SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Liberalismo e Nacionalismo
2.- A Revolución Francesa
 A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se
desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais
consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o
nacemento da República, eliminando as bases económicas e sociais
do Antigo Réxime.
 Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou
en gran parte o curso desta: ábrese unha etapa de transformacións
políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo revolucionario
burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais.
2.1 As causas da Revolución
1. Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau,
Montesquieu):
1. Soberanía nacional
2. Separación de poderes
3. A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental
2. Grandes desigualdades da sociedade estamental:
1. A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político
2. Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das
clases populares fronte ao luxo excesivo da Corte rexia.
3. Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos,
provocando un fondo malestar social.
4. Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma
fiscal na que tamén os estamentos privilexiados pagasen impostos.
2.2 O estalido da Revolución Francesa
• O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes
dos tres estamentos), pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar
novos impostos.
• Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados
estaban seguros de que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro
Estado reclama o voto por persoa, para evitar o veto dos privilexiados, en
base ao poder da maioría.
Cando llo negan, os
representantes do Terceiro Estado
reúnense na Sala do Xogo da
Pelota, constituíndose como
Asemblea Nacional e xurando
non disolverse ata aprobar unha
Constitución para toda a nación.
A Asemblea Nacional recibe o apoio do pobo
de París, que toma ao asalto a Bastilla,
símbolo do Absolutismo (14 xullo 1789) e
polo resto de Francia propágase unha
revolta antiseñorial (Le grand peur, O gran
medo), incendiando castelos e os arquivos
señoriais, reclamando o reparto da terra.
A Asemblea Nacional Constituínte abolición o
sistema do Antigo Réxime mediante:
• A aprobación da Declaración de Dereitos
do Home e do Cidadán.
 Todos os homes son cidadáns libres
e iguais ante a lei.
 Establece o principio da soberanía
nacional.
• A Constitución Civil do Clero.
 Implicou a separación da Igrexa e
do Estado.
• Aprobación da Constitución (1791).
2.3 A Asemblea Lexislativa (1791-1792)
A Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado:
• Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía
nacional.
• Baseada na división de poderes:
 O executivo seguía en mans do rei.
 O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional.
 O xudicial, nos tribunais de xustiza.
• Establece o sufraxio censatario.
Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa,
composta por diversos grupos ideolóxicos:
• Moderados monárquicos constitucionalistas.
• Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa
postura e aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario.
• Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio
universal masculino.
• Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta.
• Problemas internos: Malestar entre os sectores máis humildes da
poboación polo alto prezo dos alimentos, e oposición dos
contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira,
para restaurar a Monarquía Absoluta.
• Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por
considerala o foco da contrarrevolución.
• A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos
exércitos austríacos e restaurar a situación, aínda que foron
capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e a
radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República.
3.- A I República Francesa (1792-1799)
• Aboliuse a monarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova
Asemblea: a Convención.
• Convención Xirondina (1792 – 1793)
• Posturas moderadas.
• Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón.
• A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a
Francia revolucionaria. Os primeiros compases da guerra foron
desastrosos.
• Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión
estranxeira propiciou insurreccións dos campesiños.
• Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que
axexaban a Francia, creouse o Comité de Salvación Pública como
principal órgano de goberno, pronto controlado polos xacobinos, que
radicalizaron a Revolución.
3.1 A Convención (1792-1794)
• Convención Xacobina (1793 – 1794)
Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais
máis baixas), e liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a
líderes xirondinos, acusados de contrarrevolucionarios: iníciase o Terror,
para acabar cos inimigos da Revolución.
• Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece:
• A Soberanía popular
• O Sufraxio universal masculino.
• Outras medidas:
Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para
servir no exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias
europeas
• Redistribución da propiedade agraria
• Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria
• Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía
moderada, ante a radicalización dos xacobinos, da un golpe de Estado,
executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da
Revolución.
• Termidor (Xullo) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada,
ante a radicalización dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios
e toma de novo o control da Revolución.
• Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que
establece:
• O Sufraxio censatario.
• O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco
“directores”.
• O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o
Consello dos Cincocentos.
• Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos
iguais”) e dos contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco.
• Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio
do Exército.
• Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a
Coalición europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos
militares, que aporte estabilidade:
