SlideShare a Scribd company logo
1 of 77
ARZÚA
A NATUREZA
O Pozo do Pego, no Ulla
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e
Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos
dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
SUPERFICIE: 485 km2
POBOACIÓN: 16.893
habitantes (2015)
CONCELLOS: Arzúa,
Boimorto, O Pino e Touro.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Río Tambre” e
“Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
CLIMA
O clima é oceánico hiperhúmido, cunha media anual de 12 ºC, máis suave cara ao val do Ulla.
Prados en Andabao (Boimorto)
ACTIVIDADES
As máis importantes son os servizos (40%), a agrogandaría (28%), a industria (16%) e a
construción (16%). Destaca a elaboración de queixos amparados pola Denominación de Orixe
Arzúa-Ulloa.
PATRIMONIO
Acolle un rico patrimonio histórico-artístico moi ligado ao Camiño de Santiago: igrexas
románicas, pontes medievais, pazos, cruceiros...
As rutas do Camiño Inglés e Francés conflúen en Arzúa.
Miliario procedente dunha vía romana
(Boimorto)
Pedrafitas de Andabao (Boimorto)
Igrexa de Sendelle (Boimorto)
Igrexa de Buazo (Boimorto)
Capela de Mota (Arzúa)
Capela da Madalena (O Pino)
SUPERFICIE: 155,30 km2
POBOACIÓN: 6.219 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Arzúa, Boente,
Brandeso, Banzá, Burres,
Campo, A Castañeda, Dodro,
Dombodán, Figueiroa, Lema,
Maroxo, A Mella, Oíns,
Pantiñobre, Rendal, San
Martiño de Calvos de
Sobrecamiño, Santa María de
Arzúa, Tronceda, Viladavil,
Vilantime e Viñós.
Paisaxe agraria de Arzúa
ARZÚA
Está situado no centro-leste da comarca. O territorio está formado por unha sucesión de
cumes de pouca altura moi erosionados e separados por numerosos cursos de auga. As
máximas alturas atópanse no oeste, no linde con Touro (Cornado, con 483 m) e ao leste, no
monte Martelo, que separa oas cuncas dos ríos Boente e Iso.
O río Tambre percorre un pequeno tramo no linde norte e tamén o seu afluente o Mera. O
Ulla percorre o linde sur e recibe varios afluentes: o Boente, no linde coa comarca de Melide e
o Iso, co seu afluente principal, o Brandeso.
CONCELLOS
Rúa no casco antigo de Arzúa, pola que
discorre o Camiño de Santiago.
As actividades máis destacadas son a agrogandaría e o sector forestal, así como pequenas
industrias, algunhas ligadas ao agro.
Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos onde hai varias áreas de lecer e
zonas para facer sendeirismo.
Arzúa acolle un importante patrimonio histórico-artístico, moi asociado ao Camiño de
Santiago: pontes medievais, igrexas románicas… e numerosos pazos.
Albergue de peregrinos en Ribadiso, no
Camiño de Santiago
SUPERFICIE: 82,32 km2
POBOACIÓN: 2.115
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Andabao, Os
Ánxeles, Arceo, Boimil,
Boimorto, Brates, Buazo,
Cardeiro, Corneda, Dormeá,
Mercurín, Rodieiros e
Sendelle.
Paisaxe da área montañosa de Boimorto onde se aprecian as
principais actividades do concello: agrogandaría e forestal.
BOIMORTO
Situado ao norte da comarca. A maior parte do territorio forma parte do Complexo de Ordes,
unha superficie achairada de suaves ondulacións con base de xistos. Os cumes máis
importántes atópanse ao leste, nas estribacións dos montes do Bocelo, no Coto Abieiras (773
m) e Salgueiro (614 m).
O río Tambre percorre o linde norte e recibe o Pequeno e o Batán. Cara ao sur circula o Iso,
afluente do Ulla.
O Tambre no Couto de pesca de Ponte Castro
As principais actividades son a agrogandaría e o sector foestal.
Os espazos de maior interese natural atópanse no río Tambre, protexido como LIC.
O patrimonio histórico-artístico está representado por varias igrexas románicas e numerosos
pazos.
Igrexa de Dormeá, a máis antiga do
concello, con partes do século XII.
SUPERFICIE: 131,37 km2
POBOACIÓN: 4.706
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Arca,
Budiño, Castrofeito,
Cebreiro, Cerceda,
Ferreiros, Gonzar,
Lardeiros, Medín, Pastor,
Pereira, O Pino e San
Mamede de Ferreiros.
Área de lecer na capela da Madalena
O PINO
Está situado no oeste da comarca. O relevo é moi variado. Ao norte, facendo linde do concello
e da comarca, o río Tambre eos seus afluentes Noa e Mera, nun val de formas suaves. No
centro atópase o resto dunha superficie de aplanamento de 350 a 450 m de altitude, con
formas suaves e moi erosionadas. No sur as cabeceiras dos afluentes do Ulla (Rego das Rozas,
Brandelos) que forman vales un pouco máis profundos entre pequenos cumes no que destaca
o Monte das Minas, con 452 m. Ao leste unha sucesión de aliñación co punto máis alt no
Filgueiras, con 456 m.
Pazo do Marqués de Montesacro, en Bermás
As principais actividades son a agrogandaría e o sector forestal.
Os espazos de maior interese natural atópanse no río Tambre e os seus afluentes, protexidos
no LIC “Río Tambre”.
O máis representativo do patrimonio cultural é a ponte medieval de Puñide, a igrexa de
Lardeiros e varios pazos.
O camiño Francés de Santiago atravesa o concello de leste a oeste.
Igrexa de Lardeiras
SUPERFICIE: 115,24 km2
POBOACIÓN: 3.853
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Andeade,
Bama, Bendaña, Beseño,
Calvos de Socamiño, Circes,
Cornado, Enquerentes, Fao,
Fontes Rosas, Foxás, Loxo,
Novefontes, Prevediños, San
Fiz de Quión, San Miguel de
Vilar, San Pedro de Ribeira,
Touro e Turces.
