SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
O liberalismo político:
A burguesía1
decatouse de que os reis absolutos, mesmo cando se convertían
en déspotas ilustrados2
e aplicaban as ideas da Ilustración, non cambiaban a fondo o
sistema político, económico e social. Xurdiulles a necesidade de alcanzar o poder
para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime.
Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por
parte da burguesía. A primeira revolución liberal foi a dos Estados Unidos, que
conseguiu a independencia das 13 colonias do Reino Unido. Pero en Europa tivo máis
repercusión a Revolución Francesa que comezou en 1789.
O liberalismo político foi o pensamento no que
se apoiaron as revolucións
burguesas. Esta ideoloxía política
deriva do pensamento ilustrado:
foron os pensadores da ilustración os
que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes
(Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau).
Os principios que defende o liberalismo son:
 Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que
todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos,
ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios
reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de
dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda
sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais
son a liberdade3
, a propiedade e a igualdade ante a lei. Na práctica o
sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade
1 Burguesía: é a clasesocial formada por persoas acomodadas quelogran ter propiedades e capital,ou
sexa,cartos.O nome venlle de cando no Antigo Réxime vivían no burgo ou cidade.A burguesía no
Antigo Réxime formaba parte do Terceiro Estado, é dicir,aínda queeran ricos ericas non tiñan
privilexios.Tiñan quepagar impostos,eran xulgados por leis diferentes aos privilexiados (nobreza e
clero),non podían acadar determinados cargos da administración eo exército, etc. No século XIX a
burguesía converterase na clasedominanteimpoñendo a súa visión económica epolítica do mundo.
2 Déspotas ilustrados: monarcas quedurante o Antigo Réxime, aplicaron asmedidas propostaspola
Ilustración paramellorar a vidados seus súbditos esúbditas.Melloraban as cidades (medidas de
hixiene, empedrado, construción demonumentos, etc), investían en industria (reais fábricas),favorecían
o progreso (Sociedades Económicas deAmigos do País),etc. Pero non soltaban as rendas do poder,
seguían a ser reis absolutos etiñan a soberanía e os tres poderes.
3 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión, de relixión,dereunión, de
asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados
grupos pola súa cor ou etnia. Pero isto vémolo claro hoxe en día. Daquela o
sufraxio era algo moi avanzado e á meirande parte da xente parecíalles normal
que as mulleres e os escravos non votasen.
 Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino
característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo
defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.
 Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo
Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional
en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas
institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase
impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.
 Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e
liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en
solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou
lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU
en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución
española de 1812.
O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas,
convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao
desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das
revolucións políticas.
Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:
 O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta. Este
liberalismo mantén gran parte do poder monárquico. O rei ou a raíña
comparten a soberanía co pobo. O sufraxio será censatario.
 O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias.
O liberalismo democrático limita moito o poder da monarquía ou incluso
camiña cara ao republicanismo4
nalgúns momentos, e considera que a
soberanía debe de ser do pobo e os sistemas electorais deben ter sufraxio
universal.
4 República:forma de goberno na que o cargo de xefe de Estado está en mans dunha persoa elixida por
votación por un tempo determinado, en lugar de ser un monarca que herda o trono durante toda a súa
ida.A república éo contrario da monarquía. Non confundircondemocracia, quenonten nada quever. Ademocraciaé
o contrario deditadura.Na democracia manda o pobo. Pero unha democracia podeser república (comoa democracia francesa,
que ten un presidentecomo xefe deEstado) ou unha democracia podeser unha monarquía (comoa actualdemocracia española
que ten comoxefe deEstado a unrei, FilipeVI).
A Independencia dos Estados Unidos de América
(As fotocopias do libro de texto non as hai que saber)
O Reino Unido tiña, no século XVIII, unhas colonias5
na costa leste de América do
Norte.O ReinoUnido aproveitábase economicamente destes territorios: conseguía materias
primas e reservábase o monopolio6
comercial. Isto dificultaba o comercio entre as Trece
Colonias e outras zonas de América. A orixe do problema tivo, por tanto, unha base
económica, pois as colonias vían na metrópole unha barreira para o seu desenvolvemento.
A tensión política agravou a situación. Recordemos que o Reino Unido non tiña unha
situación de absolutismo como tiñan Francia ou España, por exemplo. No Reino Unido había
un sistemaparlamentarionoque orei tiña moitopoder,peroaspersoascon podereconómico
(burgueses ou nobres adiñeirados) podían votar a parte dos membros do parlamento e o
parlamento controlaba un pouco o que facía o rei. Os impostos aprobábanse no parlamento.
As Trece Colonias non tiñan representación no parlamento do Reino Unido. Así que moitas
veces se negaban a pagar impostos, posto que os aprobaban no parlamento británico sen
consultalos.O rei de do Reino Unido, tratou de corrixir este problema e obrigalos a pagar. As
Trece Colonias responderonboicoteandoosprodutos británicos (é dicir,deixaronde comprar
determinados produtos que se fabricaban no Reino Unido e se vendían nas colonias). Como
conseguíanboicotearesesprodutosse oReinoUnidotiñao monopolio?.Poisporexemplo, en
lugar de comprar o te á compañía británica á que llo tiñan que mercar (que o traía de China),
comprábano de contrabando, a compañías que o traían de outras colonias que non eran
británicas.
Así que o ambiente xa era tenso. E a gota que colmou o vaso foi que o Reino Unido lle
permitiu á Compañía Inglesa das Indias Orientais vender o te practicamente sen pagar
impostos, co que resultaba aínda máis barato que o de contrabando. As Tea Acts, que deron
ese monopolio da venda de te tan vantaxoso a esa compañía, prexudicaba aos comerciantes
americanos, que responderon atacando uns barcos británicos cargados de té que estaban no
porto de Boston (motín do te). Este foi o comezo da guerra da Independencia.
Pero o máis importante non foi que estas colonias se independizaran, senón como o
fixeron.Podíanindependizarsee nomear rei a algún parente do rei británico, por exemplo, e
establecer un sistema semellante ao do Reino Unido, ou un sistema absolutista como o que
tiñan a meirande parte dos países de Europa. Pero non fixeron tal. Tiñan as ideas da
ilustración na cabeza e ademais viñan dunha situación que xa non era absolutista, a do
parlamentarismo inglés. Organizáronse segundo os principios do liberalismo político.
A Declaración de Independencia xa deixa ver ese concepto liberal do poder, que ven da
Ilustración, no que o poder do rei, en realidade emana do pobo. O rei debe defender os
dereitos do pobo, e se non o fai, o pobo estaría no seu dereito de opoñerse a el. O concepto
5 Colonia:territorio dominado por unha potencia estranxeira.
