SlideShare a Scribd company logo
1 of 122
O RIBEIRO
A NATUREZA
Vides en Beade
A Arnoia
O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o
Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As
variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos
ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m.
Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha
rica flora e fauna.
SUPERFICIE:
107,1 km2
POBOACIÓN:
20.250 habitantes
CONCELLOS:
Arnoia, Avión, Beade,
Carballeda de Avia,
Castrelo de Miño,
Cenlle, Cortegada,
Leiro, Melón e
Ribadavia.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
Monumento Natural
Pena Corneira
CLIMA
As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas con climas
diferenciados: os vales dos ríos e zonas próximas son abrigados, con clima oceánico-
mediterráneo, cunhas medias anuais de 14ºC e unha forte seca estival; as áreas de montaña,
que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m teñen o clima oceánico de montaña.
Cortegada, á beira do Miño
ACTIVIDADES
Servizos, agricultura (viticultura), industria...
A viticultura no Ribeiro está acollida á Denominación de Orixe do
“Ribeiro”, a máis antiga de Galiza, que data do 1957.
PATRIMONIO
O Ribeiro é unha comarca que foi poboada desde tempos moi antigos e conserva restos
históricos e etnográficos de todas as épocas: castros, mosteiros, pazos, cruceiros, castelos,
pontes, hórreos, muíños, chozos... A estes atractivos hai que engadir toda a cultura
relacionada co cultivo da vide.
San Xés de Francelos
Ribadavia), unha igrexa
prerrománica do século XI.
Igrexa do Convento de San Domingos
(Ribadavia). Construída a partir do
século XIII e declarada Monumento
Nacional en 1931
Igrexa de San Cristovo de Regodeigón (Ribadavia)
Igrexa de Santiago (Ribadavia)
Igrexa de Santa María
de Beade
Igrexa de Muimenta (Carballeda de Avia)Igrexa de Lodairo (Carballeda de Avia)
Igrexa de Abelenda das Penas
(Carballeda de Avia)
Igrexa de Prado (Castrelo de Miño)
Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño
Igrexa de Razamonde (Cenlle) Igrexa de Sadurnín (Cenlle)
Igrexa de Lebosende (Leiro)
Igrexa de Lamas (Leiro)
Igrexa de Serantes (Leiro)
Igrexa de Gomariz (Leiro)
Cruceiros e hórreos de Quins (Melón)
San Clodio (Leiro)
Hórreos en Muimenta (Carballeda de Avia)
Casa da Inquisición (Ribadavia)
Porta da muralla de Ribadavia.
As murallas foron construídas a
partir do século XIII.
Fonte Arrastrada (Ribadavia)
Ribadavia
Museo etnolóxico de Ribadavia
CONCELLOS
SUPERFICIE:
20,68 km2
POBOACIÓN:
1.040 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
San Salvador da Arnoia
Vista do val do Arnoia desde as
abas do Coto Novelle. As vides
dominan na paisaxe.
A ARNOIA
É un pequeno concello situado ao sur da comarca, na zona onde o Arnoia se xunta ao Miño.
O territorio sitúase no curso baixo do río Arnoia, nun estreito e fértil val, e linda co Miño, polo
oeste. As maiores alturas sitúanse ao leste, no linde con Castrelo de Miño e a comarca de
Celanova, onde o cume máis alto é o Coto Novelle, con 718 m.
Pementos da Arnoia
Vista da capital do concello de Arnoia, Outeiro Cruz, coa
Torre do Reloxo dominando o conxunto.
É un concello eminentemente rural, con pequenos núcleos de poboación. A capital do
concello está en Outeiro Cruz. As principais actividades son a agricultura, especialmente o
cultivo do viñedo (D.O. O Ribeiro) e o “pemento da Arnoia”; e os servizos, sobre todo a
hostelería asociada ao turismo rural e termal.
É un concello de grandes valores naturais asociados aos ríos Arnoia e Miño. Hai varias áreas
de lecer integradas na natureza (A Reza, A Ínsua, As Poldras, Campo da Queixeira, Vila Termal)
e unha Vila Termal.
Igrexa de Outeiro Cruz
Vista de Avión coa serra do Suído como fondo
AVIÓN
Está situado ao noroeste da comarca, separado da provincia de Pontevedra polas serras do
Suído e Faro de Avión, onde se atopan as maiores alturas do concello e das terras do Ribeiro.
O territorio é moi irregular e está moi dividido polos vales do río Avia e os seus afluentes que
baixan da serra do Suído, desde alturas superiores aos 1.000 m, e escavan profundos vales. O
clima é oceánico de montaña, máis suavizado na parte baixa dos vales.
SUPERFICIE:
129,43 km2
POBOACIÓN:
1.962 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Abelenda, Amiudal,
Avión, Baíste, Barroso,
Córcores, Cortegazas,
Couso e Nieva.
Hórreos en Beresmo.
En Beresmo hai tres eiras con hórreos ou cabaceiros, case todos
abandoados. O máis numeroso está composto por 24.
As principais actividades son os servizos, as pequenas industrias relacionadas co sector
forestal e, en menor medida, a agrogandaría. Teñen moita importancia os emigrantes
retornados que contribuíron a elevan de forma importante a renta do concello.
Avión acolle importantes valores naturais e etnográficos relacionados coa serra do Suído e co
río Avia, nos que se poden percorrer varias rutas de sendeirimo sinalizadas: ruta dos Chozos,
ruta de Valderías, ruta do Castro, ferevenza da Fraga...
Praia fluvias no río Valdeiras
SUPERFICIE:
6,39 km2
POBOACIÓN:
451 (2015)
PARROQUIAS:
Beade e As Regadas.
Vista do concello de Beade desde Esposende, na outra banda do val do Avia
BEADE
Situado na parte central da comarca na marxe dereita do río Avia. É o concello máis pequeno
da provincia de Ourense. O territorio é moi irregular e de escasa altitude, vai gañando altura
desde o val do río Avia cara ao oeste onde se atopan os cumes máis grandes que acadan os
308 m. Está regada polo río Avia e o seu afluente, o rego de Signadas que marca o linde con
Carballeda de Avia. O clima é oceánico con marcadas características mediterráneas, con fortes
picos de calor e seca no verán.
Vides. No Ribeiro as vides cultívanse soltas
apoiadas en estacas e as plantacións
modernas en arxóns. Tamén se poden
atopar algunhas parras ou latas.
A superficie cultivable está dedicada case por completo ao viñedo (D.O. O Ribeiro), e a
viticultura é a pricipal actividade da poboación.
Os valores naturais están centrados nas ribeiras do río Avia, xa que é un concello
practicamente ocupado polos cultivos. Acolle importantes mostras histórico-artísticas
(igrexas, pazos, cruceiros...) e etnográficas.
Paisaxe de Beade coa Igrexa Parroquial de Santa
María. Conserva mostras do románico, gótico,
plateresco e barroco. Sobresae tamén a torre con
dobre balconada e a súa fachada-retábulo. No seu
interior hai retábulos de Francisco Moure.
SUPERFICIE:
46 km2
POBOACIÓN:
1.390 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Abelenda, Balde, Beiro,
Carballeda, Faramontaos,
Muimenta, Santo Estevo de
Nóvoa e Vilar de Condes.
CARBALLEDA DE AVIA
Situado no centro da comarca. O relevo é moi accidentado e descende en altitude desde os
contrafortes orientais da serra do Faro de Avión (Portela de Pau, con 1.010 m) ata os vales dos
ríos. No centro e leste do concello atópanse unha sucesión de vales separados por elevacións
de 300 a 500 m. No leste, no linde co concello de Leiro, destaca a Pena Corneira.
Os ríos máis importantes son o Rego da Serra, o Irexe, o Signadas e o Carballeda, todos
afluentes pola marxe dereita do Avia. As grandes variación de altitude e a disposición do
relevo determinan variacións climáticas desde o oceánico de montaña, ata o oceánico con
matices mediterráneo, nos vales, con precipitacións escasas (entre 800-1000) e unha
temperatura media anual de 14º C.
Laceiras, o pé da Portela de Pau,
onde conflúen os concellos de
Melón, Carballeda e Avión (O
Ribeiro) e Covelo (Pontevedra).
Igrexa de San Miguel en Carballeda
As principais actividades son os cultivos de viñedos, a gandaría porcina e os servizos.
Acolle interesantes paraxes naturais. Destaca Pena Corneira, declarada Monumento Natural.
Pena Corneira
SUPERFICIE: 39,71 km2
POBOACIÓN: 1.620
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Astariz,
Barral, Castrelo de Miño,
Macendo, Ponte Castrelo,
Prado de Miño e Vide de
Miño.
Paisaxe de Castrelo de Miño co encoro
CASTRELO DE MIÑO
Está situado na marxe esquerda do Miño. O territorio está diferenciado en dúa áreas. Unha
zona baixa, nas ribeiras do Miño, retido no encoro de Castrelo de Miño que anegou unha
grande parte do val; e unha área montañosa, ao sur e leste, cos cumes máis altos en Coto
Novelle, Cerdeiriñas e Muradella.
O clima é oceánico con matices mediterráneos e unha prolongada seca no verán.
A capital municipal é Barral.
Unha grande parte das terras están ocupadas
por viñedos da Denominación de Orixe O
Ribeiro. Outras actividades do concello son os
servizos e as pequenas industrias.
Os atractivos naturais de Castrelo de Miño
atópanse na controna do río Miño e nos cumes
dos montes desde os que se poden contemplar
unha vistas excepcionais da comarca.
Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño. Conserva importantes
restos románicos e pinturas do século XVI.
Castrelo de Miño
SUPERFICIE: 29 km2
POBOACIÓN: 1.235
habitantes (2014)
PARROQUIAS: A Barca de
Barbantes, Cenlle,
Esposende, Laias, Osmo, A
Pena, Razamonde, Sadurnín,
Trasariz, e Vilar do Rei.
Esposende, asentada sobre penedos graníticos. A súa igrexa, de estilo
románico-gótico conserva pinturas murais e uns fermosos canzorros que
representan músicos e figuras eróticas.
CENLLE
Situado no centro-leste da comarca, lindando coa de Ourense e na beira dereita do río Miño.
O territorio é de releve moi irregular. Ocupa parte dos vales dos ríos Miño e Avia e unha zona
intermedia con alturas de 300 a 500 m.
O clima é oceánico-mediterráneo con veráns secos e calorosos, o que o fai moi propicio para
o cultivo das vides, que ocupan unha grande parte dos terreos do concello.
Mazarocas de
millo nunha
solaina en
Cenlle
A capital do concello é Xuvín.
As principais actividades son as
relacionadas co cultivo da vide, as
pequenas industrias e os servizos.
Conta con importantes valores naturais
asociados aos ríos Miño e Avia. Tamén
ten importancia o turismo de balneario
asociado ás instalacións de Laias.
Laias e o balneario na beira do
encoro de Castrelo de Miño.
SUPERFICIE:
26,87 km2
POBOACIÓN:
1.184 habitantes
PARROQUIAS:
Cortegada, Louredo,
Meréns, Rabiño, Refoxos,
Valongo e Zaparín.
Vista de Cortegada
desde Crecente
CORTEGADA
Está situado ao sur da comarca, separado polo río Deva da comarca de Terra de Celanova. Ten
un terreo de releve moi irregular repartido entre os vales do Miño, Deva e Arnoia e un grupo
de pequenas montañas de 300 a 350 m de altura. As altitudes máximas do territorio do
concello atópanse no oeste co punto máis alto en Vilariño do Val (523 m). As partes baixas
están ocupadas por viñedos e as altas por plantacións de piñeiros. Só nalgúns lugames menos
accesibles se conservan bosques autóctonos.
Balneario de Cortegada.
As augas termais de Cortegada son sulfurosas e ferruxinosas e están
indicadas para as enfermedades hepáticas, da pel, respiratorias,
gastrointestinais e xenito-urinarias. Segundo a tradición teñen
grande fama de curación da esterilidade nas mulleres.
As pricipais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo), as explotacións forestais,
pequenas industrias de transformación da madeira e os servizos. Ten gran interese o turismo
asociado coas augas termais e conta con dous balnearios.
Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos onde se conservan bosques
de ribeira. O Miño está afectado polo encoro de Frieira, construído en 1969.
Escudo de Meréns, na casa
do conde Ximón
SUPERFICIE:
38,25 km2
POBOACIÓN: 1.630
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Berán
(entidade menor), Bieite,
Gomariz, Lamas, Lebosende,
Leiro, Orega, San Clodio e
Serantes.
San Clodio. A ponte medieval foi construída a mediados
do século XV e reparada máis tarde
LEIRO
Está situado no centro-norte da comarca. O territorio tén dúas áreas diferenciadas: as
bocarribeiras do Avia e os restos dunha superfice de aplanamento moi fragmentada polos
