SlideShare a Scribd company logo
1 of 168
PONTEVEDRA
A NATUREZA
O Lérez en Gargallóns
A comarca de Pontevedra esténdese desde a costa, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo,
aos cumes da Dorsal Galega nas serra do Cando e o Suído. É unha comarca cun medio físico
moi variado onde se poden atopar paisaxes costeiras, vales fluviais e unha grande parte de
terreo montañoso que, partindo das serras orientais vai perdendo altura pouco a pouco ata a
Depresión Meridiana, unha foxa tectónica que ocupa o centro dos concellos de Barro e
Pontevedra con direción N-S e na que se concentra a maior parte da poboación e das
infraestruturas. A rede fluvial estrutúrase na maior parte arredor do Lérez e, en menor
medida, do Verdugo.
Os aproximadamente 125.000 habitantes desta comarca están distribuídos de forma moi
irregular. Hai unha grande concentración poboacional na zona costeira, especialmente na
área metropolitana de Pontevedra, no eixo Barro-Vilaboa, e en Poio; e a medida que se
ascende cara ás serras vaise facendo menor.
Pontevedra é unha comarca que acolle importantes recursos naturais arredor do mar, dos ríos
e das montañas.
SUPERFICIE:
624 km2
POBOACIÓN:
125.381
habitantes
(2016)
CONCELLOS:
A Lama, Barro,
Campo Lameiro,
Cerdedo-
Cotobade, Poio,
Ponte Caldelas,
Pontevedra e
Vilaboa.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
LICs “Río Lérez”,
“Serra do Cando”
e “Enseada de
San Simón”.
CLIMA
Cerdedo
Oceánico, con grandes contrastes entre a zona costeira (máis suave, con invernos frescos e
veráns secos) e a montaña (invernos fríos e veráns frescos).
ACTIVIDADES
Combarro
As actividades fundamentais son os servizos, a construción e a industria. Nas vilas costeiras
ten importancia a pesca e a acuicultura e nas interiores a agricultura, gandaría e silvicultura.
Pontevedra é o centro comercial da comarca
PATRIMONIO
Toda a comarca de Pontevedra é rica en petróglifos.
Destacan as áreas arqueolóxicas de Campo Lameiro,
A Caeira, Tourón (Pontecaldelas), Cerdedo-
Cotobade...
En Campo Lameiro e na Caeira hai Centros de
Interpretación.
Pontevedra é unha comarca que acolle importantes valores históricos, artísticos e
etnográficos: petróglifos, castros, cascos históricos, núcleos rurais, igrexas, cruceiros, pazos,
hórreos, pontes, muíños...
O camiño portugués a Santiago de Compostela atravesa a comarca polo oeste.
Centro Arqueolóxico da Arte
Rupestre de Campo Lameiro.
Petróglifo “Laxe dos
Carballos” en Campo
Lameiro
Petróglifo “Outeiro
do Cogoludo”
en Campo Lameiro
Centro de Interpretación e Área
Arqueolóxica da Caeira (Poio)
Antas de Castiñeiras (Vilaboa)
Capela de San Antón e castro de Penalba (Campo Lameiro)
Igrexa de San Miguel do Campo (Campo Lameiro)
Igrexa de Santa Mariña das Fragas (Campo Lameiro)
Igrexa de Borela (Cerdedo-Cotobade)
Igrexa de Carballedo (Cerdedo-
Cotobade)
Igrexa de Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade)
Igrexa de Valongo (Cerdedo-Cotobade)
Mosteiro de San Pedro de Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
Igrexa da Peregrina (Pontevedra)
Convento de San Francisco (Pontevedra)
Igrexa de San Bartolomeu (Pontevedra) Igrexa do Convento de Santa Clara (Pontevedra)
Capela dos Emparedados (Pontevedra)Ruínas da igrexa de San Domingos (Pontevedra)
Igrexa de San María (Pontevedra)
Mosteiro de San Bieito de Lérez
Capela de Santa Margarida
de Monteporreiro
Igrexa de Salcedo (Pontevedra)
Igrexa da Canicouva (Pontevedra)
“Cama do Santo”, A Canicouva
Igrexa de Pontesampaio (Pontevedra)
Capela de San Cibrán (Tomeza, Pontevedra)
Construída sobre un antigo castro cunhas vistas
espectaculares sobre a zona.
O luns de Pascua celébrase unha importante romería
a onde acoden para curar o “mal de Ollo”, para o
que hai que dar nove voltas arredor da ermida e
lanzar pedras por riba do tellado para pedir desexos.
Igrexa de Verducido (Pontevedra)
Igrexa de Santa María de Xeve
(Pontevedra)
Igrexa de Figueirido (Vilaboa)
Igrexa de Vilaboa
Torre do pazo de Gondar
en Santa María de Xeve (Pontevedra)
Rectoral de Borela (Cerdedo-Cotobade)
Rectoral de Valongo (Cerdedo-Cotobade)
Cruceiro de Carballedo
(Cerdedo-Cotobade)
Cruceiro de Mourente
(Pontevedra)
Cruceiro de
Santa María
(Pontevedra)
Pedre (Cerdedo-Cotobade, un núcleo tradicional que
conserva varios eirados con hórreos e casas de boa
canteiría
Hórreo en Borela (Cerdedo-Cotobade)
Hórreo con pombeiro na rectoral de
Borela (Cerdedo-Cotobade)
Hórreo da rectoral de Vilaboa
Hórreo no pazo de Gandarón, en Salcedo (Pontevedra)Hórreo no mosteiro de Poio
Hórreos en Combarro (Poio)
Praza da Leña (Pontevedra)
Casas en Combarro
Pazo de Mugartegui (Pontevedra)
Casa das Campás (Pontevedra)
Fonte no mosteiro de Lérez (Pontevedra)
Fonte na praza de Santa María (Pontevedra)
MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Fundado pola Deputación de Pontevedra en 1927.
Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de
nova construción, con salas de exposición
permanentes e temporais.
Tesouro de Caldas de Reis
Restos dun muíño de vento na
Cruz do castro en Carballedo
(Cerdedo-Cotobade)
Acueduto en Mirón. Pontecaldelas
CONCELLOS
SUPERFICIE: 37,51 km2
POBOACIÓN: 3.746
habitantes (2016)
PARROQUIAS: Agudelo,
Barro, Curro, Perdecanai,
Portela e Valiñas.
Parque natural do río Barosa
BARRO
O territorio do concello de Barro aséntase no noroeste da comarca atravesado de norte a sur
pola Depresión Meridiana, entre as elevacións do Acibal, ao leste e o Castrove ao oeste. Está
regado polo río Chaín e numerosos regos que baixan, sobre todo das montañas do leste.
Tén unha superficie de e arredor de distribuídos en seis parroquias:
Igrexa románica de San Martiño de Agudelo,
situada na Ruta Xacobea Portuguesa que
atravesa o concello de Barro.
Unha grande parte do territorio (78%) está Dedicado a explotacións forestais de piñeiros e
eucaliptos e nas partes baixas hai cultivos de horta e viñedos. Tres das parroquias (Agudelo,
Perdecanai e Valiñas) están acollidas a D.O. Rías Baixas.
As actividades principais da poboación son os servizos, a construcción, a industria e a
agrogandeiría e forestal. A capital municipal e o centro dos servizos sitúase en San Antoniño.
É un concello con importantes valores naturais, centrados nos ríos, históricos, artísticos e
etnográficos.
Releve da igrexa de Curro,
de comezos do século XVI.
Gargallóns, unha poboación situada,
como a maioría das de Campo
Lameiro, mirando ao Lérez.
Detrás os montes do Coto do Medio
(no linde con Moraña).
CAMPO LAMEIRO
Sitúase no nordeste da comarca nun terreo dominado polas elevacións que se prolongan cara
ao oeste desde a Dorsal Galega onde os cumes máis destacados son o Cádavo (Campo das
Cruces ou Montes dos Cregos) no linde co concello da Estrada e o monte Conla, no linde con
Cerdedo.
O río principal é o Lérez, que o separa, polo sur, do concello de Cotobade. Ao norte, unha
pequena parte do territorio verte as augas cara ao Umia a través do seu afluente, o Sequeiros.
SUPERFICIE: 63,74 km2
POBOACIÓN: 1.962 habitantes (2014)
PARROQUIAS: O Campo, O Couso, Fragas,
Moimenta, Montes e Morillas
Petroglifo na “Laxe da Rotea de Mendo”, situado nas
proximidades do castro de Penalba, desde o que se
divisa unha panorámica do concello de Campo Lameiro.
As principais actividades son a construción, a a grogandaría e forestal, os servizos e pequenas
industrias, en especial agrogandeiras. A capital municipal é A Lagoa, na parroquia de O
Campo.
Campo Lameiro acolle paraxes dun grande interese natural nas beiras do río Lérez, que está
protexido en todo o seu curso, e un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de
Galiza formado por varias estacións con numerosos gravados.
SUPERFICIE: 214,5 km²
POBOACIÓN: 6.160 habitantes
(2016)
PARROQUIAS: Augasantas,
Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi,
Castro, Cerdedo, Corredoira,
Figueiroa, Folgoso, Loureiro,
Parada, Pedre, Quireza, Rebordelo,
Sacos (santa María e San Xurxo),
Tenorio, Tomonde, Valongo e
Viascón
CERDEDO-COTOBADE
É un novo concello creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de
Cerdedo (da comarca terra de Montes) e Cotobade.
O relevo é moi accidentado e esténdese desde a serra do Cando, ao leste, onde se atopan as
maiores altitudes (Outeiro do Couto, con 1.017), ata a Depresión Meridiana, ao oeste, no
linde co concello de Pontevedra. No noroeste atópase o Coto de Conla (772 m).
O sistema fluvial está dividido pola serra Castelada (ou Castrelada) entre ríos que verten na
ría de Pontevedra e a de Vigo. O río Lérez atravesa a comarca NE a SO e recibe como afluentes
pola dereita o Quireza e pola esquerda o Castro, o Seixo, o Porto das Cubas e o Almofrei.
No sur un curto tramo do Verdugo cos afluentes Barbeira e Calvelle.
Vista de Cerdedo desde
a Serra do Cando
Carballeira en Famelgas, coa
capela de Santa Lucía.
As principais actividades están relacionadas coa a agrogandaría e as explotacións forestais.
Séguenlle os servizos e as pequenas industrias. A capital do concello é A Chan, na parroquia
de Carballedo.
Acolle zonas de especial valor natural protexidas no LIC “Serra do Cando” e “Río Lérez”;
e un rico patrimonio etnográfico (muíños, eirados de hórreos, núcleos tradicionais) e
histórico-artístico (petróglifos, castros, pontes romanas e medievais, igrexas, pazos...).
Hai varias rutas de sendeirismo: “A Vía escondida”, “San Xusto”, “A Memoria do lobo”, “Santa
María de Sacos”, “O Sabugueiro”, “Río Seixo”, “Monte Seixo”...
Cruceiros e capela de San Lourenzo en Serrapio
Cernedo (parroquia da Barcia do Seixo),
nas abas orientais da serra do Cando.
SUPERFICIE: 111,76 km2
POBOACIÓN: 2.587 habitantes (2016)
PARROQUIAS: Antas, A Barcia do
Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A
Lama, Seixido, Verducido, Xende e
Xesta.
A LAMA
Está situado ao leste da comarca, no linde coa provincia de Ourense. É un concello ocupado
en grande parte por terreos de alta montaña, entre as serras do Cando, ao noroeste e o Suído
ao leste, onde se atopan as maiores altitides do concello e da comarca que culminan no Coto
Puza, con 1.027 m. Está atravesado polos ríos que baixan destas serras e forman profundos
vales, sobre todo nos cursos altos. O Barbeira e o Verdugo baixan das abas norte e sur da
serra do Cando. O Xesta baixa do Suído e máis adiante xúntase co Parada que fai fronteira
polo sur nun curto tramo, para formar o Oitavén. Ao sur do concello unha unha aliñación de
cumes que desdenden desde o Coto dos Xarotos, con 1.020 m, forman o límite co concello de
Fornelos de Montes e a comarca de Vigo.
Casa típica dos emigrantes en Gaxate
É unha zona moi marcada pola emigración, primeiro a América, despois a Europa, e na
actualidade ás cidades costeiras. As actividades principais son a agrogandaría e os servizos.
Recentemente está cobrando interese o turismo, atraído polos importantes valores naturais
que acolle a zona, onde hai varias rutas de sendeirismo.
Unha parte está protexida no LIC “Serrado Cando”.
A Lama conserva tamén un rico patrimonio cultural: igrexas, casas tradicionais, pontes,
muíños, cruceiros...
Ponte medieval de Verducido no Río
Parada, no linde con Fornelos de Montes
Combarro
SUPERFICIE: 33,90 km2
POBOACIÓN: 16.842
habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Combarro, San Salvador
de Poio, San Xoán de
Poio, Raxó e Samieira.
POIO
Está situado ao noroeste da comarca de Pontevedra, separado da comarca do Salnés polo
Monte Castrove que lle fai de linde con dirección NE-SO. Ocupa unha parte da marxe dereita
da ría de Pontevedra, desde Raxó ata o esteiro do Lérez, onde está conectado con Pontevedra
pola ponte da Barca.
O releve é moi accidentado, as abas dos montes caen bruscamente cara ao mar e só hai
algúns territorios chans na pequena faixa costeira. O ríos baixan do Castrove (regos dos
Mouros, Cancela, Covelo e Muíños) e son de curto percorrido e pendentes pronunciadas.
Combarro, unha vila mariñeira que conserva un dos
conxuntos arquitectónicos populares máis interesantes de
Galiza e no que destacan as casas mariñeiras e os hórreos
(máis de trinta) á beira do mar. Nas proximidades atópase
os mosteiro de San Xoán de Poio.
As principais actividades son os servizos, a industrias, a pesca, o marisqueo, as explotacións
forestais... A capital do concello está en San Xoán de Poio. Na costa aséntanse as vilas
mariñeiras de Raxó, Combarro e Campelo.
É un concello dun grande interese artistico e etnográfico, onde os valores naturais máis
destacados están nas rutas polos regos que baixan do Castrove e na costa.
Mosteiro de San Xoán de Poio
Ponte sobre o Verdugo en Pontecaldelas.
Ao pé do río atópase o balneario de augas
medicinais.
O río Verdugo é o núcleo fluvial que divide o
territorio de Pontecaldelas de NE a SO.
SUPERFICIE: 87 km2
POBOACIÓN: 5.573 habitantes
(2016).
PARROQUIAS: Anceu, Caritel, Castro
Barbudo, Forzáns, A Ínsua, Ponte
Caldelas, Taboadelo, Tourón e
Xustáns.
