SlideShare a Scribd company logo
1 of 95
VIANA
A NATUREZA
Encoro das Portas no río Camba, entre as serras do Invernadeiro
(á esquerda) e os montes de Parada da Serra (á dereita).
A comarca de Viana está situada no extremo suroriental da provincia de Ourense lindando
con Zamora polo leste e por Portugal polo sur.
O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras.
O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos,
Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión
de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei,
Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras).
É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
SUPERFICIE:
746,3 km2
POBOACIÓN:
6.153 habitantes
(2015)
CONCELLOS:
A Gudiña, A Mezquita,
Viana do Bolo e
Vilariño de Conso
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
-Parque Natural
“Montes do
Invernadeiro”.
-LICs “Macizo Central”,
“Pena Trevinca” e
“Pena Maseira”.
CLIMA
Oceánico de montaña, con matices mediterráneos nalgunhas áreas do val do Bibei.
Outono no val do Camba
ACTIVIDADES
As principais son os servizos e a agrogandaría. Destaca o cultivo da castaña.
Hai unha gran área explotada por centrais hidoreléctricas.
Rabaño de cabras
PATRIMONIO
Conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico.
O Camiño de Santiago da Ruta da Prata atravesa a comarca de oeste a leste polos concellos da
Mezquita e A Gudiña.
Pazo da casa de Láncara (pazo
dos Cardóniga) na Mezquita
Ventá prerrománica da igrexa de
Viana do Bolo
Mina de Valgrande (A Barxa, A Gudiña). Foi explota para a obtención de estano e wolframio.
CONCELLOS
A Gudiña, coa serra do Canizo como fondo. A vila da Gudiña está
situada nun lugar de entrada natural a Galiza, por onde se
construíron as vías de comunicación.
A GUDIÑA
Está situado no suroeste da comarca, lindando polo sur con Portugal. O territorio ten unha
elevada altitude, que rara vez descende dos 800 metros e serve de divisoria de augas entre as
concas do Sil e do Douro. No centro atópase unha superficie de aplanamento enmarcada por
dous sitemas montañosos; ao norte a serra Seca e Parada; ao nordeste a Serra do Canizo,
prolongación da serra de Segundeira, ao oeste as prolongacións do Macizo Central e Serra do
Invernadeiro e a serra da Urdiñeira.
Os ríos principais son o Mente (no linde con Riós), o San Lourenzo, o Pereiro e o Pentes.
SUPERFICIE:
179,06 km2
POBOACIÓN:
1.392 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Barxa, O Canizo,
Carracedo da Serra, A
Gudiña, Parada da Serra,
Pentes, San Lourenzo de
Pentes e O Tameirón.
Prados e ovellas no val do río Pentes
As principais actividades son o comercio, a hostalería, a construción e demais servizos, e a
agrogandaría.
Os valores naturais están asociados ás serras onde se consevan carballeiras e soutos de
grande valor e nas que se poden facer rutas de sendeirismo.
Pola Gudiña atravesa a Vía da Prata que se dirixe a Santiago desde o sur.
Detalle da igrexa da Gudiña
SUPERFICIE:
104, 25 km2
POBOACIÓN:
1.109 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Cádavos, Castromil,
Chagoazoso, A Esculqueira,
Manzalvos, A Mezquita, O
Pereiro, Santigoso e A
Vilavella.
Cádavos, coa serra da Azureira ao fondo
A MEZQUITA
Está situado no surleste da comarca, nos lindes con Zamora e Portugal. As maiores alturas
atópanse ao norte nas serras do Canizo e a Segundeira (Aguallal, con 1.440 m). Ao leste, no
límite con Zamora atópanse as serras do Marabón e A Azureira e ao sur, no límite con
Portugal, a serra da Esculqueira. O centro e sur do concello é unha extensa superficie inclinada
de N a S con vales pouco profundos na que sobresaen pequenas elevacións de formas suaves.
Os ríos forman parte da conca do Douro, son pequenos regos das cabeceiras do Rabaçal como
o Cádavos e o Rego das Veigas.
Detalle da Vila da Mezquita
As principais actividades son os servizos e a grogandaría. Destaca o cultivo de castañas.
Dentro do concello está o LIC Pena Maseira.
Tén un rico patrimonio cultural: pazos, igrexas, casas tradicionais.
Campo de centeo, un cultivo que aínda se
pode ver nas terras altas da Mezquita
SUPERFICIE: 270,35 km2
POBOACIÓN: 3.037 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Bembibre,
Caldesiños, Cepedelo, Covelo,
Fornelos de Filloás, Fradelo, Froxais,
Grixoa, Hedroso, Louzaregos,
Mourisca, Paradela, Penouta,
Pexeiros, Pinza, Pradocabalos,
Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela
de Hedroso, Quintela de Umoso,
Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais,
San Cibrao, San Mamede, San
Martiño, Santa María da Ponte,
Sever, Solbeira, Tabazoa de Hedroso,
Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo,
Vilardemilo, Vilarmeao, e Vilaseco da
Serra.
Médulas de Caldesiños, una antiga explotación romana de ouro polo
método de “ruína montium” preto do Bibei.
VIANA DO BOLO
Está situado ao nordeste da comarca, no linde con Zamora.
O releve é moi complexo, con gran número de serras e vales fluviais encaixados. Ao norte e
leste está a serra Calva, coa máxima altitude na pala Cerrada, con 1.79 m. No centro os vales
do Bibei, Camba e Conso. No sur a serra do canizo e no oeste as estribacións da serra da
Queixa. A rede fluvial depende do Bibei que percorre o concello nun val encaixado facendo
un arco, primeiro en dirección sur, facendo linde con Zamora e despois cambia a dirección
norte. Recibe o Camba e o Conso e numerosos regos de curto percorrido que baixan das
serras que rodean o seu curso.
Vista xeral da vila de Viana do Bolo ao pé do encoro do
Vao, na confluencia dos ríos Bibei e Camba.
As principais actividades son a agrogandaría e os servizos. Destaca o cultivo de viñedos
nalgúns lugares protexidos do val do Bibei.
É un concello con importantes valores naturais, sobre todo na Serra Calva, dentro do LIC
“Pena Trevinca” e nos vales dos ríos.
Tén un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, casas tradicionais, muíños,
castros, castelos, igrexas, pazos…
Torre de Viana do Bolo, restos dun castelo do
século XV. Acolle un museo etnográfico que
recolle a cultura tradicional da zona.
VILARIÑO DE CONSO
Ocupa a zona noroeste da comarca cun territorio que forma parte na súa totalidade do
macizo Central e caracterízase pola súa elevada altitude e o releve formado por aliñacións de
serras que se estenden desde Manzaneda con dirección NO-SE e rematan
perpendicularmente ao val do Conso que percorre o extremo leste do concello de SO a NE. As
principais serras son Fial das Corzas e Invernadeiro, onde se atopan os cumes máis altos
(Castrelo Grande, con 1.613). Entre as serras circulan varios ríos que verten ao Bibei: Ribeira
Grande e Ribeira pequena, afluente do Camba; Conso ou Cerveira e o seu afluente o Cenza ou
Couselo.
SUPERFICIE:
200,17 km2
POBOACIÓN:
615 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Castiñeira, Chaguazoso,
Conso, Mormentelos,
Pradoalvar, Sabuguido, San
Cristovo, San Mamede de
Hedrada, Veigas de Camba
e Vilariño de Conso.
Paisaxe de Vilariño de Conso
É un concello rural, sen grandes núcleos de
poboación e moi despoboado. As principais
actividades son a agrogandaría (sobre todo
ovellas e vacas) e os servizos.
Acolle importantes valores naturais:
pegadas glaciares, ecosistemas de gran
diversidade, paisaxes espectaculares,
fervenzas, bosques… Unha grande parte
está protexido no Parque Natural serra do
Invernadeiro e no LIC “Macizo Central.
As Edradas, no val do río Conso
Vilariño de Conso, no
val do río Conso
RELEVO
Serra da Segundeira e Azoreira, e formas suaves e vales pouco escavados
A comarca de Viana ten un releve moi irregular formado por antigas superficies de erosión
moi desgastadas e fracturadas nas que os ríos escavaron profundos vales aproveitando as
numerosas fracturas do terreo. Todo o territorio é unha alternacia de montañas e vales, máis
elevadas e escarpadas no norte e leste e de formas máis suaves no sur.
Ao norte atópanse as serras do Invernadeiro, A Serra da Queixa e a Serra Calva. Ao leste O
Canizo, Segundeira e Azoreira. Ao sur Pena Maseira e A Esculqueira. Ao oeste a Urdiñeira, a
Serra Seca e Fial das Corzas. Ademaís, no interior, entre os vales dos diferentes ríos, atópanse
unha serie de elevacións menores como a Cabeza Grande (1.250 m) ou o Alto dos Picaños
(1.104 m). As máximas alturas son o Aguallal, na serra Segundeira (1.669 m) no linde con
Zamora e o Castelo Grande, na serra do Invernadeiro (1.613 m).
Os materiais son moi variados: lousas, cuarcitas, granitos, pelitas, e distintos tipos de
sedimentos nos vales dos ríos.
Son serras dun grande valor xeolóxico que conservan numerosas mostras da actividade dos
glaciares.
Vista leste da serra da
Queixa no val do
Conso. As lousas e as
fortes pendentes
dificultan o
asentamento da
vexetación.
Vexetación na serra do Invernadeiro: matogueiras,
especies caducifolias e piñeiros de repoboación.
A grande diversidade do relevo e a variedade de alturas da lugar á formación de ecosistemas
diversos: pradeiras e matogueiras nos cumes, fragas nas abas avesías e soutos nas áreas máis
humanizadas que acollen a unha rica e variada fauna.
Turbeira, formación carácterística dos
cumes chans e asolagados.
Piñeiro rubio (Pinus sylvestris). A especie de piñeiro que se
emprega para repoboar zonas de montaña.
Carqueixa
(Chamaspartium
tridentatum),
representante típica
dos matos de zonas
altas e secas.
Dente de can (Erytronium dens-canis). Pódese atopar
na primavera nas montañas máis altas da comarca.
Tollemerendas (Crocus serotinus). Una das primeiras
flores que asoman na primavera.
Uces
Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece na primavera
nos matos do sur de Galiza.
Carpaza boieira (Halimium alyssoides).
Forma parte dos matos de terreos secos.
Cantroxo ou arzaia (Lavandula stoechas).
Arbustiño aromático que se atopa por toda a área de
clima mediterráneo.
Rebentabois (Amanita muscaria), un cogomelo
frecuente nos bosques de bidueiros.
Escribenta riscada (Emberiza cia)
Cabra.
As cabras e as ovellas
son o gando máis común
nas serras da comarca
de Viana.
Cumes da serra de Fial das Corzas
SERRA DE FIAL DAS CORZAS
Esténdese polo linde entre Vilariño de Conso e a comarca de Verín, con orientación N-SE. É
