LIBERALISMO E  NACIONALISMO

A REVOLUCIÓN FRANCESA: CAUSAS E FASES.

RESTAURACIÓN. O CONGRESO DE VIENA.

LIBE...
QUE É UNHA REVOLUCIÓN

Cambio   rápido ,  profundo  e posiblemente  violento  que afecta ás institucións políticas,...
A REVOLUCIÓN FRANCESA ■  As causas da revolución francesa . ■  Fases: 1ª fase: Asemblea constituínte (1789-90) 2ª fase: As...
CAUSAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA ◙  POLÍTICAS: Goberno despótico dun monarca absoluto, Luís XVI. ◙  SOCIAIS: os privilexiados...
FASES DA REVOLUCIÓN FRANCESA 1ª FASE: ASEMBLEA CONSTITUÍNTE (1789-90) O ministro de finanzas  Necker  convoca os Estados X...
■  Formase unha milicia pola Comuna de París, que se chama  Garda Nacional . ■   Aboliuse o sistema feudal. ■   Aprobouse ...

2ª FASE: ASEMBLEA LEXISLATIVA (1791-92)

O rei xura a Constitución.

Asemblea f...

3ª FASE: CONVENCIÓN REPUBLICANA (1792-94) A República foi proclamada por unha Convención Nacional. O rei foi condenado e e...
O medo á Contrarrevolución: promulgouse a  lei de sospeitosos , procedéndose a execucións masivas. Dentro da Convención xa...
A morte de Marat, por David Robespierre Danton
4ª FASE: CONVENCIÓN TERMIDORIANA E O DIRECTORIO (1794-1799) A burguesía conservadora pecha os clubs e as sociedades patrió...
5ª FASE: CONSULADO (1799-1804) En 1801 Napoleón asina o tratado de paz con Austria en Luneville e logo con Gran Bretaña en...
A coroación de Napoleón, por David
6º FASE: O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-15) A nova  Constitución de 1804  dáballe a Napoleón o título de emperador dos france...
Os problemas aparecen a partires deste ano coa invasión de Rusia e as guerras de guerrillas en España. O  11 de abril de 1...
O GRANDE IMPERIO FRANCÉS (1811)

RESTAURACIÓN. O CONGRESO DE VIENA 1814 – 1815  Congreso de Viena  a proposta do chanceler austríaco  Metternich. O bxectiv...
A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA (1815)
LIBERALISMO   As bases ideolóxicas de todas as revolucións da primeira metade do século XIX son: o  liberalismo  e o  naci...
■  Establécese a división de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), para que o poder non poida ser absoluto. ■  O li...
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONAIS REVOLUCIÓN DE 1820 Levantamentos liberais dirixidos por militares, mediante insurreció...
Grecia expira sobre as ruinas de Missolonghi,  de E. Delacroix A matanza de Quios , de E. Delacroix
REVOLUCIÓN DE 1830 ■  Francia iniciou o  movemento revolucionario  cando a burguesía liberal derrocou ao último Borbón ( C...
Eugéne Delacroix: A liberdade guiando ao pobo

REVOLUCIÓN DE 1848 As causas desta revolución: situación económico-social, falta de liberdades. A gran diferencia coas rev...
NACIONALISMO O nacionalismo é unha ideoloxía política que sostén o dereito dos pobos a decidir sobre eles mesmos e a defen...
UNIFICACIÓN DE ALEMAÑA Alemaña quedou fraccionada en trinta e seis Estados tralo Congreso de Viena. A  unificación  realiz...

UNIFICACIÓN ITALIANA Italia quedou dividida en 6 Estados tralo Congreso de Viena. Os movementos nacionalistas ata 1849 est...
UNIFICACIÓN ITALIANA
Upcoming SlideShare
Loading in …5

Liberalismo e nacionalismo

725 views

Published on

Presentación que fala sobre as revolucións liberais do século XIX

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
• Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
725
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
15
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Liberalismo e nacionalismo

1. 1. LIBERALISMO E NACIONALISMO
2. 2.

A REVOLUCIÓN FRANCESA: CAUSAS E FASES.

