TOURO Touro , municipio español pertencente a  provincia de A Coruña, en Galicia, na comarca Terra de Santiago, limitado o...
Non se coñecen demasiadas referencias sobre a historia do Concello de Touro. Que se saiba, non foi escenario de  batallas ...
En Brandelos,  Prevediños , unha fonte cicha augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinad...
A realización de certas actividades sobre o medio do concello poden provocar desequilibrios ecolóxicos que teñen efectos n...
Problemas derivados da actividade agraria e gandeira. O emprego de fertilizantes e pesticidas sen control poden causar con...
Entre os  pazos , o máis comercial actualmente é o Pazo de Andeade, de gran importancia, tanto na mesma parroquia de  Ande...
En Lobaqueiras, na parroquia de  Bendaña , xa no límite do concello de Touro co de  Boqueixón  hai unha casa ou pazo que a...
Tradicionalmente o sector agrícola e gandeiro foi o sustento principal da economía tourense, ao igual que nos veciños terr...
O centro principal de educación é o ( CPI ) de  Fonte Díaz , que se acha na rúa de Sabela II, ao lado da casa do concello;...
En  1835 ,  Sabela II  crea o  Ayuntamiento de Touro , nunha reestruturación administrativa do  Estado español , nunha das...
Un  camiño real , de orixe  prerromana , usado e mellorado polo  imperio romano  foi a vía de comunicación máis importante...
No inventario Histórico-Artístico do concello, figura a  igrexa parroquial  de  Quión , ao igual que a  igrexa  de  Loxo ,...
Os restos arqueolóxicos son abundantes, como na maioría do  pobo galego , moitos sen catalogar, como poderían ser restos  ...
FIN
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Touro

432

Published on

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
432
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Touro

  1. 1. TOURO Touro , municipio español pertencente a provincia de A Coruña, en Galicia, na comarca Terra de Santiago, limitado o sur polo río Ulla. Na súa economía destaca a agricultura (millo, patacas y viñedo), o ganado vacún e a manufactura da madeira. Poboación (2001), 4.776 habitantes e o seu municipio é Arzúa.
  2. 2. Non se coñecen demasiadas referencias sobre a historia do Concello de Touro. Que se saiba, non foi escenario de batallas históricas nin que houbera palacios importantes onde viviran reis ou persoeiros ilustres nin conventos ou castelos feudais nin outros acontecementos importantes que fagan de Touro un nome histórico; aínda que se pode asegurar, pola toponimia e polos restos romanos e castrexos , que estivo habitada dende tempos moi pretéritos. A historia de Touro está intimamente ligada á historia de Galicia ; mais co seu carácter local. Camiños de Touro foron e son parte do Camiño de Santiago , igrexas en tódalas parroquias, algunha de nova planta, denotan o alto grao de paganismo existente en Touro, como en Galicia, convertido hoxe en ritos relixiosos. Por exemplo, nun dos lugares máis elevados do concello, en Bañobre, na parroquia de Beleño, celébrase unha festa nunha carballeira nunha capela e no nome de Santa Sabela, acompañada de ritos populares. Cóntase que as mulleres preñadas deben coller unha tella dunha capela que se garda baixo os carballos, a capela. Isto é por motivos, suponse, páganos.
