SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
As revolucións rusas e a formación da URSS
A revolución de outubro de 1917 instaurou sobre a meirande parte do territorio do vello
imperio ruso un sistema alternativo ao capitalismo e ao liberalismo político, o socialismo
soviético. Paradoxicamente, n esta revolución tivo lugar nun país atrasado cunhas condicións
que non semellaban, segundo a teoría marxista, ás máis axeitadas para o triunfo dunha
revolución socialista.
Rusia a comezos do século XX.
En 1900, Rusia seguía a ser un país eminentemente agrario. A súa serodia
industrialización, comezada nos anos 1890, concentrábase nalgunhas rexións (San
Petersburgo, Moscova, Polonia, a conca do Donestk en Ucraína, a área petrolífero do
Cáucaso). Malia o seu rápido crecemento, o sector secundario seguía a ser moi minoritario
ao comezar a Primeira Guerra Mundial. O Estado e a inversión estranxeira foron
fundamentais no seu impulso.
O imperio dos tsares presentaba enormes desigualdades sociais. As minorías
privilexiadas (nobreza terratenente, clero ortodoxo) contrastaban fortemente coa maioría
campesiña, pobre e famenta de terras. En 1861, un decreto do tsar Alexandre II puxera tardía
fin á súa servidume. En vésperas da Gran Guerra, os campesiños aínda representaban o 80%
dos máis de 125 millóns de habitantes do Imperio. A burguesía e as clases medias eran moi
débiles aínda. O proletariado era escaso (uns 4 millóns de traballadores) pero estaba moi
concentrado nunhas poucas áreas e estaba sometido a durísimas condicións de vida e
traballo.
O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta (máis de 22 millóns de
km2
). estaba habitado por unha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico e
cultural. Os rusos representaban pouco máis do 44% dos seus habitantes. A axitación
nacionalista prendera con forza entre algunhas comunidades: polacos, fineses, xeorxianos,
armenios, ucraínos, etc.
Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia: o poder político
concentrábase en mans do tsar, os dereitos e liberdades individuais non estaban recoñecidos
e non existían auténticas institucións representativas. Nicolás II, o derradeiro dos Romanov,
entronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte ás
complicadas circunstancias en que lle tocou reinar.
A oposición política era obxecto dunha forte persecución. Dentro dela foron
individualizándose dende os últimos anos do século XIX tres sectores fundamentais:
• Os liberais, apoiados por sectores da nobreza ilustrada, a burguesía e as clases medias
aspiraban a instaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo das
monarquías de Europa occidental. A súa principal organización política foi o Partido
Constitucional Democrático, ou kadet, fundado en 1905.
• Os populistas reinvindicaron dende as útlimas décadas do século XIX a comunidade
rural (o mir) e o papel revolucionario do campesiñado. O Partido Socialista
1
As revolución rusas e a formación da URSS
Revolucionario ou eserita, fundado en 1902, recolleu do populismo a herdanza
ideolóxica e unha praxe na que coexistían a axitación nos medios campesiño e o
terrorismo individual.
• Os marxistas buscaron o apoio do proletariado fabril. En 1898, diversos grupúsculos
desta orientación confluíron na formación do Partido Obreiro Socialdemócrata. En
1903, o partido esgazou en dous: os bolxeviques (maioritarios), partidarios da acción
revolucionaria, liderados por Lenin, e os menxeviques (minoritarios), gradualistas,
para os que só o desenvolvemento do capitalismo sería o que crearía en Rusia as
condicións para o triunfo da revolución socialista.
A revolución de 1905.
O réxime autocrático veuse sacudido en 1905 por unha ampla axitación política e social
na que participaron dun ou doutro xeito os diversos sectores opositores. Na xestación desta
crise incidiron diferentes causas: unha grave crise económica, a conseguinte agudización dos
conflitos sociais (folgas obreiras, levantamentos campesiños) e a derrota na guerra co Xapón
(1904-1905), que puxo de relevo a incompetencia das autoridades tsaristas. A masacre do
Domingo Vermello, perpetrada en xaneiro de 1905 en San Petersburgo pola garda imperial
sobre unha manifestación pacífica de traballadores precipitou a xeralización das protestas. O
amotinamento dalgunhas unidades militares, como o mitificado levantamento da tripulación
do acoirazado Potemkin, agravou a situación. En moitos lugares, incluída a capital imperial,
apareceron os primeiros soviets, comités locais constituídos respresentantes elixidos polos
obreiros, soldados e campesiños para dirixir as accións de protesta que, nalgúns casos,
chegaron a convertirse nunha especie de goberno municipal de emerxencia ante a parálise
das institucións oficiais.
Ante a gravidade da situación, o tsar veuse na obriga de prometer reformas a través do
chamado Manifesto de Outubro. Sen embargo, unha vez que a orde foi restablecida a finais
de 1905, o alcance destas foi recortado: a Duma (parlamento) recibiu escasos poderes, as
liberdades individuais foron restrinxidas e a reforma agraria promovida polo ministro Stolipin
tivo un alcance moi limitado e non neutralizou as demandas campesiñas. Ficou instaurado un
sistema pseudoconstitucional que a penas limitaba os poderes do tsar. Malia o fracaso, a
revolución de 1905 aportou leccións moi valiosas á oposición antitsarista.
As revolucións de 1917.
A Gran Guerra tivo efectos demoledores sobre o Imperio ruso. A participación no
conflito europeo provocou graves problemas que precipitaron unha nova e definitiva crise
revolucionaria en 1917:
• As derrotas ante ás potencias centrais, singularmente fronte ás tropas alemás,
provocaron enormes perdas territoriais (Polonia, Bielorrusia, Lituania), importantes
destrucións materiais e un enorme número de baixas (uns 6 millóns, deles máis de 1’7
millóns de mortos). Nun exército mal equipado e peor alimentado foise deteriorando
a disciplina: desercións, actos de desobediencia e mesmo motíns eran reiterados.
2
