SlideShare a Scribd company logo
1 of 45
Download to read offline
GUÍA DE
VIAXE
GALICIA
CEIP de VITE
4º Ed. Primaria curso 2015-16
Aspectos
xerais
GALICIA
Galicia está situada no
Noroeste da Península Ibérica.
Os seus límites territoriais son:
• polo Norte, o Mar Cantábrico
• polo Sur, Portugal
• polo Leste, Castela e León e Principado de Asturias
• polo Oeste, o Océano Atlántico.
Está dividida en catro provincias:
• A Coruña
• Lugo
• Ourense
• Pontevedra
GALICIA
A NOSA COMUNIDADE
ANXO, VANESA, YAM, BRAIS ESPIÑA FEBREIRO 2016
Situación xeográfica - Cidades máis importantes
As cidades máis importantes son:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
VIGO
FERROL
BIBLIOGRAFÍA:
Wikipedia
www.yotuguiaturismo.com
www.minube.com
Que é o relevo?
O relevo é o conxunto das distintas
formas de terreo.
Como se forma o relevo?
Fórmase cando dúas placas se xuntan
(cordilleiras), móvense (fallas) ou sepáranse
(fosas).
Principais formas de relevo.
Relevo de interior:

• Montaña: elevación de
terreo natural.
• Outeiro: elevación de
terreo máis pequeno cá
montaña.
• Depresión: chaira
afundida en relación ás
terras que a rodean.
•Val: terreo chan
que está entre
montañas.
•Chaira: terreo
chan con poucas
ondulacións.
•Meseta: chaira
elevada

1
O relevo de Galicia
Formas - Características
KARLA,MANUEL,IRIA,ÁLVARO 22 FEBREIRO 2016
Relevo de costa:
• Praia: franxa de terra chá
bañada polo mar.
• Delta: acumulación de terra que
deposita un río na súa
desembocadura.
• Golfo: parte de mar que
penetra na terra. Máis
pequenos chámanse calas.
• Cabo: entrante de terra no mar.
•Illa: terreo rodeado de
mar por todas partes.
•Arquipélago: conxunto
de illas agrupadas.
•Península: terreo rodeado
de mar por todas partes
menos por unha que se
chama istmo.

Características do relevo das distintas zonas de
Galicia
No relevo galego hai fortes contrastes que orixinan paisaxes moi variadas.
1. A franxa litoral: A costa galega presenta unha grande diversidade paisaxística e
ambiental. Aínda que predominan as rías e as praias, existen tamén
abruptos acantilados.
A costa cantábrica (Mariña lucense e Rías Altas) é rectilínea e alongada
cunha forte pendente ao mar, con abundantes cantís, poucas praias e rías
pequenas orientadas ao norte.
O relevo da costa do Golfo Ártabro é máis suave que a anterior, con rías
máis amplas e profundas orientadas cara o noroeste.
A Costa da Morte é moi abrupta e as rías son de dimensións moito máis
reducidas.
As Rías Baixas están orientadas cara o oeste e as rías son máis amplas e
profundas con praias de areas finas e grandes bancos de area. Nestas rías
hai moitas illas (illa de Sálvora, illa de Ons, illas Cíes...)
2
22 FEBREIRO 2016
Tamén hai que destacar as chairas litorais da Comarca de Bergantiños e a da Mariña lucense.
2 . O relevo do interior
• Chairas e zonas afundidas (depresións): establecen a transición entre o litoral e o
interior montañoso.
As depresións son terreos afundidos, máis baixos co ,nivel do mar. Destaca a depresión
Tui-Padrón, ao sur.
As chairas son
grandes extensións
de terreo chan ou
con poucas
elevacións
(outeiros). Destaca
a Terra Chá, na
meseta de Lugo.
• Serras: polo xeral, son de cumes aplanadas con aumento das altitudes de oeste a
leste. Pódense agrupar, segundo a súa localización, en catro grandes conxuntos:
A. Serras litorais
A máxima altura é de 500 m. Destacan a Serra do
Barbanza e a Serra do Morrazo. 

3
MARIÑA LUCENSE
E RÍAS ALTAS
Ría de Ribadeo, Ría de
Foz, Ría de Viveiro, Ría
de O Barqueiro, Ría de
Ortigueira e Ría de
Cedeira
GOLFO
ÁRTABRO
Ría de Ferrol, Ría
de Ares-
Betanzos e Ría
de A Coruña
COSTA DA MORTE
Ría de Corme-
Laxe, Ría de
Camariñas e Lires
e Ría de
Corcubión
RÍAS BAIXAS
Rías de Muros e
Noia, Ría de
Arousa, Ría de
Pontevedra e Ría
de Vigo
San Adrián
Ribadeo
Tui Vilalba
B. Serras Setentrionais
A máxima altura é de 1000 m. na serra do
Xistral ; outras destacadas son A Capelada e
a serra da Faladoira.
C. Serras Centrais.
A máxima altura é de 1.100 m.As destacadas son a Serra
da Loba, a da Cova da Serpe, a Serra do Faro e a do
Suído.
D. Serras Orientais.
A máxima altura é de 2124 m. As destacadas son
Pena Trevinca e Cabeza de Manzaneda.
Bibliografía:
• Libro de texto. Sociais 4, editorial, Vicens Vives.
• www.edu.xunta.es/centros/iestelleiras
• www.edu.xunta.es/espazoAbalar/relevo
4
Que é o clima?
O clima é o conxunto de distintos factores:
temperatura , precipitacións e as condicións
atmosféricas dun lugar durante moitos anos.

Factores que o condicionan :
A latitude: é a
distancia que hai
desde calquera
punto do planeta
ata o Ecuador.
Canto máis preto
do Ecuador máis
calor fai.
A altitude e o
relevo: a máis
altura, máis frío e
máis chuvia ca nas
terras baixas. As
montañas illan as
terras do interior da
influencia do mar,
modificando as
temperaturas e as
precipitacións. 

A distancia respecto ao mar: canto máis próximos esteamos do mar, as
temperaturas serán máis suaves no verán e máis calorosas no inverno. A
humidade é máis alta e por iso se producen máis precipitacións.
1
O clima en Galicia
TIPOS DE CLIMA EN ESPAÑA
Clima Mediterráneo :. Exténdese pola maior parte
de España (leste e sur), as illas Baleares e Ceuta e
Melilla.En xeral caracterízase por ter unhas
temperaturas suaves en inverno e calor no verán.
Ademais, as precipitacións son moi escasas.
Clima continental: Este clima dase no centro da
Península, en zonas alonxadas do mar.As
temperaturas no verán e no inverno son moi
diferentes, porque en verán son moi altas e en
inverno moi baixas. As precipitacións son escasas
todo o ano xa que a meseta non permite a entrada
das masas nubosas.
Clima de montaña: Exténdese polos lugares onde
existen montañas altas (máis ou menos 2000
metros).En inverno as temperaturas son moi baixas
(veráns fríos) e en verán non moi elevadas (veráns
frescos). As precipitacións son moi elevadas e en
zonas moi altas soen darse en forma de neve.
Clima oceánico: É o clima da costa cantábrica e de
Galicia. As son suaves todo o ano: invernos suaves e
veráns frescos; precipitacións abundantes todo o
ano.
SARA ELISA, LUIS, RODRIGO, ALÉN
O clima de Galicia é o oceánico. As súas principais
características son a regularidade das precipitacións
durante o ano e as temperaturas suaves.
As zonas costeiras están azotadas por constantes
ventos fortes que provocan as chuvias.
As temperaturas medias mínimas anuais están
entre 7 y 13ºC e as medias máximas están entre
15 e 24ºC.
A influencia das montañas é moi notoria:
onde se superan os 1.000 metros de altura
as temperaturas son frías en inverno e
frescas en verán, con xeadas e posibles
nevadas.
2
Clima de Galicia
Castro de Baroña (Porto do Son)
Os celtas en Galicia

No primeiro milenio a.C, antes da conquista romana, a
Penísula Ibérica estaba habitada por celtas, que se
coñecen como pobos prerromanos.
Vivían en castros, que son poboados fortificados
con muros para defenderse dos inimigos, dos
depredadores.... As vivendas eran ovaladas con
paredes de pedra e tellados de palla ou barro.
Vivían da agricultura e da gandaría. Practicaban a
caza, a pesca e a recollida de froitos . Tamén a
ourivaría.
1
Historia de Galiza
CHANO, CARLA, SARA M., BRAIS P.
RESTOS
CELTAS
Deixaron restos das
bases das súas
casas.
Castro de Santa
Tegra (A Guarda,
Pontevedra)
Castro de
Borneiro
(Cabana de
Bergantiños, A
Coruña)
Castro de
Viladonga
(Castro de Rei,
Os romanos en Galicia

Roma foi unha das grandes civilizacións da idade antiga.Conquistaron moitas
terras e formaron un gran imperio.
Ocuparon o sur de Gallaecia, entre os ríos Douro e Limia. Non se
atreveron a cruzar o Limia por supersticións; pensaban que era o río
do esquecemento. Así entraron pola parte marítima, por Brigantium,
o que hoxe é A Coruña. A Gallaecia romana ocupaba o territorio da
actual Galicia, Asturias, parte de Castela e León e o norte de Portugal.
Chegaron no S.II.a.C. e ocuparon o territorio a partir do S.I.a.C.
Os romanos más ricos vivían en casas individuais moi luxosas
chamadas domus. O resto dos cidadáns vivía en edificios de pisos
con habitacións alugadas chamados ínsulas.
Dedicábanse sobre todo ao comercio.
As tardes, dedicábanas ao ocio,algúns ían ao teatro e outros ían ás
termas.

Os viquingos en Galicia

A presenza de viquingos en Galiza foi entre os S.IX eXII.
As primeiras incursións foron nos S.IX e X. Fixeron saqueos en varias cidades,
como Santiago de Compostela.
As segundas invasións foron no S.X, entraron pola ría da Arousa, estiveron tres
anos por aqui saqueando moitos sitios de Galiza como Lugo e chegando ao
Courel. Cando volveron aos seus barcos atacounos un exército galego que
conseguiu vencelos nos arredores da ría de Ferrol.
As últimas invasións foron no S.XI, nesas atacaron moitas cidades. Quixeron
chegar a Santiago pero non puideron, o exército do bispo Cresconio fortaleceu a
ría reconstruíndo as Torres do Oeste en Catoira.
Non quedan restos de asentamentos porque non paraban de moverse. Crese que
houbo asentamento no Vicedo (Lugo). Os Moutillós (Praia de San Román) crese
que era algún tipo de fortificación viquinga, os restos están sen investigar.
2
Torres do oeste
Os Moutillós
Restos
Romanos
Muralla de Lugo
Torre de Hércules
Aqus querquennis
- Bande
(Ourense)campamen
to,recinto
fortificado,casa
agricola e mansión
dos S.I e II.a.C.
Bbliografía:
www.xente.mundo-r.com
www.spain .info/.../la -cultura-celta-en-los-castros-...
www.Galicia romana .com
www.viquingos. Galipedia.
Restos
Viquingos
AGRUPACIÓN EN TRES SECTORES
1.- SECTOR PRIMARIO: todas as actividades económicas relacionadas coa
obtención de produtos da natureza pertencen ao sector
primario.
Gandaría: é a cría de animais para obter alimentos e recursos para
elaborar outros produtos. Por exemplo: carne, leite, ovos, coiro, la...
Hai granxas por toda Galicia.
Agricultura: consiste en obter alimentos da terra para as persoas
(hortalizas, froitas, cereais...) e para o gando (millo, penso). Dalgúns
produtos vexetais tamén se elaboran tecidos (algodón).
Destacan as patacas en Bergantiños, Terra Cha e Ourense. Tamén os
grelos en toda Galicia.
A pesca: é a captura de peixes. En Galicia hai moitas variedades de
peixes (rodaballo, xurelo, sardiña...) e mariscos ( vieiras, nécoras,
navallas...). É moi importante a captura do polbo.
Nas Rías Baixas atópanse bateas para a produción de mexillóns. Galicia
é unha gran produtora mundial de mexillóns.
Minaría: é a extracción de minerais e rochas da superficie terrestre
utilizadas para obter enerxía, para a construción...
Ex.: granito de Porriño, pizarra no sur de Lugo e de Ourense.
Explotación forestal: consiste en cultivar árbores para obter madeira...
O eucalipto, aínda que veña de Australia, medra moi ben co noso clima. Atópanse máis nas zonas
costeiras, sobre todo no norte de Lugo e Coruña. Os carballos e os castiñeiros atópanse no interior de
Galicia.
ACTIVIDADES PRODUTIVAS EN GALICIA
IDALINA, AIDAN, ANTÓN, CANDELA FEBREIRO 2016
2.- SECTOR SECUNDARIO: Estas actividades son as que teñen que ver coa
transformación dos produtos da natureza.
Artesanía e industrias: transforman as materias primas en
produtos que imos utilizar posteriormente.
Ex. Artesanía.: cerámica de Buño e Sargadelos, xoiería de
acibeche en Santiago, encaixe de bolillos en Camariñas.
Ex. Industria:
• En Galicia producimos moita enerxía eléctrica a partir do
vento, da auga dos ríos... Ex.: Fenosa ( encoros) é parques
eólicos (zonas de montaña do norte de Galicia: costa da
Morte, interior de Lugo...
• Empresas de fabricación de automóviles grupo P. S. A.
Citröen(Vigo).
• Empresas de fabricación de barcos como Navantia(Ferrol).
Industrias gandeiras: Feiraco, Leima, Rio.
Industrias pesqueiras: Na industria pesqueira somos dos máis
exportadores do país,porque estamos rodeados de mar.As empresas que
temos como referencia son as conserveiras Escurís, Gealsa, etc.
Construción: Tamén se utilizan diferentes tipos de materias naturais para a
construción de edificios ou vivendas.
3.- SECTOR TERCIARIO: Ao sector terciario pertenecen as actividades nas que non
se obteñen produtos. Só prestan servizos ás persoas.
Exemplos: comercios, transporte, sanidade, ensino, turismo, ocio,
información etc.
BIBLIOGRAFÍA: consulta familiar, libro de texto 4º, wikipedia.
GALICIA É UNHA GRAN ZONA GASTRONÓMICA PORQUE ESTÁ RODEADA DE MAR POR DÚAS ZONAS E
TAMÉN POLAS SÚAS ACTIVIDADES GANDEIRAS E AGRÍCOLAS. A INMENSA VARIEDADE DE
PRODUTOS TÍPICOS DÁ LUGAR Á CELEBRACIÓN DE DISTINTAS FESTAS GASTRONÓMICAS.
Comidas típicas:
Hai moitas comidas típicas en Galicia. Dez das máis coñecidas son:
- Lacón con grelos: lacón, grelos, unto,chourizos e patacas; todo
cocido.
- Polbo á feira: polbo cocido, aliñado con aceite e pimentón.
1
Gastronomía Galega
Comidas típicas -Festas gastronómicas máis importantes
3 DE FEBRERO 2016 DIEGO, CARLOS, AIRAS, VICTORIA
- Androlla: é un embutido típico das zonas de Viana do Bolo, Trives,
Cervantes e Navia de Suarna. É a tripa do porco recheo de carne,
patacas,chourizos e verdura, adobadas con sal, allos e pimento
picante.
- Roxóns :os roxóns son tiras de carne de porco cocida e prensada ; están
moi ricos acompañados dun cacho de pan.
- Filloas: en León e Asturias, as filloas son un
postre mentres que en Galicia tamén se comen como entrante ou
acompañando ao cocido.
- Liscos : os liscos son tiras de touciño ou xamón
finas ou grosas e son bastante típicas nas comidas das aldeas.
- Cocido: os seus ingredientes son: unto, carne de porco, carne fresca,
garavanzos, verdura, patacas e chourizos, pero pódenselle botar máis.
-Empanada: está composta de fariña, lévedo, ovos,
auga, aceite, azafrán, pementa, sal, cebola, pemento, e un recheo a gusto do
cociñeiro ou dependendo das zonas.
- Percebes: son crustáceos que crecen sobre rochas batidas polas ondas do
mar. Cócense en auga con sal e unha folla de loureiro. Para comelos hai
que separar a unlla e desprender a pel para comer o que hai dentro.
-Caldo: está feito con auga, fabas, chourizo, verdura e patacas
2
FESTAS GASTRONÓMICAS MÁIS IMPORTANTES
DE GALICIA:
A maioría delas son no verán. En Galicia hai un montón. Destacan, entre outras, as
seguintes:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
• Festa dos Callos en Vilanova de Arousa: 15 de
xaneiro.
• Festa do Cocido Galego en Lalín: o domingo
anterior do Entroido.
• Festa do Albariño en Cambados: 22 de xullo.
• Festa da Empanada en Bandeira: 22 de agosto.
PROVINCIA DE A CORUÑA
• Festa da filloa en Lestedo: 14 de febreiro.
• Festa do Pemento de Herbón en Padrón : o 1 de
agosto.
• Festa do Longueirón en Fisterra : do 1 a 2 de
agosto.
• Festa do Porco Celta en Corcubión: o 8 de agosto.
PROVINCIA DE LUGO
• Mostra do Mel en Quiroga : o 10 de agosto.
• Feira do Bonito en Burela : o 1 de agosto.
PROVINCIA DE OURENSE
• Festa do Polbo en Carballiño: 9 de agosto.
• Festa do Botelo en Viana do Bolo: domingo de
Entroido.
3
GUÍA DE
VIAXE
GALICIA
LUGO
Situación xeográfica.