6 Monopolio comercial:so pode comprar e vender un produto determinado unha entidade concreta. É
dicir,O Reino Unido facía leis que prohibían queoutros puideran comerciar coas 13 colonias.Así por
exemplo, se eu son un burgués e fabrico algo,só llelo podo vender ao Reino Unido, e non podo facer
negocio con España,por exemplo, sen a intervención do Reino Unido que sacará beneficio.
absolutista do poder era que o rei tiña todo o poder sen limitacións, e só Deus podería
obxectaralgo. No conceptoliberal o rei si que tenlímites. Asoberanía7
é da nación,non dorei
ou a raíña. Esta era unha idea que viña da Ilustración.
Organizáronse segundo os principios liberais, as ideas políticas da burguesía, que se
espallarán por Europa no século XIX:
- Constitución8
.
- División de poderes9
.
- Sufraxio10
.
A Constitución dos Estados Unidos foi a primeira constitución da historia. Nela
recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes. O poder lexislativo residía en
dúas cámaras, elixidas por sufraxio universal masculino (homes brancos), algo moi avanzado
na época (pensemos que na maior parte de Europa reinaba o absolutismo), o executivo nun
presidente elixido por votación, algo totalmente revolucionario nun mundo de reis que
herdabandosseusantepasadosodereitoagobernare o xudicial eranxuícesindependentes.A
elección do presidente era por votación indirecta.
En 1789, o mesmo
ano que estalaría a
Revolución Francesa,
George Washington
converteuse no
primeiropresidente dos
Estados Unidos.
7 Soberanía = poder
8 Constitución: é a lei fundamental dun Estado, superior a calquera outra lei que se faga nese Estado,
que define os dereitos e liberdades da cidadanía e que establece como se van repartir os poderes e as
institucións. As constitucións defende os dereitos da poboación e limita o poder para que non se
cometan abusos. Hoxe en día a constitución é a base de calquera democracia, unha característica
fundamental das democracias da Idade Contemporánea. O primeiro que fai un ditador cando toma o
poder a través dun golpe de Estado na actualidade é eliminar ou suspender a Constitución.
9 División de poderes: sepáranseo poder lexislativo,executivo e xudicial para evitar tiraníaseque uns
controlen aos outros.
10 Sufraxio: voto. No absolutismo non había sufraxio.Como moito había voto por estamento como
veremos na Revolución Francesa,pero non voto por persoa.Ao comezo na meirande parte dos países,o
sufraxio será censatario, é dicir,só poden votar as persoas que están nun censo que sefai en función da
riqueza,o sexo e a raza.Só podían votar en principio,os homes brancos ricos.En Estados Unidos o
sufraxio era moi avanzado,pois era sufraxio universal, é dicir,poden votar todos, aínda que neste
momento “todos” eran só os homes de raza branca.As mulleres e os escravos non votaban.
A Revolución Francesa
A Revolución11
Francesa foi a revolución liberal de maior repercusión, por iso moitos a
consideran o fito que marca o cambio da Idade Moderna á Idade Contemporánea. A
Revolución Francesa foi a revolución que puxo fin ao Antigo Réxime.
Cales foron as súas causas?
En primeirolugar hai que falar das ideas da Ilustración12
. A Ilustración espallara, a través
de diferentesescritos,libros, debates, etc., ideas como a soberanía nacional, a separación de
poderese o sufraxio.Estasideasserándecisivasparaque aoproducirse revoltas, estas acaben
derivandonunharevoluciónque cambie a organización política e transforme o absolutismo13
en liberalismo14
.
Pero que situación concreta derivou nun estoupido revolucionario?
- O descontento social do Terceiro Estado15
:
o A burguesía enriquecida quería acceder ao poder político e quitar os
privilexios á nobreza.
o O campesiñado apenas podía sobrevivir polos numerosos impostos aos que
debía facer fronte.
- A crise económica.
o Desde 1760 houbo unha serie de malas colleitas que provocaron o aumento
dos prezos e o descontento dos grupos populares.
o A FacendaReal taménestabaencrise,poloselevadosgastosestatais (luxo da
corte e participación na guerra da independencia americana).
o Os privilexiados non pagaban impostos e o terceiro Estado afogaba coas
últimas subidas.
- Perda de apoio de Luis XVI.
o A ilustración estaba descontenta porque Luis XVI non aplicaba as reformas
que levasen ao país ao progreso.
o A nobreza desconfiaba porque os ministros de economía intentaban
conseguir que pagasen impostos.
11 Non debemos confundir revolucióne revolta. Unha revolta sonsimplemente desórdenes públicos, que poden ser
moi graves pero noncambiana forma de organizarse. Unha revolucióné uncambio brusconas estruturas políticas,
económicas ousociais que pode ser conseguidode forma pacífica (como a revoluciónindustrial) ouviolenta.
12 Ilustración:corrente de pensamentoque se desenvolveu noséculoXVIII que pretendía iluminar o mundo coas
luces da razón. O séculoXVIII é coñecido por iso como o “século das luces”. Os pensadores e pensadoras ilustradas
estabanconvencidos de que o mundopodía mellorarse grazas aocoñecementohumano. Criticabana superstición,
os estamentos e privilexios e todoaquilopropiodoAntigoRéxime que considerabanque entorpecía o progreso da
humanidade.
13 Absolutismo: réxime político habitual noAntigo Réxime e que se caracteriza por concentrar todos os poderes
(lexislativo, executivo e xudicial) nasmans dunrei oudunha raíña.
14 Liberalismo político: réxime políticoque se estendeupor Europa noséculoXIXe que entregaba o poder á
cidadanía que elexía aos seus representantes de forma libre e soberana. O liberalismodefende as liberdades
individuais e unha mínima intervención doEstadonos asuntos públicos. É o sistema político que viña benaos
intereses da burguesía doséculoXIX.
15 Terceiro Estado: estamento nonprivilexiado doAntigo Réxime. Nel estabandesde o campesiñado máis pobre ata
a burguesía máis rica, pero todos elese elas sen privilexios, tiñanque pagar impostos, no campo estabansometidos
ao réxime señorial e nonpodían acadar os postos máis altos da administraciónoudo exércitopor moi ricos que
foran.
o As clasespopularesnonlle tiñandemasiadorespecto aunrei que empezara a
gobernar moi novo e inexperto, que tardou demasiado tempo en ter
descendencia e que dilapidaba os cartos en luxos innecesarios.
En 1787 o rei convocou unha asemblea de notables para convencer aos privilexiados de
que pagasenimpostos(nontiñanobrigaperopodíanfacelovoluntariamente).Estes negáronse
e Luis XVI viuse obrigado a convocar os Estados Xerais, a única asemblea que podía autorizar
novos tributos.
Esta asemblea, non era como os parlamentos actuais. Era unha asemblea propia do
Antigo Réxime, que se reunía cando o rei a convocaba para facerlles algunha consulta.
Reuníanse representantesdostresestamentos,que deliberabansobre asconsultasque facía o
soberano e votaban por separado: cada estamento un voto. Cada estamento aproveitaba a
convocatoria para escribir unhas cartas con peticións para o rei, nas que comentaban os seus
problemas. En Francia estes Estados Xerais non se reunían dende principios do século XVII.
Os diferentesgrupossociaiselaborarone enviaronas súas queixas e peticións, recollidas
enmultitude de cadernosde queixas,panfletose escritos,que constitúenunavaliosafontede
información para a historiografía actual, para obter numerosísimos datos sobre a situación
antes da revolución.
A nobreza e o clero querían votar por estamento como se fixera sempre, pois así tiñan
maioría osestamentosprivilexiados. O Terceiro Estado quería que o voto fora individual, por
persoa.Os debatessobre como sería o voto prolongábanse e non parecían chegar a ningunha
parte.
Aquí é onde entra en xogo a ideoloxía da Ilustración. Ante a falta de acordos, os
representantesdoTerceiro estado, contando co apoio de representantes do baixo clero e da
baixa nobreza de orixe burgués, deciden cambiar o sistema de reunión e formar unha
Asemblea Nacional, considerada por eles como a única representación lexítima da nación
francesa. O rei, co apoio da meirande parte dos privilexiados, tentou clausurar as súas
