SlideShare a Scribd company logo
1 of 141
CALDAS-UMIA
A NATUREZA
O Umia en Segade (Caldas de Reis)
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está
situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o
río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as
pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As
concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a
comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do
fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de
pouca altura.
SUPERFICIE: 288,6 km2
POBOACIÓN: 34.687
habitantes (2015)
CONCELLOS: Caldas de
Reis, Catoira, Cuntis,
Moraña, Pontecesures,
Portas e Valga
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LIC “Sistema Fluvial
“Ulla-Deza”
CLIMA
Néboa no esteiro do Ulla coas Torres de Catoira
Oceánico húmido, cunha acusada seca no verán e temperaturas agradables (media anual de
14ºC).
ACTIVIDADES
Industria láctea en Caldas de Reis
As principais actividades son os servizos, a industria e a agricultura, con especial importancia
do cultivo do viñedo acollido á D.O. “Rías Baixas”).
Destaca a actividade termal nas vilas de Caldas e Cuntis.
Zona industrial en Valga. As pozas son resultado de explotacións de arxila. Na actualidade están naturalizadas.
Campos e zona forestal en Cuntis
Caldas de Reis ten dous pozos e un manancial
chamado Fonte das Burgas, com caudal
abondoso e unha temperatura de 42 a 48 ºC.
As augas son cloruradas, sódicas, fluoradas,
silicatadas, bicarbonatadas, litínicas,
sulfurosas e radioactivas. Empréganse para
problemas respiratorios, nervosos,
reumatismos... Foron moi usadas tamén para
problemas xinecolóxicos.
O balnerio de Catoira, pechado desde 1970,
tén augas sulfídricas e sulfurado-sódicas,
indicadas para tratamentos dermatolóxicos.
Os mananciais de Cuntis abrollan na marxe
esquerda do río Gallo. Son augas sulfurosas,
sódicas, fluradas, ioduradas que xorden a
temperaturas de 17 a 64 ºC. Está indicados
para o reumatismo, artrite, trastornos
respiratorios e problemas de pel.
AUGAS TERMAIS
A comarca de Caldas está afectada por varias fallas, na que destacan a Depresión Meridiana e
o corredor Cuntis-Moraña. Esto propicia o abrollo de augas termais que se atopan nas vilas de
Caldas, Cuntis e Catoira.
Xa eran usadas polos romanos. No fondo da arqueta da fonte do balneario de Dávila
atopouse unha ara romana dedicada ao deus Edovio por un enfermo e nos pozos de Cuntis
moedas e aras romanas.
Fonte das Burgas, en Caldas de Reis
Balneario de Cuntis. Foi construído en 1886 sobre
instalacións anteriores, Recentemente foi remodelado e
conta coas máis modernas instalacións.
Balneario de Acuña (Caldas de Reis). Na marxe
esquerda do Umia, construído en 1813.
Balneario Dávila (Caldas de Reis). Situado na marxe
dereita do Umia. Construído en 1780 e posteriormente
ampliado e reformado.
Fonte chamada Lume de Deus ou Burga do Foxo, en
Cuntis. Alimenta tamén un lavadoiro público situado ao
seu carón.
PATRIMONIO
É unha comarca que conserva un importante patrimonio etnográfico (muíños de auga e de
vento, pontellas, hórreos, casas tradicionais...) e histórico-artístico (numerosos petroglifos,
castros, mámoas, pontes, igrexas, pazos...). A ruta Portuguesa do Camiño de Santiago cruza
pola comarca de sur a norte e a Ruta Fluvial sobe polo esteiro do Ulla.
“Pedra das Tixolas” (Catoira)
“Pedra da serepe (Valga)
“Laxe dos homes” en Cequeril (Cuntis)
“Pedra da Grade” en Caldas de Reis, no
linde con Moraña.
Menhir “Cabeza de san Pedro”
en Amil (Moraña)
Castrolandín (Cuntis)
Un castro escavado en parte que conta cunha área de intrepretación
Torres do Oeste, en Catoira, á beira do Ulla. Formaron parte da fortaleza “Castellum Honesti” levantado no no século XI
por Alfonso V para defender Santiago de Compostela da entrada dos normandos. Das sete torres orixinais consérvanse
dúas, e unha pequena capela do século XII dedicada a Santiago Apóstolo.
Igrexa de Bemil (Caldas de Reis)
Igrexa de Santo André de César
(Caldas de Reis)
Igrexa de Saiar (Caldas de Reis)
Igrexa de Santa María de Caldas de Reis
Igrexa de Arcos de Furcos (Cuntis)
Convento benedictino de Cuntis
Santuario dos Miragres de Amil (Moraña)
Igrexa de San Mamede (Amil, Moraña)
Igrexa de Santa Xusta (Moraña)
Igrexa de San Pedro de
Rebón (Moraña), románica
dos séculos XII-XIII.
Igrexa de San Martiño
de Gargantáns
(Moraña)
Igrexa de San Xulián de
Requeixo (Pontecesures)
Igrexa de Santa María de Portas
Igrexa de San Xiao de Romai (Portas)
Igrexa de Campaña (Valga)
Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga).
Un xacemento arqueolóxico con ocupación humana documentada desde o século IV d.C. ata o século XVIII
Releve na capela de
San Xoán de Lantaño
(Portas)
Cruceiro en Outeiro (Portas)
Muíños de vento de Abalo (Catoira).
Imaxe de Santiago Apóstolo (Pontecesures) Cruceiro ao pé da capela de San Xoán (Portas)
Fonte miragreira de Santa Xusta (Moraña)
Fonte do santuario dos Miragres (Amil, Moraña)
Fonte da Torre (Amil, Moraña)
Muíños de vento de Abalo (Catoira).
Casa da Torre (Amil, Moraña)
Rectoral de Estacas
(Cuntis)
Canastro en Casalderrique (Caldas de Reis).
Unha das estruturas tradicionais máis
primitivas para o almacenamento do millo
que aínda se conserva na parroquia de Santo
André de César.
Canastro en Cesariños
Campaneiros en Arcos da Condesa (Caldas de Reis).
Unha fundición de características únicas en Galiza,
polo seu labor e polas técnicas de traballo.
Traballan de xeito artesanal seguindo unha tradición
que se mantén desde o século XVII.
Muíños de Abalo (Catoira) 1979
Muíños de vento de Abalo (Catoira).
O tellado é fixo. Leva dobre sistema de abanos para aproveitar
o vento de distintas direccións. Segundo o estudio de Begoña
Bas a súa tipoloxía é única en Europa. Hai 8 documentados.
Reconstrución dun muíño de vento no monte Beiro en Valga
Forno dunha antiga telleira en Catoira.
O traballo do barro, desde a fabricación de tellas e ladrillos de xeito artesanal nas telleiras, ata as cerámicas artísticas e
industriais estivo moi presente na comarca entre Pontecesures e Catoira
Imaxe antiga do traballo na telleira
CONCELLOS
SUPERFICIE: 68,11 km2
POBOACIÓN: 9.834 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Arcos da
Condesa, Bemil, Caldas de Reis
(San Tomé e Santa Maria),
Carracedo, Godos, Saiar, San
Clemente de César e Santo
André de César.
Caldas desde O Xiabre
CALDAS DE REIS
Está situado no centro da comarca, en pleno val do Umia, cunha extensión de e repartidos nas
parroquias de A maior parte do territorio é chan, no o val do Umia e a Depresión Meridiana,
pola que circulan o Bermaña e o Chaín. Ao noroeste atópase a zona máis elevada, no Xiabre
(Monte Meda, con 646 m). Ao leste pequenas elevacións de 200 a 300 m, no flanco da
depresión, nas que destaca o monte Armada.
As principais actividades son os servizos, a industria e a construción.
Os principais valores naturais atópanse no río Umia, onde hai varias zonas con rápidos e
fervenzas, e no monte Xiabre, no que se poden facer rutas de sendeirismo con vistas
espectaculares. Na vila de Caldas hai unha carballeira e un parque con especies arbóreas moi
variadas e de bo porte.
Caldas é un concello poboado desde moi antigo no que se atoparon importantes restos
arqueolóxicos (Tesouro de Caldas, no Mueso de Pontevedra) de épocas prehistóricas, romana
e medieval. Entre os monumentos destacan as pontes romanas, as igrexas e o balneario.
Forma parte do Camiño Portugués das rutas Xacobeas.
Caldas de Reis desde o miradoiro do Bolo Cortado
Balneario de Dávila en Caldas de Reis, un
día de enchente do Umia
Catoira desde o monte Xiabre
SUPERFICIE: 29,36 km2
POBOACIÓN: 3.421
habitantes (2013)
PARROQUIAS: Abalo,
Catoira, Dimo e Oeste.
CATOIRA
Ocupa á unica zona costeira da comarca, na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de
transición co esteiro do Ulla, ao oeste da comarca. O sur e leste do territorio está ocupado
pola serra do Xiabre (máxima altura no Meda, con 646 m ) e as súas estribacións que
describen unha curva cara ao norte e rematan no Fontebecha, con 372 m.
Das serras baixan pequenos ríos que desembocan na ría de Arousa: Catoira, Freixeiro e Abalo.
Río Ulla en Catoira.
O primeiro domingo de agosto celébrase aquí a Romería Vikinga.
As principais actividades son os servizos e a industria. A pesca e a agricultura ocupan a unha
pequena parte da poboación.
Os principais espazos naturais atópanse na ría e no esteiro do Ulla, protexido en parte no LIC
“Sistema Fluvial Ulla-Deza”, e no monte Xiabre.
Acolle un rico patrimonio cultural, no que destacan os muíños de vento e marea e as Torres
do Oeste, na ruta Xacobea Fluvial.
Cuntis desde o cume do castro de
Castrolandín.
Cuntis conserva importantes
restos arqueolóxicos: petroglifos
de Cequeril e A Ran, mámoas de
Mesego e castros de
Castrolandín, Laxos e
Castroloureiro.
SUPERFICIE: 79,79 km2
POBOACIÓN: 4.931 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Arcos, Cequeril,
Couselo, Cuntis, Estacas,
Piñeiro, Portela e Troáns.