As revolución rusas e a formación da URSS
• As repercusións económicas foron tamén negativas. A mobilización militar de millóns
de campesiños contribuíu á caída da produción agrícola. A industria e o deficiente
sistema de transportes reconvertéronse para satisfacer as necesidades bélicas. O
desabastecemento das cidades produciu subas de prezos e fame. O crecente gasto
bélico xerou déficit, endebedamento público e inflación. Os prezos multiplicáronse
por 10 entre 1914 e 1917.
• A gravidade da situación puxo en evidencia a incompetencia do goberno, de moitos
dos mandos militares e do propio Nicolás II, rodeado dunha corte onde o influxo do
sinistro Rasputín provocaba un forte rexeitamento.
A revolución de febreiro.
O descontento popular fíxose evidente. Repetíronse manifestacións, folgas obreiras,
levantamentos campesiños e mesmo motíns militares. A comezos de 1917, as folgas
estendéronse polas grandes fábricas da capital imperial, rebautizada como Petrogrado. A
finais de febreiro, unha serie de manifestaciós populares contra a fame e a guerra (pan e paz
era o seu lema) precipitaron os acontecementos. Cando os soldados se negaron a disparar
contra a multitude e mesmo se sumaron ás protestas a situación tornouse incontrolable.
Políticos liberais da Duma, figuras da Corte e mandos militares manobraron para forzar a
renuncia de Nicolás II. Finalmente, o 2 de marzo, o tsar abdicou no seu irmán, o gran duque
Miguel, quen rexeitaría o ofrecemento.
A revolución de febreiro significou o fin da autocracia. O poder foi asumido
formalmente polo Goberno provisional emanado da Duma e formado inicialmente por
ministros liberais (Luov, Miliukov) aos que se sumou un socialista moderado (Kerenski). Máis
tarde incorporaríanse ao gabinete representantes menxeviques e eseritas. Ao mesmo tempo
que o Goberno provisional, representantes dos obreiros e soldados formaban o soviet de
Petrogrado. O seu exemplo espallouse decontado por numerosas cidades, aldeas e unidades
militares do imperio. Deste xeito, no lugar do vello réxime aparecía unha dualidade de poder
entre o Goberno provisional e os soviets.
O Goberno provisional recoñeceu os dereitos e liberdades individuais, concedeu unha
ampla amnistía que posibilitou a liberación dos presos políticos e o retorno dos exiliados e
prometeu amplas reformas sociais, o reparto de terras entre os campesiños e a convocatoria
dunha Asemblea Constituínte elixida por sufraxio universal para decidir o futuro político do
imperio. As graves complicacións económicas, sociais, políticas e militares que sufría o país
non puideron ser resoltas. As reformas adiáronse sine die. Menxeviques e eseritas, que
apoiaban ao goberno, viron como a súa popularidade e a maioría coa que contaban nos
soviets se debilitaban.
A revolución de outubro.
Os bolxeviques, baixo a dirección de Lenin, habían ser os grandes beneficiarios da
situación. Nas chamadas teses de abril, Lenin rexeitou toda colaboración co Goberno
provisional e expuxo programa de acción do partido resumido no popular lema “paz, terra e
todo o poder para os soviets”. O intento de golpe de Estado do xeneral Kornilov (agosto de
3
As revolución rusas e a formación da URSS
1917) contra o Goberno provisional fracasou pero puxo de relevo a súa debilidade e
acrecentou a popularidade dos bolxeviques, que xogaran un sobranceiro papel na derrota
dos golpistas. En setembro acadaron a maioría nos principais soviets e estaban preparados
para a conquista do poder.
O 25 de outubro de 1917, un levantamento armado bolxevique en Petrogrado
organizado por Trotski provocou a caída do Goberno provisional. O poder foi asumido polo
Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom, un goberno revolucionario presidido por
Lenin, formado polos bolxeviques e apoiado pola maioría dos soviets. Os primeiros decretos
do Sovnarkom sinalaron unha nova ruptura co pasado e pretendían consolidar o apoio
popular aos bolxeviques:
• Confiscáronse as grandes propiedades para a súa repartición entre os campesiños
(decreto sobre a terra)
• A industria pasou a estar controlada por comités elixidos polos traballadores nas
fábricas (decreto sobre o control obreiro). A banca, os camiños de ferro e o comercio
exterior foron estatalizados.
• Proclamouse o dereito á libre determinación dos pobos que formaban parte do
Estado ruso (decreto sobre as nacionalidades).
• Fíxose un chamamento aos traballadores europeos a prol dunha paz inmediata sen
anexións nin indemnizacións (decreto sobre a paz). En decembro de 1917 asinouse o
armisticio coas potencias centrais e comezaron con estas as negociacións que levaron
ao Tratado de Brest Litovsk en marzo de 1918. Con el remataba a participación rusa na
Gran Guerra a costa de enormes perdas territoriais.
Mantívose a convocatoria da Asemblea Constituínte. As eleccións celebráronse en
novembro de 1917 e os resultados deron a vitoria aos eseritas, que aínda gozaban dun
considerable apoio entre a maioría campesiña do país. Os bolxeviques disolvérona pola forza
sen ningunha contemplación. Axiña se desencadeou a persecución contra tódolos grupos
opositores ao goberno leninista: kadets, menxeviques, eseritas...O Partido Comunista,
denominación adoptada polos bolxeviques en marzo de 1918 fíxose co monopolio do poder.
En xullo de 1918, o Congreso dos Soviets, aprobou a Constitución da República Socialista
Federativa Soviética Rusa (RSFSR), denominación oficial do novo Estado.
O nacemento da URSS (1918-1924)
A guerra civil (1918-1921).
Os primeiros pasos do Estado soviético estiveron marcados pola figura do seu
fundador e pola guerra civil. Entre 1918 e 1921, Rusia viviu un cruento enfrontamento armado
entre as tropas bolxeviques, organizadas por Trotski no Exército Vermello, os e as forzas
contrarrevolucionarias dos chamados exércitos brancos apoiados pola intervención das
potencias aliadas (Francia, Reino Unido, EE.UU., Xapón).
O Exército Vermello logrou impoñerse a costa de enormes sacrificios. Dende o punto
de vista político, a guerra acentuou as tendencias ditatoriais do réxime soviético. Dende o
