SlideShare a Scribd company logo
1 of 114
O CARBALLIÑO
(O ARENTEIRO)
A NATUREZA
O río Arenteiro no Carballiño, a carón do Balneario
A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia
de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está
intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas
estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus
afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e
Barbantiño, do que colle a metade oeste.
É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.
SUPERFICIE: 552,3 km2
POBOACIÓN: 29.800 habitantes
CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San
Cristovo de Cea.
ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Pena Veidosa”, “Serra do Candán” e “Serra do Cando”.
CLIMA
Varía desde o oceánico de montaña, nas terras altas, ata o oceánico mediterráneo nos vales
dos ríos, onde se cultiva o viñedo acollido á Denominación de Orixe O Ribeiro.
A Ermida
ACTIVIDADES
Servizos, industria, construción, agricultura (especialmente o viñedo), gandaría...
Obradoiro de pan en Cea
Forno comunal convertido en museo. Os fornos
comunais utilizábanse por varios veciños que cocían en
quendas semanais. Na actualidade os panadeiros e
panadeiras teñen obradoiros e fornos propios.
PAN DE CEA
Está amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida.
Protexe o pan elaborado de xeito artesanal, empregando un 50% de fariñas de trigo de
variedades galegas. O pan de Cea distínguese pola sua codia laminosa e renxente. A miga ten
un alveolo regular e un sabor característico a trigo natural. O período de conservación e
superior ao do pan normal. Débese gardar en bolsa de papel.
A tradición de elaborar pan en Cea ven de moi antigo. Facíase en máis de trinta fornos comunais, na
actualidade fóra de servizo. O segredo do pan de Cea está na calidade das materias primas e na súa
elaboración con lévedo artesanal, o triple tendido, o corte que o identifica, andar co pan no forno durante
a cocción para axudalo a abrir e darlle unha cocción longa.
Arredor do Pan
de Cea
celébrase unha
festa desde o
ano 1992.
PATRIMONIO
Acolle importantes mostras histórico-artísticas (castros, mosteiros, igrexas, pazos, petos de
ánimas, cruceiros...) e etnográficas (museos, muíños, fornos comunais...).
De grande importancia son tamén as numerosas fontes termais e balnearios (O Carballiño,
Partovía, Bañiño de Arcos, Punxín...) que tradicionalmente son visitados por moitas persoas
na percura de mellorar a súa saúde ou como lecer.
O Camiño de Santiago atravesa a comarca polos concellos de Cea e Piñor.
Petróglifo do Bolo
(Garabás, Maside)
Castro de San Cibrao de Las. Atópase entre os concellos de San Amaro e Punxín. Considerado o máis grande de Galiza,
habitado desde o século II a C até o século II d C. Conserva unha completa estrutura defensiva e un completo sistema
urbán. Conta un centro de interpretación.
Igrexa de Moldes (Boborás)
Igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro
(Boborás) do século XIII.
Igrexa de San Martiño de Cameixa (Boborás)
Igrexa de Xurenzás (Boborás)
Cruceiro na igrexa de Xuvencos (Boborás) Igrexa de Xuvencos (Boborás)
Igrexa de san Pedro de Mandrás (Cea)
Igrexa de San Facundo (Cea)
Igrexa de Souto (Cea)
Mosteiro de Oseira (Cea)
Templo da Veracuz (O Carballiño)
Detalles e cruceiro da igrexa de Santa Baia de
Banga (O Carballiño). No interior consérvanse
unhas interesantes pinturas muraias.
Igrexa de Santa María de Mesego (O Carballiño)
Igrexa de Lobás (O Carballiño)
Igrexa do Mosteiro de Lobás (O Carballiño)
Igrexa de Garabás (Maside) Igrexa de Louredo (Maside)
Igrexa de Santa Comba de Trevoedo (Maside)
Igrexa de San Fiz de Navío (San Amaro)
Igrexa de Salamonde (San Amaro)
Igrexas de San paio de Loeda
Igrexa de Santa María de Vivela (Punxín)
Cruceiro na Ponterriza (Longoseiros, O Carballiño)
Hórreo en San Facundo (Cea)
Hórreo con pombeiro en Biduedo (Cea)
Hórreos en Rañestres (Maside)
Hórreos en Louredo (Maside)
Eira e hórreos en Framia
(Beariz)
Hórreos na Forxa (Beariz)
Pendellos da feira de Moldes
(Boborás)
Pazos en Banga (O Carballiño)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 55,93 km2
POBOACIÓN: 1.016 habitantes (2015).
PARROQUIAS: Beariz, Lebozán e Xirazga.
BEARIZ
Está situado ao oeste da comarca, ao pé das serras da Dorsal, no linde coas comarcas de
Pontevedra e Terra de Montes. O territorio tén dúas áreas moi diferenciadas: a montaña, nas
serras do Testeiro e A Costoia, e os vales dos ríos, na súa maioría afluentes do Cardelle (da
conca do Avia), e unha pequena parte das concas do Verdugo e do Deza.
A Ermida, no porto natural de paso entre
Pontevedra e Ourense, nos montes da Costoia.
As principais actividades son os servizos e a agrogandaría.
É un concello eminentemente rural, sen grandes núcleos de poboación e moi afectado pola
emigración, aínda que cunha renda moi alta.
Acolle espazos de grande interese natural nas serras e nos vales dos ríos, incluíndo partes dos
LICs Serra do Candán e Cando. Conserva tamén importantes restos histórico-artísticos e
etnográficos: antas, petroglifos, calzada e ponte romana (Ricovanca-Xirazga), hórreos, igrexas,
casas tradicionais...
Hai varias rutas sinalizadas que permiten visitar o castro de Garfián e os petroglifos, os conxuntos
etnográficos de Magros, e Ricovanca e A Serra, onde se atopan os restos das minas de estano, moi
importantes noutros tempos.
Carballeira en San Pedro de Muradás, onde se atopa
unha ermida e o monumento ao emigrante do escultor
ourensán Xosé Cid.
Igrexa de
Beariz
SUPERFICIE: 87,77 km2
POBOACIÓN: 2.510
habitantes (2015).
PARROQUIAS: Albarellos,
Astureses, Brués, Cameixa,
Cardelle, Feás, Laxas,
Moldes, Moreiras, Pazos de
Arenteiro, O Regueiro,
Xendive, Xurenzás e
Xuvencos.
BOBORÁS
Está situado no centro-sur da comarca. O territorio ten dúas áreas diferenciadas. Ao oeste
sitúanse os cumes máis altos, nas estribacións do Testeiro e do Paraño, e vai descendendo
cara ao sur polos vales dos ríos.
Os principais cursos fluviais son o Avia, que fai de linde polo sur, e os seus afluentes o
Arenteiro, ao leste, no linde con Carballiño; o Viñao (co Lobagueira), que atravesa o territorio
do concello de norte a sur, e o Cardelle, no sur.
Albarellos
As principais actividades son as explotacións forestais, a viticultura, os servizos e as pequenas
empresas.
Acolle importantes valores naturais asociados aos cursos dos ríos; histórico-artísticos e
etnográficos.
Igrexa de Astureses, románica do século XII.
Foi construída polos Templarios.
Pazos de Arenteiro. Unha pequena vila declarada
conxunto Histórico Artístico en 1973. Arredor da igrexa
románica agrúpanse varios pazos e casas tradicionais.
SUPERFICIE: 54,36 km2
POBOACIÓN: 13.999
habitantes (2015).
PARROQUIAS: Arcos,
Banga, O Barón,
Cabanelas, O Carballiño,
Lobas, Longoseiros,
Madarnás, Mesego,
Mudelos, Partovía, A
Piteira, Ponte Veiga,
Sagra, Señorín e Seoane
de Arcos.
Balneario do Carballiño
O CARBALLIÑO
Está situado no centro da comarca, nun terreo de transición entre as serras da Dorsal e o val
do Miño. O Territorio descende pouco a pouco desde o cume do Pico Seco, a máxima altura
do concello, situado no nordeste, ata os 200 m de altitude do val do Avia. O río Arenteiro
atravésao de NE a SO.
Templo da Veracruz, do arquitecto Antonio Palacios,
construído entre 1949 e 1957.
As principais actividades son os servizos, a industria e o comercio.
Ten moita importancia o turismo ligado aos balnearios, de grande tradición na vila do
Carballiño onde se atopan as instalacións do “Gran Balneario”. No concello atópase tamén o
“Bañiño de Arcos” e o balneario de Caldas de Partovía, cun edificio de finais do século XIX.
Os lugares de interese natural están asociados a todo o curso do río Arenteiro no que hai
numerosas áreas de lecer, sendeiros e museos etnográficos.
O Carballiño conserva importantes mostras artísticas e etnográficas: igrexa da Veracruz,
numerosas igrexas románicas e barrocas, castros, muíños, pontes...
Pena dos namorados, a carón do
paseo que segue ao río Arenteiro.
SUPERFICIE: 40,01 km2
POBOACIÓN: 2.906
habitantes (2014).
PARROQUIAS:
Amarante, Armeses,
Garabás, O Lago,
Louredo, Maside,
Piñeiro, Rañestres e
Santa Comba do
Trevoedo.
Área de lecer arredor das fontes termais da Rañoa
MASIDE
Está situado no centro leste da comarca. O territorio forma parte dos Chaos de Amoeiro, unha
penichaira de 200 a 300 m de altitude media cunha suave inclinación en sentido nordés-
suroeste. Presenta o aspecto dunha superficie moi erosionada con pequenas lombas onde os
cumes máis destacados son O Bolo (544 m) e O Piñeiro (443 m).
O río máis importante é o Barbantiño que fai linde polo leste coa comarca de Ourense.
Calzada romana que leva á ponte
de San Fiz sobre o río Barbantiño.
Unha grande parte do territorio está ocupado por plantacións forestais de piñeiros. Outras
actividades de interese son os servizos e pequenas industrias.
No aspecto natural destaca o espazo chamado Pozo do Lago, unha lagoa artificial orixinada
por unha antiga explotación aurífera iniciada polos romanos.
Maside foi sempre un importante lugar de paso, situado no camiño real de Ourense a
Pontevedra. Conserva importantes representacións da arte románica e barroca (igrexas,
pazos, cruceiros).
Capitel da portada de San Tomé o Vello de Maside,
igrexa románica do século XIII.
SUPERFICIE: 121 km2
POBOACIÓN: 1.600 habitantes (2015).
PARROQUIAS: Campo, Cangues, A Cidá, Corneda, Cusanca, Dadín, Espiñeira, Froufe, Loureiro,
Parada de Labiote, Readigos e O Regueiro.
O IRIXO
Está situado ao norte da comarca, entre a vertente sur-leste do Testeiro e as últimas
estribacións do Faro, nos lindes con Pontevedra e Lugo Ocupa e tén repartidos nas parroquias
de No territorio diferéncianse claramente dúas áreas. Ao norte e oeste están os cumes máis
altos, , co punto máximo no monte Uceiro (montes do Testeiro), no linde coa comarca do
Deza. cara ao sur vanse abrindo os vales dos ríos principais: o Lobagueiras e Viñao que van ao
Navia, e o Pedriña, que vai ao Arenteiro.
Paisaxe do Irixo desde O Testeiro. No centro o monte Sorribas.
As actividades máis importantes son a agrogandeiría e pequenas industrias. Unha grande
parte do terreo está ocupado por plantacións forestais de piñeiros que son a base de
industrias madeireiras.
É un concello con importantes valores naturais, en especial na áreas de montaña. Unha parte
está incluída no LIC Serra do Candán.
Paisaxe do Irixo entre o monte Testeiro e o Couto
de Sonelle, co val do río Redondos, afluente do
Viñao, e a localidade do Paraño.
Igrexa na Lama, na parroquia de Campos
SUPERFICIE: 52,65 km2
POBOACIÓN: 1.237
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Barrán,
A Canda, Carballeda,
Coirás, A Corna, Loeda e
Torcela.
Casa tradicional en Freás
PIÑOR
Está situado ao norte da comarca. O Territorio vai perdendo altura desde as estribacións da
serra do Faro, ao norte (Val de Égoas, con 864 m e Penas das Greas, con 803 m), ata o val do
Arenteiro, cunha altitude media de 500 m.
O concello está atravesado polo curso alto do río Arenteiro, que recibe aos afluentes Asneiro,
Fonte e Mirela.
As principais actividades están relacionadas co sector forestal e a agro-gandeiría, cunha
importante produción de porcino.
Os espazos de maior interese natural atópanse nos cumes próximos á serra do Faro e no val
do río Arenteiro.
Ponte sobre o río Arenteiro en Arenteiro.
Por ela pasa o camiño de Santiago da Ruta
da Prata.
Antiga fábrica de papel en Lousado, construída en 1836,
funcionou case cen anos.
SUPERFICIE: 17,07 km2
POBOACIÓN: 749
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Barbantes,
Freás, Ourantes, Punxín,
Vilamoure e Vilela.
Ourantes desde o cume de San Trocado
PUNXÍN
Situado ao sur da comarca, cunha pequena parte lindando co río Miño. O territorio ten dúas