CUNTIS
Situado ao noroeste da Comarca. O territorrio ocupa a marxe dereita do río Umia, que fai de
linde polo sur, e o val do río Gallo, o principal afluente que circula pola falla coñecida como
corredor Cuntis-Moraña, formando un amplo val de 200 m de altitude media, onde se instalan
os principais núcleos de poboación e no que hai surxencias termais aproveitadas para un
importante centro balneario na vila de Cuntis.
As maiores elevación sitúanse ao norte (monte Xesteiras, con 718 m) e leste (Sevil).
Monumento ao Sagrado Corazón, obra de
Francisco Asorey. Atópase nun pequeno monte
cun parque e unha área de lecer.
As principais actividades son a industria (derivados da madeira, lácteos, cerámicas...), os
servizos e agrogro-gandaría.
Tén interesantes espazos naturais nas marxes do ríos Umia e Gallo (con varias fervenzas con
rutas sinalizadas).
Acolle un importante patrimonio arqueolóxico e histórico-artístico: petróglifos, castros,
mámoas, pontes, igrexas, pazos...
Igrexa de Santa
María en Cuntis
Santuario dos Miragres de Amil, onde se celebra unha importante romería en
setembro. Na contorna hai unha carballeira con exemplares de bo porte.
SUPERFICIE: 41,32 km2
POBOACIÓN: 4.362 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Amil, Cosoirado,
Gargantáns, Lamas, Laxe,
Rebón, Saián, San Lourenzo de
Moraña e Santa Xusta de
Moraña.
MORAÑA
Situado no sur da comarca. No territorio diferéncianse dúas zonas en función da altitude: no
norte e oeste unha superficie afundida cunha altitude media de 200 m que forma parte da
Depresión Meridiana e do corredor Cuntis Moraña; no leste e sur unha serie de elevacións
que acadan os 535 m no monte Xesta e 541 no Acibal.
O sistema fluvial pertence ao Umia que fai de linde do concello polo norte e recibe varios
afluentes: Xandeiro, Castiñeiras, Castelo e Agra.
As principais actividades son os servizos, pequenas industrias, construción, agrogandaría e
sector forestal.
Os espazos naturais de maior interese atópanse na contorna dos ríos onde se conservan
bosques de ribeira e hai tramos con fermosas fervenzas.
Ten un rico patrimonio arqueolóxico con numerosos castros, menhires, mámoas e petróglifos.
Tamén conserva varias igrexas románicas e algúns pazos interesantes.
Pedra da Lapa, en Gargantáns
(Moraña). Un dos poucos
menhires que se conservan en
Galiza. Moraña conserva un rico
patrimonio arqueolóxico:
menhires da Lapa e “Cabeza de
San Pedro”, campo de mámoas
do Deitadeiro, petroglifos do
monte Laceira, Deitadeiro e Chan
de Deus (serra de Ardegán) e
castros de Cernadas, Monte
Castelo, Gargantáns e Rebón.
Detalle dunha ventá do
ábside de San Martiño de
Gargantáns, igrexa
románica do século XII.
Vila e porto de Cesures. Tivo moita importancia na Idade Media, como entrada das rutas a Santiago polo Ulla.
SUPERFICIE: 6,69 km2
POBOACIÓN: 3.062 habitantes (2015)
PARROQUIAS: San Xulián de Pontecesures
PONTECESURES
Situado ao norte da comarca, na marxe esquerda do río Ulla que lle fai de linde polo norte
coa provincia da Coruña. No releve distínguense dúas áreas. Ao leste unha zona montañoza
con pequenas elevación como o Lomba, con 352 m e o Salgueira, con 374 m. Ao oeste, cara ao
esteiro do Ulla, unha zona chan onde se asenta a maior parte da poboación e das industrias.
Escudo da casa do Alfolí,
almacén de Rendas
Estancadas de tabaco, sal e
outros produtos mandado
construír no século XVII polo
rei Carlos IV.
As principais actividades son os servizos, a
industria e a pesca (sobre todo lamprea e anguía).
Os espazos naturais están asociados ao curso do
río Ulla, que está protexido no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”.
Pontecesures está situado nunha encrucillada de
vías de comunicación e noutros tempos foi un
importantes porto de naves e con astaleiros. Por
el entraban as mercadorías cara ao interior.
Tamén é o punto de encontro das rutas Xacobeas
de Arousa e do Camiño Portugués.
Ponte sobre o Ulla, que
lle da nome á vila
Pazo de Torrepenelas en Lantaño.
No concello atópanse numerosos pazos,
cruceiros e capelas que se poden coñecer
seguindo unha ruta sinalizada.
SUPERFICIE: 22,59 km2
POBOACIÓN: 3.025 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Briallos,
Lantaño, Portas e Romai.
PORTAS
Situado no suroeste da comarca en pleno val do Umia. O territorio sitúase na Depresión
Meridiana na marxe esquerda do río Umia, que fai de linde polo norte cos concellos de Caldas
de Reis e Vilanova de Arousa. O río Chaín ou do Porto atravesa parte do concello polo leste e
fai de linde con Caldas.
En xeral é de releve suave con pequenas elevación que acadan a máxima altitude no
Rabuñade, con 205 m, no oeste do concello.
Portas é un concello eminentemente rural moi poboado e sen grandes núcleos. A capital é
Currás. En xeral os habitantes do concello traballan nos servizos e industrias nas vilas e
cidades dos arredores. Unha actividade importante é o cultivo do viñedo acollido a
Denominación de Orixe Rías Baixas.
Os lugares de maior interese natural atópanse nas marxes do río Umia e dos seus afluentes.
Acolle un importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico, sobre todo cruceiros, pazos
e igrexas.
Antiga azucreira
de Portas
transformada en
centro social e
residencia de
maiores.
Capela de San Bieito.
Construída en 1.675,
con reformas
posteriores. O 21 de
marzo e 11 de xullo
celébrase unha romería
de gran tradición. Na
contorna ten unha
pequena carballeira.
Vista de Valga, no esteiro
do Ulla, desde o cume do
monte Xesteiras.
SUPERFICIE: 40,61 km2
POBOACIÓN: 6.050
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Campaña, Cordeiro,
Setecoros, Valga e
Xanza.
VALGA
Situado no norte da comarca, na marxe esquerda do esteiro do río Ulla. No territorio
distínguense tres zonas. O val do Ulla, situado ao noroeste, seguindo unha falla con dirección
NE-SO, cun releve achairado de pouca altitude. A Depresión Meridiana, que atravesa de norte
a sur o centro do concello. Pequenos cumes: ao sur as últimas estribacións do Xiabre
(Fontebecha, con 372 m), e ao leste as abas do Xesteiras, con altitudes que chegan aos 412 m.
Dous afluentes do Ulla, o Louro e o Valga, percorren o concello de leste a oeste.
Lagoa no oco da mina Mercedes da que se extraía
arxila, base dunha importante industria cerámica
en Valga. Un sendeiro acondicionado como paseo
percorre o seu perímetro.
As principais actividades son os servizos e a industria.
Os espazos naturais están asociados ao curso do río Ulla, que está protexido no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza” e aos seus afluentes onde se atopan varias fervenzas, como as de Parafita.
Valga conta cun importante patrimonio cultural: petróglifos, castros, igrexas, muíños de
vento...
Igrexa de Xanza, románica do século XII
RELEVO
Vista desde o Xesteiras sobre a depresión de Cuntis.
Ao fondo os montes de Arca e máis atrás o Cádavo e os Montes dos Cregos.
A comarca de Caldas tén un relevo moi contrastado entre as chairas litorais e os amplos vales
dos ríos e numerosas pequenas serras ou montes illados que están repartidos por todo o
territorio. Ao noroeste, seguindo o esteiro do Ulla, atópase unha estreita faixa litoral con
pequenas alturas. De norte a sur a comarca estrá atravesada por dúas importantes fallas que
dan lugar a vales de fondo plano. A máis grande é a Depresión Meridiana que vai de Carballo
a Tui e atravesa o centro na comarca, zona aproveitada por algúns ríos e para construír as vías
de comunicación. Máis ao leste sitúase o corredor Cuntis-Moraña, aproveitado polo curso do
río Gallo.
As principais elevacións atópanse ao leste: montes de Arca, O Cádavo (máxima altura da
comarca, con 808 m) e monte dos Cregos. Ao sur atópase o Acibal, ao leste o Xiabre e ao
norte o Xesteiras.
Vista dos montes Xesteiras e Xiabre desde o San Sebastián
Rochas graníticas con petróglifos nas abas do monte dos Cregos en Cequeril
As rochas máis abundantes son os granitos con algunhas bandas de xistos.
Os penedos graníticos, deixados ao decuberto pola erosión, aparecen por toda a comarca.
“O Penedo” de Porta do Conde (Romai, Portas).
“Pedra Filga”, unha espectacular agrupación de
penedos en equilibrio no Outeiro das Pías na
parroquia de Arcos da Condesa (Caldas de Reis)
A vexetación dos montes está dominada polas plantacións de piñeiros e eucaliptos e polo
mato de toxos, breixos e xestas. Nalgunhas áreas consérvanse peqenas áreas de carballeiras
naturias. En moitos deles críase gando en liberdade (cabalos e vacas).
Castro Sebil desde Cequeril. En xeral os montes están cubertos de matogueira ou de plantacións de piñeiros e
Carballos nos montes do Cregos. As únicas árbores que resisten os ataques do lume son os carballos que sobreviven en
pequenos grupos nas partes baixas e nos caborcos ao pé dos regueiros.
Abrodia (Asphodelus albus)
Breixo (Erica ciliaris)
Flores de pereira brava. As especies autóctonas
sobreviven en pequenos grupos ou como residuais
nas beiras das plantacións. Narciso (Narcissus bulbocodium). Florece en bo número,
durante a primavera nas brañas das zonas chans das
áreas de montaña.
A fauna é a típica de espazos abertos e matogueiras, en especial as aves e os inscetos. En
moitos montes críase gando en liberdade (cabalos e vacas).