  3. 3. En Brandelos, Prevediños , unha fonte cicha augas medicinais, onde xente ía tomar baños. Alí fíxose unha capela, arruinada e agora restaurada por un particular, e tamén alí se facía unha festa nunha carballeira , onde tamén había feiras. Agora a romaría faise nunha capela, que en tempos pasados puido pertencer ao Conde de Altamira , en Noaio, na mesma parroquia; cun trazo católico que non tiña na súa orixe. No monte de Caroceiros, en Novefontes existen restos dun antigo templo ou monumento que habería que investigar para saber algo do seu pasado. Din os paisanos da parroquia que incluso viñan os da outra bando do río Ulla facer aquí enterramentos . No Códice Calixtino , que fora promovido polo arcebispo Diego Xelmírez no século XII , aparecen nomeadas as terras que actualmente constitúen o concello de Touro. É dicir, que existen moitas poboacións milenarias, onde moita da súa historia será cada vez máis lonxana ao coñecemento, mais tendo en conta que aí están as raíces dos galegos. A súa historia foi transcorrendo entre aldeas, entre labregos, coa economía de subsistencia e coas fames da xente galega, coa emigración, co atraso tecnolóxico (había "electricidade" nos cincuenta polas aldeas de Arzúa a Touro chegaría posteriormente), con pobres infraestruturas (hoxe en día moitos campos entre montes non poboados quedan abandonados pois o seu acceso tense que facer con maquinaria especializada, e nas ribeiras do río Ulla a súa propia orografía xa requiría máquinas especiais que se empregan) e tamén a emigración ao estranxeiro, aínda hoxe moi acusada. Emigraron tanto pobres coma ricos, e escasos retornos houbo e hai, polo que, aínda que haxa outras bisbarras que lideren con máis dereito a negra lista dos emigrados, estamos a falar que de Touro saíron miles( miles ) de homes e mulleres para vivir noutros puntos do globo.
  4. 4. A realización de certas actividades sobre o medio do concello poden provocar desequilibrios ecolóxicos que teñen efectos negativos denominados como problemas medio ambientais . Estas actividades tamén poden afectar a comunidades animais e vexetais podendo chegar incluso ao ser humano . Actualmente para a realización de calquera actividade no medio é necesario realizar un estudo de impacto ambiental desa actividade na zona, para poder tratar e paliar os efectos ambientais e os danos que poidan producir. Dentro do concello de Touro débense destacar os impactos que producen: Problemas derivados dos procesos extractivos da Mina de cobre de Río Tinto , que permaneceu aberta case unha década. Tivo repercusións na fertilidade do solo e na calidade das augas, mais dado a ausencia de contaminación de industria densa no concello, esta contaminación séguese consentindo hoxe en día. Que eu saiba, despois de rematar co cobre da mina non se fixo absolutamente nada con esta e deixouse a man de deus, incluso facendo de camposanto para a maquinaria enferruxada que alí traballaba. A súa contaminación foi remitindo cos lavados das augas dos tempos e non se sabe quen ten a responsabilidade. A totalidade da mina abrangue un pequeno cacho de Bama , Loxo e tamén chega ao concello do Pino ; polo que a situación incerta da mina axudou ao seu abandono. Mais, hai que dicir, e este respecto, que se pode esquecer de todo isto, dos cheiros de Loxo, do dano ao río Lañas e ao Brandelos, e ao Ulla, pois o novo fin do territorio vai constar dunha urbanización de 1.2OO vivendas; e segundo o proxecto aprobado, construíndo previamente un campo de golf .
  5. 5. Problemas derivados da actividade agraria e gandeira. O emprego de fertilizantes e pesticidas sen control poden causar contaminación nas augas e no solo, e chegar os elementos tóxicos ao organismo humano. Tamén pode causar problemas os xurros e os procesos de ensilado, tanto polos elementos prexudiciais destes e do cheiro que producen. Recórdese tamén que o leite é moi contaminante. Problemas derivados dos vertidos incontrolados: bastante abundantes no concello, aínda tendo servicio de recollida, dirixindo o lixo a SOGAMA . Son aproveitados os ocos das vellas canteiras para meter, por exemplo electrodomésticos, e nalgún tempo, camposanto de vacas. O concello define este problema como inexistente, cando non é imposíbel ollar un frigorífico ao pé da sinalización. Problemas derivados da deforestación. Os incendios da zona poderíanse definir como relativamente baixos, mais son un problema nacional como no resto de Galiza. Outra preocupación a este respecto é o da contaminación de especies arboreas como o eucalipto , que diminúe a calidade do solo e a súa posterior repoboación. Tamén dicir que problemas de deforestacións tenos a , non Touro, que posúe tamén as súas zonas arbóreas de calidade.