áreas diferenciadas. Ao oeste está ocupado por unha superficie de erosión cunha altitude
entre 380 e 450 m, que ten o cume máis alto en San Trocado (554 m). No leste vai
descendendo cara ao val do Barbantiño que atravesa a beira do concello de norte a sur e
xúntase ao Miño no linde coa comarca de Ourense.
Detalle da igrexa de San Xoán de Ourantes
É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. A maior parte do
terreo está ocupado por plantacións de viñas da Denominación de orixe do Ribeiro e por
explotacións forestais de piñeiros.
Acolle importantes restos histórico-artísticos (castros, igrexas, cruceiros, pazos) e
etnográficos.
Vista de Punxín desde o castro de San Cibrao das Las
SUPERFICIE: 28,94 km2
POBOACIÓN: 1.180
habitantes (2014).
PARROQUIAS: Anllo,
O Barón, Beariz, Eiras,
Grixoa, Lás, Navío e
Salamonde.
SAN AMARO
No sur da comarca. O territorio está situado entre a superficie de aplanamento e os vales dos
afluentes do Miño. É de releve irregular e as máximas alturas son os montes de San Trocado e
A Cidade.
O río principal é o Lavandeira, que se xunta co Miño no veciño concello de Cenlle.
Panorámica de San Amaro desde San Trocado.
O monte de San Trocado, próximo a San Cibrao das Las é un pequeno cume
de 550 m de altitude que pola súa magnífica situación ofrece amplas
panorámicas en todas as direccións: comarcas de Carballiño, Ourense e O
Ribeiro e gran parte do val do Miño.
As principais actividades son o cultivo do viñedo (Denominación de Orixe O Ribeiro), as
plantacións forestais de piñeiros, a gandaría (especialmente explotacións porcinas e avícolas)
e algunhas industrias derivadas como serradoiros e adegas.
É un concello que acolle importantes restos arqueolóxicos como os castros de San Cibrao das
Las e San Trocado (compartidos con Punxín).
Fonte-pozo do castro de San Cibrao de Las
Capela e cruceiro de San Roque en Salamonde
SUPERFICIE: 94,38 m2
POBOACIÓN: 2.418
(2014) habitantes
PARROQUIAS:
Castrelo, Cea, Covas,
Lamas, Longos,
Mandrás, Oseira,
Pereda, San Fagundo,
Souto, Vales, Vilaseco
e Viña.
Panorámica da serra da Martiña, co Picote e a localidade de Ricovelo
SAN CRISTOVO DE CEA
Situado ao nordeste da comarca, lindando coa provincias de Lugo e Pontevedra. O relevo está
estruturado en dúas áreas ben diferenciadas. Ao norte sitúanse as serras de Martiñá e as
estribacións do Faro, onde se atopan as maiores alturas que superan os 1.000 m. Cara ao sur
vai descendendo ata unha superficie de erosión de altitude media de 500 m.
Os ríos máis importantes son o Arenteiro cos seus afluentes Oseira-Mirela e Marañao; o
Barbantiño que discorre polo linde con Carballedo (Lugo) e a comarca de Ourense (concellos
de Vilamarín e Amoeiro) e recibe pola dereita o Ricovelo e o San Bieito, e o Bubal que ten no
concello o seu nacemento e parte do curso alto.
Mosteiro de Oseira
Fundado en 1117 e con sucesivas ampliacións.
As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal, as pequenas industrias, o
comercio e os servizos. Destaca a elaboración do pan de Cea.
É un concello de grande interese natural que acolle parte do LIC Pena Veidosa, histórico-
artístico (mosteiros, igrexas, petos de ánimas, cruceiros...) e etnográfico (fornos comunais,
muíños, pontes...).
Torre do reloxo en Cea
RELEVO
Vista desde o Testeiro do releve do norte da comarca.
No primeiro termo Froufe, no monte Sorribas; máis alá os montes que
separan O Irixo e Piñor, e ao fondo as serras do Faro e A Martiñá.
O territorio da comarca é moi irregular e está intensamente fracturado e dividido polos vales
fluviais. As máximas altitudes atópanse nas serras da dorsal, desde o sur da serra do Faro, O
Candán, O Testeiro, A Costoia e O Suído, na súa confluencia co Cando. Desde este eixo parten
estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Marcofán...). O cume máis alto da comarca é o
Martiñá, con 1.042 m. Estas serras forman a divisoria de augas entre a cunca do Miño, cara o
leste e sur, e as do Verdugo-Oitavén, Lérez e Ulla, cara ao oeste. O terreo vai perdendo altura
pouco a pouco ata o val do Arenteiro e o Miño. Entre os vales dos ríos sitúanse numerosos
cumes de menor altitude e no sur al alturas que forman os Chaos de Amoeiro.
Vista da comarca desde San Cibrao de Las.
Ao fondo a serra da Martiñá e á súa esquerda a serra do Faro.
Bolos de granito na Martiñá
As rochas dominantes son os granitos que destacan nos cumes en formas acasteladas, bolos e
penedos. Tamén se atopan xistos e gneis.
Xistos no Testeiro
Poboadura, no Val de Oseira entre a serra da Martiñá e as estribacións do Faro
A vexetación dominante nos cumes é o mato atlántico (breixos, carqueixas, xestas, queirugas
e toxos) con algunhas áreas de pasteiros e as plantacións forestais de piñeiros. Nos fondos
dos vales consérvanse pequenos bosques formados por carballos (a árbore máis abundante),
rebolos, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros... Hai grandes espazos
repoboados con piñeiros.
Caravel (Petrorhagia nanteuilii).
Florece no verán en lugares secos.
Toxo, unha das plantas máis comúns no mato dos montes
Carqueixa (Chamaespartium tridentatum). Arbusto sen follas que
pode acadar ata 70 cm de altura. A función dasfollas realízana unhas
prolongacións laminares dos talos.
Liques barba de frade (Usnea...) sobre un carballo
Estas gramíneas de aspecto nebuloso colonizan os solos
areosos pobres como os que quedan nas zonas queimadas
despois do lavado da chuvia.
Xensá (Gentiana pneumonanthe).
Florece en prados e bosques abertos.
Saltón, un insecto común nos montes
A fauna das serras é dun grande
interese, pola variedade e, sobre
todo, pola presenza de especies pouco
comúns noutros lugares como o bufo
real, a gatafornela ou a tartaraña
cincenta.
Bufo real (Bubo bubo)
Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi).
Os machos teñen unha brillante cor azul na gorxa. É unha especie endémica do noroeste ibérico.
SERRA DE MARTIÑÁ
É unha serra con dirección N-SO, de alturas medias que rondan os 1.000 m, situadas ao sur, e
moi preto, da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense, formada maiormente por
granitos. O monte máis alto é o Castro ou Martiñá, con 1.042 m. Na vertente leste nace o
Bubal, afluente do Miño, na Oeste o Oseira e o Mirela e na Sur o Barbantiño.
As diferenzas de altitude do espazo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques
caducifolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal drenados.
A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden moi a miúdo.
Desde os cumes hai unhas excelentes vistas da contorna.
Está declarada como ZEP e LIC co nome de Pena Veidosa.
Accedese pola estrada de Cea a Vales ou desde Oseira.
A Porteliña
Monte do Castro, o cume máis alto da serra de Martiñá
Vista da aba leste do Faro. No Marco conflúen as
provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense.
SERRA DO FARO
Esténdese con dirección norte-sur no linde entre as provincias de Lugo, Pontevedra e
Ourense. É unha serra de perfil suave que vai perdendo altura cara ao sur, con numerosas
fallas ocupadas por ríos pouco encaixados. Está formada por granitos porfídicos no norte e
granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas. Serve de divisoria a
dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. As máximas alturas na comarca son o
Piorno, Pena Carballosa (953 m), Loma Chaira (941 m) e A Mina (939 m).
A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación
(piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras.
Accedese desde Cea (Oseira) ou Piñor.
O Faro e as estribacións en terras de Piñor e O Irixo
Vista xeral do Testeiro
MONTES DO TESTEIRO
Serra con orientación NE-SO que fai de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte e
Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha fractura con
direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na vertente leste nacen
afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza. O punto máis alto é o monte Uceiro con
1.003 m, onde conflúen os concellos de O Irixo (Ourense) e Lalín (Pontevedra).
As rochas dominantes son os granitos e os xistos.
Está incluída no LIC/ZEP “Serra do Candán”. Pódese acceder desde O Paraño e O Irixo.
Monte Uceiro, cume da Serra do Testeiro. Nas súas abas
están situadas as localidades de Carballeda e Subirol.
O Testeiro no verán
O Testeiro no
inverno.
Os días de néboa os
vales cúbrense de
néboa que moitas
veces non levanta
en todo o día.
MONTE SORRIBAS
Ocupa unha posición intermedia entre O Testeiro e as estribacións do Faro, en terreos do
concello do Irixo. Separa os vales do Lobagueiras e o Viñao.
Accedese desde Froufe (O Irixo).
Desde os cumes hai vistas espectaculares sobre toda a contorna.
Cumes da Costoia
MONTES DA COSTOIA
Aliñación con dirección NE-SO que se estende entre os Montes do Testeiro e o Cando, no
linde entre a comarca do Carballiño (Beariz) e Terra de Montes (Cerdedo). O cume máis alto é
o Costoia con 953 m. Son montes de formas suaves e redondeadas onde as rochas
dominantes son os xistos.
Accedese desde Xirazga ou desde a estrada de Beariz a Ricovanca. Unha ruta sinalizada vai desde a ermida
de Santo Domingo, pasa polas antigas minas de estano e remata no río Verdugo en Ricovanca.
Cumes da Costoia.
A aliñación dos montes da
Costoia remata no Alto da Cruz
(908 m) ao pé da localidade da
Ermida.
Vista dos cumes do Suído entre
a néboa, desde o alto da
Costoia.
Unha pequena parte da SERRA DO CANDO pertence ao concello de Beariz, e nela atópase
Ratel, o pobo da imaxe compartido entre Cernedo e Beariz.
OS RÍOS
O Arenteiro no Carballiño
A comarca do Carballiño pertence case por
completo á conca do Miño, aínda que este
so rega unha pequena parte en terras do
concello de Punxín. Os principais ríos son O
Avia, que fai de linde natural co Ribeiro e o
Barbantiño que fai de linde con Ourense
polo leste. O Viñao e o Arenteiro, afluentes
do Avia, atravesan a comarca de norte a
sur. Unha pequena parte do concello de
Beariz está atravesada polo río Verdugo no
seu curso alto e unha das cabeceiras do
Deza discorre entre Beariz e O Irixo.
Río Verdugo en Ricovanca.
A carón dos ríos, nos lugares máis afastados a natureza
exprésase con toda a súa forza, e moitos casos
combinada con obras humanas que se integran
perfectamente na paisaxe.
Arredor dos ríos consérvanse
ecosistemas de grande interese cunha
rica flora e fauna asociadas aos cursos
de auga e os bosques de ribeira.
Fento, dentabrú (Osmunda regalis)
Ra verde (Pelophylax perezi). É a máis común e
coñecida das ras galegas.
Á beira de ríos limpos e de correntes
rápidas podemos atopar ras patilongas.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Este paxaro,
aparentemente pouco dotado para a vida na auga, é
un excelente mergullador que se despraza coa axuda
das ás ou camiñando polo fondo dos ríos nas zonas de
correntes para capturar larvas de insectos,
escarabellos...
Ponte Sobreira, no río Barbantiño, entre Faramontaos (Cea) e Sobreira (Vilamarín), no Camiño de Santiago.
Os ríos desta comarca concentran un importante patrimonio histórico e etnográfico: calzadas
romanas, pontes, muíños, fábricas de papel...
O MIÑO desde San Trocado.
RÍO MIÑO
Nesta comarca ten un pequeno tramo do seu percorrido (menos de 1 km) na súa marxe
dereita, en terreos do concello de Punxín.
RÍO BARBANTIÑO
Nace en Orbán (Vilamarín-Ourense). Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea,
Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes.
Nesta comarca recibe os ríos San Bieito, Louredo, Garabás e Figueiroa.
Unha ruta de sendeirismo de 23 km segue o percorrido do río desde a ponte do Vilar, en Vilamarín, preto
do seu nacemento, ata a desembocadura.
Ponte Mandrás
(San Cristovo de Cea)
O Barbantiño en Mandrás
RÍO FORMIGUEIRO, afluente pola esquerda do
Barbantiño, Na imaxe antes de xuntarse co Barbantiño
