SlideShare a Scribd company logo
1 of 124
QUIROGA-O COUREL
A NATUREZA
A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está
situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense). O
principal núcleo de poboación e centro de servizos é Quiroga.
O territorio desta comarca é, na súa maior parte de alta montaña, agás o val do Sil,
que a atravesa polo sur entre as serras de Cereixedo, O Courel e Auga Levada, polo
norte e a serra das Cabanas Macizo Central) no sur. O cume máis alto é o
Formigueiros, na serra do Courel, con 1.643 m.
Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan
profundos vales.
Vista da comarca desde o alto do Cerengo: á dereita a serra do Cereixido co val do Soldón.
Detras as serras do Courel, Cabreiro e Os Cabalos.
É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias,
monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha
grande biodiversidade. Numerosas rutas indicadas permiten percorrer os lugares de
maior interese.
Vista da comarca desde o alto do Cerengo: á
dereita a serra do Cereixido co val do Soldón.
Detras as serras do Courel, Cabreiro e Os
Cabalos.
SUPERFICIE: 578 km2
POBOACIÓN: 5.514 habitantes
CONCELLOS: Folgoso do Courel,
Quiroga e Ribas de Sil.
ESPAZOS PROTEXIDOS: Unha
grande parte do territorio forma parte
do LIC “Os Ancares, O Courel”.
MONUMENTO NATURAL
“Pregamento xeolóxico de
Campodola-Leixazós)
CLIMA
Oceánico de montaña nas zonas altas e con matices mediterráneos nas máis baixas,
achegándose ao val do Sil, onde se cultiva a vide.
ACTIVIDADES
As s máis importantes son a agrogandeiría, as explotacións forestais, a mineiría
(lousas), os servizos e pequenas industrias.
PATRIMONIO
Conserva un rico patrimonio etnográfico (alvarizas, muíños, ferrerías, núcleos de
poboación, pontes, folclore...) e histórico-artístico (castros, restos romanos, igrexas
románicas e barrocas, castelos, pazos...).
Pontella sobre o Lóuzara en Lousadela
Castelo de Carbedo.
Museo en Vilar
CONCELLOS
SUPERFICIE:
192,76 km2
POBOACIÓN:
1.089 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Esperante, Folgoso
do Courel, Hórreos,
Meiraos, Noceda,
Seceda, Seoane do
Courel, Vilamor e
Visuña.
FOLGOSO DO COUREL
Está situado ao norte da comarca. O territorio está ocupado polas serras do Courel, Lóuzara e
Trapa e atravesado de norte a sur polo val do río Lor. O relevo é moi accidentado e está
profundamente dividido polos vales dos ríos. As alturas van descendendo cara o sur.
Folgoso. Ao fondo os Picos do Coto e do Boi.
O Courel é un concello eminentemente rural con pequenos nucleos de poboación e marcada
tendencia á emigración e ao despoboamento. As principais actividades son a agrogandaría
(gando vacún, ovino e caprino, castañas) a actividades forestais, mineiría de lousa e servizos,
en especial turismo.
Acolle unha enorme diversidade vexetal e animal, paisaxes impresionantes, formacións
xeolóxicas e ecosistemas de grande valor ecolóxico. Unha boa parte do concello está incluído
no LIC “Os Ancares O Courel”. Tamén ten un importante patrimonio etnográfico e histórico-
artístico.
Detalle de Seceda.
Os núcleos de
poboación das serras
adoitan ser
pechados, con rúas
estreitas e cubertos
entra as casas.
Visuña
Romeor
SUPERFICIE:
317,4 km2
POBOACIÓN:
3.424 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Augas Mestas, Bendilló,
Bendollo, Bustelo de
Fisteus, Cereixido, A
Enciñeira, A Ermida,
Fisteus, O Hospital,
Montefurado, Nocedo,
Outeiro, Pacios da Serra,
Paradaseca, Quintá do
Lor, Quiroga, A Seara,
Sequeiros, Vilanuíde, Vilar
de Lor, Vilarmel e
Vilaester.
QUIROGA
Situado no centro da comarca, lindando polo leste con León e Ourense. No territorio
distínguense dúas áreas: o val do Sil fai de fronteira polo sur, cun clima oceánico de matices
mediterráneos, o que posibilita o cultivo de vides e oliveiras e onde se concentra a maior
parte da poboación. Ao norte do Sil, e ocupando unha grande parte do concello, as serras do
Courel, Os Cabalos, O Cabreiro e Cereixido, cun clima oceánico de Montaña.
Vista de Quiroga, á beira do Sil.
As principais actividades son a agrogandaría
(destaca o cultivo do viñedo dentro da D.O.
Ribeira Sacra), as explotacións forestais, a
mineiría de lousa, as industrias e os servizos.
É un concello de grandes valores naturais,
especialmente nas zonas da serra incluídas no
LIC “Os Ancares O Courel”, e nos vales dos
ríos, nos que hai numerosas rutas de
sendeirismo e áreas recretivas. Tamén ten un
importante patrimonio etnográfico e
histórico-artistico.
Muíño de aceite en Bendilló (Quiroga). O clima do val do
Sil permite o cultivo da oliveira para a obtención de
aceite, unha actividade case desaparecida na
actualidade.
Montefurado. Ao fondo a poboación no medio das
Médulas, antiga explotación romana para a extracción
de ouro, e á esquerda Montefurado, o tunel que
escavaron os romanos para desviar o curso de Sil e
aproveitar o ouro dos seus sedimentos
A Seara, co Formigueiros ao fondo.
A Seara
SUPERFICIE:
67,76 km2
POBOACIÓN:
1.001 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Nogueira, Peites,
Piñeira, Rairos,
Ribas de Sil,
Soutordei e
Torbeo.
Panorámica de San Clodio, en Ribas de Sil.
RIBAS DE SIL
Situado ao sur da comarca, entre a serra das Cabanas e o val do Sil. O releve é moi
accidentado. O sur do territorio é moi montañoso e está ocupado pola serra das Cabanas, coa
máxima altura no Cerengo (1.286 m). O norte correspóndese coa vertente sur do río Sil, que
fai de linde con Quiroga e A Pobra do Brollón. O clima é oceánico mediterráneo.
As principais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo dentro da D.O. Ribeira Sacra,
subzona Quiroga-Bibei), a gandaría de vacún, os servizos e pequenas industrias.
Capitel de Santa María de Torbeo dos
séculos XII-XIII. Está situada na ruta sur do
Camiño de Santiago,
As principais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo dentro da D.O. Ribeira Sacra,
subzona Quiroga-Bibei), a gandaría de vacún, os servizos e pequenas industrias.
É un concello que concentra os seus valores naturais arredor do canón do Sil que forma áreas
de paisaxes espectaculares e dunha granDE biodiversidade. Tamén acolle un importante
patrimonio etnográfico e histórico-artístico.
Unha ruta permite seguir o canón do Sil desde Nocedo á Cubela ou seguir ata os cumes do
monte Cerengo desde o que se contemplan amplas panorámicas de toda a comarca.
Igrexa románica do século XII en Ribas de Sil. Formou
parte do antigo mosteiro de San Clodio. Está construída
con conglomerados da zona.
Canón do Sil en Cubela
RELEVO
Vista panorámica desde o alto do Cerengo: no centro a depresión de Quiroga, foxa de orixe tectónica aproveitada polo
río Sil para escavar o seu curso, rodeada das serras de Auga Levada, O Courel, Os Cabalos e Cereixido.
O territorio de Quiroga é unha sucesión de serras e vales encaixados que se agrupan
a partir da serra do Courel, un eixo que atravesa a comarca de NE a SO. Ao leste
sitúanse as serras dos Cabalos, Cabreiros, Cereixido e A Aciñeira; ao norte a serra de
Lóuzara, ao lesta as da Trapa e Auga Levada, e ao sur, separada do resto polo val do
Sil, a serra das Cabanas. As máximas alturas atópanse na serra do Courel. As serras
están moi fracturadas e pregadas e os distintos terreos afundidos foron
aproveitados polos ríos para escavar profundos vales, en moitos casos de fondo
plano.