ríos. A máxima altura atópase en Pena Corneira (667 m), no linde con Carballeda de Avia.
O clima é oceánico con matices mediterráneos, con temperaturas altas e unha acusada seca
no verán.
Mosteiro de San Clodio. Fundado no século VI. Ocupado
primeiro por benedictinos, despois por cistercienses e
despois de novo por benedictinos. Na actualidade é un
hotel. A igrexa é románica, do século XIII.
As principais actividades son a agricultura, en especial o cultivo da vide da D.O. O Ribeiro, e os
servizos.
É un concello que acolle importantes valores naturais, histórico-artísticos (mosteiros, igrexas,
pontes, cruceiros...) e etnográficos.
Compartido con Carballeda de Avia atópase o espazo protexido declarado Monumento
Natural
“Pena Corneira”.
Fonte de Berán, onde hai un
antigo balneario (de 1963) e un
recentemente construído coas
máis modernas instalacións.
As augas son sulfurado-sódicas,
bicarbonatadas, cloruradas,
cálcicas e silicatadas e saen a
unha temperatura de 16 a 29
ºC. Está indicadas para a pel, o
reuma e os problemas
dixestivos e hepáticos.
SUPERFICIE:
53,32 km2
POBOACIÓN:
1.340 habitantes
(2014)
PARROQUIAS:
Melón e Quins.
Vista de O Covelo co
val do Brul que nace
nas abas do Faro
MELÓN
Está situado ao sur-leste da comarca entre a serra do Faro de Avión e o río Miño.
O relevo é moi accidentado e pódense distinguir tres áreas. A primeira é a zona da Dorsal, na
serra do Faro de Avión, facendo linde con Pontevedra (A Cañiza), onde se atopan altitudes de
800 a 1.000 m. A segunda é o centro do concello, un terreo con elevacións de tamaño medio
escavado polos vales dos ríos Cerves e Brull. A terceira é o val do Miño, un terreo que cae
bruscamente con grandes pendientes.
O clima é oceánico de transición, con veráns secos.
En Vivenzo, nas abas da serra do Faro consérvase o
mellor conxunto de canastos de Galiza, formado
por 17 exemplares, case todos abandoados e
algúns en condicións moi precarias.
As principais actividades son a agricultura, as explotacións forestais, as pequenas industrias
(obradoiros) e os servizos.
É un concello con paraxes naturais de excepcional interese: os cumes da serra do Faro de
Avión, as fervenzas e pozas dos ríos Cerves e Brull, as beiras do Miño. Ten ademais un grande
interese histórico-artístico (mosteiro de Melón) e etnográfico (canastros, muíños...).
Varias rutas de sendeirismo indicadas permiten visitar os lugares máis interesentes: Ruta da
Auga, Ruta dos Muíños, Camiño Real.
Mosteiro de Santa María de Melón. Fundado no
século XII, durante o reinado de Alfonso VIII, por
monxes cistercienses.
SUPERFICIE:
25,15 km2
POBOACIÓN:
5.112 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Campo Redondo,
Esposende, Francelos,
Ribadavia, San
Cristovo de
Regodeigón, Sanín e
Ventosela.
Vista de Ribadavia desde o río Avia. O centro histórico de Ribadavia conserva importantes
mostras artísticas (igrexas, castelos, pazos) e rúas medievais entre as que destaca a xudería.
Durante o mandato de García I, a finais do século XI, foi capital do Reino de Galiza, e máis tarde
importante centro de comercio arredor das exportacións de viño do Ribeiro a Inglaterra.
RIBADAVIA
Está situado no centro da comarca do Ribeiro na confluencia do Miño e o Avia. A maior parte
do territorio do concello está ocupado polo val dos ríos. O Miño percórreo polo leste, facendo
de linde con Castrelo de Miño e A Arnoia; o Avia atravésao de norte a sur, e o Cerves e o Brull
ou Outeiro teñen tamén aquí o último tramo do seu curso.
As principais actividades son os servizos, a industria e a agricultura (viñedos).
Acolle importantes valores naturais asociados aos ríos, especialmente o Avia (pozas de San
Cristovo).
En Ribadavia sitúase a capital do concello e da comarca, sé dos servizos administrativos e do
Consello Regulador da Denominación de Orixe do Viño do Ribeiro.
Conserva un importante centro histórico declarado Ben de Interese Cultural e Conxunto de
Interese Histórico-Artístico (1978).
Castelo dos Sarmiento en Ribadavia. Foi construído no século
XV. No recinto consérvase unha antiga necrópole do século IX
e unha antiga capela con sartegos antropoides. Igrexa románica de San Xoán
RELEVO
Serra do Faro desde o Suído
O territorio da comarca do Ribeiro é moi irregular e está moi fragmentado polos numerosos
ríos que circulan polas fallas do terreo e aproveitan as áreas de debilidade das rochas.
As maiores alturas, que superan os 1.000 m sitúanse no oeste, nas serras do Suído e Faro de
Avión que separan a comarca e a provincia de Ourense da de Pontevedra. As zonas máis
baixas son os vales dos ríos e no intermedio atópanse os restos dunha superficie de erosión
moi fragmentada entre os 400 e os 500 m de altitude, na que se encaixan os ríos, salvando en
moitos casos, grandes desniveis.
Penedos graníticos na área de Pena Corneira,
entre Carballeda de Avia e Leiro.
A composición das rochas é moi variada, ao oeste predominan os granitos e ao leste as rochas
metamórficas máis brandas.
Serra do Suído
As diferenzas de altitude e de orientación determinan unha grande diversidade vexetal con
mestura de especies características do clima atlántico (carballos, bidueiros) con especies
tipicamente mediterráneas (rebolos, sobreiras, érvedos...). Unha grande parte do territorio
está ocupado por plantacións forestais de piñeiros e abondas as mimosas, unha especie
invasora. A fauna é tamén moi rica, en especial nas grandes serras nas que se refuxian
mamíferos, aves e réptis de grande interese.
As sobreiras (Quercus suber) son moi comúns nas abas
dos montes mesturadas con outras árbores.
Breixos
Xensá (Gentiana pneumonante)
Papuxa (Sylvia communis)
Carricanta (Ephippigera ephippiger)
Bolboreta (Hyponephele lycaon)
Cabalos en libertade
Nas serras consérvase un rico patrimonio etnográfico: chozos, cabanas, chozos do lobo...
Chozo no Suído
Panorámica da Serra do Suíd desde a serra do Faro
SERRA DO SUÍDO
Situada no linde entre as provincias de Ourense e Pontevedra. É unha serra de formas suaves
con orientación N-S. O pico de máis altura é o Coto da Puza con 1.027 m, onde nace o río Avia.
Na Serra do Suído nacen tamén os seus afluentes Baluga, Couso, Cubela, Folosa e Cardelle
que se xuntan antes do encoro de Albarellos.
Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se
atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na
vertente oeste.
Val do Avia, preto do nacemento
O Suído é unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores
aos 2.500 l/m2
), aínda que a vertente ourensá é moito máis seca que a pontevedresa debido
ao efecto Fohen.
Accedese desde Avión por Hedreira, Nieva, Oroso ou Abelenda
Cumes da serra do Suído
A vexetación dominante nos
cumes é o monte baixo con
mato denso de toxos, uces,
carqueixas, breixos, xestas,
piornos, e fentos. Nas zonas
chans e nas depresións hai
brañas e nos vales
consérvanse carballeiras e
bosques de ribeira como os
das cabeceiras do río Avia.
Moitas áreas están
repoboadas con piñeiros e
eucaliptos. Conserva especies
de fauna de gran interese
como o lobo, gato bravo, bufo
real, águia real, falcón
abelleiro, gatafornela...
OS CHOZOS DO SUÍDO
A Serra do Suído conserva importantes restos
etnográficos entre os que destacan os chozos,
construcións empregadas polos pastores no
verán.
As construcións máis grandes (chozos) servían de
vivenda para os pastores. As máis pequenas
(cortellos) estaban destinadas á protección dos
becerros.
Unha ruta sinalizada permite percorrer os chozos máis
representativos restaurados pola Escola Obradoiro:
Mangüeiro, Rodeiro, Abelenda, Oroso, San Vicente, San
Xusto e Cernadas. O Punto de partida é a área recreativa
á que se chega desde Avión (por Nieva ou Abelenda).
Cortellas Interior dun chozo
Chozo en Cernadas
Chozos e cortellas en Mangueiro, no alto do Suído
Cumes do Faro de Avión
SERRA DO FARO DE AVIÓN
Con orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polo val do río Valdeiras
(afluente do Avia). Fai de linde entre as provincias de Ourense (Melón, Carballeda de Avia e
Avión) e Pontevedra (concellos de O Covelo e A Cañiza).
É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis. Ten aspecto dun macizo fracturado
afectado pola tectónica. O cumes máis altos no Ribeiro son o Coto do Xuíz (1.087 m), o Coto
do Paso (1.082 m) e o Coto Agudo (1.077 m).
Vista desde o Coto da Mama sobre a serra de Pena Corneira
A Pena Corneira destaca entre os penedos que coroan esta pequena serra, prolongación da serra do Faro.
Portela de Pau e val do Brul. Neste cume, de 1.044 m conflúen
os concellos de Avión, Carballeda e Melón.
Nesta serra nacen varios afluentes do Miño: Cortella, Cerves, Brul... No alto consérvanse
restos dun pequeno glaciar da última fase do período Cuaternario que favoreceu o modelado
suave que presenta actualmente.
Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre toda a contorna.
Accedese desde Melón ou desde Avión (por Cortegazas).
Carballeira nas abas ourensáns do Faro de Avión
Nos montes a vexetación máis comun é o mato de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas,
piornos, fentos... Entre os catro cumes do faro de Avión hai unha turbeira rodeada de piñeiro
silvestre. Nas partes baixas consérvanse pequenas manchas de carballos e rebolos, algunhas
en moi bo estado, e nas beiras dos ríos amieiras, salgueiros... A maioría do espazo está
ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación.
Vista das estribacións da serra do Faro de Avión desde o encoro de Castrelo de Miño.
A serra de Faro de Avión prolóngase cara ao leste en terreos de Avión, Carballeda de Avia e Leiro nunha serie de cumes
graníticos moi erosionados nos que destacan as formación de grandes bolos e penedos. Os puntos máis destacados son
Pena Corneira, con 675 m, Outeiral, con 647 m; Coto do Forco, con 558 m, e Coto da Vella: 552 m.
Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión.
Lagoa no Faro das Laceiras
Gando no Faro das Laceiras
Vista cara ao norte co encoro de Castrelo de Miño e as comarca do Ribeiro
COTO NOVELLE
Cume de 714 m de altura situado na confluencia dos concellos de Castrelo do Miño, Cartelle e
A Arnoia. Forma parte dunha aliñación que se estende con dirección N-S desde o Miño polos
lindes dos concellos de Arnoia (O Ribeiro) e Cartelle (Terra de Celanova).
A vexetación dominante son as plantacións de piñeiros de repoboación. Nas partes máis
abruptas consérvanse carballos, rebolos, sobreiras e érvedos.
Desde o alto domínase toda a comarca do Ribeiro, grande parte do val do Miño, as Terras de
Celanova e as serras do sur, no linde con Portugal.
Accedese desde Castrelo de Miño ou A Arnoia.
Coto Novelle e A Arnoia desde o Miño
Vista desde o cume de Coto Novelle cara ao oeste (Val do Miño e Crecente)
OS RÍOS
Curso alto do río
Cerves, en Tourón
(Melón)
Toda a comarca está drenada polo Miño e os seus afluentes: Avia, Cerves e Brul.
O Miño é o río máis importante do Ribeiro e percorre o territorio polo sur con dirección NE-
SO.
Os ríos teñen, en xeral, uns tramos altos e medios encaixados e escavan vales profundos con
grandes desniveis nos que son frecuentes as pozas, rápidos e fervenzas.
O Miño no encoro de
Castrelo de Miño
Macho e dúas femias de lavancos (Anas platirhynchos)
no encoro do Miño. Os lavancos son as aves máis
comúns no ríos de augas calmas.
Nas beiras dos ríos consérvanse espazos de grande interese natural acobillados polas árbores
dos bosque de ribeira nos que abondan os salgueiros, amieiras, freixos e, máis alonxados da
auga carballos e rebolos. Unha boa parte do val do Miño está invadido polas mimosas,
árbores de orixe australiana que se estenden con moita facilidade.
A fauna é rica e variada, sobre todos as aves acuáticas, os anfibios e os insectos.
Libeliña (Sympetrum sanguineum)
Fentos palla real (Osmunda regalis) no outono
Xabroneira, albatorno ou bataneira