entre Amoeiro e Punxín.Ponte de San Fiz entre Maside e Amoeiro
FERVENZA DO CACHÓN, POZO DO INFERNO
Entre Maside e Amoeiro.
A erosión do río nas rochas graníticas forma
rápidos, pozas e fervenzas de gran beleza. A máis
alta mide uns 10 m en varios saltos.
Está nunha contorna cunha vexetación moi
conservada, con bos exemplares de carballos,
freixos, amieiras e salgueiros. Na marxe esquerda
hai un grupo de 3 muíños en serie.
O Barbantiño en Punxín
Encoro de Alvarellos. Recolle as augas do curso alto do Avia e os seus afluentes
RÍO AVIA
Nace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión-Ourense) e percorre o sur da comarca
facendo linde entre o concello de Boborás e o Ribeiro.
Ten un percorrido encaixado no seu curso alto, forma unha ampla veiga no curso medio e
volve a encaixarse antes de se xuntar co Miño. Os afluentes máis importantes son pola
esquerda o Cardelle (co Doade, Magros e Beariz), o Couso, o Viñao, o Arenteiro (co Pedriña,
Fervenza e Oseira) e o Barón.
Val encaixado do Avia entre Boborás e Leiro, augas abaixo da presa de Alvarellos
O Avia en Salón, onde recibe as augas do Viñao
Ponte da Cruz, en Pazos de Arenteiro, onde o
Avia recupera parte do seu caudal ao recibir as
augas do Viñao e o Arenteiro.
O curso do río Doade discorre nun val encaixado formando
numerosas curvas para sortear as múltiples irregularidades do relevo.
RÍO DOADE /CARDELLE
Nace na aba leste do Suído, no concello de Avión. Desde preto do seu nacemento ata case a súa
desembocadura fai de linde natural entre as comarcas do Carballiño e O Ribeiro e xúntase ao Avia no
encoro de Alvarellos. Os seus afluentes máis importantes son os regos de Xirazga ou Pouso, Beariz e
Magros.
O río Doade en Beariz
Canón do Doade no comezo do
encoro de Alvarellos
O río Doade en Beariz. Fervenza e muíño da Caldeira.
O Viñao en Boborás
RÍO VIÑAO
Nace en Cusanca (O Irixo), percorre terreos dos concellos de O Irixo e Boborás e xúntase ao Avia en Salón.
Recibe as augas do Lobagueiras e o Lodeiros.
O Viñao na área de lecer do Irixo
FERVENZA DE SAN BARTOLOMEU DA FREIXA
Na parroquia de Cameixa (Boborás). O río Viñao forma
nesta zona pequenos saltos e rápidos. Un rego que
desemboca nel (Lodeiros) pola dereita ten unha fervenza
en rochas de xistos duns 15 m de altura en varios saltos.
Río Arenteiro en Loeda. Nesta zona o río encáixase e tivo múltiples aproveitamentos; muíños, serradoiros, e unha
fábrica de papel.
RÍO ARENTEIRO
Nace no sur da serra do Faro, atravesa os concellos de Cea, Piñor, O Carballiño e Boborás e desemboca no
Avia en Pazos de Arenteiro. Os principais afluentes son pola dereita o Asneiros e Pedriña, e pola esquerda
o Mirela (Oseira) e Marañao.
Atranco para a fábrica de papel en Loeda
Río Asneiros en Piñor.
o RÍO ASNEIROS nace preto do Castro de Dozón
nas estribación do Faro e únese ao Arenteiro en
Piñor, nas proximidades de Loeda.
Río Oseira na área de lecer de Oseira (San Cristovo de
Cea). O RÍO OSEIRA nace entre o Faro e a serra da
Martiñá e máis abaixo recibe o nome de Mirela. Únese
ao Arenteiro na confluencia dos concellos de Piñor, Cea e
O Carballiño.
Río Mirela en Piñor
O Arenteiro no Carballiño.
Un paseo percorre o río ao seu paso polo Carballiño onde hai varias áreas de lecer e se poden visitar os restos da antiga
fábrica de papel, a piscifactoría, o museo etnográfico do Muíño do Anxo ou subir á pena dos Namorados.
Unha ruta de sendeirismo de 11 km permite visitar distintos puntos e remata en Pazos de Arenteiro.
O Arenteiro no Carballiño
A Ponterriza sobre o Arenteiro no Carballiño
O Arenteiro no Carballiño
Ponte da Veiga sobre o Arenteiro no Carballiño
Museo etnográfico do Muíño do Anxo e área de
interpretación do río Arenteiro. Accedese desde
a estrada vella de Carballiño a Pontevedra ou
seguindo o paseo pola beira do río.
Muíño das lousas, convetido nunha
instalación de hostelería.
O río Arenteiro en Pazos de Arenteiro nun tramo onde abondan os
rápidos e pequenos saltos nun entorno de bosques de ribeira de
grande beleza. Unha ruta permite seguir un tramo do río e pódese
continuar ata o Carballiño.Despois de saír da vila do Carballiño o Arenteiro
encáixase entre penedos granítico formando
rápidos e pequenos saltos nunha paraxe de
grande beleza e valor ecolóxico coñecido
tradicionalmente co nome do Salto.
Desembocadura do Arenteiro no Avia en Pazos de Arenteiro
POZO DOS FUMES
Na parroquia de Pazos de Arenteiro
(Boborás).
O río Arenteiro forma unha serie de saltos
e rápidos en rochas graníticas con grandes
bolos. No Pozo dos Fumes encáixase entre
dous grandes penedos e cae a gran presión
desprendendo gran cantidade de vapor, o
que motivou o nome.
Accedese desde a estrada de Leiro a Pazos
de Arenteiro, seguindo unha ruta que
comeza nos restos da Ponte da Cruz.
RÍO VERDUGO
Nace na serra do Cando, no Outeiro Grande e ten un curto percorrido no seu curso alto por
terreos de Beariz nunha paraxe de gran beleza e de interese etnográfico onde se atopa unha
ponte romana e un muíño.
O Verdugo en Ricovanca (Beariz).
Desde Ricovanca un sendeiro
conduce ao río onde se atopa a
ponte romana e o muíño, nun
antigo camiño empregado polos
arrieiros para cruzar a serra
camiño de Pontevedra.
Muíño e pontella no Búbal en Vales
RÍO BÚBAL
Nace na serra da Martiñá e ten un
curto percorrido por terreos de
Cea, na parroquia de Vales.
Val do río Medos, encaixado entre os
montes do Testeiro e o Candán. Unha parte
pertence ao LIC Serra do Candán, espazo
protexido situado nas comarcas de Terra de
Montes e Deza (Pontevedra).
RÍO MEDOS
É unhas das cabeceiras do Deza
(da conca do Ulla) que nace nos
montes do Testeiro e ten un
percorrido moi encaixado no seu
curso alto.
ÁRBORES
Carballos na serra do Cando, en
Beariz. A presenza de liques nas
ponlas das árbores é un indicador da
pureza do aire.
Unha grande parte da comarca do Carballiño está ocupada por plantacións forestais de
piñeiros. Só nalgunhas zonas das serras da Dorsal e nos cavorcos dos ríos se atopan
carballeiras autóctonas formadas por carballos (Quercus robur) mesturados con cerquiños,
bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros...
Nalgunhas poboacións atópanse carballeiras formando parte de parques e campos de feiras e
exemplares illados de árbores monumentais en parques e xardíns de pazos e mosteiros.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballeira na Lama (Campo-O Irixo).
Case todas as localidades da comarca teñen unha carballeira onde teñen lugar as festas, feiras e romerías.
Carballo (Quercus robur)
Carballeira en Xurenzás (Boborás).
Atópase ao pé da estrada que vai a Xurenzás
e acolle varios exemplares de grande porte.
“Carballa” de Eiras (San Amaro). Mide 7,60 m de
perímetro. Sufríu un incendio e na actualidade está
moi deteriorado. Está situado no campo da feira.
Dise que foi plantado pola condesa de Ribadavia no
século XVII.Carballeira de San Pedro de Muradás
Carballo no parque de Oseira (San Cristovo de Cea)
Carballo na igrexa de Souto (San Cristovo de Cea)
-4,52 m de perímetro
Carballos en Freás (Piñor) Dous exempleres.
O máis grande mide 4,30 m de perímetro.
Atópanse ao pé da estrada que vai á area recreativa
da parroquia, no río de Silvaboa.
Carballos no parque de A Rañoa (Maside). Hai
varios exemplares de grande porte e 3,60 a 3,10
m de perímetro.
Castiñeiro en Ourantes (Punxín), situado fronte á igrexa.
-6,70 m de perímetro.
Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiro na igrexa de Moldes (Boborás).
-4,43 m de perímetro.
Sobreira en Namelas (Boborás). Atópase ao pé da
estrada de Albarellos a Pazos de Arenteiro.
Sobreira en Munín (Espiñeira, O Irixo)
-4,63 m de perímetro
Piñeiro de Freás (San Cristovo de Cea) Eucaliptos en Vilariño (Piñor)
-O máis grande mide 6,5 m de perímetro.
Tilleiras prateadas
(Tilia tomentosa) de
Oseira. Cinco exemplares
de 26, 23, 20 e 19 m de
altura. Están situados nas
proximidades do mosteiro,
ao pé da estrada.
INCLUÍDAS NO CATÁLOGO
DE ÁRBORES SENLLEIRAS
DA XUNTA DE GALIZA.
Parque do Carballiño. Situado a carón do río
Barbantiño: carballos americanos, chopos,
bidueiros, eucaliptos, tuias xigantes, abetos de
Douglas, alciprestes de California...
Tuia xigante (Thuja plicata) Parque do Carballiño
(O Carballiño, Ourense). Varios ecxemplares, a máis
grande mide 3,78 m de perímetro.
Alcipreste de California (Cupressus
macrocarpa) Parque do Carballiño
-4,20 m de perímetro.
Piñeiro de Oregón Douglasia verde
(Pseudotsuga menziesii). Parque do
Carballiño. -3,42 m de perímetro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Cume de Pena Veidosa,
coñecida no lugar como
Pena Ventosa. Na serra da
Martiñá a erosicón deixou
ao descuberto unha grande
cantidade de penedos e
bolos graníticos que coroan
os montes en formas
acasteladas.
LIC PENA VEIDOSA
Espazo de 2.355 ha situado nos concellos de San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo
(Lugo). As diferencias de altitude do terreo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas:
bosques caduciflolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal
drenados.
A vexetación dominante é o mato de breixo e toxo. Nas abas hai bosques de carballos,
rebolos e bidueiros. Nas turbeiras esfagnos (Sphagnum pylaesii), Littorella uniflora, breixo das
turbeiras, rorelas...
A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden moi a miúdo.
PUZO DO LAGO
É un espazo natural de grande interese ecolóxico situado en Maside, na parroquia de Lago,
nunha zona de granitos en contacto con migmatitas e xistos con xacementos filonianos.
É unha lagoa artificial de 1 ha orixinada por unha antiga explotación aurífera iniciada polos
romanos e continuada por unha compañía francesa entre 1910 e 1913. Actualmente é unha
depresión asolagada. Está declarado, de xeito provisorio, como Espazo Natural de Interese
Local (ENIL).
As plantas máis comúns son xuncos, Ceratophyllum demersum, Isoetes velatum (fento raro en Galiza),
ambroíños, oucas, espigas de auga, espadanas, salgueiros, chopos... e nas partes máis secas carballos e
rebolos. En canto á fauna o máis representativo son as aves acuáticas. Nidifican o rascón de auga,
mergullón pequeno, galiña de río e galiñola negra.
Fonte no interior do balneario do Carballiño
“Tomando as augas” no balneario do Carballiño.
O edificio do “Gran Balneario” foi construído en 1900, aínda que as
augas eran coñecidas no século XVII co nome de “Poza de sanar”. O
tratamento realízase por inxestión para afeccións intestinais,
hepáticas, da gorxa... Hai dous mananciais (Estanque de San Roque
e Fonte do Balneario) que abrollan de 22 a 28 ºC. As augas son
sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, sulfatadas, litínicas, fluoradas e
alcalinas.
AUGAS MEDICINAIS E TERMAIS
Na comarca do Carballiño hai abundantes surxencias de augas termais, con temperaturas de
38 a 21 ºC, e mediciñais asociadas a varias fracturas no terreo que coínciden, en grande parte,
co curso dos ríos. Destacan as do Carballiño, Partovía, Arcos, Berán, Brués, Ponterriza, Maside
(A Rañoa) e Punxín (Fonte do Lavadoiro e Fonte do Santo)
Fonte de Brués. A xente aproveita as surxencias en
pozas ao aire libre para tratar doenzas da pel,
reumatismo e trastornos dixestivos.
A Rañoa, ao pé do rego de Garabáns, afluente do
Barbantiño. Ademais da antiga casa de baños hai dúas
piscinas de augas termais. As augas abrollan a 20,5 ºC,
son sulfuradas, alcalinas, fluoradas, boricatadas e de
mineralización débil.
Balneario de Caldas de Partovía, considerado o máis antigo dos edificios dos balnearios de Galiza. As súas augas xa eran
empregado polos romanos. Conta con catro mananciais que acadan ata 38 ºC. Son augas de pobre mineralización,
sulfurado-sódicas. Empréganse para tratar o reumatismo, problemas óseos, da pel e do aparello respiratorio.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
xaneiro 2017