O Taro Branco, un afloramento calcário
Os materiais son moi variados: lousas, xistos, cuarcitas, calcarias... nas serras, e sedimentos
diversos nos fondos dos vales.
A zona tivo intensa actividade mineira: de ouro nos tempos dos romanos, de ferro no século
XIX, de antimonio (Vilarbacú, que pechou en 1947) e actualmente hai explotacións de lousa,
que, na maioria dos casos, alteran gravemente o medio.
Minerais de ferro entre as lousas, na serra da Trapa.
Pregamentos de Campodola
Toda a comarca conserva importantes mostras da actividade xeolóxica de tempos antigos:
pregues, fallas, pegadas das glaciacións.
Val de Visuña
A biodiversidade das serras é enorme debido á variedade de composición das rochas, á gran
diferenza de altitudes e orientación e á presenza de especies atlántica e mediterráneas
mesturadas.
Vista da serra do Courel desde o alto do Hospital,
co monte Formigueiros presidindo os cumes. Nas
súas abas atópase a Devesa de Rogueira, unha
das mellores fragas de Galiza.
SERRA DO COUREL
Orientada en dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo
leste polos vales do Quiroga e O Selmo. Está constituída por unha cadea de montañas
pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas (destacan as de dirección nordeste polas
que circula o Lor). Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e
xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. O relevo é abrupto con gorxas
profundas e pendentes fortes.
As principais alturas son o Formigueiros con 1.647 m, o Pía Paxaro con 1.619 m e o Pico do Boi
con 1.178 m. Accedese desde Quiroga e Folgoso do Courel.
Serra do Courel. Os grandes desniveis son a tónica dominante na paisaxe.
Cume do Pía Paxaro, a segunda altura da serra do Courel.
O Courel destaca polas súas formacións xeolóxicas, -con morrenas glaciares terminais e
bloques erráticos, e numerosas covas calcárias- e a riqueza da súa flora e fauna, unha das
máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión
eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos
rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies máis
diversas.
Forma parte do LIC “Os Ancares O Courel”
Pico do Boi
Chan de Liñas (Aba leste do Courel)
Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo
glaciar e moi colmatada polos sedimentos.
Accedese por unha ruta desde A Seara. Tamén se
pode chegar desde a ruta que cruza a Devesa de
Rogueira,
No Courel atópanse restos da actividade
glaciar en forma de anfiteatros e morrenas
nas proximidades de Formigueiros ou preto
da Seara e Soldón, en Viarbacú...
Val glaciar de Visuña na aba leste do Courel
Unha gran parte da serra do Courel, sobre todo os cumes, está ocupada por mato onde
predominan as queirugas e as carqueixas, e algunhas pradeiras de montaña. Nos vales máis
fondos consérvanse fragas e nas proximidades das poboacións soutos para o aproveitamento
da castaña e da madeira.
Os aciñeirais están ligados aos terreos calcarios de abas orientadas ao Sur.
Orquídeas (Orchis italica).
Alelí (Matthiola fruticosa). En Galiza só se atopa no Courel e en Enciña da Lastra.
Orquídeas (Orchis italica).
DEVESA DE ROGUEIRA, situada na aba do monte Formigueiros, nun antigo circo glaciar orientado ao norte. É unha das
fragas máis extensas e con maior biodiversidade de Galiza.
As devesas son formacións vexetais que aparecen nas abas moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato
arbóreo de especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas... e un rico sotobosque. No seu interior hai
tamén unha gran divesidade animal.
Faias e teixos no interior da Devesa de Rogueira.
Fonte de augas férricas na Devesa de Rogueira
Follas de faia no outono.
Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium).
Aparece en lugares sombrizos á beira das
correntes de auga.
Alelí (Matthiola fruticosa). En Galiza só se
atopa no Courel e en Enciña da Lastra.
Lithodora diffusa
Rhamnus legionensis
A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo ou únicas.
Hai contabilizadas 170 especies de vertebrados.
Aguia real
(Aquila
chrysaetos)
Tordo
(Turdus philomelos)
Donicela
(Mustela nivalis)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
Cerambix cerdo
Bolboreta (Procris statices)
Serra de Lóuzara no inverno.
MONTES DE LÓUZARA
Esténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste
e sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil. A máxima altura é A Escrita, con 1.460
m. Accedese desde Seoane do Courel.
Alto do Monteiro (1.142 m). Polo alto da aba sur
discorre a estrada de Seceda a Folgoso e Seoane.
Devesa de Paderne nas abas da Escrita
Aciñeiras en Mercurín, na aba leste dos
montes de Lóuzara.
Alvarizas nos montes de Lóuzara,
construccións empregadas desde tempos
antigos para protexer as colmeas.
Pena dos Catro Cabaleiros, onde coínciden os concellos do Courel,
Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se
reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.
SERRA DA TRAPA
Serra de perfís suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con
orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val
do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son
xistos e lousas. A máxima altura é o Legua, con 1.301 m.
Noutros tempos houbo unha gran actividade de minería de ferro.
Accedese desde a estrada de Folgoso a Carballal. Hai unha ruta sinalizada que chega á Mesa
dos Catro cabaleiros.
Bidueiros, pineiros e breixos.
Solpor e incendio forestal na serra da Trapa.
Vista oeste da serra dos Cabalos desde o Courel, co Montouto no centro.
SERRA DOS CABALOS
Serra con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas,
granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m na
confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León. Polo norte, o leste e o sur está rodeada
polo Selmo e os seus afluentes e polo oeste polo curso alto do Soldón.
Nela nacen afluentes do Soldón (que vai ao Sil). Na súa vertente norte acolle as Devesas do
Cervo e de Mazais.
Pódese acceder desde A Seara por unha pista de terra ou desde Outeiro a pé.
Serra dos Cabalos, co Montouto no centro, desde a serra de Cereixido.
Val do rego de Montouto. Hai unha ruta que parte do lugar do Mazo e segue o curso deste rego ata a Devesa do Cervo.
Pódese completar visitando tamén a Devesa do rego de Mazais, afluente do Montouto e a Devesa de Folgueira.
Cara sur da Serra do Cabreiro en inverno.
SERRA DO CABREIRO
Prolongación da serra dos Cabalos cara ao suroeste entre os ríos Soldón e Vilarmel. As
máximas alturas son o Pico da Serrada (1.494 m) e o Alto do Cabreiro (1.388 m). Dos seus
cumes baixan varios regos afluentes do Soldón. O do Caroceiro forma unha pincheira de máis
de 40 m de caída, que só se pode ver na época de chuvias.
Accedese desde Vilarmel ou Outeiro, por unha ruta a pé.
Vista xeral do val do Soldón.
Outeiro entre a serra do Cabreiro e Roxa Longa.
Vista xeral da
serra de
Cereixido.
SERRA DE CEREIXIDO
Situado a partir da Serra dos Cabalos entre Quiroga e A Rúa, con dirección NE-SW. limitada
polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión
de Valdeorras. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura é o
Lagoa Grande, con 1.246 m. Accedese desde Bendollo ou desde Rugando.
Cereixido, o pobo que lle dá nome á serra, na ladeira
norte do monte da Lagoa Grande.
Souto e antigo forno de cal en Cereixido. Unha ruta
sinalizada desde Rogando percorre parte desta serra e
chega ao forno de cal.
Nestes fornos calcinábase a rocha calcária a altas
temperaturas para convertela en cal. Durante 60 horas
queimábanse queirogas e toxos. Unha fornada podia
levar ata 50 carros de combustible.
