SlideShare a Scribd company logo
1 of 156
SANTIAGO
A NATUREZA
Vista de Santiago desde o monte Pedroso
A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que
inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra.
O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores
téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos
que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica
en parques e xardíns, tanto públicos como privados.
SUPERFICIE:
689,5 km2
POBOACIÓN:
165.288 habitantes (2014).
CONCELLOS:
Ames, Boqueixón, Brión,
Santiago de Compostela, Teo,
Val do Dubra e Vedra
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Río Tambre” e “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”.
CLIMA
Oceánico húmido, con temperaturas suaves ao longo do ano. A media anual é duns 15ºC.
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos, moi asociados á capitalidade de Galiza e da comarca,
a industria, a construción e a agrogandaría.
PATRIMONIO
Castelo da Rocha Forte, destruído na revolta irmandiña
(Conxo, Santiago de Compostela)
É de destacar o importante patrimonio histórico-artístico, centrado sobre todo na cidade de
Santiago e moi asociado ás rutas xacobeas.
Torres de Altamira (Brión). Construído no século IX sobre os restos dun castro e reconstruído no século XIV. Foi
abandoado no século XVII.
Catedral de Santiago de Compostela
Vista desde o tellado da catedral sobre a praza das Platerías
Igrexa do Carme e ponte sobre o Sarela
(Santiago de Compostela) Convento de Belvís (Santiago de Compostela)
San Domingo de Bonaval
(Santiago de Compostela)
Colexiata de Sar
(Santiago de Compostela)
Capela de Santa Susana
(Santiago de Compostela)
Convento do Carme
(Santiago de Compostela)
San Agostiño (Santiago de Compostela) San Fiz de Solovio (Santiago de Compostela)
San Francisco (Santiago de Compostela) San Fructuoso (Santiago de Compostela)
Igrexa de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela)
San Miguel (Santiago de Compostela) Santa Clara (Santiago de Compostela)
Mosteiro de Conxo (Santiago de Compostela)
Igrexa de Santa María de Figueiras (Santiago de Compostela)
Igrexa de Ortoño (Ames)
Igrexa de Luaña (Brión)
Igrexa de Santa María de Lestedo (Boqueixón)
Igrexa da Granxa (Boqueixón)
Igrexa de Calo (Teo) Calpela de Cornide (Calo, Teo)
Igrexa de Páramos (Val do Dubra)
Igrexa de San Román (Val do Dubra)
Igrexa de Baamonde (Teo)
Igrexa de Ponteulla (Vedra)
Pazo de Xelmírez (Santiago de Compostela)
Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela) Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)
Seminario (Santiago de Compostela)
Pazo de Raxoi, casa do concello (Santiago de Compostela)
Edificio deseñado por Antonio Palacios para actividades culturais (Alameda, Santiago de Compostela)
Monumento a San Francisco de F. Asorey
(Santiago de Compostela)
Monumento a Castelao de F. Leiro
(Alameda de Santiago de Compostela)
Monumento a Rosalía de Castro, de
Isidro de Benito e Francisco Clivilles
(Alameda de Santiago de Compostela)
Cruceiro en Bonaval (Santiago de Compostela) Fonte das Platerías (Santiago de Compostela)
Cruceiros en Luaña (Brión)
Cruceiro na Rúa de Francos (Teo)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 79,97 km2
POBOACIÓN: 30.267
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Agrón,
Ameixenda, Ames, Biduído,
Bugallido, Covas, Lens, Ortoño,
Piñeiro, Tapia e Trasmonte.
Vista aérea de Ames
(Bertamiráns)
AMES
Está situado no centro-oeste da comarca. O releve artículase arredor da Depresión Meridiana
que atravesa o territorio do concello de norte a sur. Na zona norte é máis abrupto, con
sucesións de pequenas elevacións. O cume máis alto é o Agrón, no surleste. O río Tambre
percorre o linde do concello polo noroeste e o Sar (da conca do Ulla) ten aquí o seu curso alto
e circula con dirección norte-sur.
Área recreativa no río Costaneira, en Bertamiráns
As actividades (servizos, comercio, industria) están moi ligadas á cidade de Santiago de
Compostela xa que é un concello empregado como residencia de moitas persoas que
desenvolven nela as súas actividades. Unha pequena parte da poboación dedícase a
agrogandaría e ao sector forestal. Os núcleos máis poboados son Bertamiráns e O Milladoiro.
Os principais espazos naturais atópanse na contorna dos ríos Tambre e Sar.
No patrimonio histórico-artístico destaca a Ponte Maceira e os pazos de Lens e Leboráns.
Por Ames pasa o Camiño Xacobeo a Fisterra.
Pontemaceiras, no Tambre
Paisaxe de Boqueixón
SUPERFICIE: 73,13 km2
POBOACIÓN: 4.342
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Boqueixón,
Codeso, Donas, Gastrar, A
Granxa, Lamas, Ledesma,
Lestedo, Loureda, Oural,
Pousada, Sergude, Sucira e
Vigo.
BOQUEIXÓN
Situado no surleste da comarca. O relevo en xeral é de formas suaves. As maiores elevacións
atópanse ao sur na aliñación formada polo Pico Sacro (533 m), o monte de Santa Cruz e Pena
do Corvo, e ao norte, no linde con Santiago, no monte Castelo, con 497 m.
O río Ulla percorre o linde sur e recibe numerosos afluentes con vales encaixados onde
abondan as fervenzas: Brandelos, Záramo, Pontillón, Carballas e Freixido.
Ponte medieval sobre o Ulla en Ponteledesma
É un concello eminentemente rural onde a actividade principal é a agrogandaría,
especialmente o gando vacún de leite.
Os lugares de maior interese natural atópanse no río Ulla e nos seus afluente protexidos no
LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, e no Pico Sacro.
O patrimonio cultural máis destacado son os pazos de Quián, Sergude e Pousada, as igrexas
de San Lourenzo e a Nosa Señora da Fonte e numerosos cruceiros.
O Pico Sacro, o cume máis emblemático
de Boqueixón e da comarca
Brión desde o Balcón da
Amaía, no adro da igrexa de
Bastabales.
SUPERFICIE: 74,85 km2
POBOACIÓN: 7.519 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Os Ánxeles,
Bastavales, Boullón, Brión,
Cornanda, Luaña, Ons, San
Salvador de Bartavales e
Viceso.
BRIÓN
Está situado no oeste da comarca. O territorio é de relevo moi irregular. No leste atópase a
Depresión Meridiana, de formas suaves e pouca altura. No oeste e sur o relevo á máis
montañoso e dominan as rochas graníticas. As máximas alturas son o monte Santa Cecia, con
492 m e A Pena, con 382 m, no linde con Rois.
O Tambre circula pola beira noroeste do concello e recibe numerosos regos: Viceso, A Graña,
Chavielos e Vaqueiros. O Sar circula de norte a sur polo leste do concello e forma o val da
Amaía, aproveitando a Depresión Meridiana.
Torre da igrexa de Bastabales, coas
campás cantadas por Rosalía de
Castro. A ruta rosaliana percorre
varios puntos do concello de Ames
entre os que se atopa o conxunto das
igrexas de Bastabales
As principais actividades son a agrogandeiría (especializada en vacún de leite) e as
explotacións forestais. Nos últimos anos construíronse numerosas urbanizacións onde residen
persoas que traballan en Santiago de Compostela.
Os principais valores naturais atópanse no río Tambre e os seus afluentes, onde hai algunha
fervenza interesante como as de Ons.
No patrimonio histórico-artístico destacan as igrexas de Baatavales, San Xulián, Santa Minia e
a capela do Carme, varios pazos e numeroso cruceiros.
Nos Ánxeles hai dous balnearios.
Fonte do Tremo no balneario dos
Ánxeles. As augas son sulfuradas,
bicarbonatadas-sódicas, flouradas e
silicatadas.
Empréganse para tratar problemas da
pel, reumatismos, enfermidades do
aparello respiratorio...
Vista aérea
SUPERFICIE: 220,36 km2
POBOACIÓN: 95.800 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Aríns, Bando, A
Barciela, Busto, O Carballal, O
Castiñeiriño, César, Conxo, O
Eixo, A Enfesta, Fecha, Figueiras,
Grixoa, Laraño, Marantes,
Marrozos, Nemenzo, A
Peregrina, Sabugueira, San
Caetano, San Lázaro, San Paio,
Santa Cristina de Fecha,
Santiago de Compostela, Verdía,
Vidán, Villestro e Vista Alegre.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Situado no centro da comarca. No releve distínguense tres zonas. Ao norte o val do Tambre co
seu afluente o Sionlla que forman espazos abertos. No centro unha sucesión de cumes, restos
dunha antiga superficie de erosión que fan de interfluvio entre as cuncas do Tambre e do Ulla.
Os cumes máis destacados son o Fontecova (481 m) e o Pedroso (461 m). No sur os vales do
Sar e os seus afluentes (Sarela, rego da Cova, Roxos) e o do Santa Lucía ou Aríns, formando
parte da rede do Ulla.
Vista desde a Alameda
Santiago de Compostela foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. O seu casco histórico acolle a Catedral,
numerosas igrexas, casas de arquitectura tradicional, pazos, fontes... É lugar de encontro de todas as rutas xacobeas que
chegan de todos os puntos cardinais e importante destino turístico.
As principais actividades son os servizos (administración, educación, sanidade, comercio,
turismo...) e a industria.
Conta con fermosos espazos naturais nos seus ríos e nos numerosos parques e xardíns que hai
por toda a cidade. O Tambre está protexido como LIC.
Toda a cidade é un museo de arquitectura desde a época románica ata os máis modernos
deseños. Conta ademais con numerosos museos e centros culturais.
Rúa do Vilar
Praza do Obradoiro coa
catedral e o pazo de Fonseca
Praza do Toural e Museo Granell
Vista de Lampai (Teo) desde o cume da Pena da Grela
SUPERFICIE: 79,23 km2
POBOACIÓN: 18.254 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Baamonde,
Cacheiras, Calo, Lampai, Lucí,
Luou, Oza, rarís, Recesende, Reis,
Teo e Vilariño.
TEO
Está situado no centro-sur da comarca. O relevo está formado por unha sucesión de cumes
desgastados restos dunha antiga superficie de erosión que se extenden de norte a sur entre
os vales do Sar (algúns afluentes circulan polo leste) e o Ulla que fai de linde polo sur e recibe
o Pereiro e o Santa Lucía. Os montes máis destacados son o Montouto (339 m) ao norte e o
Pena Agrela (410 m) no leste.
Ponte medieval sobre o
Ulla en Pontevea, entre
Teo e A Estrada
As principais actividades son os servizos, a industria e a agrogandaría. Recentemente
construíronse numerosas urbanizacións onde viven persoas que traballan en Santiago.
Os principais valores naturais atópanse no río Ulla que circula bastante encaixado e está
protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. Varias áreas de lecer permiten achegarse aos
lugares de maior interese no río e facer rutas de sendeirismo.