Área de lecer de Santaia, no ríoa Lañas, en Touro
TOURO
Situado no sur da comarca. O relevo é moi irregular e está formado por unha sucesión de
vales e montes que van perdendo altura cara ao val do Ulla.
Os cumes máis destacados atópanse ao norte, no Picón (400 m) e Pena da Cabreira (399 m).
O río Ulla percorre todo o linde sur do concello (fronte a Vila de Cruces, en Pontevedra) con
tramos onde circula moi encaixado. Os principais afluentes son o Prevediños, Brandelos e
Lañas, que discorren con dirección norte-sur.
Ruta da Ribeira do Ulla. Desde Ponte Basebe a San Pedro da
Ribeira percorre 15 quilómetros por fermosas paisaxes preto do
río e grandes masas de bosque autóctono.
As actividades máis importantes son a agrogandaría, especializada en vacún de leite, e o
sector forestal. A capital municipal é Fonte Díaz.
Os lugares de maior interese natural atópanse no río Ulla, protexido en parte no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”, e nos seus afluentes onde hai varias fervenzas (salto das Pombas,
Inferniño, A Pena, Rosende). O concello tén sinaladas varias rotas de sendeirismo que
percorren os lugares de maior interese.
No patrimonio histórico artístico destacan as igrexas de Santa María de Turces e San Fiz de
Quión e os pazos de Andeade, Mince, Dioño e Rosende.
Antiga ponte de madeira en
Remesquide, entre Touro e Vila de
Cruces.
RELEVO/ XEOLOXÍA
Vista dos montes da comarca desde a banda sur do Ulla. Ao fondo o Bocelo.
A comarca de Arzúa ten un relevo de transición entre as terras baixas e as serras da Dorsal
Galega, formado por unha serie de cumes suaves moi erosionados con alturas entre os 300 e
os 400 m que separan as cuncas do Tambre e o Ulla e que van gañando altura cara ao leste
onde se atopan as últimas estribacións dos monte de Bocelo (Coto Abieiras, con 773, o cume
máis alto da comarca). Na zona sur, cara ao val do Ulla os desniveis fanse máis bruscos e o
terreo acada as cotas máis baixas ata case os 100 m. Unha serie de aliñacións dispóñense con
dirección norte-sur separando os diferentes afluente do Ulla. Destacan o Cornado, entre
Arzúa e Touro e o Monte Martelo, no linde leste da comarca.
Explotación forestal con especies frondosas nos montes de Arzúa. Unha gran parte dos cumes dos montes de releve
suave están cultivados con pasteiros ou explotacións forestais.
Unha grande parte dos montes están aproveitados como pasteiros ou cubertos de plantacións
de piñeiros, nalgunhas zonas máis abruptas consérvanse carballeiras e nos cumes máis altos
mato de toxo e breixo.
Toxo, a planta máis común dos matos alegos nas
altitudes medias
Piorno (Adenocarpus complicatus). Nas partes altas das serras
da Dorsal mestúranse as xestas e os toxos cos piornos.
Perdiz (Alectoris rufa), unha ave terrestre común nas
áreas de cultivos e monte baixo da comarca.
Coello (Oryctolagus cuniculus)
Os montes do Bocelo na comarca
MONTES DO BOCELO
Situados entre Boimorto e a comarca de Melide (Melide, Toques e Sobrado), con dirección
nordeste-suroeste. Están formados por granitos de mica negra que aparecen nos cumes en
grandes bolos e penedos. As máximas alturas nesta comarca son Coto Abieiras, con 773 m e
Coto Salgueiro, con 614 m. Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre.
Accedese desde Boimorto (Corneda).
Explotación agrícola nos cumes máis baixos do Bocelo
Bosques residuais de frondosas nas abas do Bocelo que subsisten entre as explotacións agrícolas e forestais
O Tambre en Boimorto
A comarca está repartida nas cuncas fluviais do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
O Ulla é o río con máis percorrido e coa cunca máis grande. Fai de linde polo sur coa provincia
de Pontevedra cun trazado leste-oeste e recibe numerosos afluentes que discorren de norte a
sur. O Tambre fai de linde polo norte, cun trazado norleste-suroeste e recibe varios afluentes
de curto percorrido que circulan de leste a oeste.
OS RÍOS
Fervenza Salto das Pombas no río Lañas, afluente do Ulla. Por todo o val do Ulla na comarca abondan os saltos, rápidos e
fervenzas que se forman nos afluentes que caen polas abas de gran desnivel.
En xeral os vales dos ríos son abertos e de perfís suaves agás o último tramo do Tambre que
se encaixa despois do encoro de Portodemouros e recibe varios afluentes con fortes desniveis
onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.
Río Tambre na Tarroeira (O Pino)
Na contorna dos ríos consérvanse excelentes bosques de ribeira cunha grande biodiversidade
e espazos acondicionados como áreas de lecer ou para facer rutas de sendeirismo.
Tamén hai varios coutos de pesca.
Os ríos Tambre e Ulla e varios dos seus afluentes están protexidos nos LICs “Río Tambre” e
“Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
Avelairas no bosque do Pego, no val do Ulla
Cáncaro (Primula vulgaris), unha planta común nos
lugares sombrizos á beira dos ríos.
Estripo en flor na ribeira do Tambre
Dentabrúa (Osmunda regalis).
As frondes deste fento de gran tamaño desaparecen
en cada inverno e rexorden na primavera.
Narcissus cyclamineus. Unha planta endémica de
Galiza e o norte de Portugal que florece á beira dos
ríos da metade sur do país.
A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) é unha planta que vive
mergullada e enche de cor branca a superficie do río cando florece
Mexillón de río
(Margatifera margaritifera).
Un bivalvo que pode acadar
máis de 10 cm de lonxitude
e que só se atopa nos ríos
con augas limpasFerreiro abelleiro (Parus major). Un
paxaro de bosques e xardíns que se
alimenta de insectos.
Libeliñas ou gaiteiros. Macho (azul) e femia (verde) de
Calopterix splendes. viven en zonas asolladas e con
vexetación da beira dos ríos. O desenvolvemento das
larvas dentro da auga dura dous anos
Os patinadores ou zapateiros (Gerrys lacustris) son
chinches que se desprazan pola fina película da
superficie da auga en zonas tranquilas onde cazan
pequenos insectos dos que se alimentan.