  6. 6. Entre os pazos , o máis comercial actualmente é o Pazo de Andeade, de gran importancia, tanto na mesma parroquia de Andeade , como en parte da bisbarra. Este pazo foi fundado a comezos do século XVIII por D. Pedro Antonio Verea e Pacheco que estaba casado con Dona María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa. Foron varias as familias de renome que tiveron relación con este pazo, tal e como se pode apreciar nas armas que forman parte do seu escudo: Pacheco, Verea, Aguiar, Figueroa e Montenegro. O pazo, tamén chamado a Casa Grande de Andeade, ten tódolos elementos de pazo: escudo, capela... Un dos pazos máis antigos é o de Mince, situado en Prevediños , rodeado de casas veciñais, pero que conserva tódolos elementos arquitectónicos dun pazo. En Calvos está o Pazo de Rosende. Preto do pazo aínda se observan as vellas casas dos caseiros que traballaban para o dono do pazo. O pazo, recentemente restaurado, parece ser que ten a súa procedencia nunha edificación anterior ó século XVIII . Estivo ocupado durante longas décadas polos Hermida, familia da que proceden os actuais propietarios. Pero no escudo de armas que se atopa na [[fachada, ó lado do balcón, pódense distingui-las armas dos Porras, Lemaire, Du Croc, Wander-Roer e por suposto, os Hermida. Conta con hórreo restaurado, capela en bo estado, cruceiro de pedra enfronte a capela. Desde a solaina que ten a casa pola parte sur vése máis alá do Ulla , e son dunha beleza mística. O Pazo de Dioño, en Santiso , é unha casona cadrada rodeada de varias dependencias: hórreo, cortes, fornos, bodega, etc e tamén unha ampla extensión de terreo cerrada por un alto balo de pedra. Na entrada da casa está o escudo coas armas dos Aguiar e os Torre. Os elementos que aínda se observan dannos unha ideas da riqueza do pazo en tempos pasados, pero entrou en decadencia a mediados deste pasado século , da que dificilmente se foi sobrepoñendo, se temos tamén en conta que o sector agrícola e gandeiro deixou de ser rendible, as ganancias foron indo a menos, tanto neste coma noutros pazos.
  7. 7. En Lobaqueiras, na parroquia de Bendaña , xa no límite do concello de Touro co de Boqueixón hai unha casa ou pazo que algúns non a catalogan como pazo, aínda que ten case tódolos elementos dun pazo. Ten a entrada principal por un camiño estreito, bordeado de eucaliptos centenarios a ámbolos dous lados. Antes de entrar polo portal, á esquerda está a casa dos caseiros e a dereita está a capela , que o único que conserva é a pía de pedra onde se botaba a auga bendita . Detrás da capela está o cruceiro de pedra aínda ben conservado. Enmarcando o portal hai longas pedras cunha cruz na pedra superior. Na fachada da casona está o escudo coas armas dos antigos donos, entre eles están os López del Nodal que eran mariñeiros almirantes procedentes de Caldas de Reis de onde tamén procede o escudo. Na actualidade pertence os herdeiros de Juan Fenollera Velón. Na parte de abaixo da casa hai unha longa mesa de pedra con asentos tamén de pedra ó seu arredor. Un dos elementos que existen en case tódolos pazos é o pombal , cousa que non se ve en Lobagueiras. Conta cun hórreo de pequenas dimensións o que nos indica que, ou ben puido existir outro hórreo maior, ou que o cultivo principal das terras que rodean o pazo, que son uns oitenta ferrados da zona e chegan ata o mesmo río Ulla, non fora o millo. Din os paisanos que antigamente as terras cultivadas de Bendaña pertencían a un só propietario. Hai que recordar que dúas das antigas xurisdicións da provincia de Santiago levaban o nome de Bendaña e Bendaña do Marqués.