More Related Content

What's hot

Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1ardillas
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñOInesytta
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 

What's hot (20)

Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 

Viewers also liked

Río Bibei
Río BibeiRío Bibei
Río Bibeimonadela
 
La empresa de desarrollo de software moderna es...
La empresa de desarrollo de software moderna es...La empresa de desarrollo de software moderna es...
La empresa de desarrollo de software moderna es...Javier García Garrido
 
PERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAAN
PERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAANPERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAAN
PERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAANPandji Harsanto
 
María Mariño
María  MariñoMaría  Mariño
María Mariñololylago
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Turismos alternativos una cuestion de enfoques
Turismos alternativos una cuestion de enfoquesTurismos alternativos una cuestion de enfoques
Turismos alternativos una cuestion de enfoquesterraLATINA
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Mª José Presa Tomé
 
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02LOPEZMOURENZA
 
Percorrido turístico por Galiza
Percorrido turístico por GalizaPercorrido turístico por Galiza
Percorrido turístico por Galizanoagaliza
 
Novoneira O Courel-(Candea)
Novoneira O Courel-(Candea)Novoneira O Courel-(Candea)
Novoneira O Courel-(Candea)candeadosalnes
 
Ria de Arosa Paraiso Natural
Ria de Arosa Paraiso NaturalRia de Arosa Paraiso Natural
Ria de Arosa Paraiso NaturalBruno Vm
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruñamonadela
 
Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)GeoEuropaUNLa
 
El senderismo como motor de desarrollo social
El senderismo como motor de desarrollo socialEl senderismo como motor de desarrollo social
El senderismo como motor de desarrollo socialterraLATINA
 
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudadQué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudadPiratas de Nabia
 
Pintura gallega
Pintura gallegaPintura gallega
Pintura gallegaagarridog
 

Viewers also liked (20)

Río Bibei
Río BibeiRío Bibei
Río Bibei
 
Portfolio of Jessica Wagner.pptx3
Portfolio of Jessica Wagner.pptx3Portfolio of Jessica Wagner.pptx3
Portfolio of Jessica Wagner.pptx3
 
La empresa de desarrollo de software moderna es...
La empresa de desarrollo de software moderna es...La empresa de desarrollo de software moderna es...
La empresa de desarrollo de software moderna es...
 