Ponte medieval sobre o Iso en Ribadiso (Arzúa), no Camiño de Santiago
Tradicionalmente os ríos foron empregados para moover distintos mecanismos entre os que
destacan os muíños, que abondan por toda a comarca. Tamén se conservan varias pontes de
interese histórico-artístico, especialmente no Camiño de Santiago.
Muíño da Pena no río Mera (Tambre) no Pino
O Tambre entre Braes (Boimorto) e Añás (Frades)
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo, discorre lentamente no seu curso alto, encáixase lixeiramente no
seu curso medio e vai fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Desemboca en
Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km.
Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto.
Nesta comarca recolle augas dos concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino.
Recibe pola esquerda o Pequeno, Noa e Mera.
É un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en
perigo de extinción en toda Europa. Está protexido no LIC “Río Tambre”
O Tambre entre Boimorto e Mesía, no Couto de Pesca de Ponte Castro, onde se atopa unha área de lecer
O Tambre entre Pastor (O Pino) e Ponte Carreira (Frades)
Área de lecer da Tarroeira, no Pino
Área de lecer de Aiazo, entre O Pino e Frades
RÍO MERA
Nace nos lindes entre Boimorto e Arzúa, percorre terreos de Arzúa e O Pino e xúntase ao Tambre na
parroquia de O Pino. (A Tarroeira). Parte do seu curso está protexido no LIC Río Tambre.
Ponte Penide, unha obra de orixe romana sobre o río Mera
Río Mera na Tarroeira (O Pino),
na confluencia co Ulla
Encoro de Portodemouros en Arzúa
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros
(Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla). Percorre varias comarcas, ás que lle da nome; a Ulloa,
a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132
km de percorrido. Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Arzúa, O Pino
e Touro. Recibe pola dereita o Boente, Iso (co Brandeso), Loñas e Brandelos.
Está encorado en Portodemouros e unha pequena parte forma parte do LIC “Sistema Fluvial
Ulla-Deza”.
Probas de piraguismo no encoro de Portodemouros
Restos dunha antiga central eléctrica en Santa Marta (Hortas, Arzúa).
Nas proximidades pódese facer unha ruta de sendeirismo que discorre pola parroquia de Calvos (Touro) e que pasa pola
fervenza de Rosende e percorre parte do canón do Ulla.
O Ulla en Ponte Basebe (Novefontes), entre Touro e Vila de Cruces
Pozo do Pego en San Pedro de Ribeira (Touro).
Desde San Pedro da Ribeira pódese percorrer a beira do Ulla pola “Ruta do Ulla”, ata Ponte Basebe pasando por
fermosos recunchos do río, amplas áreas de bosque, dúas fervenzas e varios muíños.
Bosque do Pego. Ocupa unha ampla extensión na beira do Ulla nas parroquias de Ribeira e Fao, do concello de Touro. No
seu interior atópanse antigas ouriceiras, testemuñas de épocas nas que se cultivaban castiñeiros.
O Ulla en Remesquide
O río Iso en Boimorto
RÍO ISO
Nace na aba oeste dos montes do Bocelo en Boimorto, percorre o concello de Arzúa de norte a sur e
xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros. Os principais afluentes son o Rigueiro, Rendal, Ribeiral e
Boente, pola dereita, e Fondo e Brandeso, pola esquerda.
O río Iso na área de lecera de Ribadiso (Arzúa)
RÍO BOENTE
Nace no Couto do Vieiro, en Melide e circula con dirección norte-
sur facendo en parte de linde entre os concellos de Arzúa e
Santiso. Xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros.
O río Boente entre Arzúa e Santiso
Muíño á beira do Boente, en Arzúa
RÍO BRANDESO
Chamado Pandelos no curso alto; é o principal afluente do
Iso pola esquerda. Ten todo o seu percorrido por terreos
de Arzúa e xúntase ao Iso nas proximidades do encoro de
Portodemouros.
Ermida da Fontesanta, a
carón do río Brandeso
REGO DE LAMAS
Un afluente do Iso (Ulla). En Maroxo (Arzúa). Varios saltos sucesivos.
COMO CHEGAR: Na estrada de Arzúa a Portodemouros, antes de cruzar o río Carracedo, collemos o desvío á Fonte Santa
(segue o trazado da antiga estrada) e un pouco máis adiante, á esquerda o desvío que vai a Maroxo. Séguese ata
Fondevila, onde se colle á dereita, pásase A Cal e ao cruzar o rego paramos para baixar á fervenza que se atopa un pouco
máis abaixo.
FERVENZA DE HORTAS
Na parroquia de Dombodán (Arzúa).
O Río Ufa, Santa Marta ou da Fervenza, afluente do
Ulla, ten un curto percorrido no que discorre por
canóns e forma varias fervenzas e rápidos. A fervenza
principal cae duns 20 m de altura en neis mesturados
con cuarcitas. A zona conserva un bo bosque de ribeira
de moi dificil acceso e está aproveitada con varios
muíños.
COMO CHEGAR: na estrada de Arzúa a Vila de Cruces, a
uns 11 km chégase á localidade de Hortas e cóllese o
cruce en dirección a Ponte San Xusto. A uns 200 m
cóllese un cruce á dereita (xunto ao bar Varela) e
atravésase a localidade seguindo por unha pista de
terra que pasa xunto a un lavadoiro e uns muíños (hai
unha ruta de sendeirismo marcada). Apárcase o
vehículo xunto a un muíño grande de cemento e un
pouco máis abaixo á esquerda sae un carreiro que
cruza uns prados e baixa ao río con moita dificultade.
Seguindo o camiño cara abaixo chégase ao Ulla.
SALTO DAS POMBAS
Na parroquia de Cornado (Touro). O río Lañas é
un afluente do Ulla que percorre o concello de
Touro de Norte a Sur salvando un forte
desnivel no seu tramo final onde forma varios
rápidos e fervenzas. A máis alta cae duns 8 m
encaixada entre rochas metamórficas.