O patrimonio histórico artístico é moi variado: castros, mámoas, petroglifos, cruceiros
antigos, igrexas, pontes medievais...
Portada románica da
igrexa de Lampai
O Val do Dubra desde o Picouto
SUPERFICIE: 108,60 km2
POBOACIÓN: 4.033
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Arabexo,
Bembibre, Buxán, Coucieiro,
Erviñou, Niveiro, Paramos,
Portomeiro, Portomouro,
Rial, San Román e Vilariño.
VAL DO DUBRA
Situado ao norte da comarca. O territorio está atravesado de norte a sur polo río Dubra
(afluente do Tambre) que formou o seu val seguindo a Depresión Meridiana e recibe o
Erviñou, Buxán, Loadeiro, Rodís e Porto. O río Tambre circula polo sur. No leste e oeste dúas
aliñacións de cumes rodean o val. Os cumes máis altos atópanse ao norte, nas estribacións
dos montes do Castelo e no Picouto (525 m), situado ao leste.
Pedra do home onde hai escavados tres
sartegos antropomorfos dos séculos IV a VIII
As actividades máis importantes son a agrogandaría e a forestal. A capital do concello é
Bembibre.
Os lugares de maior interese natural están asociados aos ríos onde se atopa unha fervenza
moi interesenta e áreas de carballeiras e bosque de ribeira. Desde Bembibre e Portomouro
pódense facer rutas de sendeirismo.
O máis destacado do patrimonio cultural é a Pedra do Home (pedras con tumbas
antropomórficas), a igrexa de Santiago de Buxán e algúns cruceiros e muíños.
O Tambre en Portomouro
Paisaxe da Ulla
SUPERFICIE: 52,76 km2
POBOACIÓN: 5.073
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Illobre,
Merín, A Ponte Ulla, San
Fins de Sales, San Mamede
de Ribadulla, San Miguel de
Sarandón, San Pedro de
Sarandón, San Pedro de
Vilanova, San Xián de Sales,
Santa Cruz de Ribadulla,
Trobe e Vedra.
VEDRA
Está situado no surleste da comarca. O territorio está formado por unha sucesión de formas
alombadas que van descendendo desde os 400 m cara ao nivel do Ulla a 100 m. As máximas
alturas atópanse no nordeste nas Penas Pardas (449 m) e Pena do Corvo (377), sucesión de
cumes de seixo que rematan en Ponteulla onde o río aproveita unha falla para escavar un
canón entre o monte de Caldelas e o Castro. O Ulla circula polo sur do concello e vai abrindo
pouco a pouco o seu val. Recibe o Pontillón Tomonde, San Cristovo e Pereiro.
Fonte do Pazo
de Santa Cruz de
Ribadulla
As principais actividades son a agricultura (horta, viñedo, froitas), os servizos e pequenas
industrias.
Os espazos naturais de maior interese están nas marxes do Ulla, protexido no no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”.
No patrimonio histórico-artístico destacan as igrexas de Santa Baia de Vedra (barroca) e Santa
María Madanela (románica) e os pazos de Vista Alegre, Guimaráns, Costa, Ximonde e Santa
Cruz de Ribadulla.
Ponte do Ferrocarril
sobre o Ulla, en
Ponteulla
RELEVO
Vista da Depresión Meridiana e o val do Sar desde o cume de Santa Cecia
A estrutura do releve da comarca de Santiago é moi complexa, tanto nas formas como na
variedade litolóxica.
No norte e sur atópase un espazo cunha altitude media de 300 m de formas suaves e
onduladas con pendentes pouco pronunciadas, resto dunha penichaira moi degradada e
cortada pola acción dos ríos. No centro da comarca, nos arredores da cidade de Santiago,
atópase unha zona máis baixa e moi erosionada, con alturas entre 250 e 300 m. A Depresión
Meridiana, un bloque tectónico afundido por unha grande falla que percorre Galiza de Norte
a Sur, atravesa a comarca entre Val do Dubra, Ames e Brión. No sur atópase o val do Ulla, con
pendentes máis pronunciadas e labrado en rochas graníticas.
As rochas esrosionadas con curiosasa formas coroan os montes da comarca
En todo este territorio tan variado destacan algúns cumes como os montes do Castelo, no
linde noroeste (564) a aliñación do Pico Sacro (533 m), no surleste, e o Monte Pedroso (480
m) no centro.
Cara sur do Monte Castelo, na zona máis elevada da comarca
toda a superficie forestal. So nalgunhas zonas se conservan bosques naturais de carballos
acompañados dunha rica flora de sotobosque (xilbarbeiras, brións, fentos...). Nas áreas de
monte baixo dominan os toxos e os breixos.
Liques e uvas de lagarto (Sedum...),
os primeiros colonizadores das rochas
Tuberaria globulariefolia, un endemismo ibérico
que se pode atopar nos montes do Castelo
Bolboreta Inachis io. As eirugas aliméntanse
de distintos tipos de urticáceas
Escribenta riscada (Emberiza cia).
Vive nos ermos e nos terros degradados dos montes.
Na fauna dos montes destaca a presenza de aves de espazos abertos e dos áborados e un bo
número de insectos.
Vista desde o cume de San Sebastián. O Pico Sacro ten un perfil
característico que se pode apreciar desde moitos puntos da comarca.
PICO SACRO
Forma parte dunha aliñación que se corresponde cun filón de cuarcitas que remata no Ulla:
Pico Sacro (533 m), Penedo Branco (408), Pena do Corvo (359 m).
Esténdese con orientación NO-SE polos lindes entre Vedra e Boqueixón. Ten un grande
interese paisaxístico (vistas sobre unha ampla zona) e xeolóxico. Está constituído por seixos
moi puros que sobresaen sobre a paisaxe suave da contorna. O filón de cuarzo do Pico Sacro
acada unha lonxitude de 20 km e 100 m de profundidade nalgúns puntos. Hai varias
explotacións abandoadas e unha en activo nas proximidades.
Vista da comarca desde o Pico Sacro
Cume do Pico Sacro e Capela de San Sebastián
Arredor do Pico Sacro existen moitas lendas sobre a existencia de dragóns e serpes ou as súas
virtudes curativas. Preto do cume hai unha ermida adicada a San Sebastián.
Accedese pola N-525, desde Lestedo.
O Picouto ou Boiro
MONTES DO CASTELO
Esténdense con dirección NO -SE polos lindes dos concellos de Val do Dubra, Coristanco,
Santa Comba e Tordoia. Os cumes máis destacados nesta comarca son Boiro (529 m), A Ínsua
(484 m) e Picouto do Arnexo (484).
Teñen un grande interese xeolóxico e botánico. Están formado por afloramentos de gabros
pouco deformados rodeados por anfibolitas e algún gneis, o que da lugar tamén á presenza
de planta pouco comúns. Nel nacen os regos das cabeceiras do Dubra...Accedese desde O Rial
pola estrada que vai a Boiro.
O Val do Dubra desde o cume do Picouto
Bastabales, cos montes de Santa Cecia ao fondo
SERRA DE SANTA CECIA OU DO OLEIRÓN
Esténdese de norte a sur polo linde oeste da comarca, en terreos do concello de Brión e fan
de divisoria de augas entre os ríos Sar e o Rois, co seu afluente o Liñares. O cume máis
destacado é o Santa Cecia, con 493 m. Desde o cume hai unhas vista espectaculares sobre a
comarca e todo o val do Sar e a Depresión Meridiana.
Accedese desde Macedos (Rois). Unha ruta a pé sube desde Os Ánxeles ou Bastabales.
A Comarca vista desde os cumes de Santa Cecia. Á esquerda Santiago e ao fondo o Pico Sacro
Rochas nos cumes de Santa Cecia
MONTES DE TEO
Entre o concello de Teo e Padrón esténdense unha serie de cumes graníticos que abeiran a
Depresión Meridiana e o val do Sar polo leste. O cumes máis destacados son a Pena da Grela
(408 m) e a Pena das Cruces (369 m).
Accedese desde Teo por Lampai. Unha estrada asfaltada chega ate o cume da Pena da Grela,
desde a que hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca.
Vista dos cumes do Castelo (no primeiro plano), Pena da Grela (á dereita) e Pena das Cruces (á esquerda)
Cume do Castelo
MONTE DO CASTELO
Aliñación de formas suaves que se atopa no linde entre Santiago e Boqueixón. O cume máis
alto é o Castelo, con 498 m.
Desde o cume hai boas vistas sobre Boqueixón e Santiago. Pódese acceder por pistas forestais
desde Loureda (Boqueixón) ou desde Lavacolla ou San Marcos (Santiago).
O rural de Santiago, entre a cidade e Lavacolla, desde o alto do Castelo
Cume do monte Pedroso
MONTE PEDROSO
Forma parte dunha aliñación que se estende con dirección norte-sur entre os concellos de
Ames e Santiago. O cume máis altos son A Fontecova (487 m), o Pedroso (461 m), Anido (433
m) e Pedras Negras (414 m). Desde o cume hai boas vistas da comarca e de Santiago.
Accedese desde Santiago por unha estrada que sae do barrio do Carme.
Santiago desde o alto do Pedroso
OS RÍOS
O Tambre en Tapia (Ames)
A comarca de Santiago está repartida entre as concas fluviais do Tambre, ao norte e do Ulla,
ao sur. Ambos reciben moitos afluentes que aproveitan as numerosas fallas para escavar os
seu vales. Os afluentes do Tambre teñen un percorrido curto e circulan cara ao norte por
vales amplos de pendentes suaves. Os afluentes do Ulla son de máis longo percorrido e algúns
escavan vales con fortes pendentes nos que abondan as fervenzas e os rápidos.
Na contorna dos ríos consérvanse ricos ecosistemas onde a flora e fauna son moi variadas.
Distintos tipos de plantas acuáticas nun remanso das augas do
Sar: espadanas, lentellas de auga, herba salgueira...
Na contorna dos ríos consérvanse ricos ecosistemas onde a flora e fauna son moi variadas.
Están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
En numerosos puntos do percorrido dos ríos existen áreas de lecer e rutas de sendeirismo
sinalizadas polos distintos concellos.
Ao longo do curso dos río consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros,
abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies
que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións,
molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, raíña,
adelfiña, herba centella, espiga de auga...
A ouca ou herba da prata (Ranunculus
peltatus) florece de marzo a xuño nos
leitos dos ríos de corrente lenta.
Lentella de auga (Lemna minor), a planta con
flores máis pequena.
Salgueiriño (Lytrhum salicaria), unha
planta común nas beiras do río
Na contorna dos ríos consérvanse ricos ecosistemas onde a flora e fauna son moi variadas.
Están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
En numerosos puntos do percorrido dos ríos existen áreas de lecer e rutas de sendeirismo
sinalizadas polos distintos concellos.
Hipérico (Hypericum androsaemum).
Medra á sombra dos bosques de ribeira
Narcissus cyclamineus. Unha planta endémica de
Galiza e o norte de Portugal que florece á beira
dos río da metade sur do país.
Cáncaros (Primula vulgaris ), unha planta que medra nas zonas
húmidas e sombrizas dos bosques de ribeira.