• 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón,
derrocando o Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul
xunto con Sièyes e Ducos.
3.2 O Directorio (1795-1799)
Napoleón Bonaparte
• 1799 Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro)
Derrocou ao Directorio
Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado
• 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio
• 1804 Emperador
4.1 O Goberno de Napoleón
O Consulado (1799-1804)
• Napoleón buscou restaurar a orde e crear
un novo réxime político. Reformas:
• Políticas, co fin de reconciliar aos franceses
despois de anos de loita interna:
• Autorizou aos exiliados a regresar
a súa patria.
• Fixo as paces coa Igrexa católica
(Concordato coa Igrexa – 1801),
recoñecendo ao Catolicismo como
relixión oficial.
• Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804),
sancionando a igualdade dos
cidadáns ante a lei.
• Centralización administrativa de Francia,
divida en departamentos provinciais
gobernados por un prefecto.
• Reorganizou e unificou o sistema
educativo (rede de liceos)
O Imperio: 1804-1814-1815
• Desenrolou unha política
expansionista: Quería converterse en
Emperador de toda Europa,
invadindo países e colocando como
gobernantes aos seus familiares.
• O resto de nacións formaron
sucesivas Alianzas para enfrontarse a
Francia.
• En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose
coroar Emperador de Francia polo
papa Pío VII nunha cerimonia na
catedral de Notre-Dame en París.
4.2 As Guerras Napoleónicas
• 1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán.
• 1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos
comerciais europeos mediante o illamento económico.
• 1808 Inicio da Guerra da Independencia española.
• 1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra
queimada” dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”.
• 1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea.
• 1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba.
• 1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días.
Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos
Desterro en Santa Helena
Consecuencias das Guerras Napoleónicas:
• Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros
os monarcas tradicionais por familiares de Napoleón.
• Difusión dos ideais da Revolución Francesa.
• Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos
territorios conquistados.
4.3 A Restauración (1815-1830)
O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras
de Napoleón (Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco
Metternich, co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de
Napoleón e voltar á situación política anterior á Revolución Francesa.
A reunión tivo como base 5 grandes principios:
• Restauración do Absolutismo monárquico.
• Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais.
Así, en Francia restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII.
• Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia
hexemónica (dominante)
• Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir
militarmente nos territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración.
• Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver
as cuestións problemática en Política Internacional.
Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención
militar das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles
e España.
Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se
puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
A Europa da Restauración
5.3 As vagas revolucionarias
Malia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos
do Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se
puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
• Revolucións de 1820:
 Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena)
 Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San
Luís” enviados pola Santa Alianza)
 Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio
turco otomán (conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias
europeas)
• Revolucións de 1830:
 Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e
proclamación da monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns.
 Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés.
• Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos):
 Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da
Segunda República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha
reacción conservadora e o presidente da República, sobriño de Napoleón,
proclamará o Segundo Imperio Francés, nomeándose Napoleón III en 1852.
 Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en
Frankfurt, elixido por sufraxio universal.
 No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con
alzamentos en Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).
6.- A Europa das Nacións
6.2 A Unificación de Italia
Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de
Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e
algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio
Austríaco.
Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia.
Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro
ministro Cavour e o líder militar Garibaldi
Etapas:
1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria.
Anexión de Lombardía.
1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios.
Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu
conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias.
1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia
1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.
6.- A Europa das Nacións
6.3 A Unificación de Alemaña
Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade
entre os dos máis potentes: Austria e Prusia.
Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e
nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt.
Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von
Bismarck, que levará a cabo unha política militarista.
Etapas:
1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca.
1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre
Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a
Confederación de Alemaña do Norte.
1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón
III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou
Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