4
As revolución rusas e a formación da URSS
punto de vista económico, impúxose o comunismo de guerra, que implicou a completa
estatalización da industria e os servizos e una política de requisa forzosa dos excedentes
campesiños. O país quedou sumido na miseria: as producións agraria e industrial
afundíronse, a fame provocou máis de 5 millóns de mortos, o descontento estendeuse.
Mesmo os mariñeiros da base naval de Kronstadt, que tiveran un sobranceiro papel en
outubro de 1917, se levantaron en armas en marzo de 1921 contra o goberno bolxevique. A
revolta de Kronstadt foi sometida sen contemplacións pero influíu na decisión de abandonar
o comunismo de guerra.
Por outra banda, a vitoria na guerra civil permitiu a recuperación dalgúns territorios
perdidos en Brest-Litovsk como Ucraína, Bielorrusia ou o Cáucaso. Estes foron organizados
en repúblicas soviéticas segundo o modelo ruso. En 1922, os representantes destas asinaban
o Tratado de creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). En 1924
aprobaríase a primeira Constitución da URSS. Esta definía unha organización federal do
Estado cun parlamento bicameral (o Soviet Supremo) e un goberno (o Presidium) comúns. O
Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) monopolizaba tódolos recursos políticos e
identificouse progresivamente co aparato do Estado soviético.
A NEP
En 1921, Lenin impulsou unha Nova Política Económica (NEP). Autorizáronse o
funcionamento das pequenas empresas privadas nos sectores industrial e comercial, o libre
comercio interior e os investimentos estranxeiros. Ao mesmo tempo substituíuse a requisa
dos excedentes campesiños polo pago dun imposto en especie proporcional á colleita.
Os resultados económicos desta parcial reintrodución de elementos capitalistas foron
moi positivos: a produción, sobre todo a agrícola, recuperouse e mellorou o nivel de vida da
poboación. Pero as desigualdades sociais medraron: a NEP beneficiou sobre todo aos
empresarios privados (nepmanii e aos campesiños acomodados (kulaks). Isto reavivou o
debate ideolóxico no seo do Partido Comunista entre os defensores (Bukharin) e os
detractores (Trotski) da NEP, que a consideraban un paso atrás na construción dunha
sociedade socialista.
A época estalinista (1924-1953)
Á morte de Lenin (1924) desatouse unha pugna polo poder soviético que tivo como
protagonistas a Trotski e Stalín. O primeiro conservaba o prestixio gañado durante a
revolución e a guerra civil e coa favorable opinión de Lenin. Pola contra, Stalin fora
consolidado a súa posición no Partido dende o seu nomeamento como secretario xeral
(1922) e utilizou con habilidade as disputas entre os veteranos dirixentes bolxeviques. Nun
primeiro momento aliñouse cos partidarios da NEP e postulou a construción dos socialismo
nun só país fronte á formulación trotsquista da revolución permanente, que animaba a
exportar a revolución a outros países. A partir de 1927, Stalin fíxose dono da situación. Trotski
foi expulsado do goberno soviético e do partido, logo expulsado da URSS (1929) e,
finalmente, asasinado no seu exilio mexicano (1940).
5
As revolución rusas e a formación da URSS
No eido político, o estalinismo significou a implantación dun réxime totalitario que
atinxiu tódolos aspectos da vida soviética. O PCUS, que veu recoñecido oficialmente o seu
papel dirixente na Constitución da URSS de 1936, acadou un completo control dos órganos
do Estado. O liderado de Stalin veuse reforzado. Por unha banda, a omnipresente
propaganda oficial converteuno en obxecto dun desmedido culto á personalidade. Pola
outra, desenvolveuse un amplo e eficaz aparato represivo que eliminou a todo sospeitoso de
oposición ao líder na sociedade, nas institucións políticas, no Exército Vermello e no mesmo
Partido Comunista. Os grandes procesos de Moscova (1936-1938) culminaron coa purga dos
presuntos disidentes que foron condenados, uns executados, outros presos e outros
deportados aos campos de traballo forzado do Gulag. O instrumento oficial da represión foi o
NKVD (Comisariado do Pobo para Asuntos Internos), a omnipresente policía política. Nun
ambiente de terror, a sospeita, a delación e a colaboración voluntaria co aparato represivo
estendeuse a unha boa parte da sociedade. En 1938, máis de 10 millóns de persoas sufriran,
en maior ou menor grao, as represalias do réxime.
No eido económico, o estalinismo impuxo coa mesma falla de miramentos a completa
colectivización e a industrialización acelerada do país. A partir de 1928, a NEP foi abandonada
e a propiedade privada dos medios de produción abolida. As terra foron colectivizadas
forzosamente e as explotacións campesiñas integradas en grandes kolkhoses (granxas
colectivas) ou sovkhoses (granxas estatais). A resistencia de boa parte do campesiñado á
colectivización foi reprimida sen a máis mínima contemplación. A caída da produción agraria
e a fame, que só en Ucraína provocou máis de 3 millóns de mortos en 1932-1933 (o
Holodomor), non detiveron o proxecto estalinista. Ao mesmo tempo tódalas empresas
industriais e comerciais eran estatalizadas.
Introduciuse a planificación centralizada. Dende 1928, o Estado fixou a través dos plans
quinquenais os obxectivos das diferentes unidades de produción. A industria pesada,
destinada a incrementar a capacidade produtiva do país, foi claramente privilexiada respecto
á industria lixeira, desatendendo as necesidades de consumo da poboación, e á agricultura,
que experimentou un atraso considerable.
A costa de enormes sacrificios para a maioría da poboación, a URSS converteuse nunha
gran potencia a finais dos anos 1930. A produción enerxética e industrial medrara
espectacularmente, construíranse grandes infraestruturas, o Estado soviético contaba cun
poderoso exército. Ao mesmo tempo foise consolidando unha nova clase dirixente, a
nomenklatura, constituída polos cadros dirixentes do Estado, o Partido e os organismos
económicos, oposta a calquera cambio significativo no sistema. A nomenklatura soberviviría
ao propio Stalin, morto en 1953.
6