PONTE CALDELAS
Está situado no centro-sur da comarca, limitado polo río Oitavén que o separa da comarca de
Vigo. O territorio ten un relevo moi complexo con numerosos montes de pequena altitude,
entre os que destaca a serra da Castelada (663 m), ao norte, e A Fracha (546 m), ao Sur. Está
atravesada por numerosos ríos que pertencen as concas dos ríos Verdugo e Oitavén,
separados entre sí polas últimas estribacións da serra do Suído (Couto de Brea, Penaranda...).
Praia fluvial no río Verdugo en Pontecaldelas
O nome de Ponte Caldelas garda relación cos mananciais de augas termais sulfuroso-sódicas
que deron lugar á instalación dun balneario na vila, na actualidade pechado.
As actividades principais son a industria, os servizos e o turismo.
Conserva importantes enclaves naturais, sobre todo nas marxes dos ríos e numerosos
vestixios históricos, artísticos e etnográficos.
Centro de interpretación de arte rupestre en Tourón.
Instalado pola Comunidade de Montes en colaboración
coa Consellería de Cultura e o concello dentro dun
programa PRODER. Ofrece un percorrido guiado con
paneis explicativos en cada estación.
Vista aérea de Pontevedra
SUPERFICIE: 118,27 km2
POBOACIÓN: 82.539 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Alba, Bora,
Campañó, A Canicouva,
Cerponzóns, Lérez, Lourizán,
Marcón, Mourente,
Pontesampaio, Pontevedra,
Salcedo, Santa María de Xeve,
Tomeza, Verducido e Xeve (Santo
André).
PONTEVEDRA
Ocupa o centro-oeste da comarca, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, nun territorio que
segue a fractura da Depresión Meridiana, pola que discorren os ríos Grandal, de N a S, e
Tomeza ou dos Gafos, de S a N. As maiores alturas sitúanse no Castrove, no linde coa comarca
do Salnés e na Fracha, compartida con Pontecaldelas.
O eixo do territorio de Pontevedra é o río Lérez que a atravesa de leste a oeste e forma un
amplo esteiro moi colmatado, no que ata o século XIX funcionou un importante porto
pesqueiro e comercial.
As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo.
Pontevedra, con 63.059 habitantes (datos de 2015), é a capital do concello e da provincia,
onde se concentran a maioría dos servizos e das actividades comerciais.
É un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no
casco antigo da cidade, un dos mellores conservados de Galiza. Os lugares de interese natural
céntrase arredor do río Lérez e os seus afluentes e nos numerosos parques forestais e xardíns.
Praza da Ferrería
Porto de Santo Hadrián
de Cobres
SUPERFICIE: 36,85 km2
POBOACIÓN: 5.972
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Cobres
(Santo Adrán),
Figueirido, Bértola,
Santa Cristina de
Cobres e Vilaboa
VILABOA
Situada ao sur-leste da comarca de Pontevedra, entre as elevacións da serra de Domaio (na
península do Morrazo), a ría de Vigo e a Depresión Meridiana, onde linda con Pontevedra.
O releve do concello é moi irregular e cae bruscamente desde os cumes do Morrazo ata a ría
de Vigo. Os poucos terreos chans sitúanse na faixa costeira e no leste do concello, ocupando o
fondo da Depresión Meridiana. A costa ocupa a banda leste da Enseada de San Simón, na ría
de Vigo, ata a ponte de Rande. Or ríos son de curto percorrido. O Maior e o Ulló baixan dos
montes do Morrazo e o Tomeza, ten o comezo do seu curso no concello e logo circula cara á
ria de Pontevedra.
Saíñas de Vilaboa, situadas no remate do esteiro do Ulló, en Paredes. Hai constancia do seu funcionamento desde o
século XII, e foron moi importantes para abastecer de sal á cidade de Pontevedra durante o século XVIII.
As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura, os servizos e a industria (asteleiros,
conserveiras...). O concello non ten un núcleo poboacional destacado e o centro sitúase en O
Toural. Conserve un interesente patrimonio artístico e etnográfico.
A zona costeira está incluída no LIC “Enseada de San Simón”.
RELEVO
Cumes do Suído e ao fondo a serra do Cando coroada de
xeradores eólicos. Son as serras de máis altitude da
comarca que forman parte da Dorsal Galega.
O relevo da comarca de Pontevedra é moi accidentado e variado. As maiores elevacións
atópanse na Dorsal Galega, nas serras do Cando e do Suído que a limitan polo leste. No norte
atópanse o monte dos Cregos, o Cávado e O Acibal que a separan das comarcas de Tabeirós e
Umia-Caldas, e ao sur pequenas elevacións (A Fracha) nas que escavan os seus vales os ríos
Verdugo e Oitavén. Está atravesada de leste a oeste polo río Lérez e os seus afluentes,
separados da cunca do Verdugo por unha serie de aliñacións, con dirección NE-SO coas
maiores alturas na serra da Castelada.
De norte a sur, seguindo unha liña que vai desde o concello de Barro até o fondo da Enseada
de San Simón atópase a Depresión Meridiana, un bloque tectónico afundido, e máis ao oeste
as elevación da Serra de Domaio, no linde co Morrazo e O Castrove, no linde co Val do Salnés.
Montes de Campo Lameiro (A Carballa, Coto do Medio, no linde con Moraña) desde Gargallóns.
Unha gran parte do terreo forestal da comarca de Pontevedra foi arrasado polo lume no verán de 2006.
A vexetación é moi variada. Nos cumes
das montañas máis altas domina o
mato de toxos, breixos, uces, xestas e
carqueixas. Nos vales dos ríos das
zonas montañosas consérvanse
carballeiras e bosques de ribeira e a
maior parte do terreo forestal está
cuberto de plantacións de piñeiros e
eucaliptos.
Carballeira na serra do Suído.
Nos lugares máis afastados aínda se
conservan magníficos exemplos de
carballeiras autóctonas.
Toxos e breixos, as plantas máis comúns no mato dos cumes
Abrodia (Asphodellus albus), unha planta que
abonda nos cumes castigados polo lume.
Carricanta (Ephippigera ephippiger), vive en lugares
secos de vexetación escasa como os curutos dos montes.
A fauna é a típica de matogueiras e grandes espazos abertos, así como de fragas
Algunhas serras acollen especies de gran interese como o lobo, gato bravo, o bufo real, a
águia real, o falcón abelleiro, a gatafornela...
Laverca (Alauda arvensis)
Vista xeral do oeste da serra, na vertente pontevedresa
SERRA DO SUÍDO
Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves
con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea e da serra do
Cando polo alto val do río Verdugo. Nesta comarca atópase a máxima altura da serra, o Coto
da Puza con 1.027 m, no linde entre a Lama e Avión.
Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se
atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na
vertente oeste.
Carballeira da Xesta. Situada na marxe esquerda do río Xesta, entre
Pigarzos e A Xesta. Unha das carballeiras de montaña máis extensas
e mellor conservadas da Galiza occidental.
O Suído é unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores
aos 2.500 l/m2
). A alta pluviosidade da súa vertente occidental da lugar a numerosos cursos
de auga. Nas zonas chans e nas depresións hai brañas e nos vales consérvanse carballeiras e
bosques de ribeira como os das cabeceiras do río Xesta.
Accedese desde Pontecaldelas, ou A Lama.
Foxo do Lobo de Pigarzo
(A Lama)
Cumes do Cando e Ría de Pontevedra
SERRA DO CANDO/MONTE SEIXO
Ten orientación N-S, con montes de media altura (600 a 1.000 m) de perfil redondeado,
formados por granitos que aparecen en bolos e penedos. Nesta comarca ocupa terreos nos
concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama. O cume máis importante é o Outeiro do Couto
(1.017 m) no linde entre Cerdedo e Forcarei.
Nas súas vertentes nace o río Verdugo e varios afluentes do Lérez.
Os ecosistemas de maior valor da Serra do Cando son as turbeiras dos cumes e as carballeiras
do río Verdugo e os seus afluentes.
Está protexida no LIC “Serra do Cando”
Desde os cumes divísanse as rías de Vigo, Pontevedra e parte da de Arousa.
Accedese desde Cerdedo, A Lama ou Cotobde.
PORTA DO ALÉN. MONTE SEIXO
Un grupo de penedos en equilibrio que forman unha abertura a xeito de porta que serve para conversar cos que están
no outro mundo (O Alén). Hai que ir no mes de Santos e levar algún presente para comer e beber, pan e viño
preferentemente, e tamén unha candea para alumar. Logo xa pode preguntar o que desexe e as respostas víranlle
dacabalo do vento. Pero non podes revelar o falado alí ou quedarás rouquexo para sempre.
Carballos e gando no Cando
Abas oerientais do Cando no curso alto do verdugo,
onde se conservan unhas boas carballeira.
O Marco do Vento
Vista dos Cádavo e os Montes dos Cregos desde o
castro de Penalba. Un punto panorámico nas
proximidades de Campo Lameiro que acolle dúas
estacións rupestres: A Pedra da Serpe e o Laxe da
Rotea de Mendo.
CÁDAVO E MONTES DOS CREGOS
Forman parte dunha sucesión de elevación de alturas comprendidads entre os 300 e os 800 m
que se estenden por todo o linde do concello de Campo Lameiro: Outeiro Redondo, con 539
m, O Xesta, con 532 m, O Cádavo e Campos das Cruces, con 803 m, Montes dos Cregos, con
789 m, Coto da Conla, con 772 m, Monte Longo, con 628 m... Son cumes espidos moi
castigados polo lume, desde os que se poden contemplar vistas panorámicas da comarca. A
vexetación está moi degradada e na súa maior parte, é de piñeiros e eucaliptos.
Accedese desde Campo Lameiro, pola estrada que vai a Codeseda ou desde O Couso.
Vista dos cumes que separan Cerdedo da Estrada.
Nas súas aban aséntase a parroquia de Quireza.
MONTE COIREGO
Cume illado que destaca na paisaxe pola súa forma cónica que se aprecia a moita distancia.
Está situado no concello de Cerdedo-Cotobade, formando parte dun macizo que separa o val
do Lérez do seu afluente o Almofrei. Desde o seu cume (772 m) divísase gran parte do
territorio da comarca de Pontevedra, desde a ría ata as serras do Cando e o Suído.
Accedese desde Cotobade (A Chan), pola estrada que vai a Caroi, ou desde a N-541
(Pontevedra-Ourense) pola estrada que indica O Cádavo.
Foxo do lobo no Chan das Latas, nas abas do Coirego.
Accedese pola estrada de Caroi, desde unha área
acondicionada á dereita da estrada. Hai indicada unha
ruta circular “Ruta Foxo do Lobo” de 10,6 km para facer
a pé que pasa por Loureiro e A Chan e percorre parte do
curso do río Almofrei.
Os foxos eran estruturas formadas por dous muros de
pedra que confluían nun pozo, tamén rodeado de
paredes de pedra. Os lobos íanse conducindo monte
abaixo ata facelos entrar no recinto e obrigalos a caer no
foxo, onde eran cazados.
Cabalos criados en libertade. Por todas estas serras son comúns as greas de cabalos que se manteñen no monte todo o
ano e no verán se baixan aos curros para marcar as crías e rapalos.
SERRA CASTELADA
Coñecida tamén como Castrelada (algúns mapas poñen Castrada). É un macizo formado por
pequenas elevacións graníticas que fan de divisoria de augas entre as cuncas da Ría de
Pontevedra (Almofrei, afluente do Lérez) e a de Vigo (Calvelle-Barbeira, que van ao Verdugo).
Están situados entre os concellos de Pontecaldelas e Cotobade.
Os cumes máis altos son Coto Grande (650 m), Coto dos Infernos (625 m) e Coto dos Lobos
(525 m). Accedese pola estrada de Pontecaldelas a Cotobade.
Vista da serra da Castelada desde o cume da Fracha
O Acibal desde o miradoiro de Pontillón de Castro.
Este miradoiro está situado na parroquia de Verducido, nun pequeno cume coroado por un monumento ao canteiro. Ten
unhas excelentes vistas sobre o concello de Pontevedra e parte de Barro.
O ACIBAL
Pequeno macizo granítico de cumes de 300 a 600 m situado entre os concellos de Barro,
Moraña e Campo Lameiro. O punto máis alto nesta comarca é o Acibal con 541 m, no linde
entre Barro e Moraña. Accedese desde Barro ou Verducido.
Cumes da Fracha con Pontevedra ao fondo
A FRACHA
Sistema montañoso granítico situado entre Pontecaldelas e Pontevedra. O cume máis alto é A
Fracha ou Facha, con 546 m. Nas abas do oeste nacen os ríos Tomeza (Ría de Pontevedra) e
Ulló (Ría de Vigo), e nas do leste afluentes do Verdugo. Ten unhas vistas espectaculares sobre
as rías de Vigo e Pontevedra e a zona interior da comarca.
Accedese desde as estrada de Pontevedra a Pontecaldelas (á altura do polígono Industrial de
As Lagoas), desde Marcón, A Canicouva (Pontevedra) ou Xustáns (Ponteareas). Na subida de
Xustáns hai unha área de lecer e un miradoiro.
Montes do Morrazo, co Coto Redondo no centro, desde a ría de Vigo
SERRA DO MORRAZO
Esténdese con direción NE-SO ao longo da península que separa as rías de Vigo e Pontevedra.
Son bloques graníticos de mediana altitude levantados a finais do Perído Terciario. O punto
máis alto nesta comarca é o Coto Redondo con 530 m, un expléndido miradoiro sobre as rías
de Vigo e Pontevedra. Na zona hai numerosas mámoas, varias excavadas.
O acceso pódese facer desde Pontevedra ou Vilaboa
Lago Castiñeiras, en Cotorredondo.
O Parque da Natureza de Cotorredondo e Lago Castiñeiras é un espazo que forma parte dos concellos de Vilaboa e
Marín.
Está situado na zona central da Península do Morrazo, cunha altitude media de 400 m sobre o nivel do mar. Ocupa unha
superficie de 70 hectáreas, propiedade das comunidades de montes.
Estruturase arredor do Lago e os regatos que o alimentan... Un aspecto importante é a presenza de elementos
megalíticos, entre con algúns petróglifos e varias mámoas, entre as que destaca a “Mamoa do Rei”.
O parque conta cunha Aula de Natureza (creada no ano 1988), un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, áreas de
Vista do Castrove desde o miradoiro de Pontillón de Castro
MONTE CASTROVE
É unha pequena serra con orientación NE-SO, situada entre as rías de Arousa e Pontevedra.
Está formada maioritariamente por granito de dúas micas con algunhas bandas de xistos. O
cume máis elevado é o Castrove, con 613 m, no linde entre Poio e Meis. Desde o alto hai
unhas boas vistas sobre o Salnés e A Ría de Arousa cara ao oeste e da ría de Pontevedra polo
sur. Accédese desde Poio.
No cume do do Castrove conflúen os concellos de Pontevedra, Poio e Barro (comarca de Pontevedra) e Meis (O Salnés).