Lugo é a capital da provincia de Lugo. A mellor forma de chegar é en coche ou en autobús.
Unha das rutas, desde Santiago é: Teixeiro - Guitiriz - Rábade -
Lugo. Tempo aprox. : 1h e 29 m. Distancia : 116 km.
Ten preto estes lugares para poder visitar :
- Norte : Ortigueira, Viveiro e Ribadeo, que son vilas costeiras
moi bonitas. Destacando a Praia das Catedrais.
- Sur : Serra dos Ancares.
- Leste : Pedrafita do Cebreiro, onde neva moito no inverno e ten
un castro chamado igual ca vila.
- Oeste : Guitiriz, cun balneario de augas termais.

Que podemos atopar ?
-A muralla romana : rodea a cidade vella de Lugo con 2.140 m de
muro. Ten 72 torres redondas e 10 portas; a que está enfronte á
Catedral chámanlle porta de Santiago.
-A Catedral : no seu interior está a capela onde se atopa a imaxe
da Nosa Señora dos Ollos Grandes.
-A casa do Concello : antigamente foi o pazo de Ombreiro.
- O convento de San Francisco : nel atópase o Museo
Provincial con importantes coleccións de arte.
- A xente visita esta cidade porque ten moitos monumentos
antigos, cómese moi ben e fan grandes festas, como "Arde
Lucus"e San Froilán.