COMO CHEGAR: unha ruta indicada de 10 km
parte da área de lecer de Santalla, pasa pola
fervenza e remata en Ponte Basebe. Pódese
chegar ás proximidades pola estrada de Fonte
Díaz (Touro) a Cornado e unha vez cruzado o
río na ponte da estrada, no lugar onde hai uns
muíños, coller a ruta indicada. Tamén se pode
baixar por unha pista de terra un pouco máis
adiante á dereita.
FERVENZA DO INFERNIÑO
Na parroquia de Novefontes (Touro), nun
pequeno rego afluente do Ulla que salva un
forte desnivel
COMO CHEGAR: pódese acceder desde a ruta
de sendeirismo “Ribeira do Ulla”, desde Ponte
Basebe ou San Pedro da Ribeira. Tamén se
pode achegar co coche por unha pista que
baixa por diante da igrexa de Novefontes ata
chegar á conexión coa ruta de sendeirismo,
onde está indicada cun cartel.
Seguindo a ruta en dirección a San Pedro da
Ribeira, á altura de Fao, atópase a fervenza da
Pena, nun pequeno rego.
FERVENZA DE MINCE
Na parroquia de Prevediños (Touro).
O río Quintás, afluente do Ulla, salva un desnivel en xistos de
aproximadamente 10 m en dous saltos. A zona ten moita
pendente e está moi chea de maleza e árbores caídas o que fai
moi complicado o camiño.
COMO CHEGAR: desde Fonte Díaz (capital do concello de Touro)
séguese cara a Loxo e Prevediños e ao chegar a Mince tómase a
primeira pista á dereita despois do pazo e báixase
aproximadamente 500 m rodeando un emparrado ata chegar a
uns prados situados á esquerda. Desde aí cóllese unha pista de
terra a a uns 100 m á dereita báixase seguindo unha canle de
muíño abandoada ata o río. Crúzase e séguese río arriba uns 200
m por un carreiro de moita dificultade ata atopar a fervenza.
RÍO BESEÑO
Santiso de Cornado (Touro). O río Beseño é un
afluente do Lañas (Ulla) que salva un forte desnivel na
zona de Santiso.
COMO CHEGAR:
Pola estrada de Fonte Díaz (Touro) a Cornado cóllese
un desvío á dereita a Santiso. Despois de pasar a
igrexa cóllese outro desvío á dereita (a carón do
lavadoiro) e séguese ata chegar a río. Remontámos o
río uns 200 m, pola parte dos prados, e vemos as
fervenzas.
ÁRBORES
Interior do bosque do Pego, na ribeira do Ulla, enTouro
A maior parte da comarca está plantada de piñeiros que ocupan as terras máis baixas e as abas dos montes. Nos vales
encaixados dos ríos e as abas máis encostas dos montes consérvanse boas representacións de bosques autóctonos nos
que a árbore dominante é o carballo, acompañado de sobreiras, avelairas, estripos, castiñeiros...
Nos xardíns das vilas e dos pazos hai alguns exemplares monumentais de árbores exóticas.
Carballo no bosque do Pego
Carballeira da Mota, en Campo (Arzúa)
Carballeira da Fontesanta, na beira do río Iso, en Arzúa
Carballo de Ribadiso (Quercus robur) en
Arzúa. Atópase un pouco antes de cruzar o
río Iso, á dereita do camiño.
-5,50 m de perímetro .
Carballo de Corredoiras (Boimorto). Atópase á beira da
estrada de Melide a Curtis, ao pé do cruce que vai á
Arzúa polo Camiño de Santiago.
-4,60 m de perímetro.
Carballo de San Antonio da Paínza (Arzúa). Un carballo de
grandes dimensións danado polas obras de asfaltado e
acondicionamento do lugar onde se atopa. Na actualidade
só conserva o toro do que agroman escasas ponlas novas.
Atópase no lugar de Paínzas, en Viladavil.
Carballo en Andabao (Boimorto)
-3,85 m de perímetro
Carballo en Baiobre (Branzá-Arzúa)
-3,68 m de perímetro
Castiñeiro (Castanea sativa) en Pregontoño (Arzúa)
Piñeiro manso de Ribadiso (Boimorto)
Piñeiro manso (Pinus pinea) de Boente (Arzúa).
Atópase á beira da estrada de Arzúa a Melide.
Sobreiras (Quercus suber) no Pedrouzo (O Pino)
Sobreira en Cerceda (O Pino)
- 2,8 m de perímetro
Oliveira (Olea europaea) da
igrexa de Lardeiros (O Pino)
-2,73 m de perímetro
Piñeiro de Oregón
(Pseudotsuga menziesii) do
pazo do Marqué de
Montesacro en Bermás
(O Pino).
-34 m de altura e 5,53 m de
perímetro
Incluído no Catálogo de
Árbores senlleiras de Xunta
de Galiza
Alcipreste de
California
(Cupressus
macrocarpa) da
Paínza (Arzúa)
-4,03 m de
perímetro
Buxos da Casa de Botana na Paínza (Arzúa).
Incluídos no Catálogo de Árbores senlleiras de Xunta de Galiza
Eucaliptos (Eucalyptus globulus) da Casa
de Botana na Paínza (Viladavil-Arzúa).
Atópanse no xardín do pazo ao pé da
estrada de Arzúa a Boimorto. Hai dous
exemplares monumentais. O máis grande
(na imaxe) mide 50 m de altura e 7,73 m
de perímetro.