RESTAURACIÓN. O CONGRESO DE VIENA.

LIBERALISMO E NACIONALISMO

■ REVOLUCIÓN DE 1820 , 1830 , 1848 .

■ UNIFICACIÓN ITALIANA E ALEMÁ .

3. 3. QUE É UNHA REVOLUCIÓN

Cambio rápido , profundo e posiblemente violento que afecta ás institucións políticas, económicas ou sociais de un o varios estados. Aparecen enfrontadas dúas forzas: os partidarios de manter as vellas estruturas (reaccionarios) e los partidarios de derrubalas para crear outras novas ( revolucionarios ).

As revolucións políticas que tiveron lugar nese período (fins do século XVIII e 1ª metade do XIX) terminaron co absolutismo e substituírono por novas formas de goberno baseadas na igualdade ante a lei, a democracia e a liberdade individual . A sociedade feudal estamental deixou de existir e no seu lugar erixiuse a sociedade de clases capitalista.

4. 4. A REVOLUCIÓN FRANCESA ■ As causas da revolución francesa . ■ Fases: 1ª fase: Asemblea constituínte (1789-90) 2ª fase: Asemblea lexislativa (1791-92) 3ª fase: Convención republicana (1792-94) 4ª fase: Convención termidoriana e o Directorio (1794-1799) 5ª fase: Consulado (1799-1804) 6º fase: o Imperio Napoleónico (1804-15)
5. 5. CAUSAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA ◙ POLÍTICAS: Goberno despótico dun monarca absoluto, Luís XVI. ◙ SOCIAIS: os privilexiados estaban molestos porque se lles quería facer pagar impostos, a burguesía tiña o poder económico pero non o político, e o campesiñado sufría aínda máis a presión fiscal. Ningún grupo social contento. ◙ ECONÓMICAS: A crise de subsistencias de 1788, a suba de prezos dos alimentos e a creba de Facenda polos gastos da guerra dos 7 anos con Gran Bretaña (1756-63) e a Guerra de Independencia americana (1776). ◙ IDEOLÓXICAS: a influencia dos Ilustrados (Voltaire, Montesquieu, Rousseau) e o exemplo da independencia americana.
6. 6. FASES DA REVOLUCIÓN FRANCESA 1ª FASE: ASEMBLEA CONSTITUÍNTE (1789-90) O ministro de finanzas Necker convoca os Estados Xerais para que os privilexiados pagaran impostos  leva á Revolta dos Privilexiados . Coa redacción do Caderno de Queixas o Terceiro Estado demandou pasar do voto por estamento ao voto por persoa, a supresión do réxime feudal e os seus abusos. Os Estados Xerais inauguráronse o 5 de maio de 1789 en Versalles. O 16 de Xuño os membros do Terceiro Estado declaráronse en Asemblea Nacional , depositaria da soberanía. Xuntáronse na Sala do Xogo da Pelota para crear unha Constitución. O 14 de xullo de 1789 , as clases populares urbanas toman a fortaleza da Bastilla. A revolución estendeuse ao campo, como revolta antiseñorial (gran medo).
7. 7. ■ Formase unha milicia pola Comuna de París, que se chama Garda Nacional . ■ Aboliuse o sistema feudal. ■ Aprobouse a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán , que recoñecía as liberdades individuais e colectivas, a igualdade ante a lei e os impostos. ■ A soberanía vai a residir na Nación francesa. ■ Crease unha igrexa nacional coa chamada Constitución Civil do Clero . Tamén se produce a desamortización dos seus bens. ■ En 1791 promúlgase a primeira Constitución francesa , cuxas características eran: separación de poderes, soberanía nacional, sufraxio indirecto e censatario.
8. 8.

2ª FASE: ASEMBLEA LEXISLATIVA (1791-92)

O rei xura a Constitución.

Asemblea formada por deputados monárquicos, xirondinos e xacobinos .

Problemas internos, escaseza de alimentos, guerras coas potencias opostas á revolución (Inglaterra, Prusia, Austria e España).