Vista da serra das
Cabanas desde o
Mouzón, co Cerengo
no centro.
SERRA DAS CABANAS
Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación
SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. O cume máis alto é o Cerengo, con 1.235 m da
altura.
As vertentes norte e leste son moi abruptas e caen con fortes desniveis sobre os vales do Sil e
parte do Bibei e Navea. Nela nacen varios regos de curto percorrido afluentes do Sil.
Accedese desde San Clodio, pola estrada que vai a San Xoán de Río.
Vista desde o Cerengo sobre o Val do Sil e os montes de
Cereixido.
Cuarcitas no cume do cerengo.
Bosques nas abas da
serra das Cabanas
(Ribas de Sil)
Serra de Auga Levada
desde a estrada de
Rairos a Torbeo
SERRA DE AUGA LEVADA
É unha pequena serra con dirección NO-SE situada no linde entre Quiroga e A Pobra do
Brollón, entre o Canón do Sil (ao sur) e o do Lor (ao leste) onde se atopan os maiores
desniveis, co paredes case verticais que caen sobre os vales dos ríos. Está formada por xistos e
cuarcitas moi alterados e pregados que nalgúns lugares quedan ao descuberto. O punto máis
alto é o Augalevada, con 879 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o Canón do Sil e o val
do Lor. Accedese desde Vilachá (A Pobra do Brollón).
SERRA DA ENCIÑEIRA.
Situada no extremo sur do concello de Quiroga, pechando o encaixado val do río Bibei cara ao
leste. As alturas son menos significativas que nas serras do norte pero marcan un acusado
contraste desde o val do Sil, case 600 m en poucos quilómetros.
O cume máis alto é o Freixeiro (867 m).
A MONTAÑA DO LOR, A SERRA DE BIRDUCEDO E A SERRA DA CONCHADA, forman unha
aliñación entre os ríos Lor e Ferreiriño, separadas da serra do Courel polo Alto do Boi (1.019
m), e van perdendo altura cara ao val do Sil.
PENA GRANDE, sobre o val do Sil (Quiroga).
PREGAMENTOS
As serras da comarca de Quiroga, en especial O Courel, son un auténtico museo de xeoloxía.
En distintos puntos podemos contemplar pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son
unha testemuña das forzas tectónicas que crearon e erosionaron estas montañas durante
millóns de anos. O máis importante é o de Campodola-Leixazós, pero tamén se poden ver nas
serras de Auga Levada e Pena Grande, na estrada de Quiroga a Monforte.
Pregue en Nocedo, na Pena Grande
(Quiroga), á beira do Sil.
Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado
que pode observarse na Península Ibérica.
“PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS”
AS COVAS
Nalgunhas serras da área do Courel hai formacións calcárias nas que se orixinan cavidades
polas que circulan regos subterráneos e nas que hai galerías con estalactitas e estalagmitas:
Santalla, Buraca das Choias (Visuña); Sima Aradel (Campelo); Traslacosta (Paderne); O Oso,
Tarelo, Longo do Meo (Parada)...
Buraca das Choias
RÍOS
Val do Sil en
Quiroga.
As augas do Courel verten todas ao Sil, que atravesa o sur da comarca entre Quiroga e Ribas
de Sil. Os principais afluentes, que dircorren con dirección NE-SO, que se xuntan ao Sil en
terreos de Quiroga son o Lor, Quiroga e Soldón. Unha pequena parte verte no Selmo, que
circula con dirección leste para xuntarse ao Sil em terras de León.
Os ríos corren por vales profundos e encaixados produto da intensa fracturación do terreo por
numerosas fallas. É habitual a presenza de rápidos, saltos (chamados na zona pincheiras) e
pozas.
Pontella sobre o Lor
Nos ríos e na súa contorna consérvanse ecosistemas de gran biodiversidade e un rico
patrimonio etnográfico: muíños, ferrerías, pontes...
Bosque de ribeira no Lóuzara
Saxífragra sphatularis. Vive en lugares húmidos
é sombrizos das zonas altas.
A humidade e a sombra favorecen o
desenvolvemento das plantas da beira do río:
brións, fentos, buños, saxifragas...
Chopos á beira do Lor en Augasmestas
Ra vermella. Vive nas augas limpas nas zonas de correntes.
Ferrería de Seoane (en Ferrería Nova).
Unha das máis grandes de Galiza que
foi construída en 1808. Funcionou
como ferrería, como mazo e máis tarde
como serradoiro e fábrica de luz,
empregando a forza motriz do río
Pequeno, un afluente do Lor.
Traballaba co ferro das minas de
Formigueiros e Veneira de Roques.
Muíños en Ferramulín
No Courel chámanlle carrozos aos regatos miúdos que discorren encaixados no terreo
O Sil en Augasmestas no encontro co Lor.
RÍO SIL
Nace en Asturias, na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en
Galiza pola depresión de Valdeorras. No seu percorrido atravesa as despresións do Barco,
Vilamarín e A Rúa e despois dun percorrido por canóns xúntase co Miño nos Peares.
Percorre a comarca de Quiroga polo sur. No linde coa Rúa encáixase, logo ábrese entre
Quiroga e San Clodio e volve a encaixarse ata o remate da comarca. Recibe pola dereita o
Soldón, Quiroga e Lor; e pola esquerda o Bibei.
O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns, rápidos, rañas ou
chairas aluviais), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas
polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico.
As súas beiras estiveron poboadas desde tempos moi antigos e os seus aluvións foron
intensamente explotados, especialmente polos romanos, para obter ouro.
Un tramo do río Sil está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”.
O Sil en Montefurado
(Quiroga)
Montefurado.
Os romanos fixeron un furado no monte polo que desviaron o
río Sil para poder buscar ouro nas súas areas.
O Sil en Nocedo, entre Pena Redonda
(Quiroga) e Rairos (Ribas de Sil).
Outono nas ribeiras do Sil en Augasmestas, no punto onde recibe ao Lor, coas augas retidas polo encoro de San Estevo.
O Sil en Ribas de Sil, no encoro
de Sequeiros.
Catamarán no canón do Sil.
O Sil en Cubelas. A partir de Augasmestas, o Sil encáixase entre os concellos de Ribas de Sil e Pobra de Brollón. Unha
ruta permite percorrer a beira do río onde hai varios miradoiros sobre o canón.
Canón do Bibei
entre Quiroga e
Ribas de Sil.
O Bibei discorre
aproximadamente 9
km por terras de
Quiroga. Baixa
fortemente
encaixado na maior
parte do seu
percorrido o que
proporcionou
numerosas
facilidades para
instalación de varios
encoros.
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca, percorre os concellos de Viana do Bolo, o Bolo,
Manzaneda, e fai a divisoria entre Quiroga e Pobra de Trives e Ribas de Sil. Desemboca no Sil
nas proximidades de Montefurado.
En todo o seu percorrido pola comarca o Bibei discorre por un canón de que nalgúns puntos
acada ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis.
O afluente máis importante na comarca é o Vacariza.
Ponte romana sobre o Bibei, entre
Quiroga e Pobra de Trives.
Desembocadura do
Bibei no Sil.
O Lor entre Seoane e Esperante, nas
proximidades do Camping.
RÍO LOR
Nace nos montes do Cebreiro e ten
como cabeceiras os regatos Fonlor
(que nace no Cebreiro), Fonte Grande
e Brañuelas (que baixan da serra do
Courel). Ten un percorrido de 50 km
por terreos do Courel e desemboca no
Sil en Augasmestas (Castro) entre
Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre
case sempre encaixado entre ribeiras
escarpadas cubertas dunha variada
vexetación autóctona.
Os afluentes máis importantes pola
dereita son o Parada, Folgoso e
Vilamor e pola esquerda o Loureiro e o
Lóuzara.
