Magán

1,357 views
1,261 views

Published on

Traballo realizado pola alumna de 3º da ESO dentro da materia de Xeografía, sobre a aldea de Magán.

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,357
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
381
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide















  • Magán

    1. 1. Laura Caeiro (3ºA) MAGÁN
    2. 2. MAGÁN Magán é unha pequena aldea pertencente á parroquia de Estacas, situada na ladeira do Monte Xesteiras. Esta aldea pertence ó concello de Cuntis. Forman o conxunto unhas cincuenta vivendas, das cales tres están abandoadas dende hai xa uns anos. A poboación é duns 100 habitantes, a maioría maiores.
    3. 3. AS FONTES E LAVADOIROS Antigamente os lavadoiros e fontes eran moi importantes porque a xente collía de alí auga para levar para os seus fogares, ademais de lavar a roupa. Os lavadoiros tiñan unha pedra que estaba deseñada para facilitar o lavado da roupa. No de arriba hai un pía onde bebían os animais. Os lavadoiros eran tamén un lugar de reunión das mulleres, pois elas eran as encargadas de todas as tarefas do fogar.
    4. 4. OS MUÍÑOS En Magán podemos atopar varios muíños de pedra. Recentemente foron restaurados debido a que, co paso do tempo, foron deteriorándose. Aínda que poderían funcionar, son máis unha atracción turística e un importante patrimonio que paga a pena conservar. A parte máis importante dos muíños é o rodicio formado por nunha roda que leva a seu redor unha serie de pequenas pas cóncavas (penlas) que, ó caer o chorro de auga sobre elas, fan virar o eixo (unha barra que atravesa o rodicio e que serve de sostén no seu movemento) e moven a moa (a pedra de moer).
    5. 5. A CAPELA En Magán hai unha capela pequena, pero moi bonita, na que a xente devota asiste á misa. Nela celébranse dúas festas: - Santa Lucía: protexa a vista da xente - A Virxe do Amparo: protexe ós máis desamparados. Estas festas celébranse o 13 de decembro e o segundo domingo de outubro, respectivamente. Pola noite a xente reúnese no campo de fútbol (que está abandonado e límpase antes do día da festa) e que só se utiliza para as verbenas.
    6. 6. O CRUCEIRO Preto da capela atopamos un cruceiro de pedra. Hai anos, cando morría alguén, a xente poñíase ó pé do cruceiro e rezaba polo morto. Iso na actualidade xa non se fai.
    7. 7. OS HÓRREOS Os hórreo son uns elementos da arquitectura popular moi importantes e abundantes nesta aldea. Actualmente só os utilizan a xente que cultiva nas suas leiras, para almacenar o millo e outros cereais. Algunha xente en vez de ter o famoso hórreo, ten cabanas ou graneiras que serven perfectamente para gardar os cereais.
    8. 8. OS CASETOS DO LEITE Hai algúns anos (cando as familias de Magán aínda tiñan vacas), as mulleres levaban o leite a estes casetos onde había unha máquina especial para refrixerar o leite. Un camión encargábase de recollelo. Así sacábanlle algún beneficio.
    9. 9. OS LUGARES DE ENCONTRO Na carballeira é onde se encontran moitas persoas maiores, gozando dunha natureza e tranquilidade singular. Colocáronse alí mesas e asentos de pedra, e unha fonte. Tamén se restaurou hai pouco outro edificio onde se reúnen os veciños e fanse actividades.
    10. 10. A ESCOLA DE MAGÁN A antiga escola de Magán está parcilalmente abandonada, pero aínda se usa a parte de abaixo. Alí, unha vez por semana, as mulleres realizan m a n u a l i d a d e s . Ta m é n s e celebraban aquí as reunións da comunidade de veciños.
    11. 11. AS CASAS Na aldea quedan algunhas casas tradicionais e outras restauradas nas que se usa pedra e tella do país. Son casas que están, en xeral, integradas no medio. Iso si, agora teñen calefacción e non teñen as cortes dos animais na planta baixa.
    12. 12. AS CASAS Para o meu gusto, estas casas non se integran no medio e mesmo o alteran moito, xa que as cores non se corresponden coa arquitectura tradicional e as cores das outras casas.
    13. 13. ACTIVIDADES ECONÓMICAS Antigamente case toda a xente de Magán dedicábase á agricultura pero, co paso do tempo, fóronse cambiando os costumes e a xente decidiuse por buscar un traballo asalariado. De todas formas aínda hai algunhas familias que sementan millo, patacas, trigo... e diversas hortalizas para o seu consumo, ou para alimentar algún dos animais que quedan aínda na aldea. Moitas terras están abandonadas, como se ve na foto de abaixo.
    14. 14. AS ÁRBORES Ademais das árbores frutais, as árbores máis características, ou máis comúns, son os castiñeiros, os piñeiros e os carballos.
    15. 15. PARA FINALIZAR… Á xente que lle guste o s e n d e i r i s m o recoméndolle visitar a ladeira e o cumio do monte Xesteiras, a través do cal temos unhas magníficas vistas, que non abarcan só a Magán , senón a todo o Concello de Cuntis, a ría de Arousa e a Terra de Santiago.

    ×