reunións impedíndolles o acceso á sala. O Terceiro Estado reaccionou radicalizando as súas
posturas. Cambiaron o lugar de reunión e, esta vez, en lugar de autoproclamarse Asemblea
Nacional,decidenredactarnadamenosque unha constitución,polo que pasan a considerarse
Asemblea Constituínte. Isto en si mesmo é moi revolucionario. Rompían cos principios de
legalidadepolíticaataentónvixentes (sometementoávontade dorei absoluto,orixe divinodo
poder do rei por enriba do cal non pode estar ninguén) e organizábanse polos principios da
Ilustración: soberanía nacional.
Paralelamente o ambiente en París era de gran axitación. Ante as manobras do rei, que
comezou a reunir tropas, o 14 de xullo de 1789, os habitantes de París asaltan a Bastilla, o
cárcere real, símbolo do absolutismo, e fanse co control do poder na cidade. Esta data
simbólica considérase o inicio da revolución.
A imitación do que acontecera na capital, nas cidades de provincias prodúcese a
substitución das autoridades existentes por outras novas, partidarias das reformas.
No campo, as noticias do que estaba a suceder e o temor ás represalias aristocráticas
causaron, a finais de xullo e comezos de agosto, unha onda de pánico masivo con asaltos ás
casas e castelos da nobreza e queima das escrituras onde se recollían as obrigacións e as
rendas feudais.
A Asemblea Nacional, co apoio popular, comezou a gobernar e transformar Francia.
A Asemblea rematou co Antigo Réxime:
- Aboliron o réxime feudal dos señoríos.
- Fixeron A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que recolle o programa
básicodeste movemento liberal e burgués. Xa non haberá estamentos privilexiados
senón igualdade ante a lei.
- En 1791 a A Asemblea Nacional aprobou a primeira Constitución francesa.
Organizábanse como unha monarquía constitucional, con soberanía nacional,
separación de poderes e sufraxio (aínda que era un sufraxio censatario o feito de
poder votar nun contexto europeo absolutista era moi revolucionario).
- Aprobaron leis moi favorables aos intereses da burguesía. Aprobáronse medidas
contra a Igrexia:expropiacióndosseusbens,aboliciónde conventos...Estableceuse a
liberdade de comercioe industria suprimindoosgremios e prohibindo as asociacións
obreiras.
A partir de aí os revolucionarios foron dividíndose en función da maior ou menor
radicalización das súas demandas. Os había que apoiaban unha monarquía constitucional e
estaban xa contentos coas reformas, pero os había que estaban a favor dunha república. Os
había satisfeitos co sufraxio censatario e os que eran partidarios dunha maior democracia.
Houbo varios feitos que marcaron a evolución da revolución. Por unha parte o rei
dedicouse a frear as reformas, co poder que lle outorgaba a monarquía constitucional.
Ademais varias potencias absolutistas europeas declaráronlle a guerra a Francia, por medo a
que se estendese a revolución. O rei conspirou coas potencias inimigas e tratou de fuxir de
Francia.
Ante a gravidade dos feitos a Asemblea Nacional convocou novas eleccións por sufraxio
universal masculino e a nova asemblea aboliu a monarquía e proclamou a República en
1792. O novosistemapolíticochamábase convención.A Asembleaasumíatodosospoderesdo
Estado e os exercíaa travésde Comités. Promulgaríase unha nova constitución que recoñecía
o sufraxio universal masculinoe a soberanía popular.O rei foi xulgado e condenado a morte.
A execución do rei agravou a guerra contra os Estados veciños e radicalizou as posturas
internas. Incluso houbo un período ditatorial dirixido por Robespierre. Foi a época do terror,
na que perseguiron e executaron a todas as persoas sospeitosas de estar en contra da
revolución.
Ao final acabáronse impoñendo os burgueses moderados e caendo Robespierre.
A inestabilidade políticae asguerras fixeronque osmilitares tivesen cada ve máis poder.
En 1799, apoiado pola burguesía, partidaria do mantemento da orde para beneficiarse das
conquistas realizadas, o xeneral Napoleón Bonaparte deu un golpe de Estado.
Progresivamente foi concentrando todos os poderes nas súas mans e en 1804 proclámase
emperadore Francia transfórmase nun imperio.O prestixiode Napoleón baseábase nos seus
éxitosmilitares.Oimperionapoleónicoconverteusenunhacuriosamesturaentre liberalismoe
ditadura.A extensióndoimperiopropagouideasliberaiscomoaelaboraciónde constitucións.
A Restauración e as revolucións liberais do XIX
Napoleón Bonaparte: liberalismo ou absolutismo?.
A RevoluciónFrancesa marcou a entrada do liberalismoenEuropa.Na última
etapa da revolución, tomou o poder, como vimos, Napoleón Bonaparte, que
constitúe unha curiosa mestura entre liberalismo e absolutismo.
Napoleón foi o primeiro ditador contemporáneo. Moitos outros ditadores
responderán máis tarde a este patrón ao longo da Idade Contemporánea: un
militarde éxito,que procede máis ou menos do pobo (non da realeza), que chega
ao poder apoiado por un grupo político e que goberna co apoio das Forzas Armadas.
Napoleónconcentratodosospoderesdo Estado, o que o aproxima ao absolutismo. Pero
tamén introduce ou mantén, aínda que ás veces só formalmente, algunhas das conquistas
liberais:
- Constitución.
- Cámaras de representantes (aínda que quitándolles o
verdadeiro sentido democrático).
- Creou un Código civil que recollía as principais achegas do
liberalismodarevoluciónfrancesa,aorecollermoitos dereitos
civís: dereito de propiedade, liberdade de conciencia e de
traballo... O Estado era laico, separando Igrexa e Estado.
Admitíase o matrimonio civil e o divorcio.
A caída de napoleón en 1815 marcou a fin do ciclo revolucionario comezado en 1789 e o
comezo do período denominado Restauración, porque
restauraba o absolutismo.
O Congreso de Viena
As principais potencias europeas reuníronse no
congreso de Viena, presidido polo chanceler do imperio
austríaco, Metternich. Alí acordaron que os países que
estiveran sometidos a Napoleón volverían ao absolutismo
cos seus reis lexítimos. Refixeron as fronteiras á súa
conveniencia,senterencontaos desexosda poboación de
cada territorio. Crearon unha serie de Estados – tapón ao
redor de Francia e uniron e desuniron ao seu antollo.
Para evitar que ocorrera de novo algo semellante ao que acontecera coa Revolución
Francesa, crearon unha serie de alianzas internacionais, para intervir nos países nos que se
viranameazadososmonarcas absolutoslexítimos:aSantaAlianzae a CuádruplaAlianza.A isto
chamóuselle o “sistema Metternich”: un sistema de relacións internacionais que se mantivo
dende ocongresode Vienaata a I Guerra Mundial e que consistía en convocar congresos cada
vez que había un conflito para tratar de manter o equilibrio de poder.
As revolucións liberais
Os intentos da Restauración de volver ao Antigo Réxime, sen máis, non tiveron éxito.
Nalgúns lugares xurdiron revolucións. Houbo varias ondas revolucionarias en 1820, 1830 e
1848.
Porqué se produciron estas revolucións?. Houbo varios motivos:
- As ideas liberais e a oposición ao absolutismo. Agora o liberalismo era algo posible,
nonsó unha ideana cabezadunpuñadode intelectuais,senónalgoque xa se levara á
práctica.
- Os sentimentosde pertenza aunha nacionalidade.A invasión napoleónica acentuaba
entre a poboacióndospaísesinvadidoso sentimento de pertenza a unha nación. Ese
sentimento aumentou cando no Congreso de Viena se refixeron as fronteiras de
forma artificial.
- As condicións económicas e a desigualdade social.
A primeiraondarevolucionariainiciouse enEspañaonde en 1820 o comandante Riego se
pronuncioucontraa monarquía absolutade FernandoVII.Asícomezouunhaetapade goberno
liberal na que o rei tivo que gobernar respectando a constitución de 1812. Este período
finalizoucoaintervenciónda Santa Alianza: os seus exércitos (os chamados “Cen mil fillos de
San Luis”) invadiron España e restauraron o absolutismo.
A segunda onda revolucionaria foi en 1830 e comezou en Francia.
As revolucións de 1848 afectaron a numerosos países. Nalgúns lugares reivindicábase
tamén o sufraxio universal masculino.