(Saponaria officinalis). Florecen de maio a
agosto en terreos húmdos e na beira dos ríos.
As follas soltan escuma ao fregalas e pódense
empregar como xabrón.
Salgueiros e espadanas
Ponte de San Clodio, sobre o Avia, en Leiro. Construído no século XV e reformado no XVIII.
Na comarca do Ribeiro os ríos son eixos arredor dos que se desenvolveron as comunicacións e
numerosas actividades produtivas que deixaron um importante legado histórico-artístico e
etnográfico: pontes, pasais, muíños, lavadoiros...
Lavadoiro en Paredes (Leiro)
Ponte no rego de maquiáns (Avia) en Ribadavia Muíño no Arnoia na área de lecer das Poldras
Muíño no Avia en Ribadavia
Vales do Miño e Avia desde a serra do Faro. O frío da noite impide que se eleve a auga que se evapora do río, mantenna
en forma de néboa que cobre os vales durante as primeiras horas da mañá.
RÍO MIÑO
Entra na comarca do Ribeiro por Castrelo do Miño, onde ten a maior parte do curso retido no
encoro. Máis abaixo comeza a encaixarse entre granitos e despois dun curto tramo de augas
libres volve a ser encorado na Frieira entre A Arnoia e Cortegada, pola marxe esquerda e
Melón pola dereita. Recibe pola dereita o Avia o Brul ou Outeiro e o Cerves, e pola esquerda o
Arnoia e o Deva (facendo linde con Pontedeva).
O Miño entre Castrelo de Miño e Cenlle
O Miño no encoro de Castrelo de Miño, entre os concellos de Castrelo de Miño e Ribadavia
O Miño no encoro de Castrelo de Miño. Ao fondo Ventosela e o monte San Cibrao
Encoro de Castrelo de Miño, construído en 1968. Anegou unha boa parte do val do Miño en terras do Ribeiro.
Na actualidade é un importante centro de práctica de deportes acuáticos e conta cun clube fluvial.
O Miño na ponte de ferro entre
Castrelo do Miño e Ribadavia
O Miño en Ribadavia vólvese a
encaixar en rochas graníticas
Confluencia do Miño e o Avia
O Miño entre A Arnoia e Ribadavia
Embarcadoiro do catamarán no Miño na Arnoia, ao pé da Vila Termal.
O Miño pode percorrerse nun catamarán ao longo do encoro de Frieira.
O Miño na Arnoia, no punto onde se xunta co seu afluente, o río Arnoia
O Miño en Cortegada, desde o mirador de Filgueira, en Crecente
FERVENZA DE XUBÍN
No lugar de Xubín da parroquia de
Razamonde (Cenlle). Ten un desnivel de 40
m en rochas graníticas e neis. A controna
está moi deteriorada por unha canteira.
COMO CHEGAR: na estrada N-120 de
Ourense a Vigo, en Xubín, cóllese unha
estrada á dereita que remata na entrada
dunha canteira de propiedade privada. So se
pode acceder polo interior da canteira. Vese
desde a autovía.
RÍO DE XUBÍN
Chamado tamén Lavandeira ou da
Freixa. É un afluente do Miño que nace
en Salamonde (San Amaro), percorre
este concello e entra en Cenlle onde se
xunta co Miño. No tramo final cae desde
o planalto e forma rápidos, pozas e
fervenzas.
RÍO AVIA
Nace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión). Percorre os concellos de Avión,
Beade, Boborás, O Carballiño, Cenlle, Leiro e Ribadavia ata se xuntar ao Miño.
Ten un percorrido encaixado no seu curso alto, forma unha ampla veiga en Leiro, Beade e
Ribadavia e volve a encaixarse antes de se xuntar co Miño. Os afluentes pola esquerda son o
Cardelle, Couso, Viñao e Arenteiro e pola dereita o Valdeiras.
Curso alto do Avia en Avión
REGO DAS FRAGAS
Na vertente oriental da Serra do Suído (Abelenda-
Avión), varios regos que forman parte das nacentes
do río Avia. A fervenza das Fragas é a máis alta e cae
dun desnivel de 60 m.
Accedese desde Boeixos.
REGO DE RIOBÓ
Un afluento do rego das
Fragas, en Mouriscados
(Abelenda- Avión).
RODEIRO
En Rodeiro (Abelenda- Avión).
Nun rego afluente do Baluga (Avia) que cae do Suído
nun forte desnivel no que hai dúas caídas de gran
altura, unha de case cen metros e outra de máis de 50.
Vese detrás da Casa do Pobo e desde a estrada que vai
ao Suído
POZO NEGRO
No lugar de Cernadas (Avión). No río Cubelo ou
Valdeiras, que forma un estreito e fondo canón no
que hai varios saltos e rápidos. O máis importante é
o que cae no Pozo Negro.
REGO DE FAXÓN
Un rego de curto percorrido que cae no Avia desde
os montes de Pena Corneira. Forma dous saltos, un
en Paredes e outro debaixo de Lebosende. Paredes
Lebosende
Salto no río de Couso, un afluente do Avia que
se une a el nas proximidades de Amiudal
Ponte sobre o río Couso en Amiudal
Área de lecer en Vilar de Condes, nun afluente do rego das Fermosas
Encoro de Albarellos
Área de lecer do Salgueiral en Leiro
Ponte das Poldras sobre o Avia en Leiro
POZAS DE SAN CRISTOVO
Varios quilómetros antes de xuntarse co Miño en Ribadavia o río Avia discorre por un terreo chan onde se forman
amplas superficies aluviais que se anegan nos tempos de augas altas.
As pozas de San Cristovo son un conxunto de lagoas artificiais de diferentes tamaños que ocupan unha superficie
aproximada de 8 ha que se orixinaron por explotacións de áridos abandoadas nos depósitos aluviais do Avia.
Actualmente están abandoadas e naturalizadas. A vexetación está dominada por espadanas, amieiros e salgueiros, e
rebolos nas partes máis secas. Destaca a presenza de aves acuáticas: corvo mariño grande, garza real, parrulo choupón,
alavanco real, galiña de río, becacina cabra, galiñola negra, martiño peixeiro, anduriña das barreiras... Nidifica a garza
pequena (Ixobrichus minutus). Tamén é moi importante a poboación de sapoconchos.
O Avia en Ribadavia
O Avia en Ribadavia
O Avia en Ribadavia
Confluencia do Avia co Miño Ribadavia
RÍO BRUL ou OUTEIRO
Nace na serra do Faro de Avión (Portela de Pau)
percorre terreos de Melón (parroquia de Quins) e
Ribadavia, onde se xunta co Miño na parroquia de
Francelos. No último tramo coñécese co nome de río de
Outeiro. Ten un curso con moitan pendentes onde
abondan os rápidos, as fervenzas e as pozas.
Ponte sobre o o río do
Outeiro en Francelos
(Ribadavia)
Cunca alta do Brul entre
Covelo e Vivenzo (Melón)
RÍO CERVES
Nace na serra do Faro de Avión (Coto do Xuíz),
percorre terreos de Melón e desemboca no Miño
entre Melón e Ribadavia. Ten un percorrido moi
encaixado entre rochas graníticas no que abondan
os rápidos e as fervenzas. No seu curso baixo,
antes de se xuntar co Miño, atópanse as burgas de
Prexegueiro, unha zona onde hai numerosas
surxencias de augas termais no leito do río.
O Cerves en Melón
O Cerves no balneario do
Prexigueiro. No río Cerves hai
surxencias de augas termais a 41 ºC
ricas en sulfuros e bicarbonato
sódico. Da súa importancia hai
referencias en documentos do
século XVI.
FERVENZAS DE TOURÓN
No río Cerves (Melón). Tres saltos que en
total salvan un desnivel de 100 m.
FERVENZAS DE TOURÓN
FERVENZAS DE TOURÓN
FERVENZAS DE TOURÓN
AS MESTAS
No río Cerves (Melón). Cae dun desnivel de 20 m.
Chégase seguindo a “Ruta das Pozas”, sinalizada.
Ao longo de todo o percorrido vanse sucedendo,
rápidos, escorregadeiras, saltos e pozas.
FEIXA DE SANTA CRUZ (CODESÁS)
Entre as parroquias de Melón e Quins (Melón).
O Cerves forma unha fervenza de 40 m nunha gorxa que só
pode transitarse pola súa parte alta. Está 1 Km por baixo da
presa da central.
A FEIXA
En Melón. O regato da Cortella (afluente do Cerves) salva un
desnivel de máis de cen metros en sucesivos saltos e pozas,
algunhas de máis de 15 m de altura, ás que é imposible
achegarse.
Pode verse seguindo unha ruta desde Cimadevila (800 m),
cando o río leva auga e as árbores están sen follas.
Ponte Arnoia
RÍO ARNOIA
Baixa da serra de San Mamede e
despois de percorrer as comarcas de
Allariz-Maceda e Terras de Celanova,
entra no Ribeiro por terras do concello
de Arnoia, onde se encaixa nun
profundo canón en penedos graníticos
(no linde entre A Arnoia, Cortegada e
Gomesende) e pouco antes da súa
desembocadura forma unha fértil veiga.
Hai varias áreas de lecer e rutas
sinalizadas que percorren os lugares de
maior interese do río.
Canón do Arnoia
A PENEDA
No río Arnoia, entre os concellos de Arnoia e
Gomesende. O río escava un fondo canón con
rochedos e grandes bosques de cerquiños, érvedos e
sobreiras. A fervenza da Peneda salva unha altura de
7-8 m entre un penedo granítico para caer nunha
inmensa poza. Toda a zona atópase moi afectada pola
existencia de varias instalacións de centrais eléctricas
no cauce e nas marxes do río.
Área de lecer do Inquiau no concello da Arnoia
O Arnoia na área de lecer das Poldras (A Arnoia)
Confluencia do Arnoia e o Miño
O Deva preto da súa desembocadura no
Miño, en terreos de Cortegada.
RÍO DEVA
Nace na serra do Leboreiro e desemboca no Miño entre Cortegada (O Ribeiro) e Pontedeva (Terras de
Celanova).
AS ÁRBORES
Carballos e rebolos na zona de Pena Corneira
En boa parte das áreas montañosas da comarca do Ribeiro as árbores predominantes son os
piñeiros en grandes plantacións que ocupan as partes altas e as abas dos montes. As
formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados rebolos,
sobreiras, érvedos e castiñeiros. Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos,
freixos, lidoiros e ailantos.
Nos parques e xardín das vilas e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies
exóticas.
As mimosas, árbores invasoras de orixe australiana,
ocupan grandes áreas nesta comarca.
Carballos (Quercus robur) do parque de
Melón. O máis grande mide 21 m de
altura e 5, 9 m de perímetro.
Sobreira (Quercus suber) de Castrelo de Miño.
Atópase ao pé da pista que sube desde Castrelo do
Miño a Toedo e Freixedo. É un exemplar de grande
porte cun toro de 4,05 m de contorno.
Aciñeira (Quercus ilex) de Pontenovo. Melón.
-16 m de altura e 3,8 m de contorno.
Castiñeiro (Castanea Sativa) na Coiñeira (A Arnoia)
Tilleiras (Tilia platyphylos) do adro do convento de San Domingos (Ribadavia). Hai varias tilleiras de grande porte, a máis
grande mide case 4 m de perímetro.
INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens) do Mosteiro de Melón
ESPAZOS PROTEXIDOS
Hai unha ruta sinalizada desde Leiro
cunha lonxitude de 8,7 km. Parte do
paseo fluvial e pasa pola área
etnográfica “Regato do Foxo”.
En Lamas, ao pé da igrexa románica, hai
unha área de lecer a e varios sendeiros
que percorren as proximidades do
cume de Pena Corneira.
O antigo camiño de Beade cruza o
bosque de Ridiomoas e chega tamén
Bosque de carballos e cerquiños no
contorno de Pena Corneira.
PENA CORNEIRA
Espazo de 998 ha situado entre os concellos de Leiro, Avión e Carballeda de Avia declarado
Monumento Natural o 10 de xaneiro de 2008.
É unha montaña de 675 m de altura coroada por grandes penedos graníticos (granodiorita
porfídica tardía) entre os que destaca o que lle da o nome, a xeito dun gran menhir vertical. É
unha prolongación cara ao nordeste da serra do Suído. Nos arredores hai bosques de
carballos, rebolos, piñeiros e castiñeiros. Na súa base Houbo unha fortaleza do século XII hoxe
desaparecida. Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión.
Área de lecer en Lamas
Carballeira na contorna de Pena Corneira
Na área de Pena Corneira a erosión creo
formas caprichosas nos penedos graníticos
Contan cun itinerario educativo de 4 km de percorrido (Inicio na
Igrexa de Beade) que transcurre por bosque de ribeira, carballeira,
piñeiral, zona monumental, camiños antigos e zonas de viñedo.
O BOSQUE DE RIDIMOAS
É propiedade da asociación do mesmo nome fundada en 1988 que conta na actualidade con
máis de 1.000 socios/as. Controlan un unhas 300 hectáreas acollidas a figura de protección de
Refuxio de Fauna. O labor conservacionista levado a cabo por Ridimoas nos seus anos de
existencia foi recoñecido con moitos premios, entre os que destacan: Unesco, Bandeira Verde
de Galiza e Félix Rodríguez de la Fuente.
Está formado por carballeira de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sobosque de rascacú
(Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo), distintas especies de fentos; con pés relictos de
cerdeira de acios (Prunus padus).
Fotos Xan Dos Mudos
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
febreiro 2017