unha serra de cumes redondeados formada por areíscas e lousas. Os cumes máis altos na
comarca son a Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m e Cabeza do Pozo Negro, con 1.536 m
Nas súas vertentes nacen os ríos Ribeira Grande e Pequena.
A maioría da vexetación é mato e bosques nas partes baixas.
Accedese desde Laza por Camba, ou desde os Montes do Invernadeiro por pistas sen asfaltar. Pódese
seguir a ruta ata Manzaneda. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares de toda a comarca e do
Macizo Central.
Lousas e breixos
Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita
MONTES DO INVERNADEIRO
Esténdense desde o Pico do Seixo ata o Val do río Camba, con orientación NO-SE. Están
formados por xistos, lousas e cuarcitas. Están limitadon polos ríos Ribeira Grande e Conso que
escavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas. Os cumes máis altos
son o Pico do Seixo, con 1.707 m, e Castrelo Grande, con 1.608 m.
A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Posúe unha gran
riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas, bosques de ribeira e amplas áreas
repoboadas con piñeiro silvestre. Está declarado Parque Natural.
Accedese pola estrada de Verín a Campobecerros.
Val do Ribeira Grande desde O Seixo. Na cabeceira do río Ribeira Grande, debaixo do Pico Seixo atópase o
circo glaciar de Guasenza ou Figueiro, unha Reserva Integral con bosques de gran valor ecolóxico.
Bosque no Outono
Cumes da Serra da Queixa
SERRA DA QUEIXA
Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis
altos. Nesta comarca atópanse as estribacións cara ao leste entre os vales dos ríos Cenza e
Conso. As rochas dominantes son os granitos de dúas micas. Os cumes máis altos son Alto da
Pioreta (1.537 m), Brotiais (1.532 m) e Pena Forcada (1.426 m.)
O relevo deste macizo é de formas suaves e redondeadas, aplanadas polos glaciares e
nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas. Na vertente oriental nacen os
ríos Cernado, Cenza e Conso, que escavan vales profundos con grandes desniveis.
É una serra que conserva importantes mostras do glaciarismo en sobre todo no val dos ríos
Cenza.
Accedese desde Pradoalvar, Chagoazoso (polo encoro do Cenza) ou Mormentelos.
Vista da serra da Queixa desde o val do Conso
Vista desde os cumes da serra da Queixa carao ao val do Cenza
Encoro de san Sebastián no val do Bibei, no linde con
Zamora. Á esquerda a serra Calva.
SERRA CALVA
Esténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora e facendo límite entre
os concellos de Viana do Bolo e A Veiga. Prolóngase polo oeste ata o pico de San Bernabé, con
1.127 m, ao sur do Bolo, e cara ao sur polos Montes de Viana.
O montes máis altos nesta comarca son Pala Cerrada (1.580 m) e Pedra dos Altares (1.580 m).
Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste.
Está formado por granitos e gneis “ollo de sapo”
Accedese desde a estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria. Pódense
facer rutas desde Pradorramisquedo (Viana do Bolo) e Xares (A Veiga).
Ollo de Sapo
Vista da Serra Calva (Sextil do Can) na zona de Pradorramisquedo
Vista xeral da serra
SERRA SEGUNDEIRA
Situada maioritariamente en Zamora, agás na zona do Alto do Torno, ao norte, no límite coa
Serra do Eixe, con 1.944 m; e o Pico de Aguallal, ao sur, con 1.664 m, ao sur, no concello da
Mezquita. Está formada por granitos e ollo de sapo.
Accedese desde a estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria.
Tunel no Portelo da Canda, a1.262 m de altitude. Entre o Valdeinfantes (1.440 m, na
Serra Segundeira, (A Mezquita) e o Marabón (1.493 m, Zamora).
Vista norte da serra do Canizo. Na aba
nodeste, seguindo o val do Bibei, o Canizo cae
en paredes moi inclinadas onde abondan as
fervenzas en época de chuvias.
SERRA DO CANIZO
Unida á Segundeira, con orientación NE-SO, está rodeada polo profundo val do Bibei polo
norte e leste, e polo Canela (afluente do Camba) no oeste, no límite entre A Gudiña e Viana
do Bolo. O monte máis alto é O Testeiro, con 1446 m.
Accedese desde A Gudiña ou Viana do Bolo.
Monte Testeiro
Abas do Canizo cara ao val encaixado do río Bibei
Vista xeral da serra da Azoreira
SERRA DA AZOREIRA
Situadoa entre A Mezquita e Zamora, con orientación N-S. Está formada por materiais
graníticos. Os puntos máis altos son Azoreira, con 1.394, Uzal, con 1.361 m, e O Castelo, con
1.306 m. No estremo norte está o Portelo da Canda, paso natural das estradas de Galiza á
Meseta. Os ríos verten á conca do Douro.
Accedese desde A Mezquita.
Penedo dos tres Reinos (1.004 m). É un pequeño cume no alto dunha serra de formas planas. Está situado ao sur da serra
da Azoreira e nel conflúen Galiza, Castela e Portugal. Accedese desde Cádavos.
Vista xeral da Mezquita coa serra da Esculqueira ao fondo
SERRA DA ESCULQUEIRA
Pequena serra con orientación NO-SE situada ao sur do concello da Mezquita limitando con
Portugal. Está formada por granitos hercínicos de dúas micas. O punto máis alto é o Serro ou
Medo, con 1.143 m. Os ríos son afluentes do Açureiro que vai ao Douro.
Nas partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...) e as
brañas. Nos vales consérvanse fragas de cerquiños mesturados con sanguiños e bidueiros.
Abondan os soutos de castiñeiros, algúns moi vellos e hai grandes áreas repoboadas de
piñeiros.
Accedese desde A Mezquita pola estrada de Chaguazoso e Manzalvos.
Pena Maseira
SERRA DA URDIÑEIRA
Segue una dirección norte-sur no linde entre os concellos de Riós (comarca de Verín) e A
Gudiña (Comarca de Viana). Os cumes máis altos son A Urdiñeira, con 1.146 m, e O Bruzo con
1.134 m.
Accedese desde Parada da Serra (A Gudiña) ou desde Pedrosa (Riós).
Covas das Choias ou Casa das Grallasos nos cumes da serra da Urdiñeira, a cabalo da raia que delimita os concellos de A
Gudiña e Riós, nunha paisaxe singular, unha parede vertical de cuarcitas e xistos, materiais de dureza e consistencia
diferente, nos que os séculos de erosión, deron lugar a curiosas formas e algúns agochos entre os que destaca pola súa
estrutura e situación esta cova, unha cavidade que se abre en varios arcos cara ao leste e desde a que podemos gozar de
fermosas panorámicas.
MONTES DE PARADA DA SERRA
Esténdense con dirección leste-oeste seguindo o curso do río Camba. Os cumes máis altos son
o Alto de Rebouzo (1.113 m), e Val do Cabo (1.079 m).
SERRA SECA
Esténdese con dirección leste-oeste entre A Gudiña e o val do Camba. É una serra de formas
redondeadas, moi erosionada e afectada polos incendios forestais. A máxima elevación é o
Alto dos Picaños, con 1.104 m. Na aba sur nacen as cabeceiras do río San Lourenzo que vai ao
Rabaçal, na cunca do Douro.
Val Glaciar do Cenza.
No Corvo de Cavalo, na
vertente sudoriental da
serra da Queixa, ocupando
o curso alto do río Cenza
consérvanse as melloras
mostras das glaciacións de
Galiza: circo glaciar en
forma de funil, morrenas
laterais, rochas de aspecto
aborregado pulimentadas
e estriadas polo xeo, unha
lagoa estacional de orixe
glaciar, turbeiras...
Parte do val está ocupado
por un encoro.
ACTICTIVIDADE GLACIAR
Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo
ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares
de circo e lingua.
Desta época consérvanse numerosas pegadas nas serras de Queixa, Invernadeiro e Calva:
circos glaciares de Guasenza, Forcadas, Cernados e Mallada-Cerveira, vales do Munxidoiro e
Corvo de Cabalo, morrenas de Chaguazoso...
Rocha traballada polo xeo
Morrena de Chaguazoso,
situada na poboación do
mesmo nome, a 1.290 m de
altitude. É unha morrena
lateral da marxe esquerda do
val do río Cenza. É a morrena
glaciar mellor conservada de
Galiza, formada por grandes
bloques graníticos entre os que
están asentadas as casas da
poboación.
Morrena no val Glaciar do
Cenza, na cabeceira do encoro.
Circo glaciar de Guasenza (Montes do Invernadeiro)
Morrena en Mormentelos
RÍOS
A rede fluvial da comarca de Viana forma parte de dùas concas separadas polas serras do
Canizo e Seca. A maior parte do territorio verte cara ao norte á conca do Sil a través do Bibei e
os seus afluentes. No sur, numerosos regos forman as cabeceiras do río Rabaçal que circula
cara a portugal a xuntarse co Túa, un afluente do Douro.
Os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera. Discorren por
vales profundamente encaixados e son frecuentes os rápidos e fervenzas.
Nos canóns dos ríos son frecuentes as pozas e túneis que
a auga escava nas pedras durante moitos anos.
Río Cenza en Castiñeiras
(Vilariño de Conso)
Río Bibei no encoro do Vao
Na contorna dos ríos consérvase un rico patrimonio histórico e etnográfico: muíños, pontes...
Unha grande parte do sistema Bibei-Camba-Cenza está afectada por grandes encoros.
Ponte romana sobre o río Conso, no camiño de
Pradoalvar ao castelo de Cerveira. Declarado ben de
interese cultural.
Muíño e Penafurada, no río Pentes en Barxas (A Gudiña)
O furado, de entre 20 e 30 m de longo, desvía a corrente do
río Pentes para permitir o acceso ás bocas das minas de
Valgrande (estano e o volframio) sen ter que pasar pola
auga.
Nos cursos fluviais e na súa contorna hai unha rica flora e fauna. Nas ladeiras máis protexidas
e expostas ao sol danse especies de tipo mediterráneo.
Nos prados da beira do río pódense atopar varias
especies de narcisos, entre elas o de flores máis
grandes e vistosas é o Narcissus pseudonarcissus
ou herba de San Xosé.
Canón do Bibei en Pradorramisquedo.
A estrada que vai de Viana do Bolo a Pradorramisquedo
e Porto de Sanabria segue o canón do Bibei. En diversos
puntos pódense ver vistas espectaculares do río,
fervenzas, pozas…
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Percorre os concellos de
Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, Pobra de Trives e fai a divisoria entre Ribas de Sil e
Quiroga. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado.
O seu curso alto, de direción norte sur, salva un forte desnivel aproveitando antigos vales
glaciares labrados en granitos e gneis “ollo de sapo” . Cando penetra en Galiza vira
bruscamente ao Norte e rodea o Macizo de Pena Trevinca. Desde Viana do Bolo (a 733 m de