More Related Content

What's hot

Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeAntía Sanmarco
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismorubempaul
 
Vocabulario
VocabularioVocabulario
VocabularioEvaPaula
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Agrela Elvixeo
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEcamposseijo
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 

What's hot (20)

Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
Vocabulario
VocabularioVocabulario
Vocabulario
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Sabela Ii
Sabela IiSabela Ii
Sabela Ii
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIME
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 

Viewers also liked

Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaFernanda Suárez Méndez
 
Organización política e territorial de españa .
Organización política e territorial de españa .Organización política e territorial de españa .
Organización política e territorial de españa .Fernanda Suárez Méndez
 
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoFernanda Suárez Méndez
 
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine ArtJacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine ArtJacob Foran
 
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8 Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8 Patricia Farias
 
Marketing plan for business
Marketing plan for business  Marketing plan for business
Marketing plan for business Athif Azeez
 
Planning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skillsPlanning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skillspipersfp7project
 
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & contextPlanning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & contextpipersfp7project
 
Planning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goalsPlanning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goalspipersfp7project
 
Mapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativosMapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativosExavier Blasini
 
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13Patricia Farias
 
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymesCatalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymesMohammad Ibrahim
 
Planning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.valuesPlanning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.valuespipersfp7project
 
Planning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devtttPlanning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devtttpipersfp7project
 
Marketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint SampleMarketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint Sampletwolfs
 

Viewers also liked (20)

A revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVIIA revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVII
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 
Enquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostasEnquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostas
 
Organización política e territorial de españa .
Organización política e territorial de españa .Organización política e territorial de españa .
Organización política e territorial de españa .
 