More Related Content

What's hot

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 

What's hot (20)

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 

Viewers also liked

Evaluating Irrigation Investments in Malawi
Evaluating Irrigation Investments in Malawi Evaluating Irrigation Investments in Malawi
Evaluating Irrigation Investments in Malawi IFPRIMaSSP
 
Monumento Natural Pena Corneira
Monumento Natural Pena CorneiraMonumento Natural Pena Corneira
Monumento Natural Pena Corneiramonadela
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suídomonadela
 
Lic Río Ouro
Lic Río OuroLic Río Ouro
Lic Río Ouromonadela
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior monadela
 
Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)monadela
 
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)monadela
 
Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)monadela
 
Mandarineiro
MandarineiroMandarineiro
Mandarineiromonadela
 
Muíños de río
Muíños de ríoMuíños de río
Muíños de ríomonadela
 
Presentacion mandarina.
Presentacion mandarina.Presentacion mandarina.
Presentacion mandarina.Johan Ramirez
 
Río Verdugo
Río VerdugoRío Verdugo
Río Verdugomonadela
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedraismonadela
 
Río Tambre
Río TambreRío Tambre
Río Tambremonadela
 
Metrosidero
MetrosideroMetrosidero
Metrosideromonadela
 

Viewers also liked (20)

Evaluating Irrigation Investments in Malawi
Evaluating Irrigation Investments in Malawi Evaluating Irrigation Investments in Malawi
Evaluating Irrigation Investments in Malawi
 
A Costa da Morte
A Costa da MorteA Costa da Morte
A Costa da Morte
 
Aves
AvesAves
Aves
 
Monumento Natural Pena Corneira
Monumento Natural Pena CorneiraMonumento Natural Pena Corneira
Monumento Natural Pena Corneira
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suído
 
Lic Río Ouro
Lic Río OuroLic Río Ouro
Lic Río Ouro
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 
Río Eume
Río EumeRío Eume
Río Eume
 
Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)Capudre (Sorbus aucuparia)
Capudre (Sorbus aucuparia)
 
Nuskin corps photos
Nuskin corps photosNuskin corps photos
Nuskin corps photos
 
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
Chopo, lamigueiro (Populus nigra)
 
Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro (Castanea sativa)
 
Medio Ambiente
Medio AmbienteMedio Ambiente
Medio Ambiente
 
Mandarineiro
MandarineiroMandarineiro
Mandarineiro
 
Muíños de río
Muíños de ríoMuíños de río
Muíños de río
 
Presentacion mandarina.
Presentacion mandarina.Presentacion mandarina.
Presentacion mandarina.
 