altura) ata que se une co Sil (a 290 m) o Bibei discorre por un canón de 40 km de lonxitude e
ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis.
Na comarca de Viana recibe pola esquerda ao Sariñas,
Camba e Conso; e pola dereita Sete Nabos, Campiña,
Porta da Arca e Pontón. No inverno increméntase o
caudal cos numerosos regos que baixan das serras
formando fermosas fervenzas.
Fervenzas no Bibei nas proximidades
de Pradorramisquedo.
O Bibei en Viana do Bolo, entre a serra do Canizo e a Calva
Fervenza nun rego afluente do Bibei que cae da serra do
Canizo. Vista desde Dradelo.
Na estrada que segue o val do Bibei pola aba nordeste
do Canizo é frecuente ver regos que forman fervenzas na
época de chuvias.
Paradela (Viana do Bolo)
Rego de Porto Ferrado (Bibei)
Encoro de O Bao no Bibei. A orografía da cunca do Bibei, un val estreito é fondo, é
aproveitada para encoralo en varios puntos e obter enerxía eléctrica.
Confluencia do Camba e o Bibei, en Viana do Bolo
Fervenza de Arcos (Montes do Invernadeiro)
RÍO CAMBA
Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán, pasa polos concellos
de Castrelo do Val, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes
máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena e o Carracedo.
Corgo das Rubias, nos Montes do Invernadeiro
Río Ribeira Grande. Nace debaixo
do Pico do Seixo, nos Montes do
Invernadeiro e xúntase ao Camba
no encoro das Portas.
Río Ribeira Pequena. Baixa desde o
alto de Fial das Corzas ata xuntanse co
Camba no encoro das Portas, no
Parque Natural do Invernadeiro.
Encoro das Portas no río Camba, o
segundo de Galiza en volume de auga.
Presa das Portas, de 141 m de altura, a maior de Galiza.
Rego das Corgas. Río Canelas (Camba).
Pixeiros-Viana do Bolo.
Río Conso nas Hedradas
RÍO CONSO
Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do
Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte
para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o
Cenza.
Fervenza en Pradoalvar, no río Conso. Atópase no comezo da ruta
que sae de Pradoalvar cara á serra (castelo de Cerveira).
Corga do Val do Cenza
Pradoalbar-Vilariño de Conso
Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de
Sabuguido.
Corga de Reboredo-Gorbias. Entrecinsa-Sabuguido
(Vilariño de Conso)
Corga de Suafraga
San Mamede de Edradas-Vilariño de Conso
RÍO CENZA
Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda, e xúntase
ao Camba en Vilariño de Conso. O seu tramo alto quedou asolagado por un encoro que fixo desaparecer o
mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña.
O río Cenza nas abas da serra da Queixa
Salto da Cenza (Castiñeiras, Vilariño de
Conso).
Un desnivel en rochas graníticas de máis
de100 m de altura (é a fervenza máis alta de
Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno
canón con varios saltos máis pequenos, pozas
e rápidos.
Río Pereiro ou Diabredo, na Mezquita
CABECEIRAS DO RÍO RABAÇAL
O sur da comarca de Viana está percorrido por varios ríos e regatos que baixan das serras dos
Entirlos, Teixeira, Urdiñeira, Seca, Canizo, Azureira e Esculqueira.
O principal é o Mente que percorre un pequeño tramo no linde entre A Gudiña e Riós e
intérnase en terras portuguesas ata xuntarse co Rabaçal, un afluente do Tua, da cunca do
Douro.
Outros ríos que forman as cabeceiras do Rabaçal son o Moas ou Pentes (Cabeceiras: San
Lourenzo, Ribeiriña e Pereiro); e o Rego das Veigas e Cádavo que forman en Portugal o
Açúreiro, outro afluente do Rabaçal.
Pontella no Rego das Veigas, na Mezquita
Río Pentes ou da Ribeira en terreos da Gudiña.
Río Pentes na Barxa, na Penafurada
Río Mente no linde entre
A Gudiña e Riós
Río Parada (Mente)
na Urdiñeira
AS ÁRBORES
Rebolos nos Montes do
Invernadeiro
Na comarca de Viana consérvase algunha áreas con bosques autóctonos formados por
carballos do país e rebolos, refuxiados nas abas máis abruptas das serras e no fondo dos vales
dos ríos. Una grande superficie de monte está ocupada por piñeiros de repoboación.
Nas áreas poboadas hai grandes superficies adicadas a soutos para o cultivo das castañas, un
dos recursos da comarca. Por toda a zona aparecen exemplares de castiñeiros monumentais.
(P) Incluídos no
Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta
de Galiza.
Souto na Mezquita
Castiñeiro (Castanea sativa)
A Ribeira (Manzalvos, A Mezquita) (P)
Cádavos (A Mezquita) (P)
Prado da Ponte (Cádavos, A Mezquita) (P)
O Val (A Mezquita)
Varios (Manzalvos, A Mezquita)
Chagoazoso (A Mezquita)
Souto dos Trogais (Cádavos, A Mezquita)
Quintela de Umoso (Viana do Bolo)
Dradelo (Viana do Bolo)
Mesexo (Viana do Bolo)
Edroso (Viana do Bolo)
Pinza (Viana do Bolo)
Mosexos (Pinza, Viana do Bolo)
Caldesiños (Viana do Bolo)
Seoane de Abaixo (Caldesiños, Viana do Bolo)
Seoane de Arriba (Solbeira) (Viana do Bolo)
Santuario do Pai Eterno(Viana do Bolo)
Soutogrande (Vilariño de Conso)
Castiñeiro da Ribeira. Manzalvos (A Mezquita)
Ten arredor de 500 anos, 25 m de altura e 10,85
m de perímetro no toro. (P)
Castiñeiro das Necas-Prado da Ponte
(Cádavos, A Mezquita)
-9,60 m de perímetro. (P)
Castiñeiro O Val. Manzalvos (A Mezquita).
-6,90 m de perímetro no toro.
Castiñeiro “O Mola”. Chaguazoso (A Mezquita).
Mide 9,50 m de perímetro. Foi queimado e só lle
queda unha ponla.
Castiñeiro dos Trogais
(Cádavos, A Mezquita)
-10,8 m de perímetro. (P)
Castiñeiro de Soutogrande (Vilariño de Conso)
-12,5 m de perímetro.
Castiñeiro de Dradelo. Viana do Bolo.
Castiñeiro en Seoane de Arriba
(Solbeira, Viana do Bolo)
-9,65 m de perímetro.
Castiñeiro da Parranda (Seoane de Arriba,
Viana do Bolo) -12, 10 m de perímetro
Castiñeiro en Pinza (Viana do Bolo
-11,16 m de perímetro
Castiñeiro en Caldesiños (Viana do Bolo)
-8,16 m de perímetro
Castiñeiro O Real (Viana do Bolo)
-15,30 m de perímetro
Castiñeiro en Edroso (Viana do Bolo)
Carballo (Querqus robur)
Pai dos Rebolos (Dradelo Viana do Bolo) (P)
Fieiró (Montes do Invernadeiro)
Pai dos Rebolos (Dradelo, Taboaza de Umoso,
Viana do Bolo)
Carballos nos Montes do Invernadeiro
Bidueiro (Betula celtiberica)
Ribeira Grande (Vilariño de Conso-Ourense)
PARQUE NATURAL dos Montes do Invernadeiro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Vista dos Montes de
Invernadeiro desde
Fial das Corzas
PARQUE NATURAL SERRA DO INVERNADEIRO
Situado no Surleste do Macizo Central, cunha superficie de 5.722 ha, no concello de Vilariño
de Conso. É un espazo de alta montaña con cumes que acadan máis de 1.700 m e profundos
vales fluviais formados polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que desembocan no
Camba no encoro das Portas.
Accedese desde Campobecerros. Precísase solicitar un permiso da Delegación da Consellería de Medio
Ambiente de Ourense.
O espazo ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Posúe unha
gran riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas, bosques de ribeira e amplas
áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre, con 150
especies de vertebrados (40 mamíferos e 90 aves).
Polygala microphylla
Cervo (Cervus elaphus). Foi reintroducido e críase
en espazos pechados para logo soltalo.
Pradoalvar
LIC MACIZO CENTRAL
É o segundo espazo protexido máis extenso de Galiza, 45.196 ha nas serras do Macizo Central
ourensán. Nesta comarca inclúe os Montes do Invernadeiro e parte das serras de Fial das
Corzas e Eixe, nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Conéctase co LIC Pena
Trevinca a través do val do Bibei.
Tollemerendas e narcisos, as primeiras flores
da primavena na montaña.
Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos
tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese
xeolóxico e biolóxico. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son
espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios. Un dos
valores máis importantes son as pegadas dos glaciares que se conservan nos vales que baixan
das serras do Eixe e Invernadeiro.
Acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos ibéricos,
e una grande variedade animal, con 176 especies de vertebrados.
Perdiz
Vista da Serra Calva desde o val do Bibei
LIC PENA TREVINCA
Gran espazo de 24.860 ha que inclúe o Macizo de Pena Trevinca, os montes do Covelo e o val
do río Bibei ata o encoro de O Bao. Nesta comarca terreos no concello de Viana do Bolo,
principalmente a serra Calva, parte do Canizo e o val do Bibei.
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións
climáticas que propician a aparición de gran diversidade de animais e vexetais. Ademais ten
un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
Cimbro (Juniperus conmunis). Unha
conífera rastreira que só se atopa
nas alturas das serras orientais.
A maior parte do macizo está cuberto por mato de uces brancas e rosas, queirugas,
carqueixas, arandeiras e carpazas. Nas partes altas aparecen xenebreiros e xestas olorosas.
Nas depresións impermeábeis hai turbeiras con esfagnos, rorelas e outras especies típicas.
So no fondo dos vales máis inaccesibles sobreviven algúns bosques autóctonos formados por
carballos, bidueiros, acivros, capudres ou escanfrés, e nalgúns puntos teixos. Neste espazo
atópanse especies de plantas e animais de gran interese e numerosos endemismos.
Ra patilonga
Vista xeral do espazo de Pena Maseira onde se aprecian
os perfís suaves dos montes e os campos de centeo.
LIC PENA MASEIRA
Espazo de 5.715 ha nos concellos de A Gudiña e A Mezquita que limita co parque natural
portugués de Montezinho.
É unha zona de media montaña de relevo suave que inclúe as serras da Esculqueira, Penedos
dos Tres Reinos e Azureira e o curso alto dos ríos Cádavos ou Açureira e das Veigas, afluentes
do Rabaçal, da cunca do Douro.
O pico máis alto é o Serro ou Medo con 1.143 m.
Macela de monte (Hellycrysum stoechas)
Nas partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...) e as
brañas. Nos vales consérvanse fragas de cerquiños mesturados con sanguiños e bidueiros.
Abondan os soutos de castiñeiros, algúns moi vellos e hai grandes áreas repoboadas de
piñeiros.
Corzo (Capreolus capreolus).
No espazo de Pena Maseira hai una poboación
estable de lobo e corzo.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Xullo 2016