1
AS CIDADES
CARLA, ALÉN, IRIA, IDALINA ABRI-MAIO 2016
Muralla de Lugo
Catedral de Lugo
Praia das Catedrais
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Situación xeográfica.
Santiago é a capital de Galicia. Pertence á provincia de A
Coruña, situada no noroeste de España. Pódese chegar pola
autovía do noroeste A-6 que comunica Galicia co resto de
España.
Que podemos atopar?
Podemos atopar a Catedral, situada na Praza do
Obradoiro, que é onde remata o Camiño de Santiago e a
zona vella que é Patrimonio da Humanidade. Na zona
vella podemos atopar: museos, monumentos, parques( da
Alameda,Vista Alegre etc...) e as prazas que rodean A
Catedral.
A CORUÑA
Situación xeográfica.
Está situada no noroeste de Galicia. Pódese ir en coche
pola autopista AP9 que conecta con Ferrol, Santiago de
Compostela, Pontevedra e Vigo.
Que podemos atopar?
A Torre de Hércules é unha torre situada na península
da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o
único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.
É considerada Patrimonio da Humanidade.
O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou
Casa dos Peixes, no que, ademais de visitar o "gabinete
do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de
Europa, pódense vivir experiencias como tocar estrelas de
2
Santiago visto dende arriba
Torre de Hércules
Casco antigo de Santiago
Acuario
mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos.
Hai tres piscinas exteriores con focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. O
centro é un lugar idóneo para coñecer a vida que hai arredor do mar, en especial a da costa galega.
Instalado no paseo marítimo da cidade, capta o interese do visitante mediante numerosos módulos
interactivos, grandes acuarios e piscinas. O seu obxectivo é a educación sobre a vida mariña,
prestando especial atención aos ecosistemas do litoral galego. A Poza das Caricias, un tanque no
que o público, baixo a supervisión dos monitores, pode tocar algúns animais e saber máis sobre
eles.
Pontevedra
Situación xeográfica.
Pontevedra atópase no suroeste de Galicia dentro
da provincia de Pontevedra.Está na cabeza da ría
do mesmo nome. Chégase pola autopista AP-9
directamente e está a 65 Km de Santiago de
Compostela.
Que podemos atopar?
En Pontevedra resaltan a Praza da Verdura, a da Leña e a da Ferrería, son tres exemplos de prazas
medievais galegas con soportais. Cada nome fai referencia á actividade que se desenvolvía nelas.
A Praza da Verdura ten unha fonte no centro e convén visitala en primavera para ver os seus
balcóns cheos de flores .
A Praza da Leña é a típica praza galega con casas de
granito, soportais e o seu cruceiro que adorna a súa
parte central.
A Praza da Ferrería ten varias cafeterías históricas e
acolle moitas actividades culturais.
3
Praza da Verdura
Ruinas de Santo Domingo
Vigo
Situación xeográfica.
Vigo encóntrase na provincia de Pontevedra. Chégase pola
autopista AP-9 e tárdase arredor dunha hora en chegar dende
Santiago.
Que podemos atopar?
En Vigo atópase o Paseo Marítimo de Samil que está nas aforas e vai paralelo á praia de Samil, un
dos lugares máis visitados polos turistas, con vistas moi bonitas
e atardeceres preciosos. Na zona hai tres piscinas, canchas de
baloncesto, cafeterías, xogos para nenos, un mercadillo...
O Monte do Castro é o parque coas mellores vistas de Vigo
sobre a ría.
Na parte máis baixa pódense visitar castros do século III e I
A.C, e na parte alta hai un precioso monte.
Ourense
Situación xeográfica.
Está situada no suroeste da Comunidade Galega. Ao saír de Santiago
podemos chegar en tren ou en coche
Que podemos atopar?
Para ir á catedral de Ourense a mellor
forma é ir andando para coñecer o que hai ao longo do camiño,
pero se queres ir en coche é o mesmo camiño.
Se vas en dirección ao Paseo Fluvial podes atopar parques, termas
(as Termas de Outariz etc), pontes (a Ponte Romana etc). Cando
todo eso remata xiras á dereita e ao longo do camiño encontras a
Catedral de Ourense. Pola zona vella
atopas moitos monumentos relixiosos. Atrae a moitos turistas.
4
Paseo marítimo de Samil
Catedral de Ourense
Ourense de noite
As Termas de Ourense
Vista da cidade de Vigo
BALNEARIOS
Hai moitos balnearios en Galicia, pero os máis importantes son estes:
• As termas de Outariz (Ourense): Pódese chegar indo
polo lugar de Outariz; está a 3Km das termas da Chavasqueira
e tamén pasas preto do río Miño. Alí hai un camiño cerca da
terma polo que corre moita xente. É un sitio que ten a auga
moi quente e vai xente a relaxarse; en moitos balnearios vai
moita xente a curarse.
• O balneario de Mondariz ( Pontevedra). Pódese
chegar desde a estrada Vigo-Ourense, tomando a saída 294
dirección Mondariz. Alí pódese atopar o Pazo da Auga e o
balneario Celta que ten máis de 100 anos. Ofrécenos auga quente e un
sitio para relaxarse.
• O Gran Hotel Balneario La Toxa. Atópase na
illa da Toxa, na provincia de Pontevedra. É un balneario
dos máis luxosos, situado na exclusiva illa da Toxa que
é famosa polas súas augas mineromedicinais, coas cales
fabrícanse cosméticos, xabróns, etc.
• Balneario
Compostela. Está moi cerca de Santiago. Chegas indo pola
estrada de Noia, a 10km. As augas deste balneario son indicadas
para problemas respiratorios, de pel e reumatismo.
• Balneario de Guitiriz. Edificio histórico do principio do
século xx, pero restaurado recentemente. É un edificio moi grande
e bonito, un lugar perfecto para descansar, cun clube termal, campo
de golf, actividades deportivas e un bosque para pasear. Chegamos
alí indo pola estrada de Curtis ata chegar á N-VI.
1
Yam, Victoria, Airas, Antón abril-maio 2016
AUGA E NATUREZA EN GALICIA
Balnearios,ríos,lagoas,fervenzas,praias fluviais e illas
Termas Outariz
Hotel balneario A Toxa
FERVENZAS E PRAIAS FLUVIAIS
• Fervenza de Augacaída (Pantón -LUGO)
En Pantón, na Ribeira Sacra (Lugo), está unha das
fervenzas máis grandes de Galicia, aínda que non é moi
coñecida. Para chegar hai que situarse na estrada vella de
Ourense, á altura de Guitiriz, e coller a desviación a
Marce. Podes ver a fervenza e tamén un castro.
• Fervenza da Toxa
É a máis grande de Galicia en canto a caída da auga.
Accédese desde a vila de Bandeira situada na estrada que une
Santiago con Ourense. Dende esta poboación imos á parroquia de Pazos
pola estrada que vai a Merza e Vila de Cruces. Dende aí séguense os
sinais que explican como chegar. Pódese ver, á parte da fervenza, un
denso bosque de carballos e castiñeiros.
• Fervenza do Ézaro ( A Coruña ) Dumbría-Carnota (no
noroeste).
Antes de converterse en fervenza o río Xallas está retido por 3 encoros. É bastante especial porque é o
único de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza. Ten un
desnivel de 40 m. Nos meses de verán a cascada está iluminada entres
as 11 e as 12 da noite.
Lugares que visitar cerca: Pías ou caldeiras no río Xallas (pozas de
augas moi calmas cunha cor verde azulada, ideal para bañarse e
relaxarse) as ruínas da hidrocentral do Ézaro, o miradoiro do Ézaro,
o embalse de Santa Uxía,o hórreo de Carnota, embalse da fervenza.
•Praia fluvial Río Caldo
Unha das máis concurridas da provincia de Ourense. As augas
son termais, moi quentes e con propiedades para curar problemas
dixestivos, de circulación e respiratorios.
O Río Caldo esta situado ao lado de Lobios (Ourense), na comarca
da Limia. Recibe o seu nome polas famosas augas termais de
propiedades minerais. Trátase dun pequeno afluente do Río Limia;
as súas augas percorren o Parque Natural Baixa Limia- Serra do
Xurés, que é reserva da Biosfera . No curso deste río atopamos
moitas fervenzas.
2
FERVENZA DE AUGACAÍDA
FERVENZA DO ÉZARO
Fervenza do Toxa
do
PRAI FLUVIAL RÍO CALDO
• Praia Fluvial de A Chan
Encóntrase en A Chan. Aquí aproveitouse unha pequena presa
dedicada a abastecer os muíños que se conservan sobre o río,
para convertela nunha praia fluvial. O lugar está perfectamente
acondicionado e disfrutarás dun entorno maravilloso.
• Praia fluvial de Tapia
Encóntrase no centro da Coruña. Está ao noroeste de Santiago, a uns 15 kilómetros.
O río Tambre forma, ao seu paso por Tapia, unha zona que se adecuou como praia fluvial. O lugar é
estupendo para pasar un día ao aire libre en familia e concretamente con nenos. Ten un aparcamento
bastante amplo.
O recinto conta cun antigo muíño, sendas de paseo, unha
piscina, miradores con bancos e amplas zonas verdes xunto ao
río.
Se che gusta a natureza e buscas on lugar onde refrescarse
nun día de calor, Tapia é o teu paraíso particular.
ILLAS
• ILLAS CÍES
As illas Cíes sitúanse no Océano Atlántico ao oeste de
Vigo.
Para chegar ás illas Cíes tes que reservar con antelación o
barco no porto de Vigo, Baiona ou Cangas do Morrazo.
Nas illas Cíes hai un fermoso cámping para os turistas.
Hai moitas praias como Rodas, Bolos, San Martiño,
Figueiras,etc. Tamén hai moitas rutas de sendeirismo ao
Monte Faro, ao faro da Porta, ao Alto do Príncipe e ao
Monte Agudo.
3
ILLAS CÍES
Praia fluvial de A Chan
Praia fluvial de Tapia
• ILLA DE SÁLVORA
A illa de Sálvora sitúase no Océano Atlántico ao sur de
Ribeira (na Ría de Arousa).
Para chegar á illa de Sálvora tes que realizar a ruta da
auga a bordo dun veleiro antigo desde o porto de O
Grove ou desde Pobra do Caramiñal, na Ría de Aurosa.
Na illa de Sálvora poderedes atopar un faro moi antigo
e nas súas costas un viveiro de mariscos (percebes).
• ILLA DE CORTEGADA
A illa de Cortegada sitúase no Océano Atlántico ao
noroeste de Pontevedra (no fondo da ría de
Arousa,fronte a ría de Carril e desembocadura do río
Ulla).
Para chegar á illa de Cortegada podedes ir a pé desde
Carril, cando a marea estea baixa.
Na illa de Cortegada poderedes atopar o bosque de
loureiros máis grandes de Europa. É unha zona de
fósiles e pode considerarse o Xardín Botánico da
Comunidade Galega.
• ILLA DE ONS
A Illa de Ons sitúase no Océano Atlántico ao suroeste de
Pontevedra (desembocadura da ría de Pontevedra).
Para chegar á Illa de Ons deberedes coller o transporte marítimo
desde Portonovo, Sanxenxo, Bueu ou Marín.
Na Illa de Ons poderedes ver un fermoso cámping para os turistas,
unha visita ao Burato do Inferno (na ladeira dos acantilados), os
seus faros e a antiga aldea celta de Castro do Alto.
4
ILLA DE SÁLVORA
ILLA DE CORTEGADA
ILLA DE ONS
RÍOS E LAGOAS
• Río Ulla
O río Ulla está situado ao sur de Santiago de Compostela.
Chégase en 1 hora e 41 minutos en coche e podemos atopar un
lugar chamado Pazo da Oca.
• Río Tambre
O río Tambre está situado ao norte de Santiago de
Compostela.Chegamos en 34 minutos en coche.
• Lagoa das Encrobas
A lagoa das Encrobas está situada ao norte da Coruña.
Chégase en 45 minutos e podedes atopar o Aquapark de
Cerceda.
• Lagoa de Camposa
A lagoa de Camposa está situada ao norte da
Coruña. Chégase en 50 minutos e cerca podemos
atopar o Aquapark de Cerceda.
5
NOS VALES DOS RÍOs
• NO CANÓN DO RÍO SIL ( dende Castro Caldelas ata Amandi pola
estrada LU 903)
Cormoráns: Plumaxe de cor negra e patas palmípedas.
Garza:Plumaxe de cor gris,pico picudo.
Martiño peixeiro: Plumaxe de cor azul e verde moi rechamante. Avistamento de abril a setembro.
• NO RÍO MIÑO, EN LUGO CIDADE
Lavandeira branca. Pesa 18-23g, pode medir 18cm de longo e
de envergadura 28 cm. É de cor gris con manchas negras e ten
unha cola moi longa. Pódese ver durante todo o ano.
1
As aves
Guía Galicia
ANXO ,VANESA,MANUEL,DIEGO ABRIL-MAIO 2016
Cormorán Garza Martiño peixeiro
LAVANDEIRA
NA BEIRA DO MAR
RÍAS ALTAS: RÍAS DE RIBADEO E FOZ
Nas rías de Ribadeo e Foz contan con centos de aves. Durante a migración outonal son moitas as
especies que se poden ver en ambas rías.
A praia de As Catedrais é un lugar moi apropiado para a observación de
aves en migración e invernada. No porto de Ribadeo veremos o colimbo
grande e onda a Illa Pancha o cernícalo vulgar.
O cernícalo mide entre 34 e 38 cm de largo da cabeza aos pés. É unha ave de
presa diurna e fácil de ver. Caza ás súas presas esperándoas moi quedo no aire
e despois lánzase en picado sobre elas. Come roedores, ras, etc. Pódese ver na
zona de Vilagacía, O Grove ...
O colimbo é unha ave acuática que bucea para pescar peixes e
crustáceos. Viven en lagos no hemisferio norte e algúns visitan
Galicia no inverno.
COSTA DA MORTE
Esta ampla zona de costa entre Malpica e o cabo de Fisterra
brinda multitude de hábitats para as aves: acantilados,
praias, dunas, lagoas marismas , xunqueiras, piñeirais, etc.
Durante a migración primaveral e outonal hai un
constante ir e vir de aves mariñas. A invernada de patos
na desembocadura do río Anllóns é espectacular e hai
miles de gaivotas que aniñan nas illas Sisargas
Nesta zona están as últimas gaivotas tridáctilas e araos
que crían en Galicia.
Na Costa da Morte chega a haber 296 especies.
2
CERNÍCALO
COLIMBO
ARAO
RÍA DE AROUSA: O GROVE E O PARQUE NACIONAL
DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.
Na contorna de O Grove destaca a presencia de miles de limícolas, gaivotas
de diferentes especies e outras aves acuáticas como garzas, en especial entre
setembro e febreiro. A fermosa espátula é unha das especies que podemos
observar aquí con facilidade.
A mellor época para ir ás illas de Sálvora, Ons e Cíes vai dende abril ata
xuño (migración primaveral e cría de aves mariñas) ou desde mediados de
agosto a comezos de novembro (migración outonal). As colonias de aves mariñas, especialmente
patiamarela e cormorán moñudo, son particularmente atractivas.
NOS CAMPOS E ZONAS DE INTERIOR
LAGOA DE COSPEITO (LUGO)
Cospeito está situada na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo.
Está a 28 km da cidade de Lugo. Na lagoa de Cospeito podemos
observar garzas reais que é un tipo de ave de gran tamaño, de longo
pescozo e de cor grisácea, cun peteiro vermello.
A finais do verán obsérvanse falcóns pelegríns que teñen unhas
longas ás puntiagudas e de cola longa; o macho ten o lombo gris e
grandes bigotes negros e a femia é máis grande. Come coellos e outros
mamíferos.
O mazarico real ten un peteiro moi longo, as plumas superiores de cor
escura, as patas azuis e o resto do corpo é de cor crema.
A mellor época para ver a garza real e o mazarico real é o inverno, e o
falcón a finais do verán.
3
GARZA
GAIVOTA PATIAMARELA
CORMORÁN MOÑUDO
FALCÓN PELEGRÍN
MAZARICO REAL
NA MONTAÑA
Andoriña común: ave insectívora, migratoria.
Pasan a primavera viaxando cara o norte chegando
ata o Círculo Polar Ártico, o inverno pásano en
África. Están dende principios da primavera ata
finais do verán. Atópanse en aldeas e vilas pero
tamén viven no campo aberto.Constrúen niños de
barro, no interior coloca herbas e plumas cun
pequeno burato de entrada baixo, pontes, paredes
das rochas e cantís.
Cegoña branca: comen o que encontran, miñocas,
insectos, anfibios, réptiles, ratos e peixes. Camiñan por
zonas húmidas. Crían en áreas abertas, preferindo
zonas acuáticas.
Fan niños en árbores, edificios e cantís. Usan o mesmo
niño varios anos. É unha ave migratoria. Antes só
estaban polas zonas cálidas e só se quedaban no verán.
Agora case se ven en toda Galicia. Nalgunhas zonas
atópanse no inverno en localidades e lugares axeitados
como zonas húmidas, regadíos ou vertedoiros. No
verán poden verse en grupos buscando comida nos
campos de cultivo.
Perdiz pardilla: Nos Ancares podemos ver a
perdiz pardilla, con plumaxe castaño vermello e
cola castaño vermella.
4
Andoriña
CEGOÑA BRANCA
PERDIZ PARDILLA
CABEZA DE MANZANEDA
Cabeza de Manzaneda pertence á provincia de
Ourense. Está situado a 80 km ao leste da cidade
de Ourense, na comarca da Terra de Trives.
Para chegar desde Ourense colleremos a estrada
OU 536 que nos levará por Pereiro de Aguiar, o
Alto do Couso, o Alto do Rodicio, Castro
Caldelas, cruzando o río Navea e pasando por
Pobra de Trives. A viaxe dura, aproximadamente,
1 hora e 23 minutos.
Cabeza de Manzaneda ten a única estación de esquí de Galicia, para realizar deportes de inverno. No
verán podemos gozar da natureza e facer rutas andando ou en bicicleta, destacando a Ruta dos Curros
(20km) que permite visitar refuxios de pastores. O 1 e 2 de agosto
celébrase o Campeonato de Bandas de Gaitas.
Podemos gozar da súa gastronomía, probando a androlla e os
chourizos ceboleiros.
A Porta da Vila era un acceso á vila medieval de Manzaneda. É o
elemento mellor conservado da antiga muralla que tiña 400 m de
lonxitude (hoxe só se poden ver 100). Ademais de gozar
buscando os restos do recinto amurallado, os visitantes poderán
pasear polas rúas medievais.
Podemos visitar o Cárcere dos Sarmientos que é o antigo penal
dun castelo restaurado onde se realizan actividades de carácter
cultural.
1
KARLA,LUIS,BRAIS PORTOS,AIDAN ABRIL-MAIO 2016
ESPAZOS NATURAIS E MONTES DE
GALICIA
PENA TREVINCA
Atópase no leste da provincia de Ourense (na comarca de Valdeorras), ao noroeste da provincia de
Zamora.
Desde Ourense collemos a estrada provincial OU-122 a Casaio. Despois chegamos ao Porto de Forte de
Cova que é o límite entre Galicia e León.A uns 10Km por unha pista mineira chégase ao cume.
Podemos atopar as lagoas glaciais de"A Serpe " e "O Celo". No ascenso ata estas lagoas, ademais de
apreciar a fermosura das mesmas, os visitantes poderán gozar das magníficas vistas que ofrece todo o
percorrido que leva ata elas.
É o pico máis alto de Galicia, considerado un dos mellores puntos do planeta para contemplar as
estrelas.
O COUREL
A Serra do Courel é un espazo natural protexido que
ten como límites naturais : o Camiño de Santiago
polo norte, Lugo polo sureste, León polo leste e o
cauce do río Sil polo sur. Ocupa 20.000 hectáreas.
Para chegar á Serra do Courel dende Lugo hai que
atravesar 82 km da LU- 546 .
Podemos atopar o castelo de Carbedo situado no
camiño que comunicaba Galiza co Bierzo, sobre unha
rocha de 20 m de altura que serve de defensa natural.
2
LAGOAS DE OCELO E DA SERPE
A Mina da Toca e a Mina do Taro Branco son minas da época romana desde onde se pode gozar
dunhas marabillosas vistas de gran parte de O Courel.
O Castro de A Torre, en Sobredo,
tamén é un fermoso paraxe desde
onde contemplar unhas vistas
espectaculares.
Poderíanse dar moitas boas
razóns para visitar O Courel , pero
por riba de todas elas destaca a
natureza como a máis
significativa.
SERRA DOS ANCARES
A Serra dos Ancares está situada no extremo oriental da provincia de Lugo na Comunidade Autónoma
de Galiza.
Pódese chegar pola A-6 .
Pódese visitar o seu parque natural , facer rutas de turismo á aldea prerromana de Piornedo na que se
poden atopar as pallozas que son as antigas vivendas de orixe celta con forma ovalada nas que te
deixan entrar e revivir a vida que levaban os antigos habitantes do pobo. E tamén pódese subir ao
cume do Mustallar que é un dos mellores sitios da zona para contemplar as vistas.
Son moi interesantes as rutas rurais e entrar nas pallozas para revivir a vida quep plevaban xunto
cos seus animais as antigas familias de Piornedo é unha boa experiencia.
3
ALDEA DE PIORNEDO
AS FRAGAS DO EUME
En Galicia, unha fraga é unha zona de bosque espeso onde non entra moita luz e normalmente o
ambiente está fresco, coa temperatura sempre constante o que provoca que haxa moita e variada
vexetación e fauna.
As Fragas do Eume é a mellor fraga costeira conservada de toda Europa, onde habitan moitos animais
e plantas en perigo de extinción.
As Fragas do Eume, foi declarado Parque Natural en 1997 e ocupa as ladeiras e montes que
acompañan o río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña.
Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ao norte coa de Ferrolterra e ao sur
coa das Mariñas.
Os concellos que comparten este espacio natural son: As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A
Capela, Cabanas e Pontedeume.
Desde Pontedeume pódese tomar a estrada
AC-114 para tomar o desvío de Ombre e de aí
a Caaveiro bordeando o río.
Desde Santiago de Compostela a distancia é de
104 km e a viaxe dura 1 h e 17 min.
Dentro do Parque hai numerosos vestixios da
actividade humana como fornos para facer o
carbón vexetal e moitos restos históricos da
arquitectura tradicional como cruceiros, pontes
e santuarios.
4
Destacan os mosteiros medievais de Caaveiro e o de
Monfero, ambos do S.X.
O Mosteiro de Caaveiro acollía os eremitas que
vivían pola zona. É monumento histórico-artístico
desde 1975 pola súa arquitectura.
No Mosteiro de Monfero o único que se conserva é a
igrexa; o demais está en ruinas, aínda que o están
restaurando.
As Fragas do Eume é un lugar ideal para gozar da
natureza, relaxarse e facer rutas de senderismo.
SERRA DO XURÉS
O Parque Natural do Xurés está situado no sudoeste da provincia de Ourense, facendo fronteira con
Portugal.
Para chegar desde Ourense accédese pola estrada
N-540 que une Lugo con Portugal atravesando
poboacións como Celanova, Bande, Entrimo,
Lobios e Muíños, facendo fronteira co Parque
Natural de Peneda-Gerés, en Portugal.
É un precioso espazo natural cunha grande
variedade de paisaxes: serras, pequenos ríos que
forman cascadas e frondosos bosques.
Os amantes dos animais poderán ver diferentes
especies de aves, anfibios reptís e mamíferos,como
o lobo ou xabaríns, e a vaca cachena, típica de
Galicia, en perigo de extinción.
5
MOSTEIRO DE CAAVEIRO
MOSTEIRO DE MONFERO
O Xurés ten abundante patrimonio
cultural. O máis destacado é a Vía
Nova, unha vía romana que xuntaba
Braga con Astorga. Percorrendo esta vía
pódese gozar coas súas marabillosas
paisaxes e das súas magníficas vilas
como a aldea de Casolas, construída
nun terreo moi inclinado.
Gozaremos da cascada de Corga da Fecha que desemboca
no río Caldo cunha caída de 200 m de desnivel creando
pozas de augas cristalinas.
En Riocaldo atópase a "Mansio Aquis
Originis", a poucos metros do río Caldo e
moi preto de Corga da Fecha. É o nome
histórico dunha mansión romana situada na
Vía Nova. Alí xurdían augas termais que
foron aproveitadas para crear baños quentes
e un sistema de calefacción para os
habitantes da mansión.
6
ALDEA DE CASOLAS
CASCADA DE CORGA DA FECHA
MANSIO AQUIS ORIGINIS
COSTA DA MORTE
É unha rexión costeira situada na
provincia da Coruña, no Noroeste de
Galicia. Saíndo de Santiago podemos
ir pola estrada de Carballo a Caión
que é un antigo porto baleeiro.
Pasaremos por varias zonas como
Baldaio, Razo, Malpica, Corcubión,
Corme, Laxe, Camariñas, Fisterra,
Carnota e Muros.
Na Costa da Morte podemos atopar
grandes espazos naturais, como as illas Sisargas (Malpica), que é
un paraíso para moitas aves; o Cabo Vilán co seu faro; Muxía coa súa " Pedra de Abalar", moi
coñecida pola festa da Virxe da Barca; e o hórreo máis longo de Galicia, que se atopa en Carnota (na
zona máis ao sur das Rías Altas) e ten corenta pés.
Ademais hai muíños, castelos, faros, igrexas e fermosos miradores. Visitaremos esta zona para ver
fermosas praias e grandes espazos naturais, para probar a súa gastronomía e participar nas súas festas.
O mellor de todo é a boa acollida da súa xente.
COSTA NORTE - RÍAS ALTAS
As Rías Altas son unha agrupación doutras Rías de Galicia. Comprende
varias vilas e cidades dende A Coruña ata Ribadeo.
Un percorrido que non pode faltar é A Coruña onde poderemos visitar a
Torre de Hércules, que é o faro máis antigo do mundo preto dunha
fermosa praia chamada Riazor.
Podemos ver a praia das Catedrais en Ribadeo, unha das praias máis
impresionantes de Galicia, situada na Mariña Lucense.
1
RUTAS TURÍSTICAS
RODRIGO, CANDELA, SARA MÍGUEZ E BRAIS ESPIÑA ABRIL-MAIO 2016
FISTERRA
ILLAS SISARGAS
AS CATEDRAIS
TORRE DE HÉRCULES
RÍAS BAIXAS
As Rías Baixas sitúanse no suroeste de Galicia: dende o Monte Louro en Muros ata a desembocadura
do Río Miño.
Ría de Muros e Noia.
Para ir ata alí tedes que ir en coche ou en autobús, viaxando dende Santiago á Vila de Muros.
Atoparás:
• Praias: A Aguieira , As Gaivotas , Testal, Broña , San
Francisco ...
• Vilas:Muros e Noia que conservan cascos históricos.
• Portos pesqueiros: Portosín e Porto do Son.
• Restos arqueolóxicos: O Castro de Baroña , Dolmen de Argalo.
• Cultura gastronómica: Mariscos.
Ría de Arousa
A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte
das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza
(provincia da Coruña) e o Salnés. Pódense facer viaxes en
catamarán pola ría de Arousa, con visitas a criadeiros de
mexillóns, vieiras… e parando para ver os fondos mariños.
É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.
Os lugares máis destacables son A Illa de Arousa, co parque natural de Carreirón, as illas de Cortegada
e Sálvora, que son parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e O Grove coa Illa da Toxa.
Desembocan os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal,
Boiro e Rianxo ao norte, e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur.
Ría de Vigo
A Ría de Vigo é a ría galega que se atopa máis ao sur; é
unha das maiores en extensión.
Exténdese dende o Cabo Home, ao norte, ata o Cabo
Silleiro ao sur.
2
Ría de Muros
Ría de Arousa
A ría atópase protexida na súa entrada polas Illas Cíes,
pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. É unha
ría con augas tranquilas. Esta ría alberga multitude de restos
de naufraxios e tesouros , os máis famosos os que proveñen da
Batalla de Rande.
Destacan:
- Vilas mariñeiras como Cangas do Morrazo e Moaña dende as
que existe liña regular de barcos que os unen coa cidade de
Vigo e coas Illas Cíes.
- Cidade de Vigo: é a cidade máis grande de Galicia,na que se atopa a Ponte de Rande que une as dúas
caras da ría de Vigo. Cidade cunha grande actividade portuaria e un areal de grandes dimensións
(Praia de Samil).
- Arcade: vila onde se celebra a festa gastronómica da Ostra de Arcade pola importancia que ten este
produto neste lugar.
-Panxón: atopamos o Templo Votivo do Mar e o Arco da Ferradura, arco visigótico do século VII
RIBEIRA SACRA
Atópase no sur de Lugo e ao norte de Ourense. Para chegar podes
ir ata Ourense e coller dirección Monforte de Lemos. Cando
chegues podes atopar o camiño de Santiago, nos municipios de
Paradela e Portomarín. Tamén podes encontrar Mosteiros que
inclúen algúns santuarios cun elevado nivel de interese turístico:
mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil (S.VI) convertido en
Parador, convento das Clarisas, etc.
Pódese facer unha ruta en catamarán polos Canóns do Sil que son un lugar natural no río Sil para
gozar da espectacular paisaxe. Nas súas paredes encóntranse viñas coas uvas que se utilizan para facer
o viño Ribeiro e Amandi.
3
Mosteiro de Santo Estevo
Canóns do Sil
Viñas no Canón do Sil
Ría de Vigo
Ruta cañóns do Sil-Mosteiro de Santa Cristina (a
pé)
Atópase en Parada de
Sil, na Ribeira Sacra.
Para chegar dende
Ourense colles as
estradas que che
levan a Parada de Sil.
A ruta dura 3 horas.
A dificultade é media
e está sinalizada. Podemos ver varios miradores como o de Balcóns de
Madrid , o Fental e as Fontiñas e tamén o mosteiro de Santa Cristina
que está no souto de Merilán e o río Sil.