More Related Content

What's hot

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialDudas-Historia
 
Tema12 140531040013-phpapp02
Tema12 140531040013-phpapp02Tema12 140531040013-phpapp02
Tema12 140531040013-phpapp02silvanarisitas
 
Fascismo e nacismo
Fascismo e nacismoFascismo e nacismo
Fascismo e nacismolaurabarrosg
 
Tema 12. lección 5. 4º eso
Tema 12. lección 5. 4º esoTema 12. lección 5. 4º eso
Tema 12. lección 5. 4º esoDudas-Historia
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
As revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSSAs revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSSquiquehs
 
Fascismos
FascismosFascismos
FascismosMarlou
 
Proposta 3º evaluación
Proposta 3º evaluación Proposta 3º evaluación
Proposta 3º evaluación pablokatt
 
Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02
Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02
Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02silvanarisitas
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoAgrela Elvixeo
 
Bipolarización. Guerra Fría
Bipolarización. Guerra FríaBipolarización. Guerra Fría
Bipolarización. Guerra FríaAgrela Elvixeo
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución RusaMarlou
 

What's hot (20)

A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa
 
Tema12 140531040013-phpapp02
Tema12 140531040013-phpapp02Tema12 140531040013-phpapp02
Tema12 140531040013-phpapp02
 
Tema9
Tema9Tema9
Tema9
 
A II Guerra Mundial
A II Guerra MundialA II Guerra Mundial
A II Guerra Mundial
 
Fascismo e nacismo
Fascismo e nacismoFascismo e nacismo
Fascismo e nacismo
 
Tema 12. lección 5. 4º eso
Tema 12. lección 5. 4º esoTema 12. lección 5. 4º eso
Tema 12. lección 5. 4º eso
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
As revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSSAs revolucións rusas e a formación da URSS
As revolucións rusas e a formación da URSS
 
Fascismos
FascismosFascismos
Fascismos
 
Proposta 3º evaluación
Proposta 3º evaluación Proposta 3º evaluación
Proposta 3º evaluación
 
Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02
Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02
Tema8 130307143442-phpapp01-140303045142-phpapp02
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
Bipolarización. Guerra Fría
Bipolarización. Guerra FríaBipolarización. Guerra Fría
Bipolarización. Guerra Fría
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 

Similar to A revolución rusa e a formación da URSS

Unidade 7
Unidade 7Unidade 7
Unidade 7David
 
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoA RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoAulagalicia Hxg
 
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoA RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoguest6b624f
 
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSAUNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSAguest8aeef7
 
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSAUNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSAcamposseijo
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaDavid Barrán Ferreiro
 
Historia tema 7
Historia tema 7Historia tema 7
Historia tema 7pablopotel
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolcheviqueTema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolcheviqueDudas-Historia
 
Historia tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto RivasHistoria tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto RivasAlberto Rivas
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerrasAgrela Elvixeo
 

Similar to A revolución rusa e a formación da URSS (20)

Revolución Rusa
Revolución RusaRevolución Rusa
Revolución Rusa
 
Unidade 7
Unidade 7Unidade 7
Unidade 7
 
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoA RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
 
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTicoA RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
A RevolucióN Rusa E O Estado SoviéTico
 
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSAUNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
 
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSAUNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
UNIDADE 7: REVOLUCIÓN RUSA
 
Unidade 7 Revolución Rusa
Unidade 7 Revolución RusaUnidade 7 Revolución Rusa
Unidade 7 Revolución Rusa
 
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución RusaHistoria Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
Historia Contemporánea 1º BAC Unidade 7 A Revolución Rusa
 
Tema 7 Xeografía e Historia
Tema 7 Xeografía e Historia Tema 7 Xeografía e Historia
Tema 7 Xeografía e Historia
 
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
UNIDADE 6 - 4º E.S.O.
 