Río Verdugo
Río VerdugoRío Verdugo
Río Verdugo
 
LIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As CatedraisLIC e Monumento Natural As Catedrais
LIC e Monumento Natural As Catedrais
 
Río Tambre
Río TambreRío Tambre
Río Tambre
 
Metrosidero
MetrosideroMetrosidero
Metrosidero
 

Similar to Comarca O Ribeiro

Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miñomonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneiramonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 

Similar to Comarca O Ribeiro (15)

Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miño
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca O Ribeiro

  • 2. A Arnoia O territorio da comarca sitúase ao abrigo das últimas serras da Dorsal Galega (O Suído e o Faro de Avión) e ocupa unha parte do val do Miño, o val do Avia e o curso baixo de Arnoia. As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas diferenciadas: os vales dos ríos e zonas próximas e as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m. Os principais valores naturais sitúanse nos cumes das serras e nos ríos, onde se conserva unha rica flora e fauna.
  • 3. SUPERFICIE: 107,1 km2 POBOACIÓN: 20.250 habitantes CONCELLOS: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. ESPAZOS PROTEXIDOS: Monumento Natural Pena Corneira
  • 4. CLIMA As variacións de altitude e no releve determinan a existencia de áreas con climas diferenciados: os vales dos ríos e zonas próximas son abrigados, con clima oceánico- mediterráneo, cunhas medias anuais de 14ºC e unha forte seca estival; as áreas de montaña, que chegan ata alturas superiores aos 1.000 m teñen o clima oceánico de montaña. Cortegada, á beira do Miño
  • 5. ACTIVIDADES Servizos, agricultura (viticultura), industria... A viticultura no Ribeiro está acollida á Denominación de Orixe do “Ribeiro”, a máis antiga de Galiza, que data do 1957.
  • 6. PATRIMONIO O Ribeiro é unha comarca que foi poboada desde tempos moi antigos e conserva restos históricos e etnográficos de todas as épocas: castros, mosteiros, pazos, cruceiros, castelos, pontes, hórreos, muíños, chozos... A estes atractivos hai que engadir toda a cultura relacionada co cultivo da vide. San Xés de Francelos Ribadavia), unha igrexa prerrománica do século XI.
  • 7. Igrexa do Convento de San Domingos (Ribadavia). Construída a partir do século XIII e declarada Monumento Nacional en 1931
  • 8. Igrexa de San Cristovo de Regodeigón (Ribadavia) Igrexa de Santiago (Ribadavia)
  • 9. Igrexa de Santa María de Beade
  • 10. Igrexa de Muimenta (Carballeda de Avia)Igrexa de Lodairo (Carballeda de Avia)
  • 11. Igrexa de Abelenda das Penas (Carballeda de Avia)
  • 12. Igrexa de Prado (Castrelo de Miño) Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño
  • 13. Igrexa de Razamonde (Cenlle) Igrexa de Sadurnín (Cenlle)
  • 14. Igrexa de Lebosende (Leiro) Igrexa de Lamas (Leiro)
  • 16. Igrexa de Gomariz (Leiro)
  • 17. Cruceiros e hórreos de Quins (Melón)
  • 18. San Clodio (Leiro) Hórreos en Muimenta (Carballeda de Avia)
  • 19. Casa da Inquisición (Ribadavia) Porta da muralla de Ribadavia. As murallas foron construídas a partir do século XIII. Fonte Arrastrada (Ribadavia)
  • 21. Museo etnolóxico de Ribadavia
  • 22. CONCELLOS SUPERFICIE: 20,68 km2 POBOACIÓN: 1.040 habitantes (2014) PARROQUIAS: San Salvador da Arnoia Vista do val do Arnoia desde as abas do Coto Novelle. As vides dominan na paisaxe. A ARNOIA É un pequeno concello situado ao sur da comarca, na zona onde o Arnoia se xunta ao Miño. O territorio sitúase no curso baixo do río Arnoia, nun estreito e fértil val, e linda co Miño, polo oeste. As maiores alturas sitúanse ao leste, no linde con Castrelo de Miño e a comarca de Celanova, onde o cume máis alto é o Coto Novelle, con 718 m. Pementos da Arnoia
  • 23. Vista da capital do concello de Arnoia, Outeiro Cruz, coa Torre do Reloxo dominando o conxunto. É un concello eminentemente rural, con pequenos núcleos de poboación. A capital do concello está en Outeiro Cruz. As principais actividades son a agricultura, especialmente o cultivo do viñedo (D.O. O Ribeiro) e o “pemento da Arnoia”; e os servizos, sobre todo a hostelería asociada ao turismo rural e termal. É un concello de grandes valores naturais asociados aos ríos Arnoia e Miño. Hai varias áreas de lecer integradas na natureza (A Reza, A Ínsua, As Poldras, Campo da Queixeira, Vila Termal) e unha Vila Termal. Igrexa de Outeiro Cruz
  • 24. Vista de Avión coa serra do Suído como fondo AVIÓN Está situado ao noroeste da comarca, separado da provincia de Pontevedra polas serras do Suído e Faro de Avión, onde se atopan as maiores alturas do concello e das terras do Ribeiro. O territorio é moi irregular e está moi dividido polos vales do río Avia e os seus afluentes que baixan da serra do Suído, desde alturas superiores aos 1.000 m, e escavan profundos vales. O clima é oceánico de montaña, máis suavizado na parte baixa dos vales. SUPERFICIE: 129,43 km2 POBOACIÓN: 1.962 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abelenda, Amiudal, Avión, Baíste, Barroso, Córcores, Cortegazas, Couso e Nieva.
  • 25. Hórreos en Beresmo. En Beresmo hai tres eiras con hórreos ou cabaceiros, case todos abandoados. O máis numeroso está composto por 24. As principais actividades son os servizos, as pequenas industrias relacionadas co sector forestal e, en menor medida, a agrogandaría. Teñen moita importancia os emigrantes retornados que contribuíron a elevan de forma importante a renta do concello. Avión acolle importantes valores naturais e etnográficos relacionados coa serra do Suído e co río Avia, nos que se poden percorrer varias rutas de sendeirimo sinalizadas: ruta dos Chozos, ruta de Valderías, ruta do Castro, ferevenza da Fraga... Praia fluvias no río Valdeiras
  • 26. SUPERFICIE: 6,39 km2 POBOACIÓN: 451 (2015) PARROQUIAS: Beade e As Regadas. Vista do concello de Beade desde Esposende, na outra banda do val do Avia BEADE Situado na parte central da comarca na marxe dereita do río Avia. É o concello máis pequeno da provincia de Ourense. O territorio é moi irregular e de escasa altitude, vai gañando altura desde o val do río Avia cara ao oeste onde se atopan os cumes máis grandes que acadan os 308 m. Está regada polo río Avia e o seu afluente, o rego de Signadas que marca o linde con Carballeda de Avia. O clima é oceánico con marcadas características mediterráneas, con fortes picos de calor e seca no verán.
  • 27. Vides. No Ribeiro as vides cultívanse soltas apoiadas en estacas e as plantacións modernas en arxóns. Tamén se poden atopar algunhas parras ou latas. A superficie cultivable está dedicada case por completo ao viñedo (D.O. O Ribeiro), e a viticultura é a pricipal actividade da poboación. Os valores naturais están centrados nas ribeiras do río Avia, xa que é un concello practicamente ocupado polos cultivos. Acolle importantes mostras histórico-artísticas (igrexas, pazos, cruceiros...) e etnográficas. Paisaxe de Beade coa Igrexa Parroquial de Santa María. Conserva mostras do románico, gótico, plateresco e barroco. Sobresae tamén a torre con dobre balconada e a súa fachada-retábulo. No seu interior hai retábulos de Francisco Moure.
  • 28. SUPERFICIE: 46 km2 POBOACIÓN: 1.390 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abelenda, Balde, Beiro, Carballeda, Faramontaos, Muimenta, Santo Estevo de Nóvoa e Vilar de Condes. CARBALLEDA DE AVIA Situado no centro da comarca. O relevo é moi accidentado e descende en altitude desde os contrafortes orientais da serra do Faro de Avión (Portela de Pau, con 1.010 m) ata os vales dos ríos. No centro e leste do concello atópanse unha sucesión de vales separados por elevacións de 300 a 500 m. No leste, no linde co concello de Leiro, destaca a Pena Corneira. Os ríos máis importantes son o Rego da Serra, o Irexe, o Signadas e o Carballeda, todos afluentes pola marxe dereita do Avia. As grandes variación de altitude e a disposición do relevo determinan variacións climáticas desde o oceánico de montaña, ata o oceánico con matices mediterráneo, nos vales, con precipitacións escasas (entre 800-1000) e unha temperatura media anual de 14º C. Laceiras, o pé da Portela de Pau, onde conflúen os concellos de Melón, Carballeda e Avión (O Ribeiro) e Covelo (Pontevedra).
  • 29. Igrexa de San Miguel en Carballeda As principais actividades son os cultivos de viñedos, a gandaría porcina e os servizos. Acolle interesantes paraxes naturais. Destaca Pena Corneira, declarada Monumento Natural. Pena Corneira
  • 30. SUPERFICIE: 39,71 km2 POBOACIÓN: 1.620 habitantes (2014). PARROQUIAS: Astariz, Barral, Castrelo de Miño, Macendo, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. Paisaxe de Castrelo de Miño co encoro CASTRELO DE MIÑO Está situado na marxe esquerda do Miño. O territorio está diferenciado en dúa áreas. Unha zona baixa, nas ribeiras do Miño, retido no encoro de Castrelo de Miño que anegou unha grande parte do val; e unha área montañosa, ao sur e leste, cos cumes máis altos en Coto Novelle, Cerdeiriñas e Muradella. O clima é oceánico con matices mediterráneos e unha prolongada seca no verán.