Río Lor na ponte das Arandainas.
Río Ferreiro, un dos pequenos regatos que se xuntan
co Lor. Os ríos de montaña destacan polas augas
límpas e correntes rápidas.
O Lor en Vilar
O Lor en
Barxa de Lor
O Lor en Augasmestas, nunha pincheira que só se pode
ver cando se baleira o encoro.
O Lor en Augasmestas no encontro co Sil.
RÍO PEQUENO
Baixa dos Montes de Lóuzara e xúntase co Lor
en Seoane do Courel.
Fervenzas: Pozo da Grada e Rego dos Bois
Pozo da GradaRego dos Bois, un afluente do Pequeno.
RÍO LOÚZARA
É o afluente máis longo do Lor, con 28 km de percorrido. Baixa desde a Serra do Rañadoiro e forma un
profundo val entre as serras de Oribio e Lóuzara.
Fervenzas: Cova da Fonte, Santalla, Lousadela, Rexiu ou Rixio (Na parroquia de Vilamor)
Río Lóuzara entre a serra de Lóuzara e da Trapa
Pincheira na Cova da
Fonte (Santalla).
Pincheira de Santalla de abaixo, nun
afluente do Lóuzara.
Pincheira nun dos regos que caen
no Lóuzara en Casela.
Pincheira de Rixio, nun afluente do
Lor en Vilamor.
Fonte do Cervo na
Devesa de Rogueira
Rego da Rogueira
Pincheira en Folgoso, nun
afluente do Lor.
RÍO QUIROGA
Nace na cara sudoeste do Pía Páxaro, preto da aldea de Vilarbacú, e fórmase coa confluencia
do Rego de Porto Mourelos ou Vilarbacú e o de Pacios. Percorre un total de 24 km sempre
dentro do Concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal. Os afluentes
principais son Ferreiriño, As Forcadiña e Regueira..
Pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).
Vista do val do Quiroga e o Sil desde o Cerengo.
Pincheira da Pedriña na
Cruz de Outeiro.
Pincheira en Bustelo, nun
afluente do Quiroga.
Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.
RÍO SOLDÓN
Nace en A Seara, na cara norte do Aira Grande (Serra do Courel), producto da unión do regato
dos Palleiros, o rego das Lastras e a fonte do Caleiro. Percorre terras dos concellos do Courel e
Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca. Os seus afluentes pola esquerda son o Montouto,
Richein, Vilarmel, Barreiros e Ferredo ou Fiais. Pola dereita recibe numerosos regos de curto
percorrido.
Pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…
O Soldón en Rugando, ondo houbo
unha importante ferrería
Pincheira de Rinán, nun rego que vai ao
Montouto, afluente do Soldón.
Rego de Montouto
Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón.
A máis alta do Courel, con 40 m.
Rego de Fiais ou Ferredo. Forma un
profundo canón no que hai numerosas
pincheiras de moi dificil acceso.
Río Visuña, unha
das cabeceiras do
Selmo.
RÍO SELMO
Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego
dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao
Sil preto da localidade berciana de Frieira. Atravesa o Val de Seara, onde sofre un brusco
cambio de dirección. As augas que noutros tempos vertían ao río Soldón, debido a un
afundimento da foxa berciana a finais do Terciario, pasaron a verter na cunca do Selmo.
Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.
Pincheira na Seara
Pincheira en Vieiros
Pincheira no Selmo, preto de Vieiros.
Pincheira en Ferramulín nun afluente do Selmo
Carvorco da Fervenza Grande. Hórreos.
AS ÁRBORES
Na comarca de Quiroga, atópanse unha gran diversidade de formacións arbóreas. As devesas
son fragas dunha gran biodiversidade situadas nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve
no inverno con presenza de carballos, faias, acivros, abelairas, carbas, teixos... As reboleiras
aparecen nas zonas umbrías; son bosques de cerquiños ou rebolos mesturados con algún
carballo e o híbrido de ambos. Os aciñeirais aparecen nos terreos calcarios de ladeiras
orientadas ao Sur. Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque.
Fraga na serra
da Trapa.
Devesa do Cervo, nas abas do Montouto
Aciñeiral de MercurínAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por
baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.
Sobreiras (Quercus suber) en Froxán
Souto de Paderne
Castiñeiro (Castanea sativa).
Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque.
A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
Souto de Outeiro
Bidueiros (Betula celtiberica)
Chopo (Populus nigra) destaca nas beiras dos ríos e regatos pola súa
verticalidade e a cor amarela que collen no outono.
Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira
ÁRBORES SENLLEIRAS
Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)
TEIXO
(Taxus Bacata)
-Devesa da Escrita (Folgoso do
Courel). Varios exemplares de ata
4,6 m de perímetro.
Teixo dos Sete Homes. Devesa da Escrita (Paderne,
Folgoso do Courel) -4,6 m de perímetro.
CASTIÑEIRO
(Castanea sativa)
-Suascasas (Seceda- Folgoso do Courel) -Máis de
7 m de perímetro.
-Seceda (Folgoso do Courel) -5,28 m de
perímetro.
-Paderne (Meiraos, Folgoso do Courel)
-O Val da Fonte (Paderne, Meiraos, Folgoso do
Courel) -18,70 m de altura, 7,80 m de perímetro.
(P)
-Miraz (Meiraos, Folgoso do Courel) -7,15, 6,50 e
6,32 m de perímetro.
-Vilar (Vilamor-Folgoso do Courel)
-Mercurín (Folgoso do Courel) -6,20 m de
perímetro
-Ferrería Vella (Folgoso do Courel) -9,30, 6,70 E
6,50 m de perímetro
-Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de
perímetro.
-Moreiras (Ribas de Sil)
-San Cristovo (Quiroga)
Castiñeiro Val da Fonte. Paderne. (P)
Castiñeiro en Seceda Castiñeiro en Ferreiravella
Castiñeiro en Vilar
-San Cristovo (Quiroga). 6,50 m de perímetro
Castiñeiros de Moreiras (Ribas de Sil). Atópanse
a carón da estrada que vai a Torbeo. O máis
grande mide 7,30 m de perímetro no toro.
Interior do souto de Meiraos.
Souto de Ferramulín.
Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens).
Casa da cultura de Quiroga. Mide 27,50 m de altura
e 3,70 de perímetro.
Aciñeira da igrexa de Enciñeira (Quiroga). Resultou afectada
por un incendio no verán do 2005. Mide 13 m de altura e
ten arredor de 200 anos.
O cultivo de castiñeiros tivo sempre unha grande importancia na comarca. A utilidade mixta
do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou
amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes do
Courel.
Sequeiros para as
castañas
Aparellos para as
castañas no museo
de Vilar:
-bandollo
-asadores
LIC “OS ANCARES O COUREL”
Espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de
Lugo, ata o límite con León, (concellos de Becerreá, Cervantes,
Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro).
Un espazo que acolle unha gran biodiversidade e importantes
mostras xeolóxicas.
ESPAZOS PROTEXIDOS
MONUMENTO NATURAL
“PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS”
Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós
(Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo
típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, unha dobra de forma cóncava na que o eixe de
flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de
períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos)
sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba
existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu
a causa da erosión.
Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Setembro 2016

More Related Content

What's hot

Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 

What's hot (20)

Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 

Similar to Comarca Quiroga (O Courel)

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 

Similar to Comarca Quiroga (O Courel) (12)

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Quiroga (O Courel)

  • 2. A comarca de Quiroga, coñecida en grande parte tamén co nome do Courel, está situada ao sur de Lugo, lindando polo leste con León e O Barco (Ourense). O principal núcleo de poboación e centro de servizos é Quiroga. O territorio desta comarca é, na súa maior parte de alta montaña, agás o val do Sil, que a atravesa polo sur entre as serras de Cereixedo, O Courel e Auga Levada, polo norte e a serra das Cabanas Macizo Central) no sur. O cume máis alto é o Formigueiros, na serra do Courel, con 1.643 m. Está percorrida por numerosos ríos, pertencentes á cunca do Sil, que escavan profundos vales. Vista da comarca desde o alto do Cerengo: á dereita a serra do Cereixido co val do Soldón. Detras as serras do Courel, Cabreiro e Os Cabalos.