Ruta Santo Estevo - Río Sil (a pé)
Atópase en Nogueira de Ramuín, Ribeira Sacra. Para chegar colles as
estradas que van a Nogueira de Ramuín. Dura 3 horas, son 7 km. A
dificultade é media e está sinalizada.
Pasamos polo Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil arredor do
parador de Santo Estevo e vemos o río Sil.
Ruta Tesouros da Limia (bici)
Atópase na Limia, no sur de Ourense. Chegamos
collendo as estradas que levan a Xinzo de Limia.
O percorrido é de 15km; podemos facelo en
pouco tempo. A dificultade é baixa. Pasamos
pola torre da Pena da Portela, o castelo do
Castro, o museo etnográfico de Vilar de Santos
e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás.
1
Rutas para facer a pé
ou en bici
CHANO, CARLOS, SARA ELISA, ÁLVARO. ABRIL-MAIO 2016
Canóns do Sil-
mosteiro de Santa
Cristina
Santo Estevo -río Sil
Tesouros do Limia.
Ruta: O camiño dos faros (a
pé)
É unha ruta de 36 km que une Malpica con Fisterra polo
mar pasando por todos os faros da Costa da Morte. Pódese
facer en 8 etapas de entre 17 e 32 km, pasando por
Niñóns, Ponteceso, Laxe, Arou, Camariñas, Meniña e
Muxía.
Ruta fácil Cee- Corcubión- Cee
(bici)
É un percorrido circular entre Cee e Corcubión, de 12 km.
Faise por estrada seguindo o bordo do mar ata chegar ao faro
de Cee, dende onde se pode ver o monte Pindo.
Ruta do Monte Faro (a pé)
Nas Illas Cíes (ría de Vigo). Chégase en barco dende Vigo.
A ruta dura 2h 30 min. A dificultade é media. Pasamos por
un lago no que podemos observar unha gran variedade de
peixes, crustáceos e algas, unha praia, un observatorio de
aves, etc.
2
Ruta da pedra e da
auga( Muiños da Armenteira)
(BICI)
En Meis, Pontevedra, cerca de Cambados.
A ruta dura 1h e a dificultade é baixa e está sinalizada.
Pasamos por Caponiñas, Barrantes, Caxín, Couso, As Quintans,
as Bouzas, Vilar e Armenteira. Poderemos ver todos estes pobos
e 9 muíños reconstruídos recentemente, todos eles á beira do
río Armenteira. Tamén o mosteiro da Armenteira.
Ruta circular por Lugo cidade
(a pé)
Dura 2h aproximadamente. É fácil de facer. Camiñamos pola
beira do río Sil pasando por distintos barrios da cidade
(Garabolos, A Piringalla, estrada de Ombreiro, A Milagrosa) e
volvemos ao punto de partida. É unha ruta moi amena na que
podemos coñecer a zona norte da cidade, a máis descoñecida
para moita xente.
Ruta Volta á muralla de Lugo
(en bici)
Subimos á muralla polas escaleiras da rúa do Teatro e imos
dando unha volta á cidade por riba da muralla. Tardaremos
unha hora aproximadamente, é moi fácil. Podemos
contemplar a muralla, a estación de autobuses, a praza de
abastos. A muralla ten 10 portas e 85 torres.
3
CURSO 2015-2016
COORDINACIÓN DO PROXECTO:
LUISA GARCÍA
CARMELA RODRÍGUEZ

More Related Content

What's hot

Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01xoserivas
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
O medio físico de galicia
O medio físico de galiciaO medio físico de galicia
O medio físico de galiciacaruncho
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularEspe1959
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Tema 1 sociais
Tema 1 sociaisTema 1 sociais
Tema 1 sociaisCarlyyta
 
Tema 1 O relevo
Tema 1 O relevoTema 1 O relevo
Tema 1 O relevorubempaul
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolRosacidgalante
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 

What's hot (19)

Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
O medio físico
O medio físicoO medio físico
O medio físico
 
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
O medio físico de galicia
O medio físico de galiciaO medio físico de galicia
O medio físico de galicia
 
O medio físico de españa
O medio físico de españaO medio físico de españa
O medio físico de españa
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Tema 1 sociais
Tema 1 sociaisTema 1 sociais
Tema 1 sociais
 
Tema 1 O relevo
Tema 1 O relevoTema 1 O relevo
Tema 1 O relevo
 
O medio fsico
O medio fsico O medio fsico
O medio fsico
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Espazo xeográfico español
Espazo xeográfico españolEspazo xeográfico español
Espazo xeográfico español
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 

Viewers also liked (18)

Así nos ven os nosos compañeiros
Así nos ven os nosos compañeirosAsí nos ven os nosos compañeiros
Así nos ven os nosos compañeiros
 
O campamento dos animais
O campamento dos animaisO campamento dos animais
O campamento dos animais
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
A IDADE ANTIGA
A IDADE ANTIGAA IDADE ANTIGA
A IDADE ANTIGA
 