More Related Content

What's hot

Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 

What's hot (20)

Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 

Viewers also liked

Viewers also liked (12)

Alta montaña. Marlon y Marta
Alta montaña. Marlon y MartaAlta montaña. Marlon y Marta
Alta montaña. Marlon y Marta
 
Alta montaña
Alta montañaAlta montaña
Alta montaña
 
Alta montaña
Alta montañaAlta montaña
Alta montaña
 
Grupo 4: clima polar o frío
Grupo 4: clima polar o fríoGrupo 4: clima polar o frío
Grupo 4: clima polar o frío
 
Clima polar
Clima polarClima polar
Clima polar
 
La alta montaña
La alta montañaLa alta montaña
La alta montaña
 
Clima de alta montaña
Clima de alta montañaClima de alta montaña
Clima de alta montaña
 
Los ecosistemas de la Tierra
Los ecosistemas de la TierraLos ecosistemas de la Tierra
Los ecosistemas de la Tierra
 
Clima mediterrani
Clima mediterraniClima mediterrani
Clima mediterrani
 
Los biomas de alta montaña
Los biomas de alta montañaLos biomas de alta montaña
Los biomas de alta montaña
 
Clima d'alta muntanya
Clima d'alta muntanyaClima d'alta muntanya
Clima d'alta muntanya
 