REQ-045594-0
REQ-045594-0REQ-045594-0
REQ-045594-0
 
PERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAAN
PERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAANPERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAAN
PERENCANAAN KEUANGAN DALAM KEWIRAUSAHAAN
 
María Mariño
María  MariñoMaría  Mariño
María Mariño
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Turismos alternativos una cuestion de enfoques
Turismos alternativos una cuestion de enfoquesTurismos alternativos una cuestion de enfoques
Turismos alternativos una cuestion de enfoques
 
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
Anexo i patrimonio_ natural_e_biodiversidade_xul12
 
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
Aagriculturaengaliza construcins-141120125237-conversion-gate02
 
Percorrido turístico por Galiza
Percorrido turístico por GalizaPercorrido turístico por Galiza
Percorrido turístico por Galiza
 
Las fiestas
Las fiestasLas fiestas
Las fiestas
 
Novoneira O Courel-(Candea)
Novoneira O Courel-(Candea)Novoneira O Courel-(Candea)
Novoneira O Courel-(Candea)
 
Sierra del Caurel
Sierra del CaurelSierra del Caurel
Sierra del Caurel
 
Ria de Arosa Paraiso Natural
Ria de Arosa Paraiso NaturalRia de Arosa Paraiso Natural
Ria de Arosa Paraiso Natural
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
 
Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)Costas de galicia (ii)
Costas de galicia (ii)
 
El senderismo como motor de desarrollo social
El senderismo como motor de desarrollo socialEl senderismo como motor de desarrollo social
El senderismo como motor de desarrollo social
 
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudadQué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
Qué hacer en las Rias Baixas: Pontevedra ciudad
 
Pintura gallega
Pintura gallegaPintura gallega
Pintura gallega
 

Similar to Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 

Similar to Comarca O Carballiño/O Arenteiro (13)