Xunco (Carex...)
Fento fero (Blechnum spicant)
Pintafontes palmado (Lissotriton helveticus)
A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, espiñento, vermella, anguía...), reptis (cobra
sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), mamíferos (lontra, rata de
auga, aguaneiro...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas,
barqueiros...), arañas, caracois de auga, e numerosos seres microscópicos. Nas beiras viven aves de ribeira
(merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos...
Mexillón de río (Margatifera margaritifera).
Un bivalvo que pode acadar máis de 10 cm de
lonxitude e que só se atopa nos ríos con augas limpas.
Exuvia de libeliña. Despois de pasar varios anos
vivindo na auga a larva da libeliña remata a súa
metamorfose e despréndese da última muda que
deixa apegada ás plantas.
Cabalo do demo, un insecto que nunca falta
á beira do río.
No Tambre pódese atopar a Macromia
splendens, un cabalo do demo en perigo de
extinción en toda Europa.
Lavandeira branca (Motacilla alba)
Lavandeira real (Motacilla cinerea) femia
cun insecto para alimentas aos polos.
Ponte de Auga Pesada sobre o rego dos Pasos, afluente do Sar (Ames)
Nos ríos de toda a comarca consérvase un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico:
pontes e pontellas, muíños...
Ponte Caxade en Luou (Teo), no rego de Santa Lucía (Ulla)
Muíño de catro moas á beira do Tambre en Ames
Fervenza nun afluente
do Ulla, no interior do
xardín do Pazo de Santa
Cruz de Ribadulla
O Tambre entre Santiago e Sigüeiro
RÍO TAMBRE
Nace na Serra do Bocelo, discorre lentamente no seu curso alto para encaixarse lixeiramente
no seu curso medio e ir fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Desemboca
en Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km. Presenta augas altas de decembro a
marzo e estiaxe en agosto. Nesta comarca percorre o norte, facendo parcialmente de linde e
recolle augas dos concellos de Santiago, Val do Dubra e Ames.
Os seus afluentes principais son o Sionlla, pola esquerda e o Dubra pola dereita.
O curso do Tambre está protexido parcialmente no LIC “Río Tambre”.
O Tambre entre Santiago e Trazo
Área de lecer entre Santiago e Oroso, preto de Sigüeiro
O Tambre en Ponte Alvar, na
parroquia de Grixoa (Santiago)
Ponte entre A Barciela (Santiago) e Sigüeiro (Oroso)
Área de lecer de Chaián na parroquia de Verdía (Santiago). Unha ruta permite
seguir unha parte do curso do Tambre entre fermosos bosques de ribeira.
O Tambre na praia fluvial e área de lecer de Tapia (Ames). Un atranco para o muíño aproveitouse
para facer unha praia fluvial nunha contorna rodeada de bosques de ribeira de gran beleza.
Balsa de Lens, en Ames
A Ponte Maceira (Agrón, Ames)
Central do Tambre, entre Brión e Negreira, no comezo do Canón
do Tambre e do espazo protexido “Esteiro do Tambre”
O Dubra en Bembibre
RÍO DUBRA
Nace entre os montes do Castelo e os montes da
Forca, ao norte do concello de Val do Dubra.
Circula con dirección norte-sur aproveitando a
Depresión Meridiana e xúntase ao Tambre nas
proximidades de Portomouro. Recibe pola dereita
o Loadeiro, Rodís e Porto, e pola esquerda o
Erviñou e Buxán.
Varias rutas sinalizadas no concello de Val do
Dubra permiten percorrer as súas beiras e varias
carballeiras.
FERVENZA DE ÍNSUA, REXEDOIRO
ou PICHO DO CASTRÓN
Na parroquia de San Román (Val do
Dubra). No río Portonabo ou do Porto,
afluente do Dubra que á súa vez vai ao
Ulla. É un salto en dous tramos de
aproximadamente 10 m de altura en xistos.
No fondo do val consérvase ben o bosque
de ribeira e máis arriba está rodeada
dunha plantación de eucaliptos.
COMO CHEGAR: na estrada de Santiago a
Carballo despois de pasar Portomouro
cóllese un cruce que indica Ínsua. Despois
das últimas casas cóllese un camiño á
esquerda que vai entre uns prados e baixa
ata o pé da fervenza.
FERVENZAS DE CHAVIELOS
COMO CHEGAR: na estrada de Urdilde a Negreira
cóllese un cruce que indica Ons de Abaixo. Despois de
pasar a aldea chégase ao regato e séguese río abaixo.
O percorrido ten bastante dificultade xa que hai moito
desnivel.
RÍO CHAVIELOS
Nace no monte das Brañas e xúntase co Tambre no encoro barrié de la Maza.
No último tramo salva un forte desnivel con varias fervenzas e rápidos en rochas graníticas.
O percorrido está aproveitado por unha sucesión de muíños.
Ponte sobre o Ulla entre Ponteledesma (A Coruña) e Gres (Pontevedra)
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros
(Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e
Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome: a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca
na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km.
Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Ames, Brión, Santiago,
Boqueixón, Teo e Vedra. Recibe pola dereita o Pereiro, Santa Lucía e Sar.
O Ulla está protexido parcialmente no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
Pasal sobre o Ulla en Ponte Ledesma
O Ulla en Sucira (Boqueixón)
Ponte Ulla. O río atravesa un potente dique de cuarcita en Vedra e a ponte do tren está construída nos seus bordos
O Ulla en Sarandón (Vedra) no inverno
Centro de Control e recuperación no Couto de Pesca de Ximonde, en Vedra
O Ulla en Ximonde (Sarandón-Vedra). Unha ruta indicada de 11 km percorre as
beiras do Ulla polo concello de Vedra desde Budián ata a área de lecer de Cubelas.
O Ulla en Pontevea (Teo)
A Burga de Xermeade en Reis (Teo), un manancial de augas sulfuradas,
cloruradas e sódicas situado na beira do Ulla.
Ponte medieval sobre o Ulla entre Teo (Pontevea) e A Estrada
Área de lecer e couto de pesca do Xirimbao, en Teo
Ponte Buxaca, sobre o río Pereiro (afluente do Ulla), entre Boqueixón e Vedra. Por ela pasaba unha Via Romana e
actualmente o Camiño de Santiago. Unha ruta de 5 km, indicada, segue o río Pereiro desde San Fins de Sales a Vedra.
FERVENZA DE DONAS
Na parroquia de Donas (Boqueixón), no río
Pontillón, afluente do Ulla. A fervenza ten uns
10 m de altura en dous saltos. O río vai moi
encaixado por un val profundo e con
vexetación mesta.
COMO CHEGAR: na estrada de Boqueixón a
Ponte Ulla en Ardesende cóllese un desvío que
indica Ponte Ledesma e Donas e despois de
pasar Engas cóllese un cruce á dereita que
indica Fervenza de Donas e Ponte Ulla.
Despois de 500 m cóllese un cruce á esquerda,
apárcase na bifurcación e báixase ao río por
un camiño abandoado que atravesa os prados.
Crúzase o río e séguese río arriba pola outra
marxe ata a fervenza. Tamén se pode acceder
desde Ponte Ulla collendo un cruce á dereita
despois de pasar Caldelas.
FERVENZA DE CODESO
Na parroquia de Codeso (Boqueixón), nun
afluente do río Pontillón que á súa vez
verte no Ulla. O rego salva un desnivel en
rochas básicas duns 20 m de altura en
dúas caidas.
COMO CHEGAR: na estrada de Boqueixón
a Ponte Ulla en Ardesende cóllese un
desvío que indica Ponte Ledesma e Donas
e aos poucos metros atópase un cruce
indicado á dereita, moi estreito, que
conduce ata a capela de San Paio. Desde
alí báixase ao río e seguindo o curso
atópase a fervenza (hai que cruzar o río
no segundo muíño).
FERVENZA DE VIGO
Na parroquia de Vigo (Boqueixón), no río Zaramo, afluente do Ulla. A fervenza salva un desnivel de aproximadamente 8
m de altura en neis. Nos arredores hai unha pequena carballeira.
COMO CHEGAR: vaise pola estrada de Forte a Gastrar e ao chegar ao cruce cóllese o da esquerda cara a Vigo, despois de
pasar este lugar, un cruce á esquerda sinalado co nome da fervenza. Avánzase pola pista e cóllese o ramal da dereita e a
uns 300 m, antes dunha pontella déixase o coche á esquerda e accedese á fervenza.
FERVENZA DO MUÍÑO DA SERRA
Na parroquia de Lestedo, no concello de
Boqueixón, no límite con Vedra, no río Pereiro
ou Zaramo, afluente do Ulla.
A fervenza salva un desnivel duns 8 m en
rochas graníticas rodeadas de xistos. Ao pé
dela está o muíño da Serra.
COMO CHEGAR: na estrada Santiago Lalín
cóllese o desvío a Ramil e despois da área de
recreo, case no remate do desvío, un cruce á
dereita que indica fervenza de Lestedo.
Séguese a pista asfaltada ata outro indicador
que desvía á dereita por unha pista de terra e
despois o 2º desvío á dereita cara á
autoestrada. Na curva que se atopa antes do
remate da pista tómase un carreiro á dereita
que leva á fervenza.
O Sar en Santiago
RÍO SAR
Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela) e xúntase ao Ulla en Padrón. Circula primeiro con
dirección leste-oeste e despois norte-sur aproveitando a Depresión Meridiana. Recibe pola dereita o
Sarela, Fontecova, Covas, Roxos, Riamonte e Sanín e pola esquerda o Vilar, Esparilla e Costaneira.
Na comarca drena os concellos de Santiago e Ames.
O Sar en Brión
O Sar en Bertamiráns
O Sar nun día de enchenta. Este afluente do Ulla ten un curso con pouco desnivel e cando as choivas son abundantes
reborda con facilidade.
O Sarela en Santiago de Compostela
O Costaneira en Bertamiráns (Ames). Un paseo
acondicionado segue este río ata se xuntar ao Sar.
PONTE CABIRTA
No río Sar, no lugar de Quistiláns (Bugallido), no
concello de Ames.
COMO CHEGAR:
Desde Quintiláns, unha estrada baixa ao río e unha
pista (sinalizada) pasa por debaixo de viaduto da
autovía e remata a carón dun carreiro que baixa á
ponte á á fervenza.
Ponte da Cabirta foi destruída por unha enchenta no
ano 1987. Conta unha lenda que a ponte estaba
encantada, dela saía ao mencer unha galiña con pitos
de ouro, e o que conseguise desencantala levaría o
tesouro.
O río Pego nos Ánxeles (Brión). Pódese percorrer un pequeno tramo por unha ruta acondicionada como área de lecer.
Ponte romana sobre o río Tinto, no linde entre Teo e Brión
AS ÁRBORES
Carballeira nas beiras do Ulla
A maior parte do espazo forestal da
comarca de Santiago está ocupado por
plantacións de piñeiros e eucaliptos e só
nalgúns lugares afastados e
especialmente nos vales dos ríos, se
poden atopar bosque naturais onde a
árbore dominante é o carballo (Quercus
robur) acompañada de freixos, amieiras,
salgueiros... Nalgunhas zonas do val do
Ulla aparecen tamén algunhas sobreiras.