A IDADE MEDIA
A IDADE MEDIAA IDADE MEDIA
A IDADE MEDIA
 
TURQUÍA
TURQUÍATURQUÍA
TURQUÍA
 
Carteis electorales
Carteis electoralesCarteis electorales
Carteis electorales
 
Ósos en vinagre
Ósos en vinagreÓsos en vinagre
Ósos en vinagre
 
Xogos do VII encontro-01
Xogos do VII encontro-01Xogos do VII encontro-01
Xogos do VII encontro-01
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Partidosbrilé
PartidosbriléPartidosbrilé
Partidosbrilé
 
Unha marabillosa viaxe
Unha marabillosa viaxeUnha marabillosa viaxe
Unha marabillosa viaxe
 
Libro o peón dende cando
Libro o peón dende candoLibro o peón dende cando
Libro o peón dende cando
 
Vestimenta semanameco13
Vestimenta semanameco13Vestimenta semanameco13
Vestimenta semanameco13
 
Recetariooutono
RecetariooutonoRecetariooutono
Recetariooutono
 
Traballo outono
Traballo outono Traballo outono
Traballo outono
 
O peón(marcos e pablo)
O peón(marcos e pablo)O peón(marcos e pablo)
O peón(marcos e pablo)
 

Similar to Guía Galicia

Galiza
Galiza   Galiza
Galiza Marlou
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
As costas de Galicia
As costas de GaliciaAs costas de Galicia
As costas de GaliciaCarlos Sastre
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega monadela
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanasTema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanasAntía Sanmarco
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galegaMonContos
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costamonadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
As rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asoreyAs rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asoreyiesasorey
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 

Similar to Guía Galicia (20)

Galiza
Galiza   Galiza
Galiza
 
Silvia Tema 1
Silvia Tema 1Silvia Tema 1
Silvia Tema 1
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
As costas de Galicia
As costas de GaliciaAs costas de Galicia
As costas de Galicia
 
A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
:D
:D:D
:D
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
O relevo de España e de Galicia
O relevo de España e de GaliciaO relevo de España e de Galicia
O relevo de España e de Galicia
 
Sociales Tema1
Sociales Tema1Sociales Tema1
Sociales Tema1
 
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanasTema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Xeografagaliza
XeografagalizaXeografagaliza
Xeografagaliza
 
Xeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de GaliciaXeomorfoloxía de Galicia
Xeomorfoloxía de Galicia
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
As rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asoreyAs rías galegas, ies asorey
As rías galegas, ies asorey
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 

More from Carmela Rodríguez (20)

A terra, o noso planeta
A terra, o noso planetaA terra, o noso planeta
A terra, o noso planeta
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Amendoados receita
Amendoados receitaAmendoados receita
Amendoados receita
 
Empanada receita
Empanada receitaEmpanada receita
Empanada receita
 
Xoán Guerreiro
Xoán GuerreiroXoán Guerreiro
Xoán Guerreiro
 
Gardando o teu secreto
Gardando o teu secretoGardando o teu secreto
Gardando o teu secreto
 
Gardando o segredo da biblioteca
Gardando o segredo da bibliotecaGardando o segredo da biblioteca
Gardando o segredo da biblioteca
 
Véndese casa
Véndese casaVéndese casa
Véndese casa
 
Unha historia sorprendente
Unha historia sorprendenteUnha historia sorprendente
Unha historia sorprendente
 
AS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADO
AS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADOAS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADO
AS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADO
 
AS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADO
AS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADOAS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADO
AS PANTASMAS E OS ROBOTS NO CASTELO ENCANTADO
 
Alimentación 3º
Alimentación 3ºAlimentación 3º
Alimentación 3º
 
MAPA MENTAL Alimentación 3º
MAPA MENTAL Alimentación 3ºMAPA MENTAL Alimentación 3º
MAPA MENTAL Alimentación 3º
 
O HORTO COMO ECOSISTEMA
O HORTO COMO ECOSISTEMAO HORTO COMO ECOSISTEMA
O HORTO COMO ECOSISTEMA
 
LUCAS QUERE SER PALLASO
LUCAS QUERE SER PALLASOLUCAS QUERE SER PALLASO
LUCAS QUERE SER PALLASO
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
EDAD CONTEMPORÁNEA
EDAD CONTEMPORÁNEAEDAD CONTEMPORÁNEA
EDAD CONTEMPORÁNEA
 
A PREHISTORIA
A PREHISTORIAA PREHISTORIA
A PREHISTORIA
 
Amidón 4º
Amidón 4ºAmidón 4º
Amidón 4º
 
Experimentamos4º mofo
Experimentamos4º mofoExperimentamos4º mofo
Experimentamos4º mofo
 