1792, a Asemblea Lexislativa declaroulle a guerra a Austria. Un clima de revolta provocou que os sans-culottes , o 10 de agosto de 1792 asaltaran o palacio real, prenderan ao rei e proclamaran a República . Opositores á Revolución: nobreza e clero, descontentos ao perder os seus privilexios, sectores populares e máis radicais ante a restrición do sufraxio. O rei francés intenta fuxir de París coa súa familia para saír ao encontro do exército austríaco ( fuga de Verannes, xuño do 91).
9. 10. 3ª FASE: CONVENCIÓN REPUBLICANA (1792-94) A República foi proclamada por unha Convención Nacional. O rei foi condenado e executado en xaneiro de 1793, provocando unha coalición contra a Francia revolucionaria. Revoltas contrarrevolucionarias (insurrección de La Vendeé , dirixida por Henri de La Rochejaquelain ). Para evitar a contrarrevolución, en xuño de 1793 crease o Comité de Salvación Pública . Nace así o Terror revolucionario . Os xacobinos , dirixidos por Robespierre , e axudados polos sans-culottes subleváronse contra a Convención e en setembro do 93 toman o poder. Nova Constitución (1793), declaración de dereitos máis ampla ca do 91, soberanía popular e o sufraxio universal.
10. 11. O medo á Contrarrevolución: promulgouse a lei de sospeitosos , procedéndose a execucións masivas. Dentro da Convención xacobina había unha grande loita interna: • os indulxentes, dirixidos por Danton , querían poñer fin ao Terror e á persecución relixiosa para acabar coa guerra. • Robespierre e os seus seguidores instauraron unha ditadura e promulgaron a lei do gran terror , para perseguir os inimigos do pobo. Esta lei provocou a sublevación dos grupos máis moderados, que o 27 de xullo de 1794 (mes de Termidor no calendario revolucionario) detiveron a Robespierre e os seus seguidores, sendo executados ao día seguinte. Acababa así a etapa radical da revolución.
11. 12. A morte de Marat, por David Robespierre Danton
12. 13. 4ª FASE: CONVENCIÓN TERMIDORIANA E O DIRECTORIO (1794-1799) A burguesía conservadora pecha os clubs e as sociedades patrióticas. Perséguese aos radicais. En 1795 asinábase a paz con Prusia e España, seguindo en guerra con Austria e Inglaterra. 1795 elaborouse unha nova Constitución , cunha ideoloxía liberal moderada. Executivo: goberno colexiado ( Directorio ), lexislativo: Consello dos Cincocentos e no Consello de Anciáns. No ano 1799 Napoleón Bonaparte , co apoio da burguesía, foi protagonista dun golpe de Estado que lle pon fin ao Directorio e inaugurou o Consulado (1799-1804).
13. 14. 5ª FASE: CONSULADO (1799-1804) En 1801 Napoleón asina o tratado de paz con Austria en Luneville e logo con Gran Bretaña en Amiéns (1802). Concordato coa Santa Sede de 1801, para restablecer a paz relixiosa. Reforma administrativa centralista: prefectos (gobernadores de provincias). Promulgouse un Código Civil para unificar e racionalizar as leis anteriores. En 1802 proclamouse cónsul único e vitalicio . En 1804, Napoleón fíxose coroar emperador polo papa Pío VII. Outorgáballe ao cargo unha orixe divina. A Revolución, neste intre, volvía onde comezara antes de 1789. Á cabeza do estado francés había un home que ostentaba todo o poder, lexitimado por Deus.
14. 15. A coroación de Napoleón, por David
15. 16. 6º FASE: O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-15) A nova Constitución de 1804 dáballe a Napoleón o título de emperador dos franceses. Gran Bretaña dirixe a 2ª coalición (Austria, Prusia e Rusia) contra Francia, que decreta o bloqueo continental, intentando impedir as relacións económicas de Europa con Gran Bretaña. Así constrúe Napoleón o Grande Imperio que dura ata 1812. En todos os países anexionados baixo influencia francesa, Napoleón colocou no trono a familiares ou xenerais do seu exército. Nestes países impuxéronse as ideas revolucionarias : supresión dos dereitos señoriais, décimos e privilexios nobiliarios, consagración da liberdade e da igualdade legal, liberdade económica, liberdade relixiosa e dereito á propiedade.