Na cidade de Santiago de Compostela e
nos xardíns de varios pazos da comarca
hai boas representación de especies
monumentais, a maioría árbores
exóticas.
Xardíns do Campus da Universidade de Santiago de Compostela. Acollen unha grande variedade de especies ornamentais,
algunha de bo porte como as acacias, os chopos, os cedros ou os gingkos.
A ALAMEDA E O PASEO DA FERRADURA de Santiago de Compostela acollen numerosasa especies de árbores
monumentais entre as que destacan os eucaliptos, as tilleiras, as sóforas, os abetos, os chopos negros, os alciprestes,
os teixos...
Os xardíns e bosque do PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA (Ortigueira-Vedra) acollen unha grande variedade de
árbores monumentais entre os que sobresaen as oliveiras, sobreiras, buxos, camelias, carballos, criptomerias, faias,
magnolias, laranxeiros, ombús, palmeiras, tulipeiros de Virxinia, wasintonia robusta...
Ombú (Phytolaca dioica)
CARBALLO (Quercus Robur)
-Carballeiras de Santa Minia (Brión), Santa Susana
(Alameda de Santiago de Compostela), San
Lourenzo (Santiago de Compostela) (P), Burgas de
Xermeade (Pontevea, Teo).
Carballos:
-Balneario dos Ánxeles (Brión)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
-Pazo de Guimaráns (Vedra)
-Ortoño (Ames)
-Área de lecer de Chaián, no Tambre (Santiago de
Compostela)
-Burgas de Xermeade (Pontevea, Teo).
-Carballo fastixiado (Pazo Santa Cruz de Ribadulla,
Vedra) (P)
ÁRBORES SENLLEIRAS
(P) incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
Carballo do Balneario do Tremo
(Os Ánxeles-Brión).
-26 m de altura e 3,75 m de perímetro
Carballo “fastiguiata” do Pazo de Santa Cruz de
Rivadulla. Unha variedade de carballo que se caracteriza
polas ponlas erguidas.
-32 m de altura e 4 m de perímetro.
Carballo nas Burgas de Xermeade (Pontevea, Teo).
-3,70 m de perímetro
Carballeira de Santa Susana. Santiago de Compostela. Foi o lugar onde se celebraban as tradicionais feiras do gando,
romerías e festas. Conserva algúns exemplares de bo porte.
Carballeira de Santa Minia (Brión)
Carballeira San Lourenzo (Santiago de Compostela) (P)
Sobreira (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra)
-18 m de altura, 6 m de perímetro.
SOBREIRA (Quercus suber)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
-Pazo de Guimaráns (Vedra)
Sobreira no Pazo de Guimaráns (Vedra)
-17 m de altura; 5,73 m de perímetro.
ACIVRO (Ilex aquifolium)
-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
Acivro (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) Acivro (Pazo de San Lourenzo, Santiago de Compostela)
Faias do Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de
Compostela). Teñen máis de cen anos. A máis grande acada
21 m de altura e máis de 3 m de perímetro.
FAIA (Fagus sylvatica)
-Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
-Campus da USC
Faia (Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
BIDUEIRO (Betula celtiberica)
-Mosteiro-Pazo de San Lourenzo
(Santiago de Compostela).
2,40 m de perímetro
CHOPO NEGRO (Populus nigra)
-Alameda (Santiago de Compostela)
ULMEIRO (Ulmus hollandica)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra)
ULMEIRO SIBERIANO (Ulmus pumila)
-Alameda de Santiago de Compostela)
2,55 m de perímetro
-Ortoño (Ames)
-Alameda de Santiago de Compostela (P)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
-Brión
EUCALIPTO (Eucaliptus globulus)
Eucalipto no Paseo da Ferradura, na Alameda de
Santiago de Compostela.
-45 m de altura e máis de 7 m de perímetro
Eucalipto no Paseo da Ferradura. Santiago de
Compostela.
-39,6 m de altura; 6,7 m de perímetro
Eucaliptos de Ortoño (Ames).
Situados na beira da estrada fronte á igrexa de San
Xoán de Ortoño. O exemplar máis grande supera os 47
m de altura e ten 5,50 m de perímetro.
Eucalipto en Brión
-5,76 m de perímetro
CAMELIA (Camelia japonica)
Pazo Lens (Ames) (P)
Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) (P)
Camelia (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra)
RODODENDRO (Rhododendrum arboreum)
Pazo Leboráns (Ames)
Alameda (Santiago de Compostela)
Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela)
Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
Rododendro (Pazo de San Lourenzo,
Santiago de Compostela)
Tilleiras prateadas da Alameda de Santiago
de Compostela. A máis grande mide 23 m de
altura e 3,60 m de perímetro.
TILLEIRA PRATEADA (Tilia tomentosa)
Alameda de Santiago de Compostela (P)
Magnolia grandiflora (Pazo Santa Cruz de
Ribadulla, Vedra)
-25 m de altura, 4,76 m de perímetro.
Magnolia de Oural (Boqueixón) (P)
-4,80 m de perímetro.
-Oural (Boqueixón) (P)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
MAGNOLIA (Magnolia grandiflora)
ROBINIA (Robinia pseudoacacia)
-Alameda de Santiago de Compostela
Robinias da Alameda de Santiago de
Compostela. A máis grande mide 14 m
de altura e 3 m de perímetro.
Sófora do Xapón (Styphnolobium japonicum)
-Alameda de Santiago de Compostela)
-20 m de altura, 3,37 m de perímetro.
Casuarina (Casuarina equisetifolia)
-Facultade Xeografía (Santiago de Compostela).
25 m de altura; 2,20 m de perímetro.
Oliveiras do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Ortigueira (Vedra).
Varias fileiras rodeando os prados onde se poden atopar arredor de 500
exemplares plantados desde comezos do século XVI. Os máis grandes
miden 13 m de altura e case 4 m de perímetro.
OLIVEIRA (Olea europaea)
-Pazo de Santa Cruz. Ortigueira (Vedra).
Oliveira da igrexa de Baamonde (Teo)
-2,6 m de perímetro
BUXO (Buxos sempervirens)
-Pazo de San Lourenzo, Santiago de Compostela) (P)
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) (P)
Buxal do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) (P)
Buxeda do Pazo de San Lourenzo
(Santiago de Compostela) (P)
WASINTONIA (Washingtonia robusta)
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
-27 e 26 m de altura. (P)
PALMEIRA CANARIA (Phoenix canariensis)
-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela)
ABETO DO CÁUCASO, ABETO DE NORDMANN
(Abis nordmanniana)
-Paseo da Ferradura, (Santiago de Compostela )
-Abeto do Cáucaso do Paseo da Ferradura (Santiago de
Compostela). -2,73 m de perímetro.
-Abeto do Cáucaso “A Perona” do Paseo da Ferradura
(Santiago de Compostela ).
-18,50 m de altura; 1,20 m de perímetro. (P)
-Paseo da Ferradura (Alameda de Santiago
de Compostela)
PICEA (Picea Abies)
-Alameda de Santiago de Compostela
-Mosteiro-pazo de San Lourenzo
-Mosteiro-pazo de San Lourenzo
(Santiago de Compostela)
-2,46 m de perímetro.
SECUOIA VERMELLA (Sequoia sempervirens)
Alameda (Santiago de Compostela)
-dous toros: 3,60 e 3,26 m de perímetro.
TUIA XIGANTE (Tuja Plicata)
-Cemiterio de San Domingos de Bonaval
(Santiago de Compostela)
-3,70 m de perímetro
Campus Sur
(Santiago de Compostela)
-4,28 m de perímetro.
CEDRO DO HIMALAIA (Cedrus deodara)
-Campus Sur (Santiago de Compostela)
-Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela)
Paseo da Ferradura
(Santiago de Compostela)
-3,38 m de perímetro.
Paseo da Ferradura
(Santiago de Compostela)
-3,91 m de perímetro.
-Mosteiro-Pazo de San Lourenzo.
(Santiago de Compostela)
Cedro Azul (Glauca)
-31 m de altura, 4,25 m de
perímetro.
CEDRO DO ATLAS (Cedrus atlantica)
-Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela
-Alameda (Santiago de Compostela)
-Mosteiro-Pazo de San
Lourenzo. (Santiago de
Compostela)
-Paseo da Ferradura (Santiago
de Compostela)
Cedro Azul (Glauca)
-4,25 m de perímetro.
CEDRO DO LÍBANO (Cedrus libani)
-Campus SUR da USC
(Santiago de Compostela)
-4,28 m de perímetro.
PIÑEIRO (Pinus pinaster)
-Campus SUR da USC
(Santiago de Compostela)
-3,33 m de perímetro
ALCIPRESTE DE CALIFORNIA
(Cupressus macrocarpa)
Campus USC (Santiago de Compostela)
-3,8 m de perímetro.
ALCIPRESTE DE LAWSON
(Chamaecyparis lawsoniana)
A Ferradura (Santiago de Compostela).
-3,30 m de perímetro.
CRIPTOMERIA
CEDRO DO XAPÓN
Cryptomeria japonica
-Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
(Vedra. A Coruña)
-34,10 m de altura; 3,87 m de perímetro.
(P)
-Campus da USC
-Xardín de Fonseca. Santiago de Compostela (P)
Ginkgos (Ginkgo biloba)do Xardín de Fonseca. Santiago de Compostela. Miden
26 e 21 m de altura e teñen arredor de 130 anos. Un deles está seco.
GINKGO (Ginkgo biloba)
FENTO ARBÓREO, DIKSONIA (Balantium antarcticum)
-Alameda de Santiago de Compostela
-Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) (P)
Diksonia da Alameda de Santiago de Compostela) Diksonia (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra)
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC RÍO TAMBRE
Protexe 152 ha en parte do curso do río Tambre (desde o cruce co Sionlla en Trazo ata Oroso)
e parte do curso dos seus afluentes: Lengüelle, Samo, Maruzo, Mera e Sionlla. Na comarca
terreos do concello de Santiago de Compostela.
No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente. Nas zonas máis
chans fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os bosques
de ribeira acadan maior extensión e riqueza.
O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do
demo en perigo de extinción en toda Europa.
LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA
O espazo protexido abrangue unha extensión de 1.153 ha: o curso do Ulla desde Arzúa ata a
desembocadura, o último tramo do Deza e o Sar, desde Os Anxos. Nesta comarca terreos nos
concellos de Boqueixón, Ames, Teo e Vedra. No concello de Brión hai tamén unha pequena
parte do LIC “Esteiro do Tambre” nunha zona na que o río circula por un esteito e fondo
canón.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son os
bosques de ribeira e o propio río onde alternan zonas de augas mansas con rápidos.
As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o único río da vertente atlántica galega no
que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas, troitas, sábalos, escalos, muxes...