Cabalos baixando para o curro de Amil (Moraña)
Bolboreta (Hipparchia fidia)
Miñato (Buteo buteo)
O Xiabre desde o Xesteiras
MONTE XIABRE
Está situado fronte á ría de Arousa entre os vales do Umia e o Ulla e esténdese paralelo ao
Ulla, describindo unha curva que vai diminuíndo en altura cara ao norte. O punto máis alto,
chamado monte Meda, ten 646 m. As rochas dominantes son os granitos. Desde a vertente
noroeste baixan varíos ríos de curto percorrido que desembocan na ría de Arousa: Catoira,
Freixeiro e Abalo. A maior parte do terreo está ocupado por piñeiros e eucaliptos de
repoboación e as partes altas por pasteiros e toxeiras. Desde o alto hai unha excelentes vistas
da Ría de Arousa, a zona de Caldas de Reis e o esteiro do Ulla.
Pódese acceder desde Caldas ou Catoira.
Vista desde o Xiabre cara ao leste da comarca
Vista desde o Xiabre cara ao oeste da comarca (val do Ulla)
Aba norte do monte Xesteiras, no concello de Cuntis.
Monte Xesteiras desde o castro de Castrolandín (Cuntis).
Vista desde o alto do Xesteiras sobre a Depresión
Meridiana, o Xiabre e a Ría de Arousa.
MONTE XESTEIRAS
É unha pequena serra granítica de formas redondeadas situado entre os concellos de Cuntis e
A Estrada. A máxima altura é de 710 m. Na vertente oeste nacen os regos que forman o río
Valga e na leste afluentes do Vea (que vai ao Ulla). Ten unhas excelentes vistas do esteiro do
Ulla e do norte da provincia de Pontevedra. No cume está instalado un radar meteorolóxico
de Meteogalicia.
Accedese desde San Clemente de César (estrada de Caldas a Cuntis), desde Requián
(Pontecesures-A Estrada) ou da Portela (Cuntis-A Estrada).
Monte Xesteiras desde o castro de Castrolandín (Cuntis)
Vista desde o alto do Xesteiras sobre a Depresión
Meridiana, o Xiabre e a Ría de Arousa.
Vista aérea do monte Xesteiras e a Depresión de Cuntis
Radar
meteorolóxico do
monte Xesteiras.
Funciona desde
20011.
Está instalado
sobre unha torre
de 54 m de altura,
ten un radio de
acción entre 250 e
300 km, o que
permite a
cobertura de todo
o territorio
galego.
Aba sur dos montes de Arca
MONTES DE ARCA
Pequena serra com aliñación norte-sur que se estende polo linde entre os concellos de Cuntis
e A Estrada. Son a divisoria de augas entre o Umia e o Gallo e nas súas abas occidentais nacen
varios afluentes deste último nos que hai fermosas fervenzas.
As máximas alturas (645 m) atópanse no concello da Estrada. No concello de Cuntis destacan,
de norte a sur, o Chan do Curro (516 m), Pedra Ventosa (509 m) e Castro Sebil (545 m). O
releve vai perdendo altura cara á depresión de Cuntis.
Accedese desde Cuntis por Arcos ou Mesego.
Vista dos Montes de Arca desde o Xesteiras, coa
depresión de Cuntis no primeiro plano.
Castro Sebil desde Cequeril. Ao fondo o monte Xesteiras.
Vista da aba oeste dos montes do Cregos. No alto do Cádavo
conflúen os concellos de Cuntis, A Estrada e Campo Lameiro.
MONTES DOS CREGOS-CÁDAVO
Esténdense, con orientación E-O entre os concellos de Moraña, A Estrada, Campo Lameiro e
Cerdedo. Separan as cuncas do Umia e o Lérez. O pico máis alto é o Cádavo ou Campo das
Cruces, con 806 m de altura.
Accedese desde Cequeril.
Os montes dos Cregos son castigados frecuentemente polo lume
Cume do Acibal
O ACIBAL
Pequeno macizo granítico de cumes de 300 a 600 m situado entre os concellos de Moraña,
Barro e Campo Lameiro. O punto máis alto nesta comarca é o Acibal con 541 m, no linde entre
Moraña e Barro. Accedese desde Amil (Moraña).
Curro de Amil, nas abas do Acibal
OS RÍOS
O Ulla en Catoira
O río principal da comarca é o Umia que a atravesa de leste a oeste e recolle numerosos
afluentes. Abre un amplo val no que se instalan gran parte das zonas cultivadas e os principais
núcleos de poboación (Caldas de Reis, Cuntis, Moraña).
Ao norte, separada polo Xiabre o o Xesteiras, atópase a cunca do Ulla, que percorre o linde da
comarca coas terras de O Sar (A Coruña).
Unha pequena parte do territorio, no concello de Catoira, está drenada por pequenos regos
que baixan directamente do Xiabre á Ría de Arousa: Catoira, Freixeiro e rego de Abalo.
En numerosos ríos atópanse saltos e rápidos, coincidindo cos lugares nos que salvan os
desniveis producidos polas fallas.
Por toda a comarca hai espazos naturais fluviais nos que se poden facer rutas de sendeirismo,
pasear por fermosos bosques de ribeira e contemplar as fervenzas no Umia e os seus
afluentes ou no Valga.
Ruta das fervenzas do río Valga
Un paseo a carón do esteiro do Ulla leva desde a praia ás Torres de Catoira e ata as telleiras.
Na maioría dos río atópanse caneiros e levadas que nos
amosan o intensivo aproveitamento tradicional que se
fixo deles. Hoxe a moitos destes lugares están
abandoados, e outros convertidos en áreas de lecer
onde gozar da natureza.
Una tarde de verán nas pozas do Umia en Segade
Callitriche stagnalis
As augas dos ríos acollen ecosistemas variados en función da forza da correntes ou
penetración da luz. Arredor das súas canles medran bosques de ribeira que acollen unha rica
flora e fauna, entre as que destacan os anfibios e os insectos.
Pé de boi (Oenanthe crocata)
Lontra (Lutra lutra), a maior mamífero que se
pode atopar nos ríos de augas limpas.
Lavandeira real (Motacilla cinerea)
Gaiteiro azul (Calopterix virgo)
O Ulla en Pontecesures
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, na serra da Vacaloura.
Percorre varias comarcas, ás que lle da nome -a Ulloa, a Ulla e o Ullán- e desemboca na ría de
Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km. É a fronteira natural entre as
provincias de Pontevedra e A Coruña.
Presenta augas altas en xaneiro, febreiro e marzo, e baixas en agosto e setembro.
Na comarca o Ulla cos seus afluentes drena os concellos de Pontecesures, Valga e Catoira e
recibe pola esquerda ao Valga e Louro. Está protexido no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”
As súa augas son ricas en lampreas e salmóns e no esteiro abondan as anguías.
Praia fluvial de Vilarello (Cordeiro-Valga)
Esteiro do Ulla en Valga
Esteiro do Ulla en Valga
Esteiro do Ulla en Catoira
Esteiro do Ulla en Catoira
Esteiro do Ulla en Catoira
Na actualidade o Ulla é moi pouco navegable debido á acumulación de sedimentos, agás para pequenas embarcacións.
Foi lugar de entrada para barcos cara ao porto de Pontecesures, moi importante durante a Idade Media e Moderna. Por
el penetraron invasores que pretendían chegar a Santiago de Compostela e navegaban naves comerciais.
Segundo a tradición polo Ulla el entrou ata Iria Flavia o corpo do Apótolo Santiago. Desde 1965 a Ruta Xacobea do Mar
de Arousa e río Ulla percorre o camiño fluvial ata unirse en Pontecesures e Padrón co que ven de Portugal.
RÍO VALGA
Nace no monte Xesteiras e, despois de atravesar o concello de Valga de leste a oeste, xúntase ao Ulla
preto da súa desembocadura. O principal afluente é o Ferreño, no que hai varias fervenzas e una ruta
sinalizada.
Ponte antiga e lavadoiro no Río Valga, en Campaña
FERVENZAS DE PARAFITA
Na parroquia e concello de Valga.
O rego de Ferreño, afluente do Valga forma un estreito
val encaixado en penedos graníticos con varios rápidos
e fervenzas. A fervenza grande ten uns 10 m de altura
e a pequena arredor de 6 m. A zona está
acondicionada cunha ruta de sendeirismo e pontes de
madeira. COMO CHEGAR: na estrada de Valga a
Caldas, en Magariños, cóllese un cruce en dirección
Raxoi e séguense os indicadores.
Ponte romana e muíños na área de lecer de Catoira
RÍO CATOIRA
Fórmase con varios regos que baixan do Monte Xiabre (Beco, Casiriro e Caldón) e, despois dun curto
percorrido, desemboca en Catoira, na ría de Arousa, preto do esterio do Ulla.
Unha ruta de 11 km vai polas marxes do río ata a ermida de San Cibrán en Dimo.
O Umia entre Cuntis e Moraña, na confluencia co Gallo
RÍO UMIA
Nace nas abas do Candán e desemboca na Ría de Arousa, despois de 70 km de percorrido
Comeza o seu curso mainamente. Logo adquire unha maior pendente e remánsase no seu
curso medio. Despois dunha caída en fervenza comeza o seu curso baixo polo que discorre
lentamente. Ten augas altas en febreiro e marzo e estíaxe moi marcada no mes de agosto.
Na comarca recibe pola dereita ao Gallo,Cabaleiros, Follente, Bermaña e Saiar; e pola
esquerda o Grela, Insuela, Grixó, Chaín e Cañón.
En varios puntos da cunca do Umia hai surxencias termais que son aproveitadas con fins
medicinais e terapéuticos nos balnearios de Cuntis e Caldas de Reis.
Encoro do Umia
REGO DE PORTO ARRANCO (POZO NEGRO)
O rego de Porto Arranco fai de linde entre as parroquias
de Souto e Cequeril, dos concellos de A Estrada e Cuntis.
COMO CHEGAR:
No punto onde o cruza a estrada, arriba e abaixo da
mesma, ten pequenos saltos, o máis grande, duns catro
metros, atópase un pouco por debaixo da ponte.
Pequeno salto nun afluente do
Umia en Cequeril.