More Related Content

What's hot

Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
rubempaul
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
rubempaul
 

What's hot (20)

Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalO reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e Ilustración
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
O Imperialismo
O Imperialismo O Imperialismo
O Imperialismo
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 

Viewers also liked (12)

Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1Vocabulary Lesson 1
Vocabulary Lesson 1
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
 
Entrepreneurship
EntrepreneurshipEntrepreneurship
Entrepreneurship
 
Descolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra FríaDescolonización e Guerra Fría
Descolonización e Guerra Fría
 
Units 9 & 10
Units 9 & 10Units 9 & 10
Units 9 & 10
 
Transición hacia la Democracia
Transición hacia la DemocraciaTransición hacia la Democracia
Transición hacia la Democracia
 
Independencia Americana
Independencia AmericanaIndependencia Americana
Independencia Americana
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
 
Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
A brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurshipA brief history of entrepreneurship
A brief history of entrepreneurship
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Evolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismoEvolución económica durante el franquismo
Evolución económica durante el franquismo
 

Similar to Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
aialo1
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberal
camposseijo
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
David
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
silvanarisitas
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
rubempaul
 

Similar to Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo (20)

Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberal
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesaTema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
 
Open office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroOpen office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touro
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Unidade 3 Liberalismo e nacionalismo
Unidade 3 Liberalismo e nacionalismoUnidade 3 Liberalismo e nacionalismo
Unidade 3 Liberalismo e nacionalismo
 
A revolución
A revoluciónA revolución
A revolución
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 

More from Dudas-Historia

More from Dudas-Historia (20)

Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021Legislation and human resources. 2020 2021
Legislation and human resources. 2020 2021
 
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
Vocabulary Lesson 1. 2019 2020
 
Tema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade ModernaTema 1. A Idade Moderna
Tema 1. A Idade Moderna
 
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidenciaObras en las que se debe hacer especial incidencia
Obras en las que se debe hacer especial incidencia
 
Impresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-PosimpresionismoImpresionismo-Posimpresionismo
Impresionismo-Posimpresionismo
 
Pintura Barroca
Pintura BarrocaPintura Barroca
Pintura Barroca
 
Escultura Barroca
Escultura BarrocaEscultura Barroca
Escultura Barroca
 
Legislation and Human Resources
Legislation and Human ResourcesLegislation and Human Resources
Legislation and Human Resources
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975Franquismo. 1959-1975
Franquismo. 1959-1975
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Pintura barroca
Pintura barrocaPintura barroca
Pintura barroca
 
Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises Marketing mix Exercises
Marketing mix Exercises
 
Finance
Finance Finance
Finance
 
Finance
FinanceFinance
Finance
 
Bernini como modelo
Bernini como modeloBernini como modelo
Bernini como modelo
 
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
Tema 16. Segunda etapa de la dictadura. 1959-1975
 
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
Tema 15. Dictadura franquista de posguerra. 1939 1959
 
Rafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otrosRafael, Tiziano y otros
Rafael, Tiziano y otros
 

Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo

  • 2. 2.- A Revolución Francesa  A Revolución Francesa foi un proceso social e político que se desenvolveu en Francia entre 1789 e 1799 cuxas principais consecuencias foron a abolición da Monarquía Absoluta e o nacemento da República, eliminando as bases económicas e sociais do Antigo Réxime.  Foi unha das revolucións máis importantes da Historia pois cambiou en gran parte o curso desta: ábrese unha etapa de transformacións políticas e sociais, e con ela dáse inicio ao ciclo revolucionario burgués (1820, 1830, 1848), sendo a orixe das democracias actuais.
  • 3. 2.1 As causas da Revolución 1. Difusión das ideas da Ilustración (Voltaire, Rousseau, Montesquieu): 1. Soberanía nacional 2. Separación de poderes 3. A igualdade ante a lei, rexeitando a sociedade estamental 2. Grandes desigualdades da sociedade estamental: 1. A emerxente burguesía reclamaba a súa participación no poder político 2. Enorme abismo en canto á situación económica: A pobreza extrema das clases populares fronte ao luxo excesivo da Corte rexia. 3. Anos de malas colleitas, que encareceron o prezo dos alimentos, provocando un fondo malestar social. 4. Crise financeira do Estado, que levou a propoñer unha reforma fiscal na que tamén os estamentos privilexiados pagasen impostos.
  • 4. 2.2 O estalido da Revolución Francesa • O Rei Luís XVI convocou os Estados Xerais (a reunión dos representantes dos tres estamentos), pois só nos Estados Xerais se poderían aprobar novos impostos. • Nos Estados Xerais cada estamento tiña un voto, polo que os privilexiados estaban seguros de que a reforma fiscal non sairía adiante. O Terceiro Estado reclama o voto por persoa, para evitar o veto dos privilexiados, en base ao poder da maioría. Cando llo negan, os representantes do Terceiro Estado reúnense na Sala do Xogo da Pelota, constituíndose como Asemblea Nacional e xurando non disolverse ata aprobar unha Constitución para toda a nación.
  • 5. A Asemblea Nacional recibe o apoio do pobo de París, que toma ao asalto a Bastilla, símbolo do Absolutismo (14 xullo 1789) e polo resto de Francia propágase unha revolta antiseñorial (Le grand peur, O gran medo), incendiando castelos e os arquivos señoriais, reclamando o reparto da terra.
  • 6. A Asemblea Nacional Constituínte abolición o sistema do Antigo Réxime mediante: • A aprobación da Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán.  Todos os homes son cidadáns libres e iguais ante a lei.  Establece o principio da soberanía nacional. • A Constitución Civil do Clero.  Implicou a separación da Igrexa e do Estado. • Aprobación da Constitución (1791).
  • 7. 2.3 A Asemblea Lexislativa (1791-1792) A Constitución de 1791 tiña un carácter bastante moderado: • Define Francia como unha monarquía constitucional, rexida polo principio de soberanía nacional. • Baseada na división de poderes:  O executivo seguía en mans do rei.  O lexislativo, en mans da Asemblea Nacional.  O xudicial, nos tribunais de xustiza. • Establece o sufraxio censatario. Logo de aprobarse a Constitución, elixiuse unha Asemblea Nacional Lexislativa, composta por diversos grupos ideolóxicos: • Moderados monárquicos constitucionalistas. • Xirondinos (burgueses moderados), aínda que republicanos, foron moderando a súa postura e aceptan unha monarquía constitucional. Reclaman o sufraxio censatario. • Xacobinos (burguesía radical republicana), partidarios da República, reclaman o sufraxio universal masculino. • Contrarrevolucionarios, que querían a restauración da Monarquía Absoluta.
  • 8. • Problemas internos: Malestar entre os sectores máis humildes da poboación polo alto prezo dos alimentos, e oposición dos contrarrevolucionarios, que alentaban unha intervención estranxeira, para restaurar a Monarquía Absoluta. • Problemas externos: A Asemblea declara a guerra a Austria por considerala o foco da contrarrevolución. • A Fuxida: a familia real tentou fuxir de Francia para buscar axuda nos exércitos austríacos e restaurar a situación, aínda que foron capturados. Isto supuxo a caída en desprestixio da Coroa e a radicalización da Revolución, xa que se proclamou a República.
  • 9. 3.- A I República Francesa (1792-1799)
  • 10. • Aboliuse a monarquía, proclamouse a I República Francesa e elíxese unha nova Asemblea: a Convención. • Convención Xirondina (1792 – 1793) • Posturas moderadas. • Xuízo e execución de Luís XVI, acusado de traizón. • A execución da familia real provocou unha Coalición europea contra a Francia revolucionaria. Os primeiros compases da guerra foron desastrosos. • Ademais, a fame e a falta de abastecementos e o perigo de invasión estranxeira propiciou insurreccións dos campesiños. • Debido á debilidade da Convención e ás numerosas ameazas que axexaban a Francia, creouse o Comité de Salvación Pública como principal órgano de goberno, pronto controlado polos xacobinos, que radicalizaron a Revolución. 3.1 A Convención (1792-1794)