  • 3. É unha comarca dun grande interese natural que acolle pegadas glaciarias, monumentos xeolóxicos, paisaxes impresionantes en calquera época do ano, e unha grande biodiversidade. Numerosas rutas indicadas permiten percorrer os lugares de maior interese. Vista da comarca desde o alto do Cerengo: á dereita a serra do Cereixido co val do Soldón. Detras as serras do Courel, Cabreiro e Os Cabalos.
  • 4. SUPERFICIE: 578 km2 POBOACIÓN: 5.514 habitantes CONCELLOS: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. ESPAZOS PROTEXIDOS: Unha grande parte do territorio forma parte do LIC “Os Ancares, O Courel”. MONUMENTO NATURAL “Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós)
  • 5. CLIMA Oceánico de montaña nas zonas altas e con matices mediterráneos nas máis baixas, achegándose ao val do Sil, onde se cultiva a vide.
  • 6. ACTIVIDADES As s máis importantes son a agrogandeiría, as explotacións forestais, a mineiría (lousas), os servizos e pequenas industrias.
  • 7. PATRIMONIO Conserva un rico patrimonio etnográfico (alvarizas, muíños, ferrerías, núcleos de poboación, pontes, folclore...) e histórico-artístico (castros, restos romanos, igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos...). Pontella sobre o Lóuzara en Lousadela Castelo de Carbedo.
  • 9. CONCELLOS SUPERFICIE: 192,76 km2 POBOACIÓN: 1.089 habitantes (2015) PARROQUIAS: Esperante, Folgoso do Courel, Hórreos, Meiraos, Noceda, Seceda, Seoane do Courel, Vilamor e Visuña. FOLGOSO DO COUREL Está situado ao norte da comarca. O territorio está ocupado polas serras do Courel, Lóuzara e Trapa e atravesado de norte a sur polo val do río Lor. O relevo é moi accidentado e está profundamente dividido polos vales dos ríos. As alturas van descendendo cara o sur. Folgoso. Ao fondo os Picos do Coto e do Boi.
  • 10. O Courel é un concello eminentemente rural con pequenos nucleos de poboación e marcada tendencia á emigración e ao despoboamento. As principais actividades son a agrogandaría (gando vacún, ovino e caprino, castañas) a actividades forestais, mineiría de lousa e servizos, en especial turismo. Acolle unha enorme diversidade vexetal e animal, paisaxes impresionantes, formacións xeolóxicas e ecosistemas de grande valor ecolóxico. Unha boa parte do concello está incluído no LIC “Os Ancares O Courel”. Tamén ten un importante patrimonio etnográfico e histórico- artístico. Detalle de Seceda. Os núcleos de poboación das serras adoitan ser pechados, con rúas estreitas e cubertos entra as casas.
  • 13. SUPERFICIE: 317,4 km2 POBOACIÓN: 3.424 habitantes (2015) PARROQUIAS: Augas Mestas, Bendilló, Bendollo, Bustelo de Fisteus, Cereixido, A Enciñeira, A Ermida, Fisteus, O Hospital, Montefurado, Nocedo, Outeiro, Pacios da Serra, Paradaseca, Quintá do Lor, Quiroga, A Seara, Sequeiros, Vilanuíde, Vilar de Lor, Vilarmel e Vilaester. QUIROGA Situado no centro da comarca, lindando polo leste con León e Ourense. No territorio distínguense dúas áreas: o val do Sil fai de fronteira polo sur, cun clima oceánico de matices mediterráneos, o que posibilita o cultivo de vides e oliveiras e onde se concentra a maior parte da poboación. Ao norte do Sil, e ocupando unha grande parte do concello, as serras do Courel, Os Cabalos, O Cabreiro e Cereixido, cun clima oceánico de Montaña. Vista de Quiroga, á beira do Sil.
  • 14. As principais actividades son a agrogandaría (destaca o cultivo do viñedo dentro da D.O. Ribeira Sacra), as explotacións forestais, a mineiría de lousa, as industrias e os servizos. É un concello de grandes valores naturais, especialmente nas zonas da serra incluídas no LIC “Os Ancares O Courel”, e nos vales dos ríos, nos que hai numerosas rutas de sendeirismo e áreas recretivas. Tamén ten un importante patrimonio etnográfico e histórico-artistico. Muíño de aceite en Bendilló (Quiroga). O clima do val do Sil permite o cultivo da oliveira para a obtención de aceite, unha actividade case desaparecida na actualidade. Montefurado. Ao fondo a poboación no medio das Médulas, antiga explotación romana para a extracción de ouro, e á esquerda Montefurado, o tunel que escavaron os romanos para desviar o curso de Sil e aproveitar o ouro dos seus sedimentos
  • 15. A Seara, co Formigueiros ao fondo.
  • 17. SUPERFICIE: 67,76 km2 POBOACIÓN: 1.001 habitantes (2015) PARROQUIAS: Nogueira, Peites, Piñeira, Rairos, Ribas de Sil, Soutordei e Torbeo. Panorámica de San Clodio, en Ribas de Sil. RIBAS DE SIL Situado ao sur da comarca, entre a serra das Cabanas e o val do Sil. O releve é moi accidentado. O sur do territorio é moi montañoso e está ocupado pola serra das Cabanas, coa máxima altura no Cerengo (1.286 m). O norte correspóndese coa vertente sur do río Sil, que fai de linde con Quiroga e A Pobra do Brollón. O clima é oceánico mediterráneo. As principais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo dentro da D.O. Ribeira Sacra, subzona Quiroga-Bibei), a gandaría de vacún, os servizos e pequenas industrias.
  • 18. Capitel de Santa María de Torbeo dos séculos XII-XIII. Está situada na ruta sur do Camiño de Santiago, As principais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo dentro da D.O. Ribeira Sacra, subzona Quiroga-Bibei), a gandaría de vacún, os servizos e pequenas industrias. É un concello que concentra os seus valores naturais arredor do canón do Sil que forma áreas de paisaxes espectaculares e dunha granDE biodiversidade. Tamén acolle un importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico. Unha ruta permite seguir o canón do Sil desde Nocedo á Cubela ou seguir ata os cumes do monte Cerengo desde o que se contemplan amplas panorámicas de toda a comarca. Igrexa románica do século XII en Ribas de Sil. Formou parte do antigo mosteiro de San Clodio. Está construída con conglomerados da zona.
  • 19. Canón do Sil en Cubela
  • 20. RELEVO Vista panorámica desde o alto do Cerengo: no centro a depresión de Quiroga, foxa de orixe tectónica aproveitada polo río Sil para escavar o seu curso, rodeada das serras de Auga Levada, O Courel, Os Cabalos e Cereixido. O territorio de Quiroga é unha sucesión de serras e vales encaixados que se agrupan a partir da serra do Courel, un eixo que atravesa a comarca de NE a SO. Ao leste sitúanse as serras dos Cabalos, Cabreiros, Cereixido e A Aciñeira; ao norte a serra de Lóuzara, ao lesta as da Trapa e Auga Levada, e ao sur, separada do resto polo val do Sil, a serra das Cabanas. As máximas alturas atópanse na serra do Courel. As serras están moi fracturadas e pregadas e os distintos terreos afundidos foron aproveitados polos ríos para escavar profundos vales, en moitos casos de fondo plano.