Pozo do penedo, na Ponte de
Taboada (río Umia)
O Gallo ao pé do Balneario de Cuntis
RÍO GALLO
Nace nos montes de Arca (Arcos de Furcos-Cuntis) e, despois dun percorrido de 11 km con dirección norte-
sur, aproveitando una falla (corredor Cuntis-Moraña), xúntase ao Umia no linde entre Cuntis e Moraña.
Os principais afluentes pola dereita son o Sequeiros e o Belai, e pola esquerda o Lavadeira, o Parada
(Porto Salto) e o Aspróns.
FREIXA DE PORTO SALTO
No río de Porto Salto ou da Portela afluente
do Gallo (parroquia e concello de Cuntis).
Encáixase na zona que rodea Castro Landín e
forma varios saltos e pozas en granitos. O
máis grande ten uns 7 m de altura.
CÓMO CHEGAR: desde Cuntis cóllese a
estrada que vai a Campo Lameiro e un pouco
máis adiante o desvío ao castro de
Castrolandín. Déixase o coche na estrada, ao
pé do depósito de auga que está antes de
chegar ao castro e báixase ao río en directo
polo terraplén ou por un carreiro á dereita
que conduce a unhas pozas na parte alta das
fervenzas.
FREIXA DO PAZO. AS CAMPAÍÑAS
No rego do Pazo ou de Pumar, que mais abaixo se
une ao da Portela, un afluente do Gallo. Forma varias
caídas entre rochas graníticas. Na parte de arriba ten
un tobogán con pozas (As Campaíñas)
COMO CHEGAR: desde Cuntis cóllese a estrada a
Xinzo e despois a Pazo e un pouco antes do lugar
báixase por unha pista de terra á esquerda ata
chegar ao río. Pódese acceder á parte alta, á poza
das Campaíñas, ou seguir por abaixo ata a fervenza.
Ponte romana sobre o Umia en Caldas de Reis
FERVENZA DE SEGADE
No lugar de Segade en Caldas de Reis, o Umia
salva un desnivel de 20 m de altura en rochas
graníticas. O curso elevado da fervenza está
formado por rochas graníticas hercínicas
(granitoide migmatítico) e despois da fervenza
hai rochas graníticas tardihercínicas
(granodiorita biotítica tipo Caldas de Reis).
A fervenza formouse a partir do basculamento
dos bloques situados a ámbolos lados da Falla
Meridiana de Galiza que atravesa esta zona. O
río vai erosionando sobre a súa canle e a
fervenza retrocede lentamente.
COMO CHEGAR: na estrada de Caldas á
Estrada, despois de 1 km de Caldas de Reis,
antes de chegar ao cruce de Campo Lameiro,
cóllese un camiño que baixa ao río á zona onde
está a antiga fábrica de luz.
Muíños en Segade. A maioría están
empregados como vivendas.
Restos da “Fábrica de Luz” en Segade, a
primeira central hidroeléctrica de Galiza, que
funcionou entre 1874 e 1852.
Pontella sobre o Umia en Segade
O Umia e a Alameda de Caldas
O Umia en Portas
Ponte de orixe romana sobre o Bermaña en Caldas de Reis
RÍO BERMAÑA
Nace na aba oeste do Xesteiras e percorre a Depresión Meridiana de norte a sur ata xuntarse na marxe
dereita do Umia en Caldas, despois de 9 km.
Pontella no río das Laxes
RÍO CHAÍN
Nace en Barro e Xúntase ao Umia despois de atravesar Portas e Caldas de Reis. Os principais afluentes son
o Valocento, Vaga, Regueira, Pedra, Filga e Zamas.
O Chaín en Portas
FREIXA DAS LAXES
En San Pedro de Rebón (Moraña). No río Cornide ou das Laxes, afluente do Agra ou Barosa que vai ao Chaín.
Varios saltos en rochas graníticas nun lugar acondicionado que conserva varios muíños.
COMO CHEGAR: desde Moraña cóllese a estrada que pasa polos Miragres de Amil e vai a Barro e un cruce á
dereita que indica As Laxes (antes de chegar a O Vexildo). Despois de pasado o indicador séguese 150 m e
cóllese un camiño de terra á esquerda que chega preto dun muíño e das fervenzas.
O esteiro do Ulla entre Catoira e Rianxo. Antes de construírse a ponte do Ulla entre
Catoira e Rianxo cruzábase a ría en botes desde o embarcadoiro de Quintáns.
A COSTA
Unha pequena parte da banda sur da Ría de Arousa, no tramo en que se fusiona co esteiro do
Ulla, forma parte da comarca de Caldas, desde a punta Grandoiro, no linde con Vilagarcía, ata
a desembocadura do Ulla.
É unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areoas, con algunhas enseadas e
numerosos bancos de area producidos polos sedimentos que achega o río.
Case todo este tramo de costa e o esteiro do Ulla forman parte do LIC “Sistema fluvial Ulla-
Deza”.
Os bochos (Fucus vesiculosus) marcan a liña do mar
Os ecosistemas que podemos atopar son xunqueiras e carrizais, praias fango-areosas e
lameiros onde hai unha rica flora e fauna adaptada ás augas salobres e ás variacións dos
niveis da marea: xuncos, espartinas, carrizos, portucala, sosa, numerosos invertebrados e
aves acuáticas.
Portulaca (Halimione portulacoides), unha planta
que resiste as augas salobres dos esteiros.
Carrizos (Phragmites communis), Ocupan grandes
extensións nos esteiros e lagoas e crean bos
hábitats para as aves.
Garza real (Ardea cinerea)
No esteiro a fauna máis importante está
representada polas aves: corvo mariño real,
gaivota patiamarela, gaivota escura, gaivota
chorona, garza, garzota... Nos carrizais hai
rascón, alavanco real, galiña de río, becacina
cabra, fulepa (lixeira e grande), escribenta...
Muxe, un peixe característico dos esteiros
Xunqueira no esteiro do Ulla
As Torres do Oeste, en Catoira, marcando o
comezo da ría de Arrosa.
Foron construídas na Idade Media para impedir
a chegada dos piratas a Compostela.
Esteiro do Ulla e Ría de Arousa entre a Punta de Patiño (Rianxo) e a punta Grandoiro (Catoira).
Muíño de mareas do Cura, na desembocadura do río Catoira
AS ÁRBORES
Carballeira de San Xusta (Moraña)
A maior parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos e so
nalgúns vales e abas abruptas dos montes se conservan carballeiras atlánticas nas que se
atopan carballos (Quercus robur) mesturados con loureiros, estripos, pereiras bravas... e un
rico sotobosque. Algúnhas zonas están inzadas de acacias e mimosas.
Nas vilas e nos pazos hai bos exemplos de parques e xardíns, onde se conservan exemplares
monumentais de especies exóticas. Destaca o parque de Caldas de Reis, os parques de Cuntis
(Balneario e Sagrado Corazón) e os pazos de San Bieito (buxos e magnolia grandiflora) e
Torrepenelas (carballos americanos) en Portas.
(P): incluída no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
Carballeira (Quercus robur) dos Miragres de Amil. Ademais duns bos exemplares de carballo (o máis groso de 3,60 m de
perímetro), ten un castiñeiro e unha acacia de gran porte.
Carballeira de Caldas de Reis. Máis de 200
carballos de diferentes idades e tamaños.
Os máis destacados teñen 29 m de altura e
máis de 4 m de perímetro. Foi lugar tradicional
de celebración das feiras. (P)
Sobreira de Tras da Veiga (Catoira)
-5,55 m de perímetro
Sobreira (Quercus suber)
Magariños (Valga)
Sobreira en Segade (Caldas de Reis)
Sobreira Pontecesures. -4 m de perímetro.
Atópase próxima ao mirador do Piñeiro Manso
nun grupo con exemplares máis pequenos.
Sobreiral de Magán (Estacas, Cuntis) (P)
-A máis grosa mide 3,80 m de perímetro.
Castiñeiro (Castanea sativa).
Santuario dos Miragres de
Amil (Moraña)
Freixo (Fraxinus angustifolia)
á beira do Umia (Caldas de Reis)
Salgueiro (Salix cinerea)
na beira do Ulla (Valga)
Acacia (Acacia melanoxylon).
Santuario dos Miragres de Amil (Moraña)
Robinia (Robinia pseudoacacia) en Valga
-4,73 m de perímtro
Freixo á beira do Umia (Caldas de Reis)
Acacia. Santuario dos Miragres de Amil (Moraña)
Eucaliptos (Eucaliptus globulus) de Valga
Olmos no xardín de Cuntis entre o
Balneario e o río Gallo.
Palmeiras (Phoenix canariensis)
do centro de Caldas de Reis
Curiosa palmeira nunha casa de Portas
Piñeiro manso (Pinus pinea)
en Reirís, Caldas de Reis
PARQUE-XARDÍN DE
CALDAS DE REIS
Araucaria do Brasil
(Araucaria angustifolia).
-32 m de altura.
(P)
Cuningamia
(Cunninghamia
lanceolata)
-31 m de altura
(P)
Eucaliptos (Eucaliptus globulus), -6,85 m de perímetro
PARQUE-XARDÍN DE
CALDAS DE REIS
Plátano (Platanus × hispanica )
-5,17 m de perímetro
PARQUE-XARDÍN DE
CALDAS DE REIS
Cedro do Líbano (Cedrus libani)
-4,01 m de perímetro
Melaleuca armillaria
PARQUE-XARDÍN DE
CALDAS DE REIS
ESPAZOS PROTEXIDOS
Esteiro do Ulla en Catoira
LIC “SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA”
O río Ulla, cunha lonxitude de 130 km e unha cunca fluvial de 2.764 km2
de superficie é o
segundo máis importante de Galiza despois do Miño-Sil. Antes de desembocar na ría de
Arousa forma un esteiro de grande riqueza ecolóxica.
O espazo protexido abrangue o curso do Ulla desde Arzúa até a desembocadura e o último
tramo do Deza, na comarca os concellos de Catoira, Pontecesures e Valga.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o
esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
O Ulla é o mellor río salmoneiro da vertente atlántica galega. Ademais pódense atopar nel
lampreas, troitas, sábalos, escalos...