  8. 8. Tradicionalmente o sector agrícola e gandeiro foi o sustento principal da economía tourense, ao igual que nos veciños terreos, mais na actualidade son poucos os mozos que se incorporan directamente nestes labores; existen parroquias de escasa densidade de explotacións gandeiras. Caben destacar a persistencia das hortas , como provedoras de alimentos dos fogares galegos, sendo poucas empregadas para xerar riqueza directamente; ou a matanza do porco , tan peculiar na cultura galega ; ou por conseguinte tamén crianza de galiñas, ovellas, coellos. Unha actividade notable actualmente é a elaboración dos queixos de Arzúa , nas queixarías de Murgás, en Turces, e en Bama. Ademais, a queixaría de Murgás ten incorporada unha queixaría-escola. Outro sector importante foi o da minaría, as explotacións mineiras de Río Tinto , xa fechadas, ofreceron emprego a moita xente deste concello e doutros. No concello non hai grandes empresas nin fábricas que dean emprego, a xente desprázase a outros lugares para buscar traballo. No núcleo urbano de Fonte Días é onde se desenvolve a maior actividade, xa que é aquí onde se concentran a maior parte dos servizos tanto públicos como privados. Hai algo de pesca no río Ulla o nos seus diversos afluentes que regan distintas parroquias. Tamén existe algo de caza.
  9. 9. O centro principal de educación é o ( CPI ) de Fonte Díaz , que se acha na rúa de Sabela II, ao lado da casa do concello; impártese nel o 2º ciclo de Educación Infantil (3 – 6 anos), Primaria e Secundaria Obrigatoria (6 - 16 anos). Antes existían escolas unitarias en case tódalas parroquias, mais na actualidade só seguen funcionando as escolas de EEI das Goritas ( Loxo ), que ten o 2º ciclo de Educación Infantil e o CEIP de Turces no que se dá o 2º ciclo de Infantil e o 1º ciclo de Primaria (de 3 a 8 anos).
  10. 10. En 1835 , Sabela II crea o Ayuntamiento de Touro , nunha reestruturación administrativa do Estado español , nunha das crises do modelo de españa, por ese motivo o escudo tourense leva un i grego e un dous en números romanos . Antes desta data, as dezanove parroquias do concello estaban repartidas en cinco xurisdicións : Bendaña, Bendaña do Marqués, Budiño, Cira e Xiro da Rocha; e había dous municipios : o de Touro e o de San Miguel de Vilar, pertencentes ó partido xudicial de Sar , desaparecido.
  11. 11. Un camiño real , de orixe prerromana , usado e mellorado polo imperio romano foi a vía de comunicación máis importante das terras do actual concello. Esta vía unía, supostamente, Santiago con Lugo , mais este camiño sufría moitas ramificacións e intercomunicaba moitas zonas. Na parroquia de Vilar atópase un pequeno cruceiro que pode ser bastante antigo polas figuras que aparecen na súa base.
  12. 12. No inventario Histórico-Artístico do concello, figura a igrexa parroquial de Quión , ao igual que a igrexa de Loxo , que pertencía antes aos dominicos de Santiago. Outras igrexas destacadas, aínda que en todas se realiza o mesmo, son á de Fao , co seu campanario inclinado; e a de Foxás , que tiña unha campá facendo soar as horas. Fálase en antigas escrituras do século XII dun mosteiro chamado Argentario que parece ser que estaba na que é hoxe a aldea de Arenteiro, Loxo .
  13. 13. Os restos arqueolóxicos son abundantes, como na maioría do pobo galego , moitos sen catalogar, como poderían ser restos castrexos . Na toponimia atopamos por exemplo coa aldea de Castelo, en Touro , o nome etimoloxicamente podería deberse a que alí se erguera algo semellante a un castelo , e na zona dos Torreis, en Loxo poderían imaxinarse unhas fortificacións . En Foxás hai varios lugares co nome de Castro . O concello está cheo de muíños , moitos deles abandonados. Un exemplo de muíño restaurado é o muíño de Rozas, en Quión .
  14. 14. FIN
  1. A particular slide catching your eye?

    Clipping is a handy way to collect important slides you want to go back to later.

×