Guía Galicia

  • 1. GUÍA DE VIAXE GALICIA CEIP de VITE 4º Ed. Primaria curso 2015-16
  • 3. Galicia está situada no Noroeste da Península Ibérica. Os seus límites territoriais son: • polo Norte, o Mar Cantábrico • polo Sur, Portugal • polo Leste, Castela e León e Principado de Asturias • polo Oeste, o Océano Atlántico. Está dividida en catro provincias: • A Coruña • Lugo • Ourense • Pontevedra GALICIA A NOSA COMUNIDADE ANXO, VANESA, YAM, BRAIS ESPIÑA FEBREIRO 2016 Situación xeográfica - Cidades máis importantes
  • 4. As cidades máis importantes son: SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA LUGO OURENSE
  • 6. Que é o relevo? O relevo é o conxunto das distintas formas de terreo. Como se forma o relevo? Fórmase cando dúas placas se xuntan (cordilleiras), móvense (fallas) ou sepáranse (fosas). Principais formas de relevo. Relevo de interior:
 • Montaña: elevación de terreo natural. • Outeiro: elevación de terreo máis pequeno cá montaña. • Depresión: chaira afundida en relación ás terras que a rodean. •Val: terreo chan que está entre montañas. •Chaira: terreo chan con poucas ondulacións. •Meseta: chaira elevada
 1 O relevo de Galicia Formas - Características KARLA,MANUEL,IRIA,ÁLVARO 22 FEBREIRO 2016
  • 7. Relevo de costa: • Praia: franxa de terra chá bañada polo mar. • Delta: acumulación de terra que deposita un río na súa desembocadura. • Golfo: parte de mar que penetra na terra. Máis pequenos chámanse calas. • Cabo: entrante de terra no mar. •Illa: terreo rodeado de mar por todas partes. •Arquipélago: conxunto de illas agrupadas. •Península: terreo rodeado de mar por todas partes menos por unha que se chama istmo.
 Características do relevo das distintas zonas de Galicia No relevo galego hai fortes contrastes que orixinan paisaxes moi variadas. 1. A franxa litoral: A costa galega presenta unha grande diversidade paisaxística e ambiental. Aínda que predominan as rías e as praias, existen tamén abruptos acantilados. A costa cantábrica (Mariña lucense e Rías Altas) é rectilínea e alongada cunha forte pendente ao mar, con abundantes cantís, poucas praias e rías pequenas orientadas ao norte. O relevo da costa do Golfo Ártabro é máis suave que a anterior, con rías máis amplas e profundas orientadas cara o noroeste. A Costa da Morte é moi abrupta e as rías son de dimensións moito máis reducidas. As Rías Baixas están orientadas cara o oeste e as rías son máis amplas e profundas con praias de areas finas e grandes bancos de area. Nestas rías hai moitas illas (illa de Sálvora, illa de Ons, illas Cíes...) 2 22 FEBREIRO 2016
  • 8. Tamén hai que destacar as chairas litorais da Comarca de Bergantiños e a da Mariña lucense. 2 . O relevo do interior • Chairas e zonas afundidas (depresións): establecen a transición entre o litoral e o interior montañoso. As depresións son terreos afundidos, máis baixos co ,nivel do mar. Destaca a depresión Tui-Padrón, ao sur. As chairas son grandes extensións de terreo chan ou con poucas elevacións (outeiros). Destaca a Terra Chá, na meseta de Lugo. • Serras: polo xeral, son de cumes aplanadas con aumento das altitudes de oeste a leste. Pódense agrupar, segundo a súa localización, en catro grandes conxuntos: A. Serras litorais A máxima altura é de 500 m. Destacan a Serra do Barbanza e a Serra do Morrazo. 
 3 MARIÑA LUCENSE E RÍAS ALTAS Ría de Ribadeo, Ría de Foz, Ría de Viveiro, Ría de O Barqueiro, Ría de Ortigueira e Ría de Cedeira GOLFO ÁRTABRO Ría de Ferrol, Ría de Ares- Betanzos e Ría de A Coruña COSTA DA MORTE Ría de Corme- Laxe, Ría de Camariñas e Lires e Ría de Corcubión RÍAS BAIXAS Rías de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo San Adrián Ribadeo Tui Vilalba
  • 9. B. Serras Setentrionais A máxima altura é de 1000 m. na serra do Xistral ; outras destacadas son A Capelada e a serra da Faladoira. C. Serras Centrais. A máxima altura é de 1.100 m.As destacadas son a Serra da Loba, a da Cova da Serpe, a Serra do Faro e a do Suído. D. Serras Orientais. A máxima altura é de 2124 m. As destacadas son Pena Trevinca e Cabeza de Manzaneda. Bibliografía: • Libro de texto. Sociais 4, editorial, Vicens Vives. • www.edu.xunta.es/centros/iestelleiras • www.edu.xunta.es/espazoAbalar/relevo 4
  • 10. Que é o clima? O clima é o conxunto de distintos factores: temperatura , precipitacións e as condicións atmosféricas dun lugar durante moitos anos.
 Factores que o condicionan : A latitude: é a distancia que hai desde calquera punto do planeta ata o Ecuador. Canto máis preto do Ecuador máis calor fai. A altitude e o relevo: a máis altura, máis frío e máis chuvia ca nas terras baixas. As montañas illan as terras do interior da influencia do mar, modificando as temperaturas e as precipitacións. 
 A distancia respecto ao mar: canto máis próximos esteamos do mar, as temperaturas serán máis suaves no verán e máis calorosas no inverno. A humidade é máis alta e por iso se producen máis precipitacións. 1 O clima en Galicia TIPOS DE CLIMA EN ESPAÑA Clima Mediterráneo :. Exténdese pola maior parte de España (leste e sur), as illas Baleares e Ceuta e Melilla.En xeral caracterízase por ter unhas temperaturas suaves en inverno e calor no verán. Ademais, as precipitacións son moi escasas. Clima continental: Este clima dase no centro da Península, en zonas alonxadas do mar.As temperaturas no verán e no inverno son moi diferentes, porque en verán son moi altas e en inverno moi baixas. As precipitacións son escasas todo o ano xa que a meseta non permite a entrada das masas nubosas. Clima de montaña: Exténdese polos lugares onde existen montañas altas (máis ou menos 2000 metros).En inverno as temperaturas son moi baixas (veráns fríos) e en verán non moi elevadas (veráns frescos). As precipitacións son moi elevadas e en zonas moi altas soen darse en forma de neve. Clima oceánico: É o clima da costa cantábrica e de Galicia. As son suaves todo o ano: invernos suaves e veráns frescos; precipitacións abundantes todo o ano. SARA ELISA, LUIS, RODRIGO, ALÉN
  • 11. O clima de Galicia é o oceánico. As súas principais características son a regularidade das precipitacións durante o ano e as temperaturas suaves. As zonas costeiras están azotadas por constantes ventos fortes que provocan as chuvias. As temperaturas medias mínimas anuais están entre 7 y 13ºC e as medias máximas están entre 15 e 24ºC. A influencia das montañas é moi notoria: onde se superan os 1.000 metros de altura as temperaturas son frías en inverno e frescas en verán, con xeadas e posibles nevadas. 2 Clima de Galicia
  • 12. Castro de Baroña (Porto do Son) Os celtas en Galicia
 No primeiro milenio a.C, antes da conquista romana, a Penísula Ibérica estaba habitada por celtas, que se coñecen como pobos prerromanos. Vivían en castros, que son poboados fortificados con muros para defenderse dos inimigos, dos depredadores.... As vivendas eran ovaladas con paredes de pedra e tellados de palla ou barro. Vivían da agricultura e da gandaría. Practicaban a caza, a pesca e a recollida de froitos . Tamén a ourivaría. 1 Historia de Galiza CHANO, CARLA, SARA M., BRAIS P. RESTOS CELTAS Deixaron restos das bases das súas casas. Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra) Castro de Borneiro (Cabana de Bergantiños, A Coruña) Castro de Viladonga (Castro de Rei,
  • 13. Os romanos en Galicia
 Roma foi unha das grandes civilizacións da idade antiga.Conquistaron moitas terras e formaron un gran imperio. Ocuparon o sur de Gallaecia, entre os ríos Douro e Limia. Non se atreveron a cruzar o Limia por supersticións; pensaban que era o río do esquecemento. Así entraron pola parte marítima, por Brigantium, o que hoxe é A Coruña. A Gallaecia romana ocupaba o territorio da actual Galicia, Asturias, parte de Castela e León e o norte de Portugal. Chegaron no S.II.a.C. e ocuparon o territorio a partir do S.I.a.C. Os romanos más ricos vivían en casas individuais moi luxosas chamadas domus. O resto dos cidadáns vivía en edificios de pisos con habitacións alugadas chamados ínsulas. Dedicábanse sobre todo ao comercio. As tardes, dedicábanas ao ocio,algúns ían ao teatro e outros ían ás termas.
 Os viquingos en Galicia
 A presenza de viquingos en Galiza foi entre os S.IX eXII. As primeiras incursións foron nos S.IX e X. Fixeron saqueos en varias cidades, como Santiago de Compostela. As segundas invasións foron no S.X, entraron pola ría da Arousa, estiveron tres anos por aqui saqueando moitos sitios de Galiza como Lugo e chegando ao Courel. Cando volveron aos seus barcos atacounos un exército galego que conseguiu vencelos nos arredores da ría de Ferrol. As últimas invasións foron no S.XI, nesas atacaron moitas cidades. Quixeron chegar a Santiago pero non puideron, o exército do bispo Cresconio fortaleceu a ría reconstruíndo as Torres do Oeste en Catoira. Non quedan restos de asentamentos porque non paraban de moverse. Crese que houbo asentamento no Vicedo (Lugo). Os Moutillós (Praia de San Román) crese que era algún tipo de fortificación viquinga, os restos están sen investigar. 2 Torres do oeste Os Moutillós Restos Romanos Muralla de Lugo Torre de Hércules Aqus querquennis - Bande (Ourense)campamen to,recinto fortificado,casa agricola e mansión dos S.I e II.a.C. Bbliografía: www.xente.mundo-r.com www.spain .info/.../la -cultura-celta-en-los-castros-... www.Galicia romana .com www.viquingos. Galipedia. Restos Viquingos
  • 14. AGRUPACIÓN EN TRES SECTORES 1.- SECTOR PRIMARIO: todas as actividades económicas relacionadas coa obtención de produtos da natureza pertencen ao sector primario. Gandaría: é a cría de animais para obter alimentos e recursos para elaborar outros produtos. Por exemplo: carne, leite, ovos, coiro, la... Hai granxas por toda Galicia. Agricultura: consiste en obter alimentos da terra para as persoas (hortalizas, froitas, cereais...) e para o gando (millo, penso). Dalgúns produtos vexetais tamén se elaboran tecidos (algodón). Destacan as patacas en Bergantiños, Terra Cha e Ourense. Tamén os grelos en toda Galicia. A pesca: é a captura de peixes. En Galicia hai moitas variedades de peixes (rodaballo, xurelo, sardiña...) e mariscos ( vieiras, nécoras, navallas...). É moi importante a captura do polbo. Nas Rías Baixas atópanse bateas para a produción de mexillóns. Galicia é unha gran produtora mundial de mexillóns. Minaría: é a extracción de minerais e rochas da superficie terrestre utilizadas para obter enerxía, para a construción... Ex.: granito de Porriño, pizarra no sur de Lugo e de Ourense. Explotación forestal: consiste en cultivar árbores para obter madeira... O eucalipto, aínda que veña de Australia, medra moi ben co noso clima. Atópanse máis nas zonas costeiras, sobre todo no norte de Lugo e Coruña. Os carballos e os castiñeiros atópanse no interior de Galicia. ACTIVIDADES PRODUTIVAS EN GALICIA IDALINA, AIDAN, ANTÓN, CANDELA FEBREIRO 2016
  • 15. 2.- SECTOR SECUNDARIO: Estas actividades son as que teñen que ver coa transformación dos produtos da natureza. Artesanía e industrias: transforman as materias primas en produtos que imos utilizar posteriormente. Ex. Artesanía.: cerámica de Buño e Sargadelos, xoiería de acibeche en Santiago, encaixe de bolillos en Camariñas. Ex. Industria: • En Galicia producimos moita enerxía eléctrica a partir do vento, da auga dos ríos... Ex.: Fenosa ( encoros) é parques eólicos (zonas de montaña do norte de Galicia: costa da Morte, interior de Lugo... • Empresas de fabricación de automóviles grupo P. S. A. Citröen(Vigo). • Empresas de fabricación de barcos como Navantia(Ferrol). Industrias gandeiras: Feiraco, Leima, Rio. Industrias pesqueiras: Na industria pesqueira somos dos máis exportadores do país,porque estamos rodeados de mar.As empresas que temos como referencia son as conserveiras Escurís, Gealsa, etc. Construción: Tamén se utilizan diferentes tipos de materias naturais para a construción de edificios ou vivendas. 3.- SECTOR TERCIARIO: Ao sector terciario pertenecen as actividades nas que non se obteñen produtos. Só prestan servizos ás persoas. Exemplos: comercios, transporte, sanidade, ensino, turismo, ocio, información etc. BIBLIOGRAFÍA: consulta familiar, libro de texto 4º, wikipedia.
  • 16. GALICIA É UNHA GRAN ZONA GASTRONÓMICA PORQUE ESTÁ RODEADA DE MAR POR DÚAS ZONAS E TAMÉN POLAS SÚAS ACTIVIDADES GANDEIRAS E AGRÍCOLAS. A INMENSA VARIEDADE DE PRODUTOS TÍPICOS DÁ LUGAR Á CELEBRACIÓN DE DISTINTAS FESTAS GASTRONÓMICAS. Comidas típicas: Hai moitas comidas típicas en Galicia. Dez das máis coñecidas son: - Lacón con grelos: lacón, grelos, unto,chourizos e patacas; todo cocido. - Polbo á feira: polbo cocido, aliñado con aceite e pimentón. 1 Gastronomía Galega Comidas típicas -Festas gastronómicas máis importantes 3 DE FEBRERO 2016 DIEGO, CARLOS, AIRAS, VICTORIA
  • 17. - Androlla: é un embutido típico das zonas de Viana do Bolo, Trives, Cervantes e Navia de Suarna. É a tripa do porco recheo de carne, patacas,chourizos e verdura, adobadas con sal, allos e pimento picante. - Roxóns :os roxóns son tiras de carne de porco cocida e prensada ; están moi ricos acompañados dun cacho de pan. - Filloas: en León e Asturias, as filloas son un postre mentres que en Galicia tamén se comen como entrante ou acompañando ao cocido. - Liscos : os liscos son tiras de touciño ou xamón finas ou grosas e son bastante típicas nas comidas das aldeas. - Cocido: os seus ingredientes son: unto, carne de porco, carne fresca, garavanzos, verdura, patacas e chourizos, pero pódenselle botar máis. -Empanada: está composta de fariña, lévedo, ovos, auga, aceite, azafrán, pementa, sal, cebola, pemento, e un recheo a gusto do cociñeiro ou dependendo das zonas. - Percebes: son crustáceos que crecen sobre rochas batidas polas ondas do mar. Cócense en auga con sal e unha folla de loureiro. Para comelos hai que separar a unlla e desprender a pel para comer o que hai dentro. -Caldo: está feito con auga, fabas, chourizo, verdura e patacas 2
  • 18. FESTAS GASTRONÓMICAS MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA: A maioría delas son no verán. En Galicia hai un montón. Destacan, entre outras, as seguintes: PROVINCIA DE PONTEVEDRA • Festa dos Callos en Vilanova de Arousa: 15 de xaneiro. • Festa do Cocido Galego en Lalín: o domingo anterior do Entroido. • Festa do Albariño en Cambados: 22 de xullo. • Festa da Empanada en Bandeira: 22 de agosto. PROVINCIA DE A CORUÑA • Festa da filloa en Lestedo: 14 de febreiro. • Festa do Pemento de Herbón en Padrón : o 1 de agosto. • Festa do Longueirón en Fisterra : do 1 a 2 de agosto. • Festa do Porco Celta en Corcubión: o 8 de agosto. PROVINCIA DE LUGO • Mostra do Mel en Quiroga : o 10 de agosto. • Feira do Bonito en Burela : o 1 de agosto. PROVINCIA DE OURENSE • Festa do Polbo en Carballiño: 9 de agosto. • Festa do Botelo en Viana do Bolo: domingo de Entroido. 3
  • 20. LUGO Situación xeográfica.
 Lugo é a capital da provincia de Lugo. A mellor forma de chegar é en coche ou en autobús. Unha das rutas, desde Santiago é: Teixeiro - Guitiriz - Rábade - Lugo. Tempo aprox. : 1h e 29 m. Distancia : 116 km. Ten preto estes lugares para poder visitar : - Norte : Ortigueira, Viveiro e Ribadeo, que son vilas costeiras moi bonitas. Destacando a Praia das Catedrais. - Sur : Serra dos Ancares. - Leste : Pedrafita do Cebreiro, onde neva moito no inverno e ten un castro chamado igual ca vila. - Oeste : Guitiriz, cun balneario de augas termais.