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
 
Getting Funding or Financing6 (7 12-16)
Getting Funding or Financing6 (7 12-16)Getting Funding or Financing6 (7 12-16)
Getting Funding or Financing6 (7 12-16)
 
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine ArtJacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
Jacob Foran Exhibition Catalogue by Abmeyer + Wood Fine Art
 
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8 Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
Livro dos espíritos Q.465 e ESE cap3 item 8
 
Marketing plan for business
Marketing plan for business  Marketing plan for business
Marketing plan for business
 
Industry and competitor analysis lec 5
Industry and competitor analysis lec 5Industry and competitor analysis lec 5
Industry and competitor analysis lec 5
 
Planning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skillsPlanning your research career (for trainers) 3.skills
Planning your research career (for trainers) 3.skills
 
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & contextPlanning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
Planning your research career (for trainers) 2.car dev intro & context
 
Planning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goalsPlanning your research career (for trainers) 7.goals
Planning your research career (for trainers) 7.goals
 
Mapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativosMapa conceptual sistemas educativos
Mapa conceptual sistemas educativos
 
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
Livro dos Espiritos Q.467 a 472 e ESE cap3 item13
 
Marketing plan lec-12
Marketing plan lec-12Marketing plan lec-12
Marketing plan lec-12
 
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymesCatalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
Catalysts/Enzymes/biological catalysts/what are catalysts/what are enzymes
 
Planning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.valuesPlanning your research career (for trainers) 6.values
Planning your research career (for trainers) 6.values
 
Planning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devtttPlanning your research career (for trainers) 10.car devttt
Planning your research career (for trainers) 10.car devttt
 
Marketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint SampleMarketing Business Plan PowerPoint Sample
Marketing Business Plan PowerPoint Sample
 

Similar to O liberalismo político

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoAgrela Elvixeo
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisHumberto Martínez
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesaaialo1
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistaspablokatt
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnieves
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 

Similar to O liberalismo político (20)

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
Tema1 sociais
Tema1 sociaisTema1 sociais
Tema1 sociais
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
Tema2.
Tema2.Tema2.
Tema2.
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 

More from Fernanda Suárez Méndez

Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

More from Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Tema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3ºTema 1 xeografía 3º
Tema 1 xeografía 3º
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Titanic
TitanicTitanic
Titanic
 