MONTAXE E FOTOS:
Adela Leiro, Mon Daporta
DEBUXOS:
Mon Daporta
agosto 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Presentacion Ames
Presentacion AmesPresentacion Ames
Presentacion AmesWanyel
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Dezamonadela
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Espazo Natural Río Arnoia
Espazo Natural Río ArnoiaEspazo Natural Río Arnoia
Espazo Natural Río Arnoiamonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 

What's hot (20)

Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Presentacion Ames
Presentacion AmesPresentacion Ames
Presentacion Ames
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Espazo Natural Río Arnoia
Espazo Natural Río ArnoiaEspazo Natural Río Arnoia
Espazo Natural Río Arnoia
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 

Similar to Comarca Umia-Caldas

Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A CostaMonContos
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)monadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reisrexinaortigueira
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reisAquis Fala
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 

Similar to Comarca Umia-Caldas (15)

Catoira, A Costa
Catoira, A CostaCatoira, A Costa
Catoira, A Costa
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reis
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reis
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
Río Ulla
Río UllaRío Ulla
Río Ulla
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Comarca Umia-Caldas

  • 2. O Umia en Segade (Caldas de Reis) A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste. É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
  • 3. SUPERFICIE: 288,6 km2 POBOACIÓN: 34.687 habitantes (2015) CONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Sistema Fluvial “Ulla-Deza”
  • 4. CLIMA Néboa no esteiro do Ulla coas Torres de Catoira Oceánico húmido, cunha acusada seca no verán e temperaturas agradables (media anual de 14ºC).
  • 5. ACTIVIDADES Industria láctea en Caldas de Reis As principais actividades son os servizos, a industria e a agricultura, con especial importancia do cultivo do viñedo acollido á D.O. “Rías Baixas”). Destaca a actividade termal nas vilas de Caldas e Cuntis.
  • 6. Zona industrial en Valga. As pozas son resultado de explotacións de arxila. Na actualidade están naturalizadas.
  • 7. Campos e zona forestal en Cuntis
  • 8. Caldas de Reis ten dous pozos e un manancial chamado Fonte das Burgas, com caudal abondoso e unha temperatura de 42 a 48 ºC. As augas son cloruradas, sódicas, fluoradas, silicatadas, bicarbonatadas, litínicas, sulfurosas e radioactivas. Empréganse para problemas respiratorios, nervosos, reumatismos... Foron moi usadas tamén para problemas xinecolóxicos. O balnerio de Catoira, pechado desde 1970, tén augas sulfídricas e sulfurado-sódicas, indicadas para tratamentos dermatolóxicos. Os mananciais de Cuntis abrollan na marxe esquerda do río Gallo. Son augas sulfurosas, sódicas, fluradas, ioduradas que xorden a temperaturas de 17 a 64 ºC. Está indicados para o reumatismo, artrite, trastornos respiratorios e problemas de pel. AUGAS TERMAIS A comarca de Caldas está afectada por varias fallas, na que destacan a Depresión Meridiana e o corredor Cuntis-Moraña. Esto propicia o abrollo de augas termais que se atopan nas vilas de Caldas, Cuntis e Catoira. Xa eran usadas polos romanos. No fondo da arqueta da fonte do balneario de Dávila atopouse unha ara romana dedicada ao deus Edovio por un enfermo e nos pozos de Cuntis moedas e aras romanas. Fonte das Burgas, en Caldas de Reis
  • 9. Balneario de Cuntis. Foi construído en 1886 sobre instalacións anteriores, Recentemente foi remodelado e conta coas máis modernas instalacións. Balneario de Acuña (Caldas de Reis). Na marxe esquerda do Umia, construído en 1813. Balneario Dávila (Caldas de Reis). Situado na marxe dereita do Umia. Construído en 1780 e posteriormente ampliado e reformado. Fonte chamada Lume de Deus ou Burga do Foxo, en Cuntis. Alimenta tamén un lavadoiro público situado ao seu carón.
  • 10. PATRIMONIO É unha comarca que conserva un importante patrimonio etnográfico (muíños de auga e de vento, pontellas, hórreos, casas tradicionais...) e histórico-artístico (numerosos petroglifos, castros, mámoas, pontes, igrexas, pazos...). A ruta Portuguesa do Camiño de Santiago cruza pola comarca de sur a norte e a Ruta Fluvial sobe polo esteiro do Ulla. “Pedra das Tixolas” (Catoira) “Pedra da serepe (Valga)
  • 11. “Laxe dos homes” en Cequeril (Cuntis)
  • 12. “Pedra da Grade” en Caldas de Reis, no linde con Moraña. Menhir “Cabeza de san Pedro” en Amil (Moraña)
  • 13. Castrolandín (Cuntis) Un castro escavado en parte que conta cunha área de intrepretación
  • 14. Torres do Oeste, en Catoira, á beira do Ulla. Formaron parte da fortaleza “Castellum Honesti” levantado no no século XI por Alfonso V para defender Santiago de Compostela da entrada dos normandos. Das sete torres orixinais consérvanse dúas, e unha pequena capela do século XII dedicada a Santiago Apóstolo.
  • 15. Igrexa de Bemil (Caldas de Reis)
  • 16. Igrexa de Santo André de César (Caldas de Reis)
  • 17. Igrexa de Saiar (Caldas de Reis)
  • 18. Igrexa de Santa María de Caldas de Reis
  • 19. Igrexa de Arcos de Furcos (Cuntis)
  • 21. Santuario dos Miragres de Amil (Moraña) Igrexa de San Mamede (Amil, Moraña)
  • 22. Igrexa de Santa Xusta (Moraña)
  • 23. Igrexa de San Pedro de Rebón (Moraña), románica dos séculos XII-XIII.
  • 24. Igrexa de San Martiño de Gargantáns (Moraña)
  • 25. Igrexa de San Xulián de Requeixo (Pontecesures)
  • 26. Igrexa de Santa María de Portas
  • 27. Igrexa de San Xiao de Romai (Portas)
  • 29. Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga). Un xacemento arqueolóxico con ocupación humana documentada desde o século IV d.C. ata o século XVIII
  • 30. Releve na capela de San Xoán de Lantaño (Portas)
  • 32. Muíños de vento de Abalo (Catoira). Imaxe de Santiago Apóstolo (Pontecesures) Cruceiro ao pé da capela de San Xoán (Portas)
  • 33. Fonte miragreira de Santa Xusta (Moraña) Fonte do santuario dos Miragres (Amil, Moraña) Fonte da Torre (Amil, Moraña)
  • 34. Muíños de vento de Abalo (Catoira). Casa da Torre (Amil, Moraña) Rectoral de Estacas (Cuntis)
  • 35. Canastro en Casalderrique (Caldas de Reis). Unha das estruturas tradicionais máis primitivas para o almacenamento do millo que aínda se conserva na parroquia de Santo André de César. Canastro en Cesariños
  • 36. Campaneiros en Arcos da Condesa (Caldas de Reis). Unha fundición de características únicas en Galiza, polo seu labor e polas técnicas de traballo. Traballan de xeito artesanal seguindo unha tradición que se mantén desde o século XVII.
  • 37. Muíños de Abalo (Catoira) 1979 Muíños de vento de Abalo (Catoira). O tellado é fixo. Leva dobre sistema de abanos para aproveitar o vento de distintas direccións. Segundo o estudio de Begoña Bas a súa tipoloxía é única en Europa. Hai 8 documentados.
  • 38. Reconstrución dun muíño de vento no monte Beiro en Valga
  • 39. Forno dunha antiga telleira en Catoira. O traballo do barro, desde a fabricación de tellas e ladrillos de xeito artesanal nas telleiras, ata as cerámicas artísticas e industriais estivo moi presente na comarca entre Pontecesures e Catoira
  • 40. Imaxe antiga do traballo na telleira
  • 41. CONCELLOS SUPERFICIE: 68,11 km2 POBOACIÓN: 9.834 habitantes (2015) PARROQUIAS: Arcos da Condesa, Bemil, Caldas de Reis (San Tomé e Santa Maria), Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de César e Santo André de César. Caldas desde O Xiabre CALDAS DE REIS Está situado no centro da comarca, en pleno val do Umia, cunha extensión de e repartidos nas parroquias de A maior parte do territorio é chan, no o val do Umia e a Depresión Meridiana, pola que circulan o Bermaña e o Chaín. Ao noroeste atópase a zona máis elevada, no Xiabre (Monte Meda, con 646 m). Ao leste pequenas elevacións de 200 a 300 m, no flanco da depresión, nas que destaca o monte Armada.
  • 42. As principais actividades son os servizos, a industria e a construción. Os principais valores naturais atópanse no río Umia, onde hai varias zonas con rápidos e fervenzas, e no monte Xiabre, no que se poden facer rutas de sendeirismo con vistas espectaculares. Na vila de Caldas hai unha carballeira e un parque con especies arbóreas moi variadas e de bo porte. Caldas é un concello poboado desde moi antigo no que se atoparon importantes restos arqueolóxicos (Tesouro de Caldas, no Mueso de Pontevedra) de épocas prehistóricas, romana e medieval. Entre os monumentos destacan as pontes romanas, as igrexas e o balneario. Forma parte do Camiño Portugués das rutas Xacobeas. Caldas de Reis desde o miradoiro do Bolo Cortado Balneario de Dávila en Caldas de Reis, un día de enchente do Umia
  • 43. Catoira desde o monte Xiabre SUPERFICIE: 29,36 km2 POBOACIÓN: 3.421 habitantes (2013) PARROQUIAS: Abalo, Catoira, Dimo e Oeste. CATOIRA Ocupa á unica zona costeira da comarca, na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de transición co esteiro do Ulla, ao oeste da comarca. O sur e leste do territorio está ocupado pola serra do Xiabre (máxima altura no Meda, con 646 m ) e as súas estribacións que describen unha curva cara ao norte e rematan no Fontebecha, con 372 m. Das serras baixan pequenos ríos que desembocan na ría de Arousa: Catoira, Freixeiro e Abalo.
  • 44. Río Ulla en Catoira. O primeiro domingo de agosto celébrase aquí a Romería Vikinga. As principais actividades son os servizos e a industria. A pesca e a agricultura ocupan a unha pequena parte da poboación. Os principais espazos naturais atópanse na ría e no esteiro do Ulla, protexido en parte no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, e no monte Xiabre. Acolle un rico patrimonio cultural, no que destacan os muíños de vento e marea e as Torres do Oeste, na ruta Xacobea Fluvial.