  • 21. O Taro Branco, un afloramento calcário Os materiais son moi variados: lousas, xistos, cuarcitas, calcarias... nas serras, e sedimentos diversos nos fondos dos vales. A zona tivo intensa actividade mineira: de ouro nos tempos dos romanos, de ferro no século XIX, de antimonio (Vilarbacú, que pechou en 1947) e actualmente hai explotacións de lousa, que, na maioria dos casos, alteran gravemente o medio.
  • 22. Minerais de ferro entre as lousas, na serra da Trapa.
  • 23. Pregamentos de Campodola Toda a comarca conserva importantes mostras da actividade xeolóxica de tempos antigos: pregues, fallas, pegadas das glaciacións.
  • 24. Val de Visuña A biodiversidade das serras é enorme debido á variedade de composición das rochas, á gran diferenza de altitudes e orientación e á presenza de especies atlántica e mediterráneas mesturadas.
  • 25. Vista da serra do Courel desde o alto do Hospital, co monte Formigueiros presidindo os cumes. Nas súas abas atópase a Devesa de Rogueira, unha das mellores fragas de Galiza. SERRA DO COUREL Orientada en dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo leste polos vales do Quiroga e O Selmo. Está constituída por unha cadea de montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas (destacan as de dirección nordeste polas que circula o Lor). Os materiais que a forman son moi variados, principalmente lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias. O relevo é abrupto con gorxas profundas e pendentes fortes. As principais alturas son o Formigueiros con 1.647 m, o Pía Paxaro con 1.619 m e o Pico do Boi con 1.178 m. Accedese desde Quiroga e Folgoso do Courel.
  • 26. Serra do Courel. Os grandes desniveis son a tónica dominante na paisaxe.
  • 27. Cume do Pía Paxaro, a segunda altura da serra do Courel. O Courel destaca polas súas formacións xeolóxicas, -con morrenas glaciares terminais e bloques erráticos, e numerosas covas calcárias- e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies máis diversas. Forma parte do LIC “Os Ancares O Courel”
  • 29. Chan de Liñas (Aba leste do Courel)
  • 30. Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos. Accedese por unha ruta desde A Seara. Tamén se pode chegar desde a ruta que cruza a Devesa de Rogueira, No Courel atópanse restos da actividade glaciar en forma de anfiteatros e morrenas nas proximidades de Formigueiros ou preto da Seara e Soldón, en Viarbacú... Val glaciar de Visuña na aba leste do Courel
  • 31. Unha gran parte da serra do Courel, sobre todo os cumes, está ocupada por mato onde predominan as queirugas e as carqueixas, e algunhas pradeiras de montaña. Nos vales máis fondos consérvanse fragas e nas proximidades das poboacións soutos para o aproveitamento da castaña e da madeira. Os aciñeirais están ligados aos terreos calcarios de abas orientadas ao Sur.
  • 32. Orquídeas (Orchis italica). Alelí (Matthiola fruticosa). En Galiza só se atopa no Courel e en Enciña da Lastra. Orquídeas (Orchis italica).
  • 33. DEVESA DE ROGUEIRA, situada na aba do monte Formigueiros, nun antigo circo glaciar orientado ao norte. É unha das fragas máis extensas e con maior biodiversidade de Galiza. As devesas son formacións vexetais que aparecen nas abas moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato arbóreo de especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas... e un rico sotobosque. No seu interior hai tamén unha gran divesidade animal.
  • 34. Faias e teixos no interior da Devesa de Rogueira. Fonte de augas férricas na Devesa de Rogueira
  • 35. Follas de faia no outono.
  • 36. Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. Alelí (Matthiola fruticosa). En Galiza só se atopa no Courel e en Enciña da Lastra.
  • 38. A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo ou únicas. Hai contabilizadas 170 especies de vertebrados. Aguia real (Aquila chrysaetos) Tordo (Turdus philomelos) Donicela (Mustela nivalis)
  • 39. Víbora de Seoane (Vipera seoanei) Cerambix cerdo Bolboreta (Procris statices)
  • 40. Serra de Lóuzara no inverno. MONTES DE LÓUZARA Esténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste e sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil. A máxima altura é A Escrita, con 1.460 m. Accedese desde Seoane do Courel.
  • 41. Alto do Monteiro (1.142 m). Polo alto da aba sur discorre a estrada de Seceda a Folgoso e Seoane.
  • 42. Devesa de Paderne nas abas da Escrita Aciñeiras en Mercurín, na aba leste dos montes de Lóuzara. Alvarizas nos montes de Lóuzara, construccións empregadas desde tempos antigos para protexer as colmeas.
  • 43. Pena dos Catro Cabaleiros, onde coínciden os concellos do Courel, Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos. SERRA DA TRAPA Serra de perfís suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son xistos e lousas. A máxima altura é o Legua, con 1.301 m. Noutros tempos houbo unha gran actividade de minería de ferro. Accedese desde a estrada de Folgoso a Carballal. Hai unha ruta sinalizada que chega á Mesa dos Catro cabaleiros.
  • 45. Solpor e incendio forestal na serra da Trapa.
  • 46. Vista oeste da serra dos Cabalos desde o Courel, co Montouto no centro. SERRA DOS CABALOS Serra con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galiza e León. Está formada por lousas, granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. O punto máis alto é o Pico Montouto, con 1.524 m na confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León. Polo norte, o leste e o sur está rodeada polo Selmo e os seus afluentes e polo oeste polo curso alto do Soldón. Nela nacen afluentes do Soldón (que vai ao Sil). Na súa vertente norte acolle as Devesas do Cervo e de Mazais. Pódese acceder desde A Seara por unha pista de terra ou desde Outeiro a pé.
  • 47. Serra dos Cabalos, co Montouto no centro, desde a serra de Cereixido.
  • 48. Val do rego de Montouto. Hai unha ruta que parte do lugar do Mazo e segue o curso deste rego ata a Devesa do Cervo. Pódese completar visitando tamén a Devesa do rego de Mazais, afluente do Montouto e a Devesa de Folgueira.
  • 49. Cara sur da Serra do Cabreiro en inverno. SERRA DO CABREIRO Prolongación da serra dos Cabalos cara ao suroeste entre os ríos Soldón e Vilarmel. As máximas alturas son o Pico da Serrada (1.494 m) e o Alto do Cabreiro (1.388 m). Dos seus cumes baixan varios regos afluentes do Soldón. O do Caroceiro forma unha pincheira de máis de 40 m de caída, que só se pode ver na época de chuvias. Accedese desde Vilarmel ou Outeiro, por unha ruta a pé.
  • 50. Vista xeral do val do Soldón.
  • 51. Outeiro entre a serra do Cabreiro e Roxa Longa.
  • 52. Vista xeral da serra de Cereixido. SERRA DE CEREIXIDO Situado a partir da Serra dos Cabalos entre Quiroga e A Rúa, con dirección NE-SW. limitada polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión de Valdeorras. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias. A máxima altura é o Lagoa Grande, con 1.246 m. Accedese desde Bendollo ou desde Rugando.
  • 53. Cereixido, o pobo que lle dá nome á serra, na ladeira norte do monte da Lagoa Grande.
  • 54. Souto e antigo forno de cal en Cereixido. Unha ruta sinalizada desde Rogando percorre parte desta serra e chega ao forno de cal. Nestes fornos calcinábase a rocha calcária a altas temperaturas para convertela en cal. Durante 60 horas queimábanse queirogas e toxos. Unha fornada podia levar ata 50 carros de combustible.
  • 55. Vista da serra das Cabanas desde o Mouzón, co Cerengo no centro. SERRA DAS CABANAS Situada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. O cume máis alto é o Cerengo, con 1.235 m da altura. As vertentes norte e leste son moi abruptas e caen con fortes desniveis sobre os vales do Sil e parte do Bibei e Navea. Nela nacen varios regos de curto percorrido afluentes do Sil. Accedese desde San Clodio, pola estrada que vai a San Xoán de Río.