-8,82 m de perímetro
Eucaliptos en Baiobre (Branzá, Arzúa)
-7,2 m de perímetro
ESPAZOS PROTEXIDOS
Área de lecer entre
Ponte Carreira (O Pino)
e Aiazo (Frades)
LIC RÍO TAMBRE
Nesta comarca protexe parte do curso do Tambre e o seu afluente Mera, no concello de O
Pino. No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente. Nas zonas
máis chans fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os
bosques de ribeira acadan maior extensión e riqueza en especies
O Ulla en San Pedro de Ribeira, no límite do espazo protexido
LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA
É un grande espazo que nesta comarca inclúe un pequeno tramo no concello de Touro, aínda
que todo o río é merecente de protección polos seus valores biolóxicos e paisaxísticos:
bosques de ribeira, fervenzas, ecosistemas acuáticos…
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
maio 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncubertamonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 

What's hot (20)

Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncuberta
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 

Similar to Comarca Arzúa

Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Dezamonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 

Similar to Comarca Arzúa (17)

O courel
O courelO courel
O courel
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Recently uploaded (7)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Comarca Arzúa

  • 2. O Pozo do Pego, no Ulla A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla. O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo. Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais. Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
  • 3. SUPERFICIE: 485 km2 POBOACIÓN: 16.893 habitantes (2015) CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
  • 4. CLIMA O clima é oceánico hiperhúmido, cunha media anual de 12 ºC, máis suave cara ao val do Ulla. Prados en Andabao (Boimorto)
  • 5. ACTIVIDADES As máis importantes son os servizos (40%), a agrogandaría (28%), a industria (16%) e a construción (16%). Destaca a elaboración de queixos amparados pola Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa.
  • 6.
  • 7. PATRIMONIO Acolle un rico patrimonio histórico-artístico moi ligado ao Camiño de Santiago: igrexas románicas, pontes medievais, pazos, cruceiros... As rutas do Camiño Inglés e Francés conflúen en Arzúa. Miliario procedente dunha vía romana (Boimorto)
  • 9. Igrexa de Sendelle (Boimorto)
  • 10. Igrexa de Buazo (Boimorto) Capela de Mota (Arzúa)
  • 11. Capela da Madalena (O Pino)
  • 12. SUPERFICIE: 155,30 km2 POBOACIÓN: 6.219 habitantes (2015) PARROQUIAS: Arzúa, Boente, Brandeso, Banzá, Burres, Campo, A Castañeda, Dodro, Dombodán, Figueiroa, Lema, Maroxo, A Mella, Oíns, Pantiñobre, Rendal, San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, Santa María de Arzúa, Tronceda, Viladavil, Vilantime e Viñós. Paisaxe agraria de Arzúa ARZÚA Está situado no centro-leste da comarca. O territorio está formado por unha sucesión de cumes de pouca altura moi erosionados e separados por numerosos cursos de auga. As máximas alturas atópanse no oeste, no linde con Touro (Cornado, con 483 m) e ao leste, no monte Martelo, que separa oas cuncas dos ríos Boente e Iso. O río Tambre percorre un pequeno tramo no linde norte e tamén o seu afluente o Mera. O Ulla percorre o linde sur e recibe varios afluentes: o Boente, no linde coa comarca de Melide e o Iso, co seu afluente principal, o Brandeso. CONCELLOS
  • 13. Rúa no casco antigo de Arzúa, pola que discorre o Camiño de Santiago. As actividades máis destacadas son a agrogandaría e o sector forestal, así como pequenas industrias, algunhas ligadas ao agro. Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos onde hai varias áreas de lecer e zonas para facer sendeirismo. Arzúa acolle un importante patrimonio histórico-artístico, moi asociado ao Camiño de Santiago: pontes medievais, igrexas románicas… e numerosos pazos. Albergue de peregrinos en Ribadiso, no Camiño de Santiago
  • 14. SUPERFICIE: 82,32 km2 POBOACIÓN: 2.115 habitantes (2014) PARROQUIAS: Andabao, Os Ánxeles, Arceo, Boimil, Boimorto, Brates, Buazo, Cardeiro, Corneda, Dormeá, Mercurín, Rodieiros e Sendelle. Paisaxe da área montañosa de Boimorto onde se aprecian as principais actividades do concello: agrogandaría e forestal. BOIMORTO Situado ao norte da comarca. A maior parte do territorio forma parte do Complexo de Ordes, unha superficie achairada de suaves ondulacións con base de xistos. Os cumes máis importántes atópanse ao leste, nas estribacións dos montes do Bocelo, no Coto Abieiras (773 m) e Salgueiro (614 m). O río Tambre percorre o linde norte e recibe o Pequeno e o Batán. Cara ao sur circula o Iso, afluente do Ulla.
  • 15. O Tambre no Couto de pesca de Ponte Castro As principais actividades son a agrogandaría e o sector foestal. Os espazos de maior interese natural atópanse no río Tambre, protexido como LIC. O patrimonio histórico-artístico está representado por varias igrexas románicas e numerosos pazos. Igrexa de Dormeá, a máis antiga do concello, con partes do século XII.
  • 16. SUPERFICIE: 131,37 km2 POBOACIÓN: 4.706 habitantes (2015) PARROQUIAS: Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Ferreiros, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino e San Mamede de Ferreiros. Área de lecer na capela da Madalena O PINO Está situado no oeste da comarca. O relevo é moi variado. Ao norte, facendo linde do concello e da comarca, o río Tambre eos seus afluentes Noa e Mera, nun val de formas suaves. No centro atópase o resto dunha superficie de aplanamento de 350 a 450 m de altitude, con formas suaves e moi erosionadas. No sur as cabeceiras dos afluentes do Ulla (Rego das Rozas, Brandelos) que forman vales un pouco máis profundos entre pequenos cumes no que destaca o Monte das Minas, con 452 m. Ao leste unha sucesión de aliñación co punto máis alt no Filgueiras, con 456 m.
  • 17. Pazo do Marqués de Montesacro, en Bermás As principais actividades son a agrogandaría e o sector forestal. Os espazos de maior interese natural atópanse no río Tambre e os seus afluentes, protexidos no LIC “Río Tambre”. O máis representativo do patrimonio cultural é a ponte medieval de Puñide, a igrexa de Lardeiros e varios pazos. O camiño Francés de Santiago atravesa o concello de leste a oeste. Igrexa de Lardeiras
  • 18. SUPERFICIE: 115,24 km2 POBOACIÓN: 3.853 habitantes (2014) PARROQUIAS: Andeade, Bama, Bendaña, Beseño, Calvos de Socamiño, Circes, Cornado, Enquerentes, Fao, Fontes Rosas, Foxás, Loxo, Novefontes, Prevediños, San Fiz de Quión, San Miguel de Vilar, San Pedro de Ribeira, Touro e Turces. Área de lecer de Santaia, no ríoa Lañas, en Touro TOURO Situado no sur da comarca. O relevo é moi irregular e está formado por unha sucesión de vales e montes que van perdendo altura cara ao val do Ulla. Os cumes máis destacados atópanse ao norte, no Picón (400 m) e Pena da Cabreira (399 m). O río Ulla percorre todo o linde sur do concello (fronte a Vila de Cruces, en Pontevedra) con tramos onde circula moi encaixado. Os principais afluentes son o Prevediños, Brandelos e Lañas, que discorren con dirección norte-sur.