Clima polar y alta montaña
Clima polar y alta montañaClima polar y alta montaña
Clima polar y alta montaña
 

Similar to Comarca Viana

Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneiramonadela
 

Similar to Comarca Viana (12)

Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Viana

  • 2. Encoro das Portas no río Camba, entre as serras do Invernadeiro (á esquerda) e os montes de Parada da Serra (á dereita). A comarca de Viana está situada no extremo suroriental da provincia de Ourense lindando con Zamora polo leste e por Portugal polo sur. O sur da Gudiña e os concellos de A Mezquita e Riós, coñécese como Terra de Frieiras. O territorio é, na súa maior parte, de alta montaña, situado entre dous importantes macizos, Pena Trevinca e Macizo Central Ourensan, e varias serras de menor altitude. É unha sucesión de cumes e vales profundos e encaixados polos que circulan ríos das cuncas do Sil (Bibei, Camba e Conso) e do Douro (Rabaçal, con numerosas cabeceiras). É unha comarca con importantes valores ambientais e culturais.
  • 3. SUPERFICIE: 746,3 km2 POBOACIÓN: 6.153 habitantes (2015) CONCELLOS: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso ESPAZOS PROTEXIDOS: -Parque Natural “Montes do Invernadeiro”. -LICs “Macizo Central”, “Pena Trevinca” e “Pena Maseira”.
  • 4. CLIMA Oceánico de montaña, con matices mediterráneos nalgunhas áreas do val do Bibei. Outono no val do Camba
  • 5. ACTIVIDADES As principais son os servizos e a agrogandaría. Destaca o cultivo da castaña. Hai unha gran área explotada por centrais hidoreléctricas. Rabaño de cabras
  • 6. PATRIMONIO Conserva un rico patrimonio etnográfico e histórico artístico. O Camiño de Santiago da Ruta da Prata atravesa a comarca de oeste a leste polos concellos da Mezquita e A Gudiña. Pazo da casa de Láncara (pazo dos Cardóniga) na Mezquita Ventá prerrománica da igrexa de Viana do Bolo
  • 7. Mina de Valgrande (A Barxa, A Gudiña). Foi explota para a obtención de estano e wolframio.
  • 8. CONCELLOS A Gudiña, coa serra do Canizo como fondo. A vila da Gudiña está situada nun lugar de entrada natural a Galiza, por onde se construíron as vías de comunicación. A GUDIÑA Está situado no suroeste da comarca, lindando polo sur con Portugal. O territorio ten unha elevada altitude, que rara vez descende dos 800 metros e serve de divisoria de augas entre as concas do Sil e do Douro. No centro atópase unha superficie de aplanamento enmarcada por dous sitemas montañosos; ao norte a serra Seca e Parada; ao nordeste a Serra do Canizo, prolongación da serra de Segundeira, ao oeste as prolongacións do Macizo Central e Serra do Invernadeiro e a serra da Urdiñeira. Os ríos principais son o Mente (no linde con Riós), o San Lourenzo, o Pereiro e o Pentes. SUPERFICIE: 179,06 km2 POBOACIÓN: 1.392 habitantes (2015) PARROQUIAS: Barxa, O Canizo, Carracedo da Serra, A Gudiña, Parada da Serra, Pentes, San Lourenzo de Pentes e O Tameirón.
  • 9. Prados e ovellas no val do río Pentes As principais actividades son o comercio, a hostalería, a construción e demais servizos, e a agrogandaría. Os valores naturais están asociados ás serras onde se consevan carballeiras e soutos de grande valor e nas que se poden facer rutas de sendeirismo. Pola Gudiña atravesa a Vía da Prata que se dirixe a Santiago desde o sur. Detalle da igrexa da Gudiña
  • 10. SUPERFICIE: 104, 25 km2 POBOACIÓN: 1.109 habitantes (2015) PARROQUIAS: Cádavos, Castromil, Chagoazoso, A Esculqueira, Manzalvos, A Mezquita, O Pereiro, Santigoso e A Vilavella. Cádavos, coa serra da Azureira ao fondo A MEZQUITA Está situado no surleste da comarca, nos lindes con Zamora e Portugal. As maiores alturas atópanse ao norte nas serras do Canizo e a Segundeira (Aguallal, con 1.440 m). Ao leste, no límite con Zamora atópanse as serras do Marabón e A Azureira e ao sur, no límite con Portugal, a serra da Esculqueira. O centro e sur do concello é unha extensa superficie inclinada de N a S con vales pouco profundos na que sobresaen pequenas elevacións de formas suaves. Os ríos forman parte da conca do Douro, son pequenos regos das cabeceiras do Rabaçal como o Cádavos e o Rego das Veigas.
  • 11. Detalle da Vila da Mezquita As principais actividades son os servizos e a grogandaría. Destaca o cultivo de castañas. Dentro do concello está o LIC Pena Maseira. Tén un rico patrimonio cultural: pazos, igrexas, casas tradicionais. Campo de centeo, un cultivo que aínda se pode ver nas terras altas da Mezquita
  • 12. SUPERFICIE: 270,35 km2 POBOACIÓN: 3.037 habitantes (2015) PARROQUIAS: Bembibre, Caldesiños, Cepedelo, Covelo, Fornelos de Filloás, Fradelo, Froxais, Grixoa, Hedroso, Louzaregos, Mourisca, Paradela, Penouta, Pexeiros, Pinza, Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela de Hedroso, Quintela de Umoso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais, San Cibrao, San Mamede, San Martiño, Santa María da Ponte, Sever, Solbeira, Tabazoa de Hedroso, Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo, Vilardemilo, Vilarmeao, e Vilaseco da Serra. Médulas de Caldesiños, una antiga explotación romana de ouro polo método de “ruína montium” preto do Bibei. VIANA DO BOLO Está situado ao nordeste da comarca, no linde con Zamora. O releve é moi complexo, con gran número de serras e vales fluviais encaixados. Ao norte e leste está a serra Calva, coa máxima altitude na pala Cerrada, con 1.79 m. No centro os vales do Bibei, Camba e Conso. No sur a serra do canizo e no oeste as estribacións da serra da Queixa. A rede fluvial depende do Bibei que percorre o concello nun val encaixado facendo un arco, primeiro en dirección sur, facendo linde con Zamora e despois cambia a dirección norte. Recibe o Camba e o Conso e numerosos regos de curto percorrido que baixan das serras que rodean o seu curso.
  • 13. Vista xeral da vila de Viana do Bolo ao pé do encoro do Vao, na confluencia dos ríos Bibei e Camba. As principais actividades son a agrogandaría e os servizos. Destaca o cultivo de viñedos nalgúns lugares protexidos do val do Bibei. É un concello con importantes valores naturais, sobre todo na Serra Calva, dentro do LIC “Pena Trevinca” e nos vales dos ríos. Tén un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: pontes, casas tradicionais, muíños, castros, castelos, igrexas, pazos… Torre de Viana do Bolo, restos dun castelo do século XV. Acolle un museo etnográfico que recolle a cultura tradicional da zona.
  • 14. VILARIÑO DE CONSO Ocupa a zona noroeste da comarca cun territorio que forma parte na súa totalidade do macizo Central e caracterízase pola súa elevada altitude e o releve formado por aliñacións de serras que se estenden desde Manzaneda con dirección NO-SE e rematan perpendicularmente ao val do Conso que percorre o extremo leste do concello de SO a NE. As principais serras son Fial das Corzas e Invernadeiro, onde se atopan os cumes máis altos (Castrelo Grande, con 1.613). Entre as serras circulan varios ríos que verten ao Bibei: Ribeira Grande e Ribeira pequena, afluente do Camba; Conso ou Cerveira e o seu afluente o Cenza ou Couselo. SUPERFICIE: 200,17 km2 POBOACIÓN: 615 habitantes (2015) PARROQUIAS: Castiñeira, Chaguazoso, Conso, Mormentelos, Pradoalvar, Sabuguido, San Cristovo, San Mamede de Hedrada, Veigas de Camba e Vilariño de Conso. Paisaxe de Vilariño de Conso
  • 15. É un concello rural, sen grandes núcleos de poboación e moi despoboado. As principais actividades son a agrogandaría (sobre todo ovellas e vacas) e os servizos. Acolle importantes valores naturais: pegadas glaciares, ecosistemas de gran diversidade, paisaxes espectaculares, fervenzas, bosques… Unha grande parte está protexido no Parque Natural serra do Invernadeiro e no LIC “Macizo Central. As Edradas, no val do río Conso Vilariño de Conso, no val do río Conso