O Castrove a a ría de Pontevedra
OS RÍOS
O Lérez en Lérez (Pontevedra)
Os ríos teñen un gran protagonismo no
releve desta comarca na que escavan
profundos vales no seu discorrer de leste a
oeste para desaugar nas rías de Pontevedra
e Vigo. Toda a rede hidrográfica está
estruturada arredor do Lérez e do Verdugo-
Oitavén, agás pequenos tramos de
afluentes do Umia nos concellos de Campo
Lameiro (Sequeiros) e Barro (Chaín co Agra
e o Lourido), o Ulló, que desemboca no
fondo da Enseada de San Simón, o Grandal,
que desemboca na xunqueira de Alba, a
carón do Lérez, o Tomeza ou dos Gafos, que
desemboca en Pontevedra e algúns regos
de curto percorrido que baixan
directamente desde O Castrove (Regos dos
Mouros, Cancela, Covelo e Muíños) ou
desde a serra de Domaio (Maior, Sidra...).
O forte desnivel dalgunhas zonas fai que
abonden as zonas de rápidos e os saltos.
Salgueiros, amieiras e robinias
á beira do río Barosa.
Arredor de todo este sistema fluvial consérvanse excelentes bosques de ribeira e, nos vales
máis altos carballeiras estensas.
Nos bosque de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, sanguiños,
carballos e na parte do curso baixo eucaliptos. Nas augas remansadas hai espadainas,
lirios,oucas, lentellas de auga, bricios, espigas de auga, Myriophylum, pe de boi... e nas beiras
fentos (dentabrú, fento macho, fento femia, Blechnum...), herba salgueira, lúpulo, hedras,
valdeba, silva, salgueiriño, amarelle, menta de auga, violeta, reina, adelfiña, molinia...
Fentos (dentabrús) e molinias
Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos
cursos de auga limpa e rápida.
Nas augas dos ríos hai troitas, salmóns, escalos, anguías, reos e na zona de influencia das
mareas, muxes. Nas beiras hai unha boa representación de réptiless, anfibios, aves,
mamíferos e insectos.
Cabaliños do demo, libeliñas, gaiteiros...
están sempre presentes na beira da auga,
dentro da que se desenvolven antes de
acadaren a fase adulta.
O Lérez en Pontevedra
RÍO LÉREZ
Nace na Serra do Candán, nas abas do San Bento, na parroquia de Acibeiro, e descende con
fortes pendentes encaixándose e abríndose repetidas veces ao longo dos seus cursos alto e
medio, para discorrer lentamente no seu curso baixo. Na comarca drena os concellos de
Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Barro e Pontevedra e verte na ría de Pontevedra despois
de 57 km de percorrido.
Os seus afluentes pola dereita son Quireza, Grande, Calvos, Maneses, Gargalláns e Fontáns
(Verducido), e pola esquerda Castro, Porto das Cubas, Cabaleiro, Tenorio e Almofrei.
A cidade de Pontevedra e varias vilas das dúas marxes da ría abastécense de auga do Lérez e
do encoro do Pontilllón de Castro, no seu afluente o Rons.
O Lérez está protexido nos LICs, “Serra do Cando”, “Río Lérez”.
Ponte de Parada (Cerdedo), de orixe romana e reconstruída no século XIII.
Formaba parte da antiga ruta do Ribeiro a Santiago.
Ponte de San Antón en Cerdedo, sobre o río Castro.
A ponte é do século XII e a capela que hai ao seu carón do XVI. Nas proximidades hai varios muíños e un antigo
serradoiro hidráulico. Accédese por un camiño empedrado desde o centro de Cerdedo.
RÍO CASTRO
Nace na Portela de Lamas e xúntase co Lérez na Ponte Nova de Cerdedo. Os principais
afluentes son o Ventoxo, pola dereita e o Carballas e o Seixo pola esquerda.
FERVENZA DA CAVADOSA
Na parroquia de Cerdedo, no río do Seixo. O río forma varios saltos e
rápidos en rochas graníticas.
COMO CHEGAR: cóllese desde Cededo en dirección a Cavadosa e desde a ponte
que cruza o río vense varios saltos de diferentes alturas. As máis interesantes
están río arriba. Abaixo da ponte hai varias pozas como a poza Fumegas.
Ponte romana da Cavadosa
no río Seixo.
POZO SANGOENTO
O río do Seixo forma unha ampla poza na que cae nunha fervenza de 5 m de altura. Varias lendas falan da Serpe bichoca
que garda un tesouro. Os que tentan collelo morren.
COMO CHEGAR: Desde A Cavadose séguese rio abaixo ata chegar ao pozo que se pode rodear con certa dificultade pola marxe esquerda.
POZO FUMEGAS:
O río Seixo ou Sillar en Meilide (Cerdedo) forma un canón con
abundantes rápidos e pequenos saltos.
COMO CHEGAR:
En Meilide, en fronte da capela, un camiño empredrado que segue a ruta
do Pai Sarmiento baixa ata o río. Crúzase a ponte e remóntase o río uns
600 m.
REGO DE MANESES
Un afluente do Lérez que se forma con varios regos que nacen no monte dos Cregos.
O Lérez en Pedre
O Lérez e Vichocuntín (Cerdedo)
O Lérez en Pedre, ao pé da ponte medieval. Nas proximidades desemboca o río Quireza, un afluente que ven do Outeiro
da Cruz. A ponte de Lérez é de orixe moi antiga (reconstruída no século XII) e estivo moi relacionada coas antigas vías
romanas e o Camiño de Santiago.
RÍO QUIREZA
Nace no Outeiro Grande e xúntase ao Lérez
pasado Pedre.
Fervenzas no rego das Valgadas un afluente do
Quireza, na parroquia de Castro, na estrada de Quireza
a Cerdedo. Un pequeno rego que baixa da serra cun
gran desnivel aproveitado para instalar varios muíños.
Canón do Lérez entre San Xurxo de Sacos e Campo Lameiro
Rego dos Cabaleiros
Corredoira/Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade)
O Lérez en Gargallóns (Campo Lameiro)
Balneario de San Xusto en San Xurxo de Sacos
RÍO ALMOFREI
Éo afluente máis importante do Lérez. Nace na Serra do Cando, e despois de percorre 26 km por un
trazado encaixado e accidentado xúntase co Lérez en Ponte Bora. O seu principal afluente é o Pereira.
Ponte do Almofrei en Bora, unha ponte antiga e con historia, porque nela foi onde os veciños da contorna
Ponte do Almofrei en Borela
O Almofrei ao pé da ponte de Arrotea
Loureiro
Rebordelo
O Almofrei en Rebordelo (Cerdedeo-Cotobade)
FERVENZAS DO ALMOFREI
Na parroquia de Almofrei (Cotobade).
Tres fervenzas principais nun tramo moi curto, con
caídas de 6-7 m., 7 m. e 10 m. as primeiras, de abaixo
arriba, case verticais. Pequena gorxa granítica de
menos dun quilómetro con boas carballeiras. O río
ve diminuido o seu caudal pola minicentral, o que
permite tamén subir polo seu cauce entre os
enormes bloques de pedra, pois non hai ribeira como
tal. No inverno con moita auga non se pode ir, e no
verán a vexetación faino case imposible.
Entre Fontenova e Arrotea hai dúas fervenzas de 5
ou 6 metros. A zona está moi degradada: non hai
bosque de ribeira, e ou ben hai penedos de granito
ou ben acacias e eucaliptos. É moi difícil de chegar.
COMO CHEGAR: Na estrada de Pontevedra á Lama,
entre os lugares de Fontenova e Arrotea, a carón
dunha casa, baixa unha pista de cemento moi
estreita e empinada cara a central hidroeléctrica. Un
pouco antes cóllese un camiño á esquerda e
atravesando un campo chegase con moitas
dificultades ao bosque de ribeira para remontar o río
200 metros
Entre Cachopeiras e Xesteira, 1 quilómetro máis
arriba das fervenzas anteriores, por riba da ponte
medieval e da levada da minicentral. Pódese coller
dende a ponte de Almofrei e remontar o río ou en
Xesteiras baixar dende a pontella que cruza o río, á
dereita da estrada que leva de Pontevedra a
Carballedo.
A Fontenova
Almofrei (Cerdedo-Cotobade)
Bora (Pontevedra), entre os lugares de Portamuíño e O Salgueiral.
A fervenza principal ten unha fronte ampla e caídas de ata 7 m de altura.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Cotobade, xusto no punto quilométrico 1
cóllese o desvío a Portamuíño e apárcase o coche. Para ir ás fervenzas
cóllese unha pista de terra que sae á esquerda e, seguindo sempre pola
da esquerda chégase a unha levada antiga pola que se remonta o río ata
atopar as fervenzas (2,5 km ida e volta).
Pódese chegar a esta fervenza facendo a ruta do Almofrei sinalada polo
concello de Pontevedra (7 km desde Ponte Bora).
Encoro no Lérez (Bora)
Rego de Fontáns ou de Verducido
Fervenza de Lérez, no rego Fillagosa que cae
directamente ao río. Pódese ver desde o paseo
que segue o río desde Monteporreiro.
Fonte do antigo balneario do Lérez, fundado por Casimiro Gómez en 1904.
Foi a cerna de Augas Lérez que se comercializaron en Arxentina e Gran Bretaña que segundo di a propaganda da época
eran as máis radiactivas das analizadas ata o momento.
O mosteiro de San Bieito espéllase nun salón do Lérez. Os salóns son puntos do curso baixo do río nos que a canle se
ensancha e, grazas á influencia da marea, as augas se remansan.
O río Lérez entrando na cidade de Pontevedra. Praia fluvial e pontes do tren
Esteiro do Lérez en Pontevedra
A Ponte do Burgo, a máis antiga das numerosas
pontes que cruzan o Lérez en Pontevedra.
RÍO VERDUGO-OITAVÉN
Ámbolos dous ríos, debido ás múltiples fracturas da súa cunca e ao desnivel do seu curso (en
30 km salvan 800 m de desnivel), discorren encaixados e con cambios constantes de dirección.
O VERDUGO nace no Outeiro Grande, na Serra de Cando, percorre terras de A Lama,
Pontecaldelas e Pontevedra (fai límite con Soutomaior) e, despois de 40 km de percorrido,
desemboca en Pontesampaio, na ría de Vigo, onde marca o linde das comarcas de Pontevedra
e Vigo. Os afluentes pola dereita son o Granizo, Cambeses, Xaque, Barbeira, Calvelle e San
Vicenzo (Nabal), e pola esquerda Picos, Carrascal, Xesta, Formosa e Oitavén.
O OITAVÉN nace na Serra do Suído (A Xesta-A Lama) e despois de 33 km de percorrido
xúntase co Verdugo sete quilómetros antes da desembocadura. Na comarca percorre terras
de A Lama e Pontecaldelas. Os principais afluentes son, pola dereita Os Muíños, Regueiros,
Portalago e Piñeiral; e pola esquerda o Parada ou Valdeome.
Desembocadura do Verdugo entre Pontevedra e Soutomaior
O Verdugo en Pontecaldelas. Pasal no couto de Pesca.
Nesta zona hai unha ruta de sendeirismo indicada.
FERVENZA DE FÍRVEDA. Parroquia de Seixido (A Lama).
O río Verdugo forma unha caída de auga de case 15 metros de altura.
COMO CHEGAR: na estrada de Doade (Beariz) a Antas pola marxe dereita do Verdugo, cóllese cara ao
lugar de Fírveda. Nunha eira e a carón dunha fonte baixa un carreiro cara uns muíños e a fervenza.
FERVENZA DE ABELAÍDO. Abelaído (Seixido-A Lama). O río
Verdugo forma sucesivos saltos que salvan un desnivel no
río de 60 m.
COMO CHEGAR: na estrada de Antas a Seixido (A Lama),
baíxase ao lugar de Abelaído onde remata a estreita pista.
Un carreiro pola dereita baixa ao río.
POZOS DA FREIXA. No lugar de Roca (Ínsua-Pontecaldelas).
Tres saltos sucesivos salvan 40 metros, formando grandes
pozas no leito granítico do río. A situada máis abaixo é a de
maior caída, de máis de 10 m.
COMO CHEGAR: o acceso non é por Roca, senón pola outra
beira do río Verdugo. Mesmo á saída de Pontecaldelas en
dirección Pontevedra unha estreita estrada pola esquerda
leva por Cuñas e Espiñeira en 2 Km ata a Central
hidroeléctrica: remontando o río entre grandes bloques de
pedra chégase con dificultade ás fervenzas. O mellor acceso
é, 300 metros antes da central, coller a canle de auga a media
ladeira ata a captación no río. Se o río leva pouca auga
pódese cruzar por riba dos saltos e baixar ata o seu pé.
O Río Parada en Verducido. Un afluente do Oitavén que se xunta a el nas proximidades de Verducido.
SALTO DO XESTA OU A FREIXA
Na parroquia de Xesta (A Lama).
O río Oitavén, chamado Xesta na súa cabeceira
percorre, a partir de Liñares, un terreo abrupto con
rápidos e fervenzas. A máis espectacular é A Freixa
entre rochas graníticas e rodeada de espesos bosques
de ribeira e carballeiras.
Está afectada pola construcción dunha central
hidroeléctrica.
COMO CHEGAR: desde A Lama pola estrada de
Gaxate e de alí a Paradela e Liñares.
Desde Pontecaldelas vaise a Xende e de alí a Liñares.
Desde alí por un sendeiro a pé até a fervenza nuns 30
minutos. Tamén se pode ir desde Paradela seguindo
as levadas da auga dos muíños.
Muíños no río Ulló, en Pontesampaio
RÍO ULLÓ
Fórmase con varios regos que baixan dos montes de Pontecaldelas (A Fracha) e despois dun
curto percorrido polo concello de Pontevedra, desemboca na ría de Vigo en Pontesampaio.
Unha ruta de sendeirismo, que coincide en parte co Camiño Xacobeo Portugués, percorre un
tramo do río con pequenas fervenzas e muíños. A ponte medieval que cruzaba o río foi
arrasada polas enchentes de 2006.
Ponte da Condesa no río Tomeza
RÍO DOS GAFOS OU TOMEZA
Nace en Vilaboa, na parroquia de Figueirido
e percorre terreos de Bértola (Vilaboa),
Tomeza, Salcedo e Pontevedra (concello de
Pontevedra). Despois de 7 km desauga no
fondo da ría de Pontevedra, a carón do
Lérez.
Unha ruta de sendeirismo preparada polos
veciños percorre as beiras do río.
Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra). Está acondicionado para celebrar probas de piragüismo.
RÍO GRANDAL-RONS
Nace nos montes de norte de Pontevedra, nos lindes con Barro e Campo Lameiro e discorre
de N a S pola Depresión Meridiana ata desembocar na xunqueira de Alba, en Pontevedra.