O liberalismo político

  • 1. O liberalismo político: A burguesía1 decatouse de que os reis absolutos, mesmo cando se convertían en déspotas ilustrados2 e aplicaban as ideas da Ilustración, non cambiaban a fondo o sistema político, económico e social. Xurdiulles a necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía. A primeira revolución liberal foi a dos Estados Unidos, que conseguiu a independencia das 13 colonias do Reino Unido. Pero en Europa tivo máis repercusión a Revolución Francesa que comezou en 1789. O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau). Os principios que defende o liberalismo son:  Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos, ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais son a liberdade3 , a propiedade e a igualdade ante a lei. Na práctica o sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade 1 Burguesía: é a clasesocial formada por persoas acomodadas quelogran ter propiedades e capital,ou sexa,cartos.O nome venlle de cando no Antigo Réxime vivían no burgo ou cidade.A burguesía no Antigo Réxime formaba parte do Terceiro Estado, é dicir,aínda queeran ricos ericas non tiñan privilexios.Tiñan quepagar impostos,eran xulgados por leis diferentes aos privilexiados (nobreza e clero),non podían acadar determinados cargos da administración eo exército, etc. No século XIX a burguesía converterase na clasedominanteimpoñendo a súa visión económica epolítica do mundo. 2 Déspotas ilustrados: monarcas quedurante o Antigo Réxime, aplicaron asmedidas propostaspola Ilustración paramellorar a vidados seus súbditos esúbditas.Melloraban as cidades (medidas de hixiene, empedrado, construción demonumentos, etc), investían en industria (reais fábricas),favorecían o progreso (Sociedades Económicas deAmigos do País),etc. Pero non soltaban as rendas do poder, seguían a ser reis absolutos etiñan a soberanía e os tres poderes. 3 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión, de relixión,dereunión, de asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
  • 2. económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos pola súa cor ou etnia. Pero isto vémolo claro hoxe en día. Daquela o sufraxio era algo moi avanzado e á meirande parte da xente parecíalles normal que as mulleres e os escravos non votasen.  Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.  Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.  Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución española de 1812. O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das revolucións políticas. Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:  O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta. Este liberalismo mantén gran parte do poder monárquico. O rei ou a raíña comparten a soberanía co pobo. O sufraxio será censatario.  O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias. O liberalismo democrático limita moito o poder da monarquía ou incluso camiña cara ao republicanismo4 nalgúns momentos, e considera que a soberanía debe de ser do pobo e os sistemas electorais deben ter sufraxio universal. 4 República:forma de goberno na que o cargo de xefe de Estado está en mans dunha persoa elixida por votación por un tempo determinado, en lugar de ser un monarca que herda o trono durante toda a súa ida.A república éo contrario da monarquía. Non confundircondemocracia, quenonten nada quever. Ademocraciaé o contrario deditadura.Na democracia manda o pobo. Pero unha democracia podeser república (comoa democracia francesa, que ten un presidentecomo xefe deEstado) ou unha democracia podeser unha monarquía (comoa actualdemocracia española que ten comoxefe deEstado a unrei, FilipeVI).
  • 3. A Independencia dos Estados Unidos de América (As fotocopias do libro de texto non as hai que saber) O Reino Unido tiña, no século XVIII, unhas colonias5 na costa leste de América do Norte.O ReinoUnido aproveitábase economicamente destes territorios: conseguía materias primas e reservábase o monopolio6 comercial. Isto dificultaba o comercio entre as Trece Colonias e outras zonas de América. A orixe do problema tivo, por tanto, unha base económica, pois as colonias vían na metrópole unha barreira para o seu desenvolvemento. A tensión política agravou a situación. Recordemos que o Reino Unido non tiña unha situación de absolutismo como tiñan Francia ou España, por exemplo. No Reino Unido había un sistemaparlamentarionoque orei tiña moitopoder,peroaspersoascon podereconómico (burgueses ou nobres adiñeirados) podían votar a parte dos membros do parlamento e o parlamento controlaba un pouco o que facía o rei. Os impostos aprobábanse no parlamento. As Trece Colonias non tiñan representación no parlamento do Reino Unido. Así que moitas veces se negaban a pagar impostos, posto que os aprobaban no parlamento británico sen consultalos.O rei de do Reino Unido, tratou de corrixir este problema e obrigalos a pagar. As Trece Colonias responderonboicoteandoosprodutos británicos (é dicir,deixaronde comprar determinados produtos que se fabricaban no Reino Unido e se vendían nas colonias). Como conseguíanboicotearesesprodutosse oReinoUnidotiñao monopolio?.Poisporexemplo, en lugar de comprar o te á compañía británica á que llo tiñan que mercar (que o traía de China), comprábano de contrabando, a compañías que o traían de outras colonias que non eran británicas. Así que o ambiente xa era tenso. E a gota que colmou o vaso foi que o Reino Unido lle permitiu á Compañía Inglesa das Indias Orientais vender o te practicamente sen pagar impostos, co que resultaba aínda máis barato que o de contrabando. As Tea Acts, que deron ese monopolio da venda de te tan vantaxoso a esa compañía, prexudicaba aos comerciantes americanos, que responderon atacando uns barcos británicos cargados de té que estaban no porto de Boston (motín do te). Este foi o comezo da guerra da Independencia. Pero o máis importante non foi que estas colonias se independizaran, senón como o fixeron.Podíanindependizarsee nomear rei a algún parente do rei británico, por exemplo, e establecer un sistema semellante ao do Reino Unido, ou un sistema absolutista como o que tiñan a meirande parte dos países de Europa. Pero non fixeron tal. Tiñan as ideas da ilustración na cabeza e ademais viñan dunha situación que xa non era absolutista, a do parlamentarismo inglés. Organizáronse segundo os principios do liberalismo político. A Declaración de Independencia xa deixa ver ese concepto liberal do poder, que ven da Ilustración, no que o poder do rei, en realidade emana do pobo. O rei debe defender os dereitos do pobo, e se non o fai, o pobo estaría no seu dereito de opoñerse a el. O concepto 5 Colonia:territorio dominado por unha potencia estranxeira. 6 Monopolio comercial:so pode comprar e vender un produto determinado unha entidade concreta. É dicir,O Reino Unido facía leis que prohibían queoutros puideran comerciar coas 13 colonias.Así por exemplo, se eu son un burgués e fabrico algo,só llelo podo vender ao Reino Unido, e non podo facer negocio con España,por exemplo, sen a intervención do Reino Unido que sacará beneficio.