  • 56. Vista desde o Cerengo sobre o Val do Sil e os montes de Cereixido.
  • 57. Cuarcitas no cume do cerengo. Bosques nas abas da serra das Cabanas (Ribas de Sil)
  • 58. Serra de Auga Levada desde a estrada de Rairos a Torbeo SERRA DE AUGA LEVADA É unha pequena serra con dirección NO-SE situada no linde entre Quiroga e A Pobra do Brollón, entre o Canón do Sil (ao sur) e o do Lor (ao leste) onde se atopan os maiores desniveis, co paredes case verticais que caen sobre os vales dos ríos. Está formada por xistos e cuarcitas moi alterados e pregados que nalgúns lugares quedan ao descuberto. O punto máis alto é o Augalevada, con 879 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o Canón do Sil e o val do Lor. Accedese desde Vilachá (A Pobra do Brollón).
  • 59. SERRA DA ENCIÑEIRA. Situada no extremo sur do concello de Quiroga, pechando o encaixado val do río Bibei cara ao leste. As alturas son menos significativas que nas serras do norte pero marcan un acusado contraste desde o val do Sil, case 600 m en poucos quilómetros. O cume máis alto é o Freixeiro (867 m).
  • 60. A MONTAÑA DO LOR, A SERRA DE BIRDUCEDO E A SERRA DA CONCHADA, forman unha aliñación entre os ríos Lor e Ferreiriño, separadas da serra do Courel polo Alto do Boi (1.019 m), e van perdendo altura cara ao val do Sil.
  • 61. PENA GRANDE, sobre o val do Sil (Quiroga).
  • 62. PREGAMENTOS As serras da comarca de Quiroga, en especial O Courel, son un auténtico museo de xeoloxía. En distintos puntos podemos contemplar pregamentos e fallas nos estratos do terreo que son unha testemuña das forzas tectónicas que crearon e erosionaron estas montañas durante millóns de anos. O máis importante é o de Campodola-Leixazós, pero tamén se poden ver nas serras de Auga Levada e Pena Grande, na estrada de Quiroga a Monforte. Pregue en Nocedo, na Pena Grande (Quiroga), á beira do Sil.
  • 63. Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado que pode observarse na Península Ibérica. “PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS”
  • 64. AS COVAS Nalgunhas serras da área do Courel hai formacións calcárias nas que se orixinan cavidades polas que circulan regos subterráneos e nas que hai galerías con estalactitas e estalagmitas: Santalla, Buraca das Choias (Visuña); Sima Aradel (Campelo); Traslacosta (Paderne); O Oso, Tarelo, Longo do Meo (Parada)... Buraca das Choias
  • 65. RÍOS Val do Sil en Quiroga. As augas do Courel verten todas ao Sil, que atravesa o sur da comarca entre Quiroga e Ribas de Sil. Os principais afluentes, que dircorren con dirección NE-SO, que se xuntan ao Sil en terreos de Quiroga son o Lor, Quiroga e Soldón. Unha pequena parte verte no Selmo, que circula con dirección leste para xuntarse ao Sil em terras de León. Os ríos corren por vales profundos e encaixados produto da intensa fracturación do terreo por numerosas fallas. É habitual a presenza de rápidos, saltos (chamados na zona pincheiras) e pozas.
  • 66. Pontella sobre o Lor Nos ríos e na súa contorna consérvanse ecosistemas de gran biodiversidade e un rico patrimonio etnográfico: muíños, ferrerías, pontes...
  • 67. Bosque de ribeira no Lóuzara
  • 68. Saxífragra sphatularis. Vive en lugares húmidos é sombrizos das zonas altas. A humidade e a sombra favorecen o desenvolvemento das plantas da beira do río: brións, fentos, buños, saxifragas... Chopos á beira do Lor en Augasmestas
  • 69. Ra vermella. Vive nas augas limpas nas zonas de correntes.
  • 70. Ferrería de Seoane (en Ferrería Nova). Unha das máis grandes de Galiza que foi construída en 1808. Funcionou como ferrería, como mazo e máis tarde como serradoiro e fábrica de luz, empregando a forza motriz do río Pequeno, un afluente do Lor. Traballaba co ferro das minas de Formigueiros e Veneira de Roques.
  • 72. No Courel chámanlle carrozos aos regatos miúdos que discorren encaixados no terreo
  • 73. O Sil en Augasmestas no encontro co Lor. RÍO SIL Nace en Asturias, na Cordilleira Cantábrica e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. No seu percorrido atravesa as despresións do Barco, Vilamarín e A Rúa e despois dun percorrido por canóns xúntase co Miño nos Peares. Percorre a comarca de Quiroga polo sur. No linde coa Rúa encáixase, logo ábrese entre Quiroga e San Clodio e volve a encaixarse ata o remate da comarca. Recibe pola dereita o Soldón, Quiroga e Lor; e pola esquerda o Bibei.
  • 74. O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns, rápidos, rañas ou chairas aluviais), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico. As súas beiras estiveron poboadas desde tempos moi antigos e os seus aluvións foron intensamente explotados, especialmente polos romanos, para obter ouro. Un tramo do río Sil está protexido no LIC “Os Ancares O Courel”. O Sil en Montefurado (Quiroga)
  • 75. Montefurado. Os romanos fixeron un furado no monte polo que desviaron o río Sil para poder buscar ouro nas súas areas.
  • 76. O Sil en Nocedo, entre Pena Redonda (Quiroga) e Rairos (Ribas de Sil).
  • 77. Outono nas ribeiras do Sil en Augasmestas, no punto onde recibe ao Lor, coas augas retidas polo encoro de San Estevo.
  • 78. O Sil en Ribas de Sil, no encoro de Sequeiros. Catamarán no canón do Sil.
  • 79. O Sil en Cubelas. A partir de Augasmestas, o Sil encáixase entre os concellos de Ribas de Sil e Pobra de Brollón. Unha ruta permite percorrer a beira do río onde hai varios miradoiros sobre o canón.
  • 80. Canón do Bibei entre Quiroga e Ribas de Sil. O Bibei discorre aproximadamente 9 km por terras de Quiroga. Baixa fortemente encaixado na maior parte do seu percorrido o que proporcionou numerosas facilidades para instalación de varios encoros. RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca, percorre os concellos de Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, e fai a divisoria entre Quiroga e Pobra de Trives e Ribas de Sil. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado. En todo o seu percorrido pola comarca o Bibei discorre por un canón de que nalgúns puntos acada ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis. O afluente máis importante na comarca é o Vacariza.
  • 81. Ponte romana sobre o Bibei, entre Quiroga e Pobra de Trives. Desembocadura do Bibei no Sil.
  • 82. O Lor entre Seoane e Esperante, nas proximidades do Camping. RÍO LOR Nace nos montes do Cebreiro e ten como cabeceiras os regatos Fonlor (que nace no Cebreiro), Fonte Grande e Brañuelas (que baixan da serra do Courel). Ten un percorrido de 50 km por terreos do Courel e desemboca no Sil en Augasmestas (Castro) entre Quiroga e A Pobra do Brollón. Discorre case sempre encaixado entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona. Os afluentes máis importantes pola dereita son o Parada, Folgoso e Vilamor e pola esquerda o Loureiro e o Lóuzara.
  • 83. Río Lor na ponte das Arandainas. Río Ferreiro, un dos pequenos regatos que se xuntan co Lor. Os ríos de montaña destacan polas augas límpas e correntes rápidas. O Lor en Vilar
  • 84. O Lor en Barxa de Lor O Lor en Augasmestas, nunha pincheira que só se pode ver cando se baleira o encoro.
  • 85. O Lor en Augasmestas no encontro co Sil.