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
xullo 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Presentacion Ames
Presentacion AmesPresentacion Ames
Presentacion AmesWanyel
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 

What's hot (20)

Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Presentacion Ames
Presentacion AmesPresentacion Ames
Presentacion Ames
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 

Similar to Comarca Santiago

Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnésmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanzamonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 

Similar to Comarca Santiago (13)

Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca O Salnés
Comarca O SalnésComarca O Salnés
Comarca O Salnés
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca: Barbanza
Comarca: BarbanzaComarca: Barbanza
Comarca: Barbanza
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Santiago

  • 2. Vista de Santiago desde o monte Pedroso A comarca de Santiago está situada no centro-sur da provincia de A Coruña. É unha área que inclúe outras comarcas con entidade propia como A Ulla, parte de Amaía ou o Val do Dubra. O territorio preséntase cunha gran diversidade de formas debido á confluencia de factores téctónicos, como a gran falla que o rompe de norte a sur, e da erosión dos numerosos ríos que a atravesan que forman parte das concas do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur. Os espazos naturais están asociados aos ríos. Conta ademais cunha grande riqueza botánica en parques e xardíns, tanto públicos como privados.
  • 3. SUPERFICIE: 689,5 km2 POBOACIÓN: 165.288 habitantes (2014). CONCELLOS: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
  • 4. CLIMA Oceánico húmido, con temperaturas suaves ao longo do ano. A media anual é duns 15ºC.
  • 5. ACTIVIDADES As principais actividades son os servizos, moi asociados á capitalidade de Galiza e da comarca, a industria, a construción e a agrogandaría.
  • 6.
  • 7.
  • 8. PATRIMONIO Castelo da Rocha Forte, destruído na revolta irmandiña (Conxo, Santiago de Compostela) É de destacar o importante patrimonio histórico-artístico, centrado sobre todo na cidade de Santiago e moi asociado ás rutas xacobeas.
  • 9. Torres de Altamira (Brión). Construído no século IX sobre os restos dun castro e reconstruído no século XIV. Foi abandoado no século XVII.
  • 10. Catedral de Santiago de Compostela
  • 11. Vista desde o tellado da catedral sobre a praza das Platerías
  • 12. Igrexa do Carme e ponte sobre o Sarela (Santiago de Compostela) Convento de Belvís (Santiago de Compostela)
  • 13. San Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela)
  • 14. Colexiata de Sar (Santiago de Compostela)
  • 15. Capela de Santa Susana (Santiago de Compostela) Convento do Carme (Santiago de Compostela)
  • 16. San Agostiño (Santiago de Compostela) San Fiz de Solovio (Santiago de Compostela)
  • 17. San Francisco (Santiago de Compostela) San Fructuoso (Santiago de Compostela)
  • 18. Igrexa de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela)
  • 19. San Miguel (Santiago de Compostela) Santa Clara (Santiago de Compostela)
  • 20. Mosteiro de Conxo (Santiago de Compostela)
  • 21. Igrexa de Santa María de Figueiras (Santiago de Compostela)
  • 23. Igrexa de Luaña (Brión)
  • 24. Igrexa de Santa María de Lestedo (Boqueixón) Igrexa da Granxa (Boqueixón)
  • 25. Igrexa de Calo (Teo) Calpela de Cornide (Calo, Teo)
  • 26. Igrexa de Páramos (Val do Dubra) Igrexa de San Román (Val do Dubra)
  • 27. Igrexa de Baamonde (Teo) Igrexa de Ponteulla (Vedra)
  • 28. Pazo de Xelmírez (Santiago de Compostela)
  • 29. Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela) Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)
  • 30. Seminario (Santiago de Compostela)
  • 31. Pazo de Raxoi, casa do concello (Santiago de Compostela)
  • 32. Edificio deseñado por Antonio Palacios para actividades culturais (Alameda, Santiago de Compostela)
  • 33. Monumento a San Francisco de F. Asorey (Santiago de Compostela)
  • 34. Monumento a Castelao de F. Leiro (Alameda de Santiago de Compostela) Monumento a Rosalía de Castro, de Isidro de Benito e Francisco Clivilles (Alameda de Santiago de Compostela)
  • 35. Cruceiro en Bonaval (Santiago de Compostela) Fonte das Platerías (Santiago de Compostela)
  • 37. Cruceiro na Rúa de Francos (Teo)
  • 38. CONCELLOS SUPERFICIE: 79,97 km2 POBOACIÓN: 30.267 habitantes (2015) PARROQUIAS: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte. Vista aérea de Ames (Bertamiráns) AMES Está situado no centro-oeste da comarca. O releve artículase arredor da Depresión Meridiana que atravesa o territorio do concello de norte a sur. Na zona norte é máis abrupto, con sucesións de pequenas elevacións. O cume máis alto é o Agrón, no surleste. O río Tambre percorre o linde do concello polo noroeste e o Sar (da conca do Ulla) ten aquí o seu curso alto e circula con dirección norte-sur.
  • 39. Área recreativa no río Costaneira, en Bertamiráns As actividades (servizos, comercio, industria) están moi ligadas á cidade de Santiago de Compostela xa que é un concello empregado como residencia de moitas persoas que desenvolven nela as súas actividades. Unha pequena parte da poboación dedícase a agrogandaría e ao sector forestal. Os núcleos máis poboados son Bertamiráns e O Milladoiro. Os principais espazos naturais atópanse na contorna dos ríos Tambre e Sar. No patrimonio histórico-artístico destaca a Ponte Maceira e os pazos de Lens e Leboráns. Por Ames pasa o Camiño Xacobeo a Fisterra. Pontemaceiras, no Tambre
  • 40. Paisaxe de Boqueixón SUPERFICIE: 73,13 km2 POBOACIÓN: 4.342 habitantes (2014) PARROQUIAS: Boqueixón, Codeso, Donas, Gastrar, A Granxa, Lamas, Ledesma, Lestedo, Loureda, Oural, Pousada, Sergude, Sucira e Vigo. BOQUEIXÓN Situado no surleste da comarca. O relevo en xeral é de formas suaves. As maiores elevacións atópanse ao sur na aliñación formada polo Pico Sacro (533 m), o monte de Santa Cruz e Pena do Corvo, e ao norte, no linde con Santiago, no monte Castelo, con 497 m. O río Ulla percorre o linde sur e recibe numerosos afluentes con vales encaixados onde abondan as fervenzas: Brandelos, Záramo, Pontillón, Carballas e Freixido.
  • 41. Ponte medieval sobre o Ulla en Ponteledesma É un concello eminentemente rural onde a actividade principal é a agrogandaría, especialmente o gando vacún de leite. Os lugares de maior interese natural atópanse no río Ulla e nos seus afluente protexidos no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, e no Pico Sacro. O patrimonio cultural máis destacado son os pazos de Quián, Sergude e Pousada, as igrexas de San Lourenzo e a Nosa Señora da Fonte e numerosos cruceiros. O Pico Sacro, o cume máis emblemático de Boqueixón e da comarca
  • 42. Brión desde o Balcón da Amaía, no adro da igrexa de Bastabales. SUPERFICIE: 74,85 km2 POBOACIÓN: 7.519 habitantes (2014) PARROQUIAS: Os Ánxeles, Bastavales, Boullón, Brión, Cornanda, Luaña, Ons, San Salvador de Bartavales e Viceso. BRIÓN Está situado no oeste da comarca. O territorio é de relevo moi irregular. No leste atópase a Depresión Meridiana, de formas suaves e pouca altura. No oeste e sur o relevo á máis montañoso e dominan as rochas graníticas. As máximas alturas son o monte Santa Cecia, con 492 m e A Pena, con 382 m, no linde con Rois. O Tambre circula pola beira noroeste do concello e recibe numerosos regos: Viceso, A Graña, Chavielos e Vaqueiros. O Sar circula de norte a sur polo leste do concello e forma o val da Amaía, aproveitando a Depresión Meridiana.
  • 43. Torre da igrexa de Bastabales, coas campás cantadas por Rosalía de Castro. A ruta rosaliana percorre varios puntos do concello de Ames entre os que se atopa o conxunto das igrexas de Bastabales As principais actividades son a agrogandeiría (especializada en vacún de leite) e as explotacións forestais. Nos últimos anos construíronse numerosas urbanizacións onde residen persoas que traballan en Santiago de Compostela. Os principais valores naturais atópanse no río Tambre e os seus afluentes, onde hai algunha fervenza interesante como as de Ons. No patrimonio histórico-artístico destacan as igrexas de Baatavales, San Xulián, Santa Minia e a capela do Carme, varios pazos e numeroso cruceiros. Nos Ánxeles hai dous balnearios. Fonte do Tremo no balneario dos Ánxeles. As augas son sulfuradas, bicarbonatadas-sódicas, flouradas e silicatadas. Empréganse para tratar problemas da pel, reumatismos, enfermidades do aparello respiratorio...
  • 44. Vista aérea SUPERFICIE: 220,36 km2 POBOACIÓN: 95.800 habitantes (2014) PARROQUIAS: Aríns, Bando, A Barciela, Busto, O Carballal, O Castiñeiriño, César, Conxo, O Eixo, A Enfesta, Fecha, Figueiras, Grixoa, Laraño, Marantes, Marrozos, Nemenzo, A Peregrina, Sabugueira, San Caetano, San Lázaro, San Paio, Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, Verdía, Vidán, Villestro e Vista Alegre. SANTIAGO DE COMPOSTELA Situado no centro da comarca. No releve distínguense tres zonas. Ao norte o val do Tambre co seu afluente o Sionlla que forman espazos abertos. No centro unha sucesión de cumes, restos dunha antiga superficie de erosión que fan de interfluvio entre as cuncas do Tambre e do Ulla. Os cumes máis destacados son o Fontecova (481 m) e o Pedroso (461 m). No sur os vales do Sar e os seus afluentes (Sarela, rego da Cova, Roxos) e o do Santa Lucía ou Aríns, formando parte da rede do Ulla.
  • 45. Vista desde a Alameda Santiago de Compostela foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. O seu casco histórico acolle a Catedral, numerosas igrexas, casas de arquitectura tradicional, pazos, fontes... É lugar de encontro de todas as rutas xacobeas que chegan de todos os puntos cardinais e importante destino turístico. As principais actividades son os servizos (administración, educación, sanidade, comercio, turismo...) e a industria. Conta con fermosos espazos naturais nos seus ríos e nos numerosos parques e xardíns que hai por toda a cidade. O Tambre está protexido como LIC. Toda a cidade é un museo de arquitectura desde a época románica ata os máis modernos deseños. Conta ademais con numerosos museos e centros culturais.
  • 46. Rúa do Vilar Praza do Obradoiro coa catedral e o pazo de Fonseca Praza do Toural e Museo Granell
  • 47. Vista de Lampai (Teo) desde o cume da Pena da Grela SUPERFICIE: 79,23 km2 POBOACIÓN: 18.254 habitantes (2014) PARROQUIAS: Baamonde, Cacheiras, Calo, Lampai, Lucí, Luou, Oza, rarís, Recesende, Reis, Teo e Vilariño. TEO Está situado no centro-sur da comarca. O relevo está formado por unha sucesión de cumes desgastados restos dunha antiga superficie de erosión que se extenden de norte a sur entre os vales do Sar (algúns afluentes circulan polo leste) e o Ulla que fai de linde polo sur e recibe o Pereiro e o Santa Lucía. Os montes máis destacados son o Montouto (339 m) ao norte e o Pena Agrela (410 m) no leste.