Historia tema 7
Historia tema 7Historia tema 7
Historia tema 7
 
Revolución Rusa
Revolución RusaRevolución Rusa
Revolución Rusa
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Ccss tema 7
Ccss tema 7Ccss tema 7
Ccss tema 7
 
Tema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolcheviqueTema 7. lección 1. la revolución bolchevique
Tema 7. lección 1. la revolución bolchevique
 
Historia tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto RivasHistoria tema 7 Alberto Rivas
Historia tema 7 Alberto Rivas
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerras
 
Ccss tema 7
Ccss tema 7Ccss tema 7
Ccss tema 7
 
HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7
 
HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7HISTORIA TEMA 7
HISTORIA TEMA 7
 

More from quiquehs

10 industria vocabulario
10 industria vocabulario10 industria vocabulario
10 industria vocabularioquiquehs
 
09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primarioquiquehs
 
04a bioxeog
04a bioxeog04a bioxeog
04a bioxeogquiquehs
 
02d clima vocabulario
02d clima vocabulario02d clima vocabulario
02d clima vocabularioquiquehs
 
02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos pres02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos presquiquehs
 
01 f relevo teoría
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoríaquiquehs
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabularioquiquehs
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)quiquehs
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrialquiquehs
 
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacionquiquehs
 
03a hidroloxía
03a hidroloxía03a hidroloxía
03a hidroloxíaquiquehs
 
02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticos02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticosquiquehs
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempometquiquehs
 
02a clima intro
02a clima intro02a clima intro
02a clima introquiquehs
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unidquiquehs
 
Relevo 03 litol
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litolquiquehs
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evolquiquehs
 
Relevo 01 intro
Relevo 01 introRelevo 01 intro
Relevo 01 introquiquehs
 

More from quiquehs (20)

GOTICO
GOTICOGOTICO
GOTICO
 
10 industria vocabulario
10 industria vocabulario10 industria vocabulario
10 industria vocabulario
 
09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario09 vocabulario sector primario
09 vocabulario sector primario
 
04a bioxeog
04a bioxeog04a bioxeog
04a bioxeog
 
02d clima vocabulario
02d clima vocabulario02d clima vocabulario
02d clima vocabulario
 
02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos pres02c clima dominios climaticos pres
02c clima dominios climaticos pres
 
01 f relevo teoría
01 f relevo teoría01 f relevo teoría
01 f relevo teoría
 
01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario01 e relevo vocabulario
01 e relevo vocabulario
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrial
 
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion04h vocabulario poboacion-urbanizacion
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
 
03b solos
03b solos03b solos
03b solos
 
03a hidroloxía
03a hidroloxía03a hidroloxía
03a hidroloxía
 
02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticos02c clima dominios climaticos
02c clima dominios climaticos
 
02b clima tempomet
02b clima tempomet02b clima tempomet
02b clima tempomet
 
02a clima intro
02a clima intro02a clima intro
02a clima intro
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
 
