Tempo de preparación: 1 hora
Ingredientes

• Para a masa:
1 kg de fariña
1 vaso de leite
1 vaso de viño branco
1 vaso de aceite de xirasol
1 ovo
sal
• Para o recheo:
3/4 cebolas
medio pemento vermello
2 latas de bonito
2 tomates maduros
perexil, azafrán, pementón
sal, aceite
Preparación
RECHEO: Nunha tixola sofritir as cebolas e o pemento ben picados moi lentamente.
Engadir o tomate raiado e continuar a cocción ata que estea todo moi reducido.
Engadir perexil, azafrán, un chisco de pementón e sal. Retirar, engadir o bonito e
deixar arrefriar noutro recipiente.
MASA: Misturar todos os ingredientes nunha cunca. Amasar coa man e, cando a
masa empece a compactarse, seguir amasando nunha superficie enfariñada ata
conseguir unha bóla compacta.
PROCESO FINAL:
Quentar o forno a 190º durante 10 minutos.
Mentres, estirar unha parte da masa ata que quede moi
fina e colocar nunha bandexa cuberta con papel de forno.
Engadir o recheo. Cubrir con outra capa de masa e selar
ben os bordes. Pinchar cun garfo, facer un burato no
medio para permitir a saída do vapor. Pintar con ovo
batido.
Metemos no forno a media altura e posición turbo. Vixiamos o proceso de cocción.
EMPANADA GALEGA

Empanada receita

  • 1.
    Tempo de preparación:1 hora Ingredientes
 • Para a masa: 1 kg de fariña 1 vaso de leite 1 vaso de viño branco 1 vaso de aceite de xirasol 1 ovo sal • Para o recheo: 3/4 cebolas medio pemento vermello 2 latas de bonito 2 tomates maduros perexil, azafrán, pementón sal, aceite Preparación RECHEO: Nunha tixola sofritir as cebolas e o pemento ben picados moi lentamente. Engadir o tomate raiado e continuar a cocción ata que estea todo moi reducido. Engadir perexil, azafrán, un chisco de pementón e sal. Retirar, engadir o bonito e deixar arrefriar noutro recipiente. MASA: Misturar todos os ingredientes nunha cunca. Amasar coa man e, cando a masa empece a compactarse, seguir amasando nunha superficie enfariñada ata conseguir unha bóla compacta. PROCESO FINAL: Quentar o forno a 190º durante 10 minutos. Mentres, estirar unha parte da masa ata que quede moi fina e colocar nunha bandexa cuberta con papel de forno. Engadir o recheo. Cubrir con outra capa de masa e selar ben os bordes. Pinchar cun garfo, facer un burato no medio para permitir a saída do vapor. Pintar con ovo batido. Metemos no forno a media altura e posición turbo. Vixiamos o proceso de cocción. EMPANADA GALEGA