  • 31. A capital municipal é Barral. Unha grande parte das terras están ocupadas por viñedos da Denominación de Orixe O Ribeiro. Outras actividades do concello son os servizos e as pequenas industrias. Os atractivos naturais de Castrelo de Miño atópanse na controna do río Miño e nos cumes dos montes desde os que se poden contemplar unha vistas excepcionais da comarca. Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño. Conserva importantes restos románicos e pinturas do século XVI. Castrelo de Miño
  • 32. SUPERFICIE: 29 km2 POBOACIÓN: 1.235 habitantes (2014) PARROQUIAS: A Barca de Barbantes, Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, A Pena, Razamonde, Sadurnín, Trasariz, e Vilar do Rei. Esposende, asentada sobre penedos graníticos. A súa igrexa, de estilo románico-gótico conserva pinturas murais e uns fermosos canzorros que representan músicos e figuras eróticas. CENLLE Situado no centro-leste da comarca, lindando coa de Ourense e na beira dereita do río Miño. O territorio é de releve moi irregular. Ocupa parte dos vales dos ríos Miño e Avia e unha zona intermedia con alturas de 300 a 500 m. O clima é oceánico-mediterráneo con veráns secos e calorosos, o que o fai moi propicio para o cultivo das vides, que ocupan unha grande parte dos terreos do concello.
  • 33. Mazarocas de millo nunha solaina en Cenlle A capital do concello é Xuvín. As principais actividades son as relacionadas co cultivo da vide, as pequenas industrias e os servizos. Conta con importantes valores naturais asociados aos ríos Miño e Avia. Tamén ten importancia o turismo de balneario asociado ás instalacións de Laias. Laias e o balneario na beira do encoro de Castrelo de Miño.
  • 34. SUPERFICIE: 26,87 km2 POBOACIÓN: 1.184 habitantes PARROQUIAS: Cortegada, Louredo, Meréns, Rabiño, Refoxos, Valongo e Zaparín. Vista de Cortegada desde Crecente CORTEGADA Está situado ao sur da comarca, separado polo río Deva da comarca de Terra de Celanova. Ten un terreo de releve moi irregular repartido entre os vales do Miño, Deva e Arnoia e un grupo de pequenas montañas de 300 a 350 m de altura. As altitudes máximas do territorio do concello atópanse no oeste co punto máis alto en Vilariño do Val (523 m). As partes baixas están ocupadas por viñedos e as altas por plantacións de piñeiros. Só nalgúns lugames menos accesibles se conservan bosques autóctonos.
  • 35. Balneario de Cortegada. As augas termais de Cortegada son sulfurosas e ferruxinosas e están indicadas para as enfermedades hepáticas, da pel, respiratorias, gastrointestinais e xenito-urinarias. Segundo a tradición teñen grande fama de curación da esterilidade nas mulleres. As pricipais actividades son a agricultura (cultivo do viñedo), as explotacións forestais, pequenas industrias de transformación da madeira e os servizos. Ten gran interese o turismo asociado coas augas termais e conta con dous balnearios. Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos onde se conservan bosques de ribeira. O Miño está afectado polo encoro de Frieira, construído en 1969. Escudo de Meréns, na casa do conde Ximón
  • 36. SUPERFICIE: 38,25 km2 POBOACIÓN: 1.630 habitantes (2015) PARROQUIAS: Berán (entidade menor), Bieite, Gomariz, Lamas, Lebosende, Leiro, Orega, San Clodio e Serantes. San Clodio. A ponte medieval foi construída a mediados do século XV e reparada máis tarde LEIRO Está situado no centro-norte da comarca. O territorio tén dúas áreas diferenciadas: as bocarribeiras do Avia e os restos dunha superfice de aplanamento moi fragmentada polos ríos. A máxima altura atópase en Pena Corneira (667 m), no linde con Carballeda de Avia. O clima é oceánico con matices mediterráneos, con temperaturas altas e unha acusada seca no verán.
  • 37. Mosteiro de San Clodio. Fundado no século VI. Ocupado primeiro por benedictinos, despois por cistercienses e despois de novo por benedictinos. Na actualidade é un hotel. A igrexa é románica, do século XIII. As principais actividades son a agricultura, en especial o cultivo da vide da D.O. O Ribeiro, e os servizos. É un concello que acolle importantes valores naturais, histórico-artísticos (mosteiros, igrexas, pontes, cruceiros...) e etnográficos. Compartido con Carballeda de Avia atópase o espazo protexido declarado Monumento Natural “Pena Corneira”. Fonte de Berán, onde hai un antigo balneario (de 1963) e un recentemente construído coas máis modernas instalacións. As augas son sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, cloruradas, cálcicas e silicatadas e saen a unha temperatura de 16 a 29 ºC. Está indicadas para a pel, o reuma e os problemas dixestivos e hepáticos.
  • 38. SUPERFICIE: 53,32 km2 POBOACIÓN: 1.340 habitantes (2014) PARROQUIAS: Melón e Quins. Vista de O Covelo co val do Brul que nace nas abas do Faro MELÓN Está situado ao sur-leste da comarca entre a serra do Faro de Avión e o río Miño. O relevo é moi accidentado e pódense distinguir tres áreas. A primeira é a zona da Dorsal, na serra do Faro de Avión, facendo linde con Pontevedra (A Cañiza), onde se atopan altitudes de 800 a 1.000 m. A segunda é o centro do concello, un terreo con elevacións de tamaño medio escavado polos vales dos ríos Cerves e Brull. A terceira é o val do Miño, un terreo que cae bruscamente con grandes pendientes. O clima é oceánico de transición, con veráns secos.
  • 39. En Vivenzo, nas abas da serra do Faro consérvase o mellor conxunto de canastos de Galiza, formado por 17 exemplares, case todos abandoados e algúns en condicións moi precarias. As principais actividades son a agricultura, as explotacións forestais, as pequenas industrias (obradoiros) e os servizos. É un concello con paraxes naturais de excepcional interese: os cumes da serra do Faro de Avión, as fervenzas e pozas dos ríos Cerves e Brull, as beiras do Miño. Ten ademais un grande interese histórico-artístico (mosteiro de Melón) e etnográfico (canastros, muíños...). Varias rutas de sendeirismo indicadas permiten visitar os lugares máis interesentes: Ruta da Auga, Ruta dos Muíños, Camiño Real. Mosteiro de Santa María de Melón. Fundado no século XII, durante o reinado de Alfonso VIII, por monxes cistercienses.
  • 40. SUPERFICIE: 25,15 km2 POBOACIÓN: 5.112 habitantes (2015) PARROQUIAS: Campo Redondo, Esposende, Francelos, Ribadavia, San Cristovo de Regodeigón, Sanín e Ventosela. Vista de Ribadavia desde o río Avia. O centro histórico de Ribadavia conserva importantes mostras artísticas (igrexas, castelos, pazos) e rúas medievais entre as que destaca a xudería. Durante o mandato de García I, a finais do século XI, foi capital do Reino de Galiza, e máis tarde importante centro de comercio arredor das exportacións de viño do Ribeiro a Inglaterra. RIBADAVIA Está situado no centro da comarca do Ribeiro na confluencia do Miño e o Avia. A maior parte do territorio do concello está ocupado polo val dos ríos. O Miño percórreo polo leste, facendo de linde con Castrelo de Miño e A Arnoia; o Avia atravésao de norte a sur, e o Cerves e o Brull ou Outeiro teñen tamén aquí o último tramo do seu curso.
  • 41. As principais actividades son os servizos, a industria e a agricultura (viñedos). Acolle importantes valores naturais asociados aos ríos, especialmente o Avia (pozas de San Cristovo). En Ribadavia sitúase a capital do concello e da comarca, sé dos servizos administrativos e do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Viño do Ribeiro. Conserva un importante centro histórico declarado Ben de Interese Cultural e Conxunto de Interese Histórico-Artístico (1978). Castelo dos Sarmiento en Ribadavia. Foi construído no século XV. No recinto consérvase unha antiga necrópole do século IX e unha antiga capela con sartegos antropoides. Igrexa románica de San Xoán
  • 42. RELEVO Serra do Faro desde o Suído O territorio da comarca do Ribeiro é moi irregular e está moi fragmentado polos numerosos ríos que circulan polas fallas do terreo e aproveitan as áreas de debilidade das rochas. As maiores alturas, que superan os 1.000 m sitúanse no oeste, nas serras do Suído e Faro de Avión que separan a comarca e a provincia de Ourense da de Pontevedra. As zonas máis baixas son os vales dos ríos e no intermedio atópanse os restos dunha superficie de erosión moi fragmentada entre os 400 e os 500 m de altitude, na que se encaixan os ríos, salvando en moitos casos, grandes desniveis.
  • 43. Penedos graníticos na área de Pena Corneira, entre Carballeda de Avia e Leiro. A composición das rochas é moi variada, ao oeste predominan os granitos e ao leste as rochas metamórficas máis brandas.
  • 44. Serra do Suído As diferenzas de altitude e de orientación determinan unha grande diversidade vexetal con mestura de especies características do clima atlántico (carballos, bidueiros) con especies tipicamente mediterráneas (rebolos, sobreiras, érvedos...). Unha grande parte do territorio está ocupado por plantacións forestais de piñeiros e abondas as mimosas, unha especie invasora. A fauna é tamén moi rica, en especial nas grandes serras nas que se refuxian mamíferos, aves e réptis de grande interese.
  • 45. As sobreiras (Quercus suber) son moi comúns nas abas dos montes mesturadas con outras árbores. Breixos Xensá (Gentiana pneumonante)
