nas comunicacións. – Ferrocarril= símbolo de progreso.
  • 41. A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL FERROCARRIL: REVOLUCIÓN NOS TRANSPORTES
  • 42. FERROCARRIL: REDUCIÓN DO TEMPO DAS VIAXES
  • 43. O CAPITALISMO E A SOCIEDADE DE CLASES TRANSFORMACIÓNS (FINAIS S.XVIII-PRINC. XIX) ECONÓMICAS SOCIAIS POLÍTICAS ORIXINARON NOVO SISTEMA ECONÓMICO: NOVO MODELO SOCIAL: CAPITALISMO SOCIEDADE DE CLASES
  • 44. O CAPITALISMO ● Sistema económico xurdido en Europa occidental a finais do século XVIII ● Teóricos: Adam Smith, Thomas R. Malthus e David Ricardo. ● Con modificacións, perdura ata a actualidade. TRAZOS BÁSICOS: ● O capital (terras, fábricas, diñeiro,...) é o factor básico para investir, aumentar a produción e obter beneficios. ● A liberdade económica debe ser total, sen intervención do Estado (liberdade de prezo, salarios,...). O mercado debe regularse pola lei de oferta e demanda. ● Propiedade privada dos medios de produción e dos bens producidos protexida pola lei. ● Man de obra formada por traballadores asalariados: O traballo considérase unha mercadoría máis. Os obreiros venden a súa forza de traballo a cambio dun salario. ● A división do traballo permite aumentar a produción xa que os obreiros se especializan nunha determinada función.
  • 45. O CAPITALISMO ● Búsqueda do máximo beneficio. Factor de estímulo. ● Riqueza individual como criterio de organización social (non o nacemento como pasaba no A.R): Os individuos ocupan un lugar na sociedade en función da súa riqueza. Posibilidade de movilidade social en función do esforzo persoal ou o éxito nos negocios. ● Desigualdade, dependencia e explotación dos que non posúen bens ou medios de producción: ex: explotación dos obreiros por parte dos propietarios das fábricas. ● Actividades económicas suxeitas a flutuacións e crises cíclicas: – Recesión: períodos de crecemento lento da economía. – Depresión: crecemento negativo – Expansión: crecemento económico rápido. – Crises graves: peche de empresas, desemprego, caída dos beneficios.
  • 46. SOCIEDADE DE CLASES ● A revolución liberal eliminou os criterios de organización social característicos do Antigo Réxime baseados no: – Privilexio herdado por razón de nacemento: nobreza. – Privilexio adquirido: clero. – Sociedade estamental (estamentos): movilidade social moi ríxida. ● Nova sociedade organizada en clases sociais: grupos diferenciados pola súa riqueza. CARACTERÍSTICAS: CARACTERÍSTICAS ● Igualdade xurídica dos seus membros: Todos os cidadáns son iguais ante a lei, non privilexios. ● Riqueza: criterio de diferenciación social. ● Desigualdade económica: minoría que acumula grandes riquezas e maioría que vive dun salario. ● Dinamismo social: posibilidades de ascenso e descenso na escala social. ● Protagonismo da burguesía e do proletariado. Nobreza e clero perden a influencia e o poder.
  • 47. NUNHA SOCIEDADE DE CLASES NON SÓ HAI DOUS GRUPOS, É ALGO MÁIS COMPLEXO...