  • 4. absolutista do poder era que o rei tiña todo o poder sen limitacións, e só Deus podería obxectaralgo. No conceptoliberal o rei si que tenlímites. Asoberanía7 é da nación,non dorei ou a raíña. Esta era unha idea que viña da Ilustración. Organizáronse segundo os principios liberais, as ideas políticas da burguesía, que se espallarán por Europa no século XIX: - Constitución8 . - División de poderes9 . - Sufraxio10 . A Constitución dos Estados Unidos foi a primeira constitución da historia. Nela recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes. O poder lexislativo residía en dúas cámaras, elixidas por sufraxio universal masculino (homes brancos), algo moi avanzado na época (pensemos que na maior parte de Europa reinaba o absolutismo), o executivo nun presidente elixido por votación, algo totalmente revolucionario nun mundo de reis que herdabandosseusantepasadosodereitoagobernare o xudicial eranxuícesindependentes.A elección do presidente era por votación indirecta. En 1789, o mesmo ano que estalaría a Revolución Francesa, George Washington converteuse no primeiropresidente dos Estados Unidos. 7 Soberanía = poder 8 Constitución: é a lei fundamental dun Estado, superior a calquera outra lei que se faga nese Estado, que define os dereitos e liberdades da cidadanía e que establece como se van repartir os poderes e as institucións. As constitucións defende os dereitos da poboación e limita o poder para que non se cometan abusos. Hoxe en día a constitución é a base de calquera democracia, unha característica fundamental das democracias da Idade Contemporánea. O primeiro que fai un ditador cando toma o poder a través dun golpe de Estado na actualidade é eliminar ou suspender a Constitución. 9 División de poderes: sepáranseo poder lexislativo,executivo e xudicial para evitar tiraníaseque uns controlen aos outros. 10 Sufraxio: voto. No absolutismo non había sufraxio.Como moito había voto por estamento como veremos na Revolución Francesa,pero non voto por persoa.Ao comezo na meirande parte dos países,o sufraxio será censatario, é dicir,só poden votar as persoas que están nun censo que sefai en función da riqueza,o sexo e a raza.Só podían votar en principio,os homes brancos ricos.En Estados Unidos o sufraxio era moi avanzado,pois era sufraxio universal, é dicir,poden votar todos, aínda que neste momento “todos” eran só os homes de raza branca.As mulleres e os escravos non votaban.
  • 5. A Revolución Francesa A Revolución11 Francesa foi a revolución liberal de maior repercusión, por iso moitos a consideran o fito que marca o cambio da Idade Moderna á Idade Contemporánea. A Revolución Francesa foi a revolución que puxo fin ao Antigo Réxime. Cales foron as súas causas? En primeirolugar hai que falar das ideas da Ilustración12 . A Ilustración espallara, a través de diferentesescritos,libros, debates, etc., ideas como a soberanía nacional, a separación de poderese o sufraxio.Estasideasserándecisivasparaque aoproducirse revoltas, estas acaben derivandonunharevoluciónque cambie a organización política e transforme o absolutismo13 en liberalismo14 . Pero que situación concreta derivou nun estoupido revolucionario? - O descontento social do Terceiro Estado15 : o A burguesía enriquecida quería acceder ao poder político e quitar os privilexios á nobreza. o O campesiñado apenas podía sobrevivir polos numerosos impostos aos que debía facer fronte. - A crise económica. o Desde 1760 houbo unha serie de malas colleitas que provocaron o aumento dos prezos e o descontento dos grupos populares. o A FacendaReal taménestabaencrise,poloselevadosgastosestatais (luxo da corte e participación na guerra da independencia americana). o Os privilexiados non pagaban impostos e o terceiro Estado afogaba coas últimas subidas. - Perda de apoio de Luis XVI. o A ilustración estaba descontenta porque Luis XVI non aplicaba as reformas que levasen ao país ao progreso. o A nobreza desconfiaba porque os ministros de economía intentaban conseguir que pagasen impostos. 11 Non debemos confundir revolucióne revolta. Unha revolta sonsimplemente desórdenes públicos, que poden ser moi graves pero noncambiana forma de organizarse. Unha revolucióné uncambio brusconas estruturas políticas, económicas ousociais que pode ser conseguidode forma pacífica (como a revoluciónindustrial) ouviolenta. 12 Ilustración:corrente de pensamentoque se desenvolveu noséculoXVIII que pretendía iluminar o mundo coas luces da razón. O séculoXVIII é coñecido por iso como o “século das luces”. Os pensadores e pensadoras ilustradas estabanconvencidos de que o mundopodía mellorarse grazas aocoñecementohumano. Criticabana superstición, os estamentos e privilexios e todoaquilopropiodoAntigoRéxime que considerabanque entorpecía o progreso da humanidade. 13 Absolutismo: réxime político habitual noAntigo Réxime e que se caracteriza por concentrar todos os poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nasmans dunrei oudunha raíña. 14 Liberalismo político: réxime políticoque se estendeupor Europa noséculoXIXe que entregaba o poder á cidadanía que elexía aos seus representantes de forma libre e soberana. O liberalismodefende as liberdades individuais e unha mínima intervención doEstadonos asuntos públicos. É o sistema político que viña benaos intereses da burguesía doséculoXIX. 15 Terceiro Estado: estamento nonprivilexiado doAntigo Réxime. Nel estabandesde o campesiñado máis pobre ata a burguesía máis rica, pero todos elese elas sen privilexios, tiñanque pagar impostos, no campo estabansometidos ao réxime señorial e nonpodían acadar os postos máis altos da administraciónoudo exércitopor moi ricos que foran.
  • 6. o As clasespopularesnonlle tiñandemasiadorespecto aunrei que empezara a gobernar moi novo e inexperto, que tardou demasiado tempo en ter descendencia e que dilapidaba os cartos en luxos innecesarios. En 1787 o rei convocou unha asemblea de notables para convencer aos privilexiados de que pagasenimpostos(nontiñanobrigaperopodíanfacelovoluntariamente).Estes negáronse e Luis XVI viuse obrigado a convocar os Estados Xerais, a única asemblea que podía autorizar novos tributos. Esta asemblea, non era como os parlamentos actuais. Era unha asemblea propia do Antigo Réxime, que se reunía cando o rei a convocaba para facerlles algunha consulta. Reuníanse representantesdostresestamentos,que deliberabansobre asconsultasque facía o soberano e votaban por separado: cada estamento un voto. Cada estamento aproveitaba a convocatoria para escribir unhas cartas con peticións para o rei, nas que comentaban os seus problemas. En Francia estes Estados Xerais non se reunían dende principios do século XVII. Os diferentesgrupossociaiselaborarone enviaronas súas queixas e peticións, recollidas enmultitude de cadernosde queixas,panfletose escritos,que constitúenunavaliosafontede información para a historiografía actual, para obter numerosísimos datos sobre a situación antes da revolución. A nobreza e o clero querían votar por estamento como se fixera sempre, pois así tiñan maioría osestamentosprivilexiados. O Terceiro Estado quería que o voto fora individual, por persoa.Os debatessobre como sería o voto prolongábanse e non parecían chegar a ningunha parte. Aquí é onde entra en xogo a ideoloxía da Ilustración. Ante a falta de acordos, os representantesdoTerceiro estado, contando co apoio de representantes do baixo clero e da baixa nobreza de orixe burgués, deciden cambiar o sistema de reunión e formar unha Asemblea Nacional, considerada por eles como a única representación lexítima da nación francesa. O rei, co apoio da meirande parte dos privilexiados, tentou clausurar as súas reunións impedíndolles o acceso á sala. O Terceiro Estado reaccionou radicalizando as súas posturas. Cambiaron o lugar de reunión e, esta vez, en lugar de autoproclamarse Asemblea Nacional,decidenredactarnadamenosque unha constitución,polo que pasan a considerarse Asemblea Constituínte. Isto en si mesmo é moi revolucionario. Rompían cos principios de legalidadepolíticaataentónvixentes (sometementoávontade dorei absoluto,orixe divinodo poder do rei por enriba do cal non pode estar ninguén) e organizábanse polos principios da Ilustración: soberanía nacional. Paralelamente o ambiente en París era de gran axitación. Ante as manobras do rei, que comezou a reunir tropas, o 14 de xullo de 1789, os habitantes de París asaltan a Bastilla, o cárcere real, símbolo do absolutismo, e fanse co control do poder na cidade. Esta data simbólica considérase o inicio da revolución. A imitación do que acontecera na capital, nas cidades de provincias prodúcese a substitución das autoridades existentes por outras novas, partidarias das reformas.