  • 48. Ponte medieval sobre o Ulla en Pontevea, entre Teo e A Estrada As principais actividades son os servizos, a industria e a agrogandaría. Recentemente construíronse numerosas urbanizacións onde viven persoas que traballan en Santiago. Os principais valores naturais atópanse no río Ulla que circula bastante encaixado e está protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. Varias áreas de lecer permiten achegarse aos lugares de maior interese no río e facer rutas de sendeirismo. O patrimonio histórico artístico é moi variado: castros, mámoas, petroglifos, cruceiros antigos, igrexas, pontes medievais... Portada románica da igrexa de Lampai
  • 49. O Val do Dubra desde o Picouto SUPERFICIE: 108,60 km2 POBOACIÓN: 4.033 habitantes (2015) PARROQUIAS: Arabexo, Bembibre, Buxán, Coucieiro, Erviñou, Niveiro, Paramos, Portomeiro, Portomouro, Rial, San Román e Vilariño. VAL DO DUBRA Situado ao norte da comarca. O territorio está atravesado de norte a sur polo río Dubra (afluente do Tambre) que formou o seu val seguindo a Depresión Meridiana e recibe o Erviñou, Buxán, Loadeiro, Rodís e Porto. O río Tambre circula polo sur. No leste e oeste dúas aliñacións de cumes rodean o val. Os cumes máis altos atópanse ao norte, nas estribacións dos montes do Castelo e no Picouto (525 m), situado ao leste.
  • 50. Pedra do home onde hai escavados tres sartegos antropomorfos dos séculos IV a VIII As actividades máis importantes son a agrogandaría e a forestal. A capital do concello é Bembibre. Os lugares de maior interese natural están asociados aos ríos onde se atopa unha fervenza moi interesenta e áreas de carballeiras e bosque de ribeira. Desde Bembibre e Portomouro pódense facer rutas de sendeirismo. O máis destacado do patrimonio cultural é a Pedra do Home (pedras con tumbas antropomórficas), a igrexa de Santiago de Buxán e algúns cruceiros e muíños. O Tambre en Portomouro
  • 51. Paisaxe da Ulla SUPERFICIE: 52,76 km2 POBOACIÓN: 5.073 habitantes (2014) PARROQUIAS: Illobre, Merín, A Ponte Ulla, San Fins de Sales, San Mamede de Ribadulla, San Miguel de Sarandón, San Pedro de Sarandón, San Pedro de Vilanova, San Xián de Sales, Santa Cruz de Ribadulla, Trobe e Vedra. VEDRA Está situado no surleste da comarca. O territorio está formado por unha sucesión de formas alombadas que van descendendo desde os 400 m cara ao nivel do Ulla a 100 m. As máximas alturas atópanse no nordeste nas Penas Pardas (449 m) e Pena do Corvo (377), sucesión de cumes de seixo que rematan en Ponteulla onde o río aproveita unha falla para escavar un canón entre o monte de Caldelas e o Castro. O Ulla circula polo sur do concello e vai abrindo pouco a pouco o seu val. Recibe o Pontillón Tomonde, San Cristovo e Pereiro.
  • 52. Fonte do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla As principais actividades son a agricultura (horta, viñedo, froitas), os servizos e pequenas industrias. Os espazos naturais de maior interese están nas marxes do Ulla, protexido no no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. No patrimonio histórico-artístico destacan as igrexas de Santa Baia de Vedra (barroca) e Santa María Madanela (románica) e os pazos de Vista Alegre, Guimaráns, Costa, Ximonde e Santa Cruz de Ribadulla. Ponte do Ferrocarril sobre o Ulla, en Ponteulla
  • 53. RELEVO Vista da Depresión Meridiana e o val do Sar desde o cume de Santa Cecia A estrutura do releve da comarca de Santiago é moi complexa, tanto nas formas como na variedade litolóxica. No norte e sur atópase un espazo cunha altitude media de 300 m de formas suaves e onduladas con pendentes pouco pronunciadas, resto dunha penichaira moi degradada e cortada pola acción dos ríos. No centro da comarca, nos arredores da cidade de Santiago, atópase unha zona máis baixa e moi erosionada, con alturas entre 250 e 300 m. A Depresión Meridiana, un bloque tectónico afundido por unha grande falla que percorre Galiza de Norte a Sur, atravesa a comarca entre Val do Dubra, Ames e Brión. No sur atópase o val do Ulla, con pendentes máis pronunciadas e labrado en rochas graníticas.
  • 54. As rochas esrosionadas con curiosasa formas coroan os montes da comarca En todo este territorio tan variado destacan algúns cumes como os montes do Castelo, no linde noroeste (564) a aliñación do Pico Sacro (533 m), no surleste, e o Monte Pedroso (480 m) no centro.
  • 55. Cara sur do Monte Castelo, na zona máis elevada da comarca toda a superficie forestal. So nalgunhas zonas se conservan bosques naturais de carballos acompañados dunha rica flora de sotobosque (xilbarbeiras, brións, fentos...). Nas áreas de monte baixo dominan os toxos e os breixos.
  • 56. Liques e uvas de lagarto (Sedum...), os primeiros colonizadores das rochas Tuberaria globulariefolia, un endemismo ibérico que se pode atopar nos montes do Castelo
  • 57. Bolboreta Inachis io. As eirugas aliméntanse de distintos tipos de urticáceas Escribenta riscada (Emberiza cia). Vive nos ermos e nos terros degradados dos montes. Na fauna dos montes destaca a presenza de aves de espazos abertos e dos áborados e un bo número de insectos.
  • 58. Vista desde o cume de San Sebastián. O Pico Sacro ten un perfil característico que se pode apreciar desde moitos puntos da comarca. PICO SACRO Forma parte dunha aliñación que se corresponde cun filón de cuarcitas que remata no Ulla: Pico Sacro (533 m), Penedo Branco (408), Pena do Corvo (359 m). Esténdese con orientación NO-SE polos lindes entre Vedra e Boqueixón. Ten un grande interese paisaxístico (vistas sobre unha ampla zona) e xeolóxico. Está constituído por seixos moi puros que sobresaen sobre a paisaxe suave da contorna. O filón de cuarzo do Pico Sacro acada unha lonxitude de 20 km e 100 m de profundidade nalgúns puntos. Hai varias explotacións abandoadas e unha en activo nas proximidades.
  • 59. Vista da comarca desde o Pico Sacro
  • 60. Cume do Pico Sacro e Capela de San Sebastián Arredor do Pico Sacro existen moitas lendas sobre a existencia de dragóns e serpes ou as súas virtudes curativas. Preto do cume hai unha ermida adicada a San Sebastián. Accedese pola N-525, desde Lestedo.
  • 61. O Picouto ou Boiro MONTES DO CASTELO Esténdense con dirección NO -SE polos lindes dos concellos de Val do Dubra, Coristanco, Santa Comba e Tordoia. Os cumes máis destacados nesta comarca son Boiro (529 m), A Ínsua (484 m) e Picouto do Arnexo (484). Teñen un grande interese xeolóxico e botánico. Están formado por afloramentos de gabros pouco deformados rodeados por anfibolitas e algún gneis, o que da lugar tamén á presenza de planta pouco comúns. Nel nacen os regos das cabeceiras do Dubra...Accedese desde O Rial pola estrada que vai a Boiro.
  • 62. O Val do Dubra desde o cume do Picouto
  • 63. Bastabales, cos montes de Santa Cecia ao fondo SERRA DE SANTA CECIA OU DO OLEIRÓN Esténdese de norte a sur polo linde oeste da comarca, en terreos do concello de Brión e fan de divisoria de augas entre os ríos Sar e o Rois, co seu afluente o Liñares. O cume máis destacado é o Santa Cecia, con 493 m. Desde o cume hai unhas vista espectaculares sobre a comarca e todo o val do Sar e a Depresión Meridiana. Accedese desde Macedos (Rois). Unha ruta a pé sube desde Os Ánxeles ou Bastabales.
  • 64. A Comarca vista desde os cumes de Santa Cecia. Á esquerda Santiago e ao fondo o Pico Sacro
  • 65. Rochas nos cumes de Santa Cecia
  • 66. MONTES DE TEO Entre o concello de Teo e Padrón esténdense unha serie de cumes graníticos que abeiran a Depresión Meridiana e o val do Sar polo leste. O cumes máis destacados son a Pena da Grela (408 m) e a Pena das Cruces (369 m). Accedese desde Teo por Lampai. Unha estrada asfaltada chega ate o cume da Pena da Grela, desde a que hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca.
  • 67. Vista dos cumes do Castelo (no primeiro plano), Pena da Grela (á dereita) e Pena das Cruces (á esquerda)
  • 68. Cume do Castelo MONTE DO CASTELO Aliñación de formas suaves que se atopa no linde entre Santiago e Boqueixón. O cume máis alto é o Castelo, con 498 m. Desde o cume hai boas vistas sobre Boqueixón e Santiago. Pódese acceder por pistas forestais desde Loureda (Boqueixón) ou desde Lavacolla ou San Marcos (Santiago).
  • 69. O rural de Santiago, entre a cidade e Lavacolla, desde o alto do Castelo
  • 70. Cume do monte Pedroso MONTE PEDROSO Forma parte dunha aliñación que se estende con dirección norte-sur entre os concellos de Ames e Santiago. O cume máis altos son A Fontecova (487 m), o Pedroso (461 m), Anido (433 m) e Pedras Negras (414 m). Desde o cume hai boas vistas da comarca e de Santiago. Accedese desde Santiago por unha estrada que sae do barrio do Carme.
  • 71. Santiago desde o alto do Pedroso
  • 72. OS RÍOS O Tambre en Tapia (Ames) A comarca de Santiago está repartida entre as concas fluviais do Tambre, ao norte e do Ulla, ao sur. Ambos reciben moitos afluentes que aproveitan as numerosas fallas para escavar os seu vales. Os afluentes do Tambre teñen un percorrido curto e circulan cara ao norte por vales amplos de pendentes suaves. Os afluentes do Ulla son de máis longo percorrido e algúns escavan vales con fortes pendentes nos que abondan as fervenzas e os rápidos. Na contorna dos ríos consérvanse ricos ecosistemas onde a flora e fauna son moi variadas.
  • 73. Distintos tipos de plantas acuáticas nun remanso das augas do Sar: espadanas, lentellas de auga, herba salgueira... Na contorna dos ríos consérvanse ricos ecosistemas onde a flora e fauna son moi variadas. Están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. En numerosos puntos do percorrido dos ríos existen áreas de lecer e rutas de sendeirismo sinalizadas polos distintos concellos. Ao longo do curso dos río consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, raíña, adelfiña, herba centella, espiga de auga...