16. 17. Os problemas aparecen a partires deste ano coa invasión de Rusia e as guerras de guerrillas en España. O 11 de abril de 1814 , Napoleón viuse forzado a abdicar e retirarse á illa de Elba. Luís XVIII foi restaurado no trono francés, pero aínda Napoleón volvería no chamado Imperio dos Cen días para ser derrotado definitivamente na batalla de Waterloo e ser desterrado á illa de Santa Helena .
17. 18. O GRANDE IMPERIO FRANCÉS (1811)
18. 20. RESTAURACIÓN. O CONGRESO DE VIENA 1814 – 1815 Congreso de Viena a proposta do chanceler austríaco Metternich. O bxectivos: ■ Asegurar a Restauración mediante o principio de lexitimidade dos soberanos (contrario ao principio de soberanía nacional). ■ Equilibrio europeo, que non tivo en conta o principio das nacionalidades. Novo mapa europeo , creando unha serie de Estados tapón. ■ Negación dos principios liberais e nacionalistas , polo que tanto liberalismo e nacionalismo uníronse como forzas de oposición á Restauración. ■ Creación dunha Santa Alianza : Austria, Prusia e Rusia, cuxo principio básico era asegurar os ideais sagrados do cristianismo en Europa. Admitiuse o dereito de intervir en calquera país onde se producise un movemento revolucionario.
19. 21. A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA (1815)
20. 22. LIBERALISMO As bases ideolóxicas de todas as revolucións da primeira metade do século XIX son: o liberalismo e o nacionalismo ao que se engade o romanticismo . O Liberalismo político é herdeiro da Ilustración e da Revolución Francesa, fundamenta a sociedade no individuo . O Liberalismo é unha ideoloxía vinculada á burguesía. Características: ■ O Estado garante os dereitos e liberdades dos individuos: liberdade de conciencia, de culto, de expresión, de reunión... ■ A soberanía reside na Nación. O liberalismo propugna un sistema representativo (parlamentario) no que as decisións emanen dunha asemblea elixida por sufraxio. ■ A vontade da nación exprésase mediante a elaboración de leis polo Parlamento e mediante a lei de leis, ou Constitución, marco que regula as relacións entre cidadáns.
21. 23. ■ Establécese a división de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), para que o poder non poida ser absoluto. ■ O liberalismo político complétase co liberalismo económico que defende o dereito á propiedade e a economía de mercado. ■ Hai dous tipos de liberalismo: o doutrinario ou moderado e o democrático:
22. 24. AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONAIS REVOLUCIÓN DE 1820 Levantamentos liberais dirixidos por militares, mediante insurrecións armadas, aínda que sen éxito. ■ En España, o pronunciamento en Cabezas de San Juan (Cádiz) do coronel Del Riego deu paso ao Trienio Liberal , pero a intervención da Santa Alianza pon fin ao liberalismo. ■ En Rusia, Estados Italianos ou Portugal tamén fracasan. ■ Só en Grecia triunfou unha insurrección contra o Imperio Turco (liberalismo + nacionalismo). No ano 1822 proclamouse a súa independencia que se consigue no 1829. ■ Emancipación das colonias españolas de América, impoñendo réximes liberais e republicanos. A causa da non intervención en América por parte dos europeos foi a doutrina Monroe , que impedía calquera intervención europea en América ( América para os americanos )
23. 25. Grecia expira sobre as ruinas de Missolonghi, de E. Delacroix A matanza de Quios , de E. Delacroix