  • 11. • Convención Xacobina (1793 – 1794) Os radicais xacobinos co apoio dos sans-culottes (membros das clases sociais máis baixas), e liderados por Robespeirre, arrestan, xulgan e executan a líderes xirondinos, acusados de contrarrevolucionarios: iníciase o Terror, para acabar cos inimigos da Revolución. • Promulgación dunha nova Constitución de 1793, que establece: • A Soberanía popular • O Sufraxio universal masculino. • Outras medidas: Reorganización do exército e novas levas(recrutamento obrigatorio da poboación para servir no exército), logrando cambiar as tornas da guerra contra as potencias europeas • Redistribución da propiedade agraria • Obrigatoriedade e gratuidade da educación primaria • Xullo (Termidor) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, da un golpe de Estado, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución.
  • 12. • Termidor (Xullo) de 1794.- A Reacción Termidoriana. A burguesía moderada, ante a radicalización dos xacobinos, executa a Roberspierre e aos seus partidarios e toma de novo o control da Revolución. • Aprobación dunha nova Constitución de 1795, de carácter moderado, que establece: • O Sufraxio censatario. • O poder executivo, no Directorio, órgano colexiado composto por cinco “directores”. • O poder lexislativo, dividido en dúas cámaras: o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos. • Problemas: revoltas radicais (lideradas polos xacobinos, como a “Conspiración dos iguais”) e dos contrarrevolucionarios, que foron reprimidas: é o Terror Branco. • Éxitos militares fronte a Coalición europea co consecuente aumento do prestixio do Exército. • Ante as tensións sociais e os problemas económicos, e aínda en guerra contra a Coalición europea, a burguesía conservadora ve con bos ollos un goberno dos militares, que aporte estabilidade: • 18 de Brumario (9 de novembro) de 1799.- Golpe de Estado de Napoleón, derrocando o Directorio e establecendo o Consulado, sendo el mesmo cónsul xunto con Sièyes e Ducos. 3.2 O Directorio (1795-1799)
  • 13.
  • 14. Napoleón Bonaparte • 1799 Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 de novembro) Derrocou ao Directorio Xunto con Sièyes e Ducos formou o Consulado • 1802 Primeiro Cónsul e Cónsul Vitalicio • 1804 Emperador
  • 15. 4.1 O Goberno de Napoleón O Consulado (1799-1804) • Napoleón buscou restaurar a orde e crear un novo réxime político. Reformas: • Políticas, co fin de reconciliar aos franceses despois de anos de loita interna: • Autorizou aos exiliados a regresar a súa patria. • Fixo as paces coa Igrexa católica (Concordato coa Igrexa – 1801), recoñecendo ao Catolicismo como relixión oficial. • Promulgou o CÓDIGO CIVIL (1804), sancionando a igualdade dos cidadáns ante a lei. • Centralización administrativa de Francia, divida en departamentos provinciais gobernados por un prefecto. • Reorganizou e unificou o sistema educativo (rede de liceos)
  • 16. O Imperio: 1804-1814-1815 • Desenrolou unha política expansionista: Quería converterse en Emperador de toda Europa, invadindo países e colocando como gobernantes aos seus familiares. • O resto de nacións formaron sucesivas Alianzas para enfrontarse a Francia. • En 1804 Napoleón Bonaparte fíxose coroar Emperador de Francia polo papa Pío VII nunha cerimonia na catedral de Notre-Dame en París.
  • 17.
  • 18. 4.2 As Guerras Napoleónicas • 1805 Vitoria en Austerlitz (vs. rusos e austríacos). Disolución do Imperio Alemán. • 1806 Bloqueo continental a Gran Bretaña, tentando cerrarlle os portos comerciais europeos mediante o illamento económico. • 1808 Inicio da Guerra da Independencia española. • 1812 Inicio da catastrófica campaña contra Rusia. Fracaso vs. a política de “terra queimada” dos rusos e ante o “Xeneral Inverno”. • 1813 Derrota en Leipzig fronte á coalición europea. • 1814 Abdicación de Napoleón e desterro á illa de Elba. • 1815 Regreso de Napoleón: o Imperio dos Cen Días. Derrota definitiva en Waterloo vs. ingleses e prusianos Desterro en Santa Helena Consecuencias das Guerras Napoleónicas: • Modificación do mapa europeo, creándose novos estados e substituído noutros os monarcas tradicionais por familiares de Napoleón. • Difusión dos ideais da Revolución Francesa. • Desenvolvemento de sentimentos nacionais contra o dominio francés nos territorios conquistados.