  • 74. A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) florece de marzo a xuño nos leitos dos ríos de corrente lenta. Lentella de auga (Lemna minor), a planta con flores máis pequena.
  • 75. Salgueiriño (Lytrhum salicaria), unha planta común nas beiras do río Na contorna dos ríos consérvanse ricos ecosistemas onde a flora e fauna son moi variadas. Están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. En numerosos puntos do percorrido dos ríos existen áreas de lecer e rutas de sendeirismo sinalizadas polos distintos concellos. Hipérico (Hypericum androsaemum). Medra á sombra dos bosques de ribeira
  • 76. Narcissus cyclamineus. Unha planta endémica de Galiza e o norte de Portugal que florece á beira dos río da metade sur do país. Cáncaros (Primula vulgaris ), unha planta que medra nas zonas húmidas e sombrizas dos bosques de ribeira.
  • 77. Xunco (Carex...) Fento fero (Blechnum spicant)
  • 78. Pintafontes palmado (Lissotriton helveticus) A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, espiñento, vermella, anguía...), reptis (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), mamíferos (lontra, rata de auga, aguaneiro...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga, e numerosos seres microscópicos. Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos... Mexillón de río (Margatifera margaritifera). Un bivalvo que pode acadar máis de 10 cm de lonxitude e que só se atopa nos ríos con augas limpas.
  • 79. Exuvia de libeliña. Despois de pasar varios anos vivindo na auga a larva da libeliña remata a súa metamorfose e despréndese da última muda que deixa apegada ás plantas. Cabalo do demo, un insecto que nunca falta á beira do río. No Tambre pódese atopar a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.
  • 80. Lavandeira branca (Motacilla alba) Lavandeira real (Motacilla cinerea) femia cun insecto para alimentas aos polos.
  • 81. Ponte de Auga Pesada sobre o rego dos Pasos, afluente do Sar (Ames) Nos ríos de toda a comarca consérvase un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico: pontes e pontellas, muíños...
  • 82. Ponte Caxade en Luou (Teo), no rego de Santa Lucía (Ulla)
  • 83. Muíño de catro moas á beira do Tambre en Ames
  • 84. Fervenza nun afluente do Ulla, no interior do xardín do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
  • 85. O Tambre entre Santiago e Sigüeiro RÍO TAMBRE Nace na Serra do Bocelo, discorre lentamente no seu curso alto para encaixarse lixeiramente no seu curso medio e ir fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Desemboca en Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km. Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto. Nesta comarca percorre o norte, facendo parcialmente de linde e recolle augas dos concellos de Santiago, Val do Dubra e Ames. Os seus afluentes principais son o Sionlla, pola esquerda e o Dubra pola dereita. O curso do Tambre está protexido parcialmente no LIC “Río Tambre”. O Tambre entre Santiago e Trazo
  • 86. Área de lecer entre Santiago e Oroso, preto de Sigüeiro
  • 87. O Tambre en Ponte Alvar, na parroquia de Grixoa (Santiago) Ponte entre A Barciela (Santiago) e Sigüeiro (Oroso)
  • 88. Área de lecer de Chaián na parroquia de Verdía (Santiago). Unha ruta permite seguir unha parte do curso do Tambre entre fermosos bosques de ribeira.
  • 89. O Tambre na praia fluvial e área de lecer de Tapia (Ames). Un atranco para o muíño aproveitouse para facer unha praia fluvial nunha contorna rodeada de bosques de ribeira de gran beleza.
  • 90. Balsa de Lens, en Ames
  • 91. A Ponte Maceira (Agrón, Ames)
  • 92. Central do Tambre, entre Brión e Negreira, no comezo do Canón do Tambre e do espazo protexido “Esteiro do Tambre”
  • 93. O Dubra en Bembibre RÍO DUBRA Nace entre os montes do Castelo e os montes da Forca, ao norte do concello de Val do Dubra. Circula con dirección norte-sur aproveitando a Depresión Meridiana e xúntase ao Tambre nas proximidades de Portomouro. Recibe pola dereita o Loadeiro, Rodís e Porto, e pola esquerda o Erviñou e Buxán. Varias rutas sinalizadas no concello de Val do Dubra permiten percorrer as súas beiras e varias carballeiras.
  • 94. FERVENZA DE ÍNSUA, REXEDOIRO ou PICHO DO CASTRÓN Na parroquia de San Román (Val do Dubra). No río Portonabo ou do Porto, afluente do Dubra que á súa vez vai ao Ulla. É un salto en dous tramos de aproximadamente 10 m de altura en xistos. No fondo do val consérvase ben o bosque de ribeira e máis arriba está rodeada dunha plantación de eucaliptos. COMO CHEGAR: na estrada de Santiago a Carballo despois de pasar Portomouro cóllese un cruce que indica Ínsua. Despois das últimas casas cóllese un camiño á esquerda que vai entre uns prados e baixa ata o pé da fervenza.
  • 95. FERVENZAS DE CHAVIELOS COMO CHEGAR: na estrada de Urdilde a Negreira cóllese un cruce que indica Ons de Abaixo. Despois de pasar a aldea chégase ao regato e séguese río abaixo. O percorrido ten bastante dificultade xa que hai moito desnivel. RÍO CHAVIELOS Nace no monte das Brañas e xúntase co Tambre no encoro barrié de la Maza. No último tramo salva un forte desnivel con varias fervenzas e rápidos en rochas graníticas. O percorrido está aproveitado por unha sucesión de muíños.
  • 96. Ponte sobre o Ulla entre Ponteledesma (A Coruña) e Gres (Pontevedra) RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome: a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km. Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Ames, Brión, Santiago, Boqueixón, Teo e Vedra. Recibe pola dereita o Pereiro, Santa Lucía e Sar. O Ulla está protexido parcialmente no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
  • 97. Pasal sobre o Ulla en Ponte Ledesma
  • 98. O Ulla en Sucira (Boqueixón)
  • 99. Ponte Ulla. O río atravesa un potente dique de cuarcita en Vedra e a ponte do tren está construída nos seus bordos
  • 100. O Ulla en Sarandón (Vedra) no inverno
  • 101. Centro de Control e recuperación no Couto de Pesca de Ximonde, en Vedra
  • 102. O Ulla en Ximonde (Sarandón-Vedra). Unha ruta indicada de 11 km percorre as beiras do Ulla polo concello de Vedra desde Budián ata a área de lecer de Cubelas.
  • 103. O Ulla en Pontevea (Teo)
  • 104. A Burga de Xermeade en Reis (Teo), un manancial de augas sulfuradas, cloruradas e sódicas situado na beira do Ulla.
  • 105. Ponte medieval sobre o Ulla entre Teo (Pontevea) e A Estrada
  • 106. Área de lecer e couto de pesca do Xirimbao, en Teo
  • 107. Ponte Buxaca, sobre o río Pereiro (afluente do Ulla), entre Boqueixón e Vedra. Por ela pasaba unha Via Romana e actualmente o Camiño de Santiago. Unha ruta de 5 km, indicada, segue o río Pereiro desde San Fins de Sales a Vedra.
  • 108. FERVENZA DE DONAS Na parroquia de Donas (Boqueixón), no río Pontillón, afluente do Ulla. A fervenza ten uns 10 m de altura en dous saltos. O río vai moi encaixado por un val profundo e con vexetación mesta. COMO CHEGAR: na estrada de Boqueixón a Ponte Ulla en Ardesende cóllese un desvío que indica Ponte Ledesma e Donas e despois de pasar Engas cóllese un cruce á dereita que indica Fervenza de Donas e Ponte Ulla. Despois de 500 m cóllese un cruce á esquerda, apárcase na bifurcación e báixase ao río por un camiño abandoado que atravesa os prados. Crúzase o río e séguese río arriba pola outra marxe ata a fervenza. Tamén se pode acceder desde Ponte Ulla collendo un cruce á dereita despois de pasar Caldelas.
  • 109. FERVENZA DE CODESO Na parroquia de Codeso (Boqueixón), nun afluente do río Pontillón que á súa vez verte no Ulla. O rego salva un desnivel en rochas básicas duns 20 m de altura en dúas caidas. COMO CHEGAR: na estrada de Boqueixón a Ponte Ulla en Ardesende cóllese un desvío que indica Ponte Ledesma e Donas e aos poucos metros atópase un cruce indicado á dereita, moi estreito, que conduce ata a capela de San Paio. Desde alí báixase ao río e seguindo o curso atópase a fervenza (hai que cruzar o río no segundo muíño).
  • 110. FERVENZA DE VIGO Na parroquia de Vigo (Boqueixón), no río Zaramo, afluente do Ulla. A fervenza salva un desnivel de aproximadamente 8 m de altura en neis. Nos arredores hai unha pequena carballeira. COMO CHEGAR: vaise pola estrada de Forte a Gastrar e ao chegar ao cruce cóllese o da esquerda cara a Vigo, despois de pasar este lugar, un cruce á esquerda sinalado co nome da fervenza. Avánzase pola pista e cóllese o ramal da dereita e a uns 300 m, antes dunha pontella déixase o coche á esquerda e accedese á fervenza.
  • 111. FERVENZA DO MUÍÑO DA SERRA Na parroquia de Lestedo, no concello de Boqueixón, no límite con Vedra, no río Pereiro ou Zaramo, afluente do Ulla. A fervenza salva un desnivel duns 8 m en rochas graníticas rodeadas de xistos. Ao pé dela está o muíño da Serra. COMO CHEGAR: na estrada Santiago Lalín cóllese o desvío a Ramil e despois da área de recreo, case no remate do desvío, un cruce á dereita que indica fervenza de Lestedo. Séguese a pista asfaltada ata outro indicador que desvía á dereita por unha pista de terra e despois o 2º desvío á dereita cara á autoestrada. Na curva que se atopa antes do remate da pista tómase un carreiro á dereita que leva á fervenza.
  • 112. O Sar en Santiago RÍO SAR Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela) e xúntase ao Ulla en Padrón. Circula primeiro con dirección leste-oeste e despois norte-sur aproveitando a Depresión Meridiana. Recibe pola dereita o Sarela, Fontecova, Covas, Roxos, Riamonte e Sanín e pola esquerda o Vilar, Esparilla e Costaneira. Na comarca drena os concellos de Santiago e Ames.
  • 113. O Sar en Brión O Sar en Bertamiráns
  • 114. O Sar nun día de enchenta. Este afluente do Ulla ten un curso con pouco desnivel e cando as choivas son abundantes reborda con facilidade.
  • 115. O Sarela en Santiago de Compostela O Costaneira en Bertamiráns (Ames). Un paseo acondicionado segue este río ata se xuntar ao Sar.
  • 116. PONTE CABIRTA No río Sar, no lugar de Quistiláns (Bugallido), no concello de Ames. COMO CHEGAR: Desde Quintiláns, unha estrada baixa ao río e unha pista (sinalizada) pasa por debaixo de viaduto da autovía e remata a carón dun carreiro que baixa á ponte á á fervenza. Ponte da Cabirta foi destruída por unha enchenta no ano 1987. Conta unha lenda que a ponte estaba encantada, dela saía ao mencer unha galiña con pitos de ouro, e o que conseguise desencantala levaría o tesouro.