Nun dos seus afluentes, o Rons, está o encoro de Pontillón de Castro, que abastece de auga a
Pontevedra.
As Xunqueiras de Alba forman unha estensa zona húmida que acolle numerosas aves
acuáticas. Un paseo permite percorrer parte do curso do río desde a desembocadura en
Pontevedra na marxe dereita da ría.
Desembocadura do río Grandal en Pontevedra
FERVENZA DO PEREIRO
COMO CHEGAR: na estrada de Pontevedra a Sanxenxo,
un pouco antes de chegar a Combarro, cóllese á dereita
un indicador a Pereiro e Casalvito. Séguese cara a
Pereiro de Abaixo e baixase pola segunda estrada
indicada á dereita, crúzase unha ponte sobre o río e ao
chegar á última casa cóllese á esquerda un camiño de
terra que sube ao monte. Despois de camiñar uns 500
m e pasar un pozo que queda á dereita, báixase ao río
por un sendeiro oculto entre a vexetacióin que chega a
unhas casas abandoadas. Desde alí báixase ao río e
atópase a fervenza máis arriba.
REGO DO PEREIRO
Nace no monte Castrove e desemboca na
enseada de Campelo. O río e os seus
afluentes baixan por un terreo encosta
onde abondan os rápidos e saltos entre
granitos e neis.
REGO DOS MUÍÑOS
Baixa do Castrove e desemboca en Samieira. Unha ruta desde Tarrío (Samieira) permite
percorer o río e visitar 23 muíños, dos que dous aínda funcionan.
REGO DA FREIXA
Poio
Fervenzas no rego dos Mouros.
COMO CHEGAR: pola estrada de Poio á Escusa
crúzase o río e cara abaixo están os saltos e uns
muíños abandoados.
REGO DOS MOUROS
Un río de percorrido curto e con gran
desnivel que baixa do Castrove.
FERVENZA NO REGO DOS FORNOS
(Sequeiros-Umia) en Couso (Campo
Lameiro). Accedese pola estrada de Campo
Lameiro a Cuntis e está preto da ponte.
RÍO UMIA
Nace Reigosa-Acibeiro (Forcarei), nas abas do Candán, e despois de 70 km de percorrido
desemboca na ría de Pontevedra. Na comarca ten varios afluentes nos concellos de Campo
Lameiro (Sequeiros) e Barro (Chaín)
FERVENZAS DE BAROSA OU
MAQUIEIRA
Na parroquia e concello de Barro.
O río Agra ou Barosa, o principal
afluente do Chaín que conflúe con
el no linde co concello de Caldas,
salva un desnivel en grandes laxes
graníticas con varios saltos e
tobogáns. Os saltos están
aproveitados para un conxunto de
14 muíños. A zona está
acondicionada como área de lecer.
COMO CHEGAR: na estrada de
Pontevedra a Caldas, despois de
pasar San Antoniño cóllese un
cruce que indica Parque Natural do
Río Barosa. Pódese seguir unha
ruta río arriba polo bosque de
ribeira.
RÍO CHAÍN
É un afluente do Umia que nace en Barro e xúntase a el pola marxe esquerda nas proximidades de Caldas
de Reis. Discorre pola Depresión Meridiana de sur a norte e recolle as augas dos Acibal. Ten a maior parte
do seu percorrido por terras do concello de Barro. Os principais afluentes son o Lourido e o Agra.
Fervenzas e muíños
de Barosa
Unha ruta indicada percorre o río
nunha zona con 35 muíños.
RÍO MAIOR
Un río de percorrido curto (polo concello de Vilaboa) e con gran desnivel que baixa de
Cotorredondo á Ría de Vigo.
A COSTA
Ría de Pontevedra: enseada de Campelo (Poio). Ao fondo Combarro e o Castrove.
A área costeira da comarca de Pontevedra sitúase no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, en
zonas onde alternan os esteiros e marismas formados polos numerosos ríos que achegan os
seus sedimentos, algunhas praias e pequenas zonas rochosas de pouca altura.
Lameiras que quedan ao descuberto ao debalar o mar en Vilaboa.
As marismas son hábitats de augas mornas e mansas onde bule a vida vexetal (algas verdes, sebas) e animal (miñocas
que remexen o substrato e se alimenta de resíduos, como os cagóns ou arenícolas).
Nos areais das dúas rías hai importantes zonas de marisqueo a pé e parques de cultivo
(bateas de mexillón e ostra).
Son áreas de grande importancia biolóxica que acollen un bo número de aves acuáticas, sobre
todo no inverno.
Nas áreas de costa fangosa atopamos sebas, salicornia, herba coral, estrela das xunqueiras,
sosa, portulaca, xuncos, espartina...
As enseadas son lugares idóneos para o descanso das anátidas: pato asubión, lavanco, parrulo
chupón, pato rabilongo, cerceta real, pato cullerete, parrulo cristado común, parrulo
pentumeiro común... Ademais podemos atopar garza real, garza pequena, garzota, píllara
cincenta, pilro curlibico, mazarico (curlí e galego), bilurico (común, pativerde, bailón), corvo
mariño real, gaivotón, carrán cristado, rascón de auga, gabián, lagarteiro peneireiro, falcón
pequeno, martiño peixeiro...
Cabaliño de mar (Hippocampus ramulosus),
un peixe que vive entre as pradeiras de
sebas das enseadas. Garzota (Egretta garceta)
Ría de Vigo entre Pontevedra e Vilaboa. Ao fondo Cotorredondo
RÍA DE VIGO
Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con
33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que
a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Enseada de San
Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas
máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas.
A comarca de Pontevedra inclúe a banda sur da enseada de San Simón, desde o estreito de
Rande ata a desembocadura do Verdugo. No seu interior atópanse as illas Alvedosas.
Praia do Forno de Cal (Vilaboa)
Ría de Vigo: desembocadura do Verdugo e marismas de Vilaboa. No primeiro plano as illas Alvedosas.
Auga retida no encoro do antigo muíño de Vilaboa
Vista aérea da ría de Pontevedra
RÍA DE PONTEVEDRA
É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre
as puntas de Cabicastro, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur. Está separa da da ría de Vigo pola
península do Morrazo na que se eleva a Serra de Domaio. O río máis importante que desauga
nela é o Lérez, e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o
arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de Tambo.
Raxó, unha pequena vila mariñeira da ría de Pontevedra cun porto adicado á pesca de baixura e o marisqueo. No
primeiro plano a praia de Xiorto e ao fondo a illa de Tambo.
Poio, ao fondo da enseada de Campelo
Praia de Lourido, nas proximidades da cidade de Pontevedra.
Na desembocadura do Lérez, no fondo da ría, aséntase Pontevedra, unha cidade que foi un dos portos máis importantes
de Galiza e que, a partir da colmatación do esteiro polos sdimentos do Lérez deixou de ter boas condicións para a
navegación. Na actualidade so ten porto deportivo.
Illa de Tambo
AS ÁRBORES
(P): Incluídas no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de galia
Carballeira de San Xusto. San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade).
Formada por carballos centenarios e algúns carballos americanos e castiñeiros.
Como na maioría das comarcas das zonas baixas, a formacións arbóreas máis comúns son
plantacións de piñeiros e eucaliptos, que cobren os montes de pouca altura. Nos vales dos
ríos que baixan das serras do Suído e Cando consérvanse algunhas masas importantes de
carballeiras entre as que destacan a do Xesta e Oitavén na Lama.
Pontevedra conta con varios parques e xardíns de gran interese pola variedade e
monumentalidade das especies que acollen. Tamén se conservan algúns exemplares
importantes nos xardíns dos pazos e nos adros das igrexas.
Carballeira da Chamadoira (Cerdedo)
Carballeira do Xesta ou Oitavén. Situada nas abas pontevedresas da serra do Suído. A mellor fraga autóctona da
provincia de Pontevedra.
PAZO LOURIZÁN (Pontevedra):
No xardín botánico do Centro de Investigacións
Forestais e Ambientais de Lourizán (Pontevedra)
atópase unha grande variedade de árbores entre
os que hai numerosos exemplares monumentais.
-Araucaria excelsa
-Araucaria angustifolia
-Cedro do Líbano (P)
-Secuoia vermella
-Metasecuoia (P)
-Criptomeria japónica (P)
-Abeleira (P)
-Buxo
-Sófora péndula (P)
-Castiñeiros xaponeses e chineses (P)
-Eucaliptos: grandis, obliqua, globulus, fastigiata,
amigdalina, ficifolia, longifolia, microcorys,
robusta, sieberi...
-Magnolia grandiflora
-Plátanos
-Washingtonia filamentosa
-Carballos
-Carballos americanos
-Glicinia
-Buganvilla
-Arce americano
-Alcipreste de Lawson
-Casuarina Casuarina cunninghamiana
-Fentos
-Alerces Cedro do Líbano (Cedrus libani).
-30,5 m de altura e 5,20 m de perímetro
Abeleira (Corylus avellana) do Pazo de Lourizán, un
dos exemplares máis vellos de Galiza, con máis de
200 anos.
Buxo (Buxus sempervirens) do Pazo de Lourizán,
ten máis de 200 anos.
Metasequoia glyptopstroboides
do pazo de Lourizán
-2,74 m de perímetro
Sophora japonica do Pazo de Lourizán
PAZO GANDARÓN (Pontevedra):
-Araucaria de Bidwillii (P)
-Cedro do Líbano
-Cedros azuis
-Magnolia soulanxeana
-Abies Pinsapo
Cedros azuis (Cedrus atlantica, variedade Glauca).
-26 a 30 m de altura. Araucaria Bidwillii
Carballo no paseo do río dos Gafos
-4 m de perímetro
PASEO DOS GAFOS (Pontevedra):
-carballo
-alcipreste de California
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa)
-4,30 m de perímetro
Salgueiro (Salix cinerea)
2,38 m de perímetro
LAGO CASTIÑEIRAS (Vilaboa):
-acacias
-salgueiro
-piñeiro patula
-carballo americano
Acacia melanoxylon
-3-82 m de perímetro
XARDÍNS DE VINCENTI (Pontevedra):
-Cedros do Himalaia (P)
-Washingtonia filamentosa
-Palmeiras
-Magnolia grandiflora
-Araucarias excelsas
-Chorisia
-Cordiline
Cedros do Himalaia (Cedrus deodara). Xardíns de
Vincenti (Pontevedra). Teñen arredor de cen anos e
miden 23 a 27 m de altura.Washingtonia filifera
Carballo na Alameda
-3,29 m de perímetro.
ALAMEDA (Pontevedra):
-Washingtonias
-Carballo
-Araucaria excelsa
Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla)
Metrosideiro
(Metrosidero robusta)
-2,02 m de perímetro
PAZO DE BESADA (Poio):
-Carballo
-Alcipreste de California
-Secuioia vermella
-Cedro do Líbano
-Metrosideiro (P)
Alcipreste de California
(Cupressus macrocarpa)
Carballo (Quercus robur)
de Santa Margarida.
Mourente-Pontevedra (P).
-18,40 m de altura e 8,30 m
de perímetro. Ten máis de
500 anos.
Segundo a tradición as
promesas que se fan debaixo
del non poden romperse
nunca.
Santa Margarida
do Monteporreiro
que ten o carballo
maiore do Reino.
Frei Martín Sarmiento (1695-
1772) “Coloquio en mil
duascentas coplas galegas”, 1746.
Carballo en Cabenca (Cerdedo)
Á beira do río Seixo.
-6,59 m de perímetro
Carballo en Meilide (Cerdedo).
Á beira do río Seixo.
-3,8 m de perímetro
Carballo do Viño. (O Pelete. San Sebastián de
Covelo-A Lama). (P) É costume regalo con viño o día
da festa da Virxe dos Remedios.
-7, 25 m de perímetro e máis de 400 anos.
Carballo en San Xurxo de Sacos, na Carballeira de San
Xusto. É o de maior perímetro e altura da carballeira.
Carballo de Santa Isabel Loureiro (Cotobade)
-3,87 m de perímetro
Carballo á beira di Rio Maior (Vilaboa)
-3,70 m de perímetro
Sobreira, San Brais (Pontevedra)
-4,75 m de perímetro
Sobreira (Quecus suber) de Outeda
(Curro-Barro).
-4,10 m de perímetro
Piñeiro manso (Pinus pinea) do pazo de Gondar
(Santa María de Xeve, Pontevedra)
Piñeiro manso (Pinus pinea) do Casal (Poio)
Secuoia xigante do Pazo
de Mon (Poio)
-5,10 m de perímetro
Tulipeiro de Virxinia Xardíns do edificio de
Sanidade (Pontevedra)
-4,22 m de perímetro
Plátanos (Platanus x hispanica) da praza de
Barcelos (Pontevedra)
-O máis groso mide 4,45 m de perímetro
Piñeiro parasol xaponés (Sciadopitis verticilata)
do Colexio Sagrado Corazón (Pontevedra)
-2,39 m de perímetro
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) da UNED
(Monteporreiro, Pontevedra)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Vista da aba leste da serra do Cando. Nas partes medias
e baixas dos vales consérvanse as mellores carballeiras.
As carballeiras do Verdugo son uns dos bosques
autóctonos mellor conservados da provincia de
Pontevedra. Están situadas nos profundos vales dos ríos
o que fai que mesturados cos carballos e as súas
especies acompañantes (acivros, bidueiros, estripos,
sanguiños, xilbarbeiras) aparezan especies de ribeira
(amieiras, freixos, salgueiros, bieiteiros...)
LIC SERRA DO CANDO
Espazo protexido de 5.402 ha, que nesta
comarca afecta aos concellos de Cerdedo-
Cotobade e A Lama. Comprende a Serra do
Cando, o curso alto do río Lérez entre esta
serra e a do Candán e parte do río Verdugo.
Os ecosistemas de maior valor da Serra do
Cando son as turbeiras dos cumes e as
carballeiras do río Verdugo e os seus
afluentes.
O Lérez en Calvelo (Cotobade)
LIC RÍO LÉREZ
O espazo protexido abrangue unha extensión de 19 ha, nos concellos de Pontevedra, Campo
Lameiro e Cerdedo-Cotobade, os últimos 20 km de percorrido do río desde Santa María de
Sacos a Pontevedra.
As augas do Lérez teñen unha grande riqueza biolóxica e as súas ribeiras conservan unha
vexetación de moito interese.