  • 7. No campo, as noticias do que estaba a suceder e o temor ás represalias aristocráticas causaron, a finais de xullo e comezos de agosto, unha onda de pánico masivo con asaltos ás casas e castelos da nobreza e queima das escrituras onde se recollían as obrigacións e as rendas feudais. A Asemblea Nacional, co apoio popular, comezou a gobernar e transformar Francia. A Asemblea rematou co Antigo Réxime: - Aboliron o réxime feudal dos señoríos. - Fixeron A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que recolle o programa básicodeste movemento liberal e burgués. Xa non haberá estamentos privilexiados senón igualdade ante a lei. - En 1791 a A Asemblea Nacional aprobou a primeira Constitución francesa. Organizábanse como unha monarquía constitucional, con soberanía nacional, separación de poderes e sufraxio (aínda que era un sufraxio censatario o feito de poder votar nun contexto europeo absolutista era moi revolucionario). - Aprobaron leis moi favorables aos intereses da burguesía. Aprobáronse medidas contra a Igrexia:expropiacióndosseusbens,aboliciónde conventos...Estableceuse a liberdade de comercioe industria suprimindoosgremios e prohibindo as asociacións obreiras. A partir de aí os revolucionarios foron dividíndose en función da maior ou menor radicalización das súas demandas. Os había que apoiaban unha monarquía constitucional e estaban xa contentos coas reformas, pero os había que estaban a favor dunha república. Os había satisfeitos co sufraxio censatario e os que eran partidarios dunha maior democracia. Houbo varios feitos que marcaron a evolución da revolución. Por unha parte o rei dedicouse a frear as reformas, co poder que lle outorgaba a monarquía constitucional. Ademais varias potencias absolutistas europeas declaráronlle a guerra a Francia, por medo a que se estendese a revolución. O rei conspirou coas potencias inimigas e tratou de fuxir de Francia. Ante a gravidade dos feitos a Asemblea Nacional convocou novas eleccións por sufraxio universal masculino e a nova asemblea aboliu a monarquía e proclamou a República en 1792. O novosistemapolíticochamábase convención.A Asembleaasumíatodosospoderesdo Estado e os exercíaa travésde Comités. Promulgaríase unha nova constitución que recoñecía o sufraxio universal masculinoe a soberanía popular.O rei foi xulgado e condenado a morte. A execución do rei agravou a guerra contra os Estados veciños e radicalizou as posturas internas. Incluso houbo un período ditatorial dirixido por Robespierre. Foi a época do terror, na que perseguiron e executaron a todas as persoas sospeitosas de estar en contra da revolución. Ao final acabáronse impoñendo os burgueses moderados e caendo Robespierre. A inestabilidade políticae asguerras fixeronque osmilitares tivesen cada ve máis poder. En 1799, apoiado pola burguesía, partidaria do mantemento da orde para beneficiarse das conquistas realizadas, o xeneral Napoleón Bonaparte deu un golpe de Estado.
  • 8. Progresivamente foi concentrando todos os poderes nas súas mans e en 1804 proclámase emperadore Francia transfórmase nun imperio.O prestixiode Napoleón baseábase nos seus éxitosmilitares.Oimperionapoleónicoconverteusenunhacuriosamesturaentre liberalismoe ditadura.A extensióndoimperiopropagouideasliberaiscomoaelaboraciónde constitucións. A Restauración e as revolucións liberais do XIX Napoleón Bonaparte: liberalismo ou absolutismo?. A RevoluciónFrancesa marcou a entrada do liberalismoenEuropa.Na última etapa da revolución, tomou o poder, como vimos, Napoleón Bonaparte, que constitúe unha curiosa mestura entre liberalismo e absolutismo. Napoleón foi o primeiro ditador contemporáneo. Moitos outros ditadores responderán máis tarde a este patrón ao longo da Idade Contemporánea: un militarde éxito,que procede máis ou menos do pobo (non da realeza), que chega ao poder apoiado por un grupo político e que goberna co apoio das Forzas Armadas. Napoleónconcentratodosospoderesdo Estado, o que o aproxima ao absolutismo. Pero tamén introduce ou mantén, aínda que ás veces só formalmente, algunhas das conquistas liberais: - Constitución. - Cámaras de representantes (aínda que quitándolles o verdadeiro sentido democrático). - Creou un Código civil que recollía as principais achegas do liberalismodarevoluciónfrancesa,aorecollermoitos dereitos civís: dereito de propiedade, liberdade de conciencia e de traballo... O Estado era laico, separando Igrexa e Estado. Admitíase o matrimonio civil e o divorcio. A caída de napoleón en 1815 marcou a fin do ciclo revolucionario comezado en 1789 e o comezo do período denominado Restauración, porque restauraba o absolutismo. O Congreso de Viena As principais potencias europeas reuníronse no congreso de Viena, presidido polo chanceler do imperio austríaco, Metternich. Alí acordaron que os países que estiveran sometidos a Napoleón volverían ao absolutismo cos seus reis lexítimos. Refixeron as fronteiras á súa conveniencia,senterencontaos desexosda poboación de cada territorio. Crearon unha serie de Estados – tapón ao redor de Francia e uniron e desuniron ao seu antollo. Para evitar que ocorrera de novo algo semellante ao que acontecera coa Revolución Francesa, crearon unha serie de alianzas internacionais, para intervir nos países nos que se viranameazadososmonarcas absolutoslexítimos:aSantaAlianzae a CuádruplaAlianza.A isto
  • 9. chamóuselle o “sistema Metternich”: un sistema de relacións internacionais que se mantivo dende ocongresode Vienaata a I Guerra Mundial e que consistía en convocar congresos cada vez que había un conflito para tratar de manter o equilibrio de poder. As revolucións liberais Os intentos da Restauración de volver ao Antigo Réxime, sen máis, non tiveron éxito. Nalgúns lugares xurdiron revolucións. Houbo varias ondas revolucionarias en 1820, 1830 e 1848. Porqué se produciron estas revolucións?. Houbo varios motivos: - As ideas liberais e a oposición ao absolutismo. Agora o liberalismo era algo posible, nonsó unha ideana cabezadunpuñadode intelectuais,senónalgoque xa se levara á práctica. - Os sentimentosde pertenza aunha nacionalidade.A invasión napoleónica acentuaba entre a poboacióndospaísesinvadidoso sentimento de pertenza a unha nación. Ese sentimento aumentou cando no Congreso de Viena se refixeron as fronteiras de forma artificial. - As condicións económicas e a desigualdade social. A primeiraondarevolucionariainiciouse enEspañaonde en 1820 o comandante Riego se pronuncioucontraa monarquía absolutade FernandoVII.Asícomezouunhaetapade goberno liberal na que o rei tivo que gobernar respectando a constitución de 1812. Este período finalizoucoaintervenciónda Santa Alianza: os seus exércitos (os chamados “Cen mil fillos de San Luis”) invadiron España e restauraron o absolutismo. A segunda onda revolucionaria foi en 1830 e comezou en Francia. As revolucións de 1848 afectaron a numerosos países. Nalgúns lugares reivindicábase tamén o sufraxio universal masculino.