 Que podemos atopar ? -A muralla romana : rodea a cidade vella de Lugo con 2.140 m de muro. Ten 72 torres redondas e 10 portas; a que está enfronte á Catedral chámanlle porta de Santiago. -A Catedral : no seu interior está a capela onde se atopa a imaxe da Nosa Señora dos Ollos Grandes. -A casa do Concello : antigamente foi o pazo de Ombreiro. - O convento de San Francisco : nel atópase o Museo Provincial con importantes coleccións de arte. - A xente visita esta cidade porque ten moitos monumentos antigos, cómese moi ben e fan grandes festas, como "Arde Lucus"e San Froilán.
 1 AS CIDADES CARLA, ALÉN, IRIA, IDALINA ABRI-MAIO 2016 Muralla de Lugo Catedral de Lugo Praia das Catedrais
  • 21. SANTIAGO DE COMPOSTELA Situación xeográfica. Santiago é a capital de Galicia. Pertence á provincia de A Coruña, situada no noroeste de España. Pódese chegar pola autovía do noroeste A-6 que comunica Galicia co resto de España. Que podemos atopar? Podemos atopar a Catedral, situada na Praza do Obradoiro, que é onde remata o Camiño de Santiago e a zona vella que é Patrimonio da Humanidade. Na zona vella podemos atopar: museos, monumentos, parques( da Alameda,Vista Alegre etc...) e as prazas que rodean A Catedral. A CORUÑA Situación xeográfica. Está situada no noroeste de Galicia. Pódese ir en coche pola autopista AP9 que conecta con Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. Que podemos atopar? A Torre de Hércules é unha torre situada na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. É considerada Patrimonio da Humanidade. O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, no que, ademais de visitar o "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, pódense vivir experiencias como tocar estrelas de 2 Santiago visto dende arriba Torre de Hércules Casco antigo de Santiago Acuario
  • 22. mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Hai tres piscinas exteriores con focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. O centro é un lugar idóneo para coñecer a vida que hai arredor do mar, en especial a da costa galega. Instalado no paseo marítimo da cidade, capta o interese do visitante mediante numerosos módulos interactivos, grandes acuarios e piscinas. O seu obxectivo é a educación sobre a vida mariña, prestando especial atención aos ecosistemas do litoral galego. A Poza das Caricias, un tanque no que o público, baixo a supervisión dos monitores, pode tocar algúns animais e saber máis sobre eles. Pontevedra Situación xeográfica. Pontevedra atópase no suroeste de Galicia dentro da provincia de Pontevedra.Está na cabeza da ría do mesmo nome. Chégase pola autopista AP-9 directamente e está a 65 Km de Santiago de Compostela. Que podemos atopar? En Pontevedra resaltan a Praza da Verdura, a da Leña e a da Ferrería, son tres exemplos de prazas medievais galegas con soportais. Cada nome fai referencia á actividade que se desenvolvía nelas. A Praza da Verdura ten unha fonte no centro e convén visitala en primavera para ver os seus balcóns cheos de flores . A Praza da Leña é a típica praza galega con casas de granito, soportais e o seu cruceiro que adorna a súa parte central. A Praza da Ferrería ten varias cafeterías históricas e acolle moitas actividades culturais. 3 Praza da Verdura Ruinas de Santo Domingo
  • 23. Vigo Situación xeográfica. Vigo encóntrase na provincia de Pontevedra. Chégase pola autopista AP-9 e tárdase arredor dunha hora en chegar dende Santiago. Que podemos atopar? En Vigo atópase o Paseo Marítimo de Samil que está nas aforas e vai paralelo á praia de Samil, un dos lugares máis visitados polos turistas, con vistas moi bonitas e atardeceres preciosos. Na zona hai tres piscinas, canchas de baloncesto, cafeterías, xogos para nenos, un mercadillo... O Monte do Castro é o parque coas mellores vistas de Vigo sobre a ría. Na parte máis baixa pódense visitar castros do século III e I A.C, e na parte alta hai un precioso monte. Ourense Situación xeográfica. Está situada no suroeste da Comunidade Galega. Ao saír de Santiago podemos chegar en tren ou en coche Que podemos atopar? Para ir á catedral de Ourense a mellor forma é ir andando para coñecer o que hai ao longo do camiño, pero se queres ir en coche é o mesmo camiño. Se vas en dirección ao Paseo Fluvial podes atopar parques, termas (as Termas de Outariz etc), pontes (a Ponte Romana etc). Cando todo eso remata xiras á dereita e ao longo do camiño encontras a Catedral de Ourense. Pola zona vella atopas moitos monumentos relixiosos. Atrae a moitos turistas. 4 Paseo marítimo de Samil Catedral de Ourense Ourense de noite As Termas de Ourense Vista da cidade de Vigo
  • 24. BALNEARIOS Hai moitos balnearios en Galicia, pero os máis importantes son estes: • As termas de Outariz (Ourense): Pódese chegar indo polo lugar de Outariz; está a 3Km das termas da Chavasqueira e tamén pasas preto do río Miño. Alí hai un camiño cerca da terma polo que corre moita xente. É un sitio que ten a auga moi quente e vai xente a relaxarse; en moitos balnearios vai moita xente a curarse. • O balneario de Mondariz ( Pontevedra). Pódese chegar desde a estrada Vigo-Ourense, tomando a saída 294 dirección Mondariz. Alí pódese atopar o Pazo da Auga e o balneario Celta que ten máis de 100 anos. Ofrécenos auga quente e un sitio para relaxarse. • O Gran Hotel Balneario La Toxa. Atópase na illa da Toxa, na provincia de Pontevedra. É un balneario dos máis luxosos, situado na exclusiva illa da Toxa que é famosa polas súas augas mineromedicinais, coas cales fabrícanse cosméticos, xabróns, etc. • Balneario Compostela. Está moi cerca de Santiago. Chegas indo pola estrada de Noia, a 10km. As augas deste balneario son indicadas para problemas respiratorios, de pel e reumatismo. • Balneario de Guitiriz. Edificio histórico do principio do século xx, pero restaurado recentemente. É un edificio moi grande e bonito, un lugar perfecto para descansar, cun clube termal, campo de golf, actividades deportivas e un bosque para pasear. Chegamos alí indo pola estrada de Curtis ata chegar á N-VI. 1 Yam, Victoria, Airas, Antón abril-maio 2016 AUGA E NATUREZA EN GALICIA Balnearios,ríos,lagoas,fervenzas,praias fluviais e illas Termas Outariz Hotel balneario A Toxa
  • 25. FERVENZAS E PRAIAS FLUVIAIS • Fervenza de Augacaída (Pantón -LUGO) En Pantón, na Ribeira Sacra (Lugo), está unha das fervenzas máis grandes de Galicia, aínda que non é moi coñecida. Para chegar hai que situarse na estrada vella de Ourense, á altura de Guitiriz, e coller a desviación a Marce. Podes ver a fervenza e tamén un castro. • Fervenza da Toxa É a máis grande de Galicia en canto a caída da auga. Accédese desde a vila de Bandeira situada na estrada que une Santiago con Ourense. Dende esta poboación imos á parroquia de Pazos pola estrada que vai a Merza e Vila de Cruces. Dende aí séguense os sinais que explican como chegar. Pódese ver, á parte da fervenza, un denso bosque de carballos e castiñeiros. • Fervenza do Ézaro ( A Coruña ) Dumbría-Carnota (no noroeste). Antes de converterse en fervenza o río Xallas está retido por 3 encoros. É bastante especial porque é o único de Europa que desemboca no mar en forma de fervenza. Ten un desnivel de 40 m. Nos meses de verán a cascada está iluminada entres as 11 e as 12 da noite. Lugares que visitar cerca: Pías ou caldeiras no río Xallas (pozas de augas moi calmas cunha cor verde azulada, ideal para bañarse e relaxarse) as ruínas da hidrocentral do Ézaro, o miradoiro do Ézaro, o embalse de Santa Uxía,o hórreo de Carnota, embalse da fervenza. •Praia fluvial Río Caldo Unha das máis concurridas da provincia de Ourense. As augas son termais, moi quentes e con propiedades para curar problemas dixestivos, de circulación e respiratorios. O Río Caldo esta situado ao lado de Lobios (Ourense), na comarca da Limia. Recibe o seu nome polas famosas augas termais de propiedades minerais. Trátase dun pequeno afluente do Río Limia; as súas augas percorren o Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, que é reserva da Biosfera . No curso deste río atopamos moitas fervenzas. 2 FERVENZA DE AUGACAÍDA FERVENZA DO ÉZARO Fervenza do Toxa do PRAI FLUVIAL RÍO CALDO
  • 26. • Praia Fluvial de A Chan Encóntrase en A Chan. Aquí aproveitouse unha pequena presa dedicada a abastecer os muíños que se conservan sobre o río, para convertela nunha praia fluvial. O lugar está perfectamente acondicionado e disfrutarás dun entorno maravilloso. • Praia fluvial de Tapia Encóntrase no centro da Coruña. Está ao noroeste de Santiago, a uns 15 kilómetros. O río Tambre forma, ao seu paso por Tapia, unha zona que se adecuou como praia fluvial. O lugar é estupendo para pasar un día ao aire libre en familia e concretamente con nenos. Ten un aparcamento bastante amplo. O recinto conta cun antigo muíño, sendas de paseo, unha piscina, miradores con bancos e amplas zonas verdes xunto ao río. Se che gusta a natureza e buscas on lugar onde refrescarse nun día de calor, Tapia é o teu paraíso particular. ILLAS • ILLAS CÍES As illas Cíes sitúanse no Océano Atlántico ao oeste de Vigo. Para chegar ás illas Cíes tes que reservar con antelación o barco no porto de Vigo, Baiona ou Cangas do Morrazo. Nas illas Cíes hai un fermoso cámping para os turistas. Hai moitas praias como Rodas, Bolos, San Martiño, Figueiras,etc. Tamén hai moitas rutas de sendeirismo ao Monte Faro, ao faro da Porta, ao Alto do Príncipe e ao Monte Agudo. 3 ILLAS CÍES Praia fluvial de A Chan Praia fluvial de Tapia
  • 27. • ILLA DE SÁLVORA A illa de Sálvora sitúase no Océano Atlántico ao sur de Ribeira (na Ría de Arousa). Para chegar á illa de Sálvora tes que realizar a ruta da auga a bordo dun veleiro antigo desde o porto de O Grove ou desde Pobra do Caramiñal, na Ría de Aurosa. Na illa de Sálvora poderedes atopar un faro moi antigo e nas súas costas un viveiro de mariscos (percebes). • ILLA DE CORTEGADA A illa de Cortegada sitúase no Océano Atlántico ao noroeste de Pontevedra (no fondo da ría de Arousa,fronte a ría de Carril e desembocadura do río Ulla). Para chegar á illa de Cortegada podedes ir a pé desde Carril, cando a marea estea baixa. Na illa de Cortegada poderedes atopar o bosque de loureiros máis grandes de Europa. É unha zona de fósiles e pode considerarse o Xardín Botánico da Comunidade Galega. • ILLA DE ONS A Illa de Ons sitúase no Océano Atlántico ao suroeste de Pontevedra (desembocadura da ría de Pontevedra). Para chegar á Illa de Ons deberedes coller o transporte marítimo desde Portonovo, Sanxenxo, Bueu ou Marín. Na Illa de Ons poderedes ver un fermoso cámping para os turistas, unha visita ao Burato do Inferno (na ladeira dos acantilados), os seus faros e a antiga aldea celta de Castro do Alto. 4 ILLA DE SÁLVORA ILLA DE CORTEGADA ILLA DE ONS
  • 28. RÍOS E LAGOAS • Río Ulla O río Ulla está situado ao sur de Santiago de Compostela. Chégase en 1 hora e 41 minutos en coche e podemos atopar un lugar chamado Pazo da Oca. • Río Tambre O río Tambre está situado ao norte de Santiago de Compostela.Chegamos en 34 minutos en coche. • Lagoa das Encrobas A lagoa das Encrobas está situada ao norte da Coruña. Chégase en 45 minutos e podedes atopar o Aquapark de Cerceda. • Lagoa de Camposa A lagoa de Camposa está situada ao norte da Coruña. Chégase en 50 minutos e cerca podemos atopar o Aquapark de Cerceda. 5
  • 29. NOS VALES DOS RÍOs • NO CANÓN DO RÍO SIL ( dende Castro Caldelas ata Amandi pola estrada LU 903) Cormoráns: Plumaxe de cor negra e patas palmípedas. Garza:Plumaxe de cor gris,pico picudo. Martiño peixeiro: Plumaxe de cor azul e verde moi rechamante. Avistamento de abril a setembro. • NO RÍO MIÑO, EN LUGO CIDADE Lavandeira branca. Pesa 18-23g, pode medir 18cm de longo e de envergadura 28 cm. É de cor gris con manchas negras e ten unha cola moi longa. Pódese ver durante todo o ano. 1 As aves Guía Galicia ANXO ,VANESA,MANUEL,DIEGO ABRIL-MAIO 2016 Cormorán Garza Martiño peixeiro LAVANDEIRA
  • 30. NA BEIRA DO MAR RÍAS ALTAS: RÍAS DE RIBADEO E FOZ Nas rías de Ribadeo e Foz contan con centos de aves. Durante a migración outonal son moitas as especies que se poden ver en ambas rías. A praia de As Catedrais é un lugar moi apropiado para a observación de aves en migración e invernada. No porto de Ribadeo veremos o colimbo grande e onda a Illa Pancha o cernícalo vulgar. O cernícalo mide entre 34 e 38 cm de largo da cabeza aos pés. É unha ave de presa diurna e fácil de ver. Caza ás súas presas esperándoas moi quedo no aire e despois lánzase en picado sobre elas. Come roedores, ras, etc. Pódese ver na zona de Vilagacía, O Grove ... O colimbo é unha ave acuática que bucea para pescar peixes e crustáceos. Viven en lagos no hemisferio norte e algúns visitan Galicia no inverno. COSTA DA MORTE Esta ampla zona de costa entre Malpica e o cabo de Fisterra brinda multitude de hábitats para as aves: acantilados, praias, dunas, lagoas marismas , xunqueiras, piñeirais, etc. Durante a migración primaveral e outonal hai un constante ir e vir de aves mariñas. A invernada de patos na desembocadura do río Anllóns é espectacular e hai miles de gaivotas que aniñan nas illas Sisargas Nesta zona están as últimas gaivotas tridáctilas e araos que crían en Galicia. Na Costa da Morte chega a haber 296 especies. 2 CERNÍCALO COLIMBO ARAO
  • 31. RÍA DE AROUSA: O GROVE E O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. Na contorna de O Grove destaca a presencia de miles de limícolas, gaivotas de diferentes especies e outras aves acuáticas como garzas, en especial entre setembro e febreiro. A fermosa espátula é unha das especies que podemos observar aquí con facilidade. A mellor época para ir ás illas de Sálvora, Ons e Cíes vai dende abril ata xuño (migración primaveral e cría de aves mariñas) ou desde mediados de agosto a comezos de novembro (migración outonal). As colonias de aves mariñas, especialmente patiamarela e cormorán moñudo, son particularmente atractivas. NOS CAMPOS E ZONAS DE INTERIOR LAGOA DE COSPEITO (LUGO) Cospeito está situada na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Está a 28 km da cidade de Lugo. Na lagoa de Cospeito podemos observar garzas reais que é un tipo de ave de gran tamaño, de longo pescozo e de cor grisácea, cun peteiro vermello. A finais do verán obsérvanse falcóns pelegríns que teñen unhas longas ás puntiagudas e de cola longa; o macho ten o lombo gris e grandes bigotes negros e a femia é máis grande. Come coellos e outros mamíferos. O mazarico real ten un peteiro moi longo, as plumas superiores de cor escura, as patas azuis e o resto do corpo é de cor crema. A mellor época para ver a garza real e o mazarico real é o inverno, e o falcón a finais do verán. 3 GARZA GAIVOTA PATIAMARELA CORMORÁN MOÑUDO FALCÓN PELEGRÍN MAZARICO REAL