  • 19. Ruta da Ribeira do Ulla. Desde Ponte Basebe a San Pedro da Ribeira percorre 15 quilómetros por fermosas paisaxes preto do río e grandes masas de bosque autóctono. As actividades máis importantes son a agrogandaría, especializada en vacún de leite, e o sector forestal. A capital municipal é Fonte Díaz. Os lugares de maior interese natural atópanse no río Ulla, protexido en parte no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, e nos seus afluentes onde hai varias fervenzas (salto das Pombas, Inferniño, A Pena, Rosende). O concello tén sinaladas varias rotas de sendeirismo que percorren os lugares de maior interese. No patrimonio histórico artístico destacan as igrexas de Santa María de Turces e San Fiz de Quión e os pazos de Andeade, Mince, Dioño e Rosende. Antiga ponte de madeira en Remesquide, entre Touro e Vila de Cruces.
  • 20. RELEVO/ XEOLOXÍA Vista dos montes da comarca desde a banda sur do Ulla. Ao fondo o Bocelo. A comarca de Arzúa ten un relevo de transición entre as terras baixas e as serras da Dorsal Galega, formado por unha serie de cumes suaves moi erosionados con alturas entre os 300 e os 400 m que separan as cuncas do Tambre e o Ulla e que van gañando altura cara ao leste onde se atopan as últimas estribacións dos monte de Bocelo (Coto Abieiras, con 773, o cume máis alto da comarca). Na zona sur, cara ao val do Ulla os desniveis fanse máis bruscos e o terreo acada as cotas máis baixas ata case os 100 m. Unha serie de aliñacións dispóñense con dirección norte-sur separando os diferentes afluente do Ulla. Destacan o Cornado, entre Arzúa e Touro e o Monte Martelo, no linde leste da comarca.
  • 21. Explotación forestal con especies frondosas nos montes de Arzúa. Unha gran parte dos cumes dos montes de releve suave están cultivados con pasteiros ou explotacións forestais. Unha grande parte dos montes están aproveitados como pasteiros ou cubertos de plantacións de piñeiros, nalgunhas zonas máis abruptas consérvanse carballeiras e nos cumes máis altos mato de toxo e breixo.
  • 22. Toxo, a planta máis común dos matos alegos nas altitudes medias Piorno (Adenocarpus complicatus). Nas partes altas das serras da Dorsal mestúranse as xestas e os toxos cos piornos.
  • 23. Perdiz (Alectoris rufa), unha ave terrestre común nas áreas de cultivos e monte baixo da comarca. Coello (Oryctolagus cuniculus)
  • 24. Os montes do Bocelo na comarca MONTES DO BOCELO Situados entre Boimorto e a comarca de Melide (Melide, Toques e Sobrado), con dirección nordeste-suroeste. Están formados por granitos de mica negra que aparecen nos cumes en grandes bolos e penedos. As máximas alturas nesta comarca son Coto Abieiras, con 773 m e Coto Salgueiro, con 614 m. Fai de divisoria das concas do Ulla e do Tambre. Accedese desde Boimorto (Corneda).
  • 25. Explotación agrícola nos cumes máis baixos do Bocelo
  • 26. Bosques residuais de frondosas nas abas do Bocelo que subsisten entre as explotacións agrícolas e forestais
  • 27. O Tambre en Boimorto A comarca está repartida nas cuncas fluviais do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur. O Ulla é o río con máis percorrido e coa cunca máis grande. Fai de linde polo sur coa provincia de Pontevedra cun trazado leste-oeste e recibe numerosos afluentes que discorren de norte a sur. O Tambre fai de linde polo norte, cun trazado norleste-suroeste e recibe varios afluentes de curto percorrido que circulan de leste a oeste. OS RÍOS
  • 28. Fervenza Salto das Pombas no río Lañas, afluente do Ulla. Por todo o val do Ulla na comarca abondan os saltos, rápidos e fervenzas que se forman nos afluentes que caen polas abas de gran desnivel. En xeral os vales dos ríos son abertos e de perfís suaves agás o último tramo do Tambre que se encaixa despois do encoro de Portodemouros e recibe varios afluentes con fortes desniveis onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.
  • 29. Río Tambre na Tarroeira (O Pino) Na contorna dos ríos consérvanse excelentes bosques de ribeira cunha grande biodiversidade e espazos acondicionados como áreas de lecer ou para facer rutas de sendeirismo. Tamén hai varios coutos de pesca. Os ríos Tambre e Ulla e varios dos seus afluentes están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
  • 30. Avelairas no bosque do Pego, no val do Ulla
  • 31. Cáncaro (Primula vulgaris), unha planta común nos lugares sombrizos á beira dos ríos. Estripo en flor na ribeira do Tambre
  • 32. Dentabrúa (Osmunda regalis). As frondes deste fento de gran tamaño desaparecen en cada inverno e rexorden na primavera. Narcissus cyclamineus. Unha planta endémica de Galiza e o norte de Portugal que florece á beira dos ríos da metade sur do país.
  • 33. A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) é unha planta que vive mergullada e enche de cor branca a superficie do río cando florece
  • 34. Mexillón de río (Margatifera margaritifera). Un bivalvo que pode acadar máis de 10 cm de lonxitude e que só se atopa nos ríos con augas limpasFerreiro abelleiro (Parus major). Un paxaro de bosques e xardíns que se alimenta de insectos.
  • 35. Libeliñas ou gaiteiros. Macho (azul) e femia (verde) de Calopterix splendes. viven en zonas asolladas e con vexetación da beira dos ríos. O desenvolvemento das larvas dentro da auga dura dous anos Os patinadores ou zapateiros (Gerrys lacustris) son chinches que se desprazan pola fina película da superficie da auga en zonas tranquilas onde cazan pequenos insectos dos que se alimentan.