LIC ENSEADA DE SAN SIMÓN
Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande (nesta comarca os concellos de
Pontevedra e Vilaboa). É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes
das achegas dos ríos Verdugo-Oitavén, Rego de Tuimil e Pontenova pola parte norte e
Alvedosa e Macerras na parte sur. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas
A enseada é un ecosistema cunha alta productividade biolóxica e de gran riqueza marisqueira
no que hai importantes bancos de bivalvos e poboacións de aves acuáticas.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS: Mon Daporta
agosto 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
LIC Serra do Cando
LIC Serra do CandoLIC Serra do Cando
LIC Serra do Candomonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaceipdeandrade4
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 

What's hot (20)

Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
LIC Serra do Cando
LIC Serra do CandoLIC Serra do Cando
LIC Serra do Cando
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 

Similar to Comarca Pontevedra

Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
silleda
silledasilleda
silledaalbela
 
silleda
silledasilleda
silledaalbela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 

Similar to Comarca Pontevedra (17)

Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
silleda
silledasilleda
silleda
 
silleda
silledasilleda
silleda
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Hugo b.l
Hugo b.lHugo b.l
Hugo b.l
 
Hugo b.l
Hugo b.lHugo b.l
Hugo b.l
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Pontevedra

  • 2. O Lérez en Gargallóns A comarca de Pontevedra esténdese desde a costa, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, aos cumes da Dorsal Galega nas serra do Cando e o Suído. É unha comarca cun medio físico moi variado onde se poden atopar paisaxes costeiras, vales fluviais e unha grande parte de terreo montañoso que, partindo das serras orientais vai perdendo altura pouco a pouco ata a Depresión Meridiana, unha foxa tectónica que ocupa o centro dos concellos de Barro e Pontevedra con direción N-S e na que se concentra a maior parte da poboación e das infraestruturas. A rede fluvial estrutúrase na maior parte arredor do Lérez e, en menor medida, do Verdugo.
  • 3. Os aproximadamente 125.000 habitantes desta comarca están distribuídos de forma moi irregular. Hai unha grande concentración poboacional na zona costeira, especialmente na área metropolitana de Pontevedra, no eixo Barro-Vilaboa, e en Poio; e a medida que se ascende cara ás serras vaise facendo menor. Pontevedra é unha comarca que acolle importantes recursos naturais arredor do mar, dos ríos e das montañas.
  • 4. SUPERFICIE: 624 km2 POBOACIÓN: 125.381 habitantes (2016) CONCELLOS: A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo- Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Río Lérez”, “Serra do Cando” e “Enseada de San Simón”.
  • 5. CLIMA Cerdedo Oceánico, con grandes contrastes entre a zona costeira (máis suave, con invernos frescos e veráns secos) e a montaña (invernos fríos e veráns frescos).
  • 6. ACTIVIDADES Combarro As actividades fundamentais son os servizos, a construción e a industria. Nas vilas costeiras ten importancia a pesca e a acuicultura e nas interiores a agricultura, gandaría e silvicultura.
  • 7. Pontevedra é o centro comercial da comarca
  • 8. PATRIMONIO Toda a comarca de Pontevedra é rica en petróglifos. Destacan as áreas arqueolóxicas de Campo Lameiro, A Caeira, Tourón (Pontecaldelas), Cerdedo- Cotobade... En Campo Lameiro e na Caeira hai Centros de Interpretación. Pontevedra é unha comarca que acolle importantes valores históricos, artísticos e etnográficos: petróglifos, castros, cascos históricos, núcleos rurais, igrexas, cruceiros, pazos, hórreos, pontes, muíños... O camiño portugués a Santiago de Compostela atravesa a comarca polo oeste. Centro Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
  • 9. Petróglifo “Laxe dos Carballos” en Campo Lameiro Petróglifo “Outeiro do Cogoludo” en Campo Lameiro
  • 10. Centro de Interpretación e Área Arqueolóxica da Caeira (Poio)
  • 12. Capela de San Antón e castro de Penalba (Campo Lameiro)
  • 13. Igrexa de San Miguel do Campo (Campo Lameiro) Igrexa de Santa Mariña das Fragas (Campo Lameiro)
  • 14. Igrexa de Borela (Cerdedo-Cotobade) Igrexa de Carballedo (Cerdedo- Cotobade) Igrexa de Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade)
  • 15. Igrexa de Valongo (Cerdedo-Cotobade) Mosteiro de San Pedro de Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
  • 16. Igrexa da Peregrina (Pontevedra)
  • 17. Convento de San Francisco (Pontevedra)
  • 18. Igrexa de San Bartolomeu (Pontevedra) Igrexa do Convento de Santa Clara (Pontevedra)
  • 19. Capela dos Emparedados (Pontevedra)Ruínas da igrexa de San Domingos (Pontevedra)
  • 20. Igrexa de San María (Pontevedra)
  • 21. Mosteiro de San Bieito de Lérez
  • 22. Capela de Santa Margarida de Monteporreiro Igrexa de Salcedo (Pontevedra)
  • 23. Igrexa da Canicouva (Pontevedra) “Cama do Santo”, A Canicouva
  • 24. Igrexa de Pontesampaio (Pontevedra) Capela de San Cibrán (Tomeza, Pontevedra) Construída sobre un antigo castro cunhas vistas espectaculares sobre a zona. O luns de Pascua celébrase unha importante romería a onde acoden para curar o “mal de Ollo”, para o que hai que dar nove voltas arredor da ermida e lanzar pedras por riba do tellado para pedir desexos.
  • 25. Igrexa de Verducido (Pontevedra) Igrexa de Santa María de Xeve (Pontevedra)
  • 26. Igrexa de Figueirido (Vilaboa) Igrexa de Vilaboa
  • 27. Torre do pazo de Gondar en Santa María de Xeve (Pontevedra) Rectoral de Borela (Cerdedo-Cotobade) Rectoral de Valongo (Cerdedo-Cotobade)
  • 30. Pedre (Cerdedo-Cotobade, un núcleo tradicional que conserva varios eirados con hórreos e casas de boa canteiría Hórreo en Borela (Cerdedo-Cotobade) Hórreo con pombeiro na rectoral de Borela (Cerdedo-Cotobade) Hórreo da rectoral de Vilaboa
  • 31. Hórreo no pazo de Gandarón, en Salcedo (Pontevedra)Hórreo no mosteiro de Poio Hórreos en Combarro (Poio)
  • 32. Praza da Leña (Pontevedra)
  • 33. Casas en Combarro Pazo de Mugartegui (Pontevedra) Casa das Campás (Pontevedra)
  • 34. Fonte no mosteiro de Lérez (Pontevedra) Fonte na praza de Santa María (Pontevedra)
  • 35. MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Fundado pola Deputación de Pontevedra en 1927. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanentes e temporais. Tesouro de Caldas de Reis
  • 36. Restos dun muíño de vento na Cruz do castro en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
  • 37. Acueduto en Mirón. Pontecaldelas
  • 38. CONCELLOS SUPERFICIE: 37,51 km2 POBOACIÓN: 3.746 habitantes (2016) PARROQUIAS: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas. Parque natural do río Barosa BARRO O territorio do concello de Barro aséntase no noroeste da comarca atravesado de norte a sur pola Depresión Meridiana, entre as elevacións do Acibal, ao leste e o Castrove ao oeste. Está regado polo río Chaín e numerosos regos que baixan, sobre todo das montañas do leste. Tén unha superficie de e arredor de distribuídos en seis parroquias:
  • 39. Igrexa románica de San Martiño de Agudelo, situada na Ruta Xacobea Portuguesa que atravesa o concello de Barro. Unha grande parte do territorio (78%) está Dedicado a explotacións forestais de piñeiros e eucaliptos e nas partes baixas hai cultivos de horta e viñedos. Tres das parroquias (Agudelo, Perdecanai e Valiñas) están acollidas a D.O. Rías Baixas. As actividades principais da poboación son os servizos, a construcción, a industria e a agrogandeiría e forestal. A capital municipal e o centro dos servizos sitúase en San Antoniño. É un concello con importantes valores naturais, centrados nos ríos, históricos, artísticos e etnográficos. Releve da igrexa de Curro, de comezos do século XVI.
  • 40. Gargallóns, unha poboación situada, como a maioría das de Campo Lameiro, mirando ao Lérez. Detrás os montes do Coto do Medio (no linde con Moraña). CAMPO LAMEIRO Sitúase no nordeste da comarca nun terreo dominado polas elevacións que se prolongan cara ao oeste desde a Dorsal Galega onde os cumes máis destacados son o Cádavo (Campo das Cruces ou Montes dos Cregos) no linde co concello da Estrada e o monte Conla, no linde con Cerdedo. O río principal é o Lérez, que o separa, polo sur, do concello de Cotobade. Ao norte, unha pequena parte do territorio verte as augas cara ao Umia a través do seu afluente, o Sequeiros. SUPERFICIE: 63,74 km2 POBOACIÓN: 1.962 habitantes (2014) PARROQUIAS: O Campo, O Couso, Fragas, Moimenta, Montes e Morillas
  • 41. Petroglifo na “Laxe da Rotea de Mendo”, situado nas proximidades do castro de Penalba, desde o que se divisa unha panorámica do concello de Campo Lameiro. As principais actividades son a construción, a a grogandaría e forestal, os servizos e pequenas industrias, en especial agrogandeiras. A capital municipal é A Lagoa, na parroquia de O Campo. Campo Lameiro acolle paraxes dun grande interese natural nas beiras do río Lérez, que está protexido en todo o seu curso, e un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de Galiza formado por varias estacións con numerosos gravados.
  • 42. SUPERFICIE: 214,5 km² POBOACIÓN: 6.160 habitantes (2016) PARROQUIAS: Augasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Castro, Cerdedo, Corredoira, Figueiroa, Folgoso, Loureiro, Parada, Pedre, Quireza, Rebordelo, Sacos (santa María e San Xurxo), Tenorio, Tomonde, Valongo e Viascón CERDEDO-COTOBADE É un novo concello creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo (da comarca terra de Montes) e Cotobade. O relevo é moi accidentado e esténdese desde a serra do Cando, ao leste, onde se atopan as maiores altitudes (Outeiro do Couto, con 1.017), ata a Depresión Meridiana, ao oeste, no linde co concello de Pontevedra. No noroeste atópase o Coto de Conla (772 m). O sistema fluvial está dividido pola serra Castelada (ou Castrelada) entre ríos que verten na ría de Pontevedra e a de Vigo. O río Lérez atravesa a comarca NE a SO e recibe como afluentes pola dereita o Quireza e pola esquerda o Castro, o Seixo, o Porto das Cubas e o Almofrei. No sur un curto tramo do Verdugo cos afluentes Barbeira e Calvelle. Vista de Cerdedo desde a Serra do Cando
  • 43. Carballeira en Famelgas, coa capela de Santa Lucía. As principais actividades están relacionadas coa a agrogandaría e as explotacións forestais. Séguenlle os servizos e as pequenas industrias. A capital do concello é A Chan, na parroquia de Carballedo. Acolle zonas de especial valor natural protexidas no LIC “Serra do Cando” e “Río Lérez”; e un rico patrimonio etnográfico (muíños, eirados de hórreos, núcleos tradicionais) e histórico-artístico (petróglifos, castros, pontes romanas e medievais, igrexas, pazos...). Hai varias rutas de sendeirismo: “A Vía escondida”, “San Xusto”, “A Memoria do lobo”, “Santa María de Sacos”, “O Sabugueiro”, “Río Seixo”, “Monte Seixo”... Cruceiros e capela de San Lourenzo en Serrapio
  • 44. Cernedo (parroquia da Barcia do Seixo), nas abas orientais da serra do Cando. SUPERFICIE: 111,76 km2 POBOACIÓN: 2.587 habitantes (2016) PARROQUIAS: Antas, A Barcia do Seixo, Covelo, Escuadra, Gaxate, A Lama, Seixido, Verducido, Xende e Xesta. A LAMA Está situado ao leste da comarca, no linde coa provincia de Ourense. É un concello ocupado en grande parte por terreos de alta montaña, entre as serras do Cando, ao noroeste e o Suído ao leste, onde se atopan as maiores altitides do concello e da comarca que culminan no Coto Puza, con 1.027 m. Está atravesado polos ríos que baixan destas serras e forman profundos vales, sobre todo nos cursos altos. O Barbeira e o Verdugo baixan das abas norte e sur da serra do Cando. O Xesta baixa do Suído e máis adiante xúntase co Parada que fai fronteira polo sur nun curto tramo, para formar o Oitavén. Ao sur do concello unha unha aliñación de cumes que desdenden desde o Coto dos Xarotos, con 1.020 m, forman o límite co concello de Fornelos de Montes e a comarca de Vigo.
  • 45. Casa típica dos emigrantes en Gaxate É unha zona moi marcada pola emigración, primeiro a América, despois a Europa, e na actualidade ás cidades costeiras. As actividades principais son a agrogandaría e os servizos. Recentemente está cobrando interese o turismo, atraído polos importantes valores naturais que acolle a zona, onde hai varias rutas de sendeirismo. Unha parte está protexida no LIC “Serrado Cando”. A Lama conserva tamén un rico patrimonio cultural: igrexas, casas tradicionais, pontes, muíños, cruceiros... Ponte medieval de Verducido no Río Parada, no linde con Fornelos de Montes
  • 46. Combarro SUPERFICIE: 33,90 km2 POBOACIÓN: 16.842 habitantes (2015) PARROQUIAS: Combarro, San Salvador de Poio, San Xoán de Poio, Raxó e Samieira. POIO Está situado ao noroeste da comarca de Pontevedra, separado da comarca do Salnés polo Monte Castrove que lle fai de linde con dirección NE-SO. Ocupa unha parte da marxe dereita da ría de Pontevedra, desde Raxó ata o esteiro do Lérez, onde está conectado con Pontevedra pola ponte da Barca. O releve é moi accidentado, as abas dos montes caen bruscamente cara ao mar e só hai algúns territorios chans na pequena faixa costeira. O ríos baixan do Castrove (regos dos Mouros, Cancela, Covelo e Muíños) e son de curto percorrido e pendentes pronunciadas.
  • 47. Combarro, unha vila mariñeira que conserva un dos conxuntos arquitectónicos populares máis interesantes de Galiza e no que destacan as casas mariñeiras e os hórreos (máis de trinta) á beira do mar. Nas proximidades atópase os mosteiro de San Xoán de Poio. As principais actividades son os servizos, a industrias, a pesca, o marisqueo, as explotacións forestais... A capital do concello está en San Xoán de Poio. Na costa aséntanse as vilas mariñeiras de Raxó, Combarro e Campelo. É un concello dun grande interese artistico e etnográfico, onde os valores naturais máis destacados están nas rutas polos regos que baixan do Castrove e na costa. Mosteiro de San Xoán de Poio
  • 48. Ponte sobre o Verdugo en Pontecaldelas. Ao pé do río atópase o balneario de augas medicinais. O río Verdugo é o núcleo fluvial que divide o territorio de Pontecaldelas de NE a SO. SUPERFICIE: 87 km2 POBOACIÓN: 5.573 habitantes (2016). PARROQUIAS: Anceu, Caritel, Castro Barbudo, Forzáns, A Ínsua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns. PONTE CALDELAS Está situado no centro-sur da comarca, limitado polo río Oitavén que o separa da comarca de Vigo. O territorio ten un relevo moi complexo con numerosos montes de pequena altitude, entre os que destaca a serra da Castelada (663 m), ao norte, e A Fracha (546 m), ao Sur. Está atravesada por numerosos ríos que pertencen as concas dos ríos Verdugo e Oitavén, separados entre sí polas últimas estribacións da serra do Suído (Couto de Brea, Penaranda...).