  • 45. Cuntis desde o cume do castro de Castrolandín. Cuntis conserva importantes restos arqueolóxicos: petroglifos de Cequeril e A Ran, mámoas de Mesego e castros de Castrolandín, Laxos e Castroloureiro. SUPERFICIE: 79,79 km2 POBOACIÓN: 4.931 habitantes (2014) PARROQUIAS: Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns. CUNTIS Situado ao noroeste da Comarca. O territorrio ocupa a marxe dereita do río Umia, que fai de linde polo sur, e o val do río Gallo, o principal afluente que circula pola falla coñecida como corredor Cuntis-Moraña, formando un amplo val de 200 m de altitude media, onde se instalan os principais núcleos de poboación e no que hai surxencias termais aproveitadas para un importante centro balneario na vila de Cuntis. As maiores elevación sitúanse ao norte (monte Xesteiras, con 718 m) e leste (Sevil).
  • 46. Monumento ao Sagrado Corazón, obra de Francisco Asorey. Atópase nun pequeno monte cun parque e unha área de lecer. As principais actividades son a industria (derivados da madeira, lácteos, cerámicas...), os servizos e agrogro-gandaría. Tén interesantes espazos naturais nas marxes do ríos Umia e Gallo (con varias fervenzas con rutas sinalizadas). Acolle un importante patrimonio arqueolóxico e histórico-artístico: petróglifos, castros, mámoas, pontes, igrexas, pazos... Igrexa de Santa María en Cuntis
  • 47. Santuario dos Miragres de Amil, onde se celebra unha importante romería en setembro. Na contorna hai unha carballeira con exemplares de bo porte. SUPERFICIE: 41,32 km2 POBOACIÓN: 4.362 habitantes (2014) PARROQUIAS: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, Rebón, Saián, San Lourenzo de Moraña e Santa Xusta de Moraña. MORAÑA Situado no sur da comarca. No territorio diferéncianse dúas zonas en función da altitude: no norte e oeste unha superficie afundida cunha altitude media de 200 m que forma parte da Depresión Meridiana e do corredor Cuntis Moraña; no leste e sur unha serie de elevacións que acadan os 535 m no monte Xesta e 541 no Acibal. O sistema fluvial pertence ao Umia que fai de linde do concello polo norte e recibe varios afluentes: Xandeiro, Castiñeiras, Castelo e Agra.
  • 48. As principais actividades son os servizos, pequenas industrias, construción, agrogandaría e sector forestal. Os espazos naturais de maior interese atópanse na contorna dos ríos onde se conservan bosques de ribeira e hai tramos con fermosas fervenzas. Ten un rico patrimonio arqueolóxico con numerosos castros, menhires, mámoas e petróglifos. Tamén conserva varias igrexas románicas e algúns pazos interesantes. Pedra da Lapa, en Gargantáns (Moraña). Un dos poucos menhires que se conservan en Galiza. Moraña conserva un rico patrimonio arqueolóxico: menhires da Lapa e “Cabeza de San Pedro”, campo de mámoas do Deitadeiro, petroglifos do monte Laceira, Deitadeiro e Chan de Deus (serra de Ardegán) e castros de Cernadas, Monte Castelo, Gargantáns e Rebón. Detalle dunha ventá do ábside de San Martiño de Gargantáns, igrexa románica do século XII.
  • 49. Vila e porto de Cesures. Tivo moita importancia na Idade Media, como entrada das rutas a Santiago polo Ulla. SUPERFICIE: 6,69 km2 POBOACIÓN: 3.062 habitantes (2015) PARROQUIAS: San Xulián de Pontecesures PONTECESURES Situado ao norte da comarca, na marxe esquerda do río Ulla que lle fai de linde polo norte coa provincia da Coruña. No releve distínguense dúas áreas. Ao leste unha zona montañoza con pequenas elevación como o Lomba, con 352 m e o Salgueira, con 374 m. Ao oeste, cara ao esteiro do Ulla, unha zona chan onde se asenta a maior parte da poboación e das industrias.
  • 50. Escudo da casa do Alfolí, almacén de Rendas Estancadas de tabaco, sal e outros produtos mandado construír no século XVII polo rei Carlos IV. As principais actividades son os servizos, a industria e a pesca (sobre todo lamprea e anguía). Os espazos naturais están asociados ao curso do río Ulla, que está protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. Pontecesures está situado nunha encrucillada de vías de comunicación e noutros tempos foi un importantes porto de naves e con astaleiros. Por el entraban as mercadorías cara ao interior. Tamén é o punto de encontro das rutas Xacobeas de Arousa e do Camiño Portugués. Ponte sobre o Ulla, que lle da nome á vila
  • 51. Pazo de Torrepenelas en Lantaño. No concello atópanse numerosos pazos, cruceiros e capelas que se poden coñecer seguindo unha ruta sinalizada. SUPERFICIE: 22,59 km2 POBOACIÓN: 3.025 habitantes (2014) PARROQUIAS: Briallos, Lantaño, Portas e Romai. PORTAS Situado no suroeste da comarca en pleno val do Umia. O territorio sitúase na Depresión Meridiana na marxe esquerda do río Umia, que fai de linde polo norte cos concellos de Caldas de Reis e Vilanova de Arousa. O río Chaín ou do Porto atravesa parte do concello polo leste e fai de linde con Caldas. En xeral é de releve suave con pequenas elevación que acadan a máxima altitude no Rabuñade, con 205 m, no oeste do concello.
  • 52. Portas é un concello eminentemente rural moi poboado e sen grandes núcleos. A capital é Currás. En xeral os habitantes do concello traballan nos servizos e industrias nas vilas e cidades dos arredores. Unha actividade importante é o cultivo do viñedo acollido a Denominación de Orixe Rías Baixas. Os lugares de maior interese natural atópanse nas marxes do río Umia e dos seus afluentes. Acolle un importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico, sobre todo cruceiros, pazos e igrexas. Antiga azucreira de Portas transformada en centro social e residencia de maiores. Capela de San Bieito. Construída en 1.675, con reformas posteriores. O 21 de marzo e 11 de xullo celébrase unha romería de gran tradición. Na contorna ten unha pequena carballeira.
  • 53. Vista de Valga, no esteiro do Ulla, desde o cume do monte Xesteiras. SUPERFICIE: 40,61 km2 POBOACIÓN: 6.050 habitantes (2014) PARROQUIAS: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza. VALGA Situado no norte da comarca, na marxe esquerda do esteiro do río Ulla. No territorio distínguense tres zonas. O val do Ulla, situado ao noroeste, seguindo unha falla con dirección NE-SO, cun releve achairado de pouca altitude. A Depresión Meridiana, que atravesa de norte a sur o centro do concello. Pequenos cumes: ao sur as últimas estribacións do Xiabre (Fontebecha, con 372 m), e ao leste as abas do Xesteiras, con altitudes que chegan aos 412 m. Dous afluentes do Ulla, o Louro e o Valga, percorren o concello de leste a oeste.
  • 54. Lagoa no oco da mina Mercedes da que se extraía arxila, base dunha importante industria cerámica en Valga. Un sendeiro acondicionado como paseo percorre o seu perímetro. As principais actividades son os servizos e a industria. Os espazos naturais están asociados ao curso do río Ulla, que está protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza” e aos seus afluentes onde se atopan varias fervenzas, como as de Parafita. Valga conta cun importante patrimonio cultural: petróglifos, castros, igrexas, muíños de vento... Igrexa de Xanza, románica do século XII
  • 55. RELEVO Vista desde o Xesteiras sobre a depresión de Cuntis. Ao fondo os montes de Arca e máis atrás o Cádavo e os Montes dos Cregos. A comarca de Caldas tén un relevo moi contrastado entre as chairas litorais e os amplos vales dos ríos e numerosas pequenas serras ou montes illados que están repartidos por todo o territorio. Ao noroeste, seguindo o esteiro do Ulla, atópase unha estreita faixa litoral con pequenas alturas. De norte a sur a comarca estrá atravesada por dúas importantes fallas que dan lugar a vales de fondo plano. A máis grande é a Depresión Meridiana que vai de Carballo a Tui e atravesa o centro na comarca, zona aproveitada por algúns ríos e para construír as vías de comunicación. Máis ao leste sitúase o corredor Cuntis-Moraña, aproveitado polo curso do río Gallo. As principais elevacións atópanse ao leste: montes de Arca, O Cádavo (máxima altura da comarca, con 808 m) e monte dos Cregos. Ao sur atópase o Acibal, ao leste o Xiabre e ao norte o Xesteiras.
  • 56. Vista dos montes Xesteiras e Xiabre desde o San Sebastián
  • 57. Rochas graníticas con petróglifos nas abas do monte dos Cregos en Cequeril As rochas máis abundantes son os granitos con algunhas bandas de xistos. Os penedos graníticos, deixados ao decuberto pola erosión, aparecen por toda a comarca.
  • 58. “O Penedo” de Porta do Conde (Romai, Portas).
  • 59. “Pedra Filga”, unha espectacular agrupación de penedos en equilibrio no Outeiro das Pías na parroquia de Arcos da Condesa (Caldas de Reis)
  • 60. A vexetación dos montes está dominada polas plantacións de piñeiros e eucaliptos e polo mato de toxos, breixos e xestas. Nalgunhas áreas consérvanse peqenas áreas de carballeiras naturias. En moitos deles críase gando en liberdade (cabalos e vacas). Castro Sebil desde Cequeril. En xeral os montes están cubertos de matogueira ou de plantacións de piñeiros e
  • 61. Carballos nos montes do Cregos. As únicas árbores que resisten os ataques do lume son os carballos que sobreviven en pequenos grupos nas partes baixas e nos caborcos ao pé dos regueiros.
  • 63. Flores de pereira brava. As especies autóctonas sobreviven en pequenos grupos ou como residuais nas beiras das plantacións. Narciso (Narcissus bulbocodium). Florece en bo número, durante a primavera nas brañas das zonas chans das áreas de montaña.