  • 36. Ponte medieval sobre o Iso en Ribadiso (Arzúa), no Camiño de Santiago Tradicionalmente os ríos foron empregados para moover distintos mecanismos entre os que destacan os muíños, que abondan por toda a comarca. Tamén se conservan varias pontes de interese histórico-artístico, especialmente no Camiño de Santiago.
  • 37. Muíño da Pena no río Mera (Tambre) no Pino
  • 38. O Tambre entre Braes (Boimorto) e Añás (Frades) RÍO TAMBRE Nace na Serra do Bocelo, discorre lentamente no seu curso alto, encáixase lixeiramente no seu curso medio e vai fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Desemboca en Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km. Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto. Nesta comarca recolle augas dos concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino. Recibe pola esquerda o Pequeno, Noa e Mera. É un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa. Está protexido no LIC “Río Tambre”
  • 39. O Tambre entre Boimorto e Mesía, no Couto de Pesca de Ponte Castro, onde se atopa unha área de lecer
  • 40. O Tambre entre Pastor (O Pino) e Ponte Carreira (Frades)
  • 41. Área de lecer da Tarroeira, no Pino
  • 42. Área de lecer de Aiazo, entre O Pino e Frades
  • 43. RÍO MERA Nace nos lindes entre Boimorto e Arzúa, percorre terreos de Arzúa e O Pino e xúntase ao Tambre na parroquia de O Pino. (A Tarroeira). Parte do seu curso está protexido no LIC Río Tambre. Ponte Penide, unha obra de orixe romana sobre o río Mera
  • 44. Río Mera na Tarroeira (O Pino), na confluencia co Ulla
  • 45. Encoro de Portodemouros en Arzúa RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla). Percorre varias comarcas, ás que lle da nome; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km de percorrido. Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Arzúa, O Pino e Touro. Recibe pola dereita o Boente, Iso (co Brandeso), Loñas e Brandelos. Está encorado en Portodemouros e unha pequena parte forma parte do LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
  • 46. Probas de piraguismo no encoro de Portodemouros
  • 47. Restos dunha antiga central eléctrica en Santa Marta (Hortas, Arzúa). Nas proximidades pódese facer unha ruta de sendeirismo que discorre pola parroquia de Calvos (Touro) e que pasa pola fervenza de Rosende e percorre parte do canón do Ulla.
  • 48. O Ulla en Ponte Basebe (Novefontes), entre Touro e Vila de Cruces
  • 49. Pozo do Pego en San Pedro de Ribeira (Touro). Desde San Pedro da Ribeira pódese percorrer a beira do Ulla pola “Ruta do Ulla”, ata Ponte Basebe pasando por fermosos recunchos do río, amplas áreas de bosque, dúas fervenzas e varios muíños.
  • 50. Bosque do Pego. Ocupa unha ampla extensión na beira do Ulla nas parroquias de Ribeira e Fao, do concello de Touro. No seu interior atópanse antigas ouriceiras, testemuñas de épocas nas que se cultivaban castiñeiros.
  • 51. O Ulla en Remesquide
  • 52. O río Iso en Boimorto RÍO ISO Nace na aba oeste dos montes do Bocelo en Boimorto, percorre o concello de Arzúa de norte a sur e xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros. Os principais afluentes son o Rigueiro, Rendal, Ribeiral e Boente, pola dereita, e Fondo e Brandeso, pola esquerda. O río Iso na área de lecera de Ribadiso (Arzúa)
  • 53. RÍO BOENTE Nace no Couto do Vieiro, en Melide e circula con dirección norte- sur facendo en parte de linde entre os concellos de Arzúa e Santiso. Xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros. O río Boente entre Arzúa e Santiso Muíño á beira do Boente, en Arzúa
  • 54. RÍO BRANDESO Chamado Pandelos no curso alto; é o principal afluente do Iso pola esquerda. Ten todo o seu percorrido por terreos de Arzúa e xúntase ao Iso nas proximidades do encoro de Portodemouros. Ermida da Fontesanta, a carón do río Brandeso
  • 55. REGO DE LAMAS Un afluente do Iso (Ulla). En Maroxo (Arzúa). Varios saltos sucesivos. COMO CHEGAR: Na estrada de Arzúa a Portodemouros, antes de cruzar o río Carracedo, collemos o desvío á Fonte Santa (segue o trazado da antiga estrada) e un pouco máis adiante, á esquerda o desvío que vai a Maroxo. Séguese ata Fondevila, onde se colle á dereita, pásase A Cal e ao cruzar o rego paramos para baixar á fervenza que se atopa un pouco máis abaixo.
  • 56. FERVENZA DE HORTAS Na parroquia de Dombodán (Arzúa). O Río Ufa, Santa Marta ou da Fervenza, afluente do Ulla, ten un curto percorrido no que discorre por canóns e forma varias fervenzas e rápidos. A fervenza principal cae duns 20 m de altura en neis mesturados con cuarcitas. A zona conserva un bo bosque de ribeira de moi dificil acceso e está aproveitada con varios muíños. COMO CHEGAR: na estrada de Arzúa a Vila de Cruces, a uns 11 km chégase á localidade de Hortas e cóllese o cruce en dirección a Ponte San Xusto. A uns 200 m cóllese un cruce á dereita (xunto ao bar Varela) e atravésase a localidade seguindo por unha pista de terra que pasa xunto a un lavadoiro e uns muíños (hai unha ruta de sendeirismo marcada). Apárcase o vehículo xunto a un muíño grande de cemento e un pouco máis abaixo á esquerda sae un carreiro que cruza uns prados e baixa ao río con moita dificultade. Seguindo o camiño cara abaixo chégase ao Ulla.