  • 49. Praia fluvial no río Verdugo en Pontecaldelas O nome de Ponte Caldelas garda relación cos mananciais de augas termais sulfuroso-sódicas que deron lugar á instalación dun balneario na vila, na actualidade pechado. As actividades principais son a industria, os servizos e o turismo. Conserva importantes enclaves naturais, sobre todo nas marxes dos ríos e numerosos vestixios históricos, artísticos e etnográficos. Centro de interpretación de arte rupestre en Tourón. Instalado pola Comunidade de Montes en colaboración coa Consellería de Cultura e o concello dentro dun programa PRODER. Ofrece un percorrido guiado con paneis explicativos en cada estación.
  • 50. Vista aérea de Pontevedra SUPERFICIE: 118,27 km2 POBOACIÓN: 82.539 habitantes (2015) PARROQUIAS: Alba, Bora, Campañó, A Canicouva, Cerponzóns, Lérez, Lourizán, Marcón, Mourente, Pontesampaio, Pontevedra, Salcedo, Santa María de Xeve, Tomeza, Verducido e Xeve (Santo André). PONTEVEDRA Ocupa o centro-oeste da comarca, no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, nun territorio que segue a fractura da Depresión Meridiana, pola que discorren os ríos Grandal, de N a S, e Tomeza ou dos Gafos, de S a N. As maiores alturas sitúanse no Castrove, no linde coa comarca do Salnés e na Fracha, compartida con Pontecaldelas. O eixo do territorio de Pontevedra é o río Lérez que a atravesa de leste a oeste e forma un amplo esteiro moi colmatado, no que ata o século XIX funcionou un importante porto pesqueiro e comercial.
  • 51. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo. Pontevedra, con 63.059 habitantes (datos de 2015), é a capital do concello e da provincia, onde se concentran a maioría dos servizos e das actividades comerciais. É un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no casco antigo da cidade, un dos mellores conservados de Galiza. Os lugares de interese natural céntrase arredor do río Lérez e os seus afluentes e nos numerosos parques forestais e xardíns. Praza da Ferrería
  • 52. Porto de Santo Hadrián de Cobres SUPERFICIE: 36,85 km2 POBOACIÓN: 5.972 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cobres (Santo Adrán), Figueirido, Bértola, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa VILABOA Situada ao sur-leste da comarca de Pontevedra, entre as elevacións da serra de Domaio (na península do Morrazo), a ría de Vigo e a Depresión Meridiana, onde linda con Pontevedra. O releve do concello é moi irregular e cae bruscamente desde os cumes do Morrazo ata a ría de Vigo. Os poucos terreos chans sitúanse na faixa costeira e no leste do concello, ocupando o fondo da Depresión Meridiana. A costa ocupa a banda leste da Enseada de San Simón, na ría de Vigo, ata a ponte de Rande. Or ríos son de curto percorrido. O Maior e o Ulló baixan dos montes do Morrazo e o Tomeza, ten o comezo do seu curso no concello e logo circula cara á ria de Pontevedra.
  • 53. Saíñas de Vilaboa, situadas no remate do esteiro do Ulló, en Paredes. Hai constancia do seu funcionamento desde o século XII, e foron moi importantes para abastecer de sal á cidade de Pontevedra durante o século XVIII. As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura, os servizos e a industria (asteleiros, conserveiras...). O concello non ten un núcleo poboacional destacado e o centro sitúase en O Toural. Conserve un interesente patrimonio artístico e etnográfico. A zona costeira está incluída no LIC “Enseada de San Simón”.
  • 54. RELEVO Cumes do Suído e ao fondo a serra do Cando coroada de xeradores eólicos. Son as serras de máis altitude da comarca que forman parte da Dorsal Galega. O relevo da comarca de Pontevedra é moi accidentado e variado. As maiores elevacións atópanse na Dorsal Galega, nas serras do Cando e do Suído que a limitan polo leste. No norte atópanse o monte dos Cregos, o Cávado e O Acibal que a separan das comarcas de Tabeirós e Umia-Caldas, e ao sur pequenas elevacións (A Fracha) nas que escavan os seus vales os ríos Verdugo e Oitavén. Está atravesada de leste a oeste polo río Lérez e os seus afluentes, separados da cunca do Verdugo por unha serie de aliñacións, con dirección NE-SO coas maiores alturas na serra da Castelada. De norte a sur, seguindo unha liña que vai desde o concello de Barro até o fondo da Enseada de San Simón atópase a Depresión Meridiana, un bloque tectónico afundido, e máis ao oeste as elevación da Serra de Domaio, no linde co Morrazo e O Castrove, no linde co Val do Salnés.
  • 55. Montes de Campo Lameiro (A Carballa, Coto do Medio, no linde con Moraña) desde Gargallóns. Unha gran parte do terreo forestal da comarca de Pontevedra foi arrasado polo lume no verán de 2006.
  • 56. A vexetación é moi variada. Nos cumes das montañas máis altas domina o mato de toxos, breixos, uces, xestas e carqueixas. Nos vales dos ríos das zonas montañosas consérvanse carballeiras e bosques de ribeira e a maior parte do terreo forestal está cuberto de plantacións de piñeiros e eucaliptos. Carballeira na serra do Suído. Nos lugares máis afastados aínda se conservan magníficos exemplos de carballeiras autóctonas.
  • 57. Toxos e breixos, as plantas máis comúns no mato dos cumes Abrodia (Asphodellus albus), unha planta que abonda nos cumes castigados polo lume.
  • 58. Carricanta (Ephippigera ephippiger), vive en lugares secos de vexetación escasa como os curutos dos montes. A fauna é a típica de matogueiras e grandes espazos abertos, así como de fragas Algunhas serras acollen especies de gran interese como o lobo, gato bravo, o bufo real, a águia real, o falcón abelleiro, a gatafornela... Laverca (Alauda arvensis)
  • 59. Vista xeral do oeste da serra, na vertente pontevedresa SERRA DO SUÍDO Situada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea e da serra do Cando polo alto val do río Verdugo. Nesta comarca atópase a máxima altura da serra, o Coto da Puza con 1.027 m, no linde entre a Lama e Avión. Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste.
  • 60. Carballeira da Xesta. Situada na marxe esquerda do río Xesta, entre Pigarzos e A Xesta. Unha das carballeiras de montaña máis extensas e mellor conservadas da Galiza occidental. O Suído é unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2 ). A alta pluviosidade da súa vertente occidental da lugar a numerosos cursos de auga. Nas zonas chans e nas depresións hai brañas e nos vales consérvanse carballeiras e bosques de ribeira como os das cabeceiras do río Xesta. Accedese desde Pontecaldelas, ou A Lama.
  • 61. Foxo do Lobo de Pigarzo (A Lama)
  • 62. Cumes do Cando e Ría de Pontevedra SERRA DO CANDO/MONTE SEIXO Ten orientación N-S, con montes de media altura (600 a 1.000 m) de perfil redondeado, formados por granitos que aparecen en bolos e penedos. Nesta comarca ocupa terreos nos concellos de Cerdedo-Cotobade e A Lama. O cume máis importante é o Outeiro do Couto (1.017 m) no linde entre Cerdedo e Forcarei. Nas súas vertentes nace o río Verdugo e varios afluentes do Lérez. Os ecosistemas de maior valor da Serra do Cando son as turbeiras dos cumes e as carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes. Está protexida no LIC “Serra do Cando” Desde os cumes divísanse as rías de Vigo, Pontevedra e parte da de Arousa. Accedese desde Cerdedo, A Lama ou Cotobde.
  • 63. PORTA DO ALÉN. MONTE SEIXO Un grupo de penedos en equilibrio que forman unha abertura a xeito de porta que serve para conversar cos que están no outro mundo (O Alén). Hai que ir no mes de Santos e levar algún presente para comer e beber, pan e viño preferentemente, e tamén unha candea para alumar. Logo xa pode preguntar o que desexe e as respostas víranlle dacabalo do vento. Pero non podes revelar o falado alí ou quedarás rouquexo para sempre.
  • 64. Carballos e gando no Cando
  • 65. Abas oerientais do Cando no curso alto do verdugo, onde se conservan unhas boas carballeira.
  • 66. O Marco do Vento
  • 67. Vista dos Cádavo e os Montes dos Cregos desde o castro de Penalba. Un punto panorámico nas proximidades de Campo Lameiro que acolle dúas estacións rupestres: A Pedra da Serpe e o Laxe da Rotea de Mendo. CÁDAVO E MONTES DOS CREGOS Forman parte dunha sucesión de elevación de alturas comprendidads entre os 300 e os 800 m que se estenden por todo o linde do concello de Campo Lameiro: Outeiro Redondo, con 539 m, O Xesta, con 532 m, O Cádavo e Campos das Cruces, con 803 m, Montes dos Cregos, con 789 m, Coto da Conla, con 772 m, Monte Longo, con 628 m... Son cumes espidos moi castigados polo lume, desde os que se poden contemplar vistas panorámicas da comarca. A vexetación está moi degradada e na súa maior parte, é de piñeiros e eucaliptos. Accedese desde Campo Lameiro, pola estrada que vai a Codeseda ou desde O Couso.
  • 68. Vista dos cumes que separan Cerdedo da Estrada. Nas súas aban aséntase a parroquia de Quireza.
  • 69. MONTE COIREGO Cume illado que destaca na paisaxe pola súa forma cónica que se aprecia a moita distancia. Está situado no concello de Cerdedo-Cotobade, formando parte dun macizo que separa o val do Lérez do seu afluente o Almofrei. Desde o seu cume (772 m) divísase gran parte do territorio da comarca de Pontevedra, desde a ría ata as serras do Cando e o Suído. Accedese desde Cotobade (A Chan), pola estrada que vai a Caroi, ou desde a N-541 (Pontevedra-Ourense) pola estrada que indica O Cádavo.
  • 70. Foxo do lobo no Chan das Latas, nas abas do Coirego. Accedese pola estrada de Caroi, desde unha área acondicionada á dereita da estrada. Hai indicada unha ruta circular “Ruta Foxo do Lobo” de 10,6 km para facer a pé que pasa por Loureiro e A Chan e percorre parte do curso do río Almofrei. Os foxos eran estruturas formadas por dous muros de pedra que confluían nun pozo, tamén rodeado de paredes de pedra. Os lobos íanse conducindo monte abaixo ata facelos entrar no recinto e obrigalos a caer no foxo, onde eran cazados.
  • 71. Cabalos criados en libertade. Por todas estas serras son comúns as greas de cabalos que se manteñen no monte todo o ano e no verán se baixan aos curros para marcar as crías e rapalos. SERRA CASTELADA Coñecida tamén como Castrelada (algúns mapas poñen Castrada). É un macizo formado por pequenas elevacións graníticas que fan de divisoria de augas entre as cuncas da Ría de Pontevedra (Almofrei, afluente do Lérez) e a de Vigo (Calvelle-Barbeira, que van ao Verdugo). Están situados entre os concellos de Pontecaldelas e Cotobade. Os cumes máis altos son Coto Grande (650 m), Coto dos Infernos (625 m) e Coto dos Lobos (525 m). Accedese pola estrada de Pontecaldelas a Cotobade.
  • 72. Vista da serra da Castelada desde o cume da Fracha
  • 73. O Acibal desde o miradoiro de Pontillón de Castro. Este miradoiro está situado na parroquia de Verducido, nun pequeno cume coroado por un monumento ao canteiro. Ten unhas excelentes vistas sobre o concello de Pontevedra e parte de Barro. O ACIBAL Pequeno macizo granítico de cumes de 300 a 600 m situado entre os concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro. O punto máis alto nesta comarca é o Acibal con 541 m, no linde entre Barro e Moraña. Accedese desde Barro ou Verducido.
  • 74. Cumes da Fracha con Pontevedra ao fondo A FRACHA Sistema montañoso granítico situado entre Pontecaldelas e Pontevedra. O cume máis alto é A Fracha ou Facha, con 546 m. Nas abas do oeste nacen os ríos Tomeza (Ría de Pontevedra) e Ulló (Ría de Vigo), e nas do leste afluentes do Verdugo. Ten unhas vistas espectaculares sobre as rías de Vigo e Pontevedra e a zona interior da comarca. Accedese desde as estrada de Pontevedra a Pontecaldelas (á altura do polígono Industrial de As Lagoas), desde Marcón, A Canicouva (Pontevedra) ou Xustáns (Ponteareas). Na subida de Xustáns hai unha área de lecer e un miradoiro.
  • 75. Montes do Morrazo, co Coto Redondo no centro, desde a ría de Vigo SERRA DO MORRAZO Esténdese con direción NE-SO ao longo da península que separa as rías de Vigo e Pontevedra. Son bloques graníticos de mediana altitude levantados a finais do Perído Terciario. O punto máis alto nesta comarca é o Coto Redondo con 530 m, un expléndido miradoiro sobre as rías de Vigo e Pontevedra. Na zona hai numerosas mámoas, varias excavadas. O acceso pódese facer desde Pontevedra ou Vilaboa
  • 76. Lago Castiñeiras, en Cotorredondo. O Parque da Natureza de Cotorredondo e Lago Castiñeiras é un espazo que forma parte dos concellos de Vilaboa e Marín. Está situado na zona central da Península do Morrazo, cunha altitude media de 400 m sobre o nivel do mar. Ocupa unha superficie de 70 hectáreas, propiedade das comunidades de montes. Estruturase arredor do Lago e os regatos que o alimentan... Un aspecto importante é a presenza de elementos megalíticos, entre con algúns petróglifos e varias mámoas, entre as que destaca a “Mamoa do Rei”. O parque conta cunha Aula de Natureza (creada no ano 1988), un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, áreas de
  • 77. Vista do Castrove desde o miradoiro de Pontillón de Castro MONTE CASTROVE É unha pequena serra con orientación NE-SO, situada entre as rías de Arousa e Pontevedra. Está formada maioritariamente por granito de dúas micas con algunhas bandas de xistos. O cume máis elevado é o Castrove, con 613 m, no linde entre Poio e Meis. Desde o alto hai unhas boas vistas sobre o Salnés e A Ría de Arousa cara ao oeste e da ría de Pontevedra polo sur. Accédese desde Poio.
  • 78. No cume do do Castrove conflúen os concellos de Pontevedra, Poio e Barro (comarca de Pontevedra) e Meis (O Salnés).