24. 26. REVOLUCIÓN DE 1830 ■ Francia iniciou o movemento revolucionario cando a burguesía liberal derrocou ao último Borbón ( Carlos X ), e estableceu unha nova dinastía, na figura de Luís Filipe de Orleáns . O goberno deste rei estaba baseado no liberalismo doutrinario e o poder estaba nas mans de banqueiros e industriais. Polo tanto, as clases populares continuaban a estar marxinadas, o sufraxio era censatario e as liberdades públicas estaban restrinxidas. ■ Tamén en Bélxica triunfou a revolución, establecendo un sistema liberal e independizándose de Holanda. ■ En Polonia estalou unha revolta duramente reprimida polo tsar de Rusia. ■ En España en 1833 prodúcese o paso ao sistema político liberal.
25. 27. Eugéne Delacroix: A liberdade guiando ao pobo
26. 29. REVOLUCIÓN DE 1848 As causas desta revolución: situación económico-social, falta de liberdades. A gran diferencia coas revolucións anteriores: demándase e lógrase o sufraxio universal. Tamén a soberanía popular, a igualdade social e a aparición da clase traballadora como forza política. En todos os casos (Francia, Alemaña, Italia, Imperio austríaco) a revolta acaba en fracaso. ■ En Francia, un levantamento popular acaba coa monarquía burguesa de Luís Filipe de Orleáns e establece unha república democrática (1848-1851). ■ Na Europa Oriental, a loita foi antiabsolutista e contra a dominación imperial austríaca. As revoltas teñen carácter liberal en Viena (onde Metternich dimitiu) e nacionalista, xa que moitos pobos se levantaron contra a dominación imperial (Hungría, Bohemia, Norte de Italia e Confederación Xermánica).
27. 30. NACIONALISMO O nacionalismo é unha ideoloxía política que sostén o dereito dos pobos a decidir sobre eles mesmos e a defender a súa soberanía. Así, Nación pódese definir como un conxunto de individuos que posúen unha serie de lazos culturais propios (relixión, lingua, tradición, pasado...) e que desexan vivir en común. Os principais teóricos do nacionalismo foron alemáns ( Herder, Fichte ) e italianos ( Mazzini, Mancini ). Ata 1848 únense as ideas liberais coas do sentimento nacional. A loita de Grecia contra o Imperio Turco tivo un significado de afirmación nacional para separarse dun Estado ( nacionalismo centrífugo ), mentres que nos casos de Alemaña e Italia, a loita nacionalista busca a unión de territorios separados no pasado ( nacionalismo centrípeto ).
28. 31. UNIFICACIÓN DE ALEMAÑA Alemaña quedou fraccionada en trinta e seis Estados tralo Congreso de Viena. A unificación realizouse arredor de Prusia , en detrimento de Austria. Prusia liderou a unión de alfándegas ( Zollverein ) en 1834, ou a unión de varios Estados para eliminar barreiras comerciais entre eles. O proceso acelerouse cando en 1862 foi nomeado chanceler prusiano Otto von Bismark , quen impuxo un modelo autoritario e militar. Tres guerras marcarían a unificación definitiva: -Contra Dinamarca en 1864 polos Estados de Schleswig e Holstein . -Contra Austria en 1866 para apartala do proceso de unificación. -Contra Francia en 1870 polos territorios de Alsacia e Lorena . Trala vitoria de Sedán contra Francia proclamouse o II Imperio ( Reich ) alemán e Guillerme I foi proclamado káiser (emperador).
29. 33. UNIFICACIÓN ITALIANA Italia quedou dividida en 6 Estados tralo Congreso de Viena. Os movementos nacionalistas ata 1849 estaban en mans de grupos reducidos de liberais, partidarios da unificación ( carbonari ). A unificación italiana foi realizada durante o reinado de Victor Manuel II de Savoia e o Estado arredor do cal orbitou a unificación foi Piamonte . Destacaron dous homes: o conde de Cavour , primeiro ministro de Piamonte, en 1859, tras unha guerra contra Austria consegue Lombardía. A outra figura foi Giuseppe Garibaldi , republicano seguidor das ideas de Mazzini, que incorporou a Italia os reinos do Sur, trala expedición das camisas negras desde Sicilia en 1860. Ese ano queda constituído o reino de Italia, converténdose Victor Manuel en rei. A derrota austríaca fronte a Prusia en 1866 permitiu a incorporación do Véneto . En 1870, e a pesares da negativa do Papa, son anexionados os Estados Pontificios e Roma convértese na capital do novo Estado italiano.
30. 34. UNIFICACIÓN ITALIANA