  • 32. NA MONTAÑA Andoriña común: ave insectívora, migratoria. Pasan a primavera viaxando cara o norte chegando ata o Círculo Polar Ártico, o inverno pásano en África. Están dende principios da primavera ata finais do verán. Atópanse en aldeas e vilas pero tamén viven no campo aberto.Constrúen niños de barro, no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo, pontes, paredes das rochas e cantís. Cegoña branca: comen o que encontran, miñocas, insectos, anfibios, réptiles, ratos e peixes. Camiñan por zonas húmidas. Crían en áreas abertas, preferindo zonas acuáticas. Fan niños en árbores, edificios e cantís. Usan o mesmo niño varios anos. É unha ave migratoria. Antes só estaban polas zonas cálidas e só se quedaban no verán. Agora case se ven en toda Galicia. Nalgunhas zonas atópanse no inverno en localidades e lugares axeitados como zonas húmidas, regadíos ou vertedoiros. No verán poden verse en grupos buscando comida nos campos de cultivo. Perdiz pardilla: Nos Ancares podemos ver a perdiz pardilla, con plumaxe castaño vermello e cola castaño vermella. 4 Andoriña CEGOÑA BRANCA PERDIZ PARDILLA
  • 33. CABEZA DE MANZANEDA Cabeza de Manzaneda pertence á provincia de Ourense. Está situado a 80 km ao leste da cidade de Ourense, na comarca da Terra de Trives. Para chegar desde Ourense colleremos a estrada OU 536 que nos levará por Pereiro de Aguiar, o Alto do Couso, o Alto do Rodicio, Castro Caldelas, cruzando o río Navea e pasando por Pobra de Trives. A viaxe dura, aproximadamente, 1 hora e 23 minutos. Cabeza de Manzaneda ten a única estación de esquí de Galicia, para realizar deportes de inverno. No verán podemos gozar da natureza e facer rutas andando ou en bicicleta, destacando a Ruta dos Curros (20km) que permite visitar refuxios de pastores. O 1 e 2 de agosto celébrase o Campeonato de Bandas de Gaitas. Podemos gozar da súa gastronomía, probando a androlla e os chourizos ceboleiros. A Porta da Vila era un acceso á vila medieval de Manzaneda. É o elemento mellor conservado da antiga muralla que tiña 400 m de lonxitude (hoxe só se poden ver 100). Ademais de gozar buscando os restos do recinto amurallado, os visitantes poderán pasear polas rúas medievais. Podemos visitar o Cárcere dos Sarmientos que é o antigo penal dun castelo restaurado onde se realizan actividades de carácter cultural. 1 KARLA,LUIS,BRAIS PORTOS,AIDAN ABRIL-MAIO 2016 ESPAZOS NATURAIS E MONTES DE GALICIA
  • 34. PENA TREVINCA Atópase no leste da provincia de Ourense (na comarca de Valdeorras), ao noroeste da provincia de Zamora. Desde Ourense collemos a estrada provincial OU-122 a Casaio. Despois chegamos ao Porto de Forte de Cova que é o límite entre Galicia e León.A uns 10Km por unha pista mineira chégase ao cume. Podemos atopar as lagoas glaciais de"A Serpe " e "O Celo". No ascenso ata estas lagoas, ademais de apreciar a fermosura das mesmas, os visitantes poderán gozar das magníficas vistas que ofrece todo o percorrido que leva ata elas. É o pico máis alto de Galicia, considerado un dos mellores puntos do planeta para contemplar as estrelas. O COUREL A Serra do Courel é un espazo natural protexido que ten como límites naturais : o Camiño de Santiago polo norte, Lugo polo sureste, León polo leste e o cauce do río Sil polo sur. Ocupa 20.000 hectáreas. Para chegar á Serra do Courel dende Lugo hai que atravesar 82 km da LU- 546 . Podemos atopar o castelo de Carbedo situado no camiño que comunicaba Galiza co Bierzo, sobre unha rocha de 20 m de altura que serve de defensa natural. 2 LAGOAS DE OCELO E DA SERPE
  • 35. A Mina da Toca e a Mina do Taro Branco son minas da época romana desde onde se pode gozar dunhas marabillosas vistas de gran parte de O Courel. O Castro de A Torre, en Sobredo, tamén é un fermoso paraxe desde onde contemplar unhas vistas espectaculares. Poderíanse dar moitas boas razóns para visitar O Courel , pero por riba de todas elas destaca a natureza como a máis significativa. SERRA DOS ANCARES A Serra dos Ancares está situada no extremo oriental da provincia de Lugo na Comunidade Autónoma de Galiza. Pódese chegar pola A-6 . Pódese visitar o seu parque natural , facer rutas de turismo á aldea prerromana de Piornedo na que se poden atopar as pallozas que son as antigas vivendas de orixe celta con forma ovalada nas que te deixan entrar e revivir a vida que levaban os antigos habitantes do pobo. E tamén pódese subir ao cume do Mustallar que é un dos mellores sitios da zona para contemplar as vistas. Son moi interesantes as rutas rurais e entrar nas pallozas para revivir a vida quep plevaban xunto cos seus animais as antigas familias de Piornedo é unha boa experiencia. 3 ALDEA DE PIORNEDO
  • 36. AS FRAGAS DO EUME En Galicia, unha fraga é unha zona de bosque espeso onde non entra moita luz e normalmente o ambiente está fresco, coa temperatura sempre constante o que provoca que haxa moita e variada vexetación e fauna. As Fragas do Eume é a mellor fraga costeira conservada de toda Europa, onde habitan moitos animais e plantas en perigo de extinción. As Fragas do Eume, foi declarado Parque Natural en 1997 e ocupa as ladeiras e montes que acompañan o río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña. Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ao norte coa de Ferrolterra e ao sur coa das Mariñas. Os concellos que comparten este espacio natural son: As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume. Desde Pontedeume pódese tomar a estrada AC-114 para tomar o desvío de Ombre e de aí a Caaveiro bordeando o río. Desde Santiago de Compostela a distancia é de 104 km e a viaxe dura 1 h e 17 min. Dentro do Parque hai numerosos vestixios da actividade humana como fornos para facer o carbón vexetal e moitos restos históricos da arquitectura tradicional como cruceiros, pontes e santuarios. 4
  • 37. Destacan os mosteiros medievais de Caaveiro e o de Monfero, ambos do S.X. O Mosteiro de Caaveiro acollía os eremitas que vivían pola zona. É monumento histórico-artístico desde 1975 pola súa arquitectura. No Mosteiro de Monfero o único que se conserva é a igrexa; o demais está en ruinas, aínda que o están restaurando. As Fragas do Eume é un lugar ideal para gozar da natureza, relaxarse e facer rutas de senderismo. SERRA DO XURÉS O Parque Natural do Xurés está situado no sudoeste da provincia de Ourense, facendo fronteira con Portugal. Para chegar desde Ourense accédese pola estrada N-540 que une Lugo con Portugal atravesando poboacións como Celanova, Bande, Entrimo, Lobios e Muíños, facendo fronteira co Parque Natural de Peneda-Gerés, en Portugal. É un precioso espazo natural cunha grande variedade de paisaxes: serras, pequenos ríos que forman cascadas e frondosos bosques. Os amantes dos animais poderán ver diferentes especies de aves, anfibios reptís e mamíferos,como o lobo ou xabaríns, e a vaca cachena, típica de Galicia, en perigo de extinción. 5 MOSTEIRO DE CAAVEIRO MOSTEIRO DE MONFERO
  • 38. O Xurés ten abundante patrimonio cultural. O máis destacado é a Vía Nova, unha vía romana que xuntaba Braga con Astorga. Percorrendo esta vía pódese gozar coas súas marabillosas paisaxes e das súas magníficas vilas como a aldea de Casolas, construída nun terreo moi inclinado. Gozaremos da cascada de Corga da Fecha que desemboca no río Caldo cunha caída de 200 m de desnivel creando pozas de augas cristalinas. En Riocaldo atópase a "Mansio Aquis Originis", a poucos metros do río Caldo e moi preto de Corga da Fecha. É o nome histórico dunha mansión romana situada na Vía Nova. Alí xurdían augas termais que foron aproveitadas para crear baños quentes e un sistema de calefacción para os habitantes da mansión. 6 ALDEA DE CASOLAS CASCADA DE CORGA DA FECHA MANSIO AQUIS ORIGINIS
  • 39. COSTA DA MORTE É unha rexión costeira situada na provincia da Coruña, no Noroeste de Galicia. Saíndo de Santiago podemos ir pola estrada de Carballo a Caión que é un antigo porto baleeiro. Pasaremos por varias zonas como Baldaio, Razo, Malpica, Corcubión, Corme, Laxe, Camariñas, Fisterra, Carnota e Muros. Na Costa da Morte podemos atopar grandes espazos naturais, como as illas Sisargas (Malpica), que é un paraíso para moitas aves; o Cabo Vilán co seu faro; Muxía coa súa " Pedra de Abalar", moi coñecida pola festa da Virxe da Barca; e o hórreo máis longo de Galicia, que se atopa en Carnota (na zona máis ao sur das Rías Altas) e ten corenta pés. Ademais hai muíños, castelos, faros, igrexas e fermosos miradores. Visitaremos esta zona para ver fermosas praias e grandes espazos naturais, para probar a súa gastronomía e participar nas súas festas. O mellor de todo é a boa acollida da súa xente. COSTA NORTE - RÍAS ALTAS As Rías Altas son unha agrupación doutras Rías de Galicia. Comprende varias vilas e cidades dende A Coruña ata Ribadeo. Un percorrido que non pode faltar é A Coruña onde poderemos visitar a Torre de Hércules, que é o faro máis antigo do mundo preto dunha fermosa praia chamada Riazor. Podemos ver a praia das Catedrais en Ribadeo, unha das praias máis impresionantes de Galicia, situada na Mariña Lucense. 1 RUTAS TURÍSTICAS RODRIGO, CANDELA, SARA MÍGUEZ E BRAIS ESPIÑA ABRIL-MAIO 2016 FISTERRA ILLAS SISARGAS AS CATEDRAIS TORRE DE HÉRCULES
  • 40. RÍAS BAIXAS As Rías Baixas sitúanse no suroeste de Galicia: dende o Monte Louro en Muros ata a desembocadura do Río Miño. Ría de Muros e Noia. Para ir ata alí tedes que ir en coche ou en autobús, viaxando dende Santiago á Vila de Muros. Atoparás: • Praias: A Aguieira , As Gaivotas , Testal, Broña , San Francisco ... • Vilas:Muros e Noia que conservan cascos históricos. • Portos pesqueiros: Portosín e Porto do Son. • Restos arqueolóxicos: O Castro de Baroña , Dolmen de Argalo. • Cultura gastronómica: Mariscos. Ría de Arousa A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) e o Salnés. Pódense facer viaxes en catamarán pola ría de Arousa, con visitas a criadeiros de mexillóns, vieiras… e parando para ver os fondos mariños. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias. Os lugares máis destacables son A Illa de Arousa, co parque natural de Carreirón, as illas de Cortegada e Sálvora, que son parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e O Grove coa Illa da Toxa. Desembocan os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte, e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur. Ría de Vigo A Ría de Vigo é a ría galega que se atopa máis ao sur; é unha das maiores en extensión. Exténdese dende o Cabo Home, ao norte, ata o Cabo Silleiro ao sur. 2 Ría de Muros Ría de Arousa
  • 41. A ría atópase protexida na súa entrada polas Illas Cíes, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. É unha ría con augas tranquilas. Esta ría alberga multitude de restos de naufraxios e tesouros , os máis famosos os que proveñen da Batalla de Rande. Destacan: - Vilas mariñeiras como Cangas do Morrazo e Moaña dende as que existe liña regular de barcos que os unen coa cidade de Vigo e coas Illas Cíes. - Cidade de Vigo: é a cidade máis grande de Galicia,na que se atopa a Ponte de Rande que une as dúas caras da ría de Vigo. Cidade cunha grande actividade portuaria e un areal de grandes dimensións (Praia de Samil). - Arcade: vila onde se celebra a festa gastronómica da Ostra de Arcade pola importancia que ten este produto neste lugar. -Panxón: atopamos o Templo Votivo do Mar e o Arco da Ferradura, arco visigótico do século VII RIBEIRA SACRA Atópase no sur de Lugo e ao norte de Ourense. Para chegar podes ir ata Ourense e coller dirección Monforte de Lemos. Cando chegues podes atopar o camiño de Santiago, nos municipios de Paradela e Portomarín. Tamén podes encontrar Mosteiros que inclúen algúns santuarios cun elevado nivel de interese turístico: mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil (S.VI) convertido en Parador, convento das Clarisas, etc. Pódese facer unha ruta en catamarán polos Canóns do Sil que son un lugar natural no río Sil para gozar da espectacular paisaxe. Nas súas paredes encóntranse viñas coas uvas que se utilizan para facer o viño Ribeiro e Amandi. 3 Mosteiro de Santo Estevo Canóns do Sil Viñas no Canón do Sil Ría de Vigo
  • 42. Ruta cañóns do Sil-Mosteiro de Santa Cristina (a pé) Atópase en Parada de Sil, na Ribeira Sacra. Para chegar dende Ourense colles as estradas que che levan a Parada de Sil. A ruta dura 3 horas. A dificultade é media e está sinalizada. Podemos ver varios miradores como o de Balcóns de Madrid , o Fental e as Fontiñas e tamén o mosteiro de Santa Cristina que está no souto de Merilán e o río Sil.
 Ruta Santo Estevo - Río Sil (a pé) Atópase en Nogueira de Ramuín, Ribeira Sacra. Para chegar colles as estradas que van a Nogueira de Ramuín. Dura 3 horas, son 7 km. A dificultade é media e está sinalizada. Pasamos polo Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil arredor do parador de Santo Estevo e vemos o río Sil. Ruta Tesouros da Limia (bici) Atópase na Limia, no sur de Ourense. Chegamos collendo as estradas que levan a Xinzo de Limia. O percorrido é de 15km; podemos facelo en pouco tempo. A dificultade é baixa. Pasamos pola torre da Pena da Portela, o castelo do Castro, o museo etnográfico de Vilar de Santos e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás. 1 Rutas para facer a pé ou en bici CHANO, CARLOS, SARA ELISA, ÁLVARO. ABRIL-MAIO 2016 Canóns do Sil- mosteiro de Santa Cristina Santo Estevo -río Sil Tesouros do Limia.
  • 43. Ruta: O camiño dos faros (a pé) É unha ruta de 36 km que une Malpica con Fisterra polo mar pasando por todos os faros da Costa da Morte. Pódese facer en 8 etapas de entre 17 e 32 km, pasando por Niñóns, Ponteceso, Laxe, Arou, Camariñas, Meniña e Muxía. Ruta fácil Cee- Corcubión- Cee (bici) É un percorrido circular entre Cee e Corcubión, de 12 km. Faise por estrada seguindo o bordo do mar ata chegar ao faro de Cee, dende onde se pode ver o monte Pindo. Ruta do Monte Faro (a pé) Nas Illas Cíes (ría de Vigo). Chégase en barco dende Vigo. A ruta dura 2h 30 min. A dificultade é media. Pasamos por un lago no que podemos observar unha gran variedade de peixes, crustáceos e algas, unha praia, un observatorio de aves, etc. 2
  • 44. Ruta da pedra e da auga( Muiños da Armenteira) (BICI) En Meis, Pontevedra, cerca de Cambados. A ruta dura 1h e a dificultade é baixa e está sinalizada. Pasamos por Caponiñas, Barrantes, Caxín, Couso, As Quintans, as Bouzas, Vilar e Armenteira. Poderemos ver todos estes pobos e 9 muíños reconstruídos recentemente, todos eles á beira do río Armenteira. Tamén o mosteiro da Armenteira. Ruta circular por Lugo cidade (a pé) Dura 2h aproximadamente. É fácil de facer. Camiñamos pola beira do río Sil pasando por distintos barrios da cidade (Garabolos, A Piringalla, estrada de Ombreiro, A Milagrosa) e volvemos ao punto de partida. É unha ruta moi amena na que podemos coñecer a zona norte da cidade, a máis descoñecida para moita xente. Ruta Volta á muralla de Lugo (en bici) Subimos á muralla polas escaleiras da rúa do Teatro e imos dando unha volta á cidade por riba da muralla. Tardaremos unha hora aproximadamente, é moi fácil. Podemos contemplar a muralla, a estación de autobuses, a praza de abastos. A muralla ten 10 portas e 85 torres. 3
  • 45. CURSO 2015-2016 COORDINACIÓN DO PROXECTO: LUISA GARCÍA CARMELA RODRÍGUEZ