  • 16. RELEVO Serra da Segundeira e Azoreira, e formas suaves e vales pouco escavados A comarca de Viana ten un releve moi irregular formado por antigas superficies de erosión moi desgastadas e fracturadas nas que os ríos escavaron profundos vales aproveitando as numerosas fracturas do terreo. Todo o territorio é unha alternacia de montañas e vales, máis elevadas e escarpadas no norte e leste e de formas máis suaves no sur. Ao norte atópanse as serras do Invernadeiro, A Serra da Queixa e a Serra Calva. Ao leste O Canizo, Segundeira e Azoreira. Ao sur Pena Maseira e A Esculqueira. Ao oeste a Urdiñeira, a Serra Seca e Fial das Corzas. Ademaís, no interior, entre os vales dos diferentes ríos, atópanse unha serie de elevacións menores como a Cabeza Grande (1.250 m) ou o Alto dos Picaños (1.104 m). As máximas alturas son o Aguallal, na serra Segundeira (1.669 m) no linde con Zamora e o Castelo Grande, na serra do Invernadeiro (1.613 m).
  • 17. Os materiais son moi variados: lousas, cuarcitas, granitos, pelitas, e distintos tipos de sedimentos nos vales dos ríos. Son serras dun grande valor xeolóxico que conservan numerosas mostras da actividade dos glaciares. Vista leste da serra da Queixa no val do Conso. As lousas e as fortes pendentes dificultan o asentamento da vexetación.
  • 18. Vexetación na serra do Invernadeiro: matogueiras, especies caducifolias e piñeiros de repoboación. A grande diversidade do relevo e a variedade de alturas da lugar á formación de ecosistemas diversos: pradeiras e matogueiras nos cumes, fragas nas abas avesías e soutos nas áreas máis humanizadas que acollen a unha rica e variada fauna.
  • 19. Turbeira, formación carácterística dos cumes chans e asolagados. Piñeiro rubio (Pinus sylvestris). A especie de piñeiro que se emprega para repoboar zonas de montaña.
  • 21. Dente de can (Erytronium dens-canis). Pódese atopar na primavera nas montañas máis altas da comarca. Tollemerendas (Crocus serotinus). Una das primeiras flores que asoman na primavera.
  • 22. Uces Xesta branca (Cytisus multiflorus). Florece na primavera nos matos do sur de Galiza.
  • 23. Carpaza boieira (Halimium alyssoides). Forma parte dos matos de terreos secos. Cantroxo ou arzaia (Lavandula stoechas). Arbustiño aromático que se atopa por toda a área de clima mediterráneo.
  • 24. Rebentabois (Amanita muscaria), un cogomelo frecuente nos bosques de bidueiros.
  • 26. Cabra. As cabras e as ovellas son o gando máis común nas serras da comarca de Viana.
  • 27. Cumes da serra de Fial das Corzas SERRA DE FIAL DAS CORZAS Esténdese polo linde entre Vilariño de Conso e a comarca de Verín, con orientación N-SE. É unha serra de cumes redondeados formada por areíscas e lousas. Os cumes máis altos na comarca son a Cabeza da Veiga do Fial, con 1.552 m e Cabeza do Pozo Negro, con 1.536 m Nas súas vertentes nacen os ríos Ribeira Grande e Pequena. A maioría da vexetación é mato e bosques nas partes baixas. Accedese desde Laza por Camba, ou desde os Montes do Invernadeiro por pistas sen asfaltar. Pódese seguir a ruta ata Manzaneda. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares de toda a comarca e do Macizo Central.
  • 29. Vista suroeste da Serra do Invernadeiro co val do Camba á dereita MONTES DO INVERNADEIRO Esténdense desde o Pico do Seixo ata o Val do río Camba, con orientación NO-SE. Están formados por xistos, lousas e cuarcitas. Están limitadon polos ríos Ribeira Grande e Conso que escavan profundos vales e desembocan no Camba no encoro das Portas. Os cumes máis altos son o Pico do Seixo, con 1.707 m, e Castrelo Grande, con 1.608 m. A zona ten moito interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Posúe unha gran riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas, bosques de ribeira e amplas áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Está declarado Parque Natural. Accedese pola estrada de Verín a Campobecerros.
  • 30. Val do Ribeira Grande desde O Seixo. Na cabeceira do río Ribeira Grande, debaixo do Pico Seixo atópase o circo glaciar de Guasenza ou Figueiro, unha Reserva Integral con bosques de gran valor ecolóxico.
  • 32. Cumes da Serra da Queixa SERRA DA QUEIXA Ocupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos. Nesta comarca atópanse as estribacións cara ao leste entre os vales dos ríos Cenza e Conso. As rochas dominantes son os granitos de dúas micas. Os cumes máis altos son Alto da Pioreta (1.537 m), Brotiais (1.532 m) e Pena Forcada (1.426 m.) O relevo deste macizo é de formas suaves e redondeadas, aplanadas polos glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas. Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, que escavan vales profundos con grandes desniveis. É una serra que conserva importantes mostras do glaciarismo en sobre todo no val dos ríos Cenza. Accedese desde Pradoalvar, Chagoazoso (polo encoro do Cenza) ou Mormentelos.
  • 33. Vista da serra da Queixa desde o val do Conso
  • 34. Vista desde os cumes da serra da Queixa carao ao val do Cenza
  • 35. Encoro de san Sebastián no val do Bibei, no linde con Zamora. Á esquerda a serra Calva. SERRA CALVA Esténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora e facendo límite entre os concellos de Viana do Bolo e A Veiga. Prolóngase polo oeste ata o pico de San Bernabé, con 1.127 m, ao sur do Bolo, e cara ao sur polos Montes de Viana. O montes máis altos nesta comarca son Pala Cerrada (1.580 m) e Pedra dos Altares (1.580 m). Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste. Está formado por granitos e gneis “ollo de sapo” Accedese desde a estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria. Pódense facer rutas desde Pradorramisquedo (Viana do Bolo) e Xares (A Veiga). Ollo de Sapo
  • 36. Vista da Serra Calva (Sextil do Can) na zona de Pradorramisquedo
  • 37. Vista xeral da serra SERRA SEGUNDEIRA Situada maioritariamente en Zamora, agás na zona do Alto do Torno, ao norte, no límite coa Serra do Eixe, con 1.944 m; e o Pico de Aguallal, ao sur, con 1.664 m, ao sur, no concello da Mezquita. Está formada por granitos e ollo de sapo. Accedese desde a estrada que vai de Vilavella (nas proximidades da Canda) a Porto de Sanabria.
  • 38. Tunel no Portelo da Canda, a1.262 m de altitude. Entre o Valdeinfantes (1.440 m, na Serra Segundeira, (A Mezquita) e o Marabón (1.493 m, Zamora).
  • 39. Vista norte da serra do Canizo. Na aba nodeste, seguindo o val do Bibei, o Canizo cae en paredes moi inclinadas onde abondan as fervenzas en época de chuvias. SERRA DO CANIZO Unida á Segundeira, con orientación NE-SO, está rodeada polo profundo val do Bibei polo norte e leste, e polo Canela (afluente do Camba) no oeste, no límite entre A Gudiña e Viana do Bolo. O monte máis alto é O Testeiro, con 1446 m. Accedese desde A Gudiña ou Viana do Bolo. Monte Testeiro
  • 40. Abas do Canizo cara ao val encaixado do río Bibei
  • 41. Vista xeral da serra da Azoreira SERRA DA AZOREIRA Situadoa entre A Mezquita e Zamora, con orientación N-S. Está formada por materiais graníticos. Os puntos máis altos son Azoreira, con 1.394, Uzal, con 1.361 m, e O Castelo, con 1.306 m. No estremo norte está o Portelo da Canda, paso natural das estradas de Galiza á Meseta. Os ríos verten á conca do Douro. Accedese desde A Mezquita.
  • 42. Penedo dos tres Reinos (1.004 m). É un pequeño cume no alto dunha serra de formas planas. Está situado ao sur da serra da Azoreira e nel conflúen Galiza, Castela e Portugal. Accedese desde Cádavos.