  • 79. O Castrove a a ría de Pontevedra
  • 80. OS RÍOS O Lérez en Lérez (Pontevedra) Os ríos teñen un gran protagonismo no releve desta comarca na que escavan profundos vales no seu discorrer de leste a oeste para desaugar nas rías de Pontevedra e Vigo. Toda a rede hidrográfica está estruturada arredor do Lérez e do Verdugo- Oitavén, agás pequenos tramos de afluentes do Umia nos concellos de Campo Lameiro (Sequeiros) e Barro (Chaín co Agra e o Lourido), o Ulló, que desemboca no fondo da Enseada de San Simón, o Grandal, que desemboca na xunqueira de Alba, a carón do Lérez, o Tomeza ou dos Gafos, que desemboca en Pontevedra e algúns regos de curto percorrido que baixan directamente desde O Castrove (Regos dos Mouros, Cancela, Covelo e Muíños) ou desde a serra de Domaio (Maior, Sidra...). O forte desnivel dalgunhas zonas fai que abonden as zonas de rápidos e os saltos.
  • 81. Salgueiros, amieiras e robinias á beira do río Barosa. Arredor de todo este sistema fluvial consérvanse excelentes bosques de ribeira e, nos vales máis altos carballeiras estensas. Nos bosque de ribeira atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, sanguiños, carballos e na parte do curso baixo eucaliptos. Nas augas remansadas hai espadainas, lirios,oucas, lentellas de auga, bricios, espigas de auga, Myriophylum, pe de boi... e nas beiras fentos (dentabrú, fento macho, fento femia, Blechnum...), herba salgueira, lúpulo, hedras, valdeba, silva, salgueiriño, amarelle, menta de auga, violeta, reina, adelfiña, molinia... Fentos (dentabrús) e molinias
  • 82. Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos cursos de auga limpa e rápida. Nas augas dos ríos hai troitas, salmóns, escalos, anguías, reos e na zona de influencia das mareas, muxes. Nas beiras hai unha boa representación de réptiless, anfibios, aves, mamíferos e insectos. Cabaliños do demo, libeliñas, gaiteiros... están sempre presentes na beira da auga, dentro da que se desenvolven antes de acadaren a fase adulta.
  • 83. O Lérez en Pontevedra RÍO LÉREZ Nace na Serra do Candán, nas abas do San Bento, na parroquia de Acibeiro, e descende con fortes pendentes encaixándose e abríndose repetidas veces ao longo dos seus cursos alto e medio, para discorrer lentamente no seu curso baixo. Na comarca drena os concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Barro e Pontevedra e verte na ría de Pontevedra despois de 57 km de percorrido. Os seus afluentes pola dereita son Quireza, Grande, Calvos, Maneses, Gargalláns e Fontáns (Verducido), e pola esquerda Castro, Porto das Cubas, Cabaleiro, Tenorio e Almofrei. A cidade de Pontevedra e varias vilas das dúas marxes da ría abastécense de auga do Lérez e do encoro do Pontilllón de Castro, no seu afluente o Rons. O Lérez está protexido nos LICs, “Serra do Cando”, “Río Lérez”.
  • 84. Ponte de Parada (Cerdedo), de orixe romana e reconstruída no século XIII. Formaba parte da antiga ruta do Ribeiro a Santiago.
  • 85. Ponte de San Antón en Cerdedo, sobre o río Castro. A ponte é do século XII e a capela que hai ao seu carón do XVI. Nas proximidades hai varios muíños e un antigo serradoiro hidráulico. Accédese por un camiño empedrado desde o centro de Cerdedo. RÍO CASTRO Nace na Portela de Lamas e xúntase co Lérez na Ponte Nova de Cerdedo. Os principais afluentes son o Ventoxo, pola dereita e o Carballas e o Seixo pola esquerda.
  • 86. FERVENZA DA CAVADOSA Na parroquia de Cerdedo, no río do Seixo. O río forma varios saltos e rápidos en rochas graníticas. COMO CHEGAR: cóllese desde Cededo en dirección a Cavadosa e desde a ponte que cruza o río vense varios saltos de diferentes alturas. As máis interesantes están río arriba. Abaixo da ponte hai varias pozas como a poza Fumegas.
  • 87. Ponte romana da Cavadosa no río Seixo.
  • 88. POZO SANGOENTO O río do Seixo forma unha ampla poza na que cae nunha fervenza de 5 m de altura. Varias lendas falan da Serpe bichoca que garda un tesouro. Os que tentan collelo morren. COMO CHEGAR: Desde A Cavadose séguese rio abaixo ata chegar ao pozo que se pode rodear con certa dificultade pola marxe esquerda.
  • 89. POZO FUMEGAS: O río Seixo ou Sillar en Meilide (Cerdedo) forma un canón con abundantes rápidos e pequenos saltos. COMO CHEGAR: En Meilide, en fronte da capela, un camiño empredrado que segue a ruta do Pai Sarmiento baixa ata o río. Crúzase a ponte e remóntase o río uns 600 m.
  • 90. REGO DE MANESES Un afluente do Lérez que se forma con varios regos que nacen no monte dos Cregos.
  • 91. O Lérez en Pedre O Lérez e Vichocuntín (Cerdedo)
  • 92. O Lérez en Pedre, ao pé da ponte medieval. Nas proximidades desemboca o río Quireza, un afluente que ven do Outeiro da Cruz. A ponte de Lérez é de orixe moi antiga (reconstruída no século XII) e estivo moi relacionada coas antigas vías romanas e o Camiño de Santiago.
  • 93. RÍO QUIREZA Nace no Outeiro Grande e xúntase ao Lérez pasado Pedre. Fervenzas no rego das Valgadas un afluente do Quireza, na parroquia de Castro, na estrada de Quireza a Cerdedo. Un pequeno rego que baixa da serra cun gran desnivel aproveitado para instalar varios muíños.
  • 94. Canón do Lérez entre San Xurxo de Sacos e Campo Lameiro
  • 95. Rego dos Cabaleiros Corredoira/Santa María de Sacos (Cerdedo-Cotobade)
  • 96. O Lérez en Gargallóns (Campo Lameiro)
  • 97. Balneario de San Xusto en San Xurxo de Sacos
  • 98. RÍO ALMOFREI Éo afluente máis importante do Lérez. Nace na Serra do Cando, e despois de percorre 26 km por un trazado encaixado e accidentado xúntase co Lérez en Ponte Bora. O seu principal afluente é o Pereira. Ponte do Almofrei en Bora, unha ponte antiga e con historia, porque nela foi onde os veciños da contorna
  • 99. Ponte do Almofrei en Borela
  • 100. O Almofrei ao pé da ponte de Arrotea Loureiro Rebordelo
  • 101. O Almofrei en Rebordelo (Cerdedeo-Cotobade)
  • 102. FERVENZAS DO ALMOFREI Na parroquia de Almofrei (Cotobade). Tres fervenzas principais nun tramo moi curto, con caídas de 6-7 m., 7 m. e 10 m. as primeiras, de abaixo arriba, case verticais. Pequena gorxa granítica de menos dun quilómetro con boas carballeiras. O río ve diminuido o seu caudal pola minicentral, o que permite tamén subir polo seu cauce entre os enormes bloques de pedra, pois non hai ribeira como tal. No inverno con moita auga non se pode ir, e no verán a vexetación faino case imposible. Entre Fontenova e Arrotea hai dúas fervenzas de 5 ou 6 metros. A zona está moi degradada: non hai bosque de ribeira, e ou ben hai penedos de granito ou ben acacias e eucaliptos. É moi difícil de chegar. COMO CHEGAR: Na estrada de Pontevedra á Lama, entre os lugares de Fontenova e Arrotea, a carón dunha casa, baixa unha pista de cemento moi estreita e empinada cara a central hidroeléctrica. Un pouco antes cóllese un camiño á esquerda e atravesando un campo chegase con moitas dificultades ao bosque de ribeira para remontar o río 200 metros Entre Cachopeiras e Xesteira, 1 quilómetro máis arriba das fervenzas anteriores, por riba da ponte medieval e da levada da minicentral. Pódese coller dende a ponte de Almofrei e remontar o río ou en Xesteiras baixar dende a pontella que cruza o río, á dereita da estrada que leva de Pontevedra a Carballedo.
  • 103. A Fontenova Almofrei (Cerdedo-Cotobade) Bora (Pontevedra), entre os lugares de Portamuíño e O Salgueiral. A fervenza principal ten unha fronte ampla e caídas de ata 7 m de altura. COMO CHEGAR: Na estrada de Pontevedra a Cotobade, xusto no punto quilométrico 1 cóllese o desvío a Portamuíño e apárcase o coche. Para ir ás fervenzas cóllese unha pista de terra que sae á esquerda e, seguindo sempre pola da esquerda chégase a unha levada antiga pola que se remonta o río ata atopar as fervenzas (2,5 km ida e volta). Pódese chegar a esta fervenza facendo a ruta do Almofrei sinalada polo concello de Pontevedra (7 km desde Ponte Bora).
  • 104. Encoro no Lérez (Bora)
  • 105. Rego de Fontáns ou de Verducido
  • 106. Fervenza de Lérez, no rego Fillagosa que cae directamente ao río. Pódese ver desde o paseo que segue o río desde Monteporreiro.
  • 107. Fonte do antigo balneario do Lérez, fundado por Casimiro Gómez en 1904. Foi a cerna de Augas Lérez que se comercializaron en Arxentina e Gran Bretaña que segundo di a propaganda da época eran as máis radiactivas das analizadas ata o momento.
  • 108. O mosteiro de San Bieito espéllase nun salón do Lérez. Os salóns son puntos do curso baixo do río nos que a canle se ensancha e, grazas á influencia da marea, as augas se remansan.
  • 109. O río Lérez entrando na cidade de Pontevedra. Praia fluvial e pontes do tren
  • 110. Esteiro do Lérez en Pontevedra
  • 111. A Ponte do Burgo, a máis antiga das numerosas pontes que cruzan o Lérez en Pontevedra.
  • 112. RÍO VERDUGO-OITAVÉN Ámbolos dous ríos, debido ás múltiples fracturas da súa cunca e ao desnivel do seu curso (en 30 km salvan 800 m de desnivel), discorren encaixados e con cambios constantes de dirección. O VERDUGO nace no Outeiro Grande, na Serra de Cando, percorre terras de A Lama, Pontecaldelas e Pontevedra (fai límite con Soutomaior) e, despois de 40 km de percorrido, desemboca en Pontesampaio, na ría de Vigo, onde marca o linde das comarcas de Pontevedra e Vigo. Os afluentes pola dereita son o Granizo, Cambeses, Xaque, Barbeira, Calvelle e San Vicenzo (Nabal), e pola esquerda Picos, Carrascal, Xesta, Formosa e Oitavén. O OITAVÉN nace na Serra do Suído (A Xesta-A Lama) e despois de 33 km de percorrido xúntase co Verdugo sete quilómetros antes da desembocadura. Na comarca percorre terras de A Lama e Pontecaldelas. Os principais afluentes son, pola dereita Os Muíños, Regueiros, Portalago e Piñeiral; e pola esquerda o Parada ou Valdeome. Desembocadura do Verdugo entre Pontevedra e Soutomaior
  • 113. O Verdugo en Pontecaldelas. Pasal no couto de Pesca. Nesta zona hai unha ruta de sendeirismo indicada.
  • 114. FERVENZA DE FÍRVEDA. Parroquia de Seixido (A Lama). O río Verdugo forma unha caída de auga de case 15 metros de altura. COMO CHEGAR: na estrada de Doade (Beariz) a Antas pola marxe dereita do Verdugo, cóllese cara ao lugar de Fírveda. Nunha eira e a carón dunha fonte baixa un carreiro cara uns muíños e a fervenza.
  • 115. FERVENZA DE ABELAÍDO. Abelaído (Seixido-A Lama). O río Verdugo forma sucesivos saltos que salvan un desnivel no río de 60 m. COMO CHEGAR: na estrada de Antas a Seixido (A Lama), baíxase ao lugar de Abelaído onde remata a estreita pista. Un carreiro pola dereita baixa ao río.
  • 116. POZOS DA FREIXA. No lugar de Roca (Ínsua-Pontecaldelas). Tres saltos sucesivos salvan 40 metros, formando grandes pozas no leito granítico do río. A situada máis abaixo é a de maior caída, de máis de 10 m. COMO CHEGAR: o acceso non é por Roca, senón pola outra beira do río Verdugo. Mesmo á saída de Pontecaldelas en dirección Pontevedra unha estreita estrada pola esquerda leva por Cuñas e Espiñeira en 2 Km ata a Central hidroeléctrica: remontando o río entre grandes bloques de pedra chégase con dificultade ás fervenzas. O mellor acceso é, 300 metros antes da central, coller a canle de auga a media ladeira ata a captación no río. Se o río leva pouca auga pódese cruzar por riba dos saltos e baixar ata o seu pé.
  • 117. O Río Parada en Verducido. Un afluente do Oitavén que se xunta a el nas proximidades de Verducido.
  • 118. SALTO DO XESTA OU A FREIXA Na parroquia de Xesta (A Lama). O río Oitavén, chamado Xesta na súa cabeceira percorre, a partir de Liñares, un terreo abrupto con rápidos e fervenzas. A máis espectacular é A Freixa entre rochas graníticas e rodeada de espesos bosques de ribeira e carballeiras. Está afectada pola construcción dunha central hidroeléctrica. COMO CHEGAR: desde A Lama pola estrada de Gaxate e de alí a Paradela e Liñares. Desde Pontecaldelas vaise a Xende e de alí a Liñares. Desde alí por un sendeiro a pé até a fervenza nuns 30 minutos. Tamén se pode ir desde Paradela seguindo as levadas da auga dos muíños.
  • 119. Muíños no río Ulló, en Pontesampaio RÍO ULLÓ Fórmase con varios regos que baixan dos montes de Pontecaldelas (A Fracha) e despois dun curto percorrido polo concello de Pontevedra, desemboca na ría de Vigo en Pontesampaio. Unha ruta de sendeirismo, que coincide en parte co Camiño Xacobeo Portugués, percorre un tramo do río con pequenas fervenzas e muíños. A ponte medieval que cruzaba o río foi arrasada polas enchentes de 2006.
  • 120. Ponte da Condesa no río Tomeza RÍO DOS GAFOS OU TOMEZA Nace en Vilaboa, na parroquia de Figueirido e percorre terreos de Bértola (Vilaboa), Tomeza, Salcedo e Pontevedra (concello de Pontevedra). Despois de 7 km desauga no fondo da ría de Pontevedra, a carón do Lérez. Unha ruta de sendeirismo preparada polos veciños percorre as beiras do río.