  • 46. Papuxa (Sylvia communis) Carricanta (Ephippigera ephippiger) Bolboreta (Hyponephele lycaon)
  • 48. Nas serras consérvase un rico patrimonio etnográfico: chozos, cabanas, chozos do lobo... Chozo no Suído
  • 49. Panorámica da Serra do Suíd desde a serra do Faro SERRA DO SUÍDO Situada no linde entre as provincias de Ourense e Pontevedra. É unha serra de formas suaves con orientación N-S. O pico de máis altura é o Coto da Puza con 1.027 m, onde nace o río Avia. Na Serra do Suído nacen tamén os seus afluentes Baluga, Couso, Cubela, Folosa e Cardelle que se xuntan antes do encoro de Albarellos. Os seus cumes son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste.
  • 50. Val do Avia, preto do nacemento O Suído é unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2 ), aínda que a vertente ourensá é moito máis seca que a pontevedresa debido ao efecto Fohen. Accedese desde Avión por Hedreira, Nieva, Oroso ou Abelenda
  • 51. Cumes da serra do Suído A vexetación dominante nos cumes é o monte baixo con mato denso de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos, e fentos. Nas zonas chans e nas depresións hai brañas e nos vales consérvanse carballeiras e bosques de ribeira como os das cabeceiras do río Avia. Moitas áreas están repoboadas con piñeiros e eucaliptos. Conserva especies de fauna de gran interese como o lobo, gato bravo, bufo real, águia real, falcón abelleiro, gatafornela...
  • 52. OS CHOZOS DO SUÍDO A Serra do Suído conserva importantes restos etnográficos entre os que destacan os chozos, construcións empregadas polos pastores no verán. As construcións máis grandes (chozos) servían de vivenda para os pastores. As máis pequenas (cortellos) estaban destinadas á protección dos becerros. Unha ruta sinalizada permite percorrer os chozos máis representativos restaurados pola Escola Obradoiro: Mangüeiro, Rodeiro, Abelenda, Oroso, San Vicente, San Xusto e Cernadas. O Punto de partida é a área recreativa á que se chega desde Avión (por Nieva ou Abelenda). Cortellas Interior dun chozo Chozo en Cernadas
  • 53. Chozos e cortellas en Mangueiro, no alto do Suído
  • 54. Cumes do Faro de Avión SERRA DO FARO DE AVIÓN Con orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polo val do río Valdeiras (afluente do Avia). Fai de linde entre as provincias de Ourense (Melón, Carballeda de Avia e Avión) e Pontevedra (concellos de O Covelo e A Cañiza). É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis. Ten aspecto dun macizo fracturado afectado pola tectónica. O cumes máis altos no Ribeiro son o Coto do Xuíz (1.087 m), o Coto do Paso (1.082 m) e o Coto Agudo (1.077 m).
  • 55. Vista desde o Coto da Mama sobre a serra de Pena Corneira
  • 56. A Pena Corneira destaca entre os penedos que coroan esta pequena serra, prolongación da serra do Faro.
  • 57. Portela de Pau e val do Brul. Neste cume, de 1.044 m conflúen os concellos de Avión, Carballeda e Melón. Nesta serra nacen varios afluentes do Miño: Cortella, Cerves, Brul... No alto consérvanse restos dun pequeno glaciar da última fase do período Cuaternario que favoreceu o modelado suave que presenta actualmente. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre toda a contorna. Accedese desde Melón ou desde Avión (por Cortegazas).
  • 58. Carballeira nas abas ourensáns do Faro de Avión Nos montes a vexetación máis comun é o mato de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos, fentos... Entre os catro cumes do faro de Avión hai unha turbeira rodeada de piñeiro silvestre. Nas partes baixas consérvanse pequenas manchas de carballos e rebolos, algunhas en moi bo estado, e nas beiras dos ríos amieiras, salgueiros... A maioría do espazo está ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación.
  • 59. Vista das estribacións da serra do Faro de Avión desde o encoro de Castrelo de Miño. A serra de Faro de Avión prolóngase cara ao leste en terreos de Avión, Carballeda de Avia e Leiro nunha serie de cumes graníticos moi erosionados nos que destacan as formación de grandes bolos e penedos. Os puntos máis destacados son Pena Corneira, con 675 m, Outeiral, con 647 m; Coto do Forco, con 558 m, e Coto da Vella: 552 m. Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión.
  • 60. Lagoa no Faro das Laceiras
  • 61. Gando no Faro das Laceiras
  • 62. Vista cara ao norte co encoro de Castrelo de Miño e as comarca do Ribeiro COTO NOVELLE Cume de 714 m de altura situado na confluencia dos concellos de Castrelo do Miño, Cartelle e A Arnoia. Forma parte dunha aliñación que se estende con dirección N-S desde o Miño polos lindes dos concellos de Arnoia (O Ribeiro) e Cartelle (Terra de Celanova). A vexetación dominante son as plantacións de piñeiros de repoboación. Nas partes máis abruptas consérvanse carballos, rebolos, sobreiras e érvedos. Desde o alto domínase toda a comarca do Ribeiro, grande parte do val do Miño, as Terras de Celanova e as serras do sur, no linde con Portugal. Accedese desde Castrelo de Miño ou A Arnoia.
  • 63. Coto Novelle e A Arnoia desde o Miño
  • 64. Vista desde o cume de Coto Novelle cara ao oeste (Val do Miño e Crecente)
  • 65. OS RÍOS Curso alto do río Cerves, en Tourón (Melón) Toda a comarca está drenada polo Miño e os seus afluentes: Avia, Cerves e Brul. O Miño é o río máis importante do Ribeiro e percorre o territorio polo sur con dirección NE- SO. Os ríos teñen, en xeral, uns tramos altos e medios encaixados e escavan vales profundos con grandes desniveis nos que son frecuentes as pozas, rápidos e fervenzas. O Miño no encoro de Castrelo de Miño
  • 66. Macho e dúas femias de lavancos (Anas platirhynchos) no encoro do Miño. Os lavancos son as aves máis comúns no ríos de augas calmas. Nas beiras dos ríos consérvanse espazos de grande interese natural acobillados polas árbores dos bosque de ribeira nos que abondan os salgueiros, amieiras, freixos e, máis alonxados da auga carballos e rebolos. Unha boa parte do val do Miño está invadido polas mimosas, árbores de orixe australiana que se estenden con moita facilidade. A fauna é rica e variada, sobre todos as aves acuáticas, os anfibios e os insectos. Libeliña (Sympetrum sanguineum)
  • 67. Fentos palla real (Osmunda regalis) no outono Xabroneira, albatorno ou bataneira (Saponaria officinalis). Florecen de maio a agosto en terreos húmdos e na beira dos ríos. As follas soltan escuma ao fregalas e pódense empregar como xabrón. Salgueiros e espadanas
  • 68. Ponte de San Clodio, sobre o Avia, en Leiro. Construído no século XV e reformado no XVIII. Na comarca do Ribeiro os ríos son eixos arredor dos que se desenvolveron as comunicacións e numerosas actividades produtivas que deixaron um importante legado histórico-artístico e etnográfico: pontes, pasais, muíños, lavadoiros...
  • 69. Lavadoiro en Paredes (Leiro) Ponte no rego de maquiáns (Avia) en Ribadavia Muíño no Arnoia na área de lecer das Poldras Muíño no Avia en Ribadavia
  • 70. Vales do Miño e Avia desde a serra do Faro. O frío da noite impide que se eleve a auga que se evapora do río, mantenna en forma de néboa que cobre os vales durante as primeiras horas da mañá. RÍO MIÑO Entra na comarca do Ribeiro por Castrelo do Miño, onde ten a maior parte do curso retido no encoro. Máis abaixo comeza a encaixarse entre granitos e despois dun curto tramo de augas libres volve a ser encorado na Frieira entre A Arnoia e Cortegada, pola marxe esquerda e Melón pola dereita. Recibe pola dereita o Avia o Brul ou Outeiro e o Cerves, e pola esquerda o Arnoia e o Deva (facendo linde con Pontedeva).
  • 71. O Miño entre Castrelo de Miño e Cenlle
  • 72. O Miño no encoro de Castrelo de Miño, entre os concellos de Castrelo de Miño e Ribadavia
  • 73. O Miño no encoro de Castrelo de Miño. Ao fondo Ventosela e o monte San Cibrao
  • 74. Encoro de Castrelo de Miño, construído en 1968. Anegou unha boa parte do val do Miño en terras do Ribeiro. Na actualidade é un importante centro de práctica de deportes acuáticos e conta cun clube fluvial.
  • 75. O Miño na ponte de ferro entre Castrelo do Miño e Ribadavia O Miño en Ribadavia vólvese a encaixar en rochas graníticas
  • 77. O Miño entre A Arnoia e Ribadavia
  • 78. Embarcadoiro do catamarán no Miño na Arnoia, ao pé da Vila Termal. O Miño pode percorrerse nun catamarán ao longo do encoro de Frieira.
  • 79. O Miño na Arnoia, no punto onde se xunta co seu afluente, o río Arnoia
  • 80. O Miño en Cortegada, desde o mirador de Filgueira, en Crecente
  • 81. FERVENZA DE XUBÍN No lugar de Xubín da parroquia de Razamonde (Cenlle). Ten un desnivel de 40 m en rochas graníticas e neis. A controna está moi deteriorada por unha canteira. COMO CHEGAR: na estrada N-120 de Ourense a Vigo, en Xubín, cóllese unha estrada á dereita que remata na entrada dunha canteira de propiedade privada. So se pode acceder polo interior da canteira. Vese desde a autovía. RÍO DE XUBÍN Chamado tamén Lavandeira ou da Freixa. É un afluente do Miño que nace en Salamonde (San Amaro), percorre este concello e entra en Cenlle onde se xunta co Miño. No tramo final cae desde o planalto e forma rápidos, pozas e fervenzas.