  • 64. A fauna é a típica de espazos abertos e matogueiras, en especial as aves e os inscetos. En moitos montes críase gando en liberdade (cabalos e vacas). Cabalos baixando para o curro de Amil (Moraña)
  • 66. O Xiabre desde o Xesteiras MONTE XIABRE Está situado fronte á ría de Arousa entre os vales do Umia e o Ulla e esténdese paralelo ao Ulla, describindo unha curva que vai diminuíndo en altura cara ao norte. O punto máis alto, chamado monte Meda, ten 646 m. As rochas dominantes son os granitos. Desde a vertente noroeste baixan varíos ríos de curto percorrido que desembocan na ría de Arousa: Catoira, Freixeiro e Abalo. A maior parte do terreo está ocupado por piñeiros e eucaliptos de repoboación e as partes altas por pasteiros e toxeiras. Desde o alto hai unha excelentes vistas da Ría de Arousa, a zona de Caldas de Reis e o esteiro do Ulla. Pódese acceder desde Caldas ou Catoira.
  • 67. Vista desde o Xiabre cara ao leste da comarca
  • 68. Vista desde o Xiabre cara ao oeste da comarca (val do Ulla)
  • 69. Aba norte do monte Xesteiras, no concello de Cuntis. Monte Xesteiras desde o castro de Castrolandín (Cuntis). Vista desde o alto do Xesteiras sobre a Depresión Meridiana, o Xiabre e a Ría de Arousa. MONTE XESTEIRAS É unha pequena serra granítica de formas redondeadas situado entre os concellos de Cuntis e A Estrada. A máxima altura é de 710 m. Na vertente oeste nacen os regos que forman o río Valga e na leste afluentes do Vea (que vai ao Ulla). Ten unhas excelentes vistas do esteiro do Ulla e do norte da provincia de Pontevedra. No cume está instalado un radar meteorolóxico de Meteogalicia. Accedese desde San Clemente de César (estrada de Caldas a Cuntis), desde Requián (Pontecesures-A Estrada) ou da Portela (Cuntis-A Estrada).
  • 70. Monte Xesteiras desde o castro de Castrolandín (Cuntis)
  • 71. Vista desde o alto do Xesteiras sobre a Depresión Meridiana, o Xiabre e a Ría de Arousa.
  • 72. Vista aérea do monte Xesteiras e a Depresión de Cuntis
  • 73. Radar meteorolóxico do monte Xesteiras. Funciona desde 20011. Está instalado sobre unha torre de 54 m de altura, ten un radio de acción entre 250 e 300 km, o que permite a cobertura de todo o territorio galego.
  • 74. Aba sur dos montes de Arca MONTES DE ARCA Pequena serra com aliñación norte-sur que se estende polo linde entre os concellos de Cuntis e A Estrada. Son a divisoria de augas entre o Umia e o Gallo e nas súas abas occidentais nacen varios afluentes deste último nos que hai fermosas fervenzas. As máximas alturas (645 m) atópanse no concello da Estrada. No concello de Cuntis destacan, de norte a sur, o Chan do Curro (516 m), Pedra Ventosa (509 m) e Castro Sebil (545 m). O releve vai perdendo altura cara á depresión de Cuntis. Accedese desde Cuntis por Arcos ou Mesego.
  • 75. Vista dos Montes de Arca desde o Xesteiras, coa depresión de Cuntis no primeiro plano.
  • 76. Castro Sebil desde Cequeril. Ao fondo o monte Xesteiras.
  • 77. Vista da aba oeste dos montes do Cregos. No alto do Cádavo conflúen os concellos de Cuntis, A Estrada e Campo Lameiro. MONTES DOS CREGOS-CÁDAVO Esténdense, con orientación E-O entre os concellos de Moraña, A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo. Separan as cuncas do Umia e o Lérez. O pico máis alto é o Cádavo ou Campo das Cruces, con 806 m de altura. Accedese desde Cequeril.
  • 78. Os montes dos Cregos son castigados frecuentemente polo lume
  • 79. Cume do Acibal O ACIBAL Pequeno macizo granítico de cumes de 300 a 600 m situado entre os concellos de Moraña, Barro e Campo Lameiro. O punto máis alto nesta comarca é o Acibal con 541 m, no linde entre Moraña e Barro. Accedese desde Amil (Moraña).
  • 80. Curro de Amil, nas abas do Acibal
  • 81. OS RÍOS O Ulla en Catoira O río principal da comarca é o Umia que a atravesa de leste a oeste e recolle numerosos afluentes. Abre un amplo val no que se instalan gran parte das zonas cultivadas e os principais núcleos de poboación (Caldas de Reis, Cuntis, Moraña). Ao norte, separada polo Xiabre o o Xesteiras, atópase a cunca do Ulla, que percorre o linde da comarca coas terras de O Sar (A Coruña). Unha pequena parte do territorio, no concello de Catoira, está drenada por pequenos regos que baixan directamente do Xiabre á Ría de Arousa: Catoira, Freixeiro e rego de Abalo.
  • 82. En numerosos ríos atópanse saltos e rápidos, coincidindo cos lugares nos que salvan os desniveis producidos polas fallas. Por toda a comarca hai espazos naturais fluviais nos que se poden facer rutas de sendeirismo, pasear por fermosos bosques de ribeira e contemplar as fervenzas no Umia e os seus afluentes ou no Valga. Ruta das fervenzas do río Valga
  • 83. Un paseo a carón do esteiro do Ulla leva desde a praia ás Torres de Catoira e ata as telleiras.
  • 84. Na maioría dos río atópanse caneiros e levadas que nos amosan o intensivo aproveitamento tradicional que se fixo deles. Hoxe a moitos destes lugares están abandoados, e outros convertidos en áreas de lecer onde gozar da natureza.
  • 85. Una tarde de verán nas pozas do Umia en Segade
  • 86. Callitriche stagnalis As augas dos ríos acollen ecosistemas variados en función da forza da correntes ou penetración da luz. Arredor das súas canles medran bosques de ribeira que acollen unha rica flora e fauna, entre as que destacan os anfibios e os insectos. Pé de boi (Oenanthe crocata)
  • 87. Lontra (Lutra lutra), a maior mamífero que se pode atopar nos ríos de augas limpas. Lavandeira real (Motacilla cinerea) Gaiteiro azul (Calopterix virgo)
  • 88. O Ulla en Pontecesures RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, na serra da Vacaloura. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome -a Ulloa, a Ulla e o Ullán- e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km. É a fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. Presenta augas altas en xaneiro, febreiro e marzo, e baixas en agosto e setembro. Na comarca o Ulla cos seus afluentes drena os concellos de Pontecesures, Valga e Catoira e recibe pola esquerda ao Valga e Louro. Está protexido no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza” As súa augas son ricas en lampreas e salmóns e no esteiro abondan as anguías.
  • 89. Praia fluvial de Vilarello (Cordeiro-Valga)
  • 90. Esteiro do Ulla en Valga
  • 91. Esteiro do Ulla en Valga
  • 92. Esteiro do Ulla en Catoira
  • 93. Esteiro do Ulla en Catoira
  • 94. Esteiro do Ulla en Catoira
  • 95. Na actualidade o Ulla é moi pouco navegable debido á acumulación de sedimentos, agás para pequenas embarcacións. Foi lugar de entrada para barcos cara ao porto de Pontecesures, moi importante durante a Idade Media e Moderna. Por el penetraron invasores que pretendían chegar a Santiago de Compostela e navegaban naves comerciais. Segundo a tradición polo Ulla el entrou ata Iria Flavia o corpo do Apótolo Santiago. Desde 1965 a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla percorre o camiño fluvial ata unirse en Pontecesures e Padrón co que ven de Portugal.
  • 96. RÍO VALGA Nace no monte Xesteiras e, despois de atravesar o concello de Valga de leste a oeste, xúntase ao Ulla preto da súa desembocadura. O principal afluente é o Ferreño, no que hai varias fervenzas e una ruta sinalizada. Ponte antiga e lavadoiro no Río Valga, en Campaña
  • 97. FERVENZAS DE PARAFITA Na parroquia e concello de Valga. O rego de Ferreño, afluente do Valga forma un estreito val encaixado en penedos graníticos con varios rápidos e fervenzas. A fervenza grande ten uns 10 m de altura e a pequena arredor de 6 m. A zona está acondicionada cunha ruta de sendeirismo e pontes de madeira. COMO CHEGAR: na estrada de Valga a Caldas, en Magariños, cóllese un cruce en dirección Raxoi e séguense os indicadores.
  • 98. Ponte romana e muíños na área de lecer de Catoira RÍO CATOIRA Fórmase con varios regos que baixan do Monte Xiabre (Beco, Casiriro e Caldón) e, despois dun curto percorrido, desemboca en Catoira, na ría de Arousa, preto do esterio do Ulla. Unha ruta de 11 km vai polas marxes do río ata a ermida de San Cibrán en Dimo.
  • 99. O Umia entre Cuntis e Moraña, na confluencia co Gallo RÍO UMIA Nace nas abas do Candán e desemboca na Ría de Arousa, despois de 70 km de percorrido Comeza o seu curso mainamente. Logo adquire unha maior pendente e remánsase no seu curso medio. Despois dunha caída en fervenza comeza o seu curso baixo polo que discorre lentamente. Ten augas altas en febreiro e marzo e estíaxe moi marcada no mes de agosto. Na comarca recibe pola dereita ao Gallo,Cabaleiros, Follente, Bermaña e Saiar; e pola esquerda o Grela, Insuela, Grixó, Chaín e Cañón. En varios puntos da cunca do Umia hai surxencias termais que son aproveitadas con fins medicinais e terapéuticos nos balnearios de Cuntis e Caldas de Reis.
  • 101. REGO DE PORTO ARRANCO (POZO NEGRO) O rego de Porto Arranco fai de linde entre as parroquias de Souto e Cequeril, dos concellos de A Estrada e Cuntis. COMO CHEGAR: No punto onde o cruza a estrada, arriba e abaixo da mesma, ten pequenos saltos, o máis grande, duns catro metros, atópase un pouco por debaixo da ponte.