  • 121. Encoro de Pontillón de Castro en Verducido (Pontevedra). Está acondicionado para celebrar probas de piragüismo. RÍO GRANDAL-RONS Nace nos montes de norte de Pontevedra, nos lindes con Barro e Campo Lameiro e discorre de N a S pola Depresión Meridiana ata desembocar na xunqueira de Alba, en Pontevedra. Nun dos seus afluentes, o Rons, está o encoro de Pontillón de Castro, que abastece de auga a Pontevedra. As Xunqueiras de Alba forman unha estensa zona húmida que acolle numerosas aves acuáticas. Un paseo permite percorrer parte do curso do río desde a desembocadura en Pontevedra na marxe dereita da ría.
  • 122. Desembocadura do río Grandal en Pontevedra
  • 123. FERVENZA DO PEREIRO COMO CHEGAR: na estrada de Pontevedra a Sanxenxo, un pouco antes de chegar a Combarro, cóllese á dereita un indicador a Pereiro e Casalvito. Séguese cara a Pereiro de Abaixo e baixase pola segunda estrada indicada á dereita, crúzase unha ponte sobre o río e ao chegar á última casa cóllese á esquerda un camiño de terra que sube ao monte. Despois de camiñar uns 500 m e pasar un pozo que queda á dereita, báixase ao río por un sendeiro oculto entre a vexetacióin que chega a unhas casas abandoadas. Desde alí báixase ao río e atópase a fervenza máis arriba. REGO DO PEREIRO Nace no monte Castrove e desemboca na enseada de Campelo. O río e os seus afluentes baixan por un terreo encosta onde abondan os rápidos e saltos entre granitos e neis.
  • 124. REGO DOS MUÍÑOS Baixa do Castrove e desemboca en Samieira. Unha ruta desde Tarrío (Samieira) permite percorer o río e visitar 23 muíños, dos que dous aínda funcionan.
  • 126. Fervenzas no rego dos Mouros. COMO CHEGAR: pola estrada de Poio á Escusa crúzase o río e cara abaixo están os saltos e uns muíños abandoados. REGO DOS MOUROS Un río de percorrido curto e con gran desnivel que baixa do Castrove.
  • 127. FERVENZA NO REGO DOS FORNOS (Sequeiros-Umia) en Couso (Campo Lameiro). Accedese pola estrada de Campo Lameiro a Cuntis e está preto da ponte. RÍO UMIA Nace Reigosa-Acibeiro (Forcarei), nas abas do Candán, e despois de 70 km de percorrido desemboca na ría de Pontevedra. Na comarca ten varios afluentes nos concellos de Campo Lameiro (Sequeiros) e Barro (Chaín)
  • 128. FERVENZAS DE BAROSA OU MAQUIEIRA Na parroquia e concello de Barro. O río Agra ou Barosa, o principal afluente do Chaín que conflúe con el no linde co concello de Caldas, salva un desnivel en grandes laxes graníticas con varios saltos e tobogáns. Os saltos están aproveitados para un conxunto de 14 muíños. A zona está acondicionada como área de lecer. COMO CHEGAR: na estrada de Pontevedra a Caldas, despois de pasar San Antoniño cóllese un cruce que indica Parque Natural do Río Barosa. Pódese seguir unha ruta río arriba polo bosque de ribeira. RÍO CHAÍN É un afluente do Umia que nace en Barro e xúntase a el pola marxe esquerda nas proximidades de Caldas de Reis. Discorre pola Depresión Meridiana de sur a norte e recolle as augas dos Acibal. Ten a maior parte do seu percorrido por terras do concello de Barro. Os principais afluentes son o Lourido e o Agra.
  • 130. Unha ruta indicada percorre o río nunha zona con 35 muíños. RÍO MAIOR Un río de percorrido curto (polo concello de Vilaboa) e con gran desnivel que baixa de Cotorredondo á Ría de Vigo.
  • 131. A COSTA Ría de Pontevedra: enseada de Campelo (Poio). Ao fondo Combarro e o Castrove. A área costeira da comarca de Pontevedra sitúase no fondo das rías de Pontevedra e Vigo, en zonas onde alternan os esteiros e marismas formados polos numerosos ríos que achegan os seus sedimentos, algunhas praias e pequenas zonas rochosas de pouca altura.
  • 132. Lameiras que quedan ao descuberto ao debalar o mar en Vilaboa. As marismas son hábitats de augas mornas e mansas onde bule a vida vexetal (algas verdes, sebas) e animal (miñocas que remexen o substrato e se alimenta de resíduos, como os cagóns ou arenícolas). Nos areais das dúas rías hai importantes zonas de marisqueo a pé e parques de cultivo (bateas de mexillón e ostra). Son áreas de grande importancia biolóxica que acollen un bo número de aves acuáticas, sobre todo no inverno.
  • 133. Nas áreas de costa fangosa atopamos sebas, salicornia, herba coral, estrela das xunqueiras, sosa, portulaca, xuncos, espartina...
  • 134. As enseadas son lugares idóneos para o descanso das anátidas: pato asubión, lavanco, parrulo chupón, pato rabilongo, cerceta real, pato cullerete, parrulo cristado común, parrulo pentumeiro común... Ademais podemos atopar garza real, garza pequena, garzota, píllara cincenta, pilro curlibico, mazarico (curlí e galego), bilurico (común, pativerde, bailón), corvo mariño real, gaivotón, carrán cristado, rascón de auga, gabián, lagarteiro peneireiro, falcón pequeno, martiño peixeiro... Cabaliño de mar (Hippocampus ramulosus), un peixe que vive entre as pradeiras de sebas das enseadas. Garzota (Egretta garceta)
  • 135. Ría de Vigo entre Pontevedra e Vilaboa. Ao fondo Cotorredondo RÍA DE VIGO Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con 33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O río principal que a alimenta é o Verdugo. O estreito de Rande separa a parte interior chamada Enseada de San Simón, unha zona abrigada con augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas. Na ría altérnanse os tramos rochosos, de pouca altura, os areais e as marismas. A comarca de Pontevedra inclúe a banda sur da enseada de San Simón, desde o estreito de Rande ata a desembocadura do Verdugo. No seu interior atópanse as illas Alvedosas.
  • 136. Praia do Forno de Cal (Vilaboa)
  • 137. Ría de Vigo: desembocadura do Verdugo e marismas de Vilaboa. No primeiro plano as illas Alvedosas.
  • 138. Auga retida no encoro do antigo muíño de Vilaboa
  • 139. Vista aérea da ría de Pontevedra RÍA DE PONTEVEDRA É a máis pequena das rías baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre as puntas de Cabicastro, ao norte e o o cabo Udra, ao Sur. Está separa da da ría de Vigo pola península do Morrazo na que se eleva a Serra de Domaio. O río máis importante que desauga nela é o Lérez, e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de Tambo.
  • 140. Raxó, unha pequena vila mariñeira da ría de Pontevedra cun porto adicado á pesca de baixura e o marisqueo. No primeiro plano a praia de Xiorto e ao fondo a illa de Tambo.
  • 141. Poio, ao fondo da enseada de Campelo
  • 142. Praia de Lourido, nas proximidades da cidade de Pontevedra. Na desembocadura do Lérez, no fondo da ría, aséntase Pontevedra, unha cidade que foi un dos portos máis importantes de Galiza e que, a partir da colmatación do esteiro polos sdimentos do Lérez deixou de ter boas condicións para a navegación. Na actualidade so ten porto deportivo.
  • 144. AS ÁRBORES (P): Incluídas no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de galia Carballeira de San Xusto. San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade). Formada por carballos centenarios e algúns carballos americanos e castiñeiros. Como na maioría das comarcas das zonas baixas, a formacións arbóreas máis comúns son plantacións de piñeiros e eucaliptos, que cobren os montes de pouca altura. Nos vales dos ríos que baixan das serras do Suído e Cando consérvanse algunhas masas importantes de carballeiras entre as que destacan a do Xesta e Oitavén na Lama. Pontevedra conta con varios parques e xardíns de gran interese pola variedade e monumentalidade das especies que acollen. Tamén se conservan algúns exemplares importantes nos xardíns dos pazos e nos adros das igrexas.
  • 146. Carballeira do Xesta ou Oitavén. Situada nas abas pontevedresas da serra do Suído. A mellor fraga autóctona da provincia de Pontevedra.
  • 147. PAZO LOURIZÁN (Pontevedra): No xardín botánico do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán (Pontevedra) atópase unha grande variedade de árbores entre os que hai numerosos exemplares monumentais. -Araucaria excelsa -Araucaria angustifolia -Cedro do Líbano (P) -Secuoia vermella -Metasecuoia (P) -Criptomeria japónica (P) -Abeleira (P) -Buxo -Sófora péndula (P) -Castiñeiros xaponeses e chineses (P) -Eucaliptos: grandis, obliqua, globulus, fastigiata, amigdalina, ficifolia, longifolia, microcorys, robusta, sieberi... -Magnolia grandiflora -Plátanos -Washingtonia filamentosa -Carballos -Carballos americanos -Glicinia -Buganvilla -Arce americano -Alcipreste de Lawson -Casuarina Casuarina cunninghamiana -Fentos -Alerces Cedro do Líbano (Cedrus libani). -30,5 m de altura e 5,20 m de perímetro
  • 148. Abeleira (Corylus avellana) do Pazo de Lourizán, un dos exemplares máis vellos de Galiza, con máis de 200 anos. Buxo (Buxus sempervirens) do Pazo de Lourizán, ten máis de 200 anos.
  • 149. Metasequoia glyptopstroboides do pazo de Lourizán -2,74 m de perímetro Sophora japonica do Pazo de Lourizán
  • 150. PAZO GANDARÓN (Pontevedra): -Araucaria de Bidwillii (P) -Cedro do Líbano -Cedros azuis -Magnolia soulanxeana -Abies Pinsapo Cedros azuis (Cedrus atlantica, variedade Glauca). -26 a 30 m de altura. Araucaria Bidwillii
  • 151. Carballo no paseo do río dos Gafos -4 m de perímetro PASEO DOS GAFOS (Pontevedra): -carballo -alcipreste de California Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) -4,30 m de perímetro
  • 152. Salgueiro (Salix cinerea) 2,38 m de perímetro LAGO CASTIÑEIRAS (Vilaboa): -acacias -salgueiro -piñeiro patula -carballo americano Acacia melanoxylon -3-82 m de perímetro
  • 153. XARDÍNS DE VINCENTI (Pontevedra): -Cedros do Himalaia (P) -Washingtonia filamentosa -Palmeiras -Magnolia grandiflora -Araucarias excelsas -Chorisia -Cordiline Cedros do Himalaia (Cedrus deodara). Xardíns de Vincenti (Pontevedra). Teñen arredor de cen anos e miden 23 a 27 m de altura.Washingtonia filifera
  • 154. Carballo na Alameda -3,29 m de perímetro. ALAMEDA (Pontevedra): -Washingtonias -Carballo -Araucaria excelsa Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla)
  • 155. Metrosideiro (Metrosidero robusta) -2,02 m de perímetro PAZO DE BESADA (Poio): -Carballo -Alcipreste de California -Secuioia vermella -Cedro do Líbano -Metrosideiro (P) Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa)
  • 156. Carballo (Quercus robur) de Santa Margarida. Mourente-Pontevedra (P). -18,40 m de altura e 8,30 m de perímetro. Ten máis de 500 anos. Segundo a tradición as promesas que se fan debaixo del non poden romperse nunca. Santa Margarida do Monteporreiro que ten o carballo maiore do Reino. Frei Martín Sarmiento (1695- 1772) “Coloquio en mil duascentas coplas galegas”, 1746.
  • 157. Carballo en Cabenca (Cerdedo) Á beira do río Seixo. -6,59 m de perímetro Carballo en Meilide (Cerdedo). Á beira do río Seixo. -3,8 m de perímetro
  • 158. Carballo do Viño. (O Pelete. San Sebastián de Covelo-A Lama). (P) É costume regalo con viño o día da festa da Virxe dos Remedios. -7, 25 m de perímetro e máis de 400 anos. Carballo en San Xurxo de Sacos, na Carballeira de San Xusto. É o de maior perímetro e altura da carballeira.
  • 159. Carballo de Santa Isabel Loureiro (Cotobade) -3,87 m de perímetro Carballo á beira di Rio Maior (Vilaboa) -3,70 m de perímetro
  • 160. Sobreira, San Brais (Pontevedra) -4,75 m de perímetro Sobreira (Quecus suber) de Outeda (Curro-Barro). -4,10 m de perímetro
  • 161. Piñeiro manso (Pinus pinea) do pazo de Gondar (Santa María de Xeve, Pontevedra)
  • 162. Piñeiro manso (Pinus pinea) do Casal (Poio) Secuoia xigante do Pazo de Mon (Poio) -5,10 m de perímetro
  • 163. Tulipeiro de Virxinia Xardíns do edificio de Sanidade (Pontevedra) -4,22 m de perímetro Plátanos (Platanus x hispanica) da praza de Barcelos (Pontevedra) -O máis groso mide 4,45 m de perímetro
  • 164. Piñeiro parasol xaponés (Sciadopitis verticilata) do Colexio Sagrado Corazón (Pontevedra) -2,39 m de perímetro Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) da UNED (Monteporreiro, Pontevedra)
  • 165. ESPAZOS PROTEXIDOS Vista da aba leste da serra do Cando. Nas partes medias e baixas dos vales consérvanse as mellores carballeiras. As carballeiras do Verdugo son uns dos bosques autóctonos mellor conservados da provincia de Pontevedra. Están situadas nos profundos vales dos ríos o que fai que mesturados cos carballos e as súas especies acompañantes (acivros, bidueiros, estripos, sanguiños, xilbarbeiras) aparezan especies de ribeira (amieiras, freixos, salgueiros, bieiteiros...) LIC SERRA DO CANDO Espazo protexido de 5.402 ha, que nesta comarca afecta aos concellos de Cerdedo- Cotobade e A Lama. Comprende a Serra do Cando, o curso alto do río Lérez entre esta serra e a do Candán e parte do río Verdugo. Os ecosistemas de maior valor da Serra do Cando son as turbeiras dos cumes e as carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
  • 166. O Lérez en Calvelo (Cotobade) LIC RÍO LÉREZ O espazo protexido abrangue unha extensión de 19 ha, nos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, os últimos 20 km de percorrido do río desde Santa María de Sacos a Pontevedra. As augas do Lérez teñen unha grande riqueza biolóxica e as súas ribeiras conservan unha vexetación de moito interese.
  • 167. LIC ENSEADA DE SAN SIMÓN Ocupa o fondo da Ría de Vigo, a partir do estreito de Rande (nesta comarca os concellos de Pontevedra e Vilaboa). É unha cubeta tectónica moi colmatada de sedimentos procedentes das achegas dos ríos Verdugo-Oitavén, Rego de Tuimil e Pontenova pola parte norte e Alvedosa e Macerras na parte sur. No interior atópanse as illas de San Simón e Alvedosas A enseada é un ecosistema cunha alta productividade biolóxica e de gran riqueza marisqueira no que hai importantes bancos de bivalvos e poboacións de aves acuáticas.
  • 168. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta agosto 2017