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca O Carballiño/O Arenteiro

  • 2. O río Arenteiro no Carballiño, a carón do Balneario A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e Barbantiño, do que colle a metade oeste. É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.
  • 3. SUPERFICIE: 552,3 km2 POBOACIÓN: 29.800 habitantes CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea. ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Pena Veidosa”, “Serra do Candán” e “Serra do Cando”.
  • 4. CLIMA Varía desde o oceánico de montaña, nas terras altas, ata o oceánico mediterráneo nos vales dos ríos, onde se cultiva o viñedo acollido á Denominación de Orixe O Ribeiro. A Ermida
  • 5. ACTIVIDADES Servizos, industria, construción, agricultura (especialmente o viñedo), gandaría... Obradoiro de pan en Cea
  • 6. Forno comunal convertido en museo. Os fornos comunais utilizábanse por varios veciños que cocían en quendas semanais. Na actualidade os panadeiros e panadeiras teñen obradoiros e fornos propios. PAN DE CEA Está amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida. Protexe o pan elaborado de xeito artesanal, empregando un 50% de fariñas de trigo de variedades galegas. O pan de Cea distínguese pola sua codia laminosa e renxente. A miga ten un alveolo regular e un sabor característico a trigo natural. O período de conservación e superior ao do pan normal. Débese gardar en bolsa de papel. A tradición de elaborar pan en Cea ven de moi antigo. Facíase en máis de trinta fornos comunais, na actualidade fóra de servizo. O segredo do pan de Cea está na calidade das materias primas e na súa elaboración con lévedo artesanal, o triple tendido, o corte que o identifica, andar co pan no forno durante a cocción para axudalo a abrir e darlle unha cocción longa. Arredor do Pan de Cea celébrase unha festa desde o ano 1992.
  • 7. PATRIMONIO Acolle importantes mostras histórico-artísticas (castros, mosteiros, igrexas, pazos, petos de ánimas, cruceiros...) e etnográficas (museos, muíños, fornos comunais...). De grande importancia son tamén as numerosas fontes termais e balnearios (O Carballiño, Partovía, Bañiño de Arcos, Punxín...) que tradicionalmente son visitados por moitas persoas na percura de mellorar a súa saúde ou como lecer. O Camiño de Santiago atravesa a comarca polos concellos de Cea e Piñor. Petróglifo do Bolo (Garabás, Maside)
  • 8. Castro de San Cibrao de Las. Atópase entre os concellos de San Amaro e Punxín. Considerado o máis grande de Galiza, habitado desde o século II a C até o século II d C. Conserva unha completa estrutura defensiva e un completo sistema urbán. Conta un centro de interpretación.
  • 9. Igrexa de Moldes (Boborás) Igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro (Boborás) do século XIII.
  • 10. Igrexa de San Martiño de Cameixa (Boborás)
  • 11. Igrexa de Xurenzás (Boborás)
  • 12. Cruceiro na igrexa de Xuvencos (Boborás) Igrexa de Xuvencos (Boborás)
  • 13. Igrexa de san Pedro de Mandrás (Cea) Igrexa de San Facundo (Cea)
  • 16. Templo da Veracuz (O Carballiño)
  • 17. Detalles e cruceiro da igrexa de Santa Baia de Banga (O Carballiño). No interior consérvanse unhas interesantes pinturas muraias.
  • 18. Igrexa de Santa María de Mesego (O Carballiño)
  • 19. Igrexa de Lobás (O Carballiño) Igrexa do Mosteiro de Lobás (O Carballiño)
  • 20. Igrexa de Garabás (Maside) Igrexa de Louredo (Maside)
  • 21. Igrexa de Santa Comba de Trevoedo (Maside)
  • 22. Igrexa de San Fiz de Navío (San Amaro) Igrexa de Salamonde (San Amaro)
  • 23. Igrexas de San paio de Loeda
  • 24. Igrexa de Santa María de Vivela (Punxín)
  • 25. Cruceiro na Ponterriza (Longoseiros, O Carballiño)
  • 26. Hórreo en San Facundo (Cea) Hórreo con pombeiro en Biduedo (Cea) Hórreos en Rañestres (Maside) Hórreos en Louredo (Maside)
  • 27. Eira e hórreos en Framia (Beariz) Hórreos na Forxa (Beariz)
  • 28. Pendellos da feira de Moldes (Boborás) Pazos en Banga (O Carballiño)
  • 29. CONCELLOS SUPERFICIE: 55,93 km2 POBOACIÓN: 1.016 habitantes (2015). PARROQUIAS: Beariz, Lebozán e Xirazga. BEARIZ Está situado ao oeste da comarca, ao pé das serras da Dorsal, no linde coas comarcas de Pontevedra e Terra de Montes. O territorio tén dúas áreas moi diferenciadas: a montaña, nas serras do Testeiro e A Costoia, e os vales dos ríos, na súa maioría afluentes do Cardelle (da conca do Avia), e unha pequena parte das concas do Verdugo e do Deza. A Ermida, no porto natural de paso entre Pontevedra e Ourense, nos montes da Costoia.
  • 30. As principais actividades son os servizos e a agrogandaría. É un concello eminentemente rural, sen grandes núcleos de poboación e moi afectado pola emigración, aínda que cunha renda moi alta. Acolle espazos de grande interese natural nas serras e nos vales dos ríos, incluíndo partes dos LICs Serra do Candán e Cando. Conserva tamén importantes restos histórico-artísticos e etnográficos: antas, petroglifos, calzada e ponte romana (Ricovanca-Xirazga), hórreos, igrexas, casas tradicionais... Hai varias rutas sinalizadas que permiten visitar o castro de Garfián e os petroglifos, os conxuntos etnográficos de Magros, e Ricovanca e A Serra, onde se atopan os restos das minas de estano, moi importantes noutros tempos. Carballeira en San Pedro de Muradás, onde se atopa unha ermida e o monumento ao emigrante do escultor ourensán Xosé Cid. Igrexa de Beariz
  • 31. SUPERFICIE: 87,77 km2 POBOACIÓN: 2.510 habitantes (2015). PARROQUIAS: Albarellos, Astureses, Brués, Cameixa, Cardelle, Feás, Laxas, Moldes, Moreiras, Pazos de Arenteiro, O Regueiro, Xendive, Xurenzás e Xuvencos. BOBORÁS Está situado no centro-sur da comarca. O territorio ten dúas áreas diferenciadas. Ao oeste sitúanse os cumes máis altos, nas estribacións do Testeiro e do Paraño, e vai descendendo cara ao sur polos vales dos ríos. Os principais cursos fluviais son o Avia, que fai de linde polo sur, e os seus afluentes o Arenteiro, ao leste, no linde con Carballiño; o Viñao (co Lobagueira), que atravesa o territorio do concello de norte a sur, e o Cardelle, no sur. Albarellos
  • 32. As principais actividades son as explotacións forestais, a viticultura, os servizos e as pequenas empresas. Acolle importantes valores naturais asociados aos cursos dos ríos; histórico-artísticos e etnográficos. Igrexa de Astureses, románica do século XII. Foi construída polos Templarios. Pazos de Arenteiro. Unha pequena vila declarada conxunto Histórico Artístico en 1973. Arredor da igrexa románica agrúpanse varios pazos e casas tradicionais.
  • 33. SUPERFICIE: 54,36 km2 POBOACIÓN: 13.999 habitantes (2015). PARROQUIAS: Arcos, Banga, O Barón, Cabanelas, O Carballiño, Lobas, Longoseiros, Madarnás, Mesego, Mudelos, Partovía, A Piteira, Ponte Veiga, Sagra, Señorín e Seoane de Arcos. Balneario do Carballiño O CARBALLIÑO Está situado no centro da comarca, nun terreo de transición entre as serras da Dorsal e o val do Miño. O Territorio descende pouco a pouco desde o cume do Pico Seco, a máxima altura do concello, situado no nordeste, ata os 200 m de altitude do val do Avia. O río Arenteiro atravésao de NE a SO.
  • 34. Templo da Veracruz, do arquitecto Antonio Palacios, construído entre 1949 e 1957. As principais actividades son os servizos, a industria e o comercio. Ten moita importancia o turismo ligado aos balnearios, de grande tradición na vila do Carballiño onde se atopan as instalacións do “Gran Balneario”. No concello atópase tamén o “Bañiño de Arcos” e o balneario de Caldas de Partovía, cun edificio de finais do século XIX. Os lugares de interese natural están asociados a todo o curso do río Arenteiro no que hai numerosas áreas de lecer, sendeiros e museos etnográficos. O Carballiño conserva importantes mostras artísticas e etnográficas: igrexa da Veracruz, numerosas igrexas románicas e barrocas, castros, muíños, pontes... Pena dos namorados, a carón do paseo que segue ao río Arenteiro.
  • 35. SUPERFICIE: 40,01 km2 POBOACIÓN: 2.906 habitantes (2014). PARROQUIAS: Amarante, Armeses, Garabás, O Lago, Louredo, Maside, Piñeiro, Rañestres e Santa Comba do Trevoedo. Área de lecer arredor das fontes termais da Rañoa MASIDE Está situado no centro leste da comarca. O territorio forma parte dos Chaos de Amoeiro, unha penichaira de 200 a 300 m de altitude media cunha suave inclinación en sentido nordés- suroeste. Presenta o aspecto dunha superficie moi erosionada con pequenas lombas onde os cumes máis destacados son O Bolo (544 m) e O Piñeiro (443 m). O río máis importante é o Barbantiño que fai linde polo leste coa comarca de Ourense.
  • 36. Calzada romana que leva á ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño. Unha grande parte do territorio está ocupado por plantacións forestais de piñeiros. Outras actividades de interese son os servizos e pequenas industrias. No aspecto natural destaca o espazo chamado Pozo do Lago, unha lagoa artificial orixinada por unha antiga explotación aurífera iniciada polos romanos. Maside foi sempre un importante lugar de paso, situado no camiño real de Ourense a Pontevedra. Conserva importantes representacións da arte románica e barroca (igrexas, pazos, cruceiros). Capitel da portada de San Tomé o Vello de Maside, igrexa románica do século XIII.
  • 37. SUPERFICIE: 121 km2 POBOACIÓN: 1.600 habitantes (2015). PARROQUIAS: Campo, Cangues, A Cidá, Corneda, Cusanca, Dadín, Espiñeira, Froufe, Loureiro, Parada de Labiote, Readigos e O Regueiro. O IRIXO Está situado ao norte da comarca, entre a vertente sur-leste do Testeiro e as últimas estribacións do Faro, nos lindes con Pontevedra e Lugo Ocupa e tén repartidos nas parroquias de No territorio diferéncianse claramente dúas áreas. Ao norte e oeste están os cumes máis altos, , co punto máximo no monte Uceiro (montes do Testeiro), no linde coa comarca do Deza. cara ao sur vanse abrindo os vales dos ríos principais: o Lobagueiras e Viñao que van ao Navia, e o Pedriña, que vai ao Arenteiro. Paisaxe do Irixo desde O Testeiro. No centro o monte Sorribas.
  • 38. As actividades máis importantes son a agrogandeiría e pequenas industrias. Unha grande parte do terreo está ocupado por plantacións forestais de piñeiros que son a base de industrias madeireiras. É un concello con importantes valores naturais, en especial na áreas de montaña. Unha parte está incluída no LIC Serra do Candán. Paisaxe do Irixo entre o monte Testeiro e o Couto de Sonelle, co val do río Redondos, afluente do Viñao, e a localidade do Paraño. Igrexa na Lama, na parroquia de Campos
  • 39. SUPERFICIE: 52,65 km2 POBOACIÓN: 1.237 habitantes (2014). PARROQUIAS: Barrán, A Canda, Carballeda, Coirás, A Corna, Loeda e Torcela. Casa tradicional en Freás PIÑOR Está situado ao norte da comarca. O Territorio vai perdendo altura desde as estribacións da serra do Faro, ao norte (Val de Égoas, con 864 m e Penas das Greas, con 803 m), ata o val do Arenteiro, cunha altitude media de 500 m. O concello está atravesado polo curso alto do río Arenteiro, que recibe aos afluentes Asneiro, Fonte e Mirela.
  • 40. As principais actividades están relacionadas co sector forestal e a agro-gandeiría, cunha importante produción de porcino. Os espazos de maior interese natural atópanse nos cumes próximos á serra do Faro e no val do río Arenteiro. Ponte sobre o río Arenteiro en Arenteiro. Por ela pasa o camiño de Santiago da Ruta da Prata. Antiga fábrica de papel en Lousado, construída en 1836, funcionou case cen anos.
  • 41. SUPERFICIE: 17,07 km2 POBOACIÓN: 749 habitantes (2014). PARROQUIAS: Barbantes, Freás, Ourantes, Punxín, Vilamoure e Vilela. Ourantes desde o cume de San Trocado PUNXÍN Situado ao sur da comarca, cunha pequena parte lindando co río Miño. O territorio ten dúas áreas diferenciadas. Ao oeste está ocupado por unha superficie de erosión cunha altitude entre 380 e 450 m, que ten o cume máis alto en San Trocado (554 m). No leste vai descendendo cara ao val do Barbantiño que atravesa a beira do concello de norte a sur e xúntase ao Miño no linde coa comarca de Ourense.
