Portas SITUACION E POBOACION OROGRAFIA HIDROGRAFIA CLIMA PRAIAS SANTA MARIA DE PORTAS DEPROTE E NATUREZA ARQUEOLOXIA FESTAS E FEIRAS
Situacion e poboación Formando parte da comarca de Caldas atopámo-lo concello de Portas. Os seus 59 núcleos de poboación, que se reparten entre as catro parroquias que o conforman, acollen a 3.326 habitantes. Localizado no noroeste da provincia de Pontevedra, linda polo oeste cos municipios de Ribadumia e Meis; polo sur co de Barro; polo leste con Moraña e polo norte co municipio de Caldas de Reis e de Vilanova de Arousa.
Orografia O máis característico da morfoloxía do municipio son os numerosos e pequenos outeiros que se espallan por todo o territorio. A súa superficie é bastante chan como o amosan as altitudes máis elevadas: Rabuñable con 205 metros, Moraza con 186 e Cavada con 173 metros. Está encadrado polo val do Salnés e as serras prelitorais.
Hidrografia A rede hidrográfica do concello está formada por numerosos regueiros ( O Loureiro, O Couto...) e polo río Chaín que lle levan as súas augas ó río Umia, lindeiro físico polo norte cos concellos de Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.
A súa proximidade ó mar ten repercusións no clima do concello, posto que a isto se debe a suavidade térmica, cunha media anual de 14,2 graos. Os ventos do sudoeste fan que as precipitacións se dean ó longo de todo o ano, cunha frecuencia máis ou menos regular agás nos meses estivais.
PRAIA FLUVIAL DE LANTAÑO Ali celebranse moitas romerias e festas do deporte: como a festa da bici e sardiñadas
Santa María de Portas A Igrexa de Santa María, perdeu case totalmente a súa traza románica. Do primitivo templo (1.180) só se conserva a ábsida e o arranque dos muros da nave. Son de destacar no muro do límite da ábsida, unha seteira e no muro norte da nave, unha fiestra de arquivolta sostida por dúas columnas. Interiormente conserva do románico o arco triunfal de medio punto, mentras que o retablo maior, foi construido por Fernando Domínguez y Romay no ano 1.784.  Subindo cara a Igrexa Parroquial, atopámo-lo Cruceiro de Piñeiro, cun altar apegado ata onde chegan as procesións os días de festa na parroquia.
Deportes e natureza Cunha superficie bastante cha (ningún dos montes circundantes supera os douscentos metros de altitude), o concello de Portas convértese nun lugar perfecto para os afeccionados ó sendeirismo ou ós longos paseos en bicicleta ou a cabalo. Os amantes da tranquilidade e o repouso sen dúbida gozarán percorrendo un concello no que patrimonio e natureza conxúganse sabiamente ata obter un lugar dun interese indiscutible. Se ademais lles gusta a pesca, non teñen escusa para non se achegar a Portas e ás augas do río Chaín, afluente do Umia, onde poderán pescar unhas troitas deliciosas.
Arqueoloxia Destacan no concello de Portas as pequenas igrexas románicas espalladas pola zona. Estas foron construídas durante a Idade Media, e entre elas merecen especial mención as de Santa Mariña de Portas, San Pedro de Lantaño e a de San Xiao de Romai. Como mostra do poder que ostentaron nesta época tanto a igrexa como a nobreza, é posible visita-lo Mosteiro Benedictino de San Paio de Santiago e os distintos pazos esparexidos pola rexión, entre os que cómpre salienta-lo Pazo de Outeiro, o de Losada, Torre Penelas e San Bieito construídos todos eles entre os séculos XV e XVIII.
Un dos grandes atractivos turísticos de Galicia é a súa gastronomía; a nosa Comunidade Autónoma celebra ao ano centos de festas gastronómicas que ofertas productos de calidade. É este o motivo que levou ao nacemento de Xantar, unha feira de promoción turístico-gastronómica na que se dan cita organismos oficiais e empresas de Galicia, España e, este ano por primeira vez, México. Será entre o 28 de febreiro e o 4 de marzo cando o recinto de Expourense acolla a VIII Edición de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, escaparate da gastronomía galega. Ademais, durante a feira terá lugar o II Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde e o II Concurso Gastronómico Cociñar con Viño. A xornada do 4 de marzo está adicado ao Concello de Portas que aproveitará a ocasión para amosar o ben que este municipio prepara o "Galo de Curral". Así, terá lugar unha degustación gastronómica deste galo alimentado tradicionalmente. O Vicepresidente da Deputación pechou o acto de presentación agradecendo aos organizadores que elixisen a sede de Turismo Rías Baixas para presentar esta importante feira ao igual que felicitou ao Concello de Portas polo traballo que están a realizar e que permitiu que a Festa do Galo de Curral chega xa á súa quinta edición. Festas e Feiras
 

Portas

  • 1.