Relevo 03 litol
Relevo 03 litolRelevo 03 litol
Relevo 03 litol
 
Relevo 02 evol
Relevo 02 evolRelevo 02 evol
Relevo 02 evol
 
Relevo 01 intro
Relevo 01 introRelevo 01 intro
Relevo 01 intro
 

A revolución rusa e a formación da URSS

  • 1. As revolucións rusas e a formación da URSS A revolución de outubro de 1917 instaurou sobre a meirande parte do territorio do vello imperio ruso un sistema alternativo ao capitalismo e ao liberalismo político, o socialismo soviético. Paradoxicamente, n esta revolución tivo lugar nun país atrasado cunhas condicións que non semellaban, segundo a teoría marxista, ás máis axeitadas para o triunfo dunha revolución socialista. Rusia a comezos do século XX. En 1900, Rusia seguía a ser un país eminentemente agrario. A súa serodia industrialización, comezada nos anos 1890, concentrábase nalgunhas rexións (San Petersburgo, Moscova, Polonia, a conca do Donestk en Ucraína, a área petrolífero do Cáucaso). Malia o seu rápido crecemento, o sector secundario seguía a ser moi minoritario ao comezar a Primeira Guerra Mundial. O Estado e a inversión estranxeira foron fundamentais no seu impulso. O imperio dos tsares presentaba enormes desigualdades sociais. As minorías privilexiadas (nobreza terratenente, clero ortodoxo) contrastaban fortemente coa maioría campesiña, pobre e famenta de terras. En 1861, un decreto do tsar Alexandre II puxera tardía fin á súa servidume. En vésperas da Gran Guerra, os campesiños aínda representaban o 80% dos máis de 125 millóns de habitantes do Imperio. A burguesía e as clases medias eran moi débiles aínda. O proletariado era escaso (uns 4 millóns de traballadores) pero estaba moi concentrado nunhas poucas áreas e estaba sometido a durísimas condicións de vida e traballo. O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta (máis de 22 millóns de km2 ). estaba habitado por unha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico e cultural. Os rusos representaban pouco máis do 44% dos seus habitantes. A axitación nacionalista prendera con forza entre algunhas comunidades: polacos, fineses, xeorxianos, armenios, ucraínos, etc. Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia: o poder político concentrábase en mans do tsar, os dereitos e liberdades individuais non estaban recoñecidos e non existían auténticas institucións representativas. Nicolás II, o derradeiro dos Romanov, entronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte ás complicadas circunstancias en que lle tocou reinar. A oposición política era obxecto dunha forte persecución. Dentro dela foron individualizándose dende os últimos anos do século XIX tres sectores fundamentais: • Os liberais, apoiados por sectores da nobreza ilustrada, a burguesía e as clases medias aspiraban a instaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo das monarquías de Europa occidental. A súa principal organización política foi o Partido Constitucional Democrático, ou kadet, fundado en 1905. • Os populistas reinvindicaron dende as útlimas décadas do século XIX a comunidade rural (o mir) e o papel revolucionario do campesiñado. O Partido Socialista 1
  • 2. As revolución rusas e a formación da URSS Revolucionario ou eserita, fundado en 1902, recolleu do populismo a herdanza ideolóxica e unha praxe na que coexistían a axitación nos medios campesiño e o terrorismo individual. • Os marxistas buscaron o apoio do proletariado fabril. En 1898, diversos grupúsculos desta orientación confluíron na formación do Partido Obreiro Socialdemócrata. En 1903, o partido esgazou en dous: os bolxeviques (maioritarios), partidarios da acción revolucionaria, liderados por Lenin, e os menxeviques (minoritarios), gradualistas, para os que só o desenvolvemento do capitalismo sería o que crearía en Rusia as condicións para o triunfo da revolución socialista. A revolución de 1905. O réxime autocrático veuse sacudido en 1905 por unha ampla axitación política e social na que participaron dun ou doutro xeito os diversos sectores opositores. Na xestación desta crise incidiron diferentes causas: unha grave crise económica, a conseguinte agudización dos conflitos sociais (folgas obreiras, levantamentos campesiños) e a derrota na guerra co Xapón (1904-1905), que puxo de relevo a incompetencia das autoridades tsaristas. A masacre do Domingo Vermello, perpetrada en xaneiro de 1905 en San Petersburgo pola garda imperial sobre unha manifestación pacífica de traballadores precipitou a xeralización das protestas. O amotinamento dalgunhas unidades militares, como o mitificado levantamento da tripulación do acoirazado Potemkin, agravou a situación. En moitos lugares, incluída a capital imperial, apareceron os primeiros soviets, comités locais constituídos respresentantes elixidos polos obreiros, soldados e campesiños para dirixir as accións de protesta que, nalgúns casos, chegaron a convertirse nunha especie de goberno municipal de emerxencia ante a parálise das institucións oficiais. Ante a gravidade da situación, o tsar veuse na obriga de prometer reformas a través do chamado Manifesto de Outubro. Sen embargo, unha vez que a orde foi restablecida a finais de 1905, o alcance destas foi recortado: a Duma (parlamento) recibiu escasos poderes, as liberdades individuais foron restrinxidas e a reforma agraria promovida polo ministro Stolipin tivo un alcance moi limitado e non neutralizou as demandas campesiñas. Ficou instaurado un sistema pseudoconstitucional que a penas limitaba os poderes do tsar. Malia o fracaso, a revolución de 1905 aportou leccións moi valiosas á oposición antitsarista. As revolucións de 1917. A Gran Guerra tivo efectos demoledores sobre o Imperio ruso. A participación no conflito europeo provocou graves problemas que precipitaron unha nova e definitiva crise revolucionaria en 1917: • As derrotas ante ás potencias centrais, singularmente fronte ás tropas alemás, provocaron enormes perdas territoriais (Polonia, Bielorrusia, Lituania), importantes destrucións materiais e un enorme número de baixas (uns 6 millóns, deles máis de 1’7 millóns de mortos). Nun exército mal equipado e peor alimentado foise deteriorando a disciplina: desercións, actos de desobediencia e mesmo motíns eran reiterados. 2