  • 42. Detalle da igrexa de San Xoán de Ourantes É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. A maior parte do terreo está ocupado por plantacións de viñas da Denominación de orixe do Ribeiro e por explotacións forestais de piñeiros. Acolle importantes restos histórico-artísticos (castros, igrexas, cruceiros, pazos) e etnográficos. Vista de Punxín desde o castro de San Cibrao das Las
  • 43. SUPERFICIE: 28,94 km2 POBOACIÓN: 1.180 habitantes (2014). PARROQUIAS: Anllo, O Barón, Beariz, Eiras, Grixoa, Lás, Navío e Salamonde. SAN AMARO No sur da comarca. O territorio está situado entre a superficie de aplanamento e os vales dos afluentes do Miño. É de releve irregular e as máximas alturas son os montes de San Trocado e A Cidade. O río principal é o Lavandeira, que se xunta co Miño no veciño concello de Cenlle. Panorámica de San Amaro desde San Trocado. O monte de San Trocado, próximo a San Cibrao das Las é un pequeno cume de 550 m de altitude que pola súa magnífica situación ofrece amplas panorámicas en todas as direccións: comarcas de Carballiño, Ourense e O Ribeiro e gran parte do val do Miño.
  • 44. As principais actividades son o cultivo do viñedo (Denominación de Orixe O Ribeiro), as plantacións forestais de piñeiros, a gandaría (especialmente explotacións porcinas e avícolas) e algunhas industrias derivadas como serradoiros e adegas. É un concello que acolle importantes restos arqueolóxicos como os castros de San Cibrao das Las e San Trocado (compartidos con Punxín). Fonte-pozo do castro de San Cibrao de Las Capela e cruceiro de San Roque en Salamonde
  • 45. SUPERFICIE: 94,38 m2 POBOACIÓN: 2.418 (2014) habitantes PARROQUIAS: Castrelo, Cea, Covas, Lamas, Longos, Mandrás, Oseira, Pereda, San Fagundo, Souto, Vales, Vilaseco e Viña. Panorámica da serra da Martiña, co Picote e a localidade de Ricovelo SAN CRISTOVO DE CEA Situado ao nordeste da comarca, lindando coa provincias de Lugo e Pontevedra. O relevo está estruturado en dúas áreas ben diferenciadas. Ao norte sitúanse as serras de Martiñá e as estribacións do Faro, onde se atopan as maiores alturas que superan os 1.000 m. Cara ao sur vai descendendo ata unha superficie de erosión de altitude media de 500 m. Os ríos máis importantes son o Arenteiro cos seus afluentes Oseira-Mirela e Marañao; o Barbantiño que discorre polo linde con Carballedo (Lugo) e a comarca de Ourense (concellos de Vilamarín e Amoeiro) e recibe pola dereita o Ricovelo e o San Bieito, e o Bubal que ten no concello o seu nacemento e parte do curso alto.
  • 46. Mosteiro de Oseira Fundado en 1117 e con sucesivas ampliacións. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal, as pequenas industrias, o comercio e os servizos. Destaca a elaboración do pan de Cea. É un concello de grande interese natural que acolle parte do LIC Pena Veidosa, histórico- artístico (mosteiros, igrexas, petos de ánimas, cruceiros...) e etnográfico (fornos comunais, muíños, pontes...). Torre do reloxo en Cea
  • 47. RELEVO Vista desde o Testeiro do releve do norte da comarca. No primeiro termo Froufe, no monte Sorribas; máis alá os montes que separan O Irixo e Piñor, e ao fondo as serras do Faro e A Martiñá. O territorio da comarca é moi irregular e está intensamente fracturado e dividido polos vales fluviais. As máximas altitudes atópanse nas serras da dorsal, desde o sur da serra do Faro, O Candán, O Testeiro, A Costoia e O Suído, na súa confluencia co Cando. Desde este eixo parten estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Marcofán...). O cume máis alto da comarca é o Martiñá, con 1.042 m. Estas serras forman a divisoria de augas entre a cunca do Miño, cara o leste e sur, e as do Verdugo-Oitavén, Lérez e Ulla, cara ao oeste. O terreo vai perdendo altura pouco a pouco ata o val do Arenteiro e o Miño. Entre os vales dos ríos sitúanse numerosos cumes de menor altitude e no sur al alturas que forman os Chaos de Amoeiro.
  • 48. Vista da comarca desde San Cibrao de Las. Ao fondo a serra da Martiñá e á súa esquerda a serra do Faro.
  • 49. Bolos de granito na Martiñá As rochas dominantes son os granitos que destacan nos cumes en formas acasteladas, bolos e penedos. Tamén se atopan xistos e gneis. Xistos no Testeiro
  • 50. Poboadura, no Val de Oseira entre a serra da Martiñá e as estribacións do Faro A vexetación dominante nos cumes é o mato atlántico (breixos, carqueixas, xestas, queirugas e toxos) con algunhas áreas de pasteiros e as plantacións forestais de piñeiros. Nos fondos dos vales consérvanse pequenos bosques formados por carballos (a árbore máis abundante), rebolos, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros... Hai grandes espazos repoboados con piñeiros.
  • 51. Caravel (Petrorhagia nanteuilii). Florece no verán en lugares secos. Toxo, unha das plantas máis comúns no mato dos montes
  • 52. Carqueixa (Chamaespartium tridentatum). Arbusto sen follas que pode acadar ata 70 cm de altura. A función dasfollas realízana unhas prolongacións laminares dos talos.
  • 53. Liques barba de frade (Usnea...) sobre un carballo
  • 54. Estas gramíneas de aspecto nebuloso colonizan os solos areosos pobres como os que quedan nas zonas queimadas despois do lavado da chuvia. Xensá (Gentiana pneumonanthe). Florece en prados e bosques abertos.
  • 55. Saltón, un insecto común nos montes A fauna das serras é dun grande interese, pola variedade e, sobre todo, pola presenza de especies pouco comúns noutros lugares como o bufo real, a gatafornela ou a tartaraña cincenta. Bufo real (Bubo bubo)
  • 56. Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi). Os machos teñen unha brillante cor azul na gorxa. É unha especie endémica do noroeste ibérico.
  • 57. SERRA DE MARTIÑÁ É unha serra con dirección N-SO, de alturas medias que rondan os 1.000 m, situadas ao sur, e moi preto, da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense, formada maiormente por granitos. O monte máis alto é o Castro ou Martiñá, con 1.042 m. Na vertente leste nace o Bubal, afluente do Miño, na Oeste o Oseira e o Mirela e na Sur o Barbantiño. As diferenzas de altitude do espazo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal drenados. A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden moi a miúdo. Desde os cumes hai unhas excelentes vistas da contorna. Está declarada como ZEP e LIC co nome de Pena Veidosa. Accedese pola estrada de Cea a Vales ou desde Oseira.
  • 58. A Porteliña Monte do Castro, o cume máis alto da serra de Martiñá
  • 59. Vista da aba leste do Faro. No Marco conflúen as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense. SERRA DO FARO Esténdese con dirección norte-sur no linde entre as provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. É unha serra de perfil suave que vai perdendo altura cara ao sur, con numerosas fallas ocupadas por ríos pouco encaixados. Está formada por granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas. Serve de divisoria a dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. As máximas alturas na comarca son o Piorno, Pena Carballosa (953 m), Loma Chaira (941 m) e A Mina (939 m). A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación (piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras. Accedese desde Cea (Oseira) ou Piñor.
  • 60. O Faro e as estribacións en terras de Piñor e O Irixo
  • 61. Vista xeral do Testeiro MONTES DO TESTEIRO Serra con orientación NE-SO que fai de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte e Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha fractura con direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na vertente leste nacen afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza. O punto máis alto é o monte Uceiro con 1.003 m, onde conflúen os concellos de O Irixo (Ourense) e Lalín (Pontevedra). As rochas dominantes son os granitos e os xistos. Está incluída no LIC/ZEP “Serra do Candán”. Pódese acceder desde O Paraño e O Irixo.
  • 62. Monte Uceiro, cume da Serra do Testeiro. Nas súas abas están situadas as localidades de Carballeda e Subirol.
  • 63. O Testeiro no verán O Testeiro no inverno. Os días de néboa os vales cúbrense de néboa que moitas veces non levanta en todo o día.
  • 64. MONTE SORRIBAS Ocupa unha posición intermedia entre O Testeiro e as estribacións do Faro, en terreos do concello do Irixo. Separa os vales do Lobagueiras e o Viñao. Accedese desde Froufe (O Irixo). Desde os cumes hai vistas espectaculares sobre toda a contorna.
  • 65. Cumes da Costoia MONTES DA COSTOIA Aliñación con dirección NE-SO que se estende entre os Montes do Testeiro e o Cando, no linde entre a comarca do Carballiño (Beariz) e Terra de Montes (Cerdedo). O cume máis alto é o Costoia con 953 m. Son montes de formas suaves e redondeadas onde as rochas dominantes son os xistos. Accedese desde Xirazga ou desde a estrada de Beariz a Ricovanca. Unha ruta sinalizada vai desde a ermida de Santo Domingo, pasa polas antigas minas de estano e remata no río Verdugo en Ricovanca.
  • 66. Cumes da Costoia. A aliñación dos montes da Costoia remata no Alto da Cruz (908 m) ao pé da localidade da Ermida. Vista dos cumes do Suído entre a néboa, desde o alto da Costoia.
  • 67. Unha pequena parte da SERRA DO CANDO pertence ao concello de Beariz, e nela atópase Ratel, o pobo da imaxe compartido entre Cernedo e Beariz.
  • 68. OS RÍOS O Arenteiro no Carballiño A comarca do Carballiño pertence case por completo á conca do Miño, aínda que este so rega unha pequena parte en terras do concello de Punxín. Os principais ríos son O Avia, que fai de linde natural co Ribeiro e o Barbantiño que fai de linde con Ourense polo leste. O Viñao e o Arenteiro, afluentes do Avia, atravesan a comarca de norte a sur. Unha pequena parte do concello de Beariz está atravesada polo río Verdugo no seu curso alto e unha das cabeceiras do Deza discorre entre Beariz e O Irixo.
  • 69. Río Verdugo en Ricovanca. A carón dos ríos, nos lugares máis afastados a natureza exprésase con toda a súa forza, e moitos casos combinada con obras humanas que se integran perfectamente na paisaxe. Arredor dos ríos consérvanse ecosistemas de grande interese cunha rica flora e fauna asociadas aos cursos de auga e os bosques de ribeira. Fento, dentabrú (Osmunda regalis)
  • 70. Ra verde (Pelophylax perezi). É a máis común e coñecida das ras galegas. Á beira de ríos limpos e de correntes rápidas podemos atopar ras patilongas. Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Este paxaro, aparentemente pouco dotado para a vida na auga, é un excelente mergullador que se despraza coa axuda das ás ou camiñando polo fondo dos ríos nas zonas de correntes para capturar larvas de insectos, escarabellos...
  • 71. Ponte Sobreira, no río Barbantiño, entre Faramontaos (Cea) e Sobreira (Vilamarín), no Camiño de Santiago. Os ríos desta comarca concentran un importante patrimonio histórico e etnográfico: calzadas romanas, pontes, muíños, fábricas de papel...
  • 72. O MIÑO desde San Trocado. RÍO MIÑO Nesta comarca ten un pequeno tramo do seu percorrido (menos de 1 km) na súa marxe dereita, en terreos do concello de Punxín.
  • 73. RÍO BARBANTIÑO Nace en Orbán (Vilamarín-Ourense). Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes. Nesta comarca recibe os ríos San Bieito, Louredo, Garabás e Figueiroa. Unha ruta de sendeirismo de 23 km segue o percorrido do río desde a ponte do Vilar, en Vilamarín, preto do seu nacemento, ata a desembocadura. Ponte Mandrás (San Cristovo de Cea) O Barbantiño en Mandrás
  • 74. RÍO FORMIGUEIRO, afluente pola esquerda do Barbantiño, Na imaxe antes de xuntarse co Barbantiño entre Amoeiro e Punxín.Ponte de San Fiz entre Maside e Amoeiro