  • 43. Vista xeral da Mezquita coa serra da Esculqueira ao fondo SERRA DA ESCULQUEIRA Pequena serra con orientación NO-SE situada ao sur do concello da Mezquita limitando con Portugal. Está formada por granitos hercínicos de dúas micas. O punto máis alto é o Serro ou Medo, con 1.143 m. Os ríos son afluentes do Açureiro que vai ao Douro. Nas partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...) e as brañas. Nos vales consérvanse fragas de cerquiños mesturados con sanguiños e bidueiros. Abondan os soutos de castiñeiros, algúns moi vellos e hai grandes áreas repoboadas de piñeiros. Accedese desde A Mezquita pola estrada de Chaguazoso e Manzalvos.
  • 45. SERRA DA URDIÑEIRA Segue una dirección norte-sur no linde entre os concellos de Riós (comarca de Verín) e A Gudiña (Comarca de Viana). Os cumes máis altos son A Urdiñeira, con 1.146 m, e O Bruzo con 1.134 m. Accedese desde Parada da Serra (A Gudiña) ou desde Pedrosa (Riós).
  • 46. Covas das Choias ou Casa das Grallasos nos cumes da serra da Urdiñeira, a cabalo da raia que delimita os concellos de A Gudiña e Riós, nunha paisaxe singular, unha parede vertical de cuarcitas e xistos, materiais de dureza e consistencia diferente, nos que os séculos de erosión, deron lugar a curiosas formas e algúns agochos entre os que destaca pola súa estrutura e situación esta cova, unha cavidade que se abre en varios arcos cara ao leste e desde a que podemos gozar de fermosas panorámicas.
  • 47. MONTES DE PARADA DA SERRA Esténdense con dirección leste-oeste seguindo o curso do río Camba. Os cumes máis altos son o Alto de Rebouzo (1.113 m), e Val do Cabo (1.079 m).
  • 48. SERRA SECA Esténdese con dirección leste-oeste entre A Gudiña e o val do Camba. É una serra de formas redondeadas, moi erosionada e afectada polos incendios forestais. A máxima elevación é o Alto dos Picaños, con 1.104 m. Na aba sur nacen as cabeceiras do río San Lourenzo que vai ao Rabaçal, na cunca do Douro.
  • 49. Val Glaciar do Cenza. No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental da serra da Queixa, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as melloras mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar en forma de funil, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado pulimentadas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional de orixe glaciar, turbeiras... Parte do val está ocupado por un encoro. ACTICTIVIDADE GLACIAR Durante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas nas serras de Queixa, Invernadeiro e Calva: circos glaciares de Guasenza, Forcadas, Cernados e Mallada-Cerveira, vales do Munxidoiro e Corvo de Cabalo, morrenas de Chaguazoso...
  • 50. Rocha traballada polo xeo Morrena de Chaguazoso, situada na poboación do mesmo nome, a 1.290 m de altitude. É unha morrena lateral da marxe esquerda do val do río Cenza. É a morrena glaciar mellor conservada de Galiza, formada por grandes bloques graníticos entre os que están asentadas as casas da poboación. Morrena no val Glaciar do Cenza, na cabeceira do encoro.
  • 51. Circo glaciar de Guasenza (Montes do Invernadeiro)
  • 53. RÍOS A rede fluvial da comarca de Viana forma parte de dùas concas separadas polas serras do Canizo e Seca. A maior parte do territorio verte cara ao norte á conca do Sil a través do Bibei e os seus afluentes. No sur, numerosos regos forman as cabeceiras do río Rabaçal que circula cara a portugal a xuntarse co Túa, un afluente do Douro. Os ríos teñen un réxime pluvio-nival con augas altas no inverno e primavera. Discorren por vales profundamente encaixados e son frecuentes os rápidos e fervenzas. Nos canóns dos ríos son frecuentes as pozas e túneis que a auga escava nas pedras durante moitos anos. Río Cenza en Castiñeiras (Vilariño de Conso)
  • 54. Río Bibei no encoro do Vao Na contorna dos ríos consérvase un rico patrimonio histórico e etnográfico: muíños, pontes... Unha grande parte do sistema Bibei-Camba-Cenza está afectada por grandes encoros.
  • 55. Ponte romana sobre o río Conso, no camiño de Pradoalvar ao castelo de Cerveira. Declarado ben de interese cultural. Muíño e Penafurada, no río Pentes en Barxas (A Gudiña) O furado, de entre 20 e 30 m de longo, desvía a corrente do río Pentes para permitir o acceso ás bocas das minas de Valgrande (estano e o volframio) sen ter que pasar pola auga.
  • 56. Nos cursos fluviais e na súa contorna hai unha rica flora e fauna. Nas ladeiras máis protexidas e expostas ao sol danse especies de tipo mediterráneo. Nos prados da beira do río pódense atopar varias especies de narcisos, entre elas o de flores máis grandes e vistosas é o Narcissus pseudonarcissus ou herba de San Xosé.
  • 57. Canón do Bibei en Pradorramisquedo. A estrada que vai de Viana do Bolo a Pradorramisquedo e Porto de Sanabria segue o canón do Bibei. En diversos puntos pódense ver vistas espectaculares do río, fervenzas, pozas… RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Percorre os concellos de Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, Pobra de Trives e fai a divisoria entre Ribas de Sil e Quiroga. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado. O seu curso alto, de direción norte sur, salva un forte desnivel aproveitando antigos vales glaciares labrados en granitos e gneis “ollo de sapo” . Cando penetra en Galiza vira bruscamente ao Norte e rodea o Macizo de Pena Trevinca. Desde Viana do Bolo (a 733 m de altura) ata que se une co Sil (a 290 m) o Bibei discorre por un canón de 40 km de lonxitude e ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis. Na comarca de Viana recibe pola esquerda ao Sariñas, Camba e Conso; e pola dereita Sete Nabos, Campiña, Porta da Arca e Pontón. No inverno increméntase o caudal cos numerosos regos que baixan das serras formando fermosas fervenzas.
  • 58. Fervenzas no Bibei nas proximidades de Pradorramisquedo.
  • 59. O Bibei en Viana do Bolo, entre a serra do Canizo e a Calva
  • 60. Fervenza nun rego afluente do Bibei que cae da serra do Canizo. Vista desde Dradelo. Na estrada que segue o val do Bibei pola aba nordeste do Canizo é frecuente ver regos que forman fervenzas na época de chuvias. Paradela (Viana do Bolo) Rego de Porto Ferrado (Bibei)
  • 61. Encoro de O Bao no Bibei. A orografía da cunca do Bibei, un val estreito é fondo, é aproveitada para encoralo en varios puntos e obter enerxía eléctrica.
  • 62. Confluencia do Camba e o Bibei, en Viana do Bolo
  • 63. Fervenza de Arcos (Montes do Invernadeiro) RÍO CAMBA Nace nos Altos de Gancedo (Camba-Laza), rodea polo sur o Macizo Central ourensán, pasa polos concellos de Castrelo do Val, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, e bótase no Bibei en Viana do Bolo. Os afluentes máis destacados son o Ribeira Grande, o Ribeira Pequena e o Carracedo. Corgo das Rubias, nos Montes do Invernadeiro
  • 64. Río Ribeira Grande. Nace debaixo do Pico do Seixo, nos Montes do Invernadeiro e xúntase ao Camba no encoro das Portas. Río Ribeira Pequena. Baixa desde o alto de Fial das Corzas ata xuntanse co Camba no encoro das Portas, no Parque Natural do Invernadeiro.
  • 65. Encoro das Portas no río Camba, o segundo de Galiza en volume de auga. Presa das Portas, de 141 m de altura, a maior de Galiza. Rego das Corgas. Río Canelas (Camba). Pixeiros-Viana do Bolo.
  • 66. Río Conso nas Hedradas RÍO CONSO Chamado Cerveira na súa cabeceira. Nace no Sextil Branco (Serra de Queixa) e baixa entre os Montes do Invernadeiro e os os montes da Pioreta e a Culadiña, cambiando bruscamente de dirección cara ao norte para xuntarse co Bibei no encoro do Bao, entre Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O principal afluente é o Cenza.
  • 67. Fervenza en Pradoalvar, no río Conso. Atópase no comezo da ruta que sae de Pradoalvar cara á serra (castelo de Cerveira). Corga do Val do Cenza Pradoalbar-Vilariño de Conso
  • 68. Fervenza da Louseira. En Entrecinsa, na parroquia de Sabuguido. Corga de Reboredo-Gorbias. Entrecinsa-Sabuguido (Vilariño de Conso)
  • 69. Corga de Suafraga San Mamede de Edradas-Vilariño de Conso