    Portas SITUACION EPOBOACION OROGRAFIA HIDROGRAFIA CLIMA PRAIAS SANTA MARIA DE PORTAS DEPROTE E NATUREZA ARQUEOLOXIA FESTAS E FEIRAS
  • 2.
    Situacion e poboaciónFormando parte da comarca de Caldas atopámo-lo concello de Portas. Os seus 59 núcleos de poboación, que se reparten entre as catro parroquias que o conforman, acollen a 3.326 habitantes. Localizado no noroeste da provincia de Pontevedra, linda polo oeste cos municipios de Ribadumia e Meis; polo sur co de Barro; polo leste con Moraña e polo norte co municipio de Caldas de Reis e de Vilanova de Arousa.
  • 3.
    Orografia O máiscaracterístico da morfoloxía do municipio son os numerosos e pequenos outeiros que se espallan por todo o territorio. A súa superficie é bastante chan como o amosan as altitudes máis elevadas: Rabuñable con 205 metros, Moraza con 186 e Cavada con 173 metros. Está encadrado polo val do Salnés e as serras prelitorais.
  • 4.
    Hidrografia A redehidrográfica do concello está formada por numerosos regueiros ( O Loureiro, O Couto...) e polo río Chaín que lle levan as súas augas ó río Umia, lindeiro físico polo norte cos concellos de Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.
  • 5.
    A súa proximidadeó mar ten repercusións no clima do concello, posto que a isto se debe a suavidade térmica, cunha media anual de 14,2 graos. Os ventos do sudoeste fan que as precipitacións se dean ó longo de todo o ano, cunha frecuencia máis ou menos regular agás nos meses estivais.
  • 6.
    PRAIA FLUVIAL DELANTAÑO Ali celebranse moitas romerias e festas do deporte: como a festa da bici e sardiñadas
  • 7.
    Santa María dePortas A Igrexa de Santa María, perdeu case totalmente a súa traza románica. Do primitivo templo (1.180) só se conserva a ábsida e o arranque dos muros da nave. Son de destacar no muro do límite da ábsida, unha seteira e no muro norte da nave, unha fiestra de arquivolta sostida por dúas columnas. Interiormente conserva do románico o arco triunfal de medio punto, mentras que o retablo maior, foi construido por Fernando Domínguez y Romay no ano 1.784. Subindo cara a Igrexa Parroquial, atopámo-lo Cruceiro de Piñeiro, cun altar apegado ata onde chegan as procesións os días de festa na parroquia.
  • 8.
    Deportes e naturezaCunha superficie bastante cha (ningún dos montes circundantes supera os douscentos metros de altitude), o concello de Portas convértese nun lugar perfecto para os afeccionados ó sendeirismo ou ós longos paseos en bicicleta ou a cabalo. Os amantes da tranquilidade e o repouso sen dúbida gozarán percorrendo un concello no que patrimonio e natureza conxúganse sabiamente ata obter un lugar dun interese indiscutible. Se ademais lles gusta a pesca, non teñen escusa para non se achegar a Portas e ás augas do río Chaín, afluente do Umia, onde poderán pescar unhas troitas deliciosas.
  • 9.
    Arqueoloxia Destacan noconcello de Portas as pequenas igrexas románicas espalladas pola zona. Estas foron construídas durante a Idade Media, e entre elas merecen especial mención as de Santa Mariña de Portas, San Pedro de Lantaño e a de San Xiao de Romai. Como mostra do poder que ostentaron nesta época tanto a igrexa como a nobreza, é posible visita-lo Mosteiro Benedictino de San Paio de Santiago e os distintos pazos esparexidos pola rexión, entre os que cómpre salienta-lo Pazo de Outeiro, o de Losada, Torre Penelas e San Bieito construídos todos eles entre os séculos XV e XVIII.
  • 10.
    Un dos grandesatractivos turísticos de Galicia é a súa gastronomía; a nosa Comunidade Autónoma celebra ao ano centos de festas gastronómicas que ofertas productos de calidade. É este o motivo que levou ao nacemento de Xantar, unha feira de promoción turístico-gastronómica na que se dan cita organismos oficiais e empresas de Galicia, España e, este ano por primeira vez, México. Será entre o 28 de febreiro e o 4 de marzo cando o recinto de Expourense acolla a VIII Edición de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, escaparate da gastronomía galega. Ademais, durante a feira terá lugar o II Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde e o II Concurso Gastronómico Cociñar con Viño. A xornada do 4 de marzo está adicado ao Concello de Portas que aproveitará a ocasión para amosar o ben que este municipio prepara o "Galo de Curral". Así, terá lugar unha degustación gastronómica deste galo alimentado tradicionalmente. O Vicepresidente da Deputación pechou o acto de presentación agradecendo aos organizadores que elixisen a sede de Turismo Rías Baixas para presentar esta importante feira ao igual que felicitou ao Concello de Portas polo traballo que están a realizar e que permitiu que a Festa do Galo de Curral chega xa á súa quinta edición. Festas e Feiras
  • 11.