  • 48. A BURGUESÍA, CLASE DOMINANTE ● Principal impulsora dos cambios políticos e económicos→Revolucións ● Gran beneficiada dos cambios→converteuse no grupo social dominante: – Dominio económico: ● Acumulaba capitais procedentes da agricultura, industria, comercio, finanzas. ● Investía capitais para obter maiores beneficios. ● Controlaba o mercado ● Establece prezos de mercado. ● Fixa os salarios. – Dominio político-ideolóxico: ● A lexislación establecida polo novo réxime liberal favorecía os seus intereses: control do Estado, dereito exclusivo de voto (sufraxio censatario), protección da propiedade privada, liberdade de mercado. ● Impuxo a súa mentalidade e gustos burgueses: novos costumes, modas, diversións... ● Diferenzas: – Alta burguesía: grandes industriais, comerciantes e banqueiros. – Baixa ou pequena burguesía: pequenos comerciantes e profesionais liberais
  • 49. O NACEMENTO DO PROLETARIADO ● Xurde a consecuencia da industrialización e das reformas agrarias. ● Composto polos traballadores das fábricas e os xornaleiros do campo. ● Venden a súa forza de traballo a cambio dun salario. ● Orixe nas masas campesiñas que emigran ás cidades para traballar nas industrias debido a: – Mecanización do campo. – Cambios na propiedade da terra. – Crecemento demográfico. ● Duras condicións laborais: – Non existía lexislación laboral. – Man de obra abundante. – Longas xornada de traballo: 12-15 horas. – Salarios moi baixos: toda a familia traballaba, tamén mulleres e nenos – Condicións de traballo: mínimas condicións hixiénicas e de seguridade → enfermidades. – Códigos de disciplina ríxidos e severos: multas por falar ou asubiar, malos tratos. ● Paulatina toma de conciencia de clase polas condicións de vida e de traballo → movemento de reivindicación de melloras e cambios.
  • 50. ARTE RENACEMENTO: XV-XVI BARROCO: XVII-XVIII NEOCLASICISMO FINS XVIII
  • 51. NEOCLASICISMO ● Artistas imitan a arte grega e romana. ● Descubrimento das ruínas de Pompeia. ● París: centro artístico. ● ARQUITECTURA: Museo del Prado Villanueva – Arcos de medio punto. – Frontóns. – Grandes cúpulas. – Ordes clásicas. – Artistas/arquitectos: Soufflot (Francia), Villanueva (España), Schinkel e Langhans (Alemaña). Porta de Brandeburgo Langhans
  • 52. NEOCLASICISMO ESCULTURA ● Esculturas que se inspiran nas formas e no canon greco- romano. ● Temas mitolóxicos. ● Escultores: Canova e Thorwaldsen Teseo e o Minotauro Amor e Psyche Cánova Cánova Paulina Bonaparte Cánova Xáson co vélaro de ouro Thorwaldsen
  • 53. NEOCLASICISMO PINTURA ● Predominio dos temas históricos ● Dominio do debuxo sobre a cor ● Composicións A morte de Marat O xuramento dos Horacios equilibradas David David ● Luces planas ● Pintores: Ingres, David, Madrazo, Mengs A gran odalisca Ingres
  • 54. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) ● Un dos grandes xenios da pintura universal. ● Non se pode encadrar nun estilo determinado. ● Innovador e renovador da pintura. ● Serviu de referente a varios movementos pictóricos posteriores. ● A súa obra é extensa e variada: Autorretrato, 1815 – Cartóns para tapices: esceas costumbristas, estética neoclásica. – Retratos: foi pintor de cámara de Carlos IV. – Cadros de tema histórico: invasión napoleónica. – Pinturas negras: cambio de estética provocada por unha enfermidade que o deixou xordo. Cores escuras, fondos neutros, expresionismo na luz, temas macabros. – Precursor do impresionismo: exilio en Francia polas súas ideas liberais.
  • 55. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) CARTÓNS PARA TAPICES A pita cega O parasol A vendima A nevada
  • 56. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) RETRATOS Jovellanos A familia de Carlos IV A maja vestida A maja espida Duquesa de Alba
  • 57. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) CADROS DE TEMA HISTÓRICO A carga dos mamelucos Os fusilamentos do 3 de maio
  • 58. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) DESASTRES DA GUERRA
  • 59. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) PINTURAS NEGRAS Dous vellos comendo sopas Saturno devorando a un fillo Aquelarre Loita a garrotazos
  • 60. FRANCISCO DE GOYA (1746-1828) EXILIO EN FRANCIA A leiteira de Burdeos
  • 61. FIN