  • 102. Pequeno salto nun afluente do Umia en Cequeril. Pozo do penedo, na Ponte de Taboada (río Umia)
  • 103. O Gallo ao pé do Balneario de Cuntis RÍO GALLO Nace nos montes de Arca (Arcos de Furcos-Cuntis) e, despois dun percorrido de 11 km con dirección norte- sur, aproveitando una falla (corredor Cuntis-Moraña), xúntase ao Umia no linde entre Cuntis e Moraña. Os principais afluentes pola dereita son o Sequeiros e o Belai, e pola esquerda o Lavadeira, o Parada (Porto Salto) e o Aspróns.
  • 104. FREIXA DE PORTO SALTO No río de Porto Salto ou da Portela afluente do Gallo (parroquia e concello de Cuntis). Encáixase na zona que rodea Castro Landín e forma varios saltos e pozas en granitos. O máis grande ten uns 7 m de altura. CÓMO CHEGAR: desde Cuntis cóllese a estrada que vai a Campo Lameiro e un pouco máis adiante o desvío ao castro de Castrolandín. Déixase o coche na estrada, ao pé do depósito de auga que está antes de chegar ao castro e báixase ao río en directo polo terraplén ou por un carreiro á dereita que conduce a unhas pozas na parte alta das fervenzas.
  • 105. FREIXA DO PAZO. AS CAMPAÍÑAS No rego do Pazo ou de Pumar, que mais abaixo se une ao da Portela, un afluente do Gallo. Forma varias caídas entre rochas graníticas. Na parte de arriba ten un tobogán con pozas (As Campaíñas) COMO CHEGAR: desde Cuntis cóllese a estrada a Xinzo e despois a Pazo e un pouco antes do lugar báixase por unha pista de terra á esquerda ata chegar ao río. Pódese acceder á parte alta, á poza das Campaíñas, ou seguir por abaixo ata a fervenza.
  • 106. Ponte romana sobre o Umia en Caldas de Reis
  • 107. FERVENZA DE SEGADE No lugar de Segade en Caldas de Reis, o Umia salva un desnivel de 20 m de altura en rochas graníticas. O curso elevado da fervenza está formado por rochas graníticas hercínicas (granitoide migmatítico) e despois da fervenza hai rochas graníticas tardihercínicas (granodiorita biotítica tipo Caldas de Reis). A fervenza formouse a partir do basculamento dos bloques situados a ámbolos lados da Falla Meridiana de Galiza que atravesa esta zona. O río vai erosionando sobre a súa canle e a fervenza retrocede lentamente. COMO CHEGAR: na estrada de Caldas á Estrada, despois de 1 km de Caldas de Reis, antes de chegar ao cruce de Campo Lameiro, cóllese un camiño que baixa ao río á zona onde está a antiga fábrica de luz.
  • 108. Muíños en Segade. A maioría están empregados como vivendas. Restos da “Fábrica de Luz” en Segade, a primeira central hidroeléctrica de Galiza, que funcionou entre 1874 e 1852.
  • 109. Pontella sobre o Umia en Segade
  • 110. O Umia e a Alameda de Caldas
  • 111. O Umia en Portas
  • 112. Ponte de orixe romana sobre o Bermaña en Caldas de Reis RÍO BERMAÑA Nace na aba oeste do Xesteiras e percorre a Depresión Meridiana de norte a sur ata xuntarse na marxe dereita do Umia en Caldas, despois de 9 km.
  • 113. Pontella no río das Laxes RÍO CHAÍN Nace en Barro e Xúntase ao Umia despois de atravesar Portas e Caldas de Reis. Os principais afluentes son o Valocento, Vaga, Regueira, Pedra, Filga e Zamas. O Chaín en Portas
  • 114. FREIXA DAS LAXES En San Pedro de Rebón (Moraña). No río Cornide ou das Laxes, afluente do Agra ou Barosa que vai ao Chaín. Varios saltos en rochas graníticas nun lugar acondicionado que conserva varios muíños. COMO CHEGAR: desde Moraña cóllese a estrada que pasa polos Miragres de Amil e vai a Barro e un cruce á dereita que indica As Laxes (antes de chegar a O Vexildo). Despois de pasado o indicador séguese 150 m e cóllese un camiño de terra á esquerda que chega preto dun muíño e das fervenzas.
  • 115. O esteiro do Ulla entre Catoira e Rianxo. Antes de construírse a ponte do Ulla entre Catoira e Rianxo cruzábase a ría en botes desde o embarcadoiro de Quintáns. A COSTA Unha pequena parte da banda sur da Ría de Arousa, no tramo en que se fusiona co esteiro do Ulla, forma parte da comarca de Caldas, desde a punta Grandoiro, no linde con Vilagarcía, ata a desembocadura do Ulla. É unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areoas, con algunhas enseadas e numerosos bancos de area producidos polos sedimentos que achega o río. Case todo este tramo de costa e o esteiro do Ulla forman parte do LIC “Sistema fluvial Ulla- Deza”.
  • 116. Os bochos (Fucus vesiculosus) marcan a liña do mar Os ecosistemas que podemos atopar son xunqueiras e carrizais, praias fango-areosas e lameiros onde hai unha rica flora e fauna adaptada ás augas salobres e ás variacións dos niveis da marea: xuncos, espartinas, carrizos, portucala, sosa, numerosos invertebrados e aves acuáticas.
  • 117. Portulaca (Halimione portulacoides), unha planta que resiste as augas salobres dos esteiros. Carrizos (Phragmites communis), Ocupan grandes extensións nos esteiros e lagoas e crean bos hábitats para as aves.
  • 118. Garza real (Ardea cinerea) No esteiro a fauna máis importante está representada polas aves: corvo mariño real, gaivota patiamarela, gaivota escura, gaivota chorona, garza, garzota... Nos carrizais hai rascón, alavanco real, galiña de río, becacina cabra, fulepa (lixeira e grande), escribenta... Muxe, un peixe característico dos esteiros
  • 120. As Torres do Oeste, en Catoira, marcando o comezo da ría de Arrosa. Foron construídas na Idade Media para impedir a chegada dos piratas a Compostela.
  • 121. Esteiro do Ulla e Ría de Arousa entre a Punta de Patiño (Rianxo) e a punta Grandoiro (Catoira).
  • 122. Muíño de mareas do Cura, na desembocadura do río Catoira
  • 123. AS ÁRBORES Carballeira de San Xusta (Moraña) A maior parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos e so nalgúns vales e abas abruptas dos montes se conservan carballeiras atlánticas nas que se atopan carballos (Quercus robur) mesturados con loureiros, estripos, pereiras bravas... e un rico sotobosque. Algúnhas zonas están inzadas de acacias e mimosas. Nas vilas e nos pazos hai bos exemplos de parques e xardíns, onde se conservan exemplares monumentais de especies exóticas. Destaca o parque de Caldas de Reis, os parques de Cuntis (Balneario e Sagrado Corazón) e os pazos de San Bieito (buxos e magnolia grandiflora) e Torrepenelas (carballos americanos) en Portas. (P): incluída no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
  • 124. Carballeira (Quercus robur) dos Miragres de Amil. Ademais duns bos exemplares de carballo (o máis groso de 3,60 m de perímetro), ten un castiñeiro e unha acacia de gran porte.
  • 125. Carballeira de Caldas de Reis. Máis de 200 carballos de diferentes idades e tamaños. Os máis destacados teñen 29 m de altura e máis de 4 m de perímetro. Foi lugar tradicional de celebración das feiras. (P)
  • 126. Sobreira de Tras da Veiga (Catoira) -5,55 m de perímetro Sobreira (Quercus suber) Magariños (Valga)
  • 127. Sobreira en Segade (Caldas de Reis) Sobreira Pontecesures. -4 m de perímetro. Atópase próxima ao mirador do Piñeiro Manso nun grupo con exemplares máis pequenos.
  • 128. Sobreiral de Magán (Estacas, Cuntis) (P) -A máis grosa mide 3,80 m de perímetro.
  • 129. Castiñeiro (Castanea sativa). Santuario dos Miragres de Amil (Moraña)
  • 130. Freixo (Fraxinus angustifolia) á beira do Umia (Caldas de Reis) Salgueiro (Salix cinerea) na beira do Ulla (Valga)
  • 131. Acacia (Acacia melanoxylon). Santuario dos Miragres de Amil (Moraña) Robinia (Robinia pseudoacacia) en Valga -4,73 m de perímtro
  • 132. Freixo á beira do Umia (Caldas de Reis) Acacia. Santuario dos Miragres de Amil (Moraña)
  • 133. Eucaliptos (Eucaliptus globulus) de Valga Olmos no xardín de Cuntis entre o Balneario e o río Gallo.
  • 134. Palmeiras (Phoenix canariensis) do centro de Caldas de Reis Curiosa palmeira nunha casa de Portas
  • 135. Piñeiro manso (Pinus pinea) en Reirís, Caldas de Reis
  • 136. PARQUE-XARDÍN DE CALDAS DE REIS Araucaria do Brasil (Araucaria angustifolia). -32 m de altura. (P) Cuningamia (Cunninghamia lanceolata) -31 m de altura (P)
  • 137. Eucaliptos (Eucaliptus globulus), -6,85 m de perímetro PARQUE-XARDÍN DE CALDAS DE REIS
  • 138. Plátano (Platanus × hispanica ) -5,17 m de perímetro PARQUE-XARDÍN DE CALDAS DE REIS
  • 139. Cedro do Líbano (Cedrus libani) -4,01 m de perímetro Melaleuca armillaria PARQUE-XARDÍN DE CALDAS DE REIS
  • 140. ESPAZOS PROTEXIDOS Esteiro do Ulla en Catoira LIC “SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA” O río Ulla, cunha lonxitude de 130 km e unha cunca fluvial de 2.764 km2 de superficie é o segundo máis importante de Galiza despois do Miño-Sil. Antes de desembocar na ría de Arousa forma un esteiro de grande riqueza ecolóxica. O espazo protexido abrangue o curso do Ulla desde Arzúa até a desembocadura e o último tramo do Deza, na comarca os concellos de Catoira, Pontecesures e Valga. É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira. O Ulla é o mellor río salmoneiro da vertente atlántica galega. Ademais pódense atopar nel lampreas, troitas, sábalos, escalos...
  • 141. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta agosto 2017