  • 86. RÍO PEQUENO Baixa dos Montes de Lóuzara e xúntase co Lor en Seoane do Courel. Fervenzas: Pozo da Grada e Rego dos Bois Pozo da GradaRego dos Bois, un afluente do Pequeno.
  • 87. RÍO LOÚZARA É o afluente máis longo do Lor, con 28 km de percorrido. Baixa desde a Serra do Rañadoiro e forma un profundo val entre as serras de Oribio e Lóuzara. Fervenzas: Cova da Fonte, Santalla, Lousadela, Rexiu ou Rixio (Na parroquia de Vilamor) Río Lóuzara entre a serra de Lóuzara e da Trapa
  • 88. Pincheira na Cova da Fonte (Santalla). Pincheira de Santalla de abaixo, nun afluente do Lóuzara.
  • 89. Pincheira nun dos regos que caen no Lóuzara en Casela. Pincheira de Rixio, nun afluente do Lor en Vilamor.
  • 90. Fonte do Cervo na Devesa de Rogueira Rego da Rogueira Pincheira en Folgoso, nun afluente do Lor.
  • 91. RÍO QUIROGA Nace na cara sudoeste do Pía Páxaro, preto da aldea de Vilarbacú, e fórmase coa confluencia do Rego de Porto Mourelos ou Vilarbacú e o de Pacios. Percorre un total de 24 km sempre dentro do Concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal. Os afluentes principais son Ferreiriño, As Forcadiña e Regueira.. Pincheiras: A Pedriña (Cruz de Outeiro), A Ola (Besaredonda).
  • 92. Vista do val do Quiroga e o Sil desde o Cerengo.
  • 93. Pincheira da Pedriña na Cruz de Outeiro. Pincheira en Bustelo, nun afluente do Quiroga.
  • 94. Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.
  • 95. RÍO SOLDÓN Nace en A Seara, na cara norte do Aira Grande (Serra do Courel), producto da unión do regato dos Palleiros, o rego das Lastras e a fonte do Caleiro. Percorre terras dos concellos do Courel e Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca. Os seus afluentes pola esquerda son o Montouto, Richein, Vilarmel, Barreiros e Ferredo ou Fiais. Pola dereita recibe numerosos regos de curto percorrido. Pincheiras: Rego de Montouto, Rinán, Caroceiro, Cereixido, canón do Fiais…
  • 96. O Soldón en Rugando, ondo houbo unha importante ferrería
  • 97. Pincheira de Rinán, nun rego que vai ao Montouto, afluente do Soldón. Rego de Montouto
  • 98. Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón. A máis alta do Courel, con 40 m.
  • 99. Rego de Fiais ou Ferredo. Forma un profundo canón no que hai numerosas pincheiras de moi dificil acceso.
  • 100. Río Visuña, unha das cabeceiras do Selmo. RÍO SELMO Nace na aba sur do Pico Formigueiros, da unión do rego de Forgas, o rego da Lagoa e o rego dos Chaos e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Atravesa o Val de Seara, onde sofre un brusco cambio de dirección. As augas que noutros tempos vertían ao río Soldón, debido a un afundimento da foxa berciana a finais do Terciario, pasaron a verter na cunca do Selmo. Pincheiras: Vieiros, Fócaro, A Seara, Cavorco da Fervenza Grande, Ferramulín...
  • 101. Pincheira no Rego de Murelos Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.
  • 103. Pincheira no Selmo, preto de Vieiros. Pincheira en Ferramulín nun afluente do Selmo Carvorco da Fervenza Grande. Hórreos.
  • 104. AS ÁRBORES Na comarca de Quiroga, atópanse unha gran diversidade de formacións arbóreas. As devesas son fragas dunha gran biodiversidade situadas nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve no inverno con presenza de carballos, faias, acivros, abelairas, carbas, teixos... As reboleiras aparecen nas zonas umbrías; son bosques de cerquiños ou rebolos mesturados con algún carballo e o híbrido de ambos. Os aciñeirais aparecen nos terreos calcarios de ladeiras orientadas ao Sur. Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. Fraga na serra da Trapa.
  • 105. Devesa do Cervo, nas abas do Montouto
  • 106. Aciñeiral de MercurínAciñeiras (Quercus ilex subsp. ballota): aparecen por baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios.
  • 108. Souto de Paderne Castiñeiro (Castanea sativa). Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.
  • 111. Chopo (Populus nigra) destaca nas beiras dos ríos e regatos pola súa verticalidade e a cor amarela que collen no outono.
  • 112. Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira
  • 113. ÁRBORES SENLLEIRAS Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P) TEIXO (Taxus Bacata) -Devesa da Escrita (Folgoso do Courel). Varios exemplares de ata 4,6 m de perímetro. Teixo dos Sete Homes. Devesa da Escrita (Paderne, Folgoso do Courel) -4,6 m de perímetro.
  • 114. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) -Suascasas (Seceda- Folgoso do Courel) -Máis de 7 m de perímetro. -Seceda (Folgoso do Courel) -5,28 m de perímetro. -Paderne (Meiraos, Folgoso do Courel) -O Val da Fonte (Paderne, Meiraos, Folgoso do Courel) -18,70 m de altura, 7,80 m de perímetro. (P) -Miraz (Meiraos, Folgoso do Courel) -7,15, 6,50 e 6,32 m de perímetro. -Vilar (Vilamor-Folgoso do Courel) -Mercurín (Folgoso do Courel) -6,20 m de perímetro -Ferrería Vella (Folgoso do Courel) -9,30, 6,70 E 6,50 m de perímetro -Visuña (Folgoso do Courel) -6,10 e 4,67 m de perímetro. -Moreiras (Ribas de Sil) -San Cristovo (Quiroga) Castiñeiro Val da Fonte. Paderne. (P)
  • 115. Castiñeiro en Seceda Castiñeiro en Ferreiravella
  • 116. Castiñeiro en Vilar -San Cristovo (Quiroga). 6,50 m de perímetro
  • 117. Castiñeiros de Moreiras (Ribas de Sil). Atópanse a carón da estrada que vai a Torbeo. O máis grande mide 7,30 m de perímetro no toro. Interior do souto de Meiraos.
  • 119. Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens). Casa da cultura de Quiroga. Mide 27,50 m de altura e 3,70 de perímetro. Aciñeira da igrexa de Enciñeira (Quiroga). Resultou afectada por un incendio no verán do 2005. Mide 13 m de altura e ten arredor de 200 anos.
  • 120. O cultivo de castiñeiros tivo sempre unha grande importancia na comarca. A utilidade mixta do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes do Courel. Sequeiros para as castañas
  • 121. Aparellos para as castañas no museo de Vilar: -bandollo -asadores
  • 122. LIC “OS ANCARES O COUREL” Espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León, (concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro). Un espazo que acolle unha gran biodiversidade e importantes mostras xeolóxicas. ESPAZOS PROTEXIDOS
  • 123. MONUMENTO NATURAL “PREGAMENTO XEOLÓXICO DE CAMPODOLA-LEIXAZÓS” Está situado sobre o val do río Ferreiriño en fronte dos núcleos de Campodola e Leixazós (Quiroga). Mide máis de 2 km e está formado por capas de xistos e cuarcitas. É un exemplo típico dun pregamento tombado. Un sinclinal, unha dobra de forma cóncava na que o eixe de flexión foi orixinalmente vertical. As capas que o compoñen conteñen distintos minerais de períodos xeolóxicos distintos, destacan en cor crara as cuarcitas (478-488 millóns de anos) sobre as zonas escuras con vexetación formadas por lousas (458-478 millóns de anos). Enriba existiu outro gran pregamento orientado en dirección inversa, un anticlinal, que desapareceu a causa da erosión. Vese desde a estrada de Quiroga a a Seoane onde hai un miradoiro e unha área de interpretación.
  • 124. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Setembro 2016