  • 3. As revolución rusas e a formación da URSS • As repercusións económicas foron tamén negativas. A mobilización militar de millóns de campesiños contribuíu á caída da produción agrícola. A industria e o deficiente sistema de transportes reconvertéronse para satisfacer as necesidades bélicas. O desabastecemento das cidades produciu subas de prezos e fame. O crecente gasto bélico xerou déficit, endebedamento público e inflación. Os prezos multiplicáronse por 10 entre 1914 e 1917. • A gravidade da situación puxo en evidencia a incompetencia do goberno, de moitos dos mandos militares e do propio Nicolás II, rodeado dunha corte onde o influxo do sinistro Rasputín provocaba un forte rexeitamento. A revolución de febreiro. O descontento popular fíxose evidente. Repetíronse manifestacións, folgas obreiras, levantamentos campesiños e mesmo motíns militares. A comezos de 1917, as folgas estendéronse polas grandes fábricas da capital imperial, rebautizada como Petrogrado. A finais de febreiro, unha serie de manifestaciós populares contra a fame e a guerra (pan e paz era o seu lema) precipitaron os acontecementos. Cando os soldados se negaron a disparar contra a multitude e mesmo se sumaron ás protestas a situación tornouse incontrolable. Políticos liberais da Duma, figuras da Corte e mandos militares manobraron para forzar a renuncia de Nicolás II. Finalmente, o 2 de marzo, o tsar abdicou no seu irmán, o gran duque Miguel, quen rexeitaría o ofrecemento. A revolución de febreiro significou o fin da autocracia. O poder foi asumido formalmente polo Goberno provisional emanado da Duma e formado inicialmente por ministros liberais (Luov, Miliukov) aos que se sumou un socialista moderado (Kerenski). Máis tarde incorporaríanse ao gabinete representantes menxeviques e eseritas. Ao mesmo tempo que o Goberno provisional, representantes dos obreiros e soldados formaban o soviet de Petrogrado. O seu exemplo espallouse decontado por numerosas cidades, aldeas e unidades militares do imperio. Deste xeito, no lugar do vello réxime aparecía unha dualidade de poder entre o Goberno provisional e os soviets. O Goberno provisional recoñeceu os dereitos e liberdades individuais, concedeu unha ampla amnistía que posibilitou a liberación dos presos políticos e o retorno dos exiliados e prometeu amplas reformas sociais, o reparto de terras entre os campesiños e a convocatoria dunha Asemblea Constituínte elixida por sufraxio universal para decidir o futuro político do imperio. As graves complicacións económicas, sociais, políticas e militares que sufría o país non puideron ser resoltas. As reformas adiáronse sine die. Menxeviques e eseritas, que apoiaban ao goberno, viron como a súa popularidade e a maioría coa que contaban nos soviets se debilitaban. A revolución de outubro. Os bolxeviques, baixo a dirección de Lenin, habían ser os grandes beneficiarios da situación. Nas chamadas teses de abril, Lenin rexeitou toda colaboración co Goberno provisional e expuxo programa de acción do partido resumido no popular lema “paz, terra e todo o poder para os soviets”. O intento de golpe de Estado do xeneral Kornilov (agosto de 3
  • 4. As revolución rusas e a formación da URSS 1917) contra o Goberno provisional fracasou pero puxo de relevo a súa debilidade e acrecentou a popularidade dos bolxeviques, que xogaran un sobranceiro papel na derrota dos golpistas. En setembro acadaron a maioría nos principais soviets e estaban preparados para a conquista do poder. O 25 de outubro de 1917, un levantamento armado bolxevique en Petrogrado organizado por Trotski provocou a caída do Goberno provisional. O poder foi asumido polo Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom, un goberno revolucionario presidido por Lenin, formado polos bolxeviques e apoiado pola maioría dos soviets. Os primeiros decretos do Sovnarkom sinalaron unha nova ruptura co pasado e pretendían consolidar o apoio popular aos bolxeviques: • Confiscáronse as grandes propiedades para a súa repartición entre os campesiños (decreto sobre a terra) • A industria pasou a estar controlada por comités elixidos polos traballadores nas fábricas (decreto sobre o control obreiro). A banca, os camiños de ferro e o comercio exterior foron estatalizados. • Proclamouse o dereito á libre determinación dos pobos que formaban parte do Estado ruso (decreto sobre as nacionalidades). • Fíxose un chamamento aos traballadores europeos a prol dunha paz inmediata sen anexións nin indemnizacións (decreto sobre a paz). En decembro de 1917 asinouse o armisticio coas potencias centrais e comezaron con estas as negociacións que levaron ao Tratado de Brest Litovsk en marzo de 1918. Con el remataba a participación rusa na Gran Guerra a costa de enormes perdas territoriais. Mantívose a convocatoria da Asemblea Constituínte. As eleccións celebráronse en novembro de 1917 e os resultados deron a vitoria aos eseritas, que aínda gozaban dun considerable apoio entre a maioría campesiña do país. Os bolxeviques disolvérona pola forza sen ningunha contemplación. Axiña se desencadeou a persecución contra tódolos grupos opositores ao goberno leninista: kadets, menxeviques, eseritas...O Partido Comunista, denominación adoptada polos bolxeviques en marzo de 1918 fíxose co monopolio do poder. En xullo de 1918, o Congreso dos Soviets, aprobou a Constitución da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), denominación oficial do novo Estado. O nacemento da URSS (1918-1924) A guerra civil (1918-1921). Os primeiros pasos do Estado soviético estiveron marcados pola figura do seu fundador e pola guerra civil. Entre 1918 e 1921, Rusia viviu un cruento enfrontamento armado entre as tropas bolxeviques, organizadas por Trotski no Exército Vermello, os e as forzas contrarrevolucionarias dos chamados exércitos brancos apoiados pola intervención das potencias aliadas (Francia, Reino Unido, EE.UU., Xapón). O Exército Vermello logrou impoñerse a costa de enormes sacrificios. Dende o punto de vista político, a guerra acentuou as tendencias ditatoriais do réxime soviético. Dende o 4