  • 19.
  • 20. 4.3 A Restauración (1815-1830) O Congreso de Viena (1815) foi un encontro internacional das potencias vencedoras de Napoleón (Austria, Rusia, Prusia e Reino Unido) impulsado polo chanceler austríaco Metternich, co obxectivo de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón e voltar á situación política anterior á Revolución Francesa. A reunión tivo como base 5 grandes principios: • Restauración do Absolutismo monárquico. • Lexitimismo monárquico, é dicir, devolveuse o trono ás monarquías tradicionais. Así, en Francia restaurouse a dinastía dos Borbóns, con Luís XVIII. • Equilibrio internacional: pretendíase que non houbese unha potencia hexemónica (dominante) • Intervencionismo. As potencias constitúen a Santa Alianza, co dereito de intervir militarmente nos territorios en que houbese revoltas contrarias á Restauración. • Sistema de Congresos. As potencias celebrarán congresos para tratar e resolver as cuestións problemática en Política Internacional. Exemplo da aplicación destes principios foron os congresos que decidiron a intervención militar das potencias da Alianza para derrotar os levantamentos liberais de 1820 en Nápoles e España. Malia as medidas que se concertaron para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
  • 21. A Europa da Restauración
  • 22. 5.3 As vagas revolucionarias Malia as medidas que se concertaron no Congreso de Viena para manter a raia os inimigos do Antigo Réxime e as intervencións militares contra as revoltas liberais de 1820, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848. • Revolucións de 1820:  Revolución liberal en Nápoles (sufocada polas potencias do Congreso de Viena)  Trienio liberal en España (1820-1823) (sufocado polos “Cen mil fillos de San Luís” enviados pola Santa Alianza)  Inicio da insurrección de carácter nacionalista dos gregos contra o dominio turco otomán (conseguen a independencia en 1830 axudados polas potencias europeas) • Revolucións de 1830:  Revolución de Xullo en Francia. Deposición do rei absoluto Carlos X e proclamación da monarquía parlamentaria de Luís Filipe de Orleáns.  Levantamento de Bélxica contra o dominio holandés. • Revolucións de 1848 (A Primavera dos Pobos):  Revolución en Francia. Deposición de Luís Filipe de Orleáns e proclamación da Segunda República. As medidas democráticas que se tomaron impulsaron unha reacción conservadora e o presidente da República, sobriño de Napoleón, proclamará o Segundo Imperio Francés, nomeándose Napoleón III en 1852.  Na Confederación Xermánica os revolucionarios constitúen un Parlamento en Frankfurt, elixido por sufraxio universal.  No Imperio Austríaco houbo revoltas liberais cun carácter nacionalista, con alzamentos en Hungría, Bohemia, Lombardía (Milán) e o Véneto (Venecia).
  • 23.
  • 24. 6.- A Europa das Nacións 6.2 A Unificación de Italia Situación previa: Península Itálica dividida en diversos Estados (Reino de Piemonte e Sardeña, os Estados Pontificios, o Reino das Dúas Sicilias...) e algúns territorios (Lombardía, Véneto) incorporados polo Imperio Austríaco. Factor favorable: axuda militar de Francia e Prusia. Protagonismo: Piemonte-Sardeña – o rei Vítor Manuel II, o seu primeiro ministro Cavour e o líder militar Garibaldi Etapas: 1859 Alianza do Piemonte co II Imperio francés, que derrotan a Austria. Anexión de Lombardía. 1860 Anexións de Parma, Módena e Toscana e parte dos Estados Pontificios. Paralelamente, unha forza de voluntarios dirixida por Garibaldi permitiu conquistar o sur, o Reino das Dúas Sicilias. 1861 Proclamación de Vítor Manuel II como rei de Italia 1866 Ocupación do Véneto, tras a derrota do Imperio Austríaco contra Prusia.
  • 25.
  • 26. 6.- A Europa das Nacións 6.3 A Unificación de Alemaña Situación previa: Alemaña fraccionada en 39 Estados, con rivalidade entre os dos máis potentes: Austria e Prusia. Factor favorable: 1834 Zollverein (unión aduaneira) e o influxo liberal e nacionalista da revolta de 1848, coa creación do Parlamento en Frankfurt. Protagonismo: Prusia - Guillermo I de Prusia e o seu chanceler Otto von Bismarck, que levará a cabo unha política militarista. Etapas: 1864 Guerra dos Ducados (Schleswig y Holstein) contra Dinamarca. 1866 Guerra austro-prusiana. Tras unha curta pero vitoriosa campaña sobre Austria os prusianos lideran o proceso unificador e forman a Confederación de Alemaña do Norte. 1870-71 Guerra franco-prusiana. Remata coa derrota da Francia de Napoleón III na batalla de Sedán e a proclamación en Versalles do Segundo Reich ou Imperio alemán. Anexión de Alsacia e Lorena.