  • 82. RÍO AVIA Nace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión). Percorre os concellos de Avión, Beade, Boborás, O Carballiño, Cenlle, Leiro e Ribadavia ata se xuntar ao Miño. Ten un percorrido encaixado no seu curso alto, forma unha ampla veiga en Leiro, Beade e Ribadavia e volve a encaixarse antes de se xuntar co Miño. Os afluentes pola esquerda son o Cardelle, Couso, Viñao e Arenteiro e pola dereita o Valdeiras. Curso alto do Avia en Avión
  • 83. REGO DAS FRAGAS Na vertente oriental da Serra do Suído (Abelenda- Avión), varios regos que forman parte das nacentes do río Avia. A fervenza das Fragas é a máis alta e cae dun desnivel de 60 m. Accedese desde Boeixos.
  • 84. REGO DE RIOBÓ Un afluento do rego das Fragas, en Mouriscados (Abelenda- Avión).
  • 85. RODEIRO En Rodeiro (Abelenda- Avión). Nun rego afluente do Baluga (Avia) que cae do Suído nun forte desnivel no que hai dúas caídas de gran altura, unha de case cen metros e outra de máis de 50. Vese detrás da Casa do Pobo e desde a estrada que vai ao Suído
  • 86. POZO NEGRO No lugar de Cernadas (Avión). No río Cubelo ou Valdeiras, que forma un estreito e fondo canón no que hai varios saltos e rápidos. O máis importante é o que cae no Pozo Negro.
  • 87. REGO DE FAXÓN Un rego de curto percorrido que cae no Avia desde os montes de Pena Corneira. Forma dous saltos, un en Paredes e outro debaixo de Lebosende. Paredes Lebosende
  • 88. Salto no río de Couso, un afluente do Avia que se une a el nas proximidades de Amiudal Ponte sobre o río Couso en Amiudal
  • 89. Área de lecer en Vilar de Condes, nun afluente do rego das Fermosas
  • 91. Área de lecer do Salgueiral en Leiro Ponte das Poldras sobre o Avia en Leiro
  • 92. POZAS DE SAN CRISTOVO Varios quilómetros antes de xuntarse co Miño en Ribadavia o río Avia discorre por un terreo chan onde se forman amplas superficies aluviais que se anegan nos tempos de augas altas. As pozas de San Cristovo son un conxunto de lagoas artificiais de diferentes tamaños que ocupan unha superficie aproximada de 8 ha que se orixinaron por explotacións de áridos abandoadas nos depósitos aluviais do Avia. Actualmente están abandoadas e naturalizadas. A vexetación está dominada por espadanas, amieiros e salgueiros, e rebolos nas partes máis secas. Destaca a presenza de aves acuáticas: corvo mariño grande, garza real, parrulo choupón, alavanco real, galiña de río, becacina cabra, galiñola negra, martiño peixeiro, anduriña das barreiras... Nidifica a garza pequena (Ixobrichus minutus). Tamén é moi importante a poboación de sapoconchos.
  • 93. O Avia en Ribadavia
  • 94. O Avia en Ribadavia
  • 95. O Avia en Ribadavia
  • 96. Confluencia do Avia co Miño Ribadavia
  • 97. RÍO BRUL ou OUTEIRO Nace na serra do Faro de Avión (Portela de Pau) percorre terreos de Melón (parroquia de Quins) e Ribadavia, onde se xunta co Miño na parroquia de Francelos. No último tramo coñécese co nome de río de Outeiro. Ten un curso con moitan pendentes onde abondan os rápidos, as fervenzas e as pozas. Ponte sobre o o río do Outeiro en Francelos (Ribadavia) Cunca alta do Brul entre Covelo e Vivenzo (Melón)
  • 98. RÍO CERVES Nace na serra do Faro de Avión (Coto do Xuíz), percorre terreos de Melón e desemboca no Miño entre Melón e Ribadavia. Ten un percorrido moi encaixado entre rochas graníticas no que abondan os rápidos e as fervenzas. No seu curso baixo, antes de se xuntar co Miño, atópanse as burgas de Prexegueiro, unha zona onde hai numerosas surxencias de augas termais no leito do río. O Cerves en Melón O Cerves no balneario do Prexigueiro. No río Cerves hai surxencias de augas termais a 41 ºC ricas en sulfuros e bicarbonato sódico. Da súa importancia hai referencias en documentos do século XVI.
  • 99. FERVENZAS DE TOURÓN No río Cerves (Melón). Tres saltos que en total salvan un desnivel de 100 m.
  • 103. AS MESTAS No río Cerves (Melón). Cae dun desnivel de 20 m. Chégase seguindo a “Ruta das Pozas”, sinalizada. Ao longo de todo o percorrido vanse sucedendo, rápidos, escorregadeiras, saltos e pozas.
  • 104. FEIXA DE SANTA CRUZ (CODESÁS) Entre as parroquias de Melón e Quins (Melón). O Cerves forma unha fervenza de 40 m nunha gorxa que só pode transitarse pola súa parte alta. Está 1 Km por baixo da presa da central.
  • 105. A FEIXA En Melón. O regato da Cortella (afluente do Cerves) salva un desnivel de máis de cen metros en sucesivos saltos e pozas, algunhas de máis de 15 m de altura, ás que é imposible achegarse. Pode verse seguindo unha ruta desde Cimadevila (800 m), cando o río leva auga e as árbores están sen follas.
  • 106. Ponte Arnoia RÍO ARNOIA Baixa da serra de San Mamede e despois de percorrer as comarcas de Allariz-Maceda e Terras de Celanova, entra no Ribeiro por terras do concello de Arnoia, onde se encaixa nun profundo canón en penedos graníticos (no linde entre A Arnoia, Cortegada e Gomesende) e pouco antes da súa desembocadura forma unha fértil veiga. Hai varias áreas de lecer e rutas sinalizadas que percorren os lugares de maior interese do río. Canón do Arnoia
  • 107. A PENEDA No río Arnoia, entre os concellos de Arnoia e Gomesende. O río escava un fondo canón con rochedos e grandes bosques de cerquiños, érvedos e sobreiras. A fervenza da Peneda salva unha altura de 7-8 m entre un penedo granítico para caer nunha inmensa poza. Toda a zona atópase moi afectada pola existencia de varias instalacións de centrais eléctricas no cauce e nas marxes do río.
  • 108. Área de lecer do Inquiau no concello da Arnoia
  • 109. O Arnoia na área de lecer das Poldras (A Arnoia)
  • 110. Confluencia do Arnoia e o Miño
  • 111. O Deva preto da súa desembocadura no Miño, en terreos de Cortegada. RÍO DEVA Nace na serra do Leboreiro e desemboca no Miño entre Cortegada (O Ribeiro) e Pontedeva (Terras de Celanova).
  • 112. AS ÁRBORES Carballos e rebolos na zona de Pena Corneira En boa parte das áreas montañosas da comarca do Ribeiro as árbores predominantes son os piñeiros en grandes plantacións que ocupan as partes altas e as abas dos montes. As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados rebolos, sobreiras, érvedos e castiñeiros. Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos. Nos parques e xardín das vilas e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas.
  • 113. As mimosas, árbores invasoras de orixe australiana, ocupan grandes áreas nesta comarca.
  • 114. Carballos (Quercus robur) do parque de Melón. O máis grande mide 21 m de altura e 5, 9 m de perímetro.
  • 115. Sobreira (Quercus suber) de Castrelo de Miño. Atópase ao pé da pista que sube desde Castrelo do Miño a Toedo e Freixedo. É un exemplar de grande porte cun toro de 4,05 m de contorno.
  • 116. Aciñeira (Quercus ilex) de Pontenovo. Melón. -16 m de altura e 3,8 m de contorno. Castiñeiro (Castanea Sativa) na Coiñeira (A Arnoia)
  • 117. Tilleiras (Tilia platyphylos) do adro do convento de San Domingos (Ribadavia). Hai varias tilleiras de grande porte, a máis grande mide case 4 m de perímetro. INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 118. Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens) do Mosteiro de Melón
  • 119. ESPAZOS PROTEXIDOS Hai unha ruta sinalizada desde Leiro cunha lonxitude de 8,7 km. Parte do paseo fluvial e pasa pola área etnográfica “Regato do Foxo”. En Lamas, ao pé da igrexa románica, hai unha área de lecer a e varios sendeiros que percorren as proximidades do cume de Pena Corneira. O antigo camiño de Beade cruza o bosque de Ridiomoas e chega tamén Bosque de carballos e cerquiños no contorno de Pena Corneira. PENA CORNEIRA Espazo de 998 ha situado entre os concellos de Leiro, Avión e Carballeda de Avia declarado Monumento Natural o 10 de xaneiro de 2008. É unha montaña de 675 m de altura coroada por grandes penedos graníticos (granodiorita porfídica tardía) entre os que destaca o que lle da o nome, a xeito dun gran menhir vertical. É unha prolongación cara ao nordeste da serra do Suído. Nos arredores hai bosques de carballos, rebolos, piñeiros e castiñeiros. Na súa base Houbo unha fortaleza do século XII hoxe desaparecida. Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión. Área de lecer en Lamas
  • 120. Carballeira na contorna de Pena Corneira Na área de Pena Corneira a erosión creo formas caprichosas nos penedos graníticos
  • 121. Contan cun itinerario educativo de 4 km de percorrido (Inicio na Igrexa de Beade) que transcurre por bosque de ribeira, carballeira, piñeiral, zona monumental, camiños antigos e zonas de viñedo. O BOSQUE DE RIDIMOAS É propiedade da asociación do mesmo nome fundada en 1988 que conta na actualidade con máis de 1.000 socios/as. Controlan un unhas 300 hectáreas acollidas a figura de protección de Refuxio de Fauna. O labor conservacionista levado a cabo por Ridimoas nos seus anos de existencia foi recoñecido con moitos premios, entre os que destacan: Unesco, Bandeira Verde de Galiza e Félix Rodríguez de la Fuente. Está formado por carballeira de Quercus robur e Quercus pyrenaica con sobosque de rascacú (Ruscus aculeatus), érbedo (Arbutus unedo), distintas especies de fentos; con pés relictos de cerdeira de acios (Prunus padus). Fotos Xan Dos Mudos
  • 122. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017