  • 5. As revolución rusas e a formación da URSS punto de vista económico, impúxose o comunismo de guerra, que implicou a completa estatalización da industria e os servizos e una política de requisa forzosa dos excedentes campesiños. O país quedou sumido na miseria: as producións agraria e industrial afundíronse, a fame provocou máis de 5 millóns de mortos, o descontento estendeuse. Mesmo os mariñeiros da base naval de Kronstadt, que tiveran un sobranceiro papel en outubro de 1917, se levantaron en armas en marzo de 1921 contra o goberno bolxevique. A revolta de Kronstadt foi sometida sen contemplacións pero influíu na decisión de abandonar o comunismo de guerra. Por outra banda, a vitoria na guerra civil permitiu a recuperación dalgúns territorios perdidos en Brest-Litovsk como Ucraína, Bielorrusia ou o Cáucaso. Estes foron organizados en repúblicas soviéticas segundo o modelo ruso. En 1922, os representantes destas asinaban o Tratado de creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). En 1924 aprobaríase a primeira Constitución da URSS. Esta definía unha organización federal do Estado cun parlamento bicameral (o Soviet Supremo) e un goberno (o Presidium) comúns. O Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) monopolizaba tódolos recursos políticos e identificouse progresivamente co aparato do Estado soviético. A NEP En 1921, Lenin impulsou unha Nova Política Económica (NEP). Autorizáronse o funcionamento das pequenas empresas privadas nos sectores industrial e comercial, o libre comercio interior e os investimentos estranxeiros. Ao mesmo tempo substituíuse a requisa dos excedentes campesiños polo pago dun imposto en especie proporcional á colleita. Os resultados económicos desta parcial reintrodución de elementos capitalistas foron moi positivos: a produción, sobre todo a agrícola, recuperouse e mellorou o nivel de vida da poboación. Pero as desigualdades sociais medraron: a NEP beneficiou sobre todo aos empresarios privados (nepmanii e aos campesiños acomodados (kulaks). Isto reavivou o debate ideolóxico no seo do Partido Comunista entre os defensores (Bukharin) e os detractores (Trotski) da NEP, que a consideraban un paso atrás na construción dunha sociedade socialista. A época estalinista (1924-1953) Á morte de Lenin (1924) desatouse unha pugna polo poder soviético que tivo como protagonistas a Trotski e Stalín. O primeiro conservaba o prestixio gañado durante a revolución e a guerra civil e coa favorable opinión de Lenin. Pola contra, Stalin fora consolidado a súa posición no Partido dende o seu nomeamento como secretario xeral (1922) e utilizou con habilidade as disputas entre os veteranos dirixentes bolxeviques. Nun primeiro momento aliñouse cos partidarios da NEP e postulou a construción dos socialismo nun só país fronte á formulación trotsquista da revolución permanente, que animaba a exportar a revolución a outros países. A partir de 1927, Stalin fíxose dono da situación. Trotski foi expulsado do goberno soviético e do partido, logo expulsado da URSS (1929) e, finalmente, asasinado no seu exilio mexicano (1940). 5
  • 6. As revolución rusas e a formación da URSS No eido político, o estalinismo significou a implantación dun réxime totalitario que atinxiu tódolos aspectos da vida soviética. O PCUS, que veu recoñecido oficialmente o seu papel dirixente na Constitución da URSS de 1936, acadou un completo control dos órganos do Estado. O liderado de Stalin veuse reforzado. Por unha banda, a omnipresente propaganda oficial converteuno en obxecto dun desmedido culto á personalidade. Pola outra, desenvolveuse un amplo e eficaz aparato represivo que eliminou a todo sospeitoso de oposición ao líder na sociedade, nas institucións políticas, no Exército Vermello e no mesmo Partido Comunista. Os grandes procesos de Moscova (1936-1938) culminaron coa purga dos presuntos disidentes que foron condenados, uns executados, outros presos e outros deportados aos campos de traballo forzado do Gulag. O instrumento oficial da represión foi o NKVD (Comisariado do Pobo para Asuntos Internos), a omnipresente policía política. Nun ambiente de terror, a sospeita, a delación e a colaboración voluntaria co aparato represivo estendeuse a unha boa parte da sociedade. En 1938, máis de 10 millóns de persoas sufriran, en maior ou menor grao, as represalias do réxime. No eido económico, o estalinismo impuxo coa mesma falla de miramentos a completa colectivización e a industrialización acelerada do país. A partir de 1928, a NEP foi abandonada e a propiedade privada dos medios de produción abolida. As terra foron colectivizadas forzosamente e as explotacións campesiñas integradas en grandes kolkhoses (granxas colectivas) ou sovkhoses (granxas estatais). A resistencia de boa parte do campesiñado á colectivización foi reprimida sen a máis mínima contemplación. A caída da produción agraria e a fame, que só en Ucraína provocou máis de 3 millóns de mortos en 1932-1933 (o Holodomor), non detiveron o proxecto estalinista. Ao mesmo tempo tódalas empresas industriais e comerciais eran estatalizadas. Introduciuse a planificación centralizada. Dende 1928, o Estado fixou a través dos plans quinquenais os obxectivos das diferentes unidades de produción. A industria pesada, destinada a incrementar a capacidade produtiva do país, foi claramente privilexiada respecto á industria lixeira, desatendendo as necesidades de consumo da poboación, e á agricultura, que experimentou un atraso considerable. A costa de enormes sacrificios para a maioría da poboación, a URSS converteuse nunha gran potencia a finais dos anos 1930. A produción enerxética e industrial medrara espectacularmente, construíranse grandes infraestruturas, o Estado soviético contaba cun poderoso exército. Ao mesmo tempo foise consolidando unha nova clase dirixente, a nomenklatura, constituída polos cadros dirixentes do Estado, o Partido e os organismos económicos, oposta a calquera cambio significativo no sistema. A nomenklatura soberviviría ao propio Stalin, morto en 1953. 6