  • 117. O río Pego nos Ánxeles (Brión). Pódese percorrer un pequeno tramo por unha ruta acondicionada como área de lecer.
  • 118. Ponte romana sobre o río Tinto, no linde entre Teo e Brión
  • 119. AS ÁRBORES Carballeira nas beiras do Ulla A maior parte do espazo forestal da comarca de Santiago está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos e só nalgúns lugares afastados e especialmente nos vales dos ríos, se poden atopar bosque naturais onde a árbore dominante é o carballo (Quercus robur) acompañada de freixos, amieiras, salgueiros... Nalgunhas zonas do val do Ulla aparecen tamén algunhas sobreiras. Na cidade de Santiago de Compostela e nos xardíns de varios pazos da comarca hai boas representación de especies monumentais, a maioría árbores exóticas.
  • 120. Xardíns do Campus da Universidade de Santiago de Compostela. Acollen unha grande variedade de especies ornamentais, algunha de bo porte como as acacias, os chopos, os cedros ou os gingkos.
  • 121. A ALAMEDA E O PASEO DA FERRADURA de Santiago de Compostela acollen numerosasa especies de árbores monumentais entre as que destacan os eucaliptos, as tilleiras, as sóforas, os abetos, os chopos negros, os alciprestes, os teixos...
  • 122. Os xardíns e bosque do PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA (Ortigueira-Vedra) acollen unha grande variedade de árbores monumentais entre os que sobresaen as oliveiras, sobreiras, buxos, camelias, carballos, criptomerias, faias, magnolias, laranxeiros, ombús, palmeiras, tulipeiros de Virxinia, wasintonia robusta... Ombú (Phytolaca dioica)
  • 123. CARBALLO (Quercus Robur) -Carballeiras de Santa Minia (Brión), Santa Susana (Alameda de Santiago de Compostela), San Lourenzo (Santiago de Compostela) (P), Burgas de Xermeade (Pontevea, Teo). Carballos: -Balneario dos Ánxeles (Brión) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) -Pazo de Guimaráns (Vedra) -Ortoño (Ames) -Área de lecer de Chaián, no Tambre (Santiago de Compostela) -Burgas de Xermeade (Pontevea, Teo). -Carballo fastixiado (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) (P) ÁRBORES SENLLEIRAS (P) incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza Carballo do Balneario do Tremo (Os Ánxeles-Brión). -26 m de altura e 3,75 m de perímetro
  • 124. Carballo “fastiguiata” do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. Unha variedade de carballo que se caracteriza polas ponlas erguidas. -32 m de altura e 4 m de perímetro. Carballo nas Burgas de Xermeade (Pontevea, Teo). -3,70 m de perímetro
  • 125. Carballeira de Santa Susana. Santiago de Compostela. Foi o lugar onde se celebraban as tradicionais feiras do gando, romerías e festas. Conserva algúns exemplares de bo porte.
  • 126. Carballeira de Santa Minia (Brión)
  • 127. Carballeira San Lourenzo (Santiago de Compostela) (P)
  • 128. Sobreira (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) -18 m de altura, 6 m de perímetro. SOBREIRA (Quercus suber) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) -Pazo de Guimaráns (Vedra) Sobreira no Pazo de Guimaráns (Vedra) -17 m de altura; 5,73 m de perímetro.
  • 129. ACIVRO (Ilex aquifolium) -Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) Acivro (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) Acivro (Pazo de San Lourenzo, Santiago de Compostela)
  • 130. Faias do Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela). Teñen máis de cen anos. A máis grande acada 21 m de altura e máis de 3 m de perímetro. FAIA (Fagus sylvatica) -Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) -Campus da USC Faia (Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
  • 131. BIDUEIRO (Betula celtiberica) -Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela). 2,40 m de perímetro CHOPO NEGRO (Populus nigra) -Alameda (Santiago de Compostela)
  • 132. ULMEIRO (Ulmus hollandica) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) ULMEIRO SIBERIANO (Ulmus pumila) -Alameda de Santiago de Compostela) 2,55 m de perímetro
  • 133. -Ortoño (Ames) -Alameda de Santiago de Compostela (P) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) -Brión EUCALIPTO (Eucaliptus globulus) Eucalipto no Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago de Compostela. -45 m de altura e máis de 7 m de perímetro Eucalipto no Paseo da Ferradura. Santiago de Compostela. -39,6 m de altura; 6,7 m de perímetro
  • 134. Eucaliptos de Ortoño (Ames). Situados na beira da estrada fronte á igrexa de San Xoán de Ortoño. O exemplar máis grande supera os 47 m de altura e ten 5,50 m de perímetro. Eucalipto en Brión -5,76 m de perímetro
  • 135. CAMELIA (Camelia japonica) Pazo Lens (Ames) (P) Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) (P) Camelia (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) RODODENDRO (Rhododendrum arboreum) Pazo Leboráns (Ames) Alameda (Santiago de Compostela) Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela) Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) Rododendro (Pazo de San Lourenzo, Santiago de Compostela)
  • 136. Tilleiras prateadas da Alameda de Santiago de Compostela. A máis grande mide 23 m de altura e 3,60 m de perímetro. TILLEIRA PRATEADA (Tilia tomentosa) Alameda de Santiago de Compostela (P)
  • 137. Magnolia grandiflora (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) -25 m de altura, 4,76 m de perímetro. Magnolia de Oural (Boqueixón) (P) -4,80 m de perímetro. -Oural (Boqueixón) (P) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) MAGNOLIA (Magnolia grandiflora)
  • 138. ROBINIA (Robinia pseudoacacia) -Alameda de Santiago de Compostela Robinias da Alameda de Santiago de Compostela. A máis grande mide 14 m de altura e 3 m de perímetro.
  • 139. Sófora do Xapón (Styphnolobium japonicum) -Alameda de Santiago de Compostela) -20 m de altura, 3,37 m de perímetro. Casuarina (Casuarina equisetifolia) -Facultade Xeografía (Santiago de Compostela). 25 m de altura; 2,20 m de perímetro.
  • 140. Oliveiras do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Ortigueira (Vedra). Varias fileiras rodeando os prados onde se poden atopar arredor de 500 exemplares plantados desde comezos do século XVI. Os máis grandes miden 13 m de altura e case 4 m de perímetro. OLIVEIRA (Olea europaea) -Pazo de Santa Cruz. Ortigueira (Vedra).
  • 141. Oliveira da igrexa de Baamonde (Teo) -2,6 m de perímetro
  • 142. BUXO (Buxos sempervirens) -Pazo de San Lourenzo, Santiago de Compostela) (P) -Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) (P) Buxal do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra) (P) Buxeda do Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela) (P)
  • 143. WASINTONIA (Washingtonia robusta) Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) -27 e 26 m de altura. (P) PALMEIRA CANARIA (Phoenix canariensis) -Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela)
  • 144. ABETO DO CÁUCASO, ABETO DE NORDMANN (Abis nordmanniana) -Paseo da Ferradura, (Santiago de Compostela ) -Abeto do Cáucaso do Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela). -2,73 m de perímetro. -Abeto do Cáucaso “A Perona” do Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela ). -18,50 m de altura; 1,20 m de perímetro. (P)
  • 145. -Paseo da Ferradura (Alameda de Santiago de Compostela) PICEA (Picea Abies) -Alameda de Santiago de Compostela -Mosteiro-pazo de San Lourenzo -Mosteiro-pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela) -2,46 m de perímetro.
  • 146. SECUOIA VERMELLA (Sequoia sempervirens) Alameda (Santiago de Compostela) -dous toros: 3,60 e 3,26 m de perímetro. TUIA XIGANTE (Tuja Plicata) -Cemiterio de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) -3,70 m de perímetro
  • 147. Campus Sur (Santiago de Compostela) -4,28 m de perímetro. CEDRO DO HIMALAIA (Cedrus deodara) -Campus Sur (Santiago de Compostela) -Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela) Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela) -3,38 m de perímetro. Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela) -3,91 m de perímetro.
  • 148. -Mosteiro-Pazo de San Lourenzo. (Santiago de Compostela) Cedro Azul (Glauca) -31 m de altura, 4,25 m de perímetro. CEDRO DO ATLAS (Cedrus atlantica) -Mosteiro-Pazo de San Lourenzo (Santiago de Compostela -Alameda (Santiago de Compostela) -Mosteiro-Pazo de San Lourenzo. (Santiago de Compostela) -Paseo da Ferradura (Santiago de Compostela) Cedro Azul (Glauca) -4,25 m de perímetro.
  • 149. CEDRO DO LÍBANO (Cedrus libani) -Campus SUR da USC (Santiago de Compostela) -4,28 m de perímetro. PIÑEIRO (Pinus pinaster) -Campus SUR da USC (Santiago de Compostela) -3,33 m de perímetro
  • 150. ALCIPRESTE DE CALIFORNIA (Cupressus macrocarpa) Campus USC (Santiago de Compostela) -3,8 m de perímetro. ALCIPRESTE DE LAWSON (Chamaecyparis lawsoniana) A Ferradura (Santiago de Compostela). -3,30 m de perímetro.
  • 151. CRIPTOMERIA CEDRO DO XAPÓN Cryptomeria japonica -Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. (Vedra. A Coruña) -34,10 m de altura; 3,87 m de perímetro. (P)
  • 152. -Campus da USC -Xardín de Fonseca. Santiago de Compostela (P) Ginkgos (Ginkgo biloba)do Xardín de Fonseca. Santiago de Compostela. Miden 26 e 21 m de altura e teñen arredor de 130 anos. Un deles está seco. GINKGO (Ginkgo biloba)
  • 153. FENTO ARBÓREO, DIKSONIA (Balantium antarcticum) -Alameda de Santiago de Compostela -Pazo Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) (P) Diksonia da Alameda de Santiago de Compostela) Diksonia (Pazo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra)
  • 154. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC RÍO TAMBRE Protexe 152 ha en parte do curso do río Tambre (desde o cruce co Sionlla en Trazo ata Oroso) e parte do curso dos seus afluentes: Lengüelle, Samo, Maruzo, Mera e Sionlla. Na comarca terreos do concello de Santiago de Compostela. No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente. Nas zonas máis chans fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os bosques de ribeira acadan maior extensión e riqueza. O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.
  • 155. LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA O espazo protexido abrangue unha extensión de 1.153 ha: o curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura, o último tramo do Deza e o Sar, desde Os Anxos. Nesta comarca terreos nos concellos de Boqueixón, Ames, Teo e Vedra. No concello de Brión hai tamén unha pequena parte do LIC “Esteiro do Tambre” nunha zona na que o río circula por un esteito e fondo canón. É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son os bosques de ribeira e o propio río onde alternan zonas de augas mansas con rápidos. As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o único río da vertente atlántica galega no que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas, troitas, sábalos, escalos, muxes...
  • 156. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xullo 2017