  • 70. RÍO CENZA Fórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda, e xúntase ao Camba en Vilariño de Conso. O seu tramo alto quedou asolagado por un encoro que fixo desaparecer o mellor val glaciar de Galiza e interesantes representacións de turbeiras de montaña. O río Cenza nas abas da serra da Queixa
  • 71. Salto da Cenza (Castiñeiras, Vilariño de Conso). Un desnivel en rochas graníticas de máis de100 m de altura (é a fervenza máis alta de Galiza). Antes do salto o río forma un pequeno canón con varios saltos máis pequenos, pozas e rápidos.
  • 72. Río Pereiro ou Diabredo, na Mezquita CABECEIRAS DO RÍO RABAÇAL O sur da comarca de Viana está percorrido por varios ríos e regatos que baixan das serras dos Entirlos, Teixeira, Urdiñeira, Seca, Canizo, Azureira e Esculqueira. O principal é o Mente que percorre un pequeño tramo no linde entre A Gudiña e Riós e intérnase en terras portuguesas ata xuntarse co Rabaçal, un afluente do Tua, da cunca do Douro. Outros ríos que forman as cabeceiras do Rabaçal son o Moas ou Pentes (Cabeceiras: San Lourenzo, Ribeiriña e Pereiro); e o Rego das Veigas e Cádavo que forman en Portugal o Açúreiro, outro afluente do Rabaçal. Pontella no Rego das Veigas, na Mezquita
  • 73. Río Pentes ou da Ribeira en terreos da Gudiña.
  • 74. Río Pentes na Barxa, na Penafurada
  • 75. Río Mente no linde entre A Gudiña e Riós Río Parada (Mente) na Urdiñeira
  • 76. AS ÁRBORES Rebolos nos Montes do Invernadeiro Na comarca de Viana consérvase algunha áreas con bosques autóctonos formados por carballos do país e rebolos, refuxiados nas abas máis abruptas das serras e no fondo dos vales dos ríos. Una grande superficie de monte está ocupada por piñeiros de repoboación. Nas áreas poboadas hai grandes superficies adicadas a soutos para o cultivo das castañas, un dos recursos da comarca. Por toda a zona aparecen exemplares de castiñeiros monumentais. (P) Incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 77. Souto na Mezquita Castiñeiro (Castanea sativa) A Ribeira (Manzalvos, A Mezquita) (P) Cádavos (A Mezquita) (P) Prado da Ponte (Cádavos, A Mezquita) (P) O Val (A Mezquita) Varios (Manzalvos, A Mezquita) Chagoazoso (A Mezquita) Souto dos Trogais (Cádavos, A Mezquita) Quintela de Umoso (Viana do Bolo) Dradelo (Viana do Bolo) Mesexo (Viana do Bolo) Edroso (Viana do Bolo) Pinza (Viana do Bolo) Mosexos (Pinza, Viana do Bolo) Caldesiños (Viana do Bolo) Seoane de Abaixo (Caldesiños, Viana do Bolo) Seoane de Arriba (Solbeira) (Viana do Bolo) Santuario do Pai Eterno(Viana do Bolo) Soutogrande (Vilariño de Conso)
  • 78. Castiñeiro da Ribeira. Manzalvos (A Mezquita) Ten arredor de 500 anos, 25 m de altura e 10,85 m de perímetro no toro. (P) Castiñeiro das Necas-Prado da Ponte (Cádavos, A Mezquita) -9,60 m de perímetro. (P)
  • 79. Castiñeiro O Val. Manzalvos (A Mezquita). -6,90 m de perímetro no toro. Castiñeiro “O Mola”. Chaguazoso (A Mezquita). Mide 9,50 m de perímetro. Foi queimado e só lle queda unha ponla.
  • 80. Castiñeiro dos Trogais (Cádavos, A Mezquita) -10,8 m de perímetro. (P)
  • 81. Castiñeiro de Soutogrande (Vilariño de Conso) -12,5 m de perímetro.
  • 82. Castiñeiro de Dradelo. Viana do Bolo. Castiñeiro en Seoane de Arriba (Solbeira, Viana do Bolo) -9,65 m de perímetro.
  • 83. Castiñeiro da Parranda (Seoane de Arriba, Viana do Bolo) -12, 10 m de perímetro Castiñeiro en Pinza (Viana do Bolo -11,16 m de perímetro Castiñeiro en Caldesiños (Viana do Bolo) -8,16 m de perímetro
  • 84. Castiñeiro O Real (Viana do Bolo) -15,30 m de perímetro Castiñeiro en Edroso (Viana do Bolo)
  • 85. Carballo (Querqus robur) Pai dos Rebolos (Dradelo Viana do Bolo) (P) Fieiró (Montes do Invernadeiro) Pai dos Rebolos (Dradelo, Taboaza de Umoso, Viana do Bolo) Carballos nos Montes do Invernadeiro
  • 86. Bidueiro (Betula celtiberica) Ribeira Grande (Vilariño de Conso-Ourense) PARQUE NATURAL dos Montes do Invernadeiro.
  • 87. ESPAZOS PROTEXIDOS Vista dos Montes de Invernadeiro desde Fial das Corzas PARQUE NATURAL SERRA DO INVERNADEIRO Situado no Surleste do Macizo Central, cunha superficie de 5.722 ha, no concello de Vilariño de Conso. É un espazo de alta montaña con cumes que acadan máis de 1.700 m e profundos vales fluviais formados polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena que desembocan no Camba no encoro das Portas. Accedese desde Campobecerros. Precísase solicitar un permiso da Delegación da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.
  • 88. O espazo ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, botánico e faunístico. Posúe unha gran riqueza vexetal con especies atlánticas e mediterráneas, bosques de ribeira e amplas áreas repoboadas con piñeiro silvestre. Destaca pola riqueza da súa fauna silvestre, con 150 especies de vertebrados (40 mamíferos e 90 aves). Polygala microphylla Cervo (Cervus elaphus). Foi reintroducido e críase en espazos pechados para logo soltalo.
  • 89. Pradoalvar LIC MACIZO CENTRAL É o segundo espazo protexido máis extenso de Galiza, 45.196 ha nas serras do Macizo Central ourensán. Nesta comarca inclúe os Montes do Invernadeiro e parte das serras de Fial das Corzas e Eixe, nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Conéctase co LIC Pena Trevinca a través do val do Bibei.
  • 90. Tollemerendas e narcisos, as primeiras flores da primavena na montaña. Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese xeolóxico e biolóxico. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios. Un dos valores máis importantes son as pegadas dos glaciares que se conservan nos vales que baixan das serras do Eixe e Invernadeiro. Acolle unha gran riqueza botánica, con máis de 900 especies e case cen endemismos ibéricos, e una grande variedade animal, con 176 especies de vertebrados. Perdiz
  • 91. Vista da Serra Calva desde o val do Bibei LIC PENA TREVINCA Gran espazo de 24.860 ha que inclúe o Macizo de Pena Trevinca, os montes do Covelo e o val do río Bibei ata o encoro de O Bao. Nesta comarca terreos no concello de Viana do Bolo, principalmente a serra Calva, parte do Canizo e o val do Bibei. É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición de gran diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
  • 92. Cimbro (Juniperus conmunis). Unha conífera rastreira que só se atopa nas alturas das serras orientais. A maior parte do macizo está cuberto por mato de uces brancas e rosas, queirugas, carqueixas, arandeiras e carpazas. Nas partes altas aparecen xenebreiros e xestas olorosas. Nas depresións impermeábeis hai turbeiras con esfagnos, rorelas e outras especies típicas. So no fondo dos vales máis inaccesibles sobreviven algúns bosques autóctonos formados por carballos, bidueiros, acivros, capudres ou escanfrés, e nalgúns puntos teixos. Neste espazo atópanse especies de plantas e animais de gran interese e numerosos endemismos. Ra patilonga
  • 93. Vista xeral do espazo de Pena Maseira onde se aprecian os perfís suaves dos montes e os campos de centeo. LIC PENA MASEIRA Espazo de 5.715 ha nos concellos de A Gudiña e A Mezquita que limita co parque natural portugués de Montezinho. É unha zona de media montaña de relevo suave que inclúe as serras da Esculqueira, Penedos dos Tres Reinos e Azureira e o curso alto dos ríos Cádavos ou Açureira e das Veigas, afluentes do Rabaçal, da cunca do Douro. O pico máis alto é o Serro ou Medo con 1.143 m.
  • 94. Macela de monte (Hellycrysum stoechas) Nas partes altas domina o monte baixo (xestas, uces, carqueixas, carrascos, tomelo...) e as brañas. Nos vales consérvanse fragas de cerquiños mesturados con sanguiños e bidueiros. Abondan os soutos de castiñeiros, algúns moi vellos e hai grandes áreas repoboadas de piñeiros. Corzo (Capreolus capreolus). No espazo de Pena Maseira hai una poboación estable de lobo e corzo.
  • 95. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016