  • 57. SALTO DAS POMBAS Na parroquia de Cornado (Touro). O río Lañas é un afluente do Ulla que percorre o concello de Touro de Norte a Sur salvando un forte desnivel no seu tramo final onde forma varios rápidos e fervenzas. A máis alta cae duns 8 m encaixada entre rochas metamórficas. COMO CHEGAR: unha ruta indicada de 10 km parte da área de lecer de Santalla, pasa pola fervenza e remata en Ponte Basebe. Pódese chegar ás proximidades pola estrada de Fonte Díaz (Touro) a Cornado e unha vez cruzado o río na ponte da estrada, no lugar onde hai uns muíños, coller a ruta indicada. Tamén se pode baixar por unha pista de terra un pouco máis adiante á dereita.
  • 58. FERVENZA DO INFERNIÑO Na parroquia de Novefontes (Touro), nun pequeno rego afluente do Ulla que salva un forte desnivel COMO CHEGAR: pódese acceder desde a ruta de sendeirismo “Ribeira do Ulla”, desde Ponte Basebe ou San Pedro da Ribeira. Tamén se pode achegar co coche por unha pista que baixa por diante da igrexa de Novefontes ata chegar á conexión coa ruta de sendeirismo, onde está indicada cun cartel. Seguindo a ruta en dirección a San Pedro da Ribeira, á altura de Fao, atópase a fervenza da Pena, nun pequeno rego.
  • 59. FERVENZA DE MINCE Na parroquia de Prevediños (Touro). O río Quintás, afluente do Ulla, salva un desnivel en xistos de aproximadamente 10 m en dous saltos. A zona ten moita pendente e está moi chea de maleza e árbores caídas o que fai moi complicado o camiño. COMO CHEGAR: desde Fonte Díaz (capital do concello de Touro) séguese cara a Loxo e Prevediños e ao chegar a Mince tómase a primeira pista á dereita despois do pazo e báixase aproximadamente 500 m rodeando un emparrado ata chegar a uns prados situados á esquerda. Desde aí cóllese unha pista de terra a a uns 100 m á dereita báixase seguindo unha canle de muíño abandoada ata o río. Crúzase e séguese río arriba uns 200 m por un carreiro de moita dificultade ata atopar a fervenza.
  • 60. RÍO BESEÑO Santiso de Cornado (Touro). O río Beseño é un afluente do Lañas (Ulla) que salva un forte desnivel na zona de Santiso. COMO CHEGAR: Pola estrada de Fonte Díaz (Touro) a Cornado cóllese un desvío á dereita a Santiso. Despois de pasar a igrexa cóllese outro desvío á dereita (a carón do lavadoiro) e séguese ata chegar a río. Remontámos o río uns 200 m, pola parte dos prados, e vemos as fervenzas.
  • 61. ÁRBORES Interior do bosque do Pego, na ribeira do Ulla, enTouro A maior parte da comarca está plantada de piñeiros que ocupan as terras máis baixas e as abas dos montes. Nos vales encaixados dos ríos e as abas máis encostas dos montes consérvanse boas representacións de bosques autóctonos nos que a árbore dominante é o carballo, acompañado de sobreiras, avelairas, estripos, castiñeiros... Nos xardíns das vilas e dos pazos hai alguns exemplares monumentais de árbores exóticas. Carballo no bosque do Pego
  • 62. Carballeira da Mota, en Campo (Arzúa)
  • 63. Carballeira da Fontesanta, na beira do río Iso, en Arzúa
  • 64. Carballo de Ribadiso (Quercus robur) en Arzúa. Atópase un pouco antes de cruzar o río Iso, á dereita do camiño. -5,50 m de perímetro .
  • 65. Carballo de Corredoiras (Boimorto). Atópase á beira da estrada de Melide a Curtis, ao pé do cruce que vai á Arzúa polo Camiño de Santiago. -4,60 m de perímetro. Carballo de San Antonio da Paínza (Arzúa). Un carballo de grandes dimensións danado polas obras de asfaltado e acondicionamento do lugar onde se atopa. Na actualidade só conserva o toro do que agroman escasas ponlas novas. Atópase no lugar de Paínzas, en Viladavil.
  • 66. Carballo en Andabao (Boimorto) -3,85 m de perímetro Carballo en Baiobre (Branzá-Arzúa) -3,68 m de perímetro
  • 67. Castiñeiro (Castanea sativa) en Pregontoño (Arzúa)
  • 68. Piñeiro manso de Ribadiso (Boimorto) Piñeiro manso (Pinus pinea) de Boente (Arzúa). Atópase á beira da estrada de Arzúa a Melide.
  • 69. Sobreiras (Quercus suber) no Pedrouzo (O Pino) Sobreira en Cerceda (O Pino) - 2,8 m de perímetro
  • 70. Oliveira (Olea europaea) da igrexa de Lardeiros (O Pino) -2,73 m de perímetro
  • 71. Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii) do pazo do Marqué de Montesacro en Bermás (O Pino). -34 m de altura e 5,53 m de perímetro Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras de Xunta de Galiza Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) da Paínza (Arzúa) -4,03 m de perímetro
  • 72. Buxos da Casa de Botana na Paínza (Arzúa). Incluídos no Catálogo de Árbores senlleiras de Xunta de Galiza
  • 73. Eucaliptos (Eucalyptus globulus) da Casa de Botana na Paínza (Viladavil-Arzúa). Atópanse no xardín do pazo ao pé da estrada de Arzúa a Boimorto. Hai dous exemplares monumentais. O máis grande (na imaxe) mide 50 m de altura e 7,73 m de perímetro.
  • 74. -8,82 m de perímetro Eucaliptos en Baiobre (Branzá, Arzúa) -7,2 m de perímetro
  • 75. ESPAZOS PROTEXIDOS Área de lecer entre Ponte Carreira (O Pino) e Aiazo (Frades) LIC RÍO TAMBRE Nesta comarca protexe parte do curso do Tambre e o seu afluente Mera, no concello de O Pino. No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente. Nas zonas máis chans fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os bosques de ribeira acadan maior extensión e riqueza en especies
  • 76. O Ulla en San Pedro de Ribeira, no límite do espazo protexido LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA É un grande espazo que nesta comarca inclúe un pequeno tramo no concello de Touro, aínda que todo o río é merecente de protección polos seus valores biolóxicos e paisaxísticos: bosques de ribeira, fervenzas, ecosistemas acuáticos…
  • 77. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2017