  • 75. FERVENZA DO CACHÓN, POZO DO INFERNO Entre Maside e Amoeiro. A erosión do río nas rochas graníticas forma rápidos, pozas e fervenzas de gran beleza. A máis alta mide uns 10 m en varios saltos. Está nunha contorna cunha vexetación moi conservada, con bos exemplares de carballos, freixos, amieiras e salgueiros. Na marxe esquerda hai un grupo de 3 muíños en serie. O Barbantiño en Punxín
  • 76. Encoro de Alvarellos. Recolle as augas do curso alto do Avia e os seus afluentes RÍO AVIA Nace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión-Ourense) e percorre o sur da comarca facendo linde entre o concello de Boborás e o Ribeiro. Ten un percorrido encaixado no seu curso alto, forma unha ampla veiga no curso medio e volve a encaixarse antes de se xuntar co Miño. Os afluentes máis importantes son pola esquerda o Cardelle (co Doade, Magros e Beariz), o Couso, o Viñao, o Arenteiro (co Pedriña, Fervenza e Oseira) e o Barón.
  • 77. Val encaixado do Avia entre Boborás e Leiro, augas abaixo da presa de Alvarellos
  • 78. O Avia en Salón, onde recibe as augas do Viñao Ponte da Cruz, en Pazos de Arenteiro, onde o Avia recupera parte do seu caudal ao recibir as augas do Viñao e o Arenteiro.
  • 79. O curso do río Doade discorre nun val encaixado formando numerosas curvas para sortear as múltiples irregularidades do relevo. RÍO DOADE /CARDELLE Nace na aba leste do Suído, no concello de Avión. Desde preto do seu nacemento ata case a súa desembocadura fai de linde natural entre as comarcas do Carballiño e O Ribeiro e xúntase ao Avia no encoro de Alvarellos. Os seus afluentes máis importantes son os regos de Xirazga ou Pouso, Beariz e Magros.
  • 80. O río Doade en Beariz Canón do Doade no comezo do encoro de Alvarellos
  • 81. O río Doade en Beariz. Fervenza e muíño da Caldeira.
  • 82. O Viñao en Boborás RÍO VIÑAO Nace en Cusanca (O Irixo), percorre terreos dos concellos de O Irixo e Boborás e xúntase ao Avia en Salón. Recibe as augas do Lobagueiras e o Lodeiros.
  • 83. O Viñao na área de lecer do Irixo FERVENZA DE SAN BARTOLOMEU DA FREIXA Na parroquia de Cameixa (Boborás). O río Viñao forma nesta zona pequenos saltos e rápidos. Un rego que desemboca nel (Lodeiros) pola dereita ten unha fervenza en rochas de xistos duns 15 m de altura en varios saltos.
  • 84. Río Arenteiro en Loeda. Nesta zona o río encáixase e tivo múltiples aproveitamentos; muíños, serradoiros, e unha fábrica de papel. RÍO ARENTEIRO Nace no sur da serra do Faro, atravesa os concellos de Cea, Piñor, O Carballiño e Boborás e desemboca no Avia en Pazos de Arenteiro. Os principais afluentes son pola dereita o Asneiros e Pedriña, e pola esquerda o Mirela (Oseira) e Marañao.
  • 85. Atranco para a fábrica de papel en Loeda
  • 86. Río Asneiros en Piñor. o RÍO ASNEIROS nace preto do Castro de Dozón nas estribación do Faro e únese ao Arenteiro en Piñor, nas proximidades de Loeda. Río Oseira na área de lecer de Oseira (San Cristovo de Cea). O RÍO OSEIRA nace entre o Faro e a serra da Martiñá e máis abaixo recibe o nome de Mirela. Únese ao Arenteiro na confluencia dos concellos de Piñor, Cea e O Carballiño.
  • 87. Río Mirela en Piñor
  • 88. O Arenteiro no Carballiño. Un paseo percorre o río ao seu paso polo Carballiño onde hai varias áreas de lecer e se poden visitar os restos da antiga fábrica de papel, a piscifactoría, o museo etnográfico do Muíño do Anxo ou subir á pena dos Namorados. Unha ruta de sendeirismo de 11 km permite visitar distintos puntos e remata en Pazos de Arenteiro.
  • 89. O Arenteiro no Carballiño
  • 90. A Ponterriza sobre o Arenteiro no Carballiño O Arenteiro no Carballiño Ponte da Veiga sobre o Arenteiro no Carballiño
  • 91. Museo etnográfico do Muíño do Anxo e área de interpretación do río Arenteiro. Accedese desde a estrada vella de Carballiño a Pontevedra ou seguindo o paseo pola beira do río. Muíño das lousas, convetido nunha instalación de hostelería.
  • 92. O río Arenteiro en Pazos de Arenteiro nun tramo onde abondan os rápidos e pequenos saltos nun entorno de bosques de ribeira de grande beleza. Unha ruta permite seguir un tramo do río e pódese continuar ata o Carballiño.Despois de saír da vila do Carballiño o Arenteiro encáixase entre penedos granítico formando rápidos e pequenos saltos nunha paraxe de grande beleza e valor ecolóxico coñecido tradicionalmente co nome do Salto.
  • 93. Desembocadura do Arenteiro no Avia en Pazos de Arenteiro
  • 94. POZO DOS FUMES Na parroquia de Pazos de Arenteiro (Boborás). O río Arenteiro forma unha serie de saltos e rápidos en rochas graníticas con grandes bolos. No Pozo dos Fumes encáixase entre dous grandes penedos e cae a gran presión desprendendo gran cantidade de vapor, o que motivou o nome. Accedese desde a estrada de Leiro a Pazos de Arenteiro, seguindo unha ruta que comeza nos restos da Ponte da Cruz.
  • 95. RÍO VERDUGO Nace na serra do Cando, no Outeiro Grande e ten un curto percorrido no seu curso alto por terreos de Beariz nunha paraxe de gran beleza e de interese etnográfico onde se atopa unha ponte romana e un muíño. O Verdugo en Ricovanca (Beariz). Desde Ricovanca un sendeiro conduce ao río onde se atopa a ponte romana e o muíño, nun antigo camiño empregado polos arrieiros para cruzar a serra camiño de Pontevedra.
  • 96. Muíño e pontella no Búbal en Vales RÍO BÚBAL Nace na serra da Martiñá e ten un curto percorrido por terreos de Cea, na parroquia de Vales.
  • 97. Val do río Medos, encaixado entre os montes do Testeiro e o Candán. Unha parte pertence ao LIC Serra do Candán, espazo protexido situado nas comarcas de Terra de Montes e Deza (Pontevedra). RÍO MEDOS É unhas das cabeceiras do Deza (da conca do Ulla) que nace nos montes do Testeiro e ten un percorrido moi encaixado no seu curso alto.
  • 98. ÁRBORES Carballos na serra do Cando, en Beariz. A presenza de liques nas ponlas das árbores é un indicador da pureza do aire. Unha grande parte da comarca do Carballiño está ocupada por plantacións forestais de piñeiros. Só nalgunhas zonas das serras da Dorsal e nos cavorcos dos ríos se atopan carballeiras autóctonas formadas por carballos (Quercus robur) mesturados con cerquiños, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros... Nalgunhas poboacións atópanse carballeiras formando parte de parques e campos de feiras e exemplares illados de árbores monumentais en parques e xardíns de pazos e mosteiros.
  • 99. ÁRBORES SENLLEIRAS Carballeira na Lama (Campo-O Irixo). Case todas as localidades da comarca teñen unha carballeira onde teñen lugar as festas, feiras e romerías. Carballo (Quercus robur)
  • 100. Carballeira en Xurenzás (Boborás). Atópase ao pé da estrada que vai a Xurenzás e acolle varios exemplares de grande porte. “Carballa” de Eiras (San Amaro). Mide 7,60 m de perímetro. Sufríu un incendio e na actualidade está moi deteriorado. Está situado no campo da feira. Dise que foi plantado pola condesa de Ribadavia no século XVII.Carballeira de San Pedro de Muradás
  • 101. Carballo no parque de Oseira (San Cristovo de Cea) Carballo na igrexa de Souto (San Cristovo de Cea) -4,52 m de perímetro
  • 102. Carballos en Freás (Piñor) Dous exempleres. O máis grande mide 4,30 m de perímetro. Atópanse ao pé da estrada que vai á area recreativa da parroquia, no río de Silvaboa. Carballos no parque de A Rañoa (Maside). Hai varios exemplares de grande porte e 3,60 a 3,10 m de perímetro.
  • 103. Castiñeiro en Ourantes (Punxín), situado fronte á igrexa. -6,70 m de perímetro. Castiñeiro (Castanea sativa) Castiñeiro na igrexa de Moldes (Boborás). -4,43 m de perímetro.
  • 104. Sobreira en Namelas (Boborás). Atópase ao pé da estrada de Albarellos a Pazos de Arenteiro. Sobreira en Munín (Espiñeira, O Irixo) -4,63 m de perímetro
  • 105. Piñeiro de Freás (San Cristovo de Cea) Eucaliptos en Vilariño (Piñor) -O máis grande mide 6,5 m de perímetro.
  • 106. Tilleiras prateadas (Tilia tomentosa) de Oseira. Cinco exemplares de 26, 23, 20 e 19 m de altura. Están situados nas proximidades do mosteiro, ao pé da estrada. INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 107. Parque do Carballiño. Situado a carón do río Barbantiño: carballos americanos, chopos, bidueiros, eucaliptos, tuias xigantes, abetos de Douglas, alciprestes de California... Tuia xigante (Thuja plicata) Parque do Carballiño (O Carballiño, Ourense). Varios ecxemplares, a máis grande mide 3,78 m de perímetro.
  • 108. Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) Parque do Carballiño -4,20 m de perímetro. Piñeiro de Oregón Douglasia verde (Pseudotsuga menziesii). Parque do Carballiño. -3,42 m de perímetro.
  • 109. ESPAZOS PROTEXIDOS Cume de Pena Veidosa, coñecida no lugar como Pena Ventosa. Na serra da Martiñá a erosicón deixou ao descuberto unha grande cantidade de penedos e bolos graníticos que coroan os montes en formas acasteladas. LIC PENA VEIDOSA Espazo de 2.355 ha situado nos concellos de San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo (Lugo). As diferencias de altitude do terreo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caduciflolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal drenados. A vexetación dominante é o mato de breixo e toxo. Nas abas hai bosques de carballos, rebolos e bidueiros. Nas turbeiras esfagnos (Sphagnum pylaesii), Littorella uniflora, breixo das turbeiras, rorelas... A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden moi a miúdo.
  • 110. PUZO DO LAGO É un espazo natural de grande interese ecolóxico situado en Maside, na parroquia de Lago, nunha zona de granitos en contacto con migmatitas e xistos con xacementos filonianos. É unha lagoa artificial de 1 ha orixinada por unha antiga explotación aurífera iniciada polos romanos e continuada por unha compañía francesa entre 1910 e 1913. Actualmente é unha depresión asolagada. Está declarado, de xeito provisorio, como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). As plantas máis comúns son xuncos, Ceratophyllum demersum, Isoetes velatum (fento raro en Galiza), ambroíños, oucas, espigas de auga, espadanas, salgueiros, chopos... e nas partes máis secas carballos e rebolos. En canto á fauna o máis representativo son as aves acuáticas. Nidifican o rascón de auga, mergullón pequeno, galiña de río e galiñola negra.
  • 111. Fonte no interior do balneario do Carballiño “Tomando as augas” no balneario do Carballiño. O edificio do “Gran Balneario” foi construído en 1900, aínda que as augas eran coñecidas no século XVII co nome de “Poza de sanar”. O tratamento realízase por inxestión para afeccións intestinais, hepáticas, da gorxa... Hai dous mananciais (Estanque de San Roque e Fonte do Balneario) que abrollan de 22 a 28 ºC. As augas son sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, sulfatadas, litínicas, fluoradas e alcalinas. AUGAS MEDICINAIS E TERMAIS Na comarca do Carballiño hai abundantes surxencias de augas termais, con temperaturas de 38 a 21 ºC, e mediciñais asociadas a varias fracturas no terreo que coínciden, en grande parte, co curso dos ríos. Destacan as do Carballiño, Partovía, Arcos, Berán, Brués, Ponterriza, Maside (A Rañoa) e Punxín (Fonte do Lavadoiro e Fonte do Santo)
  • 112. Fonte de Brués. A xente aproveita as surxencias en pozas ao aire libre para tratar doenzas da pel, reumatismo e trastornos dixestivos. A Rañoa, ao pé do rego de Garabáns, afluente do Barbantiño. Ademais da antiga casa de baños hai dúas piscinas de augas termais. As augas abrollan a 20,5 ºC, son sulfuradas, alcalinas, fluoradas, boricatadas e de mineralización débil.
  • 113. Balneario de Caldas de Partovía, considerado o máis antigo dos edificios dos balnearios de Galiza. As súas augas xa eran empregado polos romanos. Conta con catro mananciais que acadan ata 38 ºC. Son augas de pobre mineralización, sulfurado-sódicas. Empréganse para tratar o reumatismo, problemas óseos, da pel e do aparello respiratorio.
  • 114. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xaneiro 2017